"Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

20
“Las lanzas coloradas” Arturo Uslar Pietri Verónica Caínzos Díaz 2º Bach-C, nº3

description

Traballo para xiztoria de verónica Caínzos sobre la novela se Arturo Uslar Pietri, "Las Lanzas Coloradas"

Transcript of "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

Page 1: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

“Las lanzas coloradas”Arturo Uslar Pietri

Verónica Caínzos Díaz2º Bach-C, nº3

Page 2: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

1.- Introdución........................................................................................................................................... páx. 3

2.- O autor: Arturo Uslar Pietri (1906-2001)..........................................................................páx. 3

3.- A independencia de Venezuela.............................................................................................páx. 4

3.1.- Antecedentes........................................................................................................................ páx. 5

3.2.- A Guerra de Independencia.............................................................................................páx. 6

3.3.- Resultados e repercusións.............................................................................................páx. 8

4.- Análise histórico da novela Las lanzas coloradas..................................................páx. 8

4.1.- Personaxes............................................................................................................................ páx. 8

4.2.- O desenvolvemento da guerra.....................................................................................páx. 12

5.- Valoración persoal....................................................................................................................... páx. 12

2

Page 3: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

1.- Introdución

Las lanzas coloradas é unha novela histórica que recrea fielmente a realidade venezolana

de principios do século XIX. Así, esta obra céntrase no suceso da Guerra de Independencia de Ve-

nezuela, reflectindo o mundo de crueldade e barbaridade que as batallas fan sufrir. Á súa vez, des-

taca nela o seu carácter imparcial ó estar elaborada aplicando o mesmo punto de vista crítico para

ambos bandos participantes na guerra: realistas e patriotas.

Deste xeito, amósanos o compoñente de guerra civil que tivo esta Independencia de Vene-

zuela, ó enfrontar neste conflito a unha mesma nación. Afonda así no retrato psicolóxico dos perso -

naxes que nel hai, achegándonos os motivos polos cales inmiscuirse nun lado ou outro da batalla.

Isto é posible grazas á utilización dun narrador de terceira persoa, omnisciente, co cal pode introdu -

cirse no máis fondo das conciencias destes personaxes. Pero a figura máis salientable durante toda

esta novela é a dun home que nin sequera aparece como tal nela, é Simón Bolívar, o Libertador.

A continuación farei unha síntese do gran movemento social que supuxo a guerra de Inde-

pendencia venezolana, que, de primeiras, conformouse como unha guerra civil entre partidarios da

independencia da coroa e defensores da monarquía.

2.- O autor: Arturo Uslar Pietri (1906-2001)

Este escritor caraqueño nado en 1906 desempeñou, ta-

mén, outros oficios como avogado, profesor, periodista e políti-

co, feito que se pode observar no seu xeito de tratar as súas

obras.

Nas súas composicións podemos atopar numerosas impre-

sións sensoriais, con descricións moi detalladas e simbólicas.

Un tema recorrente nel é o pasado histórico, desenvolvendo

historias nas que relata a emancipación das colonias americanas ou a propia conquista hispánica.

Dentro das súas obras podemos atopar Barrabás y otros relatos, Red, Treinta hombres y sus sombras, Las lanzas coloradas, El camino de El Dorado, La ciudad de nadie, Estación de más-caras, Los viajeros en el tiempo y El laberinto de la fortuna.

3

Page 4: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

En definitiva, Uslar Pietri foi un home que conseguiu acadar o aprecio de todas as clases

sociais máis alá da súa visión de elite da sociedade venezolana, xa que debido á súa pertenza a

unha clase social determinada, ten un compromiso coa palabra e en función desta expón a súa pro-

pia visión do mundo, encarnándose como o representante da burguesía.

3.- A independencia de Venezuela

Entre todas as guerras de independencia de América, unha das máis estudiadas é a de Ve-

nezuela, debido ó seu cuádruplo carácter. Isto é, comezou en 1810 como unha declaración de au -

tonomía da provincia de Venezuela, que en xullo de 1811 pasou a ser unha declaración de inde -

pendencia co conseguinte establecemento dun Estado Federal. Posteriormente, en 1812, comezou

a guerra civil que enfrontou a un mesmo país por antagonismos raciais, económicos e sociais que

foi medrando ata chegar a converterse na causa da acción libertadora de Simón Bolívar.

Ademais, outro motivo da importancia desta Guerra de Independencia de Venezuela é que

os seus resultados foron cinco repúblicas libres por acción directa e varias máis por acción indirec -

ta, coa axuda de figuras militares moi atractivas como o mesmo Bolívar, o mariscal Sucre ou o xe-

neral Páez. Estes resultados tamén afectaron á estrutura social de Venezuela, ó destruir á clase da

nobreza criolla, os mantuanos, os cales proclamaran a independencia, eliminados pola man dos

soldados do xeneral realista Boves.

Esta guerra foi unha confrontación moi cruenta, xa que ambos contendentes non tiñan es-

crúpulos, chegando incluso a firmar un Decreto de Guerra a Morte, no cal Bolívar pretendía cambiar

a orientación da Guerra, para que esta pasase a ser vista como unha guerra internacional entre Ve -

nezuela e España. Por iso, segundo este Decreto, todos os españois que non participasen activa -

mente na liberación da súa nación, serían asasinados, mentres que calquera sudamericando, aínda

que cooperase cos españois, sería perdoado.

Así o expresa esta cita do Decreto de Guerra a Morte:

“Españoles y Canarios, contad con la muerte, aun siendo diferentes, si no obráis activamente en obsequio de la libertad de América. Americanos, contad con la vida, aun cuando seáis culpables.”

3.1.- Antecedentes

4

Page 5: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

O proceso de ruptura cos lazos coloniais que unían Venezuela co Imperio Español debeuse

sobre todo á presenza de determinados factores que conduciron a esa loita pola emancipación.

O primeiro deles é o interés que os crioulos, grupo dirixente con maior estatus social e eco -

nómico, tiñan polo poder político, ata o momento reservado para os peninsulares, ós cales se lle

concedían os postos de goberno. Outroi foi a introdución das ideas liberais e independentistas pro -

vintes da Ilustración e o Enciclopedismo. Ademais, os movementos europeos foron moi importantes

nesta loita, pois dous dos máis importantes instigadores da independencia, Bolívar e Miranda, co -

ñecían moi ben o ocorrido en Europa, xa que un deles, Francisco de Miranda vivía en Londres (lu -

gar no que se refuxiara despois de intentar unha revolución con interés democratizador), dende on -

de axudaba ó seu país, e chegou a conseguir o apoio encuberto do Reino Unido. Este apoio non foi

desvelado xa que o mesmo Reino Unido loitaba a carón do exército español na península para fa -

cer fronte a Napoleón e impedir así a súa hexemonía no continente europeo. É por iso que non lle

interesaba que España soubese que, ás súas costas, estaba axudando á súa colonia a conseguir a

independencia.

Pero en América latina estas ideas xa xurdiran coa creación da Compañía Guipuzcoana en

1730, a cal axilizaba o comercio entre as colonias e a metrópole, diminuindo o prezo do produto na

península. A través dos dirixentes desta compañía introducíronse as ideas ilustradas, o respublica -

nismo de Montesquieu e doutros pensadores. Isto foi rapidamente asimilado polos mantuanos, que

xa contaban cos ideais da revolución americana.

Foi en 1808 cando en España comezou a Guerra de Independencia contra a invasión na-

poleónica, xa que consideraban que Xosé Bonaparte (Xosé I), irmán de Napoleón, non era o lexíti -

mo herdeiro ó trono español. Así, creouse un baleiro de poder que foi o momento adecuado para

levar a cabo ese proceso emancipador das colonias.

O primeiro acto foi a creación de xuntas leais a Fernando VII, as Xuntas Conservadoras

dos Dereitos de Fernando VII, que toman varias iniciativas como establecer xuntas similares en

provincias e enviar delegacións diplomáticas ós paises que podían apoiar a insurrección, como o

Reino Unido, Estados Unidos e Nova Granada.

Posteriormente, o 19 de abril de 1810, tivo lugar un importante movemento revolucionario e

popular en Caracas, o cal iniciou a loita pola Independencia de Venezuela. Debeuse a que os cara -

queños non apoiaban ó novo Capitán Xeral nomeado por Xosé I, Vicente Emparan. Este estaba a

5

Page 6: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

cargo da Capitanía Xeral de Venezuela, a cal supuña o cargo militar máximo da zona, non tanto co -

mo unha institución de goberno indiano. Este 19 de abril era Xoves Santo, e como tal, levábase a

cabo unha misa á que se dirixía Emparan. A aristocracia e a burguesía crioula non o coñeceron, e

este anoxouse. Acto seguido, foi á ventá do concello e preguntou ó pobo se querían que seguise

mandando, ó que a multitude berrou “Non”, seguindo os signos que fixera o presbítero Xosé Cortés

de Madariaga. Tras esta resposta, Emparan renunciou ó seu mandato e marchou a España. Gra -

zas a isto, ese mesmo día redactouse unha acta para a formación dun novo goberno.

Xa unidas todas as provincias da Capitanía Xeral de Venezuela, firmaron a Declaración de

Independencia de Venezuela, constituíndose nunha Confederación Americana de Venezuela. Este

foi o inicio da Guerra de Independencia, o 2 de maio de 1810.

3.2.- A Guerra de Independencia

Nos anos que durou esta loita, Venezuela pasou por varias Repúblicas coas súas crises,

que fixeron que estas cesasen o seu labor de goberno. Estes anos caracterizáronse polas batallas

encarnizadas entre un e outro bando, que se saldaron con numerosas mortes en ambos lados da

trincheira.

Simón Bolívar, ó pouco tempo do comezo da guerra, e a unha idade moi temperá, eríxese

como o Libertador do pobo venezolano, no que todos os poñen as súas esperanzas. E triunfa debi -

do á súa falta de escrúpulos, loitando a prol duns ideais liberais que buscan a independencia da

súa terra.

Do lado dos monárquicos, dúas figuras causan temor entre a poboación: Morales e Boves.

Ambos tiveron que, nun momento ou outro, rendirse ante as derrotas sufridas ante Bolívar, aínda

que, por momentos, conseguiron reprimir a reacción insurxente con bastante entereza. Sen embar-

go, Boves foi o que, contra todo pronóstico, incorporou ás súas filas ós escravos, que vían nel un

xeito de loitar contra os seus explotadores mantuanos. Este feito supuxo unha avanzada na súa loi -

ta contra os revolucionarios ou patriotas.

A loita final que decidiu o destino de Venezuela foi a Batalla naval do Lago de Maracaibo,

datada do día 24 de xullo de 1823, na que, tras varias tácticas fallidas, o exército realista de Mora -

les non ve outra saída que a de renunciar, e entrar en negociacións con almirante patriota Padilla.

O día 5 de agosto de 1823 partiu o último oficial ó servicio do rei de España, quedando instituida

definitivamente a independencia venezolana.

6

Page 7: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

3.3.- Resultados e repercusións

As pretensións que Simón Bolívar tiña inicialmente víronse cedo truncadas, debido á dificul -

tade destas. Estas quedaron plasmadas na Constitución elaborada en 1819 aínda en pleno fragor

da batalla. Para iso reuníronse representantes de Venezuela (a actual Venezuela), Nova Granada

(actualmente Colombia) e Quito (hoxe en día Ecuador) en Angostura, Venezuela para desenvolver

a Lei Fundamental.

Nela redeseñouse a organización territorial, na que Nova Granada, con capital Santa Fe,

pasou a chamarse Cundinamarca, cuxa capital renomeouse como Bogotá; a capital de Quito foi

Quito; a de Venezuela, Caracas e a de Gran Colombia, Bogotá. Xorde así a noción de Gran Colom -

bia como a unión destes territorios, conformándose nunha República de Colombia, gobernada por

un presidente. Ademais, a Bolívar foille outorgado o título de “Libertador da Gran Colombia e pai da Patria”.

Sen embargo, os xermolos da disolución desta gran República que comezaron xa no seu

inicio, finalmente floreceron sen que Bolívar puidese facer nada por evitalo, e finalmente, coa morte

de Bolívar en 1830, o seu soño morre con el.

7

Page 8: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

4.- Análise histórico da novela Las lanzas coloradas

Nesta obra conxúgase de xeito preciso fantasía e realidade, de xeito que nos é posible es -

tudiar a partir dela as condicións sociais, políticas e económicas da Venezuela desa época. Isto dá -

se grazas á elaboración polo miudo da psicoloxía dos personaxes principais, os cales nos presen-

tan o antagonismo existente na sociedade venezolana.

4.1.- Personaxes

O libro constitúese en base a esta loita entre os dous continxentes, o dos patriotas ou revo-

lucionarios e a dos realistas, mostrando en cada capítulo a cada un deles cos seus elementos hu-

manos propios e peculiares.

O primeiro grupo que se nos introduce é o dos realistas, da man do mordomo Presentación

Campos. Este home é unha representación de aqueles escravos que participaron na guerra co inte-

rés de mellorar a súa posición social e remataron por unirse ós realistas, xa que os seus amos, os

seus inimigos, os mantuanos, eran os que formaban parte dos patriotas. Esta mentalidade aprécia-

se xa no comezo do libro, nunha conversa entre Campos e outro escravo:

“-[..] ¡Amo es amo y esclavo es esclavo!- Por eso es buena la guerra. De la guerra salen los verdaderos amos.”As súas intencións fanse visibles cando, xa no capítulo VII, decide marchar da facenda El Altar, posto que non soporta o carácter manipulable de Fernando Fonta, o seu amo. Por iso, fai que os

seus subalternos se subleven tamén, e entra en casa dos amos e viola a Inés, que estaba soa na

casa. Na conversa que tiveron, salienta unha afirmación de Campos na que reclama o seu dereito á

liberdade:

“- [...]Yo no soy un esclavo. Yo soy un hombre libre. Yo no soy esclavo de un pendejo como tu her -mano.[…]”Cando marcha da facenda, aínda non ten claro cal será o bando ó cal se unirá, xa que o único que

lle interesa é sacar proveito á súa condición de macho indomable e enorme forza bruta que o em-

purran a actuar precipitadamente. Para axudalo a decidirse, outro escravo aconséllalle:

“- Por mi parte –dijo Natividad-, yo creo una cosa. Los godos tienen mucho tiempo mandando y ya están ricos y buchones. Con ellos se puede conseguir algo. Mientras que los insurgentes están más arrancados que un huérfano.”

8

Page 9: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

Ó longo da obra, Presentación Campos resulta ser o dirixente que se necesita, xa que este é tempo

de homes con iniciativa.

E máis alá que un mero personaxe presencial, a figura de Xosé Tomás Boves está presen-

te ó longo de toda a obra, como unha sombra a que todo o mundo lle ten medo debido á súa cruel -

dade e sanguinidade, e, sobre todo, isto ocorre no capítulo X, no

que se repite a expresión “Boves invadía”, “Siete mil caballos ce-rreros en avalancha sobre los campos”, ou “Siete mil lanzas de frío hierro mortal”. Refírese, claramente, ós lanceros de Boves, que

son os que dan nome á novela, xa que a cor da bandeira dos rea-

listas é a vermella. Resulta moi significativa a descrición que del se

fai cando entra na igrexa, lugar que profana ó mandar ós que alí se

gorecían a bailar. Uslar Pietri refírese a el deste xeito: “Un hombre cruzaba el umbral. Sobre un caballo negro, el pelo rojizo, la nariz

ganchuda, los ojos claros, en el puño sólido la lanza.” Fai así unha descrición que o caracteriza co-

mo un home forte e seguro de si mesmo, cunha falta de escrúpulos moi grande, sendo este o único

capaz de rematar coa República.

E, pola outra parte, atopámonos cos patriotas. Este é un grupo que ten os seus motivos

máis xustificados ó longo da obra, debido ó personaxe de Fernando. Fernando Fonta é fillo dun rico

propietario de terras, que, durante a súa estadía na cidade para estudiar, entrou en contacto coas

ideas máis modernas. Así, no capítulo IV, coñece a existencia de Miranda, ó cal entenden así:

“- Miranda es el único que verdaderamente trabaja por la patria.”Nese grupo de intelectuais liberais tamén coñeceu a Declaración dos Dereitos dos Homes de Rous-

seau, que se baseaban na igualdade, feito que desorientou a Fonta, posto que toda a súa vida re -

posaba sobre o principio da desigualdade. Tamén é importante o xeito de designar a Venezuela,

que se pode ilustrar con este exemplo:

“-¡No! No en la Capitanía General, sino simplemente en Venezuela. Venezuela es su patria, y por ella está obligado a dar su sangre. Todos los hombres que han nacido sobre este territorio son sus hermanos, y por el bienestar de ellos está obligado a batallar; y todos los hombres que han nacido fuera del territorio son extranjeros y no deben tener ni mando ni intervención sobre esta tierra que es nuestra.”Aquí pode observarse unha primeira mostra do desexo de autonomía e independencia que bebe,

sobre todo, das teses nacionalistas introducidas a partir dos ideais da Revolución Francesa. Pero

chegado o momento, o motivo da súa incorporación ás filas dos insurxentes non é por un acto de

9

Page 10: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

patriotismo, se non simplemente porque quere vingar á súa irmán ultraxada por Campos e, por iso,

chegado o momento, éntralle o pánico e non consigue axudar na loita.

Ó igual que no caso dos realistas, a figura de Bolívar aquí tamén adquire grande protago -

nismo, como o home no cal descansan as esperanzas de

moitos, o único capaz de salvalos da inesgotable forza ani-

quiladora dos xenerales realistas. O seu maior acto de pre-

sencia é no capítulo XIII, que presenta un certo paralelismo

co capítulo X adicado a Boves, posto que neste, coa mes-

ma técnica, reitérase: “Bolívar viene”, “El general Bolívar viene”, “El Libertador viene”, “¡Bolívar viene!”, “Bolívar ve-nía” ou “¡Viva el Libertador”.

Na obra tamén aparecen outros personaxes que, malia seren só secundarios, aportan certa

información interesante acerca desta guerra. De primeiras temos ó Capitán George David, inglés

enviado para axudar ós insurxentes, é un home de ideas románticas, tal como demostran as frases

evocadas por el: “Hasta ceirto punto yo soy un hombre maldito. Amo la libertad y voy luchando por ella en el mundo. Algún día en un rincón moriré solo, sin tener quien me cierre los ojos” . E así foi,

cando morreu fusilado baixo instruccións de Boves. Outra figura interesante no bando patriota é

Bernardo Lazola, un home fiel e íntegro, cuxa convicción cara os ideais revolucionarios o conducen

á morte ó carón do inglés.

O papel que a muller asume nesta sociedade de comezos de século queda reflectida nos

personaxes de Inés Fonta e La Carvajala. Inés Fonta é unha rapaza adiñeirada, acostumada a ter

todo o que quere, a cal ve o problema da guerra como algo que non lle incumbe, tal e como se

amosa nas súas frases:

“- ¿Qué nos importa a nosotros la guerra, Fernando, si vivimos felices y tranquilos en El Altar? ¿Qué puede hacernos a nosotros la guerra?”“-¿Y por qué existe la guerra? – interrumpió ella de pronto, mirándolo con fijeza-. Sí, ¿por qué exis -te? Si todo el mundo puede vivir tranquilo en su casa. ¿Por qué se van a matar los hombres? Yo no lo comprendo.”Pero chegado o momento no que Campos a viola, Inés convértese na vítima universal, unha

encarnación de todas as mulleres que sofren a viudade ou o resto de desastres que leva consigo a

guerra, que habita nun mundo derrubado e que só vive para vingarse.

10

Page 11: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

A outra muller importante nesta obra é La Carvajala, a muller que atende a Presentación

Campos cando este é ferido no seu ataque contra o hospital de insurxentes que ela atendía. Cando

marcha, lévaa con el, e transfórmase así nunha especie de muller do xefe, na que ascende social -

mente e é respetada por todos. A ela gústalle ese novo estatus social, e, tamén, gústalle a natureza

salvaxe e brutal do seu compañeiro, por iso o protexe contra a acusación de Inés mandándoa pola

dirección equivocada.

É así como a muller carece de espacio nas discusión e menos na guerra, xa que tanto Inés,

violada e logo vagabunda como La Carvajala, que atende ós feridos, son pretextos para darlle todo

o mérito da guerra ó home.

4.2.- O desenvolvemento da guerra

O paso lineal do tempo na historia, sen apenas saltos temporais, favorece a comprensión

de como ocorreron os feitos desta guerra. Isto obsérvase moi ben no capítulo V da obra, no que

Fernando Fonta debe voltar a El Altar debido á morte de Don Santiago. E foi nese momento cando

comezaron os altercados:

“El 19 de abril de 1810 se destituyó al capitán general Emparan. El 5 de julio de 1811 se proclamó la independencia de la República de los Estados Unidos de Venezuela, y comenzó la guerra.

Mirando había regresado al país rodeado del prestigio de sus largos años de lucha deses -perada.

[…] Venían malos tiempos. La vida ordenada y fácil de la Colonia se había roto. Por prime-ra vez los criollos sentían el trágico gusto de la guerra.”

Tamén se fai referencia ó terremoto que sacudiu todo Latinoamérica e que, casualmente, o

bando máis afectado foi o patriota, cuxas bases estaban ó lado das serras e os realistas sufriron

menos perdas, que estes aproveitaron para xustificar como unha acción divina que castigaba ós in -

fieis revolucionarios.

Pouco a pouco, a acción da obra céntrase nas batallas celebradas e en como os realistas

van gañando territorio ós patriotas, que se quedaban sen xente e desanimados ante a imprevisible

chegada do fornido exército dos lanceiros de Boves.

5.- Valoración persoal

11

Page 12: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

Las lanzas coloradas é unha obra atemporal, na que a súa importancia radica no feito de

que nos amosa ambos puntos de vista dunha guerra que mobilizou a todo os compoñentes da so -

ciedade, chegando incluso a ter carácter internacional. E toda esta mestura está plasmada na no -

vela con moita mestría. O uso de diferentes ritmos ou o emprego de personaxes tipo que exemplifi -

quen a relidade bélica do momento fan desta obra un libro cunha clara orientación instructiva.

Por iso pódese afirmar que é unha síntese do conflito venezolano, que segue a aflorar na

actualidade, lonxe de ter rematado xa, na que o goberno venezolano de Chaves utiliza a imaxe do

Libertador a modo de pretexto e como xeito de unificar o pobo contra os estranxeiros, como xa tiña

feito antes Bolívar.

12

Page 13: "Las Lanzas Coloradas". Análise histórica. Veronica Caínzos

Verónica Caínzos Díaz

2º Bach-C, nº3

13