Guía análises de documentos

11
Guía análises de documentos

Transcript of Guía análises de documentos

Guía análises de

documentos

O primeiro que debemos facer é pensar sobre que tema

vamos buscar información. Abre internet e o buscador.

Escribe as palabras que penses que te van levar a

información que buscas.

Hai varios buscadores, pero un dos máis coñecidos e usados é Google. Debes coñecer algúns trucos para buscar en Google:

1.- Utiliza comillas para buscar unha palabra ou conxunto de palabras exactas.

2.-Engade un guión (-) diante dunha palabra para excluír todos os resultados que inclúan esa palabra.

3.- Se buscas mais resultados dun sitio web específico inclúe a site:na túa consulta.

4.- Podes utilizar o operador link: para encontrar páxinas que dirixan a unha determinada páxina.

5.- Se queres encontrar páxinas que inclúan amenos unha de varias palabras escribe OR entre as palabras.

Unha vez que xa fixeches a búsqueda vanche aparecer moitas

páxinas.

Recorda que non sempre a mellor información está na primeira

páxina. Busca en diferentes páxinas ata encontrar a que mais

che interese.

Fíxate nos trucos que che damos a continuación para saber

cales son as páxinas coas que te debes quedar.

Non debes solo fixarte na aparencia da páxina senón no

contido do sitio.

Fai unha lectura rápida,

responde as preguntas que ti precisas saber?

O autor do documento debe estar visible, iso dálle

credibilidade o documento.

Debes facerte ademais outras preguntas

É un autor coñecido?

E alguén experto no tema?

Escribe cousas para nenos?

A que institución ou organismo acreditado pertence?

QUEN É O AUTOR?

É unha paxina fiable?

Aparece o nome da web na barra do navegador?

A información está ben organizada?

A páxina te un buscador que poida axudarche?

Hai enlaces a outras páxinas?

A información é fácil de entender? Ten un vocabulario

adaptado a túa idade?

DE ONDE PROVEN A INFORMACIÓN?

ESTA ACTUALIZADA?

Cando se escribiu?

É importante que apareza a fecha de creación ou

actualización do documento.

Intenta buscar información recente .

O documento ten bibliografía?

O feito de que apareza bibliografía soe indicar rigor

BIBLIOGRAFÍA

Recorda non quedarte coa

información dunha soa páxina.

É importante que contrastes

información.