guía práctica para reciclar - santiagodecompostela.gal · As lámpadas teñen compoñentes como o...

24
guías da OMIC guía práctica Concellaría de Sanidade e Consumo para reciclar

Transcript of guía práctica para reciclar - santiagodecompostela.gal · As lámpadas teñen compoñentes como o...

guías da OMIC

guía práctica

Concellaría de Sanidadee Consumo

para reciclar

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:31 Página 1

EditaOficina municipal de información ao consumidor (OMIC)

CoordinaciónAntón Barba

D.L.: C 2179-2009

Esta guía é informativa e a súa finalidade pretende

concienciar da importancia da reciclaxe e dar a

coñecer dun modo rápido e sinxelo algúns dos

materiais que con máis frecuencia se atopa a persoa

consumidora así como onde depositalos. Dada a gran

cantidade de produtos que existen e dos múltiples

consellos que se poden dar, recollemos algúns dos

máis comúns, aínda que existen moitos máis que por

motivos de extensión non se recollen nesta guía.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:31 Página 2

3

Que é reciclar?Reciclar é transformar as formas e presentacións

dos obxectos de vidro, cartón, papel, lata, algúns plásticos

e residuos orgánicos, en materias primas que a industria

de manufactura pode utilizar de novo.

Que é a reciclaxe?A reciclaxe é o proceso que serve para dispoñer das partes

ou elementos dos artigos que, aínda que chegaron ao fin da

súa utilidade, admiten un uso adicional e prepáraos para a

súa nova utilización.

É un paso importante no proceso de eliminación de residuos.

A cadea de reciclado iníciase cando as persoas

consumidoras separan os envases dos produtos do resto

do lixo e os depositan nos colectores axeitados.

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

LEMBRA

que reciclar

é unha forma

de protexer

o medio

As persoas consumidoras deben concienciarse da importancia de reducir, reutilizar e reciclar.Adoptar hábitos de conduta que permitan

diminuír ao máximo o impacto medioambiental,participar de forma activa na protección dos ecosistemas, e colaborar na conservación do planeta, constitúe unhaobriga para todas as persoas.

A reciclaxe

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:32 Página 3

guías da OMIC

4

Materiais que podemos reciclarO lixo diario, a chatarra informática, o papel e o cartón,

os teléfonos móbiles, as bolsas de plástico, lámpadas

e aparatos eléctricos ou electrónicos entre outros.

REDUCIR,

REUTILIZAR e

RECICLAR

Para contribuír a solucionar o problema do lixo é necesario

que as persoas consumidoras adopten unha serie de usos ou

costumes que se resumen na coñecida lei dos tres erres:

REDUCIR quere dicir tirar menos, e para iso é necesario

deixar de mercar cousas que non sexan urxentes e facer

un consumo racional e responsábel. Trátase de realizar

algunhas accións tales como elixir produtos con menos

envoltorios, diminuír o uso do papel de aluminio, limitar

o consumo de produtos de usar e tirar, ou reducir o consumo

de auga e enerxía.

REUTILIZAR quere dicir gardar e volver utilizar.

Podemos volver utilizar moitas cousas ou darllas a alguén

para que poida reutilizalas antes de tiralas ao lixo, como

regalar a roupa que non nos serve, comprar líquidos

en botellas de vidro retornábel, etc.

RECICLAR quere dicir converter unha cousa vella nunha

nova. Aínda que hai moitos obxectos que non se poden

reutilizar, as súas pezas ou materiais pódense reciclar

unha e outra vez.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:32 Página 4

A reciclaxe

5

O lixo diarioNo lixo que cada día levamos ao colector, máis da metade

é materia orgánica, desperdicios de comida, que se poden

recuperar para converter en fertilizantes para a terra.

O resto, está constituído por material inerte como

plásticos, latas, vidro, papel ou cartón, do que a gran

maioría son envases ou embalaxes de produtos a cuxo

envoltorio poderiamos darlle un novo uso.

Tamén atopamos outros materiais que poden ser

tóxicos e altamente contaminantes como pilas,

produtos de limpeza, pinturas ou medicamentos

que necesitan unha forma de recollida específica.

O primeiro paso que podemos dar dende

as nosas propias casas, consiste na recollida

selectiva do lixo, separándoo e clasificándoo

para facilitar o seu depósito nos

colectores adecuados.

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

PARTICIPA

coa recollida

selectiva do lixo

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:32 Página 5

guías da OMIC

6

OrdenadoresNa composición dun ordenador existen diversos elementos

que unha vez convertidos en residuos poden ser moi daniños

para a natureza, como o platino, o cobre, o mercurio

ou mesmo a pila ou baterías dos ordenadores portátiles.

Debido ao alto potencial contaminante dos seus

compoñentes cómpre concienciarse da importancia

de depositar este tipo de residuos electrónicos en lugares

de recollida habilitados para o efecto.

Este tipo de residuos que coñecemos como

“chatarra informática” podemos:

:: Depositalos nun punto de reciclado ou punto limpo

:: Doalos a unha ONG ou a entidades sen ánimo de lucro

:: Devolvelos aos distribuidores

Papel e cartónReciclar papel e cartón supón unha achega importante

na mellora da calidade ambiental, xa que contribúe

á preservación dos bosques, evita a contaminación da auga

e supón un aforro importante de madeira e de enerxía.

Por iso, é necesaria a correcta utilización dos colectores

azuis, coñecer que residuos se poden depositar neles.

É moi importante que o papel e o cartón non leven

restos doutros residuos, xa que neste caso contaminan

ao resto e dificultan a súa reciclaxe por se ter que separar

posteriormente nas plantas de recuperación.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:32 Página 6

A reciclaxe

7

Os panos de papel usados, o papel de cociña, os envases de

tetrabricks, o papel de aluminio ou sanitario e as etiquetas

adhesivas non é correcto depositalos nestes colectores.

Teléfonos móbilesO auxe da telefonía móbil provoca que cada vez sexa

máis fácil cambiar de terminal telefónica, motivado,

ás veces, polas múltiples ofertas que ofrecen as compañías

telefónicas ou simplemente por cuestións de moda.

Os teléfonos móbiles conteñen no seu interior pezas

de plástico que tardan anos en degradarse, e tamén metais

tóxicos como chumbo, níquel, cobre, cadmio ou zinc,

que se acumulan nos organismos vivos e que afectan

á cadea alimentaria e xerando a posibilidade da aparición

de enfermidades. É necesario tomar conciencia da

importancia de que estes aparatos terminen nunha planta

de reciclado e non nun vertedoiro ou no lixo.

Existen moitos puntos de recollida nos concellos,

servizos técnicos, puntos limpos, tendas de operadores

e outras entidades onde se poden depositar estes artigos,

evitando tiralos directamente ao lixo.

A realización das campañas de reciclado son moi

importantes, xa que os teléfonos que se recollen envíanse

a países subdesenvolvidos ou lévanse a plantas de reciclado,

onde se separan as pezas do móbil e se aproveitan para

facer novos equipos.

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

LEMBRA

non botar

papeis sucios

ou manchados

con graxa

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

PROCURA

non tiralos

directamente

ao lixo

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:33 Página 7

guías da OMIC

8

Bolsas de plásticoAs bolsas de plástico teñen un alto poder

contaminante e producen un efecto tan negativo

sobre o entorno que fan necesario adoptar unha serie

de medidas tanto por parte das institucións e as empresas

como por parte das persoas consumidoras.

Nalgúns países adóptanse medidas drásticas para reducir

o seu uso, que van dende a súa reutilización, o seu cobro,

a substitución por outras de tipo biodegradábel ou incluso

a prohibición do seu uso.

As bolsas están compostas por substancias derivadas

do petróleo que tardan moito tempo en degradarse,

danando os ecosistemas naturais, polo que o papel

das persoas consumidoras é fundamental neste proceso

de redución do seu uso.

LámpadasAs lámpadas teñen compoñentes como o mercurio, no caso

das fluorescentes e nas de baixo consumo ou aforro que

pode repercutir negativamente sobre o hábitat natural e

afectar gravemente á saúde; pero tamén conteñen vidro e

metais que poden recuperarse e aproveitarse de novo, polo

que é necesario concienciar á cidadanía da importancia de

depositalas nos puntos limpos ou en centros de recollida e

reciclaxe para evitar o seu forte impacto ambiental.

As persoas consumidoras poden solicitar información nos

propios concellos ou nas asociacións de produtores de

lámpadas, que dispoñen dunha listaxe dos centros

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

REDUCE

o uso

de bolsas de

plástico

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:33 Página 8

9

A reciclaxe

de recollida temporal de residuos ou dun teléfono

de información onde indican os puntos de recollida

e de colectores.

As lámpadas rotas ou que simplemente xa non se van usar

non se deben tirar directamente ao lixo, senón que deben

ser recollidas de modo selectivo sen mesturarse con outros

residuos e transportalas de modo que se facilite o seu

posterior tratamento.

Colectores e residuosSe contribuímos á reciclaxe do diverso material que de

cotío xuntamos son moitas as vantaxes que se poden

acadar no beneficio do medio e de nós mesmos.

O material orgánico que vai aos vertedoiros serve

posteriormente para compostaxe ou fertilizante na

agricultura. Co aceiro e co aluminio pódense fabricar

bicicletas, tubos de escape, electrodomésticos e tamén

novas latas. As latas pódense reciclar nun 100% incluída a

súa chapa. O vidro pódese reciclar para fabricar novos

envases. Así mesmo, bolsas, sinais de tráfico, caixas de

deterxente, mobiliario urbano, etc. pódense facer a partir

dos envases plásticos reciclados.

Cando a reutilización non é posíbel, a solución é a reciclaxe,

e por iso é conveniente saber en que colector se deben tirar

os residuos.

Coñecer os distintos tipos de colectores de que dispoñemos e

familiarizármonos con que materiais podemos depositar neles

é unha responsabilidade de todas as persoas consumidoras.

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

LEVA

as lámpadas

aos puntos de

recollida

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:34 Página 9

guías da OMIC

10

COLECTOR VERDE ESCURO

• Material orgánico de orixe doméstico,

ou sexa, restos de comida.

• Tamén se debe depositar nel

o papel e o cartón manchado de graxa,

bolígrafos, espellos, louza rota, etc.

• Xeralmente ten forma de iglú

e nel deposítanse os envases de vidro,

botellas de calquera cor,

tarros de alimentación,

frascos de conservas,

tarros de cosmética e perfumaría, etc.

COLECTOR VERDE CLARO OU IGLÚ

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

LEMBRA

NON DEPOSITARES

lámpadas, cristais, espellos,

cerámica, nin vasos

• Só envases

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:34 Página 10

A reciclaxe

11

COLECTOR AZUL

• Residuos de papel e cartón: periódicos, revistas,

folletos, bolsas de papel, folios, caixas de galletas

ou de deterxentes, bandexas de cartón, papeis de

envolver, propaganda, etc.

• Envases lixeiros de plásticos para alimentación:

botellas de auga, de refrescos, de leite, envases de

produtos lácteos, bandexas e caixas de cortiza branca,

tapas e tapóns de plástico, vasos, cubertos e pratos

desbotábeis, bricks, filme alimentario, etc.

• Envases de plástico para produtos de aseo e limpeza:

botes de xampú, desodorizantes, pasta de dentes, xel de

baño, xabón líquido, limpadores domésticos, deterxentes

líquidos e en po, sprays de limpeza, etc.

• Envases metálicos: botes de bebidas, latas

de conservas, aerosois, chapas e latas de metal,

pratos, papel e bandexas de aluminio, etc.

COLECTOR AMARELO

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

LEMBRA

NON DEPOSITES

xoguetes rotos aínda

que sexan de plástico

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

NON DEPOSITES papel de

autocopiado, papel térmico

de fax, etiquetas adhesivas,

nin tampouco os bricks.

LEMBRA

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:36 Página 11

guías da OMIC

12

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

LEMBRA

EN CASO DE DUBIDA,

tirar os residuos ao contedor

verde escuro ou xenérico, para non

entorpecer o labor da reciclaxe.

Ecoembes é unha sociedade anónima sen ánimo de lucro

que xestiona en España a recollida e reciclaxe dos envases

lixeiros (envases de plástico, latas e bricks) e de papel

e cartón.

Ecovidrio é a asociación sen ánimo de lucro que xestiona

a reciclaxe do vidro en España.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:36 Página 12

A reciclaxe

13

Punto SIGREÉ un colector localizado nalgunhas farmacias para depositar

os restos de medicamentos e os seus envases e prospectos

así como os medicamentos caducados.

Puntos limposSon centros de recollida de residuos para os que

non existe un colector específico debido ao seu tamaño

ou ao seu perigo. Algúns materiais que se poden levar

a un punto limpo son baterías, electrodomésticos,

aceites de cociña, metais, ordenadores, CDs,

cámaras de vídeo e cámaras de foto, mobles,

aerosois, pinturas, colchóns, roupa e calzado,

entullo e chatarras varias.

que

reciclar é

unha forma de

protexer o Medio

LEMBRA

NON SE DEBEN BOTAR

xeringas, coitelas,

termómetros, etc.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:36 Página 13

guías da OMIC

14

Residuos de aparatos eléctricos e electrónicosO Real decreto 208/2005 de 25 de febreiro relativo

aos aparatos eléctricos e electrónicos e á xestión dos seus

residuos, máis coñecido como RAEE, e que incorpora

ao dereito nacional as directivas europeas aprobadas

nesta materia; ten por obxecto, entre outros, estabelecer

medidas para prever a xeración de residuos procedentes

deste tipo de aparatos, reducir a súa eliminación e

o perigo dos seus compoñentes, así como regular a súa

xestión para mellorar a protección do medio.

Aparatos que se recollen no RAEE?

Grandes electrodomésticos: grandes equipos

refrixeradores, frigoríficos, conxeladores, lavadoras,

secadoras, lavalouzas, cociñas, estufas eléctricas,

placas de calor eléctricas, fornos de microondas e grandes

aparatos utilizados para cociñar e noutros procesos de

transformación de alimentos, aparatos de calefacción

eléctricos, radiadores eléctricos e outros grandes

aparatos utilizados para quentar habitacións, camas,

mobles para sentarse, ventiladores eléctricos,

aparatos de aire acondicionado e outros

aparatos de aireación.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:37 Página 14

A reciclaxe

15

Pequenos electrodomésticos: aspiradoras,

limpamoquetas e outros aparatos e difusores de limpeza

e mantemento, aparatos utilizados para coser, facer punto,

tecer, etc., pranchas, torradoras, frixideiras, muíños, cafeteiras

e aparatos para abrir ou precintar envases ou paquetes,

coitelos eléctricos, aparatos para cortar e secar o pelo,

para cepillar os dentes, máquinas de afeitar, aparatos

de masaxe e outros coidados corporais, reloxos,

reloxos de pulseira e aparatos destinados a medir,

indicar e rexistrar o tempo, balanzas, etc.

Equipos de informática e telecomunicacións:

ordenadores persoais e portátiles, impresoras, copiadoras,

teléfonos, terminais de fax e télex, contestadores

automáticos, máquinas de escribir eléctricas ou electrónicas,

calculadoras de mesa ou de peto, etc.

Aparatos electrónicos de consumo: radios,

televisores, vídeo cámaras, vídeos, cadeas de alta fidelidade,

amplificadores de son, instrumentos musicais, outros

produtos ou aparatos utilizados para rexistrar ou

reproducir son ou imaxe incluídos os sinais e

tecnoloxías de distribución de son e imaxe distintos

da telecomunicación.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:38 Página 15

guías da OMIC

16

Aparatos de iluminación: luminarias para lámpadas

fluorescentes, excluídas as luminarias de fogares

particulares, lámpadas fluorescentes rectas e compactas,

lámpadas de descarga de alta intensidade incluídas as

lámpadas de sodio de presión e as de haluros metálicos,

lámpadas de sodio de baixa presión e outros aparatos de

iluminación utilizados para difundir e controlar a luz.

Quedan excluídas as lámpadas de filamentos.

Ferramentas eléctricas e electrónicas: perforadores,

serras, máquinas de coser, ferramentas para tornear, remachar,

soldar, pulverizar, cortacéspedes e outras ferramentas.

Xoguetes, equipos deportivos e de tempo libre:

trens eléctricos, coches en pista eléctrica, consolas

portátiles, videoxogos, ordenadores para realizar ciclismo,

submarinismo, correr, remar etc, material deportivo

con compoñentes eléctricas ou electrónicas, máquinas

recreativas e outros xoguetes ou equipos deportivos

e de tempo libre.

Aparatos médicos: aparatos de radioterapia, cardioloxía,

diálise, ventiladores pulmonares, etc.

Instrumentos de vixilancia e control: detector de fumes,

reguladores de calefacción, termóstatos, aparatos de

medición, peso ou medida para o fogar.

Máquinas expendedoras: de bebidas quentes, de botellas

ou latas frías ou quentes, de produtos sólidos, expendedoras

de cartos. Así tamén, todos os aparatos para o subministro

automático de calquera clase de produtos.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:38 Página 16

A reciclaxe

17

Que facer cos aparatos eléctricos e electrónicos?:: Cando a persoa usuaria adquire un novo produto

que sexa equivalente ou realice as mesmas funcións

que o aparato que desbota, poderá entregalo

no acto da compra ao distribuidor para que sexa

xestionado correctamente.

A entrega será sen custe polo menos

para o último posuidor.

:: As entidades locais de máis de 5.000 habitantes

deberán asegurar a través dos seus sistemas

municipais e no marco das súas competencias en

materia de xestión de residuos urbanos, a recollida

selectiva dos residuos de aparatos eléctricos

e electrónicos procedentes dos fogares.

:: Nos municipios de 5.000 habitantes ou menos

levarase a cabo nos termos que estabeleza a normativa

da súa respectiva comunidade autónoma.

En todo caso, disporán dun número suficiente de

instalacións distribuídas de acordo con criterios, entre

outros, de accesibilidade, dispoñibilidade e densidade

de poboación.

+5.000

-5.000

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:38 Página 17

guías da OMIC

18

Que se entende por?De cotío manexamos diversos termos que utilizamos

por costume pero dos que descoñecemos realmente

o seu significado, algúns deles son os seguintes:

:: Aparatos eléctricos e electrónicos: aparatos

que necesitan para funcionar corrente eléctrica

ou campos electromagnéticos. Están destinados

a seren utilizados cunha tensión nominal non superior

a 1.000 V en corrente alterna e a 1.500 V en corrente

continua, así como os aparatos necesarios para xerar,

transmitir e medir tales correntes e campos.

:: Residuos de aparatos eléctricos e electrónicos:

aparatos eléctricos e electrónicos, os seus materiais,

compoñentes, consumíbeis e subconxuntos que os

compoñen procedentes tanto de fogares particulares

como de usos profesionais, a partir do momento

no que pasan a ser residuos.

:: Residuos urbanos ou municipais: os xerados

nos domicilios particulares, comercios, oficinas

e servizos, así como todos aqueles que non teñan

a cualificación de perigosos e que pola súa natureza

ou composición poidan asimilarse aos producidos

nos anteriores lugares ou actividades.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:39 Página 18

A reciclaxe

19

:: Recollida selectiva: sistema de recollida diferenciada

de materiais orgánicos fermentábeis e de materiais

reciclábeis, así como calquera outro sistema de recollida

diferenciada que permita a separación dos materiais

susceptíbeis contidos nos residuos.

:: Reciclado: transformación dos residuos dentro

dun proceso de produción para o seu fin inicial

ou para outros fins, incluída a compostaxe e

a biometanización, pero non a incineración

con recuperación de enerxía.

:: Reutilización: emprego dun produto usado para o

mesmo fin para o que foi deseñado orixinariamente.

:: Vertedoiro: instalación de eliminación que se destina

ao depósito de residuos na superficie ou baixo terra.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:39 Página 19

guías da OMIC

20

Recomendacións para fomentar a reciclaxe :: Xera a menor cantidade de lixo posíbel

e recólleo de forma selectiva. Coloca por separado a

materia orgánica o papel e o cartón, o vidro, o plástico,

as pilas, as medicinas, etc.

:: Rexeita produtos de “usar e tirar”

e reutiliza todo aquilo que aínda pode ser útil.

:: Usa panos de tea e cubertos de metal e non de papel

e cubertos de plástico.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:39 Página 20

A reciclaxe

21

:: Compra artigos feitos con material reciclado,

así contribuirás a potenciar o seu uso a reducir

o consumo dos recursos naturais básicos.

:: Evita artigos con embalaxes innecesarios

e utiliza envases retornábeis.

:: Limpa os envases e prega os cartóns

para reducir o seu volume.

:: Retira as tapas e os tapóns dos envases de vidro

antes de depositalos no colector.

:: Opta por artigos a granel ou sen empacar,

así como por produtos de tamaño familiar

e prescinde das froitas, carnes ou verduras envasadas

en bandexas de plástico.

:: Leva o carro para facer a compra ou bolsas de lona

ou de tea para evitar as bolsas de plástico.

:: Limita o uso do papel de aluminio

e do filme ou plástico alimentario.

:: Reutiliza o papel xa usado, reduce o seu uso

e aprovéitao ao máximo.

:: Doa a roupa que non che serve que estea en boas

condicións a unha ONG ou a asociacións de caridade

que sexan coñecidas.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:39 Página 21

SÍMBOLOS DA RECICLAXE

guías da OMIC

22

Moitas veces atopamos nos produtos alimentarios ou

de uso doméstico uns pequenos símbolos dos que

nunca nos preocupa moito o seu significado.

Vexamos algúns deles:

Punto verde: os envases que o levan poden ser ou foron xa reciclados. Ofrecen información sobre o tipo de material con que están fabricados e o lugar onde deben depositarse para a súa reciclaxe. Os envases que poden levar este símbolo son de vidro, de plástico, envases metálicos e de tipo brick; de cartón e de papel.

O anel ou círculo de Möbius: é un símbolo recoñecido a nivelinternacional. Significa que o produto ou envase está feito conmateriais que poden ser reciclados na súa totalidade. Se no anelaparece o símbolo de porcentaxe no medio expresa que esacantidade específica será reciclada. Este dato adoita aparecer en envases e caixas de cartón.

O “Tidyman”: é unha figura humana que deposita un residuonunha papeleira e indica que a persoa consumidora é responsábelde desfacerse del nun lugar axeitado.

As botellas de vidro poden combinar o anel de Moebius e o moneco que deposita un envase nun colector, para concienciara persoa consumidora da importancia de utilizar os iglús ou colectores verdes.

Punto Sigre: colectores para a recollida de medicamentos e os seus envases. Pódense atopar nalgúns estabelecementosfarmacéuticos.

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:39 Página 22

SÍMBOLOS DA RECICLAXE

A reciclaxe

23

Os símbolos que se utilizan no plástico, debido

ás súas variedades en composición e reciclaxe,

levan un número distintivo:

1- PET ou PETE (polietileno tereftalato): unha vez recicladopódese utilizar en mobles, alfombras, fibras téxtiles, fibras de poliéster,pezas de automóbil e tamén en novos envases de alimentos.

2- HDPE (polietileno de alta densidade): recíclase de diversasformas, en tubos, en botellas de deterxentes e limpadores, enmobles de xardín, en bolsas, botellas, botes de aceite, etc.

3- V ou PVC (vinílicos ou cloruro de polivinilo): cando se reciclaconvértese en paneis, tarimas, tapetes, botellas non alimentarias, etc.

4- LDPE (polietileno de baixa densidade): despois de recicladopódese utilizar en colectores e papeleiras, sobres, paneis, tubaxesou baldosas, etc.

5- PP (polipropileno): co reciclado obtéñense sinais luminosos,cables de batería, vasoiras, cepillos, raspadores de xeo, bastidoresde bicicleta, angazos, partes de automóbiles, caldeiros, paletas,bandexas, etc.

6- PS (poliestireno): utilízase en pratos e vasos de usar e tirar, oveiras,bandexas de carne, envases de aspirina, caixas de CD, etc. É un materialdifícil de reciclar, aínda que del pódense obter diversos produtos.

7- Outros: aquí inclúese unha diversidade de plásticos moi difícilesde reciclar como poden ser algunhas clases de botellas de auga,materiais a proba de balas, DVD, lentes de sol, MP3 e PC, certosenvases de alimentos, etc.

1PETEPET

1

HDPE

2

3PVCV

3

4LDPE

5PP

6PS

7OTHER

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:39 Página 23

Concellaría de Sanidadee Consumo

Rúa Salvador Allende 6-8Tel. 981 542 314

SANTIAGO DE COMPOSTELA

www.santiagodecompostela.org

Colaboran:

RECICLAXE RELLA•.qxp:15x20 26/06/09 11:39 Página 24