Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10....

55
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 55 Ámbito científico tecnolóxico Módulo 1 Unidade didáctica 8 A vida e a súa repercusión

Transcript of Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10....

Page 1: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Educación secundaria

para persoas adultas

Páxina 1 de 55

Ámbito científico tecnolóxico

Módulo 1 Unidade didáctica 8

A vida e a súa repercusión

Page 2: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 2 de 55

Índice

1. Programación da unidade ............................ ............................................................3

1.1 Encadramento da unidade no ámbito ........................................................................... 3 1.2 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.3 Obxectivos didácticos ................................................................................................... 4 1.4 Contidos ....................................................................................................................... 4 1.5 Actividades e temporalización....................................................................................... 5 1.6 Recursos materiais ....................................................................................................... 5 1.7 Avaliación ..................................................................................................................... 5

2. Desenvolvemento.................................... ..................................................................6

2.1 Requisitos para a vida .................................................................................................. 6 2.2 Organización celular ................................................................................................... 10 2.3 Características que definen os seres vivos: as funcións vitais .................................... 15 2.4 Clasificación dos seres vivos: os cinco reinos............................................................. 21 2.5 O reino Plantas........................................................................................................... 28 2.6 O reino Animais .......................................................................................................... 35 2.7 Algo importante que conservar: a biodiversidade........................................................ 41 2.8 Algo de estatística: recollida e presentación de datos................................................. 44 2.9 Representación de puntos no plano............................................................................ 50

3. Cuestionario de avaliación ......................... ............................................................52

Page 3: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 3 de 55

1. Programación da unidade

1.1 Encadramento da unidade no ámbito – Unidade 1

– Unidade 2

– Unidade 3 ���� Bloque 1

– Unidade 4

– Unidade 5

– Unidade 6

– Unidade 7

Módulo 1

���� Bloque 2

– Unidade 8: A vida e a súa repercusión

– Unidade 1

– Unidade 2

– Unidade 3 ���� Bloque 1

– Unidade 4

– Unidade 5

– Unidade 6

– Unidade 7

Módulo 2

���� Bloque 2

– Unidade 8

– Unidade 1

– Unidade 2:

– Unidade 3 ���� Bloque 1

– Unidade 4

– Unidade 5

– Unidade 6

– Unidade 7

Módulo 3

���� Bloque 2

– Unidade 8

– Unidade 1

– Unidade 2

– Unidade 3 ���� Bloque 1

– Unidade 4

– Unidade 5

– Unidade 6

– Unidade 7

Módulo 4

���� Bloque 2

– Unidade 8

1.2 Descrición da unidade didáctica

Nesta unidade trataremos dos requisitos necesarios para a existencia da vida en todas as súas formas. Organizaremos os datos en táboas para a súa mellor representación e para a súa análise posterior.

Page 4: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 4 de 55

1.3 Obxectivos didácticos � Caracterizar a existencia de vida no planeta Terra.

� Coñecer os niveis de organización dos seres vivos: célula, tecidos, órganos, sistemas e aparellos.

� Saber a composición da materia viva.

� Estudar a célula e as súas funcións vitais.

� Diferenciar os dous tipos de organización familiar.

� Coñecer as funcións vitais que realizan os seres vivos.

� Caracterizar os seres unicelulares e pluricelulares.

� Realizar unha experiencia para observar células.

� Clasificar os seres vivos nos cinco reinos e caracterizar cada reino.

� Analizar os reinos vexetal e animal, observando a súa diversidade, a súa clasificación e as súas funcións.

� Realizar un traballo onde se analice a diversidade humana e que sirva para realizar un debate na aula.

� Falar da linguaxe estatística (poboación, mostra, carácter estatístico e variable estatísti-ca).

� Organizar nunha táboa os datos dun feito recente: táboas de frecuencias.

� Representar os datos dunha táboa dada: diagramas de barras, de sectores e histogramas.

� Coñecer a representación en eixes de coordenadas.

� Representar puntos en coordenadas cartesianas.

1.4 Contidos � Identificación dos requisitos necesarios para a vida.

� Descrición das características que definen os seres vivos: funcións vitais.

� Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares.

� Utilización da lupa e do microscopio para a observación.

� Recoñecemento da biodiversidade e clasificación dos seres vivos nos cinco reinos.

� Observación dos organismos de cada reino.

� Observación especial aos principais grupos dos reinos animal e vexetal.

� Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como patrimonio cultural.

� Organización dos datos en táboas.

� Coordenadas cartesianas.

� Representación de puntos nun sistema de eixes de coordenadas.

� Identificación dos puntos a partir das súas coordenadas.

Page 5: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 5 de 55

1.5 Actividades e temporalización � 16 períodos lectivos

1.6 Recursos materiais � Bibliografía (a que aparece deseguido é orientativa):

– Aplicaciones informáticas. La enciclopedia del estudiante. V 14. Santillana. El País.

– Ciencias da natureza. 1º ESO. Ecir Editorial. 2002.

– Ciencias da natureza. 1º ESO. Ed. Casals. Atmos. 2002.

– Ciencias da natureza. 1º ESO. Ed. Rodeira. 2007.

– Ciencias da natureza. 1º ESO. Ed. Santillana. 2002.

– Ciencias da natureza. 1º ESO. Ed. Tambre. Proxecto 2.2. 2002.

– Ciencias da natureza. 1º ESO. Oxford Educación. Proxecto Ánfora. 2007.

– Ciencias de la Tierra y del Universo. La enciclopedia del estudiante. V 10. Santilla-na. El País.

� Equipamento informático con acceso a internet.

1.7 Avaliación � Os aspectos procedementais pódense avaliar pola participación na clase e nos debates, e

a realización de tarefas propostas.

� Os aspectos conceptuais hanse avaliar mediante os cuestionarios do tipo dos propostos.

Page 6: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 6 de 55

2. Desenvolvemento

2.1 Requisitos para a vida

Para que se poida desenvolver a vida é preciso que se cumpra unha serie de condicións fí-sicas ideais de luz, temperatura, auga, osíxeno, etc. No Sistema Solar é difícil atopar luga-res onde se poidan dar estas circunstancias: unha temperatura media acaída, a existencia de atmosfera que filtre a radiación solar, a presenza de auga líquida e a combinación du-nha serie de elementos químicos (o hidróxeno, o osíxeno, o nitróxeno e o carbono), etc.

A biosfera

É a parte da Terra en que existe vida. Non é unha zona concreta e perfectamente definida, xa que os seres vivos poden ocupar zonas da Terra nos que a supervivencia é difícil. Tam-pouco é uniforme, xa que está formada por unha parte sólida, a superior da xeosfera, unha parte líquida, a hidrosfera, e unha parte gasosa, as capas inferiores da atmosfera.

Todos os organismos vivos teñen unha composición e un funcionamento moi parecidos. Están formados polos mesmos elementos químicos e realizan as mesmas funcións.

Se analizamos a composición dun ser vivo vemos que está formado por substancias que, na natureza, son propias dos seres vivos (azucres, graxas, proteínas, ácidos nuclei-

cos) e por outras que aparecen na natureza nos seres vivos e nos non vivos: auga e sales minerais. Son as biomoléculas ou moléculas dos seres vivos.

Cada unha destas substancias cumpre, no ser vivo, unha función determinada, así:

� Azucres: proporciónanlle enerxía ao organismo.

� Graxas: constitúen as substancias de reserva.

� Proteínas: forman os músculos, o cabelo, etc.

� Ácidos nucleicos: ADN e ARN son responsables da herdanza e do funcionamento.

� Auga: proporciona soporte a todas as demais.

� Sales minerais: actúan como reguladores.

Page 7: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 7 de 55

Estas biomoléculas están formadas por elementos químicos similares aos que forman a materia non viva. Os máis abundantes son o hidróxeno (H), o osíxeno (O), o nitróxeno (N) e o carbono (C). Outros elementos son moito menos abundantes.

A unión de biomoléculas dá lugar a un ser vivo. O ser vivo máis sinxelo é a célula. A célula é a unidade de organización dos seres vivos.

As células só se poden ver coa axuda dun microscopio. Hai algúns casos de células ob-servables a simple vista, como algunhas células musculares ou cos óvulos das aves.

Tipos de células

Secuencia de actividades

S1. Recolla información sobre as condicións físicas que reúnen outros planetas ou satélites do Sistema Solar, analíceos e escriba o motivo, ou motivos, polos que, que se saiba, só apareceu a vida na Terra.

Planetas Temperatura media superficial Presenta atmosfera Existe auga líquida

���� Mercurio

���� Venus

���� A Terra

���� Marte

���� Xúpiter

���� Saturno

���� Urano

���� Neptuno

� A vida non é posible en Mercurio porque______________________________

� A vida non é posible en Xúpiter porque _______________________________

� A vida non é posible en Venus porque ________________________________

Page 8: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 8 de 55

S2. Que circunstancias favorables para a vida derivan da existencia da atmosfera?

S3. Copie e complete:

A Terra é o único planeta habitado do Sistema Solar. É apto para a vida polas súas suaves ____ , a existencia de ____ e de ____ , que é rica en ____

S4. Complete o seguinte esquema da organización dun ser vivo pluricelular.

S5. Cal é o composto máis abundante no ser humano? Que cantidade aproximada deste compoñente ten vostede? E de proteínas?

Page 9: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 9 de 55

S6. Calcule os kg de osíxeno, carbono e hidróxeno que hai nun ser humano de 100 kg de peso.

S7. Indique se as seguintes cousas están feitas por células: auga, ovos, azucre, ár-bore, pedra, arroz, vidro, sangue, anaco de polo, cravo e plástico.

Cousas Si / Non Cousas Si / Non

���� Auga ���� Arroz

���� Ovos ���� Vidro

���� Azucre ���� Sangue

���� Árbore ���� Anaco de polo

���� Pedra ���� Plástico

���� Cravo

���� Moeda

Page 10: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 10 de 55

2.2 Organización celular

A célula

A unidade de organización da materia viva é a célula. Os seres vivos poden estar constitu-ídos por unha ou por máis dunha célula. No primeiro caso falamos de organismos unicelu-

lares, no segundo de organismos pluricelulares.

� Estrutura. Todas as células teñen estruturas comúns: membrana plasmática, citoplas-ma e material xenético.

� Grupos. As células pódense clasificar en dous grupos: procariotas e eucariotas.

– Procariotas: teñen o material xenético distribuído polo citoplasma.

– Eucariotas: teñen o material xenético dentro dun núcleo rodeado dunha membrana.

Célula procariota Células eucariotas

Todas as células presentan estruturas variadas no citoplasma, son os orgánulos. Cada un deles cunha función determinada.

As células vexetais posúen estruturas que non posúen as células animais, unha parede de celulosa e os cloroplastos.

Organismos pluricelulares

Os organismos pluricelulares están constituídos por células eucariotas con diferentes especializacións.

���� Tecidos. Cada grupo de células especializadas forma un tecido. Por exemplo, o tecido nervioso está formado por unhas células especializadas en conducir mensaxes dun lado a outro do cor-po, chamadas neuronas.

���� Órganos. Os tecidos que interveñen nun mesmo proceso forman órganos, por exemplo o cerebro.

���� Sistemas. Os órganos forman parte de estrutu-ras máis complexas, os aparellos e os sistemas.

���� Organismo. O conxunto destes forma un orga-nismo.

Page 11: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 11 de 55

Secuencia de actividades

S8. Que partes teñen en común todas as células? Debuxe unha célula que as inclúa.

S9. Indique na táboa seguinte as estruturas presentes en cada tipo de célula:

Estrutura celular Célula procariota Célula eucariota vexetal Célula eucariota animal

���� Parede de celulosa

���� Membrana celular

���� Citoplasma

���� Material xenético

���� Núcleo definido por membrana nuclear

���� Cloroplastos

S10. Indique se os enunciados son verdadeiros (V) ou falsos (F). Corrixa os falsos.

Enunciados V / F Correccións

���� As células ecuariotas son as que teñen os animais e as plantas

���� As células eucariotas son aquelas que non posúen núcleo definido

���� As células vexetais posúen parede celular de celulosa

���� As células procariotas non teñen material xenético

S11. Que tipos de organismos existen atendendo ao número de células que os for-man? Poña exemplos de cada un deles.

Page 12: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 12 de 55

S12. Por que as células dun organismo pluricelular non son todas iguais?

S13. Que é un tecido? E un órgano?

���� Tecido

���� Órgano

S14. Actividade práctica 1. Observación de células dunha cebola

���� Para poder observar células é preciso empregar un microscopio. As lentes que conteñen os ob-xectivos e o ocular permiten que se aumente o tamaño dos obxectos.

���� Para observar unha mostra ao microscopio é preciso que esta sexa moi fina para que a luz poida atravesala.

���� As mostras deposítanse sobre un vidro rectangu-lar, chamado portaobxectos, e cóbrense con ou-tro vidro máis fino chamado cubreobxectos. De-posítase na platina do microscopio, enfócase e óllase polo ocular.

Material Unha cebola, un microscopio, unha lanceta, unhas pinzas, unha caixa de Petri, un frasco lavador, un portaobxec-tos, un cubreobxectos, papel secante e un colorante (verde de metilo).

Procedemento

���� Coa axuda dunha lanceta córtase un cadrado de 1 cm2 da cara cóncava dunha folla da cebola.

���� Arríncase o anaquiño da epiderme cunhas pin-zas e colócase no centro dun portaobxectos no que xa se depositaron unhas pingas de auga.

���� Colócase o portaobxectos sobre a caixa de Petri ou un vaso e engádenselle á mostra unhas pin-gas de verde de metilo. Agárdanse 5 minutos.

���� Lávase o colorante nun chorriño suave de auga. ���� Sécase o portaobxectos con papel, bótanse

unhas pingas de auga e ponse o cubreobxectos coidando que non queden burbullas de aire. A mostra está lista para observarse ao microscopio

Cuestións

���� Faga un debuxo do que observe. Que estruturas celulares pode identificar. ���� Observe unha preparación sen tinxir. Hai diferenzas respecto á tinxida? Para que se tinxen as preparacións? ���� Por que teñen que ser moi finas as mostras que se poñen ao microscopio?

Page 13: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 13 de 55

S15. Actividade práctica 2. Observación de células da mucosa bucal.

Material Un microscopio, un escarvacentes, un portaobxectos, un cubreobxectos, un chisqueiro de alcohol, pinzas de ma-deira, unha caixa Petri ou un vaso, un frasco lavador, papel secante e un colorante (azul de metileno).

Procedemento

���� Co escarvadentes (con moito coidado e despois de romperlle a punta) ou cunha unlla raspamos a cara interna da meixela no interior da boca.

���� Depositamos unhas pingas de auga nun portaobxectos e sobre elas depositamos a mostra.

���� Cando lle pareza que hai cantidade de mostra suficiente séquea sua-vemente colocando o portaobxectos en movemento, a certa distancia, sobre a chama dun chisqueiro.

���� Coloque o portaobxectos sobre a caixa de Petri ou un vaso e engádalle á mostra unhas gotas de azul de metileno. Agarde dous minutos.

���� Lave o colorante baixo un chorro moi suave de auga. ���� Seque o portaobxectos con papel, engada unhas pingas de auga e co-

loque o cubreobxectos coidando que non queden burbullas de aire. A mostra está lista para observarse ao microscopio.

Cuestións

���� Faga un debuxo do que observe. ���� Que estruturas celulares pode identificar? ���� Compare as células animais e as vexetais e estableza similitudes e diferenzas.

S16. Actividade práctica 3. Observación de organismos unicelulares.

Material Un microscopio, un portaobxectos, un cubreobxectos, un contagotas e un recipiente de mediano tamaño.

Procedemento

���� Recolla auga dunha poza e engádalle follas se-cas recollidas do campo. Deixe repousar uns dí-as (10 ou 12).

���� Co contagotas recolla unha mostra da auga e deposite unha pinga sobre o portaobxectos. Co-loque sobre a pinga o cubreobxectos. Nota: ás veces, cando non transcorre tempo su-ficiente, a mostra pode ter pouca densidade de microorganismos. Pódese facer pasar por un pa-pel de filtro para a concentrar.

���� Coloque a mostra na platina do microscopio e observe a variedade de organismos vivos que hai nunha pinga de auga.

Cuestións

���� Debuxe os microorganismos que observe. ���� Trate de identificar algúns dos que aparecen na figura e indique o grupo ao que pertence (protozoos, crustáce-

os ou diatomeas). ���� Algúns móvense. Como o conseguen? Que estruturas teñen para movérense?

Page 14: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 14 de 55

S17. Deseguido aparecen varias mostras observadas ao microscopio.

���� Sinale a que corresponde a organismos unicelulares.

���� Sinale as que corresponden a tecidos vivos.

���� Hai unha mostra na que as células carecen dunha parte fundamental para a vida. Indique cal é e cal a carencia que se indica.

S18. Copie e complete:

Todos os seres vivos están formados por ___, que son as unidades mínimas da vida. Se-gundo o número de células que os forman, hai seres vivos ___ e ___. As células poden ser de dous tipos: ___ e ___.

Os seres vivos están organizados en diferentes niveis. As células agrúpanse formando ___; estes, á súa vez, forman ___, que se agrupan formando ___. As agrupacións destes últimos chámanse ___.

Esta páxina proporciona simulacións interesantes:

� [http://www.educaplus.org/index.php?option=com_content&task=view&id=107&Itemid=33]

Page 15: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 15 de 55

2.3 Características que definen os seres vivos: as funcións vitais

Funcións vitais

Todos os seres vivos, non importa o seu grao de complexidade, teñen en común unha mesma composición química e unha mesma unidade de funcionamento. Todos realizan tres funcións básicas que, ao definiren os seres vivos en xeral, se chaman funcións vitais:

� Nutrición: mediante ela, os seres vivos obteñen as substancias para renovar as que for-man as súas estruturas e a enerxía necesaria para realizar as funcións vitais. Os seres vivos toman substancias do medio (alimentos), transfórmanas e tíranlles proveito e ex-pulsan os refugallos.

� Relación: pon o ser vivo en contacto co medio e permítelle dar resposta a todos os cambios que se producen nel.

� Reprodución: garante que a vida continúe a produción de descendencia.

Funcións vitais nos organismos unicelulares

Os organismos unicelulares, como organismos vivos que son, realizan as funcións vitais:

� Nutrición celular. As células aliméntanse de varias maneiras. Por fagocitose inxiren partículas grandes, por pinocitose engolen as pequenas e a través da membrana partícu-las moi pequenas.

� Relación celular. As células son capaces de desprazárense cara a estímulos positivos e fuxir daqueles que lles resultan negativos: a luz, a humidade, a temperatura, etc. Este desprazamento realízano de xeitos diferentes. Por pseudópodos, que son prolongacións do seu citoplasma, por medio do movemento continuo de filamentos que, se son curtos reciben o nome de cilios e, se son longos, flaxelos.

� Reprodución celular. As células reprodúcense de varios xeitos. Por bipartición cando unha célula dá lugar a dúas iguais, por xemación cando a partir dunha xema se orixina unha célula filla, e por división múltiple cando unha célula se divide en moitas fillas.

Bipartición

Xemación

División múltiple

Reprodución celular Movemento celular Fagocitose

Esta páxina proporciona simulacións interesantes:

� [http://www.edumedia-sciences.com/a82_l3-fagocitosis.html]

Page 16: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 16 de 55

Funcións vitais nos organismos pluricelulares

Os organismos pluricelulares tamén realizan as funcións vitais.

� Nutrición. Non todos os organismos pluricelulares se nutren do mesmo xeito. Hai dous tipos de nutrición:

– Autótrofa. As plantas son capaces de fabricar materia orgánica a partir da materia inorgánica por medio dun proceso chamado fotosíntese. Polas raíces toman auga e sales minerais, polas follas toman dióxido de carbono e captan a enerxía luminosa procedente do Sol.

– Heterótrofa. Os organismos incapaces de fabricar materia orgánica teñen que a to-mar directamente do medio, teñen que nutrirse doutros seres vivos. Algúns alimén-tanse de carne (carnívoros), outros de plantas (herbívoros), outros de plantas e ani-mais (omnívoros), e hainos que se alimentan de materia orgánica en descomposición (saprófitos).

Nutrición autótrofa Nutrición heterótrofa

� Relación. Os organismos pluricelulares precisan tamén detectar os cambios que se pro-ducen no medio e reaccionar ante eles para sobrevivir. Esta relación, que é doadamente observable nalgúns organismos, como os animais, pasa máis desapercibida noutros, como as plantas. Os animais captan a información procedente do medio que os rodea a través dos órganos dos sentidos e procésana e coordinan a resposta cun sistema nervio-

so. As plantas reaccionan tamén a algúns estímulos como a luz.

As plantas móvense para procurar a luz, a humidade ou un apoio; saben onde está abaixo e arriba; móvense polo contacto dun insecto; controlan a humidade ou ábrense ao Sol

Page 17: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 17 de 55

Os animais teñen sentidos para captar a información do medio, sistemas ner-viosos para procesala e aparellos loco-

motores para reaccionar

� Reprodución. Permite que as especies se perpetúen. Os seres vivos orixinan novos in-dividuos semellantes a eles. Hai dous tipos de reprodución: asexual e sexual.

– Asexual: a partir dun fragmento dun individuo fórmanse novos organismos iguais a el.

Entre as plantas, a reprodución asexual é moi común

Algúns animais teñen capacidade para rexenerar partes do seu corpo

– Sexual: hai individuos de dous sexos. Cada un produce un tipo de células diferente, os gametos ou células sexuais. Estas células sexuais únense nun proceso coñecido como fecundación e forman un ovo ou cigoto que se divide e dá lugar a un novo in-dividuo, que leva caracteres dos dous proxenitores.

O cigoto pode desenvolverse no interior do corpo da nai ata o momento do nace-mento, e dicimos que a reprodución é vivípara, ou pode desenvolverse no exterior do corpo da nai cando esta pon ovos. Este tipo de reprodución chámase ovípara.

Reprodución vivípara Reprodución ovípara

Page 18: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 18 de 55

Secuencia de actividades

S19. Algúns glóbulos brancos, como os leucocitos, actúan devorando bacterias entei-ras nocivas para o corpo humano. Que tipo de nutrición están realizando?

S20. As bacterias da especie Escherichia coli pódense reproducir por bipartición cada 20 minutos. Cantas bacterias pode haber, a partir dunha soa, logo de 24 horas.

S21. Que significan os termos autótrofo e heterótrofo? Que característica permite cla-sificar os seres vivos nun ou noutro grupo?

���� Autótrofo

���� Heterótrofo

S22. Que órganos interveñen na incorporación de nutrientes nas plantas?

Page 19: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 19 de 55

S23. Que é fotosíntese? Que organismos a realizan? Que tipo de nutrición presentan?

S24. Poderíase dicir que as plantas teñen sensibilidade?

S25. Escriba unha relación de estímulos aos que son capaces de responder as plan-tas e outros aos que son capaces de responder os animais. Compare as respos-tas e razoe sobre as causas das diferentes capacidades de respostas dos dous grandes grupos de seres vivos.

���� Plantas

���� Animais

���� Razoamento resultante da comparación

S26. Cando empregamos a semente dunha planta para conseguir outra estase repro-ducindo asexualmente ou sexualmente?

Page 20: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 20 de 55

S27. Escriba unha relación de organismos que teñen reprodución sexual e outra de organismos con reprodución asexual:

���� Sexual

���� Asexual

S28. A capacidade de reprodución asexual dalgúns organismos é empregada polas persoas para mellorar a súa produción. Documéntese e elabore un informe que faga referencia a algún dos métodos empregados. (Exemplo: a produción de pa-tacas).

S29. Razoe e escriba unhas liñas sobre este tema: a reprodución é unha función vital por medio da que se beneficia a especie e non o organismo.

Page 21: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 21 de 55

2.4 Clasificación dos seres vivos: os cinco reinos

A grande variedade de seres vivos fai necesario identificalos, ordenalos e agrupalos. Estes tres procesos permiten establecer unha clasificación.

Os criterios de clasificación foron variando ao longo da historia. Na actualidade empré-gase un sistema de clasificación que agrupa aos organismos en cinco reinos.

Os cinco reinos

���� Moneras: que abrangue os organismos procariotas.

���� Protoctistas: formado por algas e protozoos.

���� Fungos: constituído por fungos e lévedos.

���� Plantas.

���� Animais.

Para incluír un organismo nun reino determinado téñense en conta os criterios seguintes:

Reinos Tipo de nutrición Organización celular Tipo de célula Presenza de tecidos

���� Moneras Autótrofa / heterótrofa Unicelular Procariota Sen tecidos

���� Protoctistas Autótrofa / heterótrofa Unicelular / pluricelular Eucariota Sen tecidos

���� Fungos Heterótrofa Pluricelular Eucariota Sen tecidos

���� Plantas Autótrofa Pluricelular Eucariota Con tecidos

���� Animais Heterótrofa Pluricelular Eucariota Con tecidos

� Reino Moneras: está constituído polas bacterias. Algúns destes organismos son pató-xenos, é dicir, causan doenzas, pero outros, a maioría, son beneficiosos.

Moitos procesos de elaboración de alimentos teñen como compoñente indispensa-ble algúns tipos de bacterias.

As bacterias son moi pequenas, teñen un tamaño inferior a 10 microns (1 micron é a milésima parte dun milímetro). Nun milímetro, xa que logo, caben aliñadas entre cen e mil bacterias.

� Protozoos: son organismos unicelulares, heterótrofos. Algúns viven libres e outros son parasitos.

� Reino Protoctistas: inclúe dous grupos de organismos perfectamente diferenciados, os protozoos e as algas.

Page 22: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 22 de 55

Tripanosomas Plasmodium Pamanecio

Ameba Esqueletos de radiolarios Vorticelas

� Algas: son organismos acuáticos, unicelulares ou pluricelulares. Teñen pigmentos que lles permiten realizar a fotosíntese. Non se consideran plantas porque as algas plurice-lulares non teñen tecidos.

Caulerpa Volvox Alga vermella

Spirogyra Cápsula de diatomea Fucus

� Reino Fungos: está constituído por organismos moi variados que teñen en común que son heterótrofos.

Os fungos cumpren un papel moi importante na natureza, xa que contribúen a de-gradar a materia orgánica en descomposición: son organismos saprófitos.

Tamén hai fungos parasitos que viven ás expensas dun organismo vivo (planta ou animal) causándolle dano.

As persoas atoparon fungos con aplicación médica. Os antibióticos son substancias que se descubriron ao se produciren por algúns fungos.

Page 23: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 23 de 55

Amanita phalloides Peziza Saccharomyces

Penicillium Trufas

Secuencia de actividades

S30. Que criterios se utilizaron para a clasificación actual nos cinco reinos?

S31. Por que non se agrupan no mesmo reino todos os organismos unicelulares?

S32. En que reino se inclúen os organismos que non presentan núcleo definido?

Page 24: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 24 de 55

S33. Por que as algas non pertencen ao reino Plantas?

S34. Se lle din que un ser vivo se alimenta de materia orgánica e non se pode des-prazar, en que reino o incluiría?

S35. En que reino incluiría un organismo unicelular autótrofo e con núcleo definido? Que tipo de ser vivo podería ser? Presentaría tecidos?

S36. Indique a que reino pertence cada un dos seguintes seres vivos: ganso, bidueiro, lévedo, pardal, aciñeira, brión, esponxa, cempés, champiñón, tartaruga, tomiño, paramecio e níscaro. Se é preciso infórmese previamente das características de cada organismo. Razoe sobre o motivo da inclusión de cada organismo en cada reino.

Seres vivos Reino Motivo

���� Ganso

���� Bidueiro

���� Lévedo

���� Pardal

���� Aciñeira

���� Brión

���� Esponxa

Page 25: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 25 de 55

���� Cempés

���� Champiñón

���� Tartaruga

���� Tomiño

���� Paramecio

���� Níscaro

S37. Infórmese (enciclopedias, Internet, etc.) e atope dous alimentos en cuxa fabrica-ción interveñan bacterias. Describa o proceso, industrial ou doméstico, para a súa elaboración.

� �

S38. Procure tamén información para relacionar as doenzas que se indican deseguido coas bacterias que as causan, colocando a letra adecuada no lugar indicado.

a Tétanos ���� Streptococcus neumoniae

b Sífilis ���� Mycobacterium tuberculosis

c Pulmonía ���� Salmonella sp

d Tuberculose ���� Treponema pallidum

e Salmonelose ���� Clostridium tetani

Page 26: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 26 de 55

S39. As bacterias son células procariotas. En que se diferencian das eucariotas?

S40. Cales son as características dos protozoos?

S41. Procure información sobre algún protozoo prexudicial para as persoas porque lles produza algunha doenza, e elabore un pequeno informe sobre o tema.

S42. Que importancia teñen as algas no medio mariño? Por que necesitan luz?

S43. Que quere dicir que os fungos son heterótrofos?

Page 27: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 27 de 55

S44. Investigue sobre a importante aplicación médica dalgúns fungos. Escriba un pe-queno informe.

S45. Busque información sobre a fabricación da cervexa e do viño e elabore un cartel explicativo de cada proceso.

Cervexa Viño

S46. Busque tamén información para relacionar os nomes da primeira columna cos da segunda, colocando a letra adecuada no lugar indicado:

a Mofo da froita ���� Parasito

b Saccharomyces cerevisiae ���� Saprófito

c Mildeu ���� Simbionte

d Níscaro ���� Unicelular

e Lique ���� Cogomelo comestible

Page 28: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 28 de 55

2.5 O reino Plantas

O reino Plantas está constituído polos organismos que presentan algunha parte de cor ver-de, están adaptados á vida terrestre e non se poden desprazar. Son seres pluricelulares ca-paces de fabricar materia orgánica a partir da materia inorgánica, nun proceso denominado fotosíntese. Na respiración, para obteren enerxía para as súas células, consomen materia orgánica e osíxeno, e liberan dióxido de carbono.

Esquema da fotosíntese

Clasificación

As plantas pódense clasificar atendendo á presenza de vasos e á presenza de flores.

� Presenza de vasos. Os vasos condutores permiten o movemento de auga e a materia orgánica a través das plantas. As hepáticas non teñen vasos, os brións téñenos moi sin-xelos e os fentos, as ximnospermas e as anxiospermas téñenos ben desenvolvidos.

Hepática Brión Fentos

� Presenza de flores. As hepáticas, os brións e os fentos non teñen flores; reprodúcense con esporas. As ximnospermas teñen flores moi sinxelas e non forman froitos; as an-

xiospermas teñen flores e forman froitos. As plantas con flores son as espermatófitas.

Ximnosperma Anxiosperma

Page 29: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 29 de 55

As flores son os órganos reprodutores das, os grans de pole conteñen as células repro-dutoras masculinas e o ovario a célula reprodutora feminina, que se unen na fecunda-ción e dan lugar á formación da semente, que dará lugar unha nova planta. Nas anxios-permas, as sementes están protexidas por un froito que facilita a súa dispersión.

As espermatófitas están divididas en raíz, talo e follas.

A raíz permite que a planta tome do solo auga e sales minerais, o talo serve de sos-tén e as follas teñen os mecanismos precisos para controlar a transpiración, evitando a perda excesiva de auga e para realizar a fotosíntese. Nelas hai pigmentos como a cloro-fila que permiten recoller a enerxía luminosa do Sol.

Secuencia de actividades

S47. Que é unha planta?

S48. Copie e complete:

As plantas son ____ pluricelulares, xa que están formadas por moitas ____; a súa nutri-ción é autótrofa, dado que obteñen a materia orgánica que necesitan mediante a ____. Son de cor verde debido a que posúen unha substancia chamada ____; e son organismos que non poden ____, xa que viven fixos no solo.

Page 30: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 30 de 55

S49. Complete o esquema que clasifica as plantas en función da presenza de vasos:

S50. Escriba tres exemplos de anxiospermas, tres de ximnospermas e tres de fentos. Se é preciso busque a información na Internet ou nunha enciclopedia.

���� Anxiospermas

���� Ximnospermas

���� Fentos

S51. Responda ás seguintes cuestións sobre a fotosíntese:

���� Que é a fotosíntese?

���� Que substancias toma a planta, de onde e por on-de as toma?

���� Que substancias expulsa a planta e por onde as ex-pulsa?

���� De onde obtén a enerxía precisa para o proceso?

���� Que ten a planta que lle permite captar esa ener-xía?

���� Que fabrica?

���� Que fai coas substancias fabricadas?

Page 31: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 31 de 55

S52. Complete o esquema seguinte que clasifica as plantas en función da presenza de flores e sementes:

S53. Escriba se é verdadeiro (V) ou falso (F). Corrixa os enunciados falsos.

Enunciados V / F Correccións

���� A maioría das plantas están adapta-das a vivir no medio terrestre.

���� Os fentos non teñen vasos conduto-res.

���� As hepáticas son plantas con flores.

���� Os brións son plantas con vasos condutores.

S54. Escriba o nome das partes dunha planta, e indique a función de cada unha:

Esta páxina proporciona simulacións interesantes:

� [http://www.edumedia-sciences.com/a437_l3-polinizacion.html]

� [http://www.edumedia-sciences.com/a436_l3-la-flor.html]

� [http://www.edumedia-sciences.com/a441_l3-propagacion-clonal.html]

Page 32: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 32 de 55

S55. Indique os nomes das partes da flor e a súa función:

S56. Sinale cun X as respostas correctas de acordo coas flores das imaxes:

���� Trátase dunha flor... ����

espida

hermafrodita

masculina

feminina

con pétalos libres

con pétalos soldados

con sépalos libres

����

����

sen sépalos

S57. Ordene, segundo o momento en que van aparecendo na vida da planta, as se-guintes estruturas: froito, flor, corpo vexetativo (raíz, talo e follas), semente e gran de pole.

Page 33: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 33 de 55

S58. Como se reproducen as plantas que non teñen flores (as hepáticas, os brións e os fentos).

S59. Complete o cadro que aparece deseguido escribindo en cada grupo os órganos e as estruturas que posúen de entre os seguintes:

Vasos condutores ben desenvolvidos – vasos condutores moi sinxelos – sen vasos condutores – sen flores – con flores primitivas – con flores complexas – sementes espidas – sementes dentro dun froito – sen raíz/talo/follas – con raíz/talo/follas.

Hepáticas

Brións

Fentos

Ximnospermas

Anxiospermas

S60. Explique como se diseminan as sementes dos seguintes froitos:

Page 34: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 34 de 55

S61. Clasifique as especies de plantas que se indican deseguido nun dos grupos que se propoñen:

acelga – coliflor – margarida – carballo – freixo – trigo – cebada – piñeiro – abeto – nabo – remolacha – cerdeira – amendoeira – chopo – eucalipto – durmideira – esparto – cánabo – tomiño – macela – figueira – gladíolo – avea - alfalfa – pataca.

Alimento persoas Alimento gando Uso téxtil Obter madeira Medicinal Ornamental

S62. Actividade práctica 4. Observación das partes dunha flor.

���� Cando queremos ampliar un obxecto para po-dermos velo mellor podemos empregar unha lu-pa binocular.

���� Non é preciso someter a mostra a ningún tipo de tratamento, só hai que colocala debaixo do ob-xectivo, enfocar e ollar

Material

Unha flor, unha lupa binocular e unha coitela.

Procedemento

���� Colocar a flor na base da lupa. ���� Acender a luz da lupa que pode ser superior ou inferior. ���� Colocar o corpo da lupa á altura axeitada para poder enfocar accionando o mando de bloqueo e fixando co

anel de suxeición. ���� Observar polos oculares e accionar o mando de enfoque para que a visión sexa nítida. ���� Mover a flor para poder observar as partes que máis interesen. ���� Corte a flor de forma simétrica para observar o ovario.

Cuestións

���� Faga un debuxo dos estames (parte masculina) e do xineceo (parte feminina). ���� Faga un debuxo do ovario (despois de facer un corte). ���� Observa algo que non sexa posible ver a "simple vista".

Page 35: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 35 de 55

2.6 O reino Animais

O reino Animais está formado por dous grandes grupos, os invertebrados (poríferos, cni-darios, moluscos, anélidos, artrópodos e equinodermos) e os vertebrados.

Tipos de organismos

No reino Animais os organismos están clasificados en tipos.

Tipo poríferos

As esponxas son organismos cheos de orificios polos que penetra a auga da que o animal retén as substancias nutritivas e o osíxeno

Tipo cnidarios

Posúen unhas células urticantes chamadas cnidoblastos coas que captu-ran as presas. Inclúe este tipo as medusas e os pólipos

Tipo moluscos

Teñen cuncha, externa ou interna, e un pé musculoso. Hainos acuáticos e terrestres. Os acuáticos respiran por branquias e os terrestres teñen un pulmón

Tipo anélidos

O seu nome procede de que teñen o corpo dividido en aneis. O tubo dixes-tivo recorre lonxitudinalmente o corpo da boca ao ano.

Tipo artrópodos

Son un grupo moi numeroso, tanto en cantidade como en variedade. Pre-sentan exoesqueleto, con patas e antenas articuladas. Algúns son terres-tres e respiran por traqueas, que son tubos que percorren o seu corpo con orificios para a entrada do aire. Outros son mariños e respiran por bran-quias. Pertencen a este tipo os arácnidos (arañas), os insectos (moscas, abellas, ...), os crustáceos (cangrexos, lumbrigantes, ...) e os miriápodos (cempés e milpés).

Tipo equinodermos

Teñen un aparello ambulacral que actúa ao mesmo tempo como sistema locomotor, circulatorio, respiratorio e excretor. Este tipo está formado polas holoturias, os ourizos e as estrelas de mar.

Page 36: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 36 de 55

Tipo cordados

Este tipo está formado por aqueles organismos que teñen columna vertebral en distintos graos de evolución

– Clase Peixes.Teñen a pel cu-berta por escamas, respiran por medio de branquias, desprá-zanse con aletas, son ovíparos e a temperatura corporal coin-cide coa do medio no que vi-ven.

– Clase Anfibios. Pasan de respi-rar por branquias a respirar por pulmóns e a través da pel. Son ovíparos. Desprázanse con pa-tas.

– Clase Réptiles. Teñen a pel cuberta de escamas, desprá-zanse con patas, teñen respira-ción pulmonar e son ovíparos.

– Clase Aves. Teñen a pel cuber-ta de plumas, desprázanse con patas e con ás, respiran por pulmóns e manteñen constante a súa temperatura.

���� Subtipo vertebrados. Inclúe todos os organismos que te-ñen unha columna vertebral perfectamente definida, que é ósea agás nos peixes ciclós-tomos (lamprea) e seláceos (quenllas e raias). Nos verte-brados están incluídas cinco clases:

– Clase Mamíferos. Teñen o corpo cuberto de pelo, desprá-zanse con patas, respiran por pulmóns, son vivíparos e man-teñen constante a temperatura.

Evolución dos animais

Todos os animais evolucionaron dun antepasado común e diversificáronse en todos os ti-pos coñecidos. Esta evolución pódese comprobar na progresiva aparición de órganos, apa-rellos e sistemas que gañaron en complexidade e en eficacia para a realización das fun-cións vitais. Os animais pasaron de ser agrupacións de células con unha mínima especiali-zación (esponxas) a estar formados por complexos sistemas e aparellos perfectamente es-pecializados (mamíferos).

Esta páxina proporciona simulacións interesantes:

� [http://es.wikipedia.org/wiki/Octopoda]

Page 37: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 37 de 55

Secuencia de actividades

S63. Indique o tipo a que pertencen os animais seguintes:.

���� Lontra ���� Xílgaro

���� Vacaloura ���� Cangrexo

���� Bolboreta ���� Araña

���� Polbo

���� Mosquito

Page 38: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 38 de 55

���� Medusa ���� Babosa

���� Esponxa ���� Tritón

���� Coral ���� Troita

���� Estrela de mar ���� Gato

���� Tartaruga ���� Samesuga

���� Víbora

���� Ornitorrinco

S64. Escriba un resumo coas principais características de cada tipo.

S65. Por que son perigosas algunhas medusas?

S66. Relacione os nomes da primeira columna coas frases da segunda, colocando a letra adecuada no lugar correspondente:

a Moluscos ���� Teñen unha cavidade dixestiva cun só orificio que serve de boca e ano

b Poríferos ���� Teñen patas articuladas e esqueleto externo

c Artrópodos ���� Corpo dividido en moitos segmentos perfectamente diferenciados

d Anélidos ���� Presentan poros

e Cnidarios ���� Teñen aparello ambulacral

Page 39: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 39 de 55

S67. Busque información e debuxe o aparello dixestivo dun anélido (lombriga de te-rra), dun molusco (caracol) e dunha ave (galiña).

Anélido Molusco Ave

� Cal lle parece máis sinxelo e cal máis complexo?

� En que consiste esta maior complexidade?

S68. Investigue cal é o primeiro tipo de animais no que aparece un sistema nervioso cun cerebro perfectamente desenvolvido.

Page 40: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 40 de 55

S69. Explique a relación entre o medio en que vive un animal e o seu aparello respira-torio.

S70. Que significa que un organismo é ovíparo? E vivíparo?

���� Ovíparo

���� Vivíparo

S71. Actividade práctica 5. Observación dun artrópodo.

���� Cando queremos ampliar un obxecto para po-dermos velo mellor podemos empregar unha lu-pa binocular.

���� Non é preciso someter a mostra a ningún tipo de tratamento, só hai que colocala debaixo do ob-xectivo, enfocar e ollar

Material

Un artrópodo (mosca, araña, etc.) unha lupa binocular e unha placa Petri..

Procedemento

���� Hai que “cazar” o organismo que queiramos observar e introducilo na placa Petri. ���� Colocar a caixa Petri na base da lupa. ���� Acender a luz da lupa, que pode ser superior ou inferior. ���� Colocar o corpo da lupa á altura axeitada para poder enfocar accionando o mando de bloqueo e fixando co

anel de suxeición. ���� Observar polos oculares e accionar o mando de enfoque para que a visión sexa nítida. ���� Mover a caixa para poder observar as partes que máis interesen.

Cuestións

���� Faga un debuxo do animal partindo dun esquema simple e tratando despois de incluír no debuxo todos os ca-racteres que observe.

���� Está dividido o corpo do animal en partes ben diferenciadas? Cales? ���� Observa algo que non teña apreciado a "simple vista"?

Page 41: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 41 de 55

2.7 Algo importante que conservar: a biodiversidade

Biodiversidade

Os seres vivos atopan solucións variadas e orixinais para dar resposta ás características do medio en que viven. A enorme variedade de organismos vivos ten a súa orixe nun proceso de adaptación a esas características. Esta variedade recibe o nome de biodiversidade.

As condicións de temperatura, abundancia de alimento, humidade, etc., que se dan nos ecosistemas condicionan a vida dos organismos que os ocupan. Só sobreviven os máis adaptados. Tamén a especie humana sofre este proceso de adaptación: non ten o mesmo aspecto unha persoa que procede do trópico que outra que procede da zona morna. Tamén nós temos que adaptarnos para sobrevivir nas condicións que nos impón o medio.

A ecoloxía

Camiñar por un fermoso lugar natural, sentir o canto das aves, etc., son algunhas das emocións máis reconfortantes que podemos experimentar. Cada paisaxe ofrécenos unha grande diversidade de seres e elementos.

No noso contorno existen moitos lugares que teñen características propias, que condicionan a vida dos organis-mos e dos grupos de seres vivos que habitan neles. Eses animais e esas plantas foron adaptándose pouco a pouco ás condicións ambientais do medio que os rodea e á influencia dos outros seres vivos con que conviven.

Ningún animal nin vexetal pode sobrevivir independente do medio, porque nel atopa as condicións para as súas actividades vitais. Todos os seres vivos dependen doutros organismos e do medio en que se desenvolven. Establé-cense así relacións complexas que fan necesaria a existencia duns para a supervivencia dos outros.

Ademais, o ser humano intervén nestas relacións de dependencia, forma parte do conxunto dos seres vivos coas mesmas limitacións cas outras especies e intervén con incrible intensidade nas comunidades de seres vivos e no medio, alterando gravemente o equilibrio da natureza.

A ciencia que estuda esas relacións entre os seres vivos, así como entre estes e o medio ambiente é a Ecoloxía.

As actividades humanas exercen no medio un forte impacto, que provoca a extinción dun grande número de especies e pon en perigo outras moitas.

As causas que provocan a perda de especies son a contaminación a todos os niveis, a corta dos bosques, os incendios forestais, o cambio climático, a chuvia ácida, a sobreex-plotación dos recursos naturais, etc. Se unha especie se extingue, o equilibrio dos ecosis-temas altérase, xa que se perde un lugar na ampla rede trófica a que pertencía, e pérdese tamén unha información xenética que deriva de millóns de anos de proceso evolutivo.

En xeral, a acción humana tende a homoxeneizar a flora e a fauna para facer máis pro-dutivos os ecosistemas, facéndoos ao mesmo tempo máis inmaturos, máis vulnerables aos cambios e máis propensos á produción de pragas, etc.

Secuencia de actividades

S72. Que é a Ecoloxía?

Page 42: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 42 de 55

S73. Todos os organismos que aparecen deseguido lograron algunha adaptación que os fai máis eficaces para sobrevivir no medio en que viven.

���� ���� ���� ����

���� ���� ����

� Identifique os seres vivos.

� Que adaptacións amosa cada un que lle permitan adaptarse mellor ao seu me-dio?

� Á vista destas adaptacións, en que medio vive cada un destes organismos.

Page 43: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 43 de 55

S74. Documéntese e elabore un informe sobre a variedade da especie humana. Indi-que os caracteres adaptativos que lle parece que ten cada un dos grupos.

S75. Que é a biodiversidade? Escribe tres motivos para a conservar?

S76. Que accións das persoas alteran o equilibrio dos ecosistemas e diminúen a bio-diversidade?

S77. Lea o texto de O Mercador de Venecia de Wiliam Shakespeare, ou vexa algunha das versións cinematográficas sobre a obra, e debata cos seus compañeiros da clase sobre a diversidade humana.

Page 44: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 44 de 55

2.8 Algo de estatística: recollida e presentación de da -tos

A estatística estuda unha ou máis características dun grupo ou poboación para obter con-clusións e facer predicións sobre o comportamento desa poboación con respecto a esas ca-racterísticas.

Poboación e mostra

Cando se quere estudar unha serie de datos correspondentes a determinadas características dun grupo de persoas ou de obxectos como, por exemplo, o número de pezas defectuosas fabricadas por un taller nun día, resulta practicamente imposible observar todas as persoas ou obxectos, en especial cando son moi numerosos. No canto de examinar todo o grupo, que se designa co nome de poboación, o que se fai é examinar unha pequena parte á que chamamos mostra.

As mostras deben ser representativas da poboación, polo que teñen que cumprir dous requisitos: teñen que ser aleatorias e teñen que ser representativas da poboación que repre-sentan; isto é, teñen que presentar as mesmas características da poboación.

Variable estatística

Chámase variable estatística cada unha das propiedades que se pretendan estudar. As va-riables estatísticas poden ser cualitativas, que non se poden expresar como valores numé-ricos, e cuantitativas, que si que teñen valores numéricos. As variables cuantitativas, á súa vez poden ser discretas, cando no son posibles todos os valores numéricos, e continuas cando son posibles todos os valores numéricos.

Táboas de frecuencia

Cando se recollen datos sobre un estudo estatístico, adoitan ser moitos. Se nos limitamos a presentalos como unha listaxe de valores serán pouco explicativos e de difícil compren-sión, por iso se empregan métodos gráficos e numéricos para describir unha variable esta-tística e os seus valores.

Para representarmos os datos que se recolleron, o primeiro paso é construírmos unha táboa de frecuencias. Nela aparece o valor da variable e o número de veces que se obtén ese valor.

Vexamos un exemplo:

� Como resultado dun estudo dos resultados dun exame da materia de ciencias naturais, nunha clase en que hai 20 persoas, entre alumnos e alumnas, obtemos as seguintes cua-lificacións:

5 4 3 6 1

4 5 4 5 8

5 6 10 7 3

2 5 5 5 9

Page 45: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 45 de 55

A partir destes datos construímos a táboa de frecuencias:

xi ni

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

1 1 2 3 7 2 1 1 1 1

20

xi = cada valor da variable(cada nota). ni = frecuencia, número de veces que se repite cada valor

Ás veces as variables non son discretas, senón continuas, polo que poden tomar calquera valor. Isto ocorre, por exemplo, se queremos estudar as alturas do mesmo alumnado da clase anterior. Para representar os datos recollidos, seguiremos o mesmo procedemento pero estableceremos unhas clases que distribúan as alturas medidas.

Por exemplo:

� Estudamos as alturas dos alumnos nunha clase na que hai 20 alumnos e obtemos os se-guintes valores (en metros):

1,63 1,70 1,73 1,74 1,74

1,75 1,64 1,62 1,68 1,69

1,83 1,78 1,82 1,58 1,81

1,74 1,75 1,73 1,58 1,77

A partir destes datos construímos a táboa de frecuencias, pero previamente temos que establecer as clases:

Marcas de clase xi ni

1,56-1,60 1,61-1,65 1,66-1,70 1,71-1,75 1,76-1,80 1,81-1,85

1,58 1,63 1,68 1,73 1,78 1,83

2 3 3 7 2 3

20

xi = valor medio da clase. ni = frecuencia, número de veces que se re-pite cada valor.

Page 46: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 46 de 55

Formas de representación

Un xeito moi claro gráfica de presentar os datos é por medio de representacións gráficas: diagramas de barras, diagramas de sectores e histogramas.

� Diagrama de barras. Cando queremos expresar comparacións simples de datos numé-ricos usamos diagramas de barras. Represéntanse os datos con rectángulos de igual lar-gura e con altura proporcional á variable que se quere comparar. Para representar as no-tas obtidas polos vinte alumnos no exame de ciencias da natureza, farémolo así:

xi ni

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

1 1 2 3 7 2 1 1 1 1

20

� Diagrama de sectores. Os valores da variable represéntanse como anacos dun círculo:

xi ni

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

1 1 2 3 7 2 1 1 1 1

20

� Histograma. Cando a variable ten valores continuos é mellor representar os datos nun histograma. Úsanse tamén rectángulos pero que, neste caso, teñen superficie proporcio-nal á frecuencia. Se as clases teñen a mesma medida pódense usar as frecuencias como alturas. Así, para representar as alturas dos alumnos, pódese utilizar un histograma.

Marcas de clase xi ni

1,56-1,60 1,61-1,65 1,66-1,70 1,71-1,75 1,76-1,80 1,81-1,85

1,58 1,63 1,68 1,73 1,78 1,83

2 3 3 7 2 3

20

Page 47: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 47 de 55

Secuencia de actividades

S78. Cales das seguintes variables son cualitativas e cales cuantitativas:

���� A música preferida ���� A idade

���� O peso ���� As notas dun exame

���� A cor do pelo

����

S79. Queremos estudar a altura media dos piñeiros dunha plantación. Que propón vostede para coñecer este dato?

S80. Como resolvería o problema de que a mostra sexa aleatoria?

S81. Está vostede a estudar a idade (en anos) dos 25 alumnos dunha clase e obtén os seguintes resultados:

17 18 19 19 18

20 19 20 20 21

19 20 18 20 19

21 18 21 19 18

22 21 19 20 19

� Constrúa a táboa de frecuencias.

Page 48: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 48 de 55

S82. Está vostede a estudar o peso das mazás dunha maceira da súa propiedade. Aleatoriamente pesa 30 mazás e obtén os resultados seguintes (en gramos):

145 148 160 164 156

153 156 161 155 147

161 149 158 155 146

157 152 158 163 162

140 136 168 158 138

169 141 158 153 152

� Estableza as clases e constrúa a táboa de frecuencias.

S83. Represente os datos da actividade 80 cun diagrama de barras.

S84. Represente os datos da actividade 80 cun diagrama de sectores.

Page 49: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 49 de 55

S85. Represente os datos da actividade 81 cun diagrama de sectores.

S86. Represente cun diagrama de sectores os datos da táboa seguinte:

Nº de especies

coñecidas

���� Brións 26 000

���� Fentos 14 000

���� Ximnospermas 800

���� Anxiospermas 200 000

440 800

S87. Represente cun diagrama de barras os datos da táboa seguinte:

Nº de especies

coñecidas

���� Poríferos 5 000

���� Cnidarios 9 000

���� Anélidos 12 000

���� Moluscos 50 000

���� Artrópodos non insectos

123 000

���� Artrópodos insectos

750 000

���� Equinodermos 6 000

440 800

Page 50: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 50 de 55

2.9 Representación de puntos no plano

Cando queremos localizar un punto nun plano podemos facelo empregando un sistema de coordenadas cartesianas.

Precisamos unicamente dous eixes, un vertical e outro horizontal que se cruzan nun punto que consideramos orixe de coordenadas. Cada punto ten dúas coordenadas. A pri-meira mide a distancia do punto ao eixe de ordenadas e chámase abscisa. A segunda mide a distancia do punto ao eixe de abscisas e chámase ordenada. Cando as coordenadas se miden cara á esquerda e abaixo considéranse negativas.

Secuencia de actividades

S88. Escriba as coordenadas dos puntos sinalados.

Page 51: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 51 de 55

S89. Sitúe, nun sistema de coordenadas cartesianas, os puntos seguintes: (4,7), (5,3), (-3,-1), (6,0), (3,4), (-1,5) e (-3,-4).

Page 52: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 52 de 55

3. Cuestionario de avaliación

1. Por que hai vida na Terra?

� Porque vai máis calor que en Mercurio.

� Porque é o terceiro planeta do Sistema Solar.

� Porque a Lúa inflúe sobre a Terra.

� Porque a temperatura é a apropiada, existe unha atmosfera, hai auga líquida e unha mestura de substancias químicas apropiadas.

2. Son biomoléculas ...

� Os óxidos.

� Os lípidos.

� Os glícidos.

� As proteínas.

3. Sinale as frases correctas:

� As células procariotas teñen o ADN nun núcleo definido.

� As células eucariotas non teñen núcleo.

� As células vexetais teñen parede de celulosa.

� As células animais non teñen cloroplastos.

4. Un tecido é ...

� Un grupo de células especializadas na mesma función.

� Un grupo de órganos.

� Un grupo de sistemas.

� Un grupo de aparellos.

5. Sinale as partes dun microscopio:

� Ocular.

� Obxectivos.

� Parafuso de enfoque (micrométrico).

� Torniquete.

Page 53: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 53 de 55

6. Cun microscopio ...

� Pódese observar calquera tipo de mostra.

� Só se poden observar mostras vexetais.

� Pódense observar mostras vexetais e animais.

� Pódense observar mostras moi finas, que poidan ser atravesadas pola luz.

7. Para ver mellor as partes da célula de cebola convén ...

� Tinxila con auga osixenada.

� Conxelar previamente a mostra.

� Simplemente arrefriala.

� Tinxila con verde de metilo.

8. Sinale as frases correctas:

� A función de nutrición permítelle ao ser vivo obter as substancias necesarias para renovarse e a enerxía precisa para vivir

� A relación pon o ser vivo en contacto co medio e permítelle dar resposta aos cambios que se producen nel

� A función de reprodución garante que a vida continúe.

9. A fagocitose e ...

� Un xeito de relación celular.

� Un xeito de reprodución celular.

� Un xeito de nutrición celular.

10. As células reprodúcense por ...

� Transformación.

� División.

� Xemación.

11. Hai dúas formas de nutrición...

� Autótrofa e heterótrofa.

� Carnívora e omnívora.

� Herbívora e saprófita.

Page 54: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 54 de 55

12. As plantas ...

� Desprázanse como os animais.

� Son capaces de responder a algúns estímulos, pero non poden desprazarse.

� Responden á humidade.

� Non teñen sistema nervioso.

13. Sinale as respostas correctas:

� Os organismos con reprodución asexual son todos invertebrados.

� Hai organismos capaces de rexenerar partes do seu corpo.

� Os seres vivos con reprodución sexual herdan caracteres dos dous proxenitores

� Os gametos son as células sexuais.

14. Sinale as características dos organismos do reino Moneras:

� Sor pluricelulares.

� Son todos autótrofos.

� Teñen tecidos.

� Son procariotas.

15. Os fungos son todos ...

� Procariotas.

� Eucariotas.

� Autótrofos.

� Heterótrofos.

16. As plantas ...

� Teñen todas flores.

� Son todas autótrofas.

� Son todas heterótrofas.

� Teñen tecidos.

17. Sinale as afirmacións que considere correctas:

� Os brións teñen vasos pouco desenvolvidos.

� As ximnospermas teñen vasos ben desenvolvidos.

� Os fentos non teñen vasos.

� As hepáticas non teñen vasos.

Page 55: Ámbito científico tecnolóxico · 2008-11-25 · La enciclopedia del estudiante . V 10. Santilla-na. El País. Equipamento informático con acceso a internet. 1.7 Avaliación Os

Páxina 55 de 55

18. Por medio da fotosíntese ...

� As plantas consomen enerxía.

� Os animais producen osíxeno.

� As plantas elaboran materia orgánica a partir da materia inorgánica e grazas á enerxía do Sol

� Os cogomelos medran.

19. Unha lupa binocular e un instrumento acaído para ...

� Observar as estrelas e os planetas.

� Ampliar calquera tipo de obxectos.

� Observar cortes moi finos de material vexetal.

� Observar cortes moi finos de material animal.

20. Sinale as frases correctas:

� Os poríferos teñen o corpo dividido en segmentos.

� Os moluscos teñen cuncha interna ou externa.

� Os artrópodos teñen patas articuladas.

� As estrelas de mar son anélidos.

21. Sinale as frases correctas:

� As aves respiran por pulmóns e manteñen constante a súa temperatura.

� Os réptiles teñen o corpo cuberto de escamas.

� Os anfibios son ovíparos.

� Os mamíferos teñen o corpo cuberto de pelos e respiran por pulmóns.

22. Mostra é ...

� Pequeno grupo que estudado permite tirar conclusións sobre unha poboación

� Toda a poboación.

� Grupo de persoas que se presentan voluntarias para un estudo estatístico.

23. Para presentar os datos recollidos empréganse ...

� Táboas de frecuencias.

� Táboas de datos.

� Histogramas.

� Diagramas de barras.