LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA

6
XIV (Contra a morte o amor que vai conmigo) Dos días que reserva para min o destino cada unha das súas noites por vivir sería a derradeira a única esencial se puidese vivirte a ti tamén trasnoitado sobre o teu corpo en calma cohabitando os teus soños sobrevivindo á miña inexistencia soñando nas túas noites ou prorrogado en ti. Un soño alleo repetido O certo é que teño a impresión ás veces que se fai máis patente cada día de que pese ás evidencias en contra debín morrer daquela e estou vivindo un soño repetido nas noites dos que me seguen querendo. MOITAS CULTURAS SE CRUZAN NO MEU ESPÍRITO E NO MEU CORAZÓN NON HAI FRONTEIRAS.

description

BIOGRAFÍA E POEMAS DE LOIS PEREIRO

Transcript of LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA

Page 1: LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA

XIV

(Contra a morte o amor que vai conmigo)

Dos días que reserva para min o destino

cada unha das súas noites por vivir

sería a derradeira

a única esencial

se puidese vivirte a ti tamén

trasnoitado sobre o teu corpo en calma

cohabitando os teus soños

sobrevivindo á miña inexistencia

soñando nas túas noites

ou prorrogado en ti.

Un soño alleo repetido

O certo é que teño a impresión ás veces que se fai máis patente cada día de que pese ás evidencias en contra debín morrer daquela

e estou vivindo un soño repetido nas noites dos que me seguen querendo.

MOITAS CULTURAS SE CRUZAN NO MEU ESPÍRITO E NO

MEU CORAZÓN NON HAI FRONTEIRAS.

Page 2: LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano

1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde comezou

a estudar Ciencias Políticas e Socioloxía e máis tarde

francés, inglés e alemán. Xunto con Antón Patiño, Xosé

Manuel Pereiro e Manuel Rivas fundou a revista Loia, que

só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta pu-

blicación apareceron poemas de Lois Pereiro que poste-

riormente serían recollidos en Poemas para unha loia

(1996).

De regreso á terra natal, Pereiro figurou nas antoloxías

colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor

(1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en

que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo

Fernán Vello, Manuel Rivas...poetas de moi diferentes ten-

dencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre

as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca

o sostemento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz

—para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítu-

los da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.

En 1983 e 1987 viaxou por Europa. Traballou como tradu-

tor de alemán, francés e inglés no ámbito da dobraxe tan-

to no cine coma na televisión. Tamén se prodigou como

letrista after-punk (Terra Cha ou Narcisismo) para Ra-

dio Océano, a banda de seu irmán.

En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas

1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade

(1995), duros e espidos poemarios en que se fan pa-

tentes as pegadas expresionistas, as referencias á

literatura xermánica e certos trazos da contracultura.

Nos seus textos son constantes as referencias á cul-

tura centroeuropea: Thomas Bernhard, Paul Celan,

Paul Valery, Apollinaire, James Joyce, Rilke, Yeats, T.

S. Elliot, Handke, Breton, Win Wenders...

A morte sobreviríalle na cidade Coruña en 1996.

“A REFLEXIÓN, AS IDEAS, A CREACIÓN

OU AS PALABRAS. A ARTE E A CULTURA

É SEMPRE O QUE ME SALVA DA TENTA-

CIÓN DA MORTE, E ME ANIMA A REI-

NICIAR, A REANUDARME NO COÑECE-

MENTO E NA TRANSFORMACIÓN DA MI-

ÑA ALMA EXTRAVIADA.“

Page 3: LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA

Sinten os fíos do día

caír na súa estructura destecida

os cinco dedos fríos

da noite dixital que me persigue

cos seus galgos de sombra vixiante.

E a miña imaxe vaise cara á noite

sen a lus que a limita

medrando nesa tebra familiar.

Narcisismo

Sigo os pasos do sangue no meu corpo

e coa unlla do meu dedo máis firme

abro un sulco vermello en media lúa

na vea que me acolle tan azul.

Outro poema de amor

El xa non sintía nada alí deitado

e ela tampouco ó velo.

Preguntouse se o amara algunha vez

mentres vía o seu sangue a caer na alfombra

que ela, sempre ela, tería que limpar

cando o levasen.

Page 4: LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA

Acróstico

Somentes

intentaba conseguir

deixar na terra

algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido

impedirme a min mesmo

descubrir que só fun un interludio

atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra

inocularlle para sempre a quen amaba

doses letais do amor que envelenaba

a súa alma cunha dor eterna

sustituíndo o desexo polo exilio

iniciei a viaxe sen retorno

deixándome levar sen resistencia

ó fondo dunha interna

aniquilación chea de nostalxia.

Poderíano escoller como epitafio

Cuspídeme enriba cando pasedes

por diante do lugar no que eu repouse

enviándome unha húmida mensaxe

de vida e de furia necesaria.

Page 5: LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA
Page 6: LETRAS GALEGAS 2011 NO IES LAGOA DE ANTELA