Guia nadal 14

2
entre a que hai arpoadores tan avezados como un caníbal, un indio ou un africano salvaxe. Baixo a dirección do capitán Achab, o Pequod e os seus marineros poñen rumbo a alta mar, ao encontro da gran balea branca. O capitán Achab ve na gran balea branca "a encarnación de todos os males", un mal incomprendido que se encoira no seu interior; con todo a sede de vinganza acaba anubrando o entendemento de Achab e convérteo a el mesmo en axente xerador do mal. Laura Gallego La leyenda del rey errante Walid é un caprichoso príncipe árabe cuxo maior desexo na vida é demostrar que é o mellor poeta de Arabia. Para iso, convoca tres certames no seu reino, pero é derrotado en todos por un humilde tecedor de alfombras cuxos versos están cheos de beleza. Envexoso do talento do home, decide vingarse del, impoñéndolle unha serie de tarefas imposibles, como ordenar o enorme e caótico arquivo de palacio ou tecer unha alfombra que conteña toda a historia da humanidade. O tecedor conségueo, pero na tarefa perde a razón, a vista e finalmente, a vida. Walid arrepíntese de haberlle destruído e cando a alfombra é roubada por uns ladróns abandona o seu reino e decide ir na súa busca. Este é o castigo que se impón para pagar a súa culpa. Comeza así un periplo de aventuras no que coñecerá a amizade, o amor, a humildade, a xenerosidade... é dicir, todo aquilo que é necesario para compoñer poemas cheos de vida. É unha novela sobre o destino dende a perspectiva de que somos nós quen o vai labrando cos nosos actos, sobre o arrepentimento, a redención e o perdón e sobre a evolución do ser humano ao longo da súa vida, todo elo encarnado no protagonista, Walid, que vai dende a crueldade e a ambición ata a humildade e a bondade. Roald Dahl Los mejores relatos de Roald Dahl A escritura de Dahl é cada vez máis apreciada polo mundo adulto, que se deixa seducir polo humor, a ironía e a imaxinación ao servizo dunhas situacións e uns personaxes inesquecibles. O autor emprega agudeza e sarcasmo, mestura o cómico e o grotesco e toca temas que non adoitan visitarse na literatura xuvenil, como a guerra, a privación da liberdade, a política ou a violencia. Esta colección de pequenos relatos inclúe algúns na liña doutras das súas obras xuvenís polas que é máis coñecido, xunto con outros relatos estremecedores, todos eles dunha lectura lixeira e atrapadora, da que custa traballo separarse ata chegar ao final da historia. Tódols contos, agás o relato bélico autobiográfico Katina, co que comeza o libro, posúen un sentido do humor seco, irónico, estrafalario, ou ata macabro e xeralmente, adoitan acabar con xiros inesperados do argumento. É sen dúbida un libro para coller gusto pola lectura. Herman Melville Moby Dick Incluímos nesta guía de lecturas como case sempre un clásico que podes atopar na biblioteca. O capitán Achab ten unha obsesión que domina a súa vida: vencer á enorme balea branca que lle arrebatou a súa perna, cuxa lenda negra forxouse coa morte dos baleeiros que intentaron darlle caza. Ismael, un mozo mestre de escola, se enrola xunto cun arpoador polinesio co que traba amizade chamado Queequeg no Pequod, un barco baleeiro que parte de Massachussets, gobernado por Achab. A bordo do Pequod, Ismael atópase cunha estraña tripulación de razas e procedenzas moi variadas, Inverno, vacacións, un bo libro… As túas neuronas quedaránche agra- decidas Bo Nadal Lecturas de Nadal 2014 Biblioteca CIFP Ferrolterra Podes consultar esta e outras guías na web do instituto, http://www.edu.xunta.es/centros/iesferrolterra/ en animación á lectura, dentro da sección da biblioteca. Tamén recomendamos

description

Guía de lecturas biblioteca cifp Ferrolterra

Transcript of Guia nadal 14

Page 1: Guia nadal 14

entre a que hai arpoadores tan avezados como un caníbal, un indio ou un africano salvaxe. Baixo a dirección do capitán Achab, o Pequod e os seus marineros poñen rumbo a alta mar, ao encontro da gran balea branca.

O capitán Achab ve na gran balea branca "a encarnación de todos os males", un mal incomprendido que se encoira no seu interior; con todo a sede de vinganza acaba anubrando o entendemento de Achab e convérteo a el mesmo en axente xerador do mal.

Laura Gallego La leyenda del rey errante Walid é un caprichoso príncipe árabe cuxo maior desexo na vida é demostrar que é o mellor poeta de Arabia. Para iso, convoca tres certames no seu reino, pero é derrotado en todos por un humilde tecedor de alfombras cuxos versos están cheos de beleza.

Envexoso do talento do home, decide vingarse del, impoñéndolle unha serie de tarefas imposibles, como ordenar o enorme e caótico arquivo de palacio ou tecer unha alfombra que conteña toda a historia da humanidade. O tecedor conségueo, pero na tarefa perde a razón, a vista e finalmente, a vida. Walid arrepíntese de haberlle destruído e cando a alfombra é roubada por uns ladróns abandona o seu reino e decide ir na súa busca. Este é o castigo que se impón para pagar a súa culpa. Comeza así un periplo de aventuras no que coñecerá a amizade, o amor, a humildade, a xenerosidade... é dicir, todo aquilo que é necesario para compoñer poemas cheos de vida.

É unha novela sobre o destino dende a perspectiva de que somos nós quen o vai labrando cos nosos actos, sobre o arrepentimento, a redención e o perdón e sobre a evolución do ser humano ao longo da súa vida, todo elo encarnado no protagonista, Walid, que vai dende a crueldade e a ambición ata a humildade e a bondade.

Roald Dahl Los mejores relatos de Roald Dahl A escritura de Dahl é cada vez máis apreciada polo mundo adulto, que se deixa seducir polo humor, a ironía e a imaxinación ao servizo dunhas situacións e uns personaxes inesquecibles.

O autor emprega agudeza e sarcasmo, mestura o cómico e o grotesco e toca temas que non adoitan visitarse na literatura xuvenil, como a guerra, a privación da liberdade, a política ou a violencia. Esta colección de pequenos relatos inclúe algúns na liña doutras das súas obras xuvenís polas que é máis coñecido, xunto con outros relatos estremecedores, todos eles dunha lectura lixeira e atrapadora, da que custa traballo separarse ata chegar ao final da historia.

Tódols contos, agás o relato bélico autobiográfico Katina, co que comeza o libro, posúen un sentido do humor seco, irónico, estrafalario, ou ata macabro e xeralmente, adoitan acabar con xiros inesperados do argumento.

É sen dúbida un libro para coller gusto pola lectura.

Herman Melville Moby Dick Incluímos nesta guía de lecturas como case sempre un clásico que podes atopar na biblioteca.

O capitán Achab ten unha obsesión que domina a súa vida: vencer á enorme balea branca que lle arrebatou a súa perna, cuxa lenda negra forxouse coa morte dos baleeiros que intentaron darlle caza. Ismael, un mozo mestre de escola, se enrola xunto cun arpoador polinesio co que traba amizade chamado Queequeg no Pequod, un barco baleeiro que parte de Massachussets, gobernado por Achab.

A bordo do Pequod, Ismael atópase cunha estraña tripulación de razas e procedenzas moi variadas,

Inverno, vacacións, un bo libro…

As túas neuronas quedaránche agra-

decidas

Bo Nadal

Lecturas de Nadal 2014

Biblioteca CIFP Ferrolterra

Podes consultar esta e outras guías na web do instituto, http://www.edu.xunta.es/centros/iesferrolterra/

en animación á lectura, dentro da sección da biblioteca.

Tamén recomendamos

Page 2: Guia nadal 14

Matt Wagner Batman Grendel A mitoloxía nórdica aportounos a bastantes personaxes de cómic. Un dos máis clásicos é Grendel, un ogro ou demo que apareceu por primeira vez nun poema danés, empezando polo mesmo Thor e continuando por varios viláns, como Loki. Un dos máis clásicos é Grendel, un ogro ou demo que apareceu por primeira vez nun poema danés, Grendel invade Hérot, onde o monstro asolagou Dinamarca devorando humanos. Foi Beo-wulf o que deixou as terras in-glesas para enfrontarse á besta.

No mundo dos cómics, Grendel foi a obra mestra de Matt Wagner na década dos 90. En dous miniseries que publicou naqueles anos, o monstro enfrontouse a Batman nunha historia que a España nos chegou por primeira vez da man de Zinca e Norma.

Esta edición de Batman-Grendel, de Planeta, coa que contamos na nosa biblioteca de é unha auténtica obra de arte, non xa pola historia da que pouco máis se pode dicir que é un clásico, senón polos debuxos, eses que sempre caracterizaron a Batman, de figuras angulosas e moi góticas, como realmente lle corresponde.

Ademais, o cómic-libro inclúenos unha serie de bocetos do autor ademais dun primeiro esbozo da historia que acabou por rexeitar.

Barnaby Legg-Jim McCarthy Eminem: en mi piel As cancións de Emi-nem convertéronse en auténticos himnos para toda unha xeración. Este é un relato gráfico sobre a superestrela mundial do rap, tan profundo e profano como o seu mesmo protagonista.

Un cómic rabioso e sincero sobre a vida de Marshall Mathers, seu nome real, dende os míseros tugurios subvencionados polo go-berno en Detroit, nos que pasou os seus anos mozos coa súa nai (o se pai abandonounos cando era moi pequeño), ata os grandes áticos de luxo das estrelas do hip hop.

Inspirada nas historias, os personaxes e a linguaxe das súas can-cións, e nos acontecementos biográficos máis sinalados do propio cantante, elabórase unha aventura dramática que narra a experien-cia vital da maior estrela pop internacional do momento.

Barnaby Legg-Jim McCarthy-Flameboy Kurt Cobain: el ángel erráti-co Este que presentamos é a novela gráfica baseada na vida de Kurt Cobain, que narra de forma maxistral a historia deste famoso cantante. Un percorrido que abarca dende os agradables comezos dunha infancia idílica, ata a profunda escuridade da súa tráxico final. A narración recorre tanto á torturada imaxe que de si mesmo tiña como aos eventos máis importantes da súa incomprendida vida, presentándonos por exemplo a Boddah, o amigo imaxinario que creou para intentar soportar durante a súa infancia, as constantes pelexas entre os seus pais; os seus pensamentos sobre o suicidio, que segundo el estaba impreso no seu ADN como unha pegada digital, as súas experiencias coas drogas durante a súa adolescencia e os seus primeiros rozamentos coa lei; ata chegar finalmente a Nirvana, e todo no que esta banda supuxo, tanto para el como para o resto do mundo.

Atópase precedida por un prólogo de 5 páxinas que cómpre mencionar, máis que nada pola calidade e precisión coa que o seu autor nos introduce á insólita obra retratada polo recoñecido debuxante Flameboy.

Stephen Desberg - Alain Queireix Miss Octubre. Playmates serial killer En Los Ángeles, a miúdo o ceo é amarelento, a choiva cálida, e as mulleres demasiado fermosas. Ata cando están mortas. Entre pan-tasmas de estrelas das deusas do glamour, descubríronse uns ca-dáveres, e foron denominados como as playmates do mes. Miss Xaneiro, degolada. Miss Febreiro, torturada. O inspector Clegg encárgase do caso. O seu camiño cruzarase co de Viktor, unha ladroa de talento. Ela ignórao aínda, pero o asasino en serie deci-

diu que moi pronto ela sexa... Miss Outubro. Unha historia policíaca na liña das mellores series do xénero, presentada polo editor belga Lombard. Un relato moderno que atrapa desde o primeiro momen-to, ambientado nos anos 60 e con todos os ingre-dientes dun gran thriller, grazas a un dúo de auto-res sensacional.

Paul Auster Brooklyn Follies O autor da Triloxía de Nova York, galardoado en 2006 co Premio Príncipe de Asturias das Letras, sorprende outra volta cunha novela na que conxuga brillantez, humor e axilidade

narrativa.

Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz.

Brooklyn Follies é unha novela chea de sorpresas, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso

e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda.

Coma no resto da súa obra, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass, o protagonista, non só atopa en Brooklyn un refuxio, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo.

Especial cómic

Da nosa colección