II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936:...

22
II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: OS AGRARIO-REPUBLICANOS ("PITISTAS") Manuel Souto López Arquivo Municipal das Pontes 1. XURDIMENTO: CANDIDATURA AGRARIO REPUBLICANA O nacemento do agrarismo sindical nas Pontes de García Rodríguez podemos datalo a finais da dictadura primorriverista. Neste momento créase o primeiro sindicato agrario no Concello das Pontes. Trátase do Sindicato Agrario de San Mamed de As Pontes, creado no ano 1928. Nese mesmo ano fundaranse máis sindicatos na comarca os cales se asociarán todos á Federación Agraria de Ortigueira. No ano 1931 tamén se crean os sindicatos agrarios do Freixo, e o de Santa María das Pontes, coincidindo co ano da proclamación da República e das eleccións municipais neste concello. Nas eleccións de abril de 1931 no municipio das Pontes de García Rodríguez preséntanse candidatos partidarios de D. Leandro Pita Romero entre os que se atopan D José Vilaboy Pajón baixo a denominación de agrarios-republicanos, e tamén figuran na lista dirixentes dos sindicatos agrarios afiliados á Federación Agraria de Ortigueira. Nas Pontes asistimos á confrontación electoral entre unha candidatura formada maiorita- riamente por labradores que se enfrontan a outra na que predominan candidatos residentes na vila (profesións liberais, comerciantes, ...) e que representan a antiga dereita que dispuxo do goberno durante a etapa anterior. Esta candidatura agraria opoñíase á integrada por veciños da vila chocan- do intereses económicos moi concretos como nos manifestaba un dos nosos entrevistados cando di: Eramos de Pita Romero só polo asunto da Federación de Ortigueira. Vendíanos carne..., dábanos vantaxes, menos que non lles conviña os caciques das Pontes, que eran os comerciantes 1 . Antes das eleccións de abril de 1931, o alcalde-presidente era D. Narciso Cabarcos Bellas o cal gobernaba con catro concelleiros antipitistas (D. Marcelino Corral Novo, D. Graciano Sánchez Fraga, ...), catro neutrais (D. Plácido Pajón, ...), e catro pitistas (partidarios de D. Leandro Pita Romero), que eran D. Manuel Vilaboy Prieto, pai do que foi alcalde durante a República, D. Fernándo do Acivido, D. Wenceslao Ramil Paz do Deveso e D. Manuel Corral de Somede. 157 1. Entrevista a J.N.G. (6-V-1990), pax. 1. Quero expresar o meu profundo agradecemento aos informantes, e en especial a José Vilaboy Pajón, o cal se converteu ao longo de varias conversas no verdadeiro protagonista e nun historiador máis.

Transcript of II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936:...

Page 1: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936:OS AGRARIO-REPUBLICANOS ("PITISTAS")

Manuel Souto LópezArquivo Municipal das Pontes

1. XURDIMENTO: CANDIDATURA AGRARIO REPUBLICANA

O nacemento do agrarismo sindical nas Pontes de García Rodríguez podemos datalo afinais da dictadura primorriverista. Neste momento créase o primeiro sindicato agrario no Concellodas Pontes. Trátase do Sindicato Agrario de San Mamed de As Pontes, creado no ano 1928. Nesemesmo ano fundaranse máis sindicatos na comarca os cales se asociarán todos á FederaciónAgraria de Ortigueira. No ano 1931 tamén se crean os sindicatos agrarios do Freixo, e o de SantaMaría das Pontes, coincidindo co ano da proclamación da República e das eleccións municipaisneste concello.

Nas eleccións de abril de 1931 no municipio das Pontes de García Rodríguez preséntansecandidatos partidarios de D. Leandro Pita Romero entre os que se atopan D José Vilaboy Pajónbaixo a denominación de agrarios-republicanos, e tamén figuran na lista dirixentes dos sindicatosagrarios afiliados á Federación Agraria de Ortigueira.

Nas Pontes asistimos á confrontación electoral entre unha candidatura formada maiorita-riamente por labradores que se enfrontan a outra na que predominan candidatos residentes na vila(profesións liberais, comerciantes, ...) e que representan a antiga dereita que dispuxo do gobernodurante a etapa anterior. Esta candidatura agraria opoñíase á integrada por veciños da vila chocan-do intereses económicos moi concretos como nos manifestaba un dos nosos entrevistados cando di:

Eramos de Pita Romero só polo asunto da Federación de Ortigueira. Vendíanoscarne..., dábanos vantaxes, menos que non lles conviña os caciques das Pontes,que eran os comerciantes 1.

Antes das eleccións de abril de 1931, o alcalde-presidente era D. Narciso Cabarcos Bellaso cal gobernaba con catro concelleiros antipitistas (D. Marcelino Corral Novo, D. GracianoSánchez Fraga, ...), catro neutrais (D. Plácido Pajón, ...), e catro pitistas (partidarios de D. LeandroPita Romero), que eran D. Manuel Vilaboy Prieto, pai do que foi alcalde durante a República, D.Fernándo do Acivido, D. Wenceslao Ramil Paz do Deveso e D. Manuel Corral de Somede.

157

1. Entrevista a J.N.G. (6-V-1990), pax. 1. Quero expresar o meu profundo agradecemento aos informantes, e en especial aJosé Vilaboy Pajón, o cal se converteu ao longo de varias conversas no verdadeiro protagonista e nun historiador máis.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 157

Page 2: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

A candidatura pitista foise formando da seguinte maneira:

D. José Vilaboy, que tiña xa o precedente político do seu pai, vai a Somozas a unha festa ealí celebrábase un mitin de Pita Romero. Fixérono comer con el e afianzóu a súa simpatía polosagrarios. O bloque agrario que xa estaba organizado anteriormente invita de novo a José Vilaboya un banquete que se celebra nas Pontes, no que se trata de organizar a candidatura para as próxi-mas eleccións. José Vilaboy despois de varias conversas decide encabezar a lista.

O día 12 de abril de 1931 celebráronse as eleccións e, como queda reflectido na acta dasesión da corporación do día 22 de abril de 1931, gaña a candidatura pitista. Nesta sesión tomaposesión como alcalde-presidente do municipio D. José Vilaboy Pajón, como primeiro tenentealcalde D. Manuel Ramos Fernández, como segundo tenente alcalde, D. José López Barro, comosíndico primeiro, D. José Caaveiro Silva e como síndico segundo, D. Domingo Caaveiro Penabad.

Esa mesma acta fai constar a disconformidade da constitución da corporación por parte dedous concelleiros (D. José Castro Prada e D. Dictino Carro Crespo) polas consecuencias derivadasde que estaba sen resolver un recurso de alzada presentado contra a validez das eleccións celebra-das o día 12 de abril dese ano.

Na seguinte sesión da corporación celebrada o día 13 de maio de 1931 aparece compostapor unha comisión xestora presidida por D. Guillermo Baamonde Fontao xunto a D. FelipePimentel Núñez (noutra sesión aparece tamén D. Honorio Ferreiro). Esta comisión xestora estaráno goberno ata a sesión extraordinaria do 10 de xuño de 1931 na que toma de novo posesión D.José Vilaboy Pajón como alcalde-presidente despois de celebradas novas eleccións o día 8 de abrilde 1931.

Durante o goberno da comisión xestora decretaron a suspensión de emprego ao secretariomunicipal D. Marcial Lens Pita por supostas irregularidades durante o desempeño do seu cargo.Nomearon secretario interino a D. José Durán Juega e fixeron unha revisión da xestión adminis-trativa municipal dende o ano 1923.

Celebradas as votacións o día 8 de xuño de 1931 gaña a candidatura agraria encabezada porD. José Vilaboy, quedando definitivamente constituída a corporación cos seguintes concelleiros2:

1. D. José Vilaboy Pajón, alcalde, As Pontes.2. D. Manuel Ramos Fernández, tenente alcalde, Barosas (As Pontes).3. D. José López Barro, Vilavella.4. D. Hipólito Caaveiro Lamigueiro, Vilavella.5. D. José Caaveiro Silva, Aparral.6. D. Andrés Bellas Tojeiro, Freixo.

158

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

2. Libro de Actas (1931-1936).

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 158

Page 3: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

7. D. Manuel García Pena, Somede.8. D. Juán Rivas Varela, Marraxón (As Pontes).9. D. Domingo Caaveiro Penabad, Freixo.10. D. Wenceslao Ramil Paz, Deveso.

Todos os anteriores formaron parte da candidatura agraria. En canto aos liberais (UniónRepúblicana), serán os seguintes:

11. D. Emilio López, Sexe (Aparral).12. D. Antonio Cabaleiro Vilaboy, As Pontes.13. D. Manuel Casal López, Ponte da Pedra (Vilavella)

Como se pode apreciar está composta por veciños da vila e tamén das parroquias as calesestaban moi poboadas nese momento. Temos que facer unha consideración para esclarecer o fenó-meno agrario e o seu carácter. Valémonos das palabras de José Vilaboy3:

Non era partido no goberno, era partido local que se alimentaba das sociedadesdaquela.

2. IMPLANTACIÓN E ORGANIZACIÓN

Os agrarios xa estaban organizados en sindicatos antes de presentarse José Vilaboy na can-didatura agraria. Estes mesmos sindicatos apoiarán tanto a José Vilaboy a nivel local, coma a D.Leandro Pita Romero a nivel provincial.

En canto á implantación temos que decir que todas as parroquias tiñan unha maioría de per-soas apoiando aos agrarios. Dinos un entrevistado:

Todas as aldeas eramos todas de Pita..., en todo o Ayuntamiento das Pontes nasparroquias de fóra das Pontes, en cada parroquia había dous ou tres vamos a decirque non eran pitistas, os máis eran todos.

Todas as parroquias estaban representadas na corporación. Era unha especie de "pedaneo".Por exemplo os de Somede elixen a García Pena para representalos e así figura na candidaturapitista.

No resto das parroquias ocorre o mesmo. Sempre hai un ou varios representantes de cadaunha, Somede, Freixo, Deveso, Vilavella e Aparral. A parroquia de Santa María das Pontes tiña osseus representantes, pero aquí tamén tiña implantación o partido de Unión Republicana. É signifi-

159

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

3. Entrevista a J.V.P. (24-III-1990), páx. 3.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 159

Page 4: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

cativo tamén o que dicía José Vilaboy o cal denominaba a estes concelleiros representantes de cadaparroquia como "caciquillos de cada lugar, de cada parroquia", e dominábano todo. Así repre-sentaban politicamente a súa parroquia no concello.

Polo que respecta á organización non e moito o que se pode dicir. O feito de non ser unpartido político, senón unha candidatura que ten moito de populista, fai que só se mobilizaran ver-dadeiramente para as eleccións. A cabeza xerárquica é o alcalde que actúa pola súa conta como un"cacique benefactor" o cal xestiona os recursos para todo o pobo. Nunha escala inferior están osconcelleiros, caciquillos de cada parroquia. Son os que levan as demandas de cada lugar ao con-cello para que poidan ser cumpridas. Na escala máis baixa están os veciños.

Dentro desta organización temos que integrar os sindicatos, os cales tamén teñen o seupapel nas parroquias. Están dirixidos por un presidente, un secretario e un tesoureiro. No caso doSindicato Agrario de Somede eran D. José Naseiro, D. Jesús Novo Gregorio e D. Manuel NovoCorral respectivamente. O que levaba o sindicato nas Pontes era un tal Durán e Cesáreo deGarabatos, íntimos amigos de Vilaboy.

Temos trazada a organización, a cal xira ao redor da cabeza do alcalde. Sen el non se fai casenada. Así nos era manifestado por José Vilaboy cando dicía: "Cheguei a ser aquí o alcalde, o secre -tario, o xuíz, érao todo" . Unha mostra máis dese carácter caciquil e populista, que fai que a xenteestea desmobilizada e acodan ante calquera problema ao concelleiro da súa parroquia ou ao alcalde.

Tiñan un local de reunión na vila a onde acudían os pitistas, que era o Liceo de losArtesanos. Nel celebrábanse charlas, bailes, festas, etc.

3. SOCIOLOXÍA

A maioría dos votantes no concello das Pontes eran campesiños tanto nas parroquias comana vila. Pero na vila dividíanse e os labradores eran maioritariamente pitistas. Sen embargo a maio-ría dos comerciantes eran da oposición, ou como di un dos nosos informantes y l l a d i s t a s, porque D.Julio Yllade Rilo era o que controlaba a oposición aínda que non se presentara na candidatura. Esescomerciantes víanse prexudicados porque os campesiños que estaban nos sindicatos non vendían osbecerros e outros productos do campo nas Pontes nin tampouco mercaban abono, etc. Todo viña deOrtigueira, a través da Federación Agraria, máis barato. A consecuencia disto era que estiveran sem-pre enfrontados á candidatura de comerciantes e á de labradores vencellada aos sindicatos4.

En canto ás profesións liberais e comerciantes non eran todos da oposición. Temos quesinalar a figura de pitistas recoñecidos como o médico D. José Varela González ou o secretario doconcello D. Marcial Lens Pita que ademais era parente de D. Leandro Pita Romero.

160

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

4. Entrevista a J.N.G. (6-V-90), páx. 3.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 160

Page 5: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

Un caso á parte estaría constituído polas mulleres, de significativo peso pola súa impor-tancia numérica á hora de botar unha candidatura para abaixo ou facela gañadora. Nas primeiraseleccións non puideron votar, pero si nas celebradas a deputados no ano 1933, e como nos decíaun entrevistado:

Eran a maioría pitista, levavan a economía da casa, vendían becerros,...,e asíestaban e votaban a unha candidatura ou a unha persoa que defendera os seusi n t e re s e s5.

Tamén dícía o mesmo José Vilaboy o cal afondaba máis no asunto porque consideraba quecando nunha casa vota o home polos agrarios, o resto dos compoñentes da casa votan igual, " . . . p o l opoder do home...", e pola confluencia de intereses para votar a Pita Romero. Era un voto pouco ide-oloxizado, e máis vencellado a intereses económicos e moitas veces clientelares concretos.

4. ESTRATEXIA E TÁCTICA

En canto á estratexia, imos falar aquí fundamentalmente do que significan as eleccións eos mitins, e todo o que se orixina ao redor destes dous acontecementos. A través deles ollaremos aestratexia que vai relacionada coa práctica política e coa forma de gobernar o concello por partedesta corporación pitista.

En canto á campaña electoral temos que dicir que non se diferencia moito das desenvoltaspor outros partidos aínda que ten algunha característica diferenciada. Asistimos a unha serie demitins nos cales falaba o deputado. Este mitin formulábase como unha festa, celebrábase osDomingos despois de saír da misa. O deputado viña acompañado dun séquito,

os cales antes de chegar ao lugar do mitin veñen facendo ruído, tocando corne -tas,..., facéndose ver e oír. Á hora do mitin xa case non pode nin falar, todo sonberros a favor del e ningún en contra6.

Estes mitins eran organizados por José Vilaboy e o secretario político de Pita Romero, Sr.Ríos de San Sadurniño.

Dentro da campaña tamén se ía polo voto ás casas. Moitos dos votos que ían buscar erancomo pagamento dalgún favor fora do carácter que fora (favores xudiciais, xestionar calquerapapelorio, desigual reparto dos impostos, etc.), pero eso era máis utilizado pola oposición como nosmanifestaba algún dos entrevistados.

161

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

5. Entrevista a J.N.G. (6-V-90), pax. 19.

6. Entrevista a J.N.G. (6-V-90), páx. 3 y 32.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 161

Page 6: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

No caso dos pitistas estas prácticas caciquís entraban dentro dese caciquismo benefactor,que tiña a finalidade de controlar o goberno do concello para xestionar en favor dos intereses dopobo. Estas prácticas eran entendidas e admitidas pola xente cos que as facían e cara aos cales íandirixidas, en concreto unha masa de campesiños máis ou menos desideoloxizados. Convértese asínunha relación contractual alcalde-labrego no que os dous teñen moito que gañar.

Dentro desa estratexia, tamén entran as eleccións e todo o que xira arredor delas. No casodas Pontes, nesta época, asistimos a unha utilización de corruptelas electorais polos dous bandos.Estas prácticas electorais eran utilizadas para axudar a sacar a D. Leandro Pita Romero como depu-tado e para obter a maioría absoluta no concello. Exemplo destas prácticas legais realizadas nasPontes son ir ao copo o cal consistía en formar dúas candidaturas dunha mesma organización e pre-sentalas nun mesmo distrito electoral para lograr o total de concelleiros elixibles nese distrito. NasPontes a candidatura agraria fixoo no distrito electoral que incluía a Somede, Deveso e Freixo ondetiña todo o control 7.

Temos outras ilegais como son atrasar o reloxo ou adiantalo para pechar ou abrir as mesaselectorais antes de tempo. Sacar da candidatura dos outros algún candidato borrándoo, volcar ocenso, etc. Todo esto facíano polo poder que tiñan. Controlaban a secretaría, o xulgado, e así influí-an na comisión electoral que era a encargada de nomear os presidentes das mesas, adxuntos, inter-ventores. Como nos decía José Vilaboy, "nomeábase caciquilmente".

Un caso significativo contado polo mesmo Jose Vilaboy aconteceu cando nas eleccións defebreiro de 1936 despois de chegar as actas á Audiencia da Coruña e xuntos todos os partidos, vironque non saía D. Santiago Casares Quiroga e que saía un candidato socialista de Ferrol. Decidironchamar ao alcalde das Pontes e mailo secretario, ou sexa José Vilaboy e Marcial Lens, porque con-sideraban que era o único Concello disciplinado e conseguiron borrar da lista a ese candidato socia-lista de Ferrol e sacar a Casares Quiroga dándolle a este último todos os votos.

Cons estas pinceladas temos deseñada a estratexia dos agrarios para controlar o poder egobernar sós no concello.

Despois teremos un goberno cunhas características moi singulares como son:- Relación e influencia de José Vilaboy diante de Pita Romero e outros políticos que lle permitían

resolver asuntos da súa clientela e do seu concello. Como contrapartida debían apoiar a este polí-tico na contenda electoral.

- Utilización da maquinaria xudicial como instrumento así como a secretaría do concello8.- Temos tamén o labor dos caciquillos das parroquias.

162

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

7. Entrevista a J.V.P. (15-I-89), páx. 3.

8. Entrevista a J.V.P. (2-VIII-89), páx 7.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 162

Page 7: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

Para explicar esa actuación dun fenómeno como é o caciquismo podemos salientar as opi-nións de Tuñón de Lara cando fala do analfabetismo e falta de educación cívica. Baldomero Torresfala de desaxuste entre a Administración local e a Galicia real, que é onde aparece o caciquismode engarzamento. No caso das Pontes inflúen en maior ou menor medida estes factores para que,como nos manifestaba José Vilaboy, "os agrarios como colectividade voten a Pita Romero paraque os defenda enriba". Constitúe un esquema de caciquismo coercitivo e benefactor no que a rela-ción de clientelismo é clara a cambio do voto.

5. OBXECTIVOS CON CONTEXTUALIZACIÓN

Neste punto que imos tratar agora fixarémonos preferentemente no seu goberno ao longodos seis anos que estivo á fronte do concello o grupo agrario. Así trataremos de delimitar clara-mente os seus obxetivos tanto políticos, coma económicos, sociais, ... que teñen unha plasmaciónpráctica na vila.

A nivel político debido á súa estratexia, un dos obxetivos prioritarios é ter un goberno noconcello con maioría absoluta o cal foi conseguido. Os tres concelleiros que tiña a oposición casenunca asistían aos plenos non tendo ningún poder decisorio. Á cabeza do goberno, José Vilaboy,eríxese nun xefe o cal adquire practicamente todas as funcións. Os labregos veno coma un máis,unha persoa que vive o mundo do agro, e que comprende mellor as súas necesidades. Para ser esexefe, utiliza os medios ao seu alcance. Eses medios son prácticas corruptelas á hora das eleccións,favores e todo tipo de clientelismo para gañarse aos veciños. Incluso aos contrarios como D.Servando López Cao, ao cal deulle un posto no concello. Logo mediante a destitución de Vilaboyconvértese no novo alcalde9.

A nivel político rexional están a favor do estatuto e así se declaran a favor na asemblea deconcellos que se celebrou en Compostela no 1932.

Quizais sexan os obxectivos económicos os máis claros nun xestor como foi José Vilaboy.Neste caso temos que diferenciar varios apartados como son a súa política favorecendo as cues-tións agropecuarias, potenciando os sindicatos agrarios cos cales compartían moitas ideas10.

En canto a plans de obras, realiza varias para mellorar as comunicacións das Pontes coacomarca, sobre todo con Ortigueira, co cal realizan conxuntamente unha estrada polos interesespolíticos e económicos que tiñan. En moitas sesións dos plenos aparecen novas sobre esta obra.

163

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

9. Entrevista a J.V.P. (2-VIII-89), páx. 7.

10. Entrevista a J.N.G. (6-V-90), páx. 5.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 163

Page 8: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

Outro dos obxectivos xa a nivel social é a educación. O capítulo de instrucción pública dosorzamentos municipais figura como segundo en importancia desenvolvendo un labor de creaciónde escolas. Existe unha comisión municipal encargada do seu bo funcionamento.

Rematar co paro obreiro constitúe outra necesidade, e así se redactan escritos ao ministroquedando o testemuño nun pleno onde é aprobado11.

Facendo un resumo final dos obxectivos, sinalaremos que cando empeza a xurdir no con-cello unha corrente de esquerdas non pitista e máis vencellada á ORGA (Org a n i z a c i ó nRepublicano Autónomo Gallega), apreciamos que a política de José Vilaboy tiña unha finalidadeprincipal, o benestar dos campesiños. Pero esta hai que matizala e constatar que non se chegaba acumprir de todo, porque nun escrito mandado polo comité de Esquerda Republicana ao alcaldeaparecen solicitudes como a derrogación da Lei de arrendamentos rústicos. Esta lei pretendíanasubstituír por outra que dera cumprida satisfacción á clase traballadora, constantemente ameazadapolos desafiuzamentos e as vinganzas dos arrendatarios. Outras das solicitudes eran a da solucióndo paro obreiro12.

6. MEDIOS DE DIFUSIÓN

En primeiro lugar debemos colocar como medio de difusión ao propio José Vilaboy Pajónque como alcalde se encargara de transmitir ideas, ordes, etc., e a el acudía moita xente polo seucarácter. Dicíanos un dos entrevistados "é como un da aldea", e así é un foco emisor de pensa-mentos e noticias de todo tipo.

En segundo plano colócanse os concelleiros, os cales como caciquillos de lugares e parro-quias reciben e trasmiten o discurso.

Logo en terceiro lugar poderíamos situar os sindicatos agrarios. Estes, ademais de comu-nicar as orientacións da Federación Agraria e do deputado, tamén son centro de reunión no cal sefala de política local e nacional entre os seus membros. Todo isto ten unha importancia enormeporque a maioría do campesiñado non le ben, e algúns son semianalfabetos o que fai que o dis-curso corra de boca en boca vía oral.

Agora ben, temos que considerar outros medios como son a prensa. O periódico La Voz deOrtigueira actúa de canle para que os das Pontes se enteiren do que acontece en todo o distrito, asactuacións do deputado, e ademais recolle información do movemento político nas Pontes e noti-cias da vila, todo cunha tendencia partidista clara favorable aos agrarios. Era un periódico que reci-

164

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

11. Libro de Actas de las sesiones de la corporación 1931-1936, sesión 17-XII-1932.

12. La Voz de Galicia, 17-IV-1936.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 164

Page 9: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

bían algúns particulares e tamén os sindicatos agrarios polo feito de estar subscritos. Dende alípodíano ler a maioría13.

7. PRÁCTICA POLÍTICA

O fenómeno agrario como fenómeno político escomenza dende o momento no que decidenpresentarse ás eleccións municipais, despois de diversas visitas á vila de Pita Romero que levabafacendo campaña política dende a caída da dictadura de Primo de Rivera e co precedente dos sin-dicatos agrarios traballando uns anos antes.

Así deciden presentar ás eleccións unha candidatura plenamente agraria gañando por maio-ría absoluta as primeiras eleccións. Despois das corruptelas nas eleccións, saen elixidos dez con-celleiros agrarios e tres liberais14. Tomaron posesión do Concello o 22 de abril de 1931, pero neseclima revolto, os liberais botan da alcaldía a José Vilaboy porque non fixera declaración de repu-blicano. Constituirase así unha comisión xestora o 24 de abril de 1931 presidida por GuillermoBaamonde Fontao e á que pertencían Felipe Pimentel Núñez e Honorio Ferreiro. Logo volvéronse

165

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

13. Entrevista a J.N.G. (6-V-90), páx. 22.

14. La Voz de Galicia, 17-IV-1931.

15. La Voz de Galicia, 17-IV-1931.

16. Libro de Actas de las sesiones de la corporación 1931-1936.

a celebrar eleccións en xuño de 1931 ás cales se presen-tan os agrarios e a outra candidatura de UniónRepublicana, formada polos antigos liberais presididospor Abel López Cabarcos. O resultado volve a ser favora-ble aos agrarios por 10 concelleiros fronte a 315.

A corporación quedou constituída da seguintemaneira: José Vilaboy como alcalde; Manuel RamosFernández, tenente alcalde; e o resto dos concelleiroseran, José López Barro, José Caaveiro Silva, DomingoCaaveiro Penabad, Andrés Bellas Tojeiro, Manuel GarcíaPena, Juán Rivas Varela, Hipólito Caaveiro Lamigueiro eWenceslao Ramil Paz. Os concelleiros elixidos pola can-didatura de Unión Republicana eran Emilio Lopez ("deSexe"), Antonio Cabaleiro Vilaboy (cesa no ano 1932), eun tal Casal da Ponte da Pedra16.

Nestas eleccións a candidatura agraria descabe-zou á outra porque lles sobraban votos e déronllos á cola

D. José Vilaboy Pajón. Alcalde (1931-1936)

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 165

Page 10: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

doutra candidatura que presentaron nun distrito. Así non saíu nese distrito ningún concelleiro dopartido de Unión Repúblicana17. Despois destas eleccións non se volveron a celebrar outras ata queveu o Alzamento.

Con esta primeira corporación gobernou José Vilaboy e os agrarios ao seu antollo. Os con-celleiros da oposición, en franca minoría, moitas veces non asistían aos plenos. A corporaciónescomenza o seu labor de política xestora no Concello e ao mesmo tempo dentro desa política caci-quil prexudica os contrarios como cando ordena subir os impostos producíndose reclamaciónsoportunas en Facenda pero que non deron resultado. Preitea tamén con D. Julio Yllade Rilo, far-macéutico titular, o cal lle negaba a veciñanza e a titularidade da farmacia. Non se chega a amañareste preito ata que vén o Movemento.

O mesmo ocorre con D. Narciso Corral Ocampo, un home que xa estivera en Cuba conVilaboy e que era bacharel. Este home pide un certificado de boa conducta para poder ser secreta-rio do Concello. José Vilaboy négallo porque na formalización da petición non reflectía todos osseus datos persoais.

Outras demostracións do poder que chegaron a ter a corporación reflíctense en casos comoconmutacións de penas por cazar fóra da época, etc.

Políticamente a nivel provincial axudan a sacar a D. Leandro Pita Romero como deputadotanto no 1931 coma e 1933.

Por outra banda no 1932 apróbase nun pleno un escrito remitido pola alcaldía de Santiagode Compostela para convocar unha asemblea e discutir o Estatuto de Autonomía.

Segue a desenvolverse a política ata a chegada da Frente Popular na que se producen actua-cións desa e doutras características. Aparecen enfrontamentos entre o Casino Democrático e oLiceo dos Artesáns. Estes centros culturais e de lecer convertíanse ás veces en centros de reuniónpolítica. O Liceo era frecuentado por pitistas maioritariamente e o Casino polos liberais (a maioríados comerciantes da época) como D. Amandino Cabarcos Cal (presidente), D. Avelino Nistal yNistal, D. Julio Yllade Rilo, etc.

Durante este último ano da República José Vilaboy foi perdendo algús apoios, ao mesmotempo que na política do distrito e rexional, os agrarios perderán forza. A mesma evolución da polí-tica nacional tendía cara ao eclipse do centro e o avance das posturas enfrontadas de dereitas eesquerdas.

En febreiro de 1936, celébranse eleccións a deputados nas que D. Leandro Pita Romero,unha das garantías do grupo agrario de todo o distrito xudicial, no saíu elixido. José Vilaboy tamén

166

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

17. Entrevista a J.V.P. 24-III-1990, pax. 1.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 166

Page 11: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

dá un xiro político e favorece a D. Santiago Casares Quiroga, que pasou de ser o líder da ORGA(Organización Republicano Autónoma Gallega), a integrarse en Izquierda Republicana. Nestaseleccións volven a producirse amaños para que non quede fóra un socialista de Ferrol e saia depu-tado D. Santiago Casares Quiroga18. D. Leandro Pita Romero, que se presentaba nunha lista de cen-tro liderada por Portela Valladares, non chegou a saír.

José Vilaboy que segue a ser pitista-agrario, malia algún enfrontamento co líder PitaRomero, sofre agora unha oposición forte dun dos seus afillados políticos, D. Servando López Cao"Cabero", que entrara a traballar no Concello da man de Vilaboy. Agora Servando López lidera ocomité de Izquierda Republicana das Pontes de García Rodríguez, despois de estar na ORGA.

D. Servando Lopez Cao,"Cabero", mellor amparado politicamente polos dirixentes pro-vinciais, empeza campaña forte de oposición con continuas notas de prensa de denuncia, etc.

Chegamos así a xuño de 1936, mes no que o alcalde José Vilaboy e algúns concelleiros sondestituídos polo gobernador civil da provincia. As razóns que aducen no oficio que chega son"desafectos al régimen republicano y monarquizantes"19. Anteriormente o comité de IzquierdaRepublicana estivera investigando anomalías relacionadas co Repartimento de Utilidades. Todoisto unido a ser indisciplinado coas directrices da Frente Popular, orixina a súa destitución e onomeamento dun goberno municipal interino composto por persoas de esquerda, socialistas, ealgún pitista de todas as parroquias.

Despois da destitución veu ás Pontes un delegado do gobernador civil chamado D. EnriqueLérez Dopico e, axudado polos membros de Izquierda Republicana, ordena constituír o Concellointerinamente. Queda composto da seguinte maneira20:

1. D. Servando López Cao, As Pontes, Izquierda Republicana.2. D. Vicente García Ulloa, tenente alcalde, Izquierda Republicana.3. D. José María Bouza Alonso, 2º tenente alcalde, Izquierda Republicana.4. D. Antonio Valín Salvador, Izquierda Republicana.5. D. José Arias Martínez, Izquierda Republicana.6. D. Antonio Yañez Fraga, Deveso, síndico, Izquierda Republicana.7. D. Enrique Varela Gregorio, Deveso, Izquierda Republicana.8. D. Narciso Caaveiro Silva, Aparral, agrario.9. D. Manuel Yáñez Gómez, Aparral, agrario.10. D. Francisco Guerreiro Guerreiro, Freixo, socialista.11. D. Andrés Pena Otero, Freixo, socialista.

167

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

18. Entrevista a J.V.P., 2-VIII-1989, pax. 14.

19. Entrevista a J.V.P., 15-I-89, pax. 4.

20. Libro de Actas de las sesiones de la corporación 1931-1936.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 167

Page 12: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

12. D. Domingo Caaveiro Penabad, Freixo, agrario.13. D. Fernándo Freire López, As Pontes.

O labor desta corporación é dificil de estudiar porque denlle pouco tempo a desenvolvelo.A fins de xuño votan por unanimidade en favor do Estatuto de Autonomía. O alcalde, D. ServandoLópez Cao, viaxará en xullo de 1936 a Madrid coa delegación galega para entregarlle o Estatutode Autonomía ao presidente da República. Ao mesmo tempo escomenzan unha revisión das con-tas do Concello tendo como encargado a un novo secretario, chamado D. José Durán Juega. O ante-rior secretario, e que fora durante moito tempo, D. Marcial Lens Pita é suspendido de emprego esoldo. Manterán un expediente tanto esta corporación coma as posteriores ao Alzamento. Remataa favor de Marcial Lens cando este xa se tivera ido fóra das Pontes.

José Vilaboy xunto cos agrarios e mais os socialistas da localidade levan a cabo un laborde oposición dende fóra do Concello para volver ao poder. Sabía que a súa destitución fora un cas-tigo político de D. Servando López e membros de Izquierda Republicana da Coruña.

Contando cos apoios dos socialistas dirixidos polo mestre nacional do Concello das PontesD. Aurelio Janeiro diríxese os días anteriores ao Alzamento ao Goberno Civil para voltar a ser res-tituído no seu posto. Na Coruña contaba co apoio do presidente das Mulleres Republicanas daCoruña e co secretario da UGT da Coruña. Alí ían citados polo Gobernador Civil para recuperar aAlcaldía. Viaxaron José Vilaboy; Aurelio Janeiro e Francisco Guerreiro dos socialistas; JesúsNovo, secretario do Sindicato Agrario de Somede e Cesareo "de Garabaros", presidente do

168

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

D. José Vilaboy Pajón, alcalde (1931-1936), recibe a unhos militaresque realizan manobras no Concello das Pontes. Ano 1933.

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 168

Page 13: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

ser xulgados sen garantías.

A nivel político os agrarios deixaron de funcionar como grupo, e os sindicatos traballarándeficientemente baixo a dirección das mesmas persoas e doutras novas caras, porque moitos dosseus dirixentes foron perseguidos. No ano 1940 transformaranse en "Hermandades Parroquiales"baixo a disciplina da F.E.T. e das JONS22.

CONCLUSIÓN

Este traballo pretendeu ser o estudio dun grupo político, examinado como org a n i z a c i ó n ,fixándose no liderado, e na relación existente entre os dirixentes e a base. Fixándonos tamén noque se refire á plataforma electoral e en menor medida á ideoloxía por ter neste caso menos impor-t a n c i a .

Queda configurado así un grupo onde predominaban as personalidades e non un programa;onde predominaban as prebendas e non os principios; e que ao cabo non ten moito de democrático.

Tentamos delimitar unha especie de caciquismo bo como do que nos falaba o partidoGaleguista da época. Inda que na Republica haxa pluripartidismo, nas Pontes atopamos so douspartidos ou grupos os cales teñen o seu respectivo líder ou cacique. Son reminiscencias que que-dan da Restauración só que agora ese cacique e bo, populista, que goberna dun modo diferente aocacique tradicional. Perfílase unha relación cos veciños de mutuo interese.

Esta pervivencia caciquil veuse propiciada pola non supresión da vella lei electoral de1907, á que so lle introduciron unhas pequenas modificacións.

169

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

21. Entrevista a J.V.P. 2-VIII-1989, pax. 4.

22. La Voz de Ortigueira, 10-VIII-1940.

Recibo do pago da cota de afiliado á O.R.G.A.(Oranización Republicano Autonoma Gallega)

de D. Francisco Silva. 1º de maio de 1931.

Sindicato Agrario das Pontes. Cando cheganá Coruña prodúcense os primeiros disparospolo levantamento militar21 . O GobernadorCivil dálles armas para tomar o poder nasPontes pero deciden volver sen elas.Despois de varios días chegan ás Pontes en-contrando o pobo totalmente dominado po-los falanxistas que viñeran de Ferrol acom-pañados polos milicianos da localidade.

Logo escomenzou sobre os agrariosunha persecución verbal e algunha que outramorte. Eran acusados de comunistas para

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 169

Page 14: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

ANEXO DOCUMENTAL

Acta de toma de posesión como alcalde de D. José Vilaboy Pajón.As Pontes, 22 de abril de 1931.

170

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 170

Page 15: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

171

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 171

Page 16: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

172

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 172

Page 17: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

173

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 173

Page 18: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

Acta de toma de posesión de alcalde por D. José Vilaboy Pajón.As Pontes, 10 de xuño de 1931.(é posterior á acta do 22 de abril de 1931 porque nos dous meses anteriores gobernou unha xestora).

174

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 174

Page 19: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

175

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 175

Page 20: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

Acta de toma de posesión como alcalde de D. Servando López Cao.As Pontes, 2 de xuño de 1936.

176

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 176

Page 21: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

177

II República nas Pontes de García Rodríguez, 1931-1936: Os agrario-republicanos

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 177

Page 22: II REPÚBLICA NAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, 1931-1936: …catedra.pontedeume.es/09/catedra0908.pdf · ber ros a favor del e ningún en contra 6. Estes mitins eran organizados

178

Cátedra. Revista Eumesa de Estudios

REPUBLICA 28/8/56 04:59 Página 178