LibreOffice Impress. Presentacións (1)

20
Presentacións con Impress PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 7 Primeira Parte Impress. Xestión de presentacións. Crear presentacións. Campos de contidos. Textos.

description

Creación de presentacións con Impress. Primeira parte.

Transcript of LibreOffice Impress. Presentacións (1)

Page 1: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

Presentacións con Impress

PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 7

Primeira Parte

• Impress.

• Xestión de presentacións.

• Crear presentacións.

• Campos de contidos.

• Textos.

Page 2: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 2

¿Que é Impress?

Impress é o programa da suite ofimática gratuíta Libre Office que permite a creación, edición e visualización de presentacións.

É o programa equivalente a Power Point da suite MS Office. Unha presentación consiste nunha serie de diapositivas (en

adiante, diapos) que se visualizan sucesivamente e que poden conter: Textos. Imaxes fixas. Vídeos. Gráficas...

Page 3: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 3

Accedemos a Impress: En ordenadores Abalar con Linux: No escritorio imos a

categoría Ofimática > Impress En Windows: Inicio > Todos os programas > LibreOffice >

Impress. Cando se inicia o programa podemos crear unha

presentación ou abrir unha existente.

Page 4: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 4

Abrindo unha presentación. A interface do programa:

1. Panel de diapositivas.

2. Área de traballo.

3. Panel de tarefas.

4. Barra de menús.

5. Barra de ferramentas.

6. Barra de propiedades.

7. Modos de visualización.

8. Barra de debuxo.

1

2

3

45

6

8

7

Page 5: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 5

Modos de visualización.

Normal: o que se utiliza para crear e dar formato as presentacións. Traballaremos moito nel.

Esquema: amosa títulos e textos que se poden modificar. Non amosa imaxes.

Notas: para engadir notas que non se amosan o proxectar a presentación pero que se poden imprimir.

Folleto: permite imprimir as diapos, escollendo o número delas por páxina en Panel tarefas > Deseño.

Clasificador de diapositivas: útil para cambiar a orde ou engadir transicións entre diapos.

Page 6: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 6

Presentación a pantalla completa: menú Ver > Presentación de diapositvas. Atallo de teclado (A.T.): F5 Avanzamos coa barra espazadora ou coa frecha dereita. Retrocedemos coa frecha esquerda. Saímos pulsando o escape (Esc)

GARDAR UNHA PRESENTACIÓN. Como é habitual: menú Ficheiro e...

Gardar, para sobrescribir a versión existente. Gardar como... para gardar unha nova versión.

Navegamos ata o cartafol desexado e a gardamos.

Page 7: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 7

Modo Normal: Panel de diapositivas. Cando facemos clic nunha miniatura no panel de

diapositivas, esta se coloca na área de traballo e pode ser modificada.

Facendo clic dereito sobre unha miniatura ábrese o menú contextual (M.C.) que nos permite:

• Inserir unha nova diapo.: aparece a continuación da actual.

• Eliminar diapos.

• Renomear diapos.

• Cambiar estilo e deseño.

• Engadir unha transición.

• Ocultala para que non apareza na presentación.

• As típicas accións de cortar, copiar e pegar.

Page 8: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 8

Creando unha presentación. Ó abrir o programa, ou se xa estamos nel

indo a Menú Ficheiro > Novo > Presentación, ábrese o asistente (se esta opción está seleccionada en menú Ferramentas >Opcións >L.Off.Impress > Xeral)

Primeira pantalla: escollemos se queremos crear ou abrir unha presentación.

Segunda pantalla: escollemos un fondo común para as diapos e o destino que terán estas.

Terceira pantalla: podemos inserir un efecto de transición entre diapos e escoller se seremos nos quen avance as diapos ou estas o faran de xeito automático tras certo tempo.

Page 9: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 9

Clic en Crear: ábrese a presentación. A

Aparece unha primeira diapo con título e subtítulo nos que podemos facer clic para engadir texto.

Para modificar os campos de contidos da diapo imos a Panel de Tarefas > Deseño e escollemos un que nos agrade ( Normalmente “Só título” ou “Diapositiva de título”)

Deixando o punteiro do rato sobre unha miniatura aparece unha descrición dese deseño.

Page 10: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 10

Inserir novas diapositivas. Varios métodos:

Menú Inserir > Diapo. Clic dereito na anterior diapo e no M.C.

Nova Diapo. Clic na icona “Diapositiva” na barra de

ferramentas. (A frecha da dereita permite escoller un deseño)

Se non o fixemos xa escollemos un deseño para a nova diapositiva.

Se é necesario podemos: Modificar o fondo. Engadir, eliminar ou modificar os campos

de contido que aparecen no deseño.

Page 11: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 11

Cambiando o fondo. Imos a: menú Formato > Páxina Pestana Páxina: podemos cambiar as

dimensións da diapo, marxes... Pestana Fondo: escollemos o recheo

do fondo. Finalmente escollemos se os cambios

se aplican a todas as diapos ou non. Tamén podemos escoller os deseños

predefinidos do programa en: Panel de Tarefas > Páxinas principais. Ó facer clic dereito sobre unha

miniatura, no M.C., escollemos se aplicamos o deseño a diapo actual ou a todas.

Page 12: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 12

Campos de contidos Cada diapo contén un campo de

título e un ou varios de contidos. Engadimos o título pinchando no

seu campo e escribindo texto. Nos outros campos podemos

introducir:1. Texto pinchando en “Prema para...”2. Táboas.3. Gráficas4. Imaxes.5. Vídeos.

Ó pinchar nunha icona ábrese o explorador para seleccionar o ficheiro a inserir.

12 3

4 5

Page 13: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 13

Modificar os campos de contido. Ó pinchar sobre o borde do campo

aparecen uns tiradores o seu arredor. Pinchando nun deles e arrastrando

modificamos o tamaño do campo. Se na anterior operación mantemos

pulsada a tecla Maiúsculas, a relación ancho - alto do campo mantense constante.

Pinchando no borde do campo e arrastrando modificamos a súa posición.

Pinchando por segunda vez no borde do campo os tiradores cambian de cor. Se agora os arrastramos, o campo xira.

Page 14: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 14

Mentres o campo está seleccionado, na barra de propiedades podemos: Primeiro bloque: modificar as propiedades da liña que fai

de borde do campo: visible ou non, e estilo. ancho. cor.

Segundo bloque: modificar o recheo do campo: visible ou non, e estilo: cor, gradación, tramado... cor do recheo. sombra.

1 2

Page 15: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 15

Engadindo textos. Nun campo de contido facemos clic

en “Prema para engadir texto” e escribimos o texto.

Se necesitamos inserir outro campo de texto:

1. pulsamos o botón texto na barra de debuxo, no fondo da pantalla. Atallo de teclado: F2.

2. pinchamos e arrastramos na diapo para establecer o ancho do campo.

3. escribimos nel.

4. se é preciso dámoslle o formato que desexemos.

Page 16: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 16

Formateando textos.

Unha vez que temos texto seleccionado, aparece a barra de propiedades de texto onde podemos darlle formato.

1

1 4 7 8 9 106532

1. Tipo e tamaño de letra.

2. Atributos negra, cursiva...

3. Xustificación do texto.

4. Activar/desactivar viñetas ou listas numeradas.

5. Modificar nivel ou posición en viñetas ou listas numeradas.

6. Aumentar/reducir tamaño.

7. Abrir as propiedades de letra.

8. Abrir as propiedades de parágrafo.

9. Abrir as propiedades de viñeta / lista numerada.

10.Escoller a cor do texto.

Page 17: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 17

Todas as accións anteriores para dar formato ós textos son tamén accesibles a través do menú Formato.

Page 18: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 18

Viñetas e listas numeradas. Para crealas nun campo de texto

podemos: Pulsar o botón Activar/Desactivar

Viñetas na barra de propiedades de texto e escribir o texto.

Seleccionar varios parágrafos xa escritos e pulsar dito botón.

Unha vez creada, podemos modificala pulsando no botón Viñetas e numeración. Na pantalla que aparece, con

varias pestanas, podemos escoller viñetas, numeracións, imaxes, cambiar as posicións...

Page 19: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 19

Nas viñetas personalizadas, como as que hai nos campos de contido que propón o programa, podemos subir e baixar de nivel e de orde os distintos parágrafos das listas usando os botóns da barra de texto.

Page 20: LibreOffice Impress. Presentacións (1)

PFAC IES O Couto 20

Fin.

GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN

Blogue Abalar

Publicado baixo licenza por: