Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para...

15
Lugrís, paredes soñadas Actividade para escolares de 6º de Educación Primaria a 2º de ESO

Transcript of Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para...

Page 1: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

Lugrís, paredes soñadasActividade para escolares de 6º de Educación Primaria a 2º de ESO

Page 2: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 2

A Área Educativa de Afundación proponche un reto: coñecer desde a túa casa a exposición «Lugrís, paredes soñadas» a través dunha visita virtual. Deberás observar, ler e responder ás diferentes fichas de investigación que deseñamos para o teu entretemento. Ao final deste documento tes as respostas a todas as cuestións, para que poidas comprobar se acertaches ou procurar o que non saibas.

Antes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas pasear polas salas de exposición. Tamén engadimos os enlaces ás páxinas web das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, así poderás investigar mellor sobre as obras e os artistas. Despois iremos ficha por ficha.

Preparad@s? Lembrade, agora moito…

Page 3: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3

Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do pintor coruñés Urbano Lugrís. Lugrís realizou numerosas pinturas —en boa parte, murais— para espazos públicos: bancos, restaurantes, hoteis, cafés, tendas, igrexas, confrarías…

A exposición titúlase «Lugrís, paredes soñadas», cal crees que foi o motivo de titular así a mostra?

• Urbano Lugrís siempre estaba apoiado nas paredes.

• Pintaba as súas obras en soños.

• Lugrís mesturaba fantasía e realidade e o plasmaba nos murais de moitos espazos públicos.

• Cando espertaba dos seus soños, a obra xa estaba creada nas paredes.

Page 4: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 4

Sabías que…?

• Urbano Lugrís naceu na Coruña en 1908 e faleceu en Vigo en 1973.

• Puxéronlle o nome do irmán da súa nai, Urbano González, que tamén era pintor.

• O seu pai era un escritor galeguista e a súa nai unha concertista de piano.

• Urbano Lugrís tivo dous fillos, un deles dedicouse ao mundo da pintura.

• Encantáballe ler, sobre todo libros de aventura e ficción. Entre os seus libros favoritos estaban os de Jules Verne, en especial Vinte mil leguas de viaxe submarina.

URBANO LUGRÍS. ORIXEVisita virtual sala 2

Page 5: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 5

A Lugrís influíulle moito o universo creativo de seu pai, escritor, así como o ambiente intelectual que o rodeaba, un universo intelectual moi vinculado a Galicia.

Lugrís pintou moitos mapas de Galicia, como o que ves nesta ficha. Recoñeces algunha historia?, algún símbolo? sinala polo menos dous.

Urbano LugrísGalicia, 1953ABANCA Colección de Arte

FICHA DE INVESTIGACIÓN: ORIXEVisita virtual sala 2

Page 6: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 6

Sabías que…?

• Urbano Lugrís funda en 1954 unha re-vista cultural que titula Atlántida. Deseña a portada, realiza as viñetas e fai colabo-racións escritas.

• Cando escribe nela emprega o seudóni-mo Ulyses Fingal.

• Ulyses é un heroe lendario da literatura grega. Era o rei de Ítaca, participou na Guerra de Troia e pasou á historia como un gran mariño.

• Fingal é un heroe irlandés ao que se lle dedicou un poema. O compositor Men-delssohn dedicaríalle tamén unha ober-tura. Conta a lenda que Fingal dorme nunha gruta baixo a cidade de Dublín e só espertará cando a cidade estea en perigo.

• A revista só publicou 13 números, logo foi pechada pola censura.

URBANO LUGRÍS. REALISMO MÁXICOVisita virtual sala 2

Portada do primeiro número da revista Atlántida

Page 7: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 7

Navega ben pola sala 2, vendo a obra de Lugrís. A revista Atlántida foi a única na que colaborou? En cal máis? (fíxate na peaña negra).

As obras de Lugrís son relatos pintados. Nalgúns mestura santos protectores e personaxes mitolóxicos. Buscade a obra que vedes debaixo deste texto. Trátase dun retablo que contén varias pequenas historias pintadas con moita precisión. Elixe unha, ponlle imaxinación e cóntanos que historia cres que está a narrar Lugrís.

Urbano LugrísSan Telmo, 1978Colección de Arte Afundación

FICHA DE INVESTIGACIÓN: MITOLOXÍASVisita virtual sala 2

Page 8: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 8

Sabías que…?

• Hai autores que din que Urbano Lugrís era surrealista. Outros, en cambio, din que a súa

maneira de pintar é pura fantasía de realismo máxico .

• Realismo máxico é cando nunha obra realista, de súpeto, introdúcese algo inesperado, estraño ou marabilloso. No realismo máxico o compoñente literario é moi forte, pero a paisaxe ta ser real.

• Un gran amigo de Lugrís conta que, antes de pintar, Lugrís escribía un breve relato que despois pintaba.

• Surrealismo é representar o imposible, evadirse da realidade en cada obra. Os surrealistas

pintan soños, imaxes incoherentes do subconsciente sobre paisaxes inventadas .

URBANO LUGRÍS: REALISMO MÁXICO E SURREALISMOVisita virtual sala 2

Page 9: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 9

As obras de Lugrís son relatos literarios pintados. Unha das obras literarias máis coñecidas de todos os tempos é a obra de Don Quixote da Mancha.

Busca unha obra na sala que poida relacionarse coa historia de Don Quixote da Mancha.

• Hai algo que vos chame a atención?

• Que fan don Quixote e Sancho?

• Se na obra de Lugrís domina a paleta de cores azuis e verdes, de que cor imaxina o espazo onde se desenvolve a historia de Don Quixote?

• De onde era Don Quixote?

Urbano LugrísQuixote, 1963

Colección particular

FICHA DE INVESTIGACIÓN: REALISMO MÁXICO E SURREALISMOVisita virtual sala 2

Page 10: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 10

Sabías que…?

• Urbano Lugrís admiraba moito os antigos pintores de Holanda dos séculos XVI e XVII.

Entre eles, un pintor de paisaxes chamado Joachim Patinir .

• A profundidade nesta época conseguíase a través de dous trucos pictóricos: o punto de

fuga e o emprego de cores escuras no primeiro plano e cores máis claras ao fondo .

• Os pintores flamencos dos séculos XVI e XVII pintaban ao óleo sobre táboa.

URBANO LUGRÍS. TÉCNICAVisita virtual sala 2

Page 11: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 11

Navega pola sala 2. Vendo as obras expostas, anota en que formatos pintaba Urbano Lugrís; é dicir, sobre que soportes pinta e que tipo de pintura utiliza.

Cal dos seguintes adxectivos se adpta mellor á maneira de pintar de Lugrís? Razoádeo a partir da obra que aparece nesta ficha.

• Cores frías

• Cores cálidas

• Grumos e masa de pintura

• Debuxo moi pouco preciso

• Detallista

• Ensoñacións

• Como a vida mesma

Urbano LugrísVirgen del Carmen, 1951Colección AECID

FICHA DE INVESTIGACIÓN: TÉCNICAVisita virtual sala 2

Page 12: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 12

Sabías que…?

• Urbano Lugrís dixo «son o que chaman un autodidacta, aínda que sería mellor dicir un barcodidacta».

• Lugrís tiña tan interiorizado o mundo do mar que ata na súa firma aparece un símbolo mariño.

• O Museo Massó, en Bueu, está dedicado ao mar. Nel pasou Lugrís longas horas. Está cheo de obxectos mariños que ins-piraron ao artista.

• Urbano Lugrís pintou paisaxes subacuá-ticas, paisaxes mariñas, lendas do mar e temas relixiosos, entre outros.

• Din que pasaba longas horas absorto mirando o mar.

URBANO LUGRÍS E O MARVisita virtual sala 2

Urbano LugrísFantasía marinera, 1946Colección de Arte Afundación

Page 13: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 13

Navega pola sala 2 e localiza a obra que se reproduce nesta ficha. Lugrís dedicoulle moito tempo ás pinturas relixiosas. Que santo protector representa esta obra? Fixádevos nos elementos que leva o santo. Como protexe os mariñeiros este santo?

Os símbolos relacionados co mar son moi habituais en Lugrís. Se navegades pola sala veredes rosas dos ventos, caracolas, barcos no interior dunha botella…

Que outro símbolo se repite moito? O artista converteuno na súa firma. Fíxate ben, ese símbolo está presente por toda a sala, non só nas obras de arte.

Urbano LugrísSan Telmo, 1978Colección de Arte Afundación

FICHA DE INVESTIGACIÓN: O MARVisita virtual sala 2

Page 14: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 14

As orixes | p. 5

• A rosa dos ventos: aparece sempre nas cartas naúticas, está destinada a indicar a orientación dos ventos.

• A Torre de Hércules, construída no século I po-los romanos. Sobre ela escribíronse diferentes relatos que che recomendamos investigar a través de internet, sorprenderanche. Aquí cada un recoñecerá a historia máis ligada á súa terra: as Burgas de Ourense, a Muralla de Lugo… Para máis información sobre o mapa preme aquí.

Realismo máxico | p. 7

• Tamén colaborou na revista Vida Galega. Aínda que non aparece en sala, escribiu para o diario Pueblo Gallego e para La Voz de Galicia.

• Nesta obra inclúe unha temática relixiosa como protagonista, é un tema moi recorrente nas súas obras, pero sempre que estes santos ou virxes teñan algún tipo de ligazón co mar. Podes en-viarnos o teu relato ao correo [email protected]

Realismo máxico e surrealismo | p. 9

• Lugrís soña que Don Quixote e Sancho dormen así. O Quixote formaba parte das lecturas fre-cuentes de Urbano Lugrís, sábese que coñecía extensos parágrafos de memoria. É un cadro atí-pico na produción de Lugrís, realízao porque a obra de Cervantes era moi do seu gusto.

• Chaman a atención as cores metálicas non bri-llantes, como a da armadura, os marróns, ocres e grises azulados. Son cores que se apartan dos que adoita usar Lugrís nas súas obras, tons máis verdes e azuis, relacionados con Galicia e as súas tradicións.

• En terras de Castela a Mancha.

Técnica | p. 11

• Moitas das obras son en óleo sobre táboa. Era necesario preparar antes a táboa de forma ade-cuada para recibir despois a pintura: á táboa aplicábanselle diversas capas de cola, ao secar engadíase unha imprimación graxa a base de aceite para que tivese un efecto reflector, esteti-camente lucía máis.

• Cores cálidas - detallista - fantasías.

O mar | p. 13

• No panel central aparece a imaxe de San Telmo, patrón de pescadores e mariñeiros, precursor das actuais confrarías e gremios de mareantes. Máis información aquí.

• Lugrís asinaba cunha áncora, ata ese nivel che-gaba a asimilación da súa identidade como ar-tista co mar.

Lembrade que, se tedes dúbidas ou queredes con-tarnos algo, podedes escribirnos a [email protected]

RESPOSTAS

Page 15: Lugrís, paredes soñadas...PGAMA AundacinnCasa Lugrís, paredes soñadas. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3 Esta exposición é un fiel reflexo da vida e obra do