mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª...

240
Xesús Mato Mato 100 amigos falan de mato sono io ... (Eu son o tolo)

Transcript of mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª...

Page 1: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

XesúsMato Mato100 amigos

falan de

mato sonoio...(Eu son o tolo)

Page 2: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 3: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

mato sono io...(Eu son o tolo)

100 amigos falan de Xesús Mato Mato

Page 4: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

CoordinadorXulio Xiz

Asesoría lingüísticaM.ª Carmen Rodríguez Soto

EditaFundación Manuel María da Terra Chá

ColaboraXunta de Galicia

Deseño e maquetaciónta ta ta

Fotografía da capaCarlos Rodríguez Arias

ImprimeGrafic Lugo

ISBN XXXXXXDepósito Legal: XXXXXX

Page 5: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

mato sonoio...(Eu son o tolo)

100 amigos falan de

XesúsMato Mato

Page 6: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 7: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

7

Presentación

O título do libro que tedes nas mans, responde a moitas percepcións propias ao mesmo tempo. Mato sono io, en italiano quere significar «o tolo son eu», pero para nós quere dicir que Mato é unico, é un ser que só pode ser así, como é. Ese que nós coñecemos, tan desprendido que quere pasar desapercibido, sempre está nalgún lugar para dar un alento, para botar unha man, para incitar á actividade, á ilusión. Mato é único polo seu porte xeneroso e tamén porque sabe que todo é posi-ble se realmente se quere. Sabe que outra Galiza é posible e necesaria, que os máis débiles son os que máis necesitan e que todo debe chegar para todos, anque non deixamos que chegue. Sabe que o mundo ten límites ignorados pero que tamén ten semente de futuro. Mato sabe moitas cousas amando a vida. Apúntanse nos seus ollos brillantes e esperanzados, na súa ollada sempre optimista e positiva.

O título do libro non sería xusto se non vos contase de onde procede cando esa expresión confunde o Mato, o noso amigo, co mato tolo do italiano. Pero bueno. Lembra unha viaxe, cando foi a Roma coñecer ao Papa e foi con varios compañeiros da Casa Diocesana de Lugo. E resulta que un día, foron tomar algo e xa na cafetería, ao saír, Mato retrasouse un pouco. Os outros preocupados chamaron por el e sen se dar conta dixe-ron: «Mato, Mato...», para os italianos: «tolo, tolo». A xente que buscaba «o tolo» por ver quen era e se facía algunha parvada, ...e —ao pouco— saíu Mato, todo cheo de razón, e respostou educadamente: Mato sono io, ...tan satisfeito e educado que se apropiaba da mesma tolemia que lle correspondía, tan feliz, asumíndoa venerablemente. Por certo, esa tolemia que sempre fai falla para saír das monotonías, para ser creativos e atrever-se, para avanzar, para conquistar o mundo en cada amencer. Pois, tamén, ese é o noso «mato», ...Don Xesús Mato e Mato.

Mero

Page 8: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

Xesús Mato, coa limpa frente erguida. foto carlos rodríguez

Page 9: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

9

Limiar

Este libro é un elenco das referencias que foron marcando o rumbo da vida de Xesús Mato. Unha traxectoria sempre compartida. O seu xeito de orientarse levouno a sentir como propias todas as xeografías de Galiza. E das canteiras desta diversidade de paisaxes foi arrincando os materiais para ir construíndose como investigador, divulgador, crea-dor, animador, no medio do pobo…, tal como reflicten estas colabora-cións. A súa xenerosidade irriga con lentura todas as comarcas. Por esta razón, a Fundación Manuel María asumiu o compromiso de agasallar a todas as Galizas con esta colleita. Facémolo dende a raíz emocional do «poeta da Terra Chá», un paradigma de exemplaridade, na entrega ao pobo, que andou todos os recunchos do país, sementando a rente arelas de liberación, dedicando poemarios dende Foz ao Carballiño, dende Compostela á Terra Chá, Quiroga, Pantón, Val de Lemos…

O noso homenaxeado viviu a amizade con Manuel María en toda a súa andadura, por iso acae ben que este traballo colectivo de máis de cen voces, amigas e amigos do autor de A tribo ten catro ríos, vexa a luz neste ámbito. Mesmo, unha parte significativa deste ronsel é chairega, «da Gran Tribo da Terra Chá, como ten escrito Xesús Mato, onde per-viven os valores que nunca pasan, e dos que falou, abondo e en profun-didade, o Manuel María de todos e de todas».

Mato creou raíces na Ribeira Sacra, a súa nacencia, nas Terras do Deza, na Montaña…, en todo o país, que foi revivificando con vagas de creación: Auxilia, Galicia canta ao Neno, Fuxan os Ventos, A Quenlla, a radio, o xornalismo, a teoloxía da liberación, a investi-gación na recolla do noso patrimonio etnográfico e artístico, a pro-moción e animación de comunidades… A súa procura nos eidos da cultura popular, a literatura oral, a música, axudouno a coñecer a diversidade de rexións de Galiza.

Page 10: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

10

Como o patriarca da Chaira, percorreu todas as aldeas e vilas, con varios obxectivos e metas. Inspirado polo poeta, adiviño que esta melancolía das «Peregrinaxes» de Manuel María, é un galano nesta cima e plenitude que estamos a festexar, con esta obra:

Aínda teño a esperanza de poderpercorrer unha por unhatodas as parroquias de Galiza,lugares e casais,andar porta por porta,dialogar persoa a persoaface a face,pois non hai tarefa máis urxente,fermosa, nidia e necesaria.Gastarei o meu corpo nos camiñosata ser po, seixo e silveira.A miña voz, de tan usada, seráo levísimo eco dun rumor:só fundamento de sementeque a penas poderá rozara intimidade choída dos galegos,estraña tribo incomprensíbelfeita de tebra, vento e cantaría

Versos do lume e o vagalume

Mato analizou con rigor as circunstancias do abandono no que vivían centos de discapacitadas e discapacitados e as súas familias, bus-cando saídas para a súa integración digna na sociedade. Coa mesma dilixencia coa que rastreou nos fondos da nosa memoria, no folclore, na música, sen esquecer ningunha comarca. Ou voaba nas ondas da radio, transmitindo folgos e alento, á aldea máis illada ou ás veciñas e veciños máis marxinados.

Co mesmo agarimo co que trata a cada persoa, mima todo achado cultural, con respecto á súa identidade, para non perder nada da súa vida orixinal. Tamén concibía unha sociedade sen fronteiras, na liña

Page 11: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

11

de Luís Seoane: «Queremos enriquecer o mundo coa nosa diferencia». Por iso, esta ollada, dende o Xistral, engrandece esta sementeira, na súa verdadeira dimensión, sen reducións, auspiciando abrentes cada volta máis amplos, como as ondas herzianas.

Os berces de Manuel María e Xesús Mato embébense das augas lim-pas do Pai Miño, o que os axudou, a comprender, coa súa maxia, cómo a auga sempre vai axeitándose á variedade das terras, para vivificalas e transformalas. E, do mesmo xeito, co Loio, o río da infancia de Mato, e outros afluentes, van engrosando o seu vizoso caudal, dende o Pedregal de Irimia ata a Garda mareira, vertebrando o país, así a incardinación deste líder, en paisaxes tan diferentes, foi arrequentando unha nobreza total, na súa actividade en tantos eidos, coa fin de colaborar na cons-trución deste pobo.

A sinceridade do seu compromiso está a acadar na súa vida esa uni-dade exemplar, entre acción e arelas. A mesma que deita esta obra, dende prismas diferentes. Sen crebas, nin interferencias, con aquela transparencia coa que este investigador incidiu na complexidade dos trazos que definen a orixinalidade de cada comarca, a través do seu acervo popular, ou a que o levou a camiñar á par de colectivos que loi-tan cada día, para que lle sexan recoñecidos os seus dereitos.

Esta pléiade de autoras e autores cadran no mesmo: a loita de Mato por enxergar novos horizontes de liberdade. Foi a súa teima sempre. Non é un comunicador de circuíto pechado, converteuse en vangarda en moitas frontes das esencias de Galiza. A súa palabra e acción ían facéndose notar, cada vez máis lonxe, e con máis resonan-cia na sociedade.

Na singradura do noso homenaxeado, hai un tempo que o cativou dun xeito senlleiro, que el lembra e celebra decote: «¡a década de tóda-las utopías, de todas as posibilidades-esperanzas!», os anos 70. Cando non había centros de ensino nas cabeceiras de comarca, el foi conver-téndose nun facho aceso para xeracións de rapazas e rapaces que viñan da Chaira e doutras poboacións da Galiza rural á capital, con novas expectativas, para o crecemento das súas persoas.

Non só abriu as murallas de Lugo a aquel mar de creatividade tan plural, foi quen de tender pontes e canles entre xeitos variados de con-cibir a vida. Naquel éxodo da aldea á cidade, brindoulles acollida e

Page 12: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

12

amizade, pero tamén a primeira oportunidade de mergullarse na verda-deira Galiza, a formada por tantas comarcas e integrada por mil ríos.

Aquel educador falaba coma eles, o mesmo idioma, e das mesmas cousas... Un abrente novo renacía diante deles, como suxiren moitas destas achegas. A través de actividades programadas por el, ían recoñe-céndose fillas e fillos deste pobo, e agradecendo aos devanceiros tanta vida, e sobre todo, a lingua, tan aldraxada. Grazas ao mestre, moitos descubriron que a cultura labrega na que naceran, tiña a mesma forza ca outras sínteses culturais urbanas.

A coherencia coa que loitaba polo idioma apaixonaba a unha moci-dade, que viña sufrindo a súa deturpación, e contaxiounos daquela fidelidade ao seu, coa vontade de devolver ao pobo, multiplicado, o legado que estaban a recibir. E así, da súa man, foron coñecendo aos «señores da palabra», os poetas da Chaira: Manuel María, Darío Xohán Cabana…, e ás/os chairegos de honra: Fiz Vergara, Marica Campo, Neira Vilas… Empurrou aos grupos de música popular, Fuxan os Ven-tos, A Quenlla…, a cantar a poesía de Manuel María, que foi o camiño para que moitas e moitos deles sentisen a grandeza do seu idioma e se aferrasen á súa normalización na sociedade. Nesta liña, redobrou o seu esforzo por incrementar a poesía e a música cantadas, cando «non canta na Chá ninguén./ Por eso o meu carro canta».

A enerxía e entusiasmo irradiados ao seu carón, multiplicábanse en novos mananciais de vida, noutros tantos lugares. Xa que logo, o seu ensino foi reproducíndose paseniño, polos espazos máis recóndi-tos. E todos estes recursos adquiridos naqueles anos de aprendizaxe en Lugo, nos colexios menores e na cidade, transformáronse despois, en seiva nova nas súas aldeas e comarcas. Moitas e moitos enxertarían a nova ollada do país, que Mato axudara a alumear neles, nun tecido de asociacións e colectivos que inzaron a eito. As iniciativas que esta-ban a abrollar arredor de Mato, por exemplo, axudaron a fortalecer os primeiros pasos balbucientes, da Asociación Xermolos… En tempos recios, solidarizouse con ela, a través de concertos de Fuxan os Ventos e A Quenlla, e mesmo representando Galicia canta ao Neno, onde algunha e algún daqueles rapaces de Guitiriz, actuaron, por primei-ra vez, diante das súas familias e veciños, interpretando panxoliñas, cantos de reis, costumes…, que eles mesmos recolleran nos seus lares.

Page 13: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

13

Aquelas festas creaban unha empatía entre as xeracións, grazas a que se enchoupaban da mesma tradición.

Endexamais deixou de tripar polos carreiros das chairas e das mon-tañas, por iso, estas páxinas zugan na regalía de cada recanto, buscando a presenza do seu xograr. Nunha mostra de testemuñas, que reforza a experiencia comunal, de que a dedicación de Xesús Mato á dignifica-ción do país, xerou múltiples anadas que deron pulo a moitas comar-cas, nun amplo espectro, e con distintas frecuencias.

Nun tempo, no que moita xente, procedente do rural, abdicaba da súa orixe, descastándose e alleándose, mesmo cregos, Mato mantivo a fidelidade ás esencias do pobo, o que lle facilitou sintonizar con aquela mocidade, que xurdira á vida no mesmo leito, e que apreciaba o calor do seu entorno máis próximo. Sen dúbida, que esta encarnación na súa cultura, axudouno a abrirse ás raíces de cadaquén, e a mantelo nesta liña, ao longo deste tempo. Este compromiso segue a alongarse. Hai un par de anos, veu celebrar á Terra Chá, os 30 anos de Xermolos e a «boa nova» do Belén de Begonte, cos Reiceiros do Courel. Foi unha fervenza de sons, cores, palabras…, que non facían máis que estreitar os vencellos entre distintos xeitos de concibir a cultura. Estes intercam-bios están a multiplicarse coma unha rede, ensamblada por voluntarias e voluntarios, unha das facianas que definen a vontade creadora deste activista cultural.

A intensificación do coñecemento das tradicións populares, crearon, naquelas décadas de conflito xeracional, unhas canles de comunicación entre a xente máis nova e os seus avós e avoas, que fixeron posíbel a recolleita de moitos tesouros gardados por estes.

Esta escolla de catas nun treito da vida de Xesús Mato, proporciona a medida axeitada para colaborar na construción do noso pobo. Unha mostra máis de como a súa sementeira segue a xermolar espazos de liberdade no medio de nós.

Alfonso Blanco Torrado

Page 14: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 15: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

15

Xornalista

Xesús Mato Mato

1 José Alonso Sánchez (†)

Dentro da provincia de Lugo hai como mínimo entre parroquias e anexos unhas cinco co topónimo de Mato. Son estas as de O Salvador e San Esteban de Mato, en Sarria; tamén San Esteban, en Pantón; San Xián, en Chantada, e San Martiño, en Taboada. En total hai uns deza-nove núcleos de poboación con nome de Mato. Onde máis abundan é en Pantón (hai seis con este nome); en Monforte, catro, e os demais espállanse por Carballedo, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Contu-riz, Palas de Rei, Sarria, O Saviñao e Páramo. Polo que se pode apreciar hai «mato» por todo o territorio lugués, menos pola Mariña. Mato en portugués significa selva.

Tampouco hai núcleos de poboación co nome de Mato en Paradela. Sen embargo, un dos alcaldes da provincia de Lugo con máis tempo presidindo a corporación, o de Paradela (desde 1973), ten como primei-ro apelido Mato (Xosé Manuel Mato Díaz). Tamén un dos seus fillos predilectos (é desde o 26 de xuño de 2005) é Mato por partida dobre, Mato Mato (Xesús), natural de Cabodevila, que empezaría a súa vida sacerdotal en terras de Lalín.

Este último, Xesús Mato Mato (que aínda en Lugo se identifica como o Padre Mato) é un cura que recentemente celebrou as vodas de ouro sacerdotais. É por tanto un cura que se pode chamar «dos maduritos». Ten unha traxectoria moi intensa que eu non vou rela-tar, porque seguro que nesta publicación aparecerán traballos ben feitos que formarán o gran perfil de Xesús Mato, que tamén foi cre-go. Tradicionalmente, en Galicia chamábase crego ó cura que non tiña parroquia física. Efectivamente, nunha longa etapa, Xesús Mato non tiña parroquia por estar vinculado ós medios de comunicación

Page 16: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

16

social da diocese de Lugo. Por suposto, aínda non chegara á cadea da Conferencia Episcopal Jiménez Losantos.

Pouco a pouco foi situando o galego nun idioma único na súa comu-nicación. Foi dos primeiros en utilizalo como lingua normal (non excep-cional, como segue a ocorrer hoxe) nos actos litúrxicos, tanto na zona rural como na urbana. E estou seguro que ninguén deixou de ir á misa por no dicila o cura en castelán.

E todo isto, dentro do compromiso que mantén con este país que chamamos Galicia e, por suposto, moito antes de que se recuperase o seu Estatuto de Autonomía. Porque para Mato Galicia estaba na misa (ata seguro que nos seus rezos), nos seus cantos, nos seus rasgos de xenerosidade, nos seus compromisos sociais (foi presidente de «Auxi-lia», organización para axudar ás persoas con problemas físicos) e en moito máis.

E dicimos que estaba, porque a súa etapa de «urbanita» non se pode interpretar sen a súa proxección costumista. De aí que non estrañou a ninguén, que cando tivo a oportunidade se fora para A Montaña. Nisto, a Mato sucedeulle o contrario da maioría. Conta con satisfacción as súas vivencias cos seus parroquianos situados ó pé do Camiño de Santiago.

A realidade é que Mato, tanto antes como agora, non pasará a histo-ria como un cura clásico. ¿Inconformista? Pode que sí, pero sen pasar-se. ¿Comprometido? Por suposto. ¿Reflexivo? Moito, aínda que non o pareza habitualmente. E ademais é un cura que escribe (á maioría gús-talles máis falar improvisando e teñen dificultades para poñer o punto e final nas súas intervencións públicas) e ata parece que di (aínda sen dicilo) que desde a Montaña o ceo está máis preto.

E como colofón, parece unha obriga pedirlle perdón a Xesús Mato por algunhas cousas que dixen del. Estou seguro, que coa súa retranca, rirase un pouco, porque non é dos que fai méritos para recibir culto á personalidade, porque ata intentou facer como algo propio o proverbio de que «unha cousa é espallar e outra dar trigo».

Que ninguén dubide de que Mato é Mato, e nada máis.

Page 17: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

17

Radiofonista

Tiven a sorte de coñecer a xesús mato cando era unha rapaciña á que lle poñía os pelos de punta a falta de liberdade que tiñamos neste país, naqueles anos nos que o ditador Francisco Franco xa era vello e estaba enfermo, pero non deixaba as rendas do país porque morreu coas botas postas. Naquel intre, os grupos de música folk estaban moi de moda, as súas voces reivindicaban o noso idioma, as nosas tradicións e as nosas liberdades.

Corría o ano 1975 e Xesús Mato organizou unha viaxe a París e Bruxelas, na que o grupo de folk «Fuxan os Ventos» ía actuar para os emigrantes galegos e compartir uns días con eles, que estaban bastante esquecidos na Europa democrática. Daquela os políticos non facían viaxes, xa que eles e nós non tiñamos nin voz nin voto.

Cos meus 20 anos acabados de cumprir, fíxome moita ilusión pasar a fronteira, ir á Europa das liberdades e vivir uns días na Europa demo-crática, tan distinta á nosa España.

Chegados a Irún, os gardas da fronteira rexistráronnos a nós e o noso autocar, xa que nel levabamos unha bandeira galega, e non lles debeu parecer ben, tratáronnos como case terroristas, pero ó fin pasa-mos a Francia. Xa estabamos en París e non o podiamos crer. De noite saímos a coñecer a cidade, vimos espectáculos De varietes e comproba-mos como os mozos paseaban tranquilamente polas rúas, cos seus pelos desaliñados, e ninguén miraba para eles. Aquela cidade era diferente, para nós era o Paraíso. Só tivemos un percance, sobre as 5 da mañá paramos un taxi, que non nos levou porque eramos españois, paramos outro e tampouco… eramos tratados como tercermundistas. Volvemos a pé ó noso hotel e tampouco pasou nada.

2 Loly Alvariño

Page 18: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

18

Nesa viaxe tiven a sorte de conversar longo e tendido con Xesús Mato, pronto me decatei de que non era un crego ó uso.

Era unha persoa comprometida coa súa terra galega, era diverti-do, falaba galego, apoiaba a música galega, moi de moda cos grupos de folk, como «Fuxan os Ventos», grupo que denunciaba as inxustizas cometidas cos galegos.

Xesús Mato era «Fuxan» e «Fuxan» era Xesús Mato, un crego un tanto especial, sempre tiña una palabra de alento para os que o nece-sitaban. Na montaña de Lugo xa leva 25 anos e alá é crego, mestre e amigo dos seus fregueses.

Despois non me relacionei moito con Mato, el traballaba na cope. Só nos vimos na rúa ou nunhas reunións da Asociación da Radio.

Veu a moitas entrevistas a Radio Lugo e seguiu a demostrar que era crego, pero moi comprometido cos máis desfavorecidos. A súa lingua sempre foi o galego e iso gustábame.

Xesús Mato, deséxoche que sigas moitos anos máis con nós, dándo-nos a túa amizade e a túa xenerosidade.

Porque aínda hoxe, necesítanse persoas comprometidas que defen-dan a nosa lingua e costumes. Os que tivemos a sorte de contar coa túa amizade querémoste porque es unha boa persoa e un crego diferente.

75 anos son poucos, que cumpras moitos máis.

Longa vida ó noso Xesús Mato.

Page 19: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

19

Crego e filósofo

Xesús Mato resiste o paso do tempo

A ocasión para falar da personalidade de Xesús Mato dánola o paso do tempo, simplemente: el cumpre tres cuartos de século de vida, medio século de cura, un cuarto de século de cura de Padornelo e Louzarela na montaña do Cebreiro.

O irremediable paso do tempo leva consigo aumento de experien-cia e coa experiencia xorde a desilusión e o escepticismo. Bardají, na revista de humor «La codorniz», propuxo, hai moitos anos, unha cro-noloxía para o avance desa desilusión e escepticismo na vida humana. Segundo esa cronoloxía, dos vinte ós trinta anos, o home pensa que hai que cambiar o mundo. Dos trinta ós corenta pensa que el cambia-ría o mundo. Dos corenta ós cincuenta anos advirte que o mundo é moi difícil de cambiar. E dos cincuenta en diante, pensa que o mundo non hai quen o cambie.

Xesús Mato non participa nesa evolución negativa. A nota que mellor define a súa personalidade é, polo contrario, a persistencia na ilusión, no ánimo de cambiar o mundo en contra do paso do tempo. Non se dá por vencido, é un resistente ilusionado.

¿Cal é, pois, a súa batalla? ¿Cal a ilusión á que non renuncia? Hai que facer unha observación previa. O medio século de cura que celebra agora Mato comeza o ano cincuenta e oito. O ano en que Xoán xxiiisucede no papado a Pío xii. Do príncipe Pacelli pásase ó campesiño Roncalli. A estas alturas do tempo aquel cambio aparece como, máis que un cambio de Papa, un cambio de época. A convocatoria dun Concilio —o que ía ser o Vaticano segundo—, feita polo papa Ron-calli, significaba o abandono dun exercicio autocrático do poder para deixar falar, devolverlle a palabra a toda a igrexa. Viña a ser o cam-bio da igrexa clerical pola igrexa popular. Na linguaxe do Concilio,

3 Xosé Alvilares Moure

Page 20: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

20

a igrexa foi afirmada como «pobo de Deus». O Cristián podía ser, ó fin, maior de idade. Era a asunción, por parte da igrexa, do ideal da Ilustración, a «maioría de idade» para o home. A proclamación tardía da liberdade relixiosa.

O compromiso de Xesús Mato obedece a ese cambio de orientación que o Concilio Vaticano último marcou para a igrexa. Unha igrexa feita pobo e ó servizo do pobo: ese é, no bo sentido da palabra, o «populismo» de Mato, fronte ó tradicional «clericalismo». A proposta desclericalizadora do último concilio segue a ser unha tarefa pendente, inacabada, abandonada. Recordemos a acusación de «temporalismo» e «democratismo» feita contra a Asemblea de curas e bispos española pola romana Congregación do Clero, presidida por monseñor Pala-zzini, do Opus Dei. ¿Que conta o pobo, aínda hoxe, nos asuntos da igrexa, na elección de bispos, por exemplo?

Xesús Mato non renuncia a cambiar o mundo, a cambiar a igrexa. O paso do tempo non acabou coa súa ilusión. A súa fe cristiá resiste o paso do tempo. «Cristo anunciou o reino de Deus e veu a igre-xa», dicía o famoso teólogo modernista Alfred Loisy. Podíamos dicir tamén nos: O Concilio Vaticano segundo propuxo a igrexa pobo de Deus e veu a igrexa de Rouco e a súa dinastía. Pero Mato non se resigna. Outros, menos optimistas, pensan que o Reino de Deus non é deste mundo.

Page 21: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

21

Músico

O tío de Moisés

Noutro tempo e noutro lugar coñecín ó tío de Moisés. Que tío o meu amigo Moisés, un tipo estupendo, claro que con ese nome xa se sabe, un ten que estar chamado a cousas grandes e a sitios altos coma o Sinaí. El por aí segue co seu teatro comprometido a voltas e eu aínda lle teño lei. Pero non nos vaiamos do tema: o tío de Moisés. O tío de Moisés non era moi alto, nin moi rubio, nin moi cachas, pero… si moi simpá-tico, realmente simpático, desa xente que che di ola e xa está.

Eu, naquel tempo e naquel lugar, era un rapaz imberbe. Un prea-dolescente ó que lle dera por comprar a súa primeira gravata. «Vaia mozo que estás feito, dixo D. Serxio, compras unha gravata e non sabes facerlle o nó» e mentres, con paciencia presbiteral, facía e desfacía o nó da miña moderna gravata verde, ata que por fin lle collín o truco e fun quen de facelo, aínda que non con tanto aquel coma o del.

Acórdome da primeira vez que vin ó tío de Moisés, eu tivera o atre-vemento de aceptar, xunto con outros dous inconscientes coma min, unha invitación para cantar nun acto escolar deses que abundaban no noso colexio. Eu estaba daquela dando os meus primeiros pasos da man dunha guitarra española marca Alhambra, despois de abandonar definitivamente a batería para alivio de moitos. Sabía algúns acordes, poucos, o Fa resistíase e o Si xa nin pensalo, pero a ignorancia é atre-vida e a mocidade é o que ten: impaciencia, así que alá nos puxemos a preparar unhas cancións coma se se tratase do concerto da nosa vida no Central Park. Non son capaz de recordar exactamente o que cantamos, pero si lembro que a escollida para a traca final, que nos saía niquelada, era «Guantanamera». De súpeto, sen saber cómo, atopámonos cantan-do a unha velocidade vertixinosa, coma se houbera lume no salón de actos. Mirabámonos con terror e a guitarra tiña de pronto doce cordas e

4 José Luis Ansemil Moreira

Page 22: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

22

eu só dous dedos, algo non ía ben, había que acabar como fora. Rema-tamos sen folgos porque o ton escollido non era o máis axeitado para as nosas voces mutantes de púberes que comezaban a afeitarse e gastar gravata. Un desastre, aquilo foi un completo desastre, a xente aplaudía porque nestes actos sempre se aplaude, aínda que os músicos desafinen, o decorado caia por riba do pastor con frase ou a carapuchiña vermella perda as trenzas no primeiro acto. Aplaudían si, pero a nós aquel bater de palmas sabíanos a fracaso e conmiseración. A xente foise levantando e nos fomos quedándonos pequeniños, pequeniños, nas escaleiras do escenario sen atrevérmonos a cruzar por entre as butacas e agardando a que todo rematara o máis discretamente posible. Cando xa parecía que escampaba, o tío de Moisés achegouse a nós, ¡perigo! ¡perigo! Pero non. Falaba e asentía con expresión franca, non falaba por falar, ani-maba e poñía a man no ombreiro, «moi ben rapaces, algo apurada esta última, pero moi ben», suxería tamén algo dunhas cancións en galego e ofrecíase a mandarnos unhas letras xa coas notas postas, ¡sinxelas eh! Aquelas palabras a min reconciliáronme coa música, coa miña guitarra Alhambra e cos seus catro acordes.

Logo souben do bo músico que era, das súas correrías con Fuxan, do seu compromiso coa terra e coa xente, dos seus escritos en xornais e a súa presenza nos medios, das súas iniciativas na montaña, de... tantas e tantas cousas, pero para min, o tío de Moisés, gañoume aquel día no que cantamos Guantanamera con voz de galiña choca e unha gravata verde inglés de adolescentes que botaban os seus primeiros pitos a escondidas.

Page 23: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

23

Escritora

Corazón feito fogar de sedán

Moito teño eu que lembrar dos feitos depositados na miña persoa de don Xesús Mato. Pero tan só me remitirei a unhas pasaxes, para iso, comezo co día en que vin a don Xesús por primeira vez.

Eu tiña por costume a de ler os artigos semanais do homenaxeado no xornal el progreso, admiraba a súa escrita e mailos temas que tra-taba, era eu unha fiel admiradora.

Da man da miña curmán, coñezo á que é hoxe en día a miña amiga da alma, a irmá, María Teresa Rodríguez Pol. Ese día, logo de estarmos no colexio Divino Maestro, fomos cara á Casa Diocesana, alí, coñezo a don Xesús Guerra, douto e marabilloso ser, a piques de nos marchar, vemos tralos cristais que chega don Xesús Mato portando unha grande caixa de cartón, dando a impresión que pesaba o seu, o meu corazón vibra de emoción por ver de cerca ao escritor que eu tanto admiraba. Ao entrar saúdanos cun xovial ¡ola!, preséntanos M.ª Teresa, falamos un anaco de tempo, o suficiente para decatarme que sendo persoeiro, é un ser do máis sinxelo. Encantador polo seu modo de ser. Ese foi o noso primeiro encon-tro do cal eu saín máis leda ca unha nena con zapatos novos a estrear.

Tempo despois, son invitada por Xermolos de Guitiriz a ir á Casa das Palabras. Acudo con don Xesús no seu propio coche, logo a un restau-rante a xantar, alí, estiven sentíndome a raíña, no grupo de don Xesús, Xulio Xiz, Mini, Mero, acadando que as horas fosen segundos para min nunha delicia inimaxinable no meu corazón daquela malpocado, que a bo seguro don Xesús enxergou, porque en todo intre estivo pendente de que me atopase en harmonía. Saímos e fomos na compaña da alcalde-sa de Guitiriz, dona Regina Polín, ata un monumento, explicándonos data e demais detalles da súa era. De recunque, a harmonía entre os que íamos rebuldaba na súa propia enxebreza.

5 Ana María Arias Saavedra

Page 24: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

24

Chegando ao lugar de partida, collemos cara ó Museo de Viladon-ga. Don Xesús, sabido da miña doenza dos xeonllos, está pendente de se me quero estiñar no seu brazo, aludindo sorrinte ¡do brazo dun crego sempre irás ben! Nin que dicir ten que si me estiñaba de cando en vez do seu brazo para estar mellor ergueita. Rematada a visita ao museo, ao saír, son saudada por don Manuel Carballo, que á súa vez convida a don Xesús a achegarse pola súa casa. Xa no coche de don Xesús, dime, ¡voute levar ata a casa de Manuel, que si hoxe non vas, de seguro que xa non irás! Dito e feito, colleu a rota cara aló e, ó chegar, fomos recibidos con moita delicia e afabilidade. Alí nese fogar, vin as marabillas que don Manuel Carballo é dono de facer no ilusionismo que el soe facer, pura ambrosía foi ao que asistín, regalándome ao nos marchar un libro da súa autoría, eu ía de delicia en delicia, coma nun soño.

Aloxada no coche de novo, colle rota cara onde me agardaba o meu marido para irnos á casa. No percorrido, don Xesús, que goza de moi bo sentido de humor, foime contando unha que outra anécdota que asemella-ba conto, acadando en min ledas gargalladas. En chegando ao meu lugar de destino, vendo que o meu marido aínda non chegara, para que non queda-se soa, tentaba de me levar á miña casa, ao que me neguei unha e outra vez, pois era xa tarde para el, tendo un longo percorrido por facer. Despedinme del cunha aperta dándolle as grazas polo día tan fermoso que me dedicou.

E hoxe publicamente digo que, cando o vin partir no coche, quedei mirando e chorando en silencio, por un día tan fermoso que xa tocara o seu fin, e aínda que resulte difícil de comprender, direi que sentín inxente pena porque rematase, coas meixelas húmidas atopoume o meu marido na miña procura.

Na compaña de don Xesús acudín a varios actos de cultura, aos que doa boa fe do ben querido que é alí onde vai, pero quero eu subliñar.

Os momentos que eu temía vivir, e que don Xesús sabido estaba diso. Sen sospeitar eu o mais mínimo, que me quedaba moito máis que sufrir do temido, mais, don Xesús non me deixou baleira do seu alento, así como a irmá Mª. Teresa Rodríguez Pol, coas visitas e palabras tan necesarias para a miña alma e mailos meus ánimos desfeitos.

Podería seguir evocando feitos na miña persoa do corazón de don Xesús, pero as liñas son limitadas, e só me queda dende estas liñas decirlle, ¡grazas don Xesús pola súa comprensión, polo seu amor e maila súa amizade!

Page 25: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

25

Arqueólogo e escritor

Xesús Mato, unha boa luz para o camiño

Cando se fai un libro en homenaxe de alguén, no que cómpre destacar todas ou moitas das súas vertentes e facianas, nun home como Xesús Mato, isto obrigaría a publicar máis dun tomo e por iso, limitados polo espazo dispoñible, debéramos cinguirnos á nosa visión dunha figura tan poliédrica coa que queremos compartir as súas, tamén, polifacéti-cas celebracións.

Pero a cousa é complicada, pois estamos diante dunha figura irrepe-tible, pola cantidade de cualificacións que a calquera se lle ocorrerían para definilo: ademais de sacerdote (nel, algo máis —abondo máis— ca unha «profesión»), fixo de etnógrafo recolledor de cantigas e tradi-cións, maiormente da montaña lucense, que logo Mini e Mero tiveron a ben transmitirnos oral, literaria e musicalmente; exerceu de xornalista radiofónico e aínda nos ensina a entender moitas cousas desde as súas colaboracións na prensa escrita; é conversador firme pero afable e, en fin, serve de anfitrión impagable aló onde o atopas e máis aínda no seu terreo, nas súas parroquias do Cebreiro.

Pois é na montaña oriental lucense onde Mato se converte nunha luz para fieis, nun guieiro para camiñantes e nun defensor do Camiño que leva a Compostela. Sabemos ben, e algúns de primeira man, que Xesús Mato entende a peregrinatio como algo máis ca unha andaina (disimulen, hoxe hai moitos que, ad pedem literae, non a «andan»). Facer o camiño esixe unha proba de decisión, de esforzo e de vontade de solidarizarse tanto cos outros viandantes como cos que os ven pasar desde hai séculos.

Ademais, o noso homenaxeado comprende e asume que o Camiño Xacobeo é un fenómeno social e un itinerario vinculado ó territorio histórico que o viu nacer e evolucionar, a unha paisaxe cultural que se

6 Felipe Arias Vilas

Page 26: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

26

conformou tamén en torno á propia ruta de peregrinación. Ó cabo, sabe exercer de protector dos elementos do patrimonio cultural vin-culados ó Camiño Francés (velaí a súa loita polas igrexas de Liñares, do Hospital, de Padornelo, de Fonfría...) e batallando, —tamén hai que dicilo, con diversa fortuna— para facer posible a súa conservación e protección co seu uso, ás veces cambiante, en ocasións respectuoso pero moitas outras mesmamente agresivo.

Neste panorama do camiño de peregrinación considerado o de maior transcendencia histórica, Xesús Mato veu e vén sendo unha luz guieira, espiritual e intanxible e así mesmo formal e material, que com-plementa de xeito perfecto e transcendente (pois incide no país nos que a el chegan e pasan) todas as súas outras facianas humanas e profe-sionais, para darse a nós e ós outros, a ese «nós-outros» que tan ben se reflicte nos camiños.

Page 27: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

27

Vicario xeral da Diocese de Lugo

Vinteoito mozos acababan de ser ordenados presbíteros polo bispo de Lugo, o Dr. Ona de Echave. Dous días despois, dispóñense a celebrar a primeira Misa solemne nas capelas absidais da nosa catedral. Xesús Mato é un deles. Entre todos, só dúas caras lle resultaban familiares a un pequeno de doce anos que cursaba 3º de bacharelato no Seminario. Daquilo, a un rapaz desa idade, que se ve arrastrado polo rebumbio, non lle quedou outra sensación fóra de verse involucrado nun singular acontecemento que, debido a concorrencia, lle falta espazo para rebu-lir entre cregos, seminaristas, familiares dos neopresbíteros amén dos outros fieis. Unha idea vaga, si, pero ¡aqueles eran outros tempos!

Pasaron algúns anos e aquel mociño oíu falar dun coadxutor de Lalín que espallaba o evanxeo servíndose dunha pequena emisora de radio, instrumento certamente novidoso pero que permitía levar a mensaxe cristiá ós recunchos mais apartados da bisbarra. Estou certo de que non era o labor realizado por tal medio senón e simplemente o uso desa canle o que cativaba a atención daquel adolescente. De aí que amosara interese pola innovación e acollera con agrado calquera das novas que de vez en cando chegaban a Lugo, e particularmente ó Seminario, desde as terras do Deza. A simpatía polos modos daquel crego ía medrando.

O tempo e as experiencias pastorais trouxérono a Lugo, e Radio Popular deulle acollida e traballo; na Casa diocesana fixou a súa residen-cia. Con todo, moi de acordo co seu natural, nin alí podía ter acougo. Pola noite chegaba tarde, pola maña saía da casa disposto a percorrer medio mundo. A diocese éralle ben coñecida, e os camiños das catro provincias galegas, cada vez máis familiares. Co gallo dun encontro musical ou dunha convención das máis inesperadas características, non

7 Luciano Armas

Page 28: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

28

pasaba día en que os quilómetros percorridos se contaran por centos. E viñeron logo os discapacitados... e a radio, os diferentes medios de comunicación... Se non era toda, si deixaba a impresión de que neles lle ía a metade da vida. Se querías atopalo, a mellor hora será sempre as oito da tarde alí onde se desenvolvía algún acto cultural na cidade ou nas proximidades.

E viñeron tempos —dos ou tres lustros máis tarde— en que o crego se fixo veterano e o rapaz aquel tamén pasou a coidar pastoralmente de media ducia de pobos espallados pola montaña luguesa. Os dous agora, compañeiros de fatigas, de ilusións, e de alegrías. En calquera aldea se oía falar de Mato. Víase que era un crego que traballaba a gusto entre aquela xente, que mantiña grande sintonía cos problemas e preocupa-cións dos que alí vivían. Había ganas de chegar a eles, de compartir con novos e vellos, e de sacar á luz canto de bo ou de orixinal atopaba nas súas tradicións. Non, non só nos domingos, en que por encargo pastoral debía pasar o día en contacto con aqueles fieis; tamén se facía presente ó longo da semana en dúas ou tres ocasións se se daba o caso, nos longos seráns do inverno para ter xuntos nunha casa a boa parte dos veciños e potenciar entre eles a irmandade, para cantar os reis á antiga usanza, ou noutras tardes nas que entre francachelas, brindeiros, ou xuntanzas de xente nova, trataba de facer o seu labor.

Sempre inquedo, case sempre inconformista e algunhas veces retran-queiro aínda que sen esconder o mellor do que leva dentro de si. Agora, cando xa peitea canas e se lle se contan os anos a golpes de vintecinco, cando os amigos senten a necesidade de brindarlle unha homenaxe pola vida transcorrida (75), polos traballos sacerdotais desenvolvidos (50) e de especial dedicación ás xentes da montaña luguesa (25), Mato segue sendo o Mato de sempre e coido que, con serias esperanzas de ser tamén cada día máis «Xesús». Razóns e alento non lle faltan.

Page 29: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

29

Radiofonista

O cura Mato

Xa che é boa coincidencia que efemérides biográficas do Padre Mato coin-cidan —no ano 2008— co éxito da televisión de Galicia: Padre Casares. Trátase dun cura novo que quere congraciarse cos fregueses, pero bate coas maneiras de D. Crisanto, un crego vello —quizais estereotipado demais— preconciliar, rabudo e intemperante. O Padre Casares e mais D. Crisanto tecen e destecen unha vida, ás veces monótona, sempre na parroquia de Sto. Antón de Louredo. Pero o Padre Mato, atendendo uns dez lugares e parroquias, non coñece a rutina.

Ven de cumprir 75 anos de idade, 50 de cura, e 25 de atención pastoral na comarca de Pedrafita. Merecería un estudo esotérico que, no ano 2008, cadren tan ben estas sumas do número 25. Será a música que fixo do Padre Mato unha persoa sempre animosa e participativa? «Este Pobo sempre

8 Francisco Arrizado Yáñez

Mato, Lucense do ano.

Page 30: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

30

cantou», di moitas veces. Dinamizou o rescate dun valioso patrimonio inmaterial —O Canto de Reis— na zona de Pedrafita Aló na década de 1970, Fuxan os Ventos ganaba o Festival das San Lucas, de Mondoñedo. A letra e mais a música da canción eran de J. Cabodevila, alter ego de Xesús Mato. «A nosa Galicia inda está de pé», pregoa un dos versos. O Padre Mato botara xa a andar unha emisora da Radio Popular, en Lalín, cando —en 1967— se integrou na nacente de Lugo. Aquí, converteuse nunha institución. Levaba a responsabilidade dos programas socio-relixiosos. Lembro agora, aqueles entrañables guións d´O Anxeliño, que el escribía. Casou á meirande parte do plantel de cope-Lugo. Foi, tamén, unha espe-cie de «pano de bágoas» pois cando había algunha fricción ou desencontro, el trataba de acougar a cousa dicindo: «esperade, esperade un pouco».

Vaise o 2008 co centenario da morte de Curros Enríquez. Poeta civil que fustrigou unha igrexa caciquil. Aos nenos cantores do maio que, co pucho estendido, lle pedían crocas, dicía Curros:

cando eu me atopare de donos libertoy-o pan non me quitentrabucos e prestamos,e com-os d´o abadefrorezan meus eidos,chegado habrá entoncesó mayo qu´eu quero.

Non sitúo ao cura Mato coma destinatario das críticas acedas de Curros, pois o del non son os eidos nin pazos. Paisano de Paradela, sempre a carón da xente popular e da mocidade, escribíu estes versos:

Fuxan os ventos dos agoreiros, dos vinculeiros, dos tempos vellos.

O cura Mato non perde a quenlla do muíño vida. De seguro que o lema monástico Ora et labora, completaríao con «e canta tamén».

Page 31: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

31

Crego e animador cultural

Unha labarada de luz

Cando todos, arreo, na sociedade e na igrexa, marxinaran á mocidade, nunha terra de ninguén, coma unha etapa baleira, sen proveito, ao máximo, unha transición ou uns efluvios típicos da idade, Xesús Mato, entregouse en varias xeracións, nobremente, dando pulo a tanta creati-vidade posíbel que inzaba ao seu redor.

Rente del, tamén os había, que preferían manipular e indoutrinar aquela fervenza de vida, a prol das súas ideas e crenzas reducionistas, impedindo o libre desenvolvemento daquelas rapazas e rapaces. O tra-ballo deste educador total, lonxe de cuartear unhas personalidades que estaban a abrirse á vida, nace da sinceridade e autenticidade do seu mester, que só atende os postulados dunha educación liberadora. Só nestas coordenadas, puido acaer o nacemento de Fuxan os Ventos ou Auxilia, o Coro Mixto da Xuventude ou Galicia canta ao Neno, crea-cións coa forza e a emoción dun verdadeiro humanismo.

No ermo de tanta rutina e pasividade, «a longa noite de pedra», despuntaron unhas xeracións que enxergaron un horizonte de luz, que fixo crer que outro mundo era posíbel, mesmo alixeirando paseniño aquela situación dramática do rural: «o derradeiro, que apague a luz», a emigración. Xesús Mato falou da «prodixiosa década dos 70». Arre-quentou co seu espírito entusiasta e cordial aquelas inquedanzas que atesouraban nos corazóns, tantas mozas e mozos que viñan a estudiar a Lugo, concretamente aos colexios menores «Eijo e Garay» e o feminino «Santísimo Sacramento». Foi unha oportunidade que o axudou a crear un viveiro de actividades artísticas, culturais e sociais..., que incentiva-ron a cultura do país.

9 Alfonso Blanco Torrado

Page 32: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

32

Neste marco de acompañamento da mocidade, non foi máis nimio o seu labor de comunicador destas experiencias xuvenís, a través dos medios, a toda unha sociedade anquilosada pola parafernalia do auto-ritarismo e paternalismo, que non asumía que a xente moza fose capaz de tanta creación. Para que se sentisen protagonistas do seu desenvol-vemento coma persoas e cidadáns. Un segmento da poboación que non existía para as informacións, a non ser por sucesos negativos. Nuns medios que exercían só coma a voz do seu amo, o traballo de Mato, no noso idioma, transmitindo estas iniciativas, coma «sinais» de que os «tempos novos» xa chegaran, convertérase nunha forza profética, que foi atraendo a ducias de mozas e mozos, para aquelas accións fornece-doras de investigación da nosa cultura popular, de loita contra as discri-minacións das persoas discapacitadas e as súas familias, inculturación da igrexa ou reivindicación do idioma.

Naquela revolución, liderada por Xesús Mato, a mocidade foi supe-rando un complexo de inferioridade respecto á cultura de seu, e foi recoñecéndose chamada a robustecer aquel galano dos seus devancei-ros, que era a identidade que estaban a conservar, durante séculos, nas súas aldeas, as labregas e labregos. Endexamais un eido marxinal, senón o fogar do noso espírito.

Cunha lentura encomiable foi abrindo camiño a moitas e moitos, na recolleita e procura da literatura oral, a música tradicional, o sentir popular de facer pobo. Xa temos perspectiva abondo para rexistrar ese tempo senlleiro, que Mato axudou a xermolar, como a hora afortunada de plasmar os soños en realidades participativas e compartidas, que reverterían despois nas mesmas aldeas e vilas de orixe. Aquela andadura forxou líderes entre eles, membros activos da rede de asociacións das comarcas de Lugo e de fóra. Grazas á sabedoría e lucidez deste mestre, a estadía na capital destas fornadas de cidadáns foi un manancial de recursos adquiridos, cunha metodoloxía democrática, a través daquelas iniciativas sociais e culturais, que empurraría a varias e varios, anos despois, á primeira liña dos colectivos galegos, que normalizaron o que xa viviran na súa realidade estudiantil, coma voluntarias e voluntarios daquel espertar artístico do Lugo dos 70. Alfonso Blanco Torrado.

Page 33: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

33

Mestra

Mirando á persoa

Os comezos con Mato non foron do máis afortunado. Coñecín a Don Xesús (naqueles tempos dixéronme que era don Xesús) á saída do Ins-tituto Feminino. Veu a saudarme, sen coñecerme de nada, polo simple feito de ser persoa con diversidade funcional (discapacitada). Aquilo non me gustou. Volveu a encontrarme cando facía Maxisterio e, nes-te caso, o saúdo resultoume do máis desconcertante. As súas palabras foron: «ti poderías ser interesante para Auxilia». Non coñecía moito da Asociación e o pouco que sabía non me gustaba porque me soaba todo a compaixón. Aínda lembro outro día en que desde o coche me invita-ba a ir a un magosto a Monforte. Eu quedaba pensando... pero este de que vai? Chamaba a atención o seu estilo directo.

Uns compañeiros de Maxisterio faláronme de ir con eles a unhas colonias de verán de Auxilia. Pasado algún tempo souben que algo tivera que ver el nesa invitación. Confeso que aceptei por curiosidade e descubrín unha nova faceta, descubrín o cariño e a simpatía con que o trataban todos. Eu tivera outras oportunidades na vida e a maioría das persoas das colonias aínda tiñan pechadas as portas da integración na sociedade. Na miña loita persoal non compartía o seu paternalismo, pero empecei a entender que Mato pensaba que había que facer algo. Isto levoume a tomar conciencia de que tamén podía e debía loitar polo colectivo. O seu empeño e constancia empezaba a dar froitos xa que moi pronto me propuxo como Coordinadora de Auxilia e tamén a miña entrada na directiva de Auxilia Nacional na que, curiosamente, case non había discapacitados. Falaban de nós, pero sen nós. Aínda agora lembran a Mato polo seu «traspaso».

10 Marisol Bravos López

Page 34: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

34

Foron moitas as viaxes, as reunións, as loitas e as conversas nas que eu trataba de matizar a diferenza de «traballar para» a «traballar con», de pasar do paternalismo á solidariedade. Ao mesmo tempo ía descu-brindo a súa dispoñibilidade, o seu desprendemento económico, o seu desorde organizado, o seu carácter emprendedor... Pouco a pouco foise afianzando unha sincera amizade na que compartimos misa e progra-mas en Radio Popular, charlas testemuñais na súa querida montaña, cursos bíblicos, parte da vida de Auxilia, amigos, desgustos, actividades do meu traballo... Na miña familia está considerado un membro máis que participa en todos os acontecementos: festas, vodas, bautizos, ente-rros... Tiven a oportunidade de compartir con el as súas vodas de prata e agora sinto a ledicia de poder compartir tamén os seus cincuenta anos de cura. Parabéns por esa parte central de toda unha vida chea de actividade. Grazas Mato pola túa axuda no difícil camiño da fe e por mirar ao interior das persoas.

Mato, neno.

Page 35: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

35

Escritor

Palabras de Darío Xohán Cabana para unha canción a Xesús Mato que deben facer Mini e Mero.

11 Darío Xohán Cabana

Foxen e foxen os ventose os anos vannos fuxindo,pero nós seguimos rindomentres nos quedan alentos.

Seguimos rindo e cantando,bebendo o viño da vidacoa ledicia compartidade seguirmos camiñando.

Sigue subindo á montaña,benquerido compañeiro,que a esta altura do carreirocon virar nada se gaña.

Con virar nada se gaña,nin hai nada que gañar:o mellor sempre é chegar,con compaña ou sen compaña.

Aló no cume do montequen sabe o que ti verás,pero non ollas atráse segues sempre de fronte.

Non sabemos se es un santonin se hai santos entre nós,mais ser es bon entre os bos,e nós querémosche tanto.

Por iso estamos contigopra escoitar o teu sermón,que é o sermón dun home bon,doce coma o pan de trigo.

Pra escoitar o teu sermóne pra camiñar contigo,Xesús Mato, noso amigo,cantándoche esta canción.

Page 36: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

36

Cimadevila, Paradela (Lugo).

Page 37: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

37

Xornalista

Mato, o crego do pobo

Mato non é un cura. É un crego.Un crego galego, de pobo e do pobo. O cura Mato é un sociólogo, un antropólogo, un musicólogo, un ideólogo.Mato é un bule-bule, un fura-fura.O cura Mato non é inquedo, é rebelde. Un rebelde con causa, pola Causa.A súa causa é o home.O seu horror, a hipocrisía, agora chamada política.Pero o Mato non cala, porque rebenta. Cuspe, pero non lambe.Turra co xerarca, pero aparella ben co paisano.O cura Mato é un paisano.Sempre falou Galego. Pero non polo libro. Galego, Galego.Un espírito libre, nun mundiño apoucado.Un home grande, nun corpo pequeno.E non predica, practica.Tanto coma na encarnación, cre na incardinación.Para el a Teoloxía é liberación.O Mato nunca foi cos tempos, foi por diante. E o tempo, que pon a cada un no seu sitio, poñerá ó Mato por diante.

12 Miguel Cabana

Page 38: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

38

Mato, con seus pais e seus irmáns.

Page 39: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

39

Músico e escritor

Souben da existencia de Xesús Mato nos anos setenta, cando me con-taron que un fato de rapaces dirixidos por el, formaran o grupo de folk galego «Fuxan os Ventos», e lembro desa época outro proxecto del que tan bos recordos me evoca, «Galicia canta ao neno».

E digo souben porque o coñecemento non era recíproco, pois eu era un rapaz de 15 ou 16 anos que comezaba a facer as miñas primeiras incursións na música e literatura galega na miña Sarria natal e aínda tardaría uns anos en tratalo persoalmente.

Antes e despois de o coñecer sempre gardei para min que na súa traxectoria había unha actitude de compromiso co seu país e coas súas xentes que reflectía a súa procedencia.

Mato leva na primeira liña de combate dende hai moito tempo, mergullado en proxectos sociais e culturais que teñen como deno-minador común a preocupación que el sente polos seus semellantes máis desfavorecidos, aos que tenta axudar sen reparar en nada. A súa disposición é total para apoiar calquera iniciativa de índole social que mereza a pena. Teño por seguro que ten moito que ver a súa activida-de vocacional e profesional, a través da cal coñece de primeira man as necesidades e arelas de moitas persoas que lle solicitan axuda.

Xesús é un home que pon todo o seu empeño e forzas para levar a bo porto xeiras que as máis das veces necesitan dun esforzo e visión de futuro que só algunhas persoas como el posúen: asociacións de interese social, grupos musicais ou iniciativas de grande importancia cultural foron reais grazas ao seu bo facer.

13 Eloi Caldeiro

Page 40: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

40

Se falamos da nosa lingua, o labor que fixo, en tempos nada doados, a prol dela a través da recuperación da nosa tradición músico-vocal, foi de grande importancia abrindo camiños que foron de especial relevan-cia para o rexurdimento da canción popular galega.

Velaquí un home, unha persoa, que pertence a esa rara estirpe dos «bos e xenerosos».

Estudiando na eira, ó lado do palleiro da casa. 1951.

Page 41: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

41

Escritora

Coido que hai trinta e sete anos que coñezo a Xesús Mato. Eu traba-llaba na primeira escola en Lugo para xitanos, nun pavillón do antigo hospital de Santa María, e veu por alí non recordo con que motivo, en compaña de Teté Álvarez. Aquel foi o comezo dunha amizade dura-deira, malia que a vida teña retardado a frecuencia dos nosos encon-tros. Aínda así, cada vez que nos atopamos podemos recordar aquilo de Frei Luís de León: Como decíamos ayer… E é que o tempo non ten poder contra ese continuo que son os afectos grandes e desinteresados. Daquela, declaro que Mato é o meu amigo e que iso me fai rica.

Porque, se calquera amigo é un tesouro, cando ese amigo ten aquilo do que nós carecemos, aínda o valoramos máis. Falo do optimismo e da alegría de vivir. Non sei en que fonte bebe Xesús para conservar intacto o entusiasmo e a confianza na humanidade que lle coñecín hai tantos anos. Ou se cadra si que o sei. El é un cristián convencido, máis próximo ao Evanxeo que ás convencións dunha Igrexa que a cadora se afasta máis da xente e dos seus verdadeiros problemas e inquedanzas. Quizais sexa para os máis conservadores un heterodoxo; mais, para quen saiba ler, é o segui-dor do Deus de Xesús de Nazaret, o Pai e non o Xuíz implacábel.

Teño para min que as crenzas e a praxe de calquera doutrina adquiren, queiramos ou non, a forma do recipiente de quen as acolle. Os predica-dores que fan fincapé na intrínseca maldade humana e na ira de Deus, son eles ruíns ou están marcados por temores que deberían psicanalizar. Os que ven en toda a creación o reflexo da bondade de Deus, os que teñen unha mirada comprensiva para as limitacións dos mortais, adoitan ser eles fillos da mesma luz que os ilumina. O segundo é o caso de Xesús Mato. Endexamais lle escoitei anatemas contra ninguén e sempre o vin acoller os outros, tal como son, na piedade do seu corazón grande.

Xesús Mato ou o optimismo

14 Marica Campo

Page 42: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

42

Quen sente ao lado deste crego e o escoite de vagar, saberá das súas inquedanzas e comprenderá por que, ben pasados os setenta, segue a ser un home novo. O seu labor pastoral nas parroquias da montaña luguesa non ten nada de rutineiro como cabería esperar da súa idade cronolóxica. Mato procura cada día un novo xeito de achegar a súa mensaxe, que sempre é de amor e agarimo, aos vellos e aos poucos rapaces que, na máis hostil das nosas xeografías, loitan pola supervi-vencia. Alí segue a aprender —outro síntoma de xuventude— desde a sinxeleza que o caracteriza e alí sementa con esperanza porque acredita na bondade do gran que ofrece.

Non se vexa nestas liñas un propósito haxiográfico. Eu, simple-mente, tentei falar do home que coñezo e da percepción que del teño. Si, é o meu amigo; pero a verdade aínda o é máis, direi plaxiando a Aristóteles.

Manuel Miranda e Xesús Mato. 1946-1947.

Page 43: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

43

Actriz e Directora teatral

Xesús Mato, irmán

Nesta grande montaxe teatral que é a vida, o cura Mato sempre enfron-tou —e enfronta— todos os roles dramáticos que lle tocou representar, coa forza, eficacia e resistencia que cada situación lle esixiu. Xogou un papel determinante e deixou a súa pegada en proxectos que promo-veron/promoven e impulsan a cultura, a igualdade e os dereitos dos homes e das mulleres, loitando por unha liberación colectiva, por unha sociedade en que poder vivir, profundando na conciencia galega, na posta en valor do noso.

É un cura, e ten claro que o seu é servir e non ser servido. El está cos pobres, emigrantes, desherdados, eivados; mais non está, dun xeito paternalista, senón axudándolles a tomar conciencia dos seus dereitos e a organizárense para reclamalos. Axudándolles a procurar as ferra-mentas coas que construír un futuro de liberdade e non dependencia. Servir, traballar e querer á xente son tres principios que el coñece ben e practica na súa vida de fraternidade e xustiza.

Galego sen complexos, perfectamente asentado no punto da terra ao que pertence, e cun claro compromiso coa cultura e coa lingua, coa tradición e coa música. Exercendo, en definitiva, sempre de galego.

Iso é ser verdadeiro amante de Galiza. Esa é a súa loita non violenta. Ser voz dos sen voz, acordar a súa melodía á deles para que se escoite.

Coñecedor e defensor dos principios de igualdade, liberdade e solidariedade que son os piares dunha democracia, concibida como o dereito de cada un dos homes, de cada unha das mulleres a se realizar plenamente. Porque a Mato non se lle esqueceron os principios do Vaticano ii como a boa parte das autoridades eclesiásticas que, arri-madas sempre ao máis forte, coidan que Deus non fala galego. E Deus tamén fala galego, como nos ensinara o bispo Miguel Anxo Araúxo de

15 Tareixa Campo

Page 44: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

44

grata recordación. El si, como Xesús Mato, tiña presentes as ensinanzas do concilio que iniciara Xoán XXIII:

Á autoridade pública non lle compete determinar o carácter pro-pio de cada cultura, senón fomentar as condicións e os medios para promover a vida cultural entre todos, mesmo dentro das minorías de cada nación [...]

Mato é coma un río de auga limpa. Así transcorre, sen se facer notar, mais apartando os atrancos que lle impiden o seu fluír harmónico. E, como río de montaña, bebendo nas limpas fontes, nos mananciais puros: O Evanxeo, a historia de noso, as voces perdidas dos antigos can-tares, a palabra dos vellos, os soños dos novos, a ollada dos nenos…

Xa hai máis de 20 anos que a moitos de nós nos impresionou a his-toria daquel misioneiro español que se fixo indio para mellor se iden-tificar e defender os dereitos do pobo enawene nawe. A Vicente Cañas matárono por defender a tribo coa que vivía e loitaba fronte aos terra-tenentes da Amazonía brasileira. Seica unha sinxela pedra sacada do leito do río marca o lugar onde está soterrado. Gravada nela, só unha palabra: Kiwxí, nome intraducible co que o chamaban os indios.

Mato, crego de cinco parroquias do concello de Pedrafita e unha do Caurel, fíxose montañés e cando —queira Deus que dentro de moitos anos— volva á casa do Pai, o epitafio que seguramente as xentes da Montaña pedirían para el é o de irmán. Non deixa de ser curioso no caso dun home ao que todos chaman «o Padre Mato». Coido que non lle gusta. El sábese fillo de Deus e, daquela, irmán de toda a humanidade. Aprendeuno no Pai Noso. Outros tamén esque-ceron isto. Por iso, cando é preciso, berra: reclamo «imparcialidade» á cúpula da Igrexa católica española porque «debe ser signo da conciliación da paz e non da división».

Xesús Mato, irmán, que Deus llo pague a Deus por ti, pola túa alegría na entrega, por nos ensinar o rostro amábel de Deus, coido que o único verdadeiro. Os demais son máscaras, as das personalidades ásperas dos que nolo pintan así.

Page 45: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

45

Crego, escritor e mestre

Xesús Mato, caxato de pastor e de profeta

Parece que escribir unhas liñas sobre un amigo, (2.400 caracteres que é o que o amigo de todos e gran argalleiro, Xulio Xiz, me pedía), debería resultar doado, e non obstante, a min custoume e non pouco poñerme a escribilas sobre Xesús Mato.

Botei tempo dándolle voltas ao asunto e tiña organizadas algunhas ideas, pero o que non din nin dou organizado son os sentimentos e iso esmendréllame a relativa organización das ideas.

O que sinto por Mato sobreponse ao que penso del e atópome con que non sei describir como quixera os sentimentos. Tampouco sei se esa deficiencia miña é debida a que non me ensinaron axeitadamente ou a que eu non din aprendido como é debido.

Para complicar aínda máis as cousas, resulta que veñen de tan lonxe as raíces dos afectos que nos unen, que as puntas desas raíces esfúmanse por entre a brétema dos tempos.

Como eu son algo máis novo ca Xesús Mato, aínda que el non é máis vello ca min, a amizade que xurdiu entre nós naceu na terra ben abonada da miña admiración por el, e deulle a el a oportunidade de servirme de apoio e proporcionoume a min a sorte de poder percorrer non poucos camiños e corredoiras esteado no seu brazo.

Pode que haxa quen tome isto que acabo de dicir en sentido figura-do, coma unha metáfora ou algo así, pero estouno a dicir mesmo nun sentido físico e material, xa que durante uns meses que pasei na Casa Diocesana de Lugo, con motivo do accidente de circulación que me deixou trenco para sempre, el foi un dos caxatos máis agarimosos nos que me sostiven.

16 Xosé Manuel Carballo Ferreiro

Page 46: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

46

Cantos o coñecemos e o tratamos sabemos que se lle dá ben o de ser caxato. Non caxato para fachenda de presumidos, senón caxato de sostén para quen non se vale por si mesmo tan ben como quixera, tan ben como debera ou tan ben como terían dereito.

Si, dáselle ben ser doce caxato de pastor de ovellas magoadas da montaña, da vila ou da cidade. E, chegado o caso, tamén se lle axeita ser caxato áspero de profeta que arremete contra as variadas formas de inxustiza.

É de supoñer que se hoxe Xesús Mato fose o Sr. Xesús o D. Jesús, avó de varios netos, tamén tería sido e seguiría sendo caxato para moitos, pola súa irrenunciable condición de home de ben; pero o feito de ser cura, non lle resta, senón que, con toda seguridade, faci-lítalle esa función de servizo á sociedade e a Deus, como esixencia da súa vocación sacerdotal, vivida como entrega durante nada menos ca cincuenta anos.

Remato de contadiño, pero debo constatar que o facer memoria aclaroume un chisquiño as ideas, e agora lembro con certa claridade que as raíces do grande afecto que nos une afunden as súas puntas en tempos preconciliares e predemocráticos. Naqueles tempos ilusio-nantes en que moitos soñabamos con que os soños poden materiali-zarse en realidades. Fixéronnos esmorecer algúns soños que agroma-ran nos Concilios: Vaticano II e Pastoral de Galicia. Esmagáronnos algunhas ilusións que nos levaron a meternos en camisas de once varas por mor de arrimar o ombro para acelerar a chegada dunha utópica democracia.

Pero, amigo Xesús, tantos soños rescatados do esquecemento e tan-tas ilusións sementadas teñen que seguir dando os seus froitos. E ti, con setenta e cinco anos de vida e cincuenta de cura, estás feito un mozo con capacidade para seguir sementando pola montaña, pola vila ou pola cidade margaridas e a Palabra Viva. Graciñas por todo e que Deus te bendiga.

Page 47: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

47

Bispo de Lugo

Probablemente o lector pense que só un ousado pode escribir acer-ca de alguén con quen non conviviu e a quen, ó longo de todo un ano, encontrou en contadas ocasións. Pero se se trata dun sacerdote e o que escribe é o seu bispo, o intento faise plausible e incluso laudable. Esta relación, obxectiva e profunda, dáme ánimos para escribir esta páxina, aínda cando non se cumpriu o aniversario da miña estancia á fronte da Diocese.

De Xesús fala elocuentemente o feito mesmo da homenaxe que os seus amigos lle queren render. Eu quero glosar apenas algúns trazos, nos que aflora un pouco a riqueza da súa vida sacerdotal:

Dispoñible. Parece normal que esta característica se dea na vida de calquera sacerdote, ordenado para exercer o seu ministerio alí onde lle sexa requirido. Con todo, o normal non pode darse por descontado, e

17 Alfonso Carrasco Rouco

Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo, cos cregos que —como Mato— cumpriron 25 anos da súa ordenación.foto oscar cela (la voz de galicia)

Page 48: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

48

menos cando adquire matices particulares. É significativo que parte do seu labor pastoral se desenvolva desde hai vintecinco anos en parroquias da montaña, e que aínda permaneza afrontando esa tarefa con bo ánimo ós seus setenta e cinco anos, viaxando polo menos unha vez á semana desde Lugo, onde reside. Obviamente, necesítanse disposicións físicas, pero tamén espírito novo, desexos de servir e unha visión capaz de descu-brir a grandeza do que moitos outros considerarían pouco importante.

Amante das propias raíces. Así mo teñen contado. Estudoso dos cos-tumes ancestrais dos nosos pobos na súa riqueza máis variada, móstra-se celoso dun saber, dun patrimonio, que indubidablemente merece a pena conservar e transmitir ás xeracións vindeiras. O sinxelo, o xa experimentado e feito vida, as innumerables aportacións que a nosa cultura popular garda como pequenos tesouros non deben ser esqueci-das. E isto non sería posible se alguén non puxera niso a súa mente.

Presenza nos medios de comunicación. Desde os seus primeiros anos sacerdotais, Xesús estivo sempre vinculado ós diferentes medios de comunicación e, como non, agora na súa columna semanal do blog que o achega ós seus lectores. Non tiven a oportunidade de seguilo realmente. Non obstante, non podo menos de valorar esta presenza nos medios, ese afán de conectar co mundo da cultura con actitude dialogante e á vez enriquecedora, tratando de deixar, cum mica salis, a semente evanxélica ó alcance dos seus coetáneos. E, finalmente, Fun-dador de Auxilia en Lugo. Son xa case corenta anos transcorridos co propósito de valorar, animar, e axudar a un sector da poboación que só baixo un aspecto ben concreto e determinado pode cualificarse de des-favorecido, polo menos na cultura actual predominante. Traballo ilu-sionado, constante, silencioso, realizado en segundo plano, un pouco como a alma que dá alento ó corpo.

Son só catro trazos. Pero congratúlome de poder debuxalos, saben-do que se fixeron vida nun presbítero da nosa Diocese de Lugo. Outros amigos máis antigos poderán presentalos, sen dúbida, con maior colo-rido complementalos con outros que no seu conxunto desvelen mellor o que un corazón sacerdotal pode gardar. Eu agradezo poder unirme hoxe a esta homenaxe, dando grazas a Deus pola vida e o ministerio de Xesús Mato, con quen, por vontade do Señor, estou unido nun mesmo presbiterio.

Page 49: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

49

Manos Unidas

Cando me chamou Xulio Xiz preguntándome se quería escribir algo sobre Xesús Mato, enseguida lle dixen que si, xa que é unha persoa á que tanto eu, como a miña familia, queremos e apreciamos desde hai moitos anos.

Xesús, durante varios veráns en Covas (Viveiro) recordo con morri-ña as túas visitas, acompañado dunha boa parte dos compoñentes do grupo «Fuxan os Ventos». Celebrabas unhas Misas na nosa casa, nas que todos participabamos, nenos, mozos e maiores. Diso pasou xa moito tempo, pero segue moi fresco no noso recordo.

Sempre te admiramos, Mato, tan emprendedor, poñendo a semente a novos grupos e asociacións para que logo puideran funcionar con liberdade e autonomía, sempre chegaches a nós a través de importantes asociacións como Auxilia. Escoitabámoste a través da Cope, e a través da prensa chegábannos eses artigos que con tanto cariño e acerto escri-bías de Manos Unidas, organización da que fun presidenta e á que moi activamente prestaches sempre apoio.

Xesús, toda a nosa gratitude e amizade.

18 Mary-Pepa Carro Páramo

Page 50: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

50

Os de primeiro de Teoloxía visitan o Portomarín vello, 1954. Mato, é o que está máis á dereita. No grupo, tres grandes figuras de Galicia: Manuel Vázquez Seijas, Antonio García Conde e Francisco Vázquez Saco.

Page 51: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

51

Escritor

Sinxelo e verdadeiro

Aquel día nevaba na montaña luguesa. No Courel, nos Ancares e tamén no Cebreiro. Na parroquia de Hospital, os paisanos vanse achegando á igrexa. Son moitos para o tempo que vai, pero son moitos os que non queren perder esta misa que sempre é curta, intensa e moi sentida. O cura utiliza as verbas precisas, nin sobra nin falta ningunha, que chegan ao corazón e por iso se lle segue con grande devoción.

Aínda que as folerpas son agora máis grosas e continuadas, ninguén dos que van entrando ao adro dubidan de que o cura teña chegado. Non saben como, pero chega sempre. Non é un milagre, xa o saben, é cues-tión de vontade, entusiasmo e de firme crenza no labor pastoral.

Cando a misa remata, o crego detense a falar con varios dos asisten-tes. Failles preguntas que revelan coñecemento das familias, dos traba-llos e das preocupacións de cada un, dálles azos e consellos con calma e atención plena ao que lle din. A súa actitude non indica présa, de tal xeito que os seus interlocutores non poden sospeitar o que lle queda por facer no resto do día.

Agora a intensidade da nevarada parece diminuír. Nótaselle no sorriso ao señor cura, no momento de coller o seu coche camiño de Lugo. Durante a viaxe vai repasando mentalmente as obrigas dese día. O artigo que ten que escribir e entregar ao xornal, a visita no hos-pital ao fregués que antonte operaron, a xuntanza cos minusválidos para buscarlle solución ao problema que acaba de xurdirlles, o ensaio co coro de rapaces que hoxe esperan con especial inquedanza porque comeza unha peza nova, a asistencia á conferencia dun amigo que ás oito fala en Sargadelos e a radio, xa se estaba esquecendo da súa inter-vención nese medio no que sempre lle din que é moi escoitado. Pero el ben sabe que entre unha e outra cousa vai atopando amigos pola rúa e

19 Benjamín Casal Vila

Page 52: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

52

falando con eles do divino e do humano, sempre sen présas e co sorriso e a indignación fronte á inxustiza prontos a saltar.

Ao lector estalle parecendo que estou describindo a varios cregos. Pois non. Só falei dun crego sinxelo e verdadeiro, pero tamén excepcio-nal e ás veces ubicuo que se chama Xesús Mato.

Lugo, inverno do ano 2009.

Ordenación de Subdiácono, 1957. Comida en Casa Alvarado con Dna. María e a súa filla, e tres irmáns de Mato, Sara, Milagros e José.

Page 53: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

53

Psicóloga

Eternamente Xesús, admiro como te entregas ós demais, como regalas a túa vontade.

Es ti unha alma de luz.Humildade, xenerosidade e verdade só a posúen uns poucos, só

algúns coma ti meu ben querido amigo que ten tanto amor no seu amor no seu amorcorazón.

Traballador incansable de causas non perdidas e aínda por atopar polo qué loitar, es coma un gran mago que dá ilusións a todos os que tocas coas túas mans e ninguén coma ti sabe compartir a dor do que sofre, posúes o don da entrega, só alguén coma ti é capaz de todo iso.

Ensinas a medrar no camiño da verdade e como ser forte na adver-sidade, a voar coma «anxos» sen ás.

Eternamente agradecida por terte entre os meus prezados amigos e ademais por ser veciños do mesmo pobo, o noso amado Portomarín,

a túa amiga,

Ana Castro Liz.

20 Ana Castro Liz

Page 54: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

54

Ordenación sacerdotal.

Page 55: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

55

Xornalista

Xesús Mato, crego e amigo

Uns meses despois de que o republicano Rodolfo Llopis, director Xeral de «Primera Enseñanza», dirixira a todos os mestres de España unha circular prohibindo a propaganda relixiosa e ordenando a retirada dos crucifixos das escolas, o 29 de outubro de 1932, nace Xesús Mato Mato, no lugar de Cabo de Vila, na parroquia de San Martiño de Castro de Paradela (Lugo).

Primeiro na escola da aldea e despois como a maioría dos rapaces do rural que querían estudar, o neno Xesús Mato foi para o Seminario de Lugo e rematou os estudos sacerdotais en 1958. De Lugo a Lalín e de Lalín a Madrid, Mato foi polo mundo aprendendo, ensinando e traballando. A finais da década dos sesenta torna á casa, vai para Lugo, traballa como asesor relixioso, é redactor de Radio Popular (xa fora director en Lalín) e empuxa o arranque de interesantes iniciativas cul-turais, entre elas varios coros e grupos musicais.

Coñecín a este home de ben, en 1972, cando eu era alumno do bacharelato no instituto Masculino de Lugo e el o garda espiritual das mozas do feminino que paraban no Santísimo Sacramento, alá abaixo, preto do río. Aínda lembro a envexa que lle tiñamos a aquel mozo crego. En 1972, o musicólogo, o comunicador, o escritor e facedor de arranxos musicais participa na fundación do emblemático grupo Fuxan os Ventos, «cando a canción significa compartir lágrimas, alegrías, traballo, loita…». Hoxe, Xesús Mato segue compartindo inquedanzas con homes que foron daquel grupo e que seguen na loita. Eu, aínda que sei que non fai falta, anímoo para que nunca perda a esperanza.

21 Lois Celeiro

Page 56: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

56

En 1983, Xesús Mato vaise para o alto, encárgase, como crego, de varias parroquias da Montaña. Na actualidade atende cinco de Pedra-fita do Cebreiro e unha de Caurel. Un mundo. Foise para a montaña e nela segue, de pastor, falando, conversando, enriquecendo aos paisanos e paisanas, repartindo saber, distribuíndo coñecemento. Facendo mila-gres. Pero agora «a ciencia non deixa espazo nin para milagres nin para Deus», segundo o científico Stephen Hawking que estivo a comezos do inverno na Universidade de Santiago, e asegurou tamén que «o futuro da especie humana está no espazo», nin no Caurel, nin en Pedrafita ou Triacastela, nin en ningún lugar deste planeta.

Mato actúa como un mestre, como apreciado mestre da soidade das terras altas, dos montes nevados, das parroquias que se van despoboan-do. E como mestre, ensina cada día caladiñamente unha melodía para que todos os veciños actúen en coro, procurando ser un coro de cantar recio contra a inxustiza e contra as desigualdades. Niso estamos.

Mato. crego.

Page 57: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

57

Escritor

Don Xesús dos Milagres

Non sei se son o primeiro dos cen, pero co posto noventa e nove son feliz. Ser amigo de D. Xesús Mato é un privilexio. Compartir con el, tantas cousas coma min, é como ser o seu irmán: non hai maior honor.

El ensinoume a amar a radio, a miña profesión máis querida. En Lalín, da súa man, ós meus dezasete anos en La Voz del Deza. Anos máis tarde, en Lugo, volveu unirnos Radio Popular e creo que en innu-merables ocasións cheguei a ser o seu «alter ego».

«Ricardo, teño que saír de viaxe» ou «ando moi ocupado, faime “O Anxeliño”». «O Anxeliño» era un programa curto, pero intenso, unha reflexión interior de humanidade, unha aproximación á espiritualidade, un revoloteo de tres minutos coa poesía, tralo «angelus» vespertino.

22 Ricardo Couto

Entrega oficial do Carnet de Radiodifusión, 1967.

Page 58: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

58

Ricardo metíase con dificultade na lírica epiderme de Xesús Mato e poñíalle palabra ó «Anxeliño». Delegado Provincial do Apostolado en estrada: «Faime un artigo para o Boletín Nacional». Ricardo, no fío da navalla, escribindo sobre a estrada e os perigos.

E, unha e cen veces, Ricardo suplindo a Xesús, embarcado en tan-tas cousas e empeñado noutras tantas, que Deus parece que lle tiña que modificar o horario do seu reloxo, só para poder atender a todos os seus compromisos.

Durante cinco anos, ata que deixei unha parte do meu corazón en pedra nun oco da Muralla, para incorporarme profesionalmente a «El Ideal Gallego» na Coruña, compartín con el traballo, ilusión, cen-tos de soños... Fun o seu amigo, colaborador e confidente.

Pese á distancia, nunca perdemos o contacto nin a amizade min-guou un ápice. Aínda agora, que resido en Lalín —a súa primeira parroquia— vémonos, falamos, lembramos e seguimos compartindo e avivando a amizade do primeiro día, nunca esquecida.

Non me importa o posto que ocupe entre os cen, ou mil, creo que seguir sendo o seu amigo, despois de tantos anos, é un dos regalos máis fermosos que Deus me deu.

O segundo foi obra de Xesús Mato: inocular en min a paixón pola Radio, a rama máis difícil do xornalismo —onde todo ten que pare-cer tan fácil— pero a máis imaxinativa, creadora, máis ilusionante e máis querida.

Grazas, Xesús, «andariego do ben», inquedo facedor dos pequenos milagres cotidiáns, tolo das grandes cousas, Quixote que non quere ser fidalgo...

Grazas por deixarme ser o teu amigo. Grazas por ensinarme, desde a túa humildade, tantas e tantas cousas. Nunca serás importante (porque o rexeitas), pero algo delátate.

Como diría Curros: «ai dos que levan na fronte unha estrela e no bico, un cantar».

E ti, o unxido, o elixido, es un deses iluminados. Porque quizais ti non o saibas pero, cando Deus te moldeou —olei-

ro dos milagres— ó rematar a súa obra, tocou cos seus divinos dedos a túa fronte e picaramente sorriu. Que lle vas facer, es un dos elixidos.

Page 59: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

59

Músico

Con toda a vida por diante e absolutamente todo por aprender, con once anos acabados de estrear e sen coñecer a ninguén máis que a penas catro ou cinco amigos, entre os moitos rapaces cos que com-partía colexio, comezou o meu andar pola capital. Non estaba afeito a arranxarme polo meu so, porén a vida cotiá íanos aprendendo como eran as regras de subsistencia na cidade. Así foi como un día tras outro fun adaptando o meu ser á nova vida na capital.

Sempre me gustou a música. A vida nun colexio ten moitas horas de baleiro se non buscas en que empregalas. Había compañeiros que se lles daba ben a guitarra e cantar, e con bastante regularidade atopabas nalgunha aula ou mesmo nun vestíbulo a alguén tocando. Eu sempre me paraba a escoitar e a mirar como colocaban os dedos para ir facendo as posturas dos acordes. Nunca collera unha guitarra nas mans pero tiña moita curiosidade por probar, por saber tocar algo. Empecei a collela ás agachadas, sen que ninguén me vira, e por suposto sen que o dono do instrumento o soubera. Non era eu so. Outros coma min tiñan a mes-ma miña inquedanza e como xa se sabe, un día aprendes unha cousa, outro día apréndeslla a un amigo e pouco a pouco empezas a rascar algo. O peor e cando te descobren. A ningún afeccionado á música lle gusta que lle usen o seu instrumento, e menos sen pedir permiso.

Non moito tempo despois oín falar dun crego apaixonado pola música. Chamábase Xesús Mato. Souben por compañeiros que Xesús era o crego do Santísimo Sacramento, colexio no que eu tiña algun-has amizades.

Tamén me enterei que ensinaba a música a rapaces e rapazas e que dirixía un coro, ou algo así.

23 Antón Crego

Page 60: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

60

E foi así que sentín curiosidade por coñecelo. Xamais sospeitei que un crego puidera ser unha persoa tan cercana como era Xesús. Eu non me tiña relacionado moito cos cregos e por suposto este era un ben diferente dos que eu coñecía.

Souben que reunira a rapaces e rapazas para formar un grupo de música e que as cancións que cantaban moitas delas eran aprendidas da xente maior, de xente do rural que as transmitían oralmente como as lembraban dos seus devanceiros. Foi deste xeito, ata onde eu alcanzo a saber, como naceu «Fuxan os Ventos». O pai da criatura era Xesús.

Non é preciso recordar a importancia deste Grupo na histo-ria recente de Galicia. A música tradicional complementábase coa realidade social que atravesaba o País. A inxección de veleno que o pai Mato proxectou nos integrantes máis sensibles á nova realidade dentro do Grupo non tardou en agromar na conciencia de moitas xentes que escoitaban as cancións. De súpeto moitos galegos e gale-gas abrían os ollos a esta nova realidade, descubrindo un latexar que levaba tempo durmindo.

Xesús sempre foi unha persoa de ben e xenerosa en grande medi-da. Foi e é amigo dos seus amigos. Eu non coñezo nin chego a imaxinar a ninguén que me fale mal de el. Sempre tentou mediar para ben ante calquera situación de conflicto. É un bo home. Tan boa persoa é que mesmamente teñen chegado a abusar de el apro-veitando a confianza que dá para usala en situacións de beneficio persoal e pouco ortodoxas. Xa se sabe que hai xente desta condición que non repara en nada cando trata de saírse coa súa.

Cando a súa iniciativa, o seu proxecto primixenio se veu truncado; cando o Grupo iniciado por el anos atras, o seu grupo, se escindiu nos primeiros oitenta, el non levantou a voz. Mesmamente lle xogaron unha mala pasada co nome que el parira. Nunca deu o máis mínimo chío.

Xesús seguiu dando exemplo como persoa a todos os que o coñecían cando decidiu deixar a vida acomodada na cidade por achegarse un chisco máis ás xentes do rural. Así é que agora estamos a celebrar eses vintecinco anos como crego na montaña luguesa, que son cincuenta de vocación e setenta e cinco como unha das mellores persoas que eu coñezo e pola que non dubidaría en dar o que fora preciso se se presen-tara a ocasión.

Page 61: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

61

Escritor

Xesús Mato: un esconxuro contra o mal aire

Esvaeceuse na miña memoria o momento en que souben da existencia de Xesús Mato. Gardo unha bretemosa lembranza, que debe situarse nun momento impreciso de mediados da década dos setenta do sécu-lo pasado. Trinta e tantos anos despois vénme á mente que quizais foron algúns amigos e compañeiros meus, que daquela colaboraban con Auxilia-Lugo, os que me falaron daquel crego distinto, que falaba galego e andaba a traballar en causas solidarias coas que eu simpatiza-ba abertamente. Para min, un adolescente inquedo que se iniciaba, ás atoutiñas, na recuperación da propia cultura e da lingua que aprendera de neno e que despois lle fora negada; saber da existencia e da actitude dunha persoa coma o Padre Mato era unha referencia e un exemplo que cumpría imitar naqueles tempos sombríos.

Daqueles anos é tamén o recordo, que rescato con moita máis pre-cisión, dun festival musical organizado por Auxilia no desaparecido Gran Teatro de Lugo (desaparecido como tantas outras cousas impor-tantes e identificadoras ante a indiferenza e a pasividade da cidadanía luguesa). Daquel festival lembro a actuación do cantautor Ricardo Cantalapiedra («...no queremos a los grandes palabreros, queremos a un hombre que se acerque a nosotros, que cante con nosotros, que beba con nosotros el vino en la taberna») e, sobre todo, a do grupo Fuxan os Ventos. Foi a primeira vez, despois virían moitas máis, que os puiden ver e escoitar en directo. Creo que os de Fuxan os Ventos aínda non gravaran o seu primeiro disco e impresionáronme fonda-mente polo ben que cantaban e, aínda máis, polo que cantaban: os versos dos poetas que un comezaba a ler e amar e, sobre todo, aquelas pezas recuperadas da tradición que me facían regresar á miña infancia chairega e ás esencias primordiais.

24 Xoán Cuba

Page 62: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

62

No medio de todo aquilo andaba o cura Mato, pero eu non sabía, sóubeno algún tempo despois, que el formaba parte de Fuxan os Ven-tos e que era autor de músicas e letras, entre outras as da canción que lle deu nome ao mítico grupo, unha letra que non perde vixencia e que segue a ser un ensalmo, un auténtico esconxuro contra os malos aires, contra a negrura da noite, contra as persoas que, de tanto mirar o pro-pio embigo, avolven e empezoñan a vida e as augas limpas e, tamén, un rotundo canto de esperanza e de futuro: «No fondo da ialma do noso pobo, latexa a forza dun mundo novo».

Anos despois puiden coñecer e tratar a Xesús Mato e atopeime cun home sinxelo, afable, próximo, de mirada limpa. Unha persoa que transmite serenidade e na que admiro, en ocasións tamén dende a discrepancia —ou mellor— dende a non coincidencia, a fidelidade ao seu compromiso e a súa coherencia insubornable que co paso dos anos lonxe de minguar, crece e adquire unha dimensión extraordinaria. A dimensión da solidariedade cos máis febles, a do combate de toda unha vida, contra a indiferenza e a pasividade, polo ideal de construír un mundo mellor.

Page 63: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

63

Director da Semana de cine de Lugo

Compañeiro de viaxe

A miña amizade con Xesús Mato procede da nosa afección ó cine, xa que el é un asiduo da Semana de Cine, e son moitos os ratos que comentamos o momento actual que vive a industria e os seus xéneros. Dita amizade fíxose máis estreita a raíz dunha colaboración de Auxilia-Lugo co Festival de Cine de Lugo. Xesús tamén fixo de ponte para que varias películas arxentinas puideran estrearse en España dentro da Semana de Cine. Non obstante, unha recente viaxe a Arxentina e Uru-guai, fixo maior aínda, se cabe, esta relación de amizade, converténdose ademais nun excelente compañeiro de viaxe.

Nun voo de catorce horas dá tempo para falar de moitas cousas: a familia, o traballo, o cine e a igrexa. Unha vez chegados a Bos Aires e instalados no hotel Castelar en plena Avenida de Mayo, Mato súbeme á habitación 704, onde se hospedaba Federico García Lorca cada vez que viaxaba a Bos Aires e que hoxe en día permanece pechada e dedi-cada á súa memoria. A presentación duns familiares de Xesús, que se dedican ó cine en Arxentina, fíxome comprender que era un auténtico anfitrión e que non podería separarme de el durante a nosa estancia na capital porteña.

Durante os días seguintes, percorro con Mato a cosmopolita Bos Aires, que non deixa de sorprender polos seus contrastes; nela conviven o apego ó barrio e á melancolía do tango coa modernidade das torres espelladas e os teléfonos móbiles. A mestura de estilos que caracteriza a Bos Aires é produto do seu afán de parecerse ás grandes capitais do mundo; tamén é o ingrediente secreto que outorga matices diversos á súa personalidade desafiante e ruidosa, amante da cultura e o entretemento, as saídas nocturnas, o fútbol e as interminables char-las de café.

25 Manuel Curiel

Page 64: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

64

Xusto ó lado do hotel está o Café Iberia, aberto día e noite os 365 días do ano. Mato e mais eu sentabámonos diariamente nel a char-lar despois de cenar a tomar café ou unha excelente botella de viño de Mendoza e cóntame que, en 1936, cando estoupou a Guerra Civil, Bos Aires non estivo allea á contenda e, moito menos, indiferente. Os republicanos reuníanse en El Iberia e os franquistas enfronte, no café Español. As noticias chegadas desde España, segundo foran favo-rables para uns e malas para outros, provocaban moitas veces rebum-bios memorables que levaban a leas co voo de cadeiras, mesas e botellas dunha beirarrúa á outra. Outros cafés de visita obrigada e diaria era ó café Tortoni na mesma rúa e lugar de actuación durante moitas noites de Carlos Gardel.

Pero, sen dúbida e logo de moitos días de ir e vir, tanto a Mato como a min, houbo unhas determinadas visitas que xamais poderemos esquecer e que aínda hoxe comentamos cada vez que nos vemos: A visi-ta ó cemiterio de Chacarita, inmenso e onde é fácil saber da riqueza e a miseria, cunha longa parada nas tumbas de Carlos Gardel e o espazo dedicado a artistas arxentinos e españois alí enterrados. A exposición dedicada á guerra das Malvinas e con pezas cedidas en préstamos ou doadas por familiares dos 649 soldados falecidos. A visita á esma (Esco-la de Mecánica da Armada) e na que durante a ditadura se conxugou o secuestro, a tortura e o asasinato de persoas coa existencia dunha maternidade clandestina. Unha auténtica maquinaria posta ó servizo do exterminio, o saqueo e a diseminación do terror. E, por último, a visita ó Centro Galego de Bos Aires inaugurado en 1907 e que sostivo a súa prioridade, desenvolvendo unha entidade con ampla cobertura en saúde e acción social, creado para difundir a cultura do país de orixe. No seu teatro, o Castelao, asistimos a un concerto onde, xunto a outros galegos emigrados, escoitamos con bágoas nos ollos «Terra Meiga», «Morriña», «Negra Sombra», «María Soliña» e unidos nunha forte aperta ó son do «Himno Galego».

Grazas Xesús, excelente compañeiro de viaxe e por servirme de guía ó outro lado do Atlántico. Mil grazas.

Page 65: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

65

Escritor

Aquel crego ao que chamabamos Padre

Pídenme que me adhira á homenaxe a Xesús Mato con motivo do seu triplo aniversario, os 75 anos de vida, os 50 de ministerio sacerdotal e os 25 exercéndoo na montaña de Lugo. Cumpro con gusto o encargo sabendo que non é doado facer un retrato deste crego, próximo, sinxe-lo, moi paisano no que ten de coñecemento do home rural, hiperactivo e atropelado no falar que coñecín hai uns corenta anos cando empe-cei a colaborar con Radio Popular, unha emisora nova, recentemente estreada, moderna na súa concepción, ben montada, que dirixía Benito Vázquez Regueira. Dotada dun cadro de persoal composto por xente moi nova, ilusionada e con moitas ganas de traballar, aparecía polos estudos da agra do Valiño, un colaborador que sendo cura non se lle notaba. Vestía como calquera de nós, ninguén o trataba de don, sempre falaba en galego e, para máis novidade, tiña un grupo de música folk que se chamaba «Fuxan os ventos». Aquel rara avis sen sotana era o rara avis sen sotana era o rara avisque todos chamaban dun xeito moi especial, con gran respecto e certa veneración como o Padre Mato.

Sinxelo, afable, falador, servizal, respectuoso coa verdade dos demais, moi en contacto coa mocidade e cos problemas sociais daquel tempo, era un crego postconciliar, que sen chegar á tipoloxía do cura progre e contestatario, dicía o que pensaba sen que lle doesen prendas, o que aínda segue facendo hoxe, interesábase polos asuntos inmediatos dos seus fregueses, exercendo de aglutinante entre eles para o desenvolve-mento de melloras colectivas nunha zona difícil e deprimida.

Pero, sen dúbida, a faceta do Padre Mato coa que máis me identifico é a do seu traballo como defensor do noso acervo folclórico, recollen-do a tradición musical do pobo ao que pertence e serve, dándoo a coñecer a través do seu grupo musical, hoxe de recoñecida traxectoria,

26 Adolfo de Abel Vilela

Page 66: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

66

ou interesándose pola recuperación do patrimonio etnográfico que se perdía, como os muíños de Busnullán, que anos despois me levou a ver sendo delegado de cultura.

A pesar dos anos, o Padre Mato segue cos seus proxectos, interesado agora en recuperar para a súa publicación un tesouro da nosa tradición musical, «O cancioneiro de Lugo», que me entregaron as mozas da Sec-ción Feminina, traballo polo que se interesou Filgueira Valverde cando era conselleiro de Cultura para que o publicase a Fundación Barrié. O orixinal extraviouse e agora trata de localizalo ou recompoñelo. ¡Feli-cidades querido Mato!

Ordenación. Bico ritual. Parroquia da Nova, 22-3-1958.

Page 67: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

67

Xornalista

O colibrí

As homenaxes en vida teñen un problema funcional. Se son merecidas, case sempre quedan curtas. De non selo, sempre son desmesuradas.No caso de Xesús Mato vai pasar o primeiro, pero que non se diga

que non o intentamos.O Xesús, o Mato, o pai, o crego, o músico, o amigo, forma parte

desa nómina de colaboradores de El Progreso que o foron dun xeito prolongado; como por exemplo son os casos de Juan Rof Codina, ou de Narciso Peinado Gómez nas súas épocas respectivas. Entre os tres pódese facer o percorrido completo polo século xx lucense, desde xx lucense, desde xx 1908, cando o primeiro deles asina «La peste de las patatas» dentro da sección «Para el campo», antes de que a nova cabeceira dispoña de talleres pro-pios, ata o seu remate, cando Mato publica a súa columna dominical a xeito de homilía xornalística.

Do que eu gardo acordanza nese último terzo do século, non lem-bro unha soa ocasión na que as colaboracións de Xesús non fosen ben celebradas, pois aínda os criticados, os que podían pensar con outros argumentos, e os seus críticos, se os houbese, sempre comprendían que o Mato escribía con moito siso e razón.

Unha razón que no maxín de Xesús Mato faise ecléctica. Porque el pica tanto na ortodoxia, como na heterodoxia, coa habi-

lidade e a precisión dun paxaro colibrí, deses que conseguen voar e gardar a inmobilidade diante da flor.

Faino porque sabe como, naturalmente.O difícil non é tanto o feito de picar ben, como o de compoñer a

figura e dicir sempre o que se quere dicir sen perder o equilibrio.

27 José de Cora Paradela

Page 68: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

68

Supoño que outros falarán das restantes cousas boas que ten este home.

O que eu quería comunicarlle xa está dito.Imos quedar curtos, xa verán.

Celebración da primeira misa. Seus pais, seus padriños (Francisco Vázquez Saco e Pedro López Rubín), Ana María Alvarado Osorio e María Barrio Alvarado.

Page 69: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

69

Arqueólogo e escritor

O que non é fácil de sintetizar...

Non é fácil de sintetizar nun tan reducido espazo os cincuenta anos de tan distintas actividades dun tan polifacético cura como o é Don Xesús Mato Mato.

Unidos el e eu no Seminario naquel curso primeiro de 1946-47, a nosa singradura, unida a unha terceira parte daqueles primeiros com-pañeiros, xa nunca tivo ocaso.

Dende xa os primeirísimos cursos de estudos o precoz Xesús empe-zou a sobresaír. Iniciouse mostrando os seus primeiros atisbos musi-cais. Consistiron especialmente en dirixir en competicións de Nadal un coriño formado con algúns compañeiros do seu curso.

Veu a ser este feito como un preludio da súa dirección doutros máis especializados coros xurdidos nos tres cursos de Filosofía e nos catro de Teoloxía.

28 Jaime Delgado Gómez

Ordenación Sacerdotal. 24-3-1958.

Page 70: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

70

Todo isto, xa nos seus primeiros anos pastorais en Lalín, foi coroa-do pola súa consagración musical como fundador e director da Gran Coral Polifónica de Lalín.

Pero xa nos últimos anos daquel noso bacharelato, e máis aínda andando o tempo, a par da faceta musical, desenvolvía tamén Xesús a organizadora e teatral. Froito delas foron moitas comedias e outros felices acontecementos nas festas de Nadal e noutras efemérides importantes.

Este espírito organizador aparecido tan cedo notaríase logo no seu labor radiofónico na entón estreada emisora Radio Lalín.

Co seu saber musical e coa súa ben aprendida tarefa radiofónica, exer-cerá Xesús en Lugo cidade unha moi dinámica segunda etapa pastoral.

O seu continuado entusiasmo pola música alenta, como «alma mater», aquel xa mítico grupo «Fuxan os Ventos» e aquela fermosa rea-lidade de «Galicia canta ó Neno». Pero todo isto sen esquecer promover outras iniciativas de tipo social, destacando especialmente a xa célebre asociación «Auxilia».

Uníase tamén ó seu labor pastoral en Radio Popular a difusión de variados e importantes acontecementos relixioso-culturais.

Dun destes acontecementos teño eu un moi grato recordo. Durante unha hora de todas as tardes dun longo mes e medio do Ano Santo Compostelán de 1982, sendo Xesús o creador e condutor do programa, eu mesmo expuxen un pouco «A historia e o arte do Camiño Francés de Santiago no seu tramo lucense».

Xa no atardecer da súa vida, unha moi fecunda terceira etapa sacerdo-tal está a realizar aínda o noso homenaxeado. Faina en parroquias ciscadas polas montañas de Pedrafita do Cebreiro, a carón da Rota Xacobea.

Nesta súa terceira etapa empéñase tamén Xesús cos seus fregueses en atención ós peregrinos e o labor de ir recollendo novos datos que deberán ser tamén incluídos nas novas historias das peregrinacións xacobeas.

E xa para concluír, direi que a Xesús Mato, na súa misión de cura rural, ningunha tarefa relixiosa e socio-cultural nin lle foi nin lle é allea ó seu grande compromiso sacerdotal.

Page 71: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

71

Escritor

O que media entre o nacemento e a morte é a vida. Para algúns taxa-tivamente. Para outros, non. Para outros é a preparación cara o gozo eterno. Ignoro quen me acompañan nesta suma de testemuños ideado para celebrar como cómpre o longo compromiso dun home coa súa vocación, co seu destino, aceptado desde a súa propia consciencia e desde a súa propia conciencia e, polo tanto, en gran medida creado por el mesmo. Nin tampouco sei as razóns que impulsan a cada un dos meus acompañantes para responder a esta chamada.

As miñas son moi simples. Manan do sentimento alimentado no longo tempo que hai que trato, coñezo e confío no Padre Mato —des-de 1968, ano no que coincidimos en Radio Popular de Lugo—, pero tamén xorden da razón. E, sen dúbida, da vontade, porque as cousas que un posúe, incluídos os sentimentos, deben quererse, deben penei-rarse no cribo da vontade.

Non é este un espazo pensado para confesións públicas nin persoais. Con todo, unha vez que comparezo aquí libremente, atendendo á invi-tación de quen require este feixe de testemuños, quizá sexa necesario facer algunha aclaración de índole intimista. Hai moito tempo que aban-donei a Casa do Pai. Non foi doado. Non, señor; non o foi. Produciuse un longo e doloroso debate interior para renegar de todo aquilo que, con tanto amor, por unha banda, e con tanta insidia, por outra, me conver-teu nun feliz e entregado morador da Casa do Pai. A partir de entón e tendo en conta como é esta sociedade nosa e de que forma se resolven determinados momentos cruciais nas vidas de tantas e tantas persoas e familias, vinme requirido con frecuencia a volver, aínda que tan só fose de visita circunstancial ou de cortesía á Casa do Pai, cando xa a deixara penso que para sempre. E a inmensa maioría das veces que isto ocorreu

A Casa do Pai

29 Xoán Ramón Díaz Sánchez

Page 72: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

72

debo declarar que practicamente nunca me sentín acollido, reclamado, invitado a volver ser un dos seus felices moradores. Todo o contrario. Case sempre me sentía rexeitado, case sempre percibía un reproche, un rexeitamento por negarme a ser un digno fillo do Pai. É fácil de entender, supoño. Refírome sobre todo a funerais e cousas así aos que acodes con-vocado por un imperativo de respecto e de respecto á amizade.

Ben. Debo dicir que, salvo algúns outros —moi poucos— sacerdotes de espírito aberto e ánimo acolledor, o único que me fixo sentir cómodo e reconfortado neste tipo de actos foi o Padre Mato. E non actuaba para min. Non. Actuaba desde a convicción dunha función integradora que eu lle supoño á súa vocación pastoral; unha función xamais excluínte, xamais recriminatoria contra ningún de cantos nos dedicamos ao oficio de vivir e que, de cando en vez, nos vemos na obriga de acudir de novo á Casa do Pai (¿Quen sabe se ás nosas orixes máis fondas?).

Grazas, pois, Padre Mato, por conseguir para este home sempre pes-cudador, sempre desconcertado e nunca satisfeito coas solucións que se lle achegan para encher a súa vida, que aínda poida sentir en certo xeito súa a, —¿quen sabe?— tal vez continúa sendo dalgún xeito, sempre estrañada Casa do Pai.

Moitas grazas, Padre Mato.

Mato con Mons. Ona de Echave no Colexio Smo. Sacramento, 1970.

Page 73: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

73

Crego e escritor

Grande competencia e a maior sensibilidade

Ante todo debo confesar a miña grande admiración por este exem-plar Crego de Lugo. Admiración desde hai moitísimos anos, porque comezou cando, en plena xuventude, estaba destinado como vicario parroquial ou coadxutor en Lalín e fundou a emisora parroquial copee dirixiuna con tanto éxito. E esta admiración foi en aumento cando foi nomeado asesor e redactor relixioso da Radio Popular de Lugo e ata foi o presidente da Comisión de Medios de Comunicación Rexional durante o Concilio de Pastoral de Galicia. Ademais, comezou a súa sempre importante colaboración nos medios de prensa e sen deixar a súa constante actividade pastoral.

Aos poucos anos, cando comecei a pasar o mes de xullo no pobo do Cebreiro e tiven a sorte de coñecer o seu labor nas parroquias daquelas montañas, das que aínda agora é párroco, a miña admiración e amiza-de co crego Xesús Mato chegou ao máximo. Alí tamén coñecín o seu talento artístico e musical.

Trátase dunha persoa que une unha fonda e ampla competencia a unha sensibilidade extraordinaria e de aquí xorde a miña admiración.

Grazas a Deus, temos en Galicia un bo número de cregos que teñen unha grande competencia intelectual e unha grande formación filosófi-ca e teolóxica. E algúns ata teñen importantes publicacións. Pero o que non é tan frecuente é atopar persoas que unan a unha grande formación cultural e talento, unha grande sensibilidade e dedicación pastoral.

E no querido e admirado Xesús Mato Mato esta unión atópase e dunha maneira verdadeiramente impresionante. E digo impresionan-te, porque non só é unha sensibilidade moi ampla, que abarca moitos aspectos, senón tamén de grande fondura e perfección en moitos deses eidos, como demostran os seus numerosos éxitos.

30 Manuel Espiña Gamallo

Page 74: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

74

A súa sensibilidade musical levouno á creación de «Fuxan os ventos», para a que compuxo unha canción do mesmo nome (que conseguiría un premio) e outras cancións ou adaptacións. Eran impresionantes e de gran eficacia pastoral actuacións como a de «Galicia canta ao Neno». E o espí-rito daquel grupo tivo continuidade no famoso conxunto «A Quenlla».

Esta sensibilidade artística axudoulle a unha notable variedade e fer-mosura na súa pastoral, nas súas celebracións e ata nos seus escritos, como na súa «sección de Igrexa» no xornal El Progreso.

Pero esta sensibilidade levouno sobre todo a unha grande entrega social e a unha extraordinaria e case mística vivencia da mensaxe de Cristo. Así se explica que fose o promotor da estupenda obra «Auxilia-Lugo de Minusválidos físicos».

Mais, por desgraza, na sociedade actual hai moita falta de sensibi-lidade. E hai unha patente equivalencia entre insensibilidade e indife-renza. O indiferente quédase cos brazos cruzados ante os necesitados, porque vai ao seu e non lle importan os demais. E na mesma Igrexa nosa, a pesar de Xoán XXIII e do concilio Vaticano II, aínda abondan os que predican que «o home é para o sábado», esquecendo que Cristo dixo o contrario. E así, para estes «colegas», Xesús Mato pode resultar molesto e ata perigoso, cando tiña que ser un modelo a seguir.

Cos compañeiros, nas Vodas de Prata, 1983.

Page 75: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

75

Xesús Mato: 75 anos de vida, 50 anos de crego e 25 de exercicio na montaña lucense

É unha inmensa satisfacción para a familia do escritor Manuel Rodríguez López poder participar nun libro na honra do amigo Xesús Mato. Xa hai dezaoito anos que o corpo de Manuel Rodríguez López nos deixou, pero a súa alma segue a guiarnos e pídenos, a través do amigo Xulio Xiz, poñer unhas verbas neste libro de homenaxe ó amigo Mato. Neste crego, musicólogo e escritor paradelense abondan virtudes que xustifi-can, e fan necesario, o seu recoñecemento público. De todos é coñecido que Xesús Mato ten unha grande sensibilidade humana e vocación de servizo ós demais. Cincuenta anos de servizo sacerdotal acreditan a súa dedicación á sociedade. Pero Mato non só se cingue ás súas obrigacións como crego. É un incansable loitador que traballa eficazmente día tras día para que fuxan os ventos da inxustiza e para auxiliarnos a atopar o camiño da esperanza; tamén para fortalecer o espírito humano e para potenciar a cultura en tódalas súas facetas. E faino eficazmente utilizan-do tódolos medios ó seu alcance: comunicación oral, escrita e audiovi-sual. Destaca no seu labor a súa gran capacidade como organizador, que se traduce nunha exitosa xestión de numerosas iniciativas das que foi fundador e/ou director, incluindo emisoras de radio, agrupacións musi-cais e Auxilia-Lugo entre outros. As súas virtudes e as súas obras poñen a Xesús Mato nun lugar destacado do mundo da cultura galega.

Quixeramos destacar tamén unha faceta de Xesús Mato que incide directamente na nosa familia. Xesús Mato e Manuel Rodríguez López teñen moitas cousas en común. Como di Mato no prólogo da segunda Edición do Certame de Paradela que leva o nome de Manuel Rodrí-guez López, os dous son amigos e conveciños que se coñeceron aló

31 Familia de Manuel Rodríguez López*Santi Rodríguez

*Manuel Rodríguez López, como Xesús Mato, é Fillo Predilecto de Paradela.

Page 76: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

76

polos anos cincuenta. Os dous teñen unha formación humanística e os dous son Fillos Predilectos de Paradela. Dende hai xa uns anos, Xesús Mato está a contribuir decidida e decisivamente ó engrandecemento da figura de Manuel Rodríguez López e a fomentar a pervivencia da súa obra a través do tempo, feitos que a familia do poeta de Paradela que-re agradecer publicamente ó Fillo Predilecto de Paradela. E faino con actos dos que queda constancia para as futuras xeneracións. Destaca o seu importante papel no Certame Literario «Manuel Oreste Rodríguez López». E tamén as súas xestións para publicar obra inédita e dedicada ó noso escritor como «Vida e Obra de Manuel Rodríguez López» e «Poesía Completa de Manuel Rodríguez López».

Este libro queda xa como referente da vida de Xesús Mato ata os 75 anos. Para o futuro é perfectamente aplicable a Mato o que di Manuel Rodríguez López no seu libro Saudade no Bulleiro:

Por hoxe déixote,pro non coides, Xaniño,que xa ten rematado o meu cantar...

Imaxes do acto de entrega do título de Fillo Predilecto de Paradela a Xesús Mato.foto carlos rodríguez

Page 77: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

77

Mestre e músico

Benvido ao verdadeiro paraíso terreal

Os que somos Independentistas e Nacionalistas da nosa tribo —eu so penso en e para Sober—, e presumimos de nacer e vivir no verdadeiro e único paraíso terreal; e ao tempo alardeamos de ter todo o mellor: viño de Amandi, oleiros de Gundivós, banda de música, Canon do Sil, rosca de Sober, o máis sobranceiro románico rural, sublimes augar-denteiros e varios centos máis de cousas exclusivas e de primeirísima fila; e ata chegamos a demostrar que entre nos naceu Xesús de Nazaret —mellor dito Xesús de Sober—; non podemos máis que sentir certa envexa de que nalgunha das nosas 22 parroquias non tivera nacido o crego-músico Xesús Mato e Mato. O certo é que non deixa de estra-ñarnos a nós e a moitos millóns máis de seres humanos que un home de tantas inquedanzas culturais e principalmente musicais, non tivera vido ao mundo na nosa tribo. A verdade é que este fillo de labregos, de familia numerosa —foron sete irmáns—, non naceu moi lonxe; foi alá por Cabodevila-San Martiño no concello de Paradela. De todos modos, eu apostaría que algún devanceiro de Xesús Mato era natural do noso Sober.

Este home que se fixo crego en 1958 e que foi técnico de radio-difusión e redactor en Madrid, asesor relixioso e redactor en Radio Popular de Lugo, fundador e director de Radio Popular de Lalín, fun-dador e director da Coral Polifónica de Lalín, fundador e coordina-dor de Auxilia-Lugo, cofundador do Grupo «Fuxan os Ventos» e de «Galicia canta ó Neno», fundador e director dos coros dos colexios Santísimo Sacramento e Eijo y Garay, autor de centos de artigos en diversos medios, conferenciante, tertuliano, narrador, ensaísta, poeta, recompilador e difusor da música galega, arranxista e transcritor de música, autor de cancións moi populares como «Fuxan os Ventos» ou

32 Luis Fernández Guitián

Page 78: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

78

«Mencer», profesor de Filosofía, Música e Relixión en diversos colexios e Institutos, director espiritual e asesor do Colexio Menor F. Bispado, que fixo ducias de cursos de formación e que na actualidade é crego de 6 parroquias na Montaña do Cebreiro; un home de tal calibre humano, de tanta sensibilidade, con tanta sabedoría, tan amigo dos amigos..., merece coma ninguén ser un soberino máis.

Xesús Mato ten recibido moitos e merecidos premios como o de «Lucense do ano» en 1991, o «V Premio Moncho Valcarce» en 1998 ou a concesión por unanimidade no ano 2005 por parte do Concello de Paradela do título de «Fillo Predilecto». Agora polas facultades que me confire a constitución da República Independente de Sober e aprovei-tando que recentemente Xesús Mato e Mato cumpriu 75 anos de idade e 50 como crego; noméoo Soberino Adoptivo Ilustre, e pasa a que-dar empadroado oficialmente no verdadeiro paraíso terreal.

Grazas querido Mato por todo, e benvido a Sober.

Cun bispo protestante, nunha visita a Auxilia.

Page 79: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

79

Inspector de Educación. Fillo Predilecto de Paradela

A Xesús Mato

Benquerido amigo e conveciño:Naciches nunha humilde aldea (Cabo de Vila) da parroquia de San

Martiño de Castro (Paradela), que aínda era aló polo ano 1753 terra de señorío, denominada «Coto de Trasloio» pertencente a D. Juan Alonso de Losada, que cobraba substanciosas rendas por tal concepto. Outro Losada, D. Francisco Javier, máis coñecido como señor de Pol, foi xeneral dos exércitos defensores da integridade nacional na Guerra da Independencia.

Ti, amigo Xesús, tamén es o señor de Loio, de San Martiño, de Paradela e doutras moitas terras. O teu é un señorío sen rendas nin servos, pero máis universal. Lévalo contigo polo mundo adiante onde queira que vaias, e ninguén cho pode quitar, porque é íntimo, persoal, auténtico, conquistado por ti dende abaixo.

Desde aquel fermoso lugar de nacemento que forma parte das ribeiras dos ríos Miño e Loio percibiches no máis íntimo do teu ser a primeira sensación das rutilantes e grandiosas postas de sol; e nos periplos infantís polo Serrano, Seoane, Outeiro de Loio, en dirección a Portomarín, seguindo a estrada vella, fuches tomando conciencia da existencia dun mundo máis amplo: os remansos de paz que proporcio-naban as augas do río Loio no seu derradeiro discorrer para xuntarse co seu pai Miño, os camiños, os muíños, os agros de Outeiro de Loio, as viñas, as pesqueiras de anguías (caneiros), as ruínas da ponte romana, a ponte nova de Portomarín, xunto coa súa fermosa vila, a famosa igrexa románica, os comercios, as estreitas rúas e «vielas», as veigas da marxe dereita do Miño, etc. Todo iso tivo que impactar consciente ou incons-cientemente na mente daquel neno de Cabo de Vila que estaba dando os seus primeiros pasos cara ó mundo cultural.

33 Ángel Fernández López

Page 80: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

80

Nin os señores de Loio (1753) nin o Sr. Berbetoros, cura de gran liñaxe e boas rendas, con todo o seu gran poderío, tiveron a sensibi-lidade cultural que os movera a crear unha escola de primeiras letras para os fillos dos seus servos-labradores. Ós mandatarios non parecía interesarlles sacar ó pobo da súa ignorancia. Eu ben sei, amigo Xesús, que o teu «señorío» de conciencia non che permitiría hoxe ter a un só neno humilde sen escola, porque amas a cultura coma un gran ben para todos e porque aborreces as inxustizas.

Admiro ás xentes da túa aldea e de toda a parroquia, xa que, polo menos, como di Madoz, dende o ano 1846, «en Castro San Martín hai escola de primeira educación á que asisten 30 nenos, e a dotación do mestre consiste nunha pequena retribución en graos que aportan os pais dos alumnos». As persoas máis humildes, dan xa sinal de que desexaban saír do calvario da ignorancia no que os tiñan os seus señores.

Seguindo aquela loable tradición cultural, os teus veciños e parro-quianos construíron, antes do ano 1924, coa súa propia sabedoría e sacrificio persoal, un local que terminaría sendo a primeira escola públi-ca de padroado con mestra titular dentro do concello, en 1934.

Amigo Xesús, coido que esa foi a túa primeira «universidade». Nela adquiriches e asimilaches os primeiros rudimentos de lectura, escritura, cálculo, relixión e incipientes coñecementos de xeografía e historia que son, grosso modo, os pasos que os homes e a humanidade seguiron para chegar a conquistar a ciencia e a cultura.

Ingresaches no Seminario diocesano de Lugo, onde se reafirmou a túa vocación sacerdotal, ó tempo que recibías unha apropiada for-mación humanista. Non obstante, esa inmersión espiritual non con-seguiu encadrarte xa que es unha persoa creativa, con ideas propias. O teu ministerio sacerdotal réxese polos principios da moral positiva que son a atención e defensa dos máis necesitados, dos que sofren e teñen sede de xustiza.

Outra das túas grandes virtudes é a excelente formación humanis-ta que te adorna e que non se encerra en ti, senón que a pos desinte-resadamente ó servizo dos demais, abríndote ó mundo da comunica-ción a través da radio e da prensa. Afondaches tamén —e séguelo a facer— nas raíces da nosa tradición musical, o que te acredita coma un gran musicólogo.

Page 81: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

81

Nunca esqueciches a terra que te viu nacer nin as súas xentes. Por iso traballaches arreo por dar a coñecer e divulgar os valores naturais e culturais do noso concello, sobre todo, os que se refiren ó Camiño de Santiago ó seu paso por terras de Paradela.

E por aquilo de que «é de ben nacidos ser agradecidos», mais aínda que como di o adaxio popular «ninguén é profeta na súa terra», o Con-cello pleno co seu Alcalde José M. Mato Díaz ó fronte, concedeuche o merecido galardón de Fillo Predilecto de Paradela.

Esta é a miña humilde alegación sobre a personalidade do bo amigo Xesús Mato.

Page 82: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

82

Con Frei Xosé, Palmón e outros/as de Pastoral Sanitaria.

Page 83: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

83

Avogado

Xesús Mato, testemuña de compromiso

Sendo persoa afable e sinxela, Xesús Mato ten unha traxectoria de impresión; ten chegado a ser, dende hai xa moitos anos, un heroe dos que precisamos nesta sociedade nosa actual.

Despois do labor que como crego afrontou na vila de Lalín, onde adquiriu sona a súa innovadora utilización da radio como medio de comunicación tamén para a difusión da mensaxe relixiosa (tamén niso foi un adiantado innovador), resultou destinado á cidade de Lugo gañando ampla difusión o seu labor de crego, especialmente na responsabilidade das celebracións eucarísticas que semanalmente se retransmitían por radio popular de Lugo, que chamaban a atención pola participación dos segrares, pola novidade dos cantos relixiosos empregados, ou pola súa apaixonada e clarificadora mensaxe homiléti-ca, acadando postos de responsabilidade pastoral na Curia diocesana. Teño o convencemento de que nunca esquivou traballo, pero de que en máis dunha ocasión optou por non aceptar nomeamentos para cargos dentro da estrutura eclesial, ata o punto de decidir nun determinado intre —xa hai moitos anos— por exercer como crego no mundo rural, na montaña luguesa.

Sen dúbida que o seu compromiso de crego tivo que ver en todas as actividades, desenvolvidas sempre con atino, pero sobre todo na decisión de asumir o papel de crego rural en momentos en que xa se adiviñaba a crise do mundo rural. Non só na decisión, que se adop-ta nun intre máis ou menos prolongado, senón en permanecer fiel á mesma, atendendo a parroquias que se foron quedando sen os seus máis novos…; decisión que tomou e mantén indo contra corrente, como os demais cregos que quedan no rural, porque a crúa realidade evidencia que do rural marcharon os médicos, os mestres, moitos dos

34 Alejandro Fernández Pumariño

Page 84: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

84

seus habitantes e que ao rural xa non vai ¡nin a Garda Civil!; vai con-tra corrente, porque mesmo desde a Administración pública se estivo financiando o abandono do rural, porque a iso conduce subvencionar a actividade gandeira, por exemplo, e se seguen a tomar decisións que obrigan aos máis novos a facer os estudos cada vez máis lonxe do rural da súa veciñanza respectiva.

Sen embargo, Xesús Mato, coa súa bagaxe cultural, optou por acompañar aos poucos que, sen esperanza, quedan nunhas aldeas onde os seus habitantes viven como carentes de perspectiva, e da animosi-dade que pon nese labor dan conta as novas sobre as actividades socio-culturais e relixiosas feitas nesas parroquias.

Cómpre un recoñecemento público aos cregos do rural, como Xesús Mato, non só porque foron os adiantados da chegada ao rural de boa parte das innovacións que agora hai, senón porque coa súa presenza e actividades de animación e orientación teñen favorecido que a cultura popular da que podemos gozar se teña conservado, mesmo no referido ao patrimonio (igrexas, cemiterios, locais sociais…). Son un exemplo de entrega, que están a carón dos seus para superar nostalxias e conse-guir asumir novas inquedanzas e ilusións, mesmo para deixar atrás un pasado anacrónico, cando ben podía seguir naquela outra Galaxia en que puido ter unha «xefatura» (no eido eclesial) ou mesmo exercer un atractivo papel de líder ou promotor (no eido da música, na inxente labor de «Galicia canta ó Neno» e na súa colaboración en «Fuxan os Ventos», etc., ou mesmo no da comunicación radiofónica).

No quefacer de Xesús Mato pálpase que era sentida a letra da cantiga «Fuxan os ventos»: Anque choren os campos,/ na sua orfandade,/ morran solos os vellos/ afogando as penas;/ anque non sone a gaita/ nas romerias,/ fuxan mozos e mozas/ á terra allea./ No fondo da ialma/ do noso pobo,/ latexa a forza dun mundo novo./ Por eso queremos cantar…

Xesús Mato seguirá con ese mesmo optimismo na súa venturosa tei-ma de transmitir a súa alegría de vivir, que contaxia co seu entusiasmo por aquela inquietude en que a sazón estea embargado; sempre é agra-dable encontralo pola conversa que suscita, xa que nas súas inquietudes acostuman a ser admirables; encamiñadas sempre a prol dos demais, sexa no eido social, no cultural ou no relixioso. Mesmo cando interpe-lan: lembro a categórica advertencia que me fixera cando eu acababa de

Page 85: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

85

asumir a dirección de Cáritas Diocesana de Lugo, no senso de que non cabe caridade onde non hai Xustiza; foi unha das moitas interpelacións que del teño recibido.

De aí que empezara sinalando a Xesús Mato como un heroe: O noso país precisa de persoas coma el que con notable renuncia enfrontan unha causa que estiman xusta, e mesmo precisamos de curas que saiban falar con Deus en galego. Xesús Mato é unha referencia exemplar para ficar no compromiso co país, coa súa cultura e, sobre de todo, coa súa xente. A súa obra e o seu compromiso son unha verdadeira proeza.

Fagamos, pois, un brinde por Xesús Mato. Un heroe que seguirá a interpelarnos.

Page 86: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

86

Cun grupo de rapaces de confirmación en Piornedo, 1995.

Page 87: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

87

Mestra

O cura Mato

Eu sempre digo así cando falo del, e se está preto de min e teño que chamalo digo simplemente «cura». El sabe perfectamente que o estou chamando a el. Creo que este xeito que teño de dirixirme a el é porque para min, que non son crente, representa o que debe ser un cura, sen máis, alguén que dentro da Igrexa é, sobre todo, unha boa persoa que está moi por enriba dos ritos, das aparencias. Alguén que te escoita e que te axuda, que vive os teus problemas coma se fosen seus, que é coherente na súa vida e que non ten pelos na lingua para criticar a quen non o é.

Lembro que coñecín a Mato aló polo ano 1972, recén acabada a miña carreira. O que xa non lembro con exactitude é se foi o tema de Auxilia ou o de Fuxan os ventos o que nos puxo en contacto. En Fuxan os ventos o que nos puxo en contacto. En Fuxan os ventoscalquera caso, tanto ten. Con Auxilia vivimos con moita intensidade aqueles primeiros anos. Viaxamos a Barcelona para coñecer o que por alí se facía, viaxe que nunca esquecerei porque foi a primeira vez que eu subín nun avión. Máis gratificantes foron aínda as primeiras colonias de verán para persoas discapacitadas que organizamos, non había obs-táculo que non fósemos capaz de vencer cun feixe de ilusión e moito esforzo e traballo. Agora estamos en barcos diferentes, pero os dous seguimos loitando contra o temporal da insolidariedade e da discrimi-nación no ámbito da discapacidade.

E logo foi Fuxan os ventos. Aquí resúltame difícil expresar con pala-bras o que significaron aqueles comezos, porque foron especialmente intensos. Todo xiraba arredor da música, pero alí había moito máis. Había compromiso co feito de ser galegos, respecto á tradición e moi-tas ganas de mellorar este mundo que nos tocou vivir. Mato foino todo,

35 Matilde Fernández (Matuquín)

Page 88: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

88

sen el nunca se chegaría onde se chegou. Creo que os galegos temos unha débeda con el neste asunto.

Mato é un adiantado ao seu tempo. Pode ser que os anos corran para o seu corpo, pero non corren para o seu espírito. Sempre será novo. Cura, non cambies nunca!

Cun grupo de monxas do rural galego, 2000.

Page 89: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

89

Arquitecto

Don Xesús Mato, cura da montaña luguesa

Fálase na lei galega do patrimonio cultural dos bens inmobles como representación da evolución dunha comunidade humana, por ser tes-temuño da súa cultura. Todos os que amamos a montaña luguesa sabe-mos que nela, dende o Cebreiro a Fonfría, temos un exemplo de por-que a arquitectura tradicional e inda máis a paisaxe humanizada galega se adapta de xeito fermoso ós homes e á terra. Isto é precisamente polos homes que dende sempre souberon ler o seu territorio e convertelo nun contorno amigable.

Un deses homes, o cura Mato, que entendeu o seu territorio; mellor dito a súa parroquia na dobre vertente: a súa terra e os seus veciños, e polo tanto na mestura desas dúas realidades o patrimonio edificado. Os que estamos nas trincheiras da defensa do patrimonio, atoparnos con alguén que nos explica que pasa no seu territorio, o que pasa coas súas xentes, que nos axuda a entender as razóns das construcións e a facernos entender nos proxectos de recuperación das obras testemuñas da nosa cultura, é máis ca unha sorte unha bendición.

Grazas D. Xesús Mato para axudarnos a entender esta terra, estas as túas parroquias, este o patrimonio edificado que baixo a túa protección se mantén para o uso e o gozo de todos nós.

36 J. Pastor Ferreiros Carreira

Page 90: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

90

foto carlos rodríguez

Page 91: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

91

Músico

Xesús Mato

Lembro que no curso 1973-74 nos reuniamos no Colexio Santísimo Sacra74 nos reuniamos no Colexio Santísimo Sacra74 -mento de Lugo baixo a organización de D. Xesús Mato para ensaiar o espectáculo Galicia Canto ao Neno. Xesús Mato era aquel cura mozo que transmitía inquedanzas e vida. Foron moitas as vivencias que experimen-tamos con aquel espectáculo único na historia da música de Galicia.

Eran anos de moita ilusión pola vida e pola esperanza dun renacer na música de Galicia. Xuntamente con «Fuxan os Ventos», os gaitei-ros de «Toxos e Xestas», seminaristas de Teoloxía percorremos moitos lugares de Galicia; sempre baixo a mirada afable e comprensiva do cura Mato, como cariñosamente lle chamabamos.

A miña experiencia como gaiteiro e zanfonista en Galicia canta ao Neno así como as viaxes polo país foron unha parte significativa da miña aprendizaxe. Non podo esquecer unha graciosa anécdota ocorri-da nunha presentación no Gran Teatro de Lugo. Para ilustrar o caso debemos dicir que, daquela a zanfona era un instrumento practica-mente no esquecemento, sen embargo, Amadeo Goyanes, artesán de Monforte de Lemos e discípulo de Santalices tiña unha zanfona. Ser-vidor, valéndose da amizade con Amadeo conqueriu a zanfona para as distintas funcións durante o Nadal. No Gran Teatro presentamos un canto de Reis cantado por Mini e acompañado á zanfona por un servidor. Aconteceu que no medio do cantar afrouxouse unha corda de repente, tendo de comezar novamente o cantar despois de afinar o instrumento. Nunca se me esquecerá a anécdota.

Dentro da filosofía da recuperación dos instrumentos (daquela tamén os gaiteiros eramos ben escasos) contando a historia da zanfona, expli-cabamos que o instrumento viñera a menos, polo que, a partir destas presentacións o noso desexo era que houbera zanfoniños (Mini).

37 Xosé Lois Foxo

Page 92: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

92

Pero quixera aproveitar esta ocasión para que as miñas palabras foran un testemuño veraz cara ó significado do cura Mato no mundo da música do País. E digo música do País referíndome non á celta nin á comercial. D. Xesús Mato foi a alma de Fuxan os Ventos. Estivo aí en todos os momentos da súa vida, incluso por encima de subdivisións que en calquera actividade humana acontecen.

D. Xesús Mato foi quen de darse conta dunha realidade social e musical galega completamente esquecida e minusvalorada. El é a per-soa próxima ao máis pobre, ao artista popular e a todo aquilo que teña que ver cos valores da Terra.

Admiro os valores humanos de Xesús Mato. Precisamente a súa xuventude que aínda segue viva na súa mente aos 75 anos. Grazas Xesús Mato por crer nas cousas como cres.

No díptico da Semana Santa de 1958, xa aparece Xesús Mato como Director da Schola Cantorum do Seminario de Lugo.

Page 93: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

93

Gaiteiro

Tocata, alborada, pasacorredoiras da Montaña

38 Raul Galego García

Hei subir ó alto,hei ver nacer o Sol,que alumea esta terra,que lle dá calor

Page 94: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

94

foto carlos rodríguez

Page 95: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

95

Xornalista

Renacemento

Nas sempre escasas visitas á cidade de Lugo, nos limitadísimos per-corridos polas rúas coñecidas aínda que transformadas da capital, nas ocasionais visitas ós bares nos que pasamos as horas de hai anos, reencontrámonos con personaxes que quedaron paralizados coa copa a medias, o xeo a medio derreter e a tapa a medio fumear. As canas fóronse facendo donas dalgunhas testas, que despexaron as fron-tes, enriquecendo un ambiente que mantén os olores e as paixóns. O tempo detívose.

Hai xente nesa cidade que, sen embargo, non se sumou a esa paráli-se e que un precisa perseguir polos papeis, as redes ou os boca a boca.

Eu coñecín ó padre Mato nas súas ocasionais visitas á delegación de El Ideal Gallego, ou nas miñas periódicas comparecencias na Radio Popular de Fingoi, entre aquelas extraordinarias carballeiras, nesa épo-ca de recoñecemento da cidade, que abandonara anos antes, despois dos estudios medios cos que medrei nela.

Era un home moi dado e escondido detrás dunha axenda permanen-te que lle matizaba o aspecto de cura que se lle recoñecía maiormen-te polo apelativo de Padre Mato, máis que por calquera outra cousa. Detrás dese aspecto toda unha historia que se converteu en paixón, coa música de Fuxan os Ventos coa que varias xeracións legalizaron e fixe-Fuxan os Ventos coa que varias xeracións legalizaron e fixe-Fuxan os Ventosron normal unha cultura agochada na memoria, nos cantares dos máis vellos e nos temores daqueles que sufriron nas súas carnes ou na súa educación as prohibicións e as advertencias do pasado. Ou a cantilena de Nadal que acabamos cantaruxando con suxestivas estrofas infan-tís. A euforia dunha chea de descubrimentos realizados naquela época dálle aínda máis valor ó Padre Mato que, sen aparecer nas portadas, fabrica todas esas posibilidades de renacemento que hoxe quedan tan

39 Antón Galocha López

Page 96: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

96

lonxe e que en cambio semellan tan preto neses ambientes que en Lugo quedaron conxelados no tempo, nas noites de pubs, con eses seres que permanecen nos mesmos lugares que abandonamos anos atrás e que parecen estarnos agardando na volta.

Page 97: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

97

Monxa da Montaña

Foi todo un regalo

Sempre lembrarei con cariño e agradecemento os anos que tivemos a sorte de compartir con Xesús Mato tantas experiencias.

Ao pouco tempo de chegar a nosa comunidade da Compañía de María a Hospital, en Pedrafita do Cebreiro, quedaron sen cura varias parroquias da zona, entre elas a nosa. Coñecíamos a Xesús Mato dal-gunha substitución que fixera na ausencia do noso cura e sintonizaba-mos co seu xeito de facer pastoral, a súa proximidade e sinxeleza; axiña se fixo coa simpatía de todos os veciños e veciñas. Por iso, de acordo co pobo solicitamos ao Bispo o seu nomeamento para a nosa zona e acollemos con gran ledicia a confirmación da nosa petición.

Mato (como o chamamos) é un cura «galego», que leva moi dentro o amor á terra e á lingua e contaxia a súa vitalidade. Achegou á xente da montaña todo tipo de experiencias culturais: grupos musicais, folcló-ricos, artísticos... Traballou sen parar por recuperar tradicións coma os Reiseiros do Cebreiro, esquecidas desde hai 50 anos, sentíndose feliz de poder aledar á xente, especialmente aos vellos e vellas da zona.

Dada a gran cantidade de relacións que ten e o seu xeito de ser, tivemos a oportunidade de participar de tanta riqueza como el traía á nosa zona.

Foi moi importante para nós poder colaborar con el nun tipo de Igrexa ao estilo de Xesús, non buscando intereses persoais, senón pre-ocupado por servir gratuitamente, e sempre disposto a facer calquera favor a quen llo pedira, especialmente á xente máis necesitada.

Podo dicir que foi para a xente un auténtico regalo o poder experi-mentar unha nova imaxe de Igrexa e de cura. Domingo a domingo foi sementando esperanza e ledicia desde unha teoloxía liberadora. As súas Eucaristías sinxelas, próximas e participativas eran valoradas tamén

40 Mª. Jesús García Agudín (Maquicha)

Page 98: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

98

pola xente que se achegaba desde fora e polos peregrinos e peregri-nas do Camiño de Santiago que agradecían atopar esta posibilidade de podelas compartir.

Mato é un cura loitador, cun gran tesón en todo o que se propón, sendo recompensados os seus esforzos coa restauración de todas as igre-xas das súas parroquias.

Podería dicir moitas máis cousas, pero teño que rematar dicindo que, para min, Mato é un gran amigo e non podo esquecer todas as experiencias vividas con el.

Agradezo ter esta oportunidade de poder expresar os meus senti-mentos de cariño e gratitude con esta pequena colaboración.

¡¡¡Grazas e felicidades!!!

Xesús Mato con Alicia e Maquicha, monxas na montaña. foto carlos rodríguez

Page 99: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

99

Crego

Lembranzas

Preguntádesme por Xesús Mato? Eu recórdoo dende o seminario, aínda que el ía seis anos diante de min. Eu cursaba primeiro de filo-sofía cando el remataba a carreira. Pero para arriba sempre se mira. Como el era un home activo e dinámico, encontrábalo en calquera acontecemento.

Ordenado de cura, foi nomeado para Lalín de coadxutor e oiamos comentar que alí estaba metido en mil cousas, que levaba unha activi-dade pastoral desbordante.

Eu puiden comprobar que era así, aló polo ano 66, naquelas misións conciliares que houbo para dar a coñecer a doutrina do Concilio Vati-cano II, pois tocoume colaborar naquela misión en Lalín e el era o organizador. Traballaba el e facíanos andar ós outros.

Non obstante, cando coñecín máis a fondo a Xesús, o «Padre Mato», —como lle chamaba daquela a maioría da xente— foi na Casa Dio-cesana, onde convivimos e traballamos xuntos durante dezaseis anos. Inicialmente eramos cinco no equipo da pastoral e espiritualidade que nomeara o Sr. Bispo Ona de Echave naqueles intres. El era capelán do Colexio Santísimo Sacramento, asesor relixioso da emisora Radio Popular, fundador e consiliario de Auxilia en Lugo, fundador de Fuxan os ventos, etc. E aínda que cada un de nós tiñamos o noso cometi-do —eu levaba a Pastoral Familiar e colaboraba con José Vázquez nos exercicios espirituais e reunións da xente nova— axudabámonos moito uns ós outros. Como Xesús levaba tantas cousas, quizais precisaba máis veces da nosa colaboración.

Como era Xesús Mato na convivencia? Sempre optimista, sempre positivo, sempre activo. A carón del non había penas. Sempre estaba disposto para cando facía falta. Celebrabamos en conxunto os distintos

41 Francisco García Campo

Page 100: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

100

acontecementos, por exemplo, o santo de cada un, aínda que non fose máis ca cunha torta e unha botella de champaña. Pero poñiámoslle moita alegría e cantos. Ás veces deixabámolo para a noite xa que tiña-mos máis tempo. Mato sabía unha morea de cantos galegos. Ás veces botabamos máis dunha hora cantando sen repetir ningunha canción.

Xesús Mato é un home de moitas calidades; moi bo en todo. Ben, en contar chistes non era tan bo. Recordo que nunha ocasión estaba contando un chiste, apurouse e adiantou a fin. Non llo rimos; entón dixo: «aplaudide caraba». Entón si que nos fixo rir.

Eu lembro aqueles anos como os máis felices da miña vida.Despois aínda coincidimos na montaña. Atendemos parroquias

limítrofes aló no Cebreiro. Eu só atendín aquelas parroquias duran-te tres anos e medio. El quedou. Aínda segue hoxe. Iso ten moito mérito. Por isto e por outras moitas cousas había que dedicarlle un monumento.

Page 101: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

101

Sociólogo

Mato: o mundo ao revés

Pídenme que escriba algo sobre Xesús Mato e o primeiro que se me ocorre dicir é que ese home, cura, escritor, músico e pastor, ven a ser un mundo ao revés, o que non deixa de ser unha parvada, pero tratarei de me explicar. Non hai moito lin unha ocorrencia de Quino, o debuxante humorista, na que expresaba un imposible curioso: contar a vida coma se acontecera ao revés. Todo comeza cando un está ás portas do final, pero, de súpeto, obsérvase que, no canto de consumirse todo, o episodio seguinte lévanos aos anos anteriores. E así de seguido, camiñando cara atrás, ata chegar aos primeiros minutos da existencia para se desafacer no infinito, sen sufrimento ningún, todo canto foi vida: un esvaecemen-to insensible. E non sei por que, cando andaba eu a ler isto, pensaba en Mato. Acababa de ver, no seu despacho, unha foto súa, de cura noviño, na que se lle vía unha faciana de indio. Cando eu o coñecín, xa andaba pola idade que chaman do demo meridiano: era o tempo en que cons-truíra esa cousa tan fermosa que se chamou «Fuxan os Ventos», con música e letra de seu. Xa non era tan indio senón máis ben indíxena, á captura dos zumes culturais da súa terra. Despois trateino moito, ata hoxe. Xa non é novo: cincuenta anos de clerecía máis ou menos hetero-doxa. Con poucas perturbacións de saúde, afortunadamente, non ten a máis pequena preguiza para coller o coche en Lugo e achegarse, cantas veces sexa preciso, aló á montaña do Courel onde ten parroquias. E non vai por misar, non, aínda que tamén o faga, nin vai por asuntos funera-rios, aínda que non os descoide, pero, iso si, sen parva nin estipendios. Vai facer pobo, labor no que emprega as súas forzas. Pero non é político senón axente de cultura, titulación que non existía cando el era novo nin cando xa facía música, dirixía coros, recollía vellas melodías autóctonas, inventaba Reises ou elaboraba programas para Radio Popular. Non sabía Reises ou elaboraba programas para Radio Popular. Non sabía Reises

42 Bernardo García Cendán

Page 102: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

102

el que toda esa actividade tería, anos despois, un nome profesional e uns estudos universitarios específicos. Agora sábeo, pero xa non precisa estu-dar, cómprelle facer o que sempre fixo. E ademais, faino moi ben. A súa faciana foi collendo a figura dun patrucio venerable das nosas montañas e o seu corpo camiña lixeiro polas costas empinadas. E aquí ven o máis importante: eu non coñezo un cura novo que comece cada día con tanta ilusión como el pon na súa actividade pastoral, cultural e social. Coma quen ten unha longa vida por diante. Os seus ollos teñen cada día máis luz e sempre está presto a rir con aqueles chistes, contos ou acontecidos que, cando era novo, lle parecerían pouco serios e mesmo pecaminosos. Comprenderedes, xa que logo, que eu me pregunte se non irá camiño dunha adolescencia ilustrada e moderna para logo chegar a unha infan-cia paradeliana e render contas, sen sufrimento. Poida que non sexa tanta parvada pensar que Mato é un mundo ao revés.

Page 103: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

103

Editor

Porque crer é comprometerse

Neste tempo turbulento no que o esencial parece que estorba, resul-ta moi esperanzador atopar cunha persoa, un crego, que vive a vida, tamén a súa fe, como un compromiso permanente.

Lonxe queda xa o fervoroso compromiso humanizador que para a Igrexa alentou o Concilio Vaticano II. A corrección dos excesos, que de certo se cometeron, semella que conduce á Igrexa de hoxe cara a camiños nos que predomina a miúdo un absurdo pietis-mo descomprometido e polemizador e, en ocasións, un ostentoso boato nas súas manifestacións externas e mesmo nos seus compro-misos sociais, que parecen pouco consecuentes coa mensaxe do Evanxeo.

Mais o Deus dos cristiáns, no que eu creo, non se presenta como un negro burato ideolóxico polo que evadirse dos propios compromi-sos en calquera dos ámbitos nos que nos toca desenvolver a vida.

Crer é comprometerse, esixir e obrar xustiza, ter fame e sede de xus-tiza. Crer é arriscar, acoller, compartir. Crer é amar, é servir. E cando un cre deste xeito, maduro e comprometido, é necesariamente tolerante, fraternal, próximo, acolledor. E elixe, toma parte polos débiles e enraí-za neles, nos humildes, nos necesitados a calquera nivel: existencial, económico, social ou mesmo cultural.

E sumido neste compromiso é como eu te percibo no tempo e como, caladamente, te admiro. Máis aló das anécdotas de Auxilia, ou da meritoria andaina polas parroquias da montaña; máis aló do teu recoñecido gusto polas manifestacións máis xenuinas da nosa cultu-ra relixiosa ou popular, máis aló dos méritos de alentar esa racha de vento limpo que no seu momento foi Fuxan, máis aló de virtudes e miserias, pero con todas elas, queda o acó do teu comprometido

43 Alfonso Garcia Sanmartín

Page 104: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

104

compromiso, do teu testemuño de fe e de bonomía, de Igrexa cri-ble, que se alonga no tempo, e que hoxe, como irmán na fe, quero agradecerche.

Page 105: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

105

Crego

Xesús Mato, persoa de raíces e fidelidade

A conversa máis recente que tiven con Xesús Mato foi na praza de Santa María, revestidos ambos os dous liturxicamente para participar xunto con varios centos de cregos máis no funeral polo bispo Frei Xosé. Naquela breve leria, momentos antes da acción litúrxica, Xesús fíxome unha loanza breve e sucinta sobre o finado. Eu sabía que tem-po atrás se producira un doroso distanciamento entre eles, polo que aquela loanza me resultou especialmente significativa. Era expresión xenuína da personalidade de Mato. Non abundan os que saben reco-ñecer e admirar as persoas por riba ou á marxe da distancia ideolóxica e mesmo afectiva. Neste caso puiden percibir tamén un afecto fondo de Xesús polo seu bispo.

Os meus encontros e amizade con Xesús Mato naceron por causa dos traballos para A sentinela, o programa relixioso da tvg. Coñecino, pois, en plena madurez e cun percorrido vital, humano e sacerdotal que xa deixaran definida e expresada a súa personalidade. Daquela xa todo Lugo e case toda Galicia, nos ambientes eclesiais e fóra deles, sabían que era Xesús Mato.

O primeiro contacto entre os dous foi con motivo dunha cam-paña contra as barreiras na cidade de Lugo, promovida por Auxilia, a activa e benemérita asociación luguesa de discapacitados físicos, na que, como un voluntario máis, estaba comprometido Xesús. Era a primeira vez que me encontraba con el e entre os dous fluíu sen atrancos unha mutua corrente de empatías e afinidades. Esa amizade marcoume significativamente e axudoume a revisar moitas actitudes persoais que ata ese intre estaban durmidas. Existen «ministerios» eclesiais e cristiáns que só se exercen debidamente na vida e desde a vida, isto é, coa xente e entre a xente. E a xente que máis precisa do

44 Andrés García Vilariño

Page 106: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

106

noso ministerio/servizo é a que máis demanda apoio e esperanza por padeceren situacións de indiferenza, empobrecemento e marxinación de variado signo. Grazas a Mato, refixen algunhas propostas e pers-pectivas persoais, entre elas e a máis decisiva, que necesitamos mirar ben a vida e mirala con capacidade para sorprendernos de que haxa tan pretiño de nós persoas que sofren caladamente e esperan unha man, un signo cálido de compaña e atención.

Este agasallo magnífico froito do meu primeiro encontro con Xesús Mato acrecentouse cando, tamén coas cámaras de A sentinela, subimos canda el á montaña para facer varias reportaxes: sobre a relixiosidade popular e os ritos da mesma, sobre as persoas maiores, os vellos, testemuñas cavilosas dun mundo do que desaparecen as relacións familiares máis cálidas, reemprazadas por servizos e pro-gramas de atención —necesarios, por outra parte— deseñados pola política local e autonómica.

Foron horas de traballo gratificante, especialmente pola ilustración do seu saber e da súa implicación persoal naquel mundo, ao que se sentía pertencer e que sempre quixo dignificar. Foi nesa ocasión cando souben da súa decisiva aportación para o nacemento de «Fuxan os ven-tos», do labor de recollida de cántigas populares, de danzas e ritos fami-liares e sociais do entroido, das festas, relixiosas e non relixiosas, sempre con ese xeito tan de seu que superaba a curiosidade folclórica para recaer na dignificación e nobreza primixenia das mulleres e homes da montaña, os seus fregueses, posuidores da singular escrutadora mirada sobre a vida, esa mirada que el compartía.

Na hora das colleitas, cando os froitos falan por si mesmos, desde atalaia da madurez lúcida, Xesús Mato, podes dar grazas a Deus e a Cristo o Señor —como seguro farás— porque che deu a sensibilidade e mais a perspicacia de saber estar entre a mellor xente do mundo, os teus fregueses da montaña.

Por iso tes tantos amigos e por iso eu hónrome de ser un deles.

Noraboa.

Page 107: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

107

Editor musical

Coñecín a este cura alá polo ano 1975. Daquela eu era o Director Artís-tico de Philips, e estaba interesado en contratar ao grupo «Fuxan os Ventos» do que, Xesús Mato, era fundador xunto a Mini e a Mero. A nosa relación desde o principio foi medrando, sen ter en conta para nada a sua condición de sacerdote, e isto facía máis interesantes as nosas conversas e encontros de amizade. Sobre todo pola ausencia de tabús, pois falábamos de calquera cousa e de calquera materia. O noso continuo galopar, xuntos pola canción tradicional e folclórica galega, fixo que algunhas veces eu acompañara a Fuxan Os Ventos e a Xesús Mato polos perdidos pobos do interior de Galicia e da montaña de Lugo, onde era difícil que as súas xentes —sobre todo os máis vellos— puidesen escoitar en directo a uns artistas que, xunto con Xesús Mato, facían o milagre de, por unhas horas, revivir a música entrañable de sempre, e facerlles esquecer momentaneamente os duros traballos da terra e dos outros esquecementos.

Nestas andanzas comecei a coñecer mellor o labor incansable e altruísta dun cura que só vivía para mellorar a existencia dos demais. Sen divismos, sen alardes ostentosos, nin chufas de zalamería. Con humil-dade e perseverancia, lonxe dos curas que todos coñecemos, en tantos casos acomodados e artificiais.

Xesús, estou convencido de que ti es profeta do noso tempo. Con pantalóns de traballo e sen sotana, mesmo o teu nome é sagrado. Ademais do teu traballo relixioso, aínda che queda tempo, xunto a Mini e a Mero, de restituír a dignidade e narrar a historia de Galicia, desde a composicións e cantigas, que forman parte da Cultura máis antiga e máis moderna do voso país.

45 Alfredo Garrido

Page 108: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

108

Alédome de que sigas aí incansable, e confío que de vez en cando, por moitos anos, poidamos celebrar xuntos, compartindo un parra-feo, e tomándonos un viño auténtico e galego, para sentir que segui-mos vivos.

«Operación Sol». Festival de Auxilia. Gran Teatro (Lugo), 1974. Cara á esquerda, Tonina.

Page 109: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

109

Radiofonista

Cousas de Mato

Milita na Igrexa. E pon voz onde sexa preciso para transmitir unha mensaxe.

Aprendeu a nadar aos tres anos porque un tío agarrouno por unha perna e tirouno ao Miño, coa intención de sacalo caso de que el non saíse. Saíu. Tal vez sexa ese un feito que marque a súa vida para sempre: «tirarse ao río».

No seminario de Lugo aparecen as afeccións e os primeiros cami-ños: música, teatro, emisoras de galena (prohibidas). Dirixe o coro, monta unha emisora caseira. Canta Misa en 1958.

Mándano a Lalín para que monte a primeira emisora parroquial de Galicia. Paralelamente crea un grupo de teatro e a Polifónica. Promove a construción de 24 vivendas para xente necesitada. Involucra a toda a vila. «A xente está desexando colaborar. Hai que deixarlle protagonismo e vila. «A xente está desexando colaborar. Hai que deixarlle protagonismo e vila. «tamén que actúe de verdade. Lalín para min foi realmente descubrir a vida e o mundo. O seminario dáche unha preparación técnica pero falta despois o contacto, hai moita poesía no medio».

Trasládano a Lugo para montar a emisora da cope, e queda en cape-lán dun colexio menor de monxas. Asesor relixioso e presentador de programas en radio popular durante 25 anos. Quería unha emisora que non se contaminara, que non xogara ao mundo comercial. «Esti-ven no consello moito tempo e, como delegado de medios, tamén tiña que intervir. Discutín moito en Madrid, discutín cos bispos. Que testemuña dá a Igrexa? A Igrexa ten que ter un medio propio, competitivo como os outros? Eu penso que non».

Así que no 82 pídelle ao bispo que o mande para a montaña. Gús-talle unha parroquia de comunidades pequenas, «comunidades que poi-damos dialogar dunha forma directa».

46 Tonina Gay

Page 110: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

110

Ten a teima de que «se a min me chegan catro horas para poder vivir dunha profesión, neste caso unha vocación, o resto do tempo penso que hai que entregalo por algo importante». Implícase no nacemento e desen-volvemento de auxilia, a primeira asociación de loita a favor dos dis-capacitados físicos en España. «Á sociedade cústalle máis integrarse que aos discapacitados. Os discapacitados físicos teñen que entrar con todos os dereitos e deberes na sociedade».

Cofundador de fuxan os ventos. «Ter unha letra que dixera algo era bo xa. Non había moitas esixencias musicais nin estruturais, había esixencias de ter a valentía de dicir as cousas e se había certa calidade de voz e certa calidade musical iso arrastraba. Qué transmitíamos? a lingua, os valores do noso mundo, dicirlle á xente iso que tedes aquí é importante, incluso como identificación, como pobo. Houbo que romper por cuestión política, por cuestión económica e por cuestión de gustos musicais». Nace a quenlla. «Quixemos levantar ruada e puxemos todo encantados de que saíse unha casa musical galega. Non saíu, perdemos todo pero son anécdotas».

«Hai moitas cousas das que a Igrexa non ten que dicir palabra, noutras tiña que dicir e tiña que dicilo antes, mellor dito e máis directamente, sen tanto lío de palabras. A corrupción é corrupción e a inxustiza é inxustiza sempre. A Igrexa nunca pode ser de ningún partido. A Igrexa debe loitar porque no mundo se instale ese reino de verdade, de xustiza, de paz, de amor, de irmandade. Iso é o que temos que buscar nós».

«O cura ten que ser un animador da comunidade. Evanxelizadores temos que ser todos».

Fala da xente e reivindica un mundo máis libre, menos mediatizado para ter máis cerca o camiño de Xesús. A súas verbas son: «Xesús, xente, liberdade, defensa do noso, esperanza, loita, servizo, denuncia».

É un romántico que chorou por Portomarín. Garda fotos de cómo se foi asolagando. Ama a natureza e a arte. Viaxeiro.

Crítico, reivindicativo, dinamizador, radical —se é preciso—, impul-sor, paciente, entregado, dialogante, colaborador, comunicador, amigo.

Cousas de Xesús Mato.

Page 111: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

111

Crego (Auxilia, Ourense)

Pídeseme que participe no libro que se editará con motivo das Vodas de Ouro do meu bo amigo xesús mato.

En primeiro lugar agradaríame se fixese constar a miña noraboa por alcanzar esa data tan sinalada e que o Señor lle regalou como premio á súa xenerosa entrega ó servizo de Deus e dos homes.

Que podo eu dicir de Xesús Mato? Un folio pareceríame pouca cousa e non chegaría a reflectir todas a súas cualidades de home bo e sacerdote exemplar.

Coñecín a Xesús Mato nunha viaxe a Lugo, con motivo de dar a coñecer en toda Galicia a Asociación auxilia, dedicada á promoción e igualdade social dos diminuídos físicos, tan marxinados e esquecidos naquelas épocas.

Un sacerdote lugués que coñecía, pero que agora non lembro o seu nome, que residía na Casa Sacerdotal de Lugo, presentoume a Xesús Mato, como a persoa ideal para aceptar e realizar a misión que eu levaba.

E así foi. Presentáronmo, expúxenlle a misión que levaba, que era Auxilia e como se podía implantar tamén na cidade de Lugo. Compra-ceulle o proxecto e comprometeuse a realizalo.

Aquí comezou a amizade e aquí souben dos seus valores e as súas múltiples actividades: locutor de radio, atención de varias parroquias da montaña, promotor do coro «Fuxan os ventos» e un longo etc.

Máis tarde, reunións de directivos das distintas Auxilias locais e viaxes á Central de Barcelona. Sempre disposto e xovial en todo o rela-cionado coa asociación.

47 Domingo Gomez Freire

Page 112: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

112

Non podo esquecer a participación de Marisol —tamén de Lugo—. Nas reunións era a que descubría «posibles fallos...» e «criticaba actitu-des...». Pero sempre con suavidade e cariño. ¡Grazas Marisol! e

¡Mil grazas Mato pola túa dispoñibilidade, amizade e bo facer!

Page 113: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

113

Crego

Citius, altius, fortius. Foi a frase feliz do Barón de Couvertin na inau-guración dos Xogos Olímpicos da era moderna. Sempre me chamou a atención esta frase, pola súa beleza, polo ben que soa, por ese sabor arcaico que lle dá o latín; é una frase solemne, mesmo parece ter un aire de familia rica.

O que non atino a saber é por que espontaneamente se me veu á cabeza cando dei en pensar en Xesús Mato, nos seus 75 anos de vida, nos 50 de cura e nos 25 de traballo pastoral na alta montaña do Caurel. ¿Que terá que ver con Mato este lema? Dábame voltas na cabeza, por-que Mato non é un atleta, eu só o vin xogar ás cartas; nin sequera un «atleta de Deus» ó estilo de Baltazar ¿lembran?, ou coma Donato (para que non se me piquen os outros)... Moitas voltas lle din ata que unha tarde, non sei por que, fóiseme clarexando: a frase non lle caía tan mal a Mato. E así, en torno a esa frase, fun xuntando recordos de hai máis de corenta anos.

Citius, máis rápido, dicíase dos corredores. En corenta anos, endexa-mais vin a Mato enfermo, nin sequera parado; sempre argallando algo, unha canción, un artigo para o diario, un programa de radio, animan-do unha xuntanza, enlazando cantigas unha tras outra coa mesma naturalidade da corrente do río por Portomarín; rápido coma unha centella cando alguén chamaba por el. Debe ter un corazón ben forte para aguantar ese ritmo... e para levalo na man cando alguén precisaba da súa axuda. Sempre citius, sempre pronto.

Altius, máis altoAltius, máis altoAltius dicíase dos saltadores. E non o digo polos 2000 m de altura desa montaña que el percorre todos os domingos no seu labor pastoral, senón sobre todo pola ilusión que lle pon, ilusión que non esmorece coa neve nin se paraliza co frío, nin se afoga cos problemas.

Citius, altius, fortius

48 José Antonio González García

Page 114: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

114

Mato é un soñador. Non sei como fai para atopar sempre esa parte boa que se esconde nas cousas malas. Gústame esa case inxenuidade para ver en positivo; nunca o atopei desanimado, nunca confuso, e menos derrotado. Sempre altius, sempre arriba.

Fortius, máis forte, dicíase dos loitadores en xogos de combate. Supoño que Mato endexamais gañaría unha medalla nunha loita greco romana. Seguramente non, porque os músculos de Mato non se ven, a súa forza está no seu interior; aí é onde el gaña os combates. É un todo-terreo, ten peito para todo, nada o bota atrás, sempre a punto cando se trata de aguantar, sempre buscando o mellor de cada situación, sempre conseguindo máis do posible. Un sorriso seu expresa serenidade, nin-gunha dificultade é quen de poder con el. Endexamais vin a Mato ner-vioso, non sei de onde lle ven esa tranquilidade que aparenta, pero sei que non é por prepotencia, senón por espontaneidade. Por iso tamén lle cae ben o de sempre fortius, sempre forte.

Xesús, xa sabes, para min es un atleta do espírito. E vanche ben as palabras de San Paulo: «Fixen unha boa competición, cheguei á meta da carreira, conservei a fe; agóra agárdame unha coroa de xustiza» (2 Tim 4,7-8).

Adiante, campión.Con toda admiración.

Page 115: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

115

Escritor

Os ecos dos vales din (A Xesús Mato)

49 Marcial José González Vigo

O corazón da montañabate algueiro de alegría.Os ríos baixan en lorespola inmensa xeografía.

A campá de Busnullánpor pequena, é campanil.¡Ai!, como canta a campápolo outono e polo abril.

Ledos badais, no inverno;no verán, como se grelan.Aleluias nos telladosdas lousas de Louzarela.

Arrós de Valdefariñasorlan a estrada pequena.Brancor de neve moída,Sabugos e Carqueixeda.

Rosean todas as airas,en Fonfría, no Hospital;no Padornelo, Teixeira;¡Vilasol, ponse a cantar!

Dúas mans erguen o cáliz.¡Quen alza desa maneira!Viño en viño consagradocomo en cea derradeira.

Das cumes piramidais,en dez doas engarzados,esbagoan nun só compás.cantares diamantados.

O corazón da montañagorenta ás vetas da auga,en dez cores diferentesdeslizan polas abadas.

E os ecos dos vales, din,nun coro, que se desborda:Vén Xesús, vén Mato aquí,co anel das dez concordias.

Page 116: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

116

Equipo de Radio Popular no Hospital Psiquiátrico. Marcial é o último, ó fondo á dereita.

Page 117: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

117

Cantautor

A Xesús Mato

50 Alfredo González Vilela

Señor cura, señor cura,Deixa xa de correr tanto;Para onde vai meu amigo,Tan cediño polo campo?

Vou á ermida da montaña,Vou pro santiño da pena,Vou falarlle ós meus amigosE coidar das súas almas.

Xa tocan a campaniña,Xa sobe a xente do agro,Don Xesús sempre correndoPara dicir a misa cedo.

Polo camiño do monteVai subindo, vai baixando,É cura de cen parroquias,Polas almas traballando.

Co teu pobo Paradela,A túa xente que te quere,Hoxe es fillo escollidoEntre homes e mulleres.

Entre os prados, entre as vacas,Entre as frores e entre os toxos,O teu traballo froreceE ese esforzo dá os seus froitos.

Eres cultura ambulante,Unha biblia do saber,Eres un pozo sen fondoDe auga viva para beber.

Ó teu carón, moita xente,Traballou de sol a sol,Por unha causa ben xusta,Por un mundiño mellor.

A música dun poema,Un Belén munha canción;Begonte e as ponxoliñas,Cebreiro no corazón.

Fuxan os Ventos cantandoAs músicas desta Terra,Xesús Mato fai arranxosQue triunfan en Compostela.

Page 118: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

118

Ven a Quenlla e fai a festa,Unha festiña rachada,Na carballeira de Doncos,¡viva o viño e a empanada!

Mini e Mero, Mero e Mini,E os compañeiros cantores,Por o mundo van levandoa esencia dos teus valores.

Unha vida chea de froitoO froito da túa vida,Un exemplo no camiñoDe traballo nesta viña.

Unha aperta damos todos,ó noso cura bendito,Que quede o seu nome en pedra,Por los siglos de los siglos.

Page 119: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

119

Músico

Mato

Nós, que cremos ser e non somos senón instrumentos canalizados por vontades que nos sobrepasan, existimos desde un acontecer breve, coma foulas que se moven polos camiños do ar, sorprendidas polo vento.

Teño que escribir de alguén a quen quero ben e polo tanto vou ser conscientemente parcial e subxectivo, aínda que non me importe que se note, pois chegamos a moitas realidades razoando e contra-dicindo teorías.

Mato é como é. E a min gústame que Mato sexa así. Por ese mesmo motivo hai quen non o comprende. Gusto do seu ánimo conciliador, o seu desmedido entusiasmo que acende mil proxectos aínda que des-pois vaian amodo ou nin sequera vaian, escandalizados nunha cólera inapreciable de latencia sosegada que agarda mellor momento.

Mato é un home comprometido e polémico. Eu aprecio aos polémi-cos, porque son eles os que fan funcionar o mundo. Son os que esper-tan a mansedume e a deixadez. Eles non deixan quedar a un quedo e fascínannos a cada intre.

Moitos critícano por exercer en galego. Que ben fai estar cos seus, mentres outros esqueceron a súa orixe. Din que ten moito entusiasmo e que despois se queda. Que é moi crítico. Eu tamén sei de tantos que nin sequera se ilusionan, nin teñen proxecto, nin saben qué dicir. Din que tarda, que é moi neutro. Eu sei que é quen de descifrar os verdadeiros desexos e cumprilos. Ás veces é quen de descifrar mesmo os misterios. E por iso é feliz e desprende felicidade. Nada ten, mais ten de abondo para estar tan satisfeito. Está conforme, nin máis nin menos. Mentres outros morren para ambicionar. El non, porque ten

51 Baldomero Iglesias Dobarrio

Page 120: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

120

valor e forza para encarar os silencios e os problemas. A pouco que vos acheguedes a el, saberedes que non ten maldade, non ten sitio para ela. É incapaz de facer mal. Por iso algúns lle fixeron tanto dano e lle causaron tanto sufrimento, traidores de tantas cousas, posuidores de tantos desagradecementos. Sen un reproche pola súa parte. Ah, e des-cubriredes que é un home sinxelo e cheo de soños, que os fará realidade vencendo todas as dificultades. Nunca estará do lado dos vencedores e por iso, e é unha virtude que o honra, é así de singular e único. Gústalle escribir dando razóns, para así enfrontarse a elas. Claro que é crítico! Porque non dorme en vaguidades. Consólase postulándose contra a maquinaria toda do modernismo destrutor, esa que tanto pesa globa-lizando e aniquilando os signos identificadores. É modesto en modos e maneiras. Venlle de familia, e dígoo porque coñezo e coñecín á súa familia xa nos seus devanceiros. Xentes que apenas quixeron ocupar sitio nin sequera facer sombra, pero que no seu paso humilde deixaron transcender o sorriso, a tenrura e o amor. Lembro á nai de Mato coa súa voz sosegada e tranquilizadora, coa súa man esforzada no traballo, tendida para buscarnos. Aquela man que sempre nos bendicía como nunha singradura solemne e litúrxica, chea de verdadeiro afecto, cando nos tirabamos a algún baleiro.

Agora, Mato, Don Xesús Mato e Mato, o cura incómodo, o cura festeiro, o cura emprendedor, vendido aos pobres, aos «minus», …o cura meu amigo, o sempre amigo dos meus amigos, cumpre 75 anos. Leva toda unha vida ao servizo dos demais. Cincuenta anos dando exemplo e vintecinco nas entrañas mesmas do País, á par da xente da Montaña.Van máis de 40 que levamos andando camiños, imos e eu quero dar testemuño de sabernos xuntos, aínda que fose en moitos erros e nos non escasos acertos, mesmo de coñecer amigos fabulosos e outros que, traidores, fabulan. Despois destas vaguidades, quero que saiban que o teño por un compañeiro e irmán, na nobreza dos da loita cotiá e de dar a cara. Sen el o meu vivir —estou seguro— sería distinto e moito máis tristeiro.

Page 121: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

121

Xuntos, …neste vivir.

E cando miro para atrás que ben te vexo. Segues agochado nese sentimento limpo de gratitude á paisaxe física

e a toda a paisaxe humana. Aquela dos contornos preferidos que gar-damos na memoria, xunto aos máis íntimos versos, nalgún lugar das entrañas. E veñen connosco, latentes, os recordos daquel tempo. E, ás veces, volvemos irremediablemente a eles, e na soidade evocamos, …tanto os botamos en falta, ao seu recendo, ao seu segredo entre néboas, ao seu dormente soño, a ese tempo xa pasado que os converte en tur-quesas, con brillos de color tenuecando se acenden nas sombras entre os pétalos da lembranza, onde a nostalxia enche tantos ocos e silencios, querendo gañar momentos, …miramos atrás con ansia, arroupados nos amigos, no camiño de seguir, no que xuntos, seguiremos. Xuntos nesta xuntanza. Xuntos neste vivir. Xuntos e satisfeitos. Xuntos e agra-decidos, …como outros non souberon.

Page 122: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

122

«Galicia canta ó neno», 1977.

Page 123: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

123

Animador cultural

Dentro das moitas e importantes facetas de Xesús Mato Mato, gusta-ríame destacar que como humanista e, a nivel persoal, o que máis me abraiou cando o coñecín foi a súa grande capacidade de comunicación.

Coñecémolo cando veu a Sabadell co grupo «Fuxan os Ventos», do que foi co-fundador e grande impulsor dende os seus comezos, e seica tamén tivo algo que ver coa fundación do grupo «A Quenlla», que a podemos considerar continuadora da faceta creadora e musical galega, sempre reivindicativa e a favor dos máis desfavorecidos.

Tivemos a honra de contar con el na presentación do libro de Mano-lo Oreste, na nosa entidade, a Asociación Cultural Galega «saudade», e moito lle temos que agradecer as súas achegas e participación a tantas e tantas colaboracións que recibimos por mediación del.

Sería unha ousadía pola miña parte tentar facer aquí unha biografía de Xesús, cando de ben certo haberá outras persoas, moito máis preto da súa figura, que xa a teñen elaborada. De todos os xeitos, eu quixera destacar a homenaxe que lle fixeron no concello de Paradela, no pasado mes de xuño, non só porque o merecese, senón tamén porque foi unha decisión votada a favor e por unanimidade de todas as forzas políticas. Iso non acontece moi a miúdo na nosa Galicia e por iso, quero facer fincapé e subliñalo.

A súa dedicación e traballo, durante tantos anos, na montaña luguesa axudando a todos os moradores, veciños e peregrinos daque-las terras non ten parangón, nin coñecemos a ninguén que o fixese. As nosas gabanzas, por moi reiterativas que parezan, son poucas por telas ben merecidas e coido que, dentro da miña humilde comunica-ción, teño e debo reseñar.

52 Ernesto Lagarón

Page 124: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

124

Poida que me quede curto, poida que alguén diga que estou a facer unha loanza da persoa por quedar ben, pero dista moito da realidade: don Xesús Mato Mato é o exemplo de sacerdote que toda parroquia galega debería ter para que a nosa Galicia puidese gabarse de ter persoas tan carismáticas, creadores e benfeitoras das nosas contornas. Oxalá houbese moitos «curas do Mato» en tantas comarcas como temos en Galicia. Seguro que mudarían moitas cousas, tanto no rural, coma nas vilas e cidades. Mesmo estou por aseverar que algúns políticos serían quen de seguir as súas ensinanzas e canto mellor nos iría en todos os aspectos, se tivesemos en consideración as súas achegas.

Quero rematar agradecendo aos promotores desta publicación que me permitan dirixirme a todos con estas poucas verbas e felicitando a don Xesús polo seu 76 aniversario no vindeiro mes de outubro, desexándolle que cumpra moitos máis e que siga tendo tanta vitali-dade e tanta bondade como amosa en cada unha das súas achegas á comunidade galega.

Témolo no noso pensamento e desexamos poder contar coa súa presenza dentro dalgunha programación cultural dos galegos en Cata-lunya, para sumarnos aos moitos recoñecementos que merece e que seguro está a recibir.

Parabéns, don Xesús, e por moitos anos máis.

Page 125: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

125

No nome da xente da montaña lucense

Xa hai máis de vinte anos que Xesús Mato chegou a estas terras do Cebreiro, e con el viñeron novos aires a estas parroquias. Moitos de nós, sobre todo os que xa temos uns aniños, lembramos unha Igrexa moi diferente á que Mato representa. El é unha persoa sinxela, e nas celebracións fala como se fora un de nós, con fallos e virtudes e xamais con actitude de superioridade, o que fai que o sintamos moi próximo. A súa capacidade de facer crítica construtiva e de transmitir a súa visión positiva das cousas acompañarano sempre.

Dende o primeiro momento tivo iniciativas e ideas para conseguir implicar á xente, xa fora preparando unha obra de teatro, uns disfraces para o entroido cos mozos e mozas, unha festa veciñal, recuperando tradicións coma «os reises», ou axudando en cousas necesarias para as nosas parroquias.

Os nenos, os velliños e a xente máis vulnerable, sempre ocupan un primeiro lugar nos seus pensamentos e accións.

Co paso do tempo, Mato converteuse nun veciño máis: próximo, xeneroso, servicial e cunha fidelidade á xente e ó seu labor admirable. Xa neve, chova, xee ou xarroubee, alí está, disposto cada domingo a dar misa e compañía a todos os veciños que se acheguen á igrexa.

Despois de tantos anos, viviu con nós unha parte importante da vida do pobo, acompañounos nos bos momentos, cando nas nosas casas había algo que celebrar, e tamén soubo estar aí nos momentos máis difíciles.

No nome de todos os veciños de Hospital, e como non da xente da «montaña» como ti dis, queremos felicitarte e darche as grazas dende o máis fondo, co noso desexo de que poidamos aínda compartir moitos bos momentos.

53 María Carmen Lolo López

Page 126: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

126

Mato, diante da igrexa de Hospital. foto carlos rodríguez

Page 127: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

127

Xornalista

Entrei moi neno no Seminario de Lugo. Dende sempre a música estivo ó meu redor. Meu pai cantaba ben afinado. Miña nai fora grande bai-ladora. Meu tío Indalecio —famoso oleiro de Bonxe— tocaba o saxo na banda «Estrellas Azules». A radio era a nosa banda sonora como a de todos os da miña xeración.

A música, naquel Seminario dos anos cincuenta, era algo máis que materia de estudo.

Os profesores de solfexo chamábanse Palmón, Ferro, Benito, etc. Pero o cumio era chegar a entrar na «Schola Cantorum». Era un dobre agasallo: saír das longas horas de estudio colectivo para os ensaios e actuar na Catedral e nos oficios litúrxicos máis sobresaíntes do ano tamén no propio internado.

Non sei se por mor do oído afeito a esa música que me envolvía o caso é que entrei na corda dos «tiples» como correspondía coa miña idade. Os «preparadores» que nos ían pulindo eran Ramiro Ares Deve-sa, Enrique Alvarellos, Modesto —non recordo o apelido— que logo dirixiría a coral de Chantada... e aí aparece xesús mato.

Todos eles dirixían «o pleno» da Schola nos actos internos, xa que nos da Catedral a man que tomaba o mando era a do cóengo «mestre de capela» Moreno Fuentes.

Pouco despois comezou a sonar o nome de D. Xosé Castiñeira que estaba a piques de chegar de Roma e que viría a dirixir a Schola e a desempeñar esa praza de cóengo Mestre de capela na Catedral luguesa e, xa que logo, tamén a dirixir a nosa Schola Cantorum. Tamén tiven o privilexio de cantar baixo a batuta de ese grande home e músico.

54 Manuel Lombao Lombao

Page 128: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

128

Para un amante da música, por moi neno que fora, era un privilexio cantar, no Lugo deses anos, a Mozart, Schubert, T. L. de Vitoria, Pales-trina, Perossi... no eido clásico.

Pero o labor máis senlleiro desa xente e dese tempo foi a recupera-ción do cancioneiro popular na nosa lingua, en follas a multicopia de alcohol, do que gardo un exemplar encadernado de xeito primitivo e que para min é un verdadeiro «incunable».

Nesa «longa noite de pedra», onde a nosa lingua era obxecto de castigo —un anel «distinguía» ós que tiñan o atrevemento de falar na lingua nai— e ninguén coñecía os cancioneiros de Bal y Gay, Casto Sampedro... escondidos no faiado dos traballos do Seminario de Estu-dos Galegos sinalados co selo republicano tempo borrado da historia, de historia que nos contaban, de historia oficial.

Mentres todo iso compuña o noso decorado, alí estábase a sementar o que anos despois agromaría cun berro:

Fuxan os ventos dos agoireiros...

¿Quen estaba tralas voces cheas de forza e de galeguidade?, ¿quen dirixía na sombra aquel grupo de rapaces e rapazas que xa son historia, que protagonizaron outro rexurdimento —neste caso musical— e que espertaron a Galicia do sono da ditadura enfiando co pobo dun xeito sinxelo e nunca visto?: Xesús Mato.

Aquel neno xa levaba unha vida civil tras deixar o Seminario. Na «episcopal» Radio Popular de Lugo da época —moi distinta da de hoxe, a Deus grazas— volvemos atoparnos. El vincúlase dende entón co xornalismo ata hoxe. É unha especie de «cura» da emisora e na Casa Diocesana, a carón da radio, incúbase «Fuxan os ventos».

Como seguro que neste libro haberá moitas plumas que falarán des-te fenómeno, eu non quero engadir máis ó escoitalos a primeira vez recoñecín de contado aquelas partituras manuais cheirando a alcohol que gardo e que sei de memoria.

Agora é doado falar de música galega, agora é un soño feito reali-dade xactarse da cantidade e calidade dos grupos e dos solistas galegos. Pero daquela...

Page 129: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

129

Outro privilexio da miña biografía: ver nacer a dous grupos que fixeron historia: «Fuxan os Ventos» e «Milladoiro».

Pasan os anos. O neno seminarista, xa profesional da radio, «emi-gra» —por vontade propia— a Madrid. Os encontros con Mato son esporádicos pero amosan a faceta humana máis importante: axuda nos momentos difíciles a esta familia de maneira silenciosa e sacerdotal.

Nese tempo, ademais de asistir a algunha sesión de gravación dos seus discos, vivo a emoción de presentar un recital de «Fuxan» no entón Teatro Barceló, hoxe unha das discotecas máis coñecidas de Madrid. Esa noite as bágoas afogan as miñas palabras nunha morea de lembranzas.

Pero Mato gardaba novas sorpresas. Cando pensas que será un cura «instalado» entre a radio, a colaboración en «El Progreso», a música, etc... aparece na primeira liña dos que teñen algunha eiva e necesi-tan maior atención da sociedade e dos poderes públicos: «Auxilia» é o nome e a esa organización dedica moitas horas e moitos esforzos.

E cando cres que será un cura satisfeito na capital da provincia, pioneiro dos «medios de comunicación», etc... este home «férvelle, fér-velle», este Cabodevila a carón do Protomarín asulagado aparece na montaña luguesa, no «Courel dos altos cumes que se ollan de lonxe» como diría Uxío Novoneira.

Mato brinda con Manuel Lombao nunha visita do equipo de Radio Popular ó Sanatorio de Castro Ribeiras do Lea.

Page 130: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

130

Alí xantei a última vez que estivemos xuntos, haberá tres ou catro anos. Xantei con el e con outro personaxe cos que é un premio con-versar: Xosé Alvilares. A sobremesa foi das máis enriquecedoras dos últimos anos. Cando nos despedimos, díxome: «Ven coa túa familia no verán a pasar uns días aquí. Darasme as grazas».

De momento non lle fixen caso, pero esta pequena contribución no libro-homenaxe a Xesús Mato dáme a ocasión de felicitalo por estes 75 anos tan cheos de amor a Galicia, tan cheos de verdade e de proximi-dade, tan cheos de autenticidade, de humildade, de música e de alento a quen llo pedira, de austeridade, do sacerdocio que eu entendo como necesario…

Algún día contareilles como a Radio do seminario de Lugo, na que eu comecei a escaravellar no que logo sería a miña profesión, chamá-base «Radio Montaña» referíndose precisamente ó Courel. Pero esa é outra historia.

De momento propoño que Mato e máis eu —e quen queira sumar-se— cantemos os centos de cancións que sabemos e que tantas veces cantamos xuntos.

E para rematar reflexionemos no verso de Novoneira que segue ós que escribín máis arriba:

«Eiquí síntese ben o pouco que é un home».¡qué ben entendeu a mensaxe Xesús Mato!

¡felicidades!

Page 131: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

131

Escritor

Cumpre don Xesús Mato setenta e cinco anos, cincuenta de sacerdote e unha vintena longa á fronte de case media ducia de parroquias da montaña; que eu saiba ten ó seu cargo as freguesías de San Xoán de Hospital, San Xoán de Padornelo, San Xoán de Fonfría e San Xoán de Louzarela, ademais de oficiar en domingos alternos nas capelas do Temple e Teixeira e doutras cando é o día do patrón ou da advocación dunha determinada ermida co seu lugar. É don Xesús Mato toda unha institución na montaña lucense, toda a serra do Cebreiro, á que coñece coma os dedos da man, á que tanto ama e quere; iso conxuntamen-te coas súas xentes, que son os seus queridos fregueses, ós que tantas horas lles dedicou e dedica; atendendo os oficios relixiosos, formando na catequeses ós poucos mozos que por desgraza hai na maior parte desas aldeas. Creo que don Xesús é unha desas persoas incapaces de dicir non, aínda sabendo que o que está facendo ou lle están pedindo, non é o mellor ou o máis correcto. É dicir, a Deus rogando e co mazo dando ou levando á súa máxima expresión a non menos famosa frase de ora et labora. Levo moitos anos de amizade con este entrañable ami-go, ó que coñecín o día 16 de agosto de 1987, aquel día foi o oficiante no matrimonio dos meus primos Luis López López e Delia Méndez Saavedra; foi na igrexa lucense de San Francisco Javier; era unha voda sinxela pero entrañable, de nulo boato e ningún tipo de alarde, onde o Padre Mato, durante a celebración eucarística tivo unhas breves pala-bras na homilía, nas que deixaba moi claro o que para el e para a maio-ría que estabamos alí significaba a palabra matrimonio. Logo, durante o banquete, tocoume en sorte estar sentado ó seu lado e aproveitei para comentarlle o meu interese por coñecer un pouco mellor os templos, capelas, retablos e imaxes, das igrexas e ermidas baixo a súa xurisdición;

Xesús Mato Mato

55 Luis López Pombo

Page 132: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

132

non rematara de facer a petición para que a mesma fora afirmativamen-te contestada. Iso levoume a acompañalo varios domingos, onde fixen algo de acólito e tamén de ocasional fotógrafo, o que posteriormente deu lugar a un dos meus primeiros libros. Pero o máis importante e a mellor experiencia, foi ver como Xesús Mato, sempre estaba e está dis-posto a botar unha man ó paisano que lle pide un consello ou incluso dunha forma moi diplomática evitar un malentendido entre veciños, tratar de arranxar estes asuntos desarranxados que tanto abundan no campo lucense. Aínda que iso lle trouxera máis dunha dor de cabeza e a pouca sen razón dunha familia prexudique a todo un pobo, ou polo menos non sexa demasiado ético ese muro da vergoña, que bos creba-cabezas lle deu cos veciños de Fonfría do Camiño.

O Padre Mato soubo e sabe rescatar as vellas tradicións e costumes da montaña luguesa; as coplas populares que se cantaban nos carretos, as mallas e as matanzas da ceba; o revivir os carnavais como o facían antano, cantando os reixeiros de porta en porta e pedindo unha peque-na esmola, que ben pode ser en produtos do campo ou unhas cantas moedas para tomar uns tintos na taberna da seguinte aldea. É dicir, ser un mestre na recuperación do patrimonio inmaterial; volver revivir os vellos costumes e procurar que moitas destas tradicións non se perdan, levando os mellores reixeiros a cantar as coplas de reis á tvg e tamén a outros medios de comunicación.

En definitiva, ó meu modo de ver, Jesús Mato é un exemplar sacer-dote, un gran comunicador, un gran investigador, e sobre todo unha gran persoa, desas, que por desgraza non abundan. Estou convencido de que a montaña lucense, no que se refire á súa promoción e demais manifestacións xa citadas non sería a mesma, se as veciñas e veciños dos pobos de Hospital da Condesa, Louzarela, Valdefariña, Pallar-vello, Sabugos, Padornelo, Busnullán, O Lago, A Mata, Modreiro, A Porfía, O Temple, Teixeira, Vilanova, Vilasol e Vilaverde, non tive-sen por crego a don Xesús Mato. Creo que estarían un pouco orfos. Desexo a este gran amigo moitos máis anos de frutífera vida, deixan-do o seu sinal persoal como o ven facendo desde hai bastante máis de medio século.

Page 133: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

133

Crego

Este refrán, tan repetido, senténciase case sempre en castelán, mesmo por galegofalantes: «genio y figura hasta la sepultura».

O mesmo dito, referido a persoas de certos anos (coma Xesús Mato e máis eu, que somos da mesma quinta), poderíase expresar mellor así: «genio y figura desde la cuna».

A primeira forma explica o presente e prevé o que fará a persoa á que se aplica o conto; a segunda (que se me ocorre a min agora) serve máis ben á nostalxia e mesmo para dar a razón ós profesionais da psicoloxía evolutiva da personalidade, cando din que nos primeiros xeitos carac-terolóxicos do neno (desde o berce, ou barrelo, como se lle chama en Paradela) presaxian —case por completo— o que será o adulto.

Nestes 2400 caracteres que Xulio Xiz nos dá para furgar na «persona-lidade mateana» ou matana (do noso Mato, quero dicir), eu vou lembrar tres capítulos da vida daquel neno que perduran no bo rapaz e home que é o Mato de hoxe: o dinamismo, a comunicación e a música.

Xa de pequeno, non paraba quedo: disposto a ir «daquí procolá», tan-to para facer os encargos da súa casa coma para viaxar cos irmáns e com-pañeiros a onde fose preciso. Sempre disposto e xeneroso. Vese que non cansou; senón que o diga o seu inseparable coche (¡mutación do cabalo de Centauro!), o mesmo ca os amigos agradecidos, porque segue sempre disposto a acompañar, servir e transportar. É o Mato dinámico.

Desde o berce

56 Arximiro López Rivas

Page 134: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

134

Se miramos á comunicación, na escola era o máis disposto para a declamación e áxil escribidor de textos, mesmo rimar versos, coma aqueles da súa autoría, que ata a miña escasa memoria lembra:

Cabodevila lle chaman,nome de vila lle dan;bos veciños nela habitan,onde nunca falta o pan.Rodéana boas cortiñas,fanlle sombra carballeiras,ó outro lado as verdes viñase as castañas na ribeira.

Así cantaba Mato ó seu pobo; mentres organizaba recitais e represen-tacións teatrais, tanto no local da escola de Samartiño (onde se amigou coas letras e números) coma no Seminario Menor de Lugo. Aquí tivo de «pito» (neno que chegaba ó Seminario, amparándose no seu paisano veterano) a meu irmán crego Suso: contaban que choraba desconsolado —meu irmán neno— vendo ó artista Mato que morría no escenario —o personaxe— nunha representación teatral. Este é o Mato escribidor de toda a vida, coa pluma (máquina, ordenador) e coa palabra na radio (na que foi mesmo fundador), predicador, conferenciante, etc.

En canto á música, case se pode dicir que a axudou a inventar de pequeno. A música non, pero si algún instrumento. Por exemplo, un sorprendente arte de sacar melodías moi perfectas con tan só unha folla da herba ou dalgunhas árbores. Sacou alumnos tan avantaxados como o mesmo irmán meu Suso, que fixo con tal arte a delicia de moitos, e sobre todo a gran mestría do seu propio irmán, Mario Mato, famoso interpretando música coas follas, ata actuar nas televisións autonómi-cas e nacionais en programas de gran audiencia. Este era o Xesús Mato, hoxe musicólogo, músico e animador de tantos empredementos.

Eu quixera seguir o relato (disfrutando coas lembranzas, como vello que son); pero acabo de recontar na máquina «os caracteres», máis dos 2.400. Así que cerro aquí a miña felicitación a Don Xesús Mato Mato polos seus mozos 75 anos, os 50 de crego e os moitos que Deus lle dea de vida. Para ben de todos.

Page 135: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

135

Escritor

Cando os amigos, que eu diría que deben ser as xentes todas de case todos os lugares, aludimos nas nosas conversas a Xesús Mato nunca falamos de don Xesús, nin do señor abade, nin do crego que consagra as corgas cebreiriñas, nin tan sequera lle chamamos Suso... Dicimos o Cura Mato e ninguén nunca cuestiona ese modo de nos referir a el porque ben sabemos que o substantivo que aquí especifica é parte dun todo non divisible. É o natural, como o natural é dicir o mago Merlín, o rei Arturo, a princesa Micomicona, o mestre Mateo...

E hoxe, porque anda xa nos primeiros setenta e cinco anos, toca festexar ao Cura Mato, sabendo que de camiño festexamos tamén un exemplo vivo de entrega aos seus semellantes, de responsabilidade éti-ca, de consideración a canto é do común, de respecto e admiración no uso e tratamento da Cultura —sen nunca lla arrebatar ao pobo que sempre deberá ser o seu dono lexítimo—, de sinxeleza na repartición de amparos, de sorrisos de alento, de compañeirismo entrañable e de boas intencións...

Parabéns, xa que logo, para o Cura Mato, parabéns para a Galicia que o naceu e fixo medrar, parabéns á Igrexa que o pode ter de crego e parabéns, así mesmo, para cantos, dun xeito ou doutro, somos recep-tores da súa bonhomía e da súa amizade.

Grazas, amigo, por canto levas feito, polo que estás a facer e tamén polo moito que aínda farás.

Ben sabes onde nos tes.

57 Paco Martín

Page 136: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

136

Mato, repicando. foto carlos rodríguez

Page 137: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

137

Cantante

Poucas veces tiven que enfrontarme a unha reflexión tan curiosa como a que me trae a escribir estas liñas. Falar sobre Mato, quen sempre resulta ser aquela persoa á que atopo en todos os actos aos que podo asistir, nos que a programación teña algo que ver coa vida cultural gale-ga ou universal e máis aínda se teñen unha clara dimensión social, sabendo que moitas desas actividades o teñen a el como motor, sen transcendencia do seu rostro ao público… Tanto ten que se trate de música, poesía, teatro, conferencias, cine…; xa sexa entre caixas ou entre cables, no patio de butacas ou no teleclub, no campo da feira ou no local parroquial. Alí está sempre o Mato e aí está sempre a traballar a súa maquinaria intelectual. Porén o Mato nunca quere ser protago-nista, e fuxe e achántase sempre, cando o seu obxectivo se acada.

Nestes tempos que corren, e máis aínda agora que se fala de indus-trias do espectáculo, esquecendo aquel labor próximo, coas xentes do entorno, enriba e abaixo dos escenarios, e sen agardar ter recoñecemen-to económico ou promocional, xa non se leva Mato, e xentes coma ti, máis necesarias cada día, non son fáciles de atopar. Somos moitos os que che debemos agradecemento por estimular aspectos da nosa cultu-ra, dos que nunca teriamos tido noticia, por mor do esquecemento e o labor de ocultación que se viñeron facendo ao longo da nosa historia. Cando eu, espécime urbanita sen bagaxe cultural galega, comecei a escoitar falar das actividades de recolla, espallamento e preservación de materiais, que grupos tan senlleiros da música deste país nos achega-ron polo teu apoio e a túa íntegra persistencia, non puiden máis que renderme ao evidente: só hai que querer e ofrecer a man ao do lado para conseguir o imposible. Nunca tanto se fixo, con tan pouco, para devolver a estima a un pobo, como o que ti con tanto mimo perfilaches

58 Pilar Martínez Conde (Pilocha)

Mato? Nin de coña!

Page 138: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

138

dando pulo á xente que sempre te rodeou. Moitas grazas Mato por ser como es, por traer sempre a frescura da montaña que hoxe te acolle, a este ermo contaminado no que ás veces debemos sobrevivir.

O teu apelido non che fai xustiza; Mato?, nin de coña!

Mato dirixe o Coro do Colexio Santísimo Sacramento con membros de Fuxan os Ventos (1969).

Page 139: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

139

Representante da Familia Mato

Todos estamos moi afeitos a escoitar como falan de ti os que te coñe-cen, do teu compromiso como sacerdote e do teu interese pola cultura galega. Iso énchenos de orgullo, non creas, pero non é o que máis nos achega a ti. Por iso. Xesús, decidimos refrescarche a memoria, levarte ao pasado e dar a coñecer a todos anécdotas de cando, nin pensabas ser cura, nin tiñas inquedanzas intelectuais.

Naquel momento, cando eras un rapaz, aínda non decidiras o teu futuro profesional. Ás veces atraíache o fútbol e xogabas na corga de Cabodevila, aínda que os teus pais rifábanche por non durmir a sesta e por romper os zapatos.

Noutros momentos querías ser pescador. Era tal o teu empeño, que para poder ir pescar axudabas na casa recollendo a leña, por exemplo. Iades ao río, á Abelaira, por debaixo de Aldosende, e faciades «secas» amontoando terróns e baleirando toda a auga encorada, para así deixar a pesca no seco. ¿Recordas que boas estaban as empanadas que facía a Tata coas anguías que colliades?

Noutras ocasións dedicábaste á caza, armando ichós para coller per-dices. Ti e os teus irmáns chegastes a ter ata 40 no hórreo, e incluso as vendiades na feira.

Como rapaz que eras, non puideches evitar facer, sempre coa axuda incondicional dos teus irmáns, todas as trasnadas imaxinables. ¿Acór-daste do «tío Berto»? Para os que non o coñecen, hai que dicir que era un home moi paciente, que nunca se alteraba. Pero vos estabades empeñados en facelo enfadar, como cando iades polos fentos e poñia-des o carro pico arriba ata que o tío Berto caía ás reboladas; ou can-do o mandabades subir ao carro para sobar os fentos e chegabades a cubrilo con eles; ou cando bebíalo leite mazado e mirabades como se

59 Mario Mato Arias

Page 140: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

140

lle manchaba o bigote de branco. Con todo isto riádesvos moito, pero non conseguiades o voso obxectivo: nunca se enfadou, o máis que fixo foi botar algún «Carájola».

Podíamos seguir ilustrando esta parte máis descoñecida da túa bio-grafía, sen dúbida, pero seguramente é mellor que o resto nolo contes ti directamente.

Non che faltaba talento para desenvolver todas estas profesións que fomos relatando. Pero estamos moi agradecidos porque non te deixa-ches levar polas túas inclinacións futbolísticas, non te decantaches nin pola pesca nin pola caza. O importante é que atopaches a túa auténtica vocación, e estamos seguros de que é auténtica porque te entregaches a ela con compromiso e ilusión.

Page 141: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

141

Alcalde de Paradela

Cando Xulio Xiz me di que teño que escribir sobre Xesús Mato, méte-me nun brete de sete estalos pois, para min, non é fácil falar de Xesús, en primeiro lugar por non ser imparcial e logo por ter que falar dun referente moi especial da miña vida.

Dende a miña infancia.Cando os meus pais me buscaban oportunidades de formación, con nove anos, tiveron a idea de dirixirse ao «faro» da familia. Este non era outro que o seu sobriño Xesús, crego na vila de Lalín.

Miña nai choromicándolle, tamén a tía Concepción, a súa irmá Sara… para que o seu fillo puidese estudar. Penso que o diálogo da tía e máis da Sara ía no senso de dicirlle: «Xesús hai que mirar polo pequeno do Manolo e da Gloria». E así foi, como non sabía nin sabe dicir non, Xesús vese de súpeto cunha responsabilidade máis encima, se xa tiña pouco labor como crego, profesor, traballador social (como se di agora, aínda que daquela non se coñecese esa actividade profe-sionalmente el xa era todo un experto nese eido), animador cultural, Radio Lalín, Cáritas, Coral… e, por riba, recibe ao primo, o que de súpeto se converte en sobriño e do que ten que facerse cargo no máis amplo senso da palabra. De aquí vén o do «tío» cura, pois para case todo o mundo son o sobriño do Padre Mato, a verdade sexa dita eu nunca fixen nada por corrixir o erro, pois o de «teu tío» gustábame e entendía que me unía máis a el. Creo que era un egoísmo infantil que aínda hoxe me perdura, nembargantes, tamén é certo que daquela non naceran os sobriños naturais.

60 Xosé Manuel Mato Díaz

Page 142: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

142

Xesús era unha sotana voadora, tan pronto o vías na praza da Igrexa como xa estaba no altar comezando a Misa e xa subira as escaleiras e pasara pola Sancristía a revestirse.

Saiamos da Igrexa camiñando para a casa e facía que eu tivese que correr para gardarlle o paso, sempre de présa, «si, si, moita, moita mar-cha», era así, non sabía ir ao paso, eu diría que ía coma un lóstrego durante todo o día.

Por certo, o de moita, moita marcha era en todo, tamén na moto, así perdeu un día a seu irmán Xosé saíndo de Portomarín pola subida de San Roque, cando se deu conta xa levaba un bo treito andado.

Xesús non era un cura á usanza. Vexan un exemplo: case todos os curas daquela tiñan unha moto vespa, a de Xesús era unha Lambretta, eu penso se sería polo do chiste do tartamudo:

—¿ves….pa, ves…..pa, ves…..pa?—Non é vespa , que é Lambretta!—Ves…pa, ves…pa que son as limosnas?Serva a anécdota para situarnos no seu labor cotiá, sempre traba-

llando e asumindo compromisos sociais, dende servizos aos enfermos, orientacións laborais, organización de eventos culturais, deportivos, patrimoniais e relixiosos. Ou sexa, «alma-mater» de case todo o que se movía en Lalín na década prodixiosa dos 60. Pois ben, creo que Lalín tivo a sorte de ter un crego experto que brincaba en todos os eidos da sociedade, configurando redes e agrupando á cidadanía en aras ás súas inquedanzas, actuando de alicerce que facía xermolar proxectos de apertura e avance da sociedade lalinense.

Xesús, labor de Igrexa, un cento máis de actividades e un sen fin de cousas, pero eu destacaría unha virtude moi especial del, a maneira que ten de aproveitar o tempo para todo e para todos, sen faltar para nada ás súas responsabilidades nin ás súas pautas de compromiso asumido voluntaria e libremente. Sempre preto de quen o precisara e sobre todo dos máis desfavorecidos.

Estes son os exemplos que lembro do día a día de Xesús. Lembro con moito agarimo aqueles tres anos da miña nenez, onde por certo, fun moi feliz. Unha tía que me aloumiñaba, sendo o castigo máis forte que me impoñía cando facía algunha trasnada, a frase «héichello dicir ao Xesús», cousa que xamais fixo.

Page 143: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

143

Por certo, non me lembro nin dunha soa reprimenda do tío cura. Grazas.

Dende a madurez.Xesús, un exemplo de servizo á sociedade, xunguido ó compromiso a favor dos semellantes e activista comprometido cos valores da xenero-sidade do amor cristiá, da fe e da esperanza de acadar as mellores cotas de benestar para todos, dun xeito moi especial, para todos aqueles que teñen dificultades.

Eu teño que destacar que Xesús en compaña de D. Pedro López Rivera, Abade de Piñeira e bispo emérito de Tui, son algúns dos homes máis importantes da historia de Paradela e teñen un gran parecido na súa traxectoria: cregos, Pedro López Rivera (Pereiraboa, S. Vicente, 13 de xaneiro de 1772) Xesús Mato Mato (Cabodevila, S. Martiño de Cas-tro, 29 de outubro de 1932), os dous comprometidos desde as súas res-ponsabilidades e coas diferenzas propias dos tempos que lles separan. Destacan os dous no seu compromiso cristiá e na loita persoal a favor da sociedade na que viven.

Xesús segue nas súas inquedanzas como loitador inesgotable do seu amor aos semellantes, á súa terra e segue a ser o aguillón que nos invita sempre á reflexión, sexa no eido da fe cristiá, no da problemá-tica social e política, no compromiso da autenticidade e da solidarie-dade. Non descansa nas súas loitas como activista que é, no espertar que desexa para un mundo máis xusto.

Grazas Xesús por ser Fillo Predilecto das nosas terras de Paradela. Énchenos de orgullo poder contar contigo.

Page 144: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

144

Xesús Mato co Director do Ballet Gallego Rey de Viana, 1971.

Page 145: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

145

Animador cultural

Para escribir fai falla oficio. Eu non o teño e sei das miñas dificultades para expresar o que quero dicir. De calquera xeito, vouno intentar. Cando me chama un vello amigo, Xulio Xiz, para contarme o que se estaba a facer, agradecinllo e respostei en décimas de segundo que eu quería participar.

O único que podo facer é poñerlle un marco ó retrato. Un marco sinxelo porque o importante, o que destaca, con marco e sen el, é o contido, o propio retrato.

O retrato é Xesús Mato. O seu nome téñoo intimamente ligado a Mato-Mini-Mero. Así o coñecín e así me quedou gravado. Eu coñecía a Mero. E a Mini; a este máis; veciño desde neno, moitas veces coa súa guitarra na man. E ó través deles chegou Mato.

Eu sempre vin a este home moi cerca de Deus, dos desfavorecidos, da música e da súa terra. A vocación relixiosa é ben patente ó longo da súa vida; sempre ó lado dos necesitados, en Auxilia-Lugo e na mon-taña… E tamén comprometido coa música e coa terra, nos coros en Lalín e nos colexios menores en Lugo, en Fuxan os ventos, con Galicia canta ó Neno, coas súas publicacións, cos traballos na prensa, na radio, nas conferencias, nas tertulias…

Xesús Mato leva 50 anos exercendo o sacerdocio, 25 deles na monta-ña luguesa, entre Pedrafita e Caurel. E eu véxoo coma sempre, cercano, afectuoso, moi directo no trato, acudindo sempre ós actos relacionados coa cultura galega o coa música.

En Lugo nomearon a Mato «Lucense do ano». En Paradela, Fillo Predilecto. É de xustiza. Pero tamén o sería se o nomearan de Pedrafita, ou do Caurel, ou de Lugo, ou doutros lugares. Pero o importante non é ese agradecemento polo seu labor, o verdadeiramente meritorio é o seu

61 Julio Méndez Menéndez de Llano

Page 146: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

146

traballo de moitos anos, o exemplo da defensa conxunta e paralela de Deus, dos pobres, de Galicia e da súa música. De todo iso xunto.

Eu estou seguro que Xesús Mato seguirá traballando toda a súa vida, e vaino facer na mesma liña que ata hoxe. Seguro que non vou estar errado. E eu seguirei admirando a Xesús Mato polo seu traballo, por-que para min sempre foi un exemplo a seguir, o que pasa é que non teño nin tanta capacidade nin tanta enteireza coma el.

Desde estas breves liñas vaia o meu saúdo con todo o afecto que merece Xesús Mato. Que a súa vida sexa longa e frutífera no espiritual, no social e no cultural.

Page 147: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

147

Delegado Provincial de Cultura e Deporte (2005-2009)

Nesta pequena descrición vou intentar expresar a miña experiencia per-soal coa persoa Xesús Mato e por derivación a experimentación que do cristianismo sinto a través súa. Eu creo que Mato é un verdadeiro cristián, dunha determinada raza, dun cristián como nos gustaría ser aos que non o somos, polo menos nominalmente. Cristiáns desa caste que aspiran a ser como Cristo, un Cristo ao que ven como unha per-soa na que se intúe a condición humana en toda plenitude, en todo o que entendemos como excelencia humana, unha persoa completa sen deixar de ser persoa común. Que non por iso é máis persoa, senón que acada a conciencia de estar «cangando coa condición de ser persoa».

Por exemplo, para clarexar algo a cuestión. Véxome con Mato: «—Ola Juanjo». «—Que tal Mato?». Inmediatamente de vernos xa estamos conxeniando. E iso que resulta que neste caso non estou de acordo co que me está contando. Pero o posible desacordo remata nun-ha especie de compracencia co seu enfoque da cuestión. Non é que eu estea sintonizando coa súa idea, é que acabo sintonizando con el. É que ten a virtude de presentarse ante min como persoa ante todo.

A sintonía con Mato consiste en percibir que diante miña existe unha criatura coma min, como podo ser eu, con ideas ou actitudes non coincidentes comigo pero que as percibo como propias da nosa común condición, condición asumida en todas as súas consecuencias, tanto desde a súa imperfección como nas súas posibilidades de superación. E iso non o percibo ante outras persoas. ¿Será isto o cristianismo? Se así fora é porque efectivamente Mato é un cristián (no que eu entendo como tal, seguramente con pouco rigor doutrinal).

62 Xoán Xosé Molina Vázquez

Page 148: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

148

En fin, que a presenza, a actitude, a persoa Mato achéganos ao cristianismo, a un cristianismo «de volta», a un cristianismo latente, existente por debaixo dos ritos e da tona que a cultura relixiosa estable-cida acabou por derivar en tantos «formatos sociais» deshumanizados. Entre a necesidade de Deus que amosan os seus fregueses, necesidade asociada á suxeición a ritos e adhesións á organización eclesial, Xesús Mato introduce ao Cristo, persoa lúcida, personalidade que nos axuda a situarnos no mundo coa maior plenitude.

En resumo, a actitude de Mato móvenos á práctica da fraternidade cristiá aos non cristiáns, paradoxo que se resolve se consideramos que Mato é un cristián desprendido da tona da relixiosidade das formas e do poder, e se consideramos que os que nos chamamos non relixiosos mantemos así e todo, pola nosa formación cristiá, un pouso no que recoñecemos os valores humanísticos do cristianismo que á súa vez recoñecemos nomeadamente no cura Mato.

Page 149: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

149

Radiofonista

O crego do rural

Tan só un par de cousiñas, poderían ser moitas, relacionadas coa músi-ca e coa policía. Pois resulta que o día 3 de marzo de 1975, xa de volta do recital de Santiago, de cando o de Boente, onde varios membros de «Fuxan os Ventos» tiveran un accidente, sen grandes consecuencias, pero que dezmou o grupo para a actuación do Pazo do Obradoiro, que por certo estaba a tope de xente e de «grises» moitos destes coa porra na man; logo de que Fuxan, xunto con Miro Casabella, Benedicto, Bibiano e outros caldearan o ambiente, o remate do concerto nós non quedamos para o acto final, a «manifa» ata a Praza Roxa, pero velaí, que polas oito da mañá do seguinte día soa o teléfono na miña casa, aténdeo a señora Pepa, miña nai, e dinlle que «un amigo» quere falar comigo; cando me poño, o «amigo» dime que chama da comisaría de policía e que queren falar con nós polos acontecementos do día ante-rior en Compostela e, ¿saben que lle dixen?, que o «xefe da banda» era o Padre Mato e para calquera aclaración tiñan que falar con el; eu tentei escurrir o vulto e citeinos na Casa Diocesana de Lugo pola tardiña. Chamei a Mato e aló polas cinco, el e máis eu vemos chegar o coche gris co pirulo enriba do que baixan dous coñecidos policías da secreta, que veñen sorrindo cara a nós; dinnos que xa saben da vida obra e milagres dos de Fuxan os Ventos. Resulta que o Gobernador Civil da Coruña, pedira informes daqueles rapaces revoltosos de Lugo.

Unha vez máis, Mato, Xesús, Xesús Mato ou o Padre Mato poñén-dose de fronte ante o compromiso.

A outra anécdota foi tamén outra das súas rebeldías, veredes: ó can-tante Juan Pardo no ano 1973, resulta que se lle ocorreu facer unha versión do poema de Curros Enríquez, «Un adiós a Mariquiña», e para mais inri, ata o grava en castelán; o noso Mato cabréase ó escoitar

63 Paco Nieto

Page 150: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

150

aquilo e ponse a traballar e a facernos traballar arreo para que Fuxan os Ventos fixera unha versión máis digna do «Adiós a Mariquiña»; suamos tinta china cos uuummmsss, os lalalalas, etc e presentámolo en Ponte-deume, no Festival Ría de Ares e dedicámosllo ó señor Pardo; o noso cura quedou satisfeito e nós tamén.

Remato xa, non hai moito lin unha relación de nomes de persoas, e ó lado de cada un poñía o que eran: mestres, avogados, mecánicos, xornalistas, que sei eu; ata que cheguei ó nome de Xesús Mato, ó seu lado poñía: Crego Rural.

Gustoume.

Paco Nieto, primeiro á esquerda, nos primeiros tempos de «Fuxan os ventos».

Page 151: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

151

Escritor

—Cursiños prematrimoniais! Como dis que se chama o cura?—Mato, é como o capelán da familia, bautízanos, cásanos, as misas

da familia, todo! Chamámolo para calquera problema e sempre respon-de, di meu pai que é un home fóra do común.

Con algunha conversa semellante entre Mari Cruz e máis eu, escoi-tei por vez primeira o nome de Xesús Mato.

Fóra do común! Imos ver: «fóra do común, cursiños prematrimoniais e na Casa Diocesana de Exercicios...». Contra o panorama! Co que non lles estrañará que comezara a darlle ao maxín, tampouco sería a cousa para se preocupar demasiado. E se interrogamos a alguén por aí?

Carlos (o pai da noiva, logo o padriño, e agora sogro, ou segundo pai que soa mellor) —Quén é este home que nos vai casar, coñecelo moito?

—Dende hai polo menos trinta anos, xa verás, xa.Aquel «xa verás...». Isto pasa por preguntar de máis.Chegou o día, creo que un xoves, e chovía, mal sinal! Logo duns

minutos aparece un home que me aperta a man con moita forza, bica a Mari Cruz e di unha soa verba con voz de mariñeiro, desas voces que asocio aos homes curtidos en mil batallas contra o vento e as mareas de Neptuno, de aí o da voz de home da mar.

—Acompañádeme.Lévanos ata o seu cuarto, lugar de traballo, biblioteca, museo par-

ticular e ata discoteca, logo lles conto. Un curruncho duns dez metros cadrados, ateigado de libros, fotos, discos e cintas magnetofónicas das de antes, (antes era hai dez anos, non sei a onde imos chegar noutros dez).antes era hai dez anos, non sei a onde imos chegar noutros dez).antes

Un breve recoñecemento por ambas partes, nolos dous; de Mari Cruz sabe dende o berce e eu son o novo. A ver quen chega aquí, pensaría el. — Pasei con boa nota, iso creo. Vai o do cursiño por se as

Fóra do común

64 Pablo Núñez González

Page 152: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

152

autoridades eclesiásticas len esta historia, e pode que si; todos tranqui-los, fixémolos.

E entón a guinda da torta, o agasallo que eu non agardaba, a respos-ta á pregunta.

—Mirade, as fotografías dos nenos da familia, aquela do Papa comigo (daquela Xoan Paulo II), estas de Terra Santa. Vaia, o ordenador! Estou escribindo unha cousiña para o xornal, colaboro por aí de cando en vez.

Os seus ollos percorrían velozmente o cuarto, tal vez navegaran polos recordos.

—Alí están as cintas, van vellas pero vou recuperar delas as cán-tigas e os contos, os filandóns dos pobos da miña montaña. —A súa montaña!— Descrición incluída dos montes lugueses, da súa xente e costumes, cancións e bailes; e como non, da natureza salvaxe e máxica que envolve con agarimo de irmá cada pobo, cada aldea. Da vida e da morte nun territorio hostil pero fermoso, desas tradicións centenarias que algúns non queren esquecer, que el non deixará esquecer.

E este home quen é? Ou mellor dito que é? Un cura, un antropó-logo, un naturalista, un sociólogo, un experto en psicoloxía humana... Un conxunto amoreado de grans de cada un deles ata formar unha rocha inquebrantable? Iso era, a mestura do home da Igrexa co amante da natureza e da máxima expresión desta, o coñecemento da propia condición de mulleres e homes, dos seus veciños, dos seus amigos.

Dende aquel día máis encontros pero xa coa ledicia por diante, os bautizos dos nosos fillos, actos culturais, o rostro de reflexión de Mato tralo pasamento de Frei Xosé. Que mais ten? Se vou falar con Mato de literatura, música, deportes ou paxaros.

Agora a pregunta para vostedes, é ou non é un home fóra do común?

Page 153: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

153

Delegado da Axencia Tributaria Veciño do Cebreiro

Souben de Xesús Mato cando eu cativo traballaba en Terras do Deza polo ano 1964. Era o compañeiro dun crego falecido nun accidente de tráfico na estrada de Salamanca a Béjar. A medida que no meu periplo funcionarial me fun achegando á Terra tiven a ocasión de ter encontros nos que el era partícipe. Deume iso pé para ver a través dos seus feitos de que persoa se trataba: un home sempre en acción. Por inevitable viaxe da miña mente aos referentes clericais, aseméllaseme ao cardeal Taran-cón: sempre bulindo, áxil, infatigable, permanentemente proxectando cousas e abordando todo tipo de xente: fregueses ou non, da monta-ña ou da ribeira, cativos, mozos e sobre todo os «vellos», os seus tan mentados e queridos vellos. Sei que todo o que sexa encadrar, clasificar, definir, glosar, trazar unha descrición, dalgún xeito é empobrecer e, en todo caso, parcializar a figura dunha persoa, máxime tratándose dun home tan multiplicado e polifacético. Aínda así e sabendo que só unha cinta de cinema, que estivese atenta a todas as facetas e recollese todos os ángulos, faría honra á verdade completa, vou resaltar o que para min identifica a Xesús Mato dun modo único e ao mesmo tempo distíngueo de todos os demais cregos. Para el nada do que lle afecta aos humanos lle resulta alleo. O seu modo de enfocar o valente apostolado que sempre desenvolveu é, por dicilo dalgún xeito, prerrelixioso; é dicir, primei-ro están os seres humanos e logo os posibles destinatarios da mensaxe evanxélica. Nese sentido el viviu fusionado co pobo, participando en todos os avatares, empresas e percorridos dos fregueses, de modo que cando van a misa os domingos a grande misa da vida xa estaba fei-ta, celebrada nas corredoiras, nas tarefas agrícolas, nas xuntanzas, nas audiencias que a todos sempre lles brindou para escoitar as arelas ou problemas dos veciños e canalizar a súa posta en marcha ou resolución.

Xesús Mato

65 José María Núñez

Page 154: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

154

Outra das súas cualificacións foi a dedicación exclusiva aos seus parroquianos, que foron e son moitos. Xesús é como un vixía perma-nente que tivo as portas da súa morada sempre abertas e as facultades da súa alma ao servizo dos seus. Cabe sinalar que os seus son todos os que reclaman a súa atención.

Xesús é e será un gran crego, un bo home, un atinado pensador, un filólogo fundamentado, un músico afinado, un galego «galego» un cura «secular», un renacentista dos séculos xx e xxi, unha persoa singular e irrepetible, un discreto «revolucionario».

Page 155: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

155

Escritor

«Para Don Ramón Otero Pedrayo, as aldeas son os derradeiros gar-diáns do ser galego…».

Nestes primeiros días de xullo do mes patrio recibín un «emilio» e nel comunicábanme: «… Xesús Mato cumpre 75 anos de vida, 75 anos de vida, 75 50 de Crego e 25 de exercicio na montaña lucense…»25 de exercicio na montaña lucense…»25 (así mo mandou Xulio Xiz, el sempre en todo e máis, a pedido dunha colaboración por tal motivo para este libro e velaí que me poño ben gustoso á encomenda).

Eu cheguei a Mato por medio de Alfonso Torrado, de Mini e Mero, por Xermolos e pola Fundación Manuel María da Terra Chá (arestora xa co chamo de Irmandade Manuel María), polo Muíño do Rañego e tamén, moi importante, polos Premios «Moncho Valcárcel» en Culle-redo. Canto me gustou saber del e sobre todo seguilo no exemplo do seu facer, pois hai homes que promoven o gardar activado na dignidade da nosa esencia de identidade. Conmoven e moven e un deses homes desde o seu labor cotián, desde a fe, é Xesús Mato. Que hai que velo (obras son amores) como albisca (intúe) o devir das esencias do noso pobo (o do galego), da súa cultura, das súas tradicións, pois Mato é home de aldea cos pés postos nese chan, a pensamento e sentimento de Galiza desde a meda, o couto, a pena, o penedo, coas mans acariñando a pedra libre e montesía traballada polos andares mornos do sol, polo facer sen pausa das augas e polo rumbar bravo dos ventos ou polos rumorosos doces dos aires xenerosos. Desde a montaña el faise coa luz precisa para o seu vivir teimoso na busca de horizontes de mellor ser e estar comunitario.Velaí pois direi que é un rebelde inconformista nada resignado e resistente. Cristián —ao meu ver— pastor en exemplarida-de da igrexa comunal e liberadora de Xesús Cristo. Irmán galego.

Que Xesús Mato entrou na nosa vida para non volver saír (en palabras que me apropio de Xulio Xiz)

66 David Otero

Page 156: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

156

E velo aí acollendo a experiencia de setenta e cinco anos de vivencias intensas, nobres, a pé de música e de letra sen renuncias, pero sobre todo e moi especialmente sabendo el moi ben o que facer con esa expe-riencia e máis que virá sen dúbida para fornecer na dignade ao próximo (ao que vai con el, nós) no ben da fe, no enorme do anaco de felicidade compartida e na compaña, palabras súas, e na plenitude do Deus dos sinxelos e humildes.

Mato, que bo nome o del, acaído, Xesús, pastor noso no Cebreiro, sabe con sabor do acedo da vida ingrata, dura, triste as máis das veces e miserenta, das nosas mulleres e dos nosos homes do rural, labregos traballadores de sol a sol e así do comunal atraso do noso campo con-cretado no xeral andar a paso feble das aldeas e en especial neste caso as da montaña luguesa. Pero Mato, tamén con sabor, sabe ir na esperanza (e non precisamente na do que agarda, espera) e nela militante dedícase con vocación (e non de boca) para liberar aos seus comunalmente de veciñanza e igrexa (así a todos) da resignación, do conformismo, da de ser rendidos sen máis alentos. Mato coñece ben (e así o aplica sen calo-tes) a maneira plural de sermos na igualdade e nesta terra. Respecta ao pequeno, vai con el, para axuda de que se sinta fondamente o orgullo da humildade de ser (e descubrirse estando).

Direi unha vez máis en palabras de Don Ramón Otero Pedrayo que tamén resoan a ecos de beleza por Terras do Deza e por Tabeirós e que penso que lle acaen xusto a Xesús Mato:

«El, como Pondal, sente o bico da Terra, o leve roce da neboeira, o valor substancial das orballeiras e das brétemas».

E así Xesús Mato segue a solidario andar en proxecto de Galiza con traxecto e así labora desde cada romper dos días nosos aos solpores e ás noites, asemade nos soños espertos, para que a xustiza e a liberdade sexan para o noso pobo (o do galego) feitos que fagan xurdir un inme-dible clamor de afirmación determinada en toda a nosa Terra.

Page 157: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

157

Avogado

Tres, eran tres e só me queda un. Tres foron as persoas coas que visitei eu con agarimo demorado as terras de entre O Cebreiro e O Caurel. Un ten sido o meu pai; outro, o meu admirado amigo Uxío Novoneyra, e —onte, coma quen di— Xesús Mato. Xa non son tres, mais un aínda é, Deus o ampare, o cura Mato, o respectado compañeiro con quen tiven o contento de andar os camiños da serra, de asentar en cociña labrega, de xantar cachelos honrados, de sentir a friaxe das neves esvarar pola miña face, de facer coro a unha cantiga namentres o solpor esperta melancolías polos que estiveron e marcharon...

Ó meu pai gustáballe, el xa con bastantes anos, eu mozote, de visi-tar ós amigos (ben deles, abofé) que lle tiñan quedado após dun longo exercicio profesional nos eidos da montaña luguesa. Xamais os esque-cín, é una herdanza rica que levará o meu corazón ata a morte, ou máis alá. Volvín ver algún deles tempo adiante, na compaña de Mato xa.

Do Uxío, que vou dicir. Xa o seu pai ficaba, moi sinaladamente, entre os amigos do meu que antes dixen, e escribíanse. A viaxe dende Becerreá a Parada podíamos levar o día enteiro a o Uxío e máis a min, no meu vello Dous Cabalos, recendido dos dicires do poeta. (Presen-toume a María Mariño e sentín así coma unha telúrica e fonda tristura anticipada…).

E agora, mato, meu amigo. Principiei a miña amizade con el na capi-tal e confirmeina na montaña. Home da terra, cura da terra, andador da terra, amigo in-con-di-cio-nal do mundo e as súas eivas: Los libros no me sirven si no puedo ver la hierba, escribe o meu estimado Miguel D´Ors. Non é doado falar de Mato sen o risco de ferir o seu recato por-que cando lle agradecen os seus devezos pola fraternidade, a cultura e o divertimento (na súa mellor acepción) fai acenos de estrañeza, mesmo

Eran tres

67 Xerardo Pardo de Vera

Page 158: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

158

de Fago o natural... (Xa sei que lle importa un carallo o que poidamos dicir sobre el, el ha seguir ao seu, sorte que temos, porque hai homes que non se xubilan da vida, xubílannos nuns listados administrativos, nuns arquivos, vale…). Lembreime diso estes pasados días cando ese bo rapaz e rexo remeiro do Morrazo que é o David Cal acoutábase ante as felicitacións por quedar o segundo canoista do mundo: Fixen o que puiden, debín facelo millor… É ben certo o que dicía un desnutrido Valle-Inclán: Grandeza nos palacios tena calqueira, pra tela no peito hai que nacer. Dicíao un creador de beleza, como Mato, que ben saben eles que hai beleza na Quinta de Beethoven, na Misa Criolla de Nelly Lara e na ronda dos Reises do Cebreiro —Deus cho pague, Mato!— e tamén existe beleza nos sentimentos, nos ideais, e por iso a beleza pode ser creada por todos os homes e —aínda máis, penso— por todas as mulleres, por humilde que sexa o seu berce, modesto o seu oficio ou desgraciada a súa vida. Mato sábeo e axuda, axuda… Hai un belido Alalá do Cebreiro que canta moi axeitadamente o Mini. Eu tómollo emprestado e ofréndollo a Xesús Mato.

Page 159: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

159

Familiar de Xesús Mato

A vida ten voltas, calcúlase que ó redor de mil, algunha vez escoitei dicir. Esas voltas, se confiamos en que existen,Trouxéronme aquí, contigo.Non cría no peso das raíces, enseguida no concepto de liberdade,pero aquí comezou o meu apelido, calculo hai xa un século. E esas voltas das que falan poetas e políticos, Atópanme escoitando o mesmo galego que a miña bisavoa murmuraba.Pero xa son grande (ou algo así) e agora estou aquí, contigo.Dunha agnóstica e un crego rural.Rompiches con determinación os meus prexuízos. ¿Quen diría que compartiría un caldo galego contigo?Canto nos falta por medrar, Xesús, a ti e a min. Dos teus 75 outonos e as miñas 23 manías.Hoxe creo máis nas miñas conviccións, nas miñas dúbidas, nas miñas utopías.E é grazas á paixón das túas causas, ó sentido dos teus argumentos, á simpleza da túa humildade.Non hai predicadorNon hai temploNon hai dogmaEntre nós,Só nós. Sempre nós.Dun crego rural e unha descarrilada.Si que vale a pena vivir.

Galicia

68 María Belén Pérez Lamas

Page 160: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

160

Mato, con membros da súa familia arxentina.

Page 161: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

161

Escritor

Din uns versos populares:

Preguiceiro do convento,aprende a traballar,que o pan do Kirieleisónsempre non ha de durar.

Pero, afortunadamente esta tónica clerical, demasiado real onte e aínda hoxe, non expresa a realidade de todo o clero. Como escribiu o historiador Francisco Carballo, aínda que gran parte do clero e relixio-sos son conformistas e tradicionais, pechados á cultura actual e con-cretamente á galega, «dentro deste cadro sombrizo temos que afirmar a existencia dunha minoría cristiá cunha nova conciencia de servizo á sociedade, aos máis pobres, e con mentalidade progresiva, democráti-ca» («A Igrexa, un perfil preocupante», Decenario A Nosa Terra, 1988). Isto foi o que quixen reflectir nun longo capítulo do meu libro Gale-gos e cristiáns (Vigo gos e cristiáns (Vigo gos e cristiáns 1995), titulado «Un bispo, algúns curas, frades e monxas»(c.vii), falando destes curas comprometidos con Galiza e o pobo galego, que fan unha longa nómina, que non é ocioso apuntar, a pesar da brevidade do espazo:

Miguel-Anxo Araújo, o único bispo. Pioneiros como o xesuíta P. Seixas, o franciscano P. Isorna e o cóengo Manuel Espiña. Intelec-tuais como Torres Queiruga, Chao Rego, Xulio Andión, Xosé Alvilares, Marcial Gondar, Martinho Montero… Curas nas organizacións nacio-nalistas como Moncho Valcarce, X. A. Iglesias, Gumersindo Campaña; os paules F. Carballo e os irmáns Peleteiro... Curas no mundo obreiro como Benito Santos, Xaquín Campo, Antón Aneiros, Anxo Currás...

Xesús Mato e os curas comprometidos con Galiza

69 Victorino Pérez Prieto

Page 162: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

162

Os curas de Irimia X. A. Miguélez, M. Regal, A. Blanco Torrado, Xosé M. Carballo, Ramón D. Raña e Bernardo G. Cendán. E unha longa nómina; algúns xa finaron, como X. M. Pampín, F. Lorenzo Mariño, A. Gandoi, Anxo González ou Nicanor Rielo; outros seguen na trin-cheira, como Miguel Fdez. Grande, Evencio Domínguez, Xosé Xulio Rodríguez, Suso de Rao, Toño Basanta, Román Escourido, Manuel Pérez Blanco, Clodomiro Ogando, Leopoldo, Ramiro de Cervantes e… Xesús Mato.

De Xesús Mato escribía alí que era «un dos poucos curas xor-nalistas que escriben en galego, mentor de Fuxan os ventos (logo de A Quenlla) e doutras moitas realidades culturais na súa cidade de Lugo, ademais de atender con ilusión e agarimo unhas parroquias da montaña luguesa».

Mato é un cura que escribe en galego e está comprometido non só coa lingua, senón co pobo galego ata o seu mesmo cerne. El sabe ben que un cura non é tanto un ministro do culto, senón un profeta e un curador dos males dos seus irmáns, porque iso mesmo foi Xesús de Nazaret.

Isto non foi en Mato algo pasaxeiro, porque é daqueles que Bertold Brech dixo que «loitan toda a vida», por iso «son imprescindibles». A súa voz profética segue tronando hoxe, coma onte.

Page 163: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

163

Crego e escritor

Escribir sobre unha persoa, especialmente se se trata dun amigo, resulta sempre comprometido e difícil, entre outras cousas, porque calquera persoa encerra en si unha gran riqueza con moitas e variadas caras e as dun amigo non sempre poden percibirse con obxectividade.

Xesús Mato é unha desas persoas que, dende o meu punto de vis-ta, amosa con toda claridade unha gran riqueza humana que mantivo nunha liña ascendente ao longo de toda a súa vida. Se tivera que retratar a Xesús resaltaría a súa grande humanidade que se traduce e concreta nunha inmensa fidelidade á súa terra, ás súas orixes, ás súas xentes e aos seus valores. Cando Xesús contribúe dunha manei-ra decisiva a recuperar a cultura popular está dignificando, facendo importantes, a unhas xentes, moitas veces minorizadas, que crearon e mantiveron viva a alma dun pobo, cando Xesús comparte a súa vida coas rexas e barís xentes da montaña luguesa, non é que se abaixe, enténdeo ben a xente cando di que é «moi dado», dáse, entrégase, está alí con naturalidade, estima e apreza as persoas, a paisaxe, a natureza e incorpora unha realidade concreta ao seu compromiso vital, non está de paso, é de alí.

Este camiñar, coma o de calquera persoa coherente, non é froito dunha decisión repentina ou dun entusiasmo pasaxeiro. Ao meu modo de ver, é algo que vai medrando cando encontra terreo adecuado coma neste caso nunha persoa sensible, de corazón bo e xeneroso, intelixente e honesta. Entende moi ben Xesús que se Deus o creou galego, para ser fiel a Deus ten que ser leal a Galicia, deduce que un crego, un cristián que non sexa fiel á súa terra (ás súas xentes) será mal crego e peor cris-tián. Dise por aí que unha Igrexa que non sirva, non serve, máis aínda, eu diría que un crego que non sirva a unha comunidade concreta, non

Xesús Mato, amigo

70 Xosé María Pin Millares

Page 164: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

164

digamos xa que se se serve dela, non soamente non serve, senón que resulta un atranco escandaloso. Servir ás persoas é estar con elas en toda a súa dimensión, no relixioso, no cultural, nas angustias e nas esperanzas, non renunciar ou ocultar os seus valores, senón estimalos e resaltalos, entre eles aqueles que os definen como pobo, a súa lingua, que vén ser a súa Patria e a súa infancia, é dicir, o seu miolo. Se oculta-mos ou obstaculizamos a súa lingua estamos impedíndolle expresarse, falar, realizarse como persoa, establecendo unha censura, deixa de ser ela mesma, infantilizámola, e isto sucede cando dende o altar ou nas celebracións litúrxicas se emprega unha lingua allea, que non é a de seu, ademais simboliza distancia e poder.

Todo isto e moito máis está presente na vida de Xesús, penso que se retiramos o compromiso con estes valores a súa vida resultaría inin-telixible, compromiso que ten como motor unha fonda vida interior, capaz de converter estas teimas ou soños nunha rigorosa realidade que está sempre a facer,en obra, porque a vida de Xesús vigoriza o presente e constrúe o futuro.

Afirmaba nun parágrafo anterior que a vida dunha persoa non é froito dunha decisión repentina ou dunha emoción ocasional que con-figure a personalidade para sempre, non nacemos así como somos hoxe, ímonos facendo. Un amigo meu di: «somos como Deus nos deu e un pouco peor que nos fomos facendo», non comparto tal afirmación, Deus fíxonos ben e bos, coa responsabilidade persoal de medrar, mes-mo, no medio de luces e sombras, esa é a nosa obriga: medrar, mello-rar, e isto lógrase camiñando coa xente, compartindo, amando, non sendo anxos puros, porque hai o perigo de esquecer que somos homes e mulleres limitados, que ao tempo que facemos o camiño, tamén o camiño nos fai a nós.

Nesta homenaxe a Xesús Mato honramos tamén a todos os compa-ñeiros de ilusións e de Seminario e ao mesmo tempo a todos os homes e mulleres que dende os máis diversos aspectos constrúen unha Galicia coma realidade inmorrente.

Page 165: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

165

Escritor e mestre

Xesús Mato Mato.Egrexia alma galega

O don da ubicuidade disque é exclusivo de Deus. Non serei eu quen poña en dúbida tal omnipresencia divina, pero se tiverades o privilexio de espertar un día en Cabodevila, no concello de Paradela, cos primei-ros bicos que o sol enreda nos cabelos da durmida néboa, comprende-riades porque a sobranceira personalidade de D. Xesús Mato foi capaz de abonar coa esperanza da gloria as raíces da terra galega.

Ben certo é que o berce inspira. Dende Cabodevila acaríñase o ceo coa man estendida; recóllense soños. Mais para que agromen preci-san do inxente esforzo do fillo predilecto do fillo do Loio: o «padre» Mato, árbore da sabedoría con madeira de filósofo, convincente e convencido de que ós galegos outro galo nos cantaría se apreciaramos o que é moi noso.

El non é un téorico. Predica e predicou sempre co exemplo aínda que os tempos non foran propicios. Non se amedrentou para enarborar a bandeira preconizadora da fuxida dos tempos dos agoireiros e, tras del, ceibáronse as voces. As humildes verbas galegas volveron ser libres e sublimes.

Supoño que aprendeu de Deus a arte de aparecer, sempre afable, onde e cando se precisa. Anda polo mundo engraxando proxectos, dándolles o empuxón decisivo. Para el o imposible está o noso alcance porque «a maioría dos problemas non son problemas». Iso si, á hora da foto, igual co Creador, desaparece.

A súa pluma cicela o espírito da solidariedade e a comprensión humanas. Quen lea ou escoite a súa palabra sentirá a necesidade de botarse unha mirada introspectiva, reaxustar os valores e xunguirse ó carro da man tendida.

71 Francisco Piñeiro González

Page 166: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

166

Benquerido, Xesús, os camiños da literatura leváronme a ti. Escri-biriamos infinitas loanzas deses setenta e cinco anos que nunca pode-rán co teu espírito novo e emprendedor pero condensareino todo na palabra grazas por brindarnos a túa fermosa amizade a todos os que non puidemos nacer en Cabodevila. De ti aprendemos a inescusable obriga de loitar pola mellora da nosa terra. Agardamos disfrutar moi-tos anos máis da túa ubicuidade e seguir recibindo leccións da túa egrexia alma galega.

Page 167: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

167

Escritor e mestre

Estas montañas silenciosas son testemuñas mudas do labor das persoas. Hai ríos de vida que,aínda que nacen nos máis altos montes, baixan calados e silenciosos pola canle da súa innata modestia, pero non poden evitar que sexan moi valorados porque todos sabemos que a auga doce e espiritual é a salvación do mundo.Xesús Mato: Caudal grandioso, transparente e purocorrente cultural que no seu descorrer abre camiños e vieiros por estes montes, non soamente es un regador que vai deixando os predios empapados cos sentimentos, es outro singular labrego que rotura e roza,dende hai moitas décadas, a terríbel silva da incultura;outro pastor que coida de orientar o rabaño de Deus.Un filósofo?Un sabio?Todo,resumido en persoa de ben.Un ser exemplar entregado a Galicia,preocupado por ser adminículo cultural,soporte seguro dos que necesiten axuda.Dinámico, activo e de palabra acendidaporque a súa verba é luz que ilumina e iluminará a esta comunidade dende o mellor fanal,

Verbas para Xesús Mato

72 Pepe Pol

Page 168: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

168

as terras do Caurel e Ancares.Xesús Mato, un referente vivo,dinamizador e rescatador dos valores culturais amigo da reflexión que invita a facer parada,a gozar das riquezas inmateriais que están preto de nós,pero sen deixar de facer camiño.Edificador de proxectos que non son construídos con pedra nin cementoe si con vontade sólida e ilusións portentosas.Sincronizador, harmonizador, equilibrador,fiel da balanza cultural;loitando na paz por un mundo mellor.Nas almeas destas torres orográficasresoan as badaladas das capelas e igrexasque invitan a escoitar a palabra dun amigo,o consello envolto polo exemplodo crego que imparte e reparte o pan da cultura,ese alimento tan necesario para vivir en liberdadevendo voar a pomba da paz.

Page 169: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

169

Escritor e profesor

(A)salto de Mato

Tiña ouvido deste crego tan espelido, de andar lizgairo e verbo fluído. Eu era un mozo universitario cando me asaltou a música de J. Cabo-devila con toda a vea racial da miña estirpe. Chegoume polo canto e a devila con toda a vea racial da miña estirpe. Chegoume polo canto e a devilaguitarra de Antón Crego de Burela, de Afonso Fernández de Chantada e de Antón Castro, meus colegas herdeiros daquela voz rebelde que tanto valor lle daba á nosa forma de vida.

Logo fun ao seu encontro cando guiaba a unha guerrilleira comunis-ta na derradeira viaxe polo mundo dos vivos. Caía a folla naquela tarde serea en Miranda. Era por Santos, no 89. Tiña a faciana lúcida dun teólogo liberador e a mansedume dun pastor. Ao Padre Mato noteille a limpeza do sangue campesiño, enxoito como un arador. Inmorta-licei aquela hora en que lle deu terra á miña veciña Henriqueta Otero coa quentura da poesía, á sombra da bandeira tricolor que envolveu a María Dolores, a Pasionaria lucense. Regresei caviloso («Veñan os homes rexos e fortes, cos ollos limpos, traballadores...»). Pronto enten-dín que o Padre Mato despedira a Ribona de Miranda, a secretaria de Ribona de Miranda, a secretaria de RibonaDolores Ibárruri, coa mesma dignidade con que outrora o sacerdote de Paradela protexera do terror á miliciana de Castro Verde. E compren-dín o pouco que nos separan as ideas cando sobra corazón.

Co tempo, fóiseme cruzando na vida a salto de mata, (a)salto de Mato. Desprendía unha albura sen mácula daquela mesta cabeleira branca, e tiña a ollada vivaz do home de mundo que te rastrexa por dentro e co que acabei conxeniando cando repousaba á beira dun lon-go e vello Camiño, ese vieiro no que ostenta a visión máis humanista, como un home de campo xebrado da moderna deriva mediática, a cavilar co poeta: «Es bien cierto que si los trigos no se muriesen de

73 Ricardo Polín

Page 170: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

170

ausencia, el labrador de nuestros días trocaría gustoso su ayada por el bordón, la concha y los emblemas del peregrino».

Resultado da máxima bíblica pola cal a sabedoría do home ilumina o seu rostro e muda a dureza do seu semblante, o Padre Mato posúe un vasto coñecemento sobre a nosa posición colectiva no cosmos, do que emerxe un estilo retórico proclive á composición na substantivación máis transcendente, sabéndose acompañar da dialéctica que nace do compromiso cos desterrados e a cultura popular, abrazando o Graal e a tradición no cumio dos montes do Cebreiro, contra a ventoeira da clerecía que renega da liturxia galega e da fala dos seus: «Mirade pra diante, sempre sen medo, mozos e mozas, nenas e nenos...».

Por algo lle din Xesús. (Mato por duplicado. Mato sen cercas nin donos, por ser pai de todos. Doce, dado e retranqueiro. Pequeno como as herbas da matogueira, humilde, bravío ás veces, que avanza teimu-do, libre e desafiante «anque choren os campos nas orfandades»). Ato-parédelo animando as panxoliñas montañesas ou no brindo regueifeiro dalgún filandón. Sempre coa mensaxe esperanzada que orientou o cer-ne da súa valente traxectoria vital: «No fondo da ialma do noso pobo, latexa a forza dun mundo novo».

Por iso lle queremos cantar.

Page 171: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

171

Crego de Paradela

Son as dez do día vintetrés de outubro cando soa o meu teléfono. Cousa normal, pero cando identifico a voz de Xulio Xiz é para min unha sorpresa. Logo do saúdo de rigor, pregúntame «sabes que Xesús Mato cumpre 50 anos de crego e vintecinco anos na montaña, e que lle queremos dedicar un libro como recoñecemento nas súas Vodas de Ouro e os vintecinco da Montaña?».

Eu, como amigo e compañeiro de curso durante doce anos, e como crego da súa parroquia natal, na que levo corenta e catro anos, síntome na obriga de pór o meu grao de area en tan merecida homenaxe.

Coñecín a Xesús Mato no ano 1946, ano que ingresamos no semina-rio de Lugo, curso no que empezamos 121 e rematamos saíndo 32.

Durante estes doce anos de Seminario, Xesús sempre tivo un cer-to prestixio entre os compañeiros, e mesmo entre os superiores, polo seu carácter aberto e sempre disposto a colaborar. Pero tamén foi un emprendedor, pois del nacían iniciativas que sempre tiñan boa acollida entre os compañeiros.

Dentro das facetas do Seminario, hai que salientar a súa afección á música, de aí que durante os dous últimos anos de carreira dirixira a Schola Cantorum do seminario.

A partir do seminario, espállase o curso pola diocese adiante, e Xesús foi un dos impulsores de que todos os compañeiros seguíramos unidos organizando varias xuntanzas durante o ano, cousa que seguimos man-tendo hoxe en día.

O señor bispo destinouno á parroquia de Lalín, onde seguiu practi-cando a súa paixón musical creando un Coro Parroquial.

74 Ovidio Portomeñe Vázquez

Page 172: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

172

Estivo varios anos desenvolvendo o seu labor pastoral en Lugo, onde colaborou en Radio Popular e no diario El Progreso.

De Lugo marchouse á Montaña do Cebreiro, na que leva afincado máis de vintecinco anos.

Xesús foi sempre ben acollido en todos os lugares por onde pasou, pero onde mellor recoñeceron a súa valía foi na súa parroquia natal —San Martiño de Castro— e no seu Concello de Paradela, onde o proclamaron Fillo Predilecto.

Eu estou de acordo porque lle brinden esta homenaxe e eu, como amigo e compañeiro, únome a el con todo o corazón.

Page 173: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

173

Escritor

Bon día, amigo,neste amencerde afecto que te abrangue;nesta xornada de amorque failongo o camiñoe a alegría larga.Mentres en nós ficaun recordo de sol e de harmonía,que no solporresucita e acendea luz primeira,e aluma os novos pasos,das renacidas vidas.Iris novosque nos contemplan.Palabras e cantosque nos abrenno peito fontes,e poñenna boca florese nos ollos lúas.

A Xesús Mato

75 Xavier Puente Docampo

Page 174: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 175: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

175

Director da Galería Sargadelos de Lugo

Meu sempre ben querido e xeneroso crego.

Ben sei que estás nos setenta e cinco anos, xa nos cincuenta de crego e vintecinco na compaña dos teus fregueses, nesa montaña doce e fer-mosa que estás a levar no teu cerne con grandeiro e forte agarimo.

Ti, que tanto sabes de neves, friaxes, néboas e xeadas, sempre estive-ches a levar ledicia e caridade aos máis humildes fogares, unha aperta túa ás sacrificadas xentes da montaña e caricia sensíbel, abondosa e humana, Deus, os homes e o tempo darán razón da túa admirábel vida dedicada aos demais.

Xesús, sempre baril amigo, que Deus che dea o que ben mereces, aló onde te atopes a túa lembranza terei.

Hoxe, con admiración, tenrura e respecto, recibe a viva fogaxe da nosa amizada cunha aperta, longa, fonda, forte, tensa e duradeira, con moita saúde e bonanza.

Sempre á túa beira.

76 Xesús Pérez Regueiro (Quico)

Page 176: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 177: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

177

Profesor de Filosofía

Cómpre recordar que o Mestre Gadamer —o máis lonxevo dos filó-sofos coñecidos: 102 anos— deixounos escrita unha forma / método para achegármonos a constructos ou textos de diferentes épocas. Neste bosquexo, agrádame moito aplicalo á lectura do relato (constructo) da lectura do relato (constructo) da lecturavida dun amigo: X. Mato.

O proceso gadameriano explícanos que, para chegar a unha mínima comprensión dun relato —neste caso o relato dunha vida— é preciso que entre o texto e o lector se produza unha «aproximación de hori-zontes». En principio, non debería ser difícil a nosa comprensión por proximidade cronolóxica, e por escenarios vitais similares. Sen embar-go, o polifacetismo da persoa e a intensidade das súas experiencias fan que apareza a diversidade entre os horizontes vitais e as diferenzas no contexto de cada quen.

Aínda a risco de non acertar axeitadamente, intentaremos dese-ñar un cadro —moi subxectivo— dos horizontes vitais desta persoa a quen hoxe homenaxeamos. As estruturas que «demarcan» a figura de D. Xesús poden ser vistas nunha cuádrupla perspectiva:

- Fe relixiosa e galeguista.- Compromiso activo con ámbalas dúas «fes»: cristiá e galeguista.- Promoción cultural do popular.- Consciencia do valor da comunicación «amiga».

Acercándonos a estes catro horizontes, atopamos a unha persoa —desde o meu punto de vista— cunha consciencia clara de que: ...eu non podo estimarme a min mesmo sen estimar aos outros coma a min mesmo. (Ricoeur, P., Ricoeur, P., Ricoeur Soi- même comme un autre). Esta percepción vai

Xesús Mato: Bosquexo de hermenéutica vital

77 Manuel Regueiro Tenreiro

Page 178: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

178

ligada á laboría de promoción que ocupa o cerne da súa tarefa: axuda á promoción das comunidades concretas nas que ten servido e sirve (¡que sexa por moitos máis anos!).

O traballo no concreto non lle fixo esquecer o comunitario de Gali-cia como foi a súa proxección no traballo cultural e de promoción da cultura de fe cristiá e galeguista. Penso que o labor litúrxico constitúe o «acontecemento» que facilita o encontro con outras persoas que soli-citan do seu amigo e pastor renovados aires de liberdade e de loita por un mundo máis xusto.

Esta tarefa desenvolvida en parroquias rurais, nunha sociedade que se fai cada día máis «urbanita», require dunha ancoraxe ideolóxica que poña como primeiro e moi principal a confianza na persoa como suxei-to receptor, e depositaria da dignidade máis sagrada. Por tanto, o pen-samento dunha persoa que se entrega ó servizo desta causa humana e humanitaria require dun convencemento centrado entre dous extre-mos: o individualismo pechado e o colectivismo utópico.

Visto, pois, a súa vida desde estas coordenadas parece que o seu pensamento sae da esencial busca constante do encontro cos irmáns. Deste xeito, a comunicación non é un simple diálogo no que se «toma conciencia» do que lle ocorre (do que lle pasa) aos demais, senón que é convivencia activa nos «contornos» nos que lle toca «vivir e exer-cer» o seu «ministerio» coa finalidade de axudar a construír un mellor ambiente social e tamén de vivencia relixiosa.

Despois deste breve deseño dos horizontes de Xesús Mato cómpre responder a dúas preguntas ¿Cal pode ser o pensamento que o susten-ta? ¿Cal o proceso de elaboración?

Na resposta á primeira pregunta, considero que latexa de fondo un pensamento: personalista comunitario. A persoa, que é o centro de todo interese, non se reduce á mera corporalidade material, económica ou con alcance soamente consumidor, senón que demanda unha aten-ción á espiritualidade afectiva, e á intelixencia do transcendente. A for-mación desa persoa integral precisa do contacto coa súa comunidade na familia e na parroquia; é dicir, necesita ser persoa integrada na sociedade a través da súa cultura, no noso caso, na vivencia da cultura galega.

Page 179: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

179

En canto ao segundo interrogante, considero que o proceso de acer-camento aos irmáns e á comunidade semella ser o que Max Scheler, dentro da tradición agustiniana, chamou un ordo amoris (Vide. Max Séller (2003) ordo amoris. En Gramática de los sentimientos. Ed. Crí-tica, Barcelona, páx. 65 . Segundo esta orde toda vivencia é conviven-cia. Para convivir é precisa a común unión nunha xerarquía de valores, lógrase tal comuñón por acercamento «aos próximos» coa simpatía que dá a vida na comunidade e que se perfecciona no amor que é a dis-posición afectiva a «encontrármonos» coas outras persoas para xuntos convivir no mutuo acercamento.

Page 180: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 181: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

181

Escritor

Cando Xulio Xiz me propuxo participar neste merecido recoñecemen-to a Xesús Mato lembreime, non sabería dicir entón o porqué, de algo que lera en El ente dilucidado. Discurso único, novísimo que muestra hay en la naturaleza animales irracionales invisibles y cuales sean, obra prin-cipal de Frei Antonio de Fuentelapeña, un frade capuchino zamorano do século xvii. O libro é un ensaio curioso no que cunha alta dose de inxenuidade se tenta a comprensión desde o racionalismo do universo encantado, máxico ou sobrenatural, estúdase a natureza dos monstros e en cambio próbase, ou preténdese, a existencia real de duendes, trasnos, trasgos e pantasmas.

O sucedido ao que me refiro, contado polo frade Fuentelapeña, di que na catedral de Lugo cando se tocaba a campá que servía para cha-mar aos cóengos movíase, ao mesmo tempo e compás, a imaxe e a cruz dun crucifixo de madeira que había pendurado sobre o enreixado do presbiterio. Fuentelapeña desmitifica o sucedido e explica o fenómeno como algo natural e consonte ás leis da física, pono en relación coa elipse, cos puntos de reflexión, co aire repercuso e con outros fenóme-nos, en aparencia sobrenaturais, pero que segundo el dependen da figu-ra da peza e da sala, e da situación dos obxectos. Comenta este mesmo ra da peza e da sala, e da situación dos obxectos. Comenta este mesmo raasunto Fr. Benito Feijóo na segunda das Cartas eruditas y curiosas, para chegar a unha conclusión parecida: ou sexa, que a causa da reacción do crucifixo polo toque da campá é natural, sen misterio nin intervención de espírito ningún.

Xesús Mato foi e sigue sendo, todos os que lle queremos desexamos que por moito tempo, coma esa campá da catedral de Lugo, un home que nos chama para humanizar o sobrenatural, para racionalizar o que aparenta transcendente. Cando fala Xesús Mato quen o escoita entende

Un prodixio sucedido en Lugo(para Xesús Mato)

78 Antonio Reigosa Carreiras

Page 182: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

182

que a súa mensaxe non está manipulada pola comenencia ou o interese de dependencias xerárquicas senón pola convicción e polo amor á terra e á xente. Exerce, predica, practica, milita na coherencia, un valor tan estraño nestes tempos. Velaí o prodixio, o milagre se queredes, a reac-ción que provoca o traballo dun home que non precisa de interferen-cias nin de misterios; na patria dos humildes, todo é sublime.

Outro asunto ben distinto sería, un auténtico prodixio máis ben, que ao chamado do padre Mato respondesen precisamente os cóengos da igrexa oficial. Mais, coma el, non perdamos a esperanza.

Page 183: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

183

Reiseiros do Cebreiro

Mato e os «reises vellos»do Cebreiro

Din que Xesús Mato veu para a montaña hai vintecinco anos, pero, para nós é como se estivese connosco toda a vida.

É un dos nosos. É da casa de cada un de nós. É de todas as casas desta montaña, o noso crego de sempre e por sempre. Con funcións de crego pero tamén de compañeiro servizal e amigo.

Don Xesús Mato forma parte do noso presente e do noso futuro e tennos axudado de xeito importantísimo a valorar o noso pasado, a nosa lingua, as nosas tradicións, as nosas casas, a nosa xente. Tamén as nosas igrexas, xa que el é o principal artífice da súa renovación e conservación.

Todo o que significa Mato de amizade, axuda, progreso e compaña, para o noso grupo ten unha significación moi especial xa que grazas a el rescatamos «os reises vellos do Cebreiro», que son os das Comarcas de Pedrafita, Cervantes e O Caurel.

Ata a primeira metade do século vinte, antes da festa dos Reis, can-tábanse polas parroquias da montaña sur/oriental luguesa os «Reises vellos». Por se axudar no canto son catro os «Reiseiros», elegantemente vestidos, que cantan un vello romance na honra dos que foron visitar ao Neno Xesús. Con eles ían dous personaxes curiosos: o «Carantoña» para presentalos nas casas onde cantan e o «Mochileiro» para recoller os agasa-llos que daban «as amas» da casa. Ademais da invitación á porta das casas había bailes e dábanlles o aguinaldo (carne, chourizos ou cartos).

Medio século despois da desaparición deste vello costume, Mato, coa axuda dos músicos e grupos de baile da Asociación María Castaña (Lugo) e os de Xistra de Pedrafita, logrou rescatar a tradición e «obri-gounos» a participar nela. Certo que todo o que Mato pida é unha obriga para todos nós, e esta foi unha obriga ben grata, porque sabia-mos que estabamos facendo historia e cultura, ao rescatar a herdanza

79 Reiseiros do Cebreiro

Page 184: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

184

que non podiamos deixar perder. Mesmo algúns de nós, medio século antes, tiñamos participado nestas embaixadas relixiosas tan fermosas e tradicionais.

Os que, por agora, somos os últimos «cantores reiseiros dos vellos reises do Cebreiro» queremos deixar constancia de que temos en Xesús Mato un excelente crego montañés, pero, sobre todo, sabemos que nel temos un pai, un irmán e un amigo.

No nome de todas e de todos os que axudaron a recuperar os «vellos reises do Cebreiro» os actuais compoñentes dos «Reiseiros» queremos mostrar a Xesús Mato, o noso profundo agarimo e agradecemento.

Page 185: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

185

Crego e escritor

Do inxente labor social e cultural que conta a prol de Xesús Mato Mato, comprácenos destacar a presenza dun libro, dígase o que se quei-ra, a el se lle debe. O título é o que aparece na portada: «Galicia canta ó Neno». Un pouco máis longo se se le o que precede: «Música popular galega Colectivo Fuxan os Ventos Vol I» e o que segue: «á xente da aldea, que sabe e conserva algo importante da nosa Cultura Alvarellos Editora Técnica».

Adórnase, tanto na portada como na capa —esta en color—, coa figura dun mapa de Galiza sucado de fileiras de pentagramas cruzados por un instrumento musical. Á volta da portada, e no fondo, faise constar que a edición, coa que correu a Editorial Alvarellos, Lugo, é de 1979; e que da grafía musical e máis das ilustracións se responsabilizou Xosé Luís Freire, ficando o traballo da escolma para «Fuxan os Ventos» e o da coordinación para Xesús Mato.

Polo limiar sabemos que estamos diante dunha feixada de cantos nos que agroma, rexoubante e algareira, a ledicia das datas que os moti-varon, as do Nadal; ledicia na que, por outra parte, se agocha o loitar inquedo e agoniante do home do campo —do campo galego— por ser el mesmo, por defender a súa individualidade e o seu ser diferenciado; nunha palabra por salvagardar as encastras da súa cultura. E dísenos tamén que, se a colleita foi cousa de moitos e moitas, quen lle deron xeito, a ordenador e a configuraron foron os de «Fuxan os Ventos», colectivo folk tras do que parece, unha e outra vegada, a man maxistral e experimentada de Mato Mato.

Un Xesús Mato Mato que abandona a capital do Deza, Lalín, onde realizou ao longo dunha manchea de anos, unha destacada actividade radiofónica como responsábel diocesano de «La Voz del Deza», emisora

80 Isaac Rielo Carballo

Page 186: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

186

parroquial englobada nas chamadas da cope. E que chega a Lugo a principios de 1968. aquí haberá de se facer cargo da atención espiritual do recén inaugurado Colexio Menos feminino, situado no Agro do Valiño, ás aforas da cidade, pola banda do sur. Haberá de levar, así mesmo, a asesoría relixiosa da emisora diocesana Radio Popoular de Lugo. A pesar de todo isto, e isto en conta, non tarda o señor Mato en se rodear dunha recovaxada de rapaces e rapazas, estas do devan-dito Colexio Menor feminino e aqueles do Colexio Menos masculi-no, nomeado Eijo e Garay, aberto un pouco máis antes co feminino, en 1963. Con todos eles conforma un grupo disposto a traballar arreo pola cultura do pobo, pola súa lingua, a súa poesía, a súa música… Inquedanzas que dan por froito unha cuantiosa colleita de cancións populares que, debidamente arranxadas e ordenadas —e acompañadas, ás veces, doutras de propia creación—, volverán ao pobo a través dos concertos e as actuacións que o grupo promove a cotío por Galiza e fóra dela. Deste continuo se desprazar dos compoñentes do conxunto, cómpre lembrar a xira que en 1972 os levou a Mondoñedo para inter-viren no III festival de música de As San Lucas, no que acadaron o pri-meiro premio, precisamente cunha poesía feita e musicada por Mato Mato, que comeza: «Fuxan os ventos…». Palabras —as tres— coas que dende entón se coñecerá o grupo e que, por certo, figuran na portada e na cuberta do libro que estamos a comentar.

Mais como o noso é falar de «Galicia canta ó Neno», digamos que se trata dun libro de vilancicos, vulgo panxoliñas, distribuídos en cinco pequenos montóns. No primeiro aparecen os intitulados de chamada, nos que se convida aos pastores a iren ver ao Neno. No segundo amo-réanse os que falan dos fogares e os alboios pastorís. No terceiro figuran os relacionados cos saúdos e os agasallos que as xentes lle fan ao Recén Nacido. No penúltimo atópanse os de despedida, máis ca do Neno, do ano. O último, quizais o máis abondoso e o máis coidado, resérvase para os que se fan eco das persoas e os personaxes que buligan ó redor do portal como Xosé, María, os anxos, os Reis Magos, os pastores, os señores… Cada vilancico, tal e como aparece no libro, componse da grafía musical, da letra que a acompaña —letra, de ordinario, de varios pés ou estrofas—, dunha ilustración e dun estudo alusivo á temática da canción.

Page 187: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

187

Hai non moito tempo fun ós Peares e topei cunha señora sentada no suarego da capela da Granxa. Estaba canturreando os versos de «Gali-cia canta ó Neno». Contoume que aló polo ano 1976 viñeran dalos a coñecer —aínda non en disco— ao Poboado da fenosa e que gustaran tanto que un dos oíntes berrou: ¡Que ben…, nin os anxos! Ao outro día —o 1 de xaneiro de 1977— o cronista local escribía: «Ogallá que non fuxan os ventos dista vocación musical, diste ir ó pobo a recoller a súa riqueza pra que todos poidamos beber dunha fontenla pura e cris-taíña. Hai... moito disco e moita música, pero falta ise ecoar dun pobo que ten a súa persoalidade histórica, falta unha música feita a carón dos piñeiros inmorrentes ou dos carballos infindos. Por eso pediríamoslle ó direutor dista agrupación, ó Señor Mato, que pró ano que vén o mer-cado poidera contar con algún disco de panxoliñas...». Os degaros do susodito cronista víronse, por fortuna, amplamente cumpridos. Gra-váronse discos, déronse concertos e espallouse música, música nosa. E iso a cargo duns «Fuxan os Ventos» que non fuxiron, non, que aínda están aí tras da súa longa, longuísima andaina para encher salas como a de Ángel Brage do Auditorio de Galiza o 18 e o 19 do pasado outubro.

Page 188: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 189: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

189

Brindeiro

O Brindeiro de Louzarela

Pre falar co señor Mato, non tés desculpa ningunha!xa hai máis de cincuenta anos, que exerce de señor cura!El atende a todo o mundo, alegre, atento e sen prisanótaselle, ás leguas, que leva anos dicindo Misa!Son bastantes anos, e a cousa está moi clara! porque máis de vintecinco, leva connosco na Montaña!Tivo días bos, e tamén malos; pero el sempre alegre!coma nalgúns dos enterros, con máis dun metro de neve!Anos sen pistas e carreteras, ¡sempre carreiras pedestres; nestas zonas da Montaña, tampouco festas campestres! Eu non sei ben por qué, anque as cousas estean claras cando el se puxo ó cargo, as festas estaban olvidadas.E iso que viñan de vello, que xa o dicían nosos abuelos; que as festas campestres, eran a alegría dos pueblos! En Louzarela faise unha festa, que ten bastante renombre:o catorce de setembro é o noso Ecce/Hombre!Pero agora fanse ben, non de calquera maneira!:ven de tradición, o ante día da festa, facer unha fogueira!Iso dá moita alegría, nunca trae pena!só que pre facer o lume, hai que buscar a leña! Hai que baixala no carro; sempre se fai de repente;levan o carro ao monte, pero ten de ser tirado por xente!O carro adoita ir ben cargado, e aparenta vir sen escolta!;pero cando entra no campo, case sempre pega a volta!Parecen cousas de meigas, xeitos de diversión!;son vellos costumes e xeitos, que veñen de tradición!Para o Cura Mato, amigos de A Quenlla e María Castaña;

81 Antonio Río Montero

Page 190: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

190

estámoslles moi agradecida, toda a xente da Montaña. Todo isto foi gravado, con outras tradicións;xunto con brindos, cancións e bailes, en varias televisións.

Os brindos, que nesta Zona tamén se chaman «loias» (loas) son versos cantados que nacen sobre a marcha (improvisados) na honra de alguén. A súa orixe ven das famosas «regueifas» que se cantaban nas vodas. O Brindeiro de Louzarela («O Sr. Riveira de Louzarela- Pedrafita do Cebreiro») comezou a súa andaina, case de neno, nas vodas. Agora é un dos poucos que quedan no País. Ten actuado na Zona, Fiandóns do Caurel, Galicia enteira, Suíza, Barcelona e en varios programas de tv. Figura tamén nun disco de Carlos Núñez e en varios dvds e cds.

Mato, co Brindeiro de Louzarela en Paradela

Page 191: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

191

Músico

Cando coñecín a Xesús, eu tiña case vinte anos. Dos do ano 71. Ávidos de todo. Necesitados de nada. Eu vino maior, dos que había que tratar por vostede. El dirixía un coro de rapazas con uniforme e minisaia. Eu, cunha guitarra, cantáballe á ilusión.

Propúxome entrar nese coro como solista. Abordoume desa maneira que ten el, coma se te coñecese de toda a vida: con confianza. E empra-zoume para outubro. Isto era a mediados de xuño. Cruzamos poucas palabras pero xa quedei enredado por unha amizade que perdura e que nunca sufriu ningún quebranto. O inverno que veu despois daquel outubro da cita previa foi o comezo de moitos anos de apoio, consellos, ensinanzas e amizade e sobre todo de: liberdade.

Nese inverno do 71 sumamos a aquel coro un fato de mozotes de Lugo, que dun xeito nada ortodoxo, comezamos a cantar e a soñar xuntos. E o soño perdura como a amizade.

É curioso como é de chafullas. Nunca impuxo os seus criterios. Nunca nos tentou convencer de nada. El cría... cre, no Vaticano II. Vaia. El cre en Cristo. El é cura cunha mestura de aldeán e ilustrado. Nós eramos uns bárbaros na nosa alegría. Destemidos pola confianza que daba a idade madura del. Coa súa liberdade e amparo bebemos pobo, bebemos música tradicional, bebemos madurez e afianzamos xenerosidade. Esa que levan os vinte anos e que moitas veces non ten ocasión de materializarse en amor sinxelo pola xente.

O soño que levabamos no peito e na ilusión tomou corpo na can-ción e fíxose revolución, contestación ó opresivo mundo que nos vivía. E comezamos a tomar posicións naquel Lugo de primeiros dos setenta no que a nosa inxenuidade nos puido levar a escacharnos contra da muralla do franquismo que nós non percibiamos na súa dureza porque

Por sorte estabas ti

82 Xosé Luis Rivas Cruz

Page 192: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

192

Mato estaba alí, con nós. Dándonos o refuxio necesario para crérmo-nos máis fortes e cheos de razón do que en realidade eramos.

Pero o grande mérito de Mato é que nunca se fixo protagonista dese soño. El mostrounos o pobo levándonos polas aldeas, mostrounos ós marxinados, permitiunos tocar realidade. Foinos abrindo o seu evanxeo sen asustarnos, sen ferirnos, facéndonos sentir libres e protagonistas.

Non é fácil admitir ós vintepoucos anos que unha cousa é predicar e outra dar trigo. Na mente todo estaba claro. Tumbar ó monstro e facer unha revolución social e política idílica, utópica. Na inxenuidade dos vintepoucos anos era factible...

E el propúxonos Auxilia. Algo que en principio cheiraba a cera e auga bendita, a caridade trasnoitada. Pero a Mato, ó amigo, non se lle negaba nada. E así aprendemos que para buscar e impoñer xustiza é preciso esforzo. Con el visitei aldeas e familias con diminuídos físicos, dinlles clases particulares, fun ás colonias de verán e compartín esa súa pequena revolución. E o noso soño tocou terra e fíxonos ver que é o día a día o que materializa os anacos de revolución que logo permanecen no tempo e que non nos poden roubar.

Cantas oíu por culpa nosa. Cantos sambenitos lle vestiron... Comu-nista, upegallo, tolo... Ten o corpo cosido a puñaladas. Uns déron-llas porque andaba de máis. Outros porque lles parecía que andaba de menos. Outros porque se fixeron adultos canda el e non souberon diferenciar o trigo da palla. Estas últimas foron as que máis o manca-ron porque foron dos que se dicían amigos seus. Pero non lle doen. Eu sei que non acocha rancor. Dá igual. El é cura. Ten unha fe inmensa, envexable. E ten unha porta aberta sempre. Non fai falla petar para pedir axuda. Sempre ten a man tendida.

Fuxan naceu con el, canda el e por el. A música galega que Fuxan cantou ensinóunola el, péselle a quen lle pese. A conxunción do soño coa realidade daquela música é obra del. O diñeiro e o apoio necesario para botar a andar Fuxan viñan del. El remexía, el buscaba concertos polas aldeas e empapábanos de pobo. E cando algún de nós falaba alto, el calaba. El non saía na foto. Permitídeme. Era o marco da foto. O que fisicamente termaba da fotografía.

Page 193: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

193

E aí está. Fisicamente igual. Se cadra un pouco máis nevado. Vaia... bas-tante máis nevado. Eu sei que ten o soño e a fe intactos coma hai 37 anos, cando o coñecín. E seguimos compartindo soños. Algúns daquel tempo xa non comparten. Son os que lle teñen medo á permanencia do soño...

Eu vou aproveitar estas pobres palabras para proclamar ós catro ven-tos que Xesús Mato ten a grande responsabilidade de propiciar Fuxan os Ventos, de facer a base sólida e necesaria para que Fuxan emerxese. E non falo só no apartado musical, senón dese inmenso amor que destila pola Patria na carne dos seus fillos. Os que o coñecemos ben sabemos que sabe un mundo de música galega. Xa sei que isto pode estrañar a moitos que beben na crónica oficial dos anos do renacer da música galega, a crónica dos que non a viviron dende dentro ou dos que esquecen para acocharen as súas miserias daqueles tempos. Pero os que fomos coprota-gonistas sabemos que non é como se conta senón como estou dicindo. E eu débolle música, moita música, mil e mil consellos e ensinanzas de harmonía, de composición e de liberdade, e o reencontro coa cultura en xeral e coa música do meu País, a afección a recoller e a valorar as can-cións da xente do común e por extensión a etnografía e o orgullo de estar no mundo como galego, cousa que aprendín del pouco a pouco. E non podo esquecer a grande aprendizaxe que supuxo na miña vida ter com-partido Auxilia, o saber valorar o moito que un ten cando ten o normal, o de case todos... E tamén que nesas andanzas das colonias de verán de Auxilia coñecín á miña compañeira, padriño da nosa voda. E...

Saudiña Xesús. É un honor ser teu amigo. É unha gozada vivir no teu tempo. Foi un luxo aprender de ti tanta vida, tanta tenrura, tanto amor. Grazas polas túas contradicións, polo teu falar apurado que non sei como Deus te entende. A min cónstame que si.

Page 194: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

194

Page 195: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

195

Fotógrafo

83 Carlos Rodríguez Arias

Page 196: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

196

Primeiros tempos de «Fuxan os ventos».

Page 197: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

197

Escritor

Pasa xa dos trinta anos da publicación do meu primeiro libro de poe-mas prologado polo escritor e xornalista Ricardo Couto que naquel tempo traballaba en El Progreso e na emisora Radio Popular. E conto isto porque penso que por Ricardo coñecín a Xesús Mato. A partir de aí comeza a miña amizade con el, aínda que uns meses despois marcho a estudar a Compostela onde vivín ata 1980.

Polo tanto, amizade que se inicia na poesía e que segue na amizade. Esta é a orixe da miña admiración e seguimento de todo o seu dilatado labor en cantos ámbitos de traballo andou e aínda anda.

Acontecían as idades corais do sementar sementarei de Álvarez Pousa. sementar sementarei de Álvarez Pousa. sementar sementareiE o padre Mato xa era daquela teimoso sementador das vizosas cousas que invoca ese poema.

Agora, tanto tempo despois, o tanto corazón del persiste en todo o que sexa estear o áxil sacrificio dos humildes. E segue afortalando ver-dades que son referencias cernais da súa vida, afortalando alentos, para atenuar a ira de destinos atrapados no interior das frecuentes desditas da existencia.

E tanto corazón de galeguidade. E tanto de música. Tamén de letras. Pero evita as miradas demasiado solemnes porque deixou entrar, hai moito, a valentía no seu corazón.

En todo canto se empeñou e se empeña descubrimos causas duras que che tocan ata doer, pero nunca causas derrotadas (un nunca que funda a realidade e a dor dos equilibrios —o equilibrio—) e percibimos o xurdimento das esperanzas súas preferentes que tratan de recuperar territorios con climas de xustiza —pequenos paraísos— que se aseme-llen aos existentes acaso unicamente nalgún ceo. Primeiro de loairas, logo de luzadas, despois de claridade.

Sementador amigo

84 Xavier Rodríguez Barrio

Page 198: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

198

Para min toda a vida de Xesús Mato é dunha exemplar intención de entrega tantas veces salvadora. Unha intención vigorosa nas mans arru-fadas dun certo corazón amigo: Ese que non é outro que o seu corazón totalmente desbordado, totalmente.

Page 199: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

199

Crego

Unha das tardes que Ánxel Fole me agasallou coa súa doce e falangueira compaña en Neira de Rei, entre tantos temas como saían a conto, entre un grolo de viño, unha copiña de coñac francés co café e o cigarro, espelido polas costas, tocoulle a vez a Xesús Mato.

—E ti que opinas do quefacer deste home? —Amigo Ánxel, penso que é un home libre, loitador independen-

te, que non o condiciona nin o poder civil nin o eclesiástico. Tomou unha decisión libre de servizo aos labregos da montaña, onde non só descubriu os valores humanos e cristiáns das persoas, senón que pro-moveu ao pobo ata lles facer descubrir os seus valores e tradicións: As «polavilas» tradicionais cos seus cantos e bailes, as famosas regueifas, nas que aparece o xenio creativo e picaresco dun pobo cheo de valores ancestrais enterrados no trasacordo da memoria á que o crego aplicou a maiéutica sandadora duns valores esquecidos.

Logo de lle expresar a miña opinión como resposta á súa pregunta, como todo bo galego, retruqueille inquirindo a súa opinión acerca do mesmo amigo Mato.

—Ánxel, que con relación ao comportamento dalgún crego coñeci-do por ambos lle adxudicara o cualificativo de crego goliardo, ao refe-rirse a Xesús Mato sorbeu outra pinga de coñac e respondeu:

—Si señor! Ese é un crego auténtico para o meu xeito de entender a vocación e a misión dun cura de pobo, onde ten que exercer de mestre, avogado e, nalgunhas ocasións, ata de médico e de veterinario.

A Xesús Mato,loitador independente

85 Manuel Rodríguez Castro, Manolo do Bolo

Page 200: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

200

Xermolo de boa semente.Enxertado no seu pobo.Sendeiro para o labrego.Unxido desde o abrente.Sacerdote para sempre.

Mestre, na prensa e no altar.Autor de fermosos artigos.Teimoso no seu cometido.Onde teña que actuar.

Page 201: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

201

Director da S.A. Xacobeo (2005-2009)

O cura e o mestre, forzas vivas no medio rural nos anos dos meus comezos. Mais a miña relación con Xesús Mato non naceu no noso quefacer profesional; naceu dunha presentación, hai moito tempo, da profesional; naceu dunha presentación, hai moito tempo, da profesionalque de seguro que el nin se lembra. Actuou de mestra de cerimonias —nunca mellor dito—, a nosa ben querida Matuquín. Daquela que andaban a cantar ao Neno. Nese grupo xa eran líderes os meus colegas Mini e Mero aos que tamén coñecín por aquel tempo.

O cura Mato representa ese apostolado comprometido, dentro e fóra (en sentido figuradofóra (en sentido figuradofóra ( )en sentido figurado)en sentido figurado das canles ordinarias da Igrexa. Compromiso coa infancia e a xuventude. Compromiso co País: lingua, música, tra-dicións, patrimonio, en fin, cultura.

Cura nas parroquias do Camiño de Santiago. Coñecedor dos pri-meiros pasos na promoción moderna do Xacobeo e do renacer acaído grazas a eses homes e mulleres que creron no Camiño: Elías Valiña e moitos outros.

Di Walter Starski, un trotamundos irlandés dos anos 50, falando da peregrinaxe: O Camiño é unha viaxe cara atrás no tempo e cara adiante no espazo. Pasado e futuro que tan ben representa o cura Mato. Inmerso nuns principios firmes sabe encarar o futuro con toda a súa modernida-de. A súa autoridade non emana do poder, senón do que el é e do que representa. Autoridade duns poucos.

Respéctase polo seu exemplo de vida, engaiola ao crente e ao que non o é…aínda que sempre se cre en algo.

En fin, respecto a quen é, foi e será. Respecto ao home e ao cura. Respecto.

86 Ignacio Rodríguez Eguíbar

Page 202: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 203: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

203

Antiga fregresa

Don Xesús chegou a Lalín a finais dos anos 50 rodeado da lóxica expectación que un novo habitante, xa fose xuíz, notario ou cura, podía causar no que daquela era un gran patio de veciños. Non sei se traía grandes maletas, pero podo asegurar que viña cargado de grandes e bos pensamentos.

Diría todo e máis sobre o seu labor en Lalín. Desenvolveu unha inmensa e incansable obra dedicada sempre aos máis necesitados, moveu conciencias e fomentou multitude de iniciativas coas que se soubo achegar a xentes de todas as idades. Claros exemplos foron a creación da coral polifónica —onde se fraguou unha verdadeira irman-dade que aínda hoxe se recorda—, ou a xestión da construción de vivendas para os máis humildes, ou, con gran discreción, a resolución de problemas familiares, pois foi quen de levar a paz a numerosos foga-res de toda a escala social.

Coa posta en marcha da emisora parroquial contribuiu a alegrar a vida diaria dun típico pobo dos anos 60 e fíxonos pasar inolvidables momentos pendentes da radio para escoitar as novas máis próximas e os discos dedicados.

Pero, por riba de todo, repartiu humanidade e deu unha gran lec-ción de entrega persoal e do que significa ser sacerdote.

Que Deus o bendiga e lle conceda unha longa vida, porque é evidente que alá por onde pase deixará sempre unha fonda e intensa pegada.

87 María Bernarda Rodríguez González

Page 204: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

204

A cabalo en Santa Mariña-Portomarín, 2002

Page 205: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

205

Ex Alcalde de Portomarín

Xesús, da casa dos Mato de Cabodevila en Paradela, pertence a unha gran familia amiga miña, que xa foi amiga de meus pais, e na que o seu avó paterno —o Señor Jesús— era amigo e compadre do meu avó.

Boa parte da vida de Mato transcorre en Portomarín, e eu estou fon-damente orgulloso de terlle oído dicir que tamén era do meu pobo.

Con Portomarín tiña unha grande relación a súa valedora, María Alvarado Osorio, que tamén o intentou comigo, e aínda tendo pasado polo Seminario —que me deixou grande pegada— quedei no camiño.

María Alvarado convenceu —non facía falla— a José e Concep-ción Mato de que Xesús sería un bo cura, sabendo que ía ser un cura diferente, axeitado ós tempos que lle ía tocar vivir. E lembro unha misa na casa lucense de María Alvarado, presidida por Monseñor Ona de Echave, á que acudín acompañando á miña nai. Era unha das pri-meiras do novo crego.

En Lalín foi un dos primeiros —senón o primeiro— curas direc-tores de emisoras de Radio, e ó final dos anos sesenta veu para Lugo como crego de Radio Popular.

Pero cando Mato acadou a maior altura como persoa e como cre-go foi cando pasou a rexentar varias parroquias da montaña lucen-se —Louzarela, Hospital, Padornelo...— todas á beira do Camiño Francés a Compostela. E eu quero agradecer fondamente a Xesús o seu labor no contorno do primeiro dos Camiños. Con el fun acólito axudándolle nas misas montañeiras, lendo as lecturas, e compartindo con Mato as conversas cos fregueses que teñen neste cura un punto de referencia imprescindible, testemuña e exemplo dunha Igrexa próxi-ma e diferente.

Cura Mato

88 Eloi Rodríguez López

Page 206: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

206

Con Mato teño compartido longas xornadas contemplativas mentres a augardente de Portomarín nacía gota a gota da alquitara, e compartido mesas para degustar produtos da montaña, e interminables sobremesas falando do humano e do divino, que en Mato é difícil de separar.

O Mato de Portomarín que eu coñezo e quero —sen restarlle nada ó seu natal Paradela— foi unha moi grande axuda durante a miña longa etapa de alcalde da vila miñota e ó seu cargo tivo sempre a misa galega do Cristo en honor á Virxe das Victorias.

Por sempre, Xesús Mato, crego amigo de todos, vives nas xentes de Portomarín e Paradela mentres reinas senlleiro nas terras altas da montaña lucense.

Page 207: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

207

Delegada de Presidencia (2005-2009)

Coñecín a Xesús Mato a mediados dos anos 70, cando comecei a miña vida laboral como traballadora social. Desde o principio conectamos en moitos aspectos sociais e de necesidades da nosa xente e do noso país. Daquela el impulsara varios movementos asociativos, entre eles o de discapacitados físicos «auxilia», participaba activamente na crea-ción de movementos culturais e musicais, como é o caso de «Fuxan os ventos», e tiña un interese especial no coñecemento da xeografía da nosa Galicia. Púxome en contacto e espertoume un interese nun mun-do descoñecido para min, o que lle agradezo moito.

Persoalmente, sempre me consideraron como unha máis da súa casa, tanto na aldea de Cabo de Vila, onde vivían daquela os pais e algúns irmáns, como en Portomarín, comarca que coñecín e que quero tanto grazas a eles. E digo sempre eles, porque Xesús Mato para min, é el e mais a súa familia, especialmente as súas irmáns Sara e Milagros.

Xesús Mato ten unha calidade moi importante na amizade, esta é que el segue sendo igual que cando o coñecín hai máis de 30 anos.

Parabéns por estes 75 anos de vida, dos cales 50 de crego, agora exercendo na montaña luguesa onde segues traballando coa xente e coa recollida do noso patrimonio cultural. Se o noso país tivera xente coma el estaría máis preto do seu espertar.

89 Branca Rodríguez Pazos

Page 208: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 209: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

209

Folclorista

Resulta difícil falar dunha persoa como Xesús Mato. E moito máis cando me dixeron «tes liberdade de diagnóstico e tratamento», como se iso fose unha vantaxe, pois non, resultou ser un gran inconveniente. Por este motivo non me daba posto a iso, coa idea de participar nesta homenaxe. Despois de escoitar «a voz da miña conciencia», en varias ocasións, facéndome recordatorio da miña pereza, á vez que informa-lidade, quixen analizala e cheguei a varias conclusións despois dunha análise que confeso non fixo falla fose moi fonda. Eu sabía perfecta-mente o motivo polo que non me puña a escribir. Resulta difícil expre-sarse cando median os sentimentos.

A primeira conclusión era espantar o meu temor do que escribi-se, pois a D.g. a miña humilde participación non ía ser decisiva nesta empresa, que esperaba estivese á altura do seu destinatario, o que supu-ña que o listón estaba moi alto.

Espantado o medo, inicial, o segundo era cousa de ir pondo orde ás ideas, anécdotas e vivencias que se amoreaban na miña cabeza, xunto con sentimentos e máis as emocións, gardadas no corazón. Isto non é tarefa doada, como se da organización do territorio se tratase, habería que empregar unha metodoloxía ¿por onde empezar? Decidín empregar métodos de mercadotecnia e facer un «torveliño de ideas».

Pero despois viña o máis difícil, escoller entre o anotado no paso anterior, isto resultaba máis peor aínda, do que eu supuxera.

Coñecín a Mato alá polos anos 70... ¡uf! Galicia canta ó neno, Fuxan, o Colexio do Santísimo...

Liberdade de diagnóstico e tratamento para falar de Xesús Mato e Mato (Padre Mato)

90 Isidoro Rodríguez Pérez

Page 210: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

210

Foi... xa non recordo ben o ano cando organizou aquela ruada para recuperar unha historia xa case esquecida na montaña, de irlle roubar a leña ó cura na véspera da festa... ¿eeé? ¿Cántos anos van? Mellor non sabelo, que importancia ten. Foi onte, na memoria dos que o vivimos foi onte.

Recordo cando traballamos naquel proxecto chamado «Tremiñado» co Mini, o Mero ... entre outros.

Tamén lembro nunha ocasión na Teixeira... en Busnullán... Hospi-tal da Condesa, no Poio, en Paradela, Portomarín... en... en... e en... son tantas e tantas ocasións.

¡Xesús! Será posible, tantas lembranzas (cada unha coas súas histo-rias diferentes) bos ratos e outros non tan bos... e sempre Xesús Mato detrás. Facendo sen facer, facendo facer, facendo e deixando facer, facendo... Isto parece un xogo de palabras, non o é. É Xesús Mato.

O que máis me impresionou sempre de Xesús Mato é que antes de cura (do que el presume) é unha persoa, en todo o sentido da palabra. Coas súas dúbidas, non, non me refiro a iso, coas súas querenzas, non tampouco, coas súas... É unha persoa, ademais de ser humano, unha persoa despois de ser un individuo, unha persoa antes ca cura. Un ser humano por que pertence a esa especie, un individuo por que ademais de pertencer á especie humana foi medrando, tomando conciencia, e transformouse nunha forma individual de ser (individuo) pero segun-do di o «axudador» Jorge Bucay en El camino de la autodependencia, unha persoa e máis aínda ser persoa implica certas renuncias, certas adquisicións e moito traballo persoal. Por desgraza, eu coñezo moitos seres humanos, moitos individuos, pero poucas persoas. Xesús Mato é unha delas.

Cando andaba nestas xurdiume unha dúbida, que estaba por riba das outras moitas que tiña ¿como se podería definir a miña relación con Xesús Mato?

Recordei o libro El Mundo amarillo de Albert Espinosa, director da película Planta 4ª na que conta a súa experiencia como adolescen-te enfermo de cancro. No libro fala de varios tipos de relación entre as persoas, facendo unha nova e interesante aportación que transcribo de seguido:

Page 211: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

211

Amarelo. Definición; dise daquela persoa que é especial na túa vida. Os amarelos encóntranse entre os amigos e os amores. Non é necesario velos a miúdo ou manter contacto continuado con eles.

Agora ven a pregunta ¿Xesús Mato será un meu amarelo? Recordei que cando o coñecín un pouco máis asaltáronme os seguintes inte-rrogantes: ¿está cordo? ¿a súa tolemia acada un grao patolóxico? ¿será un iluminado? Será entón unha guía ó igual que di aquel canto de Reis da Montaña:

guiados por una estrella que alumbrada luz nos da

O malo (mellor dito o bo) do asunto é que sexa o que sexa (tolemia, iluminación...) resulta contaxioso. A min aconteceume que, despois de comezar a miña relación con el, pasei a cambiar no xeito de pensar de ver as cousas. Pasei a padecer a súa enfermidade, quizais non tan aguda. A enfermidade da querencia pola cultura, polo seu coñecemento, pola súa vivencia e pervivencia.

Agora asáltanme novas interrogantes: esta tolemia ¿será crónica? ¿contaxiareina eu tamén ós que están á miña beira? ¡pobres!

Recordo tamén ter lido na obra citada de Albert Espinosa que se cres nos sonos, estes crearanse. Vou facer de profeta, con permiso, os sonos que Xesús Mato sementou xa, creáronse... algúns están xermo-lando, outros agardan baixo a terra que pase o inverno para xermolar e florecer, outros madurecen xa e dan froito… Do que estou ben segu-ro ó igual que di a cantiga de Fuxan os ventos «Sementar sementarei, loguiño ei de clarear, en tanto no pobo medre…». Apesares de que nas aldeas non quedan xa apenas nenos, somos moitos os nenos das urbes que cremos no que o pai Mato nos ensinou.

En definitiva dáme o mesmo o que sexa: o meu amigo, o meu ama-relo, a miña fonte de contaxio, o meu guía, a miña estrela. O impor-tante é que apareceu na miña vida, que puxo luz no meu camiño, que xa está a súa imprente marcada na miña vida para sempre, polo que hoxe, quero dun xeito sinxelo darlle as grazas por todo, e sobre todo por estar aí.

Page 212: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

212

Mire vostede por onde pretendía falar de Xesús Mato e rematei falando de min. De ben seguro é por que continúa póndome medo falar dunha forma obxectiva de alguén que marcou tanto a miña vida e teño que confesar (a miña ignorancia) aínda que quixese non sabe-ría facelo.

Page 213: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

213

Monxa e mestra

Visión de D. Xesús Mato Mato

Escribir algo sobre D. Xesús resúltame moi familiar e á vez moi com-plexo. Tocoume vivir moitos anos baixo o mesmo teito co noso ben-querido Mato, primeiro como alumna do Colexio Santísimo Sacra-mento, onde el foi director espiritual, e agora como relixiosa na Casa Diocesana onde vivimos na actualidade.

Lembro perfectamente cando eu era unha nena a chegada ao colexio de D. Xesús, un home con gran vitalidade, tiña daquela tan só 35 anos, e como gran amante e coñecedor da música ao pouco tempo de che-gar impulsou a creación do coro, que logo sería intercolexial e de aí naceu tamén a representación nadaleira «galicia canta ó neno». Que fermosos festivais se impulsaron baixo a súa batuta e que sementeira de evanxelización ao longo destes anos a través de: charlas, encontros, música, teatro, Eucaristías, encontros coas antigas alumnas por zonas... Desta sementeira foron parte moi importante tamén o noso Paquiño e D. Xosé Vázquez e aínda hoxe cando nos atopamos as exalumnas lem-bramos os gratos recordos do «santísimo» e neles sempre está presente D. Xesús.

Ademais da parte espiritual sempre estivo moi involucrado cos máis desfavorecidos, ao seu abeiro a través de auxilia atoparon acubillo auxilia atoparon acubillo auxiliamoitos discapacitados.

Mato foi e é un gran servidor. Sempre que son necesarios os seus servizos está á disposición de todos.

Cóntanme as miñas irmás de comunidade que aló polo ano 1968, cando elas chegaron a Lugo, foi buscalas á estación e servíalles de guía e orientación en todo momento. Viñan para facerse cargo da Casa Diocesana: Mª. Dolores de Miguel, Maximina Lecumberri e Josefina Barbería. Naquel momento tróuxoas ao colexio Santísimo Sacramento,

91 Tareixa Rodríguez Pol

Page 214: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

214

onde había outra comunidade das «Fillas da Parroquia», pois a Casa Diocesana estaba aínda en obras. Elas foron testemuña daquela, e sono aínda agora, da dispoñibilidade de D. Xesús, pois é sempre o servizo unha constante na súa vida. Nunha ocasión visitou a Maxi que esta-ba con moita febre e díxolle: «Como podes ter tanta febre, sendo tan fraquiña», el mesmo foille buscar a botica que precisaba. Noutra oca-sión, cando houbo o primeiro cursiño de cristiandade, Josefina tivo unha caída que lle provocou unha trombose e, unha vez máis, alí estaba Mato para levala ata o doutor Nogueira. D. Xesús é sempre moi fami-liar alí por onde pasa e coa irmá Mª. Dolores de Miguel saudábanse e saúdanse con este simpático saúdo «nós imos por libre».

Os primeiros tempos na Casa Diocesana eran moi familiares para todos os que aquí vivían: D. Xesús, D. Xosé Vázquez, D. Eduardo López, D. Francisco coa súa nai, sempre tan piadosa, as irmás da comunidade, David, Raquel e Celedonia. A familia da Casa Diocesana foi medrando coa presenza de moitos cregos anciáns, doutras irmás e persoal de servizo que xa non están entre nós. Os recordos de Mato nesta casa ao longo destes 40 anos é imposible reflectilos, pero diría que sempre o atopamos dispoñible para calquera necesidade que xurda.

As casualidades da vida fixeron que ao ano seguinte de estar eu na escola de Teixeira do Caurel fose el para as parroquias da monta-ña lucense. Dende alí e ao longo destes 25 anos seguiu impulsando a evanxelización entre esa xente, que desde o primeiro momento viron en Mato: ao crego, ao amigo, ao servidor.

Page 215: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

215

Xornalista

75-50-25-10

75-50-25. Estas son as cifras que marcan a vida de Mato. 75-50-25. A ida-de, os anos de sacerdocio e o tempo que leva na montaña. 75-50-25. Son as cifras que poden resumir a memoria de Mato. Como as de 90-60-90son as esixidas para desfilar polas pasarelas de moda. Como 86-61-89son as de Carla Bruni. Cada un de nós vivimos unidos a unhas cifras que, aínda que en moitos casos non reparemos, marcan as nosas vidas. A idade, o percorrido profesional, o tempo que levamos en parella, ou os anos que transcorreron desde que aquel determinado acontecemen-to marcou as nosas existencias.

Na vida de Mato, como na de todos nós, quedan outras moitos números, algúns deles na intimidade, que tamén forman parte da bio-grafía, aínda que non sexan tan redondas nin tan recordadas como as que agora se manexan. As outras cifras de Mato, a lo menos as públicas, son as que dedicou a música, as da creación de «Fuxan os Ventos», as das miles de horas dedicadas ós necesitados, as dos amigos; as cifras de Auxilia, as dos anos na Casa de Exercicios, as dos quilómetros de sube e baixa a montaña. As outras, son cifras non tan axustadas, e polo tanto non tan rechamantes, e que por iso, non sempre se lles presta a atención que merecen.

E nesas quixera eu reparar especialmente. As que marcan as súas colaboracións nos medios de comunicación. Non só en Radio Popular de Lugo, onde comezou a colaborar ó tempo que botaba a andar a emisora. Non. Quixera reparar nos centos de columnas que durante anos publicou, primeiro no diario local «El Progreso», e máis tarde en «La Voz de Galicia», na que aínda cada semana se pode atopar o seu «Á beira do Camiño».

92 Ernesto Sánchez Pombo

Page 216: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

216

Sacerdotes houbo ó largo e ancho da provincia, que agardaban coñe-cer o contido destas colaboracións xornalísticas de Mato para compo-ñer a súa homilía dominical. E o reverendo, como sempre lle chamei co respecto, pero tamén co cariño, coa admiración e coa confianza que lle profeso, o reverendo, digo, estivese onde estivese e estea onde estea, cumpre co seu pacto de chegar cada semana cunha columna cargada de compromiso social, de sinceridade persoal e de honradez intelectual a miles e miles de lugueses.

Polo compromiso que mantén, e ó tempo porque, como ben dixo Carlos Fuentes, «si necesitas ser libre, escribe. Porque escribindo, uno es más libre». E o reverendo será todo o reverendo que queiramos, todo o amigo dos amigos e o defensor de misións imposibles que queiramos. Pero, por riba de todo, o reverendo é un home absolutamente libre. E se de liberdade falamos e de números tamén, estamos obrigados a poñerlle un 10.

Así pois, engadámoslle unha cifra máis ás tres que xa marcan a exis-tencia de Mato. E quedémonos con ese 75-50-25-10.

Page 217: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

217

Radiofonista

Coñecín ao pai Mato, aínda sendo moi novo, a través das ondas. Era un home próximo, que encadilaba co seu verbo fácil e directo, que chega-ba á xente. A miña sorpresa foi cando ao pouco tempo me decatei que era un cura. «Crego e fala así?», pregunteime. E é que o pai Mato estaba na antítese do que era un cura convencional da época.

Pasou o tempo e tiven ocasión de coñecelo persoalmente. A súa eta-pa nas ondas xa estaba tristemente superada, pero enseguida entendín, aínda mellor, do que era capaz aquel home e porque era capaz de chegar á xente. Nunha ocasión requiriu a miña presenza para un dos múltiples actos que organizaba e nos que sempre colaboraba desinteresadamente, a favor dos máis débiles e sen buscar ningún tipo de protagonismo.

Recordo que foi para presentar, na Praza de Santa María, un acto a favor de Auxilia-Lugo. Tiña todo ultimado ata o último detalle, o seu interese era tal que cho facía chegar de tal forma que acababas impreg-nado da súa inquietude. Foron moitas consignas que me fixo chegar e que eu procurei seguir fielmente, —¡como para fallar ante unha persoa que era todo constancia!— e ao final todo saíu realmente ben, ata a parte encomendada a quen isto subscribe, que, dito sexa de paso, era o único que tiña posibilidade de fallar. Concluíu o evento, recordo que con varias actividades deportivas, e achegóuseme o pai Mato. «Non temos un peso, polo que tan só che podo dar as grazas e, de verdade, grazas». Comentoume.

É obvio que pola miña cabeza nunca pasara a posibilidade de cobrar por tal actividade, pero teño que recoñecer que o mellor que me puido pasar foi que aquel home que me encandeou na miña mocidade ache-gouse a min para encargarme algo e logo darme as grazas.

93 Arcadio Silvosa

Pai Mato, algo máis ca un sacerdote

Page 218: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

218

Agora son eu quen, a través desta oportunidade, lle quero dar as grazas a quen medrou na humildade dunha familia de agricultores con 6 fillos; a quen foi capaz de pór en marcha emisoras de radio, aínda que logo llo pagan como llo pagaron; a quen fundou a polifonía de Lalín, coordinou Auxilia-Lugo ou foi cofundador de «Fuxan os Ventos»... Sinceramente amigo Mato, grazas por todo o tempo que dedicaches a todos estes mesteres sen esquecer a túa función clerical en parroquias de máxima dificultade na alta montaña. Grazas tamén por aínda ter o valor de rebelarte cando o consideras oportuno, cando a maior parte dos teus compañeiros cregos din «amén» e non precisa-mente en oficios relixiosos.

En definitiva: grazas Mato por ser algo máis, moito máis, ca un cura.

Asamblea da Cope, Santander-1972.Á esquerda de Mato, Daniel Hortas, daquela Director de Radio Popular de Ourense

Page 219: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

219

Crego

Amigo Xesús:

Aínda que xa non se leve, vou escribirche unha carta deixando, por un pouco, aparcados o teléfono e correo electrónico. Quero que o carteiro volva ser esa persoa esperada, portadora de boas noticias da familia, dos amigos e non só de multas e Letras do Banco.

A carta é unha conversa entre amigos que aman a vida e falan dela conversa entre amigos que aman a vida e falan dela conversacon sagrado respecto.

¿Motivo da presente?: a celebración das túas vodas de ouro sacer-dotais: medio século ó servizo de Deus e dos homes na Igrexa de Lugo ¡Case nada!

Sempre que nos atopamos os dous rematamos falando das nosas vivencias de pequenos. Dirán que son «chiquilladas» mais non debe ser certo cando tan fortemente quedan gravadas na alma dun crío e reviven con forza tras tantas primaveras.

No Seminario fomos grandes amigos e, os dous, un tanto argallei-ros; doutro xeito non se explica aquela nosa aventura de programar,para vacacións de verán, media ducia de representacións teatrais nos concellos do Páramo, Paradela e Portomarín, ¡todo un éxito! ¿Recor-das?, ¡unha historia de humor nun velorio!: Don Teopompo, querendo saber dos amores que tiña na casa, faise o morto diante da súa dona que, entre laios, choros e suspiros, regatea na Funeraria o traslado ó cemiterio, no coche fúnebre, ata que —por non solar o peto— acordan levalo nunha carretilla. Visto o visto, levántase o morto e dille: «Non te metas en gastos, muller, que vou polo meu pe ata ao Campo Santo».

94 Edelmiro Ulloa

LembranzasCarta aberta ao Pai Mato

Page 220: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

220

No Hospital Xeral hai un Grupo de Teatro de humor; ¡sabe o demo se a orixe das súas andainas pola provincia non está naquela nosa aventura teatral dos tempos de Seminario! ¡Vai ti saber! En tal caso está en débeda contigo.

Do Seminario Menor conservo moi gratos recordos: sempre fuches o meu conselleiro nas dúbidas, especialmente, na tradución das famo-sas Catilinarias de Cicerón. ¡Graciñas!

E do «Maior» teño gravado o momento en que D. Xan Antonio Moreno Fuentes, puxo nas túas mans a batuta para dirixir a Schola Cantorum do Seminario. Eu nunca estiven na Schola —non sei se por timidez ou incapacidade— só sei que me gustaba a música polifónica e que sentía unha grande admiración por ti como director da Scho-la, nos seus mellores tempos. Quen sabe se desa miña admiración e frustración musical non xermolaría, máis tarde, a Coral do Hospital Xeral. ¡Vai ti saber! ¡Grazas de novo!

Eu non nacín alí, tampouco ti, mais, por proximidade, os dous temos lembranzas do «Portomarín vello» coa súa veiga e muíño da veiga, os caneiros, a feira do nove co ferrador de Bagude, a Casa do Redondo, do Pereira, Penedo, do Pimpiniña e da Costa, a fonte con auga no medio da Praza, a horta do crego diante da Igrexa e, sobre todo, lembranzas de don Domingo celebrando misa no altar lateral, chamado «do Divino Cristo». Un cura que semellaba estar sempre enfadado por predicar cos ollos pechados e bracear moito na prédica. ¡Na realidade non era así!, máis ben o contrario. ¡Cousas da vida!

Portomarín, unha fermosa vila, á dereita do Miño; doutro lado está Cabodevila, un miradoiro natural, (o río que serve de espello). Aí, nesa aldea, naciches ti, Xesús, no seo dunha familia humilde pero de fe profunda e ben acolledora, por certo.

De seminarista durmín moitas veces na túa casa e ¿sabes do que máis me lembro?, dun galo, no cuarto da entrada, a golpes co espello do armario, pelexándose coa súa propia imaxe, é dicir, consigo mesmo. ¡Que triste!, ¿non si? Cousas que pasan non só no mundo animal ¿Por que non podo esquecelo? ¡Lembranzas de crío!

O ano 1958, xa es cura, vas para Lalín, ás terras do Deza e de D. Ramón Aller Ulloa, sacerdote, astrónomo e catedrático de astronomía en Santiago. ¿Fas memoria de cando veu ó Seminario darnos unha

Page 221: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

221

conferencia de Astronomía? ¡Deus santo! que impacto fixo en min aquel home polo seu grande saber e a súa profunda humildade.

¿Lémbraste moito de «Radio Lalín»? ¡Como non, se fuches o seu fundador e director case unha década! Seguro que non así dos dous «correspondentes» que tiñas en Lugo. Pois eu era un deles, outro, Armando Vázquez Crespo, seminarista e bibliotecario, máis tarde, periodista e director de «Gaceta Ilustrada», en tve. ¡Tempos aqueles!

Máis tarde, en Lugo, sendo asesor relixioso de Radio Popular, com-partín contigo un programa semanal, micrófono aberto, sobre temas de Ecumenismo e encontro entre distintas igrexas cristiás. Experien-cia enriquecedora que serviu para dialogar con pastor da única igrexa evanxelista, protestante, don Claudino Canal así como cos Testigos de Xehová. Todo dentro dun clima de mutuo respecto e sen dogma-tismo estériles.

E foi así como me introduciches no mundo da radio. ¿Ves canto ben deixas feito?

Agora cando eu baixo para a transmisión de Misa en Cope-Lugo ti xa andas practicando o sendeirismo na montaña, algo moi bo para escorrentar algúns demos do corpo. ¡Que ben che sentan os aires da montaña, Xesús! Pero seguro que mellor senta a túa presenza nas parro-quias de Fonfría, Padornelo, Louzarela e Hospital da Condesa,

Deuche o Señor un alma de cántaro e ¡despois de enchido na Fonte da Vida, dás de beber a quen pasa ó teu lado. Agora, con 50 anos de cura ás costelas, agora cando os pés empezan a pesar máis co teu corpo miúdo, segues viaxando cara a montaña e cantando ledo, aínda que algunha vez chores por dentro ¡os curas tamén choran! E choran, sobre todo cando ven que «a vida é iso que sucede mentres nós miramos para outro lado». Pero ¿Que cantas?

«Voy a llevar a mi virgen/ la virgen del Seminario/ mi virgen de la montaña..

y derretirá la nieve y calentará las almas/ la virgen del Seminario,/mi virgen de la montaña... voy encender una llama.»

¿É túa a música desta canción relixiosa composta nos nosos tempos de Seminario?

Page 222: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

222

O «Diario de un cura rural», de Bernanos, levada ó cine por Bresson, reflicte a vida dun crego coas grandezas e miserias de todo ser humano. A película ten un final sorprendente, de suspense cando remata dicindo que...: «todo es gracia...».

Mato, ti naciches para cura de aldea; ti non predicas a humildade senón que a practicas. Gústache pasar desapercibido pero dificilmente te libras da crecente popularidade que te segue cal propia sombra. ¡Que imos facer, así é a vida!

Non vou entrar no lugar sagrado da túa alma, habería que facelo cos pés descalzos como Moisés. Quero respectar a túa humildade, non vou ser eu quen te canonice mais o pobo ten unha especial sensibilidade nes-tas cousas. Cando Xoán XXIII foi nomeado Papa, todos eran a chamarlle «Santidade» ata que se fartou e dixo: «por favor non me chamedes así pois cada vez que sinto esa palabra paréceme que me están tomando o pelo.» ¿Santidade? ¡a de Deus! de aí para abaixo todos facemos caca. En reali-dade, ó final, o que conta é a equipaxe que cada quen leva, as «pegatinas» co nome das persoas a quen axudaches. Ó final, o Señor mirará que pas-tor ten as botas máis gastadas de andar tras as ovellas descarreiradas.

Amigo, Mato: nunca che gustou andar polas nubes; a realidade terreal é o teu lugar habitual de vivenda, unha realidade non estática senón dinámica, evolutiva, chamada a ser transformada por nós, desde criterios evanxélicos.

Dotado dunha especial sensibilidade para temas sociais, gustas de ter nunha man a Biblia e noutra a vida dos homes, como dúas fontes de revelación. A Doutrina Social da Igrexa pesa moito na túa alma de crego; o mundo dos marxinados, o compromiso con Auxilia son outras tantas formas de poñer de pé os tolleitos. ¡Iso é o que fai crible a Igrexa!

Amas a lingua da nosa terriña como identidade dun pobo. Bendigo a Deus pola túa contribución á cultura galega no campo da música, folclore, costumes e da literatura.

Que sigas moitos anos viaxando á montaña pero, de cando en vez, fai unha paradiña, senta, pensa e logo, escribe á beira do camiño.

Un saúdo agarimoso de teu amigo de sempre.

Page 223: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

223

Coral Polifónica de Lalín

Don Xesús Mato chegou a Lalín na década na que este pobo empezaba a medrar, e na que os primeiros talleres de costura posibilitaban a aper-tura mercantil de Lalín cara ao exterior.

Ao mesmo tempo que Lalín se exportaba, chegou a esta vila un coadxutor de aspecto feble, do que unha grande maioría non esperába-mos máis ca que cumprira co seu papel de subalterno do cura párroco. Era don xesús. Un sacerdote novo e inquedo, bazas que xogou ao seu favor para facerse coa xuventude da vila e converterse no seu líder non só no ámbito pastoral senón tamén no social e cultural.

A Lalín faltáballe voz, e el deulla a través das ondas creando unha emisora de radio: Radio Lalín-A Voz do Deza, unha das primeiras can-les radiofónicas de ámbito parroquial de Galicia.

Don Xesús Mato, o aire novo que chegou a Lalín

95 Saturno Luis Valdés González, Tuno

Coral de Lalín, 1959.

Page 224: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

224

Organizou festivais, concursos, tómbolas; mobilizou a Cáritas e a todos os estamentos de Lalín en prol dos máis necesitados.

Foi o creador da Coral Polifónica de Lalín, que percorreu gran parte da xeografía galega acadando un gran recoñecemento entre o público e o respecto dos demais grupos corais.

Foi capaz, a través da xuventude, de unir forte e solidariamente ao pobo de Lalín na procura duns obxectivos comúns.

Pero foi entón cando o bispado de Lugo botou man del e da súa experiencia para levalo á Cidade da Muralla e encomendarlle a tarefa de asesor dunha nova emisora de radio: Radio Popular de Lugo.

E nós quedamos sen el; orfos; sen líder. Pero o seu bo facer prendeu nos corazóns e nas mentes de todos aqueles que se sentiron tocados por el. Lalín nunca o esquecerá. Eu nunca o esquecerei.

Por iso, en representación do pobo de Lalín, únome a esta home-naxe que se lle profesa a don Xesús. Quédanme moitas cousas no tin-teiro, anécdotas pululando no meu maxín. Podería estenderme máis e ir en contra da brevidade e da sinxeleza, ocultando panexiricamente a figura dun pequeno gran home: forte e sinxelo, susto e xeneroso, entre-gado e caritativo.

Amigo don Xesús, reciba o cariño e afecto de todos nós, os lalinen-ses, pobo onde a bondade e a xenerosidade gozou e goza dun novo significado dende que vostede pasou polos nosos corazóns.

Coral de Lalín, 1962.

Page 225: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

225

Médico

Queridísimo Xesús, con motivo desta tan gozosa como frutífera tri-pla efemérides que queremos celebrar contigo: 75 anos de vida, 50 de cura e 25 de exercicio sacerdotal na montaña lucense, un amigo común pídeme que lle faga chegar algunhas reflexións para unha pequena homenaxe que se che pretende facer.

Aproveito este momento tan especial para facer un brevísimo balan-ce do que a nosa relación supuxo para min. Estou de acordo en que unha das características fundamentais da amizade entre dúas persoas é a reciprocidade, aínda cando a nosa é un tanto asimétrica e desigual porque sempre recibín de ti moito máis do que eu puiden aportar. Hai máis de corenta nos que te coñezo e desde entón foise construín-do unha relación de afecto, respecto, confianza, tolerancia e cariño. Daquela eu estaba no seminario preparándome para a «cura de almas» e ti estabas xa no pleno desempeño do teu exercicio sacerdotal e para todos aqueles de nós que tivemos o gozo e o privilexio de compartir o testemuño da túa vida sempre fuches un referente moral, ético e de compromiso solidario con todos, especialmente os máis marxinados. Para todos aqueles mozos que te coñeciamos, seminaristas ou non, eras unha persoa carismática cun brillo especial, unha figura suma-mente atraínte que encarnabas a rebeldía, os ideais e as inquietudes da nosa xuventude. Coa túa palabra e testemuño aprendemos a sin-tonizar, a vibrar, de maneira sumamente positiva con todo aquilo que buscaba, desde o compromiso persoal, transformacións da Igrexa e da propia Sociedade. A túa persoa enganchaba, liberaba e traíanos un aire fresco e vivificante fronte a aquel lastre dun mundo relixioso (e social), tan tradicional e, a veces, tan asfixiante. Contigo aprendemos a abrirnos esperanzados a un mundo en profunda transformación, e

96 Manuel Varela Veiga

Page 226: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

226

a reflexionar e dialogar con todos aqueles que estaban en opcións e crenzas culturais distintas.

Anos despois cando, por avatares da vida, abandonei os estudos eclesiásticos de preparación para a «cura de almas» polos estudos de medicina para a «cura de corpos», os ideais compartidos, os consellos recibidos, as opcións de compromiso cos máis marxinados, doentes e enfermos da sociedade, de ti aprendidos marcaron profundamente a miña traxectoria profesional. En máis dunha ocasión, Xesús, falamos das similitudes e diferenzas entre o exercicio da «cura de almas» e a «cura de corpos» e unha vez máis me reafirmo no convencemento da superioridade, excelencia e dificultade do exercicio de curar e recon-ducir almas, tal como ti o entendes e encarnas, que de curar corpos. En calquera caso, queridísimo Xesús, onte, hoxe e espero que duran-te moito tempo, o exemplo da túa vida e o carácter profético do teu compromiso foron, son e serán unha das experiencias máis gozosas da miña vida.

grazas, xesús, e moitas felicidades.

Page 227: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

227

Crego

San Martiño de Castro está no bico dun monte baixo, ribeirego, rodeado de carballeiras, viñas e árbores froiteiras. Un grupiño de casas campías harmonizan a aldea nun outeiro que aínda recende a cultos e culturas castrexas. Alí, mentres se descansa do esforzo do camiño a pé, entre o conxunto monástico de Loio (Santa María, Santa Mariña, Santa Cruz) e San Facundo de Ribas de Miño, a mirada apazúgase de ledicia contemplando os encantos da Ribeira Sacrata.

Varios mosteiros naceron aquí, antes do século X. Alí, nas vellas terras rosendianas e cistercenses, entre Portomarín e Paradela, os pro-pios pais de san Rosendo serán os grandes promotores restauradores da vida monástica, neste paso do Miño que empezaba a ser frecuen-tado polos peregrinos de Santiago, onde se mantiña en pé unha vella ponte romana levantada no século ii. Probablemente, san Martiño Dumiense e san Rosendo pisaron e predicaron, incansables, por aque-las terras da ribeira do Miño, a mediados do século vi. Polos carreiros con pegadas destes santos, ábrense, baixando cara ó pai Miño, en ver-des e costentas praderías, regatos que cantan rumorosos ós gromos das vides na primavera.

Cando aínda non rematara os meus estudos de Teoloxía no Semina-rio Diocesano, un dos cregos mais populares da Diocese, aló polos anos 70, chamoume para entrevistarme na radio. Aquel rapaz que aceptara con inxenuidade a invitación, estaba tremente, algo asustadizo, non só polos singulares escenarios de Radio Popular, senón tamén pola pre-senza próxima, pero chea de autoridade, daquel crego inquedo e bes-belliño que, con voz ronca e augardentosa celebraba a misa en Galego polas mañás dos domingos na radio.

—¿E ti, por que queres ser crego?

Polos camiños da cope e de San Facundo

97 Mario Vázquez Carballo

Page 228: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

228

Non recordo ben o que respondín naquela entrevista pero eu poñía nel a mirada porque aquel crego levan-taba admiración entre os seminaris-tas maiores. Era un mozo ben feito, tiña facilidade de palabra, escribía no periódico, cantaba cunha orquestra que el bautizara co nome de «Fuxan os ventos», compoñía para eles pezas musicais cheas de vida e ritmo que nós «tarareabamos» en ambientes festivos e, ¡que envexa!, ensináballe a bailar ás mozas do colexio onde exercía de capelán. ¡Vaia pro crego!

Sendo eu xa crego e Delegado Diocesano da mocidade, acompa-ñado tamén dunha marea de mozas e mozos, polos camiños cara san Facundo detiñámonos, en san Martiño, para pedirlle un vaso de auga á agarimosa nai do P. Mato. En varias ocasións recibiunos el na súa casa natal. Non hai moito tempo atopei unha foto, de cando viviamos na Casa Diocesana, na que estamos brindando e cantando xuntos nunha noite de inverno, con outros compañeiros e a miña familia, na cociña da miña casa en san Estevo de Ribas de Miño.

¡Que coincidencias! Os dous ribeiraos e «papeiros», da ribeira Este do Miño; os dous cregos que compartimos traballos coa mocidade e no xor-nalismo. ¿Quen me ía dicir que aquel rapaz ó que o P. Mato entrevistaba na radio cando aínda era un adolescente ía ser o que eu substituiría un día na dirección e realización dos programas relixiosos en Cope-Lugo?

Pois, si, isto non é mais ca unha sinxela lembranza de aspectos dunha vida singular. Dun crego artista, escritor e amante da súa terra. Que chora de emoción cando «Galicia Canta ó Neno ou cando desexa desde o fondo da súa alma que «Fuxan os ventos» das maldicións e das inxustizas dunha terra chea de xentes esperanzadas a pesares das súas dores e dos seus sufrimentos.

Seguiremos xuntos polos camiños da Cope e de San Facundo sementando e cantando: «mentras no pobo medren un meniño, un vello e un cantar».

Page 229: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

229

Crego

O Padre Mato en Lalín

É para min unha honra e un pracer escribir algo dun compañeiro, entra-ñable irmán, incansable sacerdote, home loitador e sempre preocupado por fomentar a convivencia. Compartimos moitas veces misa e mesa, as partidas de cartas, ilusións e desilusións. Estou a falar de don Xesús Mato Mato, nativo de san Martiño de Castro, no Concello de Paradela, onde o declararon Fillo Predilecto.

Coñecín a Xesús Mato en 1946 cando ingresamos xuntos no Semi-nario de Lugo. Despois de doce anos de preparación foi ordenado sacer-dote por don Antonio Ona de Echave. El foi elixido entre os 32 com-pañeiros para celebrar a primeira misa no altar maior da Catedral o primeira misa no altar maior da Catedral o primeira misa 24de marzo de 1958. En agosto do mesmo ano foi destinado a exercer o seu labor sacerdotal na capital de Lalín. Alí chegou cargado de ilusións e proxectos. Era un rapaz colmado de dotes. Falaba ben, inda que tiña unha voz entre ronca e rústica, pero de autoridade forte, que se facía escoitar. Tamén era moi fino de oído, que foi o que levou a conseguir unir as voces dos fieis da parroquia nunha alegre e sinfónica polifonía.

Co padre Mato —así era coñecido— viña a súa nai disposta a entre-gar a súa vida ó servizo dos demais. Aquela casa estaba sempre aberta e acollía a todos sen ningunha distinción. Todo o mundo a tiña en gran estima e consideración.

Ó ano seguinte de chegar a Lalín, ó padre Mato deulle por anunciar o Evanxeo desde o campanario a través da emisora parroquial, tarefa que lle encomendara o bispo Ona de Echave, fundador e gran promo-tor da antes chamada «Cadena de Ondas Populares Españolas». Moi pronto comezan os traballos para o Concilio Vaticano II, e este cura féféf rvelle-fabas reúne a profesores, médicos, avogados e xente voluntaria disposta a tomar conciencia da importancia deste Concilio.

98 José Vázquez Diéguez (O Cura do Sixto)

Page 230: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

230

Tamén por este tempo é cando se estrea a primeira Cáritas lnterpa-rroquial da Diocese en Lalín. Nace un equipo ilusionante. Fan un estu-dio da situación de pobreza e mar-xinación na bisbarra; constrúense casas para seis familias necesitadas en Donramiro e Donsión. Colaboran autoridades, institucións, profesores e empresas construtoras, así coma destacadas personalidades da parro-quia. A pesar de todas estas faenas, ó padre Mato aínda lle queda tempo

para acudir ó Colexio de don Fidel e ó Instituto Laboral para tomar contacto cos rapaces.

Unha das afeccións do padre Mato era a música. Xa no Seminario fora director da Schola Cantorum. E aquí en Lalín organizaba programas de radio participativos, festivais, levaba os gaiteiros de Moneixas ós pro-gramas, falaba de cousas e contos nun programa que se chamaba «O Tío Xanete», e nunca se esquecía de achegarse, ó través das ondas radiofóni-cas, á xente do campo cun programa que se chamaba «Agro».

Como todo isto aínda lle parecía pouco ó crego, sempre preocupa-do pola cultura, organizou grupos de baile, concertos, conferencias, sesións de cine, a Acción Católica... Pero, sobre todo, don Xesús foi un crego capaz de atraer ós que dicimos alonxados da Igrexa, deses que nunca van á misa, pero que cando se atopan cun cura dado senten ganas de ir ó templo para así corresponderlle a aquel que tan preto estivo de nós nas rúas, nas familias, nas necesidades...

Despois de pasar por Lugo, onde, entre moitas cousas máis, cola-borou no diario El Progreso e coa Radio Popular «cope», foi rematar ó Cebreiro administrando, entre outras, unhas parroquias que eu levara recén saído cura. E aquí, mentres a saúde llo permita, rematará Xesús a súa entrega ós demais.

Por todo isto, noraboa, xesús!!!

Page 231: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

231

Crego

Xesús Mato, un home bo e xeneroso

Xesús Mato —o P. Mato, como moitos lle chamamos— é un home «bo e xeneroso». Si, coido que se lle poden aplicar, con toda propiedade, estas palabras dun verso de Pondal recollidas no noso himno.

No pasado ano de 2008, o amigo Xesús Mato estivo de cumpreanos: os setenta e cinco de idade, os cincuenta —as Vodas de Ouro— de cura e os vinte e cinco de cura na Montaña luguesa.

Coñecín a Xesús Mato hai moitos anos. Foi aló polo mes de outono do ano mil novecentos setenta e dous cando na vella cidade de Mon-doñedo se estaban a celebrar as Feiras e Festas de As San Lucas. Ata a cidade episcopal chegou Xesús Mato cun grupo de rapaces e rapazas para participar —coido que era a segunda edición— no Cancioneiro de As San Lucas. O grupo, que se chamaba Folk 72, foi o gañador do certame coa canción «Fuxan os ventos», que logo daría nome ó grupo. Xesús Mato está, pois, na fundación de Fuxan os ventos, aínda que —así se escribe a historia— non se mencionase para nada nos actos conmemorativos que houbo no ano 2008.

Logo coincidín con el varias veces, sobre todo no tempo de Nadal, cando percorreu Galicia con Fuxan os ventos e outros grupos co proxec-to Galicia canta ó Neno. Desde aquela somos vellos amigos.

Pero ¿que dicir de Xesús Mato? Xesús Mato é un home acolledor, un home respectuoso cos demais. El ten as súas ideas, a súa maneira de pensar, o seu xeito de ver a realidade... —como temos todos—, pero nunca trata de impoñerse ou de impoñer as súas ideas e asoballar ós demais. Podemos afirmar, sen dúbida e sen medo a esaxerar, que Xesús Mato é o «vir iustus» de quen nos fala a Sagrada Escritura, o «home xusto», no que a xustiza acada unha plasmación existencial que reborda o seu significado filosófico para abranguer todas as virtudes teologais

99 Felix Villares Mouteira

Page 232: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

232

e cardinais. El é home de fe profunda e ó mesmo tempo sinxela, ou se se prefire popular, á maneira das nosas xentes rurais coas que está en contacto cotiá, á maneira dos nosos vellos e vellas das aldeas do noso país. Unha fe á que el se achega máis polos camiños vitais do vivir e do sentir no medio das nosas xentes, que polos vieiros un tanto retortos dos raciocinios lóxicos, nos que a fe relixiosa e cristiá non é só, aínda que tamén, un conxunto de verdades ás que hai que asentir, senón unha actitude vital e existencial diante do Absoluto revelado en Xesús, que conforma todo o ser e facer da persoa.

O P. Mato é, como xa dixen, un home bo e xeneroso. De Xesús Mato cómpre, xa que logo, salientar a súa dispoñibilidade para todo o que se lle pida; a súa sinxeleza para abaixarse a quen queira que sexa; o seu espírito observador; a súa actitude de servizo ós demais; a súa fidelidade á súa terra, á súa lingua e ós seus homes; o seu talante de persoa toleran-te, pero con firmeza de criterios; os seus amplos coñecementos e a súa curiosidade por saber máis; as súas profundas conviccións relixiosas.

Penso que a Xesús Mato acáenlle moi ben estes versos do poema titulado «O velliño das barbas brancas», no que o poeta chairego Xosé Crecente Vega describe a un patrucio da Chaira:

dereito coma un xungo; rexo coma un caxigo;maduro e seco e bon coma espiga de trigo.

Page 233: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

233

Xornalista

Cura Mato

Chegou á nosa vida para quedar. E aí está, sempre novo, sempre sorr-inte, sempre en pé de paz, o único crego da diócese que leva antes do nome o seu título máis prezado: Cura Mato.

Chegou a Radio Popular de Lugo cando a emisora era aínda unha nena. Eran finais dos anos sesenta, e nós coidabamos que —sendo a emisora do bispado— chegaba como director. Logo resultou ser Asesor Relixioso. Mellor. Mellor, porque eu non me imaxino a Mato negocian-do cos clientes, discutindo condicións laborais ou botando as broncas laborais habituais daqueles tempos.

Primeiro foi Don Jesús, logo Padre Mato, Cura Mato por fin. Mira que el daba facilidades, pero daquela non se usaba e tardei bastante en atualo. Corenta anos despois, leva media vida formando parte da miña familia. E do mesmo xeito que na Seguridade Social tes un médico de cabeceira, na miña familia o crego de cabeceira é Xesus Mato.

Teño por amigos diversos «especialistas», magníficos, sufridos, tra-balladores e estupendos cregos que forman un curioso batallón para combatir contra a incultura, a insolidaridade, a pobreza e a inxustiza. Pero Mato é o de cabeceira.

A maioría de nós, na Radio, naqueles sesenta andabamos pola vin-tena de anos. Mato levábanos arredor de quince. Parecíanos moi maior. Agora as cousas están practicamente niveladas e somos xa da mesma xeneración coa salvidade de que Mato conserva intacta a ilusión, a fe e a boa fe, a ledicia. Segue a ser aquel mozo que veu a Lugo para quedar, primeiro como asesor relixioso e logo como amigo.

Era un cura raro. En Lalín andaba metido en músicas varias (fun-dara e dirixira coros e dera en construir vivendas para xentes sen recur-sos). E aquí dicía misas pola radio, andaba entre rapaces sempre con

100 Xulio Xiz

Page 234: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

234

músicas, e escribiu un poema titulado «Fuxan os ventos» que orixinou a revolución máis importante na música galega do século xx.

Ademais, fundou Auxilia, que fixo máis pola redención das xentes con problemas físicos e psíquicos que todas as políticas de todas as administracións xuntas.

E hai un cuarto de século, Mato colgou a picaña dos traballos da curia e foi pronunciar un Sermón á Montaña. E segue. E sendo como é de teimudo vainos obrigar a que en 2032 editemos outro libro para celebrar os seus cen anos de idade, setenta e cinco de crego e cincuenta na montaña lucense.

Que todos nós o vexamos.

Page 235: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 236: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta
Page 237: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

237

José Alonso Sánchez (†) ...................................................................... 15Loly Alvariño ....................................................................................... 17Xosé Alvilares Moure ......................................................................... 19José Luis Ansemil Moreira ................................................................ 21Ana María Arias Saavedra ................................................................. 23Felipe Arias Vilas ................................................................................ 25Luciano Armas .................................................................................... 27Francisco Arrizado Yáñez ................................................................. 29Alfonso Blanco Torrado ..................................................................... 31Marisol Bravos López ......................................................................... 33Darío Xohán Cabana ......................................................................... 35Miguel Cabana .................................................................................... 37Eloi Caldeiro ........................................................................................ 39Marica Campo .................................................................................... 41Tareixa Campo .................................................................................... 43Xosé Manuel Carballo Ferreiro ....................................................... 45Alfonso Carrasco Rouco ................................................................... 47Mary-Pepa Carro Páramo ................................................................ 49Benjamín Casal Vila ........................................................................... 51Ana Castro Liz .................................................................................... 53Lois Celeiro .......................................................................................... 55Ricardo Couto ..................................................................................... 57Antón Crego ........................................................................................ 59Xoán Cuba ........................................................................................... 61Manuel Curiel ..................................................................................... 63Adolfo de Abel Vilela ......................................................................... 65José de Cora Paradela ........................................................................ 67Jaime Delgado Gómez ...................................................................... 69

1.2.3.4.5.6.7.8.9.

10.11.12.13.14.15.16.17.18.19.20.21.22.23.24.25.26.27.28.

Índice

Page 238: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

238

Xoán Ramón Díaz Sánchez .............................................................. 71Manuel Espiña Gamallo ................................................................... 73Familia de Manuel Rodríguez López ............................................. 75Luis Fernández Guitián .................................................................... 77Ángel Fernández López ..................................................................... 81Alejandro Fernández Pumariño ....................................................... 83Matilde Fernández (Matuquín) ...................................................... 87J. Pastor Ferreiros Carreira ............................................................... 89Xosé Lois Foxo .................................................................................... 91Raul Galego García ............................................................................ 93Antón Galocha López ........................................................................ 95M.ª Jesús García Agudín (Maquicha) ........................................... 97Francisco García Campo .................................................................. 99Bernardo García Cendán ................................................................. 101Alfonso Garcia Sanmartín .............................................................. 103Andrés García Vilariño .................................................................... 105Alfredo Garrido ................................................................................. 107Gay, Tonina ........................................................................................ 109Domingo Gomez Freire ................................................................... 111José Antonio González García ........................................................ 113Marcial José González Vigo ............................................................. 115Alfredo González Vilela ................................................................... 117Baldomero Iglesias Dobarrio .......................................................... 119Ernesto Lagarón ................................................................................ 123María Carmen Lolo López .............................................................. 125Manuel Lombao Lombao ............................................................... 127Luis López Pombo ............................................................................ 131Arximiro Lopez Rivas ...................................................................... 133Paco Martín ........................................................................................ 135Pilar Martínez Conde, Pilocha ...................................................... 137Mario Mato Arias .............................................................................. 139Xosé Manuel Mato Díaz ................................................................. 141Julio Méndez Menéndez de Llano ................................................ 145Xoán Xosé Molina Vázquez ........................................................... 147Paco Nieto .......................................................................................... 149Pablo Núñez González ..................................................................... 151

29.30.31.32.33.34.35.36.37.38.39.40.41.42.43.44.45.46.47.48.49.50.51.52.53.54.55.56.57.58.59.60.61.62.63.64.

Page 239: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta

239

José María Núñez .............................................................................. 153David Otero ........................................................................................ 155Xerardo Pardo de Vera ..................................................................... 157María Belén Pérez Lamas ................................................................ 159Victorino Pérez Prieto ...................................................................... 161Xosé María Pin Millares .................................................................. 163Francisco Piñeiro González ............................................................. 165Pepe Pol ............................................................................................... 167Ricardo Polín ..................................................................................... 169Ovidio Portomeñe Vázquez ............................................................ 171Xavier Puente Docampo ................................................................. 173Xesús Pérez Regueiro ........................................................................ 175Manuel Regueiro Tenreiro .............................................................. 177Antonio Reigosa Carreiras ............................................................... 181Reiseiros do Cebreiro ....................................................................... 183Isaac Rielo Carballo .......................................................................... 185Antonio Río Montero ...................................................................... 189Xosé Luis Rivas Cruz ........................................................................ 191Carlos Rodríguez Arias .................................................................... 195Xavier Rodríguez Barrio .................................................................. 197Manuel Rodríguez Castro (Manolo do Bolo) ............................ 199Ignacio Rodríguez Eguíbar ............................................................. 201María Bernarda Rodríguez González ........................................... 203Eloi Rodríguez López ...................................................................... 205Branca Rodríguez Pazos ................................................................. 207Isidoro Rodríguez Pérez ................................................................. 209Tareixa Rodríguez Pol ...................................................................... 213Ernesto Sánchez Pombo .................................................................. 215Arcadio Silvosa .................................................................................. 217Edelmiro Ulloa .................................................................................. 219Saturno Luis Valdés González (Tuno) ......................................... 223Manuel Varela Veiga ......................................................................... 225Mario Vázquez Carballo ................................................................. 227José Vázquez Diéguez ...................................................................... 229Félix Villares Mouteira ..................................................................... 231Xulio Xiz ............................................................................................. 233

65.66.67.68.69.70.71.72.73.74.75.76.77.78.79.80.81.82.83.84.85.86.87.88.89.90.91.92.93.94.95.96.97.98.99.

100.

Page 240: mato sono io 100 - Galicia Digital: Informacion, cultura ... Xulio Xiz Asesoría lingüística M.ª Carmen Rodríguez Soto Edita Fundación Manuel María da Terra Chá Colabora Xunta