Manuel María: a natureza, o tempo

48
O TEMPO A natureza na obra de Manuel María

Transcript of Manuel María: a natureza, o tempo

Page 1: Manuel María: a natureza, o tempo

O TEMPO

A natureza na obra de Manuel María

Page 2: Manuel María: a natureza, o tempo

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIROOuteiro de Rei (6-10-1929)a Coruña (8-9-2004)

Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos.Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.

Page 3: Manuel María: a natureza, o tempo

O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta.

“¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”

Page 4: Manuel María: a natureza, o tempo

OUTONO Chegou o tempo de Outonoprás castañas varear.Chegou o tempo do sonoe a sazón de sementar! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 5: Manuel María: a natureza, o tempo

Eu nacín no Outono cando o solé colleita total madurecida,plenitude cabal e ben cumplida,frorecido ronsel, morno remol. En Outono a vida é doce e mol,esperanza longamente presentida,madurez xenerosa conqueridana loita da semente por ser frol. Eu nacín en Outono cando o mundoé un froito dourado e en sazón,un soño melancónico profundo. Para tí é, Outono, esta canciónque a min me deixou no corazónun misterioso vento vagamundo....

Page 6: Manuel María: a natureza, o tempo
Page 7: Manuel María: a natureza, o tempo

...Veleiquí, Outono, grande e puro,vestindo ao mundo de dourado,con saibo a mosto fermentado,a mazá, a sal, a grao maduro....

Page 8: Manuel María: a natureza, o tempo

...Eu non sei decir cal é, nin adiviñoque froito ten o Outono máis logrado:se o millo bó, metálico e brosladoou o membrillo, redondo e mareliño. ...

Page 9: Manuel María: a natureza, o tempo

...Sei de uvas impacientes por ser viño,de mazás en sazón, de mel dourado,do roibén do solpor esmaceladoque se ensume na noite de mansiño....

Page 10: Manuel María: a natureza, o tempo

...Lembro polo Outono, a sementeira,o paso da xugada, a terra abertaque recibía unha semente certa:no agro sería flor e pan na eira...

Page 11: Manuel María: a natureza, o tempo

...As árbores desnúdanse amodiño,derramando, a bocados, un tesouro:follas de prata, recamadas de ouro,nun solpor alampado e mareliño. ...

Page 12: Manuel María: a natureza, o tempo

... As follas que se xuntan no camiñoollan nubes dun chumbo case mouroe o marmurio do río faise estouro,blasfemando da morte e do destiño....

Page 13: Manuel María: a natureza, o tempo

...Outono é tempo das vendimas.As uvas maduras, tentadoras,tomaron o sol horas e horase lembran orballos e chorimas. O vento baixa dende as cimascon duras agullas feridorase as cubas, solemnes e señoras,gardan, na adega, os seus enigmas.... (POEMAS AO OUTONO, 1977)

Page 14: Manuel María: a natureza, o tempo

INVERNO Están os campos nevados,a xente xunto as lareiras,os gandos encortelladose os capós nas capoeiras. As bandadas de aves fríasa berrar polos nabales.Son moi pequenos os díase grandes os temporales! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 15: Manuel María: a natureza, o tempo

PRIMAVEIRA Están todas as carpazasco lilailo da súa flor.No corazón das rapazasnacen cantigas de amor! Hai ledicia verdadeiranas flores e nas espiñas.Xa chegou a primaveirano bico das anduriñas! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 16: Manuel María: a natureza, o tempo

PRIMAVERA Agora -ouh milagre!- é primavera.Todo sorrí con amor.O sol é maino e garimosoe bica amabelmente a miña pel.As cousas sorrín agradecidascara un ceo azul como o do mar.Maio longo agromu floresdun xeito cumprido e xeneroso.A serán é moi docee son moi tépedas as noites.O reiseñor canta longamentebaixo a luz das estrelaso seu amor. O seu cantarmainamente me enche o corazón. (REMOL, 1970)

Page 17: Manuel María: a natureza, o tempo

VRAO O tempo do Vrao é tempo do calor,O traballo é moito e vai pesandoO sol non ten dó do labradore queima sen piedade xente e gando! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 18: Manuel María: a natureza, o tempo

ALBORADA Xogando na luz da albacon aguilladas de sombrasmuiñabas doces brisasno teu muíño de follas. Os ventos que non te oían,cos seus foguetes de floresdepenicaban nas eirasgarabullos de milleiros. Asubiaban os merlosalalás entre as silveiras.E a preta noite morríaaforcada nas cerdeiras! (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)

Page 19: Manuel María: a natureza, o tempo

AMENCER Pouco a pouco, feblemente,o día vai a nacer.Vense brillar quedamenteas luces do amencer!Pra non despertar as cousasque están durmindo a mañán:luces chumbas como lousasamodo, na terra, can...! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 20: Manuel María: a natureza, o tempo

CANCIÓN DO MENCER A noite envolve, na tebra lúcidae apaixonada do seu ser:cousas, xentes e paisaxes.A perfección do mundo faisemúsica. A lúz é un ollo,cómplice e amigo, que pon,no noso non saber, a pratapura e delicada da súa luztépeda e humana como a bágoa.Un pode, entón, falar,de xeito fondo e verdadeiro,consigo mesmo e máis co mundo.E cando, vagorosamente, chegaa alba, co seu crudo fulgorindefinido: un é menos un e as cousas perden a súatrascendente verdade misteriosa. (AS LÚCIDAS LÚAS DE OUTONO, 1988)

Page 21: Manuel María: a natureza, o tempo

CANCIÓN DO MENCER A rosada, ao mencer,é máis densae máis intensa.O estrelecer é máis escintilantee máis parpadexante.O frío e os xelosferen como coitelos.O espírito anceianteagarda a luz da mañá.A claridade,que puxa por romper,non pode vencera escuridadereinante,teimosa e abraiante. (CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)

Page 22: Manuel María: a natureza, o tempo

TARDE Cae a tarde amodiño.Segue o seu rumbo o camiño.O centeo florecidoe o río co seu zunido.Ondeando sobre o trigodime un vento manseliño:“Quen tivera amor, amigo,pra llo dar a un paxariño...!” (TERRA CHÁ, 1954)

Page 23: Manuel María: a natureza, o tempo

SERÁN Agardade docemente a que cheguea fondura queda da tardiña.Acougade. Acougade un pouquiñopara que se vaia a brétema soíñae as aves voen ao seu niño.Entón as cousas atopan o seu sitioe nace a soedade na campía. (MAR MAIOR, 1963)

Page 24: Manuel María: a natureza, o tempo

FUME Este fume azul-ronsel de lonxanías-voa lixeiriño cara o ceo. Na penumbra:soidades.E na alma:pensamentos e roseiras. A luz da tardemorre nunhas breixas. Fume azule promesasenguedelladasnas silveiras... (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)

Page 25: Manuel María: a natureza, o tempo

NOITE A terra colle medocando a noite vén.A lúa dálle luz,outra cousa non ten.Inda que a terra chorenon o sabe ninguén! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 26: Manuel María: a natureza, o tempo

CÁS A noite é un medo escuro.Andan os cás a ladrarcon un ouveo tan duroque non deixa de soar. O ouveo dos cás pon medonas noites da Terra Chá.Semella un agoiro inquedoque chega do máis alá! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 27: Manuel María: a natureza, o tempo

Á NOITE Hai unha noite soio nosa: galega,certa, inmensurábel, abraiada,ateigada de maxia misteriosa,de seres entre reais e irreais,revelaciós, altos oráculose unha estraña música que cantano noso ser, crente e dubidoso.Noite ambigua de brétemas e tebrase un sutil medo, fino e delicado,aquecido pola luz pálida da lúae as brasas frías das estrelas.A noite galega é todo néboa:envolve, apalpa, olla, escoitae ignoramos se empeza ou se remata. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 28: Manuel María: a natureza, o tempo

O CEO O ceo na Chaira é alto e fero:semella talmente un desespero.As nubes andan a correr deprisae tápanlle ó ceo a súa sorrisa.A terra humilde está deitadaollando o ceo sen pedirlle nada!

(TERRA CHÁ, 1954)

Page 29: Manuel María: a natureza, o tempo

A LÚA Lúa, luída, luxada e violada-non posuída- polo home.Lúa núa, pura, inocente:óllote presidindo a noite, preto e lonxe de nós, amigados cás, dos vagamundos,dos tolos e os poetas.Ouh lúa, irmá dos tristes,melancólica roda do Destino! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 30: Manuel María: a natureza, o tempo

O SOL Na Vrao o sol é chumbo derretidoe cae na terra pouco a pouco.A terra, co calor, perde o sentido.O sol posúe a terra como un louco! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 31: Manuel María: a natureza, o tempo

O VENTO O vento que vén do maré un airiño lixeiro.A Chaira ven enxugaro seu aquel mariñeiro. Aínda non ten modalese non sabe ser sutil.Roxe nos carballalesnon amenceres de Abril! O vento que vén do marhase facer vento finocando deprenda a cantarde beizos dun estornino. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 32: Manuel María: a natureza, o tempo

O VENTO O vento e o seu alentoé cousa que non se ve.O vento ten un misterio!O vento un misterio é! Ás veces é un murmurio,un sopro maino da brisa,solermiño, arrolador,semellante a unha sorrisa....

Page 33: Manuel María: a natureza, o tempo

...Ás veces o vento zoa,terríbel, ameazante:leva lousados e albrescoa súa forza de xigante!

O vento tolo, na noitecorre, brúa, berra, brama:eu a escoitalo medosoacochadiño na cama! O vento pasa bruantecon forza de xigantón.Eu sinto por el respetoe sempre lle chamo DON! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 34: Manuel María: a natureza, o tempo

ORACIÓN DE BRÉTEMA

Na miña sementeira azul de ritos celtasvou decote rezando paseniño,sen verbas pegureiras,e rezo por todos os intresde choivas namoradase paxariños mortos.A brétema –só miña-coa súa plenitude mareira de desterroséncheme de tenrura nesta mortede saloucos melancólicos e loitos.Con todo o abalamento de mortese aquelarresvou coa dúbida de brétemas dereitasno pétalo escoante deste aceiro-ilusiós nacidas no prego-que fai multiplicar a miña fe. En todos os consellosférenme as brétemas o peito.Brétema que eu muíño ledamenterezándolle un prego culpábelde todos os abrentese das historias tolasperfiadas nas penumbras dun regueiroque me olla detrás duns anteollosafumados cecais de silencios e lembranzas. (MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)

Page 35: Manuel María: a natureza, o tempo
Page 36: Manuel María: a natureza, o tempo

A BRÉTEMA De San Martiño a Febreiroson días de neboeiro.Non hai brétema como esta:é fría como a xeada.Brétema pingona e mestacomo a noite de pechada. Néboas que non se dan idomentres que dura o inverno.Semellan fume saídodas entrañas do inferno! De San Martiño a Febreiroson días de neboeiro. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 37: Manuel María: a natureza, o tempo

A BRÉTEMA A brétema é un maino e longo soñopreciso e exacto como un número:nada hai máis útil e eficazque os seus lenes azuis esvaídospara concretar a melancolíaque se apodera de nós cada serán:a melancolía e a brétema veñena ser, entón, a mesma cousa.A brétema pingona, escura e mesta-de grandes ollos lúcidos atentos-cae moi amodiño sobre o mundosen mancar as cousas aínda queas penetra e posui ata o fondo.Eu amo esa brétema lixeira,amiga das nubes e as lavercas,que agarima e coroa os altos cumes. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 38: Manuel María: a natureza, o tempo

ORBALLO Serán bágoas da noitecando tivo que morrer,as pingotas do orballotremelucindo ó mencer? Ou son bágoas de ledicia,as primeiras da mañán,estas pingas de rosadaque sobre as cousas están? (TERRA CHÁ, 1954)

Page 39: Manuel María: a natureza, o tempo

PINGA DE ORBALLO Ollo garimoso do mundo e da mañá,esencia e recendo da máisprecisa e nidia claridade,xusta medida da sede urxentee breve dos paxaros.Nunca bágoa.E si sorrisa ou alborada,ouh puro tremor, lume de estrela! (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 40: Manuel María: a natureza, o tempo

NUBES Unha nube é un fume melancólico,un río do revés,unha ameaza de tronada,un inalcanzábel paraíso,un soño a medio construír,un máxico espello viaxeiro,unha ave estraña e ceibe,un enorme salouco xigantesco.Mais un vive nas nubese nunca revelará o seu segredo. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 41: Manuel María: a natureza, o tempo

CHOIVA Cae a auga na Chairasoio polo gustode pegarlle na cara.A Chaira sofre e cala. (TERRA CHÁ, 1954)

Page 42: Manuel María: a natureza, o tempo

A CHOIVA Chove dun xeito triste e insistente.A miña sensibilidadeestá húmida, mole e lamacenta:é un limo viscoso, mesto e verde.Teño que abrir as portas e fiestrasdo meu mundo máis meu:cómpre arexalos,acabar co seu mofo balorentopara que non remate morto, apodrecendocunha fría e noxenta savandixano lugar que ocupa o corazón. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)

Page 43: Manuel María: a natureza, o tempo

CHOIVA Chove seguido e mainamente sobre min.O meu corpo recibe a auga,submiso e agradecido, comoun don benfeitor e fecundante.Semello un penedo ergueito:a choiva vaime traballando,luíndo, facendo florecerna miña pel paleiros e couselos.Gracias, pois, á choiva son irmaodas pedras que, nos lousados,pon, como un galano, a Primavera. (A LUZ RESUCITADA, 1984)

Page 44: Manuel María: a natureza, o tempo

POCEIRAS Brilan ao sol as poceiras!Xa pouco máis brilarán!Hainas de cen mil maneirase están tiradas no chan. A choiva fíxoas nacersobre o monte ou no camiño.E fainas o sol morrerdespaciño, despaciño... E na terra están tiradasViven nun barrizal!E son por todos tripadase a ninguén fixeron mal! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 45: Manuel María: a natureza, o tempo

O ARCO DA VELLA

O arco da vellano ceo subidoco seu colorín,co seu colorido. O arco da vellacon sete coloresque teñen, no ceo,beleza de flores. O arco da vellano ceo chantadoco seu colorín,co seu colorado. O arco da vellaé un arco triunfalcon sete guerreirosque a ninguén fan mal. O arco da vellade luz feito é.Resulta un milagreque siga de pé! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)

Page 46: Manuel María: a natureza, o tempo

CANCIÓN PARA A HORA DE TRONAR Na nosa terra sempre, sempre tronae caen raios e centellas a Deus dar.A tronada é teimosa, machacona:non ten traza ningunha de amainar. Hai séculos que trona. A tronadaé cada vez máis forte, máis escura.E nós aquí, sos, sen facer nada,revertendo carraxe e máis tristura. Chove a Deus dar, relustra, arroia,unha nube moura cobre os ceios.A xente desesperada, muda e soia,xa non ten ilusiós, risos e anceios. Segue a chover. O trono brúa, espanta.O raio fire, mata, queima canto hai.E a tronada que non, que non levanta.E a tronada que non, que non se vai. (CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO, 1970)

Page 47: Manuel María: a natureza, o tempo

NEVE Está xa tapada a airae non se olla o camiño!Está nevando na Chaira!Está nevando amodiño! E o gando encortelladonon ha saír tan axiña.Ó lonxe o monte nevadoé unha sáboa branquiña! Non parecen verdadeirasestas terras coas nevadas!Montes e carballeirassemellan contos de fadas! Soio se olla branquearen todo o longo da Chá!Anda a nevar, a nevar:Quen sabe si parará! (TERRA CHÁ, 1954)

Page 48: Manuel María: a natureza, o tempo

Manuel MaríaLetras Galegas 2016

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.Textos: Manuel María Xaneiro 2016

Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.