Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das ... · materia de vertidos ó litoral...

24
Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das augas das rías de Galicia e de ordenación do servicio pú- blico de depuración de augas residuais urbanas Tramitación parlamentaria: Proxecto de lei, BOPG núm. 706, do 1.3.2001. Emendas á totalidade, BOPG núm. 725, do 23.3.2001. Emendas ó articulado, BOPG núm. 744, do 19.4.2001. Debate de totalidade, DSPG núm. 143, do 3.4.2001. Informe da Ponencia, BOPG núm. 767, do 25.5.2001. Dictame da Comisión, BOPG núm. 774, do 2.6.2001. Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 779, do 8.6.2001. Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 151, do 12.6.2001. Publicación: Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 796, do 17.7.2001. Diario Oficial de Galicia núm. 161, do 21.8.2001. Boletín Oficial del Estado núm. 245, do 12.10.2001.

Transcript of Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das ... · materia de vertidos ó litoral...

Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade dasaugas das rías de Galicia e de ordenación do servicio pú-blico de depuración de augas residuais urbanas

Tramitación parlamentaria:Proxecto de lei, BOPG núm. 706, do 1.3.2001.Emendas á totalidade, BOPG núm. 725, do 23.3.2001.Emendas ó articulado, BOPG núm. 744, do 19.4.2001.Debate de totalidade, DSPG núm. 143, do 3.4.2001.Informe da Ponencia, BOPG núm. 767, do 25.5.2001.Dictame da Comisión, BOPG núm. 774, do 2.6.2001.Mantemento de emendas e votos particulares, BOPG núm. 779, do8.6.2001.Debate e aprobación polo Pleno, DSPG núm. 151, do 12.6.2001.

Publicación:Boletín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 796, do 17.7.2001.Diario Oficial de Galicia núm. 161, do 21.8.2001.Boletín Oficial del Estado núm. 245, do 12.10.2001.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

Lei 8/2001, do 2 de agosto, de protección da calidade das au-gas das rías de Galicia e de ordenación do servicio público dedepuración de augas residuais urbanas

1

As rías de Galicia constitúen unsespacios singulares dentro da xe-ografía da Comunidade Autónoma.Neles atópase unha gran riquezanatural, de fauna e paisaxística ede importante valor económico ómesmo tempo, que vén convivin-do con asentamentos urbanos e ac-tividades industriais de certa enti-dade. A deterioración que, a travésdos anos, estas actividades, ou ou-tras de nova implantación, lle po-den causar por efectos puntuais ouacumulativos á calidade das súasaugas fai necesario que se utilicentódolos instrumentos ó alcance daComunidade Autónoma para co-rrixir e previr estas consecuenciasperniciosas. Esta lei pretende, pois,a protección da calidade das augasdas rías de Galicia mediante o es-tablecemento de obxectivos de ca-lidade e de límites para a emisiónde vertidos, así como a ordenacióndas actividades que puidesen re-sultar incompatibles coa dita pro-tección, para as que a súa insta-lación requirirá unha especialatención ás esixencias ambientais.

Todo isto co obxectivo de queGalicia se dote dun instrumento

normativo do máximo rango quefaga compatibles de forma razo-able o desenvolvemento urbanoe industrial, por un lado, cos usosde marisqueo, turismo e baño dasrías, por outro, considerando o me-dio natural como un factor limita-dor común a ámbolos dous aspec-tos.

Estas circunstancias obrigan aacometer unha normativa especialpara os vertidos contaminantes nasrías de Galicia que, acomodándo-se ó disposto na normativa daUnión Europea e na normativa bá-sica do Estado, estableza un réxi-me de protección das marxes des-tas, así como un réxime estricto devertidos, tanto desde a perspecti-va material dos parámetros de ca-lidade das augas e niveis de emi-sión admisibles coma desde aperspectiva puramente sanciona-dora.

Para estes efectos, o Estatuto deautonomía de Galicia prevé, porunha parte, a competencia exclu-siva da Xunta de Galicia para a or-denación do territorio e do litoral(artigo 27.3) e para a promulga-ción de normas adicionais sobreprotección do medio ambiente (ar-

Esta lei foi derrogada pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

tigo 27.30), e, por outra parte, aexecución da normativa estatal enmateria de vertidos ó litoral (arti-go 29.4). Neste marco, segundo foireiteradamente interpretado poloTribunal Constitucional, esta leiencontra, pois, acomodo nas com-petencias da Xunta de Galicia.

Asemade, esta lei encaixa sendificultade na previsión contida noartigo 34 da Lei de costas estatal,co fin de dictar normas específicasde protección para tramos de cos-ta determinados, ós cales se debeatender especialmente para a au-torización de vertidos contami-nantes, de acordo co disposto noartigo 57.2 da mesma lei. Hai queaclarar que, aínda que a Sentenciado Tribunal Constitucional 149/1991declara o citado artigo 34 inconsti-tucional, o dito pronunciamentoten como fundamento non o conti-do material do precepto, que éplenamente admisible, senón aatribución ó Estado e non ás co-munidades autónomas da compe-tencia para dictar tales normas.

Por último, o réxime de protec-ción que esta lei establece incardí-nase tamén no marco dos princi-pios que inspiran a Lei 1/1995, do2 de xaneiro, de protección am-biental de Galicia, en especial o declasificación das actividades e o deprevención, expresamente recolli-dos nesa norma adicional de pro-tección autonómica dictada paralles dar cumprimento ó artigo 45da Constitución e ás esixenciasambientais derivadas do ingreso

de España na Unión Europea den-tro do ámbito da nosa autonomía.

2

Noutra orde de cousas, esta leiregula a ordenación do servicio dedepuración de augas residuais ur-banas. Este servicio veuse pres-tando ata o de agora, xeralmente,dunha forma dual, reservando pa-ra si a Administración autonómi-ca a execución das estacións de-puradoras e asumindo as entidadeslocais a súa explotación. Sen em-bargo, o desenvolvemento da pla-nificación do saneamento de Ga-licia e a execución de numerosasinstalacións de depuración puxe-ron de manifesto unha serie dedisfuncións, tales como a faltade regulamentos ou ordenanzasmunicipais, a disparidade de cus-tos económicos de explotación oua falta de resposta ante deter-minados vertidos de natureza in-dustrial inasumibles polo sistema,debidas nalgúns casos á escasa ca-pacidade técnica, económica ounormativa das entidades que ac-tualmente prestan o servicio.

Estas disfuncións poden com-promete-lo cumprimento dos ob-xectivos ordenados pola normati-va europea, xa asumidos poloordenamento xurídico español egalego. Por iso, o título II desta leiordena o servicio de depuración deaugas residuais urbanas de Gali-cia, que se declara servicio públi-co de interese xeral da Comuni-

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

dade Autónoma, e a súa xestiónatribúeselle á Administraciónhidráulica de Galicia, de acordo co-as facultades establecidas no arti-go 4.1.c) da Lei 8/1993. A potes-tade estatutaria de dictar normasadicionais en materia de ambien-te, xa citada anteriormente, xuntocoa competencia que posúe a Xun-ta de Galicia en relación coas obraspúblicas que non teñan a cualifi-cación legal de interese xeral doEstado ou aquelas nas que a súaexecución ou explotación non afec-te outra comunidade autónoma (ar-tigo 27.7 do Estatuto de autonomíade Galicia), fundamentan este tí-tulo II. Preténdese con iso superaraquelas disfuncións, de xeito quepor economías de escala o custo doservicio se poida abaratar, e taménmediante o establecemento dunmarco normativo que ordene aprestación do servicio a nivel au-tonómico, dotado así mesmo docorrespondente réxime sanciona-dor.

A asunción do servicio de de-puración de augas residuais porparte da Xunta de Galicia apóiasetamén noutros fundamentos nor-mativos. Por unha parte, a vixen-te lexislación de réxime local, tan-to estatal (artigo 25.2 da Lei debases de réxime local) coma au-tonómica (artigo 80.2 da Lei5/1997, de Administración local deGalicia), que remite á normativasectorial a definición das compe-tencias ó respecto; é por iso que alei, aínda que declara de interesede Galicia o servicio de depuración,

non deixa de recoñecerlles ás ad-ministracións locais o exercicio dedeterminadas competencias en re-lación con el. Por outra parte, nonse poden esquece-las obrigas queteñen asumidas tódalas comunida-des autónomas derivadas da nor-mativa básica sobre saneamento edepuración de augas residuais ur-banas, concretada no Real decretolei 11/1995 e no correspondentePlan nacional de saneamento e de-puración. Por último, a aplicacióndesde 1996 do canon de sanea-mento creado pola Lei 8/1993, quedemostrou ser un instrumento efi-caz para asegura-los necesarios re-cursos económicos para atender es-tas finalidades. Neste sentido, aíndaque se deberán actualiza-las tarifasdo tributo, que permaneceron senvariación desde o seu inicio, a leitamén ordena a súa lóxica incom-patibilidade cos actuais instru-mentos financeiros aplicados po-las entidades locais, que terán quedesaparecer.

3

Finalmente, o título III da lei re-colle o réxime sancionador co-rrespondente a cada un dos títulosprecedentes, tanto nas súas dispo-sicións específicas coma naquelanormativa común, referida a com-petencia e procedemento.

O abordar esta regulación através dun texto con rango de leidébese a que, no tocante ó título I,dentro do marco de maior protec-

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

ción que se pretende, se endureceo réxime sancionador previsto po-la Lei de costas. Esta finalidade,esencial para o cabal cumprimen-to do obxectivo proposto, non sepodería acadar a través dunha nor-ma de rango regulamentario ó im-pedirllo o principio constitucionalde legalidade en materia sancio-nadora.

E no referente ó título II, a im-plantación ex novo do réxime san-cionador relativo a un novo ser-vicio de interese xeral está claroque se debe facer igualmente comaior rango normativo.

Por todo o exposto o Parlamen-to de Galicia aprobou e eu, deconformidade co artigo 13.2 doEstatuto de Galicia e co artigo 24da Lei 1/1983, do 22 de febreiro,reguladora da Xunta e do seu pre-sidente, promulgo en nome deEl-Rei a Lei de protección da cali-dade das augas das rías de Galiciae de ordenación do servicio públi-co de depuración de augas resi-duais urbanas.

Título I

Da protección da calidade das augas das rías de Galicia

Artigo 1. Obxecto e ámbito.

l. É obxecto desta lei previr, mi-nimizar, corrixir ou, de se-lo caso,impedi-los efectos prexudiciaisque determinadas obras, instala-

cións e actividades públicas ou pri-vadas poidan ter sobre a calidadedas augas das rías de Galicia, através das medidas que nela se es-tablecen.

2. En particular, esta lei sera-lles aplicable ós vertidos, tanto lí-quidos coma sólidos, que, deforma directa ou indirecta, se rea-licen desde terra ás rías de Galiciano ámbito territorial indicado noapartado 4 e sen prexuízo do dis-posto no artigo 4.9, así como óplaneamento urbanístico nas súasmanifestacións de plans, progra-mas e proxectos, nos supostos doartigo 5.

3. Exclúense do ámbito de apli-cación desta lei os vertidos efec-tuados desde buques e outras ins-talacións flotantes nos que a súacompetencia lle corresponda á Ad-ministración do Estado.

4. O ámbito territorial ó que seestende o título I desta lei é a zo-na terrestre correspondente ás cun-cas dos municipios ribeiráns ver-tentes ó interior das rías de Foz,Viveiro, O Barqueiro, Ortiguei-ra, Cedeira, Ferrol, Ares-Betanzos,A Coruña, Corme-Laxe, Cama-riñas, Lires, Corcubión, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra, Aldán,Vigo e Baiona. No anexo I indí-canse os límites xeográficos exte-riores das mencionadas rías. En to-do caso, o límite interior das ríassitúase no extremo interior da zo-na de dominio público marítimo-terrestre, segundo se define na

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

vixente normativa en materia decostas.

Artigo 2. Vertidos de residuos.

1. Queda prohibido efectuar cal-quera tipo de vertido de residuosás augas das rías de Galicia, salvocando estes sexan utilizados comorecheos e estean debidamenteautorizados, logo de constatadaa ausencia de afección á calidadedas augas de acordo co previsto noanexo II.

2. Cando os recheos puidesenafecta-la conservación e rexene-ración dos recursos mariños re-quirirase informe preceptivo e vin-culante da consellería competenteen materia de pesca.

3. As autoridades competentes,e en particular os concellos e asdemais entidades locais, denegaránas correspondentes licencias deobras, de apertura e de activida-des, respecto daquelas que non es-tean debidamente autorizadas deacordo co previsto no apartado an-terior.

Artigo 3. Obxectivos de calidadedas augas.

1. Establécense como obxecti-vos de calidade das augas das ríasde Galicia os indicados no anexoII desta lei. Estes obxectivos de ca-lidade terán o carácter de mínimos.

2. Os métodos de análise de re-ferencia para a determinación dos

parámetros considerados nos ob-xectivos de calidade do punto an-terior, así como o procedementopara o seu control, serán determi-nados regulamentariamente.

3. En calquera caso, os anterio-res obxectivos de calidade enten-deranse modificados no caso deque por parte da Unión Europeaou do Estado se dictasen obxecti-vos de calidade máis estrictos, ouben referentes a novos parámetros,particularmente no relativo ás nor-mas de calidade para as augas debaño, de calidade das augas e daproducción de moluscos e outrasespecies mariñas, ou ben en rela-ción co vertido de substancias pe-rigosas desde terra ó mar.

Artigo 4. Normas sobre vertidosde augas residuais industriais.

l. No ámbito territorial desta lei,queda prohibido efectuar vertidosde augas residuais industriais ásrías de Galicia sen contar coa pre-via e preceptiva autorización, quelle corresponde outorgar á Admi-nistración hidráulica da Comuni-dade Autónoma de Galicia, logode informe da Consellería de Pes-ca, Marisqueo e Acuicultura.

2. Non se poderán outorgar li-cencias municipais de obras, deapertura e de actividades de na-tureza diferente á doméstica senque, previa e expresamente, osseus promotores obtivesen a auto-rización á que se refire o parágra-fo anterior.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

3. As mencionadas autoriza-cións de vertido outorgaranse deacordo coa vixente lexislación enmateria de costas e de protecciónambiental e con esta lei, sen pre-xuízo da concesión de ocupacióndo dominio público marítimo-te-rrestre se fose necesaria, e de ma-neira que os límites impostos á ca-lidade das augas residuais seadecúen ós obxectivos de calida-de indicados no artigo anterior.

4. A autorización de vertidonon será efectiva, e polo tanto es-te non se poderá levar a cabo, sen acomprobación previa das condi-cións impostas na dita autorización,entre as que necesariamente se en-contrarán as relativas á adecuacióndos sistemas de tratamento dovertido ós límites que se impoñan.

5. Para a nova instalación ouampliación no ámbito territorialobxecto desta lei das actividadesindustriais, públicas ou privadas,indicadas no anexo III, requirirase,ademais da autorización de verti-do ó que se refire o apartado 1, a ne-cesidade de someter previamenteo proxecto a avaliación ambiental,de acordo co procedemento pre-visto na vixente normativa de pro-tección ambiental de Galicia.

6. Para a instalación das activi-dades ás que se refire o apartadoanterior requirirase igualmente queos seus titulares utilicen as mello-res técnicas dispoñibles economi-camente viables para a reducciónna orixe dos vertidos de augas re-

siduais ou, de se-lo caso, para oseu tratamento e depuración. Ospromotores deberán igualmentexustifica-lo cumprimento de ob-xectivos de calidade para aquelesparámetros que non teñan fixadoslímites de vertido.

7. En todo caso, a Administra-ción hidráulica de Galicia poderáprohibir, no ámbito territorial ó quese refire esta lei, aqueles procesosindustriais nos que os seus efluen-tes, a pesar do tratamento ó que se-xan sometidos, poidan constituírun risco de contaminación do do-minio público superior ó admi-sible de acordo co establecidonesta lei, ben sexa no seu funcio-namento normal ou no caso de si-tuacións previsibles.

8. Igualmente, non se poderánautorizar vertidos de augas resi-duais industriais cunha carga con-taminante que supere os límites deemisión establecidos no anexo IV,que en ningún caso poderán ser al-canzados mediante dilución. Asmesmas previsións do artigo 3.3serán aplicables para estes límites.Os métodos analíticos de referen-cia para estes parámetros, así co-mo o procedemento para o seucontrol, serán determinados regu-lamentariamente.

9. Os límites de emisión esta-blecidos no punto anterior poderánser aplicables, así mesmo, a cadaun dos vertidos que, xunto conoutro ou outros vertidos dun mes-mo ou outro establecemento, poi-

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

dan conformar un vertido único fi-nal, mesmo no caso de que os di-tos establecementos se atopasen fó-ra do ámbito establecido no artigo1 desta lei. Neste último caso, osditos vertidos quedarán tamén su-xeitos ó réxime de autorizaciónprevisto neste título, logo da moti-vación do seu risco de afección áría de que se trate. Para estes efec-tos, a medición da contaminacióndos efluentes realizarase no puntode saída do vertido de cada un dosestablecementos separadamente.

10. Nas autorizacións de verti-do, Augas de Galicia poderá mo-tivadamente impoñe-la instalaciónde sistemas de medición e análiseen continuo dos efluentes, así co-mo de transmisión de datos entempo real.

Artigo 5. Aplicación das técnicasde protección ambiental ó planea-mento urbanístico e ás actividadesen funcionamento.

l. Na tramitación do planea-mento urbanístico no ámbito te-rritorial obxecto desta lei debera-se demandar un informe daautoridade ambiental. Cando o di-to planeamento puidese afecta-losrecursos mariños, requirirase ade-mais informe da Consellería dePesca, Marisqueo e Acuicultura.

2. Co obxecto de comproba-losseus posibles efectos nocivos pa-ra o medio natural e sinala-las me-didas correctoras, e sen prexuízodo indicado na disposición transi-

toria primeira, aplicaránselles ásactividades que se estean reali-zando ou ás xa realizadas no ditoámbito territorial as técnicas deprotección ambiental establecidaspola Lei 1/1995, do 2 de xaneiro,de protección ambiental de Ga-licia.

3. Todas aquelas actuacións, pú-blicas ou privadas, susceptibles deproduciren unha alteración físicaou unha perda dos valores natu-rais, culturais, científicos ou edu-cativos dos espacios naturais enréxime de protección xeral incluí-dos no Rexistro Xeral de EspaciosNaturais de Galicia localizados noámbito territorial desta lei seránsometidas a avaliación do seu im-pacto ambiental de acordo co pro-cedemento vixente.

Título II

Da ordenación do servicio público de depuración de augas

residuais urbanas

Artigo 6. Declaración de interesexeral da Comunidade Autónoma.

1. Declárase de interese xeral daComunidade Autónoma de Gali-cia o servicio de depuración de au-gas residuais urbanas.

2. O ámbito material do serviciocomprende a regulación, a planifi-cación, a aprobación definitiva deproxectos, a construcción e a xes-tión, explotación e mantemento das

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

estacións depuradoras de augas re-siduais, redes de colectores xeraise emisarios submarinos que formenparte da programación de sanea-mento e depuración da Xunta deGalicia, así como, de se-lo caso,a reutilización das augas residuaisdepuradas.

3. Quedan expresamente ex-cluídas aquelas redes de sumi-doiros nas que o seu proxecto,construcción e xestión lles corres-pondan ás entidades locais de for-ma exclusiva.

Artigo 7. Competencias das enti-dades locais.

As entidades locais, sen prexuí-zo do disposto no artigo 6.3, exer-cerán en materia de depuración deaugas residuais urbanas as com-petencias seguintes:

1. A promoción, redacción eproposta á Xunta de Galicia paraa súa aprobación, logo da com-probación da súa adecuación á pro-gramación á que se refire o arti-go 6.2, de plans e proxectos deobras e instalacións.

2. A contratación e execucióndas obras e instalacións que llescorrespondan conforme os plans eproxectos aprobados previamen-te, e aqueloutras que lles enco-mende a Xunta de Galicia.

3. A xestión e explotación dasobras e instalacións, por si mes-mas ou mediante calquera fórmu-

la asociativa con outras entidadeslocais.

4. A participación na elabora-ción do Regulamento autonómicoregulador do servicio de depura-ción, nos termos do artigo 10.3.

Artigo 8. Administración xestorado servicio.

1. O servicio de depuración deaugas residuais urbanas da Co-munidade Autónoma será xestio-nado pola Administración hidráu-lica de Galicia, ben sexa a travésdo organismo autónomo Augas deGalicia ou ben a través da Empre-sa Pública de Obras e ServiciosHidráulicos, entidades creadas po-la Lei 8/1993, do 23 de xuño, re-guladora da Administraciónhidráulica de Galicia.

2. En igualdade de condiciónstécnicas e económicas, a Admi-nistración hidráulica de Galicia po-deralles encomendar ás entidadeslocais a prestación do servicio, tan-to na construcción coma na ex-plotación das instalacións.

3. A administración xestora dasinstalacións poderá utilizar para oefecto calquera das formas actual-mente vixentes para a xestión deservicios públicos.

Artigo 9. Financiamento do servicio.

1. O servicio de depuración deaugas residuais urbanas da Co-munidade Autónoma será finan-

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

ciado integramente pola Adminis-tración hidráulica de Galicia, através dos recursos seguintes:

a) O producto do canon de sa-neamento creado pola Lei 8/1993.

b) As transferencias que no seufavor ordene a Xunta de Galicia eoutras entidades públicas.

c) Empréstitos e créditos, nostermos que determinen as leis deorzamentos.

d) O producto das sancións queimpoña por incumprimentos da re-gulación do servicio.

e) Ingresos de dereito privado.

f) Calquera outro recurso quepuidese obter ou que lle fose asig-nado para este fin.

2. Declárase a incompatibilida-de en favor do canon de sanea-mento respecto daqueles tributos eprezos que, de acordo coa vixentenormativa en materia de facendaslocais, as administracións locais ti-vesen en vigor para financia-lo ser-vicio de depuración de augas resi-duais urbanas nos supostos nos quesexa asumido pola ComunidadeAutónoma, a partir da asunciónefectiva do servicio.

3. O comezo da prestación efec-tiva do servicio por parte da Ad-ministración hidráulica de Galiciacomportará o cesamento da reca-dación dos instrumentos tributa-

rios e financeiros que tivesen vi-xentes a correspondente entidadeou entidades locais ás que lles deaservicio a instalación de depuraciónde que se trate, sen prexuízo do de-reito destas ó cobramento dos cré-ditos pendentes nese momento.

Artigo 10. Regulación do servicio.

1. O servicio público de depu-ración de augas residuais urbanas,con independencia da administra-ción que o preste, rexerase polodisposto nesta lei e nas disposi-cións que a desenvolvan, así comopolo disposto na normativa básicavixente sobre tratamento de augasresiduais urbanas.

2. O Consello da Xunta de Gali-cia dictará o Regulamento de pres-tación do servicio público de depu-ración de augas residuais urbanas,que terá que desenvolver, entreoutros, os seguintes extremos:

a) Elementos para a proteccióndas instalacións de saneamentoe depuración e do medio receptordos seus efluentes.

b) A definición dos vertidos prohi-bidos e tolerados ós sistemas pú-blicos de depuración de augas re-siduais, incluída a prohibición dediluí-los vertidos co fin de acada-los ditos límites.

c) A obriga de someter a auto-rización os vertidos de natureza nondoméstica, con carácter previo á súaconexión ás redes de saneamento.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

A autorización deberá conter, polomenos, os condicionantes cuanti-tativos e cualitativos do vertido pa-ra que este sexa admitido nas ditasredes. Procedemento de autoriza-ción dos vertidos.

d) Os vertidos que non acadenos límites establecidos no punto b)deberán someterse ó tratamentoprevio axeitado antes de seren au-torizados.

e) O réxime de situacións deemerxencia e dos vertidos acci-dentais potencialmente perigosospara a seguridade das persoas oudas instalacións de saneamento,referido, como mínimo, á súa co-municación, adopción de medidascorrectoras e valoración e aboa-mento dos danos.

f) O réxime de vertidos me-diante camións cisterna.

g) O réxime de inspección, mos-traxe, análise e control dos verti-dos, incluíndo a obriga, para osvertidos de natureza non domésti-ca, de disposición dunha arquetade rexistro que lle permita á ad-ministración actuante a súa ins-pección en todo momento.

3. O regulamento será elabora-do polo organismo autónomo Au-gas de Galicia e propoñerallo óconselleiro de Política Territorial,Obras Públicas e Vivenda, quen,logo de demandar informe das en-tidades locais a través da súa aso-ciación máis representativa en Ga-

licia, o elevará ó Consello da Xun-ta de Galicia.

Título III

Réxime de infraccións e sancións

Artigo 11. Infraccións e sanciónsrelativas ó título I.

1. As infraccións ó prevido notítulo I desta lei serán sancionadasconforme a vixente normativa enmateria de costas.

2. En todo caso, constituirán in-fraccións de carácter grave:

a) O vertido non autorizado deaugas residuais industriais ás ríasde Galicia.

b) O incumprimento das condi-cións establecidas na correspon-dente autorización de vertido.

3. A comisión das infracciónsprevistas no apartado anterior serásancionada coa imposición de mul-tas desde 750.000 ata 75.000.000de pesetas.

4. Con independencia da sanciónque lles fose imposta, os infracto-res serán obrigados a indemniza-los danos e perdas causados, no pra-zo que determine a resolución doexpediente sancionador.

5. As sancións por infracciónsgraves poderán levar aparelladaa obriga do cesamento da activi-

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

dade infractora, nos termos do ar-tigo 35.2 da Lei 1/1995, do 2 dexaneiro, de protección ambientalde Galicia, e sen prexuízo da de-claración de caducidade das auto-rizacións ou concesións corres-pondentes, de se-lo caso.

Artigo 12. Infraccións e sanciónsrelativas ó título II.

En relación co disposto no títu-lo II:

1.— Consideraranse infracciónsde carácter leve:

a) O vertido ó sistema de depu-ración de augas residuais de natu-reza doméstica sen contar coa au-torización correspondente.

b) O incumprimento das condi-cións establecidas na autorizaciónde vertido, sempre que non lle cau-se danos ó sistema público de de-puración, ou ben cando estes danosnon superen as 500.000 pesetas.

c) As accións e omisións dasque deriven danos ou perdas paraa integridade ou o funcionamentodo sistema público de depuracióninferiores a 500.000 pesetas.

d) A obstaculización das fun-cións de inspección, vixilancia econtrol que leve a cabo a admi-nistración, a desobediencia ós seusrequirimentos de información ouen relación coa adecuación de ver-tidos ou instalacións ás condiciónsregulamentarias.

e) Calquera incumprimento dasobrigas do conxunto normativo deregulación do servicio que nonteña atribuída outra cualificación.

2.— Consideraranse infracciónsgraves:

a) O vertido ó sistema de depu-ración de augas residuais de na-tureza distinta á doméstica sencontar coa autorización corres-pondente.

b) A realización de vertidosprohibidos polo regulamento ó quese refire o artigo 10.2.

c) O incumprimento das condi-cións establecidas na autorizaciónde vertido, sempre que se lle cau-sen danos ó sistema público de de-puración superiores a 500.000 pe-setas e ata 2.500.000 pesetas.

d) As accións e omisións dasque deriven danos ou perdas paraa integridade ou o funcionamentodo sistema público de depuraciónsuperiores a 500.000 pesetas e ata2.500.000 pesetas.

e) A ocultación ou falsificaciónde datos determinantes para ooutorgamento da autorización devertido.

f) A falta de comunicación dassituacións de emerxencia ou pe-rigo, ou o incumprimento das or-des da administración derivadasde situacións de perigo ou emer-xencia.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

g) A reincidencia na comisiónde dúas ou máis infraccións levesno período dun ano.

3.— Consideraranse infracciónsmoi graves:

a) Calquera conducta indicadano apartado 2 da que deriven da-nos ou perdas para o sistema dedepuración superiores a 2.500.000pesetas.

b) O incumprimento das ordesde suspensión de vertidos non au-torizados.

c) A reincidencia na comisiónde dúas ou máis infraccións gra-ves no período dun ano.

4.— As infraccións tipificadasnos apartados anteriores serán san-cionadas coas multas seguintes:

a) Infraccións leves: multa deata 1.000.000 de pesetas.

b) Infraccións graves: multa en-tre 1.000.001 e 5.000.000 de pe-setas.

c) Infraccións moi graves: mul-ta entre 5.000.001 e 25.000.000 depesetas.

5.— As sancións graduaranseen función da reincidencia do in-fractor, da súa intencionalidade,do beneficio obtido e da afecciónproducida ó sistema de depura-ción, ou á calidade do medio re-ceptor.

Artigo 13. Órganos competentes.

1. Os órganos competentes pa-ra a imposición das sancións pre-vistas nesta lei, así como as esta-blecidas na Lei de costas decompetencia da Administraciónhidráulica de Galicia, serán os pre-vistos no artigo 32 da Lei 8/1993,do 23 de xuño, reguladora da Ad-ministración hidráulica de Galicia.

2. Malia o anterior, ó presiden-te do organismo autónomo Augasde Galicia atribúeselle expresa-mente a competencia para sancio-nar infraccións de carácter graveprevistas no artigo 11, sempre quea multa que se impoña non supe-re os 50.000.000 de pesetas, e enxeral para sanciona-las infracciónsde carácter grave previstas no ar-tigo 12.

Artigo 14. Procedemento sancio-nador.

1. Correspóndelle a incoacióndos expedientes sancionadores pre-vistos nesta lei ó organismo autó-nomo Augas de Galicia.

2. O procedemento para a tra-mitación dos expedientes sancio-nadores será o previsto na vixentenormativa xeral de procedemen-to administrativo común.

3. Serán sancionadas pola co-misión de infraccións as persoasfísicas e xurídicas que resulten res-ponsables delas aínda a título desimple inobservancia.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

4. Con independencia da san-ción que se lles impoña, os in-fractores serán obrigados a repa-ra-lo dano causado, podendo aadministración, de se-lo caso, exer-cita-las facultades de execuciónsubsidiaria previstas na lei.

5. Os prazos de prescrición dasinfraccións e das sancións serán osprevistos na vixente normativa xe-ral de procedemento administrati-vo común.

6. O prazo para a resolución dosexpedientes sancionadores serádun ano, que se contará desde asúa incoación.

Disposición adicional primeira

No suposto de que se produza amodificación normativa á que se re-firen os artigos 3.3 e 4.8, o Conse-llo da Xunta de Galicia procederá aactualizar e modificar, mediante de-creto, o contido dos anexos II e IV,respectivamente, desta lei.

Disposición adicional segunda

Os concellos e as demais ad-ministracións locais que se en-contren incluídos, na súa totali-dade ou en parte, dentro doámbito territorial desta lei, indi-cado no anexo I, deberán, no pra-zo dun ano a partir da entrada envigor desta lei, aprobar ou, de se-lo caso, revisa-las súas corres-pondentes ordenanzas de vertido,co fin de adecualas ós obxectivosde calidade establecidos nesta lei,

para o que poderán contar co ase-soramento da Administraciónhidráulica de Galicia.

O incumprimento desta obri-ga comportará necesariamente aperda do dereito a calquera co-laboración financeira da Xuntade Galicia para a explotacióndas súas instalacións de sanea-mento e depuración de augas re-siduais.

Disposición adicional terceira

O Consello da Xunta de Galiciapromoverá de común acordo coGoberno do Principado de Astu-rias a regulación correspondentepara a protección da calidade dasaugas da ría de Ribadeo.

Disposición adicional cuarta

1. Engádeselle, coa redacciónseguinte, un segundo apartado óartigo 35 da Lei 8/1993, do 23 dexuño, reguladora da Administra-ción hidráulica de Galicia, e que-da a actual redacción como apar-tado primeiro:

«2. Enténdese por habitante adefinición de habitante-equivalentecontida no artigo 2.f) do Realdecreto lei 11/1995, do 28 de de-cembro, polo que se establecen asnormas aplicables ó tratamento dasaugas residuais urbanas.»

2. Engádeselle unha nova dis-posición adicional segunda á Lei8/1993, do 23 de xuño, regula-

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

dora da Administración hidráuli-ca de Galicia, coa redacción se-guinte:

«Disposición adicional segunda

1. A aprobación dos proxectosde obras hidráulicas que leve a ca-bo a Administración hidráulica deGalicia levará implícita a declara-ción de utilidade pública e a ne-cesidade de ocupación dos bense dereitos afectados para os efec-tos da súa expropiación forzosa,da ocupación temporal e da impo-sición ou modificación de servi-dumes. A declaración de utilidadepública e necesidade de ocupaciónrefírense tamén ós bens e dereitosafectados polo replanteo do pro-xecto e polas modificacións deobras que se poidan aprobar conposterioridade.

2. Os proxectos correspon-dentes a obras hidráulicas quenon esgoten a súa funcionalida-de no termo municipal onde selocalicen non estarán suxeitos alicencia municipal nin a calque-ra acto de control preventivo mu-nicipal ós que se refire o artigo84.1.b) da Lei 7/1985, do 2 deabril, reguladora das bases de ré-xime local, e o artigo 286.1.b) daLei 5/1997, do 22 de xullo, da Ad-ministración local de Galicia. Aexecución destas obras, sempreque se leve a cabo de acordo cosproxectos aprobados e se lles deainformación previamente ás ad-ministracións locais correspon-dentes, non poderá ser suspendi-

da polos órganos urbanísticoscompetentes.»

Disposición adicional quinta

Enténdense autorizados para osefectos desta lei os vertidos de au-gas residuais municipais de natu-reza urbana ou doméstica, produ-cidos no ámbito territorial previstono artigo 5 da Lei 8/1993 e desdeterra ó litoral galego, que se inte-gren na programación de actua-cións de saneamento do organis-mo autónomo Augas de Galicia,así como os vertidos industriais co-nectados á rede de colectores mu-nicipais sempre que non afectenos obxectivos de calidade fixadosnesta lei.

Todo isto sen prexuízo de queAugas de Galicia, logo de audien-cia das correspondentes entidadeslocais, dicte as condicións nas quese terán que realiza-los mencio-nados vertidos.

Disposición transitoria primeira

1. Os establecementos indus-triais instalados no ámbito territo-rial definido no artigo 1.3 na datada entrada en vigor desta lei de-berán acreditar perante Augas deGalicia, no prazo de dous mesesdesde a dita data, a posesión dapreceptiva autorización adminis-trativa en vigor dos seus vertidosde augas residuais ou ben deberánsolicita-la súa tramitación de acor-do co previsto nesta lei e nas de-mais disposicións vixentes.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

2. Asemade, e no mesmo prazo,os titulares de autorizacións de ver-tido outorgadas conforme a lexis-lación anterior á Lei 22/1988, decostas, deberán acreditar que seadecuaron á mencionada lei.

3. As autorizacións que resultenacreditadas serán revisadas, de ofi-cio, por parte de Augas de Galicia,para os efectos da súa adecuacióna esta lei, e seguirase, de se-lo ca-so, a súa eventual confirmación,modificación ou revogación. Enningún caso se poderá conceder unprazo superior a dous anos para aadaptación progresiva dos verti-dos ós limites establecidos nestalei.

4. O prevido nesta disposiciónnon dará lugar a indemnizaciónningunha.

Disposición transitoria segunda

No prazo de seis meses a partirda entrada en vigor desta lei que-darán sen efecto os convenios quefosen subscritos pola Xunta de Ga-licia en materia de vertidos de au-gas residuais ás rías de Galicia quese opoñan ó contido dela.

Disposición transitoria terceira

Os procedementos de outorga-mento de autorización de vertidode augas residuais e os de licen-cia de apertura ou de actividadesque prevexan a producción devertidos no ámbito territorial de-finido no artigo 1.3, así como o

planeamento urbanístico —plans,programas e proxectos— no di-to ámbito, que se encontren entrámite no momento da entradaen vigor desta lei deberán ade-cuarse ó seu contido antes do ou-torgamento daquela.

Disposición transitoria cuarta

A Administración hidráulica deGalicia poderá asumi-la xestióndas estacións depuradoras actual-mente en servicio na ComunidadeAutónoma no prazo máximo detres anos, que se contarán desdea entrada en vigor desta lei. Paraestes efectos, subscribiranse os co-rrespondentes convenios coas ad-ministracións locais xestoras de-las, nos que necesariamente seindicará, entre outros extremos, adescrición das instalacións do sis-tema de depuración de que se tra-te e o balance económico dos tresúltimos exercicios.

A xestión das ditas instalaciónspoderalles ser encomendada taménás administracións locais nos ter-mos desta lei, sen prexuízo daaprobación por parte da Adminis-tración hidráulica de Galicia doscorrespondentes proxectos de ex-plotación.

Disposición transitoria quinta

As ordenanzas municipais so-bre uso e vertidos ás redes de su-midoiros que se atopen vixentes áentrada en vigor deste decreto de-berán adaptarse ó que dispoña o

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

regulamento ó que se refire o arti-go 10.2, no prazo dun ano, que secontará desde a entrada en vigordeste último.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a Xunta de Galiciapara dicta-las disposicións que se-xan necesarias para o desenvolve-mento e a aplicación desta lei.

Disposición derradeira segunda

Esta lei entrará en vigor o díaseguinte ó da súa publicación noDiario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 deagosto de 2001

Manuel Fraga IribarnePresidente

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

Anexo I

Ámbito territorial das rías de Galicia

Indícanse para cada ría os puntos xeográficos que, unidos medianteunha liña recta imaxinaria, definen o seu límite exterior, xunto coas súascoordenadas UTM.

l.1.— Ría de Foz.Punta de Prados-Punta do Cabo.(642650,4825750)-(641850,4826100).

1.2.— Ría de Viveiro.Punta Fociño do Porco-Punta do Faro.(612300,4841700)-(614200,4841100).

l.3.— Ría do Barqueiro.Punta Muller Mariña-Punta As Laxes.(607800,4848200)-(609900,4845550).

1.4.— Ría de Ortigueira.Punta da Escada-Punta da Barra de Ladrido.(592750,4841400)-(594550,4841000).

1.5.— Ría de Cedeira.Punta Chirlateira-Punta do Carreiro.(573250,4835450)-(574650,4835600).

1.6.— Ría de Ferrol.Punta do Segaño-Punta de San Cristovo.(555800,4811800)-(556800,4812500).

1.7.— Ría de Ares-Betanzos.Punta Torrella-Punta Coitelada.(556250,4806350)-(555400,4810600).

1.8.— Ría da Coruña.Punta Herminia-Punta do Seixo Branco.(548650,4804500)-(552750,4805300).

1.9.— Ría de Corme-Laxe.Punta da Insua-Punta Roncudo.(499050,4886950)-(500750,4791650).

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

1.10.— Ría de Camariñas.Punta da Barca-Punta do Costado.(482350,4773750)-(483500,4775400).

1.11.— Ría de Lires.Confluencia do Seo de Nemiña coa ría de Lires.(479100,4761250)-(483500,4775400).

1.12.— Ría de Corcubión.Cabo de Cee-Punta Galera.(485200,4751750)-(486800,4751400).

l.13.— Ría de Muros-Noia.Punta Queixal-Punta do Castro.(493700,4732050)-(497400,4727250).

l.14.— Ría de Arousa.Punta de Laño-Punta do Castelo.(498200,4707400)-(505200,4703300).

1.15.— Ría de Pontevedra.Punta de Cabicastro-Cabo Udra.(513400,4692650)-(513450,468760).

l.16.— Ría de Aldán.Punta Couso-Cabo Udra.(512000,4692650)-(513450,468760).

l.17.— Ría de Vigo.Punta da Meda-Punta Subrido (Plan).(512550,4867400)-(511350,4677350).

1.18.— Ría de Baiona.Punta da Meda-Punta do Castelo de Monte Rei.(512650,4665600)-(512350,4664200).

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

Anexo II

Obxectivos de calidade das augas das rías de Galicia

A) Bacteriolóxicos

Parámetros Unidade Valor Observacións1.— Coliformes fecais (ufc)/100 ml 100 90% mostras2.— Estreptococos fecais (ufc)/100 ml 100 90% mostras3.— Coliformes totais (ufc)/100 ml 500 90% mostras

ufc: unidades formadoras de colonias.

B) Físicos

Parámetros Unidade Valor Observacións4.— Temperatura °C MN+1 90% mostras5.— Transparencia m MN-1 90% mostras6.— Color mg Pt-Co/1 MN+10 90% mostras

C) Químicos

Parámetros Unidade Valor Observacións7.— Osíxeno disolto mg/l 0.9 MN-1.1 MN 90% mostras8.— pH upH 7.5-8.7 90% mostras9.— Sólidos en suspensión mg/1 1.3 MN 90% mostras10.— Salinidade µS/cm 0.9 MN-1.1 MN 90% mostras

MN: media normal do parámetro considerado, en condicións espaciais e temporais equivalentes, efectuando amedición no medio non afectado.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

D) Microcontaminantes inorgánicos de tipo tóxico

Parámetro Contido en auga Sedimentos/moluscos/crustáceosMercurio 0.5 µg/l NATCadmio 5 µg/l NATArsénico total 50 µg/l NATCobre disoltoDureza da auga (mg/1 CaCO3)CaCO3=10 5 µg/l NAT10<CaCO3=50 22 µg/l NAT50<CaCO3=100 40 µg/l NATCaCO3>100 120 µg/l NATCromo total disolto 50 µg/l (*) NATNíquel disoltoDureza da auga (mg/1 CaCO3)CaCO3=50 50 µg/l NAT50<CaCO3=100 100 µg/l NAT100<CaCO3=200 150 µg/l NATCaCO3>200 200 µg/l NATChumbo disolto 50 µg/l NATSelenio disolto 1 µg/l NATZinc totalDureza da auga (mg/1 CaCO3)CaCO3=10 30 µg/l NAT10<CaCO3=50 200 µg/l NAT50<CaCO3=100 300 µg/l NATCaCO3>100 500 µg/l NATCianuros totais 40 µg/l NATFluoruros 1.7 mg/1 NAT

(*) 5 µg/l como cromo VI

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

E) Microcontaminantes orgánicos de tipo tóxico

Parámetro Contido en auga Sedimentos/moluscos/crustáceosHexaclorociclohexano 0.02 µg/l NATTetracloruro de carbono 12 µg/l NATDDT (total) 25 µg/l NAT(para-para-DDT) 10 µg/l NATPentaclorofenol 2 µg/l NATAldrín 10 ng/l NATDieldrín 10 ng/l NATEndrín 5 ng/l NATIsodrín 5 ng/l NATHexaclorobenceno 0.03 µg/l NATHexaclorobutadieno 0.01 µg/l NATCloroformo 0.12 µg/l NAT1,2-dicloroetano 10 µg/l NATTricloroetileno 10 µg/l NATPercloroetileno 10 µg/l NATTriclorobenceno 0.4 µg/l NATAtrazina 1 µg/l NATBenceno 30 µg/l NATClorobenceno 20 µg/l NATDiclorobenceno (• isómeros orto, meta e para) 20 µg/l NATEtilenbenceno 30 µg/l NATMetolacloro 1 µg/l NATNaftaleno 5 µg/l NATSimazina 1 µg/l NATTerbutiazina 1 µg/l NATTolueno 50 µg/l NATTributilestaño (• compostos de butilestaño) 0.02 µg/l NAT1,1,1-Tricloroetano 100 µg/l NATXileno (• isómeros orto, meta e para) 30 µg/l NAT

NAT: non deberán aumentar ó longo do tempo.

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

Anexo III

Actividades potencialmente incompatibles no ámbito territorial das ríasde Galicia pola súa perigosidade ou pola utilización de determinados

elementos ou compostos

Inclúense neste anexo aquelas actividades industriais relacionadas nosanexos I e II do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de ava-liación de impacto ambiental, modificado polo Real decreto lei 9/2000, do6 de outubro.

Anexo IVLímites de emisión de vertidos de augas residuais ás rías de Galicia

Parámetro Media mensual Media diaria Valor puntualCadmio (mg/1)* 0.2 0.4 0.4Mercurio (mg/1)* 0.05 0.1 0.1Hexaclorociclohexano (mg/1) 2 4 8Tetracloruro de carbono (mg/1) 1.5 3 6DDT (mg/1) 0.2 0.4 0.8Pentaclorofenol (mg/1) 1 2 3Aldrín e derivados (mg/1) 0.002 0.01 0.02Cloroformo (mg/1) 1 2 4Hexaclorobenceno (mg/1) 1 2 4Hexaclorobutadieno (mg/1) 1.5 3 61,2-dicloroetano (mg/1) 2.5 5 10Tricloroetileno (mg/1) 0.5 1 2Percloroetileno (mg/1) 1.25 2.5 5Triclorobenceno (mg/1) 1 2 4Zinc (mg/1) 3 6 10Cobre (mg/1) 0.5 2.5 4Níquel (mg/1) 3 6 10Cromo total (mg/1) 0.5 2 4Cromo VI (mg/1) 0.2 0.4 0.5Chumbo (mg/1) 0.5 1 2Selenio (mg/l) 0.05 0.1 0.2

LEI 8/2001, DO 2 DE AGOSTO, DE PROTECCIÓN DA CALIDADE DAS AUGAS DAS RÍAS DE GALICIA

Arsénico (mg/l) 1 3 5Estaño (mg/1) 10 15 20Titanio (mg/1) 1 3 5Materias sedimentables (ml/l) 2 3 4Fósforo total (mg/1)**Nitróxeno total (mg/1)**Materias en suspensión (mg/1)**Demanda química de osíxeno (mg/1)**Demanda biolóxica de osíxeno a 5 días (mg/1)**Outros parámetros**

* En calquera caso estas concentracións só se admitirán nos vertidos que se produzan como consecuencia doarrastre inevitable destes metais contidos nas materias primas usadas. O titular do vertido deberá demostrar quenon é posible por medios técnicos dispoñibles e economicamente viables reducir estes arrastres.** Os seus valores serán fixados especificamente na autorización de vertido correspondente. O fósforo total e onitróxeno total fixaranse, ademais, respectando eventuais declaracións de «zona sensible» que afecten as rías deGalicia. O nitróxeno total equivale á suma de nitróxeno Kjeldahl total (N orgánico+NH3), nitróxeno en formade nitrato (NO3) e nitróxeno en forma de nitrito (NO2).