Guía análises de documentos

11
Guía análise de documentos

Transcript of Guía análises de documentos

Page 1: Guía  análises de documentos

Guía análise de

documentos

Page 2: Guía  análises de documentos

O primeiro que debemos facer é pensar sobre que

tema vamos buscar información. Abre internet e o

buscador. Escribe as palabras que penses que te

van levar a información que buscas.

Page 3: Guía  análises de documentos

Hai varios buscadores, pero un dos máis coñecidos e usados é Google. Debes coñecer algúns trucos para buscar en Google:

1.- Utiliza comillas para buscar unha palabra ou conxunto de palabras exactas.

2.-Engade un guión (-) diante dunha palabra para excluír todos os resultados que inclúan esa palabra.

Page 4: Guía  análises de documentos

3.- Se buscas mais resultados dun sitio web específico inclúe a site: na túa consulta.

4.- Podes utilizar o operador link: para encontrar páxinas que dirixan a unha determinada páxina.

5.- Se queres encontrar páxinas que inclúan amenos unha de varias palabras escribe OR entre as palabras.

Page 5: Guía  análises de documentos

Unha vez que xa fixeches a búsqueda vanche

aparecer moitas páxinas.

Recorda que non sempre a mellor información está

na primeira páxina. Busca en diferentes páxinas ata

encontrar a que mais che interese.

Fíxate nos trucos que che damos a continuación

para saber cales son as páxinas coas que te debes

quedar.

Page 6: Guía  análises de documentos

Non debes solo fixarte na aparencia da páxina

senón no contido do sitio.

Fai unha lectura rápida,

responde as preguntas que ti precisas saber?

Page 7: Guía  análises de documentos

O autor do documento debe estar visible, iso

dálle credibilidade o documento.

Debes facerte ademais outras preguntas

É un autor coñecido?

E alguén experto no tema?

Escribe cousas para nenos?

A que institución ou organismo acreditado

pertence?

QUEN É O AUTOR?

Page 8: Guía  análises de documentos

É unha paxina fiable?

Aparece o nome da web na barra do navegador?

A información está ben organizada?

A páxina te un buscador que poida axudarche?

Hai enlaces a outras páxinas?

A información é fácil de entender? Ten un

vocabulario adaptado a túa idade?

DE ONDE PROVEN A

INFORMACIÓN?

Page 9: Guía  análises de documentos

ESTA ACTUALIZADA?

Cando se escribiu?

É importante que apareza a fecha de creación

ou actualización do documento.

Intenta buscar información recente .

Page 10: Guía  análises de documentos

O documento ten bibliografía?

O feito de que apareza bibliografía soe

indicar rigor

BIBLIOGRAFÍA

Page 11: Guía  análises de documentos

Recorda non quedarte coa

información dunha soa páxina.

É importante que contrastes

información.