Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

46
LETRAS GALEGAS 2012 VALENTÍN PAZ-ANDRADE SELECCIÓN DE TEXTOS

description

Yolanda Vidal

Transcript of Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Page 1: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

LETRAS GALEGAS 2012

VALENTÍN

PAZ-ANDRADE

SELECCIÓN DE TEXTOS

Page 2: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

PRANTO MATRICIAL(Bos Aires, 1955)

1O que todo galego choraría

2Dor da paisaxe

Das augas deloridas, doce pranto

Page 3: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

que escorra pola face das alboradas,deica a raíz das herbas,

destilado na pinga dos orballos,e dea seu latexo a noite e día

nas rezadoras choivas que soergueno canto-chao das tellas,

e o responso romántico das gárgolassobre as pedras mortas de Sant Yago.

O cristalino pranto manadeiropolos ollos das pontes,

onde o pulso dos ríos esmorece,e se acugula co solpor calado,

na verdecida soidade dos vales,toda a dor da ribeira sen cantigas,dos cruceiros e as ánimas sen luz,

dos camiños sen lida labradora,dos fogares sen sangue gomarizo.

Pranto baril dos ventos galgadoresalimentados co sal da Ría,

que xa non baten velas de Rianxo,e te chaman, Daniel, con voz ferida,

-agullas dos lentos piñeirales,

Page 4: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

verdes coros arpados do Salnés-ou con voz dos abismos, roncadeira,

na crátera fadal das oleaxes,pé das rochas de Sálvora.

O salaio de ferro das motoras,coa agonía da néboa e dos naufraxios,

chámante polas bocas de Marín;e o nacarado choro das buguinas,

uivando nos salgados areales,sobre as laxes rachadas dos cantiles,

nos cabos onde escachan as tormentas…

co folgo máis sostido e sonorosoque brotaran de peitos mariñeiros.

E aló, nos curutos desnevadosdas serras estremeiras,

ou polas corredoiras dos lugares esquecidos no ermo,

a corna inxel que tallan os pastores,buguinada da urce,

ceiba tamén no azul fanal abertoa coita da montaña taciturna,

Page 5: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

ferida polo mesmo desconsolo.

3A terra e os sinos

4Alá lonxe

Que se escoiten agoraseus líquidos acentos alá lonxe,

vibradoiros na librerede dos merindiáns ultramarinos.

E mergullen, Daniel, no mesmo prantoos ronseles postreiros

das túas signaturas á derivaabraiante de Marte;

dende o trópico a foro pintigado

Page 6: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

ao balbordo de Hudson, e ás peladasserras de Araucania.

En Cuba se derramen, e no Mare de Cortés, e no ardente

mato dos bandeirantes paulistamose nas punas do inca,

e nas pampas do gaucho cabalgadas,con Don Segundo Sombra polos

médanos.

Océano de terras escontra o dique sísmico dos Andes,

mexido polo zonda sequiosoe por quillas sen leme navegando;natureza auroral que se espreguiza

co inxerto de vidas esgazadas;foro aberto do mundo,

onde a estrela dos parias tamém loce;mapa de libramento presentido,

onde o sangue romeiro dos galegosa ventureira vocazón renova.

Page 7: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

5Teu destino

Sementador leixado,peregrino namorado dos roteioscara o destino da Galiza abertos;

flor das vidas chagadas na acedumeincerta do desterro:

o de morrer alá teu sino era.Alá, sen escoitar as elexías

do violín dos cegos,e a zanfona de pedra dos Profetas,

que tan só por ti soar puidera, O de morrer sentindo na agonía,

a quentura arterial dos emigrados, lonxe do morno ollar das Dolorosastalladas ao respaldo dos cruceiros.O de ancorar a nao, desarborada,

nos peiraos de alén-mar,abrindo regos novos á saudade;

reencendendo os pábilos da ialma na Galiza migral, e na Galiza

Page 8: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

que aínda agarda, Daniel, o teu retorno...

6Cando ti volvas…

SEMENTEIRA DO VENTO(Ed. Galaxia, 1968)

Rústicas nais

As úberes do medo

Se isto é vivir... eu vivovivo aínda

neste val de viventes espantallos

Page 9: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

munxidores das úberes do medo,mais a xeito dun prófugo da morte,

que por teima dos outroshoubo de recuncar quixera ou non,

nos arriscados xogos de facerventureiro resgate da súa vida.

Experimentei en quente catro vecesmal gobernada Dona da Gadaña!

o axexo dos teus tarsos...nos meus pasos,

e o tronce dos aceiros tolledoresou a facer peneira no meu coiro,

ou a trillar meus osose deixar debulladas pola area

espigas do meu sangue.

Fuxir fuxín con vida...non sei como,

aos tiros dunha banda arremesadose os pelouros da outra,

para aboiar despois facendo o morto,como cortiza a flote

mexida no ir e vir de cada ola,

Page 10: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

sen bourel de loureiroao pairo polas augas de ninguén.

Cando a febre do chumbo viña a menosou viraban as lúas,

seus ferrollos abrían as cadeasou súas soidades os desterros,e non faltaban no poleiro galos

con gorxa de papel de oficio chea,para me pór á sombra

ou me liscar co demo unha tempada.

Escomasí o meu remorso sintode non ter até agora merecidotentos fanados holocaustos

e condecoracións do... revirallo,tanto calafateo de suturas

e versiculación de cicatrices,tanto derramamento de garoubas

que atinguiron os brancose marraron no fin,

tanto xemer de folios e de ferrosmexido contra aquelo...

que non fun.

Page 11: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Farei nunca reconto dos aldraxesque nas táboas da lei que o pobo dita

non teñen cabementoou son aínda máis que mágoa honra.

As miñas horas sen ti…

CEN CHAVES DE SOMBRA(1979)

As palabras

Vén o ar ateigado de palabras, cada mañán chamando aos nosos

vidros,

Page 12: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

para pór a xemolar son e semente.As palabras de cote están falando

e somos nós os xordos ao mensaxeque no seo das sílabas carrexan.

Polas palabras somos outra cousa,e non primaz materia dunha besta,

só desbravada en nós polas palabras.Son palabras as ondas do gran ríoda fala, que morre un pouco e nace

do mencer ao luar de cada día.

A eito marteladas nos falaresdo pobo, que as mestura ao seu suor,

limadas cal semánticas moedasnas forxas oficiais do saber,

sempre as palabras teñen lei de onda a develar na vida dos demais.

É de palabras a primeira músicaque dá tremer de luz ao noso tímpano,

e de palabras o primeiro ríoque verte ao noso canle súas ondas,

e se fai subterráneo en cada noite

Page 13: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

para renascer no leito das auroras.

Denantes das palabras foi a choivalinguaxe de cristais da natureza,de verticales sílabas composto, elemental vocabulario líquido

das claves seminales sobre a terra,a descrifrar polas meniñas da alma.

Palabras insonoras baixo o sono como peixes de acuarium apagado que a memoria repesca na vixilia.Palabras e memoria dúas forzas

que xa casadas nascen lonxe, lonxe...no orbe prebabélico do home.

E cando chega a morte a nosa beira,cando nos pasaporta para o nada,o que de certo pasa e se rexistra,

o que nos deixa listos para o embarquena dorna por Caronte tripulada...

é o naufraxio de todas as palabras.

(Vigo, 1970)

Page 14: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Non escoitedes…

Non escoitedes voz onde non tremao vidro do seu tempo,

mainamente,como na pel das augas treme a bristinguida no brancor dos amieiros.

Non escoitedes voz na que se esquezanas raíces do barro que nos dou

feitío de criaturas,amor pra repartir cos semellantes

quentor do noso sangue.

Non escoitedes ecos en retornodos paredóns da morte.

a vida virá sempre a sulcos novospra se facer fecunda

no grao de cada espiga.

Page 15: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

[Pousa Nova do Mar, 1977]

Noso Alexandre, mártir

Canto ao catro de Nadal

Galiza abría os ollos despois da negra sombra

que murchara no cedo as roseiras de abril.

De novo puña os pés no camiño de volta

ao de forzas circiais dentro de si.

As rúas eran ríos de peitos xa rimados,na arela de facer unha patria coas mans,

desxugar cabezallas que esmagan os destinos

Page 16: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

devolvendo aos galegos a imaxe do seu chan.

A pulsación do pobo a devalar no asfalto

reinzou as calzadas de latexos votivos,de calcañares firmes na fe remanecida

de que non máis seremos os decote vencidos.

A voz autonomía cobrou azas de pomba que os sonos arrolara do pobo a

camiñar,A voz autonomía quente de pulsos

ledos debullou a súa mensaxe no sangue

popular.

As ovellas de Joyce

Can correu no milleiral. Can?

Page 17: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Non. Isegrim orellas murchas.Até lobo. E ovellas sineiras

paran sen fólego.

(James Joyce, Finnegans Wake)

Ai!, delatadas ovellasdos seus rixelos arrente.

Ai!, polas linguas de bronceque dos seus colares penden.Ai!, polas linguas de bronce

que esporan do lobo o dente.

Isegrim orellas murchas-duplo pavillón solerte-Isegrim orellas murchas

malo raio te estatele!Non eres o can que ladradantes de trabar na xente.

Os milleirales contigomurcharon seus fogos verdes,

a paz que nas chocas tanxee nos pendóns arrecende

Page 18: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

a paz que nas chocas tanxede cana se fai, e fende.

Sineiras de sinos mornos,orbillo de sons no abrente,sineiras se signos mornos,copas de candor vertentes.O voso espaller de sons…un facón por cada dente.

Pombas do chan nas aurorasPombas do chan nos poentes,

De Isegrim a treiduría,o badal cisca a semente.

De Isegrim a treiduríaNa vosa candura quece.

(Pousa Nova do Mar, outubro 1975)

"Veño da Morte"Galegos, meus irmaos,veño de ter co-a morte.

Sin o agardar unha vez mais atopoo ventureiro empalme con a vida.

Page 19: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Estóu na singladura do retorno,con ollos recuncantes na alborada,tímpano a se tremer en libres odas,

pernas reencanadas para andaros camiños resucitados.

Veño da morte, irmaos, e no fardel,pouco trouxen pra vos:

cicatrices de ferro nas palavras

POEMAS SOLTOS

Na brétema, tres cantos…

A Luís Seoane in memoriam tuam

I

Page 20: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Xa bogas, sen fardel, na brétema sen horas

intérmula bandeira na arcada de outro mar,

a nosa sombra ollando por buraco estear,

rachada nos carreiros abruñados de amoras.

Contigo levas fachos para novas autoras,

e deixas a Galiza nun cego navegar,co destino atrapado na pouta moncloar,

debruzada de novo na ponte das deshoras.

Xa semellamos moucos exiliados na Terra,

con segunda hipoteca na nosa liberdade.

Só o ronsel que canta dos mortos nos acentos

nos devolve a esperanza a que o home se aferra,

Page 21: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

nos ergue até as almeas da moura soidade,

onde aínda agardamos teu mensaxe nos ventos.

II

Túas mans tallarían corpos e almas no buxo,

retábulo de opresos a corazón magoado,

de anatomías quentes código promulgado

na diástole de brancos e tintas sen embruxo.

Plana imaxinería o teu pulso compuxo,para lle dar vida do hoxe aos mitos do

pasado,de Rui Xordo descobres o arrufo

alanzado,de María Balteira o namorar cabuxo.

Page 22: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Sorna, panos, tamancos, remontas, parachuvas…

raza en pristinidade, como a terra a pariu,

con brazos para a fouce, o remo e o badal,

na véspera do día de madurar as uvasna mítica parreira que o destino

encubriu,onde nos chaman hoxe as voces de

metal.

III

Ao alén chegarías, Orfeu dos emigrantes,

con Ramón Cernadas no adro a te agardar,

e Mesdamus, Basalo e tantos que a máis dar,

Page 23: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

abonan co seu calcio camposantos errantes.

Da loita “as cicatrices” cavadas nos semblantes,

Galiza sen Galiza, a patria a despatriar,raíces sen filame beira a beira do mar,

emerxendo da cinza das lareiras vacantes.

Ao fin agora deixas o posto nos combates,

sen recoller as gubias nin pinceles limpar,

eles berrarán sempre polo que xa non berra,

erguerán o teu nome nos vindeiros embates,

cando Galiza volva de seu a camiñar,e sexa nosa mao a mao da nosa Terra.

[Maio de 1980]

Page 24: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Castelao no Harlem preto

Virando a ponte fría do Triboro, na pasaxe de Harlem a Broadway,

diante dos teus pés romeiros toparas as vareas máis ingremes

que ían ensarillar o teu exilio. Corpo sen sombra a pervagar serías

en ronsel sen estrela, e quente man sen palma irmán aberta

onde poder pousarse, e o corazón a latexar en vougo, perdidiño no mato de cimento

e sombras alongadas sobre as almas e deitar de alciprestes ferro-ergueitos sobre dos corpos ao metal dobrados

en orfandade de raíces.

Xa levabas andando encosta arriba o labirinto vial do Harlem preto,

recollendo súa imaxe e seu ritmo, no prismático espello do espírito,

Page 25: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

e na plástica antena do teu lapis. Outra fronteira humana descubriras

na xeografía epitelial das razas onde teus ollos cativos tentan

reatopar ao home como Deus o tirara do seu forno,

levando no seu queimo seu mensaxe e seu fado fanado para a vida.

Ai Harlem, Harlem, Harlem… dos pretiños!

Ai Harlem dos menceres estourantes no repicar de gongs e de maracas,

a referver nas noites estragadas de farras saturnais!

Alí topou teu arte novas liñas, outro latexo irmán vibrou teus pulsos,

outro amor no teu peito magoado principou a medrar.

E por Baixo das dermis chamuscadasTúas meniñas macias desvearon

outras virxindades seculares

Page 26: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Ode sen pranto ás cinzas rescatadas

I

Arela de resflor,Hoxe remanecida musa nosa

―Daniel desde a nacenza carismandocon óleos de profeta—

esta mañán volvo en achego a ti.Dobrarán bronces sagros no ar viúvo

a brazo nu tanguidos Desde o Miño arterial á foz do Navia

Sonou ao cabo a data degoradada restituto ceneris,

a terra que das chagas convalecena restinga das décadas umbricias,

onde ben fora que nos atoparasdesatrelados xa, ceibes e ledos

para o complexo de Caín avesos

Page 27: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

remerecentes circiosdas liberdades porque ti loitabas.

Daniel desde a nacenza carismandopra que teu pasamento se trocara

en revoada de espíritos.

II

III

Mais agora, Daniel,_delfín maior dos exiliados nosos_,

nesta a deshora hora do retorno,van de camiño longo xa exauridos anos demais do tempo xerminante,que teus faraldos pretos agoiraran.

Page 28: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Xa es cinza, Daniel,aínda que sempre cinza namorada.Xerme en calada trasremudación

da concienciana idea.Cinza asuntiva de valores prestos

a outro vizoso afloramentoque anada tras anada se reínceno miúdo milagre da semente

para longas labradas no porvir.

Verbo con son eterno propagadono país a rescatar agora

das servidumes residuais.Desembargada prenda

A se facer do seu dona e señora.

IV

V

Page 29: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

Teu Nome de vagoes ecoantes -Daniel barón baril de transparencias- polos ermos do alén onde navegas…

en volta da túa imaxe unha coral de razas que se convoca.

Cal si de axiña convertido foras, de paladino estrenuo de Galiza

nun mago para os outros a nivel semellante marxinados. Desembruxada plástica social, da nosa xente pristinazo molde e dos outros trasunto avivecido,

-coa súa cor enfornados, e seu carril balsante, pel e ritmo…-

no obradoiro do mesmo do Paradiso.

Labregos no zoar dos milleirales, mariñeiros de mares repartidos,

matronas parideiras de emigrantes, sanguixolas do Fisco, umbilicado, prisioneiros e mártires de Marte,

Page 30: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

pretos de Harlem, guaxiros de Cuba, chineses de matute na Manhattan, gauchos de pingo e poncho pola

Pampa.

VI

Unha resaca negra de saudade,do baleiro que deixas,

desde nontronte abala a Chacarita.Tingue de dor as pedras tumlares

polos cinceles de Asorey labradas,onde, Daniel,

gañada a peito tiñastúa máis delongada residencia.

Rianxo de ultramundo!Morada sen morar dunha Galiza

ciscada por espazos emprestados.Dez anos de vivencia convivida

en comunión belixerante.E trinta e catro máis de conmorencia.

Page 31: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade

A suma dos teus restos,noso Daniel por Bonaval gañados,

compre que a Patria nosa faga hoxereasunción de cinzas asociadas.

As de todos aquelesque túas soidades compartiron

e contigo loitaron de mans dadas.

Galiza tamén vive dos seus mortos.

(Pousa Nova do Mar, San Xoán, 1984)

A EVOLUCIÓN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA GALAICO-PORTUGUESA

(dentro do volumen colectivo O porvir da lingua galega. Lugo, 1968)

Page 32: Letras Galegas, Valentín Paz Andrade