Maruxa mallo (2017)

30
MA RU XA MA LLO

Transcript of Maruxa mallo (2017)

Page 1: Maruxa mallo (2017)

MARUXA

MALLO

Page 2: Maruxa mallo (2017)

● Viveiro, 1902 – Madrid, 1995

● Ana María Gómez González

● Residiu en distintos lugares de España e de América

Page 3: Maruxa mallo (2017)

● En 1922 instalouse en Madrid

● Formouse na Academia de Belas Artes

● Relacionouse cos artistas das Vangardas e, especialmente, cos pertencentes á Xeración do 27 española; formando parte da nómina das Sinsombrero.

Page 4: Maruxa mallo (2017)

Maruxa Mallo estivo entre as mulleres que quitaron o sombreiro, con Margarita Manso e Concha Méndez e foi moderna antes do golpe de estado, no Madrid dos anos 20 e 30; pero seguiuno sendo nos 80, en plena Movida madrileña.

Page 5: Maruxa mallo (2017)

Concha Méndez e Maruxa pasearon por Madrid como mulleres modernas e emancipadas, manexando bicicletas, facendo deporte, asistindo aos cafés, a eventos literarios ou a verbenas populares.

Page 6: Maruxa mallo (2017)

• Maruxa Mallo• Margarita Manso• Concha Méndez• Rosa Chacel• Rosario de Velasco• Marga Gil Roesset• María Teresa León• Josefina de la

Torre• Ernestina de

Champourcín• Angeles Santos

As mulleres da Xeración do 27. As Sinsombrero

Page 7: Maruxa mallo (2017)

No círculo da Residencia de Estudiantes, Maruxa Mallo estreita lazos de amizade con Lorca, Buñuel e en especial con Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante para a obra de ambos.

Page 8: Maruxa mallo (2017)

Atenta aos ecos das distintas vangardas que empezan a chegar a España -futurismo, surrealismo, cine- e cos ollos abertos á arte popular, Maruxa Mallo mestura todo coa súa particular interpretación. Elementos para o deporte. 1927

Page 9: Maruxa mallo (2017)

Maruxa Mallo é a protagonista do panorama artístico ata a Guerra Civil.

1ª Exposición: 1928

A verbena, 1927

Page 10: Maruxa mallo (2017)

Maruxa Mallo deseña cubertas para libros e portadas para a Revista Occidente, de Ortega Gasset.

Page 11: Maruxa mallo (2017)

Na Escola de Vallecas, Maruxa Mallo aproxímase ao surrealismo, que dará lugar á serie Cloacas e campanarios.

Page 12: Maruxa mallo (2017)

No 1931, Maruxa Mallo viaxa a París, onde expón a súa obra. Numerosos artistas como Picasso e André Bretón visitan e acollen con entusiasmo a mostra.

Page 13: Maruxa mallo (2017)

O pai do movemento surrealista, André Breton, adquire este cadro seu. Maruxa Mallo abandona o vitalismo das verbenas e adéntrase nos restos das pegadas humanas en descomposición, o que atopaba nas aforas de Madrid cos compañeiros da Escola de Vallecas.

Espantapájaros. 1929

Page 14: Maruxa mallo (2017)

Tú,tú que bajas a las cloacas donde las flores más flores son ya unos tristes salivazos sin sueñosy mueres por las alcantarillas que desembocan a las verbenas desiertaspara resucitar al filo de una piedra mordida por un hongo estancado,dime por qué las lluvias pudren las hojas y las maderas.Aclárame esta duda que tengo sobre los paisajes.Despiértame.

(Poema de Rafael Alberti para Maruxa Mallo, vinculado a dous cadros: Huella y Cloaca)

Page 15: Maruxa mallo (2017)

O regreso de Maruxa Mallo a Madrid, a finais de 1932, supón un novo xiro no seu estilo. As súas novas series "Arquitecturas minerais", están inspiradas en pedras, e "Arquitecturas vexetais", están poboadas por estrañas froitas.

Page 16: Maruxa mallo (2017)

A autora, Maruxa Mallo, no seu estudo madrileño (1936)

Page 17: Maruxa mallo (2017)

Maruxa Mallo combina o seu traballo artístico cunha intensa actividade de compromiso coa República. Antes do inicio da Guerra, realiza esta obra clave.

La sorpresa del trigo. 1936

Page 18: Maruxa mallo (2017)

Viaxa por Galicia coas coas Misións Pedagóxicas. A guerra sorprende a Maruxa Mallo en Vigo e debe ocultarse para salvar a vida. Foxe por Tui a Portugal e de alí, coa axuda da poetisa Gabriela Mistral, a Bos Aires. En 1938, desde Arxentina mandará a La Vanguardia o seu Relato veraz sobre la realidad de Galicia, sobre os primeiros meses do golpe de estado e a brutal represión en Galicia.

Page 19: Maruxa mallo (2017)

En Bos Aires, Maruxa Mallo é recibida como unha grande artista.Comeza a traballar arredor de dous temas: a terra e o mar.

Arquitectura humana. 1937

Page 20: Maruxa mallo (2017)

Maruxa Mallo viaxa moito por Latinoamérica. En Chile coincide co seu amigo Pablo Neruda, con el visita a Illa de Pascua, que influirá na súa obra posterior, ao igual que a natureza sudamericana.

Page 21: Maruxa mallo (2017)

Realiza varias series de Retratos bidimensionais sobre rostros femininos de fronte e perfil, como a Cabeza de muller (1941); e variacións sobre estraños seres zoomórficos inspirados na xeoloxía e na fauna sudamericana Naturezas vivas (1942).

Page 22: Maruxa mallo (2017)

Natureza viva. Vida en plenitude (1943)

Cabeza de muller (1946)

Page 23: Maruxa mallo (2017)

Cando o peronismo se instala en Arxentina, Maruxa Mallo marcha a New York. Amiga de Andy Warhol, alí codearase coa intelectualidade do momento. Nesa cidade xa recibira o Primeiro Premio de Pintura da XIII Exposición de New York, no ano 1948.

Page 24: Maruxa mallo (2017)

Din que os anos 50 foron para Maruxa Mallo “malos tempos para unha deusa”, pero é nesa época cando para a artista todo gravita en consonancia e responde aos ritmos da natureza.

Estrelas de mar. 1952

Page 25: Maruxa mallo (2017)

En 1962 regresa a España, pero os seus amigos ou seguían desterrados ou estaban mortos. Aínda así convértese nunha figuara fundamental da vida artística madrileña desde os 70. A pintura Airagu

(1972).

Page 26: Maruxa mallo (2017)

Con 77 anos iniciou a última etapa da súa obra artística. Conservaba a frescura e a vitalidade de toda a súa vida.En 1982 recibiu a Medalla de ouro da de Belas Artes.

Os moradores do vacío (1979).

Page 27: Maruxa mallo (2017)

Despois de máis de cincuenta anos alonxados, tras a morte de Mª Teresa León, a esposa do poeta, Alberti sae do silencio e publica en honor a Maruxa Mallo De las hojas que faltan, en 1985.

«Sucede que si con una nube de olvido se tapa la memoria, ella no es la culpable de lo que no recuerda; mas si el olvido es deliberado, si se expulsa de ella lo que no se quiere por cobardía o conveniencia… ¡Oh! Porque aquella muchacha pintora era extraordinaria, bella en su estatura, aguda y con cara de pájaro, tajante y llena de irónico humor… Se sumergía en las verbenas y fiestas populares, se remontaba al aire en los columpios, retratando a su hermana, casi desnuda, en bicicleta por la playa. .. Yo la admiraba mucho y la quería. Época rimbaudiana de los bares, de los cafés de barrio, de los boks, los helados y las limonadas. Primavera siempre con media peseta en los bolsillos. Y los penumbras de los cines, con la polka y el vals en el piano acompañante de aquellos mudos, geniales asombros de Charles Chaplin, Buster Keaton, Stan Laurel y Oliver Hardy, Harold Lloyd… Se amaba igual la oscuridad de las salas cinematográficas que la de los bancos bajo la sombra nocturna de los árboles».

Page 28: Maruxa mallo (2017)

En 1991 recibiu a Medalla de Galicia.En 1993 celébrase en Compostela unha exposición antolóxica da súa obra para inaugurar o Museo Galego de Arte Contemporánea.En 1995 morreu en Madrid, non 93 anos.

Page 29: Maruxa mallo (2017)

Moitos falan de Maruxa Mallo como unha muller divertida, que soubo desfrutar da vida; porque viviu a súa vida como unha rebelión permanente contra as convencións artísticas e sociais do mundo; porque Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdoábeis: ser libre!

Page 30: Maruxa mallo (2017)

FONTES DE INFORMACIÓN E DAS IMAXES

• Álbum de mulleres. Cultura galega. Org• Sermos Galiza• Wikipedia• Compostimes• ABC. Pedro Víllora Gallardo• Blog. Déjenme vivir!• Blog. Ciudad de mujeres• Blog. Pura Kastigá• ComposTimes• Relato veraz de la realidad de Galicia• Blog. LGSA• Abanca. Colección de arte• Figuras femininas. Dos anos vinte á posguerra• Las sinsombrero (tve)• Las sinsombrero• Maruxa Mallo en A fondo• A orixe de Sorpresa del trigo• Maruxa Mallo. Metade anxo, metade marisco.

Departamento de Plástica, Biblioteca e ENL do IES

Félix Muriel. Rianxo (2017)