Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño...

9
ANA Mª. BALLESTEROS ÁLVAREZ Barcelona, 1971. Licenciada en Belas Artes, especiali- dade de escultura, é profesora de secundária no Colexio Escolápias de Olesa de Monserrat, en Barcelona. Realizou os cursos de doutoramento centrando os seus traballos de inves- tigación no estudo dos cruceiros. Ten colaborado coa empresa Ceo Alberto S.L. e co Concello de Sant Andreu de la Barca creando ilustra- cións para publicacións de diversa índole (trípticos, catálogos, logoti- pos...).

Transcript of Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño...

Page 1: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

ANA Mª. BALLESTEROS ÁLVAREZ

Barcelona, 1971.

Licenciada en Belas Artes, especiali-

dade de escultura, é profesora de

secundária no Colexio Escolápias de

Olesa de Monserrat, en Barcelona.

Realizou os cursos de doutoramento

centrando os seus traballos de inves-

tigación no estudo dos cruceiros.

Ten colaborado coa empresa Ceo

Alberto S.L. e co Concello de Sant

Andreu de la Barca creando ilustra-

cións para publicacións de diversa

índole (trípticos, catálogos, logoti-

pos...).

Page 2: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

95~

Arquitectura popular

OS CRUCEIROSTexto: Ana Mª Ballesteros Álvarez

Ilustracións: Ana Mª Ballesteros ÁlvarezCASTELAO. “As Cruces de pedra na Galiza”

¿Que mensaxe oculta durme naspedras da Galiza? Por toda axeografía galega existe unhasimboloxía: o pensamento dosgalegos de outros tempos cristali-zado nas pedras. Nelas perdu-ran coñecimentos e claves hermé-ticas, pepetuadas por médio daescritura máis antiga e universal:os símbolos.

A mensaxe transcendental segueviva entre as pedras deste mundoinsólito, máxico e descoñecidodun país “detido” no tempo; queparece durmir o seu sono depedra e que espera cumprir oque cantou o poeta:

Desperta do teu sono, fogar deBreogán.

Na mitoloxía popular galegafecundísima e extensa e de pro-fundas raíces no corazón docampesiño, o home do campo,apegado ás tradicións, anima epersonifica canto o rodea ou conel se relaciona: as chuvias, os

ventos, os ríos, as árbores ou aspedras falan da súa imaxinación.O cemitério, as paraxes solita-rias, as encrucilladas, están parael povoados de entes animados.

O culto das pedras aparecedocumentado desde a prehistó-ria. Sen embargo é necesáriodicer que a veneración actualdas pedras non é todo herdanzaantiga: na imaxinación popularhai un fondo temeroso de supers-tición inagotábel, de vivéncias,conceptos e predisposicións míti-cas abundante, que ainda actúansobre unha parte do pensamentocolectivo.

O culto megalítico aos mortosseguiu latendo na Península e ésabido que no Bronce e no Ferrorespeitaron e aproveitaron assepulturas anteriores. Documen-tos cristianos do Medievo falancontra o costume pagano de dur-mir sobre os túmulos dos sepul-cros megalíticos, e os textos gale-gos mencionan a meudo a

“O encontro co misterioso é a

experiéncia máis fermosa,

é a orixen da ciéncia.”

Einstein.

Castelao:

“As cruces de pedra na Galiza”

A vara coroa-se semprecun capitel que abarcadesde o máis simple até omáis complicado na arteda pedra.

Page 3: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

96~

petra de cruce, alusión claraao menhir cristianizado.

A acción de cristianizar os monu-mentos megalíticos tivo o seumaior apoxeo na época medie-val, xa que eran cosiderados res-tos dun paganismo ancestral.Moitos deles foron destruídos, eoutros bendicidos, adaptando-osaos fins dan nova fe. Esto últimoé o que debeu ocurrir con moitosdos menhires que, en maos decanteiros pagados pola Igrexa,deberon de se converter en cru-ceiros. Precisamente, moitos des-tos monumentos da arte popular

soen atopar-se en cru-ces de camiños, xustoonde anteriormentelevantaran os menhi-res que sinalarían ocomezo dun camiñoiniciático ou o lugar dereunión para celebrardeterminados rituaismáxicos.

“O culto dos camiñosxa se desvaneceu namemória das xentes,pero é imposíbel queen ningunha parte domundo garden asencrucilladas un aro-ma de mistério tanpuxante como enterras galaicas edemais países celtas.A permanéncia doculto vial ten segura-mente a súa orixeautóctona, anque osseus deuses morreranavasallados polosnúmenes romanos. Ascalzadas militares deRoma enguliron a vidados camiños galegos,

e por elas entrou a morte conropaxes diferentes”

1.

Como vestixios deste culto seteñen que considerar os crucei-ros que se erguen nas encrucilla-das galegas e tamén os montónsde pedras, chamadas amilla-doiros, formadas a través dotempo polo pelegríns de certasromarías e polos camiñantes quepercorren determinados camiños.Non hai outro território hispánicoque conte con tantas cruces depedra, sendo digno de destacarque a área de maior densidadecorresponde á área de maior

densidade das dedicadas aosespíritus romanos dos camiños.

Os cruceiros galegos naceron dacruz plantada acima dos miliá-rios ou menhires para cristianiza-los; o miliário sinalaba as rotasao homes do Império Romano;este mesmo cristianizado sinala-ría as do pelegrín.

Aquí naceron as cruces de pele-grín que ao mesmo tempo quecumprían unha función espiritual,tiñan que server para que á súabeira poidesen descansar, lim-par-se e tomar alento os homesque se acollían ao pé da cruz.Desta necesidade xurdiron osescalóns ao pé das cruces e conesto naceu un dos elementos típi-cos dos cruceiros.

Os cruceiros –ou Cres al Ventcomo os denomina AlbertBastardes– son monumentos liga-dos á paisaxe e á alma que des-pertan a saudade dos galegos.

1 As cruces de pedra na Galiza, Alfonso D. Rodríguez Castelao, Ed. Buenos Aires, 1949, páx. 75.

Page 4: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

97~

Este sinxelo e piadoso monumen-to, para que o sexa, ten queconstar de cinco elementos prin-cipais: levantar-se sobre gra-das, por riba destas se asenta obasamento, ordinariamentecuadrangular, na maioría dasveces atopa-se decorado conbaixorrelevos en algunha dassúas caras e noutras o nome doque o sufragou e o motivo da súaconstrucción. Sobre o basamentolevanta-se o esbelto fuste, cha-mado “varal” ou “vara”.Adorna-se case sempre con ima-xens de devoción popular, cha-mados “santiños”, e noutroscasos se representa o drama doparaíso.

A vara coroa-se sempre cuncapitel que abarca desde o

máis simple até o máiscomplicado na arte dapedra; sobre esta esbeltaarmadura ten que sepoñer como digno rematea cruz, que é a xolla artís-tica do cruceiro, no que serepresenta o anverso aCristo Crucificado e noreverso á Virxen en moitasdas súas advocacións,especialmente a dasDores.

Tomando como referénciaos estudos realizados porCastelao e polo observadonos cruceiros que marcanmáxicamente os camiños,encrucilladas e aldeasdunha parte de Ourense ePontevedra podemos detallar asdiferentes partes dun cruceiro:

BASE

Comprende-se de dous elemen-tos:• plataforma• pedestal

Plataforma: composta porescalóns de sillería.

Pedestal: non é simplesmente abase dunha columna, senón a

referéncia arcaica aos monolitosnos que se clavaban as primeirascruces do camiño. Está talladonun só bloque e pode ter váriasfeituras. Ás veces se observanrepresentacións simbólicas nasque predominan o sentimento damorte e o pecado reflectidosnunha calavera e nunha serpe.

Moitos cruceiros situados nos ale-daños de igrexas, teñen ao pé dobasamento unha mesa de pedrana que poder apoiar aos santosnas procesións ou aos mortos nocamiño ao cemitério como lugarde descanso e oración pola alma

Castelao: “As cruces de pedra na Galiza”

Castelao:

“As cruces de pedra na Galiza”

O basamento na maioríadas veces atopa-se decora-do con baixorrelevos enalgunha das súas caras.

Sobre o basamentolevanta-se o esbelto

fuste, chamado“varal” ou “vara”.

Adorna-se case sem-pre con imaxes dedevoción popular,chamados “santi-

ños”, e noutroscasos se representa

o drama do paraíso.

Page 5: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

98~

que morreu; ese alma que reposana pedra buscando o espírito quea acolla.

No sul de Galiza pode ver-se o“Retábulo de Ánimas” na base,co seu correspondente peto pararecoller esmola.

FUSTE E CAPITEL

Envolvendo esta forma pétrea,octogonal e cilíndrica, atopamosesculpidos, a meudo, elementosrepresentativos das créncias quexa na cultura megalítica apare-cen como símbolos da alma: aserpe, ás veces acompañadapola calavera (morte). Tamén

figuran en algúns fustes instru-mentos da Paixón, a escaleira, astanazas, o martelo... próprios xada fe cristiana.

O capitel que coroa o fuste nonten normalmente un estilo deter-minado, ás veces parece xónico,con volutas nas esquinas; pero enxeral son de feitura circular oucuadrangular. É extrano que ofuste non estexa rematado polocapitel no que non faltan motivossimbólicos que se relacionancoas figuras da cruz. Nalgúnsdos cruceiros obxecto de estudose representa unha calaveraxunto á Crucifixión (morte) e unsol ao lado da Virxen con queru-bíns a ambos lados.

Actualmente algúns destos cru-ceiros de pequenas aldeas estánalumeados eléctricamente nolugar dos farois de aceite empre-gados antigamente.

Sen embargo, dos cruceirosobservados na zona de Ourensenengún deles ten esculturas nenrepresentacións simbólicas nofuste, mentras que os capiteis sonde moi diversas formas e conornamentacións moi diferentes.Polo xeral, os que posúen na cruzesculturas da Virxen e de XesúsCristo, presentan un capitel conmáis ornamentación: follas deacanto, volutas, rostros de anxos,rosas..., mentras que os que

Castelao: “As cruces de pedra na Galiza”

En algúns se atopa unhacuriosa particularidade: asdúas maos de Cristo mos-tran os dedos en posturade bendicir á maneiralatina, cos dedos índice emedio extendidos.

Page 6: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

99~

posúen unha cruz sinxela mos-tran un capitel sinxelo, ás vecescon volutas ou algún tipo de folla.

CRUZ: CRISTO E VIRXEN

A parte máis importante do cru-ceiro é a cruz, que adopta for-mas moi variadas (ortogonal,nudosa...), como variado acostu-ma ser tamén o tipo de remate(florezado, bicurdado...).

No anverso se representa aCristo Crucificado, sempre contres clavos á maneira renacentis-ta, o pé direito sobre o esquerdo,a cabeza inclinada cara a direitae con estilizacións diversas. Enalgúns se atopa unha curiosaparticularidade: as dúas maos deCristo mostran os dedos en postu-ra de bendicir á maneira latina,cos dedos índice e medio exten-didos. Esta postura pode repre-sentar o perdón que Cristo nosconcedeu no momento da súamorte. Baixo Cristo, servindo-llede apoio, pode aparecer unhacalavera, soa ou asociada aunha serpe.

Se ben o máis frecuente é queCristo estexa só, ás veces acom-paña-no outros personaxes: aVirxen e San Xoan, é dicir, unCalvário, escena que aparececon frecuéncia nas obras máisantigas, as góticas, máis rara-mente posteriores, un anxo querecolle nun cáliz o sangue quebrota da ferida do costado deCristo, ou San Francisco.

Polo que respeita ao reverso dacruz, anque pode aparecer senrepresentación, o máis normal éque a teña. Ás veces se mostraalgún santo (San Francisco,sobre todo); sen embargo, o

reverso é o lugar tradicionalreservado para María, que casesempre se apoia nunha peana,simple ou constituída por un oumáis querubíns alados.

As representacións da iconogra-fía mariana pode-se dividir endous ciclos: o gozoso e o doloro-so. No primeiro se incluían asseguintes: a Virxen co Neno enbrazos, a Inmaculada, A Virxedo Socorro, a loita co Demo, e acoroación da Virxe.

O segundo ciclo é o que suma unmaior número de representa-cións. Nel incluiríanse: aDolorosa, a Virxen das Angustiase, sobre todo, a Piedade.

Esta última é a imaxen que apa-rece máis veces. Sempre posúeforma romboidal, que ven dadapola silueta de María. Neseesquema se inscrebe a figura deCristo, que representa unhagrande variedade de posturas.Na Galiza, o tamaño de Cristo ésempre inferior ao da Virxe.

Esta anomalía probabelmente sedeba a factores de tipo estricta-mente técnico, material. A pro-porcionalidade dos tamañosobrigaría a ampliar a base dogrupo, o que redundaría en per-xuizo do equilíbrio e estabilidadedo cruceiro.

Tamén se realizaron en GalizaCalvários con tres cruces, perocase sempre simples, sen figuras,ou en todo caso, só coa deCristo. Hai, non obstante, dousexemplos nos que as tres crucesposúen representación (Bueu eBeade).

Por último hai un tipo orixinal decruceiro: de “capeliña” ou de“Loreto”, caracterizado pola pre-séncia dunha pequena capela,que constitúe o capitel, ocupadopor unha imaxen da Virxe.Segundo Castelao, os máis anti-gos son do s. XVI, sen embargoteñen-se atopado exemplaresdatados no s. XV.

Castelao:

“As cruces de pedra na Galiza”

O reverso é o lugar tradi-cional reservado para

María, que case sempre seapoia nunha peana, sim-ple ou constituída por un

ou máis querubíns alados.

Page 7: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

100~

Un factor importante en todoseles o constitúe a policromía,sempre de cores estridentes. Perocada vez é menos frecuente. Apenetración de ideas procedentesdos medios urbanos cultos, en

especial a da valoración domaterial (Granito), é a responsá-bel da pérdida progresiva desecostume.

Castelao: “As cruces de pedra na Galiza”Tamén se realizaron enGaliza Calvários con trescruces, pero case sempresimples, sen figuras. Hai,

non obstante, dous exem-plos nos que as tres cruces

posúen representación(Bueu e Beade).

Page 8: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

101~

O cruceiro é na Galiza unhaobra de arte e un lugar de culto:nel se combina a relixión (cristia-na) e a máxia, as créncias e atradición.

Observar e estudar a arte destebelo monumento galego foi real-mente interesante pero... creoque non se pode separar do seucontexto popular, da riqueza decultura “do povo enxebre” queemanou e emana da história dopovo galego.

A cultura popular –conxunto decréncias, ritos, métodos de traba-llo, producción literaria ou artísti-ca- é a tradición “viva”.

A xente de aldea, os “non estu-dados”, posúen unha cultura nonescrita, non escolar, que non épropriamente inferior (sobre todono relativo á súa orixe) senónantiga, e, por se-lo, teñen valorespróprios equivalentes, noutroorde de cousas, aos da nosa cul-tura moderna, e que a fan dignade ser conservada, polo menosno recordo.

O povo galego non é máis queun portador inconscente dunmundo non cristiano. A culturatradicional galega é, no funda-mental, unha cultura cristiana decorte medieval de orixe eclesiásti-co, predominantemente monacalque conservou, incrustados unhasveces, asumidos e incorporadosCastelao: “As cruces de pedra na Galiza”

Se ben o máis frecuente éque Cristo estexa só, ásveces acompaña-no outrospersonaxes: a Virxe...

Page 9: Licenciada en Belas Artes, especiali- · 2019-07-31 · res que sinalarían o comezo dun camiño iniciático ou o lugar de reunión para celebrar determinados rituais máxicos. “O

102~

outras, gran cantidade de ele-mentos antigos, e conserva esecarácter, en boa parte, até hoxe.

Sen embargo, parece que nen oRenacemento, nen a Ilustración–movimento de carácter erudito eantipopular- foron quen de pene-trar nos médios rurais. Estosmovimentos tiñan certo desprezoao “vulgo profano”, que trouxoun divórcio entre a cultura erudi-ta e a cultura popular. As influén-cias dos cámbios culturais do s.XIX e parte do XX parece queobran en contra da tradición.

De aí o interese polo coñecimen-to do cruceiro en toda a súa inte-gridade, o que é como obra artís-tica e o que conleva de tradicióne máxia .

Os cruceiros son os monumentosmáis sobresaintes da arte popu-lar galega.