MAIOS 2010

5
O MAIO DOS COUCEIRIÑOS Melodía: Vamos de paseo pi, pi, pi Do Couceiro imos vir, para o noso maio lucir, se queres pasalo ben, canta connosco tamén. Chegaron os maios si, si, si todos adornados si, si, si cheiños de flores si, si, si e de moitas cores si, si, si.

description

FESTA DOS MAIOS

Transcript of MAIOS 2010

Page 1: MAIOS 2010

O MAIO DOS COUCEIRIÑOS Melodía: Vamos de paseo pi, pi, pi Do Couceiro imos vir, para o noso maio lucir, se queres pasalo ben, canta connosco tamén. Chegaron os maios si, si, si todos adornados si, si, si cheiños de flores si, si, si e de moitas cores si, si, si.

Page 2: MAIOS 2010

MAIO DA CAMELIA

Estamos no mes de maio A primavera chegou Imos celebrar os maios Como manda a tradición. Esperta maio esperta Que o cuco xa cantou Enriba dunha camelia Que en Lombardero brotou. Xa fixemos as coroas Coas que imos cantar A este maio tan florido Que acaba de comezar. Esperta maio esperta Que o cuco xa cantou Enriba dunha camelia Que en Lombardero brotou.

Page 3: MAIOS 2010

MAIO FERMOSO

Melodía: A la flor del romero Vexan o noso Maio, Maio fermoso, cheo de frescas flores como arrecende. Como arrecende e que ben loce vexan o noso Maio Maio fermoso! O Maio, Maiño, Maio O Maio, Maiño, xa Retrouso Adeus abril, abrileiro E San Xoan xa chegará Todos os do Couceiro traemos o Maio con xestas, biouteiro follas e buxo. Follas e buxo das nosas hortas todos os do Couceiro traemos o Maio Retrouso Vimos pola Galera e Lombardero vimos cansos e ledos de flores cheos, de flores cheos e de cantigas. Deanos o Maio logo un Maio longo! Retrouso

Page 4: MAIOS 2010

XESTAS E FLORES Melodía: O lambonciño (xogo popular galego) Esta festa todos imos celebrar Esta festa todos imos celebrar Traendo os maios que os nenos fan Traendo os maios que os nenos fan. Desde o Couceiro vimos para contar E o noso maio imos presentar Con moita alegría e moita ilusión Traemos o maio con esta canción. Con xestas e flores imos adornar Este un de maio que é moi especial Para toda a vila poder alegrar Con felicidade no noso lugar. (repetir 1 vez)

Page 5: MAIOS 2010