INVENTA UNHA FLOR

73

description

Maios en Canido

Transcript of INVENTA UNHA FLOR

Page 1: INVENTA UNHA FLOR
Page 2: INVENTA UNHA FLOR

CERTAME LITERARIO

"INVENTA UNHA FLOR"

CANIDO

MAIO 2013

Page 3: INVENTA UNHA FLOR

Organiza:

CEIP. CRUCEIRO DE CANIDO

CEIP. ALMIRANTE JUAN DE LÁNGARA Y HUARTE

COLEXIO SAN ROSENDO

IES CANIDO

Coordina:

Page 5: INVENTA UNHA FLOR
Page 6: INVENTA UNHA FLOR
Page 7: INVENTA UNHA FLOR
Page 8: INVENTA UNHA FLOR
Page 9: INVENTA UNHA FLOR
Page 10: INVENTA UNHA FLOR
Page 11: INVENTA UNHA FLOR
Page 12: INVENTA UNHA FLOR
Page 13: INVENTA UNHA FLOR
Page 14: INVENTA UNHA FLOR
Page 15: INVENTA UNHA FLOR
Page 16: INVENTA UNHA FLOR
Page 17: INVENTA UNHA FLOR
Page 18: INVENTA UNHA FLOR

COLEXIO SAN ROSENDO

Page 19: INVENTA UNHA FLOR
Page 20: INVENTA UNHA FLOR
Page 21: INVENTA UNHA FLOR
Page 22: INVENTA UNHA FLOR
Page 23: INVENTA UNHA FLOR
Page 24: INVENTA UNHA FLOR
Page 25: INVENTA UNHA FLOR
Page 26: INVENTA UNHA FLOR
Page 27: INVENTA UNHA FLOR
Page 28: INVENTA UNHA FLOR
Page 29: INVENTA UNHA FLOR
Page 30: INVENTA UNHA FLOR
Page 31: INVENTA UNHA FLOR
Page 32: INVENTA UNHA FLOR
Page 34: INVENTA UNHA FLOR
Page 35: INVENTA UNHA FLOR
Page 36: INVENTA UNHA FLOR
Page 37: INVENTA UNHA FLOR
Page 38: INVENTA UNHA FLOR
Page 39: INVENTA UNHA FLOR
Page 40: INVENTA UNHA FLOR
Page 41: INVENTA UNHA FLOR
Page 42: INVENTA UNHA FLOR
Page 43: INVENTA UNHA FLOR
Page 44: INVENTA UNHA FLOR
Page 45: INVENTA UNHA FLOR
Page 46: INVENTA UNHA FLOR
Page 47: INVENTA UNHA FLOR
Page 48: INVENTA UNHA FLOR
Page 49: INVENTA UNHA FLOR
Page 50: INVENTA UNHA FLOR
Page 52: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR DA VIRXE

Conta a lenda que a finais do século XVI, mentres a peste arrasaba a zona de Tarragona, tivo

lugar na cidade de Reus un feito milagroso: a aparición da Virxe á pastora Isabel Besora. Conto para

uns, certeza de fe para outros.

Dise que a pastora se atopaba ás aforas da poboación co seu rabaño, mentres rogaba á nai de

Deus que rematase coa praga que estaba a destruír ás familias da vila.

De súpeto, apareceulle María e

díxolle que fose ante o Consello de

Maiores da cidade, para indicarlles que

queimasen unha candea diante da súa

imaxe (cousa que xa se facía antes, pero

neses tempos se deixara de facer). Só

así remataría a epidemia.

Os membros do Consello non a

creron e ela foi ao lugar onde vira a

Virxe e contoulle o acontecido.

A Virxe, para que fose crida,

quixo darlle unha proba da súa

aparición: tocoulle a cara e, na meixela,

deixoulle marcada unha flor que tiña

oito pétalos e un talo.

Os maiores ao veren na cara da

moza pastora a marca de tal prodixio,

cumpriron con todo o que lles mandara

e a peste abandonou a vila.

Dende entón, a flor chámase a

Flor da Virxe e aparece no escudo da

cidade.

Andrea Sanmartín Gutiérrez (IES Canido, 1º ESO)

Page 53: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR NOA FERNÁNDEZ

Un día de verán, Xoel ía xogar un partido de fútbol.

Tiña pensado ir xogar, pero algo pasou no seu camiño...

Cando estaba na entrada do estadio, algo chamou a súa atención, algo brillaba ao lonxe.

Achegouse para ver o que era. Cando chegou viu que era unha flor, unha flor grande e vistosa,

brillante e preciosa... Esa flor tiña algo que a Xoel lle encanta. Intentou tocala, pero esa flor tan

marabillosa botou a correr cara ao mar. Xoel correu tras dela ata que chegou á beira do mar. Buscou

e buscou pero non a encontrou. Ata que oíu unha voz feminina que o chamaba:

Flor: Estou aquí!

Xoel: Onde?

Flor: Detrás túa...

Xoel: Ah, ola, non sabía que puideses falar.

Flor: Pois agora xa o sabes. Chámome Noa Fernández, teño 15 anos, e ti?

Xoel: Eu chámome Xoel Espintotza e teño 16 anos.

Flor: Vale, Xoel, tes que axudarme. Eu non son unha flor, son unha nena alta, delgada,

morena, ollos castaños.

Xoel: E eu como te podo axudar?

Flor: Tes que ir ao faro do acantilado a media noite, aí estarei eu... Cando chegues dareiche

as indicacións.

Xoel: Vale, alí estarei.

Xoel, confundido, foise para o seu partido. Gañou, porque Xoel é un gran xogador.

Cando chegou a media noite, como lle pedira Noa, Xoel estaba alí, no faro.

Noa: Chegaches moi tarde.

Xoel: é que case non podo vir.

Noa: Dígoche o que tes que facer?

Xoel: Si, por favor, quero verte en persoa.

Noa: Tes que darme un bico cando soe a sirena do barco.

Xoel: Como!! É a única maneira?

Page 54: INVENTA UNHA FLOR

Noa: É, só desa forma, se non non volverei ser persoa nunca máis.

Xoel: Pois daquela fareino.

O barco chegou e a sirena soou. Xoel achegouse á flor e deulle un bico.

Logo, Noa deixou de ser unha flor e converteuse nunha belísima nena.

Xoel: Andaaa! Que guapa!!

Noa: Grazas, ti tamén.

Xoel: Queres tomar algo?

Noa: Non, grazas, pero podías levarme a casa?

Xoel: Está ben, pero chámame algún día.

E así foi como unha marabillosa flor se converteu nunha belísima persoa.

Marta Franco Cebral, Lucía Fonseca Fernández (IES Canido, 1º ESO)

Page 55: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR AMIGA MIÑA

Á miña avoa encántanlle as plantas. Cada fin de semana ela e mais o meu avó van ao

mercado a mercar sementes para plantar na horta. Gústalles ter a horta moi coidadiña e failles moita

ilusión ter as árbores froiteiras cheas de froitos cando chega a primavera. Logo reparte entre todos

os froitos das árbores.

Pero, a pesar de ter moreas de árbores, nunca quere plantas flores porque di que dan moito

traballo e que só serven para adornar.

Un día, mentres estaba a pasar

unha fin de semana na casa dos meus

avós fomos os tres, os meus avós e mais

eu, a pasar a tarde na feira. Ao chegar á

zona de xardinaría quedei sorprendida

pola cantidade de flores de fermosas

cores que vendían nos postos. As súas

cores e o seu recendo engaioláronme de

tal xeito que conseguín convencer á miña

avoa para mercar unhas sementes de

margaridas.

Ao chegar a casa, meu avó e mais

eu fomos inmediatamente a buscar o

lugar máis axeitado para sementalas.

Decidimos facelo debaixo da ventá do

meu cuarto, que está no primeiro andar

da casa.

Page 56: INVENTA UNHA FLOR

Tres meses despois, as margaridas floreceron. Estaban fermosísimas, daban á fiestra un

aspecto estupendo. Unha noite, cando xa estaba deitada, espertoume un ruído que viña de fóra,

como se se tratase de alguén petando na fiestra. Nun principio pensei que sería un dos gatos da

avoa.

Pero cal sería a miña sorpresa cando descubrín que quen facía o ruído era a margarida. A

margarida estaba petando na miña fiestra cos seus pétalos. Quería coñecerme e presentarse. Eu

presenteime e vin que a margarida tiña mans, falaba e era capaz de levar unha conversa.

Desde ese día coidei eu da margarida e estaba sempre con ela. Fixémonos amigas. Todas as

noites abría a fiestra e contáballe os meus segredos.

Pero ela sempre estaba triste porque o que máis desexaba era vivir en liberdade. Rodeada

doutras plantas. Así que un día decidín cumprir o seu desexo e, coa axuda do meu avó,

transplantámola e levámola a un campo de margaridas que había non moi lonxe da casa dos meus

avós. Alí poderiámosmos ver, sempre que eu quixese.

Laura Cela Rey (IES Canido, 1º ESO)

Page 57: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR DOS DESASTRES

Un día Uxío, que era o noso titor, díxonos que iamos ir de excursión á praia de Doniños.

Cando chegamos, Uxío dixo que podiamos estar polos arredores: no parque, no campo e mesmo nos

deixaba mollarnos na auga.

Natalia e mais eu estivemos un pouco no parque, pero estabamos aborrecidas e fomos ao

campo a dar pinchacarneiros e a parolar.

Natalia, cando rematou de dar a viravolta lateral viu unha flor estraña distinta ás demais do

campo. Era de ouro e tiña oito pétalos. Ao segundo de descubrir a flor de ouro, Sara veu correndo

porque se cortara coa cuncha dun mexillón. Como eu era moi boa curando feridas, pediume que lla

curara. Collín un pétalo da flor de ouro, púxenllo enriba da ferida e instantaneamente curou. Entón

dixen que tiñamos que coller a flor e gardala nun lugar onde ninguén puidese collela. Cando xa

tiñamos a flor nas nosas mans, un ancián veu onde nós e díxonos que se non volviamos plantar a

flor, por cada pétalo caído un desastre ocorrería, e

cando caera o último pétalo acabaríase o mundo.

Entón levantouse unha brisa fortísima e

levou a flor, e mentres voaba caeulle un pétalo e

cando este tocou o chan houbo un terremoto de 8'4

graos. Tivemos a sorte de que se enganchara na póla

dunha árbore. Como eu non sabía agachar por ela,

foi Natalia a que subiu.

Á flor caeulle outro pétalo e

instantaneamente caeu a árbore e Natalia caeu ao mar.

Primeiro eu collín a flor e volvina plantar.

Cando as raíces da flor tocaron a terra todo volveu ser como estaba antes. Incluso Natalia, que

estaba no mar, volveu subir á terra.

A lección que aprendemos aquel día foi que se encontras unha flor rara, nunca a arrinques.

Paula Cobo Menéndez (IES Canido, 1º ESO)

Page 58: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR SALVADORA

Era unha vez un neno chamado Fernando Gabriel Dos Santos García que tiña asma, e cada

vez que ía a correr desmaiábase. Os seus pais estaban preocupados por el, polo seu problema. Un

día foi ao doutor Federico e neste momento o médico díxolle:

-Fernando, vostede ten que repousar unha hora antes de ir a correr. Con este coidado -

continuou o doutor- o meu fillo deixou tamén o problema.

-Doutor, pero o problema non é ese. É que o profesor os pon a correr trinta minutos ao sol -

dixo a nai.

-É para denuncialo ou non? -engadiu o pai.

-De acordo, pero se non funciona ese método probaremos o da flor Hygniatus manckita, a

flor Salvadora -di o doutor.

-Moitas grazas, doutor, adeus -despediuse a nai.

-Adeus, e se non funciona o de repousar, a flor encóntrase nas illas Salomón.

Ao chegar a clase, Fernando foi criticado por Óscar e Xabier que dixeron:

-Hoxe o profesor mandaranos correr dúas horas ao sol, amólate -di Oscar.

-Non me gusta que vos metades comigo polo meu problema –díxolles Fernando.

Pasan dúas horas e toca ximnasia.

-Bo, hoxe vamos correr ao sprint durante dez minutos - di o profesor.

Pasa tempo e Fer cae desmaiado. Cando todos se dan de conta, empezan a rir. Os pais van

ver ao profesor.

-Vostede non ten cabeza. O noso fillo ten asma, é asmático -di a nai.

-Eu o sinto, pero é un lacazán -di o profesor.

-Claro que é vago, vostede está tolo? - di o profesor.

-Quita a ficha do meu fillo. Vámonos do colexio -di a nai enfadada.

-É iso?

-Eu que non che volva a ver a cara.

Page 59: INVENTA UNHA FLOR

A familia emprende a viaxe ata as illas Salomón e encóntranse con Kashi, un aldeán do

pobo. Colleron a canoa e foron polo río abaixo, ata a beira do monte Amalfitano, de tres mil metros

de altura. E na beira viron uns leóns cunhas gacelas rodeadas e eles pasaron deles para non meterse

en leas e cando chegaron alí dixo Kashi:

-Eu non sei como facer que coma o froito.

-Eu si que o sei, que o lin no libro de Naturais. Só teño que comer o pétalo -dixo Fernando.

Fernando comeu o pétalo, de alí a uns anos mellorou e os seus amigos xa non o insultaban.

Gabriel Oliveira Fernández, Fernando Orosa Calvo, Javier Lourido (IES Canido, 1º ESO)

Page 60: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR DO TEMPO

Eu ía camiñando cando a atopei. Tiña uns pétalos moi cobreados, de moitas cores e o que

máis me asombrou foi o seu pistilo que estaba ao revés. ¡Aaah! Pero non vos dixen como comeza a

historia. Todo comeza así... Era unha mañá de escola, e o meu espertador non soaba, de súpeto

escoitei: ¡Xabier, Xabier ergue de présa!, -berraba miña nai-. Eu erguinme, almorcei e marchei.

Non comezaba moi ben o día e para colmo, cando entro na aula, volvo a escoitar: ¡Exame

sorpresa! -berraba o Señor Pérez intentando calar a clase-. A saber o que saco, pero bon.

Unhas horas máis tarde torou a serea do recreo. Eu funme con Óscar e máis Rocío. Cando

chegamos ao patio, vin baixo unha árbore unha flor murcha e vella. Intentei collela pero foi inútil.

Para a miña sorpresa, a flor arrastroume ata a árbore onde me estampei contra ela e caín

inconsciente.

Cando acordei estaba nun mundo metálico case sen natureza. Botei a camiñar. Cando ía

camiñando... ¡Anda, isto xa volo contei! Intentei coller a flor outra vez e puiden collela, pero unha

esfera de cores rodeoume e volvín a desmaiarme. Espertei cun berro da miña nai: Xabier,Xabier,

ergue de présa.

Sóavos? A min soábame iso e... Sabedes o que foi o primeiro que fixen a parte de buscar na

Wikipedia unha flor coma a que soñara?

Non foi almorzar, eh... Foi estudar! Non vaia ser.

Tomás González Fano, Adrián Fernández Mariño, David Medín Veiga, Pablo Vega Dopico

(IES Canido, 1º ESO)

Page 61: INVENTA UNHA FLOR
Page 62: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR DO GAS

A flor do gas é moi especial,

algúns din que ole

ben ou mal,

pero é especial.

É especial porque ten

os poros máis máis grandes

do lugar

de Nunca Xamais.

Nese lugar é unha flor máis

porque ten as súas amigas,

e ve todos os días no ceo

ao asombroso Peter Pan.

Moisés Piñón Morán (IES Canido, 1º ESO)

Page 63: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR DO SILENCIO

Silencio na flor

silencio no mar

silencio na cor

silencio no fogar.

Jericó Piñón Morán (IES Canido, 1º ESO)

Page 64: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR DA AUGA

Había unha vez nun cantil unha flor que a golpeaban unhas intensas ondas. Ao lado do cantil

había unha vila na que vivía Diego, un neno ao que lle encantaban as flores.

Un día foi cos seus amigos ao cantil. Cando xa se ían, miraron cara ao mar e viron un

resplandor que saía da parte baixa do cantil, así

que decidiron baixar a ver o que era.

Cando ían pola metade do cantil, chegou o

pai de Diego e sacounos de alí, pero aquel

resplandor espertara a súa curiosidade.

Cando podían, os nenos ían ao cantil e

miraban a ver se podían observar o que era, aínda

que sempre chegaba alguén que os detía. Nunca

conseguían chegar a abaixo, mais cada vez

quedaban máis perto do seu obxectivo.

A última vez que o tentaron case

conseguen atrapar a flor. Como o fondo do cantil

era moi vertical, decidiron construír unha balsa e

ir navegando ata alí.

Ao día seguinte partiron dende a praia

cara ao cantil. Cando só lles faltaban uns metros,

déronse conta de que coa embarcación non

chegaban ata onde estaba a flor. Así que decidiron

baixar da barca e ir nadando o resto do traxecto.

Cando chegaron observaron que a flor tiña

no centro unha espiral. Collérona e puxérona nunha maceta que levaban preparada, pero cando a

colocaron déronse conta de que necesitaba a auga das fontes do mar para non murchar.

Jaime Rodríguez Alonso, Iago Otero Bermúdez, Diego Pita Martínez

(IES Canido, 1º ESO)

Page 65: INVENTA UNHA FLOR

O LABIRINTO DA FLOR

Natalia tiña 10 anos. Ela e mailo seu amigo Filipe tiñan o cumpreanos de Ana nunha casa

preto do bosque no que viran unhas fadas. Filipe foi con Ana, e Natalia foi investigar pola súa

conta. Atopou unha porta vermella entreaberta e decidiu investigar, cando entrou caeu por un

buraco, desmaiouse. Cando espertou atopábase nun labirinto, decidiu entrar nel e comezar unha

nova aventura baixo terra.

De súpeto, cerrouse unha porta tras ela, mirou cara a diante e veu nun pedestal unha cousa

que non podía identificar. Acercouse e deuse conta que era unha especie de flor, tiña os seus pétalos

de purpurina de cores, un talo cheo de espiñas e en vez de medrar na terra crecía enriba dun libro.

Natalia, toda emocionada, colleu un coitelo que levaba sempre con ela e intentou cortar a

flor, pero esta protestoulle con grandes alaridos e espiñazos nos dedos de Natalia. A nena, agarrando

a flor por onde non tiña espiñas, tirou dela ata que o libro desapareceu e tiña nas súas mans a flor,

que lle dixo:

-Non sexas groseira, Natalia, eu teño nome: chámome Rosalinda, e teño cousas mellores que

facer que irme contigo. Non viñas a polos tres desexos que pide todo o mundo?

Natalia, sen facerlle caso seguiu adiante, xa que a porta se abrira outra vez.

Como era moi avariciosa non quería que ninguén a vira coa flor, porque pensaba que lla ían roubar.

Natalia díxolle a Filipe que se ía a casa porque estaba moi cansa e tiña que estudar.

Ela en realidade estaba pensando disecar a flor e vendela, porque seguro que valía moitos

cartos. Cando chegou a casa deuse conta de que Rosalinda estaba morta, Natalia comezou a chorar

gritando:

-Non terei cartos, non terei cartos, xa non poderei mercar as fotos de Justin Bieber.

Natalia botou as mans á cabeza e observou que estaban grises, mirou pola venta e viu que

todo estaba gris e negro.

Asustouse moito e decatouse de que fora a súa culpa por arrincar a Rosalinda do libro e

sacala do labirinto.

Regresou ao labirinto e intentou abrir a porta outra vez, pero non se abría. Pensou que o

mundo estaba perdido. De súpeto, diante da porta aparecéuselle Gala, a raíña das flores.

Natalia, secándose as bágoas, identificou a Gala e preguntoulle que facía alí con ela. Gala

díxolle que ao entender que fora a súa culpa viña a axudala poñendo a proba o seu corazón, a súa

valentía e o seu sentido da amizade.

Page 66: INVENTA UNHA FLOR

- Para que as cores volvan ao mundo -díxolle-, terás que facer catro probas moi importantes:

“Na primeira proba terás que plantar oitenta flores en dous días.

“Na segunda, impedir que se constrúa un centro comercial no bosque.

“Na terceira, axudar ás fadas a curar aos animais que veñen do inverno polar.

“E por ultimo, pero non menos importante, destruír a Malandrina a bruxa das flores que é a

que ten encerrado ao teu amigo Filipe e a todas as cores do mundo.

Natalia con moito esforzo levantouse do chan e comezou coa primeira proba, así ata rematar

a terceira.

Daquela, apareceu de novo Gala e díxolle :

-Agora terás que enfrontarte a proba mais difícil: derrotar a Malandrina.

Natalia foi cara ao castelo de Malandrina, entrou e atopouse directamente con Malandrina.

Armouse de valor e primeiro pediulle que soltara ao seu amigo e as cores, por favor; pero

Malandrina non fixo caso e díxolle que tería que loitar con ela hoxe as catro. Natalia sabendo que

non ía xogar limpo tendeulle una trampa para que cada vez que lanzara un conxuro rebotara e a

prexudicara. Así fixo, e como era tan parva non se decatou da trampa e matouse ela soa, pero cando

morreu levouse con ela a Gala, porque se non hai bruxa das flores tampouco hai fada.

Natalia púxose moi contenta

pero aínda tiña que ir repoñer a

Rosalinda no seu sitio, se quería que

as cores deixaran de facer travesuras

e volvesen ao seu lugar.

Colleu a súa mochila e

dirixiuse ao bosque. Ao deixar a

Rosalinda no seu sitio todo volveu á

normalidade e Natalia aínda que non

conseguira as fotos de Justin Bieber,

sentiuse moi ben por ter axudado e

colaborado con todo o mundo.

Andrea Lago Rodríguez

Rebeca Marcial Rico

(IES Canido, 1º ESO)

Page 67: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR ARCO IRIS

Un día unha nena ía

polo xardín tan tranquila e,

de súpeto, veu o arco iris no

ceo. Quedou un bon rato

mirando e, de súpeto, caeu

unha flor do ceo de cores

do arco iris. A nena quedou

sorprendida. A flor baixada

do ceo coas súas cores de

arco iris brillantes pousa no

xardín e empeza a botar

cores.

A nena colleu e

chamou a todos os seus

amigos. Chegaron os seus

amigos e sorpeendéronse.

Toda a xente considerou

esa flor unha flor máxica.

Esa flor en realidade

era máxica. Todo o que era

branco botáballo a ese

obxecto e esa flor quería

que todo fose de colorines.

Ao final esa flor

fíxose moi famosa no

mundo enteiro. Viñan

visitala xentes de moitos

países. A flor e todo o pobo

fixéronse famosos.

Elena Sierra Blanco (IES Canido, 1º ESO)

Page 68: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR DOS DESEXOS

Isto era unha vez unhas nenas chamadas Alicia, Sara e Natalia. Entre as tres fan unha

colección de flores e de pedras. Un día camiñando as tres por un carreiro abandonado e escuro,

viron unha flor que chamaba a atención no medio daquela escuridade.

Natalia e Alicia foron as únicas que se achegaron canda ela. Mentres tanto, Sara agardaba

atrás, soíña. Cando Natalia e máis Alicia se viraron Sara non estaba. Alicia e mais Natalia foron cara

á casa e estiveron pensando a que puido ser debido. Elas dúas, asustadas, colleron o teléfono e

intentaron contactar cos pais de Sara, pero non o conseguiron.

Daquela, Natalia e mais Alicia foron á noite na procura de Sara. Volveron ver a flor. Natalia

con moito coidado quitoulle un pétalo para saber se era una flor na que cada pétalo ofrecese un

desexo.

Natalia comezou a pedir o desexo, pediuno cos ollos pechados. Cando xa o pedira, o pétalo

xa non estaba. Soamente estaban Natalia e Alicia arrepentidas, déronse a volta e alí viron a Sara.

Natalia e Alicia, confusas, preguntáronlle a Sara que a onde fora parar, e Sara contestoulles,

presa do medo, que fóra a un país onde non había ninguén e todo era de cores escuras, declinacións

do negro. Sara, Natalia e Alicia marcharon para a súa casa.

Ao día seguinte, as tres nenas foron ver aquela floriña que chamaba moito a atención.

Cando a viron, cada nena colleu un pétalo e as tres pediron o mesmo: “Eu o que máis soño é que

estea sempre coas miñas amigas porque son especiais”.

E nisto que lles contesta a flor que os seus desexos son inválidos xa que unha non pode estar

toda a súa vida coas súas amigas. As nenas intentaron e intentaron, pero nada. A flor, xa cansa,

díxolle ás nenas: “Os vosos desexos non se cumpren porque non lle poñedes entusiasmo nin valor”.

Alicia estivo pensando que podía dicir, xa que os seus pais son moi estritos e decidiu deixar

todo como estaba. Sara tamén lle deu voltas e decidiu o mesmo que Alicia. Natalia foi quen decidiu

algo que era moi importante: quería a paz no mundo. E agora por fin a flor converteuse nunha máis

do grupo do carreiro escuro. Co paso do tempo Natalia foi a única que quedou daquel grupo de

amigas. Aínda que non volo contara, Natalia sempre tiña unha frase: “Nin por xoias, nin por todo o

ouro do mundo deixarei de querervos”.

Aínda que os camiños da vida as foron separando, os seus corazóns seguían unidos.

Natalia Veiga Rivas (IES Canido, 1º ESO)

Page 69: INVENTA UNHA FLOR
Page 70: INVENTA UNHA FLOR

A FLOR MÁIS RICA DO MUNDO

Un día de primavera pola mañá dous netos acompañaban aos seus avós a mercar, a unha tenda pequeniña

chamada “A Cooperativa do Val”.

Esa tenda ten dúas partes:

A de arriba é para mercar cousas de comer e a de abaixo é onde se venden pensos, ferramentas, sementes

de flores e verduras e moitas cousas máis para xardín e para os animais.

Os netos, chamados María e Rodrigo, viron unha bolsiña de sementes dunhas flores que lles gustaron

moito, e pedíronlle a Manola, a súa avoa, se as podían mercar.

-Avoa, podemos mercar estas sementes? -dixo María-. Son moi bonitas. Por favor, avoa...

-Bon, pero só as sementes, eh! -respondeu Manola.

Os nenos, todos decididos, colleron as sementes e dirixíronse ao coche onde estaba o seu avó Manolo

esperándoos, lendo a prensa do día.

Cando chegou Manola, todos marcharon para a casa der Manola e Manolo. Os nenos estiveron xogando

un tempo antes da hora de xantar, e a Rodrigo ocorréuselle ir preguntar a Manola se podían plantar as sementes;

pero Manola, que é unha experta, en plantar na terra, díxolles que non, porque tiñan que esperar catro días para

plantalas, porque tiña que haber lúa chea.

Ese mesmo día á hora do xantar viron no telexornal que tres homes buscaban unha bolsiña de sementes de

flores que eran diferentes a outras especies. María deuse conta de que a foto que saía na tele era da mesma bolsiña

que tiñan eles, e comunicoullo á súa familia.

Ao día seguinte, cando María ía camiño da escola, veu aos tres señores das noticias que buscaban a súa

flor, e cando llelo ía contar escoitou:

-Onde andará a merda da bolsa? Os diamantes están aí e cando saia a flor crecerán os diamantes!

Cando rematou a escola, María en canto chegou a casa dos seus avós para xantar xa estaba Rodrigo, e

cando contou o que escoitara a aqueles homes, quedáronse todos sorprendidos e plantaron as sementes.

Pasou un mes e a flor comezaba a abrir os seus pétalos.

Alí dentro había unha cousa que ninguén esperaba ver.

Os nenos e mais os avós quedaron abraiados.

Os froitos da flor eran diamantes.

Page 71: INVENTA UNHA FLOR

Os ladróns decatáronse de que naquela casa estaba a flor, pero non sabían que María era a neta dos

señores que alí vivían. Entón, todas as mañás María atopábase con aqueles tres, e cando chegou á casa avisou a

todos. María contou tamén á policía que eles tiñan a flor e descubriulles o plan que tiñan aqueles tipos que saíran

na tele.

Cando chegou o día, todos

estaban preparados, e en canto os

ladróns agarraron a flor, estaban

rodeados de policías e quedaron

encarcerados por meter diamantes nas

sementes.

Pero o conto non remata aquí,

porque a policía sacoulle os diamantes

á planta e a flor comezou a murchar e

levárona a unha científica

especializada nas plantas que

descubriu que a flor necesitaba os

diamantes para vivir.

Os policías devolvéronlle os

diamantes e a flor medrou ata que saíu

na tele unha noticia titulada:

“A familia que ten a flor máis

rica do mundo”.

María Seijas Fandiño

(IES Canido, 2º ESO)

Page 72: INVENTA UNHA FLOR

FLORES

Flor de bela cor,

flor de doce olor,

flor de gran poder

que a unha dama

pode convencer.

A flor pode brillar na escuridade. Provén doutro planeta que estoupou

e e ao estoupar un meteorito caeu na Terra. Ese meteorito contiña

unha flor. Hoxe está nun lugar descoñecido, un submundo máxico no

interior da Terra, xunto a dinosauros que criamos extintos.

Ingwie Balseiro Gómez (IES Canido, 1º ESO)

Page 73: INVENTA UNHA FLOR

POEMA DA FLOR

Chega a min a branca flor,

sutil achégame o seu olor,

dez pétalos que sen ningunha cor

darán mitigado toda esta dor.

Non sei se as súas espiñas

serán quen de me ferir,

pero é certo que esas feridas

con elas ao carón non me fan sufrir.

Ainhoa Lage López (IES Canido, 1º ESO)