iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos...

8
Abril 2013 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com 9 de maio FOLGA contra a

Transcript of iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos...

Page 1: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

Abril 2013

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

9 de maioFOLGAcontra a

Page 2: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

confederación intersindical galega2

abril 2013

Imos á folga para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reac-cionaria, españolizadora, privati-zadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de opor-tunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavore-cidos da sociedade.

Trátase dunha lei que pretende trasladar ao ensino público un mo-delo neoliberal e que afonda nas diferenzas sociais no canto de con-tribuír a que todas e todos teñamos acceso en igualdade de condicións a unha educación pública de calidade.

É un anteproxecto recentraliza-dor e españolizador que lle facilita ao alumnado, se é necesario, a matri-culación nun centro privado, pagado por todos e todas nós, para evitar a súa escolarización no noso idioma. Procura o máximo control dos con-tidos a través do Goberno central, uniformiza mediante as reválidas e impón un modelo lingüístico que elimina o ensino en galego e invade as cativas competencias que temos coa intención de afastar totalmente o ensino da nosa realidade social, his-tórica, cultural e lingüística.

Repercutirá negativamente no

ensino público e fortalecerá, pola contra, o ensino privado concer-tado que se verá favorecido coa creación de centros de excelencia, mediante a selección do alumnado. Blíndanse os concertos económi-cos cos centros privados, mesmo con aqueles que segregan o alum-nado por razón de xénero, malia existir sentenzas que ditaminan a súa ilegalidade.

Unha vez máis, estamos ante con-trarreforma que reforza a confesio-nalidade e impide o ensino laico. O anteproxecto mantén o ensino da relixión no currículo escolar, contem-

Por que imos á folga o día 9?PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

A CIG-Ensino convoca folga contra a LOMCE no ensino público para o 9 de maio

A convocatoria desta folga chega despois de que a CIG-Ensino levara a cabo unha intensa campaña de información e debate sobre unha lei “perversa e nociva” para o ensino público galego. A CIG-Ensino realizou durante este curso máis de 1.500 asembleas nos centros de ensino para informar dos perigos da súa aprobación e recolleu máis dez mil sinaturas do profesorado contra a LOMCE. Ademais está a participar activamente nas mobilizacións e peches promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que tamén convoca folga para ese día.

Desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG-Ensino, tamén vimos realizando un labor de

información e mobilización contra este proxecto de lei que incluíu numerosos actos e accións como xornadas, charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros de ensino que estamos levando a cabo desde o 9 ao 26 de abril e que desembocarán na folga que temos convocado en todo o ensino público de Galiza. Esta folga é, polo tanto, a continuación dun proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este proxecto de lei destrutora do ensino público.

Congratulámonos que as organizacións sindicais a nivel de Estado asumiran a necesidade de facer esta folga que a CIG-Ensino xa vía máis que necesaria se o PP non retiraba o proxecto de LOMCE. Non

obstante, a CIG-Ensino considera que o día 9 de maio non é a data máis axeitada por ser día festivo na capital galega e noutras localidades, e que o procedemento seguido polas organizacións estatais nesta convocatoria non é o adecuado. Tomaron unha decisión á marxe da dinámica galega e polo tanto, da CIG-Ensino -organización maioritaria no ensino- e da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que están a canalizar o rexeitamento da comunidade educativa galega á LOMCE. Malia esta desconsideración, que responde a un criterio totalmente centralista e sectario, optamos por convocar folga o día 9, xa que o fundamental é evidenciar o máximo rexeitamento á LOMCE para conseguir a súa retirada.

Page 3: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

confederación intersindical galega3

abril 2013

plando unha materia alternativa en Primaria e na ESO, que computa-rán no expediente académico, con-verténdose así nun efecto chamada para que o alumnado se matricule en relixión. No Bacharelato, a materia de Relixión ten a consideración de materia específica, isto é, está situa-da entre as que o alumnado cursará un máximo de 3 e un mínimo de 2.

É un anteproxecto profundamen-te antidemocrático, que traslada o sistema de xestión empresarial ao ensino. Elimina o Consello Escolar como órgano de goberno. A direc-ción será imposta pola adminis-tración e terá plenos poderes para tomar unilateralmente decisións de transcendental importancia para os centros e para propor ou rexeitar o profesorado que sexa proposto pola administración.

Liquida a igualdade de oportuni-dades, ao impor un sistema de con-tinuas barreiras selectivas para que só unha minoría acceda aos estudos postobrigatorios e universitarios. É unha lei elitista, clasista e segrega-dora, xa que estabelece reválidas para poder acceder á titulación co-rrespondente en 4 de ESO e en Ba-charelato. Impón un sistema máis selectivo mediante itinerarios que condenan, prematuramente, o alum-

nado a optar a titulacións diferentes no ensino obrigatorio, condicionando de maneira temperá o seu futuro académico e laboral.

Pretende crear, mediante os pro-gramas de calidade e especialización curricular, diferentes categorías de centros e atender, con máis recur-sos e medios, aqueles que mellor re-sultados acaden, previa selección do alumnado, no lugar de procurar que todos os centros conten cos recursos necesarios para que todos e todas, con independencia da súa proceden-cia social ou xeográfica, reciban unha formación de calidade.

Este anteproxecto de lei desau-toriza, desconfía e xerarquiza o profesorado. É profundamente anti-pedagóxico, xa que a consecución da titulación do alumnado vai depender do resultado azaroso dunha única proba ao rematar o ensino obrigato-rio e postobrigatorio. A isto hai que lle engadir a desvalorización da Formación Profesional e o desvío do alumnado cara a unha FP Básica, que nin sequera conduce á mínima ti-tulación, baixo a escusa de favorecer a empregabilidade.

É unha anteproxecto que reflicte as posicións ideolóxicas máis ex-tremas e reaccionarias do PP. Un anteproxecto de lei ao servizo da

patronal do ensino privado con-certado e da mercantilización da educación que confirma os actuais concertos educativos, legaliza os centros que segregan alumnado por razón de sexo, facilita a pla-nificación escolar en función do ensino concertado, reproduce un sistema xerárquico e empresarial para o funcionamento dos cen-tros, impide o acceso das clases populares á educación e impón unha educación baseada na com-petitividade, na exclusión social e na desigualdade, e non nun ensi-no equitativo, inclusivo e integral, cuxo obxectivo principal debe ser a formación de persoas críticas e responsábeis. Por todos estes mo-tivos, porque significa un retroceso de décadas e porque elimina a igual-dade de oportunidades, volvendo a unha sociedade na que o valor das persoas está en función do que po-súen e na que o futuro depende de onde e en que familia se nace, a Plataforma Galega para a Defensa do Ensino Público chama e parti-cipará activamente na folga do día 9 para exixir a retirada desta lei e procurar un ensino público gale-go, laico e democrático.

Máis información na páxina web da CIG-Ensino www.cig-ensino.com

Con esta folga a CIG-Ensino tamén quere:- Amosar o total rexeitamento ao Decreto-Lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo porque fire de morte as universidades públicas. A CIG considera que o dito Real Decreto vai pro-vocar miles de despedimentos de docentes, a exclusión do ensino superior dos estudantes de rendas máis baixas, o desvío de estudantes á privada, unha redución drástica da actividade investigadora e un aumento brutal da carga docente. Así mesmo, arrasa as competencias autonómicas e a autonomía universitaria.

- Paralizar a política da Xunta de Galiza que procura rematar coa autonomía universitaria para reducir os cadros de persoal e emperorar a calidade investigadora e educativa das universidades galegas.

Page 4: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

confederación intersindical galega4

abril 2013

Unha lei españolizadora e antigalega Nega a configuración plurinacional, plurilingüística e pluricultural do Estado español. •Impide que nos dotemos dun sistema educativo galego.•Reduce as competencias do Goberno galego. Na Educación Primaria, na ESO e no Bacharelato, o Estado re-•sérvase como mínimo fixar o 50% dos contidos, horarios e criterios de avaliación das materias troncais, poden-do mesmamente fixar o 100%. Tamén establecerá os criterios de avaliación e o horario máximo das específicas. No 2º ciclo de Educación Infantil, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, o Gober-no fixará o 55% dos horarios, obxectivos e competencias.Uniformiza e recentraliza o sistema educativo a través das reválidas e as avaliacións xerais para evitar a gale-•guización do ensino. O Goberno central fixará os criterios de avaliación e as características xerais das probas en Primaria, ESO e Bacharelato. Tamén fixará as materias e as características básicas dos cursos de formación específicos de acceso á FP e os criterios para o desenvolvemento das probas de acceso.Promove o descoñecemento do idioma propio ao decretar o dereito do alumnado a negarse a estudar no noso •idioma. A Administración educativa estará obrigada a garantir esta opción, sufragando incluso a escolarización en centros privados. Liquida o modelo de inmersión lingüística catalán e afianza o modelo de “trilingüismo” en Galiza para conseguir •o dominio total de español.Reproduce todas as competencias que tiña a Administración central.•

Privatizadora e mercantilistaAmplía os concertos educativos e potencia a rede de centros concertados. Os centros privados concertados •poderán obter, en función do proxecto, maior dotación de recursos que os públicos.Concerta, con carácter ordinario, os ciclos de Formación Profesional Básica.•Estende a duración mínima dos concertos en Educación Primaria a seis anos. •Introduce os concertos no Bacharelato.•Elimina a obriga de garantir prazas públicas suficientes. •Garante os concertos con centros que segregan alumnado por razón de sexo.•Abre a porta á incorporación de representantes empresariais nos consellos escolares dos centros concertados •que impartan FP.Promove a especialización curricular dos institutos de secundaria “sostidos con fondos públicos”, a creación de •centros de elite e de excelencia para un alumnado selecto. Subtráense competencias do Consello Escolar dos centros privados concertados que pasan ao director ou ao •titular do centro.

Selectiva, elistista e segregadoraEstabelece probas finais (reválidas) externas ao rematar a ESO e o Bacharelato. Para o título de Graduado en •ESO e en Bacharelato é preciso superar as respectivas reválidas.Crea diferentes itinerarios. Ao inicio de 4º da ESO, o alumnado estará obrigado a iniciar o itinerario para conti-•nuar os estudos en FP ou Bacharelato, condicionando o seu futuro académico e laboral.Estabelece unha FP Básica a partir dos 15 anos co obxecto de segregar o alumnado e expulsalo do sistema •

Page 5: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

confederación intersindical galega5

abril 2013

educativo. A consecuencia será que os fillos e fillas das clases populares van ter vetado o acceso a estudos universitarios.Exclúe socialmente unha parte importante do alumnado e impide a atención á diversidade.•Obriga a decidir o futuro académico e en boa parte o profesional aos 14 anos. •

Involucionista e confesionalO adoutrinamento relixioso formará parte do currículo escolar. Reforza o ensino confesional ao fixar unha ma-•teria alternativa á Relixión que actuará de efecto chamada para cursar a relixión. En Primaria será unha materia alternativa de valores culturais e sociais e na ESO de valores éticos.A Relixión terá unha carga horaria equivalente á media das materias específicas. A selección do profesorado, os •libros de texto e o material será competencia das autoridades relixiosas.No Bacharelato a Relixión ofertarase como materia específica, cando o alumnado, dentro das específicas, vai •ter que cursar un mínimo de dúas e un máximo de tres. Repudia a coeducación e subvenciona centros que segregan alumnado por razón de sexo.•Ordena a educación baixo criterios de mercado, destrúe emprego e destina máis diñeiro ao ensino privado. •

Liquida a xestión democrática dos centrosElimina a elección democrática da dirección dos centros que será nomeada pola Administración educativa, que •terá representación maioritaria na comisión de elección.Reforza a figura do director: poderá establecer requisitos e méritos específicos para os postos ofertados, rexei-•tar a incorporación de persoal interino e propor o nomeamento de profesorado que traballe nos proxectos de calidade.Traslada á dirección as competencias do Consello Escolar que deixa de ser un órgano de goberno. Concentra •na dirección a maioría das competencias con menoscabo das competencias do Consello Escolar e da participa-ción do profesorado. Dálle á dirección as atribucións para aprobar a programación xeral anual e decidir sobre a admisión de alumna-•do, aprobar a obtención de recursos complementarios e fixar as directrices de colaboración con outras institu-cións ou organismos.Amplía os requisitos para optar ao cargo de director/a, co obxectivo de facer, na práctica, un corpo de directo-•res/as.

Xerarquiza, desautoriza e recorta dereitos do profesorado

Elimina, na práctica, a liberdade de cátedra, pon en tela de xuízo o noso traballo e desconfía da nosa valía pro-•fesional. A función docente estará limitada exclusivamente a preparar o alumnado para superar as reválidas.O peso do profesorado para elixir os cargos directivos dos centros é insignificante. •Funcionamento unipersoal e xerárquico dos centros.•

Page 6: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

confederación intersindical galega6

abril 2013

A CIG-Ensino convoca folga contra a LOMCE no ensino público para o xoves 9 de maioA Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que tamén convoca, realizará manifestacións e concentracións en todo o país

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público iniciou no IES Rosalía de Castro de Compostela os peches contra a LOMCE e os recortes

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o 17 de abril diante da sede do Consello Escolar de Galiza contra o decreto de comedores A CIG-Ensino esixe a retirada do decreto no Pleno no que se ditamina o decreto

A Consellaría de Educación veta o debate do anteproxecto da LOMCE no Consello Escolar de GalizaNegouse a incluír o debate na orde do día do pleno do xoves 21 de febreiro

A CIG-Ensino entrégalle ao conselleiro de Educación 10.172 sinaturas de docentes en contra da LOMCEO Secretario Nacional, Anxo Louzao, cualifica o anteproxecto de auténtico cianuro para o ensino galego

Centos de persoas concentráronse o 31 de xaneiro de 2013 contra a aprobación da LOMCE

Page 7: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

confederación intersindical galega7

abril 2013

A CIG-Ensino defende no Consello Escolar do Estado a retirada da LOMCEA CIG-Ensino cualifica de escandalosa a intención do ministro de que as comunidade autónomas sufraguen unha reforma que vai contra elas

A CIG-Ensino non descarta propor unha convocatoria de folga se Wert persiste en manter os contidos da LOMCEChama a participar nas mobilizacións convocadas pola Alianza Social Galega o 20 de

decembro

A CIG-Ensino esixe a retirada do anteproxecto de LOMCEDenuncia que as novas propostas do ministro supoñen unha maior reespañolización do ensino.

A CIG-Ensino xunto con representantes sindicais, estudantís e de pais e nais abandonan o Consello Escolar do Estado que debatía o anteproxecto da LOMCEA CIG-Ensino pediu a retirada da reforma e presentou 83 emendas ao anteproxecto de LOMCE

ELA e a CIG-Ensino piden no Consello Escolar do Estado a retirada da reforma educativaSupón unha nova intromisión nas competencias das institucións vascas e galegas, non responde ás necesidades educativas de Hego Euskal Herria e Galiza e faise ao servizo de intereses económicos e ideolóxicos

A CIG-Ensino apoia a folga convocada para o mércores 17 polas organizacións estudantís galegasHaberá mobilizacións nas cidades e en diferentes vilas contra os recortes e o anteproxecto da LOMCE

A CIG-Ensino considera que as declaracións de Wert e o seu obxectivo de españolizar e ‘recolonizar’ son inadmisíbeis

A CIG-Ensino rexeita o anteproxecto de reforma educativa aprobado polo Consello de Ministros

Page 8: iNFORMA - Manuel Seixas INFORMA Folga no... · 2013-05-11 · charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e os peches nos centros

confederación intersindical galega8

abril 2013