GUME 6

5
Nº 6_Ano III_Febreiro/Marzo 08_ ADIANTE Vigo/O Morrazo Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza. Editorial Roubáronnos o mar Cada vez é mais difícil ollar a Ría dende calquer ponto do casco urbán de Vigo. O edificio administrativo da Xunta, o novo auditorio ou o Centro Comercial A Laxe, lonxe de “abrir Vigo ao mar”, como nos vendían os partidos do concello, suman mais mamotretos entre os ollos do pobo vigués e o oceano atlántico. Este último centro comercial, ademais de nos roubar as vistas, quere despois revendérnolas. O CC A Laxe tapa os históricos miradores do casco vello vigués, pero despois ofrécenos “amávelmente” unha rampa para acceder aos seus “privilexiados balcóns” ao mar. Iso si, pasando polo CC A Laxe, polo que aí está o cebo. Vas mirar as vistas e depaso, cegad@ polo consumismo, saes cun vestido de Adolfo Dominguez, cun cartón da velenosa comida-lixo do Burguer King e cunha cámara dixital do Media Mark a pagar en incómodos prazos. Anque logo non chegues a fin de mes. Por outro lado, nolo presentan todo moi bonito, pero a saturación destes xiganescos centros comerciais na nosa comarca está a ter xa as primeiras consecuencias nos CC ´s que levan mais tempo, como o CC Travesía, o CC Praza Elíptica e, incluso o CC Gran Vía, nos que os peches de negocios están a deixar sen emprego a ducias de mozas e mozas xa de por sí precari@s. 10 de Marzo O da memoria foi históricamente (e é) un exercicio fundamental para a esquerda independentista. O resultado deste esforzo colectivo por repensarmos hoxe os tempos pasados é sempre satisfactorio: extraemos as ensinanzas básicas que permiten ollar de fronte, sen temor, ao futuro e, como tal, trazar a rota da nosa vida cotiá. E é a nós, á mocidade, a quen nos corresponde, sobor de todo, este exercicio: a memoria debe ser e é a nosa principal escola política.

description

Voceiro comarcal ADIANTE Vigo

Transcript of GUME 6

Nº 6_Ano III_Febreiro/Marzo 08_ ADIANTE Vigo/O Morrazo

Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza.

… Editorial …

Roubáronnos o mar Cada vez é mais difícil ollar a Ría dende calquer ponto do casco urbán de Vigo. O edificio administrativo da Xunta, o novo auditorio ou o Centro Comercial A Laxe, lonxe de “abrir Vigo ao mar”, como nos vendían os partidos do concello, suman mais mamotretos entre os ollos do pobo vigués e o oceano atlántico.Este último centro comercial, ademais de nos roubar as vistas, quere despois revendérnolas. O CC A Laxe tapa os históricos miradores do casco vello vigués, pero despois ofrécenos “amávelmente” unha rampa para acceder aos seus “privilexiados balcóns” ao mar. Iso si, pasando polo CC A Laxe, polo que aí está o cebo. Vas mirar as vistas e depaso, cegad@ polo consumismo, saes cun vestido de Adolfo Dominguez, cun cartón da velenosa comida-lixo do Burguer King e cunha cámara dixital do Media Mark a pagar en incómodos prazos. Anque logo non chegues a fin de mes.

Por outro lado, nolo presentan todo moi bonito, pero a saturación destes xiganescos centros comerciais na nosa comarca está a ter xa as primeiras consecuencias nos CC´s que levan mais tempo, como o CC Travesía, o CC Praza Elíptica e, incluso o CC Gran Vía, nos que os peches de negocios están a deixar sen emprego a ducias de mozas e mozas xa de por sí precari@s.

10 de Marzo O da memoria foi históricamente (e é) un exercicio fundamental para a esquerda independentista. O resultado deste esforzo colectivo por repensarmos hoxe os tempos pasados é sempre satisfactorio: extraemos as ensinanzas básicas que permiten ollar de fronte, sen temor, ao futuro e, como tal, trazar a rota da nosa vida cotiá. E é a nós, á mocidade, a quen nos corresponde, sobor de todo, este exercicio: a memoria debe ser e é a nosa principal escola política.

O 10 de marzo de ano 1972, Daniel Niebla e Amador Rei, sindicalistas e traballadores os dous do estaleiro de Bazán, foron asasinados namentres se manifestaban contra da tiranía fascista, nunha vaga de protestas que percorreu o espiñazo de Galiza e removeu os cimentos de franquismo. Eles esixían o recoñecemento efectivo de dereitos de negociación ao proletariado, para que este puidese decidir o seu mañá e tivese a oportunidade de defender en todo intre os seus intereses de clase. A data da súa morte conmemórase ano a ano co nome: Día da Clase Obreira Galega.

Semella que pasaron moitos anos: Acúsannos de rescatar vellas pantasmas. Mais a realidade é moi outra. A realidade é que (malia o que digan os manuais universitarios) aínda segue a existir unha clase obeira galega que se recoñece como tal. Que aínda hoxe (36 anos despois) o poder decisorio da clase traballadora está a ser coutado pola actuación conxunta de poderes públicos e a patronal. Que o paro e a precariedade azoutan cruelmente o noso País. Que a sobre-explotación dos sectores máis vulnerábeis (mocidade, mulleres, inmigrantes) se agrava decote. Que a tendencia á desprotección do proletariado é a norma. Que a criminalización deste e a persecución das traballadoras e dos traballadores sindicalmente máis activos prosegue. Que a emigración é unha hemorraxia que non cesa. Que os sindicaos hexemónicos son mercadorías que se venden a Madrid e ao patrón de turno.

En resumo: que ao igual ca no 1972, a loita de clases continúa!Por todo isto, unha vez máis, a clase obreira galega tomará as rúas do noso País, abocado a se converer co esforzo de todas e todos nós, na futura República Galega.

Acción … Contestación á ofensiva fascistaNo editorial do GUME de Setembro/Outubro´07 titulábamos “O fascismo reármase”, advertindo dos perigosos movementos que se estaban a dilucidar nos distintos tentáculos do rexime. O certo é que non nos trabucamos moito, pero ademais de se rearmar, o imperialismo español, en época de “circo electoral” está ademais a se tornar moi agresivo en todas as súas manifestacións.

Represalias a estudantes tras ser agredid@s por paramilitares armados dentro dun recinto universitario, represalias “exemplarizantes” a sindicalistas por participar nos piquetes e nas folgas obreiras, represalias por queimar o monicreque dun monicreque, represalias e cargas policiais ás/aos defensoras/es do noso idioma por facer fronte aos/ás xenocidas que queren exterminar á lingua galega no nome da “libertad de lengua”, etc…Só aquí na Ría, en poucas semanas xa tivemos que provar a raiva irracional do fascismo e dos seus esbirros en varias ocasións. A máis grave foi o 20 de febreiro, cando unha protesta pacífica contra a secta anti-galega Galicia Bilíngüe (vinculada ao grupúsculo ultradereitista España y Libertad) foi reventada a mocadas e botes de fume por macacos “antidisturbios”. Ademais varias persoas foron agredidas por membros da secta, un membro de Ceivar tivo que ser atendido no hospital e un compañeiro colaborador da nosa Agrupación foi espancado e levado á comisaría.Como diciamos hai catro meses, agora só cabe resistir para contra-atacar.

8_M … Esquecidas, manipuladas, asoballadasEn breve anunciaremos na nosa web nacional www.adiantegz.org a convocatoria da nosa exposición itinerante co gallo do día internacional da muller traballadora (subraiamos para que non se esqueza…). Levamos a exposición á rúa porque queremos levar o exemplo destas mulleres a todo o pobo, e non só a círculos e lugares mais familiarizados coa historia da loita histórica das mulleres por ter voz propia.

O título da exposición itineante, que comezará nas comarcas da nosa Ría, “Esquecidas, manipuladas, asoballadas” recolle o exemplo de loitadoras que a historia nega, terxiversa ou aínda segue a purgar.

[Na orde das imaxes]: Sofía Casanova: foi testemuña da Iª Guerra Mundial, das loitas sufraxistas británicas e da Revolución Bolxevique, posicionouse a prol da resistencia do Rif contra a ocupación española, María Casares: exiliada en París dende cativa, converteuse na primeira grande actriz galega e nunha das mellores do panorama internacional, Chian Ching: foi unha das grandes valedoras da revolución cultural chinesa, sufríu duras represalias por parte do reformismo “comunista”, Carme Cornes: dende Galiza ou dende Arxentina loitou pola amnistía, polo esclrecemento da desaparición do seu fillo e contra a impunidade dos responsábeis, Angela Davis: a súa militancia marxista e antirracista levouna á cadea en varias ocasións, foi nomeada “honoris causa” pola Universidade de Moscova, Bernardette Devlin: a súa radical defensa da clase traballadora da Irlanda do Norte levouna a ser a parlamentaria mais nova da cámara británica, Emma Goldman: sufríu cadea e persecución polas súas actividades axitativas e de acción directa, é unha das grandes teóricas do anarquismo, Louise Kautsky: foi compañeira de Rosa Luxemburgo na revolución, morreu no campo de concentración de Auschwitz, Alexandra Kollontai: unha das primeiras mulleres en combinar a loita feminista e a de clase, convertiuse na primeira diplomática da URSS, Maruxa Mallo: dotada dun grande talento artístico, ponse á altura das/os grandes pintoras/es do século XX e se convirte nunha das mais importantes de Galiza, Ulrike Meinhof: simbolizou á unha nova xeración que apostaba por métodos armados na loita contra o capital, foi “suicidada” na prisión con outras/os compañeiras/os pola Alemaña Occidental, Louise Michel: tras ser unha das figuras mais destacadas na defensa da Comuna de París, sufríu cadea e exilio o resto da súa vida polas súas actividades revolucionarias, Fca. Morlán Pancha: sendo mestra vocacional, continuou impartindo unha educación libre e dun xeito clandestino durante os anos da ditadura, Enriqueta Otero: fuxiu das gadoupas do fascismo español e iniciou a súa vida guerrilleira, tras serlle anulada a pena de morte reiniciou a súa actividade docente en Lugo, Olivia Pose: participou coa súa veciñanza nas loitas labregas pola defensa das súas terras, enfrentouse á Garda Civil, sendo apaleada cos fusís, Xesusa Prado: foi represaliada polos golpistas do 36 polas súas actividades comunistas, exiliada en Cuba, participou activamente na súa Revolución, Celia Sánchez: participou activamente no asalto do cuartel de Moncada e en todos os aspectos do posterior desenvolvimento da Revolución cubana, María Soliña: tras organizar a resistencia das mulleres contra as violacións dos piratas que asaltaban o Morrazo, sufríu as torturas da Inquisición española acusada de “bruxeria”, Olimpia Valencia: rematou os estudos de cirurxía antes da chegada da IIª República, durante o franqusmo tivo problemas por exercer a xinecoloxía sendo muller, e Clare Zetkin: foi unha activa socialista e feminista alemá, convertiuse en dirixente da Komintern e do Congreso de mulleres da Internacional.

En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_En Mo

..._O Foro da Mocidade de Vigo inicia unha campaña pola lingua, que ten como obxectivo frear a tendencia desgaleguizadora da mocidade da nosa comarca. A campaña terá o seu epicentro nos centros de ensino e nos lugares de lecer xuvenil. _A Frente Popular Galega lanza a nivel nacional unha campaña contra o carácter colonial das empresas de explotación enerxética radicadas na nosa Terra. A campaña, que sae á rúa co lema Produción enerxética, lucro colonial, durará todo o ano 2008, ano do 20º aniversario do partido comunista e independentista._A Alternativa Canguesa de Esquerda (ACE) segue a se manter firme nos posicionametos que a levaron a representar os intereses populares da veciñanza de Cangas nas últimas eleccións municipais, malia a traizón que semella poden levar a cabo a alcaldesa Clara Millán e os outros dous partidos do goberno en torno aos terreos do Salgueirón. _A unión comarcal de Vigo da CUT celebrou no sábado 23 de Febreiro unha concurrida asemblea comarcal na que se debateron os infomes de xestión e se tracexaron as liñas extratéxicas a seguir nos próximos meses. Membros de ADIANTE afiliad@s ao sindiclato de clase particpamos activamente no plenario.

Colabora e participa nos centros sociais da nosa área !!

Rúa Romil – Vigo Lugar da Formiga – Redondela Rúa Real - Vigo

Reboredo – Cangas Rúa Toledo - Vigo Praza de Abastos – Ponteareas

_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_BPor Tasio

Contacta con nós, organízate e loita!www.adiantegz.org [email protected] [email protected]