Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a … · Lei 7/1997, do 11 de agosto, de...

21
Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a con- taminación acústica Tramitación parlamentaria: Proxecto de lei, BOPG núm. 616, do 13.3.1997. Emendas á totalidade, BOPG núm. 636, do 18.4.1997. Emendas ó articulado, BOPG núm. 640, do 23.4.1997. Debate de totalidade, DSPG núm. 138, do 22.4.1997. Informe da Ponencia, BOPG núm. 674, do 13.6.1997. Dictame da Comisión, BOPG núm. 678, do 20.6.1997. Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 678, do 20.6.1997. Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 149, do 9.7.1997. Publicación: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 694, do 4.8.1997. Diario Oficial de Galicia núm. 159, do 20.8.1997. Boletín Oficial del Estado núm. 237, do 3.10.1997.

Transcript of Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a … · Lei 7/1997, do 11 de agosto, de...

Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a con-taminación acústica

Tramitación parlamentaria:Proxecto de lei, BOPG núm. 616, do 13.3.1997.Emendas á totalidade, BOPG núm. 636, do 18.4.1997.Emendas ó articulado, BOPG núm. 640, do 23.4.1997.Debate de totalidade, DSPG núm. 138, do 22.4.1997.Informe da Ponencia, BOPG núm. 674, do 13.6.1997.Dictame da Comisión, BOPG núm. 678, do 20.6.1997.Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 678, do20.6.1997.Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 149, do 9.7.1997.

Publicación:Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 694, do 4.8.1997.Diario Oficial de Galicia núm. 159, do 20.8.1997.Boletín Oficial del Estado núm. 237, do 3.10.1997.

A contaminación acústica xeraunha serie de problemas de indu-bidable transcendencia social.Proba diso é que gran parte dasdenuncias suscitadas ante os órga-nos municipais e autonómicoscompetentes en materia ambientale moitas das queixas formuladasperante o Valedor do Pobo e insti-tucións análogas doutras comuni-dades autónomas teñen por obxec-to actividades que provocan ruídoe vibracións excesivas e molestas.

A transcendencia desta pro-blemática non sempre se viuacompañada da adecuada atenciónpor parte dos órganos do Estado,das comunidades autónomas e dasentidades locais con potestadenormativa. Ata a data, a regulaciónda contaminación acústica limitá-base a certas previsións colateraiscontidas no Regulamento de acti-vidades molestas, insalubres, no-civas e perigosas, do 30 de no-vembro de 1961, na lexislaciónxeral sobre medio ambiente dascomunidades autónomas e enordenanzas municipais aprobadaspor algúns municipios.

Por tal razón, considérase nece-saria unha regulación específicaque harmonice o dereito dos

cidadáns a organizaren as súasactividades económicas, produc-tivas e recreativas con liberdade erespecto á lei, e o que igualmenteasiste a tódalas persoas para go-zaren da intimidade e do descan-so sen seren perturbadas e maisdun medio ambiente axeitadopara o desenvolvemento da perso-nalidade.

Considérase necesario aborda--la regulación desta materia através dunha norma con rango delei, fundamentalmente por dúasrazóns:

a) Dota-la Comunidade Autóno-ma dun marco normativo homoxé-neo que poida ser desenvolvido econcretado polos municipios através de ordenanzas municipais.

b) Salvagarda-lo principio delegalidade na tipificación de in-fraccións e regulación das san-cións que teñan por obxectoespecífico as actividades xerado-ras de ruído ou vibracións moles-tas e excesivas.

A lei consta dun título I no quese conteñen disposicións xeraisreferidas ó obxecto e ámbito da leie ás competencias administrativassobre a materia.

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contami-nación acústica

cmoreiras
Cuadro de texto
Esta lei foi derrogada pola Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

O título II consta dun único arti-go que se remite a un anexo da leien todo o relativo a definicións,clasificacións de ruído, niveismáximos admisibles e equipos demedición. O carácter técnico desteaspecto da lei aconsellou nonrecollelo no seu articulado eincluílo no seu anexo.

O título III regula o réxime xurí-dico das actividades susceptiblesde produciren ruído e vibracións,tratando de se acomodar, no posi-ble, á lexislación xeral de Galiciaen materia de medio ambiente.Tales actividades cualifícansecomo molestas e, en consecuencia,sométense a un procedemento deincidencia ambiental.

O título IV contén unhas nor-mas xerais en materia de inspec-ción, un cadro de infraccións esancións e certas especialidadesen materia de procedemento san-cionador, todo isto sen prexuízoda aplicación supletoria da nor-mativa xeral sobre estas materias.

Por último, o título V regula oréxime das relacións interadmi-nistrativas, que se centra funda-mentalmente no control de legali-dade da actuación dos municipiosno exercicio das competenciasque lles atribúe a lei, de conformi-dade co previsto na lexislación deréxime local, e na previsión deque a Comunidade Autónomapreste asistencia, a través de con-venios de colaboración con aque-les municipios que carezan dosmedios técnicos ou humanos pre-

cisos para o exercicio das súascompetencias.

Por todo o exposto, o Parlamen-to de Galicia aprobou e eu, de con-formidade co artigo 13.2 do Esta-tuto de Galicia e co artigo 24 daLei 1/1983, do 22 de febreiro,reguladora da Xunta e do seu pre-sidente, promulgo, en nome de El--Rei, a Lei de protección contra acontaminación acústica.

Título I

Disposicións xerais

Artigo l. Obxecto da lei.

Esta lei ten por obxecto a pro-tección das persoas contra os ruí-dos e as vibracións imputables acalquera causa. Os cidadánsteñen dereito a desfrutaren da súaintimidade e dun contorno ade-cuado para o normal desenvol-vemento das súas actividades,sen seren perturbados por ruídosou vibracións que poidan dana--la súa saúde ou ocasionarllesmolestias.

As administracións públicascompetentes adoptarán as medidasprecisas para o cumprimento dodisposto nesta lei, de oficio ou pordemanda dos cidadáns.

Artigo 2. Ámbito da lei.

1. Quedan sometidos ás prescri-cións establecidas nesta lei as acti-vidades, as instalacións e os com-portamentos que xeren ruídos ouvibracións susceptibles de produ-

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

ciren molestias e se atopen situa-dos ou se exerzan no territorio daComunidade Autónoma de Gali-cia.

2. Igualmente, as prescriciónsestablecidas nesta lei aplicaránse-lles a tódolos elementos construc-tivos constituíntes da edificación,en tanto en canto facilitan ou difi-cultan a transmisión dos ruídos edas vibracións producidos no seucontorno.

Artigo 3. Competencia adminis-trativa.

1. Correspóndelles ós concellosdictar ordenanzas sobre ruídos evibracións.

2. Correspóndelle á Xunta deGalicia:

a) A asistencia e o control daAdministración municipal, noexercicio das súas competencias enos termos previstos no título Vdesta lei.

b) Dicta-los regulamentos quesexan necesarios para garanti-laaplicación homoxénea desta lei entodo o territorio da ComunidadeAutónoma de Galicia.

c) Dictar regulamentos dedesenvolvemento desta lei quesexan aplicables naqueles conce-llos da Comunidade Autónoma deGalicia que non teñan aprobadasordenanzas municipais sobreruído e vibracións.

Título II

Réxime xurídico das actividadessusceptibles de produciren

ruídos e vibracións

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 4. Regulación do ruído dasactividades relacionadas cos usosproductivo e terciario e co equipa-mento.

1. Tódalas actividades suscepti-bles de produciren ruídos e vibra-cións quedan sometidas ó dispostoneste título.

2. En todo caso, a transmisiónde ruídos e vibracións orixinadoscomo consecuencia daquelas acti-vidades deberá axustarse ós lími-tes establecidos no título II doanexo desta lei. Os titulares dasditas actividades estarán obrigadosa adopta-las medidas de insonori-zación das súas fontes sonoras ede illamento acústico dos locaispara cumpriren en cada caso asprescricións establecidas.

3. As actividades que produzanunha perturbación por ruídos ouvibracións deberán someterse óprocedemento de avaliación deincidencia ambiental.

4. Para os efectos do disposto noapartado anterior, en tódolos pro-xectos de obras ou instalaciónsindustriais, comerciais e de servi-cios que poidan provocar ruídosou vibracións achegarase un estu-

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

dio xustificativo do cumprimentodas medidas establecidas nesta lei,nos seus regulamentos de desen-volvemento e nas ordenanzasmunicipais sobre esta materia. Odito estudio axustarase ó dispostonos regulamentos que desenvolvaesta lei.

No control do visado os colexiosprofesionais comprobarán que osproxectos se axusten a esta lei, ásúa normativa de desenvolvementoregulamentario e ás ordenanzasmunicipais correspondentes.

5. A autoridade municipal nonoutorgará licencia de apertura dasinstalacións, das actividades oudos establecementos sometidos ódisposto nesta lei se os proxectospresentados polos interesados nonse axustan ó disposto nela. Non sepoderá inicia-la actividade oupoñer en funcionamento as insta-lacións en tanto que non esteacomprobado polos órganos ins-pectores ou mediante certificaciónexpedida por empresas ou entida-des homologadas que se cumpre anormativa sobre contaminaciónacústica.

6. Nas licencias de apertura enas declaracións de incidenciaambiental deberán sinalarse asmedidas correctoras e os controisque deberán cumpri-las activida-des e instalacións, indicándoseexpresamente que o incumprimen-to destas pode dar lugar á revoga-ción daquelas licencias ou autori-zacións.

7. Unha vez iniciada a activida-

de ou postas en funcionamento asinstalacións, tamén poderán reali-zarse inspeccións para comprobarque as actividades e instalaciónscumpren a normativa. Como con-secuencia destas, poderán incoarseos correspondentes procedemen-tos sancionadores ou ben acordarmedidas correctoras ou de control.

As comprobacións ás que serefire este artigo rexeranse polodisposto na lexislación ambientalde Galicia.

8. Tódalas obras, instalacións ouactividades que, de conformidadeco disposto na normativa estatalbásica sobre a materia e na Lei deprotección ambiental de Galicia,estean sometidas a un procede-mento de avaliación de impactoambiental ou de avaliación deefectos ambientais deberán conterun estudio acreditativo do seuimpacto acústico. Na declaraciónque se dicte, que terá carácter vin-culante, deberán impoñerse asmedidas correctoras precisas.

Capítulo II

Tráfico

Artigo 5. Regulación do ruído dotráfico.

1. Todo vehículo de tracciónmecánica deberá ter en boas condi-cións de funcionamento o motor, atransmisión, a carrocería e os de-mais órganos capaces de producirenruídos, co fin de que o nivel sonoroemitido polo vehículo ó circular co

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

motor en marcha non exceda doslímites que establece esta lei.

2. Os límites máximos admisi-bles para ruídos emitidos polosdistintos vehículos de motor encirculación serán os establecidospara as emisións de vehículosterrestres, así como para as emi-sións de aeronaves, na lexislaciónestatal vixente.

3. Nos casos nos que se afectenotoriamente a tranquilidade dapoboación, o Concello poderásinalar zonas ou vías nas quealgunhas clases de vehículos demotor non poidan circular oudeban facelo de forma restrinxidaen horario e velocidade. Para efec-tos do establecido no parágrafoanterior, considéranse as zonasque soporten un nivel de ruído,debido ó tráfico rodado, que alcan-ce valores de nivel continuo equi-valente (LpAeq) superior a 55 dBdurante o período nocturno e a 65dB no período diurno.

Capítulo III

Edificación

Artigo 6. Regulación do ruído naedificación.

1. As condicións acústicas esixi-bles ós diversos elementos cons-tructivos que compoñen a edifica-ción serán as determinadas nocapítulo III da Norma básica deedificación sobre condicións acús-ticas (NBE-CA-88).

2. Exclúense do apartado ante-

rior os forxados constitutivos daprimeira planta da edificación,cando a dita planta sexa de usoresidencial e na planta baixa poi-dan localizarse, conforme o plane-amento, usos susceptibles de pro-duciren molestias por ruídos ouvibracións.

Nestes casos, o illamento acústi-co bruto a ruído aéreo esixible seráde, polo menos, 55 dB(A).

3. Os aparellos elevadores, asinstalacións de ventilación e acon-dicionamento de aire e as súastorres de refrixeración, a distribu-ción e evacuación de augas, a trans-formación de enerxía eléctrica e osdemais servicios dos edificiosserán instalados coas precauciónsde localización e illamento que llesgarantan un nivel de transmisiónsonora ós locais e ambientes próxi-mos que cumpra co disposto notítulo II do anexo desta lei.

4. Co fin de evitar no posible atransmisión de ruído a través daestructura da edificación, deberáncomo mínimo terse en conta asnormas establecidas nos seguintesapartados:

4.1.— Todo elemento con órga-nos móbiles manterase en perfectoestado de conservación, principal-mente no que se refire á suavidadedos seus rodamentos.

4.2.— Non se permitirá a anco-raxe directa de máquinas ou sopor-tes destas nas paredes medianeiras,teitos ou forxados de separación derecintos, senón que se realizará

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

interpoñendo os adecuados dispo-sitivos antivibratorios.

4.3.— As máquinas de arrinqueviolento, as que traballen por gol-pes ou choques bruscos e as dota-das de órganos con movementoalternativo deberán estar ancora-das en bancadas independentes,sobre o solo e illadas da estructurada edificación por medio dos ade-cuados antivibradores.

4.4.— Os conductos polos quecirculen fluídos líquidos ou gaso-sos en forma forzada, conectadosdirectamente con máquinas queteñan órganos en movemento, dis-poñerán de dispositivos de separa-ción que impidan a transmisióndas vibracións xeradas en talesmáquinas. As bridas e os soportesdos conductos terán elementosantivibratorios. As aberturas dosmuros para o paso das conduc-cións dotaranse de materiais anti-vibratorios.

4.5.— Nos circuítos de auga evi-tarase a producción dos golpes deelevadores hidráulicos, e as sec-cións e a disposición das válvulas eda billame deberán ser tales que ofluído circule por elas en réximelaminar para os gastos nominais.

5. A partir da presentación docorrespondente certificado de finde obra, o Concello comprobará ocumprimento das prescriciónsestablecidas neste título. Tal cum-primento poderá acreditarse me-diante certificación expedida porempresas ou entidades homologa-das. Sen o informe favorable sobre

o cumprimento dos requisitosacústicos esixidos non se conce-derá a licencia de primeira utiliza-ción.

Capítulo IV

Actividades varias

Artigo 7. Regulación do ruídopara actividades varias.

1. Con carácter xeral non sepermitirá o emprego de ningúndispositivo sonoro con fins depropaganda, reclamo, aviso ouesparexemento.

Esta prohibición non rexerá noscasos de alarma, urxencia ou espe-cial significación cidadá, determi-nada polos concellos.

2. Nos traballos realizados tantona vía pública coma na edificaciónnon se autorizará o emprego demaquinaria que teña un nivel deemisión externo (NEE) superior a90 dB(A), medido na forma que sefixe regulamentariamente.

3. Os traballos realizados tantona vía pública coma na edificaciónnon poderán realizarse entre as 22horas e as 08 horas do día seguin-te se producen niveis sonorossuperiores ós establecidos concarácter xeral no título II do anexodesta lei.

4. Exceptúanse da prohibiciónanterior as obras urxentes, as quese realicen por razóns de necesida-de ou perigo e aquelas que polosseus inconvenientes non poidan

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

levarse a cabo durante o día. O tra-ballo nocturno deberá ser expresa-mente autorizado polo Concello,que determinará os límites sonorosque deberá cumprir en función dascircunstancias que concorran encada caso, sen prexuízo do esta-blecido na lexislación laboral.

5. Cando o anormal funciona-mento dun sistema de alarma lleproduza molestias á veciñanza enon sexa posible localiza-lo res-ponsable ou titular da dita instala-ción, o órgano municipal compe-tente, en cumprimento do dispostono artigo 20 desta lei, procederá adesmontar e retira-lo sistema dealarma.

6. Calquera outra actividade queimplique unha perturbación porruídos da veciñanza entenderaseincursa no réxime sancionadordesta lei.

Título III

Réxime xurídico

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 8. Remisión normativa.

Seralle aplicable a esta materia odisposto na Lei 1/1995, do 2 dexaneiro, de protección ambiental deGalicia, e no Decreto 156/1995, do3 de xuño, de inspección ambiental,así como no capítulo II do título IXda Lei 30/1992, do 26 de novem-

bro, de réxime xurídico das admi-nistracións públicas e do procede-mento administrativo común, e noReal decreto 1398/1993, do 4 deagosto, polo que se aproba o Regu-lamento de procedemento para oexercicio da potestade sanciona-dora.

Capítulo II

Inspección e vixilancia

Artigo 9. Inspección.

Correspóndelles ós concellosexerce-lo control do cumprimen-to desta lei, esixi-la adopción demedidas correctoras necesarias,sinalar limitacións, realizar can-tas inspeccións se requiran e apli-ca-las sancións correspondentesen caso de incumprimento. Candopara a realización de inspecciónssexa necesario entrar nun domici-lio, será preceptiva a correspon-dente autorización xudicial. Nosdemais supostos, os funcionariosmunicipais ós que lles competa ainspección das instalacións oudos establecementos estaránfacultados para acceder, se é ocaso, a eles sen previo aviso esempre que se identifiquen. AAdministración local desenvol-verá a súa propia inspección decara ó correcto exercicio da súacompetencia no marco desta lei edemais normas reguladoras doréxime local.

Non obstante, cando a Adminis-tración local se considere imposi-bilitada para o exercicio da com-

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

petencia de inspección, estapoderá solicitárlle-lo auxilio en talfunción á Administración autonó-mica ou ás empresas habilitadas órespecto pola Xunta de Galicia, deacordo co estipulado no artigo 25desta lei.

Artigo 10. Denuncias.

As visitas de inspecciónpoderán levarse a cabo por propiainiciativa municipal ou por solici-tude previa de calquera interesado.As solicitudes conterán, ademaisdos datos esixibles na lexislaciónque regula o procedemento admi-nistrativo, os datos precisos para arealización da visita de inspec-ción. Nos casos de recoñecidaurxencia, cando os ruídos resultenaltamente perturbadores ou candosobreveñan ocasionalmente poruso abusivo, deterioración ou defi-ciente funcionamento das instala-cións, dos aparellos ou dos equi-pos, a solicitude de visita deinspección poderá formularsedirectamente perante os serviciosde inspección, tanto de palabracoma por escrito.

Artigo 11. Actas de inspección.

As visitas de inspección reali-zaranse tendo en conta as carac-terísticas do ruído e das vibra-cións, e para tal fin as mediciónsrelativas a ruído obxectivo reali-zaranse logo de citación ó respon-sable do foco ruidoso e as medi-cións relativas a ruído subxectivopoderán practicarse sen o coñece-mento do titular, sen prexuízo deque neste caso poida ofrecérselle

ó responsable do foco ruidosounha nova medición na súa pre-sencia para o seu coñecemento.En todo caso, concluídas as medi-cións entregaráselles ós interesa-dos unha copia do resultado des-tas. As actas emitidas polosórganos competentes gozan depresunción de veracidade encanto ós feitos contidos nelas econstitúen proba suficiente paraos efectos do correspondente pro-cedemento sancionador. Tal pre-sunción esténdese ás mediciónsrealizadas con instrumentos quereúnan os requisitos regulamenta-riamente establecidos. En talesmedicións, tanto a autoridadecompetente coma o responsablesobre o que recaia a inspecciónpoderán solicita-la asistencia deempresas ou entidades debida-mente homologadas, de acordo coque se dispoña nos regulamentosde desenvolvemento e nas orde-nanzas municipais. Os concellosestablecerán nas súas ordenanzaso tipo de aparellos homologadospara a realización das medicións.

Capítulo III

Infraccións e sancións

Artigo 12. Clasificación de infrac-cións e sancións.

Consideraranse infraccións admi-nistrativas as accións ou omisiónsque contraveñan as disposiciónsdesta lei. As infraccións clasifícanseen leves, graves e moi graves, deconformidade coa tipificación con-

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

tida nos artigos seguintes.

Artigo 13. Faltas leves.

Constitúe falta leve:

a) A superación dos límitesadmitidos ata 5 dB(A).

b) A transmisión de niveis devibración correspondentes á curvabase inmediatamente superior ámáxima admitida para cada situa-ción.

c) Calquera outra infracción ásnormas desta lei non cualificadaexpresamente como falta grave oumoi grave.

d) A realización das actividadesnon permitidas polo artigo 7.

e) A circulación de vehículos demotor co escape libre e con silen-ciadores ineficaces, incompletos,inadecuados ou deteriorados.

f) A non presentación dos vehí-culos ás inspeccións.

Artigo 14. Faltas graves.

Constitúe falta grave:

a) A superación en máis de 5dB(A) dos valores límite admitidos.

b) A transmisión de niveis devibración correspondentes a dúascurvas base inmediatamente supe-riores á máxima admitida paracada situación.

c) A vulneración expresa dosrequirimentos municipais para acorrección das deficiencias obser-vadas.

d) A negativa ou obstrucción ólabor inspector. Considérase, entodo caso, como resistencia áactuación inspectora impedirllesós funcionarios competentes aentrada nos recintos e locaisonde deban realizarse as inspec-cións, sempre e cando a Admi-nistración actuante observase osrequisitos formais establecidosnesta lei.

e) A reincidencia en faltas levesno prazo de doce meses.

f) A iniciación de actividades oua apertura de establecementos einstalacións susceptibles de pro-duciren ruídos ou vibracións senobte-la previa autorización oulicencia.

g) A transgresión ou o incumpri-mento das condicións impostas naautorización ou licencia, así comoa non adopción, dentro do prazoconcedido, das medidas correcto-ras sinaladas polo órgano compe-tente. Neste último suposto, ossuxeitos responsables poderánevita-la imposición da sanción seproceden voluntariamente á para-lización ou non iniciación da acti-vidade.

Artigo 15. Faltas moi graves.

Constitúe falta moi grave:

a) A superación en máis de 15dB(A) dos valores límite admiti-dos.

b) A transmisión de niveis devibración correspondentes a máisde dúas curvas base inmediata-

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

mente superiores á máxima admi-tida para cada situación.

c) A reincidencia en faltas gra-ves no prazo de doce meses.

d) O incumprimento das ordesde clausura dos establecementosou de paralización da actividadeacordadas pola autoridade compe-tente.

Artigo 16. Sancións.

1. As infraccións ós preceptosdesta lei sancionaranse da formaseguinte:

a) Infraccións leves, con multadesde 10.000 ata 250.000 pesetas.

b) Infraccións graves, con multade 250.001 ata 1.500.000 pesetas,clausura temporal do establece-mento ou paralización da activida-de por un espacio de tempo nonsuperior a seis meses.

c) Infraccións moi graves, conmulta de 1.500.001 ata 10.000.000de pesetas, clausura do establece-mento ou paralización da activida-de por espacio superior a seismeses ou con carácter definitivo.

2. Sempre que a comisión dainfracción se producise por pri-meira vez e a corrección da emi-sión do ruído que orixinou a san-ción se fixese nun prazo de corentae oito horas, reducíndoa ó nivelautorizado, a sanción impoñeraseno seu grao mínimo. En todo caso,o prazo computarase a partir dacomprobación da comisión dainfracción.

3. A sanción de clausura tempo-ral ou definitiva poderá impoñersenaquelas infraccións nas que seaprecie reiterada resistencia ócumprimento do ordenado polaAlcaldía ou manifesta actitude dotitular da instalación no sentido dedificultar, falsear ou desvirtua-loresultado da inspección.

Artigo 17. Indemnización de danos.

Na resolución que poña fin ó pro-cedemento sancionador poderáacordarse, á parte da imposición dasanción correspondente, a adopciónde medidas correctoras, así como aindemnización dos danos e perdasocasionados como consecuencia daactividade infractora. Para a execu-ción dos ditos actos, se o infractornon os cumprise voluntariamenteno prazo que se lle sinale, poderánimpoñérselle multas coercitivassucesivas de ata 500.000 pesetascada unha. Igualmente poderá orde-narse a execución subsidiaria nostermos previstos no artigo 98 da Leide réxime xurídico das administra-cións públicas e do procedementoadministrativo común.

Artigo 18. Solución de conflictos.

Os concellos poderán crearórganos de mediación para a solu-ción dos conflictos que deriven dacontaminación acústica, nos quetamén participarán os veciños.

Artigo 19. Prescrición.

As infraccións ás que se refireesta lei prescribirán nos seguintesprazos, desde a comisión do feito:

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

a) Seis meses, no caso de infrac-cións leves.

b) Dous anos, no caso de infrac-cións graves.

c) Catro anos, no caso de infrac-cións moi graves.

Artigo 20. Medidas cautelares.

Con independencia das demaismedidas que se adopten paragaranti-la eficacia da resoluciónque no seu momento se dicte, concarácter cautelar o Concellopoderá acorda-la inmediata adop-ción de medidas correctorasimprescindibles para evita-losdanos ou as molestias graves quese estean ocasionando como con-secuencia das actividades presun-tamente infractoras. Igualmente, eco mesmo carácter cautelar,poderá acordarse a paralización daactividade ou a clausura das insta-lacións ou dos establecementoscando a producción de ruídos ouvibracións supere os niveis esta-blecidos para a súa tipificacióncomo falta moi grave, ou bencando, acordada a adopción demedidas correctoras, o requiri-mento municipal resultase incum-prido no prazo que para o efecto sesinale. Tamén poderá acordarse oprecinto de equipos, así como cal-quera outra medida que se conside-re imprescindible para evita-la per-sistencia na actuación infractora.As ditas medidas adoptaranse logode audiencia do interesado, por unprazo de cinco días, agás naquelescasos que esixan unha actuación

inmediata.

Título IV

Auditorías

Artigo 21. Definición e obxectivos.

1. A auditoría sobre ruídos evibracións é un proceso de avalia-ción sistemática, obxectiva, inde-pendente e periódica en materia deruídos e vibracións nas actividadessusceptibles de control.

2. Os obxectivos básicos dasauditorías son o establecemento e aaplicación, por parte das empresasou institucións, de sistemas de xes-tión internos para a proteccióncontra o ruído e as vibracións, aavaliación sistemática dos resulta-dos obtidos que permita establecere adopta-las medidas complemen-tarias para reduci-la incidenciaambiental e a información xeralsobre o comportamento delas enmateria de ruídos e vibracións.

Artigo 22. Concesión de axudas.

A Comunidade Autónoma deGalicia poderá concederlles axudaseconómicas, logo de convocatoriapública, ás empresas ou institu-cións para a realización das men-cionadas auditorías, coa condiciónde que posteriormente executen asmedidas correctoras recollidas noscorrespondentes informes.

Título V

Relacións interadministrativas e de auxilio

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Artigo 23. Obriga de informar.

A Comunidade Autónoma e osconcellos poderán mutuamentesolicitarse e obter informaciónconcreta sobre a actividade daoutra Administración en materiade contaminación acústica.

Artigo 24. Exercicio de accións.

Cando a Administraciónautonómica considere, no ámbitodas súas competencias, que nunacto ou acordo dalgunha entidadelocal se infrinxa o ordenamentoxurídico, poderá requirila, invo-cando expresamente este artigo,para que anule o mencionado actoou acordo.

Artigo 25. Convenios cos conce-llos.

No caso de que os concellosnon conten cos medios técnicosou humanos necesarios para cum-priren a función de control queesta lei lles atribúe, poderánreclama-lo auxilio da Administra-ción autonómica, que se prestarámediante convenio subscritoentre ela e os concellos, por ins-tancia destes. De igual xeito,poderán reclama-lo auxilio deempresas ou entidades especiali-zadas, as cales deberán ser pre-viamente homologadas, segundoos criterios que se fixarán nocorrespondente regulamento.

Disposición adicional primeira

No prazo de dous anos, os con-cellos de Galicia deberán proceder

a adapta-las súas ordenanzas enmateria de ruídos ó disposto nestalei e nas disposicións que a desen-volvan.

Disposición adicional segunda

No prazo dun ano, contadodesde a entrada en vigor desta lei,deberán aprobarse as normas regu-lamentarias que a desenvolvan.

Disposición adicional terceira

Polas autorizacións administra-tivas ás que se refire esta lei seránesixibles as taxas correspondentesde conformidade coa lexislaciónvixente. Nas licencias de primeirautilización e primeira apertura deestablecementos, a taxa conside-rarase incluída na taxa xeral deapertura da actividade ou primeirautilización.

Disposición adicional cuarta

No caso de que o contido do dis-posto no anexo desta lei resulteafectado por normas estatais ou daUnión Europea, facúltase a Xuntade Galicia para dicta-las corres-pondentes normas de adaptación aelas.

Disposición adicional quinta

No caso das infraestructurasviarias e variantes de poboaciónpreexistentes, o prazo de adapta-ción ó establecido nesta lei axusta-rase ás previsións dos plans apro-bados.

Tódolos estudios, anteproxectosou proxectos de estradas someti-dos ó procedemento de avaliación

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

do impacto ambiental, así como osde novas estradas, deberán conterun estudio de impacto acústico.Regulamentariamente determina-ranse as metodoloxías de previ-sión, medición e sistemas de con-trol, en función das intensidadesmedias de tráfico.

Disposición adicional sexta

A Xunta de Galicia, no ámbitodas súas competencias, fixará regu-lamentariamente de xeito harmoni-zado e homologado os métodos demedición da contaminación am-biental nas súas diferentes cate-gorías de fontes e ruídos.

Disposición transitoria

Os titulares das actividadeslegalmente autorizadas ou en trá-mite na data de entrada en vigordesta lei dispoñen dun período dunano, a partir da súa vixencia, parafaceren efectivas as medidascorrectoras necesarias para o cum-primento dos niveis máximos deemisión e transmisión sonora e devibracións, podendo prorrogarse oprazo preceptuado anteriormentepor resolución do alcalde en casosdebidamente xustificados, nos quedeberá sinalarse o novo prazo paraa adaptación, que non será supe-rior a seis meses.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas dispo-sicións, de igual ou inferior rango,se opoñan ó disposto nesta lei.

Disposición derradeira

Facúltase o Consello da Xuntapara dictar cantas disposiciónssexan precisas para o desenvolve-mento e a execución desta lei.

Anexo á Lei de protección contra a contaminación acústica

Título I

Definicións, clasificación e técnicas de medición

Capítulo I

Definicións

Artigo 1. Niveis de emisión e derecepción.

Para os efectos desta lei, entén-dese por:

1.— Nivel de emisión. É o nivelde presión acústica orixinado porunha fonte sonora.

O nivel de presión acústica(LpA) en decibelios, dB(A) —submúltiplo do belio—, quedadefinido pola relación:

LpA = 10 Log (PA/PO)2, sendo:

PA: Valor eficaz da presión acús-tica producida pola fonte sonora,ponderado conforme a curva dereferencia normalizada (A).

PO: Presión acústica de referen-cia, de valor: 2 x 10-5Nw/m2 (pas-cais). Limiar de audición para un

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

oído san a unha frecuencia de1.000 Hz.

O nivel continuo equivalente(LAeq,T) é o nivel de presión acústi-ca eficaz ponderado e promediadodurante un tempo de medición.

LAeq,T = 10 Log [1/T oT

(Pa2(t)/Po

2) dt]

ou alternativamente mediante aecuación:

LAeq,T = 10 Log [ (ti/100)10o.1Lpai]

Onde:

ti/100 é o valor numérico da por-centaxe de tempo da duración totaldo ensaio, T, correspondente ónivel de presión acústica LpAi cosLpi dispostos en intervalos de claseinferiores ou iguais a 1 dB.

LpAi son os niveis de presiónacústica ponderados, A, obtidoscunha instrumentación que cum-pra os requisitos esixidos ós apare-llos de clase 1 na norma IEC--651, UNE-EN 60.651, utilizandoa característica temporal lenta.

1.1.— Nivel de emisión interno(NEI). É o nivel de presión acústi-ca existente nun determinadolocal, onde funcionen unha oumáis fontes sonoras.

1.2.— Nivel de emisión externo(NEE). É o nivel de presión acús-tica orixinado por unha ou máisfontes sonoras que funcionen noespacio libre exterior.

2.— Nivel de recepción. É o ni-vel de presión acústica existente

nun determinado lugar orixinadopor unha fonte sonora que funcio-na nun lugar distinto.

2.1.— Nivel de recepción interno(NRI). É o nivel de recepciónmedido no interior dun local. Á súavez distínguense dúas situacións:

2.1.1.— Nivel de recepción in-terno con orixe interna (NRII). Éaquel nivel de recepción internoorixinado por unha fonte sonoraou vibrante que funciona noutrorecinto, situado no propio edificioou nun edificio estremeiro.

2.1.2.— Nivel de recepción inter-no con orixe externa (NRIE). Éaquel nivel de recepción interno ori-xinado por unha abundancia so-nora que procede do espacio libreexterior.

2.2.— Nivel de recepción exter-no (NRE). É o nivel de recepciónmedido nun determinado puntosituado no espacio libre exterior.

Capítulo II

Clasificacións

Artigo 2. Clasificación do ruído.

Para os efectos desta lei, os ruí-dos clasifícanse en:

1.— Ruído continuo. É aquel quese manifesta ininterrompidamentedurante máis de dez minutos. Á súavez, dentro deste tipo de ruídosdiferéncianse tres categorías:

1.1.— Ruído continuo uniforme.É aquel ruído continuo cun nivel

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

de presión acústica (LpA), utilizan-do a posición de resposta «lenta»do equipo de medición, que semantén constante ou ben os límitesnos que varía difiren en menos de±3 dB(A), en períodos de medi-ción de dous minutos.

1.2.— Ruído continuo variable.É aquel ruído cun nivel de presiónacústica (LpA), utilizando a posi-ción de resposta «lenta» do equipode medición, que varía entre unslímites que difiren entre ±3 e ±6dB(A).

1.3.— Ruído continuo fluctuan-te. É aquel ruído cun nivel de pre-sión acústica (LpA), utilizando aposición de resposta «lenta» doequipo de medición, que varíaentre uns límites que difiren en ±6dB(A).

2.— Ruído transitorio. É aquelque se manifesta ininterrompida-mente durante un período de tempoigual ou menor de cinco minutos.Á súa vez, dentro deste tipo deruído diferéncianse tres categorías:

2.1.— Ruído transitorio periódi-co. É aquel ruído que se repite conmaior ou menor exactitude, cunhaperiodicidade de frecuencia que éposible determinar.

2.2.— Ruído transitorio aleato-rio. É aquel ruído que se producede forma totalmente imprevisible,polo que para a súa correcta valo-ración é necesaria unha análiseestatística da variación temporaldo nivel sonoro durante un temposuficientemente significativo.

2.3.— Ruído de fondo. É aquelruído existente nun determinadoambiente ou recinto cun nivel depresión acústica que supera o 90%dun tempo de observación suficien-temente significativo en ausenciado ruído obxecto da inspección.

Co fin de poder diferenciar epondera-los diversos ruídos conmaior precisión e racionalidade,efectúase unha segunda clasifica-ción do ruído, tendo en conta arelación establecida entre a fontesonora ou vibrante causante damolestia e o propietario ou mani-pulador da dita fonte. Deste xeito,considéranse dous tipos de ruídosque presentan características co-múns:

a) Ruído obxectivo. É aquelruído producido por unha fontesonora ou vibrante que funcionade maneira automática, autónomaou aleatoria, sen que interveñaningunha persoa que poida varia--las condicións de funcionamentoda fonte.

b) Ruído subxectivo. É aquelruído producido por unha fontesonora ou vibrante cunhas condi-cións de funcionamento que que-dan supeditadas á vontade domanipulador ou titular da ditafonte.

Para os efectos desta lei, con-sidérase dividido o día en dousperíodos horarios, denominados:diurno, desde as 08.00 horas ata as22.00 horas, e nocturno, entre as22.00 horas e as 08.00 horas.

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Capítulo III

Técnicas de medición

Artigo 3. Equipos de medición.

Os ruídos mediranse mediantesonómetros, instrumentos deseña-dos e construídos para responderó son de forma similar a comoreacciona o oído humano, poden-do obterse medidas obxectivasreproducibles do nivel de presiónsonora.

1.— O grao de precisión dossonómetros utilizados para a me-dición do nivel acústico, do illa-mento acústico e do nivel de vibra-ción será do tipo 1. Os ditossonómetros deben ser integradorese analizadores con posibilidade deobtención de datos estatísticos ede rexistro. No caso de que o ruídoambiental conteña impulsos, fara-se necesario utilizar instrumenta-ción que cumpra a norma IEC--804, UNE-EN 60.804.

Para os efectos da clasificaciónda precisión dos sonómetros seráaplicable o establecido nas nor-mas IEC-651-79 e UNE 60.651.O micrófono utilizado será decampo libre e estará orientadonaquela dirección na que a res-posta en frecuencia sexa máisuniforme.

Para asegura-la fiabilidade damedición, tódalas que se realicenno exterior requirirán o uso depantallas protectoras antivento.

2. Ó inicio e ó final de cadamedición acústica efectuarase unha

comprobación do sonómetro, utili-zando para isto un calibrador sono-ro apropiado. Esta circunstanciarecollerase no informe de medi-ción, así como a contrastación, alo-menos anualmente, cun laboratoriooficial ou privado debidamenteautorizado.

Artigo 4. Determinación do nivelde ruído e vibración.

1. A determinación do nivel deruído realizarase e expresarase endecibelios, corrixidos conforme arede de ponderación normalizadamediante a curva de referenciatipo (A), definida na norma UNE--EN 60.651.

2. A posta en estación do equipode medición realizarase de confor-midade cos requisitos establecidosno regulamento da lei, de acordocoas características ambientais nasque se desenvolve o ruído obxectoda medición.

3. A característica introducidano equipo de medición (lento,rápido ou estatístico) será a esta-blecida no regulamento da lei, enfunción da variación do ruído res-pecto do tempo (artigo 2 desteanexo).

As vibracións son unha causa decontaminación acústica producidapolo inadecuado funcionamentode máquinas ou instalacións.

As vibracións mediranse conacelerómetros, ós que se llesconectará un sonómetro que reali-zará as funcións de análise e valo-ración.

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

4. A determinación do nivel devibración realizarase de acordo coestablecido na norma ISO-2631-2,apartado 4.2.3.

A magnitude determinante davibración será a súa aceleraciónexpresada como valor eficaz(rms) en m/s2 e corrixida me-diante a aplicación das pondera-cións de acordo co establecidona norma ISO-2631-1, apartado3.5.

5. Para cuantifica-la intensidadeda vibración utilizarase calquerados procedementos que se indicannos apartados seguintes:

5.1.— Determinación por lectu-ra directa da curva que correspon-de á vibración considerada.

5.2.— Medición do espectro davibración considerada en bandasde tercio de oitava (entre 1 e 80Hz) e determinación posterior dacurva base mínima que contén odito espectro.

Para o caso de variación dosresultados obtidos por un ou outrosistema considerarase o valor máiselevado.

Artigo 5. Medición do illamentoacústico.

A medición do illamento acústi-co, esixido ás distintas particións esolucións constructivas que com-poñen os diversos recintos das edi-ficacións, realizarase seguindo asprescricións establecidas nanorma UNE 74-040.

Título II

Niveis de ruído evibración admisibles

Capítulo I

Niveis de avaliación

Artigo 6. Determinación dos ni-veis de avaliación.

1. As recepcións e as emisiónsdetermínanse mediante os niveisde avaliación.

2. Os niveis de avaliacióndetermínanse separadamente por:

A) Recepción:

a) A recepción no ambienteexterior producida polo tránsitorodado (NRE).

b) A recepción no ambienteexterior producida polas activida-des e pola veciñanza (NRE).

c) A recepción no ambiente inte-rior producida polas actividades epola veciñanza (NRII-NRIE).

d) A recepción de vibracións noambiente interior.

B) Emisión:

a) A emisión de ruído das activi-dades no ambiente exterior (NEI--NEE).

b) A emisión de ruído dos vehí-culos (NEE).

c) A emisión de ruído da maqui-naria (NEI-NEE).

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Todos estes niveis serán medi-dos na forma e nas condiciónssinaladas no regulamento.

Artigo 7. Zonas de sensibilidadeacústica.

1. Enténdese por zona de sensi-bilidade acústica aquela parte doterritorio que presenta un mesmorango de percepción acústica.

2. Defínense as seguintes zonasde sensibilidade acústica:

a) Zona de alta sensibilidadeacústica: comprende tódolos secto-res do territorio que admiten unhaprotección alta contra o ruído,como áreas sanitarias, docentes,culturais ou espacios protexidos.

b) Zona de moderada sensibili-dade acústica: comprende tódolossectores do territorio que admitenunha percepción do nivel sonoromedio, como vivendas, hoteis ouzonas de especial protección comoos centros históricos.

c) Zona de baixa sensibilidadeacústica: comprende tódolos sec-tores do territorio que admitenunha percepción do nivel sonoroelevado, como restaurantes, bares,locais ou centros comerciais.

d) Zona de servidume: com-prende os sectores do territorioafectados por servidumes sonorasen favor de sistemas xerais deinfraestructuras viarias, ferrovia-rias ou outros equipos públicosque as reclamen.

3. Cando os usos do solo ou aconcorrencia de causas o xustifi-

quen, poderán establecerse outraszonas específicas.

4. Enténdese por zonas satura-das aquelas que alcanzaron osmáximos niveis de ruído no exte-rior fixados para elas, debido a quea actividade desenvolvida provo-que a concentración de fontessonoras ou a afluencia de público.

5. As zonas de sensibilidadeacústica definiranas os concellos.

Capítulo II

Valores de recepción

Artigo 8. Valores de recepción.

1. Os valores de recepción sonos niveis de avaliación máximosrecomendados no ambiente exte-rior ou no interior e fíxanse enfunción do período horario e dazona de sensibilidade acústica.

2. Os valores de recepción doruído no ambiente exterior son osseguintes:

Z = Zonas de sensibilidadeacústica.

(1) De 08.00 horas a 22.00 horasLpAeq.

(2) De 22.00 horas a 08.00 horasLpAeq.

Z (1) (2)A 60 50B 65 55C 70 60D/Outras zonas específicas 75 65

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Zona de servidume:

A zona de servidume sonoraderivada da existencia ou previ-sión de focos emisores de ruídoe/ou vibracións, como poden se--las infraestructuras viarias, asferroviarias ou outros equipospúblicos que o reclamen, será deli-mitada polo órgano administrativocompetente.

A zona de servidume abran-guerá o territorrio do contorno dofoco emisor e delimitarase nospuntos do territorio, ou curva isó-fona, onde se midan os valoresguía de recepción no ambienteexterior que correspondan deacordo coas zonas de sensibilida-de acústica.

No caso de que pola zona desensibilidade acústica, A, transco-rra unha autoestrada, a zona deservidume derivada desta com-prenderá o territorio do contornoda autoestrada ata os puntos doespacio delimitado pola curva isó-fona 60 dB(A).

Excepcionalmente, poderá auto-rizarse unha ampliación determi-nada de carácter temporal e xusti-ficada, nos niveis máximos, nunspuntos determinados do termomunicipal, atendendo eventos sin-gulares programados, tales comocelebracións, feiras, festas oumanifestacións, ó mesmo tempoque se darán as ordes precisas parareducir ó máximo as molestias óscidadáns.

3. Os valores de recepción doruído no ambiente interior son osseguintes:

Z = Zonas de sensibilidadeacústica.

(1) De 08.00 horas a 22.00 horasLpAeq.

(2) De 22.00 horas a 08.00 horasLpAeq.

Z (1) (2)A 30 25B 35 30C, D 40 35

4. Os valores de recepción ásvibracións no ambiente interiorson os seguintes:

Uso do recinto Período Curva baseafectado

Sanitario Diurno 1Nocturno 1

Residencial Diurno 2Nocturno 1,4

Oficinas Diurno 4Nocturno 4

Almacén e comercial Diurno 8Nocturno 8

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Fig. 5.a As curvas base son as da Fig. 5.a.Vibracións en edificios, da normaISO-2631-2.

5. Estas medicións realizaransede acordo coas precricións técni-cas establecidas no regulamento.

Santiago de Compostela, 11 deagosto de 1997

Manuel Fraga IribarnePresidente

LEI 7/1997, DO 11 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Frecuencia central de banda de tensio de oitava. Hz.

Aceleración(rms) m/s2