Manuel María

37
Manuel María Letras Galegas 2016

Transcript of Manuel María

Page 1: Manuel María

Manuel María Letras Galegas

2016

Page 2: Manuel María

Manuel María 2016

Panorama da literatura galega durante a posguerra.

A partir de 1940:

- O desenvolvemento no exilio. Buenos Aires- O desenvolvemento no interior. Galicia.

Page 3: Manuel María

Manuel María 2016

O desenvolvemento no exilio. Buenos Aires

Durante as décadas 40, 50 e 60 no exilio case se vive un desenvolvemento “normalizado” entre a sociedade bonaerense.

Coinciden no exilio nestes anos persoeiros como Castelao, Dieste, Blanco Amor, Seoane, Suárez Picallo, Lorenzo Varela…

A presenza da cultura galega aparece en prensa, editoriais, emisións radiofónicas, teatro, manifestacións…

Page 4: Manuel María

Manuel María 2016

Salientamos polo seu significado icónico, simbólico e cultural a:

Afonso R. Castelao.Morre en 1950.Luís Seoane

Morre en 1979

Page 5: Manuel María

Manuel María 2016

Seoane é responsable da publicación de máis de 30 libros en galego ou relativos a Galicia.

Participa como deseñador e ilustrador.Funda editoriais e prensa.

Page 6: Manuel María

Manuel María 2016

Page 7: Manuel María

Manuel María 2016

Page 8: Manuel María

Manuel María 2016

O desenvolvemento no interior. Galicia.

Page 9: Manuel María

Manuel María 2016

A lírica de posguerra:A) Xeración do 36:

- Formáronse literaria e ideoloxicamente en tempos da República baixo a influencia da X. Nós e as Vangardas. E xa publicaran.

- Aquilino Iglesias Alvariño-Álvaro Cunqueiro-Celso E. Ferreiro-Xosé Mª Díaz Castro-María Mariño

Page 10: Manuel María

Manuel María 2016

B) Xeración de enlace:◦Acceden á cultura nunha etapa de absoluto

illamento das correntes europeas. Autodidactas. Comezan em LC e asumen máis tarde a lingua galega como lingua literaria.

◦Luz Pozo Garza◦Antón Tovar◦Manuel Cuña Novás ◦Tomás Barros

Page 11: Manuel María

Manuel María 2016

C) A xeración das F. M. ou 50:

◦a primeira xeración estritamente de postguerra.◦descuberta fascinada dunha Europa que parecía

gozar de todo o que eles carecían (liberdade de expresión, liberdade sexual, elevado nivel de vida, etc.)

◦estrito monolingüísmo como fórmula de expresión literaria,

◦compromiso político nacionalista e marxista

Page 12: Manuel María

Manuel María 2016

Outras características xeracionais:

◦Restauración e participación nas FM◦Colaboración no suplemento cultural “La

noche”◦Creación da colección “Illa Nova”de Galaxia◦Creación de “Brais Pinto”grupo e edit.1958

Page 13: Manuel María

Manuel María 2016

Integrantes:◦Manuel María,◦Avilés de Taramancos, ◦Bernardiño Graña, ◦Méndez Ferrín, ◦Uxío Novoneyra ◦Arcadio López Casanova◦Xohana Torres◦Álvarez Torneiro

Page 14: Manuel María

Manuel María 2016

Apuntes biográficos:

Nace en Outeiro de Rei o 6 de outubro do ano 1929. orixe familiar labrega acomodada.

Ambiente de aprezo pola cultura e mestre que desde a primeira escola recita en LG poemas de A. Carballo, M. Antonio.

Estuda bacharelato nos maristas e logo no Instituto de Lugo. Vive en Lugo co seu tío crego e párroco de San Froilán. Recibe

importante formación relixiosa que deixa pegada ao longo da súa obra. “Salmos”, “Proverbios”, San Juan de la Cruz.

Comeza a formar parte dos faladoiros intelectuais lucenses.

Page 15: Manuel María

Manuel María 2016

Gustaríalle estudar Filosofía e Letras mais o consello familiar inclínao cara a Dereito que non remata.

Profesionalmente vai exercer como procurador ademais de rexentar con Saleta Goi, a súa muller, unha librería en Monforte.

Funda a revista de poesía Xistral e publica o seu primeiro libro en 1950. “Muiñeiro de Brétemas”. Ten 19 anos

O poeta desenvolve un importante traballo de activismo cultural tanto desde a librería como en prensa, conferencias, recitais etc.

Apoia activamente os movementos da canción protesta. Desde a nova cançó catalá: Raimon ata Voces Ceibes.

Page 16: Manuel María

Manuel María 2016

Os seus poemas van ser musicados sobre todo polos grupos Fuxan os ventos e A Quenlla.

As diferenzas coa editorial Galaxia lévano a crear a editorial Xistral.

Vai ser membro fundador da UPG e desenvolve un labor político formando parte das listas electorais do BNG. Concelleiro por Monforte.

Realiza un enorme labor normalizador da lingua galega en calquera ámbito. Vai compoñer mesmo para os nenos, os poemas que se espallan como cancións na voz de Suso Vaamonde.

Page 17: Manuel María

Manuel María 2016

Convértese nun poeta coñecido dada a súa versatilidade, facilidade de comunicación, dispoñibilidade.

É unha persoa humilde e servicial, fondamente boa e xenerosa.

Ingresa na RAG en 2003 e recibiu en vida homenaxes e galardóns como Premio Celanova, Pedrón de Ouro, etc.

Morre o 8 de setembro de 2004 na Coruña.

Page 18: Manuel María

Manuel María 2016Obra

Os primeiros libros:- Muiñeiro de brétemas (1950)

◦Morrendo a cada intre, (1952)◦Libro de pregos (1951)◦Advento (1952)

Son libros pertencentes á “ Escola da Tebra”. A liña temática existencialista cristián, pesimismo vital, sentido da vida, preguntas, dúbidas, angustias…

Page 19: Manuel María

Manuel María 2016

FumeEste fume azul-ronsel de lonxanías-voa lixeiro cara ó ceo.

Na penumbra:soidás.E na alma:pensamentose roseiras.

A luz da tardemorre nunhas breixas. (fervenzas)

Fume azule promesasenguedelladasna silveiras...

(Muiñeiro de brétemas)

Page 20: Manuel María

Manuel María 2016

Morrendo a cada intre . 1952

Rebeldía, soidade, identidade

Deixádeme: eu non me embededocon garimosos de cidades dormidasás que non lle podo desenrugara súa faciana de pergameo antergo.Vós non comprendedes o teorema poéticonen sabedes que teño un espíritugachado nas rodas dun carriño.

Amigos: eu non pido piedade.Eu asesino os meus intres cando quero.O meu sangue xa non ten estrelas deslucidasnen penumbras inquedas.

Amigos: deixádeme, abandonaime.Non repitades o meu nome que aínda non sonun vello profesor nen un barbudo pai de familia.

( Morrendo a cada intre)

Page 21: Manuel María

Manuel María 2016

Poema

Deixádeme: éme igualser día, ser camiño ou gaita fina.

Non sei de onde vén a luzE ignoro se teñen azas os agarimos.

Non me preguntedes tampoucoSe o corazón sente a súa vida.

Eu somentes sei que quero ser,violín, quero ser río.

Os soños fóxenme. Poden os soños

existir, ser paxariño…?

E a morte, o derradeiro camiño.¿ A morte é un ser vivo…?

E eu pobre e esquecido poeta:¿Por qué existo…?¿O meu continuo morrer non será vida?

A estrela é inmutábel en si mesma.A estrela ten sentido.

O demais é vaguidade, sombra,Ou nome frío

(Advento. 1952)

Page 22: Manuel María

Manuel María 2016

O poemario icónico.O libro que identifica o poeta.

TERRA CHÁ

Page 23: Manuel María

Manuel María 2016. Terra Chá 1954

Estrutura do libroEvolución poética: paisaxe. Poemario icónico para a lite.

Soleira◦ Canto á Terra Chá

Terra Chá Romaxes A xente A terra e o labradío Prados Os animais O tempo As arbres Os paxaros As cousas Pranto pola Terra Chá

Ollada poética para o exterior. Desde o berce persoal e único cara a un cosmos comunitario: pobo, patria, lingua…

A Terra Chá humanizada, orixinal e primixenia: o labor do campo, o labrego, a pegada humana, a comuñón coa natureza.

Ollada ecolóxica: natureza e seres. Espazo icónico, mítico, conságrase como ámbito

literario. Diferentes olladas: a do pasado e do paraíso perdido.

A do temor pola desnaturalización da terra, do seu ser. Verso e estrofas populares. O poeta é un labrego máis,

labrego da palabra. Espella a beleza da creación, da natureza e da

convivencia da persoa con ela. Ao pasar a ser cantados moitos dos poemas

prodúcese a comuñón popular co libro, trasládase ao imaxinario colectivo.

Foi un libro revisado e con novas introducións ata que se remata coa derradeira composición. A elexía pola perda.

Page 24: Manuel María

Manuel María 2016. Terra Cha 1954 Terra Cha Dimensiós

A Terra Chá somentes é:un povo aquí, outro acolá,mil arbres, monte raso,un ceo chumbo e tráxicono que andan as aves a voar.O resto é soedá.

Ollada a Terra Cha dende as alturasé semellante a un mar en calma.Para medila só valen dúas mensuras:¡ferrados de corazón, fanegas de alma!

Page 25: Manuel María

Manuel María 2016

Poemas: O Miño sempre na súa obra A canción

O MiñoO Miño é vello e é tristeiro:Sempre vai mudo e vai senlleiro.No Inverno semella que murmuraun segredo con forte voz escura.Un escoita, atento e espranzado,E o vello Miño sempre vai calado.

Non canta na Chá ninguén.Por eso o meu carro canta.Canta o seu eixo tan benque a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:fino coma un asubío.Anque é, as vegadas, saudosofaise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:sábese carballo e freixo.iQué fermosa é a súa feitura!iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledandopor onde o meu carro pasa.iCarrétame herba pro gando!iTraime a colleita pra casa!

Page 26: Manuel María

Manuel María 2016

Homenaxe a poetas da Terra CháA Xosé María Díaz Castro

Homenaxe contínua e fermosa a Saleta Goi en modo trobadoresco

Xosé Mª Díaz Castro dos Vilares:co corazón aberto cara á vidaescoito a túa voz estremecidapor altos, misteriosos ensoñares.

A túa mensaxe senlleira e acendidafeita de abidueiras, nimbos e luares,renunciacións, lembranzas e pesares:é colleita de amor, fonda ferida!

Ouh palabra total, raigaña escura;terra humana, carnal e namorada;maravillosa luz, verdade amarga…!

Ti es a nosa voz sagrada e pura;a fala de Galicia eternizada:¡carballo da Terra Cha, rocha da Parga!

Cantiga da Romaxe de Santa Isabel

Madre, en romaxe a Santa Sabel irei;A Santa sabel de Outeiro de Rei

que eu estou moi soioe de amor non sei

Madre, a Santa Sabel hei de irE tódalas coitas verei fuxir

nesta romeríaque eu ben cantaría

E bailarei, madre, so a abidueira;E bailarei, madre, a miña maneira

nesta romeríaque eu ben cantaría…

Page 27: Manuel María

Manuel María

Os soños na gaiola1972

“Os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno”

Labrego

Toda a miña xentede labregos foi,xunguidos á terracon xugo de boi.

Meu pai é labrego,tamén meus avós:¡pasáronse a vidatripando terrós...!

Meu pai é labrego,

labrego naceu,¡e labra nos eidostraballando a treu!

Meu pai é labrego,labrego naceu.¡Meu pai é labrego,sen terra de seu!

Meu pai é labrego,labreguiño eu son.¡Pasarei a vidaxunguido ao terrón

O cuco

Canta cuco ou cala cuco:eu en ti xa non che creodesque sei que vas poñero teu ovo en niño alleo.

Desleixado e perguiceiro,soio pensas en folgar.¡Dices somentes dúas notase xa tés que descansar!

¡Canta cuco ou cala cuco,perguiceiro, nugallón:a min pouco che me importaque esteñas cantando ou non!

Page 28: Manuel María

As rúas do vento ceibe1979

“Este libro está concebido para que, a partir dos versos, o mestre/a explique aos seus alumnos o que é Galiza”.

O idioma é a chavecoa que abrimos o mundo:o salouco máis feble,o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,o coitelo da dor,o murmurio do vento,a palabra de amor.

O idioma é o tempo,é a voz dos avóse ese breve ronselque deixaremos nós.

O idioma é un herdo,patrimonio do pobo,maxicamente vello,eternamente novo.

O idioma é a patria,a esencia máis nosa,a creación comúnmeirande e poderosa.

O idioma é a forzaque nos xungue e sostén.¡Se perdemos a falanon seremos ninguén!

O idioma é o amor,o latexo, a verdade,a fonte da que agromaa máis forte irmandade.

Renunciar ao idiomaé ser mudo e morrer.¡Precisamos a linguase queremos vencer

Page 29: Manuel María

Manuel María 2016

Entre 1960 e 1980 o poeta oriéntase cara á temática social.

Antipoesía, denuncia, crítica, activismo, prosaico, sarcasmo, ironías…

Bando

Prohíbese, por orde da Alcaldía,que medren porque sias rosas do xardín municipal.Dende agora as pombas teñenque pedir licenza para voar.Prohíbeselle á lúaandar ceiba de

noite polo ceo.A lúa é unha tola que anda espidadando mal exemplo ás nenas castase aos fillos de familia.Pagarán trabucos os poetas.Prohíbese soñar de 10 a 11.Prohíbese tamén derramar bágoas.

Pódese chorar tan só cando hai sequíapra que non fiquen baldeiros os pantanos.Un só se pode emocionaros Xoves e os Domingoscando tocaa Banda do Concello no quiosco.Están fóra da leias estrelas, a Primavera,as flores e os paxaros.Dáse este bando en tal e calpara que se cumprade orde do alcalde.Asinado, carimbado e rubricado.

Documentos personais (1958

Page 30: Manuel María

Manuel María 2016

Poema do alleado Acuso a clase media

Son un bilingüistamoi apaixonado,un colonialistaben colonizado.Teño lingua nai,e unha lingua paie unha lingua fillaque marabilla.... ... ... ... ... ...Son un alleadofino e progresistaben domesticado.¡Son un castrapistacomo está mandado! Cantos rodados pra alleados e colonizados (1976)

Acuso á clase media —grandes e pequenos burgueses—porque eles foron e son os que traizoano espírito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia.Pertenzo ao pobo e falo no seu nome.Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos,dos ferreiros, dos criados de servir,dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros;dos humildes carpinteiros de ribeira,dos alugados que ian a Castela;dos caseiros que non teñen terra de seu;dos que se ven obrigados a emigrar;dos pobres de espírito e dos pobres de pedir;do coitado xornaleiro que de sol a solainda anda virando a terra co arado romano....de vivir na súa terra despreciándoa,intentando borrar o seu ser idioma,asasinando o seu ser diferenciado.

(Remol 1970)

Page 31: Manuel María

Manuel María 2016

Mar maior 1963 Verbas a un irmao

Escoita, irmao, as miñas verbas:son sinxelas e impurascomo as verbas feridasco coitelo dos beizos, cada día.

Vouche dicir tan só que teñoa miña mao tendidaaberta, núa e viva como o mar.

Que teño, irmao, maduro o corazónpara gardar nel as verbas túas.

Que a vida é moi fermosaaínda que hai homesque teñen os beizos emporcadoscon verbas de falsía,e o corazón podre polo odio,e as maos pingando sangue,e agachados, no fondo dos seus petos,en vixía,coitelos e pistolas

asasinas.

¿Que importa, irmao, que morra o díase a súa morteabre en nós a esperanza do mencer?

Non temas.Aínda o paxaro ten cancióse as estrelas se acenden cada

Page 32: Manuel María

Manuel María 2016

Poema do nacemento da saudade

Os temas mestúranse: predominio do social mais sempre presente saudade, paso do tempo, transcendencia…que se volven protagonistas a partir dos 80 en adiante.

A tarde vai caendo.

A sombra é un agarimomoi amábel.

Algo se mete en un.

Uns dedos sotilísimosvan apertandoinorde,inorde,máis inorde,máis inordeaíndaa alma.

¡Que orfandade!¡Que baleiroe que ausencia!

¡Que sopro máis leviánabondapara apagarllea luzá nosa alma!

Mar maior 1963

Page 33: Manuel María

A partir dos anos 80: ton intimista, elexíaco, saudosista, serenidade

Amor,e identificación coa terra, o valor da palabra, estoicismo

Obras: A luz resucitadaAs lúcidas lúas do

OutonoCancioneiro de Monforte

de LemosSonetos á casa de HortasCamiños de Luz e

sombra

A choiva

Chove seguido e mainamente sobre min.O meu corpo recibe a auga,submiso e agradecido, comoun don benfeitor e fecundante.Semello un penedo ergueito:a choiva vaime traballando,luíndo, facendo florecerna miña pel paleiros e couselos.Gracias, pois, á choiva son irmaodas pedras, dos penedose dos xardíns que, nos lousados,pon, como un galano, a Primavera.

A luz resucitada (1984)

Page 34: Manuel María

Manuel María 2016

Misterio

No abraiante latexar da sombraQue nos circunda e cingueSempre haiUnha luz posíbel, moi lonxana.Trátase do eternodescoñecido enigma obsesionanteque nos acena e chama.E nós, para entendernos,dicímoslle:MISTERIOCon insegura voz, medosa e baixa

A luz resucitada.1984

Cando Saleta entrou por vez primeirana casa petrucial dos vellos Hortasabríronse, por si, todas as portase emocionáronse o cedro e a nogueira.

E, con Saleta, chegou a Primaverae deulle nova vida ás seivas mortasque rebentaron, pasmadas e absortas,enchendo de luz e neve a horta enteira.

E toda a casa sorriu agradecida.Semellaba unha flor a súa sorrisa:a rosa máis ruborosa e acendida.

Saleta, silenciosa e conmovida,sentiu no corazón a mao da brisae como entraba a casa na súa vida.

Sonetos á Casa de Hortas (1997)

Page 35: Manuel María

Manuel María 2016Máis ca paisaxe

Canción de amor ao Val do Lemos

Amo esta terra vella feitade arxila vermella como o sanguena que a xente deixao seu suor de séculosco que lle dá sabor ao pan,ao viño, á tarefa sagradae humilde de ser home.

Amo esta terra cruzadapolo Cabe, melro máxico,canción que aquecee enche o corazón.

Amo esta terra boa, tan humana.Amo esta inmensa cuncana que floreceu para sempreo meu amor: Monfortee todo o Val de Lemos,Pantón, Bóveda, Sobere as terras do Brollón e o Saviñao.

Amo esta terra chácinguidapor serras e por montese polo azul do ceo coroada.

Cancioneiro de Monforte de Lemos (1990)

Page 36: Manuel María

Manuel María 2016

Ode á beleza da palabraSó a palabra vale. Unicamenteela ilumina o mundo,dálle claridade ás cousase fai nidia e intelixíbela confusa escuridade do nososer, mortal e indeciso.Todo muda. Somentes a palabrapermanece, na súa infinitude,se leva dentro de si a chamaque un día, queimou, conlúcida paixón e con verdade,a desolada flor da nosa vida.As lúcidas lúas do Outono (1988)

Carné de identidadeEu son Manuel María.Nacín no 29, o 6 de Outono,en Outeiro de Rei da Terra Chá.Son dunha caste rexa de labregosfieles á súa terra e ao seu Deus.Agora son un namorado.Eu son Manuel María,cantor da Terra Chá que algunhos din.Cantor da terra chá que leva unclavada nas entrañas, penso eu.Eu son Manuel María,labrego con algo de poeta.Por eso gardo as albasno fondo dos meus ollose ando de vagar o meu camiño,e pídolles ás cousas a súa tenrurae aos homes pídolles verdade.Non teño máis tarefa:Son unha humilde folla que salaiana noite escura movida polo vento.Eu son Manuel María,un son tan só, lonxano e feble.

Page 37: Manuel María

Manuel María 2016

• Comuñón coa terra, berce, nación, patria.

• Voz da súa cultura material e inmaterial: lingua costumes, tradicións…

• Dor ante as súas eivas, frustracións, sometementos…

• Comuñón co pobo, coa xente…

• Fidelidade: canto e elexía• Presenza do amor: desde o

amor humano ao misterio