jpg imaxe ou natureza | Diego Vites Coa colaboración de ... · jpg imaxe ou natureza | Diego Vites...

2
jpg imaxe ou natureza | Diego Vites Coa colaboración de Pablo de Soto e a participación de La Piscina Editorial, Federico López Silvestre, María Ptqk, Pablo Jarauta e Horacio González. Dirección: Ania González 3 de xuño – 31 de xullo “jpg imaxe ou natureza” é un intento de saír da exposición pola exposición, de abandonar a arte pola (pasando ao través da) arte e, sobre todo, de desfacerse da imaxe e da idea do traballo comisarial na dirección dun proxecto expositivo comunal. “Falamos de non repetir”, dicían Cabello Carceller nunha video- entrevista recente; nós tamén. Diego Vites presenta, en colaboración co traballo do investigador Pablo de Soto, un estudo iconográfico sobre a natureza da arte e a estética da natureza que explora e pon en xogo os límites da representación nunha montaxe visual que enfronta as imaxes de obras de arte que circulan en Internet coa represen- tación visual da catástrofe natural. Punto de vista, composición e lugar de enunciación dunhas e doutras imaxes achegan, postos en relación, novos datos sobre a conexión entre o modelo de mundo que produce a arte e aqueloutro que como cristalización de certo exercicio de representación cremos percibir de forma máis obxectiva. Imaxes de obras de artistas como Joe Rosenthal, William Turner, Fischli & Weiss, Robert Smithson, Peter Doig, Jeff Wall, Michelangelo Pistoletto, Maurizio Cattelan, Gordon Matta Clark ou Doris Salcedo e fotografías de xornalistas ou imaxes producidas pola tecnoloxía utilizada para a medición dos efectos de catástrofes coma o terremoto, o tsunami e o posterior accidente nuclear de Fukushima que en 2011 devastaron as costas de Xapón, actualizan a nosa percepción tanto do feito artístico como do feito histórico. “Rematamos de desterrar a Friedrich do seu penedo, expropiámoslle a súa leira do sublime, revogamos a súa propiedade individual e devolvémosllela aos comúns, substituímos a súa negra silueta por un dispositivo colectivo, unha prótese; desprazámonos o suficiente como para poder tomar conciencia de que xa non repetimos máis, no exercicio de representación, o seu século, os seus praceres e a súa angustia; acabamos de inaugurar o noso século, o noso goce e a nosa incerteza: na proliferación continuada da visibilidade global unha orde concreta cristalizou; os atentados, os tsunamis, os accidentes nucleares, a liberación da economía, os terremotos e os buratos atmosféricos quebrárona, estabamos traballando na montaxe dunha contravisualidade que se deixou chamar, mentres aínda non era suficientemente autónoma, arte. Agora outra silueta aparece na paisaxe. ¿Friedrich? Non, un dron. O esforzo pide un banco no que descansar o corpo, ante a obra, tras a actualización. Dispuxémolo todo para que poidades compartilo.” Diego Vites. Licenciado en Belas Artes. Funda “El Apartamento, Centro de Produc- ción”, Santa Cruz de Tenerife, 2009, proxecto gañador da Bienal Off de Arte e Paisaxe de Canarias. Participa na Sala Cabrera Pinto e no TEA (Tenerife Espacio de las Artes), coa exposición colectiva “25 pies. Orientaciones” e a individual “Buhardilla”. Master en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC. Funda e codirixe o FAC Peregrina, Furancho de Arte Contemporánea. No 2012 a súa obra pictórica inclúese na exposición comisariada por David Barro, “Afluentes: A figura- ción na arte galega desde os anos sesenta”. Expón no MARCO de Vigo, no prox- ecto expositivo de revisión xeracional “Veraneantes” para a que realiza dúas pezas site-especific. Actualmente reside e traballa en Latinoamérica, onde realiza as residencias artísticas No Lugar (Quito) e “Paternal Espacio Proyecto” (Bos Aires). A súa obra incorpórase no medio dunha multiplicidade de relacións abertas entre a pintura, a instalación, a acción, a escultura e o video, nunha construción de reali- dade deliberadamente mediada pola historia da arte en imaxes. Pablo de Soto. Master de Arquitectura polo Real Instituto de Tecnoloxía de Esto- colmo. Cofundador de hackitectura.net, laboratorio de arquitectos, programadores, artistas e activistas, dedicado nos anos 2000 a investigar teórica e practicamente os territorios emerxentes nos se atopan espazos físicos, corpos móbiles e fluxos electrónicos. Editor dos libros Fadaiat: libertad de movimiento, libertad de cono- cimiento, e Situation Room: diseñando un prototipo de sala de situación ciudadana. Coautor da cartografía crítica do estreito de Xibraltar exposta internacionalmente. Premios LAB_Cyberspacios e LAB_JovenExperimenta por LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón. Bolsas de residencia artística no Cairo (Townhouse Gallery) e Toquio (Tokyo Wonder Site). Coordinador do proxecto de cartografía dos comúns urbanos mappingthecommons.net. Actualmente é doutorando no Programa de Comunicación e Cultura da Escola de Comunicación, Centro de Filosofía e Ciencias Humanas na Universidade Federal de Rio de Xaneiro. La Piscina. Néstor Delgado, María Laura Benavente e Eva Kašáková, equipo edito- rial independente centrado na elaboración de contidos relacionados coa creación artística e a cultura. Nesta tarefa parte de tres conceptos: faino ti mesmo, creación dun fondo artístico e bo deseño. As súas publicacións son artesanais e os seus contidos son xerados dentro do mesmo proxecto editorial, os seus traballos contan coa confianza de numerosas actividades e eventos artísticos. Con todo, La Piscina Editoria aposta por unha creación de plataformas auto-sostidas para dar saída a proxectos propios ou afíns que tracen unha reflexión, un percorrido propio e novas formas de facer. Federico López Silvestre. Profesor de Historia da Arte e Historia das Ideas Estéti- cas na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Premio do doutoramento en Historia da Arte pola mesma universidade e doutorando en Filosofía da Univer- sidade de Salamanca Codirector do ‘Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contem- poráneas’ da USC (2007-2012). Autor de múltiples ensaios sobre arte e paisaxe, ten realizado estadías de investigación e participado en congresos e seminarios en Europa, América e Oceanía. María Ptqk. Licenciada en Dereito e graduada en Ciencias Económicas, DEA en Dereito Internacional Público en Paris II-Sorbonne, master en xestión cultural na Universidade de Barcelona, DEA en Dereito da Cultura na Uned-Carlos III de Madrid, aínda que a maior parte da súa formación é autodidacta. Actualmente traballa na súa tese na Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV-EHU). Traballa na produción, a crítica a curadoría, a xestión e a coordinación de proxectos. Os seus ámbitos de interese inclúen os novos medios e a cultura dixital, as interseccións entre arte e tecnociencia, os novos formatos de produción de coñecemento na cultura de redes, o feminismo e os estudos de xénero e as políticas culturais e de promoción da innovación e a creatividade. Pablo Jarauta. Doutor en Filosofía pola Universidade de Murcia. Traballa nos ámbi- tos da historia da cartografía, a literatura de viaxes, a historia das ideas e os contextos socioculturais do deseño. Foi profesor na Duke University e na Universi- dade de Extremadura. Actualmente é profesor e director de Ensinanza e aprendi- zaxe do IED (Instituto Europeo de Deseño), Madrid. Horacio González. Licenciado en Belas Artes e Doctorando en Deseño e Inxeñaría na Universidade de Vigo. Coordina o festival de arte, música e tecnoloxía IFI, entre os anos 2002 e 2003, e forma parte dos colectivos VHPlab e Escoitar, desde 2005 e 2006 respectivamente. Na actualidade imparte clases no ‘Máster para o Profeso- rado de Educación Secundaria Obrigatoria’ na Universidade de Vigo, forma parte de Ulobit xunto con Xoán-Xil López e Ariel Ninas, desenvolve a plataforma noTours en colaboración con Enrique Tomás e acaba de iniciar un proxecto de acción crítica e enxeñería cultural con Ania González chamado Agentes del Caos. Ania González. Licenciada en Dereito. Especialista en Museoloxía e Teoría Crítica do Discurso polo Programa de Estudios Independentes do Museo de Arte Contem- poránea de Barcelona (MACBA). Máster en Avogacía da Universidade de Vigo. Codirectora xunto aos artistas Olmo Blanco e Diego Vites do espazo proxecto artís- tico FAC Peregrina Furancho de arte contemporánea (2012-2013). Codirectora xunto á comisaria Maria Marco e ao artista dixital Horacio González da revista online especializada en novos discursos críticos, Plétora. Desenvolve xunto a Horacio González o proxecto de acción crítica e enxeñería cultural Agentes del Caos así como a liña de investigación e intervención no contexto artístico en Galicia Outra Institucionalidade. Colabora como investigadora con diferentes institucións e proxectos independentes como o Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, o Congreso internacional de artes vivas e políticas do corpo MOV-S ou o Instituto Interuniversitario de Comunicación Intercultural (IICC-Universidad Carlos III).

Transcript of jpg imaxe ou natureza | Diego Vites Coa colaboración de ... · jpg imaxe ou natureza | Diego Vites...

Page 1: jpg imaxe ou natureza | Diego Vites Coa colaboración de ... · jpg imaxe ou natureza | Diego Vites Coa colaboración de Pablo de Soto e a participación de La Piscina Editorial,

jpg imaxe ou natureza | Diego Vites

Coa colaboración de Pablo de Soto e a participación de La Piscina Editorial, Federico López Silvestre, María Ptqk, Pablo Jarauta e Horacio González. Dirección: Ania González 3 de xuño – 31 de xullo

“jpg imaxe ou natureza” é un intento de saír da exposición pola exposición, de abandonar a arte pola (pasando ao través da) arte e, sobre todo, de desfacerse da imaxe e da idea do traballo comisarial na dirección dun proxecto expositivo comunal. “Falamos de non repetir”, dicían Cabello Carceller nunha video-entrevista recente; nós tamén. Diego Vites presenta, en colaboración co traballo do investigador Pablo de Soto, un estudo iconográfico sobre a natureza da arte e a estética da natureza que explora e pon en xogo os límites da representación nunha montaxe visual que enfronta as imaxes de obras de arte que circulan en Internet coa represen-tación visual da catástrofe natural. Punto de vista, composición e lugar de enunciación dunhas e doutras imaxes achegan, postos en relación, novos datos sobre a conexión entre o modelo de mundo que produce a arte e aqueloutro que como cristalización de certo exercicio de representación cremos percibir de forma máis obxectiva. Imaxes de obras de artistas como Joe Rosenthal, William Turner, Fischli & Weiss, Robert Smithson, Peter Doig, Jeff Wall, Michelangelo Pistoletto, Maurizio Cattelan, Gordon Matta Clark ou Doris Salcedo e fotografías de xornalistas ou imaxes producidas pola tecnoloxía utilizada para a medición dos efectos de catástrofes coma o terremoto, o tsunami e o posterior accidente nuclear de Fukushima que en 2011 devastaron as costas de Xapón, actualizan a nosa percepción tanto do feito artístico como do feito histórico.

“Rematamos de desterrar a Friedrich do seu penedo, expropiámoslle a súa leira do sublime, revogamos a súa propiedade individual e devolvémosllela aos comúns,

substituímos a súa negra silueta por un dispositivo colectivo, unha prótese; desprazámonos o suficiente como para poder tomar conciencia de que xa non repetimos máis,

no exercicio de representación, o seu século, os seus praceres e a súa angustia; acabamos de inaugurar o noso século, o noso goce e a nosa incerteza: na proliferación

continuada da visibilidade global unha orde concreta cristalizou; os atentados, os tsunamis, os accidentes nucleares, a liberación da economía, os terremotos e os buratos

atmosféricos quebrárona, estabamos traballando na montaxe dunha contravisualidade que se deixou chamar, mentres aínda non era suficientemente autónoma, arte. Agora

outra silueta aparece na paisaxe. ¿Friedrich? Non, un dron.

O esforzo pide un banco no que descansar o corpo, ante a obra, tras a actualización. Dispuxémolo todo para que poidades compartilo.”

Diego Vites. Licenciado en Belas Artes. Funda “El Apartamento, Centro de Produc-ción”, Santa Cruz de Tenerife, 2009, proxecto gañador da Bienal Off de Arte e Paisaxe de Canarias. Participa na Sala Cabrera Pinto e no TEA (Tenerife Espacio de las Artes), coa exposición colectiva “25 pies. Orientaciones” e a individual “Buhardilla”. Master en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC. Funda e codirixe o FAC Peregrina, Furancho de Arte Contemporánea. No 2012 a súa obra pictórica inclúese na exposición comisariada por David Barro, “Afluentes: A figura-ción na arte galega desde os anos sesenta”. Expón no MARCO de Vigo, no prox-ecto expositivo de revisión xeracional “Veraneantes” para a que realiza dúas pezas site-especific. Actualmente reside e traballa en Latinoamérica, onde realiza as residencias artísticas No Lugar (Quito) e “Paternal Espacio Proyecto” (Bos Aires). A súa obra incorpórase no medio dunha multiplicidade de relacións abertas entre a pintura, a instalación, a acción, a escultura e o video, nunha construción de reali-dade deliberadamente mediada pola historia da arte en imaxes.

Pablo de Soto. Master de Arquitectura polo Real Instituto de Tecnoloxía de Esto-colmo. Cofundador de hackitectura.net, laboratorio de arquitectos, programadores, artistas e activistas, dedicado nos anos 2000 a investigar teórica e practicamente os territorios emerxentes nos se atopan espazos físicos, corpos móbiles e fluxos electrónicos. Editor dos libros Fadaiat: libertad de movimiento, libertad de cono-

cimiento, e Situation Room: diseñando un prototipo de sala de situación ciudadana. Coautor da cartografía crítica do estreito de Xibraltar exposta internacionalmente. Premios LAB_Cyberspacios e LAB_JovenExperimenta por LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón. Bolsas de residencia artística no Cairo (Townhouse Gallery) e Toquio (Tokyo Wonder Site). Coordinador do proxecto de cartografía dos comúns urbanos mappingthecommons.net. Actualmente é doutorando no Programa de Comunicación e Cultura da Escola de Comunicación, Centro de Filosofía e Ciencias Humanas na Universidade Federal de Rio de Xaneiro.

La Piscina. Néstor Delgado, María Laura Benavente e Eva Kašáková, equipo edito-rial independente centrado na elaboración de contidos relacionados coa creación artística e a cultura. Nesta tarefa parte de tres conceptos: faino ti mesmo, creación dun fondo artístico e bo deseño. As súas publicacións son artesanais e os seus contidos son xerados dentro do mesmo proxecto editorial, os seus traballos contan coa confianza de numerosas actividades e eventos artísticos. Con todo, La Piscina Editoria aposta por unha creación de plataformas auto-sostidas para dar saída a proxectos propios ou afíns que tracen unha reflexión, un percorrido propio e novas formas de facer.

Federico López Silvestre. Profesor de Historia da Arte e Historia das Ideas Estéti-cas na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Premio do doutoramento en Historia da Arte pola mesma universidade e doutorando en Filosofía da Univer-sidade de Salamanca Codirector do ‘Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contem-poráneas’ da USC (2007-2012). Autor de múltiples ensaios sobre arte e paisaxe, ten realizado estadías de investigación e participado en congresos e seminarios en Europa, América e Oceanía.

María Ptqk. Licenciada en Dereito e graduada en Ciencias Económicas, DEA en Dereito Internacional Público en Paris II-Sorbonne, master en xestión cultural na Universidade de Barcelona, DEA en Dereito da Cultura na Uned-Carlos III de Madrid, aínda que a maior parte da súa formación é autodidacta. Actualmente traballa na súa tese na Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV-EHU). Traballa na produción, a crítica a curadoría, a xestión e a coordinación de proxectos. Os seus ámbitos de interese inclúen os novos medios e a cultura dixital, as interseccións entre arte e tecnociencia, os novos formatos de produción de coñecemento na cultura de redes, o feminismo e os estudos de xénero e as políticas culturais e de promoción da innovación e a creatividade.

Pablo Jarauta. Doutor en Filosofía pola Universidade de Murcia. Traballa nos ámbi-tos da historia da cartografía, a literatura de viaxes, a historia das ideas e os contextos socioculturais do deseño. Foi profesor na Duke University e na Universi-dade de Extremadura. Actualmente é profesor e director de Ensinanza e aprendi-zaxe do IED (Instituto Europeo de Deseño), Madrid.

Horacio González. Licenciado en Belas Artes e Doctorando en Deseño e Inxeñaría na Universidade de Vigo. Coordina o festival de arte, música e tecnoloxía IFI, entre os anos 2002 e 2003, e forma parte dos colectivos VHPlab e Escoitar, desde 2005 e 2006 respectivamente. Na actualidade imparte clases no ‘Máster para o Profeso-rado de Educación Secundaria Obrigatoria’ na Universidade de Vigo, forma parte de Ulobit xunto con Xoán-Xil López e Ariel Ninas, desenvolve a plataforma noTours en colaboración con Enrique Tomás e acaba de iniciar un proxecto de acción crítica e enxeñería cultural con Ania González chamado Agentes del Caos.

Ania González. Licenciada en Dereito. Especialista en Museoloxía e Teoría Crítica do Discurso polo Programa de Estudios Independentes do Museo de Arte Contem-poránea de Barcelona (MACBA). Máster en Avogacía da Universidade de Vigo. Codirectora xunto aos artistas Olmo Blanco e Diego Vites do espazo proxecto artís-tico FAC Peregrina Furancho de arte contemporánea (2012-2013). Codirectora xunto á comisaria Maria Marco e ao artista dixital Horacio González da revista online especializada en novos discursos críticos, Plétora. Desenvolve xunto a Horacio González o proxecto de acción crítica e enxeñería cultural Agentes del Caos así como a liña de investigación e intervención no contexto artístico en Galicia Outra Institucionalidade. Colabora como investigadora con diferentes institucións e proxectos independentes como o Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, o Congreso internacional de artes vivas e políticas do corpo MOV-S ou o Instituto Interuniversitario de Comunicación Intercultural (IICC-Universidad Carlos III).

Page 2: jpg imaxe ou natureza | Diego Vites Coa colaboración de ... · jpg imaxe ou natureza | Diego Vites Coa colaboración de Pablo de Soto e a participación de La Piscina Editorial,

1

2 3 4

1. Imaxe(.jpg) arte ou natureza, Diego Vites

Montaxe visual (vídeo). 09:17 min. 2011A obra de arte e a catástrofe natural convertidas en imaxes circulan na rede. O artista, coa súa, na montaxe, crea significado. O teórico, coa linguaxe e a través da sintaxe, produce significado. Ambos constrúen mundo, crean coñecemento. Nós como espectadores accedemos a ese coñecemento mediante a interpretación, nun exercicio de lectura visual ou textual. Estes traballos de montaxe visual posiciónanse mediante a apropiación, do lado da imaxe coma linguaxe de investigación no ámbito académico.

Arquivo artistasJoe Rosenthal / Wiliam Turner / Katsushika Hokusai / Fischli and Weiss / Robert Smithson / Edvard Munch /Peter Doig / Jeff Wall / Michelangelo Pistoletto / Maurizio Cattelan / Gordon Matta Clark / Doris Salcedo /Daniel Libenskind/ Bas Jan Ader / Carsten Höller / Andreas Gursky / Edward Burtynsky / Thomas Cole /Wolf Vostell / Agesandro Ateno-doro Polidoro / Grupo VOINA / Cai Guo-Qiang / Allan Kaprow / Los Carpinteros /Mark Rothko / Christian Boltanski / Suso Fandiño / César Baldaccini / Ángela de la Cruz / Alex Mclean / Salvador Dalí / Roman Signer / I.S / Christo and Jeanne-Claude /Piero Manzoni

2. O mapa do invisible e o vertedoiro de terra radioactiva, Pablo de Soto

Montaxe visual (fotografía). 50x50cm. 2015.Unha catástrofe nuclear produce relacións invisibles onde os produtos da fisión nuclear contidos nos reactores se mesturan de maneira íntima co aire, as fragas e os seres vivos. Esta montaxe visual presenta unha imaxe sintética e unha imaxe figurativa desta nova ontoloxía de natureza posnuclear. A imaxe sintética foi obtida de Safecast, un proxecto de ciencia cidadá constituído unha semana despois do accidente e que crea mapas a partir das medicións da radioactividade ambiente. A imaxe figurativa é unha fotografía dun vertedoiro de terra contaminada do fotoxornalista Yuki Iwanami, que vén documentando as transformacións na paisaxe desde o comezo da catástrofe. As grandes bolsas son o produto das tarefas de descontaminación, consistentes en extraer a capa superficial dos solos dos espazos públicos da prefectura de Fukushima.

Créditos: Safecast - http://safecast.orgYuki Iwanami - http://yukiiwanami.com

3. As imaxes de #Fukushima: unha ontoloxía (de natureza) posnuclear, Pablo de Soto

Video HD. 39 min. 2013.¿Que imaxes de Fukushima che veñen á cabeza? Con esta pregunta á audiencia comezaba a presentación da miña investigación sobre a dimensión audiovisual da crise nuclear que comezou en 2011 en Xapón. ¿Que hai nas imaxes de Fukushima? ¿Como poderíamos clasificala? ¿Que criterios e teorías utilizar para facelo? ¿Pode axudar este esforzo taxonómico a comprender mellor o acontecemento? E a pregunta intrigante, a partir de J.W. Mitchel, ¿que queren as imaxes de Fukushima?

Créditos:Conferencia realizada o 28 de marzo de 2013 no local de Embajadores-Provisiones, no contexto do Master en Comunicación, Cultura e Cidadanía Dixital do Medialab-Prado de Madrid.Produción: Carla Boserman. Cámara: Vicky Bolaños. Fonte - https://vimeo.com/61588693Slides - http://es.scribd.com/fullscreen/130923654

4. Imaxe(.jpg) arte ou natureza, Diego Vites

Montaxe visual (vídeo). 7:42 min. 2015.A obra de arte e a catástrofe natural convertidas en imaxes circulan na rede. O artista, coa súa, na montaxe, crea significado. O teórico, coa linguaxe e a través da sintaxe, produce significado. Ambos constrúen mundo, crean coñecemento. Nós como espectadores accedemos a ese coñecemento mediante a interpretación, nun exercicio de lectura visual ou textual. Estes traballos de montaxe visual posiciónanse mediante a apropiación, do lado da imaxe coma linguaxe de investigación no ámbito académico.

Arquivo artistasJoe Rosenthal / Wiliam Turner / Katsushika Hokusai / Fischli and Weiss / Robert Smithson / Edvard Munch /Peter Doig / Jeff Wall / Michelangelo Pistoletto / Maurizio Cattelan / Gordon Matta Clark / Doris Salcedo /Daniel Libenskind/ Bas Jan Ader / Carsten Höller / Andreas Gursky / Edward Burtynsky / Thomas Cole /Wolf Vostell / Agesandro Ateno-doro Polidoro / Grupo VOINA / Cai Guo-Qiang / Allan Kaprow / Los Carpinteros /Mark Rothko / Christian Boltanski / Suso Fandiño / César Baldaccini / Ángela de la Cruz / Alex Mclean / Salvador Dalí / Roman Signer / I.S / Christo and Jeanne-Claude /Piero Manzoni