Idade contemporánea
Transcript of Idade contemporánea
IDADE CONTEMPORÁNEA
Dous acontecementos de gran relevancia
marcan o comezo da Idade Contemporánea:
• A Revolución Francesa, a máis
importante das revoltas que no século
XVIII estalan contra as monarquías
absolutas.
• Revolución industrial, conxunto de
profundos cambios técnicos e económicos
que van transformar a forma de traballar e
de vivir da sociedade da Idade
Contemporánea.
A Idade Contemporánea comeza coa Revolución Francesa en 1789 e chega ata os
nosos días.
Nese ano, en Francia, a xente do común (campesiños, artesáns e burgueses) rebelouse
contra o rei, os nobres e o clero por considerar inxustas as súas condicións de vida.
Causas da Revolución Francesa
• Gran crise económica
• Subida de impostos
• Subida dos prezos
• Graves problemas económicos da xente menos privilexiada, que pasa fame .
Vídeo: Revolución
Francesa
A finais do século XVIII James Watt inventou a máquina de vapor
en Reino Unido. Esta máquina permitiu fabricar máis cantidade de produtos en menos
tempo e a un prezo menor. A súa aplicación en certos traballos permitiu a aparición das
primeiras fábricas.
A máquina de vapor
favoreceu a aparición doutros
avances como o ferrocarril ou o
barco de vapor, o que deu lugar a
unha gran revolución dos transportes.
Este conxunto de avances
económicos coñécese como
revolución industrial.
Vídeo: Máquina de
vapor
A Revolución Francesa xunto co resto das revolucións políticas e o desenvolvemento da
Revolución Industrial provocaron importantes transformacións na sociedade europea do
século XIX
Vídeo: Francia antes e despois da
Revolución.
• Os sistemas autoritarios deixaron paso á
democracia. Aparecen os réximes
políticos parlamentarios. O poder dos
reis se reduce e pasa a mans dos
representantes dos cidadáns. Nalgúns
países, como Francia, a monarquía foi
substituída por unha república, en que os
gobernantes foron elixidos por votacións.
• A industrialización. No século XIX os talleres artesanais foron
substituídos por grandes fábricas que empregaban a un gran número
de obreiros. As cidades creceron pola chegada dos campesiños que
buscaban traballo nas fábricas.
Vídeo: Revolución Industrial
• Os cambios na organización da sociedade. Aparecen novas clases sociais como a
clase obreira ou a burguesía
A primeira parte do século XX foi unha etapa moi difícil para o mundo, chea de
terribles conflitos, como dúas guerras mundiais. Nestas guerras España non
participou directamente.
Pero tamén foi un século no que se produciron grandes avances que contribuíron a
un gran desenvolvemento económico:
• Avances técnicos. A invención de máquinas e o aproveitamento de novas fontes
de enerxía, como a electricidade, permitiron que o desenvovelmento industrial
se estendese a outros sectores da economía.
• Avances nas comunicacións, como o teléfono e internet, ou nos transportes,
como o avión ou o automóbil, facilitaron o intercambio de coñecementos e o
comercio.
• Tras a II Guerra Mundial, en 1948, a ONU aprobou a Declaración Universal dos
Dereitos Humanos.
Bibliografía:
• Coñecemento do Medio. 6º E.Primaria,
Temoneiro.
• http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/Historia/03/
enestal.html
COUSAS DA MESTRA.
Bandaseca, Pobra.