Lenda dos sentimentos

5
LENDA DOS SENTIMENTOS Conta a lenda que unha vez reuníronse nun lugar da terra todos os sentimentos e cualidades dos homes. Cando o ABURRIMIENTO bostezou por terceira vez, a LOUCURA, como sempre tan tola, propúxolles: - Xogamos ás agachadas? A INTRIGA levantou a cara intrigada, e a CURIOSIDADE sen poder conterse preguntou: - Ás agachadas? E como é iso? - É un xogo- explicou a LOUCURA - no que eu tapo a cara e comezo a contar dende un ata un millón mentres vós vos escondedes e, cando eu remate de contar, o primeiro ao que encontre, ocupará o meu lugar para continuar o xogo . O ENTUSIASMO foi apoiado pola EUFORIA. A ALEGRÍA deu tantos saltos que rematou por convencer á DÚBIDA, e mesmo á APATÍA a que nunca lle interesaba nada. Pero non todos quixeron participar. A SOBERBIA opinou que era un xogo moi parvo (no fondo, o que lle molestaba era que a idea non fora súa), e a COVARDÍA preferiu non se arriscar... Un, dous, tres... comenzou a contar a LOUCURA. A primeira en esconderse foi a PREGUIZA, que, como sempre, se deixou caer tras a primeira pedra do camiño. A ENVEXA escondeuse tras a sombra do TRIUNFO, que co seu propio esforzo lograra subir á copa da árbore máis alta. A XENEROSIDADE case non alcanzaba a esconderse; cada sitio que achaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos: que se un lago cristalino? Ai! É ideal para a BELEZA!; que si a fenda dunha árbore? Perfecto para a TIMIDEZ!; que se un refacho de vento? Magnífico para a LIBERDADE! Así que terminou por ocultarse nun raíño de sol, o EGOÍSMO, en cambio, encontrou un sitio moi bo dende o principio, ventilado, cómodo... iso si, só para el.

Transcript of Lenda dos sentimentos

Page 1: Lenda dos sentimentos

LENDA DOS SENTIMENTOS

 Conta a lenda que unha vez reuníronse nun lugar da terra todos os sentimentos e cualidades dos homes.

Cando o ABURRIMIENTO bostezou por terceira vez, a LOUCURA, como sempre tan tola, propúxolles:

- Xogamos ás agachadas?

A INTRIGA levantou a cara intrigada, e a CURIOSIDADE sen poder conterse preguntou:

- Ás agachadas? E como é iso?

- É un xogo- explicou a LOUCURA - no que eu tapo a cara e comezo a contar dende un ata un millón mentres vós vos escondedes e, cando eu remate de contar, o primeiro ao que encontre, ocupará o meu lugar para continuar o xogo.

O ENTUSIASMO foi apoiado pola EUFORIA. A ALEGRÍA deu tantos saltos que rematou por convencer á DÚBIDA, e mesmo á APATÍA a que nunca lle interesaba nada.

Pero non todos quixeron participar. A SOBERBIA opinou que era un xogo moi parvo (no fondo, o que lle molestaba era que a idea non fora súa), e a COVARDÍA preferiu non se arriscar... Un, dous, tres... comenzou a contar a LOUCURA.

A primeira en esconderse foi a PREGUIZA, que, como sempre, se deixou caer tras a primeira pedra do camiño.

A ENVEXA escondeuse tras a sombra do TRIUNFO, que co seu propio esforzo lograra subir á copa da árbore máis alta.

A XENEROSIDADE case non alcanzaba a esconderse; cada sitio que achaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos: que se un lago cristalino? Ai! É ideal para a BELEZA!; que si a fenda dunha árbore? Perfecto para a TIMIDEZ!; que se un refacho de vento? Magnífico para a LIBERDADE! Así que terminou por ocultarse nun raíño de sol, o EGOÍSMO, en cambio, encontrou un sitio moi bo dende o principio, ventilado, cómodo... iso si, só para el.

A MENTIRA escondeuse no fondo dos océanos (mentira, en realidade escondeuse detrás do arco da vella), e o DESEXO no centro dos volcáns, o ESQUECEMENTO... esquecéuseme onde se escondeu!... pero non é o importante.Cando a LOUCURA contaba 999999 o AMOR aínda non encontrara sitio para esconderse, pois todo se encontraba ocupado, ata que

Page 2: Lenda dos sentimentos

divisou unha roseira e, conmovido decidiu esconderse entre as súas flores.-¡Un millón!- contou a LOUCURA e comezou a buscar.

A primeira en aparecer foi a PREGUIZA, só a tres pasos da pedra. Despois o DESEXO que o sentiu no vibrar dos volcáns.Nun descoido encontrou a ENVEXA, e claro, puido deducir onde estaba o TRIUNFO. Ao EGOÍSMO non tivo nin que buscalo; el soíño saíu desesperado do seu escondedoiro que resultara ser un niño de avespas.De tanto camiñar sentiu sede e ao achegarse ao lago descubriu a BELEZA. E coa DÚBIDA resultou máis doado aínda, pois a encontrou sentada sobre unha cerca sen decidir aínda en que lado esconderse. Así foi atopando a todos: o TALENTO entre a herba fresca, a ANGUSTIA nunha oscura cova, a MENTIRA detrás do arco da vella. (mentira, si ela estaba no fondo do océano!), e ata o ESQUECEMENTO, ao que xa se lle esquecera que estaba a xogar ao escondedoiro.

Pero só o AMOR non aparecía por ningún sitio.A LOUCURA buscou detrás de cada árbore, baixo cada regato do planeta, no cume das montañas e, cando estaba a punto de darse por vencida, divisou unha roseira e as rosas... E tomou unha forquita e comezou a mover as ramas, cando de pronto un doloroso berro se escoitou. As espiñas feriran nos ollos ao AMOR, a LOUCURA non sabía que facer para desculparse; chorou, pregou, implorou, pediu perdón, e ata prometeu ser o seu guía.Dende entón, dende que por primeira vez se xogou ao escondedoiro na terra,O AMOR É CEGOE A LOUCURA SEMPRE, SEMPRE O ACOMPAÑA.

1. Facemos fotos coas caras de cada un dos sentimentos.2. Decimos cales son positivos e cales negativos.3. Debuxamos o sentimento e dicimos o que é, a que podería

saber e o porqué e a que podería ulir e o porqué.4. Sentimentos que aparecen na lenda: aburrimento, loucura,

intriga- curiosidade, entusiasmo – euforia - alegría, dúbida, apatía, soberbia, desexo, cobardía, preguiza, envexa, triunfo, xenerosidade, timidez, liberdade, egoísmo, mentira, angustia.

Page 3: Lenda dos sentimentos

5. Falamos do amor e xa poñemos o de e ti que levas no corazón? 6. Avaliación. Que che pareceu esta actividade? Para que pensas

que é beneficiosa? Cres que che vai servir de algo? Para que?

NOME DO SENTIMENTO:

Page 4: Lenda dos sentimentos

DEBUXO:

Escribe unha situación no que o sentiras:

É positivo ou negativo?

A que ule? Por que?

A que sabe? Por que?