Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE...

90

Transcript of Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE...

Page 1: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1

Page 2: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 2

Page 3: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 3

Page 4: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Colección COÑECERSantiago, cidade educadora

Nº 10. Setembro 2018

O CEMITERIO COMPOSTELÁN DE BOISACA E O PATRIMONIO FUNERARIO

EditaDEpartamEnto DE EDuación E ciDaDaníaconcEllo DE Santiago

concelleiro de Educación e cidadaníamanuEl DioS Díz

coordinador da colecciónXoSé m. roDríguEz-abElla gómEz

coordinación do volumecarmEn maría SánchEz arinESEtnoga patrimonio cultural, S. l.

corrección lingüísticaDlg Do concEllo DE Santiago

imprimetórculo comunicación gráfica, S. a.

fotografías: agás que se indique o contrario ao pé, as imaxes son da autoría de Etnoga

Depósito legal: c 1630–2018

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 4

Page 5: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

O CEMITERIO COMPOSTELÁN DE BOISACA E O PATRIMONIO FUNERARIO

Carmen María Sánchez Arines [coordª.]Etnoga Patrimonio Cultural

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 5

Page 6: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 6

Page 7: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

ÍNDICE

a mortE no nEolítico: oS primEiroS EntErramEntoS

monumEntaiS En galicia

Patricia Mañana-Borrazás

a mortE na iDaDE Do fErro Do noroEStE pEninSular

Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez

a mortE na galicia romana

Ana Suárez Piñeiro

a mortE na iDaDE mEDia

Marta Cendón Fernández

oS lugarES DE inhumación criStiá En galicia

Domingo L. González Lopo

oS EntErramEntoS En compoStEla ao longo

Da hiStoria

André Seoane Antelo

o cEmitErio DE boiSaca

Carmen María Sánchez Arines

rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca

Rafael García Ferreira

cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS

Miguel Anxo Fernández e Eduardo Galán Blanco

anEXoS

ÍNDICE

9

17

24

29

41

48

57

65

73

80

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 7

Page 8: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 8

Page 9: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

9

A MORTE NO NEOLÍTICO: OS PRIMEIROS EN-TERRAMENTOS MONUMENTAIS EN GALICIA

Patricia Mañana-Borrazás

parte do ciclo da vida é a morte, un feito inevitableque nos afecta a nós agora como tamén lles afectouaos nosos devanceiros no pasado. pero non semprea xente ten enterrado os seus defuntos seguindo osmesmos ritos, nos mesmos sitios, do mesmo xeito...a primeira vez na nosa historia na que foron cons-truídos grandes enterramentos foi durante o neolí-tico: é un dos principais períodos da prehistoria degalicia, que dura uns 2.000 anos, entre o V milenioa.c. e o iii milenio a.c. os enterramentos destaépoca son os que agora chamamos megálito, mámoa,dolmen, medorra, medoña, modia, madroa, anta, ca-sota, arca, mina, forno... tumbas monumentais feitasen pedra e terra, que levan perdurando na nosa pai-saxe dende hai uns 6.000 anos.

Como eran as tumbas no neolítico

as tumbas do neolítico en galicia son moi va-riadas, pero o máis habitual son as mámoas compos-tas por unha cámara arrodeada por un túmulo. acámara está feita de laxes de pedra formando un es-pazo máis ou menos circular cunha tampa enriba;dentro colocaríanse os corpos dos defuntos. arrode-ando esta cámara construíase o túmulo, unha acu-mulación de terra que forma unha morea que cubrea cámara, agranda o enterramento e lle dá a auténticamonumentalidade; o túmulo é normalmente o ele-mento máis visible actualmente destas tumbas.

as cámaras das mámoas, o espazo para enterraros defuntos, son moi variadas: hainas de todos os ta-maños pero tamén outras nas que o espazo do ente-rramento está só marcado cunha lousa ou só cunburato. os máis comúns son as cámaras formadas

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 9

Page 10: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

10

por 7 ortostatos: bloques de pedra colocados de pépechando o espazo do enterramento, cubertos conoutra lousa e deixando unha zona aberta para entrarnela. Destacan as cámaras dos grandes dolmens quepoden ter lousas que pesan 5-7 toneladas e que lledan auténtico sentido ao termo megalítico. moitasveces na entrada destas constrúese un corredor alon-gado feito de pedras de gran tamaño e cuberto comoa cámara, aínda que habitualmente estas son máispequenas que as das cámara. as veces atopamos asparedes do interior das cámaras e este corredor de-corados con gravados e incluso pinturas: formas xe-ométricas e abstractas pintadas en cor negra evermella sobre un fondo branco que contrastan coapedra natural dos ortostatos, a primeira mostra dearte en galicia. moitas delas ademais teñen un co-rredor intratumular de entrada á cámara que, trassaír da cámara e pasar polo corredor de pedra, atra-vesa o túmulo e continúa ata o exterior do monu-mento. por este corredor sería por onde se chegaríaata a cámara, atravesando primeiro o túmulo, e logopasando polo corredor de pedra cuberto ata a cá-mara para colocar alí as ofrendas, os mortos... nestescorredores atopamos frecuentemente tamén restosde ofrendas da época, coma ferramentas en pedra,vasos e cazolas de cerámica... Esta entrada habitual-mente está orientada cara ao sueste, o nacente do solen inverno. na entrada, antes do corredor, nalgúnscasos preparouse unha especie de adro fronte ás pri-meiras pedras do corredor: en varios dolmens apa-receron unhas pequenas esculturas en pedra quechamamos idoliños, con formas humanas marcadasde forma moi sinxela, colocados fronte á entrada aocorredor, e non sabemos se están mirando cara adentro ou cara a fóra... como se estiveran gardandoo que se atopa no interior do túmulo ou ben asis-tindo a algún ritual que se está dando na cámara.

o túmulo que rodea a cámara moitas veces foiconstruído en varios momentos, frecuentemente

cacharro e machados da mámoa 4 de guidoiro

areoso, 2017. fotografía da autora

coiraza da mámoa 4 de guidoiro areoso, 2017.

fotografía da autora

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 10

Page 11: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

11

empregando terras especialmente escollidas polo seuaspecto, limpas de pedras... dándolle corpo ao ente-rramento, protexendo a cámara e o seu contido. namaioría dos casos, o túmulo está cuberto por pedras,o que se chama coiraza ou anel lítico, dependendodo seu tamaño, pois as veces só rodean a parte máisexterna do túmulo, como un anel, mentres que nou-tros casos esta capa de pedras é mais ampla e cobregran parte do túmulo.

En galicia temos constancia de entre 5.000 e10.000 tumbas deste período, cuns tamaños moi va-riados entre as máis modestas, que miden en total(túmulo e todas a estruturas que teñan no seu inte-rior) uns 10 m de diámetro e menos de 1 m altura, ea máis grande identificada, de 70 m de diámetro de4 m de altura, aínda que o máis habitual son os tú-mulos de 15-25 m de diámetro e 1-2 m de altura.

Estas tumbas están repartidas por toda galicia,aínda que se dan en máis concentración nas serras,en zonas de paso, cordais, portos..., en áreas que sevinculan co movemento máis natural polo territorioe preto de onde se atoparían recursos importantes,

partes dunha mámoa. ilustración de anxo rodríguez-pazincipit, cSic

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 11

Page 12: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

12

xa que nesta época basicamente se moverían a pé enon existían pontes, camiños, estradas que facilita-sen o tránsito por zonas complicadas do territorio.pola análise dos sitios que escolleron para construíras mámoas, sabemos que buscaron posicións nas queas mámoas resaltasen sobre o contorno, vense máisgrandes, máis monumentais, nun punto polo que énecesario pasar para moverse a pé pola zona..., cre-ando unha rede con outras mámoas e enchendo deconstrucións os espazos máis importantes que ata esemomento eran naturais, enchendo a súa paisaxe detumbas onde repousaban os antepasados.

temos constancia de que as mámoas e dolmensforon construídos e usados entre, cando menos, o4.500 a.c. e o 2.800-2.500 a.c., remate determinadopolas evidencias arqueolóxicas de que os grandesdolmens de corredor foron pechados neses anos conrituais de clausura da entrada á cámara. Este períodode peche non implicou un abandono total das má-moas pero si un cambio nos rituais: seguimos detec-tando que tras esas datas aínda se dan algunhasreformas e recrecementos das mámoas, actividademámoa e dolmen na

Serra da barbanza

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 12

Page 13: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

13

sobre os túmulos, fanse buratos para entrar nas cá-maras etc. Son monumentos que dende que foronconstruídas hai 6.000 anos son un referente na pai-saxe, aínda que o seu significado fose cambiando de-pendendo da mirada da época.

Como era a vida no neolítico

chama moito a atención que fose unha socie-dade deste tipo que investise tanto esforzo en crearestas tumbas monumentais, con tanto traballo e estestamaños descomunais, cunhas técnicas construtivasdepuradas e moi duradeiras, que fixeron que estastumbas aínda perduren incluso 6.000 anos despoisda súa construción.

no neolítico, as xentes vivían dun xeito moi sin-xelo, moi apegado aos ritmos cíclicos e naturais e ásúa contorna. polos restos que rexistramos e identi-ficamos das súas casas, en galicia a xente vivía engrupos pequenos: unhas poucas familias que viviríana maior parte do tempo xuntas, en campamentos decabanas feitas con postes de madeira, peles, ramallose terra. polo tamaño e tipo dos campamentos, pareceque estes eran estacionais: estaban durante certotempo nun sitio e, cando era preciso, movíanse paraoutra zona.

Vivían en cabanas de madeira, peles, ramallosque duraban pouco tempo.Construían as súas tumbas en pedra e terrapara a eternidade.

facían as súas ferramentas cos materiais quetiñan no seu medio, como pedras, madeiras, ósos:tiñan machados, coitelos, raspadores, puntas de fre-cha, aixolas, fouciños, muíños de man etc. ademaisfacían todas as cousas que precisaban para a vida dia-ria, a súa roupa, tiñan adornos de pedra, cestos, cal-zado, e tamén facían cacharros de barro, algúns delesdecorados. tiñan unha gran autosuficiencia, pero

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 13

Page 14: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

14

tamén se atopan de vez en cando obxectos que viñade lonxe, o que indica que existían relacións a longadistancia.

é moi probable que fixeran un uso estacional dosdistintos ambientes onde vivían, cun tipo de vidamáis nómade que estable. moveríanse nun mesmoano dende os vales e a costa cara ás serras, depen-dendo das súas necesidades e dos ritmos de vida deanimais e plantas. cando nun sitio se acababan osrecursos, o grupo movíase a outro novo e empezabao ciclo outra vez. no período anterior, no paleolítico,a caza, a recolección, o marisqueo e a pesca eran osseus únicos recursos. no neolítico estes modos desubsistencia seguen sendo moi importantes, pero in-íciase a agricultura e a gandería. co paso do tempoaumenta a dependencia destes recursos cultivados edos animais que se coidan, resultado do traballo daxente sobre as plantas e animais.

Como era o enterramento nas mámoas

a maior parte deles foron enterramentos de usocolectivo: na maioría das mámoas serían enterradasvarias persoas, sen distinción de sexo ou idade. co-locaban dentro da cámara e ás veces do corredor omorto e mais o seu enxoval, isto é, as súas ferramentase adornos, indicativo dunha crenza no máis alá e danecesidade de fornecer os defuntos dos mesmos ob-xectos que lles serviron en vida. En galicia non con-servamos os ósos e outros restos orgánicos desaépoca (roupa, madeira, cestos...), pero nas tumbasdalgunhas zonas da península ibérica, onde si apare-cen ósos, pódese ver que hai homes e mulleres, taménde todas as idades, nenos, mozos e vellos, pero moiprobablemente non se enterraba toda a xente dogrupo, aínda que en galicia non temos indicios dou-tro tipo de enterramentos desta época que non erantúmulos. moitos parece que se usaron máis dunhavez, aínda que tamén se atopan túmulos nos que pa-rece que só houbo un enterramento. nos que se usa-

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 14

Page 15: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

15

ban repetidamente pódese apreciar que o último en-terro botaba a un lado os restos anteriores e facía sitiopara o novo. o tratamento dos corpos, como se co-locaban, se se preparaban antes de enterralos…, éalgo moi complicado de advertir; o paso do tempo eos buscadores de tesouros fixeron moitos estragos nosenterramentos e poucos restos quedan de todo iso.

construír un monumento e facer os ritos de en-terramento implicaba un esforzo colectivo. Semellaque estas eran ocasións especiais, onde o importantenon só é enterrar ao morto ou o seu velorio, senóntamén as relacións de intercambio de noticias, de pro-dutos, agasallos, as festas e consumo de comida e be-bidas, e incluso reunir xente para facer a colleita etc.na construción participarían varios grupos pois o es-forzo que supón extraer, mover e levantar estas gran-des pedras, reunir esta cantidade de terra e pedras,non o poderían facer os grupos pequenos nos quevivía a xente a maior parte do ano. Distintos gruposreuniríanse, xuntando as súas forzas e recursos parafacer o monumento, o que supón ademais algún tipode organización social na que xurdirían personaxesque mandaran no grupo, polo menos para ordenar otraballo.

no momento do enterro, ou incluso nos rituaisde recordo do morto, a maior parte da xente queda-ría na entrada da cámara, ao sueste da mámoa,

Dolmen de Dombate (cabana de bergantiños). fotografía da Deputación da coruña

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 15

Page 16: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

16

acompañando o enterramento, mentres outros colo-caban o corpo e o enxoval dentro da cámara. Se unse coloca na zona da entrada dunha mámoa estarádiante do escenario que se vería hai 6.000 anos nomomento do enterramento.

Dolmen de zaramacedo ou dasDerramadas (bando - Santiago

de compostela

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 16

Page 17: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

17

A MORTE NA IDADE DO FERRO DO NOROESTE PENINSULAR

Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez

a partir do 2500 a.c., a medida que se reduce a pul-sión da construción de monumentos tumulares, co-mezan a aparecer outros tipos de tumbas que nondeixaron unha pegada monumental na paisaxe.unhas son as cistas (caixas de mediano tamaño cons-truídas con pedras) enterradas no terreo, sen túmulo.adoitan localizarse varias xuntas formando cemite-rios, aínda que tamén hai algunha illada no interiorde poboados. De planta cuadrangular ou rectangular,son moi variables en dimensións e no ritual de ente-rramento, pois hainas sen enxoval, mentres que ou-tras se acompañan de recipientes de cerámica e/ouarmas e xoias. ademais, poden albergar inhumaciónsou cremacións, ritual que fai a súa aparición por pri-meira vez no noroeste; ambas as dúas solucións che-gan a convivir nunha mesma necrópole, como a deagro de nogueira (toques, a coruña). a desapari-ción dos cadáveres por mor da acidez do solo, agásnos escasos casos de cremación, fai case imposible in-terpretar minimamente o ritual funerario.

cista da idade do bronce danecrópole de bicos de lago (muros, a coruña).fotografía: mª José bóvedafernández / gabinete dearqueoloxía e Xestión dopatrimonio, S.l.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 17

Page 18: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

18

outro tipo de tumbas que se xeneraliza nesa al-tura son os enterramentos en fosa, buratos tamén es-cavados no terreo que, logo de depositar ao defunto,se enchen de terra. Se albergaron cadáveres inhuma-dos, pola desaparición dos ósos, son moi difíciles derecoñecer, a non ser de que no seu interior se locali-cen materiais intactos (recipientes de cerámica, porexemplo). coñécense tamén casos con cremacións.

cistas, fosas, mámoas e covas seguirán en usocomo enterramento ao longo da idade do bronce,pero a medida que nos achegamos á súa fin as evi-dencias funerarias van rareando ata desaparecerencase por completo na cultura castrexa. para o broncefinal temos o caso de Ventosiños (lugo), onde, xuntoa un recinto circular delimitado por un foxo e un pa-rapeto, se localizan varias foxas datadas nos séculosXi-X a.c. algunhas contiñan pezas enteiras no seuinterior e, se ben non conservaban ósos, as terras queas enchían presentaban un alto contido en fósforo,froito da descomposición de materia orgánica, ra-zóns ambas que parecen confirmar o seu carácter deenterramentos.

no tránsito cara á idade do ferro, cando xordenos primeiros castros, só coñecemos o caso asturianode chao Samartín (grandas de Salime), moi próximoá fronteira galega. alí localizouse unha pequena cista,máis ben unha caixa de pedras, enterrada ante a porta

foxas de enterramento da idadedo bronce: cameixa (boborás,

ourense), coa furna cerámica nocentro (a partir de parcero, 1997).

b. fraga do zorro (Verín,ourense), con pedras na base (a partir de prieto et al. 2009)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 18

Page 19: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

19

do recinto, en cuxo interior había un cranio, proba-blemente dunha muller nova. En realidade non es-tamos ante un enterramento en sentido estrito,senón un depósito votivo fundacional durante aconstrución do peche monumental que delimitaba aacrópole do poboado, que data da transición entreos séculos iX e Viii a.c.

pero durante o resto da idade do ferro a ausenciade enterramentos é a tónica xeral do noroeste. frontea isto, as sepulturas son habituais no resto da penín-sula, nun territorio cuxo límite semella vir marcadopolas actuais provincias españolas de biscaia, palen-cia, Valladolid e Salamanca, así como as beiras, xa enportugal. ao sur e leste deste espazo, cando menosdurante a segunda idade do ferro (séculos V-i a.c.),as prácticas funerarias que se documentan son coin-cidentes, pese á enorme variabilidade das formas se-pulcrais: o uso xeneralizado da incineración doscadáveres e a deposición dos enterramentos, dentrode urnas sepulcrais ou directamente no solo, agru-pados en necrópoles fóra dos poboados. Destanorma unicamente se aparta un segmento da socie-dade, o dos nenos de moi curta idade (menores de 2anos) que, de cote, son inhumados, en posición fetale sen enxoval ningún, dentro das vivendas, en fosaspracticadas no pavimento.

os autores clásicos non nos describiron o ritualde enterramento dos pobos prerromanos do nor-oeste, de modo que tampouco nos poden axudar asolucionar este misterio. Xurdiron así diversas pro-postas para explicar esta ausencia de tumbas, entre asque hai autores que defenden a súa inexistencia, porentender que os defuntos probablemente recibiríanalgún tratamento que provocaría a súa completa des-aparición. algúns pensan que os cadáveres seríanmergullados nas augas, de modo que os materiaismetálicos que ocasionalmente se localizan nos ríos,fundamentalmente armas, serían as ofrendas que osacompañaban. isto coincidiría co carácter sicopompo

cista e cranio de chao Samartín(grandas de Salime, asturias).fotografía: Villa e cabo, 2003

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 19

Page 20: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

20

que semellan ter os ríos e as augas, que serven de con-dución dos mortos ao alén, concepto que se manifestagraficamente na diadema de moñes (asturias). nelaaparecen guerreiros con máscaras e tocados no seutránsito cara ao alén; a auga represéntase como fiadasde puntos e rodean as figuras peixes e aves, animaisrelacionados co máis alá. outros autores falan da po-sibilidade de que os corpos se deixasen expostos paraseren devorados polos animais, tal e como facían osceltiberos cos guerreiros mortos no campo de batalla(aínda que deste pobo, ademais, tamén coñecemosnecrópoles).

fronte ás teorías anteriores, algúns arqueólogosconsideraron diversos elementos que atoparon nassúas escavacións como posibles enterramentos cas-trexos. a maioría son máis que dubidosos, posto quese adoitan interpretar como tales todo aquilo que es-capa do habitual. moitos son simplemente lugaresonde se recuperaron cinsas, cando na antigüidadenon existen auténticas incineracións, senón crema-cións, nas que os ósos non chegan a calcinarse total-mente, e, daquela, deberían conservarse en parte.noutros casos, porén, si que se atoparon ósos huma-nos, pero resulta difícil interpretalos como auténticosenterramentos. Dentro do castro de meirás (Sada, acoruña), localizáronse unhas 70 foxas, algunhas ta-

fragmentos da diadema demoñes depositados no museo

arqueológico nacional demadrid, segundo garcía

Quintela (1997)]

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 20

Page 21: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

21

padas cunha capa de pedras. o seu contido era moivariado (fragmentos de cerámica e muíños, cravosde ferro e ósos de animais), aínda que outras estabanbaleiras. non todas contiñan cinsas, en ningún casoapareceron vasos enteiros que puideran ser interpre-tados como urnas cinerarias e unicamente cincotiñan no seu interior ósos humanos soltos. aíndaque o seu escavador a interpretou como unha necró-pole urbana, seguramente esteamos ante silos reuti-lizados para algún tipo de ritual destinado a favorecera reprodución da comunidade, produto do cal apa-recen mesturados restos de animais, utensilios e ósoshumanos.

nos castros de áncora e terroso (norte de por-tugal) apareceron outras posibles tumbas en recintosexteriores ás vivendas, tamén dentro do poboado. omáis completo é o do primeiro, onde un conxunto

Sección dalgunhas das fosas localizadas no castro de meirás (a partir de gonzález ruibal, 2006-2007)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 21

Page 22: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

22

de 11 pequenas cistas se asocian a fragmentos de ce-rámica, cinzas e fragmentos de ósos. algúns autoresteñen minusvalorado o achado por ser de cronoloxíatardía, xa no contacto co mundo romano, pero con-vén sinalar que estas estruturas pouco teñen que verco sistema sepulcral dos conquistadores, que empre-gaban necrópoles no exterior dos poboados. peropola súa excepcionalidade tamén é difícil defenderque se trate da norma sepulcral no mundo castrexoe se cadra esteamos ante cerimonias de carácter fa-miliar nas que se facían ofrendas humanas.nos últimos anos localizáronse outras posibles se-pulturas no exterior dalgúns castros. a maior parteestán baleiras de materiais ou ósos, de modo que pre-sentan moitos problemas de interpretación. pero nocaso de bendoiro (lalín, pontevedra) aparecerondúas foxas escavadas no terreo, coas dimensiónsaxeitadas para un cadáver estirado, seladas por pe-dras, que parecen tumbas de inhumación. Estaban abastante distancia do castro e moi separadas entre sicomo para falarmos dunha necrópole. Só unha con-tiña materiais (un anel de ouro e mais un brazaletede bronce) que son tan pouco diagnósticos que nonpermiten atribuírlles unha cronoloxía clara, mesmopoderían ser do bronce final.

unha das posibles tumbas debendoiro (lalín, pontevedra) e

materiais localizados nela: anel deouro e brazalete de bronce.

fotografías de pilar fernándezpintos / D.o.a. arqueoloxía Sc

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 22

Page 23: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

23

achados como os de bendoiro amosan a dificul-tade de localizar as necrópoles castrexas. Seguramenteo problema é que non as saibamos identificar, porseren pouco destacadas, é dicir, que, por un lado, as es-truturas funerarias son pouco relevantes, limitándoseá deposición dos mortos en urnas ou foxos escavadospara o efecto; e, por outro lado, que os enxovais son in-existentes ou cunha escasa deposición de elementos re-chamantes (armas e xoias). a súa localización, porén,non é tarefa doada, como tampouco o é alí onde cabeesperar atopalas: aí está o caso de numancia, xace-mento no que, pese aos esforzos realizados ao longodo século XX, non foi posible localizar a necrópole ata1993, e para iso grazas á acción duns furtivos.

ReferenciasbEttEncourt, a. m. S. 2010. “la Edad del bronce en el nor-oeste de la península ibérica: un análisis a partir de las prácticasfunerarias”. Trabajos de Prehistoria, 67 (1), pp. 139-173

cano pan, J. a.; piay augusto, D.; naveiro lópez, J. l. 2015. Unyacimiento ceremonial en la transición del Bronce al Hierro: Ven-tosiños (Coeses, Lugo). S.l.: arqueoloxía do noroeste, S. l. u.

garcía QuintEla, m. V. 1997. “las puertas del infierno y el ríodel olvido. (un tema mítico céltico en la etnografía ibérica deEstrabón)”. Gallaecia 16, pp. 145-157.

gonzálEz ruibal, a. 2006-07. “galaicos: poder y comunidaden el noroeste de la península ibérica: (1200 a.c.-50 d.c.)”. Bri-gantium, 18-19 (2 vol.).

parcEro oubiÑa, c. 1997. Documentación de un entorno cas-treño: trabajos arqueológicos en el área de Cameixa.Santiago decompostela: grupo de investigación en arqueología del paisaje.

priEto, p.; lantes, o.; martínez, a.; gil, D. 2009. “Estudio de lacerámica del yacimiento de fosas de fraga do zorro”. Aquae Fla-viae 41, p. 107-121.

VilaSEco VázQuEz, X. i. 2000. “a problemática dos enterra-mentos na cultura castrexa do nW. unha aproximación desdeas culturas limítrofes”. Actas congresso de proto-história europeiahomenagem a Martins Sarmento. Revista de Guimarães, volumeespecial (2), p. 495-513.

Villa ValDéS, a.; cabo pérez, l. 2003. “Depósito funerario yrecinto fortificado de la edad del bronce en el castro del chaoSamartín: argumentos para su datación”. Trabajos de Prehistoria,60 (2), pp. 143-151.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 23

Page 24: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

24

A MORTE NA GALICIA ROMANA

Ana María Suárez Piñeiro

na civilización romana a morte enténdese comovida de ultratumba, razón pola cal o espazo funerarioco seu ritual e a memoria do defunto se convertenen elementos decisivos para garantir o descanso nooutro mundo. para coñecer este ámbito contamoscon dous elementos de estudo: as necrópoles e as es-telas que acompañaron moitas das tumbas.

as necrópoles sitúanse á beira dos camiños deentrada e saída da cidade, sempre fóra do recinto ur-bano, e nelas practicábanse a inhumación e a inci-neración. a inhumación foi usada principalmenteno ritual primitivo de roma, para ser substituídalentamente pola incineración a partir do s. iV a.c.no imperio inverterase o proceso: contra mediadosdo s. ii a incineración perde adeptos fronte á inhu-mación, ata a súa case total extinción dúas centuriasdespois.

o estudo dos tipos de tumbas indica a tendenciaa formas cada vez máis elaboradas: ataúdes de ma-deira; fosas simples cubertas con tellas planas ou laxesde pedra; sepulturas cubertas cun pequeno tellado adúas augas; enterramentos realizados dentro de án-foras; sepulturas con tellas formando unha caixa desección rectangular; e, finalmente, no s. V, abunda-rían os sarcófagos e os sepulcros de laxes pétreas.

En canto á galicia romana, partimos do desco-ñecemento dos hábitos funerarios da cultura castrexa,ao non teren aparecido restos de enterramentos ads-critos a este período. carecemos, pois, do elementonecesario para comparar os cambios experimentadosno ritual funerario coa romanización.

En galicia coñécense varias necrópoles romanase, de feito, nas últimas décadas os achados nestecampo teñen sido bastante frutíferos. Escasean osrestos de esqueletos debido á forte acidez do solo,

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 24

Page 25: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

25

pero si aparecen obxectos de enxoval, polo xeral re-lativamente pobres.

Entre todas as mostras destacan os casos de Vigo,onde se rexistra unha numerosa colección de epitafiosfunerarios, e lugo, onde se descobren dúas importan-tes necrópoles (praza de ferrol e San roque), xuntocon outros exemplos dispersos por todo o territorio.

os cemiterios de lugo son os mellor coñecidos.na praza de ferrol rexístrase unha necrópole de in-cineración (ss. i-iii) con enterramentos en urnas ce-rámicas que conteñen cinzas e ofrendas, depositadasen cistas delimitadas por tellas ou, simplemente, nunburaco escavado no solo. En San roque dáse unhagran concentración de tumbas (corenta sepulturasde inhumación) xunto con enterramentos de incine-ración (tres cistas).

na cidade de Vigo, na necrópole da rúa de ponte-vedra/hospital (hoxe inés pérez ceta), descubríronse,xa en 1953, vinte e nove estelas funerarias e unha ara.En 1995 unha escavación arqueolóxica sacou á luzfosas de incineración con enxoval e diversas tumbas,a maioría con estrutura e sen enxoval. En total cons-tátase a presenza de 53 cadáveres. a ampliación dostraballos arqueolóxicos confirmou a existencia da ne-crópole de cremación (ss. i/ii-iii/iV) e da necrópolede inhumación, que perdurou abondo tempo (desdeos ss. iii/iV ata o Xi).

na cidade da coruña as escavacións da rúa reale as referencias doutros achados suxiren a existenciadunha necrópole a continuación da zona de poboa-mento da mariña, nunha paisaxe de dunas. En tuicoñécense tamén dúas necrópoles na rúa dos lourei-ros e en San Domingos, con cronoloxías tardías. Enourense varios puntos gardan restos funerarios deambiente tardorromano: no adro da igrexa da Santí-sima trindade, na praza da madalena ou nas burgas.

fóra do ámbito urbano aparecen vestixios fune-rarios espallados por todo o territorio, asociados ávillae e cunha cronoloxía, maioritariamente, tardo-

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 25

Page 26: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

26

rromana: guisande (cerceda), currás (tomiño), pa-rada de outeiro (a limia), a hermida (culleredo),Vilameá (riocaldo-lobios), Saa (camposancos, aguarda), a lanzada (Sanxenxo) –un dos exemplosmáis ricos xa que o 60% das tumbas presentan en-xoval– ou cantodorxo (o grove). poderiamos en-gadir os achados do campamento de cidadela ou dacatedral de Santiago.

a outra vía de estudo do mundo funerario sonas estelas. Este tipo de manifestación convértese nunacto cultural que transmite información sobre o sen-tido da morte, así como sobre a importancia da me-moria do individuo no colectivo. nas inscriciónsfunerarias romanas o modelo máis común ábrese coainvocación aos Deuses manes (D. M. ou Diis Mani-bus), espíritos dos antepasados que actuaban comoprotectores do fogar, xunto co nome e a idade do fa-lecido, e a continuación a identidade do dedicante.

na galicia prerromana non existe constancianingunha de escritura. practicamente nada se coñecedo mundo funerario prerromano, xa que este nondeixou pegadas materiais ata retrotraernos ao perí-odo megalítico. antes da conquista, os galaicos nongravaban inscricións, non levantaban estelas nin dei-xaban restos dos seus monumentos funerarios. polotanto, estas comunidades aprenderon dos romanoso hábito de erixir lápidas sobre as tumbas.

as estelas sepulcrais son bastante abundantes ea mostra máis numerosa apareceu en Vigo. non haidúbidas sobre a orixe galaica das pezas, a maioría la-bradas en granito e realizadas por canteiros locais.teñamos presente que estas pezas esixen un traballoespecializado e suporían un gasto importante quenon todas as familias poderían asumir.

as formas predominantes de remate son a semi-circular (a maioría e as de maior tamaño) e a rectan-gular, mentres o remate triangular é moito menosfrecuente. moitas presentan varios rexistros: o supe-rior, decorado; o medio, co campo epigráfico; e, o in-

Estela funeraria de Santa comba.museo do pobo galego. Depósito

da Xunta de galicia

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 26

Page 27: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

27

ferior, sen labrar para fincar na terra. polo que res-pecta á cronoloxía, resulta moi difícil establecer da-tacións, pero as estelas realizaríanse entre o ss. i e iV,e boa parte corresponderían ao s. iii.

En canto á iconografía, as representacións que co-bren estas pezas reflicten un modo peculiar de con-cibir a morte, derivado da cultura galaico-romanaque as produce. na súa morfoloxía descóbrense cre-centes lunares, arcos, discos, rosáceas etc. o crecentelunar é o motivo máis abundante, moi frecuentetamén en Europa. adoita aparecer xunto con outrossímbolos astrais e viría significar a lúa como a man-sión dos mortos. os arcos seguen o crecente lunarcon algo menos dun terzo do total das representa-cións. Este motivo interprétase como a representa-ción erudita das portas do hades ou do ceo, maliaque puido acabar converténdose nunha simple formadecorativa. respecto ao disco, este elemento asóciasecon frecuencia a outras representacións astrais parasimbolizar as almas arredor da lúa. pola súa vez, a ro-sácea harmoniza contrarios, xa que para trazar a súafigura precísase dividir en partes proporcionais o pe-rímetro da circunferencia, polo que se considera unmotivo xeométrico. un grupo moi numeroso é o re-presentado pola estrela ou rosácea de seis pétalos ins-crita nun círculo. a rosácea tivo, ante todo, uncarácter funcional e profiláctico que evolucionou ataconverterse nun elemento ornamental. o seu simbo-lismo, por tanto, estaría vinculado co dos astros quemarcan o ritmo do calendario, o sol e a lúa.

tamén hai mostras relevantes de estelas con repre-sentacións humanas (figuras togadas, escenas familia-res etc.), caso das pezas atopadas en: Vilar de Sarria,adai, atán, o corgo e crecente (todas estas localizadasna contorna de lugo, o que podería indicar a existenciadun obradoiro nesta área), Santa cruz de arrabaldo(concello de ourense) ou Soñeiro (Sada).

polo tanto, na galicia romana aparecen depósitosfunerarios conformando auténticas necrópoles de di-

Estela funeraria de Santa baia de logrosa (negreira). museo do pobo galego.Depósito do instituto de Estudosgalegos padre Sarmiento

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 27

Page 28: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

28

verso tamaño, en particular en época baixoimperial, nasque se practicaban a inhumación ou a incineración.

respecto ás sepulturas de inhumación, a maioríateñen unha estrutura arquitectónica definida, sendomáis frecuentes as tumbas de sección triangular oude cabalete e, sobre todo, as de sección rectangularou trapezoidal (as máis abundantes). Esta última ti-poloxía mantense no mundo xermánico e altome-dieval, co que existe unha evidente continuidade.

as dimensións das tumbas, polo xeral, están enfunción do corpo do defunto: como termo medioentre 1,5/2 m de longo e 0,5 m de ancho. como ma-teriais construtivos empréganse barro (tegulae ou te-llas planas, imbrices ou tellas curvas e ladrillos) epedra (granito ou lousa); en contadas ocasións apa-recen imbrices para elevar o cranio do defunto (casodalgunhas inhumacións da lanzada).

polo que se refire ao enxoval funerario, moitassepulturas carecen del. o elemento máis abundanteadoita ser a cerámica (sobre todo común, vaixela demesa como pratos e xerras); xunto con lucernas, un-güentarios de vidro, moedas, obxectos de adornopersoal (colares, aneis, agullas para o cabelo etc.);ademais aparecen pezas metálicas: chatolas de cal-zado (clavetae) dos cadáveres e cravos dos ataúdes.

Estamos, pois, ante comunidades galaicas que,antes da chegada dos conquistadores romanos, nonsoterraban os seus mortos nin erixían estelas. Enconsecuencia, os hábitos funerarios son importados(de roma chegan a inhumación, as estelas ou a es-critura) e cabe pensar nunha forma ou formas pecu-liares de concibir a morte e o seu ritual, que se adaptanao sentir das comunidades galaicas.

BibliografíaSuárEz piÑEiro, ana mª. A vida cotiá na Galicia romana, Edi-cións lóstrego, Santiago de compostela, 2006.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 28

Page 29: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

29

A MORTE NA IDADE MEDIA

Marta Cendón Fernándezprofesora titular de historia da arte-uSc

tras o paso por esta vida, o ser humano atopa oque para algúns é a única certeza: a morte, aspectoque con grande acerto expresou afonso X: “el relám-pago de la muerte es relámpago que non miente, e lossus rayos son rayos que non yerran”. pero as circuns-tancias que rodean o deceso de cada individuo sonmoi diversas e, na idade media, un morre segundo asúa condición e é enterrado segundo unha orde ad-mitida por todos. tendo isto en conta, á hora deaproximarnos a un panorama sobre a morte na idademedia poderiamos suscitar diversos interrogantes:cales son as actitudes ante a morte, en que lugares sedispoñen as sepulturas, que tipos de sepulcros exis-ten, a quen se encargan, cales son os conxuntos fu-nerarios máis relevantes…

respondendo á primeira cuestión, pallares eportela, para o caso galego, consideran que a morteinspira temor, salvo entre os santos e mártires e, seben existe o modelo dunha boa morte cristiá, unhacousa é a morte vivida, e outra, a morte pensada.Valla como exemplo un dos testamentos de pedromadruga: “…temendome de la morte porque he depasar e no sei quando y segund que las huerras y deb-bisyones en este Reino de Galizia andan y son continasde cada dia…”

pola súa banda, a igrexa tentou orientar as actitu-des das persoas ante a morte, eliminando aquelas prác-ticas que estaban en relación co mundo pagán, no queo máis alá era unha prolongación ideal da vida terres-tre, fronte á visión cristiá, na que a morte representa ocomezo dun novo estado que durará eternamente.Entre outras, tentará suprimir tradicións como levaralimento aos defuntos, o enxoval funerario ou os pran-tos, costumes difíciles ou case imposibles de erradicar.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 29

Page 30: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

30

así mesmo prodúcese unha evolución na rela-ción entre vivos e mortos. Xa desde as súas orixes, oscristiáns rezaban polos seus defuntos –a diferenza dospagáns que lles rezaban aos mortos–, o que amosaque é posible unha remisión das culpas tras a morte.isto aparece como tema nunha das lendas sobre as vi-sións de dona godo en relación co seu defunto, o reiSancho, que narra o cronicón iriense: “Cuando unsábado la reina hacía oraciones intensas a Dios estandoante el altar, he aquí que el Rey Sancho su marido se lepresenta atado con dos cadenas y agarrado por dos dia-blos y le dice: “Me estás ayudando”, y luego, “Perse-vera”. Así lo hizo ella por cuarenta días con ayunos ylágrimas y dando limosnas”. pero, segundo le goff, otempo, o lugar e as modalidades desta remisión se-guirán sendo vagos ata o último terzo do século Xii,no que aparece o nome “purgatorium”. Ese máis aláintermedio resulta dunha especial importancia polassolidariedades que se producen entre vivos e mortos,reforzando a cohesión das comunidades –familiares,relixiosas– e dando un enorme poder á igrexa, tantoespiritual como financeiro; feitos que corroboran ostestamentos, coa elección de lugar de sepultura, oconxunto de mandas piadosas etc.

En efecto, homes e mulleres, especialmente osmáis ricos, preocúpanse por dispoñer o seu tránsitoata nos mínimos detalles, como se aprecia nos seustestamentos, pois servirán para destacar a súa propiacondición diferente da doutros membros da socie-dade, o que tamén reflicten os conxuntos funerarios.Véxase, como exemplo, o testamento de paio gómezde Soutomaior: “Iten mando que quando a deus pro-ber de me lebar desta presente vida mando meu corposer sepultado eno moesteyro de santo domingo de pon-tevedra dentro ena capela que diego aluares meu padrea deus perdon e eu fixemos eno dito moesteyro.[...]Iten mando que Rezen por las almas dos sobreditos emina dez salterios e que Roguen a deus por mi e queles paguen aos que ansi os Rezaren o que e de cos-

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 30

Page 31: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

31

tume.[…] Otrosi mando que den de comer a todos losescudeyros e omes de pe e outras quaes quer personasque de miña terra vieren a dita miña sepultura/ enquanto duraren las honrras que me an de fazer e an-simesmo a todos los pobres que quisieren vir a comera os quaes pobres e a otras personas vergonçosasmando que repartan entre eles tres o quatro pardos”.

outro dos aspectos que varía ao longo do me-dievo, respondendo ao segundo interrogante susci-tado ao inicio, é o lugar das sepulturas. nos primeirosséculos do cristianismo, os mortos enterrábanse, se-guindo a tradición romana, fóra dos límites da ci-dade; pero, a partir do século V, co auxe do culto ásreliquias, difundiuse o costume de inhumarse o máispreto posible do lugar onde repousan eses restos san-tos; serían os chamados enterramentos “ad sanctos”.nun principio, as sepulturas estaban no exterior daigrexa, pero os laicos, que xa en vida establecían im-portantes relacións cos centros relixiosos, quereránque tras a súa morte estes vínculos se acrecenten e oseu corpo repouse no interior de claustros e templos,a modo de protección. Esta mentalidade queda re-flectida nas Partidas: “Cerca de las Eglesias touieronpor bien los Santos Padres que fuessen las sepulturasde los Christianos e esto por quatro razones. La pri-mera, porque assi como la creencia de los Christianoses mas allegada a Dios que la de las otras gentes; assilas sepulturas dellos fuessen mas acercadas a las Egle-sias. La segunda es, porque aquellos que vienen a lasEglesias, quando veen las fuessas de sus parientes, ode sus amigos, acuerdanse de rogar a Dios por ellos.La tercera, poruqe los encomiendan a aquellos Santos,a cuya honrra e cuyo nome son fundadas las Eglesias,que rueguen a Dios señaladamente por aquellos, queestan sepultados en los Cementerios. La quarta es, por-que los diablos no han poder de se allegar tanto a loscuerpos de los omes muertos, que son soterrados en loscementerios, como a los otros que estan de fuera…”(part. i, tit. Xiii, ley ii).

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 31

Page 32: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

32

non obstante, o lugar elixido sofre unha evolu-ción desde a alta idade media, onde a porta estabacargada dun forte simbolismo –pois a entrada á casade Deus é unha prefiguración da entrada no seureino– cara á busca dun espazo máis protexido, omáis próximo posible a reliquias ou ao altar, onde opropio cristo se fai presente na Eucaristía. isto faique os pavimentos das igrexas se enchan de corposque buscan a súa última acollida. tampouco se podeesquecer que, ademais dunha exaltación do indivi-duo, neste momento se produce un recoñecementoda liñaxe, de tal xeito que esta permaneza unida trasa morte. E así, a capela maior, ou as laterais, convér-tense en lugar preferente para algunhas familias, aotempo que prolifera a fundación de capelas privadas.os concilios da contrarreforma reaccionarán contraeste costume que privilexiaba o nacemento, o podere a riqueza, en vez de reservarse á piedade ou aos mé-ritos, e deste xeito, o concilio de rouen de 1581 res-trinxe o dereito de ser sepultado na igrexa aosrelixiosos, aos clérigos ordenados, e aqueles que polasúa nobreza, accións ou méritos se distinguiron aoservizo de Deus.

no caso galego, a elección do lugar de sepulturamostra todo un complexo mundo de prioridades.para os bispos, e algún enterramento de membros darealeza, será a catedral o lugar de referencia; cister-cienses e mendicantes serán sucesivamente os recep-tores das preferencias da nobreza, membros das súasorde e cada vez máis doutros grupos sociais que lo-gran acceder a lugares privilexiados, como é a bur-guesía. no que atinxe aos lugares concretos dentrodos edificios, soen ser máis variados: entre os ecle-siásticos, se en ourense, o exemplo máis espectacu-lar está na capela maior, en tui atópase na capela deSanto andré que Xoán fernández de Soutomaiormanda construír para a súa inhumación. pola súabanda, a catedral de Santiago ofrece unha maior di-versidade de puntos de interese: mentres o arcebispo

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 32

Page 33: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

33

rodrigo de moscoso elixe un lugar xunto ao coro, afinais do século XiV, álvaro de isorna prefire unhacapela no claustro, e lope de mendoza funda unhaimpresionante capela na nave norte. algo similaracontece cos membros da nobreza e a burguesía,aínda que nestes casos as fundacións de maior rele-vancia se vinculan a conventos mendicantes, posu-índo certas liñaxes o padroado sobre a capela maior,un dos puntos clave dentro do espazo conventual.

con todo, cando se trata de coñecer o tipo de se-pultura que elixen e a quen se encarga –terceiro ecuarto interrogante que tratamos de responder– ato-pámonos cunha dificultade: son escasos os exemplos

Sepulcro do bispo descoñecido.catedral ourense. fotografía daautora

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 33

Page 34: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

34

nos que se conservan documentos e monumentos.polo xeral, os sepulcros galegos poderíanse incluíren catro grandes grupos: o máis frecuente na altaidade media é o das laudas de estola, algunhas conelementos antropomorfos, e incluso, nalgún caso,con epígrafes que evocan o alí inhumado; as lousassepulcrais (sepulturas chas, campaas na documenta-ción galega) son tamén frecuentes nese período.temos un testemuño importante da época asturiana:a lauda de teodomiro, bispo descubridor –segundoa Historia Compostelana– da tumba do apóstoloSantiago, que faleceu no ano 847. máis numerosos,especialmente na baixa idade media, son os sepul-cros de lucelo, que se pegan ao muro, acubilladosbaixo un arcosolio; e, por último, os sepulcros exen-tos, que ocupaban a parte central da capela, polo quecon frecuencia, en reformas posteriores, se aproxi-maron aos muros para non dificultar a actividade dorecinto. nalgúns casos, de modo especial desde finesdo século XV e comezos do XVi, as sepulturas có-

Dama e cabaleiro da liñaxe Soutomaior. San Domingos de tui. fotografía da autora

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 34

Page 35: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

35

brense con baldaquinos; así ocorre, por exemplo, enVilar de Donas (lugo), ou en Santa maría de Ventosa(agolada, pontevedra), onde se recolle todo unelenco de temas bíblicos desde o pecado á infanciade cristo, así como numerosos santos entre os quesuscitan máis devoción na época: San Sebastián, Sanbrais, Santa catarina, Santa bárbara, Santa lucía,maría magdalena...

tamén podemos preguntarmos acerca das per-soas ás que se encargaba a realización dos sepulcros.a cuestión resulta un tanto ambigua e permite unhadobre interpretación: podemos referirnos tanto aosartistas, como a aqueles a quen se encomendaba a ta-refa de encargar e vixiar a execución da obra. poloque respecta á primeira cuestión, descoñecemos entodos os casos galegos conservados quen foi o autor;só podemos propoñer hipóteses sobre o seu estilo ecronoloxía ou adscribilos a determinadas correntes.non ocorre o mesmo na segunda das posibilidades:consérvanse algunhas referencias documentais quepermiten saber como o cardeal martín lópez é o en-cargado de velar polo remate da capela de don lopede mendoza, ou o deán gonzalo pérez –sobriño doarcediago de reina, gonzalo pérez de moscoso– équen debe culminar a capela do Sancti Spiritus, porcitar só dous exemplos composteláns.

finalmente, para un fugaz percorrido por algúnsdos conxuntos funerarios máis relevantes pódensetomar como base os diversos grupos nos que se po-dería dividir a sociedade da época. Dentro do re-cordo que merecen aquelas persoas que destacaronpola súa santidade cabe evocar o complexo sepulcrode Santa froila, que evocaría á nai de San froilán. Darealeza, o máis destacado é o panteón rexio compos-telán, ou o da infantina, na catedral de ourense.

no que atinxe á escultura funeraria de membrosdo clero secular habería que diferenciar aqueles queocupan a cúspide da xerarquía, dos que posúenrango inferior, os cales, como a maior parte do pobo,

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 35

Page 36: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

36

Sepulcro de Santa froila. catedral de lugo. fotografía da autora

Sepulcro de berenguela no panteón rexio da catedral de Santiago. fotografía da autora

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 36

Page 37: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

37

permaneceron no anonimato. os primeiros, arcebis-pos e bispos, soen elixir a súa catedral como lugar derepouso definitivo, con algunhas excepcións: é o casode alonso lópez de Valladolid, bispo de ourense,inhumado en compostela, por razóns familiares.Son precisamente estas dúas sedes as que conservanun maior número de xacentes episcopais, perdidos,por outra banda, nas de lugo e mondoñedo.resultaría longa unha enumeración dos sepulcrosnobiliarios galegos, sobre todo daqueles que corres-ponden aos séculos XiV e XV. a imaxe do cabaleiro,sempre coa espada como símbolo distintivo, evolu-ciona desde a vestidura talar e esporas, ata o xacentecon armadura. neles pódese comprobar a evolucióndo arnés, cara ao tipo de “armadura branca”, ao com-pás das transformacións do material bélico, quelevan á introdución, da pólvora. no caso das damas,a súa vestimenta permite un percorrido pola modada época.

por último habería que ter en conta a memoriadun grupo social numericamente máis amplo, pero

Sepulcro de fernán pérez de andrade. San francisco de betanzos. fotografía da autora

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 37

Page 38: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

38

mergullado nun mundo de anonimato: a burguesíae os traballadores en xeral. Salvo excepcións que secorresponderían con imaxes de vulto, os testemuñosiconográficos sobre a morte desta ampla parte da so-ciedade adoitan reducirse a laudas. ás veces son efi-xiadas, se ben a maioría, posúen simples signosgremiais alusivos á súa profesión.

fronte a estes conxuntos funerarios máis indivi-dualizados, cabería destacar un mundo de maioranonimato: o dos cemiterios, situados xunto ás igre-xas en busca da súa protección, feito que perdura ataa actualidade. cabe destacar algúns restos de cemi-terios medievais; entre eles, queda o resto da portade aceso, a chamada portada de Xoán tuorum, enSan Domingos de bonaval; outro dos máis destaca-dos cemiterios sería o de Santa maría de iria, cunhaocupación desde a época romana, a alta idade media,unha fase tardomedieval, ata a actualidade, sobretodo desde finais do século XiX, cando acolleu unpersonaxe tan relevante na historia galega como ro-salía de castro.

non cabe dúbida de que os conxuntos funerariosamosan un modo de encarar a morte e constitúen o

museo das laudas gremiais deSanta maría a nova en noia.

fotografía da autora

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 38

Page 39: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

39

resumo de toda unha vida e da posición que nela seocupou, conservándoa en pétrea memoria.

BibliografíacEnDón fErnánDEz, marta: “la muerte en galicia durante laEdad media”, en Galicia Terra Única. Galicia románica e gótica,ourense, Xunta de galicia, 1997, pp.315-323.

chamoSo lamaS, manuel: Escultura funeraria en Galicia, ins-tituto de estudios orensanos “padre feijoo”, ourense 1979.

filguEira ValVErDE, José: “El “planto” en la historia y en laliteratura gallega”, en Cuadernos de estudios gallegos, nº1, fasc.4,1945, pp.511-606.

lE goff, Jacques: El nacimiento del purgatorio, taurus, madrid1989.

manSo porto, carmen: Arte gótico en Galicia: los dominicos,2 vols., fundación pedro barrié de la maza, conde fenosa, acoruña 1993.

cemiterio de Santa maría de iria flavia. fotografía da autora

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 39

Page 40: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

40

mitrE fErnanDEz, Emilio.: La muerte vencida. Imágenes e Historia en el Occidente Medieval (1200-1348), Encuentro, madrid 1988.

nuÑEz roDríguEz, manuel: La idea de inmortalidad en la es-cultura gallega, Excma. Deputación provincial de ourense, ou-rense 1985.

pallarES, m.c. y portEla, E.: “muerte y sociedad en la galiciamedieval (ss.Xii-XiV)”, en La idea y el sentimiento de la muerteen la Historia y en el Arte de la Edad Media(I), universidad de San-tiago de compostela, Santiago de compostela 1988, pp.21-29.

SanchEz amEiJEiraS, mª del rocío: “Escultura funeraria engalicia (1350-1450): la imagen de la nueva nobleza enriqueña”,en Cuadernos de Arte e Iconografía, fundación universitaria Es-pañola, Seminario de arte “marqués de lozoya”, madrid, tomoii, nº3, 1º semestre 1989, pp.141-147.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 40

Page 41: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

41

OS LUGARES DE INHUMACIÓN CRISTIÁ EN GALICIA

Domingo L. González Lopo

a evolución do lugar de sepultura en galicia foi sendúbida similar á que experimentou o occidente eu-ropeo, cuxa traxectoria consistiu en ir achegandopaulatinamente os defuntos desde o exterior dos po-boados, segundo regulaba o dereito romano, ata omesmo cerne da vida cotiá. Sen dúbida un primeiropaso estivo no enterramento ad santos do que falaph. ariès, que consistiu na busca de protección es-piritual procurando a inhumación á beira das capelasou das igrexas que gardaban reliquias dun mártir oudun santo, do que temos un exemplo senlleiro na ne-crópole alto medieval que no subsolo da catedralcompostelá puxeron ao descuberto as escavaciónsarqueolóxicas dos anos cincuenta. Dar o salto do ex-terior ao interior dos templos era só cuestión detempo, e o que no principio estivo reservado ás per-soas da realeza, da nobreza ou da clerecía, acaboupor incluír o pobo común grazas ao labor das ordesmendicantes no ámbito urbano –especialmente dosfranciscanos– que contribuíron a democratizar osenterramentos dentro dos templos a partir do séculoXiii, práctica que lles proporcionaba uns ingresoscomplementarios moi precisos para a súa mantenza.neste proceso influirá tamén a importancia progre-siva que adquire a adoración eucarística, que a igrexaalenta como reacción contra as primeiras herexíasque negaban a presenza real de cristo na hostia, ecomo consecuencia o desexo de repousar na pre-senza do corpo de Deus. así mesmo xogará un papelimportante a consolidación da crenza no purgatorio,cuxa consecuencia será o protagonismo que atinxeo sacrificio da misa como sufraxio pola remisión daculpa debida polos pecados. ao mesmo tempo, fa-cendo presentes os mortos diante dos ollos dos vivos

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 41

Page 42: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

42

no principal lugar de oración, pretendíase obter dexeito máis doado as súas pregarias pola redución daspenas no alén, ao tempo que aqueles se transforma-ban para estes nun memento mori, que lles lembrabao seu propio destino animándoos a faceren peniten-cia e mellorar os seus costumes.

o proceso será vagaroso, pero a mediados do sé-culo XVi está xa moi estendido, como demostran ostestamentos da cidade de Santiago nos que a propor-ción daqueles que solicitan soterrarse no cemiterioda Quintana (44,2%) é, aínda que próxima, inferioraos que desexan unha sepultura no interior dunhaigrexa (49,1%). un século máis tarde esta tendenciaestá xa definitivamente consolidada; a reforma tri-dentina e a exacerbación que nas actitudes relixiosasse experimenta durante o barroco fai inclinar o fielda balanza claramente a favor dos enterros ao abeirodos muros dos templos. unha vez máis os testamen-tos son reflexo fiel desta realidade. un 87% dos com-posteláns e o 92% dos labregos do arcebispado de

“memento mori” que presidía oantigo cemiterio do hospital real

de Santiago de compostela, nocostado da igrexa de San froitoso

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 42

Page 43: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

43

Santiago entre 1641-1670 elixen aquel destino paraos seus corpos tras a morte. proporción que continúaa medrar conforme nos introducimos no séculoXViii, ata abranguer a práctica totalidade dos indi-viduos, tal como reflicten os testamentos e as parti-das de defunción dos arquivos parroquiais dasdioceses galegas.

Estamos, pois, diante dun período histórico noque os cemiterios urbanos e rurais quedan progresi-vamente abandonados ou relegados a servir de es-pazo para acoller só pobres sen capacidade económicapara pagaren a súa cova no interior da igrexa, se bena solidariedade parroquial reservará en ocasións es-pazos para os indixentes da comunidade, ben ao péda porta –como sucede en San Xoán de Sardiñeiro(fisterra) e Santa baia de Dumbría (Dumbría)– ouna sancristía, como en Santa maría de ordes (to-ques). iso explica a imaxe negativa que dos campo-santos ofrece a documentación da época, como navisita pastoral de 1648 na freguesía de San lourenzode andrás (Vilanova de arousa):

praza da Quintana de mortosdesde a Quintana de Vivos (Santiago de compostela)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 43

Page 44: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

44

“… e por canto o cemiterio está aberto eo gando entra nel e causa grande inde-cencia, mandou a súa mercede que osfregueses pola súa conta o pechen…”.

ou que cando algúns por humildade, como su-cede en 1741 co párroco de San Xoán de touro(touro), don Juan antonio gonzález zaldívar, dis-poñan o seu enterramento no adro, non esquezan deencomendar que a sepultura se cubra cunha pesadalousa de pedra “por causa dos porcos ou cans”, paraque eses animais lle non levantasen o seu cadáver.

coa chegada dos defuntos ao interior das igre-xas, comezou unha xerarquización económica doseu espazo, pois as sepulturas ían subindo de prezoconsonte se achegaban ao presbiterio, e dentro deste,consonte se aveciñaban ao altar maior, onde se ato-paba o sagrario. é por iso que este lugar quedaba re-servado para as persoas destacadas socialmente. nomundo rural para párrocos e fidalgos, se ben cam-pesiños abastados conseguían tamén facerse un ocoen tan desexado lugar. con todo, as do pé da portatamén eran cobizadas por estaren preto da pía daauga bendita pois, como indican algún testadoresque poderían aspirar a lugar máis sobranceiro, pre-fírenas coa esperanza de que os fieis ao tomaren da-quela para se persignaren mentres entraban notemplo, derramasen algunha pinga sobre a campaaliviando así as súas dores en caso de que estiveranaínda purificándose nas lapas do purgatorio.

Esta realidade que estamos a describir é o quenos explica outras dúas características propias dosenterramentos deste período. a ausencia de cadalei-tos individuais –se ben nalgunhas parroquias habíaun caixón comunal para conducir os cadáveres ata aigrexa, que podía ser propiedade da fábrica ou dal-gunha confraría que o alugaba para achegar diñeirocon que atender os seus gastos–; así como a falta deinscricións nas lousas sepulcrais, agás, ás veces, nú-

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 44

Page 45: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

45

meros cicelados para levar conta do tempo en uso enon volver ocupalas antes de que o corpo precedenteestivese en condicións de ser levantado. aínda así, asescenas macabras neste proceso, segundo contan asfontes documentais da época, eran algo habitual.

na segunda metade do século XViii novas pre-ocupacións hixiénicas e sanitarias aniñan nos espí-ritos ilustrados, que comezan a criticar a infeccióndo aire no interior dos templos froito da podremiados cadáveres, empeorada na época das “mondas”, édicir, no momento da apertura das covas para levaras cinzas para os osarios, ou das epidemias que sa-turaban o espazo dos templos. Será durante o rei-nado de carlos iii cando tales preocupacións acadenun máximo e leven ao monarca, despois de longa emadura reflexión, incluída a solicitude dun informeá academia da historia sobre a evolución e a nor-mativa eclesiástica das inhumacións en España, aprohibir por real cédula do 3 de abril de 1787 o en-terramento no interior da igrexas ordenando a cons-trución de cemiterios fóra de poboado. non obstantenon foi doado aplicar a nova lexislación; unha tradi-ción fortemente arraigada, privilexios estamentais eintereses económicos das fábricas das igrexas e doclero constituían un muro difícil de derrubar, má-xime cando o clero máis conservador entendía asnovas leis como un ataque os bos e piadosos costu-mes do pobo cristián. por iso non pode sorprenderque en galicia o alcance da orde de carlos iii fosemodesto, a pesar de ter contado, por exemplo, coapoio do arcebispo de Santiago don Sebastián malvare pinto, que na visita pastoral de 1791 aconsellou aospárrocos que aplicasen a lei; aínda así só en tres pa-rroquias da diocese –Santa maría de Viceso (brión),Santa maría de ons (brión) e San Xoán de lousame(lousame)– foi seguido tal consello.

a normativa legal sería reiterada nos reinadosseguintes –1796, 1804, 1809, 1813, 1821, 1828– senque tivese repercusión permanente –agás uns meses

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 45

Page 46: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

46

en 1813–, e haberá que esperar ao ano 1833 para quea ameaza dunha epidemia de cólera supuxese unnovo pulo para a ofensiva en favor dos cemiterios,que desta vez, empurrada polo medo ao andazo, sitivo resultados positivos. nas comunidades campe-siñas os adros das igrexas convertéronse axiña nolugar de inhumación habitual e nas cidades comeza-ron a construírse novos camposantos arredados dosnúcleos urbanos. non foi doado, porque os munici-pios carecían dos medios económicos para acometerunha empresa tan custosa. En Santiago de compos-tela, a vella Quintana, que nunca perdera completa-mente a súa popularidade como lugar de enterramentopor estar a carón do sepulcro apostólico, será pe-chado definitivamente e substituído por una novanecrópole erixida na antiga horta do convento de SanDomingos de bonaval, se ben a súa inauguración seadíe ata 1847, servindo ata daquela outros cemiteriosprovisionais xa usados no pasado en momentos decrises de mortalidade, como o adro da capela daQuinta angustia. tui e ourense contaron axiña connovos espazos para inhumar os seus defuntos, xa quelogo en ambas as dúas cidades foron bendicidos noano 1834, pero noutras, como en lugo, a semellanzade Santiago, o proceso alongaríase no tempo. aíndaasí, en 1835, o xefe da partida carlista que operabaen terras de cotobade (pontevedra), para atraer assimpatías do pobo, prometeu restaurar os vellos cos-tumes en materia de inhumación, pero xa non houbovolta atrás, as xentes rematarían por se resignar e asnovas prácticas acabarían triunfando, tal como contao abade de San miguel de lores (meaño), don fran-cisco oitavén, ao relatar o que sucedeu durante a bei-zón do novo camposanto parroquial o dous denovembro de 1834:

“…a solemnidade con que se procedeunesta materia chamou a atención domeu pobo; non puideron, sen embargo,

lápidas no pórtico daQuinta angustia

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 46

Page 47: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

47

prescindir e deixar de manifestar a fondamágoa que lles causaba a memoria deque seus corpos non habían ser xa sepul-tados no templo, onde xacían as amadascinzas dos seus avós e descendentes. Apiadosa tenrura que este suceso infundiunos seus corazóns coñeceuse moi ben por55 reais que se xuntaron de esmolas deresponsos, cuxa cantidade por ter exce-dido as dúas terceiras partes do que écostume neste país o anoto”.

a convivencia entre vivos e mortos, tan comúndurante séculos, desaparecía para sempre.

cemiterio no adro da igrexa deSanta cristina de fecha (Santiagode compostela)

Salón do antigo camposanto debonaval (Santiago de compostela)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 47

Page 48: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

48

OS ENTERRAMENTOS EN COMPOSTELA AOLONGO DA HISTORIA

André Seoane Antelo

é difícil datar en que momento os nosos antecesorescomezaron tratar os cadáveres dos membros das súascomunidades como algo máis que un despoxo peronon cabe dúbida ningunha que este feito, a ritualizaciónda morte, é un dos trazos definitorios do paso da nosaespecie do estadio animal ao humano. así, ao longo demilenios, as diferentes comunidades humanas teñenelaborado diversos e complexos rituais para enfrontarun fenómeno tan perturbador como é o final da vida.

Dentro desa variedade ritual son moitos os casosnos que, alén do cerimonial que sucede nos momen-tos máis inmediatos á morte dun individuo, a per-sistencia da memoria do defunto sanciónase coaconstrución dun monumento funerario, entendendocomo tal calquera estrutura con vontade de perdu-rabilidade na que, usualmente, se recollen os restosfísicos da persoa falecida.

neste artigo ímonos centrar nesas estruturas, nastumbas e lugares de enterramento, entendéndoascomo elementos que nos axuden a tomar conscienciade como o espazo que hoxe habitamos, no noso casoa cidade e concello de Santiago de compostela, foinoutros tempos habitado por outros seres humanosque nos precederon e dos que somos herdeiros.

o espazo do que dispomos é limitado, polo quenon faremos análises demoradas ou especulaciónsprofundas sobre os individuos ou as culturas queconstruíron as estruturas funerarias das que falare-mos. apenas aproveitaremos para facer unha expo-sición das que hoxe se conservan tomándoas comofitos cronolóxicos dun percurso que nos levará desdea prehistoria até os nosos días.

facémolo convencidos de que coñecer algo máisdos memoriais da morte dos nosos predecesores

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 48

Page 49: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

49

serve tamén para mellorar o coñecemento sobre anosa cidade e, xa que logo, sobre quen hoxe somosos habitantes de Santiago de compostela.

Antes do Apóstolo

a potencia do fenómeno xacobeo é tal que asmáis das veces esquecemos que antes da inventio datumba apostólica xa existía poboamento humano noterritorio do que hoxe é o concello compostelán.certo é que a cidade que agora habitamos nace ávolta do culto apostólico, pero moito antes do séculoiX xa existían comunidades humanas que habitabanestas terras. precisamente algúns dos vestixios máisevidentes da súa presenza son os monumentos fune-rarios que erixiron.

comezando polos de maior antigüidade, temosque achegarnos aos preto de oitenta túmulos mega-líticos rexistrados e catalogados no territorio muni-cipal1 . os máis deles son dificilmente apreciábeis asimple vista xa que se viron afectados, na súa maiorparte, por accións humanas destrutivas, conscientese inconscientes.

Estamos a falar do que no noso idioma coñece-mos como mámoas, medorras e antas. tumbas colec-tivas construídas polas primeiras comunidades quepracticaron a agricultura e que nos sitúan nun con-torno temporal a máis de 4.000 anos dos nosos días.

pouco é o que sabemos sobre as xentes que er-gueron eses túmulos, porén os testemuños físicos dashonras que tributaron aos seus mortos foron aolongo dos séculos un elemento que definiu as paisa-xes que habitamos. un impacto que mesmo superoua propia desaparición física como no caso da mámoaque deu nome a unha das portas históricas da antigamuralla de Santiago.

1 Véxase o volume i do catálogo anexo ao pXom de Santiago de com-postela enhttp://www.santiagodecompostela.gal/medi/urbanismo/pxom2008/planospDfsueltos/Descargastomos.pdf

Santiago de compostela no século iX.fonte: Enciclopedia galega

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 49

Page 50: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

50

no territorio municipal non se conserva, ouaínda non se descubriu, ningún enterramento pre-histórico que se poida adscribir ás culturas que su-cederon ás dos construtores de mámoas. isto nonsignifica que nos dous milenios anteriores á nosa eraestas terras deixaran de ser habitadas, xa que si seconservan numerosos restos dos lugares de poboa-mento, apenas que as prácticas funerarias mudaran.

para atopar os seguintes enterramentos dos quesi se conservan restos temos que dar un salto de máisde dous mil anos até os primeiros séculos da nosaera. Situámonos na contorna inmediata ao que hoxeen día é a catedral de Santiago. alí mesmo, no sub-solo da basílica, atópanse enterramentos de época ro-mana próximos tamén do que a maioría dosinvestigadores consideran que son restos de estrutu-ras habitacionais2.

Será precisamente a consolidación do terreo quehoxe ocupa a catedral como lugar de enterramento nosúltimos tempos da romanidade o que levará a apari-ción da cidade que hoxe coñecemos como Santiago.

A cidade en torno a unha tumba

falar da perdurabilidade e o impacto cultural aolongo do tempo dos monumentos funerarios, mesmocando perderon a súa significación orixinal, é unha ob-viedade cando pensamos en Santiago de compostela.

apuntabamos que no final da romanidade o terreoque hoxe ocupa a catedral consolidouse como lugar deenterramento. Será precisamente unha das tumbas desecemiterio romano a que a comezos do século iX sexaidentificada como a do apóstolo Santiago o maior.

2 para un mellor coñecemento sobre os restos arqueolóxicos no subsoloda catedral e o seu contorno remitimos a J. SuárEz otEro e m. caa-maÑo gESto, “Santiago antes de Santiago” en E. portEla SilVacoord., “historia da cidade de Santiago de compostela”, Santiago, 2003,pp 22-47

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 50

Page 51: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

51

aínda que carecemos de informacións concretassobre o que puido acontecer neses séculos do tránsitoda tardo-romanidade ao que coñecemos como altaidade media, a maior parte das investigacións coin-ciden en que a hipótese máis plausíbel é que o antigocemiterio que aparecera nos últimos séculos da ro-manidade continuaría en uso, xa no período xermá-nico, para ser abandonado por causas descoñecidaspor volta do século Vii da nosa era3 . é precisamenteese abandono o que permitiría que a comezos do sé-culo iX se producise a “descuberta” nunha desas tum-bas dos supostos restos do apóstolo Santiago o maior.En torno a esa tumba ergueuse un santuario e arredordese santuario agromou unha cidade.

Ad santos

a construción do santuario apostólico non vaisupor a desaparición da función funeraria do terreoque hoxe ocupa a catedral, máis ben todo o contrario.

nas prácticas funerarias da cristiandade apareceen datas moi temperás o costume de considerar aproximidade das tumbas de mártires e santos comolugares óptimos para ser soterrado, entendendo queestar preto dos restos dun santo permitiría, dalgúnmodo, ser partícipe, para o defunto común, da súasantidade e dos posíbeis beneficios que esta puideraacompañar na outra vida.

Deste modo o contorno do santuario apostólicoserá desde o propio século iX un lugar preferente deenterramento, circunstancia que non mudará até oséculo XiX. nesta práctica ten a súa orixe a configu-ración da praza da Quintana como principal cemi-terio da cidade.

pero non será só a contorna da catedral, nin adas demais igrexas que aparecerán na cidade, a que

3 Ver J. SuárEz otEro, “Do locus Sancti iacobi ó burgo de compos-tela” en E. portEla SilVa, op. cit., pp 49-75

Sepulcro de Santiago

plano de Santiago de compostelade 1595 que indica as murallas dacidade

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 51

Page 52: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

52

se empregue como lugar de último repouso dos res-tos mortais dos composteláns. co paso do tempo,sobre todo a partir da baixa idade media, tenderasea enterrar tamén no interior dos propios templos. unpaseo polas igrexas parroquiais, conventuais e cape-las da nosa cidade e a súa contorna tornan evidenteo seu uso pasado como lugares de enterramento.

como exemplos destacados desta modalidade,que acada o seu paroxismo nos séculos do barroco4,recomendamos a visita ás capelas da Venerábel ordeterceira franciscana e a do rosario. En ambos oscasos poderemos comprobar como se chega a unpunto no que o templo se transforma nun espazo fu-nerario colectivo no que o status do defunto está enrelación directa coa monumentalidade da tumba e asúa localización.

así é todo, en ningún momento se deixa de em-pregar o contorno das igrexas como lugar de ente-rramento, especialmente da xente do común.

arcosolios na capela da confraría do rosario

4 Ver D. l. gonzálEz lopo, “la evolución del lugar de sepultura engalicia entre 1500 y 1850: los casos de tuy y Sanriago” en “obradoiro dehistoria moderna. homenaje al profesor antonio Eiras roel en el XXVaniversario de su cátedra”, Santiago de compostela, 1990, pp 163-180

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 52

Page 53: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

53

Fóra de portas

os costumes funerarios sufrirán unha notábeltransformación, en especial no tocante á localizacióndas sepulturas, segundo as ideas da ilustración e oracionalismo adquiran hexemonía a partir de finaisdo XViii. Será primeiro no aspecto normativo emáis tardiamente na súa aplicación práctica, comoas sepulturas sairán, salvo casos moi particulares,primeiramente do interior dos templos e, co tempo,tamén do interior das cidades.

no caso de Santiago de compostela o punto dearranque práctico será o ano 18135 . neste ano pro-híbense definitivamente os enterramentos no inte-rior das igrexas da cidade, así como na praza daQuintana e no pequeno cemiterio da trindade que

Soar do antigo cemiterio da trindade

5 Ver f. J. Durán Villa, c. m. fErnánDEz fErnánDEz e J. a.SánchEz garcía, “asilos de la muerte. higiene, sanidad y arquitec-tura en los cementerios gallegos del siglo XiX” en SEmata. cienciasSociais e humanidades, Vol. 17, Santiago, 2005, pp 435-472

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 53

Page 54: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

54

Detalle do cemiterio da

Venerable ordeterceira

Vista do cemiterioda confraría do

rosario desde bonaval

antigo cemiterioda pastoriza

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 54

Page 55: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

55

servía ao hospital real. ao tempo desígnanse unhaserie de cemiterios provisionais, todos eles na con-torna de igrexas situadas fóra de portas, á espera daconstrución definitiva dun cemiterio xeral. a provi-sionalidade durará máis de trinta anos xa que tal ce-miterio xeral, o de San Domingos de bonaval, nonse inaugurará até 1847 despois dun proceso un tantotortuoso.

polo camiño aparecerán dous novos cemiteriosde carácter privado, os da Vot e a confraría do ro-sario, nacidos ao abeiro da necesidade dun sector dapoboación que non considera decoroso o enterra-mento común e que continúan en funcionamento naactualidade.

outros recintos superarán tamén a suposta pro-visionalidade, en boa medida pola insuficiencia dacapacidade do cemiterio de bonaval, aínda que final-mente tamén serán clausurados, caso do cemiterioparroquial de Sar e o máis singular cemiterio da pas-toriza. Este último gozaba da particularidade de fun-cionar como cemiterio da parroquia de San migueldos agros mais tamén como lugar de enterramentode axustizados.

Detalle dunpanteón docemiterio deconxo

Detalle dunha tumba no cemiteriodo rosario en compostela

cemiterio da Venerábel orde terceira

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 55

Page 56: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

De Bonaval a Boisaca

nas últimas décadas do XiX faise evidente a in-suficiencia de bonaval, a pesar das ampliacións e re-formas ás que se somete, incluída a construción duncativeiro recinto anexo para o enterramento de noncatólicos. porén o proceso de construción dun novocemiterio volverá ser demorado.

o lugar barallado inicialmente no monte dascancelas ten que abandonarse por incumprir as es-pecificacións de superficie mínima a que obriga a le-xislación do momento. finalmente será o lugar deboisaca o elixido.

mais, unha vez construído e posto en funciona-mento o novo recinto de boisaca, aínda pasarán máisde trinta anos, até o 1 de xaneiro de 1968, para queSan Domingos de bonaval sexa definitivamente clau-surado e outros vinte e cinco para que o espazo foserecuperado para o uso público como parque.chegamos así aos tempos actuais nos que a nosa ci-dade conta cun único recinto de enterramento xeralque continúa a convivir cos cemiterios das parroquiasdo rural e o peculiar caso do cemiterio de conxo, unvestixio da época na que este barrio era a cabeceiradun concello propio.

polo camiño foron quedando restos dalgúns destesantigos cemiterios e sepulturas que hoxe poden sor-prender a quen os ve pola súa descontextualización.agardamos ter axudado a que quen lea estas liñaspoida redescubrir as pegadas que a morte dos seus an-tigos habitantes deixou en Santiago de compostela.

56

plano dunha ampliación do cemiterio (a.h.u.S. fondo

municipal, Sanidade, cemiterios,caixa a.m. 2.051)

plano dunha ampliación do cemite-rio (a.h.u.S. fondo municipal, Sa-

nidade, cemiterios, caixa am 2.051)

Vista do antigo cemiterio de San Domingos

Detalle da entrada ao cemiterio

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 56

Page 57: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

O CEMITERIO MUNICIPAL DE BOISACA

Carmen María Sánchez Arines

Antecedentes

En abril de 1883, o boletín oficial da provincia dacoruña publicaba a orde de clausura dos cemiteriosde Sar, o rosario, a pastoriza e a Venerable orde ter-ceira, en Santiago de compostela, por estar en todoslos conceptos fuera de las prescriciones legales. por iso,na sesión municipal do concello de 2 de outubro de1884 acordábase a construción dunha necrópolexeral no monte denominado das cancelas, o queconduciu á aprobación da compra dos terreos6, doproxecto de explanación e do de peche7.

57

portada da necrópoledas cancelas deseñadapor faustino Domín-guez en 1885. a.h.u.S.caixa a.m. 2053. Expediente construcióncemiterio das cancelas

6 Escritura de compra de los montes Coba do Raposo y Cancelas de Afueraen Mallou de Abajo para necrópolis hecha por el Excmo. Ayuntamiento deSantiago por 8094 reales y 64 céntimos en 16 de septiembre de 1885 anteel notario don Juan Carreira.7 Proyecto de las obras de explanación y cerramiento del nuevo cementeriode esta ciudad. Año de 1886.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 57

Page 58: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

ante a necesidade de contar con esa nova necró-pole, en 1886 o concello solicitaba autorización ao mi-nistro de gobernación8 para a súa construción nascancelas, zona contigua a San lázaro. tras varias visi-tas e demarcar o terreo, os médicos da Xunta de Sani-dade redactaron un informe favorable sobre o espazo.

porén, malia as condicións hixiénicas e xeolóxicasfavorables do terreo, atopáronse dificultades paracumprir a real orde de 17 de febreiro de 1886 pornon ter capacidade suficiente para utilizarse durante20 anos sen necesidade de remover os restos mortais.

Desta prescrición xurdiron os problemas que oimposibilitaron non só nas cancelas, senón en cal-quera outro emprazamento do termo municipal pormor do terreo accidentado. por iso, desde o concellopediuse que se tivera en consideración o solicitadoen decembro de 1886 para poder construír dúas ne-crópoles.

finalmente, e seis anos despois, o secretario mu-nicipal certificaba que, en vista dos obstáculos insu-perables para establecer un só cemiterio no montedenominado das cancelas, desistía de continuar conese expediente e iniciar as xestións para outro no altode boisaca.

O proxecto de Boisaca

as primeiras referencias sobre a construción duncamposanto en boisaca datan de 1892. porén, a pre-caria situación do concello neses momentos non opermitiu levar á práctica. retomaríase anos máistarde, en 1919, cando por mor da epidemia de gripea súa execución fíxose moi necesaria.

os planos do proxecto corresponden ao arqui-tecto municipal mariano fernández ragel, quen

58

8 a real orde de 17 de febreiro de 1886 establecía na primeira prescriciónque “para construir nuevos cementerios será precisa la autorización delMinistro de la Gobernación, previo el oportuno expediente y dictamen ra-zonado del Real Consejo de Sanidad. “

Detalles de diversas sepulturas no cemiterio de boisaca

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 58

Page 59: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

proxectaba un xardín desde o cal, atravesando unhaarcada, pasaríase ao antecemiterio. neste espazo ins-talaríase a capela, as oficinas e as dependencias paraempregados, depósito de cadáveres e sala de autop-sias. na fachada posterior acaroaríanse o cemiteriocivil, o osario e un forno de cremación de efectos fu-nerarios9. acordábase, ademais, propoñer o expe-diente de expropiación forzosa dos terreos necesariose tramitar o de hixiene. así, a parcela para cemiteriono monte de boisaca tería unha superficie de máisde 8 hectáreas.

pouco despois, fóronse aprobando diferentes ex-pedientes como o da construción do pavillón desti-nado a vivendas10 para un capelán e dous sepultureiros,

59

9 El Noticiero Gallego: Diario de Santiago, 31/03/191910 o arquitecto seguiría sendo mariano fernández ragel e o contratistaramiro tato rivas, natural de cuntis, e veciño do pombal número 17,quen tardará en cobrar

plano parcelario doproxecto do cemiterio

de boisaca.a.h.u.S., a.m. 2.054, exp. 5, xullo 1919

Detalle dunha sepultura

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 59

Page 60: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

que se emplazará en el ángulo izquierdo mirando defrente; para os muros de peche; movemento de terras;estrada de acceso, nichos e urnas.

Entre medias, o arquitecto municipal expuxo asdifíciles condicións de adaptación ao seu destino noque atopou o terreo do futuro cemiterio en xullo de1925, polo que solicitou un informe de persoal espe-cializado ao instituto Xeolóxico de España.

Despois de moitos contratempos e mesmo dunhafolga dos obreiros no verán de 1933, o cemiterio mu-nicipal de boisaca abriuse o 1 de marzo de 1934, nonsendo bendicido ata o 26 de marzo de 1939.a capela,sobre a que xa se realizaran reformas en 1923, inau-gurouse en setembro de 1938.

o primeiro enterramento realízase ás 9 da mañádo propio día da apertura, en concreto dun neno deamio. neste primeiro ano destaca tamén a inhuma-ción no mes de agosto nun panteón do concello daprofesora da Escola normal de Vitoria maría luísagómez fernández11, falecida nun accidente no pazode oca (a Estrada).

Boisaca e Bonaval

o cemiterio Xeral de San Domingos clausu-rouse en novembro de 193312. porén, un ano despoisda apertura de boisaca, solicitouse consentimentopara seguir usando tanto o de bonaval como o dorosario por mor dos problemas que había no novo.concedido o permiso, mesmo se chegaron a efectuarvarios traslados desde boisaca con autorización dogobernador civil.

60

11 luísa gómez participaba xunto cunhas 200 persoas máis nunha ex-cursión ao val da ulla do congreso para el progreso de las ciencias quese celebraba en Santiago, cando se afundiu o chan dun dos salóns, dei-xando feridas a unha trintena de persoas12 conforme ao acordo adoptado polo concello, o cemiterio de SantoDomingo, clausurouse o 1 de marzo de 1934. Dita clausura foi realizadapolo presidente da comisión de beneficiencia, Santiago auriguiberripena

parte posterior de panteóns e detalle de nichos

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 60

Page 61: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

os problemas en boisaca comezaron a un mesda súa apertura, cando se comezaron a recibir quei-xas polo seu estado, sobre todo de sepulturas inun-dadas en agua13 debido á falta de drenaxe. taménhoubo desavinzas na corporación municipal provo-cadas pola présa en abrir o novo camposanto. así,por exemplo, no mes de xuño, o concelleiro aurigui-berri dirixiu un rogo á comisión de fomento ante anecesidade de construción de máis nichos, mentresque lópez de rego replicou que sería necesario apro-veitar o verán para sanear o cemiterio e darlle saídasás augas.

con estes pretextos, durante case catro décadasutilizáronse de forma indistinta os dous camposan-tos, San Domingo e bonaval, xunto co da confraríado rosario. finalmente, o de bonaval clausúrase noano 1973, efectuándose o traslado dos restos ataprincipios dos anos 90 do século XX. En xullo de1992, será cando se acorde no pleno o acondiciona-mento da horta e carballeira de San Domingos,xunto co antigo cemiterio, para parque público.

Estrutura

o cemiterio municipal de boisaca presenta unhaplanta rectangular e está pechado con muros depedra. na fachada principal, a sur, ábrense dúas por-tas que flanquean a capela, mentres que na norte sóhai unha entrada. neste lenzo dispóñense nas esqui-nas dous engadidos en planta que se correspondenco antigo recinto civil e co osario.

o interior organízase a través dunha avenidacentral aberta no ano 1946 que actúa como eixe ver-tebral e dous corredores transversais. a estes espazosábrense panteóns e capelas funerarias, con árboresque inicialmente foron traídos do paseo da ferra-

61

13 El Compostelano, 03/04/1934plano do cemiterio. Sección decartografía e Sit do concello

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 61

Page 62: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

dura por disposición do concello. o resto de cadrosda superficie dedícanse principalmente a sepulturasde chan, mentres que nos muros perimétricos do re-cinto dispóñense nichos e cinerarios.

Artistas, artesáns e talleres

Xunto aos arquitectos municipais de diferentesépocas que proxectaron obras en boisaca, como ma-riano fernández ragel, José maría banet e carlos fer-nández gago, este cemiterio de boisaca destaca polatraballo desenvolvido por obradoiros locais. marmo-rista como manuel rey carracedo, do campo de SanDomingos; Enrique barral barreiro; manuel Silvalópez, da rúa lagartos; Vicente Eiroa; José ferreiroameijeiras ou manuel alende ferro, da ponte de Sardeixaron pegada en boisaca. na actualidade, empresascomo San Juan, alende, del río, compostela, fernán-dez ou gonzález seguen a dotalo de arte funeraria.

na arte en pedra tamén destaca o nome dos es-cultores francisco asorey, autor da lauda de marujitae da sepultura de garcía bodaño; Eduardo parradoconde, quen fai o busto e o relevo de pasín así comoas sepulturas de aquilino iglesias e antonio novocampelo; cástor lata montoiro; José cao lata, autorda sepultura de gumersindo costoya gómez; fer-nando garcía blanco, o coñecido como “escultor debonaval”, quen remata a sepultura do artista robertogonzález del blanco; manuel lópez garabal; manuelSantiago lópez Vázquez, quen esculpe a materni-dade da sepultura dos seus pais, a pintora conchaVázquez e o artista garabal; manuel césar conde;féliz gil ou manuel garcía torres, escultor da novasepultura das irmás coralia e maruxa fandiño ri-cart, deseñada por Xerardo Estévez.

ademais, son de salientar diversos relevos enbronce de Suso león; o cristo da capela do imaxi-neiro manuel miranda ou a lápida do psiquiatramuntxaraz, obra do ceramista manuel caamañoañón.

62

Detalle dunha sepultura dostalleres barral

Detalle dun nicho con follas de loureiro

Detalle dun anxo na sepultura de gonzález del blanco

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 62

Page 63: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

63

proxecto e sepultura da familia garcía-bodaño,obra de asorey(1953)

Sepultura daautoría de Susoleón (2014)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 63

Page 64: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

no referente aos traballos de forxa e cerrallaríaartística tradicional destacan os de ferreiros comorafael rey pérez, antonio carnero e Jenaro tarrío,e mesmo das fundicións franco e malingre ou dasmetalúrxicas forjasa e armesa.

por último, moitos dos panteóns posúen vidrei-ras realizadas por José mosquera Vieites e o seu dis-cípulo José luis tejedor, enchéndoos de luces decores.

64

cristo da autoría de manuel miranda (1941)

Detalle da reixa dunha sepulturaco reloxo de area alado, símbolo

do paso do tempo

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 64

Page 65: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

REPRESIÓN E MEMORIA NO CEMITERIO DE BOISACA

Rafael García Ferreira*

Durante o período da guerra civil (1936-1939), oscemiterios galegos e os seus arredores pasaron a con-verterse en zonas predilectas dos golpistas para aban-donar os cadáveres daqueles que eran perseguidos easasinados en pos da creación dun novo réxime quesuplira á ii república. Esta práctica estendeuse portoda a xeografía galega nos momentos máis duros darepresión franquista, presentándose en dúas verten-tes: algúns eran “paseados” cando caía a noite, isto é,asasinados de xeito “paralegal”, frecuentemente portropas falanxistas, que posteriormente trasladabanos corpos ás inmediacións do cemiterio máis pró-ximo; por outra banda, outros eran executados dexeito “legal” nos arredores dos cemiterios tras serxulgados e condenados por un tribunal militar14.o cemiterio de boisaca converteuse nun lugar damemoria compostelá por este motivo. Durante osanos da guerra civil, e con especial intensidade du-rante os derradeiros meses de 1936 e o ano 1937,asistiu á execución de destacados políticos republi-canos locais ou de cidadáns dos que se coñecía a súasimpatía polo réxime, ben pola súa filiación ou polasúa actividade política ou sindical. un dos exemplosmáis destacados é, sen dúbida, a execución dalgúns

65

* o autor pertence ao grupo de investigación hiStagra (historia agra-ria e política do mundo rural. Séculos XiX e XX), que desenvolve a súaactividade no departamento de historia da universidade de Santiago decompostela.14 Julio prada destaca este feito na súa análise sobre a gran cantidade delugares de enterramento que se rexistran en galicia en relación cos asa-sinados pola represión franquista. ao mesmo tempo sinala a dificultadede coñecer as razóns destas prácticas, xa que entende que o máis sinxelopara os agresores sería abandonar os corpos no lugar de execución e nondesprazalos ata as inmediacións do cemiterio máis próximo. Véxaseprada rodríguez, J., Geografía de la represión franquista en Galicia, ma-drid, catarata, 2011, pp. 162-182.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 65

Page 66: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

dos membros do comité de Defensa da republicanao día 3 de decembro de 1936. Este comité, formadono momento do golpe de estado de xullo co fin deorganizar a defensa da república, sería posterior-mente acusado de intentar “implantar unha ditaduracomunista ao servizo da unión Soviética”15 :

“Esta mañana fueron pasados por las armasen las inmediaciones del Cementerio de Boi-saca, en cumplimiento de sentencia recaída enConsejo de guerra, los vecinos de esta ciudadJosé Germán Fernández, Manuel MaroñoCalvo, Modesto Pasín Noya, Luís RastrolloGonzález, Francisco Ponte Ces, Luís MartínezNouche, José Maroño Calvo, Rafael PardoCarmona, Fernando Domínguez Caamaño yRafael Frade Peña” 16

as novas sobre as execucións e o lugar onde selevaban a cabo eran expostas na prensa local parapór en coñecemento da veciñanza os feitos ocorri-dos, creando neles una concienciación múltiple: co-mezábase a instaurar unha política do medo quepretendía a inacción, a erradicación da protesta e daloita contra o novo réxime, e enviábase unha men-saxe explícita sobre o lle que podía ocorrer no casode amosarse desfavorable á nova realidade; do mesmoxeito, a aparición de cadáveres nos arredores do ce-miterio marcábao como unha das caras visibles darepresión. ao mesmo tempo, coma viñamos dicindo,os seus muros foron testemuñas de diversas execu-cións ordenadas polo tribunal militar.

o proceso dende a condena ata a execuciónpasou a ser un rito frío para para os executores. no-tificada a sentenza, os condenados eran trasladados

66

15 tojo ramallo, J. a., Testimonios de una represión. Santiago de Compos-tela, Julio 1936 - Marzo 1937, Sada, Edicións do castro, 1990, p. 43.16 El compostelano, 03-12-1936, p. 2.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 66

Page 67: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

ás inmediacións do cemiterio, onde ademais do pe-lotón de fusilamento adoitaba estar como testemuñaun sacerdote, para auxiliar espiritualmente aos pre-sos que o solicitaran; no caso dos membros do co-mité de Defensa republicana, tamén se atopabanpresentes as testemuñas asinantes da sentenza, entreoutros membros da falanxe local. unha vez execu-tados os condenados, os seus cadáveres eran trasla-dados de inmediato ás sepulturas do cemiterio:

“En Santiago a tres de diciembre de mil no-vecientos treinta y seis, el Sr. Juez instructordispuso hacer constar, por la presente quea las seis horas y treinta minutos del día dehoy se ha llevado a efecto la ejecución de lasentencia de la pena de muerte a los reosJosé Germán, Fernando Domínguez Caa-maño, Luis Rastrollo, Rafael Frade, Mo-desto Pasín, Rafael Pardo, José Maroño,Manuel Maroño, Luis Martínez Nouche yFrancisco Ponte, los cuales fueron conduci-dos al sitio designado al efecto y pasadospor las armas. Hecha la descarga por el pi-quete, el médico movilizado Don José Ari-jón y el forense de este partido Don FranciscoAmigo reconocieron los cuerpos de los reoscertificando su defunción” 17

tanto a través das novas na prensa como denomes e Voces, un proxecto interuniversitario postoen marcha para recompilar datos sobre a guerra civile a represión franquista en galicia, coñecemos a granmaioría de represaliados en compostela18. os datos

67

17 lamela garcía, l., 1936, La “Cruzada” en Compostela. La guerra civily la represión franquista en los documentos policiales y militares, Sada,Edicións do castro, 2005, pp. 178-179.18 a pesar de que o proxecto rematou, tanto a súa web (http://www.no-mesevoces.net/) como a base de datos das vítimas (http://vitimas.nome-sevoces.net/) seguen a estar dispoñibles para a súa consulta en liña.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 67

Page 68: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

poñen de manifesto que en boisaca non só foron exe-cutados aqueles políticos que estiveran máis implica-dos na defensa da república na cidade, senón que alítamén se puxo fin á vida doutros veciños con base nasúa actividade en época democrática. ao mesmotempo, tamén está constatado que persoas doutras ve-ciñanzas foron trasladadas a boisaca para seren execu-tadas alí. un dos exemplos máis destacados é o de onceveciños de ordes que foron desprazados a Santiago enfebreiro de 1937 para posteriormente seren xulgadose conducidos ao cemiterio para a súa execución.

E, coma eles, moitos outros de veciñanzas próximasa Santiago. a capital fora designada coma unha das tresDelegacións de orde pública constituídas na provinciatras o golpe de estado –xunto á coruña e ferrol–, poloque nela foron xulgadas persoas dunha ampla zona deinfluencia, o que supuxo que boisaca fose testemuña deexecucións de veciños dunha extensa área19. Segundoos datos de nomes e Voces, unhas 79 persoas foron exe-cutadas en boisaca, sendo a súa procedencia dispar: damesma compostela, padrón, ordes, boiro, a baña enegreira, a pobra do caramiñal… a zona que enmar-caba o tribunal militar compostelán acoutábase, en de-finitiva, ao sur da provincia.

o cemiterio pasou a ser un lugar de referenciada represión para toda a cidadanía. incluso aquelesque estaban presos no cárcere da cidade, situada nosoto do pazo de raxoi, eran conscientes do lugar aoque eran trasladados aqueles que ían a ser fusilados.Xerardo Díaz fai estas referencias no seu relato da-queles días no calabozo compostelán ao recordar aespera dos condenados: «Celebráranse xa moitos con-sellos de guerra; estes traballaban agora case que de-cotío; tiñan présa por facer a purga. Os de Santiago,Ordes, Negreira, Ribeira e doutras vilas tiveron que

68

19 beramendi, X., “De la dictadura a la democracia” en portela Silva, E.(coord.), Historia de la Ciudad de Santiago, Santiago de compostela,universidade de Santiago de compostela, 2003, p. 563.

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 68

Page 69: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

pasar polas “forcas caudinas”. A cela dos condenadosa morte estaba chea: eran trinta os compañeiros quenela agardaban, case que sen esperanza, a hora de irpara Boisaca». o lugar ficaba no imaxinario dos pre-sos e veciños composteláns non xa so como un lugarde repouso, senón como o sitio onde as súas vidaspoderían rematar: «A cadea ten certa semellanza cunhotel: saen e entran hóspedes que están uns días e ninsequera deixan un lene recordo do seu pasaxe polamesma. Mais ficabamos os outros, os fixos que fica-riamos por moito tempo deica que todo rematara ouaté que nos levaran a Boisaca»20.

a día de hoxe, o cemiterio de boisaca é un lugarda memoria na cidade non só polo que ocorreu epolo recordo dos sucesos daqueles anos, senón poloempeño que se puxo en recordar aos falecidos e hon-ralos dentro dos muros do mesmo camposanto. Domesmo xeito, en boisaca atopamos soterradas per-soas que no seu momento foron vítimas da represiónfranquista, e que se converteron en auténticos sím-bolos da resistencia a esta. as sepulturas máis desta-

69

20 Diáz fernández, X., Os que non morreron, Sada, Edicións do castro,1982, pp. 89 e 95.

Detalle da sepultura da familiapasín, co busto de José, realizadoen 1961 por Eduardo parrado, e orelevo do seu fillo luís, da mesmaautoría e realizado nos talleres defundiciones franco

Detalle da nova lápida das maríasinaugurada en 2014 a iniciativa do

ateneo de Santiago e a asociacióncultural o galo. Deseño de XerardoEstévez, escultor manuel garcía torres e colaboración da asociaciónde marmoristas de galicia

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 69

Page 70: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

cadas son, probablemente, as de José pasín romeroe as das coñecidas como “Dúas marías”.

pasín foi unha figura destacada da vida política esindical local durante os anos 20 e 30 que, a pesar deescapar á represión e salvar a súa vida, viu como dousdos seus fillos eran executados durante o primeiroano de guerra. as marías –maruxa e coralia–, polasúa banda, eran dúas irmás moi coñecidas en com-postela polas súa extravagancia; no seu caso, ambasviron como os seus irmáns e elas mesmas sufriron aspersecucións franquistas debido á militancia daquelesno movemento anarquista. no mesmo cemiteriotamén se atopa a tumba de isaac Díaz pardo, fillo decamilo Díaz baliño, asasinado no ano 1936, poucodespois do golpe de estado. por outra banda, o cemi-terio conta tamén cun panteón militar a modo de ho-menaxe aos caídos, no que se atopan soterradas, entreoutras, persoas que perderon a vida nos anos da gue-rra civil en cumprimento de servizo.

no que respecta a homenaxes contemporáneas,boisaca conta cun pequeno monumento, totalmente

70

acto de home-naxe polo

cuarto cabo-dano de isaac

Díaz pardo o 10de xaneiro

de 2016.concello de

Santiago

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 70

Page 71: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

accesible, no que se honra a memoria das vítimas darepresión franquista que viron como a súa vida eratruncada nos arredores do cemiterio. Xirando caraá dereita dende a entrada da capela do recinto, ato-pamos diferentes homenaxes aos falecidos en formade placas conmemorativas. En total contabilizamoscinco, reunidas arredor do monumento principal, al-zado en pedra escura:

unha primeira placa, situada na parte inferioresquerda, coa inscrición “na lembranza dos mortosen defensa da liberdade. 1936-1998”.

unha segunda, na parte inferior dereita, home-naxe do concello de Santiago e da fundación 10 demarzo, e que conmemora tamén a celebración doano 2006 como ano da memoria. o texto que sepode ler nela di: “Vivimos das liberdades polas quemorrestes. Decembro de 2006. ano da memoria”.

a terceira das conmemoracións está dedicadaaos veciños do concello de ordes que foron fusila-dos nas inmediacións do cemiterio, datada en 2008e situada na parte superior dereita. nela recóllense

71

Vista xeral do monu-mento-homenaxe ásvítimas da represiónfranquista durante aguerra civil. ao seuarredor pódense ver as diferentes placas

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 71

Page 72: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

os nomes destes veciños, facendo referencia, ao mesmotempo, ás demais vítimas da ditadura.

En 2011 foi colocada unha placa en pedra, naparte superior esquerda, na que o concello de San-tiago volve render tributo “aos seus veciños, que per-deron a vida en defensa da liberdade e das instituciónsdemocráticas”. a conmemoración data deste ano conmotivo do 75 aniversario do inicio da guerra civil.

finalmente, o 3 de decembro de 2016, a corpo-ración municipal de Santiago, no 80 aniversario dosfusilamentos, rendiu unha homenaxe xunto a tapia,descubrindo unha nova placa na que reza a seguinteinscrición: «En lembranza de JOSÉ GERMÁN FER-NÁNDEZ (alcalde accidental de Santiago) e dos demáismembros do Comité de Defensa da República queofrendaron a súa vida, segada na cruel represión doGolpe de Estado de 1936».

72

placa inaugurada en2016 en homenaxe aoalcalde accidental Joségermán fernándeze e

demais membros docomité de Defensa da

república. concellode Santiago

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 72

Page 73: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

CEMITERIOS NAS LETRAS E NO CINE GALEGOS

Miguel Anxo Fernández e Eduardo Galán Blanco

a casualidade histórica fixo coincidir no séculoXiX que a arte da expresión con verbas, a literatura,achegase en galego a súa primeira referencia aomundo funerario en 1871, na escrita de rosalía decastro, como igualmente que fose nese mesmo sé-culo cando a neonata expresión das imaxes en mo-vemento, o cine, primeiro curiosidade e espectáculo,para derivar máis tarde a tamén expresión artística,comezase a súa andaina en galicia da man de JoséSellier ao filmar un enterro en 1897. comezaba desamaneira un vínculo co mundo da morte que, sen serconstante e regular, forneceu algunhas creacións sa-lientables, aquí recollidas dando prioridade aos ce-miterios, afastando outros dos seus cerimoniais.

Nas letras

“¡asín cando eu morrer, poideradormir en paz neste xardín frorido,preto do mar..., do cimeterio lonxe...!”

Escollo como adro uns versos de rosalía de cas-tro, pertencentes ao seu poema de clara inspiraciónromántica, “na tomba do xeneral inglés Sir Johnmoore morto na batalla de Elviña (coruña) o 16 dexaneiro de 1809”, escrito en 1871 pola poetisa de pa-drón. pasan por ser a primeira referencia en linguagalega ao mundo de tánatos, nun vínculo nas nosasletras tan esporádico como variado (camposantos,enterros, campas, ataúdes, esqueletos, Santa com-paña...), que se alongaría ata o noso tempo, e quetería o seu monográfico pleno en celso Emilio fe-rreiro co seu poemario de 1975, Cemiterio privado,

73

rosalía de castro

Enterro do xeneral Sánchez breguana coruña filmado por José Selleren xuño de 1987

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 73

Page 74: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

que o bardo de celanova abre co cuarteto “Escritona parede dun cemiterio”:

Se os que xacen aquí non poden saíree os que viven fóra non queren entrar,estes rexos muros que coutan as campásson un monumento da idiotez humana.

rosalía e celso Emilio pechan o bucle, desde aloa a un soterrado singular ata a homenaxe ao lugarque os acolle a todos sen outro distingo que as for-mas das campas e o requinte dos panteóns, nunhatradición que ten na poética española a referentes tanilustres como unamuno, Juan ramón Jiménez esobre todo luis cernuda.

pero o rito da morte entende tamén doutras va-riables, presentes ao longo da nosa literatura ao seumodo e de maneira distinta, de tal xeito que de optarpolo relatorio detallado, este texto antollaríase senfin. ata poderiamos permitirnos a chiscadela deamentar a carlos Velo, que en 1965 adaptou no cinemexicano esa gran novela de mortos vivos ambien-tada en nueva galicia, que é Pedro Páramo e que, se-gundo o propio cineasta de cartelle, o seu amigo, edaquela veciño, rulfo, escribiu influenciado polashistorias que lle relataba ao escritor sobre a nosaSanta compaña. o gran fotógrafo mexicano gabrielfigueroa, retrata nesa crónica veliana de Juan pre-ciado, unha das máis fermosas necrópoles xamais fil-madas. E sen deixar os territorios alén dos mares,habería que mencionar a transcendencia do Wes-twood Village memorial park en los angeles, onderepousan os restos de marilyn monroe na novela Unnicho para Marilyn, que deberá vixiar o sabuxo deorixe galega frank Soutelo, para regresar anos des-pois, xa en galicia, ao camposanto cambadés deSanta mariña e recuperar o manuscrito do cabani-llano Vento Mareiro en Bícame, Frank (2013), sendescartar as visitas do funerario anxelino Sugar Jones

74

cuberta do libro Un nicho paraMarilyn (2002) de miguel

anxo fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 74

Page 75: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

para pechar trato cunha fábrica de caixas mortuoriasna vila ourensá de piñor en Lume de cobiza (2011),da mesma saga soutelana.

regresando ao mito das ánimas vagabundas ásque o galego Wenceslao fernández flórez, en El bos-que animado (1943), puxo rostro e voz co personaxefiz cotovelo, membro da Santa compaña que nopuido cumprir a promesa de visitar o santuario deSanto andrés de teixido, “ao que vai de morto quennon foi de vivo”. Sen deixar esa temática, carlos g.reigosa, pon o seu detective nivardo castro e o xor-nalista carlos conde a pescudar na novela Lei dasánimas. A novela da Santa Compaña (2010), uns cri-mes nos que van da man, forza pública e penados daSanta compaña.

un esqueleto sabio e retranqueiro, conversa condous conveciños de cemiterio na novela curta de al-fonso r. castelaoUn ollo de vidro. Memorias dun es-quilete (1922), na que en clave de humor comentasobre o seu pasado, admitindo que “aquel ollo devidro que de nada me servira na vida sírveme agorapra mirar”. outro galeguista histórico, ramón oteropedrayo, fala de fabricar caixas de mortos na co-marca de ribadavia, na biografía novelada O señoritode Reboraina (1960) sobre o fidalgo e político liberale progresista Xoán manuel pereira (1820-1896), aotempo que engadiu, “vellas casas con larafuzas defume polos verdes salgueiros dun cemiterio ben coi-dadiño, de académicos mármores”.

restos de ósos e de ataúdes son os que gardannumerosos camposantos do noso país, lugares enno-brecidos cunha aura mítica por acoller as tumbas deboa parte dos nosos sobranceiros das letras, ás veceselixidos para respectuosos itinerarios de visitantes, eoutras citados en obras literarias por mor dese trazode distingo. Sobre todo o de boisaca, mencionadopor manuel rivas en O lápis do carpinteiro (1998),Suso de toro en Trece badaladas (2003), e Xerardoagrafoxo en Quen matou o Cantino. O 36 no concello

75

cuberta de Un ollo de vidro. Memorias de un esquelete de castelao

cuberta de O señorito da Reboraina de otero pedrayo

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 75

Page 76: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

de Noia (2013). como tamén o de San Simón poragustín fernández paz en Noite de voraces sombras(2008), o arxentino da chacarita por luis rei en Oencargo do señor Castelao (2016), ou o innomeadoque manuel portas recolle xunto a un enterro enAmor en alpargatas (2015). E como remate, o temada morte, defuntos e tradición oral, todo en clavefantástico, nas novelas xuvenís de ledicia costas, Es-carlatina. A cociñeira defunta (2015) e Esmeraldina.A pequena defunta (2016).

No cine

Digno herdeiro do romanticismo alemán, o di-rector fritz lang confesoulle a peter bogdanovichque tiña unha fascinación enfermiza polos cemite-rios, “gran escenario simbólico para o cine”. comoexemplo da dita obsesión, aí está a inesquecible se-cuencia mestra coa que principia Moonfleet (1955)onde o neno Jon Whiteley, vixiado por un cego anxoexterminador de mármore, cruza o gótico campo-santo recreado polo equipo do lendario cedric gib-bons nos estudos da mgm.

Salvando as distancias, e tendo en conta o nosorecoñecido culto aos defuntos, no cinema galegotamén podemos trazar un modesto paseo polos ce-miterios. E, como sucede no filme de lang, algúnsdeles gardan un compoñente arrepiante e tamén re-tranqueiro. na animación de plastilina Os defuntosfalaban castelao (conde e curiá, 2001), unha parellade namorados deixa o eco fantasmal das súas apai-xonadas palabras no camposanto, asustando a unsimaxinativos veciños. tamén, na sofisticada anima-ción O Apóstolo (fernando cortizo, 2013), as pólasdas árbores semellan longos brazos vivos que empu-rran o ladrón de plastilina –coas faccións de carlosblanco– dentro dunha foxa, xunto ao esqueleto dundefunto. o personaxe rematará guiando a procesiónda Santa compaña, recurso recorrente no noso ci-nema que tamén podemos rastrexar en El bosque

76

O Apóstolo (fernando cortizo,2013)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 76

Page 77: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

animado (José luis cuerda, 1987) ou en Os mortosvan ás presas (ángel De la cruz, 2008), co defuntoagardando sepultura, ata que os veciños libren o ca-miño á campa da Devesa, bloqueado por un camión.

Xavier Villaverde gravou entre nichos o célebrevídeo Viúda de Gómez e hijos (1984) no que os fami-liares dun odiado pater familias, que deu en resucitarinoportunamente, volven a soterralo nunha especiede pastiche virado a negativo das películas de terrorda hammer. pois tamén os camposantos son escena-rio de axustes familiares, como vemos en A vida queche espera (manuel gutiérrez aragón, 2004) –rodadano cemiterio de San martiño de rodís (cerceda)– ouen Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) (manologómez, 1999), curtametraxe onde a defunta gemmacuervo, sentada sobre unha tumba do cemiterio debetanzos, pídelle á súa filla leire berrocal que veñade cando en vez coidar as flores.

as flores son ritornello de O río ten mans (2000),cunha nai que leva os fillos a pasear polo cemiterio,xa que alí as flores están máis bonitas ca no parque.na curtametraxe de bea Del monte, chete lera, opai dos nenos protagonistas é un enterrador que re-mata enterrado polo novo empregado municipalluís tosar. o círculo da vida floral tamén o vemosna curta –realmente moi curta– Frores (luis avilés,2000), onde unha margarida pasa desde o automóbildunha parella que fai o amor ás portas do cemiterioata as mans dun rapaz que remata envelenado concogomelos, regresando así a flor á campa onde foiroubada.

o punto freudiano dalgúns dos filmes citadosatopámolo tamén na ameazante necrópole da novagalicia mexicana do Pedro Páramo (1966) de Juanrulfo, película na que o galego carlos Velo xuntaEros e tánatos na violación evocada sobre unha poeirenta tumba dos estudos churubusco.

fermosa é a secuencia como de conto infantiltransitado por ananiños de León e Olvido (Xavier

77

Os mortos van ás presas (ángel Dela cruz, 2008)

El bosque animado (José luiscuerda, 1987)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 77

Page 78: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

bermúdez, 2004) na que un grupo de rapaces consíndrome de Down asisten ao enterro do seu amigoen Santo amaro. Quizais sexa o cemiterio herculino–onde descansan os restos de pondal– o que ten ser-vido como principal plató funerario do cinema ga-lego. alí soterraban a irmá do neno pablo en O xovenPicasso (Juan antonio bardem,1992); tamén porSanto amaro andaba Dorotea bárcena, convidandoos mortos para asistir a El baile de las ánimas (pedrocarvajal, 1993). E por alí se pechaba a intriga militarde Sei quén es (patricia ferreira, 2000), co colofón doenterro do suicida Jordi Dauder. E a necrópole coru-ñesa mesmo é inspiración para a particular reflexiónsobre a morte en Obituario (1993) de luís liste, unautor tan obsesionado co tema que ata repetiu loca-lización en Rigor mortis (1994), onde resucitababerta cuesta, como no Ordet (1955) de Dreyer.

as foxas comúns dos paseados durante a guerraincivil, e os cemiterios que van acoller restos e ho-menaxes ao acubillo da lei de memoria histórica,atopámolos en moitos documentais, algúns mesmopoéticos, como Flores tristes (manuel abad, 2008), Abalada do comandante Moreno (manane rodríguez,2009) –no cemiterio de fonsagrada– ou A cidade daselva (Villares e faxil, 2006), gravado no de mesía.

a praza da Quintana dos mortos non deixa deser un gran camposanto. En 13 badaladas (Xavier Vi-llaverde, 2002), luís tosar afirma que “compostelaé un inmenso cemiterio, un labirinto de pedra cons-truído arredor dunha tumba”. En bonaval atopamosos amoríos fúnebres de tosar e de nora tschirner,rodeados de nichos cegados n’A noite que deixou dechover (alfonso zarauza, 2008), ou as conversas deiria pinheiro e fernado tielve en Dous fragmentosEva (ángel Santos, 2010).

necrópoles para dicir adeus aos máis queridos –ou aos máis odiados– témolas en Retornos (luisavilés, 2010), A promesa (héctor carré, 2004), Omáis rico (do cemiterio (Jorge fernández, 2008) ou

78

El baile de las ánimas(pedro carvajal, 1993)

13 badaladas (Xavier Villaverde, 2002)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 78

Page 79: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

79

en Entre bateas (Jorge coira, 2001), que comeza coenterro do pai do protagonista e remata co pasa-mento do mozo traficante no carismático cemiteriode cambados, presidido polas ruínas da igrexa góticade Santa mariña. E a moi fiel vaquiña muska d’OsCrebinsky (Quique otero, 2008) vai morrer ao pé dastumbas dos seus amos.

En pereiró hai un panteón obra de asorey quecontén os restos de toda a desgraciada familia dopioneiro do cinema galego José gil, pois “somos fi-llos da morte” como se encargaba de lembrarnoschete lera en Arde amor (raúl Veiga, 1998), embria-gado diante das reixas dunha campa.

Entre bateas (Jorge coira, 2001)

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 79

Page 80: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

ANEXO I / VÍTIMAS POR EXECUCIÓN EN BOISACA (1936-1939)

80

28/08/3612/09/36

22/09/36

5/10/3610/10/3628/11/361/12/36

3/12/36

31/12/36

29/01/37

8/02/37

ángel Varela malloJesús gonzález fernándezfaustino liste forjánSerafín mariño SantosJosé pose miguensJosé tourís castromanuel boo lópezSegundo gonzález Davilamaximino martínez pomarJ. ramón oubiña gonzálezmarcelino pasín noyamanuel tarrío requejomanuel del río mandayoramón mayán ramosarturo briones VarelaJaime caamaño comparadafrancisco castaño oteroantonio correa JamardoJ. ramón millares gilandrés rey baltarfernándo Domínguez caamañoXosé Xermán fernándezrafael frade peñaJosé maroño calvomanuel maroño calvoluís martínez noucherafael pardo carmonamodesto pasín noyafrancisco ponte cesluís rastrollo gonzálezmanuel calvelo lópezmanuel Sánchez ayerbemanuel fernández SendónJosé lijó louroEugenio rodríguez bilbaoJosé ramón Sieira gonzálezJulio Silva Vilasángel J. caamaño VillaverdeJosé garcía fernández

compostelacompostelacalo, teopadrónpadrónbiduído, amesa pobra a pobra compostelaa pobra do c.compostelacompostelaordesnoiaponte carreirapadrónpadrónpadrónpadrónpadróncompostelacompostelacompostelacompostelacompostelacompostelacompostelacompostelacompostelacompostelamadridcurtisribeiraribeiraribeiraribeiraribeiraordesordes

---SocialistapcE---cnt------------cnt------pSoEcnt------uXt---------irugtp. federalX.X.S.S.pSoE---irpcEcntpoumpcE---uXtcntpSoEcntuXt------

Xornaleiromestre e xornalistalíder Soc. oficios Varios---carpinteiro---canteiroalbanelfactor de ferrocarrilcarpinteiroferroviariofactor de ferrocarrilEbanistacamareiromédicoindustrialcomisionistaXastreEmpregado de banco pastorpropietario agrarioEmpregadotenente de alcalde/alcaldeEstudantetipógrafotipógrafofuncionariomestreEmpregadozapateiroEstudante de medicinamestrelabregomariñeirochofermédicomariñeirobarbeiromestremestre

Data Nome Veciñanza Filiación Dedicación

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 80

Page 81: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

81

8/02/37

23/02/37

2/03/3716/04/3711/05/3721/05/374/06/37

30/06/37

9/07/3711/10/37

11/01/3829/01/387/03/38

José de la iglesia Vilariñomanuel moure reyandrés nogaredapaulino pérez garcíaJosé pérez Sanmartínmanuel del río pampínJosé del río pampínJosé Vázquez mandayobenito Vilariño listerodrigo álvarez gantesbraulio castro gallardoramón lojo agreloJosé maceiras VilasoaSantiago miranda lagoJuan f. outeiral outeiralbautista torrado ribadullaJuan antonio arce Siabamanuel hermo Vidalricardo Vázquez gómezJesús castiñeiras redondoJuán a. José barros manteigamanuel fagín páramosJesús lens patiñoJosé mª. manuel nieto cregoalfredo paz lemusramón pose Suárezbenjamín troitiño beiroVicente fuentesmanuel hermida pintorJosé montesrogelio riveiro aboyluis Villaverde lapidomarcial iglesias rodríguezDavid mariño ramosramón pazos liñaresgerardo piñeiro piñeiroJosé remesar ronfernando barcia beirasantonio caldelasJesús regueiro buenoJosé rodríguez gerpe

ordesordesordesordesordesordesordesordesordesboiroboiroboiroboiroboiroboiroboirocompostelaa pobra do c.boqueixónnegreiraa bañaa bañanegreiraamesamesnegreiranegreirapadrónpadróncompostelapadrónpadrónribeiraporto do Sona bañaboirocompostelacompostelapadróncompostelacompostela

---------------------------irX.X.S.S.cnt---uXt---------ir---cnt---------------ircnt---------------cntcntir------pSoE uXt---cntcnt

labregoXornaleiroXornaleiroEmpregadolatoeirocarteirobarbeiroXornaleiroXornaleiromestrealbanelchofermariñeiromariñeiro---labregopeónalcaldeXornaleiromineiropeónXornaleiroalbanellabregocarpinteirocomercianteXornaleirofotógrafoalbanelXornaleiroconfiteiroXornaleiroEmpregadomariñeirolabregolabregocarpinteiromestrelabregozapateiropeón

Data Nome Veciñanza Filiación Dedicación

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 81

Page 82: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 82

Page 83: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 83

Page 84: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

1 - cemiterio municipal de boisaca2 - antigo cemiterio xeral de bonaval3 - cemiterio do rosario4- cemiterio da Vot e franciscano5- antigo cemiterio da pastoriza6 - cemiterio no adro de aríns7 - cemiterio de aríns8 - cemiterio de bando9 - cemiterio da barciela

10 - cemiterio de busto11 - cemiterio do carballal12 - cemiterio de cesar13 - cemiterio de conxo14 - antigo cemiterio do hospital

psiquiátrico de conxo15 - cemiterio no adro do Eixo16 - cemiterio do Eixo17 - cemiterio da Enfesta18 - cemiterio de fecha19 - cemiterio no adro de fecha20 - cemiterio de figueiras

21 - cemiterio de grixoa22 - cemiterio de laraño23 - restos do cemiterio no adro

de laraño24 - cemiterio de marantes25 - cemiterio de marrozos26 - cemiterio de nemenzo27 - cemiterio da peregrina28 - cemiterio de Sabugueira29- cemiterio de Santa cristina de fecha30 - cemiterio de Verdía32 - cemiterio de Villestro

ANEXO III / PATRIMONIO FUNERARIO EN COMPOSTELA

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:17 Página 84

Page 85: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

ANTIGOS RECINTOS FUNERARIO E CEMITERIOS, PÚBLICOS, PARROQUIAIS E PRIVADOS,EXISTENTES NO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1

23

4 5

67

8

9

10

11

19

322223

27

29 30

28

25

26

24

18 12

1314

20

21

1615

17

Guía Boisaca_Maquetación 1 14/09/18 14:22 Página 85

Page 86: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:18 Página 86

Page 87: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:18 Página 87

Page 88: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:18 Página 88

Page 89: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:18 Página 89

Page 90: Guía Boisaca Maquetación 1 13/09/18 11:16 Página 1 · rEprESión E mEmoria no cEmitErio DE boiSaca Rafael García Ferreira cEmitErioS naS lEtraS E no cinE galEgoS Miguel Anxo Fernández

Guía Boisaca_Maquetación 1 13/09/18 11:18 Página 90