Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha...

21
2º BAC - Tema 9 - páx. 1 Tema 9.- España no franquismo (1939-1975). Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e trazos básicos. O franquismo é o nome que recibe o réxime instaurado en España polo xeneral Francisco Franco tras a súa vitoria na Guerra Civil (1936-1939). A súa característica fundamental foi a concentración de todos os poderes na persoa de Franco: Xefe do Estado, Presidente do Goberno, Xefe Nacional do Movemento, Caudillo de España, Xeneralísimo dos tres Exércitos... ningún outro gobernante acumulou tanto poder en España. Franco foi unha personalidade complexa e controvertida, valorada desde ángulos moi diversos, que van desde o panexírico ata a repulsa visceral. Militar de brillantísima historia, adornado das máis excelentes virtudes da raza, o noso Caudillo foi un don da Providencia para reunir todas as vontades e conducir a patria de triunfo en triunfo ata rescatala das garras do marxismo e poñela no camiño da súa futura grandeza. Historia de España. [libro de texto do Bacharelato]. 1949. Home de breve estatura, discurso monótono e voz afrautada, intentou ser histriónico sen alcanzar os niveis de Hitler e Mussolini, os que seguramente superou en hipocrisía e en capacidade insidiosa (...). Porque Franco, o Caudillo, exerceu como un tirano ao que nunca tremeu o pulso para firmar miles de execucións en nome de Deus e a patria. Dise que tivo "sorte". É certo (...), pero tamén "soubo" ter sorte. Desde 1926, despois do seu ascenso ao xeneralato, Franco, o dubitativo, soubo eliminar da súa vida un factor perigoso: a presa. Bernat MUNIESA. Ditadura e monarquía en España. 1996. Moitas crenzas populares respecto de Franco son falsas. Non foi o xeneral máis novo de Europa despois de Napoleón. Non foi o valente artífice da neutralidade española na Segunda Guerra Mundial. Non foi o arquitecto do crecemento español nos anos sesenta. (...). As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre as diversas forzas do réxime, e coas que derrotaba todos os retos que puidese presentarlle calquera (...) que fose superior a el en intelixencia e integridade moral. As vitorias de Franco non foron as dun gran benfeitor nacional, senón as dun hábil manipulador do poder que velaba sobre todo polos seus intereses. Paul PRESTON. Franco, caudillo de España. 1994. 1.1.- Que foi o franquismo? A natureza política do franquismo é obxecto de discusión entre os historiadores. Existen posturas contrapostas que van desde a súa identificación co fascismo ata a cualificación de simple ditadura militar unipersoal ou réxime autoritario. Inicialmente, os militares sublevados contra a Segunda República non contaban cunha formulación precisa do réxime que debía substituír o Goberno da República; estaban unidos tan só contra o que eles consideraban os graves males que a Fronte Popular potenciaba en España: a democracia, o liberalismo, o marxismo, o separatismo, a masonaría, o laicismo... A evolución da Guerra Civil obrigou a elaborar diversas medidas políticas, económicas, sociais, culturais... que foron perfilando os trazos do novo réxime, en gran medida obra persoal de Franco: autoridade, orde, catolicismo, uniformidade, unidade de pensamento e unidade da patria. Estes principios mantivéronse inalterados durante a vixencia do franquismo. Tras a guerra, Franco impuxo un modelo de Estado moi difícil de definir con precisión, por dúas razóns; en primeiro lugar polo carácter persoal do réxime: é imposible separar o franquismo da figura de Franco; en segundo lugar porque toma elementos de diferentes réximes: Da ditadura militar recolleu o modelo de goberno forte e represivo que frease a deriva revolucionaria da sociedade e asegurase a orde, baseándose nun aparato militar conservador á fronte do cal había un líder (un caudillo). Do Estado fascista adoptou o seu discurso -baseado no nacionalismo radical, o antimarxismo e o antiliberalismo- e a súa parafernalia. Da monarquía absoluta aproveitaba a idea dun dirixente que gobernaba pola graza de Deus, sen render contas a ninguén (só "ante Deus e ante a Historia"), e que detiña un cargo vitalicio para o que non fora elixido, senón designado pola Providencia. Era Franco un fascista? A resposta é negativa pese a toda a retórica da pseudo-Falange. O seu réxime foi unha ditadura militar? Franco apartou os xenerais da política, xa fose por destitución ou prebenda, e formalmente contaba cunhas Leis Fundamentais que limitaban en teoría o seu poder de Xefe de Estado. (...) Existía en España o férreo poder dun partido único como na Alemaña nazi ou a Rusia soviética? O Movemento Nacional era na práctica inexistente, e o poder intermedio entre Franco e España estaba repartido entre as familias de monárquicos, falanxistas, democristiáns, Opus Dei, tradicionalistas... e banqueiros. Impuxo Franco unha ideoloxía coherente e mesiánica aos españois e perseguiu a quen non a acatasen? En absoluto. Franco non tiña ideoloxía algunha e non impuxo nada. Limitouse só a que ninguén puidese expresar en voz alta ou puxese en práctica o que pensaba se iso podía prexudicalo a el na súa única convicción: conservar o poder alcanzado tras unha cruenta guerra civil de tres anos. GONZÁLEZ CASANOVA, José Antonio: "O franquismo a dez anos vista", en Historia 16, nº 115, 1985. En sentido estrito, o réxime franquista non pode ser cualificado de fascista, senón máis ben de clásica ditadura antidemocrática, é dicir, unha forma de goberno na que o poder está concentrado nunha persoa ou institución, que o exerce sen limitacións legais nin control por parte do Parlamento, na que os dereitos individuais están reducidos ou anulados, e non existe pluralidade política. O réxime franquista imitou trazos e símbolos do fascismo, pero aínda que houbo intentos de encadrar as masas en organizacións de apoio ao réxime, estas tiveron escasa participación na vida política e non foron a base do sistema como na Alemaña nazi ou na Italia fascista. Ademais, o franquismo non pretendeu a renovación total dos individuos, da sociedade e os seus valores, co obxectivo de crear un sistema totalitario no que o individuo está sometido ao Estado. Pola contra, buscou conservar os valores tradicionais e a orde social e ideolóxica establecida desde sempre. Así pois, pódese cualificar o réxime franquista como unha ditadura militar de carácter persoal, que ten a súa fundamentación ideolóxica no pensamento conservador e católico español pero que incorpora principios e elementos procedentes do fascismo italiano e das institucións e organizacións políticas e sociais que o apoiaban: a Falanxe, o Exército, a Igrexa, os tradicionalistas e os monárquicos.

Transcript of Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha...

Page 1: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 1

Tema 9.- España no franquismo (1939-1975).

Introdución.

1.- O réxime franquista. Fundamentos e trazos básicos.

O franquismo é o nome que recibe o réxime instaurado en España polo xeneral Francisco Franco tras a súa vitoria na Guerra Civil (1936-1939). A súa característica fundamental foi a concentración de todos os poderes na persoa de Franco: Xefe do Estado, Presidente do Goberno, Xefe Nacional do Movemento, Caudillo de España, Xeneralísimo dos tres Exércitos... ningún outro gobernante acumulou tanto poder en España. Franco foi unha personalidade complexa e controvertida, valorada desde ángulos moi diversos, que van desde o panexírico ata a repulsa visceral.

Militar de brillantísima historia, adornado das máis excelentes virtudes da raza, o noso Caudillo foi un don da Providencia para reunir todas as

vontades e conducir a patria de triunfo en triunfo ata rescatala das garras do marxismo e poñela no camiño da súa futura grandeza.

Historia de España. [libro de texto do Bacharelato]. 1949.

Home de breve estatura, discurso monótono e voz afrautada, intentou ser histriónico sen alcanzar os niveis de Hitler e Mussolini, os que

seguramente superou en hipocrisía e en capacidade insidiosa (...). Porque Franco, o Caudillo, exerceu como un tirano ao que nunca tremeu o pulso

para firmar miles de execucións en nome de Deus e a patria. Dise que tivo "sorte". É certo (...), pero tamén "soubo" ter sorte. Desde 1926, despois

do seu ascenso ao xeneralato, Franco, o dubitativo, soubo eliminar da súa vida un factor perigoso: a presa.

Bernat MUNIESA. Ditadura e monarquía en España. 1996.

Moitas crenzas populares respecto de Franco son falsas. Non foi o xeneral máis novo de Europa despois de Napoleón. Non foi o valente artífice da

neutralidade española na Segunda Guerra Mundial. Non foi o arquitecto do crecemento español nos anos sesenta. (...). As súas armas foron unha

astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre as diversas forzas do réxime, e coas que derrotaba todos os retos

que puidese presentarlle calquera (...) que fose superior a el en intelixencia e integridade moral. As vitorias de Franco non foron as dun gran

benfeitor nacional, senón as dun hábil manipulador do poder que velaba sobre todo polos seus intereses.

Paul PRESTON. Franco, caudillo de España. 1994.

1.1.- Que foi o franquismo?

A natureza política do franquismo é obxecto de discusión entre os historiadores. Existen posturas contrapostas que van desde a súa identificación

co fascismo ata a cualificación de simple ditadura militar unipersoal ou réxime autoritario. Inicialmente, os militares sublevados contra a Segunda República non contaban cunha formulación precisa do réxime que debía substituír o

Goberno da República; estaban unidos tan só contra o que eles consideraban os graves males que a Fronte Popular potenciaba en España: a democracia, o liberalismo, o marxismo, o separatismo, a masonaría, o laicismo...

A evolución da Guerra Civil obrigou a elaborar diversas medidas políticas, económicas, sociais, culturais... que foron perfilando os trazos do novo réxime, en gran medida obra persoal de Franco: autoridade, orde, catolicismo, uniformidade, unidade de pensamento e unidade da patria. Estes principios mantivéronse inalterados durante a vixencia do franquismo.

Tras a guerra, Franco impuxo un modelo de Estado moi difícil de definir con precisión, por dúas razóns; en primeiro lugar polo carácter persoal do réxime: é imposible separar o franquismo da figura de Franco; en segundo lugar porque toma elementos de diferentes réximes: ✓ Da ditadura militar recolleu o modelo de goberno forte e represivo que frease a deriva revolucionaria da sociedade e asegurase a orde,

baseándose nun aparato militar conservador á fronte do cal había un líder (un caudillo). ✓ Do Estado fascista adoptou o seu discurso -baseado no nacionalismo radical, o antimarxismo e o antiliberalismo- e a súa parafernalia. ✓ Da monarquía absoluta aproveitaba a idea dun dirixente que gobernaba pola graza de Deus, sen render contas a ninguén (só "ante Deus e

ante a Historia"), e que detiña un cargo vitalicio para o que non fora elixido, senón designado pola Providencia.

Era Franco un fascista? A resposta é negativa pese a toda a retórica da pseudo-Falange.

O seu réxime foi unha ditadura militar? Franco apartou os xenerais da política, xa fose por destitución ou prebenda, e formalmente contaba cunhas

Leis Fundamentais que limitaban en teoría o seu poder de Xefe de Estado. (...)

Existía en España o férreo poder dun partido único como na Alemaña nazi ou a Rusia soviética? O Movemento Nacional era na práctica inexistente,

e o poder intermedio entre Franco e España estaba repartido entre as familias de monárquicos, falanxistas, democristiáns, Opus Dei,

tradicionalistas... e banqueiros.

Impuxo Franco unha ideoloxía coherente e mesiánica aos españois e perseguiu a quen non a acatasen? En absoluto. Franco non tiña ideoloxía algunha

e non impuxo nada. Limitouse só a que ninguén puidese expresar en voz alta ou puxese en práctica o que pensaba se iso podía prexudicalo a el na

súa única convicción: conservar o poder alcanzado tras unha cruenta guerra civil de tres anos.

GONZÁLEZ CASANOVA, José Antonio: "O franquismo a dez anos vista", en Historia 16, nº 115, 1985.

En sentido estrito, o réxime franquista non pode ser cualificado de fascista, senón máis ben de clásica ditadura antidemocrática, é dicir, unha forma de goberno na que o poder está concentrado nunha persoa ou institución, que o exerce sen limitacións legais nin control por parte do Parlamento, na que os dereitos individuais están reducidos ou anulados, e non existe pluralidade política.

O réxime franquista imitou trazos e símbolos do fascismo, pero aínda que houbo intentos de encadrar as masas en organizacións de apoio ao réxime, estas tiveron escasa participación na vida política e non foron a base do sistema como na Alemaña nazi ou na Italia fascista. Ademais, o franquismo non pretendeu a renovación total dos individuos, da sociedade e os seus valores, co obxectivo de crear un sistema totalitario no que o individuo está sometido ao Estado. Pola contra, buscou conservar os valores tradicionais e a orde social e ideolóxica establecida desde sempre.

Así pois, pódese cualificar o réxime franquista como unha ditadura militar de carácter persoal, que ten a súa fundamentación ideolóxica no pensamento conservador e católico español pero que incorpora principios e elementos procedentes do fascismo italiano e das institucións e organizacións políticas e sociais que o apoiaban: a Falanxe, o Exército, a Igrexa, os tradicionalistas e os monárquicos.

Page 2: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 2

A imitación dos fascismos contemporáneos, todos os grupos políticos que sustentaban o réxime franquista foron agrupados nunha única formación autorizada: o Movemento Nacional. Os sindicatos de clase foron suprimidos, e creouse unha organización única para obreiros e patróns: a Central Nacional Sindicalista (o Sindicato Vertical). A poboación feminina, xuvenil e universitaria foi encadrada en diversas organizacións con fins de adoutrinamento nos valores do réxime: a Sección Femenina, o Frente de Juventudes (desde 1961 Organización Juvenil Española -OJE-), e o Sindicato Español Universitario (SEU), respectivamente.

Ao igual que os fascismos, o réxime adoptou ritos e símbolos específicos de identidade e cohesión grupal: a camisa azul da Falanxe e a boina vermella dos carlistas, o brazo en alto para saudar (suprimido en 1945 tras a caída do fascismo en Europa), cantos e marchas patrióticos (como o Cara al sol da Falanxe, o Oriamendi dos tradicionalistas e o Himno de la Legión), desfiles, manifestacións e expresións públicas de apoio ao sistema e ao seu Caudillo (¡Franco, Franco, Franco!, ¡Arriba España!, ¡Viva España!, ¡España una, grande y libre!).

A bandeira de España foi de novo a monárquica de Carlos III (vermella e gualda), e o escudo, cos símbolos dos antigos reinos medievais (Castela, León, Aragón, Navarra e Granada), completouse con elementos da época dos Reis Católicos: a coroa real, a aguia de San Xoán, a lenda Plus Ultra e o xugo e as frechas.

Os trazos do franquismo identifícanse loxicamente coas propias ideas do seu Caudillo. Franco carecía de ideoloxía concreta; non tiña unha

formación intelectual sólida, e ata 1936 fora exclusivamente un militar.

Franco foi basicamente un militar, un africanista da xeración militar de 1915, convencido como tal de que o Exército era a "columna vertebral" da

patria e a garantía da unidade nacional; un militar que vía nos principios de orde, unidade e autoridade a encarnación do patriotismo, que pensaba

que o liberalismo e a Monarquía parlamentaria de 1876 foran responsables da derrota do 98 e da decadencia española, que recibiu con satisfacción

a ditadura de Primo de Rivera e que (...) identificaba a II República con anarquía, división nacional, agresións ao Exército e infiltración comunista. En

1936, definían xa o carácter de Franco trazos que serían permanentes: era frío, distante, reservado, desconfiado e cauteloso (...).

Juan Pablo FUSI: "Breve biografía dun ditador". El País. 20 de novembro de 1995. [castelán]

Cando asumiu o poder político e militar da España sublevada (1 de outubro de 1936) Franco carecía de proxecto político; nunca foi un home preocupado pola política, máis ben era un pragmático que foi adaptándose ás necesidades de cada etapa que viviu o seu réxime. Porén, foi sempre fiel a unha mestura de principios e fobias que converteu en fundamentos obsesivos do seu goberno: a orde, a autoridade, o catolicismo inherente á forma de ser de España, a defensa da unidade da patria, a persecución de toda disidencia, o rexeitamento visceral da pluralidade de ideas, da democracia, dos partidos políticos ou as liberdades civís; atribuía o pluralismo e a conflitividade á subversión, e o rexeitamento internacional do seu réxime a un complot do comunismo, o xudaísmo e a masonaría.

Anticomunista e conservador, progresivamente relixioso (...) e cada vez máis obsesionado pola masonería, Franco, non tiña nin proxecto de Estado

nin plans de goberno estruturados e perfilados cando o 1 de outubro de 1936 asumiu o poder político e militar da España sublevada (...). Pensaba

nunha ditadura militar máis ou menos longa baseada na súa xefatura persoal (...), nun réxime autoritario e unitario sen autonomías rexionais, nin

partidos políticos, nin sindicatos de clase, un réxime militar "español e católico". (...)

A política de Franco resumiuse no que Carrero Blanco lle suxeriu en 1945: orde, unidade e aguantar, propósito para o que serviron idoneamente a

súa habilidade e astucia, a súa prudencia e o seu sentido da inercia, que lle facían alongar e dilatar deliberadamente a toma de decisións a fin de

evitar actuacións precipitadas e improvisadas, e de forma que o propio paso do tempo facilitase a solución das cousas (...). A inercia de Franco

cumpría, ademais, unha función esencial: reforzar o seu papel como árbitro e peza central da estrutura de poder da ditadura.

Por todo iso, Franco puido proceder a cambios esenciais na evolución e significación dos seus Gobernos. O seu réxime foi un réxime totalitario e

filofascista ata 1945, aínda que España non entrou na II Guerra Mundial, agás contra a Unión Soviética, e mantivo unha ambigua e contraditoria

neutralidade respecto dos aliados occidentais; tivo unha significación católica, anticomunista e prooccidental desde 1945 e optou por unha filosofía

tecnocrática e desarrollista -en contradición coas ilusións autárquicas da posguerra- desde os anos 1957-1959.

Juan Pablo FUSI: "Breve biografía dun ditador". El País. 20 de novembro de 1995. [castelán]

Nacido dunha guerra civil que acabou co sistema democrático da Segunda República, o franquismo arrastrou sempre a carencia de lexitimidade

moral ante a maior parte do mundo e moitos dos seus súbditos, pola violencia do seu xurdimento e da súa actuación represora durante corenta anos. Pola súa parte, Franco apelou sempre á vitoria na gloriosa cruzada como fundamento da lexitimación do seu réxime.

1.- Define o réxime franquista e argumenta o porqué desa caracterización.

1.2.- A organización política do réxime.

Aínda que os principios ideolóxicos fundamentais do franquismo quedaron configurados xa desde moi cedo, durante a mesma Guerra Civil, a súa

organización legal e institucional foi lenta, en función da conxuntura internacional ou das necesidades políticas de cada momento, e o modelo definitivo non concluíu ata 1967, superados os trinta anos desde o inicio do réxime. Este modelo foi denominado democracia orgánica, concepto introducido polo almirante Luis Carrero Blanco fronte á democracia inorgánica ou parlamentaria.

A.- O proceso de institucionalización: as Leis Fundamentais.

O réxime franquista foise dotando dun ordenamento xurídico e institucional bastante amplo e complexo, mediante a promulgación dunha serie

de leis básicas de organización do Estado, sucedáneo de Constitución, coñecidas como Leis Fundamentais. Inspiradas nos principios organizativos e ideolóxicos do fascismo e do tradicionalismo, regulamentaban de forma dispersa diversos ámbitos da vida política española.

O proceso de institucionalización do réxime comezou realmente en plena guerra civil, cando os sublevados adoptaron as primeiras medidas de organización do novo Estado: a Xunta de Defensa Nacional nomeou a Franco Xefe de Goberno do Estado Español e Xeneralísimo das forzas nacionais de terra, mar e aire (30 de setembro de 1936); Franco agrupou todas as forzas que participaron na rebelión militar nun único partido (FET de las JONS, decreto de unificación, 20 de abril de 1937); Franco nomeou o seu primeiro Goberno e publicou a Lei de Administración Central do Estado (30 de xaneiro de 1938), que lle atribuía os poderes lexislativo, executivo e xudicial. Nos meses seguintes aprobou unha serie de decretos polos que se derrogou toda a obra reformista da República.

Page 3: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 3

O proceso de institucionalización. As Leis Fundamentais.

Data PARTE DOGMÁTICA (principios ideolóxicos) PARTE ORGÁNICA (principios organizativos)

1938 Foro do

Traballo Regulamenta o mundo laboral; en 1940 completado coa

Lei de Unidade Sindical ---

1942 --- Lei de

Cortes Creaba as novas Cortes orgánicas con función

deliberante e consultiva

1945 Foro dos

Españois

Táboa de dereitos e deberes, a modo de Carta

Outorgada; quedaban rexistrados na lei, pero non

estaban garantidos na práctica

Lei do

Referendo

Nacional

Daba participación á opinión pública para sancionar as

leis que decidía o Xefe do Estado. Dous referendos: en

1947 (Lei Sucesión) e en 1967 (Lei Orgánica do Estado)

1947 --- Lei de

Sucesión

Definía España como reino; ratificaba a Franco como

Xefe do Estado e fixaba os mecanismos para elixir o seu

sucesor a título de rei

1958

Lei de

Principios do

Movemento

Nacional

Establecía unha serie de principios inmutables e

permanentes: unidade de España, condición de reino e

de país católico, e insistía nas unidades naturais da vida

social: familia, municipio e sindicato

---

1967 --- Lei Orgánica

do Estado Compendio dos trazos definitorios da democracia

orgánica, síntese e actualización das leis anteriores

1.- No contexto da Guerra Civil, o 8 de marzo de 1938 o réxime franquista aprobou a primeira das leis fundamentais: o Foro do Traballo, que prohibía

o sindicalismo de clase e outorgaba ao Estado o control das relacións laborais. Esta lei completouse coa Lei de Unidade Sindical (31 de xaneiro de 1940), que regulamentou o sindicato único, no cal se integraban obrigatoriamente traballadores e empresarios por ramas de produción. Ambas leis baseábanse na doutrina falanxista, que imitaba o modelo corporativo da Italia fascista.

Doc.- Foro do Traballo. 9 de marzo de 1938.

I.3. O dereito de traballar é consecuencia do deber imposto ao home por Deus, para o cumprimento dos seus fins individuais e a prosperidade e

grandeza da Patria.

I.4. O Estado valora e exalta o traballo (...) e protéxeo coa forza da lei (...).

I.8. Todos os españois teñen dereito ao traballo (...).

II.1. O Estado (...) limitará convenientemente a duración da xornada para que non sexa excesiva (...). En especial prohibirá o traballo nocturno das

mulleres e nenos (...).

II.4. Declarada festa nacional o 18 de xullo, iniciación do Glorioso Alzamento, será considerado ademais como festa de Exaltación do Traballo.

II.5. Todo traballador terá dereito a unhas vacacións anuais retribuídas (...).

XI.4. En xeral o Estado non será empresario, senón cando falte a iniciativa privada ou o esixan os intereses superiores da nación.

XIII.3. O sindicato vertical é unha corporación de dereito público que se constitúe pola integración nun organismo unitario de todos os elementos que

consagran as súas actividades ao cumprimento do proceso económico, dentro dun determinado servizo ou rama da produción, ordenado

xerarquicamente baixo a dirección do Estado.

Nas semanas seguintes ao final da guerra, Franco asinou unha serie de Decretos que ampliaban aínda máis o seu poder. En agosto de 1939 un

decreto reorganizou a Administración Central do Estado: fixáronse os ministerios e autorizouse ao Xefe do Estado a aprobar decretos-lei sen previa deliberación do Goberno. Na práctica, significaba a total potestade lexislativa para Franco.

Nestes primeiros anos, o franquismo imitou os réximes fascistas, nunha conxuntura -1939 a 1942- favorable a estes na Segunda Guerra Mundial. 2.- Desde 1942, en que a guerra comezou a decantarse a favor das democracias, e sobre todo desde a fin da Guerra Mundial coa derrota dos

fascismos, o réxime mudou a súa imaxe: suprimiu progresivamente os seus elementos externos de signo fascista, concedeu unha mínima amnistía política, diversificou os seus Gobernos ata entón maioritariamente falanxistas coa inclusión de monárquicos e católicos... Neste novo contexto internacional, Franco intentaba lexitimar a ditadura cara ao exterior con medidas contidas en novas leis fundamentais.

A Lei Constitutiva das Cortes de 1942 tiña por obxecto dar maior representatividade ao réxime. Creaba unhas Cortes compostas por preto de cincocentos procuradores, unha parte designados polo propio Franco, outros membros natos (ministros, bispos, reitores de Universidades...) e outros escollidos por sufraxio indirecto polas chamadas corporacións (familia, municipio e sindicato). As Cortes franquistas non representaban en ningún caso a soberanía nacional; as súas funcións consistían en colaborar na preparación das leis, debater os proxectos lexislativos presentados polo Goberno, proceder á súa aprobación e aplaudir docilmente os discursos do ditador. En esencia tratábase dun organismo sometido e controlado polo poder e no que os seus membros actuaban seguindo a consigna de "por Deus, por España e ás ordes de Franco”.

Doc.- Lei de creación das Cortes Españolas. 17 de xullo de 1942.

O contraste de pareceres -dentro da unidade do Réxime-, a audiencia de aspiracións, a crítica fundamentada (...) deben contribuír á vitalidade,

xustiza e perfeccionamento do Dereito (...). Continuando na Xefatura do Estado a suprema potestade de ditar normas xurídicas (...) o órgano que

se crea significará, ao tempo que un eficaz instrumento de colaboración naquela función, principio de autolimitación para unha institución máis

sistemática do poder. (...) Dispoño:

Art. 1. As Cortes son órgano superior de participación do pobo español nas tarefas do Estado. É misión principal das Cortes a preparación e elaboración

das leis, sen prexuízo da sanción que corresponde ao Xefe do Estado.

Page 4: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 4

Art. 2. As Cortes compóñense de Procuradores natos e electivos, a saber: a) Os ministros. b) Os conselleiros nacionais de FET e das JONS. c) O

Presidente do Consello de Estado (...). d) Os representantes dos Sindicatos Nacionais (...). e) Os Alcaldes das cincuenta capitais de provincia,

os de Ceuta e Melilla e un representante polos demais Municipios de cada provincia designado a través da Deputación respectiva. f) Os Reitores

das Universidades. g) O Presidente do Instituto de España (...). i) Aquelas persoas que pola súa xerarquía eclesiástica, militar, administrativa

ou social ou polos seus relevantes servizos a España, designe o Xefe do Estado, en número non superior a cincuenta.

Rematada a Segunda Guerra Mundial, Franco publicou en 1945 o Foro dos Españois: era unha especie de declaración de dereitos e deberes que

reafirmaba o carácter tradicionalista e católico do sistema. O texto recoñecía formalmente determinados dereitos (de opinión, reunión e asociación...) que na práctica estaban moi restrinxidos ou foron suspendidos con frecuencia. O seu obxectivo real era enmascarar a imaxe autoritaria do réxime no momento en que comezaba o seu illamento internacional.

Doc.- Foro dos Españois. 17 de xullo de 1945.

Francisco Franco Bahamonde, Caudillo de España, Xefe do Estado e Xeneralísimo dos Exércitos da nación: (...) dispoño:

Art. 1. O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a liberdade da persoa humana,

recoñecendo ao home, en canto portador de valores eternos e membro da comunidade nacional, titular de deberes e dereitos (...).

Art. 2. Os españois deben servizo fiel á patria, lealdade ao Xefe do Estado e obediencia ás leis.

Art. 6. A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial (...).

Art. 10. Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato.

Art. 12. Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten contra os principios fundamentais do Estado. (...)

Art. 22. O Estado recoñece e ampara a familia como institución natural e fundamento da Sociedade (...). O matrimonio será un e indisoluble. O Estado

protexerá especialmente as familias numerosas.

Art. 28. O Estado español garante aos traballadores (...) o dereito á asistencia nos casos de vellez, morte, enfermidade, maternidade, accidentes de

traballo, invalidez, paro forzoso e demais riscos que poidan ser obxecto de seguro social (...).

Art. 30. A propiedade privada (...) é amparada polo Estado. Todas as formas da propiedade quedan subordinadas ás necesidades da Nación.

Art. 33. O exercicio dos dereitos que se recoñecen neste Foro non poderá atentar contra a unidade espiritual, nacional e social de España.

O mesmo ano 1945, promulgouse a Lei de Referendo Nacional, que pretendía mostrar que en España estaba recoñecido o sufraxio universal. A lei establecía que os españois (homes e mulleres maiores de 21 anos) poderían ser consultados individualmente en forma de plebiscito nacional, sempre por decisión de Franco e para someterlles cuestións de Estado de especial transcendencia. Estas consultas non tiñan nada que ver coas eleccións democráticas, xa que non se permitía ningún tipo de propaganda contraria nin de control das votacións. O referendo foi empregado en dúas ocasións: para aprobar a Lei de Sucesión, en 1947, e a Lei Orgánica do Estado, en 1966.

Doc.- Lei de Referendo Nacional. 22 de outubro de 1945.

Aberta para todos os españois a súa colaboración nas tarefas do Estado a través dos organismos naturais, constituídos pola familia, o municipio e

o sindicato, (...) esta Xefatura do Estado, en uso das facultades que lle reservan as Leis de 30 de xaneiro de 1938 e 8 de agosto de 1939, creu

conveniente instituír a consulta directa á Nación en referendo público en todos aqueles casos en que, pola transcendencia das leis ou incertezas na

opinión, o Xefe do Estado estime a oportunidade e a conveniencia desta consulta.

Na súa virtude, dispoño:

Art. 1. Cando a transcendencia de determinadas Leis o aconsellen ou o interese público o demande, poderá o Xefe do Estado, para mellor servizo da

Nación, someter a referendo os proxectos de Leis elaborados polas Cortes.

Art. 2. O referendo levarase a cabo entre todos os homes e mulleres da Nación maiores de vinte e un anos.

Art. 3. Autorízase ao Goberno para ditar as disposicións complementarias conducentes á formación do censo e execución da presente Lei.

3.- En 1946 a ditadura franquista quedou illada internacionalmente. Franco presentou este illamento ante a opinión pública española como unha

conxura internacional dos inimigos de España. Tamén tomou algunhas medidas para mellorar a imaxe do réxime, como a promulgación da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado (1947) coa que pretendía borrar a imaxe fascista máis visible do réxime: a ditadura persoal.

Esta lei afirmaba o carácter vitalicio da xefatura de Franco, definía España como reino e regulaba o mecanismo de sucesión coa intención de garantir a continuidade do réxime tras a morte do ditador. Porén, o restablecemento da institución monárquica -desaparecida en 1931- non significou a restauración da liña dinástica borbónica; pola contra, prescindindo das normas hereditarias históricas de sucesión á Coroa, reservábase a Franco o dereito a designar a persoa que o sucedería a título de rei. Ademais, o texto precisaba o carácter da monarquía reposta -de tipo tradicional e non parlamentaria- e fixaba as condicións que debía reunir o futuro sucesor de Franco. Esta lei foi validada nun referendo popular (6 de xullo de 1947) manipulado polo Goberno e sen garantías, co 82% de votos afirmativos.

Doc.- Lei de sucesión na Xefatura do Estado. 26 de xullo de 1947.

Art. 1. España, como unidade política, é un Estado católico, social e representativo que, segundo a súa tradición, declárase constituído como reino.

Art. 2. A Xefatura do Estado corresponde ao Caudillo de España e da Cruzada, Xeneralísimo dos Exércitos don Francisco Franco Bahamonde. (...)

Art. 9. Para exercer a Xefatura do Estado como rei ou rexente requirirase ser varón e español, ter cumpridos os trinta anos, profesar a relixión

católica, posuír as calidades necesarias para o desempeño da súa alta misión e xurar as Leis Fundamentais, así como lealdade aos principios

que informan o Movemento Nacional.

4.- A partir de 1948 a situación internacional comezou a xirar en favor do réxime. O inicio da guerra fría entre os Estados Unidos e a Unión Soviética

motivou que as potencias democráticas occidentais pechasen os ollos ante o carácter ditatorial do franquismo para incorporar a España á alianza anticomunista. A presión diplomática foise esvaecendo e na década de 1950 España foi progresivamente admitida nos máis importantes organismos internacionais.

Page 5: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 5

Neste contexto de consolidación do franquismo promulgouse a Lei de Principios do Movemento Nacional (1958). Era unha declaración que reafirmaba a vinculación da ditadura cos valores do 18 de xullo, considerados inmutables e permanentes: unidade de España, condición de reino católico, reafirmación das unidades naturais da vida social -familia, municipio e sindicato- como únicas canles de participación política... Calquera persoa que accedía a un cargo público tiña que xurar acatalos. ✓ A denominación de Movemento Nacional substituíu na linguaxe oficial o termo FET de las JONS, que nos anos cincuenta e tras a firma dos

tratados bilaterais cos Estados Unidos (setembro de 1953) tiña xa incómodas resonancias fascistas e totalitarias. Polo demais, a lei apenas tivo incidencia na vida política do Estado.

Doc.- Lei fundamental de Principios do Movemento Nacional. 17 de maio de 1958.

Eu, Francisco Franco Bahamonde, Caudillo de España, consciente da miña responsabilidade ante Deus e ante a Historia, en presenza das Cortes do

Reino, promulgo como Principios do Movemento Nacional, entendido como comuñón dos españois nos ideais que deron vida á Cruzada, os seguintes:

I. España é unha unidade de destino no universal (...).

II. A nación española considera como timbre de honor o acatamento á Lei de Deus, segundo a doutrina da Santa Igrexa Católica, Apostólica e

Romana, única verdadeira e fe inseparable da conciencia nacional, que inspirará a súa lexislación. (...)

IV. A unidade entre os homes e as terras de España é intanxible. A integridade da Patria e a súa independencia son esixencias supremas da

comunidade nacional (...).

V. A comunidade nacional fúndase no home, como portador de valores eternos, e na familia como base da vida social; pero os intereses individuais

e colectivos deben estar sometidos ao ben común da Nación, constituída polas xeracións pasadas, presentes e futuras (...).

VI. As entidades naturais da vida social, familia, municipio e sindicato, son estruturas básicas da comunidade nacional.

VII. O pobo español (...) constitúe o Estado Nacional. A súa forma política é (...) a Monarquía tradicional, católica, social e representativa.

VIII. O carácter representativo da orde política é principio básico das nosas institucións públicas. A participación do pobo nas tarefas lexislativas (...)

levarase a cabo a través da familia, o municipio e o sindicato e demais entidades con representación orgánica que a este fin recoñezan as leis.

X. Recoñécese o traballo como orixe de xerarquía, deber e honor dos españois, e a propiedade privada en todas as súas formas como dereito

supeditado á súa función social. A iniciativa privada, fundamento da actividade económica, deberá ser estimulada, canalizada e, no seu caso,

suplida pola acción do Estado.

5.- Despois doutro período longo sen leis fundamentais, a mediados dos anos sesenta o réxime tratou de responder ao desenvolvemento material do país cun simulacro de actualización do seu armazón lexislativo. Así, o réxime elaborou a Lei Orgánica do Estado, sometida a referendo o 14 de decembro de 1966 e promulgada o 10 de xaneiro de 1967, que constituía o compendio da democracia orgánica.

A Lei pretendía ser unha refundación lexislativa do franquismo mediante a unión de elementos dispersos de textos fundamentais anteriores. Introduciu algunhas novidades funcionais, como a separación dos cargos de xefe do Estado e presidente do Goberno, aínda que este non se cubriría ata 1973; ampliaba a participación política dos españois: elección directa de procuradores a Cortes polo terzo familiar, designación dun representante dos municipios de cada provincia elixido entre os membros do Concello; recoñecía oficialmente a liberdade relixiosa...

Doc.- Lei Orgánica do Estado. 10 de xaneiro de 1967 [aprobada en referendo o 14 de decembro de 1966].

Art.6. O Xefe do Estado é o representante supremo da Nación; personifica a soberanía nacional; exerce o poder supremo político e administrativo;

ostenta a Xefatura Nacional do Movemento e coida da máis exacta observancia dos principios do mesmo e demais Leis Fundamentais do Reino,

así como da continuidade do Estado e do Movemento Nacional; garante e asegura o regular funcionamento dos Altos Órganos do Estado e a

debida coordinación entre os mesmos; sanciona e promulga as leis e ordena a súa execución; exerce o mando supremo dos Exércitos de Terra,

Mar e Aire; vela pola conservación da orde pública no interior e da seguridade do Estado no exterior; a xustiza adminístrase no seu nome;

exerce a prerrogativa de graza; confire, de acordo coas leis, empregos, cargos públicos e honores; acredita e recibe os representantes

diplomáticos e realiza cantos actos lle corresponden segundo as Leis Fundamentais do Reino.

B.- A democracia orgánica.

O sistema político franquista foi denominado polos seus artífices como democracia orgánica, un peculiar sistema de difícil definición,

esencialmente autoritario, pero que se foi adaptando ás esixencias democratizadoras das organizacións internacionais para que España entrase a formar parte de moitas delas. Os seus partidarios consideraban que nel existía a verdadeira representación da sociedade a través dos seus órganos naturais e básicos: a familia, o concello e o sindicato, e rexeitaban o sistema liberal e democrático caracterizado pola representación política baseada no individuo e nos partidos políticos.

Inspirado no fascismo italiano, o franquismo canalizou a participación política a través dos cabezas de familia e as diferentes corporacións públicas existentes. En realidade, esta participación orgánica era unha burla á democracia e un intento publicitario do réxime de buscar unha imaxe aceptable ante o contorno político occidental.

Xa vimos como en 1942 foron creadas unhas novas Cortes, concibidas como órgano consultivo e deliberante que debía asesorar a Franco na elaboración das leis. A composición das Cortes variou coa entrada en vigor da Lei Orgánica do Estado de 1967, que introducía novos dereitos e limitaba minimamente o poder de Franco (como acabamos de comentar). Os seus membros seguiron sendo elixidos por un complexo sistema que restrinxía extraordinariamente o dereito de sufraxio. Entre as modificacións máis significativas destacan a elección directa polos cabezas de familia de dous procuradores por provincia, co que se pretendía dar un carácter máis aberto e popular. A modificación da súa composición non introduciu ningún cambio no seu comportamento: continuaron aprobando sen a penas discusión todas as leis propostas polo Goberno.

No caso dos Concellos, os concelleiros eran, desde 1945, designados: un terzo, por elección dos veciños cabezas de familia; outro terzo, por elección dos sindicatos locais; e o terceiro terzo, por elección dos concelleiros xa electos entre os veciños membros de entidades económicas, culturais ou profesionais da localidade ou entre veciños de recoñecido prestixio.

* Completa esta información coa observación dos cadros esquemáticos da páxina 374. 2.- Realiza as actividades da páxina 374.

Page 6: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 6

1.3.- Fundamentos sociais, políticos e ideolóxicos.

O franquismo durou case corenta anos debido á represión e ao exercicio diario e masivo da propaganda, pero tamén á existencia de importantes

apoios institucionais e sociais, sen os cales Franco dificilmente tería podido sobrevivir ás presións exteriores e ás accións da oposición. O Caudillo tivo moito maior apoio social do que lle atribuían os seus opoñentes, aínda que non puido contar coa adhesión das minorías máis preparadas.

A.- As bases sociais da Ditadura.

A Ditadura devolveu a hexemonía á oligarquía: terratenentes, empresarios industriais e financeiros recuperaron as súas propiedades e o seu

dominio da vida social, e foron os principais beneficiarios da economía intervencionista das primeiras décadas do franquismo. A ela incorporáronse militares e falanxistas, así como diversos personaxes enriquecidos pola guerra e os negocios. O réxime franquista contou tamén co apoio das clases medias rurais, sobre todo no Norte e en ambas Castelas, así como de quen nas cidades se beneficiaron das depuracións masivas realizadas ao remate da guerra entre funcionarios, mestres, profesores universitarios e militares republicanos.

Polo contrario, a ditadura apenas tivo apoio entre os xornaleiros e o proletariado industrial. O mesmo ocorreu con boa parte das clases medias urbanas, que foran republicanas. Pero unha cousa era a desconformidade, o rexeitamento ideolóxico, e outra moi distinta a oposición ou a protesta. A represión sistemática, o medo á delación, a miseria xeneralizada e o afundimento moral da derrota desarmaron calquera posibilidade de reacción durante varios anos. Despois, a propaganda, o aumento do benestar a partir dos anos sesenta e o relevo xeracional fixeron que parte deses sectores obreiros e campesiños adoptasen unha actitude de acomodación, de pasividade ou aceptación do réxime, e de apoliticismo, cando non de apoio directo ao franquismo.

B.- As bases institucionais: as familias do réxime.

O réxime franquista sustentouse sobre unha serie de grupos de poder, denominados familias, entre os que procurou manter sempre un

equilibrio, e cuxa influencia efectiva medíase polo número de representantes que mantiveron nos sucesivos Gobernos de Franco: a Falanxe, o Exército, a Igrexa, asociacións católicas e os monárquicos.

A Falanxe tiña xa pouco que ver co partido de ideoloxía fascista que José Antonio Primo de Rivera fundara en 1933; agora estaba integrada no partido único (FET-JONS), baixo o liderado absoluto de Franco. Morto o líder e marxinados os vellos dirixentes, os Estatutos conferíronlle a Franco a xefatura única, e o partido converteuse en canteira de dirixentes e cadros para os variados organismos da ditadura, subministrador da literatura ideolóxica, e instrumento de control e mobilización da opinión pública. As súas organizacións, como o Frente de Juventudes, a Sección Femenina ou a Organización Sindical, dominaban a vida económica e social. Nos primeiros anos os falanxistas ocuparon os cargos máis significativos, pero a derrota das potencias fascistas na Segunda Guerra Mundial determinou que pouco a pouco a súa presenza nos Gobernos fose diminuíndo.

O Exército foi sempre a columna vertebral do réxime e o seu maior defensor, e nunca discutiu o poder do Xeneralísimo. A súa fidelidade foi recompensada con numerosos nomeamentos para altos cargos da Administración civil, cargos sindicais e ata Consellos de Administración de empresas públicas e privadas. As funcións do exército eran: defender o territorio fronte aos inimigos externos, garantir a unidade da patria, manter a orde pública (tiña xurisdición sobre os delitos políticos), e librar o réxime dos seus inimigos internos (a conspiración xudeomasónica e marxista). En xeral, os seus mandos eran anticomunistas, rexeitaban os nacionalismos e defendían o rigor en cuestións de orde interna.

A Igrexa apoiou o bando sublevado desde os momentos iniciais da guerra, sancionou a lexitimidade do novo réxime e propagou os seus valores. A cambio, a Igrexa recuperou os seus privilexios e rango social, converteuse nun verdadeiro poder, e impuxo a unidade católica con exclusión oficial de calquera outra relixión. Fíxose do catolicismo o fundamento principal da ideoloxía do réxime e do sistema educativo. Forxouse así un dos sinais de identidade do franquismo, o nacionalcatolicismo, a simbiose entre o Estado e a Igrexa.

As organizacións católicas foron outro dos grupos de influencia. Entre elas sobresaíron a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP) e o Opus Dei. A ACNP era unha organización de segrares fundada en 1909 para formar elites católicas que defendesen os intereses da Igrexa; o Opus Dei é unha asociación de fieis católicos fundada por José María Escrivá de Balaguer en 1928, que se dedica ao fomento e propagación da fe e a moral católicas en todos os ámbitos. Ambas aportaron cadros e dirixentes, en xeral cun alto nivel de formación técnica, e os opusdeístas tiveron un especial protagonismo nos Gobernos tecnócratas da década dos sesenta; algúns deles mantivéronse no poder ata a morte do ditador.

Tamén os monárquicos colaboraron co réxime. Rematada a Guerra Civil, os carlistas (dirixidos por Javier I de Borbón-Parma) xogaron un papel secundario e desapareceron como forza política relevante. Os demais crían que a ditadura deixaría paso á Monarquía, encarnada desde 1941 en Don Juan de Borbón, terceiro fillo varón de Alfonso XIII, exiliado en Portugal. Pero Franco decepcionounos, ao negarse a ceder o poder. Con todo, e pese á tensión con Don Juan, moitos monárquicos apoiaron o franquismo e ocuparon postos clave, de forma especial no corpo diplomático.

En realidade, todas estas familias non deixaban de ser ficticias. Franco, que carecía dunha ideoloxía política precisa e definida, escollía os seus colaboradores á marxe de etiquetas. Para facer carreira precisábase lealdade persoal (inquebrantable adhesión ao Caudillo), prudencia e carencia de maiores cobizas. O ditador evitou sempre que alguén acaparase demasiado poder e desconfiaba por sistema de quen amosaba criterios propios. Ademais, buscou sempre equilibrar a participación dos diferentes grupos no Goberno e nos altos cargos do sistema.

C.- Os fundamentos ideolóxicos.

O novo réxime, artellado durante a Guerra Civil e instaurado en 1939, tivo desde o principio uns claros fundamentos ideolóxicos:

C.1.- Concentración de poderes.

Franco concentrou na súa persoa todos os poderes do Estado. Inicialmente, estes poderes fóronlle concedidos polos seus compañeiros militares

da Xunta de Defensa Nacional durante a Guerra Civil (decreto do 30 de setembro de 1936); despois, o triunfo na guerra confirmou a súa autoridade suprema indiscutible. A imitación doutros ditadores europeos da época (Mussolini, Duce, e Hitler, Führer), recibiu o nome de Caudillo de España e foi considerado o símbolo e a encarnación da vontade da Nación española.

Franco considerábase a si mesmo como home providencial elixido por Deus para a salvación de España, e que era "Caudillo por la Gracia de Dios". Franco exerceu o poder de maneira directa e persoal, sen render contas a ninguén, tan só "ante Dios y ante la Historia". Non contou nunca

Page 7: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 7

cun Parlamento representativo nin unha Constitución que limitase os seus poderes. Todas as institucións dependían de Franco, e os seus membros érano por vontade do Caudillo. A fidelidade persoal a el foi o elemento clave de todo o edificio político do franquismo.

Nun primeiro momento non existiu ningunha limitación legal ao poder de Franco; posteriormente, a Lei Orgánica do Estado (1967) precisou as súas funcións e separou os cargos de Xefe de Estado e de Xefe do Goberno, que ata entón estaban unidos.

C.2.- Anticomunismo, antiliberalismo e antiparlamentarismo.

Anticomunismo. Este factor foi clave desde o inicio da Guerra Civil, e será unha constante nos discursos e proclamas oficiais. Para os vencedores,

en realidade, comunistas eran todos os chamados rojos, o que incluía desde a extrema esquerda revolucionaria ata a burguesía democrática, por moderada que fose. A guerra fría entre os Estados Unidos e a Unión Soviética (xestada entre 1945 e 1948) fixo que o réxime franquista reforzase aínda máis este aspecto para ser aceptado nas organizacións internacionais.

Antiliberalismo e antiparlamentarismo: rexeitamento de todos os compoñentes dun sistema democrático (partidos políticos, liberdades individuais, Constitución, eleccións, Parlamento...). A democracia parlamentaria identificábase co marxismo e considerábase un elemento contrario ás esencias da nación española (antiespañol). Aínda que tras a Segunda Guerra Mundial as críticas diminuíron, sempre se presentou o sistema parlamentario como modelo débil, sobre o que a democracia orgánica do réxime tiña unha clara superioridade.

C.3.- Nacionalcatolicismo.

Podemos definir o nacionalcatolicismo como a identificación plena entre o Estado franquista e a Igrexa católica, entre España e catolicismo.

Como xa apuntamos antes, a Igrexa católica apoiou os militares sublevados, cualificou a Guerra Civil de Cruzada contra o ateísmo marxista e xustificou a autoridade de Franco. Algúns membros da xerarquía, como os cardeais Isidro Gomá e Enrique Pla i Deniel resultaron especialmente significativos polos seus eloxios ao réxime; o mesmo Papa Pío XII enviou un telegrama coa súa bendición apostólica o día 1 de abril de 1939. A cambio, o Estado recoñeceu a Igrexa católica como a única autorizada e concedeulle o control sobre a moral, os costumes e a educación. ✓ O dominio que a Igrexa exerceu na vida social da España franquista foi absoluto: misas, procesións, rezos públicos, presenza de símbolos

relixiosos por todas partes... O seu control da educación foi completo: a Igrexa era titular de grande parte dos colexios e o ensino relixioso era obrigatorio mesmo na Universidade. Ademais tiña plena competencia en materia de censura e unha presenza constante nos medios de comunicación. A Igrexa impuxo unha estrita moral católica, pública e privada, e o seu incumprimento era castigado polo Código Penal.

3.- Completa este apartado coa lectura das páx. 368-369. Resume a evolución das relacións entre a Igrexa e o Estado franquista.

C.4.- Unidade da patria e centralismo.

No réxime franquista todas as terras que formaban España constituían unha entidade única e indivisible. A unidade da Patria era un principio

incuestionable, o que implicaba o rexeitamento frontal das autonomías. Esta unidade tamén se amosaba no sistema de goberno: en correspondencia coa unidade nacional, todo o sistema político-administrativo baseábase no principio da unidade de poder e no centralismo.

Todas as institucións autonómicas creadas pola Segunda República foron suprimidas e calquera manifestación de particularismo, máis aló do folclore, foi perseguida. O modelo e os valores impostos foron os de Castela e o único idioma permitido foi o castelán; as demais linguas e símbolos nacionalistas foron desprestixiados e prohibidos. A administración local quedou sometida ao Goberno central, quen nomeaba directamente a todos os alcaldes das cidades maiores de 10.000 habitantes; o resto nomeábaos o Gobernador Civil.

A concepción unitaria de España ía unida ao tradicionalismo, entendido como defensa dos que se consideraban valores históricos tradicionais de España, e exaltación (acrítica e deformada) das glorias da historia de España: a Reconquista, os Reis Católicos, o Imperio, a defensa do catolicismo... A propaganda oficial enxalzou estes períodos como modelo de gloria e unidade para a patria, auténtica esencia do español, mentres que a España contemporánea, co triunfo do liberalismo, era denigrada como orixe de todos os males, un cúmulo de erros que había que esquecer.

4.- Comenta o documento 8 das páxinas 367-368.

C.5.- Militarismo.

Outro dos trazos do franquismo foi o militarismo: preponderancia da simboloxía e os valores militares no ámbito social. A vida cotiá encheuse

de desfiles, uniformes e símbolos militares; en calquera acto público exaltábase a bandeira ou o himno nacional; a radio e a prensa recordaban constantemente a guerra, a vitoria e o papel do Exército na defensa da unidade da Patria. Como salvagarda do sistema, os militares gozaron de numerosos privilexios e atribucións que os convertían nunha caste á parte da sociedade. As virtudes castrenses (xerarquía, disciplina, orde, autoridade...) foron consideradas como modelos a imitar, e os militares participaban en todos os ámbitos da vida social e política. Porén, no aspecto técnico e profesional, o exército mantívose obsoleto, cunha escasa preparación e reducido a rememorar os seus triunfos na Guerra Civil.

C.6.- Totalitarismo.

O franquismo naceu como unha ditadura inspirada no modelo dos réximes totalitarios italiano (fascismo) e alemán (nazismo). Como eles,

suprimiu as institucións democráticas, limitou as liberdades e dereitos dos cidadáns, prohibiu os partidos políticos e os sindicatos... só permitiu a existencia dun partido único (Movimiento Nacional) e un único sindicato oficial (sindicato vertical), controlou ferreamente a educación e a cultura, e creou institucións de encadramento político e ideolóxico.

C.6.1.- O Movemento Nacional. O Movemento Nacional foi o nome que o réxime franquista lle deu ao conglomerado de forzas políticas que participaron na rebelión militar

contra a República en xullo de 1936 (falanxistas, carlistas, monárquicos...) e que constituíron o bando nacional durante a guerra civil. Estas forzas foran unificadas por decreto de Franco en abril de 1937. Era a única organización política permitida, e baseábase nos postulados da Falanxe (Os vinte e sete puntos) e o tradicionalismo. Os ideólogos do franquismo distinguiron entre: ✓ O Movemento comuñón: principios ideolóxicos comúns, presuntamente aceptados por todos os españois, que foron recollidos na Lei de

Page 8: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 8

Principios do Movemento Nacional en 1958. Constituían a doutrina oficial do réxime; entre eses principios destacaban o nacionalcatolicismo, a participación orgánica na vida política, o sometemento dos individuos á grandeza da nación española e o intervencionismo social do Estado.

✓ O Movemento organización: a estrutura organizativa de FET-JONS posta ó servizo do Estado. Constaba de tres órganos fundamentais: a Xefatura Nacional, que Franco retivo con carácter vitalicio; o Consello Nacional, unha especie de segunda cámara do réxime, que velaba polo mantemento e a integridade dos principios; e a Secretaría Xeral, órgano executivo con carácter de ministerio, do que dependían as delegacións nacionais (Sección Feminina, Deportes, Xuventude...) e as Xefaturas Provinciais e Locais. Esta estrutura foi recollido na Lei Orgánica do Estado (1967).

C.6.2.- Sindicalismo vertical.

Estrutura da

Organización

Sindical Española:

tres esferas

campesiña diferentes

células ou unidades

por rama de produción,

unidas en

Irmandades de Labradores e Gandeiros

Confrarías de pescadores

Gremios de artesáns

Sindicatos de empresas

Entidades Mixtas

que se integran

en sucesivos

niveis

Delegación Sindical Local ⇒

Delegación Sindical Comarcal ⇒

Delegación Sindical Provincial ⇒

Delegación Sindical Nacional

marítima

artesanal - industrial

O sindicato vertical, ademais de regulamentar a produción e as relacións laborais, era unha canle de participación na vida política nunha dobre

vía: a electiva e a representativa. Un terzo dos procuradores das Cortes procedían do ámbito sindical, e o sindicato estaba representado nos diversos organismos da vida política e social (Consello do Reino, Consello de Estado, Concellos, Deputacións...).

C.6.3.- Limitación dos dereitos individuais.

5- Cales eran as principais limitacións ao exercicio dos dereitos individuais recollido no Foro dos Españois?

C.6.4.- Control da educación e da cultura.

O franquismo pretendeu impoñer os seus valores ideolóxicos e morais, e conseguir a uniformidade ideolóxica e cultural. Para iso exerceu un férreo control sobre as actividades privadas e públicas de todos os españois.

As formas de comportamento estaban baseadas na máis estrita moral cristiá; a maioría de cerimonias que marcaban a vida das persoas tiñan un carácter relixioso (bautizo, voda e enterro), prohibiuse o matrimonio civil e o divorcio, e penalizouse o aborto. O puritanismo máis estrito invadiu todas as actividades sociais e estendeuse unha enfermiza obsesión por vixiar e condenar todo tipo de manifestacións nas que a sexualidade, ou simplemente a exhibición dunha parte do corpo, puidesen dar lugar a "pecaminosas intencións".

Os bailes son un disolvente da piedade cristiá.

Os bailes son diversións totalmente mundanas, sementadas de perigos graves (...).

A participación nos bailes modernos, que son positivamente pecaminosos e recoñecidos por todos como tales, é causa que debe motivar a expulsión

dos mozos das Asociacións Marianas ás que se cadra pertencen.

Pedro SEGURA, cardeal arcebispo de Sevilla: Carta pastoral de Santa Coresma: os bailes, a moral católica e a ascética cristiá. Sevilla, 1946.

No terreo da educación o réxime implantou medidas como:

✓ Difusión dos principios básicos do Movemento mediante os programas de ensino e materias como Formación do Espírito Nacional, a través da cal a xuventude coñecía os trazos básicos do novo sistema político e a nova misión de España.

✓ Depuración de numerosos docentes e funcionarios da etapa republicana, aplicando a Lei de Responsabilidades Políticas (1939). ✓ Reformas dos plans de estudo e imposición do Sindicato Español Universitario (SEU) como único portavoz recoñecido dos estudantes.

O oprobio dunha escola laica rematou. Para formar españois profundos, crentes e patriotas austeros España rexorde, gloriosa, polo esforzo decidido

e xigante dos seus fillos, dos que morreron alegremente por ela, dos que por ela se sacrificaron e quixeron renderlle o mellor e máis espléndido da

súa vida. A Escola ten que recoller o ambiente heroico das xuventudes guiadas polo Caudillo á vitoria (...).

1ª A reposición do Santo Crucifixo marcará a apertura do curso (...).

2ª Ademais do retrato do Caudillo, haberá no salón de clase unha imaxe da Virxe, con preferencia da Inmaculada, e en sitio preferente (...).

4ª Á entrada na escola os nenos saudarán co tradicional "Ave María Purísima", sendo contestados polo mestre: "Sin pecado concebida" (...).

6ª A cerimonia de colocar a Bandeira antes de comezar as clases e arriala ao rematar, mentres se entoa o Himno Nacional, é obrigatoria (...).

Normas para a Escola Primaria. 6 de maio de 1939.

A cultura quedou sometida aos intereses do réxime, o cal implantou unha estrita censura que perseguía calquera forma de expresión que puidese

atentar contra os principios oficiais e a moral católica. A censura estaba presente en todas as manifestacións da vida social: discursos, programas de radio, películas, prensa, literatura... e impedía e castigaba, con exceso de celo, calquera desviación da liña oficial. Así, salvo contadas excepcións, a cultura quedou relegada a fórmulas aceptadas polo réxime.

Dado que acaba de falecer en Bos Aires o político republicano e separatista galego Alfonso Rodríguez Castelao, advírtese o seguinte:

A noticia da súa morte darase en páxinas interiores, e a unha columna. Caso de inserir fotografía, esta non deberá ser de ningún acto político.

Eloxiaranse unicamente do falecido as súas características de humorista, caricaturista e literato. Poderase destacar a súa personalidade política

sempre e cando se mencione que foi errada e que se espera da misericordia de Deus o perdón dos seus pecados. Da súa actividade literaria e

artística non se fará mención algunha do libro "Siempre en Galicia" nin dos álbums de debuxos da guerra civil.

Calquera omisión destas instrucións dará lugar ao correspondente expediente.

Consigna á prensa da Dirección General de Prensa do Goberno de Franco. Xaneiro de 1950.

No ámbito familiar, impúxose o modelo patriarcal, que preconizaba o completo sometemento da muller ao home. Así, volveuse ao Código Civil

de 1889, que consagraba a inferioridade xurídica da muller. .

Page 9: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 9

2.- Unha longa posguerra. 1939-1959.

A posguerra en España foi unha longa e dura etapa de reconstrución do país, na que o réxime franquista elaborou unha nova orde institucional e desenvolveu unhas ambiguas relacións internacionais condicionadas pola evolución da Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría. Foi unha época de escaseza e penuria económica como consecuencia da guerra civil e da política económica practicada polo Goberno. Foi tamén o período de brutal represión contra os desafectos ao réxime, no que apareceron as primeiras e fracasadas manifestacións de oposición contra o franquismo.

2.1.- A evolución das relacións internacionais do réxime.

A.- Os anos da Segunda Guerra Mundial. 1939-1945.

O decisivo apoio que as potencias fascistas (Italia e Alemaña) prestaron aos militares españois sublevados en 1936 marcou as alianzas futuras.

Desde o remate da Guerra Civil (abril) ao inicio da II Guerra Mundial (setembro 1939) evidenciouse a inclinación internacional do novo réxime cara ás potencias do Eixe: firmou coa Alemaña nazi un Tratado de Amizade Xermano-Español (31 marzo), adheriuse á alianza dos réximes fascistas contra a URSS -o Pacto Antikomintern - (7 abril), e abandonou a Sociedade de Nacións (9 maio 1939).

No interior: o segundo Goberno de Franco (agosto) reunía as tendencias ideolóxicas do réxime, pero aumentou o número de membros da Falanxe, que alentou un programa de corte tipicamente fascista (etapa azul). Ata 1942 Falanxe conseguiu o maior poder de toda a súa historia.

Durante a Segunda Guerra Mundial a política exterior española evolucionou ao compás da marcha do conflito bélico.

Cando se desencadeou o conflito mundial: inmediata declaración oficial de neutralidade (4 setembro 1939). Pese á importancia estratéxica de España para os dous bandos contendentes, o país non estaba en condicións de participar nunha nova guerra, e recibía axuda en materias primas, alimentos e fontes de enerxía de Estados Unidos e o Reino Unido, que desaparecerían se non mantiña a neutralidade.

O espectacular avance de Alemaña e a entrada de Italia na guerra (xuño de 1940) provocaron o paso a un estatuto de non belixerancia (12 xuño 1940): non participación oficial pero amizade e colaboración co Eixe, unha posición ambigua que en realidade equivalía a prebelixerancia. ✓ Alemaña e Italia sondaron as posibilidades de integración española no conflito mundial:

− Entrevista de Franco con Hitler (Hendaia, Francia, 23 de outubro de 1940). − Entrevista con Mussolini (Bordighera, Italia, 12 de febreiro de 1941).

✓ No Goberno había un gran valedor da entrada de España na guerra, o ministro de Asuntos Exteriores, Ramón Serrano Súñer. Franco, que non era contrario a esa idea, formulou unha serie de compensacións: axuda económica e armamentística, apoio á expansión territorial no Norte de África a costa das posesións francesas, recuperación de Xibraltar... que Hitler considerou excesivas e irreais. Aínda que en Hendaia non houbo acordo, Franco asinou un protocolo secreto polo que se comprometía a entrar na guerra en data non determinada.

3.- Polo presente protocolo declara España a súa conformidade ao Pacto de Alianza e Amizade asinado por Italia e Alemaña [22 maio 1939](...).

4.- En cumprimento das súas obrigas como aliado, España intervirá na presente guerra ao lado das potencias do Eixe contra Inglaterra, despois de

que estas lle subministren as axudas militares necesarias para a súa preparación militar, no momento en que se fixe de común acordo polas

tres Potencias, tomando en conta os preparativos militares (...). Alemaña concederá axuda económica a España, mediante entrega de víveres

e materias primas para facer fronte ás necesidades do pobo español e ás esixencias da guerra.

5.- Ademais da reincorporación de Xibraltar a España, as Potencias do Eixe decláranse basicamente dispostas -en relación cunha orde conxunta,

que deberá establecerse en África e que se fixará nos tratados de paz despois da derrota de Inglaterra- a conceder que España reciba territorio

africano na mesma cantidade na cal Francia poida ser compensada (...).

6.- O presente protocolo terá un estrito carácter secreto, e os seus participantes obríganse a gardar unha estrita reserva sobre el (...).

✓ España non chegou a intervir na guerra pero colaborou coas potencias do Eixe mediante o envío da División Azul á fronte da URSS (xullo 1941) como unha nova cruzada contra o comunismo. Os aliados distanciáronse de Franco, pero sen romper abertamente as relacións.

A contraofensiva aliada desde 1943 e as sucesivas derrotas de Alemaña e Italia obrigaron a un novo xiro: retorno á política de estrita neutralidade (3 outubro 1943) e distanciamento de Alemaña e Italia. O Goberno español retirou a División Azul (novembro 1943) e cedeu ás presións dos aliados, evitando calquera apoio loxístico ás potencias do Eixe; en abril de 1945 rompeu as relacións diplomáticas con Xapón.

6.- Que razóns explican os cambios que se produciron na posición diplomática de España durante a Segunda Guerra Mundial?

B.- O illamento internacional. 1945-1953.

A nova orde internacional xurdida tras a guerra considerou inimigo ao réxime español, que viviu os seus peores momentos: cerco internacional.

O 19 de marzo de 1945 o herdeiro do trono español, don Juan de Borbón, publicou o Manifesto de Lausanne (Suíza): nel pedía a Franco que abandonase o poder e restaurase a monarquía borbónica.

A Conferencia dos Aliados, en Potsdam [Alemaña, preto de Berlín, xullo-agosto 1945] declarou que o réxime español era produto do apoio do Eixe. Stalin propuxo provocar militarmente a súa caída, pero a proposta foi rexeitada por Winston Churchill.

En febreiro de 1946, a Organización das Nacións Unidas (ONU, outubro 1945), vetou a entrada de España en calquera dos seus organismos. En xuño de 1946, o Consello de Seguridade da ONU declarou que o réxime español era unha ameaza potencial para a paz internacional. 12 decembro 1946: a ONU propuxo a expulsión de España dos organismos internacionais e recomendou aos seus membros que retirasen os

embaixadores de Madrid. Só permaneceron os de réximes moi amigos, como o arxentino de Perón, o portugués de Salazar ou o Vaticano. 7.- Comenta o seguinte texto.

A) Pola súa orixe, natureza, estrutura e comportamento xeral, o réxime de Franco é un réxime fascista, organizado e implantado en grande parte

mercé á axuda da Alemaña nazi e da Italia fascista de Mussolini.

B) Durante a longa loita das Nacións Unidas contra Hitler e Mussolini, Franco prestou unha axuda moi considerable ás potencias inimigas, malia as

continuas protestas dos aliados (...).

Page 10: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 10

A Asemblea Xeral, convencida de que o Goberno fascista de Franco en España (...) non representa o pobo español (...), recomenda que se prohiba

ao Goberno de Franco pertencer aos organismos internacionais creados polas Nacións Unidas ou relacionados con elas (...).

Así mesmo, a Asemblea recomenda que todos os Estados membros das Nacións Unidas retiren inmediatamente os embaixadores e ministros

plenipotenciarios que teñen acreditados en Madrid.

ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS. Declaración de condena do réxime de Franco. Nova York. 12 de decembro de 1946.

Así, entre os anos 1945 e 1947 o franquismo quedou illado polo boicot político e económico internacional, mentres medraba a actividade dos

medios de oposición no exterior e se recruaba a loita de guerrillas no interior. A diplomacia española orientouse entón en tres direccións: estreitar relacións co mundo árabe, achegarse aos sectores máis conservadores e anticomunistas de Europa e de EUA, e acadar o respaldo dos países latinoamericanos. O maior éxito foi a firma do Protocolo Franco-Perón (1948): en virtude do mesmo, Arxentina enviou alimentos a España.

A reacción do réxime fronte a condena internacional: reforzou a súa liña autárquica e represiva e o seu discurso ultranacionalista en manifestacións multitudinarias de apoio a Franco. En España desatouse unha onda de xenofobia, alimentada pola propaganda oficial. Ademais, Franco optou por retirar todo o aparato fascista do réxime, reforzar a imaxe católica e anticomunista e resistir á espera de mellores tempos.

Desde 1947 producíronse cambios fundamentais nas relacións internacionais. O inicio da guerra fría e da política de bloques supuxo:

Cambiou a óptica das potencias occidentais sobre España: Franco comezou a ser considerado como adaíl do anticomunismo, e revalorizouse a importancia estratéxica de España pola súa situación xeográfica. O carácter non democrático do réxime pasou a un plano secundario.

Rompeuse o cerco internacional: procedeuse á progresiva normalización de relacións diplomáticas entre España e as potencias occidentais, o cal non supuxo a inmediata aceptación do réxime español, que seguía condenado pola maioría dos países democráticos: España non foi admitida na OTAN (organización militar fundada en abril de 1949) nin recibiu os beneficios do Plan Marshall (plan desenvolvido polos EUA entre 1947-1952 para reconstruír os países europeos afectados pola Segunda Guerra Mundial e frear a expansión do comunismo).

A partir de 1948, coa reapertura da fronteira francesa (que fora pechada en marzo de 1946), seguida da firma de tratados comerciais con Francia e Inglaterra e a axuda económica dos Estados Unidos (1949), manifestouse xa claramente un mellor clima internacional para o franquismo.

En novembro de 1950 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas levantou o seu veto ao réxime de Franco, decisión que supuxo a volta dos embaixadores en 1951 e a progresiva integración de España nos organismos especializados da ONU (FAO -1951-, UNESCO -1953-...).

A propaganda do réxime acuñou entón consignas como "España, reserva espiritual de Occidente", "Franco, a sentinela de Occidente" ou o "primeiro vencedor do comunismo", nas que se resumía o discurso que se lle quería vender á comunidade internacional.

C.- O recoñecemento internacional. 1953-1959.

En 1953 confirmouse a rehabilitación internacional do franquismo e a apertura do réxime ao exterior. Dous foron os fitos básicos:

Sinatura do Concordato coa Santa Sede (27 de agosto de 1953).

No nome da Santísima Trindade: a Santa Sede Apostólica e o Estado español (...) determinaron estipular o seguinte Concordato que (...) debe

regular as recíprocas relacións das altas partes contratantes, en conformidade coa lei de Deus e a tradición católica da Nación española.

Art. 1. A Relixión Católica, Apostólica e Romana segue sendo a única da Nación española, e gozará dos dereitos e prerrogativas que lle corresponden,

en conformidade coa Lei Divina e o Dereito Canónico.

Art. 2. O Estado español recoñece á Igrexa Católica o carácter de sociedade perfecta e garántelle o libre e pleno dereito do seu poder espiritual e

da súa xurisdición, así como o libre exercicio do culto (...).

Art. 4. O Estado español recoñece a personalidade xurídica e a plena capacidade de adquirir, posuír e administrar toda clase de bens a todas as

institucións e asociacións relixiosas existentes en España á entrada en vigor do presente Concordato (...).

Art. 6. (...) Os sacerdotes españois elevarán diariamente preces por España e polo Xefe do Estado (...).

Art. 23. O Estado español recoñece plenos efectos civís ao matrimonio celebrado segundo as normas do Dereito Canónico (...).

Art. 26. En todos os centros docentes de calquera orde e grao, sexan estatais ou non estatais, a ensinanza axustarase aos principios do dogma e

da moral da Igrexa Católica.

Art. 27. O Estado español garante a ensinanza da Relixión Católica como materia ordinaria e obrigatoria en todos os centros docentes.

Art. 29. O Estado coidará de que nas Institucións e servizos de formación da opinión pública, en particular nos programas de radiodifusión e televisión,

se dea o conveniente posto á exposición e defensa da verdade relixiosa por medio de sacerdotes e relixiosos (...).

Art. 31. A Igrexa poderá libremente exercer o dereito (...) de organizar e dirixir escolas públicas de calquera orde e grao, mesmo para segrares.

Sinatura dos Acordos entre España e os Estados Unidos: pactos militares e económicos firmados o 26 de setembro de 1953. Consistían en: axuda

económica e militar a España a cambio da cesión de bases militares (Morón de la Frontera -Sevilla-, Rota -Cádiz-, Zaragoza e Torrejón de Ardoz -Madrid-) de utilización conxunta por 10 anos prorrogables. Significaban a fin do illamento e a incorporación de España ao mundo occidental. ✓ Balance: a cambio do respaldo internacional hipotecouse a soberanía e a seguridade nacional coa instalación das bases militares, a utilización

das cales escapaba ao control das autoridades españolas. A axuda económica, aínda que resultou moi importante dada a precariedade da economía española, foi moito menos cuantiosa cá ofrecida a outros Estados europeos. Con todo, serviu para suprimir o racionamento, empezar a desmontar o mercado negro e estabilizar os prezos por primeira vez desde a guerra.

8.- Comenta o documento 21 da páxina 378.

O réxime franquista quedaba deste xeito lexitimado pola máxima autoridade política e militar occidental, e pola principal autoridade relixiosa

católica. Esta normalización diplomática continuou nos anos seguintes, coa incorporación de España a outros organismos internacionais: ✓ Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1955 / Organización Internacional do Traballo (OIT) en 1956 / Organización Europea de

Cooperación Económica (OECE, antecedente da OCDE) en 1958 / Fondo Monetario Internacional (FMI) en 1958... Esta política de recoñecemento internacional culminou coa visita do presidente norteamericano Dwight Eisenhower en decembro de 1959.

A integración na comunidade internacional obrigou a España a seguir os plans de descolonización da ONU: tivo que recoñecer a independencia das súas posesións en Marrocos (1956), aínda que conservou Ifni (territorio do SO de Marrocos) ata 1969 e o Sáhara Occidental ata 1975.

Page 11: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 11

2.2.- A política económica: da autarquía económica aos inicios da liberalización.

A Guerra Civil tivo unhas repercusións económicas moi negativas. Os tres anos de enfrontamentos militares desarticularon a economía: a

produción agraria e industrial diminuíu, destruíronse moitos medios e vías de comunicación, a Facenda Pública estaba arruinada, inutilizáronse edificios e instalacións fabrís... Para afrontar esta situación, e obrigado despois polas circunstancias internacionais (illamento), o réxime franquista adoptou unha política autárquica e intervencionista, baseada no modelo do fascismo italiano, que tivo nefastas consecuencias. A calidade de vida dos españois experimentou un retroceso xeral, do que non sairía ata ben entrada a década dos cincuenta. Foron os anos da fame, do racionamento, do estraperlo, da miseria...

A.- O período autárquico. 1939-1950.

Caracteres básicos da política económica da posguerra: ✓ Autarquía: o Goberno pretendía a autosuficiencia económica de España e a independencia do exterior; para iso limitou os investimentos

estranxeiros ao 25% do capital das empresas, reduciu as importacións ao mínimo imprescindible e favoreceu as industrias españolas con subvencións e vantaxes fiscais, para que utilizasen recursos e aprovisionasen o mercado con produtos de procedencia nacional.

✓ Intervencionismo desproporcionado do Estado, que planificou todos os procesos económicos: estableceu cotas de produción, racionou o consumo, fixou prezos e salarios, regulamentou o comercio exterior...

O problema máis grande que presenta a economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...). Este desnivel

permanente e visible do noso comercio en todo o que vai de século, coa única excepción dos cinco anos nos que a subministración ás nacións en

guerra ofrecen un superávit accidental, resulta de tal gravidade para a nosa economía, que suprimilo ten que constituír a directriz principal da nosa

política económica, xa que, doutro modo, se produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continuase esgotándose nesta sangría de centos de

millóns que anualmente vai vigorizar a economía dos países exportadores (...).

Imponse á nosa política comercial no exterior:

1º. Suprimir importacións que non sexan indispensables.

2º. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución.

3º. Implantación de novas industrias e regos que nos faciliten os produtos que hoxe importamos.

4º. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas.

5º. Estipular tratados comerciais que obriguen a comprarnos aos que nos venden os seus produtos pero hoxe non nos compran a nós (...).

Francisco FRANCO. Fundamentos e directrices dun Plano de saneamento da nosa economía, harmónico coa nosa reconstrución nacional.1939.

Os grandes eixes desta política económica autárquica foron:

A regulación das importacións e exportacións. Tanto unhas coma outras pasaron a estar completamente intervidas, de maneira que era necesaria unha autorización administrativa para realizalas. Con esta medida, na que tamén pesou a escaseza de ouro e de divisas que tiña o réxime, pretendíase limitar os intercambios co exterior, determinando que produtos eran fundamentais e cales eran superfluos. ✓ As importacións baseábanse en cereais, materias primas como o algodón e o caucho, petróleo e maquinaria. As exportacións, que xeraban

as únicas divisas do réxime, reducíanse a produtos agrarios (cítricos) e outros conxunturais, como o volframio durante o conflito mundial. O fomento da industria. Para impulsar a rápida industrialización do país o Goberno creou o Instituto Nacional de Industria en 1941. O INI era un

holding estatal [sociedade financeira que posúe ou controla a maioría das accións dun grupo de empresas] que promoveu numerosas empresas públicas en sectores considerados estratéxicos: a enerxía (ENDESA, REPESA), as refinerías (Puertollano), a siderurxia (ENSIDESA), os estaleiros (Bazán, Astilleros de Cádiz), o transporte (Pegaso, ENASA, SEAT, CASA), as comunicacións (IBERIA, AVIACO) e outras moitas industrias químicas, farmacéuticas, de metal, etc. Estas empresas recibían unha constante axuda estatal pese á súa escasa rendibilidade, o que xerou un enorme gasto público, financiado coa emisión de Débeda Pública.

A substitución do libre mercado pola fixación arbitraria dos prezos, ao mesmo tempo que se obrigaba os particulares a solicitar unha autorización á Administración para iniciar unha actividade económica.

9.- Le este apartado nas páx. 379-380. Elabora un esquema sobre a evolución dos distintos sectores económicos neste período.

As consecuencias desta política autárquica foron moi negativas para a economía e a sociedade españolas.

Deficiencias en todos os sectores: unha agricultura moi pouco produtiva; unha industria obsoleta e de escasa calidade; escaseza de capitais, tecnoloxía, materias primas industriais e fontes de enerxía; redución do mercado interno, forte déficit co exterior...

A insuficiencia da produción agraria e industrial provocou escaseza e desabastecemento de alimentos. Para asegurar o aprovisionamento dos bens de primeira necesidade a toda a poboación e evitar a fame, o Goberno impuxo o racionamento dos mesmos a través das cartillas de racionamento, que estiveron vixentes ata 1952. Os produtores estaban obrigados a vender toda a produción ao Estado a un prezo fixo; despois, a Administración era a única que podía vender os produtos ao consumidor a un prezo tamén regulado.

O racionamento e os baixos prezos oficiais desencadearon o acaparamento e a ocultación de produtos para desvialos cara ao mercado negro, coñecido popularmente como estraperlo. Neste mercado clandestino participaron desde produtores agrícolas ata funcionarios e altos cargos do réxime, que facilitaban e lle daban cobertura a ese tráfico ilegal a cambio de substanciosas comisións. En moitos casos os prezos do mercado negro dobraban ou triplicaban os do mercado oficial. Así, a fame, a desnutrición e a miseria prolongáronse durante toda a década dos corenta.

Economía moi pouco competitiva, na que se xeneralizou o tráfico de influencias e a corrupción, estendida a todos os sectores: manexo de divisas, licenzas de exportación e importación, construción ou fabricación en réxime de monopolio, subministracións ao Estado...

Os prezos medraron (inflación incontrolada) e os salarios mantivéronse moi baixos, circunstancias que, xunto coa desarticulación do movemento obreiro e a dura política represiva, permitiron á burguesía obter enormes beneficios.

En síntese, a autarquía provocou o estancamento económico: os ritmos de crecemento foron insignificantes, a renda nacional e a renda per cápita mantivéronse moi baixas, polo cal o nivel de vida e de consumo eran moi pobres. Os índices de produción de preguerra non se recuperarán ata finais da década de 1950. Por todo isto, a política autárquica do réxime foi un rotundo fracaso: non satisfacía as necesidades básicas da poboación, malgastaba recursos e só beneficiaba a unha minoría (latifundistas, alta burguesía industrial e financeira) que amasou enormes fortunas a costa da miseria e da fame da maioría durante estes anos.

Page 12: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 12

10.- Comenta este texto, no que se ofrece unha valoración da política autárquica:

Mentres Italia, Grecia e Iugoslavia duplican ou case duplican os seus respectivos índices de produción industrial entre 1946 e 1950 (...), España

apenas consegue multiplicalo por 1'1. Considerados en conxunto, os quince anos que van de 1936 a 1950, ambos inclusive, (...) non se trata dun

estancamento, senón dunha verdadeira depresión; e non só en termos de produción industrial: tamén en termos de renda real por habitante (...).

O significado último desa pobreza de resultados durante a etapa inicial do franquismo ten unha dobre dimensión: por unha banda, supón o remate

do proceso de crecemento moderado pero mantido que se prolonga en España durante o último terzo do século XIX e o primeiro do XX; por outra

banda, ocasiona o ancheamento da fenda que separa a traxectoria de España respecto á de outros países europeos; unha diferenza que, en ritmos

de crecemento e de produto real por habitante, se amplía enormemente durante eses anos. Non se esaxera, por conseguinte, cando se sitúa nese

decenio dos anos corenta a pasaxe máis negativa da nosa historia económica e contemporánea, coa cruenta eliminación dos partidos políticos e

organizacións de clase, con ríxida disciplina laboral e drástica fixación de salarios, con mutilación das liberdades individuais e a perda, nuns casos, e

marxinación noutros, dun capital humano irrecuperable. En suma, o fracaso económico correu entón paralelo á regresión política e social.

GARCÍA DELGADO, José Luis: Industrialización e desenvolvemento durante o franquismo. 1987.

B.- Os inicios da liberalización económica. 1951-1959.

B.1.- Recuperación económica e cambios sociais.

Ao se iniciar a década dos anos cincuenta, comezaron a facerse evidentes o estrangulamento económico e o esgotamento da vía autárquica,

fenómeno que coincidiu cun cambio significativo nas relacións internacionais do franquismo. Como consecuencia da progresiva incorporación de España ao concerto internacional, empezou a formularse a necesidade de proceder a unha certa reorientación política e económica do réxime, para adaptalo ás novas circunstancias:

Franco decidiu proceder a unha remodelación do Goberno en xullo de 1951. O novo gabinete caracterizábase por ser unha combinación de falanxistas e católicos, mais cun peso maior destes últimos, e pola introdución de persoeiros non tan comprometidos cos principios máis autoritarios e que tiñan un certo talante aperturista (por exemplo, Joaquín Ruiz Giménez foi nomeado ministro de Educación). Os militares (Agustín Muñoz Grandes) e os falanxistas (José Antonio Girón) seguiron a manter parcelas de poder (ministros de Exército e de Traballo respectivamente), e introduciuse unha persoa que sería clave para a continuidade do réxime, o almirante Luis Carrero Blanco. Con estes cambios, o réxime pretendía unha certa homologación internacional que lle permitise poñer fin ao illamento e conseguir algúns éxitos en política exterior.

O Goberno decretou unha liberalización parcial de prezos, do comercio e da circulación de mercancías, e tentou reducir a inflación freando o gasto público. Ademais, o incremento da produción agraria permitiu contar con excedentes agrícolas.

A sinatura dos acordos hispano-norteamericanos (1953) supuxo unha inxección de divisas (en torno a 1.500 millóns de dólares), materias primas, pensos, fertilizantes, alimentos, fontes de enerxía, bens de equipo...

A conxunción destes factores tivo unha serie de positivas consecuencias: aumento do nivel de rendas; eliminación do racionamento; desaparición do mercado negro; estabilización dos prezos; inicio do proceso de modernización no campo (que se completaría nas décadas seguintes); impulso ao proceso industrializador; aumento dos intercambios comerciais co exterior... Iniciouse entón unha expansión económica, con cifras de crecemento anual impensables só uns anos atrás. En 1954 superábanse as cifras de renda por habitante de 1935 e o sector industrial comezou a medrar, ao mesmo tempo que diminuía proporcionalmente o peso do sector agrario na renda nacional.

Pero a prosperidade era só aparente. En 1956 fixéronse patentes as limitacións destes cambios: os orzamentos seguían sendo deficitarios e a balanza comercial negativa, non se logrou controlar o déficit público e a forte inflación deixou sen efecto real os tímidos aumentos salariais. Nin Franco nin os seus asesores, completamente ignorantes en materia económica, sabían como dirixir a economía do país. As medidas liberalizadoras aplicáronse de forma desordenada e contraditoria, o lastre da autarquía aínda era notable, e o sistema económico español demandaba reformas máis profundas.

A difícil situación económica e social e as novas relacións internacionais do réxime obrigaron a Franco a un novo cambio de Goberno. ✓ Na remodelación do Goberno realizada en febreiro de 1957 entraron como ministros homes procedentes da institución católica Opus Dei,

os chamados tecnócratas (Mariano Navarro Rubio no Ministerio de Facenda e Alberto Ullastres no Ministerio de Comercio). Con eles, o réxime ía experimentar un sensible cambio, que, sen alterar para nada a súa natureza ditatorial, iniciaría unha reorientación da política económica, baseada no abandono da autarquía, na liberalización interior e na apertura ao exterior.

Os cambios demográficos: ✓ Recuperación das baixas TN e descenso das elevadas TM da posguerra ⇒ crecemento da poboación. ✓ Transformacións na estrutura da poboación activa: redución do sector primario, incremento dos sectores secundario e terciario. ✓ Redistribución da poboación: migracións interiores campo-cidade (éxodo rural), que acelerou o proceso de urbanización (Madrid, Barcelona).

11.- Que factores permitiron o inicio do desenvolvemento económico nos anos cincuenta?

B.2.- Primeiras manifestacións de descontento social.

A política económica autárquica que se levou a cabo empobreceu a unha gran parte da poboación e aumentou a desigualdade na distribución

da renda. A redución do salario real, como consecuencia da suba dos prezos, e a imposibilidade de calquera reivindicación por parte dos traballadores, dada a ausencia de liberdade sindical, orixinaron unhas condicións de vida moi duras para moitos cidadáns. Isto explica a aparición das primeiras mobilizacións obreiras e cidadás.

Entre os anos 1945-1947, un primeiro estalido de conflitividade percorreu Cataluña, Asturias e o País Vasco. En 1951, estalou un importante movemento de protesta en Barcelona; a súa orixe radicaba no aumento do prezo do billete do tranvía, pero axiña derivou cara a unha protesta polos salarios e a falta de liberdade, secundada no País Vasco e Madrid.

Entre 1956 e 1958 desenvolveuse unha nova vaga de protestas obreiras nos principais núcleos industriais. As reclamacións salariais conduciron a un importante movemento de folgas, principalmente en empresas metalúrxicas e químicas. Igualmente se produciron os primeiros movementos de disidencia estudantil en Madrid e Barcelona (febreiro 1956). Aínda que foron duramente reprimidos, estes disturbios manifestaban un descontento social que o Goberno non podía ignorar.

Page 13: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 13

2.3.- A contestación ao sistema: represión, exilio e resistencia.

A oposición ao franquismo foi un desigual, heteroxéneo e complexo combate contra un réxime autoritario instaurado grazas ao seu triunfo nunha

guerra civil. Comezou desde o mesmo momento do remate da guerra e foi evolucionando en función da propia evolución interna e internacional do réxime ata a morte de Franco. Presentou diversas formas de organización e loita, que se foron facendo progresivamente máis complexas, e que van desde a guerrilla ata a coordinación das numerosas forzas políticas, entre as que destacou o protagonismo do PCE. Manifestouse en ámbitos sociais variados e cada vez máis amplos: estudantes, traballadores, partidos políticos e mesmo sectores da Igrexa ou do exército.

A.- A represión na posguerra.

O franquismo fundamentouse desde os seus comezos na eliminación de calquera idea ou organización que cuestionase os valores do novo réxime

e puidese ameazar (real ou supostamente) a súa supervivencia. Para iso continuou a represión iniciada na Guerra Civil contra os membros ou simpatizantes das forzas políticas e sindicais afíns ao réxime republicano, sen deixar ningunha esperanza á reconciliación.

O 9 de febreiro de 1939 publicou a Lei de Responsabilidades Políticas, base legal para exercer a depuración das persoas que dun ou doutro xeito tivesen colaborado coa República. O incrible argumento xurídico desta Lei era a consideración de que aqueles que permaneceran fieis á República eran os verdadeiros reos de rebelión e do delito de se opoñer ao triunfo providencial e historicamente ineludible do Movemento Nacional.

Art. 1º. Declárase a responsabilidade política das persoas (...) que desde primeiro de outubro de mil novecentos trinta e catro e antes de dezaoito

de xullo de mil novecentos trinta e seis, contribuíron a crear ou a agravar a subversión de toda orde de que se fixo vítima a España e de aquelas

outras que, a partir da segunda de ditas datas, se opuxeron ou se opoñan ao Movemento Nacional con actos concretos ou con pasividade grave.

Art. 2º. Como consecuencia (...) quedan fora da Lei todos os partidos e agrupacións políticas e sociais que, desde a convocatoria das eleccións

celebradas en dezaseis de febreiro de mil novecentos trinta e seis, integraron a chamada Fronte Popular, así como os partidos e agrupacións aliados

e adheridos a esta polo só feito de selo, as organizacións separatistas e todas aquelas que se teñan oposto ao triunfo do Movemento Nacional. (...)

Art. 3º. Os partidos, agrupacións e organizacións declaradas fóra da lei, sufrirán a perda absoluta dos seus dereitos de toda clase e a perda total

dos seus bens. Estes pasarán integramente a ser propiedade do Estado. (...)

Nos anos seguintes o réxime promulgou novas disposicións represivas: a Lei de Represión do Comunismo e da Masonaría (1940), a Lei para a

Seguridade do Estado (1941) e a Lei de Represión da Bandidaxe e o Terrorismo (1947), dirixida contra os guerrilleiros (maquis). A aplicación destas leis quedou en mans de Tribunais especiais formados por militares, falanxistas e maxistrados. Como consecuencia, moitos

españois (400.000?) foron detidos, torturados e sometidos a xuízos sumarísimos en consello de guerra; ao redor de 40.000 persoas foron condenadas a morte: eran afiliados ás organizacións políticas e sindicais de esquerda, ou calquera que tivese ocupado postos de responsabilidade na vida pública española e se mantivese adicto á República. As demais coñeceron longos anos de reclusión en campos de concentración espallados por todo o país ou nos cárceres, traballos forzados, desterros, inhabilitación para exercer cargos públicos, confiscación de bens...

Tamén se efectuou unha depuración de funcionarios: os que eran considerados opostos ou pouco afíns ao réxime eran apartados dos seus postos e substituídos por persoal ideoloxicamente adicto, que lograba as súas prazas por medio de exames patrióticos. Universidades, institutos e, en particular, o corpo de mestres nacionais foron vítimas de implacables procesos de depuración: ao redor de 7.000 mestres foron encarcerados, e dous terzos do profesorado universitario foron destituídos ou marcharon cara ao exilio. España perdía para sempre científicos, xuristas, historiadores, poetas e pintores, que atoparían, en moitos casos, recoñecemento e acollida en distintos países de Hispanoamérica.

Durante os primeiros anos da ditadura mantívose un opresivo ambiente de persecución: vixilancia policial, redes de delatores, necesidade de recomendacións e certificados de boa conduta, omnipresencia da censura... o simple feito de non manifestar unha actitude de fervorosa adhesión ao réxime podía provocar graves consecuencias. A represión foi minguando a partir da década dos 50, ao compás da evolución do réxime; en 1963 creouse un tribunal civil especial para a persecución dos delitos políticos: o Tribunal de Orde Pública (TOP).

Porén, desde o mesmo momento en que acabou a guerra, constituíronse movementos de resistencia e de oposición á ditadura, que nesta

primeira fase caracterizáronse pola súa fragmentación e escasa efectividade, e manifestáronse en dous ámbitos: exterior e interior.

B.- O exilio e a oposición ao franquismo no exterior.

Na fase final da Guerra Civil abandonaron España polos Pireneos cara a Francia, ou por algúns portos mediterráneos cara ao norte de África, algo

máis de catrocentas mil persoas comprometidas coa República. A maioría delas volveu axiña ao país, cando a situación se fixo máis difícil en Europa unha vez comezada a Guerra Mundial e cando o réxime prometeu non proceder contra aqueles que non tivesen cometido delito, promesa que foi incumprida: foron recluídos en campos de concentración e tiveron que sufrir longos procesos de investigación sobre a súa colaboración coa República. Máis de cen mil persoas permaneceron no exilio: en Francia, nos dominios franceses de África (Alxeria, Marrocos), un grupo reducido en Gran Bretaña, e unha notable cantidade atravesou o Atlántico para se trasladar a países da América hispana (Arxentina, Chile, Venezuela, Cuba... e sobre todo México).

O éxodo dos vencidos: as dificultades nos países do exilio.

As institucións da República subsistiron no exilio, en México. En 1945 reconstituíronse as Cortes republicanas, que designaron a Diego Martínez Barrio presidente da República, e organizouse un Goberno presidido por José Giral (ata entón seguía sendo presidente Juan Negrín). ✓ Este Goberno confiaba nunha vitoria definitiva das democracias na guerra mundial, e que estas acabarían coa ditadura de Franco, o que

permitiu manter unha certa unidade de acción. Pero tras o remate da guerra chegou a decepción, ao quedar patente a decisión das potencias de non intervir en España. A condena internacional do franquismo en 1946 reavivou as esperanzas, pero a partir de 1949 o réxime comezou a superar o illamento, e a entrada na ONU en 1955 acabou por afundir as expectativas. Os sucesivos Gobernos no exilio foron debilitándose conforme desaparecía a vella xeración de dirixentes republicanos. Ademais, o afastamento respecto dos militantes clandestinos no interior era cada vez maior. Así, as institucións republicanas subsistiron cun carácter simplemente testemuñal.

Ao comezo os emigrados republicanos fomos un Estado, co seu xefe de goberno, Parlamento e partidos, mais todo era unha ficción, un artificio (...).

Non tivemos a sorte ou a habilidade de que nos recoñecesen as grandes potencias durante a Segunda Guerra Mundial, como fixeron cos gobernos

Page 14: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 14

refuxiados en Londres. O noso crecente illamento de España e do mundo explica a nosa ineficacia política. (...) As nosas organizacións no exterior

operaron como illadoras da nosa acción. Non temos ningunha influencia positiva sobre o que ocorre en España e no mundo en relación co problema

español. Somos espectadores da historia, temos deixado de ser actores.

Luis ARAQUISTAIN [deputado socialista]: O pensamento español contemporáneo. 1966.

Os partidos e sindicatos de esquerdas no exilio intentaron recompoñer as súas organizacións e artellar unha oposición contra o réxime de Franco,

pero a dispersión por varios países, a falta dunha estratexia común e as frecuentes disensións entre eles restáronlles eficacia. As discrepancias entre as diferentes forzas dificultaron a creación de plataformas unitarias e a elaboración de programas de acción comúns. Así,

os republicanos e os socialistas receaban da subordinación dos comunistas aos intereses soviéticos, mais dentro do mesmo PSOE os enfrontamentos entre Indalecio Prieto e Juan Negrín fixeron imposible a coordinación do partido. Cando morreu Manuel Azaña outro tanto ocorreu entre as forzas republicanas. Os comunistas vivían momentos de tensión pola xefatura do Partido; os anarquistas estaban divididos entre os defensores do comunismo libertario e os partidarios de chegar a un acordo estratéxico cos monárquicos para acabar co réxime de Franco.

Mentres algunhas forzas (republicanos, socialistas e algúns anarquistas) defendían a necesidade de crear unha fronte única e desenvolver un labor diplomático para forzar a caída do franquismo, outras defendían a loita guerrilleira como unha fase previa á insurrección popular (comunistas, poumistas e sectores anarquistas).

C.- A resistencia no interior.

Malia a feroz represión, existiu desde o primeiro momento unha oposición ao réxime no interior, manifestada en tres frontes: a guerrilla

antifranquista, os desarticulados partidos políticos e as incipientes protestas do movemento obreiro e estudantil. C.1.- A guerrilla antifranquista: o maquis.

En agosto de 1944 entraron en París as tropas aliadas. Á súa cabeza desfilaban combatentes españois enrolados no exército francés de liberación.

Varios miles de ex-combatentes republicanos españois morreron na loita contra o nazismo na Francia ocupada. En outubro dese ano -e confiando na axuda dos Gobernos aliados- un numeroso continxente de guerrilleiros entrou polo val de Arán (Lérida) para comezar a liberación do país (Operación Reconquista de España). En poucas semanas foron esmagados e dispersados polo exército franquista. No entanto, durante os anos seguintes, no maioría dos sistemas montañosos de España actuaron numerosas partidas de guerrilleiros -que importan a denominación francesa de maquis-, alentados sobre todo polo PCE e a CNT. Os guerrilleiros realizaron sabotaxes a tendidos eléctricos e telefónicos, queimaron casas e facendas de destacados perseguidores, deron golpes de man para lograr fondos económicos, etc.

Composición e evolución da guerrilla antifranquista.

Alí onde había homes perseguidos que se viron na necesidade de fuxir, fixérono antes de caer de novo na cadea ou ante un pelotón de execución.

Marcharon así ao monte homes de tódalas tendencias, socialistas, anarquistas, algúns católicos e, sobre todo, numerosos militantes comunistas

(...). Ao principio as nosas accións tiñan un carácter case exclusivamente de fuxidos que se moven organizadamente buscando puntos de apoio,

falando coas xentes da necesidade de crear o movemento guerrilleiro. Eramos os fuxidos, os escapados, como nos chamaba o pobo. E nesa época,

no momento máis agudo da represión franquista, tivemos sempre o apoio abnegado, silencioso e incondicional do pobo. Aqueles homes que nas

aldeas nos axudaban sabían perfectamente ao que se expoñían e, sen embargo, non vacilaban en acollernos.

Testemuño de Francisco Rey Balbís, Moncho [xefe da Agrupación Guerrilleira de Galicia]. (En Santiago ALVAREZ. Memoria da guerrilla. 1991).

12.- Valora o papel da guerrilla como movemento de resistencia.

C.2.- As forzas políticas e sindicais: dispersión e reorganización.

A represión desmantelou por completo os cadros dirixentes de partidos e sindicatos. Moitas organizacións estaban minguadas, case

desaparecidas (CNT, POUM, UGT, partidos republicanos, nacionalistas...) ou sometidas a crises internas (PSOE); a escasa información, o medo e a fame bloquearon a capacidade de reacción dunhas masas obreiras e campesiñas decimadas pola guerra e o exilio.

Aínda así, o PCE, a CNT e o PSOE conseguiron organizar algunhas células clandestinas, que foron sucesivamente desmanteladas pola policía: os dirixentes enviados ao interior acabaron no cárcere ou fusilados. Desde o principio o partido máis activo foi o PCE, aínda que tamén experimentou tensións entre as directrices marcadas desde o exilio e as estratexias elaboradas no interior.

Estas agrupacións políticas incrementaron a súa presión sobre o réxime na fase de illamento, apoiando os primeiros brotes de contestación obreira, como as folgas en Cataluña en 1945 e no País Vasco en 1947, que foron brutalmente reprimidos.

Algúns sectores monárquicos comezaron a conspirar para restablecer a monarquía na figura de don Juan de Borbón.

Juan de Borbón, conde de Barcelona e terceiro fillo varón de Alfonso XIII, manifestou publicamente o seu apoio aos sublevados, pero tras a guerra civil reclamou de Franco o trono, que lle correspondía por dereito de sucesión lineal da monarquía española tras a abdicación do seu pai en xaneiro de 1941, pouco antes da súa morte en Roma (28 de febreiro). Pero Franco non estaba disposto a ceder o poder mentres vivise e para el debía producirse, despois da súa morte, a instauración dunha nova monarquía inspirada nos principios sustentadores do novo réxime. En marzo de 1945, don Juan publicou un manifesto en Lausana (Suíza) no que criticaba o réxime de Franco, reclamaba a súa renuncia e propuña como alternativa para España a restauración da monarquía tradicional borbónica.

(...) Desde abril de 1931, cando o Rei, o meu pai, decidiu deixar en suspenso as súas prerrogativas, España atravesou un dos períodos mais tráxicos

da súa Historia. No transcurso de cinco anos de República, o estado de inseguridade e de anarquía a que deran lugar os innumerables atentados,

folgas e toda clase de desordes, provocou a guerra civil que durante tres anos ensanguentou e martirizou a nosa Patria. O xeneroso sacrificio do

Rei de abandonar o territorio nacional, a fin de evitar a efusión de sangue, foi inútil.

Hoxe, seis anos despois do final da guerra civil, o réxime establecido polo Xeneral Franco, inspirado nos sistemas totalitarios das potencias do Eixe,

tan contrario por outra parte ao carácter e á tradición dun pobo como é o noso, é fundamentalmente incompatible coas circunstancias que a

presente guerra crea no mundo. A política exterior seguida polo Réxime compromete tamén o porvir da nación.

Page 15: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 15

(...) Só a Monarquía Tradicional pode chegar a ser o instrumento de paz e de concordia para reconciliar os españois. Só ela pode obter o respecto

do exterior sobre a base dun auténtico Estado de Dereito, e realizar unha síntese harmoniosa da orde e da liberdade en que se funda a concepción

cristiá do Estado (...).

Desde que, por renuncia e morte do meu pai, o Rei Don Alfonso XIII en 1941, asumín os dereitos e deberes da Coroa de España, mostrei o meu

desacordo coa política interior e exterior seguida polo Xeneral Franco (...).

Por estas razóns decídome, para descargar a miña conciencia da angustia cada día máis apremante da responsabilidade que me incumbe, a levantar

a miña voz e requirir solemnemente ao Xeneral Franco, para que, recoñecendo o fracaso da súa concepción totalitaria do Estado, abandone o poder

e dea libre paso á restauración do réxime tradicional de España, único capaz de garantir a relixión, a orde e a liberdade.

Baixo a Monarquía, (...) será posible emprender todas as reformas que esixe o interese da Nación. As tarefas primordiais deberán ser: aprobación

inmediata, por votación popular, dunha Constitución política; recoñecemento de todos os dereitos inherentes á persoa humana e garantía das

liberdades políticas correspondentes; o establecemento dunha asemblea lexislativa elixida pola Nación; recoñecemento da diversidade rexional;

ampla amnistía política; unha máis xusta distribución das riquezas e a supresión das inxustas diferenzas sociais (...).

Non levanto bandeira de rebeldía, nin incito a ninguén á sedición, pero quero lembrar a quen apoian o actual réxime a inmensa responsabilidade en

que incorren, contribuíndo a prolongar unha situación que está levando o país a unha irreparable catástrofe.

Firme na miña confianza en Deus e nos Meus dereitos e deberes imprescritibles, agardo o momento de ver realizado o desexo máis ardente da Miña

vida: a paz e a concordia entre todos os españois.

JUAN DE BORBÓN. Manifesto de Lausanne. 19 de marzo de 1945.

Despois da publicación deste manifesto, as relacións entre ambos foron moi tensas. Emporiso, a pesar de que o futuro da monarquía seguía a

ser incerto, en agosto de 1948 Don Juan entrevistouse con Franco no iate Azor, e aceptou enviar o seu fillo Juan Carlos a España para acabar a súa formación, baixo a supervisión de Franco, co fin de manter aberta a vía do restablecemento da monarquía. Finalmente, en xullo de 1969, Franco apartou da sucesión o conde de Barcelona en favor de seu fillo, Juan Carlos, quen foi proclamado príncipe herdeiro. Segundo frase de Franco, todo quedaba atado e ben atado no referente á súa sucesión.

A desaparición da guerrilla e a consolidación internacional do réxime franquista na década dos cincuenta desmoralizaron os distintos sectores

da oposición. No entanto, esta non desapareceu, senón que experimentou tres cambios significativos: a renuncia á táctica violenta, a transformación social e xeracional dos seus membros, e o impulso da actuación opositora nas universidades e no seo dos sindicatos franquistas, para aproveitar as posibilidades que ofrecían as eleccións, os enlaces sindicais ou os xurados de empresa.

A oposición monárquica era a que parecía máis activa: xurdiron diversas agrupacións que reivindicaban fórmulas democráticas, aínda que a súa influencia era bastante reducida e os enfrontamentos pola liña a seguir eran frecuentes. En 1948 os monárquicos chegaron a pactar cos socialistas para presentar unha fronte común contra o réxime (pacto de San Juan de Luz), pero a disparidade de criterios e o dobre xogo de Don Juan de Borbón, que mantiña contactos paralelos con Franco, romperon o pacto en 1952.

O PCE seguía sendo a principal forza da oposición, constantemente perseguida pola represión. En 1948 cambiou a súa estratexia: renunciou á loita armada e tratou de infiltrarse nos sindicatos verticais e estender a súa influencia no movemento obreiro e popular. ✓ En 1956, tras superar unha forte crise interna, renovouse dando entrada a dirixentes máis novos (Santiago Carrillo) que comezaron a tecer

unha rede de activistas no interior máis firme que a existente ata daquela e promoveron unha política de reconciliación nacional e a formación dunha fronte antifranquista na que estivesen todas as forzas da oposición.

O PSOE mantívose dividido. Os militantes do interior disentían da táctica de non colaborar cos comunistas imposta polos dirixentes do exterior. Os primeiros vían como o PCE captaba apoios e militancia grazas ao seu traballo de infiltración e á súa disciplina interna.

C.3.- O movemento obreiro e estudantil

A década dos anos corenta apenas coñeceu protestas públicas dos traballadores; a conciencia da derrota na Guerra Civil, a brutal represión e a

miseria levaron á maioría deles a manter unha actitude de pasividade, e dedicaron os seus esforzos a solucionar os enormes problemas con que se atopaban na súa vida cotiá (comida, vestido, vivenda...). A conflitividade laboral reapareceu de forma lenta, esporádica e illada, e tivo como principal reivindicación a subida salarial. Como xa vimos, a partir de 1945 producíronse as primeiras protestas en Asturias, Cataluña e o País Vasco, que foron reprimidas pola policía e o exército. En 1951 levouse a cabo unha folga xeral en Barcelona contra a elevación do prezo do billete dos tranvías; non foi unha folga illada, pois paros similares tiveron lugar tamén en Madrid e no País Vasco. Desde entón os conflitos laborais sucedéronse con máis asiduidade nos núcleos industriais e mineiros máis importantes.

Pero foi moito máis importante o inicio da protesta universitaria. O clima aperturista propiciado polo ministro de Educación, Joaquín Ruiz Giménez, permitiu a aparición de grupos de estudantes católicos, nos que se infiltraron algúns socialistas e comunistas. Profesores e alumnos pedían maior liberdade nas cátedras e na opinión pública, fronte á oposición do sindicato oficial, o falanxista SEU.

A tensión estalou en febreiro de 1956 con enfrontamentos violentos entre ambos. O día 9 organizouse unha tumultuosa manifestación na que un mozo falanxista resultou gravemente ferido de bala; os seus compañeiros acusaron ao ministro de politizar a Universidade coa súa política aperturista. Como resultado, a Universidade foi pechada, os dirixentes dos alumnos detidos, o Goberno declarou o estado de excepción en todo o país (o que implicaba a suspensión de varios artigos do Foro dos Españois) e o ministro de Educación foi cesado por demasiado liberal.

Estes potentes berros, lanzados por centos de valentes peitos xuvenís, atronaban as rúas céntricas da capital. Unha proba patente da debilidade

do goberno é que non se atreveu a utilizar a policía armada para reprimir a manifestación. A forza pública recibira instrucións de retirarse (...). Ao

pasar a manifestación diante do Ministerio de Gobernación, recruaron os berros dos estudantes contra a Falanxe e contra o réxime. O público

acollía a manifestación cun grande alborozo, con signos emocionantes de simpatía. Os estudantes antifranquistas foron donos ese día das rúas

céntricas da capital durante preto dunha hora. O tráfico foi paralizado por completo na rúa de Alcalá.

Noticia recollida en Mundo Obrero [órgano de comunicación do PCE] dunha manifestación universitaria en Madrid (1956).

Estes sucesos puxeron de relevo o xurdimento dunha nova oposición ao réxime, que xa non procedía só dos vencidos na guerra. Os detidos polos

incidentes madrileños eran membros de clases acomodadas e, algúns, fillos de notables franquistas. Nacía unha nova xeración disposta a opoñerse á ditadura, e que tiña posicións moi afastadas das dos dirixentes da República no exilio.

Page 16: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 16

3.- Desenvolvemento económico e inmobilismo político. 1959 - 1973.

3.1.- Os plans económicos.

A economía española en 1956 padecía graves desequilibrios internos e externos: unha inflación descontrolada, un sistema fiscal con recadación

insuficiente, unha balanza de pagos ao borde do colapso... Era evidente a necesidade de reorientar a política económica. Para levar a cabo esta empresa, Franco remodelou o Goberno en febreiro de 1957; os falanxistas e propagandistas católicos (membros da

Asociación Católica Nacional de Propagandistas -ACNP-) perderon posicións en favor dos tecnócratas: homes de empresa, técnicos ou especialistas en diferentes áreas cuxo obxectivo era modernizar económica e socialmente o país sen alterar no esencial as estruturas autoritarias do réxime. Este sector, vinculado ao Opus Dei e apoiado por Luis Carrero Blanco, será o impulsor do milagre económico; entre os seus membros destacan Laureano López Rodó, Mariano Navarro Rubio e Alberto Ullastres, entre outros.

O novo Goberno implantou rapidamente unha serie de medidas preestabilizadoras para conter a inflación e equilibrar o orzamento: ✓ Suprimiu o sistema de cambios múltiples no comercio exterior e desvalorizou a peseta. ✓ Conxelou os salarios, aumentou a presión fiscal e estableceu un sistema máis flexible de relacións laborais, baseado na Lei de Convenios

Colectivos de 1958: permitía a negociación directa das condicións de traballo entre empresarios e obreiros e regulaba as funcións dos xurados de empresa e os enlaces sindicais.

✓ España incorporouse en 1958 á OCDE (Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico), ao FMI (Fondo Monetario Internacional) e ao Banco Mundial, organismos que aprobaron e financiaron a liberalización da economía española.

✓ O 21 de xullo de 1959 aprobou o Decreto-lei de Nova Ordenación Económica, coñecido como Plan de Estabilización.

A.- O Plan de Estabilización de 1959.

13.- Coa axuda deste gráfico explica en que consistiu o Plan de Estabilización.

Os resultados foron inmediatos. Entre 1959 e 1960 produciuse, como era previsible, unha forte paralización económica: caída de salarios, de

prezos e do consumo. Pero conseguíronse os obxectivos de redución do déficit e de acumulación de capitais e, a partir de 1961, comezou o proceso de relanzamento.

B.- Os Plans de Desenvolvemento Económico e Social.

O Estado organizou a economía seguindo o modelo francés de planificación indicativa: consistía na planificación da economía polo Estado, que

fixaba os obxectivos e indicaba aos empresarios como alcanzalos, ofrecéndolles vantaxes económicas e fiscais se seguían as directrices fixadas. Para estimular o crecemento económico de España o Goberno elaborou os Plans de Desenvolvemento, que marcaban directrices obrigatorias para o sector público e meramente indicativas para a iniciativa privada, que tiña que ser o motor do desenvolvemento económico.

Promulgáronse tres plans de vixencia cuadrienal (1964-1967, 1968-1971, 1972-1975), nos que o Estado establecía a dirección dos investimentos prioritarios, asignaba os recursos necesarios e estimulaba a iniciativa privada con vantaxes fiscais e crediticias.

Estes plans centráronse na industria, e emprenderon dúas grandes liñas de actuación: ✓ As accións estruturais, que pretendían solucionar algunhas deficiencias da industria que lastraban o crecemento: pequena dimensión das

empresas, baixa produtividade, atraso tecnolóxico... ✓ A creación dos polos de desenvolvemento, que intentaban reducir os desequilibrios económicos rexionais promovendo novas industrias en

zonas de escasa industrialización. 14.- Que eran os Polos de Desenvolvemento? Onde se instalaron?

C.- O crecemento económico: cambios e consecuencias.

Entre 1961 e 1973 España coñeceu un período de espectacular crecemento económico, que foi denominado pola propaganda do réxime o

milagre español e que os historiadores denominan a fase do desarrollismo: a economía española medrou a un ritmo altísimo, baseado sobre todo no incremento do sector industrial e de servizos, e propiciou unha profunda transformación da sociedade española.

15.- Le este apartado nas páxinas 387-388 e resume as principais transformacións que experimentaron os distintos sectores.

Aínda que a propaganda oficial presentou o milagre español como un triunfo do réxime, en xeral a planificación foi un fracaso:

Page 17: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 17

A execución dos plans estivo sempre máis condicionada polos rendementos inmediatos dos grupos económicos próximos ao poder que polos intereses económicos xerais. En moitos casos os recursos dos plans investíronse de forma ineficaz, e ademais as previsións rara vez se cumpriron.

Os Polos de Desenvolvemento non deron o resultado previsto: non reduciron os desequilibrios sociais ou interrexionais. Logrouse unha grande expansión da pequena e mediana industria, pero a maior parte das grandes empresas que se crearon foron de

multinacionais estranxeiras, que aportaban capitais e tecnoloxía, o cal implicaba unha alta dependencia do exterior. Marxinación do sector agrícola: abandonouse un dos problemas básicos do desenvolvemento. O maior logro dos Plans de Desenvolvemento residiu en dotar a iniciativa privada de infraestruturas (electrificación, refinerías de petróleo,

estradas...) e materias básicas (aceiro, carbón, aluminio...) que contribuíron ao crecemento industrial.

O dinamismo económico español dos anos 60 beneficiouse da conxuntura económica europea, caracterizada pola prosperidade. A planificación permitiu aproveitar esa bonanza económica, pero non foi a causa esencial do crecemento da economía española; este non se podería ter realizado sen a contribución exterior, e en particular a das economías máis desenvolvidas de Europa, que aportaron: ✓ A tecnoloxía que revolucionou a estrutura industrial e a produtividade, e os investimentos que financiaron o crecemento. ✓ Absorberon a man de obra sobrante da agricultura e da industria, a cal bloquearía o desenvolvemento de ter permanecido en España. Estes

emigrantes remitían regularmente considerables sumas ás súas familias. ✓ O turismo masivo: os turistas achegaron gran cantidade de divisas que contribuíron a equilibrar a balanza de pagos española.

Sen os ingresos xerados polo turismo, as remesas dos emigrantes e o elevado investimento estranxeiro, non tería existido o que o réxime chamou milagre económico español. Da mesma forma, a crise da economía mundial de 1973, derivada da alza dos prezos do petróleo, afectou xa de forma profunda a España, detendo bruscamente o crecemento.

As consecuencias da expansión económica.

Os danos colaterais dun crecemento acelerado: ✓ Aparición de diversos problemas e escándalos (o caso MATESA como exemplo). ✓ Forte degradación medioambiental: contaminación, especulación salvaxe, urbanización incontrolada, chabolismo...

Os efectos sociais do crecemento: ✓ Profunda transformación da poboación activa, que se aproximou aos estándares dun país desenvolvido: descenso da poboación activa

dedicada á agricultura e notable incremento dos efectivos da industria e dos servizos. ✓ Acelerada despoboamento do campo (éxodo rural) como consecuencia da atracción que as áreas industriais (Madrid, Cataluña, País Vasco...)

exerceron sobre un campo (Andalucía, Estremadura, Galicia, as dúas Castelas e Aragón) que soportaba a diminución constante das rendas agrarias. Os emigrantes fuxían do subemprego e dos baixos niveis de vida, en busca dun soldo fixo nas industrias e servizos das áreas máis desenvolvidas. O resultado foi a alza de salarios no campo, ao diminuír a oferta de man de obra, o que ao mesmo tempo impulsou a mecanización das tarefas agrícolas e a conseguinte demanda de bens industriais por parte do sector agrario. Deste modo, modernización agrícola e despoboamento do interior foron fenómenos paralelos.

✓ As cidades españolas medraron aceleradamente. A avalancha de inmigrantes obrigou a unha urbanización caótica e desordenada, na que se mesturaban barrios de chabolas e polígonos de vivendas baratas, e na que faltaban os servizos básicos: rede de sumidoiros, transportes, escolas, mercados, centros médicos...

✓ Emigración masiva cara a Europa (Francia, Alemaña, Bélxica, Suíza...): unha saída ao aumento do paro que o desenvolvemento económico non foi capaz de absorber.

✓ Cambios demográficos: considerable aumento da poboación (de 28 millóns en 1950 a 35 millóns en 1973) como resultado do descenso das taxas de mortalidade e o forte incremento da natalidade ata os anos setenta (o baby boom).

Conclusión: balance do milagre español: ✓ Incremento do PNB e da renda per cápita, que se traduciu nun aumento do nivel de vida (inferior aínda á media europea). ✓ Desigualdades no ritmo de crecemento dos sectores produtivos. ✓ Desequilibrios rexionais intensos entre zonas de desenvolvemento polarizado e zonas marxinais. ✓ Tendencia á elevación dos prezos (inflación) e escasa creación de emprego (a emigración como solución ao paro).

3.2.- A modernización da sociedade española.

A enorme expansión da economía nos anos sesenta e primeiros setenta e os conseguintes cambios demográficos viñeron acompañados da

modificación substancial das características propias dunha sociedade tradicional como a española, na que predominaban as formas culturais e as pautas de comportamento de tradición rural. En pouco máis dunha década a sociedade española avanzou cara a uns hábitos culturais e de consumo propios dunha sociedade moderna.

Unha sociedade progresivamente equiparada ao modelo europeo occidental. Transformacións dos costumes e da vida cotiá dos españois nos anos sesenta. O impacto social do Concilio Vaticano II (1962-1965): importantes cambios no clero e na mentalidade relixiosa. Cambios na estrutura social.

Distribución por sectores da poboación activa en España (1930-1974) en % - Fonte: INE

Anos 1930 1940 1950 1960 1970 1974

Agricultura 54,0 51,9 49,6 41,7 29,1 23,0

Industria 24,3 24,0 25,5 31,8 37,3 37,1

Servizos 21,7 24,1 24,9 26,5 33,6 39,9

16.- Cales foron os cambios máis importantes que experimentou a sociedade española dos anos do desarrollismo?

Page 18: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 18

3.3.- As forzas de oposición ao réxime.

A finais dos anos cincuenta o movemento opositor comezou unha nova etapa. A vella oposición histórica que se desenvolvía fóra de España

perdeu progresivamente influencia, mentres que a oposición que operaba no interior do país empezou a adquirir maior relevancia. En conxunto, a oposición seguía estando moi dividida, era bastante débil e non chegou a representar unha verdadeira alternativa de poder ao franquismo.

As transformacións dos anos sesenta significaron un incremento da conflitividade social, sobre todo desde o ano 1970. A sistemática resposta represiva do réxime provocou a politización dos conflitos e permitiulle á oposición antifranquista, cada vez máis vertebrada, erosionar a ditadura.

A.- A oposición universitaria.

Desde os sucesos de febreiro de 1956 o réxime comezou a perder o control da Universidade, que se converteu nun foco de axitación crecente.

Entre 1956 e 1965 os universitarios antifranquistas, organizados en pequenos núcleos moi activos, servíronse das estruturas do sindicato falanxista de estudantes (SEU), ao que pertencían obrigatoriamente, para esixir procedementos máis democráticos no funcionamento interno da Universidade, e por extensión na sociedade. As protestas foron tratadas polo réxime como un problema de orde pública e duramente reprimidas: expedientes, detencións, suspensión das clases, peche de universidades e separación de varios profesores das súas cátedras; en 1965, despois dunha violenta protesta que se estendeu desde Madrid ao resto de España, o Goberno destituíu a varios prestixiosos catedráticos universitarios (José Luis López Aranguren, Enrique Tierno Galván, Agustín García Calvo...) por apoiar as manifestacións estudantís.

A revolta estudantil provocou a desaparición do SEU en abril de 1965; o seu espazo foi ocupado por outras alternativas (ligadas ao PSOE ou ao PCE) como Agrupación Socialista Universitaria (ASU), o Frente de Liberación Popular (FLP) ou o Sindicato Democrático de Estudantes.

Baixo a influencia do Maio do 68, os estudantes diversificaron as súas accións de protesta, provocando continuas intervencións da policía, que ocupaba permanentemente algúns campus. O aumento do número de estudantes, a súa maior concienciación política, a ausencia de liberdades e as pobres condicións laborais de parte do profesorado, converteron a Universidade nun foco antifranquista. A tensión aumentou cos periódicos enfrontamentos entre grupos de ultradereita (Fuerza Joven, Guerrilleros de Cristo Rey) e de ultraesquerda (Bandera Roja, Joven Guardia Roja).

B.- A reactivación do movemento obreiro.

O movemento obreiro foi o principal foco de oposición ao réxime a partir da década de 1960. O número de conflitos laborais aumentou de xeito

considerable, e localizouse nas zonas de arraigada tradición sindical -Barcelona, País Vasco, Asturias, Madrid-, e estendeuse por outras como Pamplona, Ferrol, Vigo, Valencia, Sevilla ou Valladolid. A maioría dos conflitos tiñan orixe en reivindicacións laborais (melloras salariais, redución de xornada), que con frecuencia se politizaban. O réxime consideraba as protestas como un problema de orde pública que había que reprimir.

No ano 1962 xurdiu un novo sindicalismo: no contexto dunha serie de folgas en Asturias, Cataluña e o País Vasco naceron, na clandestinidade, unhas comisións obreiras que lograron importantes éxitos electorais dentro da organización sindical oficial de todo o país e que foron o xermolo do sindicato Comisións Obreiras (1964). As CC. OO. naceron como un movemento independente, democrático e unitario, e impulsaron a loita laboral (salarios, condicións de traballo...) e política (liberdade sindical, dereitos civís...). Combinaban a acción ilegal, como as folgas, coa legal.

A táctica defendida por líderes como Marcelino Camacho ou Julián Ariza foi introducirse e utilizar as estruturas do sindicato vertical para poder chegar con máis facilidade aos obreiros. Así, aproveitaron as posibilidades da negociación colectiva e da elección de enlaces sindicais para "ocupar" parte da estrutura do sindicato franquista (Central Nacional Sindicalista).

Reunidos os delegados de varias empresas (...), acordouse:

1.- Que o sindicato ao que se nos obriga a pertencer non goza da confianza obreira nin defende os intereses dos traballadores. (...)

2.- Que o poder adquisitivo dos traballadores vai minguando de maneira vertixinosa. O nivel do salario actual é considerablemente insuficiente e

debemos reivindicar un salario máis de acordo co custo da vida.

3.- Que para lograr estas reivindicacións non posuímos os instrumentos propios de defensa: un sindicato obreiro sen patróns e o dereito de folga.

4.- Chegouse a concretar un plan reivindicativo cos seguintes puntos:

- Salario mínimo de 200 pesetas para o peón por oito horas de traballo.

- Liberdade sindical, o dereito de ter sindicatos obreiros.

- Que sexa recoñecido inmediatamente o dereito de folga.

5.- Que en cada empresa ou centro de traballo se constitúa a comisión obreira debidamente coordinada coas demais do ramo da industria.

Folla informativa da Comisión Obreira de Barcelona. Xaneiro de 1965.

Pouco a pouco a súa tenacidade e a súa capacidade de infiltración no sindicato vertical (entrismo), ademais dos seus éxitos na mellora das

condicións de traballo, convertéronas no eixe da loita obreira. Nos anos finais do réxime eran o sindicato clandestino de referencia, e boa parte da súa dirección estaba conectada co PCE. A partir de 1967, un grupo de sindicalistas vinculados ás Juventudes Obreras Cristianas separáronse de CC. OO. e fundaron a Unión Sindical Obreira (USO).

Como acabamos de comentar, os conflitos laborais multiplicáronse nesta etapa ao compás dos cambios económicos e sociais. Para controlar a

situación, o Goberno creou o Tribunal de Orde Pública (TOP), ademais de empregar os corpos regulares da policía e das forzas represivas da propia Organización Nacional de Sindicatos. A represión sufrida por líderes, militantes ou simples simpatizantes estimulou a afiliación e a votación nas eleccións sindicais aos representantes de CC. OO., da UXT e doutros sindicatos clandestinos como a USO ou o Frente Sindical de los Trabajadores (FSE), vinculado a círculos católicos.

Un fito importante da protesta obreira (que combinaba reivindicacións proletarias con esixencias de democratización) tivo lugar en Ferrol o 10

de marzo de 1972, cando, como resultado do enfrontamento das forzas da orde pública cunha manifestación de varios miles de persoas, resultaron feridos máis de vinte traballadores e dous caeron mortos [Amador Rey e Daniel Niebla]. Con motivo destes sucesos, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Miguel Ángel Araújo, manifestou a súa protesta redactando un escrito que foi lido en todas as igrexas da diocese; o texto era un ofrecemento ao diálogo e constitúe un documento importante na evolución do comportamento da Igrexa galega. As manifestacións de repulsa polos feitos de Ferrol estendéronse por toda Galicia e na factoría Citröen de Vigo iniciouse, aos poucos días, unha segunda folga que durante vinte días mantivo á cidade en tensión. Estas folgas contribuíron poderosamente ao desprestixio do réxime.

Page 19: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 19

C.- Aparición de actitudes críticas no seo da Igrexa.

O réxime franquista tivo que soportar tamén desde os anos sesenta unha crecente oposición da Igrexa. A difusión dos postulados reformistas e

aperturistas do Concilio Vaticano II (1962-1965) e a preocupación pola inxustiza social propiciaron a aparición dentro da Igrexa Católica de actitudes críticas coa ditadura, que non era capaz de comprender esta deslealdade.

Os sacerdotes novos e os católicos progresistas achegáronse ao mundo obreiro, tradicionalmente afastado da Igrexa; así, na década dos sesenta estendeuse o fenómeno dos curas obreiros, moitos dos cales acabarían militando en organizacións de esquerdas. En moitos puntos de España xurdiron movementos católicos entre a xuventude como Juventud Obrera Católica (JOC) e a Hermandad Obrera de Acción Católica (HOAC), que participaron nas mobilizacións obreiras e denunciaron a falta de liberdades. Neste contexto produciuse tamén a secularización en masa de membros do clero, diminuíu a práctica relixiosa e reivindicouse a liberdade de pensamento.

Nos anos 60 teñen lugar as primeiras protestas de sacerdotes vascos e cataláns ante os seus bispos, a quen acusan de complicidade co réxime. Por exemplo, en 1960, 339 sacerdotes asinaron un documento, desautorizado pola xerarquía eclesiástica, no que denunciaban malos tratos e falta de liberdades; en 1963 o abade de Montserrat publicou unha declaración moi crítica co franquismo e o papel da Igrexa.

Non temos tras de nós vinte e cinco anos de paz senón unicamente vinte e cinco anos de vitoria. Os vencedores, a Igrexa incluída, que foi obrigada

a loitar a carón destes últimos, non fixeron nada para rematar esta división entre vencedores e vencidos: isto representa un dos fracasos máis

lamentables dun réxime que se di cristián, pero cuxo Estado non obedece aos principios básicos do cristianismo. (...) O pobo debe escoller o seu

goberno e podelo cambiar se o desexa: velaí a liberdade. Ten necesidade dunha liberdade de prensa, de sinceridade na información.

Declaracións do abade de Montserrat, Monseñor Escarré, ao xornal francés Le Monde. 1963.

Esta disidencia católica incrementouse nos anos setenta e supuxo o distanciamento dunha parte da xerarquía eclesiástica respecto ao réxime.

En 1971, a Asemblea Conxunta de bispos e sacerdotes presentou unha resolución (que non foi aprobada por falta de apoio suficiente), na que solicitaba o perdón por non ter colaborado na reconciliación entre os españois enfrontados na Guerra Civil, rexeitaba a participación dos bispos nas institucións franquistas e manifestaba un compromiso a favor do sistema democrático.

En 1973 os bispos solicitaron a revisión do Concordato de 1953 e a separación entre a Igrexa e o Estado, claro dato do interese por marcar distancias co réxime de Franco. Como resultado destas protestas, numerosos sacerdotes sufriron persecución e cárcere.

D.- A multiplicación da oposición política.

A oposición política ao réxime aumentou nesta etapa: actividade terrorista, oposición (clandestina) no interior e incremento do número de

militantes e simpatizantes na oposición no exterior, no contexto dos esforzos do réxime por integrarse nas Comunidades Europeas.

Os movementos nacionalistas lograron sobrevivir á política centralista do réxime, e reaviváronse ao calor do desenvolvemento económico. En Cataluña callou un nacionalismo moderado do que participaron amplos sectores, que en 1971 constituíron un organismo unitario, a Asemblea

de Cataluña, de grande actividade e presenza en todos os movementos de carácter cívico, cultural ou político. No País Vasco, que mantivo as súas institucións no exilio, continuou a hexemonía do Partido Nacionalista Vasco (PNV), aínda que o feito de maior

repercusión foi a aparición de ETA (Euskadi Ta Askatasuna: País Vasco e Liberdade) en 1959. ETA naceu dun sector das Xuventudes do PNV e do grupo estudantil EKIN, como "unha organización clandestina revolucionaria que defende a loita armada como medio para conseguir a independencia de Euskadi". A súa táctica era a loita guerrilleira e o terrorismo. As accións terroristas levadas a cabo por ETA multiplicáronse rapidamente tras o primeiro asasinato en 1968 do xefe da Brigada Social de Guipúscoa, Melitón Manzanas. O réxime reaccionou restablecendo a Lei de Represión da bandidaxe e o terrorismo [1947], pola que pasaban a xurisdición militar todos os delitos de carácter sociopolítico, e estableceu de forma habitual o estado de excepción. Como resposta, aumentou a oposición vasca, especialmente tras as sentencias ditadas no Proceso de Burgos de 1970 contra dezaseis persoas acusadas, entre outros delitos, de tres asasinatos e de pertencer a ETA: nove penas de morte que logo foron conmutadas pola cadea perpetua debido ás presións internacionais, incluída a petición de clemencia do papa Paulo VI.

A extensión dunha conflitividade social descoñecida ata o momento propiciou o crecemento e recomposición da oposición política ao franquismo. Os vellos partidos políticos renovaron os seus dirixentes e actividades, e xurdiron novos grupos á esquerda e á dereita, desde a socialdemocracia ata o liberalismo monárquico. Formouse así un mosaico de tendencias e siglas diversas, compostas por un escaso número de militantes, e de incidencia real moi limitada. A desunión e descoordinación entre elas restoulles eficacia. Entre eles destacaban:

Os democristiáns, divididos en dous grupos liderados por José María Gil Robles e Manuel Giménez Fernández; os socialdemócratas de Dionisio Ridruejo (ex-falanxista que rompera co réxime en 1942); os liberais de Joaquín Satrústegui; os republicanos; o PSOE, dirixido por Rodolfo Llopis; o Partido Socialista do Interior, creado en 1968 por Enrique Tierno Galván; o Partido Comunista, encabezado por Santiago Carrillo...

O máis importante e influínte de todos eles foi o Partido Comunista de España (PCE). Era o único partido que, malia ter a súa dirección no exilio, conservou unha certa forza e organización no interior do país. A partir dos anos sesenta iniciou unha estratexia de penetración nas organizacións de masas (Comisións Obreiras, asociacións de estudantes, movementos veciñais...) e utilización dos mecanismos do réxime para loitar contra el. Desenvolveu unha liña política de reconciliación nacional consistente na busca de colaboración entre todas as forzas de oposición ao franquismo, liña que obtivo escasos resultados debido aos receos ou hostilidade que estas sentían ante os comunistas, no contexto da guerra fría. Mentres, o PSOE estaba dividido entre os dirixentes do exilio (históricos) e os do interior (renovados).

Na extrema esquerda xurdiron pequenos grupos de matiz maoísta ou trotskista e algúns escindidos do PCE que tiveron certa actividade en ámbitos estudantís (Liga Comunista Revolucionaria, Movimiento Comunista, Organización Revolucionaria de Trabajadores...). Dalgúns deles desprendéronse núcleos terroristas, coma o FRAP (Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriótica, 1973-1978).

O feito máis significativo da oposición política desta etapa foi o que a prensa do réxime denominou o Contubernio de Múnich. En xuño de 1962 reuniuse en Múnic o IV Congreso do Movemento Europeo [organismo creado en 1948 para impulsar a unificación de Europa]

no que se debatía o tema España e Europa, catro meses despois de que o réxime franquista solicitase formalmente o inicio de conversas para a adhesión á Comunidade Económica Europea (CEE). A este Congreso asistiron 118 políticos españois, representantes das distintas tendencias da oposición democrática ao franquismo, tanto do exilio como do interior (monárquicos liberais, demócrata-cristiáns, socialdemócratas, socialistas e nacionalistas) agás os comunistas, excluídos da reunión pola súa oposición ao proceso de unión europea. Salvador de Madariaga, presidente do Congreso, dirixiu a comisión de traballo da oposición do exterior (38 representantes) e José María Gil Robles a do interior (80), e redactaron unha resolución na que reclamaban a instauración dun sistema democrático en España como requisito obrigatorio para o ingreso na CEE.

Page 20: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 20

17.- Comenta o documento 39 da páxina 393.

A resolución non tivo ningún efecto práctico, pero desatou un gran escándalo en España, polo que o réxime reaccionou con dureza: por un

decreto de 8 de xuño suspendeu o artigo 14 do Fuero de los Españoles por un prazo de dous anos (dito artigo recoñecía o dereito dos españois a fixar a súa residencia libremente dentro do territorio nacional) e encarcerou, deportou a Canarias ou exiliou os participantes en Múnic. Ademais, orquestrou unha campaña da prensa do Movemento para desacreditar este Congreso, que foi cualificado pexorativamente de Contubernio de Múnich, como se se tratase dunha conspiración contra o réxime, e tacharon os firmantes de "traidores y enemigos de España, aliados de masones y marxistas". Tamén se organizaron manifestacións de adhesión a Franco.

E.- A resposta represiva do réxime.

Como xa comentamos, o incremento da conflitividade social e política foi respondida polo réxime co endurecemento da represión a través do

Tribunal de Orde Pública, creado en decembro de 1963: desde entón ata despois da morte de Franco miles de españois foron xulgados e condenados polo TOP por actividades políticas contra o franquismo, e os tribunais militares pasaron a ocuparse só dos delitos por terrorismo.

A resposta represiva manifestouse na declaración do estado de excepción (1969 e 1970), a multiplicación das detencións, os interrogatorios e as torturas policiais, arrestos, multas, secuestro de publicacións, peche de universidades, penas de cárcere... e condenas a morte: o 20 de abril de 1963 o réxime executou o dirixente comunista Julián Grimau, acusado de delitos presuntamente cometidos durante a Guerra Civil.

3.4.- As relacións co exterior.

A política exterior destes anos estivo protagonizada por Fernando María Castiella, ministro de Asuntos Exteriores entre 1957 e 1969. Durante

estes anos imprimiu unha nova orientación ás relacións exteriores, fixando de forma máis clara os obxectivos: O prioritario era o achegamento á Europa comunitaria, que chocaba cun obstáculo insalvable: o carácter ditatorial do réxime de Franco facíao

incompatible cos principios que inspiraran o Tratado de Roma de 1957, orixe da actual Unión Europea. Outros obxectivos eran o mantemento dunha estreita relación cos Estados Unidos, acometer o contencioso de Xibraltar e abordar a

descolonización dos últimos territorios en África. Buscouse ademais ampliar as relacións comerciais e culturais con Hispanoamérica, os países árabes e mesmo cos países do Leste de Europa.

Os eixes básicos da política exterior na etapa do desarrollismo.

4.- A agonía do franquismo. 1973-1975.

Desde principios dos anos setenta a incapacidade do réxime franquista para reformarse e adaptarse ás demandas sociais e ao contexto

internacional precipitárono a unha crise irreversible, desatada abertamente coa morte de Franco o 20 de novembro de 1975. Un primeiro síntoma da desintegración do réxime foi o evidente deterioro físico de Franco, que cada vez delegaba máis poder de decisión no seu

home de confianza, o almirante Luis Carrero Blanco. Outros signos deste deterioro foron o incremento da capacidade de mobilización da oposición e o distanciamento progresivo de parte da Igrexa

e o Exército, piares fundamentais do sistema ata entón. A crise agravouse nos últimos anos como consecuencia das accións terroristas de ETA e o FRAP.

A decadencia da ditadura evidenciouse tamén no enfrontamento aberto entre dous sectores do réxime en torno ao presente e ao futuro do réxime sen Franco: os inmobilistas (coñecidos como o búnker, entre os que destacaba José Antonio Girón de Velasco), partidarios de manter sen cambios os sinais de identidade do franquismo, e os aperturistas (como Manuel Fraga Iribarne), partidarios de reformar o sistema para ir achegándoo progresivamente a un modelo parlamentario.

4.1.- Crise económica e política.

A.- O final do desenvolvemento: a crise económica.

B.- A crise política: a morte de Carrero Blanco.

Luis Carrero Blanco: a man dereita de Franco, ocupou diversos postos de responsabilidade e representaba o inmobilismo (o búnker).

O 8 de xuño de 1973 Franco decidiu separar os poderes: Xefatura do Estado (Franco) / Xefatura do Goberno (Carrero Blanco). Obxectivos: ✓ Garantir a continuidade do sistema despois de Franco. Carrero era a figura clave do futuro da Ditadura. ✓ Controlar o cumprimento das previsións sucesorias.

18.- Que significación política tivo o asasinato de Carrero Blanco?

C.- O Goberno de Arias Navarro.

En xaneiro de 1974 formouse un novo Goberno presidido por Carlos Arias Navarro e composto por membros de distintas tendencias sen presenza

dos tecnócratas. Arias Navarro iniciou o seu mandato presentando nas Cortes un programa de signo aperturista que foi coñecido como o espírito do 12 de febreiro [libro]. ✓ Arias prometeu unha nova lei municipal que permitise a elección de alcaldes e das Deputacións provinciais, aumentou o poder dos

procuradores en Cortes, o número dos cales ascendeu, e anunciou reformas sindicais e unha nova lei sobre asociacións políticas. ✓ Pero axiña se fixo evidente que as reformas prometidas non eran senón un formalismo con pouco contido real e que o réxime era incapaz

de democratizarse, aínda que as tímidas reformas irritaron os sectores máis inmobilistas.

4.2.- O incremento das forzas de oposición.

Page 21: Introdución. 1.- O réxime franquista. Fundamentos e ... BAC 17-… · As súas armas foron unha astucia instintiva, un desapiadado sangue frío co cal dirixiu as rivalidades entre

2º BAC - Tema 9 - páx. 21

Neste contexto a oposición multiplicou as súas protestas: calquera actividade cidadá era considerada unha manifestación contra o réxime. As mobilizacións sindicais dirixidas por CC. OO. adquiriron unha gran magnitude, e as folgas e protestas estudantís multiplicáronse. Pero o acontecemento fundamental dos anos finais do franquismo foi a reorganización interna dos principais partidos da oposición e os intentos de coordinación para realizar unha acción conxunta, nun momento en que a fin do réxime se presentaba como algo inminente.

A.- A oposición no interior.

19.- Identifica as manifestacións de contestación interna nesta etapa. Como respondeu o réxime?

A pesar de todo, o réxime non cedía. O 2 de marzo de 1974 foi executado o anarquista Salvador Puig Antich (o que orixinou numerosas condenas

internacionais do réxime de Franco), e en agosto de 1975 aprobouse unha nova lei antiterrorista que ampliaba a aplicación da pena de morte. En setembro de 1975, o Goberno de Arias Navarro fixo executar cinco sentencias de morte contra militantes do FRAP e de ETA, condenados en

consellos de guerra sumarísimos. Estas execucións suscitaron unha gran protesta internacional contra a ditadura, á que mesmo se sumou o papa Pablo VI; trece países retiraron os seus embaixadores e suspendéronse numerosas relacións políticas e culturais. Nos últimos días do franquismo volvíase ao illamento internacional e moral dos corenta.

O réxime reaccionou como entón, cunha gran manifestación na praza de Oriente de Madrid, onde Franco, moi demacrado, pronunciou o seu último discurso, no que lle atribuíu, unha vez máis, as manifestacións de protesta no estranxeiro e as desordes públicas a unha conxura dos inimigos tradicionais de España: unha conspiración masónica esquerdista na clase política en contubernio coa sublevación comunista-terrorista no social.

B.- A oposición no exterior.

Neste contexto de deterioro e agonía do franquismo, as organizacións da oposición iniciaron un proceso de coordinación crecente e creación de

organismos unitarios para restablecer a democracia en España. O PCE mantívose como o principal referente do antifranquismo e en xullo de 1974 impulsou a Xunta Democrática, integrada por forzas diversas:

CC. OO., os socialistas de Tierno Galván, independentes, monárquicos, carlistas e grupos de extrema esquerda. O seu manifesto reclamaba a ruptura democrática e a apertura dun proceso constituínte. Pero non se incorporaron ás súas filas nin o PSOE nin os democristiáns que, se ben como organizacións políticas eran débiles, representaban unha parte importante da sociedade española.

En outubro de 1974 o PSOE organizou un congreso en Suresnes (preto de París), onde se produciu o recambio xeracional da dirección: os militantes do interior lograron promover a Felipe González como secretario xeral do partido. En xuño de 1975, e como resposta á Xunta Democrática, os socialistas crearon a Plataforma de Converxencia Democrática, formada pola UXT, o PNV, Esquerda Democrática de Ruiz Giménez, Unión Socialdemócrata Española de Dionisio Ridruejo, maoístas como a Organización Revolucionaria dos Traballadores... e outras forzas, que presentaba un programa moi parecido ao proposto pola Xunta Democrática.

Os contactos entre ambas posibilitaron a súa unificación: JDE + PCD = Coordinación Democrática, popularmente coñecida como a Platajunta (30 de outubro de 1975).

20.- Comenta o documento 43 da páxina 397.

4.3.- Os problemas exteriores: a Marcha Verde.

21.- En que consistiu a Marcha Verde? Como se resolveu o problema do Sáhara?

4.4.- Enfermidade e morte de Franco.

Afectado pola enfermidade de Parkinson desde 1965, Franco sufriu unha grave tromboflebite en xullo de 1974; desde o hospital, encargou a don

Juan Carlos (que fora designado sucesor en xullo de 1969) que asumise, con carácter interino, a xefatura do Estado (día 19). Para o príncipe herdeiro foi unha experiencia moi curta porque Franco se recuperou e abandonou o hospital o día 30, retomando as funcións de goberno.

A revolución dos caraveis en Portugal (25 de abril de 1974) e a caída do réxime dos coroneis en Grecia (xullo de 1974) deixaban a Franco como o último ditador da Europa occidental. Pero o franquismo seguiu a celebrar os actos de afirmación do réxime; o 1 de outubro de 1975, con motivo do aniversario do ascenso á xefatura do Estado, organizouse un acto multitudinario na Praza de Oriente no que Franco pretendía demostrar ao mundo enteiro que seguía contando co apoio popular. Foi o seu derradeiro discurso .

O 17 de outubro, despois de sufrir un infarto, aínda presidiu un Consello de Ministros; pero nas semanas seguintes presentáronse todo tipo de

complicacións (infartos, hemorraxias internas) que lle ocasionaron unha longa e terrible agonía. Pero nin as tres operacións que lle practicaron, nin o desexo inhumano do búnker de prolongarlle a vida, lograron deter a súa morte, que tivo lugar o 20 de novembro de 1975, xustamente trinta e nove anos despois de José Antonio Primo de Rivera. Foi enterrado o día 23 de novembro, ao lado do fundador da Falanxe, na igrexa do Valle dos Caídos. No seu testamento político, lido aos españois por televisión por Carlos Arias, reiteraba as ideas básicas nas que sustentara o réxime desde 1936: o catolicismo como base do seu ideario político, patriotismo entendido desde a súa óptica, autoritarismo, rexeitamento da democracia e do liberalismo.

22.- Compara os derradeiros escritos de Franco cos do inicio do seu mandato. Que deduces?

Franco Deixaba un réxime anacrónico e en profunda crise. A sensación de inseguridade e de incerteza respecto do futuro político e do relevo no

poder eran moi grandes. A pretensión, expresada por Arias Navarro, de que o ditador deixaba todo "atado e ben atado” era só unha ilusión sen fundamento. Continuaría o franquismo sen Franco?