GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en...

63
G G U U Í Í A A D D E E O O R R I I E E N N T T A A C C I I Ó Ó N N P P A A R R A A P P E E R R S S O O A A S S M M A A I I O O R R E E S S federación de pensionistas e xubilados de galicia

Transcript of GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en...

Page 1: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

GGUUÍÍAA DDEE OORRIIEENNTTAACCIIÓÓNN

PPAARRAA PPEERRSSOOAASS MMAAIIOORREESS

federación de pensionistas e xubilados de galicia

Page 2: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e
Page 3: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

índice 3

1. Introdución .......................................................................................................................... 5

2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ..................................................7

2.1. Teléfono social........................................................................................................................7

2.2. Axudas individuais para a promoción da autonomía persoal e accesibilidade .....................7

2.3. Teleasistencia .........................................................................................................................8

2.4. Programa de localización e control voluntario de persoas en situación

de especial vulnerabilidade..................................................................................................9

2.5. Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal (065) ......................................................... 10

2.6. Programa Xantar na Casa......................................................................................................12

2.7. Acollemento familiar para a terceira idade.......................................................................... 13

2.8. Estadías temporais en centros residenciais......................................................................... 14

2.9. Programa de respiro familiar para coidadores de persoas en situación

de dependencia.................................................................................................................. 15

2.10. Termalismo social do IMSERSO ............................................................................................. 16

2.11. Programa de vacacións para maiores do IMSERSO................................................................17

2.12. Programa Xuntos polo Nadal.............................................................................................. 18

2.13. Programa Ven a Galicia ....................................................................................................... 19

2.14. Programa Reencontros na Terra ........................................................................................ 19

2.15. Programa Reencontros na Casa .........................................................................................20

2.16. Aulas da Terceira Idade .......................................................................................................21

2.17. Cuarto ciclo universitario .................................................................................................... 22

2.18. Abono Social de Telefónica ................................................................................................ 23

2.19. Recoñecemento do grao de discapacidade/minusvalía. Vantaxes.................................... 23

3. As pensións ........................................................................................................................27

3.1. Xubilacións............................................................................................................................ 27

3.2. Pensión non contributiva de xubilación ..............................................................................30

3.3. Axudas asistenciais por enfermidade/ancianidade (FAS)..................................................... 31

3.4. Asistencia sanitaria e prestación farmacéutica ................................................................... 32

3.5. Pensión de viuvez................................................................................................................. 33

3.6. Pensión de orfandade.......................................................................................................... 35

3.7. Subsidio a favor de familiares ..............................................................................................36

3.8. Pensións a favor de familiares ............................................................................................. 37

Page 4: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

4 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

4. Nocións básicas sobre testamentos e herdanzas ............................................................ 39

4.1. O testamento........................................................................................................................39

4.2. Os herdeiros .........................................................................................................................42

4.3. Imposto de sucesións ..........................................................................................................44

4.4. Nocións básicas....................................................................................................................45

5. Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia............................................................................................ 46

6. Sinxelas recomendacións ................................................................................................. 49

7. Anexos................................................................................................................................53

Page 5: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

introdución 5

1. INTRODUCIÓN

Estimados compañeiros e estimadas compañeiras:

Dende a Federación de Pensionistas e Xubilados de CC OO de Galicia loitamos por conseguir un au-

mento na calidade de vida, por fomentar a autonomía e mais para lograr que os xubilados e xubiladas

desenvolvamos neste período da nosa vida a máxima actividade.

A nosa expectativa de vida é cada vez maior, e non vale só que aumente o tempo de vida, senón que

tamén temos que vivilo nas mellores condicións e aproveitándoo ao máximo. Por iso queremos ter a

maior información posible sobre os nosos dereitos e sobre as oportunidades que temos ao noso

alcance.

A necesidade de estarmos informados foi o principal motivo que nos moveu a elaborar esta guía prác-

tica, útil e de fácil manexo, que ha servirnos de apoio na nosa vida. Nela ofrecemos unha información

básica sobre os recursos e prestacións que temos na actualidade, así como dos lugares onde podemos

acudir en caso de dúbidas.

Coñecendo os recursos que temos ao noso alcance, poderemos gozar deles e esixir todo o que nos

falta e ao que temos dereito, participar en actividades axeitadas para nós, etc.

Ademais dos recursos que aquí aparecen, nos sindicatos comarcais de pensionistas de Galicia tamén

organizamos charlas e actividades que, amais de seren moi útiles, resultan amenas.

Neste sindicato estamos á vosa disposición, tanto para orientar e botarvos unha man a todos os afilia-

dos e afiliadas, como para requirir a vosa colaboración sempre que queirades, que será moi ben acep-

tada. En todo caso, as nosas portas téndelas abertas para todos e todas vós.

Moragás dinos que a persoa xubilada recibe o capital do seu tempo libre pero, se non sabe en que

ocupalo para mellorar a súa calidade de vida, este capital convértese nunha carga máis ca nunha opor-

tunidade.

Esperamos que vos resulte moi útil.

José Manuel DÍAZ MONTERO

Secretario xeral

Federación de Pensionistas e Xubilados

CC OO de Galicia

Page 6: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

6 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

Compañeiro, compañeira:

O envellecemento da poboación é un feito incuestionable e irreversible. A maior esperanza de vida, o

acceso case xeneralizado a pensións e asistencia sanitaria e o maior nivel cultural fixérono posible. Esta

realidade representa un dos grandes retos para o século XXI: conseguir, manter e mellorar a calidade de

vida das nosas persoas maiores.

Para o Sindicato Nacional de CC OO de Galicia, constitúe un obxectivo fundamental a permanente rei-

vindicación de medidas e actuacións dirixidas a cubrir as necesidades das persoas maiores, que contri-

búan a que este colectivo, cada vez máis numeroso e importante, teña unha calidade de vida acorde

coas súas necesidades, tanto no terreo individual como colectivo.

Esta guía que tes nas mans pretende ser un instrumento de consulta e orientación sobre aquelas cues-

tións que lles preocupan ás persoas maiores. Recolle unha actualización da lexislación aplicable no

conxunto do Estado relativa aos dereitos individuais e colectivos das persoas maiores. Neste sentido, o

Sindicato Nacional de CC OO de Galicia considera que a información é un elemento fundamental para

poder acceder aos diversos recursos sociais de que dispoñen as persoas maiores e un instrumento que

permite unha participación activa neles.

Esperamos que vos sexa útil a todos e a todas, e recordade que CC OO pode axudarvos.

Xosé Manuel SÁNCHEZ AGUIÓN

Secretario xeral do S. N. de CC OO de Galicia

Page 7: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 7

2. SERVIZOS E PRESTACIÓNS PARA AS PERSOAS MAIORES EN GALICIA

2.1. TELÉFONO SOCIAL

Teléfono de atención e emerxencia: 900 333 666

2.2. AXUDAS INDIVIDUAIS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ACCESIBILIDADE

OBXECTO DAS AXUDAS

Axudas individuais en réxime de concorrencia competitiva, de carácter non periódico, para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de depen-dencia, empadroadas en Galicia. A finalidade das axudas é colaborar en determinados gastos, realizados no ano 2010, destinados a:

1. Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio.

2. Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación das barreiras arquitectónicas e de comunicación da vivenda, así como mellorar a súa accesibili-dade.

3. Adquisición de próteses dentais e audiófonos.

Cada solicitante só poderá acceder á axuda dun dos supostos recollidos.

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Persoas cunha idade igual ou superior aos 65 anos na data de publicación desta orde que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída noutras liñas de protección social ou sanitaria.

2. Persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, menores de 65 anos.

3. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos:

• Grao III, niveis 1 e 2 • Grao II, niveis 1 e 2

4. Residir en Galicia.

5. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere o 125% do IPREM incluíndo as pagas extras. Cando a unidade estea constituída por dous membros, o límite será do 150% e cando sexa un só membro elévase ao 175% do IPREM.

6. Non ter percibido nos dous últimos anos axudas para o mesmo fin, salvo que a adaptación ou axuda técnica sexa complementaria da anterior concedida ou por-que se solicite unha substitución debido a un agravamento da situación da persoa beneficiaria.

Page 8: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

8 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

1. Adaptación funcional do fogar e supresión de barreiras arquitectónicas e de comunicación na vivenda. Precisarase un informe social emitido polos servizos so-ciais. Contía máxima subvencionable: por adaptación funcional do fogar: 3000 €. Eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación na vivenda: 3000 €.

2. Adquisición de próteses dentais e audiófonos non previstos no sistema sanitario. Precisarase un informe técnico dun facultativo especialista. Contías máximas sub-vencionables: próteses dentais: 500 €. Audiófonos: 800 €.

3. Adquisición de axudas técnicas ou produtos de apoio (para o aseo e a hixiene per-soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e alternativa, para o acceso ás tic e para persoas con discapacidade auditiva ou visual. Precisarase un informe médico dun facultativo do sistema sanitario público. Contía máxima sub-vencionable: 2500 €

MÁIS INFORMACIÓN

Servizos sociais comunitarios.

2.3. TELEASISTENCIA

CONCEPTO

Servizo de atención telefónica ininterrompida cun equipamento de comunicacións e informática específico. O sistema consta dunha unidade de alarma que leva a persoa, un terminal telefónico e unha central informatizada receptora de chamadas, situada no centro de atención. Permítelles ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e só con premer un botón, comunicárense coa central atendida por per-soal especializado, que dará resposta á crise presentada.

ACCESO AO PROGRAMA

Este programa ten dúas vías de acceso:

1. polo SGAD (Sistema Galego de Atención á Dependencia),

2. polo sistema de libre concorrencia (2000 prazas). Para persoas maiores, menores ou con discapacidade que, debido ás súas condicións de saúde ou limitacións per-soais, estean nunha situación de especial fraxilidade ou vulnerabilidade e requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.

REQUISITOS ESPECÍFICOS

1. Ter empadroamento e residencia efectiva en Galicia polo menos durante o ano anterior á solicitude.

2. Compromiso da persoa usuaria de seguir debidamente as instrucións que se lle indi-quen para unha adecuada utilización e mantemento do dispositivo.

Page 9: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 9

3. Que precise o dispositivo de alarma atendendo á avaliación do órgano competente, segundo o baremo de valoración.

4. Dispoñer de liña telefónica ou estar en trámites de obtela.

5. Efectuar o pagamento do prezo estipulado para a recepción do servizo de alarma e control pola Consellería de Traballo e Benestar, en concepto de contribución para sufragar o dito servizo, dentro dos prazos, lugar e conta bancaria que se determine.

ACHEGA DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas beneficiarias contribuirán ao financiamento deste servizo cunha achega de 5 € mensuais se a súa capacidade económica é superior ao 75% do IPREM. Se a súa ca-pacidade económica é inferior ao 75% do IPREM, recibirá o servizo de xeito gratuíto.

SERVIZOS DE XESTIÓN DE ALARMAS E AXENDA

Este servizo pretende proporcionar unha resposta rápida que, a través das TIC permita establecer unha comunicación entre o centro de atención e a persoa usuaria, que será atendida por persoal cualificado para actuar de xeito adecuado ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade e illamento, durante as 24 horas do día, os 365 días do ano. Complementarase cun servizo de axenda-recordatorio de determinadas tare-fas: control de tratamentos crónicos e consultas médicas e sociais.

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

2.4. PROGRAMA DE LOCALIZACIÓN E CONTROL VOLUNTARIO DE PERSOAS EN

SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

OBXECTO

Programa destinado a promover a autonomía persoal das persoas en situación de especial vulnerabilidade e facilitarlles aos seus coidadores e familiares a súa protec-ción e control, a través dun servizo permanente de localización, control de caídas e outros sensores de seguridade.

Con este servizo preténdese facilitar a saída do domicilio de persoas con circunstan-cias persoais que aconsellen o seu control permanente ou que poidan sufrir episodios de desorientación temporal e/ou espacial, incrementando a súa mobilidade e seguri-dade e contribuíndo á tranquilidade das familias e coidadores.

O servizo está xestionado pola Cruz Vermella.

CONCEPTO

É un pequeno equipo que integra un teléfono con tecnoloxía GSM e un módulo de lo-calización xeográfica por vía satélite (GPS), cun centro de control dende o que é posi-ble recuperar a posición exacta de calquera dos equipos. Este dispositivo permite en todo momento coñecer onde se atopa o seu familiar.

Page 10: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

10 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

Asemade, a plataforma tecnolóxica pode incorporar, nos casos en que as condicións persoais do/a usuario/a o requiran, uns detectores de movemento, control de tempe-ratura ambiental e sensores de verticalidade, coa función de transmitir «avisos de inactividade ou caídas» por diversas zonas da casa para detectar tamén posibles acci-dentes no ámbito doméstico.

FUNCIONAMENTO

O dispositivo de localización envía unha serie de alertas nos seguintes casos:

1. A persoa usuaria sae da súa «zona segura» (por exemplo, no caso de que se afaste 1000 m do seu domicilio, cando así se estableza previamente).

2. A persoa usuaria cae.

3. A persoa usuaria permanece sen se mover durante un tempo que se considere oportuno en función das súas circunstancias persoais.

Nestes casos, o centro de control avisa un familiar ou persoa de contacto e explícalle o que ocorre, indicándolle o lugar onde está o usuario ou usuaria. Así mesmo, cando o familiar ou responsable desexa atopar a persoa usuaria, o único que debe facer é chamar ao centro, desde onde lle facilitarán os datos precisos.

BENEFICIARIOS/AS

Persoas maiores, menores ou con discapacidade que, debido ás súas condicións de saúde ou limitacións persoais, se atopen nunha situación de especial fraxilidade ou vulnerabilidade e teñen residencia efectiva en Galicia.

CUSTO

Os usuarios pagarán 5 euros ao mes.

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

2.5. SERVIZO GALEGO DE APOIO Á MOBILIDADE PERSOAL (065)

OBXECTO

É un servizo público de carácter social de axuda ao desprazamento programado e non urxente das persoas con discapacidade e/ou dependentes, en vehículos adaptados cunha capacidade máxima de 12 prazas/vehículo.

PRIORIDADES DO SERVIZO

1. Acudir a consultas ou tratamentos sanitarios do sis-tema público e concertado ou das mutualidades de funcionarios públicos (sempre que o desprazamento non competa ao sistema sani-tario).

Page 11: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 11

2. Trasladarse a centros ou equipamentos do sistema de servizos sociais por seren usuarios deles (residencias, centros de día, centros sociais…).

3. Sempre que as prioridades anteriores estean cubertas, poderase prestar este ser-vizo para realizar actividades básicas relacionadas coa vida diaria autónoma e asistir a actividades de carácter educativo e formativo.

Esta prestación inclúe a asistencia dun/ha monitor/a acompañante por vehículo.

REQUISITOS DAS PERSOAS USUARIAS

1. Ter residencia en Galicia no momento da solicitude.

2. Ter recoñecida a situación de dependencia en calquera dos seus graos ou un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%.

3. Imposibilidade de utilizar transportes colectivos, acreditada polos servizos sociais de referencia do seu concello.

PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS NO CUSTO DO SERVIZO

O custo real do servizo determinarase en función do número de quilómetros com-prendidos no desprazamento demandado pola persoa usuaria. O prezo máximo que poderá acadar o quilómetro será de 1,40 €.

O número de quilómetros que requira o desprazamento das persoas usuarias deter-minarao o centro de coordinación do servizo, atendendo á ruta máis curta entre os puntos de orixe e destino, con independencia dos eventuais desvíos que tivese que efectuar o vehículo durante o desprazamento co fin de acadar unha maior rendibili-dade do servizo.

Os usuarios e usuarias do servizo deberán aboar unha contraprestación económica por cada desprazamento, segundo o itinerario demandado, que terá a consideración de prezo público. Para a determinación individualizada da porcentaxe de participa-ción das persoas usuarias no financiamento do servizo, computarase unicamente a capacidade económica persoal de quen o solicite, de conformidade coa seguinte escala.

% DO IPREM EQUIVALENTE EN EUROS % DE PARTICIPACIÓN

Menos do 75% Menos de 4.652,1 Gratuíto

Entre o 75% e o 100% Entre 4.652,1 e 6.202,8 4%

Entre o 100% e o 125% Entre 6.202,8 e 7.753,5 6%

Entre o 125% e o 150% Entre 7.753,5 e 9.304,2 8%

Entre o 150% e o 175% Entre 9.304,2 e 10.854,9 10%

Entre o 175% e o 200% Entre 10.854,9 e 12.405 12%

Entre o 200% e o 250% Entre 12.405 e 15.507 14%

Máis do 250% Máis de 15.507 16%

Page 12: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

12 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

TARXETA DE USUARIO/A

O recoñecemento da condición de usuario/a acreditarase mediante unha tarxeta chip ou similar na que figurarán os datos persoais e un número de identificación do/a usua-rio/a. Esta tarxeta, que será persoal e intransferible, deberase presentar cada vez que se utilice e servirá, así mesmo, como medio de pagamento electrónico.

MÁIS INFORMACIÓN

Servizos sociais comunitarios.

2.6. PROGRAMA XANTAR NA CASA

OBXECTO

Servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou depen-dentes.

Os menús serán completos e equilibrados, variados e adaptables ás necesidades das persoas usuarias, aos seus gustos e hábitos, así como á gastronomía local e a época do ano. Cada menú inclúe primeiro prato, segundo prato e sobremesa.

Os xantares entregaranse un único día á semana ás persoas beneficiarias, que recibi-rán no seu domicilio sete bandexas diferentes co xantar para cada día da semana du-rante o período en que se atopen de alta no servizo.

BENEFICIARIOS/AS

Persoas empadroadas residentes no concello e que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ser maiores de 60 anos, teren limitada a súa capacidade de autonomía persoal e sen rede de apoio que poida suplir tal situación.

2. Ser dependentes que carezan de apoio familiar e requiran de axuda para a prepara-ción de alimentos.

3. Ser menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos sociais do concello.

PREZO

O prezo de cada menú diario será de 7 €, dos cales a persoa usuaria achegará 1,87 €, o concello 1,87 € e a Xunta, a través do Consorcio, 3,26 €.

CONCELLOS CO SERVIZO IMPLANTADO

Nos anexos.

Page 13: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 13

2.7. ACOLLEMENTO FAMILIAR PARA A TERCEIRA IDADE

OBXECTO

Axudas económicas individuais para persoas maiores de 65 anos que desexen aco-llerse aos beneficios do programa de acollemento familiar. A finalidade do programa é procurar o mantemento do maior no seu medio social habitual, co que se favorece a súa integración e se evita o seu internamento en institucións.

REQUISITOS DA PERSOA ACOLLIDA

1. Ser española ou cidadá da Unión Euro-pea, e estar empadroada e ter residencia efectiva en Galicia.

2. Ter 65 anos cumpridos.

3. Non ter relación de parentesco en liña recta en ningún grao ou en liña colateral por consanguinidade ata o terceiro grao por consanguinidade con ningún membro da unidade de acollemento.

No caso de que a acollida sexa unha persoa dependente, poderá formalizarse o aco-llemento en liña recta por afinidade, salvo que na unidade de acollemento existan familiares do/a acollido/a en liña recta consanguínea que sexan maiores de idade obrigados legalmente a prestarlles alimentos.

REQUISITOS PARA AS FAMILIAS ACOLLEDORAS

1. Ser español ou cidadán da Unión Europea, e estar empadroado e ter residencia efectiva en Galicia.

2. Que polo menos unha das persoas acolledoras sexa maior de idade e non supere os 65 anos no momento de formular a solicitude, goce de boa saúde e non padeza li-mitacións físicas ou mentais que lle impidan atender as tarefas domésticas normais.

3. Ausencia de ánimo de lucro no tocante ao programa de acollemento.

4. Cada familia non poderá acoller máis de dous beneficiarios/as.

5. Non poderá existir con anterioridade ao acollemento testamento ou transmisión de bens ou dereitos a título gratuíto feitos ao seu favor por parte da persoa acollida.

6. Non ter a condición de titor/a legal da persoa ou persoas acollidas.

REQUISITOS DA VIVENDA

O acollemento poderá levarse a cabo tanto na vivenda de quen acolle como na da persoa acollida; en ambos os casos, acolledor/a e acollido/a deberán convivir na mesma vivenda, que deberá ter:

1. Fácil acceso

2. Estar dotada de suficientes condicións hixiénicas e de salubridade, auga corrente, luz eléctrica e baño.

Page 14: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

14 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

3. Carecer de barreiras que impidan o acceso e o normal desenvolvemento da vida da persoa acollida, de acordo coas súas características persoais.

Contía das axudas

SE O ACOLLEMENTO É NA VIVENDA

DO ACOLLEDOR

SE O ACOLLEMENTO É NA VIVENDA DO

ACOLLIDO (40% MENOS)

Maiores con autonomía para realizaren actividades da vida diaria

421 €/mes 252,60 €/mes

Maiores dependentes 700 €/mes 420 €/mes

A contía máxima mensual subvencionable será a diferenza resultante entre os impor-tes máximos establecidos e a achega do beneficiario (60% dos seus ingresos mensuais líquidos, excluídas as pagas extraordinarias das pensións).

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios

2.8. ESTADÍAS TEMPORAIS EN CENTROS RESIDENCIAIS

CONCEPTO

Enténdese por «estadía temporal» a permanencia en réxime de aloxamento, manu-tención e atención integral nun centro xerontolóxico residencial público por un perío-do de tempo predeterminado, durante o cal os usuarios e usuarias destas prazas te-rán os mesmos dereitos e obrigas que os residentes fixos.

É unha alternativa de apoio aos familiares e/ou coidadores que, temporalmente e por unha serie de motivos, non lle poden prestar a debida atención á persoa maior que coidan habitualmente.

TEMPO DE PERMANENCIA

Con carácter xeral será dun mes, que se poderá fraccionar en períodos quincenais ou prorrogarse por un período máximo anual doutro mes.

MOTIVO DA SOLICITUDE

1. Que as persoas coidadoras non poidan prestar atención por enfermidade, acci-dente ou situación familiar grave.

2. Por falta temporal de vivenda a causa de obras de reparación, rehabilitación ou ade-cuación.

3. Necesidade dun período de descanso da coidadora ou coidador.

4. Ausencia da persoa coidadora por motivos laborais ou por vacacións.

REQUISITOS

1. Ter 65 anos cumpridos. En casos excepcionais, ter máis de 60 e ser pensionista.

Page 15: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 15

2. Acreditar residencia en Galicia.

3. Presentar unha limitación importante na autonomía física e/ou psíquica.

4. Non padecer enfermidade infectocontaxiosa, enfermidade crónica en estado termi-nal, enfermidade clínica que requira tratamento en centro hospitalario, nin trastor-nos mentais ou condutuais, en situación de crise aguda, que poidan alterar a normal convivencia.

CUSTO DA ESTADÍA

A achega económica das persoas beneficiarias é a equivalente ao 75% dos seus ingre-sos mensuais líquidos, excepto pagas extras, e será proporcional ao tempo de dura-ción da estadía.

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

2.9. PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR PARA COIDADORES/AS DE PERSOAS EN

SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

Poderán participar as persoas maiores de 16 anos que teñan recoñecido un grao de dependencia III e II e aqueloutras que, sen reuniren o requisito anterior, requiran da atención dun coidador/a, segundo se acredite no informe médico e social, e que ade-mais reúnan as seguintes condicións:

1. Ter residencia efectiva en Galicia.

2. Non estar afectado por enfermidade en estado agudo nin en fase terminal.

3. Non estar afectado por enfermidade infectocontaxiosa activa, trastornos mentais ou condutuais graves e non compensados que poidan alterar a normal convivencia.

4. Efectuar a oportuna solicitude e pagamento do prezo estipulado, agás no caso das prazas gratuítas.

MODALIDADES

1. Estadías quincenais: duración de 15 días (14 noites) que se poderá prorrogar (conti-nuada ou interrompidamente) de xeito que ningún beneficiario/a se poida benefi-ciar de máis de dúas quincenas ao ano; agás as persoas que teñan recoñecida li-branza do coidador do SAAD, que poderán acceder a un máximo de 45 días ao ano, sempre e cando non conten co apoio de servizo de axuda no fogar para respiro fa-miliar. O prezo é de 315 €/usuario por quincena. Dentro desta modalidade establé-cense unhas prazas gratuítas para solicitantes que acrediten falta de recursos eco-nómicos (ingresos mensuais inferiores ao 50% do IPREM (menos de 266,25 €/mes).

2. Estadías de fin de semana: esta modalidade funcionará con estadías de fin de se-mana completa. Incluirase como excepción a estadía en día festivo. Coa finalidade

Page 16: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

16 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

de que accedan ao programa un maior número de usuarios, concederase un má-ximo de dúas fins de semana completas por usuario/a ao mes. O prezo é de 54 €/usuario por fin de semana.

MÁIS INFORMACIÓN

Servizos sociais comunitarios.

2.10. TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO

REQUISITOS

1. Ser pensionista do sistema da seguridade social polos conceptos de xubilación ou invalidez, e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprise os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios os es-pañois e españolas residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pú-blica, teñan máis de 60 anos e cumpran o resto de requisitos.

2. Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infectocontaxiosa.

3. Valerse por si para as actividades da vida cotiá.

4. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para recibilos.

5. Acadar, de conformidade coa valoración establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Ponderaranse as seguintes variables:

• Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais

• Situación económica dos solicitantes

• Idade dos solicitantes

• Que non gozara da praza en anos anteriores

• Ser o/a solicitante membro dunha familia numerosa.

• Outras circunstancias excepcionais non recollidas nas variables anteriores

Tamén poderán beneficiarse das prazas o/a cónxuxe de quen reúna os requisitos an-teriores, sempre que cumpra pola súa vez os requisitos 2, 3 e 4.

BENEFICIOS

As quendas terán unha duración de doce días cada unha, e comprenden os seguintes servizos:

• Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.

Page 17: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 17

• Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario, tratamento termal que, en cada caso, prescriba o persoal médico do bal-neario; o seguimento médico do tratamento.

• Póliza colectiva de seguro.

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

No teléfono do IMSERSO: 901 109 899

2.11. PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES DO IMSERSO

SOLICITANTES

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

1. Ter como mínimo 65 anos cumpridos.

2. Ser pensionista de xubilación do sistema público de pensións.

3. Ser pensionista de viuvez do sistema público de pensións con 55 anos cumpridos.

4. Outros pensionistas do sistema público de pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.

5. Valerse en por si e non padecer alteracións de comportamento que impidan a nor-mal convivencia nos hoteis.

Se quen solicita viaxa con cónxuxe, non é preciso que este/a reúna os requisitos de idade.

Admitirase como acompañante un fillo/a con discapacidade, que teña un grao de mi-nusvalía igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria no mesmo cuarto do hotel.

MODALIDADES

1. Estadías en zonas costeiras

2. Viaxes culturais para coñecer a historia e a arte de España

3. Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescas

4. Intercambio con outros países

SERVIZOS INCLUÍDOS

• Viaxe de ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e re-greso, agás para a modalidade de viaxe sen transporte.

• Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto dobre para compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Prevese o aloxamento en cuarto individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.

Page 18: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

18 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

• Servizo médico, complementario da seguridade social, no propio hotel.

• Programa de animación.

• Póliza colectiva de seguros.

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

No teléfono do IMSERSO 901 109 899

2.12. PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL

OBXECTO

Este programa convócase tendo en conta a soidade en que se atopan moitas persoas maiores pola perda do cónxuxe, emancipación dos fillos/as ou carencia de familiares.

O programa inclúe o aloxamento en cuartos dobres e manutención, en réxime de pensión completa, durante 9 días (8 noites).

DATAS DE CELEBRACIÓN

Do 24 de decembro ao 1 de xaneiro.

REQUISITOS

1. Ser maior de 65 anos ou de 60 sendo pensionista.

2. Residir en Galicia.

3. Valerse en por si e non padecer trastornos mentais ou condutuais que poidan alte-rar a convivencia.

4. Non estar acollido en ningún centro residencial.

5. Ter un nivel de ingresos económicos baixo.

6. Ter que pasar en soidade as datas de Nadal.

Para a selección de participantes, aplicaranse ás solicitudes que reúnan os requisitos os criterios establecidos segundo o baremo, dándolle preferencia ás persoas que:

1. Participen no programa de forma individual, que realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.

2. Teñan un menor nivel de ingresos económicos.

3. Non participaran este ano en ningunha quenda do programa de turismo social, nin en pasadas edicións do programa Xuntos polo Nadal.

SERVIZOS

• Transporte dende o centro sociocomunitario que se lle indique na carta de adxu-dicación da praza.

Page 19: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 19

• Aloxamento en cuartos compartidos e manutención das persoas participantes en réxime de pensión completa.

• Réxime alimenticio especial para as persoas que por prescrición médica o requiran e o acrediten debidamente.

• Actividades de animación sociocultural.

• Póliza colectiva de seguros.

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

2.13. PROGRAMA VEN A GALICIA

OBXECTO

Ofrecer á emigración galega residente noutros países de Europa e a persoas naturais de Galicia asentadas noutras comunidades autónomas de España un tempo de lecer para gozar e coñecer a realidade actual do noso país, con actividades de convivencia e culturais referidas á nosa lingua, historia, así como aos nosos costumes tradicionais.

BENEFICIARIOS/AS

1. Ter a nacionalidade española.

2. Residir noutra comunidade autónoma de España ou noutro país de Europa.

3. Ter 65 ou máis anos ou 60 ou máis na condición de xubilado/a.

4. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en anteriores edicións do pro-grama.

5. Valerse en por si, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convi-vencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

6. Non ter recursos económicos suficientes (ingresos per cápita da unidade econó-mica familiar inferiores a 2,5 veces o SMI de 2011 do país de residencia).

MÁIS INFORMACIÓN

Servizos sociais comunitarios.

2.14. PROGRAMA REENCONTROS NA TERRA

OBXECTO

Axudas en especie orientadas a promover o contacto dos galegos e galegas residen-tes no exterior coa súa terra e familiares.

BENEFICIARIOS/AS (REQUISITOS)

1. Ser emigrante galego/a.

Page 20: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

20 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

2. Ter a nacionalidade española.

3. Residir en América.

4. Ter 65 anos ou máis.

5. Levar polo menos os últimos quince anos sen participar en programas transatlánti-cos a Galicia.

6. Valerse en por si, non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convi-vencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

7. Ter ingresos inferiores a 1,3 veces o importe das bases de cálculo da prestación eco-nómica por ancianidade do Ministerio de Traballo e Inmigración para o 2011, se-gundo os países de residencia.

MÁIS INFORMACIÓN

Servizos sociais comunitarios.

2.15. PROGRAMA REENCONTROS NA CASA

OBXECTO

Programa orientado a promover o contacto dos galegos e galegas residentes no ex-terior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

BENEFICIARIOS/AS

1. Ser emigrante galego/a.

2. Ter a nacionalidade española.

3. Residir en América.

4. Ter 55 anos ou máis.

5. Non ter participado nos últimos cinco anos en programas de viaxes a Galicia desta Secretaría Xeral.

6. Poder valerse en por si e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración.

7. Ter familiares ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.

8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe da base de cálculo da prestación eco-nómica por ancianidade do Ministerio de Traballo e Inmigración para o ano 2011, segundo os países de residencia.

Page 21: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 21

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA

• A condición de beneficiario/a queda supeditada ao compromiso de acollemento de familiares do solicitante residentes en Galicia e ao pagamento, dentro do prazo es-tablecido no seu momento, da porcentaxe correspondente da pasaxe de avión.

• Os/As participantes poderán permanecer cos seus familiares en Galicia ata comple-taren un período máximo de tres meses, e serán pola súa conta todos os gastos de aloxamento, manutención e calquera outro derivado da súa estadía en Galicia.

• Os beneficiarios/as deberán ingresar na axencia de viaxes designada a parte que lles corresponda do importe do billete, cunha antelación de vinte días naturais á data sinalada para a realización da viaxe.

• A prestación da asistencia sanitaria dos/as beneficiarios/as será de acordo coa lexis-lación vixente.

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

2.16. AULAS DA TERCEIRA IDADE

Dentro da concepción de «envellecemento activo» dun modo integral, a formación para as persoas maiores adquire unha especial relevancia como influencia con vistas á integración e a participación social. As aulas da terceira idade supoñen unha oferta variada de actividades que inclúen, amais das propostas formativas, outras de carác-ter cultural, creativo, artístico e sanitario, ademais de actividades orientadas á comu-nidade de concienciación e solidariedade interxeracional, de voluntariado cultural e social.

A finalidade é fomentar entre as persoas maiores que empreguen o tempo libre na aprendizaxe e na cultura, manténdose activas.

OBXECTIVOS

• Facilitar unha formación continua ao tempo que se avanza na idade.

• Impulsar e facilitar que as persoas maiores sexan parte activa na concienciación social, na supresión de prexuízos e na busca de alternativas e solucións ás proble-máticas asociadas a este colectivo.

• Promover a cultura entre todas as persoas maiores.

• Facilitar o coñecemento do patrimonio cultural galego.

• Motivar o interese e facilitar a participación de iniciativas e acontecementos cívicos de carácter cultural, artístico e social (en beneficio dos maiores).

• Concienciar a sociedade dos problemas que afectan a este colectivo.

• Posibilitar que as persoas maiores empreguen o seu tempo de lecer en actividades de carácter creativo e artístico.

Page 22: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

22 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

• Facilitar a convivencia entre as propias persoas maiores e coas xeracións máis no-vas.

• Promover a saúde integral a partir da información, a educación sanitaria, o exercicio físico axeitado e o desenvolvemento psíquico e intelectual.

Para xestionar as aulas da terceira idade, asinouse un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos.

CIDADES ONDE EXISTEN AULAS DA TERCEIRA IDADE

Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Padrón, Ourense, Lugo, Monterroso, Vi-lalba, Vigo e Pontevedra.

MÁIS INFORMACIÓN

Páxina web: www.ategal.com

Teléfonos: 981 581 533/ 618 184 344

2.17. IV CICLO UNIVERSITARIO

É un programa de formación dirixido ao alumnado maior de 50 anos, con indepen-dencia do seu nivel previo, pero con características e demandas de formación regula-das, que cada vez máis esixe a composición demográfica da poboación.

Este ciclo formativo na Universidade de Santiago denomínase IV Ciclo Universitario e, desde o seu comezo en outubro de 1997, busca a integración conceptual do pro-grama nos demais ciclos que se imparten dentro desa Universidade.

OBXECTIVOS

• Promover a incorporación de alumnado maior de 50 anos aos estudos universita-rios, favorecendo a súa integración e participación en procesos formativos que res-pondan ás necesidades e expectativas deste colectivo.

• Vincular e amplificar a oferta de estudos universitarios, con criterio de interdis-ciplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo de toda a vida de cada indivi-duo, subliñando o protagonismo das persoas maiores.

• Posibilitar que as persoas maiores compartan e desenvolvan iniciativas docentes e de extensión cultural, propias do contexto social e institucional universitario, adop-tando os criterios organizativos, normativos e metodolóxicos que cumpran para acadar ese fin.

MÁIS INFORMACIÓN

Páxina web: http://www.usc.es/ivciclo

Teléfono: 881 812 067

Page 23: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 23

2.18. ABONO SOCIAL DE TELEFÓNICA

OBXECTO

Descontos do 70% na instalación da liña telefónica (alta inicial) e do 95% no abono mensual (mantemento), sempre se que cumpran os requisitos económicos esixidos.

Amplíase o limiar de renda familiar para ter dereito ao abono social de Telefónica para pensionistas e persoas xubiladas, pasando a ser do 110% do IPREM (579,76 €/mes).

A modificación permite incluír no colectivo con dereito a acceder ao abono social os seguintes perceptores de pensións mínimas: persoas xubiladas maiores de 65 anos sen cónxuxe a cargo, persoas beneficiarias dunha pensión por incapacidade perma-nente absoluta ou total sen cónxuxe a cargo, pensionistas de viuvez maiores de 65 anos ou cunha discapacidade superior ao 65%.

REQUISITOS

1. Que quen o solicita sexa titular do teléfono.

2. Ingresos anuais da unidade familiar non superiores ao 110% do IPREM (na contía en referencia co SMI, sen excluír as pagas extraordinarias).

3. Que se trate do domicilio habitual de quen solicita.

SOLICITUDE

Para solicitalo débese chamar ao número de atención ao cliente (1004). Telefónica enviará ao domicilio o modelo de solicitude coa información necesaria. A persoa soli-citante deberá remitir a seguinte documentación ao enderezo que se lle indique na carta informativa:

1. Solicitude

2. DNI-NIF ou pasaporte de quen o solicita e demais membros da unidade familiar

3. Xustificante de convivencia do Padrón municipal

4. Xustificante de ingresos da unidade familiar, ou xustificante de ausencia destes

2.19. RECOÑECEMENTO DO GRAO DE DISCAPACIDADE/MINUSVALÍA. VANTAXES

REQUISITOS

Ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave.

SOLICITANTES

Persoas de calquera idade españolas, nacionais de países comunitarios e estranxeiras que posúan a correspondente autorización administrativa de residencia.

Page 24: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

24 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

MÁIS INFORMACIÓN

Nos servizos sociais comunitarios.

VANTAXES DO CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE/MINUSVALÍA

• Reducións na declaración da renda

Reducións da base impoñible:

Nas rendas de traballo, a redución xeral máxima establecida increméntase no caso de ter unha discapacidade maior ou igual ao 33%.

• Reducións do imposto sobre o valor engadido (IVE)

Ás persoas con discapacidade aplícanselles nas súas compras ou recepción de servizos os seguintes tipos:

Tipo do 7% para a adquisición de aparellos complementarios, lentes, lentes de contacto, etc. que, obxectivamente considerados, só poden destinarse a suplir deficiencias físicas.

Tipo do 4% para todas as operacións de entregas, adquisicións intracomunitarias ou importacións de:

— Vehículos para persoas con mobilidade reducida

— Vehículos destinados á utilización como autotaxis ou autoturismos especiais para o transporte de persoas con discapacidade en cadeira de rodas, ben di-rectamente ou logo da súa adaptación, así como os vehículos de motor que, con adaptación previa ou sen ela, deban transportar habitualmente persoas con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida, con in-dependencia de quen os conduza.

— Adquisición de próteses, órteses e implantes internos.

Tipo de 16% para a adquisición dos demais vehículos e as súas correspondentes adaptacións e reparacións.

• Reducións no imposto sobre sucesións.

Nas adquisicións mortis causa aplicaráselles ás persoas que teñan a consideración legal de discapacitadas, cun grao igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, unha redución de 47.858,59 € na base impoñible, independentemente da que puidese corresponderlle en función do grao de parentesco do causante. Así mesmo, a re-dución será de 150.253,03 € para aquelas persoas que acrediten un grao de disca-pacidade igual ou superior ao 65%.

Nas transmisións inter vivos a favor do cónxuxe, descendente ou adoptado (transmisión de empresa, negocio individual, negocio profesional ou participa-cións en entidades): redución da base impoñible do 95% do valor da adquisición, sempre que a persoa doadora se atope en situación de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.

Page 25: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia 25

• Deducións no imposto de sociedades

Será deducible da cota íntegra a cantidade de 6000 € por cada persoa/ano de in-cremento de media do cadro de persoal con discapacidade contratado, de acordo co disposto no artigo 39 da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social dos minusválidos, por tempo indefinido, experimentando durante o período im-positivo, respecto ao cadro de persoal medio de traballadores/as con discapaci-dade co dito tipo de contrato no período inmediatamente anterior.

• Exención no imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Están exentos os vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade (cunha discapacidade igual ou superior ao 33%) para o seu uso exclusivo.

As persoas interesadas deberán instar a súa concesión indicando as característi-cas do vehículo, a súa matrícula e a causa do beneficio, así como achegar o certi-ficado de minusvalía emitido polo órgano competente e xustificar o destino do vehículo ante o concello da imposición.

• Exención no imposto de matriculación de vehículos

Están exentos do imposto da primeira matriculación definitiva os vehículos au-tomóbiles a nome de persoas discapacitadas para o seu uso exclusivo, sempre que concorran os seguintes requisitos:

— Que transcorresen polo menos catro anos desde a matriculación doutro vehí-culo en análogas condicións. Este requisito non se esixirá en supostos de si-nistro total de vehículos, debidamente acreditados.

— Que non sexan obxecto dunha transmisión inter vivos durante o prazo dos catro anos seguintes á data da súa matriculación.

• Redución do 50% do importe das taxas para solicitar a prórroga de vixencia do per-miso ou outra autorización administrativa para conducir da Xefatura Central de Trá-fico.

Aquelas persoas que, por razón das súas aptitudes psicofísicas, se vexan obriga-das a solicitar a prórroga de vixencia do permiso ou outra autorización adminis-trativa para conducir da que sexan titulares por un período igual ou inferior a dous anos, terán unha redución do 50% do importe da taxa esixible.

• Descontos no prezo do transporte público

Algúns concellos ofertan descontos ao colectivo de persoas con discapacidade (bono-bus).

• Tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida

Concederáselles ás persoas con graves problemas de mobilidade que teñan reco-ñecida a imposibilidade de uso do transporte público polos equipos de valoración e orientación (EVO), como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso e aproveitamento dos transportes privados, facilitando o seu estacionamento.

Page 26: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

26 servizos e prestacións para as persoas maiores en galicia

Cando o titular sexa unha persoa física, poderá utilizala en calquera vehículo en que se traslade, sexa ou non da súa propiedade e sexa o titular da tarxeta o con-dutor/a do vehículo ou non.

Cando se faga uso dos dereitos que outorga esta tarxeta, colocarase nun lugar vi-sible do vehículo.

Page 27: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

pensións 27

3. PENSIÓNS

3.1. XUBILACIÓNS

QUE SON AS PENSIÓNS DE XUBILACIÓN?

Son prestacións económicas consistentes nunha pensión vitalicia, única e imprescriti-ble, cuxa concesión está supeditada a unha relación xurídica previa coa seguridade social, que se concede ao traballador ou traballadora cando cesa no traballo por causa da idade.

QUE TIPOS DE XUBILACIÓNS HAI?

— Xubilación ordinaria

— Xubilación anticipada

— Xubilación anticipada de traballadores e traballadoras con discapacidade

— Xubilación parcial

— Xubilación flexible

— Xubilación especial aos 64 anos. Esta xubilación desaparecerá o 1 de xaneiro de 2013

QUEN SE PODE ACOLLER A ESTA XUBILACIÓN?

Quen poida acreditar un período mínimo de cotización, ademais de cumprir cos de-mais requisitos esixidos.

QUE REQUISITOS DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS PARA SOLICITAR A PENSIÓN?

1. Ter 65 anos cumpridos.

2. Ter un período mínimo de cotización de quince anos, dos cales dous deben estar comprendidos dentro dos quince anos anteriores á solicitude da pensión.

CON QUE É INCOMPATIBLE ESTA PENSIÓN?

1. Coa realización de actividades para as Administracións públicas.

2. Coa realización de traballos por conta propia ou allea, que signifiquen a inclusión nun réxime da seguridade social, excepto na xubilación parcial e na xubilación fle-xible.

ONDE SE PODE OBTER A SOLICITUDE?

A solicitude para recibir a pensión pode obterse nos Centros de Atención e Informa-ción da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social, ou na páxina web:

Page 28: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

28 pensións

http://www.seg-social.es/stpri00/groups/public/documents/binario/34890.pdf

COMO SE PODE SOLICITAR A PENSIÓN?

As persoas interesadas en solicitar a pensión deberán cubrir o modelo de solicitude e entregar a seguinte documentación:

1. A solicitude debidamente cuberta

2. Un certificado de empresa

3. Unha fotocopia da partida de nacemento

4. Unha fotocopia do DNI

COMO SE PODE COÑECER A CONTÍA CORRESPONDENTE?

A contía está determinada pola base reguladora de cotización da persoa interesada, que se aplica en función dos anos cotizados.

Aboarase mensualmente con dúas pagas extraordinarias.

ONDE SE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social ou na páxina web:

http://www.seg-social.es/internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Jubilacion/RegimenGeneral/Jubilacionordinaria/index.htm

XUBILACIÓN ANTICIPADA

A xubilación anticipada pode ser por razón do grupo ou actividade profesional, cuxos traballos sexan de natureza excepcionalmente perigosa, penosa, tóxica ou insalubre, que acusen elevados índices de morbilidade ou mortalidade.

• Xubilación anticipada por ter a condición de mutualista antes do 1/1/1967. Teñen dereito os traballadores e traballadoras afiliados e en alta ou situación asimilada, que reúnan os requisitos mínimos de cotización e os mínimos xerais. Isto, a partir dos 60 anos e con aplicación de coeficientes redutores.

• Xubilación anticipada sen ter a condición de mutualista antes do 1/1/67. Teñen de-reito os traballadores e traballadoras que teñan 61 anos cumpridos; que acrediten un período mínimo de cotización de trinta anos, dos cales dous deben estar com-prendidos dentro dos quince anos anteriores ao momento de causar o dereito; que se atopen inscritos como demandantes de emprego; que cesen no traballo como consecuencia da extinción do contrato de traballo.

XUBILACIÓN ANTICIPADA DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS CON DISCAPACIDADE

Esta modalidade de xubilación rebaixa a idade de xubilación mediante a aplicación de coeficientes redutores.

Page 29: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

pensións 29

Poderán acollerse a esta modalidade:

• As persoas que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%.

• As persoas que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%, cando se trate de discapacidades regulamentariamente determinadas nas que se evidencie unha redución na esperanza de vida das persoas afectadas.

XUBILACIÓN FLEXIBLE

Considérase xubilación flexible a derivada de poder compatibilizar, unha vez causada, a pensión de xubilación cun contrato a tempo parcial. O/A pensionista de xubilación, antes de iniciar a actividade a tempo parcial, deberá comunicalo á Entidade Xestora.

XUBILACIÓN PARCIAL

A xubilación parcial pode iniciarse tras cumprir os 60 anos. As persoas deberán estar contratadas a xornada completa e vinculadas a un contrato de remuda formalizado cun traballador/a en situación de desemprego que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada.

XUBILACIÓN ESPECIAL AOS 64 ANOS

Esta modalidade de xubilación rebaixa a idade mínima de xubilación aos 64 anos, sen a aplicación de coeficientes redutores pola idade. Permite que o traballador ou traba-lladora por conta allea acceda á pensión de xubilación cos mesmos dereitos económi-cos que se tivese os 65 anos cumpridos.

Poderán acollerse a esta modalidade as traballadoras e traballadores por conta allea pertencentes a empresas que, en virtude do convenio colectivo ou pacto, os substi-túe, ao tempo que se cumpren os requisitos e as condicións esixidas.

Novidades a partir do 1 de xaneiro de 2013

Na xubilación ordinaria existirán diferentes modalidades:

1. Xubilación aos 65 co 100% da pensión con 38,5 anos cotizados

2. Xubilación aos 67 co 100% da pensión con 37 anos cotizados

3. Entre os 65 e os 67 anos, hai tantas idades de xubilación como casos particulares atendendo á idade do traballador ou traballadora e a súa carreira profesional.

Na xubilación anticipada as novidades son as seguintes:

1. Xubilación anticipada voluntaria aos 63 anos con 33 anos cotizados. Con coeficien-tes redutores.

2. Xubilación anticipada por crise a partir dos 61 con 33 anos cotizados pola perda do emprego derivada dun ERE ou despedimento colectivo ou despedimento individual derivados de causa económica e situacións similares. Con coeficientes redutores.

Page 30: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

30 pensións

3. Xubilación a menores de 61 anos con, polo menos, 15 anos cotizados por traballos penosos, tóxicos ou perigosos (sempre que o traballo veña recollido dentro do ca-tálogo expreso) e por discapacidade.

3.2. PENSIÓN NON CONTRIBUTIVA DE XUBILACIÓN

QUE SON AS PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS DE XUBILACIÓN?

Son un conxunto de prestacións previstas para todos os cidadáns e cidadás que care-zan de recursos suficientes e non cotizaran ou o fixeran de forma insuficiente.

As persoas que obteñen o dereito a estas prestacións convértense en pensionistas da seguridade social coas mesmas garantías e beneficios que o resto de pensionistas.

CALES SON AS GARANTÍAS E BENEFICIOS QUE INCLÚEN?

As persoas que teñen dereito á pensión non contributiva de xubilación poden benefi-ciarse de:

• Unha prestación económica mensual.

• Asistencia sanitaria da seguridade social, médico-farmacéutica, gratuíta, que inclúe, se for o caso, os familiares que conviven no seu domicilio, nas condicións estableci-das regulamentariamente.

• Complemento por aluguer da vivenda habitual cando a persoa pensionista sexa titular do contrato.

• Servizos sociais que ofrece a Xunta de Galicia aos que nos referimos nesta guía no apartado «servizos e prestacións» da Comunidade Autónoma de Galicia.

QUE REQUISITOS DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS INTERESADAS EN SOLICITAR ESTA PENSIÓN?

Teñen dereito á pensión de xubilación, na súa modalidade non contributiva, as per-soas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os 65 anos de idade.

2. Residir legalmente en territorio nacional ou telo feito nalgún país da Unión Europea durante dez anos, entre a idade de 16 e a idade de percepción da pensión, dos cales dous deberán ser consecutivos e inmediatamente anteriores á solicitude da pen-sión.

3. Carecer de rendas e ingresos suficientes. Estas cantidades son actualizadas anual-mente.

QUE OBRIGAS TEÑEN AS PERSOAS BENEFICIARIAS?

Os/As pensionistas teñen a obriga de:

1. Comunicarlle á Administración, no prazo máximo de trinta días dende a data en que se produza, calquera variación de:

- a súa situación de convivencia,

Page 31: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

pensións 31

- o seu estado civil,

- a súa residencia,

- os recursos económicos propios e/ou das persoas coas que conviva,

- calquera outra circunstancia que poida incidir na conservación da contía da pen-sión.

2. Presentar anualmente a declaración das súas rendas ou ingresos e os da súa uni-dade familiar de convivencia no impreso-formulario que, para ese fin, lle remita o Organismo Xestor da súa pensión.

CON QUE É INCOMPATIBLE ESTA PENSIÓN?

A pensión non contributiva de xubilación é incompatible con:

• A pensión de invalidez

• As pensións asistenciais do Fondo de Asistencia Social (FAS).

• Os subsidios de garantía de ingresos mínimos e por axuda de terceira persoa da Lei de integración dos minusválidos.

• A condición de causantes da prestación familiar por fillo/a con minusvalía a cargo.

COMO SE PODE COÑECER A CONTÍA QUE LLE CORRESPONDE A CADA PENSIONISTA?

A contía individual da pensión para cada cidadán/á establécese en función das súas rendas persoais e as da súa unidade económica de convivencia. Ademais, todos os anos se determina a contía máxima e mínima que poderá recibir cada pensionista.

ACTUALÍZANSE ESTAS CANTIDADES?

Si, a Administración pública ten o deber de revalorizar as pensións en función do IPC, aboándose a diferenza non percibida nun pagamento único.

3.3. AXUDAS ASISTENCIAIS POR ENFERMIDADE/ANCIANIDADE (FAS)

QUE SON AS AXUDAS ASISTENCIAIS POR ENFERMIDADE/ANCIANIDADE (FAS)?

Son prestacións a favor de persoas cuxos ingresos propios ou familiares resultan insu-ficientes para cubrir as necesidades básicas. Existen dúas modalidades: unha por en-fermidade e outra por ancianidade. Actualmente non poden acceder a elas novos be-neficiarios/as.

CALES SON AS GARANTÍAS E BENEFICIOS QUE INCLÚEN?

As persoas que teñen o dereito a esta prestación poden beneficiarse de:

• Unha prestación económica mensual.

• Asistencia sanitaria da seguridade social xeneralizada.

• Servizos sociais especializados para persoas maiores.

• Percepción da axuda económica de carácter extraordinario.

Page 32: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

32 pensións

QUE OBRIGAS TEÑEN AS PERSOAS BENEFICIARIAS?

As persoas beneficiarias están obrigadas a lle comunicar á Administración os cambios económicos ou familiares que se produzan no prazo de trinta días.

CON QUE É INCOMPATIBLE ESTA PENSIÓN?

As axudas do Fondo de Asistencia Social (FAS) son incompatibles:

1. Entre si

2. Coas pensións non contributivas

3. Co subsidio de garantías de ingresos mínimos

4. Coa condición de ser causante da prestación familiar por fillo a cargo con discapaci-dade

3.4. ASISTENCIA SANITARIA E PRESTACIÓN FARMACÉUTICA

QUE É A ASISTENCIA SANITARIA DA SEGURIDADE SOCIAL?

A asistencia sanitaria da seguridade social permite ás persoas beneficiarias desta prestación beneficiarse dos servizos médicos e farmacéuticos precisos para conservar ou restablecer a súa saúde.

As diferentes modalidades de asistencia sanitaria son as seguintes: atención primaria, atención especializada, prestacións farmacéuticas, prestacións complementarias e o servizo de información e documentación.

QUE REQUISITOS DEBEN CUMPRIR OS FUTUROS BENEFICIARIOS E BENEFICIARIAS?

En liñas xerais, poderán ser beneficiarios/as os/as pensionistas e as persoas percepto-ras de prestacións periódicas, así como familiares ou asimilados a cargo dos anterio-res titulares de dereito.

Para coñecer os requisitos de xeito máis detallado poden consultar a seguinte páxina web:

http://www.seg-social.es/Internet_1/TramitesyGestiones/AsistenciaSanitaria/index.htm

COMO SE RECOÑECE O DEREITO Á ASISTENCIA SANITARIA?

O recoñecemento deste dereito efectúase polo INSS mediante a expedición do docu-mento que acredita o seu dereito, que adoito se notifica xunto coa resolución pola que se recoñece a pensión.

Este documento serviralle para obter a tarxeta sanitaria individual, para acceder aos servizos sanitarios, en todo o territorio nacional, durante a tramitación e expedición da tarxeta sanitaria individual ante a Administración sanitaria autonómica que corres-ponda.

Page 33: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

pensións 33

QUE É A TARXETA SANITARIA INDIVIDUAL?

É un documento que se obtén no centro de saúde que corresponde ao domicilio do interesado. É importante que a persoa interesada presente o documento que acredite a súa condición de pensionista, o DNI do titular e o dos beneficiarios que teñan máis de 14 anos.

Para incluír beneficiarios/as é preciso acudir ao INSS para que lles recoñezan o dereito a obter asistencia sanitaria da seguridade social; posteriormente, pódese acudir ao centro de saúde para solicitala.

Esta tarxeta é persoal e individual e acredita o dereito á asistencia sanitaria pública tanto do titular como dos beneficiarios/as.

ONDE SE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

A través da páxina web:

http://www.seg-social.es/Internet_1/Pensionistas/Derechos/Asistenciasanitaria/index.htm

No teléfono gratuíto: 900 166 565

3.5. PENSIÓN DE VIUVEZ

QUE É A PENSIÓN DE VIUVEZ DA SEGURIDADE SOCIAL?

É unha prestación económica consistente nunha pensión vitalicia que se concede ás persoas que tiveran un vínculo matrimonial ou foran parella de feito da persoa fale-cida e reúnan os requisitos esixidos.

QUE PERSOA PODE SER BENEFICIARIA DESTA PENSIÓN?

Pódense beneficiar desta pensión:

• Cónxuxes

• Separados, divorciados e persoas cuxo matrimonio fose declarado nulo

• Parellas de feito no momento do falecemento

• A viúva maior de 45 anos no momento de falecer o marido, sempre e cando esti-vese casada polo menos cinco anos

O home casado ou divorciado cuxa esposa falece pode cobrar a pensión de viuvez se ten fillos/as menores ata que cumpran os 18 anos de idade.

EXISTE ALGÚN PRAZO PARA SOLICITAR ESTA PENSIÓN?

Non existe prazo, aínda que a solicitude debe presentarse dentro dos tres meses pos-teriores á data de falecemento. Neste caso, os efectos económicos da pensión pro-dúcense a partir do día seguinte ao feito.

Se a solicitude se presenta transcorridos máis de tres meses, os efectos económicos da pensión prodúcense cunha retroactividade máxima de tres meses.

Page 34: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

34 pensións

Cando a solicitude se presenta dentro dos tres meses posteriores ao falecemento, esta aboarase:

1. Se a persoa falecida se atopaba de alta, en situación asimilada á alta ou non alta, desde o día seguinte á data do feito causante.

2. Se a persoa falecida era pensionista, dende o primeiro día do mes seguinte á data do feito causante.

CANDO SE EXTINGUE A PENSIÓN DE VIUVEZ?

• Por contraer novo matrimonio ou constituír unha parella de feito (salvo excep-cións).

• Por declaración en sentenza firme de culpabilidade na morte do causante.

• Por falecemento do/da pensionista.

• Por violencia de xénero.

• Por comprobarse que non faleceu a persoa desaparecida.

CON QUE É COMPATIBLE ESTA PENSIÓN?

Esta pensión é compatible coas rendas do traballo da persoa beneficiaria e coas pen-sións de xubilación ou de incapacidade permanente ás que tiver dereito.

ONDE SE PODE SOLICITAR A PENSIÓN?

Nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social do INSS.

COMO SE PODE SOLICITAR A PENSIÓN?

Para solicitar a pensión hai que cubrir o modelo de solicitude de «prestacións de su-pervivencia». A documentación que se precisa vén especificada na mesma solicitude.

A solicitude, xunto coa documentación precisa, presentarase nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social do Instituto Nacional da Seguridade Social.

COMO SE RECOÑECE A CONTÍA QUE LLE CORRESPONDE A CADA PENSIONISTA?

Para coñecer a contía que lle corresponde aos beneficiarios/as é preciso calcular a porcentaxe que se aplicará sobre a base reguladora. Esta porcentaxe varía en función da situación laboral da persoa falecida na data do pasamento e da causa que deter-mine a morte.

A pensión percibirase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias que se aboarán en xuño e en novembro, salvo nas de accidente de traballo e enfermidade profesio-nal, que están rateadas nos doce meses; as ditas pensións revalorízanse anualmente, teñen garantidas unhas contías mínimas.

ONDE SE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

A través da seguinte páxina web:

Page 35: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

pensións 35

http://www.seg-social.es/Internet_1/TramitesyGestiones/Prestacionesdemuert45659/Pensiondeviudedad/index.htm

3.6. PENSIÓN DE ORFANDADE

QUE REQUISITOS SE PRECISAN PARA TER DEREITO Á PENSIÓN DE ORFANDADE?

Se o falecemento é anterior ao 1-1-2008 e a persoa falecida estaba dada de alta na seguridade social, debe ter cotizados polo menos 500 días nos últimos cinco anos inmediatamente anteriores ao deceso; se estaba en situación asimilada á alta, aínda que lle esixen tamén 500 días, deben ser anteriores á data en que cesou a obriga de cotizar, sempre e cando a causa da morte fose debida a unha enfermidade común.

Se o falecemento é posterior ao 1-1-2008 e a persoa falecida se atopaba en alta ou situación asimilada á alta, non se esixe período previo de cotización.

Cando se trata dun accidente ou enfermidade profesional, a seguridade social tam-pouco establece período mínimo.

QUE PERSOAS PODEN SER BENEFICIARIAS DESTA PENSIÓN?

Os beneficiarios poden ser os fillos/as do causante, calquera que sexa a natureza legal da situación. Os fillos/as do cónxuxe supervivente achegados ao matrimonio, sempre que este se celebrase dous anos antes do falecemento do causante e convivisen ás súas expensas.

A pensión de orfandade pódese cobrar ata os 22 anos, sempre e cando a persoa bene-ficiaria non traballe ou, se o fai, que as súas rendas non superen o SMI. Aos orfos e orfas absolutos amplíaselles a pensión ata os 24 anos.

CANTO SE COBRA?

A pensión de orfandade é do 20% da base reguladora da pensión de viuvez. Se a or-fandade é absoluta, súmase a contía da viuvez. Se existen varios beneficiarios, o tope máximo, incluída a viuvez, é do 100% da base reguladora.

EXISTE ALGÚN PRAZO PARA SOLICITAR ESTA PENSIÓN?

Non existen prazos. Se a persoa falecida se atopaba en alta ou en situación asimilada, terán dereito á pensión dende o día seguinte ao feito causante, sempre que a solici-tude se presente nos tres meses seguintes á data do falecemento.

Se a persoa falecida era pensionista, dende o primeiro día do mes seguinte á data do feito causante, se a solicitude se presenta nos tres meses seguintes á data do falece-mento.

Cando a solicitude se presenta fóra dos tres meses seguintes á data do falecemento, acumularase unha retroactividade máxima de tres meses á data da solicitude.

Page 36: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

36 pensións

A pensión págase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e novembro. Ten garantida unha contía mínima que se revaloriza a principio de cada ano.

CANDO SE EXTINGUE A PENSIÓN DE ORFANDADE?

A pensión extínguese:

1. Por cumprimento da idade máxima, salvo persoas con incapacidade.

2. Por cesar a incapacidade que deu dereito á pensión.

3. Por adopción.

4. Por falecemento.

5. Por matrimonio.

6. Ao se comprobar que non faleceu o traballador/a desaparecido.

COMO SE PODE SOLICITAR A PENSIÓN?

Para solicitar a pensión hai que cubrir o modelo de solicitude de prestacións de super-vivencia. A documentación que se precisa vén especificada na mesma solicitude.

A solicitude, xunto coa documentación precisa, presentarase nos centros de atención e información da seguridade social do Instituto Nacional da Seguridade Social.

ONDE SE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Nos centros de atención e información da seguridade social do Instituto Nacional da Seguridade Social.

A través da páxina web:

http://www.seg-social.es/Internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Muerteysupervivencia/RegimenGeneral/Orfandad/index.htm

3.7. SUBSIDIO A FAVOR DE FAMILIARES

QUE REQUISITOS FAN FALTA PARA TER DEREITO AO SUBSIDIO A FAVOR DE FAMILIARES?

É preciso acreditar un período de cotización, agás cando a morte se produza como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional.

QUE PERSOAS PODEN SER BENEFICIARIAS DESTE SUBSIDIO?

Os familiares que conviviran e dependeran economicamente da persoa falecida, sem-pre que reúnan os requisitos esixidos.

CON QUE É COMPATIBLE/INCOMPATIBLE?

É compatible coa pensión de viuvez e orfandade, causada pola mesma persoa.

Page 37: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

pensións 37

É incompatible co cobramento de calquera pensión pública e con calquera ingreso que supere a contía, en cómputo anual, do SMI.

CANDO SE SOLICITA O SUBSIDIO E CANDO SE EMPEZA A COBRAR?

Pode solicitarse en calquera momento posterior ao falecemento. O pagamento realí-zase a partir do día primeiro do mes seguinte á data de solicitude.

COMO SE RECOÑECE A CONTÍA QUE LLE CORRESPONDE A CADA PENSIONISTA?

A contía obtense aplicando unha porcentaxe á base reguladora. Abóase durante doce meses, con inclusión de dúas pagas extraordinarias.

ONDE SE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Nos centros de información e atención da seguridade social do INSS.

A través da páxina web:

http://www.seg-social.es/Internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Muerteysupervivencia/RegimenGeneral/Subsidioenfavordefa33970/index.htm

3.8. PENSIÓN A FAVOR DE FAMILIARES

QUE REQUISITOS FAN FALTA PARA TER DEREITO AO SUBSIDIO A FAVOR DE FAMILIARES?

É preciso acreditar un período de cotización, agás cando a morte se produza como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional.

Poderán ser beneficiarios/as os familiares que conviviran e dependeran economica-mente da persoa falecida, sempre que reúnan os requisitos esixidos.

CANDO SE SOLICITA E CANDO SE EMPEZA A COBRAR?

A pensión pode solicitarse en calquera momento posterior ao falecemento.

Se a solicitude se presenta dentro dos tres meses posteriores ao falecemento, a pen-sión aboarase:

1. Dende o día seguinte á data do feito causante, se a persoa falecida se atopaba en alta, situación asimilada ou sen alta.

2. Dende o día primeiro do mes seguinte á data do feito causante, se a persoa falecida era pensionista.

Se a solicitude se presenta fóra dos tres meses seguintes ao falecemento, a pensión aboarase cunha retroactividade máxima de tres meses á data de solicitude.

ONDE SE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Nos centros de atención e información da seguridade social do INSS.

A través da páxina web:

Page 38: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

38 pensións

http://www.segsocial.es/Internet_1/Trabajadores/PrestacionesPension10935/Muerteysupervivencia/RegimenGeneral/Pensionafavordefam28536/index.htm_

Page 39: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

testamentos e herdanzas 39

4. TESTAMENTOS E HERDANZAS

4.1. O TESTAMENTO

QUE É UN TESTAMENTO?

É a declaración que da súa última vontade fai alguén, dispoñendo de bens e de asun-tos que lle atinxen para despois da súa morte.

Para previr futuros problemas, resulta conveniente obter o asesoramento dun avo-gado/a sobre a modalidade de testamento e o seu contido, así como outras cuestións que se presenten.

QUEN PODE OUTORGAR TESTAMENTO?

Calquera persoa maior de 14 anos que se atope no seu xuízo. Se está incapacitada xudicialmente e ten un momento de luci-dez, pode outorgar testamento sempre que a notaria/o designe dous médicos que acrediten que no momento de testar se encontraba no pleno uso das súas facultades mentais.

No testamento sinálase quen serán as persoas herdeiras ou legatarias. A designación non é ilimitada, xa que cando existen fillos, pais, cónxuxes, deben respectarse sempre as chamadas «lexítimas».

QUE É A LEXÍTIMA?

En principio, o cadal hereditario divídese por disposicións legais en tres terzos: a lexí-tima, a mellora e o terzo de libre disposición.

A lexítima é a porción de bens da herdanza da que o testador/a non pode dispoñer libremente, aínda que desexe facelo, porque a lei resérvalla a determinados herdeiros chamados «forzosos», salvo que o testador decida desherdalos expresamente.

O terzo de mellora pode empregarse para favorecer, en especial, algún ou algúns fi-llos/as ou descendentes; se non se dispón sobre el expresamente, enténdese que in-crementa a contía da lexítima.

Co terzo de libre disposición, o testador/a poderá facer o que coide conveniente.

CANDO SE CONSIDERA NULO O TESTAMENTO?

En liñas xerais, o testamento é nulo e, por tanto, carece de validez cando:

É outorgado por un terceiro, o testamento é un acto persoal.

É outorgado por dúas ou máis persoas de forma conxunta ou mancomunada.

O testador/a carece da capacidade precisa para outorgar o testamento.

Non se respectaron os requisitos formais precisos para a súa validez.

Page 40: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

40 testamentos e herdanzas

É revogado polo testador ou testadora.

Outorgouse con violencia, dolo ou fraude.

Outorgouse a favor dunha persoa incerta e que non pode ser identificada.

TEN VANTAXES FACER TESTAMENTO?

Si, outorgar testamento presenta notables vantaxes de orde práctica.

Sinálase que persoas son as herdeiras, facilítase a tramitación da herdanza co conse-guinte abaratamento de custos. Pódese facer unha distribución dos bens entre os herdeiros e herdeiras en función dos seus intereses, necesidades, etc., evitando con-flitos entre eles, e que teñan que levar as súas discrepancias ao terreo xurisdicional.

CANTAS MODALIDADES DE TESTAMENTO EXISTEN?

Existen varias modalidades de testamento; dependendo da forma en que se aplican, as máis frecuentes son: testamento aberto, testamento pechado e testamento holó-grafo.

TESTAMENTO ABERTO

É o testamento máis habitual, xa que é o único que ten eficacia de seu. Quen testa manifesta perante un notario/a a súa última vontade, coñecéndose, polo tanto, a existencia do testamento así como o seu contido.

Para outorgar este testamento, a persoa interesada ten que ir ao notario/a que elixa para o informar da súa vontade de outorgar testamento, podendo facelo por escrito ou de palabra. O notario redacta o documento e leo en voz alta, feito o cal, o testa-dor/a dirá se está de acordo ou non co contido.

Este testamento é o máis recomendable por varias razóns:

1. O notario dá fe, coa súa presenza, de que se está outorgando testamento, notifi-cándoo axiña ao Rexistro Xeral de Actos de Últimas Vontades, así como do seu con-tido.

2. A presenza do notario/a garante que todas as disposicións que o testador/a sinale se axustan á lei, o que evitará posibles conflitos entre as persoas herdeiras. Este testamento produce efectos fronte a terceiros, sen necesidade de ningún outro posterior á morte do testador/a, o que simplificará e abaratará notablemente a tramitación da herdanza.

3. O custo notarial é moi accesible, por volta dos 50 euros. A persoa que testa, e só ela, pode pedir unha copia do testamento mentres viva. Ao morrer, poden pedila só aquelas persoas que teñan interese na herdanza, para o cal terán que acreditar a morte do testador/a mediante certificado de defunción.

Nos outros dous testamentos, para teren eficacia, cómpren certas formalidades pos-teriores á morte de quen testa.

Page 41: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

testamentos e herdanzas 41

TESTAMENTO CRUZADO ENTRE CÓNXUXES

Na linguaxe coloquial, fálase de que os cónxuxes outorgan testamento conxunta-mente. Porén, isto non é así. O testamento é un acto persoalísimo e, polo tanto, cada cónxuxe outorgará o seu, aínda que ambos os testamentos teñan un contido idén-tico. É dicir, existen dous testamentos, un de cada cónxuxe.

Igualmente, os cónxuxes poden facer testamento «un para o outro». Isto quere dicir que cada cónxuxe designa como herdeiro/a dos seus bens o outro. No entanto, hai que considerar que hai unha parte de bens que non son de libre disposición, xa que corresponden necesariamente aos fillos/as (a lexítima).

Aínda que se outorguen estes testamentos entre cónxuxes, en calquera momento calquera dos dous (ou quen sobreviva) poderá outorgar novo testamento sen vir condicionado polas disposicións dos testamentos outorgados.

Convén aclarar que o viúvo ou viúva sempre poderá dispoñer libremente da súa me-tade de gananciais —despois de repartírense os gananciais entre este e os fillos/as—, porque esa metade non a recibe por herdanza de quen faleceu, senón que xa era súa denantes. Os efectos do testamento circunscríbense á metade de gananciais da per-soa falecida, máis os seus bens privativos, é dicir, aqueles que herdara pola súa vez, recibira por doazón ou tivera antes de contraer matrimonio.

Este tipo de testamento dá a seguridade de que mentres viva calquera dos dous cón-xuxes, terá dereito a vivir na casa e a utilizar o patrimonio; pero que ese patrimonio, ao faltaren os dous, pasará aos fillos a partes iguais, aínda cando o viúvo ou viúva con-traia de novo matrimonio, porque non é propietario senón usufrutuario. Adóitase denominar, na linguaxe común, «do un para o outro e, a falta dos dous, para os fillos».

Existen outros tipos de testamentos, os chamados especiais, que son o testamento militar (outórgase en tempo de guerra), o testamento marítimo (outorgado por quen vai a bordo dun buque en viaxe marítima) e testamento outorgado en país estran-xeiro.

QUE É O DEREITO DE USUFRUTO?

É frecuente que, en virtude do testamento e das disposicións legais aplicables, se es-tableza a favor dalgún dos herdeiros (normalmente o cónxuxe) o usufruto de parte dos bens que compoñen a herdanza.

O dereito de usufruto, xenericamente, permite ao seu titular utilizar unha cousa allea sen ser o propietario.

O seu titular tamén pode apropiarse dos rendementos que este ben alleo poida pro-ducir (as rendas, se o usufruto se adquire sobre un inmoble que estea alugado; os froitos, se se tratar dunha explotación agrícola…).

Porén, a persoa usufrutuaria non pode vender o ben nin gravalo constituíndo, coma tal, unha hipoteca, porque non lle pertence.

Page 42: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

42 testamentos e herdanzas

Normalmente, nestes casos dise que a persoa propietaria ten a «núa propiedade», isto é, unha propiedade espida, sen a poder utilizar, porque o seu uso está reservado ao usufrutuario.

EN QUE CONSISTE O CHAMADO «TESTAMENTO VITAL»?

Mediante o chamado «testamento vital» (ou documento de vontades anticipadas ou de instrucións previas), unha persoa manifesta de forma explícita a súa vontade no caso de sufrir enfermidades terminais ou unha situación de perda de consciencia.

Non é un testamento no sentido estrito que aquí utilizamos, e o que manifesta non debe ir en contra do disposto nas leis. Resulta moi recomendable tamén outorgalo perante notario.

CANTAS VECES SE PODE REVOGAR UN TESTAMENTO?

O testamento pode revogarse cantas veces se desexar. Cada revogación deberá ser substituída por un novo testamento, que non ten que ser da mesma clase (poderá ser aberto, pechado, etc.), e pódense modificar todas ou só parte das disposicións.

Queda revogado total ou parcialmente cando o testador ou testadora outorga outro testamento posterior ou cando efectúa algunha declaración notarial mantendo ou suprimindo todas ou algunha das cláusulas contidas nel.

Esta declaración debe efectuarse cos mesmos requisitos esixidos para outorgar o testamento. Así, se se outorgou máis dun testamento, será válido o da data posterior.

4.2. OS HERDEIROS E HERDEIRAS

QUEN PODE HERDAR?

Para saber que persoas poden ser herdeiras, deben distinguirse dúas situacións:

1. Se quen faleceu tiña feito o testamento, diferenciarase entre:

• Herdeiros/as voluntarios: son as persoas que figuran como tales no testamento e suceden o testador na titularidade dos bens e dereitos que compoñen o seu pa-trimonio.

• Herdeiros/as forzosos: son as persoas ás que a lei lles recoñece o dereito a her-dar, polo menos, un terzo do patrimonio do falecido, chamado lexítima. Son her-deiros/as forzosos, en primeiro lugar, os fillos e fillas (tanto naturais como por adopción, matrimoniais e non matrimoniais) e descendentes e, de non os haber, os pais e ascendentes.

• Pola súa banda, o viúvo ou viúva herdará na forma que se establece regulamenta-riamente.

• De non existiren herdeiros forzosos, os voluntarios poden adquirir a totalidade da herdanza.

• Xunto aos herdeiros anteriores poden concorrer na herdanza os legatarios/as, que herdan só obxectos ou bens determinados da herdanza.

Page 43: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

testamentos e herdanzas 43

2. Se a persoa falecida non tiña feito o testamento, a lei determina quen son as per-soas herdeiras. Esta sucesión denomínase sucesión lexítima, intestada ou ab intes-tato. A lei tamén sinala a orde pola que deben suceder o falecido os seus familiares e, de non os haber, o Estado.

QUE ORDE DE SUCESIÓN SE SEGUE PREFERENTEMENTE?

Sucesión a favor dos fillos/as e descendentes:

De non existir testamento, o chamamento faise da seguinte forma:

Fillos A partes iguais 1.º Liña descendente

Netos Por representación

Pais A partes iguais 2.º Liña ascendente

Avós A partes iguais

3.º Cónxuxe viúvo/a Esposa ou esposo 1/3 + usufruto

4.º Irmáns/irmás (2v) Dobre vínculo (pai e nai) A partes iguais

5.º Irmáns/irmás e (2v) Un vínculo (só pai ou nai) 2/3 (2v) e 1/3 os medio irmáns

6.º Irmáns/ás + Sobriños/as Sobriños/as A parte do representado

7.º Sobriños/as Dobre vínculo (só pai ou nai) A partes iguais Por representación

8.º Curmáns/ás Vínculo distinto A partes iguais

De non existir ningún dos descendentes, ascendentes ou colaterais, herdará o Estado.

POR QUE E CANDO SE TEN QUE FACER A PARTICIÓN DA HERDANZA?

Cando falece unha persoa, os seus bens e, se as ten, as súas débedas pasan aos her-deiros que sinale o seu último testamento ou, de non haber, a lei. Pero hai que facer unha serie de trámites para saber quen herda e para que os bens da herdanza a nome da persoa falecida pasen a nome dos herdeiros. Ata que isto non se faga, non se pode vender en escritura ningún dos bens da persoa falecida, nin normalmente se poderá sacar os cartos que haxa nos bancos a nome do falecido.

EN QUE CONSISTE O DESHERDAMENTO?

Consiste en privar da lexítima un herdeiro ou herdeira forzoso, o que só se pode facer por testamento e baseándose nalgunha das causas legalmente establecidas.

Se o desherdamento se realiza e non se expresa a causa, non se proba esta ou é dis-tinta das que se establecen legalmente, pode ser anulado polos tribunais.

Pola súa banda, se a persoa interesada nega a causa do desherdamento, o resto de herdeiros/as poderán acreditar perante o xuíz que é certa. Nestes casos, non serán válidas as lexítimas que conteña o testamento, senón só os legados e demais disposi-cións testamentarias realizadas á marxe daquelas (por exemplo, as disposicións sobre o terzo de mellora).

Page 44: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

44 testamentos e herdanzas

QUE EFECTOS TEN O DESHERDAMENTO?

Fundamentalmente, a persoa que fose desherdada queda privada de toda participa-ción na herdanza.

Porén, as doazóns que realizase en vida o testador no seu favor non poden ser revo-gadas, salvo que o feito que dese lugar ao desherdamento fose tamén causa de re-vogación da doazón.

Se con posterioridade o testador/a e o desherdado/a se reconcilian, o desherdamento quedará sen efecto.

Pola súa banda, a lexítima do desherdado transmitirase aos seus fillos/as e descen-dentes, que conservan ao seu favor os dereitos que pertencían ao desherdado na herdanza.

Para evitar futuros problemas é aconsellable sempre acudir a un avogado/a antes de introducir ningunha cláusula de desherdamento nun testamento ou proceder á súa impugnación.

4.3. IMPOSTO DE SUCESIÓNS

QUEN PAGA?

O imposto págao cada unha das persoas que reciban algo na herdanza, sexa por ser herdeira ou porque a persoa falecida lle fixo un legado.

CANTO SE PAGA?

A contía do imposto depende de varios factores:

1. O valor dos bens que reciba.

2. O parentesco coa persoa falecida: canto máis remoto é o parentesco, máis elevada é a porcentaxe que se paga.

3. O patrimonio previo do que herda.

Existen outras herdanzas que pagan menos impostos, con certos condicionantes, como a do negocio familiar ou a da vivenda familiar se os herdeiros son o cónxuxe e os fillos.

EN QUE PRAZO HAI QUE PAGALO?

Ten que se presentar a instancia para pagar o imposto nun prazo máximo de seis me-ses dende o falecemento. Se pasa o prazo, Facenda cobra a recarga correspondente.

Page 45: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

testamentos e herdanzas 45

4.4. NOCIÓNS BÁSICAS

QUE É UN LEGADO?

Cando unha persoa falece, pode deixar un ou varios bens ou dereitos determinados a alguén en particular. Estes bens sepáranse da herdanza e non son obxecto de reparti-ción entre as persoas que herdan.

Estes bens concretos denomínanse legados e as persoas beneficiarias son legata-rios/as. O legado pode consistir nunha cousa específica ou xenérica, unha prestación, o dereito de cobramento dunha débeda, o perdón das débedas, etc.

A concesión dun legado só se pode facer por testamento e indicándoo de forma ex-presa.

No entanto, a disposición de legados nunha herdanza ten un límite: non pode prexu-dicar en ningún caso a lexítima dos herdeiros/as forzosos, polo que, se así o fixer, terá que reducirse o seu importe.

Serán as persoas herdeiras as obrigados a entregar os legados que o testador/a reali-zase no seu testamento.

QUÉ UN TESTAMENTEIRO?

É a persoa nomeada por quen finou no seu testamento para executar as disposicións contidas nel, administrar os seus bens e, se for o caso, dividilos entre os herdeiros, seguindo as instrucións deixadas no testamento.

O cargo de testamenteiro é voluntario e entenderase aceptado se xa coñecía a desig-nación ou non renuncia a ela no prazo de seis días des que lle sexa comunicada.

O testamenteiro que renuncia ao cargo sen ter unha causa xusta (coma tal, estar in-capacitado ou enfermo) perde o que lle legase o testador, salvo o que lle corresponda pola lexítima.

Entre as funcións do testamenteiro inclúense, amais das que se lle conferisen en vir-tude de testamento, as seguintes:

1. Aboar os gastos de funeral do testador, celebrado consonte o disposto no testa-mento ou, de non o haber, segundo os costumes do lugar.

2. Satisfacer aqueles legados que consistisen no pagamento de determinadas cantida-des de cartos.

3. Tomar as precaucións precisas para conservar os bens.

Page 46: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

46 lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en

situación de dependencia

5. LEI DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN ÁS PERSOAS EN SITUACIÓN

DE DEPENDENCIA

A Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de de-pendencia recoñécelles aos cidadáns e cidadás en situación de dependencia un dereito universal e subxectivo que se traduce na concesión dunha serie de presta-cións, destinadas a axudar e mellorar a súa calidade de vida.

QUEN PODE BENEFICIARSE DA LEI?

Poderanse beneficiar todas as persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5 da citada lei.

1. Ser español/a.

2. Residir en territorio nacional (polo menos, cinco anos e sempre que os dous últimos sexan anteriores á data da solicitude).

3. Ser declarado dependente polo órgano avaliador da comunidade autónoma.

QUE É A DEPENDENCIA?

É o estado de carácter permanente en que se atopa unha persoa que, por razóns de-rivadas dunha enfermidade ou discapacidade con independencia da súa idade, precisa a atención dunha ou máis persoas para realizar actividades básicas da vida diaria (le-vantarse, deitarse, bañarse, comer, ir ao baño…), segundo o artigo 2.2 da lei.

QUE GRAOS DE DEPENDENCIA EXISTEN?

A Lei (artigo 26) establece tras graos de dependencia:

1. Grao I, dependencia moderada. Persoas que precisan axuda para realizar varias acti-vidades básicas na vida cotiá, polo menos unha vez ao día.

2. Grao II, dependencia severa. Persoas que precisan axuda para realizar actividades básicas da vida cotiá, dúas ou tres veces ao día, aínda que non requiran o apoio permanente dun coidador/a.

3. Grao III, gran dependencia. Persoas que precisan axuda para realizar actividades básicas para a vida cotiá, varias veces ao día, e pola súa perda total de autonomía, precisan apoio indispensable e continuo doutra persoa.

Cada un dos graos diferenza dous niveis internos, segundo a autonomía e intensidade do coidado que requiran.

Page 47: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia 47

QUE SERVIZOS E PRESTACIÓNS ESTABLECE A LEI?

A Lei de dependencia establece que o novo dereito se exercerá a través da prestación preferente de servizos. Todos os servizos formarán parte da rede do Sistema para a Autonomía e Atención da Dependencia (SAAD).

A lei inclúe a posibilidade de facilitar prestacións económicas, só excepcionalmente, en casos en que se dispoña dunha rede pública de servizos e sempre que se vinculen á adquisición dun servizo. Tamén, de forma excepcional, prevese unha axuda econó-mica de apoio aos coidadores/as familiares, non profesionais, para que poidan prestar ese coidado no contorno do fogar. Estas coidadoras/es familiares estarán dados de alta na seguridade social.

CAL É O PROCESO DE IMPLANTACIÓN DO SISTEMA?

A implantación dun novo sistema público supón unha posta en marcha de novas in-fraestruturas e recursos. Co obxectivo de compasar o desenvolvemento dos servizos e prestacións coa creación das infraestruturas precisas, a lei prevé desenvolver o sis-tema de forma gradual e progresiva. A implantación progresiva do sistema cubrirá, en primeiro lugar, os dependentes máis graves.

Calendario de implantación do sistema

ANOS GRAOS NIVEIS

2007 Grao III. Gran dependencia Niveis 2 e 1

2008-2009 Grao II. Dependencia severa Nivel 2

2009-2010 Grao II. Dependencia severa Nivel 1

2011-2012 Grao I. Dependencia moderada Nivel 2

2013-2014 Grao I. Dependencia moderada Nivel 1

ONDE SE PODE OBTER O MODELO DE SOLICITUDE?

A solicitude pode obterse:

1. Nas delegacións provincias da Consellería de Traballo e Benestar.

2. Nos servizos sociais dos concellos.

QUE PASOS DEBE SEGUIR UNHA PERSOA SE CRE ESTAR EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA?

Paso 1: Presentación da solicitude

A solicitude, xunto coa documentación correspondente (DNI, certificado de empa-droamento da persoa solicitante e informe médico), deberá entregala nos servizos sociais comunitarios da súa zona.

Paso 2: Valoración da situación de dependencia

Unha vez completada a documentación, un/unha profesional do servizo de valoración porase en contacto co solicitante para lle comunicar a data e a hora en que acudirá ao seu domicilio ou lugar de residencia para efectuar a súa valoración. O/A profesional avaliará a capacidade para levar a cabo as actividades básicas da vida diaria.

Page 48: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

48 lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en

situación de dependencia

Paso 3: Comunicación da situación de dependencia

Neste paso recibirá por correo a resolución do grao e nivel de dependencia recoñe-cido. Nesa carta infórmase do seguinte:

1. Se está en situación de dependencia ou non.

2. O grao e nivel recoñecido.

3. Os servizos e prestacións aos que poderá acceder.

4. O momento en que terá dereito a estes servizos e prestacións en función do grao e nivel recoñecidos.

Paso 4: Elaboración do «programa individual de atención»

Posteriormente, o traballador/a social dos servizos sociais comunitarios porase en contacto con quen solicita para concertar unha cita. O profesional estudará o recurso máis idóneo para cubrir as necesidades da persoa en situación de dependencia.

Para iso o/a profesional precisará coñecer a situación sociofamiliar, a opinión do usua-rio e solicitará a documentación relacionada coa situación económica.

Paso 5: Comunicación da asignación do servizo ou prestación

Esta é a última fase, na que chegará a resolución do recurso máis idóneo, a súa data de efectividade e a achega económico que ha realizar no caso de que o recurso sexa un servizo.

ONDE PODO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

No teléfono de información gratuíto de CCOO sobre a Lei de dependencia: 900 102 305.

Nos servizos sociais comunitarios da súa zona ou concello.

Page 49: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

sinxelas recomendacións 49

6. SINXELAS RECOMENDACIÓNS

— Saia de casa, non se ille no seu domicilio.

— Non se aparte da sociedade, busque novas amizades e relacións ou fomente as que posúe. Se non o fai, crerá que a sociedade a/o desarraiga.

— Participe na vida familiar. As relacións cos seus fillos, parella, etc. talvez mudaron cos anos, pero seguro que poden ser moi satisfactorias.

— Intégrese ou siga pertencendo activamente a asociacións ou agrupacións.

— Sexa máis flexible. Intente modificar certas actitudes ríxidas.

— Procure interesarse máis pola información relativa á súa vila, aldea, comunidade autónoma, país ou ao estranxeiro. Non se afaga á pobreza ou ausencia de noti-cias. Lembre que unha persoa sen información é unha persoa sen opinión.

— Siga lendo ou escribindo se o facía con regularidade. No caso contrario, agora é bo momento para facelo. Ten todo o tempo que desexe.

— Xogue cos demais, e en solitario, por exemplo, ás cartas. Anímese a manter e aprender novas actividades lúdicas e recreativas.

— Fomente, agora que pode, as súas anteriores inquedanzas culturais e artísticas; se non as tiña, agora é o momento de aprender: pintura, debuxo, cerámica, mú-sica…

— Quítelle o po as súas vellas afeccións e coleccións.

— Saia de vacacións. Poderá consultar as ofertas dispoñibles nas direccións e núme-ros de teléfono que lle facilitamos nesta guía.

— Sexa optimista, aprenda a atopar o lado bo das cousas.

— Expándase. Non afogue nun vaso de auga. Saia a facer cousas diferentes.

— Reúnase coas súas amizades, cos familia, veciños, pero non quede só.

— Calquera desculpa é boa para saír á rúa, non o esqueza e saia, verá xente…

— Acostúmese a algunha actividade física, aínda que sexa o paseo. Ao principio vaise notar canso, é normal. O organismo tarda en se afacer ao esforzo, pero go-zará del. Se quere facer un exercicio maior, consulte o seu médico, que o vai ase-sorar.

— Cando lle falen, procure escoitar ademais de oír. Notará que a súa memoria au-menta.

— Teña relacións e fale con outras persoas, de diferentes idades, diferentes estilos, sexos… Apréndese moito delas.

Page 50: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

50 sinxelas recomendacións

— Desenvolva a súa imaxinación: faga encrucillados, lea, pregúntese polas razóns das cousas que ve na televisión, vexa documentais e reportaxes, comente as no-ticias con alguén…

— Se ten algún déficit sensorial, corríxao: as lentes, audiófonos, caxato, etc. póden-lle ser de grande axuda.

— Periodicamente, pregúntese polas súas actividades, polo seu estilo de vida, polos seus costumes… Se non está satisfeito, intente mudalos.

— É importante que manteña unha dieta variada. Non se deixe levar pola tendencia a comer demasiado ou comer pouco. Coma acompañado sempre que poida, é moito mellor.

— Se ten sobrepeso ou está obeso/a, consulte o seu médico e procure baixar uns quilos.

— Se ten algún problema de saúde, preveña a aparición dos síntomas. O seu médico daralle unhas pautas sinxelas. Non pense que estes problemas son inevitables á súa idade: pódense evitar.

— Defenda os seus dereitos como cidadán ou cidadá. Son os mesmos que a cal-quera idade.

— Goce do ocio e do tempo libre. Atope actividades agradables que lle produzan satisfacción.

— Déixese aconsellar por profesionais dos centros para maiores, centros de saúde, servizos sociais locais…

— Se non pode resolver os seus problemas por si mesmo/a, déixese axudar, diríxase á familia e ás amizades; e se, a pesar diso, non atopa o que desexa, acuda ao pro-fesional oportuno.

— Exprese os seus sentimentos, intereses, dúbidas… a esas persoas coas que ten unha relación persoal máis estreita: familiares e amizades. Se ten dificultade para expresarse con eles, acuda ao profesional: psicólogo, médico, asistente social..., pódeno axudar.

— Ao se xubilar, busque novos intereses, actividades, afeccións… para realizar e ocupar o tempo libre de xeito satisfactorio.

— Vostede pode ofrecer unha axuda inestimable a outras persoas a través de aso-ciacións de voluntariado, fogares…, apoiando as persoas que están máis necesi-tadas.

— Teña coidado cos accidentes, caídas, etc., tanto na rúa coma na casa. Reduza os riscos: lume, electricidade, chans escorregadizos...

— Evite hábitos prexudiciais para a súa saúde como fumar e beber alcohol. Se lle custa prescindir deles, redúzaos ao máximo. Déixeo ao mesmo tempo que alguén próximo, pode ser moito máis doado.

— Preste atención á súa hixiene e autocoidado persoal, sentirase moito mellor.

Page 51: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

sinxelas recomendacións 51

— Se ten problemas depresivos: cansazo constante, ansiedade, sensación de perda de interese e satisfacción vital, tristeza, insomnio (sobre todo se esperta cedo), sentimento de non valer nada, excesiva autocrítica… non espere a que pase o tempo e se fagan máis graves. Canto antes se atallen máis fácil é solucionalos. Procure relacións e actividades gratificantes, satisfactorias, e busque axuda pro-fesional.

— Se está nervioso, procure relaxarse. Pense en que situacións se pon especial-mente nervioso e procure evitalas. Se ten que facer fronte a esa situación, aprenda a relaxarse. Existen programas de relaxación, ioga, etc., nos centros de día de persoas maiores. A práctica de exercicio físico tamén é moi útil. O mante-mento de relacións satisfactorias inflúe moi positivamente.

— Non se automedique, pode ter consecuencias moi negativas. Os medicamentos deben tomarse con coidado e sempre baixo prescrición médica.

— Coide a súa memoria. A actividade mental é tan importante como a actividade física.

— Procure sentirse ben consigo mesmo. Exprese os seus sentimentos e emocións, acepte e valore as cousas que logrou na súa vida e reste importancia aos fracasos que houbese. Véxase a si mesmo, a súa familia e os seus amigos como o máis va-lioso que ten.

— Se vostede é dos que cren que hai moitas cousas que mudar e mellorar na socie-dade, non se limite a queixarse e busque fórmulas e maneiras de influír no seu contorno e modificalo para melloralo. Todos podemos cambiar pequenas cousas que, sumándoas, supoñen grandes cambios e avances.

— As relacións sexuais son moi importantes e satisfactorias. Inflúen moi positiva-mente na saúde física e mental. Aínda que a forma de relacionarse mude, cultive esas relacións e sentirase mellor.

— Mire para o futuro, viva o presente e lembre o pasado, nesta orde. Adiántese ao futuro, vostede pode construílo. Outros déixanse levar polo pasado, non permita que iso lle ocorra a vostede.

— Cóntelles aos demais a súa historia, as súas lembranzas… Poden ser de proveito para moitas persoas.

— Probe a facer cousas novas. Talvez non lle acheguen moito, pero talvez si. Irá des-cubrindo novos intereses e actividades.

— Atrévase a ser diferente. Pódense facer cousas distintas sen que pase nada malo. Ou «que dirán» ou vivir a súa vida: vostede elixe.

— Procure controlar os seus pensamentos, non se deixe levar por cavilacións nega-tivas.

— Mírese a si mesmo en lugar de compararse cos demais.

— Fale e pense en positivo. Procure buscar o lado bo das persoas e das cousas.

Page 52: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

52 sinxelas recomendacións

— Ríase ata de si mesmo. O sentido do humor fai que un vexa as cousas con máis optimismo. A risa produce endorfinas, unhas hormonas que nos fan sentir ben e palían a dor.

— Sexa flexible. As cousas case nunca son brancas ou negras. Entre ambas as cores hai toda unha gama de grises. Cadaquén ve as cousas ao seu xeito e case todas son válidas.

— Esqueza os seus complexos. Arrecánteos, xa non paga a pena sentirse mal por esas cousas.

— Sexa obxectivo consigo mesmo. Non se exceda na autocrítica.

— Durma abondo e descanse ao xeito. Loite por que os seus soños se fagan reali-dade.

Page 53: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

anexos 53

7. ANEXOS

ANEXO 1. UNIDADES DE TRABALLO SOCIAL DE GALICIA

A CORUÑA

Abegondo: Rúa San Marcos s/n Tel.: 981 647 996

Ames: Praza do Concello 2, Bertamiráns Tel.: 981 883 002

Aranga: Praza Mestre Mosquera 1 Tel.: 981 793 551

Ares: Praza da Constitución Tel.: 981 468 102

Arteixo: Rúa de Noia 2 Tel.: 981 640 836

Arzúa: Rúa Santiago 2 Tel.: 981 500 000

A Baña: Praza do Concello 1 Tel.: 981 886 501

Bergondo: Estrada de Ferrol s/n Tel.: 981 791 252

Betanzos: Cantón de San Roque 4 Tel.: 981 773 700

Boimorto: Rúa Vilanova 1 Tel.: 981 516 075

Boiro: Praza de Galicia s/n Tel.: 981 844 800

Boqueixón: Rúa Forte s/n Tel.: 981 513 106

Brión: Rúa Pedrouzos 46 Tel.: 981 509 910

Cabanas: A Carballa-Cesullas Tel.: 981 754 020

Rúa do Concello Tel.: 981 495 959

Camariñas: Praza da Insuela 57 Tel.: 981 737 004

Cambre: Río Barces, A Barcala 8 Tel.: 981 654 812

A Capela: As Neves 46-A, Capela Tel.: 981 459 006

Carballo: Rúa Colón s/n Tel.: 981 704 706

Cariño: Porta da Pulida s/n Tel.: 981 405 064

Carnota: Praza San Gregorio s/n Tel.: 981 857 032

Carral: Campo da Feira Tel.: 981 670 002

Cedeira: Rúa Real 15 Tel.: 981 480 000

Cee: Rúa Domingo de Andrade Tel.: 981 745 100

Cerdido: Felgosas s/n, A Bataqueira Tel.: 981 411 000

Cesuras, Oza dos Ríos, Coirós: r/ Forte-Bragad Tel.: 981 790 001

Corcubión: Avda. da Viña 1 Tel.: 981 745 400

Coristanco: San Roque-Traba Tel.: 981 733 001

A Coruña: Verea do Polvorín 4 Tel.: 981 184 370

Culleredo: r/ Costa da Lonxa 7 baixo. O Burgo Tel.: 981 666 565

Curtis: Praza de España 1. Teixeiro Tel.: 981 789 003

Dodro: Tallós Tel.: 981 802 062

Page 54: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

54 anexos

Dumbría: Estrada de Dumbría Tel.: 981 744 001

Fene: Avda. do Concello Tel.: 981 340 350

Ferrol: Praza de Armas s/n Tel.: 981 944 230

Fisterra: Rúa Patres 1 Tel.: 981 740 001

Irixoa: Pazo de Irixoa 6 Tel.: 981 793 001

A Laracha: Praza do Xeneralísimo Tel.: 981 605 001

Laxe: Avda. Cesareo Pondal 18 Tel.: 981 706 903

Lousame: Portobravo Tel.: 981 820 494

Malpica: Avda. Emilio González 1 Tel.: 981 720 001

Mancomunidade de Ordes: r/ Alfonso Serra 108 Tel.: 981 680 002

Mazaricos: Picota s/n Tel.: 981 867 104

Melide: Praza do Convento 5 Tel.: 981 505 003

Mesía: Xanceda s/n Tel.: 981 687 001

Miño: Avda. Xeneralísimo 98 Tel.: 981 782 006

Monfero: Rúa Reboredo 1 Tel.: 981 793 885

Mugardos: Avda. de Galicia 45 Tel.: 981 470 338

Muros: Curros da Praza 1 Tel.: 981 826 050

Muxía: Rúa Real 41 Tel.: 981 742 001

Narón: Praza do Concello Tel.: 981 337 700

Neda: Avda. Algeciras 34 Tel.: 981 380 039

Negreira: Rúa Carmen 3 Tel.: 981 885 250

Noia: Alameda s/n Tel.: 981 821 595

Oleiros: Rúa Camilo Díaz Baliño 1 Tel.: 981 610 000

Ortigueira: Praza Isabel II Tel.: 981 402 542

Outes: Rúa Xeneral Franco 1 Tel.: 981 850 003

Paderne: Consistorio 10 Tel.: 981 797 001

Padrón: Rúa Xeneral Franco 27 Tel.: 981 810 400

O Pino: Pedrouzo, Arca Tel.: 981 511 002

A Pobra do Caramiñal: Gasset 28 Tel.: 981 832 764

Ponteceso: Rúa do Concello Tel.: 981 714 000

Pontedeume: Avda. do Peirao s/n Tel.: 981 433 288

As Pontes: Rúa do Concello s/n Tel.:981 450 004

Porto do Son: Campo de Altaia Tel.: 981 867 414

Rianxo: Praza de Castelao 1 Tel.: 981 860 075

Ribeira: Praza do Concello Tel.: 981 871 050

Rois: Lugar de Samil 1 Tel.: 981 804 109

Sada: Avda. Xeneral Franco 25 Tel.: 981 620 075

Page 55: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

anexos 55

San Sadurniño: Avda. Marqués de Figueroa Tel.: 981 490 027

Santiago de Compostela: Pr. da Constitución 1 Tel.: 981 542 465

Santa Comba: Praza do Concello 1 Tel.: 981 880 075

As Somozas: Casa do Concello Tel.: 981 404 101

Teo: A Ramallosa s/n Tel.: 981 809 707

Toques: Souto s/n Tel.: 981 505 826

Touro: Fuente Díaz s/n Tel.: 981 504 029

Trazo: Viaño pequeno Tel.: 981 689 324

Val do Dubra: Arcai 41, Bembibre Tel.: 981 889 000

Valdoviño: Porta do Sol Tel.: 981 487 041

Vedra: Avda. Mestre M. Gómez Tel.: 981 814 693

Vilasantar: Rúa Vilasantar s/n Tel.: 981 778 169

Vimianzo: Praza do Concello Tel.: 981 716 001

LUGO

Alfoz: A Seara s/n Tel.: 982 558 581

Antas de Ulla: Praza de España 2 Tel.: 982 379 251

Baleira: Avda. de Meira s/n Tel.: 982 354 039

Baralla: Avda. Evaristo Calderón 58 Tel.: 982 363 303

Barreiros: Vila San Cosme 63 Tel.: 982 124 002

Becerreá: Avda. de Madrid Tel.: 982 360 004

Begonte: r/ Irmandiños Souto Montenegro 2 Tel.: 982 396 143

Bóveda: Avda. Alfonso XIII 85 Tel.: 982 580 616

Carballedo: Praza V. Portomeñe Tel.: 982 466 201

Castroverde: Praza do Concello, 2 Tel.: 982 312 080

Cervantes: Rúa Deputación s/n Tel.: 982 364 529

Cervo: Praza do Concello s/n Tel.: 982 557 777

Chantada: Praza de Galicia 1 Tel.: 982 440 011

O Corgo: Estrada VI s/n Tel.: 982 302 100

Folgoso do Courel: Praza do Concello Tel.: 982 433 001

A Fonsagrada: Burón 12 Tel.: 982 340 000

Foz: Rúa Álvaro Cunqueiro 24 Tel.: 982 140 221

Friol: Praza de España 1 Tel.: 982 375 001

Guitiriz: Xeneral Franco 4 Tel.: 982 370 190

O Incio: Praza de España s/n Tel.: 982 427 014

Láncara: Rosalía de Castro s/n Tel.: 982 543 077

Lourenzá: Praza do Conde Santo Tel.: 982 121 353

Lugo: Praza Maior 1 Tel.: 982 297 100

Page 56: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

56 anexos

Mancom. da Terra Chá: Avda. de Terra Chá 29,

Feira do Monte-Cospeito Tel.: 982 520 001

Meira: Praza do convento Tel.: 982 330 102

Mondoñedo: Alfonso VII, 31 Tel.: 982 524 003

Monforte de Lemos: Rúa do Comercio 6 Tel.: 982 402 501

Monterroso: Praza de Galicia s/n Tel.: 982 377 001

Muras: Praza da Galeguidade 4 Tel.: 982 500 001

Navia de Suarna: Praza de España 1 Tel.: 982 365 166

Negueira de Muñiz: Concello Tel.: 982 353 303

As Nogais: Rosalía de Castro s/n Tel.: 982 364 092

Ourol: Estrada xeral Tel.: 982 559 109

Palas de Rei: Rúa Compostela 28 Tel.: 982 380 003

Pantón: Praza do Concello Tel.: 982 456 005

Paradela: Avda. do Xeneralísimo 5 Tel.: 982 541 101

Pedrafita: Praza de España 4 Tel.: 982 367 103

A Pobra de Brollón: Avda. José Antonio 50 Tel.: 982 430 001

Pol: Praza de Galicia 1, Mosteiro Tel.: 982 345 029

A Pontenova: Praza do Concello Tel.: 982 342 277

Portomarín: Praza Conde de Fenosa 1 Tel.: 982 545 070

Quiroga: Xeneral Franco 52 Tel.: 982 428 152

Rábade: Rúa José Pardo 33 Tel.: 982 390 062

Ribadeo: Praza de España 1 Tel.: 982 120 808

Ribas de Sil: Praza Maior 1 Tel.: 982 428 237

Ribeira de Piquín: Chao de Pousadoiro s/n Tel.: 982 333 735

Riotorto: Praza das Rodrigas s/n Tel.: 982 346 222

Sarria: Rúa Maior 14 Tel.: 982 535 000

O Saviñao: Praza de España 1, Escairón Tel.: 982 452 061

Sober: Praza do Concello s/n Tel.: 982 460 001

Taboada: Praza Xeneral Muinelo Tel.: 982 465 301

Trabada: Rúa do Concello 15 Tel.: 982 135 011

Triacastela: Praza de España s/n Tel.: 982 546 002

O Valadouro: Feira Nova-Ferreira Tel.: 982 574 000

O Vicedo: Dr. Prado Villapol 15 Tel.: 982 590 001

Vilalba: Praza da Constitución 1 Tel.: 982 510 305

Viveiro: Praza Maior 1 Tel.: 982 560 128

Xermade: Concello s/n Tel.: 982 501 001

Xove: Camiño Real s/n Tel.: 982 592 001

Page 57: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

anexos 57

OURENSE

Allariz: Rúa Portelo Tel.: 988 442 210

Avión: Estrada do Sifón 5 Tel.: 988 486 528

Bande: Rúa San Roque 2 Tel.: 988 443 001

Barbadás: Cimadevila 1 Tel.: 988 360 000

O Barco de Valdeorras: Praza Maior 6 baixo Tel.: 988 326 072

A Bola: Campo da Veiga 4 Tel.: 988 451 293

O Bolo: Cesar Conti 33 Tel.: 988 323 030

Calvos de Randín: Praza a Alborada Tel.: 988 434 000

Carballeda de Avia: Rúa Muñoz Calero 3 Tel.: 988 487 320

O Carballiño: Praza Maior 1 Tel.: 988 530 007

Castro Caldelas: Praza do Concello 1 Tel.: 988 203 000

Chandrexa de Queixa: Celeiros s/n Tel.: 988 334 000

Entrimo: Praza do Concello s/n Tel.: 988 434 666

Esgos: Praza da Souteira s/n Tel.: 988 290 000

Lobios: Estrada de Portugal 27 Tel.: 988 448 000

Maceda: Rúa do Toural Tel.: 988 463 001

Mancom. do Carballiño: Avda. Estación 36 Tel.: 988 274 010

Mancom. de Conso Frieiras:

Avda. Beato Sebastián Aparicio 76, A Gudiña Tel.: 988 594 006

Mancom. de Navea Bibei: Eumemio Ancochea 14 Tel.: 988 330 000

Mancom. do Ribeiro: Fondal de Beade s/n Tel.: 988 480 064

Mancom. de Santa Águeda: Vilarchao-Coles Tel.: 988 206 149

Mancom. de Terras de Celanova:

Praza de Cervantes Tel.: 988 451 646

Mancom. de Verín: Muralla 19 Tel.: 988 412 048

Manzaneda: Estrada Cabalar-Raigade Tel.: 988 333 043

Melón: Calvo Sotelo 1 Tel.: 988 481 620

Muíños: Praza de San Rosendo 1 Tel.: 988 456 403

Nogueira de Ramuín: Luintra Tel.: 988 201 023

Ourense: Praza Maior s/n Tel.: 988 388 100

Paderne de Allariz: Rioseco 7 Tel.: 988 293 000

O Pereiro de Aguiar: Pereiro de Aguiar Tel.: 988 259 385

Padrenda: San Roque de Crespos 17 Tel.: 988 494 700

Petín: Poboado de Iberduero 1 Tel.: 988 310 223

Piñor: Barrán s/n Tel.: 988 403 236

Rairiz de Veiga: Praza do Concello 1 Tel.: 988 465 552

Ribadavia: Praza Maior 4 Tel.: 988 477 100

Page 58: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

58 anexos

A Rúa: Praza do Concello 1 Tel.: 988 312 229

Rubiá: Rúa Campo 8 Tel.: 988 324 146

San Cibrao das Viñas: Praza da Constitución 1 Tel.: 988 381 034

Taboadela: Praza Maior s/n Tel.: 988 439 313

Toén: Ribadela 1 Tel.: 988 261 074

Trasmiras: Otero Pedraio 174 Tel.: 988 445 000

A Veiga: Praza do Concello 1 Tel.: 988 350 233

Verín: Praza do Concello Tel.: 988 410 000

Viana do Bolo: Rúa da Constitución 14 Tel.: 988 329 260

Vilar de Barrio: Praza do Toural 10 Tel.: 988 449 001

Xinzo de Limia: Curros Enríquez 15 Tel.: 988 550 111

Xunqueira de Ambía: Praza de San Rosendo 1 Tel.: 988 436 069

Xunqueira de Espadanedo: Praza dos Amigos s/n Tel.: 988 291 001

PONTEVEDRA

Agolada: Praza Maior s/n Tel.: 986 788 062

Arbo: Praza da Constitución 1 Tel.: 986 665 000

Baiona: Lorenzo de la Carrera 17 Tel.: 986 355 250

Barro: San Antoniño. Perdecanai

Bueu: Rúa Eduardo Vicenti 2 Tel.: 986 323 417

Caldas de Reis: Ferrería 1 Tel.: 986 540 110

Cambados: Praza do Concello 1 Tel.: 986 520 943

Campo Lameiro: Bernardo Sagasta, A Lagoa Tel.: 986 752 034

Cangas: Paseo Castelao s/n Tel.: 986 300 050

A Cañiza: Rúa Oriente A 11 Tel.: 986 651 000

Catoira: Rúa do Concello 6 Tel.: 986 546 014

Cerdedo: Praza do Concello 1 Tel.: 986 753 006

Cotobade: A Chan, Carballedo Tel.: 986 760 001

Covelo: Praza Mestre Cerviño 2 Tel.: 986 650 027

Crecente: Rúa Solis Ruíz 5 Tel.: 986 666 411

Cuntis: Praza da Constitución Tel.: 986 548 005

Dozón: Rúa Martínez Iglesias 1 Tel.: 986 780 471

A Estrada: Praza da Constitución Tel.: 986 573 265

Forcarei: Praza da Igrexa s/n Tel.: 986 754 082

Fornelos de Montes: Rúa Iglesia 1 Tel.: 986.768.409

Gondomar: Praza do Latino Salgueiro Tel.: 986 360 125

O Grove: Praza do Corgo 1 Tel.: 986 733 334

A Guarda: Praza de España s/n Tel.: 986 610 000

Page 59: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

anexos 59

A Illa de Arousa: O Naval 14 Tel.: 986 527 080

A Lama: Avda. José Antonio 1 Tel.: 986 768 117

Lalín: Praza do Mercado 1 Tel.: 986 787 060

Marín: Avda. de Ourense 3 Tel.: 986 880 300

Meaño: Rúa As Covas 20 Tel.: 986 747 102

Meis: Xeneralísimo 67 Tel.: 986 712 000

Moaña: Ramón Cabanillas 108 Tel.: 986 310 100

Mondariz: Rúa Merouces 16 Tel.: 986 656 000

Moraña: Sta. Lucía, Rúa 1 nº2 Tel.: 986 553 005

Mos: Rejento 1, Petelos Tel.: 986 331 200

As Neves: Praza da Cristiandade Tel.: 986 648 038 Nigrán: Praza da Constitución 1 Tel.: 986 365 025 Oia: Vista Alegre s/n Tel.: 986 362 125 Pazos de Borbén: Pazos 52 Tel.: 986 497 035

Poio: Convento s/n Tel.: 986 770 038

Ponteareas: La Giralda Tel.: 986 640 000

Pontecesures: Avda. de Vigo 2 Tel.: 986 557 125

Pontecaldelas: Avda. de Galicia 17 Tel.: 986 750 013

Pontevedra: Praza de España 1 Tel.: 986 804 300

O Porriño: Rúa Antonio Palacios 1 Tel.: 986 330 574 Portas: Rúa Curras 8 Tel.: 986 536 161

Redondela: Rúa Alfonso XII, 2 Tel.: 986 400 013

Ribadumia: Avda. de Ribaduvia 2 Tel.: 986 718 491

Rodeiro: Praza da Fonte s/n Tel.: 986 790 009

O Rosal: Praza do Calvario 1 Tel.: 986 625 000

Salceda de Caselas: Dr. Zunzunegui Tel.: 986 349 003

Salvaterra de Miño: Praza do Castelo 1 Tel.: 986 658 126

Sanxenxo: Consistorio 4 Tel.: 986 720 075

Silleda: Rúa Xeneral Franco 55 Tel.: 986 580 002

Soutomaior: Alexandre Bóveda 8 Tel.: 986 705 114

Tomiño: Praza Calvo Sotelo 1 Tel.: 986 623 211

Tui: Praza Xeneralísimo 1 Tel.: 986 603 625

Valga: Avda. da Coruña 14 Tel.: 986 559 456

Vigo: Praza do Rei s/n Tel.: 986 810 129/00/15

Vilaboa: Rúa Toural s/n Tel.: 986 708 215

Vila de Cruces: Estrada de Tuiriz Tel.: 986 582 017

Vilagarcía de Arousa: Praza da Ravella 1 Tel.: 986 501 008

Vilanova de Arousa: Avda. González Besada Tel.: 986 554 021

Page 60: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

60 anexos

ANEXO 2. CENTROS DO INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL (XESTIÓN E

ADMINISTRACIÓN DAS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS DO SISTEMA DA SEGURIDADE SOCIAL)

A CORUÑA

Dirección Provincial:

Rolda Camilo José Cela 16. A Coruña Tel.: 881 909 300

Centros urbanos:

Avda. Pedro Barrié de la Maza 18 baixo. A Coruña Tel.: 981 221 833/981 221 945/981 222 140

Rúa Félix Estrada Catoira esq Rúa Fernando Rey. A Coruña

Tlf: 981 153 486/981 153 500/981 153 537

Centros comarcais:

Rúa Pintor Seijo Rubio s/n. Betanzos Tel.: 981 770 405

Praza da Cruz Vermella 2, Carballo Tel.: 981 700 158

Rúa Médico Vicente Fraguela 13, Corcubión Tel.: 981 745 393

Rúa Catalunya 1, Ferrol Tel.: 981 311 450/981 311 510

Praza do convento s/n. Melide Tel.: 981 505 012

Rúa Castelao 14, Negreira Tel.: 981 886 220/981 886 221

Rúa Frei Lois Rodríguez, Noia Tel.: 981 824 600/981 824 698

Rúa Márquez Cortiñas 19, Ortigueira Tel.: 981 400 181

Rúa Castelao 25, A Pobra do Caramiñal Tel.: 981 830 146/981 830 694

Rúa Carlos Briones Varela s/n, esq Rúa Galeras,

Santiago de Compostela. Tel.: 981 566 600 (Integrada coa

Tesourería Xeral da Seguridade Social).

LUGO

Dirección Provincial:

Rolda Músico Xosé Castiñeira 26. Lugo Tel.: 982 293 345

Centro urbano:

Rolda Músico Xosé Castiñeira 26. Lugo Tel.: 982 293 300

Centros comarcais:

Rúa José M.ª Pardo s/n. Mondoñedo Tel.: 982 507 318

Rúa San Pedro 4, Monforte de Lemos Tel.: 982 411 300

Rúa Irmáns Moreno Ulloa, Ribadeo Tel.: 982 120 721

Rúa Calvo Sotelo 46 baixo, Sarria Tel.: 982 535 340

Rúa Domingo Goas 4, Vilalba Tel.: 982 523 261

Avda. Ramón Canosa 7 (Casa do Mar), Celeiro Tel.: 982 560 131

Page 61: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

anexos 61

OURENSE

Dirección Provincial:

Rúa Concello 1. Ourense Tel.: 988 369 500

Centro urbano:

Praza Eºduardo Barreiros 4. Ourense Tel.: 988 510 373/988 510 376

Centros comarcais:

Paseo do Malecón 27 baixo, O Barco de Valdeorras Tel.: 988.320.161

Avda. San Rosendo 23 baixo, Celanova Tel.: 988 553 055

Avda. do Carballiño 64, Ribadavia Tel.: 988 470 053

Rúa Deputación 25, Verín Tel.: 988 410 253

Rúa Ladeira 8, Xinzo de Limia Tel.: 988 462 951

PONTEVEDRA

Dirección Provincial:

Rúa O Grove 4, Vigo Tel.: 986 249 700

Centros urbanos:

Rúa Pintor Laxeiro 22-24, Vigo Tel.: 986 243 712

Rúa Doutor Cadaval 29-31, Vigo Tel.: 986 223 174

Centros comarcais:

Rúa Alférez Barreiro 21, Baiona Tel.: 986 355 034/986 358 058

Travesía do Mercado s/n, A Cañiza Tel.: 986 651 510

Avda. de Santiago 9, A Estrada Tel.: 986 570 032/986 570 098

Rúa Manuel Rivero 7, Lalín Tel.: 986 783 956

Praza Maior 13, Ponteareas Tel.: 986 640 018

Rúa Gagos de Mendoza 4, Pontevedra Tel.: 986 850 823

Rúa Párroco Rodríguez Vázquez 3, Tui Tel.: 986 603 027

Rúa San Roque 28, Vilagarcía de Arousa Tel.: 986 501 907

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL (XESTIÓN DA AFILIACIÓN, COTIZACIÓN, RECADACIÓN E PAGAMENTOS)

A CORUÑA

Dirección Provincial:

Rúa Federico Tapia, 54-3º, A Coruña Tel.: 881 909 000

Administracións:

Rúa Rolda de Nelle 76, A Coruña Tel.: 981 145 907

Rúa Rafael Alberti 11-13. A Coruña Tel.: 981 174 959

Rúa Barcelona 17-19. Carballo Tel.: 981 704 180

Page 62: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

guía de orientación para persoas maiores

62 anexos

Rúa Mac Mahón 10. Ferrol Tel.: 981 369 100

Rúa Carlos Briones Varela s/n. Santiago Tel.: 981 553 150

Rúa Médico Vicente Fraguela 13. Corcubión Tel.: 981 706 580

Rúa Marcial del Adalid 3-5-7. A Coruña Tel.: 881 909 280

LUGO

Dirección Provincial:

Rolda Músico Xosé Castiñeira 26. Lugo Tel.: 982 293 300

Administracións:

Avda. Ramón Ferreiro 16. Lugo Tel.: 982 252 507

Rolda Músico Xosé Castiñeira 26. Lugo Tel.: 982 293 300

OURENSE

Dirección Provincial:

Rúa Concello 1. Ourense Tel.: 988 369 500

Administracións:

Avda. Habana entrechán. Ourense Tel.: 988 511 074

Rúa Xoán XXIII, 29 e 31-2. Ourense Tel.: 988 511 075

PONTEVEDRA

Dirección Provincial:

Avda. García Barbón 36, 1º. Vigo Tel.: 986 811 500

Administracións:

Rúa Arcebispo Malvar 13. Pontevedra Tel.: 986 864 244/986 864 245/986 864 246

Avda. Benito Vigo 119. A Estrada Tel.: 986 590 200

Rúa San Roque 138-140. Vigo Tel.: 986 276 011

Rúa López Mora 62. Vigo Tel.: 986 200 512

Rúa Fernández Areal s/n. O Porriño Tel.: 986 348 276

Rúa Doutor Cadaval 29-31. Vigo Tel.: 986 227 686

ANEXO 3. RELACIÓN DE CONCELLOS CO PROGRAMA ‘XANTAR NA CASA’ IMPLANTADO

A CORUÑA

Abegondo, Ares, Arzúa, Boiro, Boqueixón, Brión, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Carballo, Carral,

Cedeira, Coristanco, Corcubión, Culleredo, Curtis, Dodro, Dumbría, Fene, Fisterra, A Laracha, Laxe,

Lousame, Malpica de Bergantiños, Mancomunidade de Ordes, Mazaricos, Melide, Mesía, Mugardos,

Muros, Muxía, Narón, Negreira, Noia, Outes, O Pino, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume,

Rianxo, Rois, Sada, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Valdoviño, Vedra, Vilasantar, Zas.

Page 63: GUÍA DE ORIENTACIÓN PARA PERSOAS MAIORES · 2. Servizos e prestación para as persoas maiores en Galicia ... soal, alimentación, mobilidade, para a comunicación aumentativa e

federación de pensionistas e xubilados de galicia

anexos 63

LUGO

A Fonsagrada, Alfoz, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Abadín, Antas de Ulla, Baralla, Bu-

rela, Castro de Rei, Castroverde, Chantada, Cospeito, Folgoso Courel, Meira, Mondoñedo, Monforte, O

Corgo, O Valadouro, Pantón, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Samos,

Viveiro, Xermade.

OURENSE

A Bola, A Gudiña, A Mezquita, A Porqueira, A Rúa de Valdeorras, A Veiga, Amoeiro, Arnoia, Baltar,

Bande, Baños de Molgas, Beade, Boborás, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Castro Caldelas, Coles,

Cortegada, Cualedro, Esgos, Leiro, Lobios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, Montederramo, Mon-

terrei, Nogueira de Ramuín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Os Blancos, O Irixo, Paderne de Alla-

riz, Parada de Sil, Petín, Piñor, Punxín, Rairiz de Veiga, Riós, San Cibrao de Viñas, San Cristovo de Cea,

Sandiás, Taboadela, Verín, Vilamarín, Vilardevós, Vilariño de Conso, Vilar de Santos, Xunqueira de Am-

bía.

PONTEVEDRA

A Estrada, A Guarda, A Lama, As Neves, Arbo, Bueu, Cangas, Cerdedo, Cotobade, Crecente, Forcarei,

Lalín, Marín, Moraña, Mos, O Covelo, O Porriño, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Re-

dondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Tomiño, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa.