Lecturas verán

9
Xa estamos de vacacións, máis tempo libre para poder xogar, bañarse e... ler fantásticas historias en lugares marabillosos!!! Poderemos elixir: converternos en superheroes, viaxar ao mundo dos contos, ou rirnos con historias cotiás de rapaces e rapazas coma nos. Anímaste? Escolle os que máis che gustan y no dubides en comezar a ler as súas páxinas.

description

Lecturas para o veran 2012

Transcript of Lecturas verán

Page 1: Lecturas verán

Xa estamos de vacacións, máis tempo libre para poder

xogar, bañarse e... ler fantásticas historias en lugares

marabillosos!!! Poderemos elixir: converternos en

superheroes, viaxar ao mundo dos

contos, ou rirnos con historias

cotiás de rapaces e rapazas coma

nos. Anímaste?

Escolle os que máis che gustan y

no dubides en comezar a ler as

súas páxinas.

Page 2: Lecturas verán

Yo, el lobo y las vacaciones con

el abu.

Delphine Perret.

Editorial Kokinos.

Luís pensa que ter unha mascota na

casa é moi práctico, sobre todo si che

axuda cos deberes. Pero as cousas

complícanse se o animal de compañía é

un lobo flacucho, susceptible y que so pensa en tragar galletas. Un verán, o avó

levou ao seu neto, e ao lobo -¡qué remedio!-, de vacacións. Unha viaxe inesquecible

para todos!

Máis cerca do cómic que dun conto tradicional, este libro divirte, sorprende e deixa

con ganas de máis. En branco e negro, dividido en breves capítulos.

Page 3: Lecturas verán

¿Rinoceronte? ¿Qué rinoceronte?

Pablo Albo. Editorial Everest

A historia comeza cando un ourizo, recollido por un

condutor, chega a casa dunha familia e queda a vivir alí. Os

veciños, ao coñecer a historia do ourizo, empezan a levarlles

animais de todo tipo, para que se fagan cargo deles. A irmá

do protagonista, por si fora pouco, ten un rinoceronte

propenso a tropezar con todo, unha especie de animal

incorpóreo e invisible. Aparece tamén un elefante que pode

deslizarse por debaixo das portas. Ao pouco chega Postizo,

un león velliño, desdentado e pacífico, pero que non

soporta os gritos y que, cando alguén levanta a voz, trágao. Hai tamén un crocodilo

xordo, unhas formigas que están sempre buscando bocados saborosos, entre as

visitas ou os membros da familia. En fin, a familia vive cada vez máis angustiada.

Page 4: Lecturas verán

Corazón de pedra. Agustín Fernández Paz.

Editorial Oxford.

Todos os nenos teñen un animal preferido e os de Brenda son os dragóns. Despois de ler moitos libros sobre o tema, Brenda sabe perfectamente como eran os dragóns e o que non consegue entender é por que desapareceron.

Cando chegan as vacacións do verán, a protagonista e mais os seus pais viaxan a unha casa rural nun bosque. Alí, Violeta, a dona da casa,

cóntalle a historia da “Cova da serpe”, onde ao parecer habitara un dragón. Un estraño escritor e unha pedra con forma de dragón engaden máis misterio a situación.

Page 5: Lecturas verán

¡Nos vamos a Brasil!

Colección: ¡GOL!

Luigi Garlando

Editorial Montena

“Yujuuu! Os Cebolletas xa remataron o curso e

teñen por diante un verán realmente

MACANUDO: van pasar as súas vacacións en

Brasil, o reino do fútbol! João, o extremo

esquerdo do equipo, xa os está esperando en

Río de Xaneiro, onde coñecerán o mítico

estadio de Maracaná e adestrarán xunto aos

seus grandes ídolos…”

Hai moitas máis aventuras dos Cebolletas!!!

Page 6: Lecturas verán

Mago por Casualidad

Laura Gallego

Editorial: Bruño

Ratón é o típico rapaz que traballa na típica pousada do

típico reino fantástico, cos seus típicos cabaleiros,

feiticeiros e tipiquísimos dragóns. Un día, un accidente

cun obxecto máxico outórgalle os grandes poderes do

famoso mago Calderaus... uns poderes que non sabe usar. O problema é que

Calderaus, agora convertido en corvo, non se deterá ata recuperar o que é

seu... e Ratón desexará non habelo coñecido nunca. Os dous iniciarán unha

delirante viaxe, na que coñecerán a toda unha serie de personaxes

extravagantes y vivirán una serie de tolas aventuras repletas de humor.

Page 7: Lecturas verán

Cama y cuento

Gonzalo Moure

Editorial Anaya

O que máis lle gustaba a Malva era que a súa nai lle

contase un conto na cama. Para ela oír as palabras

“cama e conto” era o mellor do día. Con aquelas

historias viaxaba ata un mundo de maxia e de

fantasía onde todo era posible. Pero dende que

aprendeu a ler, cando cumpriu os seis anos, as

cousas cambiaron e xa non hai “cama e conto”. A

nai de Malva cría que ela xa podía ler os contos soa.

Pero Malva tivo unha gran idea para mudar a súa vida…

Page 8: Lecturas verán

El secreto del huevo azul

Catalina González Vilar

Editorial SM

No castelo de Dadrev apareceu un ovo azul. Haberá

que esperar a que se abra para descubrir qué

segredo garda no seu interior. Pero cando a cáscara

rompe… non hai ninguén diante. Rolav, o pequeno

príncipe, non sabe qué facer. Había prometido

vixialo e agora vai defraudar a todo o mundo, así

que inventa una escusa e promete amosarlles o animal ao día seguinte. Agora

so queda o máis fácil: viaxar ao País das Mentiras en busca da extraordinaria

lagarta que imaxinou. Iso, ou… dicir a verdade.

Page 9: Lecturas verán

Un misterio na mochila de Alba

Fina Casalderrey

Editorial Oxford

Alba vive nunha casa abandonada. Os veciños do

lugar non entenden que una nena tan pequena

viva soa, acompañada unicamente de súa

mochila branca. Entón, dous nenos e una nena

comezan a seguila, intrigados polo contido da

mochila. Alba rexeita os seus ofrecementos para

conseguir la bolsa; por nada do mundo se

desprendería do seu contido.