Licenzas

2
Copyright: Cando creamos unha obra, por defecto temos o copyright sobre ela. Qué temos que facer para obtelo? NADA, calquera obra orixinal que elaboremos está protexida pola lei de propiedade intelectual e temos o dereito de autor de copyright sobre ela (ver). Qué protección nos proporciona esta licenza sobre a nosa obra? Só o autor (Nós) ten tódolos dereitos sobre a obra durante a súa vida e ata setenta anos despois da súa morte. Isto implica que só o autor ou os seus herdeiros poden facer copias da obra, reproducila, interpretala, crear obras derivadas ou presentala publicamente. Quen queira usala debe pedir permiso. Entonces se outra persoa atopa a nosa fotografía en Internet, lle parece interesante e quere empregala. Pode facelo? Non, porque a nosa fotografía está protexida polo copyright e tería que pedirnos permiso ou pagarnos unha licenza para poder empregala. Problemas derivados desta licenza Por defecto, todo o creado en Internet está protexido por copyright. Isto i mpide totalmente o reemprego de recursos xa creados nos nosos materiais educativos, é dicir, non poderíamos empregar nada do xa existente en Internet, a non ser que lle pedísemos permiso o propietario (o cal sería bastante complicado). Pode dicirse que supón unha limitación para a creación de coñecemento novo, xa que impide reempregar material existente, e teríamos que crear todo dende cero (cada imaxe, arquivo de son, vídeo..) co conseguinte desperdicio de esforzo. Creative Commons: Para dar resposta os problemas derivados do copyright xurdiu esta licenza. Se copyright significa "tódolos dereitos reservados", Creative Commons significa "algúns dereitos reservados". Esta licenza permítenos especificar o que poden facer os usuarios coa nosa obra, iso si, sempre respectando a nosa autoría. Temos catro criterios que podemos combinar e que nos permiten personalizar a nosa licenza e a protección da nosa obra: Recoñecemento: Permítese a copia, distribución, e obra derivada, sempre que se recoñeza quén é o autor da obra orixinal. Este criterio é obligatorio. Exemplo: Fago unha presentación sobre unha unidade didáctica, poño o meu nome na diapositiva de portada e súboa a Internet. Un usuario descarga a presentación para empregala na súa clase e borra ou non amosa a primeira diapositiva. Estaría incumprindo o meu dereito de recoñecemento como autor. Non comercial: Impedimos que obteñan un beneficio económico coa nosa obra. Exemplo: Supoñamos que durante as miñas vacacións fago unha fotografía dun famoso e súboa a un álbum de Picasa con esta licenza. Unha revista do corazón non podería descargala e empregala na súa publicación sen o noso consentimento. Sen obras derivadas: Impedimos que modifiquen a nosa obra, creando obras derivadas.

Transcript of Licenzas

Page 1: Licenzas

• Copyright:

Cando creamos unha obra, por defecto temos o copyright sobre ela. Qué temos que facer para obtelo? NADA, calquera obra orixinal que elaboremos está protexida pola lei de propiedade intelectual e temos o dereito de autor de copyright sobre ela (ver).Qué protección nos proporciona esta licenza sobre a nosa obra?Só o autor (Nós) ten tódolos dereitos sobre a obra durante a súa vida e ata setenta anos despois da súa morte. Isto implica que só o autor ou os seus herdeiros poden facer copias da obra, reproducila, interpretala, crear obras derivadas ou presentala publicamente. Quen queira usala debe pedir permiso.Entonces se outra persoa atopa a nosa fotografía en Internet, lle parece interesante e quere empregala. Pode facelo? Non, porque a nosa fotografía está protexida polo copyright e tería que pedirnos permiso ou pagarnos unha licenza para poder empregala.Problemas derivados desta licenzaPor defecto, todo o creado en Internet está protexido por copyright. Isto impide totalmente o reemprego de recursos xa creados nos nosos materiais educativos, é dicir, non poderíamos empregar nada do xa existente en Internet, a non ser que lle pedísemos permiso o propietario (o cal sería bastante complicado).Pode dicirse que supón unha limitación para a creación de coñecemento novo, xa que impide reempregar material existente, e teríamos que crear todo dende cero (cada imaxe, arquivo de son, vídeo..) co conseguinte desperdicio de esforzo.

• Creative Commons:

Para dar resposta os problemas derivados do copyright xurdiu esta licenza. Se copyright significa "tódolos dereitos reservados", Creative Commons significa "algúns dereitos reservados". Esta licenza permítenos especificar o que poden facer os usuarios coa nosa obra, iso si, sempre respectando a nosa autoría. Temos catro criterios que podemos combinar e que nos permiten personalizar a nosa licenza e a protección da nosa obra:

Recoñecemento: Permítese a copia, distribución, e obra derivada, sempre que se recoñeza quén é o autor da obra orixinal. Este criterio é obligatorio.Exemplo: Fago unha presentación sobre unha unidade didáctica, poño o meu nome na diapositiva de portada e súboa a Internet. Un usuario descarga a presentación para empregala na súa clase e borra ou non amosa a primeira diapositiva.Estaría incumprindo o meu dereito de recoñecemento como autor.Non comercial: Impedimos que obteñan un beneficio económico coa nosa obra.

Exemplo: Supoñamos que durante as miñas vacacións fago unha fotografía dun famoso e súboa a un álbum de Picasa con esta licenza. Unha revista do corazón non podería descargala e empregala na súa publicación sen o noso consentimento.Sen obras derivadas: Impedimos que modifiquen a nosa obra, creando obras derivadas.

Page 2: Licenzas

Exemplo: Supoñamos que alguén non lle interesa toda a fotografía senón só unha parte e quere recortala para empregala na súa obra. Non podería porque con esta licenza obrigamos a que se respecte a integridade da nosa obra non podendo crear obras derivadas.Compartir baixo a mesma licenza: Permitimos facer obras derivadas sempre e cando reciban a mesma licenza que a nosa obra orixinal.

Exemplo: Escribimos un relato e colgámolo en Internet baixo Creative Commons, permitindo obras derivadas. Alguén baseándose no noso relato, fai unha película e intenta distribuíla comercialmente. Non podería, porque tería que distribuir a súa película como Creative Commons para ter a mesma licenza que a obra orixinal.

As combinacións dos criterios anteriores proporcionan as seguintes seis licenzas que podemos aplicar a nosa obra.

Recoñecemento (by): Permítese calquera explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas.

Recoñecemento - NonComercial (by-nc): Permítese a xeración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode empregar a obra orixinal con fins lucrativos.

Recoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin das posibles obras derivadas, a súa distribución debe facerse cunha licenza igual á que regula a obra orixinal.Recoñecemento - NonComercial - SenObraDerivada (by-nc-nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.

Recoñecemento - CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a súa distribución debe facerse cunha licenza igual á que regula la obra orixinal. Isto é o que se coñece como copyleft.Recoñecemento - SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.