(LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a...

39
Os Soños Vans (LOS SUEÑOS VANOS) Edición Bilingüe RRR

Transcript of (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a...

Page 1: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

(LOS SUEÑOS VANOS)

Edición Bilingüe

RRR

Page 2: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

Eu vin o sol caído, manchado de místicos horrores.Iluminando os longos flocos violetas,

Parecidas aos actores de dramas moi antigosAs ondas mexendo ao lonxe os seus tremores de moaré!

¡Yo he visto el sol caído, manchado de místicos horrores.Iluminando los largos flecos violetas,

Parecidas a los actores de dramas muy antiguosLas olas meciendo a lo lejos sus temblores de moaré!

ARTHUR RIMBAUD

CAROÍ

RRR

Page 3: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

lICORES

Sucios de amar-nos como dous animais, espidos, sumidos noacre olor de fluídos e esencias. Polo ritual de tantas noites consabor a cervexa é fermoso contemplar o teu corpo e os teushúmidos ollos baixo o amargo e lene arrecender.

lICORES

Sucios de amarnos como dos animales, desnudos, sumidos en el acre olor de fluidos yesencias. Por el ritual de tantas noches con sabor a cerveza es hermoso contemplar tu cuerpoy tus húmedos ojos bajo el amargo y suave aroma.

RRR

Page 4: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

DECADENCIA

Canto durará a beleza do teu corpo? Os teus peitos, debidamentedispostos? O teu pudor, modelado como unha bolboreta?Todo..., porque alguén deixe no teu ventre un desexo agrandadopolo amor. Todo..., porque alguén descubra a túa virtudegardada -como cazador de insectos- para por en ti unha sementede procreación.

DECADENCIA

¿Cuánto durará la belleza de tu cuerpo? ¿Tus pechos, debidamente dispuestos? ¿Tu pudor,modelado como una mariposa? Todo..., porque alguien deje en tu vientre un deseoagrandado por el amor. Todo..., porque alguien descubra tu virtud guardada -como cazadorde insectos- para poner en ti una semilla de procreación.

RRR

Page 5: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

RIMBAUD, MALLARME, QUENDAL

Ser críticos e durmir longamente sen lembrar. Facer poemasinspirados ou perniciosos -pero poucos- e que cada frasesignifique un traballo, unha ausencia gratuíta e diaria.

A miña musa acende unha luz e, sobre a miña boca, pousa osseus peitos -Reino de Hades- para que eu elixa un coa lingua.

RIMBAUD, MALLARME, QUENDAL

Ser críticos y dormir largamente sin recordar. Hacer poemas inspirados o perniciosos -peropocos- y que cada frase signifique un trabajo, una ausencia gratuita y diaria. Mi musaenciende una luz y, sobre mi boca, posa sus pechos -Reino de Hades- para que yo elija unocon la lengua.

RRR

Page 6: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

MILTONIANO

Fan o amor sobre a herba e teñen a pube rota de tanto faceren oamor. Comen amoras silvestres e son felices como douspaxaros. Pasan os días no paraíso pero para min hai tantasoidade no ceo como na terra!

Se vés suplicar, existirei para ese breve intre de luz. Se estoudemasiado absorto, deixa que me confunda como a auga encalquera mar estraño e navegable.

Hai amantes no paraíso. Saen da fábrica, xuntan as súas mans-tampouco están limpas, pero isto non importa-.

MILTONIANO

Hacen el amor sobre la hierba y tienen el pubis roto de tanto hacer el amor. Comen morassilvestres y son felices como dos pájaros. ¡Pasan los días en el paraíso pero para mí haytanta soledad en el cielo como en la tierra! Si vienes a suplicar, existiré para ese breveinstante de luz. Si estoy demasiado absorto, deja que me confunda como el agua encualquier mar extraño y navegable. Hay amantes en el paraíso. Salen de la fábrica, juntansus manos -tampoco están limpias, pero esto no importa-.

RRR

Page 7: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

AIDA (III)

Agora estou contigo, meu amor!, cos beizos partidos, coa resaca de onte,sucio da rúa e de tempo, limpo para ti de toda falsidade e pureza. Xa étempo, meu amor!, de romper. Rompe comigo até o odio, rompe lenesobre mirtos e pombas, e dime ao oído esas verbas que só eu sei: “vilain,tu dis souvent de mechantes choses”.

AIDA (III)

Ahora estoy contigo, ¡mi amor!, con los labios partidos, con la resaca de ayer, sucio de lacalle y de tiempo, limpio para ti de toda falsedad y pureza. Ya es tiempo, ¡amor mío!, deromper. Rompe conmigo hasta el odio, rompe leve sobre mirtos y palomas, y dime al oídoesas palabras que sólo yo sé: "vilain, tu dices souvent demechantes choses."

RRR

Page 8: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

AS FLORES DO MAL

Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor.Beleza recóndita, alma dunha estraña sabedoría que xorde daterra como un verxel de desafiuzados rumores, neses ollosperdidos que se achegan á luz como bolboretas nocturnas, paracaer abrasadas por un sol demasiado cálido nas ruínas dapromiscuidade.

Todo isto entende o valedor da indolencia, segredos misteriosdun íntimo afán. Como o destino que busca a destrución, non sepode pasar polo mundo co sorriso dun anxo benévolo.

LAS FLORES DEL MAL

Tiene la mirada melancólica de las mujeres que entregan su amor. Belleza recóndita, almade una extraña sabiduría que surge de la tierra como un vergel de desahuciados rumores, enesos ojos perdidos que se acercan a la luz como mariposas nocturnas, para caer abrasadaspor un sol demasiado cálido en las ruinas de la promiscuidad.Todo esto entiende el valedor de la indolencia, secretos misterios de un íntimo afán. Comoel destino que busca la destrucción, no se puede pasar por el mundo con la sonrisa de unángel benévolo.

RRR

Page 9: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

AMOR PROPORCIONAL

No autobús ela ocupa unha terceira parte do asento. Xunta osseus nocellos como delgados corpos de bolboreta e mira-me aosollos cunha ollada que afogaría a calquera home nacompracencia. Así que eu, como quen non quere a cousa,achego a esa mínima parte que nos arreda.

AMOR PROPORCIONAL

En el autobús ella ocupa una tercera parte del asiento. Junta sus tobillos como delgadoscuerpos de mariposa y me mira a los ojos con una mirada que ahogaría a cualquier hombreen la complacencia. Así que yo, como quien no quiere la cosa, me acerco a esa mínima parteque nos arredra.

RRR

Page 10: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

BASICAMENTE

A calquera animal concedeuse-lle un senso na terra, pero ohome pregunta demasiadas cousas sen motivo. Descansamosplacidamente baixo os perpendiculares raios de sol, baixo aatenta mirada do Facedor, pero o home sempre se preocupa poloque poida acontecer.

Lamentamos a sucidade, a posible corrupción dos hipócritas,cando deberíamos asentir por toda a fermosura creada.

BASICAMENTE

A cualquier animal se le ha concedido un sentido en la tierra, pero el hombre preguntademasiadas cosas sin motivo. Descansamos plácidamente bajo los perpendiculares rayos desol, bajo la atenta mirada del Hacedor, pero el hombre siempre se preocupa por lo que puedasuceder. Lamentamos la suciedad, la posible corrupción de los hipócritas, cuandodebiéramos asentir por toda la belleza creada.

RRR

Page 11: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

HIBISCO

Baixo as flores do hibisco arde un segredo misterio. Na casa doshomes agardan os teus amados cos seus fermosos ventres,agarda a pel que será acollida sen insolencia no turbadorabismo.

A miña amante pública! Deixa-me agora seducir-te con estesilencio. Os homes aprehenderan-te para as súas mulleres. Ti eso orgullo que coroa este amor enfermizo e vulgar.

HIBISCO

Bajo las flores del hibisco arde un secreto misterio. En la casa de los hombres aguardan tusamados con sus hermosos vientres, aguarda la piel que será acogida sin insolencia en elturbador abismo. ¡Mi amante pública! Déjame ahora seducirte con este silencio. Los hombres te aprehenderánpara sus mujeres. Tú eres el orgullo que corona este amor enfermizo y vulgar.

RRR

Page 12: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

FERMOSA POLITEISTA

Que fas axeonllada, fermosa politeísta, pregando a Deusesdescoñecidos? Que loito agardan as túas feridas, nesas mans quese achegan á luz amortecina das iconas?

Ti es como ese dócil papel que se presta e se vende con poder deaflición.

A vida despreza o seu froito e ti non mereces máis que osescarnios que se prestan os amantes pagando a traizón. Tanvagamente asolou a incerteza a un tempo coa cerimoniosamentira do seu prudente consolo? O teu orgullo non vale máisque unhas moedas.

HERMOSA POLITEISTA

¿Qué haces arrodillada, hermosa politeísta, rezando a Dioses desconocidos? ¿Qué lutoaguardan tus heridas, en esas manos que se acercan a la luz mortecina de los iconos?Tú eres como ese dócil papel que se presta y se vende con poder de aflicción.La vida desprecia su fruto y tú no mereces más que los escarnios que se dedican los amantespagando la traición. ¿Tan vagamente te asoló la incerteza a un tiempo con la ceremoniosamentira de su prudente consuelo? Tu orgullo no vale más que unas monedas.

RRR

Page 13: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

INGRATO CORAZÓN

Coida deste ingrato corazón que gañou a túa tenrura. O teu pédesliza-se no pescozo do teu amado, escanciando doce néctarde aflición. Por que descalza corres entre espiñentos cardos? Porque semella a túa voz á primeira melodía? Esperta o teu corazóne foxe, como un verso ferinte en fermosura.

INGRATO CORAZÓN

Cuida de este ingrato corazón que ganó tu ternura. Tu pie se desliza en el cuello de tu amadoescanciando ese dulce néctar de aflicción. ¿Por qué descalza corres entre espinosos cardos?¿Por qué semeja tu voz a la primera melodía? Despierta tu corazón y huye, como un versohiriente en hermosura.

RRR

Page 14: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

PLENILUNIO

Na miña soidade hai unha chave que é a túa imaxe, capaz deabrir as portas máis pechadas co mesmo tino que un ladrónpersevera para arrebatar os coidados da noite. Con igual substancia reptan aos teus pés as miñas verbas, paraabrir a porta da alcoba que garda..., algúns vestidos feitos paraque a pel os percorra. Oculto no lupanar dos teus labios, enchido de fervente paixón,consigo a transformación máis horrible do meu amor.

PLENILUNIO

En mi soledad hay una llave que es tu imagen, capaz de abrir las puertas más cerradas con elmismo tino que un ladrón persevera para arrebatar los cuidados de la noche. Con igualsubstancia reptan a tus pies mis palabras, para abrir la puerta de la alcoba que guarda...,algunos vestidos hechos para que la piel los recorra. Oculto en el lupanar de tus labios, llenode hirviente pasión, consigo la transformación más horrible de mi amor.

RRR

Page 15: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

NOVILUNIO

Sobre eles descansa, toda, vulnerable como unha pomba, a partemáis preciosa do meu amor. Son os seus pés, é a súa indiferenzao que máis amo. Mesmo que unha deusa, non lle importa o queun home pense ou poida amar; e eu, tétrico de pánico, estou-na aimaxinar como unha musa de Verlaine que descoñece o meumáis íntimo segredo e me comprace.

NOVILUNIO

Sobre ellos descansa, toda, vulnerable como una paloma, la parte más preciosa de mi amor.Son sus pies, es su indiferencia lo que más amo. Al igual que una diosa -sin duda no leimporta lo que un hombre piense o pueda amar-, y yo, tétrico de pánico, estoy imaginándotecomo una musa de Verlaine que desconoce mi más íntimo secreto y me complace.

RRR

Page 16: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

VENUS ANADIÓMENA

O camión parou e puiden ollar unhas vísceras, un estómago e varioscentímetros de epigastrios. Mais, iso non era todo o que alí había: mesmoque un retrato ou espello da morte estaba Venus, mirando-me con ollosimpasibles.“Rumiei polos prados cando o sol agachaba. Procurei a sombra cando osol abafaba. Collerei das túas mans a herba fresca se me dás a salvación!”.Pero eu renunciei ao seu amor para entrega-la a un carniceiro.

VENUS ANADIÓMENA

El camión paró y pude observar unas vísceras, un estómago y varios centímetros deepigastrios. Mas, eso no era todo lo que allí había, al igual que un retrato o espejo de lamuerte, estaba Venus, mirándome con ojos impasibles. "Rumié por los prados cuando el sol se ocultaba. Busqué la sombra cuando el sol sofocaba.¡Cogeré de tus manos la hierba fresca si me das la salvación!". Pero yo renuncié a su amorpara entregarla a un carnicero.

RRR

Page 17: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

ÓLEO DE MULLER CON SOMBREIRO

Porás o sombreiro e iremos ao val. Os nenos estarán a sorrir edirán que por alí vén a fermosa do sombreiro. E asícontinuaremos até que o día acabe, a matinar polo baixo do nosoamor como un milagre. Mais..., algúns estarán a dicir: quen vén bañar a súa vergonza ásnosas augas?, quen se aproxima con fementidas arguciasfemininas onda nós? E eu responderei que es unha Deusa depeitos de bambú.

ÓLEO DE MUJER CON SOMBRERO

Te pondrás el sombrero e iremos al valle. Los niños estarán sonriendo y dirán que por allíviene la hermosa del sombrero. Y así continuaremos hasta que el día acabe, a reflexionar porlo bajo de nuestro amor como un milagro. Mas..., algunos clamarán: ¿quién viene a bañar su vergüenza a nuestras aguas?, ¿quién seaproxima con fementidas argucias femeninas junto a nosotros? Y yo les responderé que eresuna Diosa de pechos de bambú.

RRR

Page 18: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

PERIGOS DA ENSOÑACIÓN

Até aquí chegan os ventos de Marte, a erma estación do planetavermello. Substituír o vacío polo amor ao vacío, a inmensaescuridade atrapada en órbitas de estrelas. Hai máis das quecompre imaxinar ao carón dos casquetes polares, da hirsutaatmosfera de Venus, brillando no confín do universo na eternanoite de éter. Como unha espada brandida nunha rocha, Europaleva á súa boca os dedos de Xúpiter. O cometa expira e deixaatrás os milenios -chegou a nós un día e significou tanto como achegada dun reino-. Dubhe, Merak, Feckda..., amei-vos a todas,inspirado, ás portas dun bulevar francés. En noites claras comoópalos, a tanta distancia que nin sequera imaxinades, estou-vosa observar con ollos acendidos e crepusculares como se fose unvoyeur, un conspirador ou un bohemio. En fin!... Sopra a brisamarciana e ela agarda, espida e sen complexos, para ofrecer-mea mesma eternidade.

PELIGROS DE LA ENSOÑACIÓN

Hasta aquí llegan los vientos de Marte, la yerma estación del planeta rojo. Sustituir el vacíopor el amor al vacío -la inmensa oscuridad atrapada en órbitas de estrellas-. Hay más de lasque se puede imaginar al lado de los casquetes polares, de la hirsuta atmósfera de Venus,brillando en el confín del universo en la eterna noche de éter. Como una espada blandida enuna roca, Europa lleva a su boca los dedos de Júpiter. El cometa expira y deja atrás losmilenios -llegó a nosotros un día y significó tanto como la llegada de un reino-. Dubhe,Merak, Feckda..., os amé a todas, inspirado, a las puertas de un bulevar francés. En nochesclaras como ópalos, a tanta distancia que ni siquiera imagináis, estoy a observaros con ojosencendidos y crepusculares como si fuera un voyeur, un conspirador o un bohemio. Enfin!... Sopla la brisa marciana y ella espera, desnuda y sin complejos, para ofrecerme lamisma eternidad.

RRR

Page 19: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

INSPIRACIÓN

Pensar moito e estar so. Manter-se esperto ou alcoholizado.Reprimir o optimismo cuns gramos de conciencia. Beber até quea noite se confunda co día -cannabis, opiáceos e algún discopasado de moda-. Ter algunha doenza social ou amar osuficiente como para sentir-nos defraudados: esa é a mellorreceita para conservar a inspiración.

INSPIRACIÓN

Pensar mucho y estar solo. Mantenerse despierto o alcoholizado. Reprimir el optimismo conunos gramos de conciencia. Beber hasta que la noche se confunda con el día -cannabis,opiáceos y algún disco pasado de moda-. Tener alguna dolencia social o amar lo suficientecomo para sentirnos defraudados: esa es la mejor receta para conservar la inspiración.

RRR

Page 20: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

SOLITARIO

Só o creador debe ser amado, debe vencer-se para amar-se.Nada..., agás a tempestade. Demente, illado, orgulloso! Podevivir, pode morrer, ignorando toda debilidade e fraqueza parahumillar-se ao máis grande: ao destino e o horror ás alturas, aodestino e o horror á soidade, ao destino e un só, no cumio, baixoo universo.

SOLITARIO

Sólo el creador debe ser amado, debe vencerse para amarse. Nada..., excepto la tempestad.¡Demente, aislado, orgulloso! Puede vivir, puede morir ignorando toda debilidad y flaquezapara humillarse a lo más grande: al destino y el horror a las alturas, al destino y el horror a lasoledad; al destino y uno solo, en la cumbre, bajo el universo.

RRR

Page 21: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

ESTRELLA

Descobre a súa alma posuída e entorna o seu sorriso parachamar-me -aínda que ninguén pode saber o que realmente haidetrás dun sorriso-. Ela asinte e rexeita como se unha enormebondade o enchera todo, acusa e socava sen límite. Eu regresoao seu corpo húmido e ferinte, evanescente como un sopro noaire translúcido, e non penso naquela outra que só pode amar-me con tenrura e beneficencia desde o amor.

ESTRELLA

Descubre su alma poseída y entorna su sonrisa para llamarme -aunque nadie puede saber loque realmente hay detrás de una sonrisa-. Ella asiente y rechaza como si una enorme bondadlo llenara todo, acusa y socava sin límite. Yo regreso a su cuerpo húmedo e hiriente,evanescente como un soplo en el aire traslúcido, y no pienso en aquella otra que sólo puedeamarme con ternura y beneficencia desde el amor.

RRR

Page 22: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

CARTA A MARÍA

Fai algún tempo que non escribo, retirado entre apetitos edoenzas. Hai unha muller de ollos preciosos que me observa condesconsolación. Esperta, cruelmente redimida, como unha“Venus de Milo”. Non hai nela ningunha dor, ningunha paixónque non sexa a ausencia da paixón e da dor. Gardar calqueradirección e atopar portas pechadas. Ser demasiado circunspectoe, aínda así, querer sangrar por todo, querer brillar con luzpropia.

CARTA A MARÍA

Hace algún tiempo que no escribo, retirado entre apetitos y dolencias. Hay una mujer deojos preciosos que me observa con desconsolación. Despierta, cruelmente redimida, comouna "Venus de Milo". No hay en ella ningún dolor, ninguna pasión que no sea la ausencia dela pasión y del dolor. Guardar cualquier dirección y encontrar puertas cerradas. Serdemasiado circunspecto y, aun así, querer sangrar por todo, querer brillar con luz propia.

RRR

Page 23: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

PARA A TÚA AUTOESTIMA

Se non es boa contigo, se non te amas o suficiente, semprehaberá alguén que quererá prostituír a túa intimidade, moldear-te como o barro para facer-te dócil e temorosa. Pero, realmentenon te amas se consentes que alguén che faga isto. Se te amas osuficiente non te entregues a ningún home con escrúpulos. Dáun fillo a quen non poida desprezar-te, a quen queira facer-telibre e fermosa como un templo. A túa humanidade é un instintoirredutible. Quen penetra no teu corpo só pode coñecer a dita, sópode deter-se un intre a sentir..., a eternidade sen medida.

PARA TU AUTOESTIMA

Si no eres buena contigo, si no te amas lo suficiente, siempre habrá alguien que querráprostituir tu intimidad, moldearte como el barro para hacerte dócil y temerosa. Pero,realmente no te amas si consientes que alguien te haga esto. Si te amas lo suficiente no teentregues a ningún hombre con escrúpulos. Da un hijo a quien no pueda despreciarte, aquien quiera hacerte libre y hermosa como un templo. Tu humanidad es un instintoirreductible. Quien penetra en tu cuerpo sólo puede conocer la dicha, sólo puede detenerseun instante a sentir..., la eternidad sin medida.

RRR

Page 24: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

CONSIDERACIÓNS

Se estás con alguén non preguntes por que estás. Se te aflixes nontentes responder á dor. O sentido intúe todo sen necesidade, consentetodo sen remorso. Se amas non preguntes por que é o amor.

CONSIDERACIONES

Si estás con alguien no preguntes por qué estás. Si te afliges no intentes responder al dolor.El sentido lo intuye todo sin necesidad, lo consiente todo sin remordimiento. Si amas nopreguntes por qué es el amor.

RRR

Page 25: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

LA DECLARACIÓN FORÁNEA

Se pensas que tes dereito á vida estás equivocado: ninguén tendereito á vida, ninguén ten dereito á dignidade. Vivir é unhaconsecuencia máis, e do mesmo xeito que a ninguén llepreguntaron por nacer, a ninguén lle preguntarán por morrer.Estamos obrigados a estar aquí, a ter algunhas pretensións quecremos lexítimas. Estamos obrigados ao amor e ao desamor, adesexar todo e nada, sen saber ben cal é o principio. Seicaesperto por unha forza necesaria, seica amo por unha forzanecesaria. Todo o que teño é isto que son: con ataduras, conmedidas, con necesidades. Non hai ningunha dignidade no vivir,atendendo á dignidade como dereito: ao dereito só se apelacando se perde o respecto pola vida.

LA DECLARACION FORÁNEA

Si piensas que tienes derecho a la vida estás equivocado: nadie tiene derecho a la vida, nadietiene derecho a la dignidad. Vivir es una consecuencia más y de la misma manera que anadie le preguntaron por nacer, a nadie le preguntarán por morir. Estamos obligados a estaraquí, a tener algunas pretensiones que creemos legítimas. Estamos obligados al amor y aldesamor, a desear todo y nada, sin saber bien cuál es el principio. Acaso despierto por unafuerza necesaria, acaso amo por una fuerza necesaria. Todo lo que tengo es esto que soy:con ataduras, con medidas, con necesidades. No hay ninguna dignidad en el vivir,atendiendo a la dignidad como derecho: al derecho sólo se apela cuando se pierde el respetopor la vida.

RRR

Page 26: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

CRUCIFIXIÓN

A alma é o froito continuo e ausente. Agora, que corres as cortinas para oamor desta noite, debo deixar-te, renunciar a todo para cravar-me á cruz.Non temo á providencia nin á morte porque a dor é tan inmensa comopode ser a felicidade.

CRUCIFIXIÓN

El alma es el fruto continuo y ausente. Ahora, que corres las cortinas para el amor de esta noche, debo dejarte,renunciar a todo para clavarme a la cruz. No temo a la providencia ni a la muerte, porque el dolor es tan inmenso como puede ser la felicidad.

RRR

Page 27: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

PARODIA

Podería un diluvio caer porque todo o escrito sexa incerto e as palabrasfosen mentira. Ás veces o que se di é banal e caprichoso se como unhaaspereza non turba o chan onde pisamos. Podería un sol arder que unhanoite, se timidamente abrigase o seu desdén, non nos sorprendería tras asrochas onde o mar mostra o equilibrio; senón un día eterno sobre nós anos maldicir porque repentinamente usurpásemos a fermosura con estasverbas que se perden.

PARODIA

Podría caer un diluvio porque todo lo escrito sea incierto y las palabras fueran mentira. Aveces lo que se dice es banal y caprichoso si como una aspereza no turba el suelo dondepisamos. Podría arder un sol que una noche, si tímidamente abrigara su desdén, no nossorprendería tras las rocas donde el mar muestra el equilibrio; sino un día eterno sobrenosotros para maldecirnos porque repentinamente usurpáramos la belleza con estas palabrasque se pierden.

RRR

Page 28: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

CAMIÑO DE REGRESO

Bágoas de cristal esvaran polas túas costas, en lenes, rosáceas, noites desolpor. Polas rúas sen nome alguén me pregunta quen son, e eu non podocontestar por máis que estea a falar. Estou de volta á superstición! Nonquero saber como te chaman, non quero coñecer o teu nome, que veñapara todos os que estamos a agardar a túa palabra. Satisfeitos eembriagados de doces perfumes primaverais, de mulleres que lavan cosseus cabelos a rabia e a blasfemia da nosa alma, polas rúas sen nome,

como un fantasma, irei polo mundo de volta á superstición.

CAMINO DE REGRESO

Lágrimas de cristal resbalan por tu espalda, en suaves, rosáceas, noches de ocaso. Por lascalles sin nombre alguien me pregunta quién soy, y yo no puedo contestar por más que estéhablando. ¡Estoy regresando a la superstición! No quiero saber cómo te llaman, no quieroconocer tu nombre, que venga para todos los que estamos esperando tu palabra. Satisfechosy embriagados de dulces perfumes primaverales, de mujeres que lavan con sus cabellos larabia y la blasfemia de nuestra alma, por las calles sin nombre, como un fantasma, iré por elmundo regresando a la superstición.

RRR

Page 29: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

COMPRACENCIA

Viaxa dende as estrelas ou o carro do sol como unha aura tenueque un deus burlou. Semella feble aos ollos do Amado e sobe asaia para mexar timidamente sobre margaridas e fentos, trevosde catro follas e algún escaravello. O verdor pegou-se aos seusnocellos e os cans ulen o mel. Compracencia é a voz que tornaamarela como un sol preguiceiro e angustiado.

COMPLACENCIA

Viaja desde las estrellas o el carro del sol como un aura tenue que un Dios burló. Parecedébil a los ojos del Amado y sube la falda para orinar tímidamente sobre margaritas yhelechos, tréboles de cuatro hojas y algún escarabajo. El verdor se pegó a sus tobillos y losperros huelen la miel. Complacencia es la voz que torna amarilla como un sol perezoso yangustiado

RRR

Page 30: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

FASCINACIÓN

Nunca estiven nesa cidade rusa. Nunca collerei o expreso paraseguir-te. Ningún mar terei navegado alén da propia intuición. Éasí que estou só, devorando soños e un posible desdén,derramando bágoas que non foron choradas, e un pensamento ésuficiente para que o baleiro chegue, soterrado baixo frías areashiperbóreas.

FASCINACIÓN

Nunca estuve en esa ciudad rusa. Nunca cogeré el expreso para seguirte. Ningún mar habrénavegado más allá de la propia intuición. Es así que estoy solo, devorando sueños y unposible desdén, derramando lágrimas que no fueron lloradas, y un pensamiento es suficientepara que el vacío llegue, soterrado bajo frías arenas hiperbóreas.

RRR

Page 31: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

AMENCER

Non estamos aquí polo que pensas. Non estamos aquí polafermosura. Non estamos aquí porque me ames, ou, sequera,porque eu te corresponda. Estamos aquí para lembrar, estamosaquí para esquecer, estamos aquí polo amencer. Calquera mullerpode servir, calquera home, para un día como este e esta noite...

AMANECER

No estamos aquí por lo que piensas. No estamos aquí por la hermosura. No estamos aquíporque me ames, o, siquiera, porque yo te corresponda. Estamos aquí para recordar, estamosaquí para olvidar, estamos aquí por el amanecer. Cualquier mujer puede servir, cualquierhombre, para un día como este y esta noche...

RRR

Page 32: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

AUTORRETRATO

Podo ser un calvo acelerado ou un ridículo asceta, pero teñounha musa -a miña musa!-. Sendo un depravado ou undexenerado, un fillo de Platón coa fronte tan ampla que só podeconcibir a inxenuidade no amor, sen remorso, sen cobiza e senpecado; se ben, Herodes tivo pensamentos máis elevados, pododeitar a miña testa no teu colo e durmir na mesma inspiraciónplacidamente.

AUTORRETRATO

Puedo ser un calvo acelerado o un ridículo asceta, pero tengo una musa -¡mi musa!-. Siendoun depravado o un degenerado, un hijo de Platón con la frente tan amplia que sólo puedeconcebir la ingenuidad en el amor, sin remordimiento, sin codicia y sin pecado; si bien,Herodes tuvo pensamientos más elevados, puedo recostar mi testuz en tu regazo y dormir enla misma inspiración plácidamente.

RRR

Page 33: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

MESMO ASÍ...

Se quitases docemente o vestido e caese despois sobre o meucorpo: o teu cabelo como unha caricia, os teus labios,tenramente, murmurando unha oración na miña boca; entón,soamente clamaría ao meu verdugo para que me deixase a soasco obxecto da voluptuosidade.

INCLUSO ASÍ...

Si te quitaras dulcemente el vestido y cayera después sobre mi cuerpo: tu cabello como unacaricia, tus labios, tiernamente, susurrando una oración en mi boca; entonces, solamenteclamaría a mi verdugo para que me dejara a solas con el objeto de la voluptuosidad.

RRR

Page 34: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

SOLILOQUIO Á BOHEMIA

Hai unha idade na que só se pode ser sádico. Agarda-se a mortecomo un can que está demasiado ocupado rillando na sarna.Agarda-se a morte coa indiferenza nos ollos ao ver pasar unhaspernas. O tempo fuxiu como un raposo perseguido porcazadores ingleses, sen demasiada vontade, sen demasiadafortuna. Con torpe apetito bico-lle os labios -rameira da miñavida- e ando a maldicir baixo o frío da noite que encheu osrecunchos de neve, cun pensamento sobrado de rancor, defermosura e de odio. Finalmente..., deixo o meu vaso condesidia por algunha outra continxencia.

SOLILOQUIO A LA BOHEMIA

Hay una edad en la que sólo se puede ser sádico. Se espera la muerte como un perro queestá demasiado ocupado royendo en la sarna. Se espera la muerte con la indiferencia en losojos al ver pasar unas piernas. El tiempo huyó como un zorro perseguido por cazadoresingleses, sin demasiada voluntad, sin demasiada fortuna. Con torpe apetito le beso los labios-ramera de mi vida- y ando a maldecir bajo el frío de la noche que llenó los rincones denieve, con un pensamiento sobrado de rencor, de hermosura y de odio. Finalmente..., dejomi vaso con desidia por alguna otra contingencia.

RRR

Page 35: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

PALABRAS

Cun xesto vés rescatar este milagre e me prestas a vida cunsopro nas pálpebras; e eu confirmo coa miña absurdadisposición, o atractivo do amor sen amor.

PALABRAS

Con un gesto vienes a rescatar este milagro y me prestas la vida con un soplo en los párpados; y yo confirmo con mi absurda disposición, el atractivo del amor sin amor.

RRR

Page 36: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

PARA REINAR ENTRE OS MORTOS

Podería amar-te mil veces, podería destruír-te e gabaría a túafigura embalsamada. Se fose un mal poeta, como di ocanadense, perfumaría as palabras cunha afronta inocente edelicada sempiternidade -non aprendería a voar e a perder-medespois nos teus cadrís-. Pero..., sei que me agardas como outrostantos días con calquera desculpa, e dis que me queres candoestás a mentir, cavando a nosa tumba como fan os enterradores.

PARA REINAR ENTRE LOS MUERTOS

Podría amarte mil veces, podría destruirte y alabaría tu figura embalsamada. Si fuera un malpoeta, como dice el canadiense, perfumaría las palabras con una afrenta inocente y delicadasempiternidad -no aprendería a volar y a perderme después en tus caderas-. Pero..., sé queme aguardas como otros tantos días con cualquier disculpa, y dices que me quieres cuandoestás mintiendo, cavando nuestra tumba como hacen a los enterradores.

RRR

Page 37: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

AMANTES

Espir a perfección, espir a fermosura. Ser Calixto e Melibea,Catulo e Lesbia. Quen non estea convidado, quen non sexadivino, que non entre no noso templo con comparsas egabanzas, que non encha o corazón con viño de amor.

AMANTES

Desnudar la perfección, desnudar la hermosura. Ser Calixto y Melibea, Catulo y Lesbia.Quien no esté invitado, quien no sea divino, que no entre en nuestro templo con comparsasy alabanzas, que no llene el corazón con vino de amor.

RRR

Page 38: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

O AFORCADO

A noite, perseverante e negra, enreda-se ao noso pescozo como un doce amor para sempre. Dá-me amor, amada! Dá-me unha paixón e un incesto -unha verdade horrible como unha soga-, e ti, vagamente protectora, botada aos meus pés e aos meus xeonllos!

EL AHORCADO

La noche, perseverante y negra, se enreda a nuestro cuello como un dulce amor parasiempre. ¡Dame amor, amada! ¡Dame una pasión y un incesto -una verdad horrible comouna soga-, y tú, vanamente protectora, echada a mis pies y a mis rodillas!

RRR

Page 39: (LOS SUEÑOS VANOS)uploads.worldlibrary.net/uploads/pdf/20141225150539os_so_os_vans.pdf · Ten a mirada melancólica das mulleres que entregan o seu amor. Beleza recóndita, alma

Os Soños Vans

RRR

RRR