Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas...

43
5 GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE- LOS FONDOS ESTRUCTURAIS , ,1 17 75 52 28 8&& &&, ,—1 —1 22 225 5= =$ $0 0( (1 17 72 2& &2 20 0 81 81, ,7 7$5 $5, ,2 2 A Comunidade Económica Europea nace en 1957 cunha declaración de principios sobre a necesidade de promover un mercado común e a progresiva aproximación das políticas económicas dos Estados membros, un desenvolvemento harmonioso das actividades económicas no conxunto da Comunidade, unha expansión continua e equilibrada, unha estabilidade crecente e unha elevación acelerada do nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións económicas é a libre competencia nun sistema de economía de mercado. As condicións iniciais modificáronse bastante. O primeiro obxectivo de construír unha zona de libre circulación de mercadorías ampliouse co fin de logra-la mesma liberdade para os factores de producción (traballo e capital) e, desde 1999, completouse a Unión Económica e Monetaria coa constitución dunha moeda única. Paralelamente, as fronteiras desta área ampliáronse progresivamente coa admisión de novos socios. Nalgúns casos, o seu nivel de desenvolvemento era inferior, o que deu lugar á aparición dos desequilibrios territoriais e, con estes, a necesidade de implantar políticas rexionais para axudalos a supera-las súas limitacións. Tamén, desde o seu inicio, considerouse axeitado artellar unha política agraria común para garanti-la subministración de bens de primeira necesidade e asenta-la poboación no medio rural garantíndolle un nivel de vida digno. Estas decisións modificaron algúns dos criterios manexados ó primeiro, incluída a constatación da necesidade dunha certa intervención desde o sector público no proceso de asignación e distribución da renda por medio de políticas supranacionais. Este cambio conceptual obrigou a elaborar uns orzamentos da Unión Europea cada vez máis amplos. Neste contexto, o orzamento comunitario converteuse no mecanismo que aglutina os medios financeiros dispoñibles para aplica-las políticas de gasto que son competencia da Comisión Europea. Ata 1988, as liñas de actuación orzamentaria decidíanse para cada exercicio. A partir do asinamento da Acta Única

Transcript of Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas...

Page 1: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

5GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

���� ,,11775522''88&&&&,,Ð1Ð1�������� 2�22�255==$$00((11772�2�&&22008181,,77$5$5,,22

A Comunidade Económica Europea nace en 1957 cunha declaración de principios sobre a necesidade de promover un mercado común e a progresiva aproximación das políticas económicas dos Estados membros, un desenvolvemento harmonioso das actividades económicas no conxunto da Comunidade, unha expansión continua e equilibrada, unha estabilidade crecente e unha elevación acelerada do nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran.

A base de funcionamento das relacións económicas é a libre competencia nun sistema de economía de mercado. As condicións iniciais modificáronse bastante. O primeiro obxectivo de construír unha zona de libre circulación de mercadorías ampliouse co fin de logra-la mesma liberdade para os factores de producción (traballo e capital) e, desde 1999, completouse a Unión Económica e Monetaria coa constitución dunha moeda única.

Paralelamente, as fronteiras desta área ampliáronse progresivamente coa admisión de novos socios. Nalgúns casos, o seu nivel de desenvolvemento era inferior, o que deu lugar á aparición dos desequilibrios territoriais e, con estes, a necesidade de implantar políticas rexionais para axudalos a supera-las súas limitacións. Tamén, desde o seu inicio, considerouse axeitado artellar unha política agraria común para garanti-la subministración de bens de primeira necesidade e asenta-la poboación no medio rural garantíndolle un nivel de vida digno.

Estas decisións modificaron algúns dos criterios manexados ó primeiro, incluída a constatación da necesidade dunha certa intervención desde o sector público no proceso de asignación e distribución da renda por medio de políticas supranacionais. Este cambio conceptual obrigou a elaborar uns orzamentos da Unión Europea cada vez máis amplos.

Neste contexto, o orzamento comunitario converteuse no mecanismo que aglutina os medios financeiros dispoñibles para aplica-las políticas de gasto que son competencia da Comisión Europea. Ata 1988, as liñas de actuación orzamentaria decidíanse para cada exercicio. A partir do asinamento da Acta Única

Page 2: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

6

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

acordouse establecer marcos plurianuais de programación financeira co fin de sinalar mellor os obxectivos e dotar de estabilidade as actuacións comunitarias.

A pesar do seu continuo crecemento, a dimensión do orzamento comunitario segue a ser moi reducida en comparanza coa presencia do sector público nos quince países membros: o orzamento da UE supoñía o 1,24 % do PIB comunitario, fronte a un 49,1 % dos orzamentos dos países da Unión Monetaria.

O orzamento da Unión Europea ten unhas características que o diferencian da estructura usual das contas públicas dos países membros, entre as que destacan as seguintes:

— elabórase baixo o criterio do equilibrio: as políticas de gasto deben estar amparadas polos correspondentes ingresos sen poder incorrer en déficit;

— o número de políticas comunitarias de gasto con carácter supranacional é moi reducido: só a política agraria común e as accións estructurais poderían acada-la dita denominación;

— os ingresos non se obteñen dun sistema tributario propio definido baixo o criterio de equidade nas achegas das persoas físicas e xurídicas. A maior parte dos recursos proveñen das contribucións dos Estados, calculadas a partir de parámetros indirectos establecidos cunha elevada marxe de discrecionalidade.

O período de programación 2000-2006, coincide co novo exercicio financeiro da UE, como ocorrera nas etapas anteriores. A Axenda 2000 é o documento a través do cal a Comisión Europea presenta por primeira vez e de maneira informal as liñas mestras no ámbito financeiro para o novo milenio, e refírese especialmente ó novo período de programación estructural. Sobre este documento pronúncianse o Comité das Rexións, o Comité Económico e Social e o Parlamento Europeo.

�������� 2�2�00$5&$5&2�2�)),,11$$11&&((,,552�2�$&$&7788$$//O Consello Europeo composto polos xefes de goberno dos quince países membros decidiu no Cumio de Berlín o marco financeiro para o período 2000-2006, a súa distribución por políticas e a fórmula de achegas para obte-la necesaria cobertura financeira. En realidade, o Consello aprobou dous marcos, un aplicable nun

Page 3: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

7GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

escenario coa configuración actual de quince países membros (UE15) e outro diferente para o caso de ampliación, aínda que sen enumera-los países afectados.

Ámbolos dous escenarios concibíronse con criterios restrictivos respecto do orzamento aprobado para 1999 e sinalan unha tendencia diferente á mantida desde 1988 —un atranco máis desde a perspectiva de fortalece-lo proxecto de integración europeo—, buscando maior cohesión social e económica e dotándoo cada vez de máis autonomía supranacional.

As dotacións orzamentarias atribuídas en cada un dos exercicios son lixeiramente inferiores ás aprobadas no ano 1999. O total de recursos para gastar (créditos de compromiso) é de 644.710 millóns de euros (107 billóns de pesetas), cunha media anual de 92.100 millóns de euros que supoñen un decrecemento do 0,52 % anual acumulativo. As diferentes políticas de gasto e a evolución da súa dotación orzamentaria é a seguinte:

— A política agraria común (PAC) agrupa as axudas dirixidas ó sector agrícola e gandeiro e desenvólvese por medio do FEOGA na súa sección Garantía. A PAC está constituída por un conxunto de amplas e complexas medidas que teñen como obxectivo último protexe-lo medio rural evitando o seu despoboamento.

A dotación media anual para este capítulo é de 42.534 millóns de euros (7 billóns de pesetas), dos que aproximadamente un 12 % se destinarán a medidas de desenvolvemento rural, medidas veterinarias e fitosanitarias.

— As accións estructurais desenvolvidas por medio dos Fondos Estructurais agrupan as medidas dirixidas ó desenvolvemento rexional, concretadas en obras de infraestructuras, potenciación do tecido productivo e políticas de inserción no mercado de traballo, sobre todo formación, nas áreas menos desenvolvidas. Dentro das accións estructurais atópanse as localizadas no Fondo de Cohesión, aplicadas tamén por medio dos Fondos Estructurais.

Para os próximos anos, a dotación media do conxunto das accións estructurais será de 30.430 millóns de euros (5 billóns de pesetas), unha cantidade inferior á dispoñible en 1999, aínda que a situación dos desequilibrios rexionais é bastante similar á actual.

— As políticas interiores: son as actuacións encamiñadas a acelera-la consecución do mercado interior; inclúen medidas en formación, cultura,

Page 4: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

8

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

mocidade e outras accións sociais, xunto ás destinadas a política enerxética, seguridade nuclear, medio ambiente e as de mellora da competitividade da industria comunitaria por medio da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, que son as que absorben a maior parte do orzamento.

— As políticas exteriores: agrupan, como indica o seu nome, as actuacións de cooperación e axuda dirixidas ós países non comunitarios menos desenvolvidos. Actualmente, teñen prioridade absoluta os países de Europa Central, Oriental e os do sur da conca mediterránea, e prioridade relativa a antiga Iugoslavia, Asia, América Latina, Sudáfrica, os novos Estados independentes, as axudas de urxencia, os acordos de pesca e a política exterior e de seguridade común.

Esta partida diminúe substancialmente a súa dotación no ano 2000 para manterse no resto dos exercicios.

— Os gastos de administración reflicten a remuneración do persoal e a compra dos bens e servicios necesarios para aplica-lo conxunto das políticas mencionadas. Esta partida é a que aumenta en maior contía neste período (1,19 % anual acumulativo).

— Os reembolsos e outros: neste epígrafe reflíctense algúns pagamentos financeiros e a constitución dunha reserva monetaria.

— As axudas de preadhesión constitúen a principal novidade do marco financeiro e contan cunha dotación de 3.120 millóns de euros (519.000 millóns de pesetas/ano).

���� 226�6�))2121''226�(676�(675588&&77885$5$,,66�������� ''(()),,11,,&&,,Ð1�Ð1�(�(�22%%;;((&&77,,992266

Os Fondos Estructurais, xunto con Banco Europeo de Investimentos, son os instrumentos da política de cohesión económica e social nos que se amosa a solidariedade intracomunitaria, ferramenta básica da Comunidade para desenvolve-las políticas comunitarias. Os seus recursos utilízanse para reduci-las disparidades

Page 5: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

9GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

entre as rexións da Unión e para promove-la igualdade entre os distintos grupos sociais.

A Axenda 2000 acordada no Consello de Berlín de marzo de 1999 é o novo marco no que asenta a reforma dos Fondos Estructurais. Os temas principais desta reforma son: a súa concentración en só tres obxectivos, a reducción do número de iniciativas comunitarias, a clarificación do papel da Comisión e dos Estados membros e a reducción da poboación comunitaria actualmente protexida pola axuda dos Fondos Estructurais. A nova normativa inclúe tamén medidas orientadas a reforza-los principios de complementariedade, cooperación e programación e a simplifica-los procedementos administrativos e financeiros que teñen por finalidade a posta en marcha das políticas estructurais e rexionais.

Actualmente, trala entrada en vigor da nova regulación dos Fondos Estructurais para o período 2000-2006, existen catro Fondos Estructurais:

— FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional);

— FSE (Fondo Social Europeo);

— FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola);

— IFOP (Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca).

Para o novo período de programación 2000-2006, simplificáronse e concentráronse as accións comunitarias en tres obxectivos prioritarios fronte ós sete da etapa anterior. Os tres obxectivos prioritarios que trazou a UE para os Fondos Estructurais coa finalidade de acada-lo desenvolvemento harmonioso da UE son os seguintes:

1. Promove-lo desenvolvemento e o axuste estructural das rexións menos desenvolvidas —denominado obxectivo nº 1—, ó que se destinará o FEDER, o FSE, a sección de Orientación do FEOGA e o IFOP.

2. Apoia-la reconversión económica e social das zonas con deficiencias estructurais —denominado obxectivo nº 2—, xa sexan áreas industriais, dependentes do sector servicios, rurais en declive, urbanas en situación difícil ou dependentes da pesca e en situación de crise, ó que se destinarán o FEDER e o FSE.

Page 6: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

10

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

3. Apoia-la adaptación e modernización en todo o territorio das políticas e sistemas de educación, formación e emprego —denominado obxectivo nº 3—co único soporte do FSE. Este obxectivo operará financeiramente fóra das rexións incluídas no obxectivo 1 e proporcionará un marco de referencia política para tódalas medidas que se acometan a favor dos recursos humanos en todo o territorio nacional.

A Comunidade pretende, coa consecución destes obxectivos, promover un desenvolvemento harmonioso, equilibrado e sostible das actividades económicas, o emprego e os recursos humanos, a protección do ambiente, así como a eliminación das desigualdades e o fomento da igualdade entre homes e mulleres.

�������� &&2121&&(37(372�2�''(�(�18187766O termo NUTS correspóndese coas siglas de “Nomenclature of Territorial Units for Statistics” (nomenclatura de unidades territoriais estatísticas), establecida por Eurostat, e proporciona un desagregación das unidades territoriais. NUTS subdivide cada Estado membro nunha xerarquía de áreas administrativas cada vez máis pequenas. Desta forma existen:

NUTS I: as rexións incluídas nesta categoría son: Länder en Alemaña, ZEAT en Francia, rexións en Bélxica.

NUTS II: as rexións incluídas nesta categoría son: rexións en Francia, Comunidades Autónomas en España, rexión en Italia, provincias nos países Baixos. Esta é a rexión administrativa básica.

NUTS III: as rexións incluídas nesta categoría son: Kreise en Alemaña, Départements en Francia, Nomoi en Grecia, Maakunnat en Finlandia, Län en Suecia. Esta é a unidade territorial de nivel administrativo inferior (departamentos, provincias ou distritos).

�������� 226�6�))2121''226�(676�(675588&&77885$5$,,6�(6�(;;,,67(67(117(67(6Os catro Fondos Estructurais existentes para o período 2000-2006 son os seguintes:

Page 7: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

11GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

2�2�))2121''2�2�((8855223(3(2�2�''(�(�''(6((6(119922//99((00((11772�2�55((;;,,2121$$/�/���))((''((55��O FEDER creado en 1975 ten a misión de reduci-las disparidades rexionais na Unión Europea así como fomenta-lo desenvolvemento e a reconversión das rexións industriais en declive.

Para o próximo período de programación, o FEDER financiará nas rexións obxectivo n º 1 os investimentos en:

— infraestructuras, en particular aqueles que contribúan a crear ou desenvolver redes transeuropeas no sector do transporte, as telecomunicacións e a enerxía;

— sectores da educación e a saúde que contribúan ó seu axuste estructural;

— protección do ambiente.

Nas rexións obxectivo nº 2 financiaranse as actuacións en materia de:

— rehabilitación de zonas industriais e zonas urbanas deterioradas;

— ruptura do illamento e revitalización das zonas rurais dependentes da pesca mediante o ordenamento territorial, a renovación, a construcción, a protección do ambiente e os investimentos en infraestructuras e equipamentos.

O FEDER financiará en tódalas rexións dos obxectivos 1 e 2 as seguintes actividades:

— investimentos productivos que permitan a creación ou mantemento de postos de traballo sostibles;

— axuda ás PEMES e o desenvolvemento local, concedendo especial atención ós Pactos Territoriais polo Emprego;

— reforzo das capacidades rexionais de investigación e desenvolvemento.

Page 8: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

12

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

Así mesmo, e en todo o territorio da Unión Europea, o FEDER contribuirá ódesenvolvemento da cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional mediante a Iniciativa Interreg III, así como á rexeneración económica e social das zonas urbanas con dificultades para promoveren un desenvolvemento urbano sostible mediante a iniciativa “Urban”.

2�2�))2121''2�2�6622&&,,$$/�/�((8855223(3(2�2���))6(6(��A misión do FSE consiste en apoiar medidas de prevención na loita contra o desemprego, de desenvolvemento dos recursos humanos, de integración no medio laboral co obxectivo de promover un elevado nivel de emprego e protección social, na igualdade entre homes e mulleres, nun desenvolvemento sostible e na cohesión económica e social.

O Fondo apoiará e complementará as actividades dos Estados membros destinadas ó desenvolvemento do mercado de traballo e dos recursos humanos nos seguintes ámbitos de actuación:

a) desenvolvemento e promoción de políticas activas do mercado de traballo para:

— combater e evita-lo desemprego;

— evita-lo desemprego de longa duración;

— facilita-la reintegración das persoas desempregadas de longa duración e apoia-la integración profesional da mocidade e das persoas que se reincorporan ó mercado de traballo tras un período de ausencia;

b) promoción da igualdade de oportunidades no acceso ó mercado de traballo, con especial atención ás persoas que corren perigo de exclusión;

c) fomento e mellora da formación xeral e da profesional;

d) promoción dunha man de obra cualificada;

e) medidas especiais para mellora-la situación das mulleres no mercado de traballo.

Page 9: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

13GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

As actividades susceptibles de apoio por parte do FSE poden incluír:

— axuda ás persoas: educación e formación profesional, axudas ó emprego e ó autoemprego, incremento do nivel educativo en ciencia e investigación, creación de postos de traballo;

— apoio para estructuras e sistemas: mellora dos sistemas educativos e de formación profesional, modernización e mellora dos servicios de emprego, desenvolvemento de sistemas para a anticipación dos cambios no emprego e das cualificacións;

— medidas suplementarias: acompañamento sociopedagóxico para facilitar un itinerario integrado de inserción profesional, asistencia á prestación de servicios, sensibilización, etc.

2�2�))2121''2�2�((8855223(3(2�2�''(�(�2255,,((1177$&$&,,Ð1�Ð1�(�(�''(�(�**$5$$5$1177ÌÌ$�$�$$**55ÌÌ&&22//$�$���))((2*2*$$��O Fondo Europeo de Orientación e de Garantía Agrícola ten dúas seccións: a sección Orientación, que contribúe financeiramente ó desenvolvemento estructural da Unión Europea no seu ámbito sectorial, e a sección Garantía, que non é propiamente un Fondo Estructural e que centra a súa actividade na garantía dos prezos, da producción, do mercado de productos agrícolas, etc.

No marco da política europea de cohesión económica e social, o novo regulamento do FEOGA inclúe entre os seus obxectivos o desenvolvemento rural. O ámbito de actuación do FEOGA centrarase nas seguintes actividades:

— investimentos nas explotacións agrarias (modernización, reducción dos custos de producción, calidade dos productos, ambiente...);

— axudas á instalación dos mozos e mozas agricultores e formación profesional;

— axudas á xubilación anticipada;

— axudas compensatorias nas zonas desfavorecidas;

— medidas agroambientais;

Page 10: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

14

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— transformación e comercialización dos productos agrícolas;

— desenvolvemento e aproveitamento dos bosques;

— desenvolvemento das zonas rurais por medio da prestación de servicios á poboación, o impulso da economía local, a promoción do turismo e a artesanía, etc.

Nas rexións obxectivo nº 1, estas medidas financiaranse coa axuda da sección Orientación do FEOGA, agás as axudas compensatorias, as axudas á xubilación anticipada, as medidas agroambientais e o desenvolvemento da silvicultura, que as financia a sección Garantía do FEOGA. No resto das rexións, a sección Garantía financia tódalas medidas.

2�2�,,116767558800((11772�2�)),,11$$11&&((,,552�2�''(�(�2255,,((1177$&$&,,Ð1�Ð1�'$�'$�3(63(6&$�&$��,�,))2233��O IFOP abrangue todo o sector da pesca e a acuicultura; as súas funcións principais son as seguintes: contribuír a acada-lo equilibrio entre os recursos e a súa explotación, reforza-la competitividade do sector, revaloriza-los productos da pesca e da acuicultura e contribuír á revitalización das zonas que dependen do sector. As medidas que se apliquen con axuda do IFOP incluiranse nos seguintes ámbitos:

— renovación da flota e modernización dos buques pesqueiros;

— medidas socieconómicas;

— axuste do esforzo pesqueiro, sociedades mixtas;

— desenvolvemento e modernización do tecido productivo: protección dos recursos pesqueiros, desenvolvemento da acuicultura, equipamentos dos portos, transformación e comercialización dos productos da pesca e da acuicultura;

— outras medidas: pesca costeira artesanal, promoción e busca de novas saídas profesionais, paralizacións temporais...

Page 11: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

15GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

Nas zonas subvencionables en virtude dos obxectivos nº 1 e nº 2, o IFOP financia medidas de desenvolvemento rexional vinculadas á diversificación das economías locais nas zonas pesqueiras. Fóra destas zonas, o IFOP financia tamén medidas de acompañamento da política pesqueira común.

�������� 2828775$5$6�6�$&&$&&,,Ð1Ð16�6�(67(675588&&77885$5$,,66����2�2�))2121''2�2�''(�(�&&2+2+(6(6,,Ð1�Ð1�(�(�2�2�,,116767558800((11772�2�''(�3(�322//ÌÌ77,,&$�&$�(67(675588&&77885$5$/�/�''(�3(�355(($'$'++(6(6,,Ð1�Ð1��,�,6363$$��2�2�))2121''2�2�''(�(�&&2+2+(6(6,,Ð1Ð1Este fondo foi creado polo Tratado de Maastrich para contribuír ó fortalecemento da cohesión económica e social da Unión Europea e axudar ó desenvolvemento dos Estados membros menos prósperos na unión económica e monetaria.

O Fondo de Cohesión non é un Fondo Estructural pois non persegue obxectivos rexionais e sociais, senón que trata de contribuír á cohesión dos Estados membros. As condicións de acceso son as seguintes:

— o producto nacional bruto dos países beneficiarios debe ser igual ou inferior ó 90 % da media comunitaria e deben contar cun programa de converxencia económica. Neste período; os países beneficiarios son catro: España, Grecia, Irlanda e Portugal;

— a condicionalidade macroeconómica: se o Estado membro ten un déficit excesivo, non aprobará ningún novo proxecto ata que corrixa ese déficit;

— o cofinanciamento mixto público e privado para mellora-la rendibilidade;

— os proxectos que se financien poden ser de dous tipos: ambientais (especialmente os referidos a medio ambiente e desenvolvemento sostible) ou de infraestructura de transporte (exclusivamente os que se inscriben na posta en marcha das redes transeuropeas) que se repartirán nun 50 %;

— tódolos proxectos deben respectar, en particular, as normas sobre competencia, ambiente e adxudicación de contratos públicos.

Page 12: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

16

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

226�6�,,116767558800((1177226�6�''(�3(�322//ÌÌ77,,&$�&$�(67(675588&&77885$5$/�/�''(�(�3355(($'$'++(6(6,,Ð1Ð1A ampliación da Unión Europea ós países de Europa Central e Oriental (Bulgaria, República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia) ten diferentes peculiaridades debido ó gran número de países candidatos e ás grandes disparidades económicas e sociais. Para afronta-la ampliación, a Unión Europea deseñou unha estratexia de preadhesión para aplicar no período 2000-2006 nestes países que consiste en:

— aplicar unha estratexia global de preadhesión coa finalidade de preparar estes países para a adhesión á Unión Europea;

— agrupa-las distintas formas de axudas ofertadas pola Unión Europea nun único marco (as asociacións para a adhesión);

— acostuma-los países candidatos ós procedementos e as políticas da Unión para lles permitir participar nos programas comunitarios e axudalos a cumpri-lo acervo comunitario.

Esta estratexia levarase á práctica por medio de tres instrumentos:

— PHARE: os seus obxectivos son a consolidación das institucións nos países candidatos, a súa participación en programas comunitarios, o desenvolvemento rexional e social, a reestructuración industrial e o desenvolvemento das PEMES.

— SAPARD: pretende moderniza-la agricultura e favorece-lo desenvolvemento rural;

— ISPA: a súa finalidade é apoia-lo desenvolvemento das infraestructuras de transporte e a protección do ambiente.

�������� $$6�6�55((;;,,Ð1Ð16�6�22%;%;((&&77,,992�12�1������Serán rexións Obxectivo nº 1:

Page 13: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

17GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— as menos desenvolvidas;

— as que teñen moi baixa densidade de poboación;

— as ultraperiféricas.

$$6�6�55((;;,,Ð1Ð16�6�00((12126�6�''(6((6(119922//99,,'$'$66A Comisión Europea estableceu unha relación de rexións subvencionables a través deste obxectivo. Poderán beneficiarse aquelas rexións de nivel NUTS II cun PIB que sexa, segundo os datos dos tres últimos anos, inferior ó 75 % da media comunitaria. En concreto, refírese ás seguintes rexións para o período 2000-2006:

ALEMAÑA Brandenburg, Meckleburg-Vorpommern, Chemnitz, Dresden, Leipzig, Dessau, Halle, Madeburg, Thüringen.

GRECIA Anatolíki Macedonia, Thraki, Kentriki Macedonia, Dytiki Macedonia, Thessalia, Ipeiros, Ionia Nisia, Dytiki Elláda, Sterea Elláda, Peloponnisos, Attiki, Vorio Aigaio, Notio Aiagaio, Kriti.

ESPAÑA Galicia, Principado de Asturias, Castela-León, Castela-A Mancha, Estremadura, Comunidade Valenciana, Andalucía, Rexión de Murcia, Ceuta e Melilla, Canarias.

FRANCIA Guadeloupe, Martinique, Guyane, Reunión.ITALIA Campania, Puglia, Basilicata, Calabira, Sicilia, Sardegna.AUSTRIA Burgerland.PORTUGAL Norte, Centro, Alentejo, Algarve, Açores, Madeira.FINLANDIA Itä-Suomi, Väli-Suomi (en parte), Pohjois-Suomi (en parte).SUECIA Norra Mellansverige (en parte), Mellesta Norraland (en parte), Övre

Norraland (en parte).REINO UNIDO South Yorkshire, West Wales & The Valleys, Cornwall & Isles os

Scilly, Merseydide.IRLANDA Border Midlands e Western.

$$6�6�55((;;,,Ð1Ð16�6�&&21�21�0022,�,�%$%$,,;$�';$�'((1166,,'$''$'(�(�''(�3(�322%%22$&$&,,Ð1Ð1Son as que cumpren os seguintes requisitos:

Page 14: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

18

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— rexións correspondentes ou pertencentes a rexións de nivel NUTS II e cunha densidade de poboación non superior a oito habitantes por km2, ou ben,

— determinadas zonas contiguas máis pequenas que cumpran o mesmo criterio de densidade.

En concreto, trátase de:

� En Finlandia:

Laponia e as provincias e Kainuu, Pohjois-Karjala e Hetela Savo son enteiramente subvencionables, mentres que as rexións de Pohjois-Savo, Keski Suomi, Keski Pohjanmaa e Pohjois Pohjanmaa son parcialmente subvencionables.

� En Suecia:

A rexión de Jämtlands é enteiramente subvencionable, as rexións de Norrbotten e Västerbotten son subvencionables con excepción das súas franxas costeiras, mentres que Västernorrlands, Gävleborgs, Koppabergs e Värmlands son parcialmente subvencionables.

$$6�6�55((;;,,Ð1Ð16�6�88//775$5$3(3(55,,))ee55,,&$&$66As rexións ultraperiféricas do obxectivo nº 1 son:

— Os departamentos franceses de ultramar, os Azores, Madeira e as Illas Canarias.

$�$�3322%%22$&$&,,Ð1�Ð1�%%((11(()),,&&,,$5$5,,$�'$�'2�22�2%;%;((&&77,,992�12�1������Segundo as estatísticas dispoñibles actualmente, a Comisión prevé que a poboación subvencionable, en virtude do obxectivo nº 1, se limite a aproximadamente o 20 % da poboación total da Unión Europea.

Page 15: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

19GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

�������� $$6�6�55((;;,,Ð1Ð16�6�22%;%;((&&77,,992�12�1������Serán rexións obxectivo nº 2 aquelas con problemas estructurais nas que conveña apoia-la súa reconversión económica e social, en concreto:

— as zonas que rexistran cambios socioeconómicos na industria;

— as zonas rurais en declive;

— as zonas urbanas con dificultades, e

— as zonas en crise que dependen da pesca.

==2121$$6�(6�(1�1�775$5$1166))225500$&$&,,Ð1�Ð1�6622&&,,22((&&21Ð21Ð00,,&$&$12�12�6(6(&&77225�5�,,11''88676755,,$$//As zonas subvencionables corresponden ou pertencen a rexións NUTS III e deberán cumpri-los seguintes criterios de subvencionalidade:

— unha taxa media de desemprego superior á media comunitaria rexistrada durante os tres últimos anos;

— unha porcentaxe de empregos industriais sobre o emprego total igual ou superior á media comunitaria para calquera ano de referencia a partir do ano 1985;

— un descenso comprobado do emprego industrial respecto do ano 1985.

==2121$$6�6�55885$5$,,66As zonas subvencionables corresponden ou pertencen ás rexións de nivel NUTS III e deben respectar dous dos catro criterios encaixados seguintes:

— unha densidade de poboación inferior a 100 habitantes por km2 ou un índice de emprego agrario igual ou superior ó dobre da media comunitaria;

Page 16: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

20

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— unha taxa de desemprego superior á media comunitaria ou unha diminución da súa poboación desde 1985.

==2121$$6�6�885%$5%$11$$66Estas zonas deben satisfacer polo menos un dos criterios seguintes:

— unha taxa de desemprego de longa duración superior á media comunitaria;

— un elevado nivel de pobreza, incluídas as condicións precarias de vivenda;

— unha situación ambiental especialmente deteriorada;

— unha elevada taxa de delincuencia;

— un baixo nivel de educación da poboación.

==2121$$6�6�''(3((3(11''((117(6�7(6�'$�'$�3(63(6&$&$Serán aquelas zonas costeiras nas que o emprego no sector pesqueiro represente unha porcentaxe significativa do emprego total e rexistren problemas socioeconómicos relacionados coa reestructuración do sector pesqueiro que tivese como consecuencia un descenso significativo dos seus empregos.

Por outra parte, a nova regulamentación prevé que a subvencionalidade en virtude do obxectivo nº 2 se amplíe a algunhas outras zonas, esencialmente:

— zonas contiguas ás subvencionables en virtude do obxectivo nº 1 ou as zonas industriais ou rurais incluídas no obxectivo nº 2;

— zonas rurais que padezan problemas socioeconómicos derivados do avellentamento ou da diminución da súa poboación agraria;

— zonas que se enfronten a un desemprego importante como consecuencia da reestructuración presente ou futura dos sectores agrario, industrial ou de servicios.

Page 17: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

21GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

$�$�3322%%22$&$&,,Ð1�Ð1�%%((11(()),,&&,,$5$5,,$�'$�'2�22�2%;%;((&&77,,992�12�1������A Comisión prevé que a poboación subvencionable, en virtude do novo obxectivo nº 2, abranga como máximo o 18 % da poboación total da Unión Europea.

�������� $$6�6�55((;;,,Ð1Ð16�6�22%;%;((&&77,,992�12�1������O obxectivo nº 3 constitúe o marco de referencia para o conxunto de actuacións a favor dos recursos humanos nun mesmo Estado membro. Para o período 2000-2006, a nova regulación prevé que o novo obxectivo nº 3 se centre principalmente na adaptación e modernización da política europea de emprego, educación e formación.

O obxectivo nº 3 dos Fondos Estructurais diríxese a apoia-la adaptación e a modernización das políticas e os sistemas de educación, formación e emprego. Tendo en conta a duración do período sinalado (2000-2006), as medidas subvencionables en virtude do obxectivo nº 3 defínense de maneira moi ampla, xa que se trata das políticas do mercado laboral para combate-lo desemprego, da promoción da inserción social e da igualdade de oportunidades para homes emulleres, do reforzo das posibilidades de emprego a través dos sistemas de educación e formación permanente, ou das medidas para anticipar e facilita-la adaptación ós cambios económicos e sociais.

A repartición dos créditos de compromiso dispoñibles para o período 2000-2006 basearanse principalmente na poboación beneficiaria, a situación de desemprego e a gravidade dos problemas, en particular a exclusión social, os niveis educativos e de formación e a participación das mulleres no mundo laboral.

�������� $�$;$�$;88'$�'$�775$5$1166,,772255,,$$O Regulamento xeral dos Fondos Estructurais do 21 de xuño de 1999 introduce entre as súas novidades a axuda transitoria, que consiste en mante-lo réxime de axuda establecido para as rexións subvencionables en virtude dos obxectivos nº 1 e 2 en 1999, pero que deixaron de selo no ano 2000. Isto no é incompatible coa súa

Page 18: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

22

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

nova clasificación como zonas de obxectivo nº 2 no caso das primeiras ou do obxectivo nº 3 no caso das segundas.

55((;;,,Ð1Ð16�6�22%;%;((&&77,,992�12�1��������((1�1���������Esta axuda será posible desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2005, en xeral, e ata o 31 de decembro de 2006 no caso das rexións que correspondan a criterios de subvencionalidade en virtude do novo obxectivo nº 2, mentres que as demais rexións seguirán recibindo o apoio do FSE, do FEOGA-Orientación e do IFOP no ano 2006, pola acción dos programas nacionais. As rexións que recibirán a axuda transitoria serán:

ALEMAÑA: Kreis Berlin-Ost, Stadt.BÉLXICA: Arrondissement d’Ath (agás o municipio de Bernissart),

Arrondissement de Charleroi (agás os municipio de Chapelle-Iez-Herlamont), Charleroi (agás o antigo municipio de Mont-sur-Marchienne), Chotelet, Courcelles, Farciennes, Fontaine-l’evëque, Manage, Arrondissement de Mons (agás os municipios de: Boussu, Dour, Frameries, Hensies) Mons (unicamente os municipios de Jemappes, Flenu e Cuesnes), Quaregnon, Quiévrain, Colfontaine, Arrondissement de Soignies (agás o municipio de A Louvier), Arrondissement de Thuin (agás os municipios Anderlues, Morlanwelz), Arrondissement de Tournai.

ESPAÑA: CantabriaFRANCIA: Córsega e o distrito de Valenciennes, Douai et Avesnes.ITALIA: Molise.IRLANDA: Dublín, Mid-East, Mid-West, South-West, South-East.PAÍSES BAIXOS: Flevoland.PORTUGAL: Lisboa e Vale do Tejo.REINO UNIDO: Northern Ireland, Highlands e Islas, agás en Rexións

subvencionables.

Page 19: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

23GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

55((;;,,Ð1Ð16�6�22%;%;((&&77,,992�12�1��������(�(���%�%�((1�1���������Esta axuda será posible desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2005 con cargo ó FEDER. A partir do ano 2000, serán igualmente beneficiarias do FSE en virtude do obxectivo nº 3 e da sección de Garantía do FEOGA así como do IFOP, en virtude das medidas de acompañamento das políticas agrícola e pesqueira ata o 31 de decembro de 2006.

�������� 226�6�55((&&885566226�6�)),,11$$11&&((,,55226�6�'',,63632f2f,,%%//(6(633$5$�$5$�226�6�))2121''226�(676�(675588&&77885$5$,,6�36�3$5$$5$ 2�2�3(3(55ÌÌ22''2�2�������������������O Consello Europeo acordou no Cumio de Berlín que os recursos dispoñibles para os Fondos Estructurais —incluíndo o apoio transitorio, as iniciativas comunitarias e o apoio á innovación— ascenderan a 195.000 millóns de euros. A repartición de recursos orzamentarios, que reflicte unha concentración significativa nas rexións obxectivo nº 1, queda como segue:

RECURSOS REPARTICIÓN

Obxectivo nº 1 135.900 millóns de euros 69,7 % Fondos Estructurais(inclúe 4,3 % apoio transitorio)

Obxectivo nº 2 22.500 millóns de euros 11,5 % Fondos Estructurais(inclúe 1,4 % apoio transitorio)

Obxectivo nº 3 24.050 millóns de euros 12,3 % Fondos Estructurais

0,5 % 1.100 millóns de euros IFOP

5,35 % – Iniciativas comunitarias

0,65 % – Innovación e asistencia técnica

Amais das obrigas descritas e no contexto dos Fondos Estructurais, destínanse 18.000 millóns de euros para o Fondo de Cohesión e uns 7.000 millóns ó proceso de ingreso dos países aspirantes.

Page 20: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

24

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

55(6((6(59$�'59$�'(�((�()),,&$&&$&,,$$O 4 % de cada asignación nacional manterase en reserva desde o comezo do período. Na revisión intermedia, a Comisión, en estreita cooperación cos Estados membros, destinará a reserva ós programas que mellor estean funcionando. Polo tanto, será necesario establecer unha serie de indicadores cuantificables, definidos polos Estados membros, que se utilizarán para medi-lo nivel de cumprimento do programa; eses indicadores reflectirán a efectividade, a xestión e o funcionamento financeiro dos programas e medirán os seus resultados na metade do seu desenvolvemento, polo que respecta ós seus obxectivos iniciais.

���������� 226�36�355,,11&&,,33,,226�6�''(�(�))8181&&,,2121$$00((11772�2�''2266))2121''226�(676�(675588&&77885$5$,,66Seguirán sendo aplicables á actuación dos Fondos Estructurais ata o ano 2006, os catro principios instaurados pola reforma dos Fondos Estructurais de 1988:

&&22225'5',,11$&$&,,Ð1Ð1Os distintos Fondos Estructurais coordínanse entre eles mediante os plans, os marcos comunitarios de apoio, os programas operativos e os documentos únicos de programación, así como mediante o seguimento e avaliación das intervencións levadas a cabo e das orientacións da Comisión. A Comisión e os Estados membros garantirán esta coordinación entre as intervencións dos distintos Fondos, o Banco Europeo de Investimentos e os demais instrumentos financeiros existentes. Todo isto é necesario para garanti-la eficacia das accións estructurais, aproveitando tódolos recursos que se ofrecen e asemade evitando o solapamento das intervencións programadas desde cada sector.

Page 21: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

25GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

$'$',,&&,,2121$$//,,'$''$'((A axuda comunitaria é un complemento do esforzo dos Estados que, polo tanto, deberán mante-los seus gastos estructurais públicos ou asimilables como mínimo no mesmo nivel que durante o período de programación anterior.

Tódalas accións estructurais nas que a Unión Europea tome parte deberán sercofinanciadas por esta e polos Estados membros nos que se desenvolvan nas porcentaxes previstas para cada suposto.

&&220033$$77,,%%,,//,,'$''$'((As operacións que sexan financiadas polos Fondos, o Banco Europeo de Investimentos ou por outro instrumento financeiro deberán axustarse ás disposicións do Tratado e dos actos adoptados en virtude deste. Tamén deberán gardar coherencia coas demais políticas comunitarias, coas normas sobre competencia e contratación pública, a protección e mellora do medio ambiente e fomenta-la igualdade entre homes e mulleres, excluíndo toda discriminación.

Estes dous últimos puntos deberán ser escrupulosamente atendidos nos proxectos que pretendan o visto e prace da Comisión Europea, pois tanto a política ambiental coma o fomento da igualdade e o rexeitamento das discriminacións por razón de sexo convertéronse en fibra sensible da Unión Europea e son hoxe na práctica disciplinas horizontais que aparecen como principios de actuación das demais políticas comunitarias e nos Fondos Estructurais.

&&220033//((00((1177$5$5,,(('$''$'(�(�(�(�&&22223(3(5$&5$&,,Ð1Ð1As accións comunitarias concíbense como complemento das accións nacionais correspondentes ou como contribución a estas. Apróbanse en estreita cooperación entre a Comisión e as autoridades competentes de cada Estado a escala nacional, rexional ou local, e ademais inclúese como novidade a consideración dos interlocutores económicos e sociais e calquera outro organismo axeitado neste marco, desde a fase preparatoria ata a realización das medidas.

Page 22: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

26

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

Na designación dos axentes máis representativos, os países membros prestarán especial atención á necesidade de promover tanto a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres coma o desenvolvemento sostible.

A normativa marca, así mesmo, que a cooperación debe establecerse na preparación, financiamento, seguimento e evolución das intervencións para a consecución desa finalidade; os Estados procurarán a presencia dos axentes correspondentes nos diferentes estadios da programación.

���������� $�5$�5((*8*8//$$00((1177$&$&,,Ð1�Ð1�(�(�12125500$$6�6�''226�6�))2121''226�6�(67(675588&&77885$5$,,66Os artigos 158, 159 e 160 do Tratado constitutivo da Unión Europea son os que versan sobre o tema dos Fondos Estructurais mentres que o Regulamento 1260/1999 do Consello establece as disposicións de carácter xeral dos devanditos fondos. Pola súa vez existe unha regulamentación específica para cada un dos fondos:

— FEDER réxese polos Regulamentos 1261,1783/1999 do Parlamento Europeo e do Consello.

— FSE trátase nos Regulamentos 1263, 1784/1999 do Parlamento Europeo e do Consello.

— FEOGA-Orientación sométese ós Regulamentos 1257,1750/1999 do Parlamento Europeo e da Comisión, respectivamente. Por outra banda, a Decisión da Comisión do 8 de setembro de 1999 establece a distribución financeira entre os Estados membros.

— IFOP ten as súas disposicións no Regulamento 1263/1999 do Consello e nunha decisión da Comisión do 1 de xullo de 1999, sobre a repartición indicativa do Fondo entre os distintos Estados.

A Unión Europea divídese en distintas rexións segundo se encadren como obxectivos nº 1, nº 2 ou nº 3. Os dous obxectivos por rexións nº 1 e nº 2 e o horizontal nº 3 regúlanse polas seguintes decisións da Comisión: respecto do obxectivo nº 1, as do 1 de xullo de 1999, que establece a lista de rexións e a repartición indicativa por Estados membros. No obxectivo nº 2, dúas decisións do 1 de xullo de 1999, unha co límite de poboación e outra coa repartición indicativa

Page 23: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

27GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

por Estado. Tres decisións da Comisión do 22 de decembro de 1999 establecen a lista de zonas elixibles en Dinamarca, Bélxica e Finlandia, respectivamente.

A Decisión da Comisión do 1 de xullo de 1999 establece a repartición indicativa por Estado membro, en virtude do obxectivo nº 3.

���� $�$�33552*2*5$5$00$$&&,,Ð1�Ð1�''226�6�))2121''226�6�(67(675588&&77885$5$,,66A programación dos Fondos Estructurais é o proceso de organización, decisión e financiamento, efectuado en varias etapas e destinado a desenvolver, sobre unha base plurianual, a acción conxunta da Comunidade e dos Estados membros para acada-los obxectivos prioritarios da Unión Europea.

A programación realízase seguindo uns principios establecidos e por períodos plurianuais. O período actual de programación ten unha duración de 7 anos, iníciase o 1 de xaneiro de 2000 e rematará o 31 de decembro de 2006.

Denomínanse “intervencións” as formas de actuación financiadas polos Fondos Estructurais; continuarán agrupándose en tres categorías.

1. Intervencións de iniciativa nacional

2. Intervencións de iniciativa comunitaria

3. Accións innovadoras e asistencia técnica

�������� $$6�6�,,117(7(5959((11&&,,Ð1Ð16�6�''(�(�,,11,,&&,,$$77,,9$�9$�11$&$&,,2121$$//As intervencións de iniciativa nacional elabóranse ó abeiro dos Plans de Desenvolvemento presentados polos Estados membros á Comisión Europea. Son, xa que logo, programas de iniciativa nacional. En concreto, trátase dos marcos comunitarios de apoio e dos documentos únicos de programación.

O Consello da Unión Europea adopta os Regulamentos dos Fondos Estructurais en xuño de 1999, por proposta da Comisión Europea, e esta posteriormente

Page 24: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

28

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

establece as prioridades comunitarias para os novos obxectivos dos Fondos Estructurais. A partir deste momento, distribúense as tres intervencións distintas con outros tantos procedementos. Nas intervencións de iniciativa nacional iníciase aquí a participación dos Estados membros e das súas autoridades nacionais, rexionais e locais na elaboración, xestión, execución e avaliación dos Fondos Estructurais.

De acordo co Principio de Programación, o proceso de actuación dos Fondos pódese dividir en varias fases:

((//$%$%225$&5$&,,Ð1�Ð1�''226�36�3//$$116�6�''(�(�''(6((6(119922//99((00((11772�2�55((;;,,2121$$//Esta fase iníciase coa elaboración do Plan de Desenvolvemento Rexional (PDR) por parte das autoridades competentes designadas en cada nación e rexión ou outro elaborado polo Estado membro.

O PDR é unha análise da situación efectuada polo Estado membro, que incorpora os obxectivos e as necesidades prioritarias para acadalos, así como as estratexias e as prioridades de actuación, os seus obxectivos específicos e mailos recursos financeiros correspondentes.

O Estado membro debe presenta-lo dito PDR á Comisión, logo de consulta-los interlocutores sociais, nun prazo de catro meses a partir da elaboración das listas das zonas subvencionables. O PDR debe conte-los seguintes datos:

1. Unha descrición da situación da rexión, así como os resultados das accións emprendidas durante o período de programación anterior e os recursos financeiros utilizados.

2. A descrición dunha estratexia axeitada para logra-los obxectivos e a das prioridades establecidas para o desenvolvemento e a reconversión sostible das rexións e zonas, así como para o desenvolvemento correlativo dos recursos humanos e a adaptación e modernización das políticas e sistemas de educación, formación e emprego.

3. Indicacións sobre a utilización e formas previstas de participación financeira dos Fondos, no seu caso do BEI e dos demais instrumentos financeiros.

Page 25: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

29GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

4. Unha relación das disposicións previstas para consulta-los interlocutores.

Estes PDR conforman á súa vez a base sobre a cal a Comisión negocia co Estado membro os marcos comunitarios de apoio (MCA) ou o documento único de programación (DOCUP) correspondentes, na segunda fase do procedemento. A Comisión ten cinco meses para adopta-lo MAC.

((//$%$%225$&5$&,,Ð1�Ð1�''226�6�00$5&$5&226�6�&&22008181,,77$5$5,,226�6�''(�(�$$3322,,22A partir dos PDR presentados polos Estados membros, a autoridade competente designada por estes marca os eixes prioritarios de actuación do Estado membro. Baseándose nestes eixes, a Comisión concerta co Estado membro o MCA ou o DOCUP segundo proceda, e decide a súa achega financeira.

O MCA é o documento aprobado pola Comisión unha vez analizado o plan de desenvolvemento presentado polo Estado membro no que se describe a estratexia e as prioridades de actuación, os seus obxectivos específicos, a participación dos fondos e demais recursos financeiros. Este documento está dividido en eixes prioritarios (son cada unha das prioridades da estratexia aprobada nun MCA ou nunha intervención á que se lle asigna a participación dos Fondos e dos demais instrumentos financeiros, os recursos financeiros que o Estado membro lle asigne e uns obxectivos específicos) e aplicaranse mediante un ou máis programas operativos (documento aprobado pola Comisión para desenvolver un MCA, integrado por un conxunto coherente de eixes prioritarios compostos por medidas plurianuais).

No MCA deben incluírse os elementos seguintes:

1. A estratexia e os eixes prioritarios definidos para a acción conxunta da Comunidade e do Estado membro, os seus obxectivos específicos, a ser posible cuantificados, e unha avaliación dos efectos previstos.

2. Un resumo da natureza e duración dos programas operativos que non se aproben ó mesmo tempo có MCA.

3. Un plan de financiamento indicativo e a súa duración.

Page 26: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

30

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

4. As disposicións de aplicación do MCA incluirán a designación polo Estado membro dunha autoridade de xestión e as disposicións relativas á participación dos interlocutores nos Comités de seguimento.

5. Cando proceda, informacións sobre os créditos necesarios para a elaboración, seguimento e avaliación das intervencións.

Os MCA incluirán a comprobación previa do cumprimento da adicionalidade e a información adecuada sobre a transparencia dos fluxos financeiros.

((//$%$%225$&5$&,,Ð1�Ð1�''226�36�3552*2*5$5$00$$6�6�223(3(5$5$77,,992266As intervencións cubertas por un MCA adquirirán, por regra xeral, a forma dun programa operativo integrado (PO) por rexión. O programa operativo é o documento aprobado pola Comisión para desenvolver un MCA, integrado por un conxunto coherente de eixes prioritarios de actuación compostos por medidas plurianuais; para elaboralo pódese recorrer a un ou máis Fondos, a un ou máis instrumentos financeiros, así como ó BEI.

No programa operativo especificaranse os proxectos que se van desenvolver para acada-los obxectivos establecidos. Cada programa operativo debe incluír:

1. Os eixes prioritarios do programa, a coherencia destes co marco comunitario de apoio correspondente, os obxectivos específicos, a ser posible cuantificados, e unha avaliación dos efectos previstos.

2. Unha descrición resumida das medidas previstas para aplica-los eixes prioritarios.

3. Un plan de financiamento indicativo no que se precise, para cada eixe prioritario e para cada ano, o importe da cobertura financeira prevista para a participación de cada Fondo e, de se-lo caso, do BEI e dos demais instrumentos.

4. As disposicións de aplicación do programa operativo, que incluirán:

— a designación por parte do Estado membro dunha autoridade de xestión;

— unha descrición do método de xestión do programa operativo;

Page 27: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

31GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— unha descrición dos sistemas de seguimento e avaliación, incluída a función do Comité de seguimento;

— a definición dos procedementos de mobilización e circulación dos fluxos financeiros destinados a garanti-la súa transparencia;

— a descrición das regras e procedementos específicos de control do programa operativo.

5. O Complemento de Programa (documento polo que se aplica a estratexia e as prioridades da intervención, que inclúe os elementos detallados por medidas) incluirá:

— as medidas de execución dos eixes prioritarios do PO;

— unha definición das categorías das persoas beneficiarias finais;

— medidas para garanti-la publicidade do PO;

— descrición das modalidades de intercambio informatizado de datos entre o Estado membro e a Comisión.

((//$%$%225$&5$&,,Ð1�Ð1�''2�2�''22&&8800((11772�Ô12�Ô1,,&&2�2�''(�3(�3552*2*5$5$00$&$&,,Ð1�Ð1���''22&&8833��Nos Estados nos que a asignación comunitaria sexa igual ou inferior a 1.000 millóns de euros, acudirase a un DOCUP. Para os obxectivos 2 e 3, utilizaranse por regra xeral os DOCUP, aínda que a facultade de recorrer a estes ou a MCA queda nas mans dos Estados implicados.

Todo DOCUP deben incluír:

1. A estratexia e os eixes prioritarios definidos para a acción conxunta da Comunidade e do Estado membro, os seus obxectivos específicos, a ser posible cuantificados, e unha avaliación dos efectos previstos.

2. Unha descrición resumida das medidas previstas para aplica-los eixes prioritarios.

Page 28: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

32

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

3. Un plan de financiamento indicativo no que se precise, para cada eixe prioritario e para cada ano, o importe da cobertura financeira prevista para a participación de cada Fondo e, de se-lo caso, do BEI e dos demais instrumentos.

4. As disposicións de aplicación do programa operativo, que incluirán:

— a designación por parte do Estado membro dunha autoridade de xestión;

— unha descrición do método de xestión do documento único de programación;

— unha descrición dos sistemas de seguimento e avaliación, incluída a función do Comité de seguimento;

— a definición dos procedementos de mobilización e circulación dos fluxos financeiros destinados a garanti-la súa transparencia;

— a descrición das regras e procedementos específicos de control do documento único de programación.

5. Cando proceda, informacións sobre os créditos necesarios para a elaboración, seguimento e avaliación das intervencións.

Os DOCUP incluirán a comprobación previa do cumprimento da adicionalidade e a información adecuada sobre a transparencia dos fluxos financeiros.

Cada DOCUP complementarase cun Complemento de programa, tal e como se recolle no apartado dos programas operativos.

$$6�66�688%9%9((11&&,,Ð1Ð16�6�**//22%$%$,,66As subvencións globais consisten no establecemento dun montante de financiamento que pode administrar un organismo intermediario que garanta unha repartición eficaz a través de subvencións individuais destinadas ós beneficiarios finais. Os organismos intermediarios son designados polos Estados membros de común acordo coa Comisión, e deben ofrecer garantías de solvencia e posuí-la capacidade administrativa necesaria para xestiona-las subvencións.

Page 29: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

33GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

A solicitude para a concesión dunha subvención global realízaa o Estado membro ou o organismo intermediario, e a decisión de concede-la subvención é adoptada pola Comisión, que pode outorgala incluso con independencia do MCA.

226�6�**5$5$11''(6�3(6�35522;;((&&772266En calquera momento do período de programación os fondos poden financiar gastos vinculados a grandes proxectos, é dicir, un conxunto de traballos economicamente indivisibles que exerzan unha función técnica precisa, conteñan obxectivos claramente definidos e cun custo total considerado para determina-la contía da participación dos Fondos que sexa superior a 50 millóns de euros.

�������� ,,117(7(5959((11&&,,Ð1Ð16�6�''(�(�,,11,,&&,,$$77,,9$�&9$�&22008181,,77$5$5,,$$As intervencións de iniciativa comunitaria son instrumentos específicos da política estructural da Comunidade que a Comisión propón ós Estados membros, por propia iniciativa, para apoiar actuacións que contribúan a resolver problemas que revisten unha dimensión europea especial.

As características que as diferencian doutras formas de intervención son:

— a Comisión Europea determina a convocatoria, o orzamento e o contido;

— fináncianse con Fondos Estructurais pero cun procedemento diferente;

— neste novo período de programación, cada iniciativa finánciase con cargo a un só Fondo;

— os proxectos que se presenten terán carácter de proxecto piloto ou experimental, tanto pola metodoloxía como polos contidos, sendo a avaliación a que decide a renovación ou a revisión da iniciativa.

Para o novo período de programación, a Comisión previu reduci-lo número de iniciativas comunitarias, das trece existentes no período anterior ás catro que se recollen no seguinte cadro. Simultaneamente, redúcese a dotación financeira das iniciativas ó 35 % do total dos Fondos. A continuación reproducímo-los recursos asignados a España para cada un dos Fondos.

Page 30: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

34

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

INICIATIVA OBXECTIVO RECURSOS(en millóns de euros)

FONDO

INTERREG: Actuará nos ámbitos da cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional, co obxectivo de fomentar un desenvolvemento harmonioso, equilibrado e sostible do conxunto do espacio comunitario.

4.875 FEDER

URBAN: Destinado á rehabilitación económica e social das cidades e das periferias urbanas en crise, con vistas a promover un desenvolvemento urbano sostible

700 FEDER

LEADER: Destinado a promove-lo desenvolvemento rural.

2.020 FEOGA

EQUAL: Fomentará a cooperación transnacional para promover novos métodos de loita contra as discriminacións e desigualdades de calquera tipo en relación co mercado de traballo.

2.847 FSE

O procedemento de programación das iniciativas comunitarias segue o seguinte proceso:

— a Comisión Europea aproba e publica as orientacións ós Estados membros que regulan as iniciativas comunitarias;

— o Estado membro (Administración xeral do Estado e as Comunidades Autónomas) preséntalle á Comisión os PO ou DOCUP de cada unha das iniciativas.

— a Comisión Europea aproba os mencionados programas ou DOCUP, co que se inicia nos Estados membros a presentación dos proxectos de acordo coa convocatoria pública efectuada, se é o caso, por cada unha das administracións competentes.

Page 31: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

35GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— os promotores do proxecto, públicos ou privados, preséntano no organismo intermedio que consta na convocatoria, dentro do prazo e dos requisitos esixidos.

— a Administración competente escolle os proxectos de acordo cos criterios de selección e dentro do financiamento dispoñible, establecidos nos PO ou nos DOCUP.

$�$�,,11,,&&,,$$77,,9$�&9$�&22008181,,77$5$5,,$�$�,,117(7(5555((*�*�,,,,,,O obxectivo xeral de Interreg III é que “as fronteiras nacionais non sexan un obstáculo para o desenvolvemento equilibrado e a integración do territorio europeo”. O obxectivo específico é reforza-la cohesión económica e social da UE fomentando a cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional e o desenvolvemento equilibrado do seu territorio.

A finalidade da iniciativa é xerar experiencias de cooperación que sirvan como modelo e que dean lugar a estructuras desta natureza na UE e nos países veciños.

Os principios da aplicación da iniciativa son os seguintes:

— o ámbito de cada medida debe ser transnacional ou transfronteirizo, en virtude dunha programación conxunta para as zonas afectadas;

— os programas deberán estar coordinados cos Fondos Estructurais e as demais políticas comunitarias, así como coas normas sobre competencia e axudas estatais;

— desde a fase de preparación da iniciativa deberán participar as autoridades nacionais, rexionais e locais, así como os interlocutores económicos e sociais e os organismos competentes conforme ó principio de cooperación;

— as operacións deben cumpri-los requisitos de subvencionalidade dos Fondos Estructurais, entrar no seu ámbito de aplicación e completa-las medidas subvencionadas por estes;

— os novos regulamentos propoñen un enfoque máis integrado da aplicación das iniciativas, ó permiti-la posibilidade de integrar en INTERREG medidas subvencionables pola súa natureza con cargo a outros Fondos Estructurais;

Page 32: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

36

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— coordinación eficaz entre INTERREG III e os instrumentos de política exterior da UE, sobre todo coa perspectiva da ampliación.

O período de vixencia da iniciativa INTERREG III é, coma para o resto de iniciativas, desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2006, se ben o prazo máximo de presentación de programas de iniciativa comunitaria por parte dos Estados membros era de seis meses que comezaban a contar desde a publicación das Orientacións da Iniciativa no DOCE, que tivo lugar o día 23 de maio de 2000.

AS ACCIÓNS DE INTERREG III

1. Cooperación transfronteiriza (capítulo A):

O obxectivo é desenvolve-los centros económicos e sociais transfronteirizos mediante estratexias comúns para un desenvolvemento territorial duradeiro.

Son subvencionables tódalas zonas ó longo das fronteiras nacionais interiores e exteriores da Comunidade no nivel NUTS III, algunhas zonas marítimas delineadas NUTS II e un 20 % para outras zonas. En España abrangue: Ourense, Pontevedra, Badaxoz, Cáceres, Huelva, Salamanca e Zamora.

3. Cooperación transnacional (capítulo B):

O obxectivo é fomentar un maior grao de integración territorial entre as grandes agrupacións de rexións europeas e con países candidatos e outros países.

As zonas subvencionables para España son: Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Cataluña, Baleares, Aragón, Ceuta, Melilla (no programa Mediterráneo), Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco, A Rioxa, Castela e León (no programa Espacio Atlántico) e tódolos países no programa Europa Suroccidental.

3. Cooperación interrexional (capítulo C):

O obxectivo é mellora-la eficacia das políticas e instrumentos de desenvolvemento e cohesión rexionais mediante a conexión entre redes, particularmente para as rexións cun desenvolvemento aínda atrasado e aquelas en vías de reconversión.

Page 33: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

37GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

É subvencionable todo o territorio da Unión Europea.

A INICIATIVA COMUNITARIA EQUAL

A iniciativa EQUAL xorde a partir das anteriores iniciativas ADAPT e EMPLEO. O seu obxectivo é promover novas maneiras de combater tódalas formas de discriminación e desigualdade no mercado de traballo por medio da cooperación transnacional. Con esta iniciativa preténdese tamén traballar na integración social e profesional das persoas demandantes de asilo.

Como iniciativa transnacional, ten como fin apoiar e facilita-la realización das medidas previstas na Estratexia Europea para o Emprego e nos Plans Nacionais de Actuación para o Emprego.

A iniciativa EQUAL financiará actividades desenvolvidas por agrupacións de desenvolvemento (AD), que son asociacións que aglutinan a tódolos axentes interesados que traballan conxuntamente para obteren un enfoque completo da problemática que se quere abordar.

As AD poderán ser xeográficas ou sectoriais e estarán compostas por socios públicos (servicios públicos de emprego, administracións e outros entes desta natureza) ou privados (empresas, organizacións non gobernamentais e interlocutores sociais).

O período de vixencia da iniciativa EQUAL é, coma para o resto de iniciativas, desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2006, se ben a presentación de programas de iniciativa comunitaria por parte dos Estados membros tiña un prazo máximo de catro meses que comezaba a contar desde a publicación das Orientacións da Iniciativa no DOCE, que tivo lugar o día 5 de maio de 2000, seguido doutro período de cinco meses para a negociación entre o Estado membro e a Comisión Europea.

O FSE será o único Fondo Estructural que financie esta iniciativa cun total de 2.847 millóns euros para o período 2000-2006. A iniciativa EQUAL será financiada conxuntamente polos Estados membros e a Comunidade Europea.

AS ACCIÓNS DE EQUAL

EQUAL financiará actividades no marco das catro accións que se enumeran a continuación. As accións 1 e 2 son consecutivas. Os Estados membros deberían

Page 34: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

38

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

inicia-la acción 3 tan pronto como se poidan difundi-los resultados. A acción 4 proporcionará apoio antes de se inicia-la acción 1. As catro accións son as seguintes:

1. Establecemento de agrupacións de desenvolvemento e de cooperación transnacional:

O obxectivo desta acción é facilita-la creación ou consolidación de agrupacións de desenvolvemento estables. A autoridade de xestión decidirá o período de tempo dispoñible para esta acción que, polo xeral, non deberá supera-los seis meses. As solicitudes presentadas por unha serie de organizacións (iniciadoras de AD) deberán identificar:

— os socios que participan nunha AD desde o principio;

— os motivos da asociación, un diagnóstico do problema que se vai acometer e unha explicación da forma en que se valorarán as necesidades de tódolos beneficiarios potenciais;

— os obxectivos da agrupación;

— un programa de traballo para a acción 1;

— a natureza das actividades que teñen previsto realizar na acción 2;

— as expectativas de cooperación transnacional.

Ó que remate a acción 1, a AD deberá presentar unha estratexia común dun acordo de agrupación de desenvolvemento que deberá incluír, como mínimo:

— unha avaliación da exclusión, a discriminación e a desigualdade no mercado de traballo na actualidade, dentro da área temática e o territorio ou o sector de que se trate;

— obxectivos e prioridades de acción;

— programa de traballo e orzamento;

— definición das funcións de cada un dos socios;

— mecanismos de avaliación;

Page 35: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

39GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— compromiso da AD de colaborar na acción 3;

— a estratexia e os mecanismos para poñer en práctica un enfoque de integración do factor igualdade entre homes e mulleres no conxunto das políticas.

As AD deberán identificar, como mínimo, un socio doutro Estado membro e, ó final da acción 1, un acordo de cooperación transnacional.

2. Execución dos programas de traballo das agrupacións de desenvolvemento: cada AD deberá presentar dous documentos: un acordo de agrupación de desenvolvemento e un acordo de cooperación transnacional, que se axusten ós criterios establecidos para a acción 1.

Nestes documentos demostrarase que a AD cumpre as condicións de transparencia, capacidade representativa e espírito de cooperación.

3. Creación de redes temáticas, difusión das boas prácticas e repercusión nas políticas nacionais: a participación nesta acción será obrigatoria para tódalas AD coa finalidade de garanti-la xeneralización dos resultados.

Esta acción, separada das outras, será organizada pola autoridade de xestión para proporciona-la máxima repercusión nas políticas do mercado de traballo e nela deberán participar os interlocutores sociais.

4. Asistencia técnica: a súa finalidade é facilita-la consolidación de agrupacións e a busca de socios transnacionais, recoller e difundi-las experiencias, apoia-las redes temáticas e cooperar na creación de redes europeas, asegurando o intercambio de información.

$�$�,,11,,&&,,$$77,,9$�&9$�&22008181,,77$5$5,,$�$�//(($'$'((55��Esta nova iniciativa ten como finalidade continuar incitando, desde a cooperación local, o xurdimento de estratexias integrais piloto de desenvolvemento territorial no medio rural e a xeración de experiencia sobre as ditas estratexias.

A nova iniciativa pode aplicarse en tódolos territorios rurais da Comunidade. Non obstante, e co fin de concentra-los recursos e multiplica-lo seu efecto, só se poderán acoller e ela un número limitado de territorios.

Page 36: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

40

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

Os beneficiarios da axuda financeira de LEADER+ serán un conxunto de interlocutores denominados “grupos de acción local”. Estes grupos estarán compostos por un conxunto equilibrado e representativo dos diferentes sectores socioeconómicos do territorio.

A iniciativa estructúrase ó redor dos tres capítulos seguintes:

1. Apoio ás estratexias integrais piloto de desenvolvemento de zonas rurais, baseadas nun enfoque global e de cooperación horizontal.

A estratexia deberá xustifica-la súa viabilidade económica e o seu carácter sostible. Así mesmo, deberá crear instrumentos que permitan emprender novas vías de desenvolvemento sostible.

2. Cooperación entre zonas rurais dun mesmo Estado membro (cooperación interterritorial) ou de varios Estados membros (cooperación transnacional).

As accións de cooperación consistirán na posta en común de coñecementos técnicos e recursos humanos e financeiros dispersos en cada un dos territorios.

3. Creación de redes de axentes e creación dun Observatorio Europeo das áreas rurais dirixido pola Comisión que garantirá a integración na rede a escala comunitaria.

Os obxectivos do Observatorio serán a compilación e a difusión de información, das boas prácticas, a elaboración de informes e a animación da rede e asistencia ás administracións nacionais e rexionais.

$�$�,,11,,&&,,$$77,,9$�&9$�&22008181,,77$5$5,,$�$�885%$5%$1�1�,,,,A finalidade desta iniciativa é aborda-la elevada e crecente concentración de problemas sociais, ambientais e económicos nas aglomeracións urbanas por medio dun conxunto de actuacións que combinan a rehabilitación das infraestructuras obsoletas con medidas económicas e laborais, complementadas con medidas para combate-la exclusión social e mellora-la calidade de vida do contorno.

Para acadar esta finalidade, a iniciativa marca dous obxectivos:

Page 37: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

41GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— promover estratexias especialmente innovadoras destinadas á rexeneración económica e social sostible en cidades pequenas e medianas ou en zonas degradadas das grandes cidades;

— incrementar e intercambia-los coñecementos e experiencias relacionados coa rexeneración e o desenvolvemento urbano sostible na Unión Europea.

O número máximo de zonas urbanas que se cubrirán coa iniciativa será da orde de cincuenta. Por regra xeral, cada zona urbana debería contar con, polo menos, 20.000 habitantes, aínda que este mínimo poderá reducirse a 10.000 en casos debidamente xustificados.

As zonas urbanas subvencionadas poderán estar localizadas dentro ou fóra das zonas obxectivo nº 1 e 2, pero deberán cumprir cando menos tres dos seguintes criterios:

— alto nivel de desemprego;

— baixo nivel de actividade económica;

— alta taxa de pobreza e exclusión;

— necesidades específicas de reconversión debidas a dificultades de natureza social e económica;

— elevado número de persoas inmigrantes;

— baixo nivel de educación e importantes carencias formativas;

— alto índice de criminalidade;

— tendencia ó despoboamento;

— ambiente especialmente degradado.

A lista de medidas subvencionables, de carácter ilustrativo, no contexto desta iniciativa abrangue as seguintes medidas incluídas na anterior edición de URBAN e nos proxectos piloto urbanos:

— utilización mixta e reurbanización de terreos abandonados de modo compatible co medio natural;

Page 38: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

42

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— apoio á actividade empresarial e ós pactos a prol do emprego;

— integración social das persoas marxinadas e acceso ós servicios básicos;

— reorganización dos sistemas de transporte e comunicación;

— fomento da reducción de residuos, reducción do consumo de auga e fomento da eficacia enerxética;

— melloras na xestión urbana.

�������� $$6�6�$&&$&&,,Ð1Ð16�6�,,1121129$'9$'225$5$6�(�6�(�$�$$�$66,,67(67(11&&,,$�$�7e7e&&11,,&$&$As accións innovadoras son intervencións que a Comisión acomete por propia iniciativa e con medios financeiros limitados, para deseñar políticas novas mediante un enfoque experimental a escala europea. O seu obxecto é explorar novas vías de actuación en materia desenvolvemento económico e social e fomenta-la cooperación e o intercambio de experiencias entre os axentes de desenvolvemento rexional e local. Serán financiables os estudios realizados a pedimento da Comisión, os proxectos piloto e os intercambios de experiencias innovadoras en materia de desenvolvemento rexional e local.

Para o período de programación 2000-2006, a nova regulamentación establece unha dotación financeira do 0,65 % do total dos Fondos Estructurais.

A asistencia técnica inclúe medidas de preparación, seguimento e control necesarias para a aplicación do Regulamento dos Fondos Estructurais. Dentro do límite do 0,25 % da súa dotación anual, as medidas incluirán, en particular:

— estudios, incluídos os de carácter xeral, relativos á intervención dos Fondos;

— accións de asistencia técnica, de intercambios de experiencia e de información destinados ós diferentes interlocutores, ós beneficiarios finais das intervencións dos Fondos e ó público en xeral;

— a creación, o funcionamento e a interconexión dos sistemas informáticos de xestión, seguimento e avaliación;

Page 39: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

43GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— a mellora dos métodos de avaliación e o intercambio de información sobre as prácticas neste ámbito.

���� )),,11$$11&&,,$$00((117722����;;((6767,,Ð1�Ð1�(�6((�6(*8*8,,00((11772�2�''226�6�))2121''226�(676�(675588&&778855$$,,66�������� $$6�36�3225&5&((1177$;$;(6�(6�''(�(�)),,11$$11&&,,$$00((117722

A nova regulamentación dos Fondos Estructurais prevé, para o período 2000-2006, o mantemento das porcentaxes xerais de financiamento co obxectivo de fomenta-la participación de fontes privadas de financiamento.

Nas rexións obxectivo nº 1, o límite de financiamento oscila, como regra xeral, entre un mínimo do 50 % e un máximo do 75 % do custo total subvencionable excepto nos Estados beneficiarios do Fondo de Cohesión (máximo do 80 %), nas rexións ultraperiféricas e Illas gregas (máximo do 85 %) e nos investimentos en infraestructuras xeradoras de ingresos (máximo do 40 % cunha posibilidade de incrementar esta porcentaxe nun 10 % nos Estados beneficiarios do Fondo de Cohesión).

Nas rexións obxectivo nº 2 e nº 3, o límite de financiamento oscila, como regra xeral, entre un mínimo do 25 % e un máximo dun 50 % do custo total subvencionable. Nos investimentos en infraestructuras xeradoras de ingresos, o límite máximo é o 25 % nas rexións do obxectivo nº 2.

As porcentaxes de financiamento nos investimentos en infraestructuras xeradoras de emprego poderán incrementarse por medio da utilización doutras fontes de financiamento distintas das axudas directas, sen que este aumento poida superar un 10 % do custo total subvencionable.

Nas accións innovadoras e na asistencia técnica a porcentaxe de financiamento é do 100 % do custo total subvencionable.

Ademais, rebáixase o nivel de participación comunitaria nos investimentos nas empresas:

— o 35 % nas rexións do obxectivo nº 1;

Page 40: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

44

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

— o 15 % nas rexións do obxectivo nº 2, cunha posibilidade de incrementar estas porcentaxes nun 10 % se a axuda se utiliza para enxeñería financeira;

— nos investimentos en PEMES, estas porcentaxes poderán incrementarse por medio da utilización doutras fontes de financiamento distintas das axudas directas, sen que este aumento poida superar un 10 % do custo total subvencionable.

No caso dos investimentos en empresas, a participación dos Fondos respectará os límites de intensidade de axuda e de acumulación establecidos para as axudas estatais, de acordo cos proxectos de réximes de axudas notificados á Comisión e aprobados por esta ou, se é o caso, pola aplicación dos “réximes de mínimos”.

�������� $�;$�;(67(67,,Ð1�Ð1�)),,11$$11&&((,,5$5$O novo Regulamento Xeral dos Fondos Estructurais establece que os compromisos para as intervencións cunha duración igual ou superior a dous anos se efectuarán anualmente e, por regra xeral, antes do 30 de abril de cada ano. Para as intervencións con duración inferior a dous anos, o importe total comprometerase cando a Comisión adopte a decisión de participación dos Fondos.

A Comisión aboará a participación dos Fondos conforme ós compromisos orzamentarios. O pagamento poderá revesti-la forma de anticipo (ó efectua-lo primeiro compromiso, a Comisión aboaralle á autoridade pagadora un anticipo do 7 % da participación dos Fondos na intervención da que se trate), pagamentos intermedios (os pagamentos seguintes serán reembolsados en función dos gastos efectivamente realizados e certificados pola autoridade pagadora) ou pagamentos do saldo da intervención (para o que deberá presentarse a declaración certificada dos gastos efectivamente pagados, o informe final de execución e unha declaración que resuma as conclusións dos controis realizados e un pronunciamento sobre a validez da solicitude do pagamento do saldo).

�������� 2�2�6(6(*8*8,,00((11772�2�''$$6�6�,,117(7(5959((11&&,,Ð1Ð16�6�''2266))2121''2266A nova regulamentación dos Fondos Estructurais establece unha serie de medidas para garanti-la correcta xestión financeira dos recursos comunitarios durante o

Page 41: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

45GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

proceso de execución. Esta garantía conséguese mediante un seguimento eficaz e a definición das responsabilidades na materia. Por este motivo, estableceuse unha diferencia entre as funcións de xestión e as funcións de seguimento:

A AUTORIDADE DE XESTIÓN

Os Estados membros responsabilizaranse da designación dunha única autoridade de xestión para cada programa, encargada de supervisa-la posta en funcionamento, a xestión e a efectividade do programa. As súas obrigas inclúen:

— recollida da información financeira e estatística necesaria para o seguimento do programa;

— creación e utilización dun sistema informático de xestión, seguimento e avaliación;

— redacción das solicitudes de pagamento e remisión á Comisión;

— garanti-lo cumprimento da normativa de participación financeira por parte dos distintos axentes e das obrigas relativas á información e publicidade respecto das políticas comunitarias;

— modificar, se for necesario, o complemento de programa;

— redactar e enviar á Comisión os informes anuais e final sobre o programa;

— organiza-las avaliacións intermedias.

OS COMITÉS DE SEGUIMENTO

Estarán presididos por un representante do Estado membro ou da autoridade de xestión e contarán con representantes de tódolos axentes principais, procurando unha participación equilibrada de homes e mulleres. O representante da Comisión Europea terá exclusivamente unha función consultiva.

A Comisión recomenda, así mesmo, que o Comité de seguimento manifeste a súa conformidade cos complementos de programa antes de sometelos á aprobación da Comisión, e tamén que aproben as correccións ó programa ou ós complementos de programación.

Page 42: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

46

GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

�������� $�$9$$�$9$//,,$&$&,,Ð1�Ð1�''226�6�))2121''2266O novo Regulamento Xeral dos Fondos Estructurais define, para o período 2000-2006, tres tipos de avaliación (previa, intermedia e posterior) coa finalidade de medi-la súa eficacia e aprecia-lo seu impacto no desenvolvemento e axuste estructural nas rexións onde se apliquen .

AVALIACIÓN PREVIA

Os programas operativos incluirán unha avaliación previa que se efectuará tendo en conta as experiencias anteriores, o contexto socioeconómico da intervención e a coherencia co MAC e elaborarase baixo a responsabilidade das autoridades competentes para a preparación das intervencións.

AVALIACIÓN INTERMEDIA

Esta avaliación farase antes do 31 de decembro de 2005 baixo a responsabilidade da autoridade de xestión en colaboración coa Comisión e o Estado membro. O seu obxectivo é estudia-los primeiros resultados das intervencións, a súa pertinencia, así como a boa xestión financeira, o desenvolvemento do seguimento e a aplicación.

AVALIACIÓN POSTERIOR

Será responsabilidade da Comisión, en colaboración co Estado membro e a Autoridade de Xestión. O seu obxectivo é dar conta da utilización dos recursos, da eficacia das intervencións e do seu impacto. Rematará a máis tardar tres anos despois do final do período de programación.

�������� $�5$�5(63(63212166$%$%,,//,,''$'$'(�(�11$$6�6�'',,6767,,1177$$6�6�))$$6(66(6As autoridades designadas para o nivel nacional, rexional ou outro preparan os plans e os programas, consultan os interlocutores e transmiten os plans e programas á Comisión.

A Comisión e os Estados membros negocian os contidos dos marcos comunitarios de apoio (MCA), os documentos únicos de programación (DOCUP),

Page 43: Guía práctica para entende-los fondos estructurais · nivel de vida e relacións máis estreitas entre os Estados membros que a integran. A base de funcionamento das relacións

47GUÍA PRÁCTICA PARA ENTENDE-LOS FONDOS ESTRUCTURAIS

os programas operativos (PO) e os programas de iniciativas comunitarias (PIC), así como o seu plan de financiamento.

A Comisión aproba os MCA, PO, DOCUP e PIC, os grandes proxectos e as subvencións globais (ou os denega xustificadamente) dentro dos programas (DOCUP, PO ou PIC).

O Estado membro ou a autoridade de xestión adopta o complemento de programa e envíao á Comisión a título informativo, modifica o complemento de programa dentro dos límites dos obxectivos e créditos vinculados ós eixes prioritarios e aplica o programa (en particular, organizando a selección de proxectos).

O Comité de seguimento outorga o seu acordo ó complemento de programa.

�������� $�$�33$5$577,,&&,,33$&$&,,Ð1Ð1 ''226�36�355220022772255(6(6Unha vez aprobados os programas, as autoridades de xestión designadas polo Estado membro deben informa-los promotores potenciais de proxectos da posibilidade de optar a unha axuda comunitaria (por exemplo, por medio de concursos públicos).

As autoridades locais, as asociacións, as empresas e os interlocutores económicos e sociais poden propoñer proxectos e obter unha subvención dos Fondos Estructurais. Para isto, deben dirixirse ás autoridades de xestión competentes para cada programa, pois son elas as que realizan a selección dos proxectos e non a Comisión.

Tódolos proxectos que obteñan axuda financeira da Unión Europea deben ser cofinanciados obrigatoriamente por outra fonte, do sector público e/ou do sector privado.