Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador...

41
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 41 Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial Módulo 1 Unidade didáctica 1 Computadores: hardware e software

Transcript of Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador...

Page 1: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Educación secundaria para persoas adultas

Páxina 1 de 41

Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial

Módulo 1 Unidade didáctica 1

Computadores: hardware e software

Page 2: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 2 de 41

Índice

1. Introdución........................................ .........................................................................3

1.1 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos ................................................................................................. 3 1.3 Obxectivos didácticos ................................................................................................... 3

2. Secuencia de contidos e actividades ................ ......................................................4

2.1 Arquitectura do computador.......................................................................................... 4 2.1.1 O hardware e o software ....................................................................................................................................4 2.1.2 Recoñecemento de cada elemento....................................................................................................................5

2.2 Funcionamento, manexo e conexión dos elementos dun computador .......................... 7 2.2.1 Acender e apagar o computador........................................................................................................................7 2.2.2 O teclado e o rato...............................................................................................................................................9

2.3 Emprego do sistema operativo como interface entre persoa e máquina ..................... 11 2.4 Almacenaxe, organización e recuperación da información en soportes

físicos, locais e extraíbles ........................................................................................... 15 2.5 Pequenos accesorios de Windows ............................................................................. 18 2.6 Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes ............ 19 2.7 Creación de cartafoles de documentos para poder compartir con outros

computadores en rede................................................................................................ 20 2.8 Instalación de programas e realización de tarefas básicas de

mantemento de sistemas............................................................................................ 21 2.9 Como pasar un antivirus e como instalar unha impresora........................................... 23 2.10 Personalización do computador persoal ..................................................................... 24

3. Resumo de contidos ................................. ..............................................................25

4. Actividades complementarias........................ ........................................................26

5. Exercicios de autoavaliación ....................... ..........................................................29

6. Solucionarios...................................... .....................................................................33

6.1 Solucións das actividades propostas .......................................................................... 33 6.2 Solucións das actividades complementarias............................................................... 35 6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación ................................................................ 38

7. Bibliografía e recursos............................ ................................................................41

Page 3: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 3 de 41

1. Introdución

1.1 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade achéganos ao mundo dos computadores como ferramenta de traballo, vainos permitir conectar un computador cos seus periféricos, crear cartafoles de documentos, in-tercambiar información, manexar o sistema operativo, traballar con outros computadores en rede, instalar algún periférico, pasar un antivirus e personalizar o noso computador. In-tentaremos guiar esta aprendizaxe a través de exemplos que lle permitan ao usuario com-prender o seu uso.

Comprender o manexo do sistema operativo e as súas posibilidades vainos permitir aprender algún programa máis facilmente. Windows XP esta deseñado para ser un sistema operativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural posible. As edicións XP de Win-dows oriéntanse tanto a usuarios de computadores domésticos como a persoas que dese-xen tirar o máximo partido o seu computador, na súa edición profesional. Este sistema operativo pon ao noso dispor as ferramentas necesarias para nos introducir no uso masivo da información multimedia. É un sistema operativo de grande consumo que funciona coa transparencia e facilidade que necesitan as persoas que non teñen coñecementos técnicos avanzados.

1.2 Coñecementos previos

Hoxe en día todos sabemos o que é fisicamente un computador, o seu manexo vainos re-quirir un pouco de dedicación. Temos ante nós unha nova ferramenta, e aprender a usala necesita un pouco de coñecemento e moito de uso. A práctica será determinante para che-gar a incorporar o seu uso á nosa vida cotiá. Para empezar, as normas básicas de utiliza-ción dun aparello eléctrico, comprobar o estado das conexións, a instalación de cables e o acendido primeiro da CPU e despois da pantalla do noso computador, no caso de ser de sobremesa, e o botón de acendido no caso de ser un portátil.

1.3 Obxectivos didácticos � Identificar adecuadamente cada elemento dun computador e os periféricos.

� Aprender como se conectan entre si os elementos dun computador.

� Traballar cun sistema operativo e coñecer os que hai no mercado.

� Crear cartafoles para almacenar e compartir datos, e gardar datos en CD, DVD e USB.

� Acceder a datos nun disco ríxido, CD, DVD, USB e noutro computador en rede.

� Traballar con accesorios de Windows: reprodutor de música, calculadora, Paint, etc.

� Saber instalar un antivirus, unha impresora e un escáner.

� Saber como pór un fondo de pantalla novo e un protector de pantalla, personalizar a aparencia do rato, e volvelos deixar como antes.

Page 4: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 4 de 41

2. Secuencia de contidos e actividades

2.1 Arquitectura do computador

A palabra informática, de orixe francesa, aparece no ano 1962, como combinación dous termos: información e automática. A informática pódese definir como o tratamento auto-mático da información por medio de computadores. Nos países de fala inglesa non se uti-liza a palabra informática, senón o termo computer science, que traduciriamos por ciencia dos computadores.

O computador traballa internamente con milleiros de interruptores que só poden estar en dous estados, ou apagados ou acendidos. O estado acendido representase por un 1 e o apagado por un 0. Este sistema de representación á base de ceros e uns denominase bina-rio, e é o que empregan todos os computadores.

A mínima información que podemos representar está formada por un 1 ou un 0, é dicir o estado en que se atopa un deses interruptores que hai no interior do computador. Pois ben, esa información mínima que pode ter dous estados posibles, 1 e 0; é o que se deno-mina bit.

Escalas de magnitudes

Magnitude Símbolo Equivalencia

1 byte B 8 bits

1 quilobyte Kb 1 024 bytes

1 megabyte Mb 1 024 quilobytes

1 xigabyte Gb 1 024 megabytes

2.1.1 O hardware e o software

Na informática podemos distinguir dúas partes: o hardware e o software.

� Hardware: está formado polos elementos físicos cos que se constrúe o computador: a carcasa, os circuítos electrónicos interiores, o teclado, o monitor, a impresora e todos os compoñentes que se poidan conectar ao computador.

� Software: é o conxunto de programas que nos permiten controlar o funcionamento do computador. Os programas que nos permiten realizar distintos tipos de tarefas: escribir cartas, consultar unha enciclopedia, realizar os planos dunha casa, levar a xestión dunha empresa ou simplemente xogar.

Actividade resolta

Cando nos pomos diante dun computador, que é o que vemos e que nos queda oculto? Denomine cada elemento e familiarícese coa súa función (é importante utilizarmos todos a mesma linguaxe, para entendérmonos mellor cando falemos de computadores).

Page 5: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 5 de 41

Dispositivos de entrada Dispositivos de saída

No sentido das agullas do reloxo: rato, teclado, micrófono, joistic, escáner e pantalla táctil.

Pantalla, altofalantes e impresora.

Actividade proposta

S1. Indique a que pertence cada un destes elementos: unha tarxeta de son, a me-moria e un programa que permite escribir textos.

2.1.2 Recoñecemento de cada elemento

� CD Rom: Compact Disc, é un medio de almacenaxe que garda a información mediante diminutas cavidades sobre a superficie posterior do disco, de tal xeito que a luz do láser do dispositivo reprodutor se reflicte cunha maior ou menor intensidade, segundo exista ou non unha perforación

� CPU: Central Processing Unit, unidade central de procesamento, é o procesador que contén os circuítos lóxicos que realizan as instrucións da computadora. Cada computa-dor posúe unha CPU, que é a encargada de procesar toda a información que se introdu-ce.

� DVD: Disco Versátil Dixital, das súas siglas en inglés, Digital Versatil Disc, é un for-mato e soporte de almacenaxe óptica que pode ser usado para gardar datos, incluíndo películas de alta calidade.

� Impresora: dispositivo de saída que ten por unción gravar información sobre papel e obter así un rexistro impreso, en cor ou en branco e negro, dos datos almacenados nun ficheiro.

� Lector de CD Rom: dispositivo que permite obter a información almacenada no CD.

� Lector de DVD: dispositivo que permite obter a información almacenada no DVD.

� Micrófono: dispositivo de entrada que permite gravar os sons ou voz e transferilos a unha unidade de almacenaxe.

� Módem: modulador-demodulador; dispositivo periférico externo ou interno que conec-ta a computadora á liña telefónica.

Page 6: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 6 de 41

� Monitor: dispositivo de saída que ten como función transformar os sinais que recibe en imaxes. Ten o aspecto similar a unha pantalla de televisor.

� Rato: dispositivo de entrada que ao se mover sobre unha superficie plana despraza un apuntador sobre o monitor do computador.

� Escáner: dispositivo de entrada que permite copiar texto e imaxes, e transferilos a unha unidade de almacenaxe, interna ou externa.

� Tarxeta de son: placa que inclúe circuítos integrados, que se coloca na parte posterior da CPU do computador; conéctanse a ela os dispositivos como os altofalantes, o micró-fono ou a panca de xogos.

� Tarxeta de vídeo: placa que inclúe circuítos integrados, que se coloca na parte poste-rior da CPU do computador e nos permite visualizar imaxes

� Teclado: dispositivo de entrada máis común e necesario nos computadores, permítelle ao usuario interactuar co equipamento en linguaxe natural, a través das teclas.

� USB: Universal Serial Bus ou Condutor Universal en Serie, é un porto que serve para conectar periféricos a un computador. Con este tipo de conexión temos a memoria USB, que permite a almacenaxe masiva de información. Atoparémolos no mercado de diferentes capacidades.

Page 7: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 7 de 41

2.2 Funcionamento, manexo e conexión dos elemen-tos dun computador

Agora que xa coñecemos os nomes e a función de cada elemento, imos tratar de o pór en marcha. Normalmente xa ten un sistema operativo instalado. Cando acendemos ao compu-tador non é preciso ter a pantalla conectada, pero se non é así non veremos nada.

2.2.1 Acender e apagar o computador

Antes de pasar a acender o computador, comprobaremos que estea perfectamente conecta-do á rede eléctrica.

� Para acender o computador ten que premer no botón de arranque da unidade central e despois premer no do monitor, se o computador é de sobremesa. Se é un portátil só te-mos que premer no botón de arranque.

� Poderemos empezar cando o sistema operativo estea executado. Aparecerá o escritorio de Windows, a pantalla principal que contén as iconas.

� Ao arrastrarmos o rato, o apuntador vaise mover pola pantalla.

Para apagarmos o computador teremos que seguir un ritual; non abonda con darlle ao bo-tón.

� Seleccione o menú Iniciar.

� Elixa a opción Apagar o computador.

� Na ventá despregada pulse a tecla Apagar.

Ás veces cumprirá reiniciar o computador, para o que tamén é necesario seguir uns pasos. Isto será necesario por varias razóns, entre elas, se o computador se bloquea ou se introdu-cimos cambios na configuración do sistema. Verá que pode reiniciar o equipamento de va-rios xeitos:

� A través do menú Iniciar.

� Se non é posible, sempre pode premer xuntas as teclas: Ctrl + Alt + Supr”.

� Por último, premendo no botón de apagado do computador durante uns segundos se-guidos.

A CPU ten que estar conectada á rede eléctrica e os periféricos teñen que estar conectados coa CPU. Habitualmente, o monitor ten conexión coa rede eléctrica, así como os altofalan-tes e a impresora.

Page 8: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 8 de 41

Actividades resoltas

Seguramente ten o seu computador conectado e listo para comezar. Comprobe que as conexións sexan as correctas. Una con frechas as conexións correctas.

Solución A CPU debe estar unida á rede eléctrica, así como a impresora. A pantalla debe estar conectada á rede eléctri-ca (ás veces pode facerse a través da CPU) e estar conectada á CPU. A impresora debe estar conectada coa CPU. O rato e o teclado deben estar conectados á CPU.

Os portos nunha computadora son os lugares específicos de conexión con outro disposi-tivo ( de entrada e saída), en xeral mediante un enchufe situado na parte posterior da CPU. Distinga entre portos en serie, portos paralelos e portos USB, e indique o tipo de conexións se realiza en cada un.

Porto s en serie

Conexión por medio da que se envían datos a través dun só conduto. Transfire un só bit de cada vez. Exemplo: o rato, o módem ou as impresoras.

Portos paralelos

Conexión por medio da que se envían datos a través de varios condutos. Transfire varios bits de datos ao mesmo tempo. Utilizase para a impresora.

Portos USB

É un novo tipo de conexión para a conexión de dispositivos externos. A súa vantaxe é a mellora da velocidade de transmisión, a redución de custos e que permite aumentar o número de dispositivos que pode soportar un computador. Na actualidade unha grande cantidade de periféricos levan este tipo de portos.

Actividades propostas

S2. Cada conexión ten un porto de entrada diferente. Na actualidade pode recoñecer as conexións, polas cores. Outra posibilidade é que sexan de tipo USB. Com-probe as conexións no seu computador, para se familiarizar con elas.

S3. En certas ocasións será necesario apagar o computador e volvelo iniciar, sen chegar a desconectalo; isto chámase reiniciar. Inténteo no seu computador

Page 9: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 9 de 41

2.2.2 O teclado e o rato

O teclado

Coñecer o teclado é importante, xa que nos permitirá acudir sen perder tempo á tecla ade-cuada en cada momento. Cada un debe perder algo de tempo co seu teclado ou co teclado que traballe habitualmente. Distinga as teclas numéricas das alfanuméricas, as teclas de movemento do apuntador, as teclas de control de páxinas, as teclas de función, etc.

���� Teclas de fun-ción

���� Teclas de control de páxina

���� Teclas de movemento do apuntador

���� Teclado alfanumérico

O rato

É o dispositivo que nos permite comunicarnos co computador. Comprobará que na maior parte dos casos ten un botón esquerdo, un dereito e unha roda no medio.

� O botón esquerdo serve para: – Seleccionar obxectos, elixir opcións, marcar ou desmarcar cadriños, facendo clic. – Editar e executar aplicacións, como abrir documentos ou debuxos, cun dobre clic. – Mover, copiar e estender a selección de textos e obxectos, arrastrando.

� O botón dereito serve para: – Activar o menú despregable que amosa as tarefas que se poden realizar nese mo-mento sobre o obxecto seleccionado.

� A roda serve para: – Desprazarnos polos contidos da pantalla sen necesidade de usar as barras de despra-zamento.

Page 10: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 10 de 41

O apuntador

O apuntador do rato pode ter diferentes aspectos segundo a acción que se poida realizar, mostraremos algunha delas:

���� É a súa posición habitual

���� Modificar a dimensión horizontal do obxecto

���� Permite obter axuda

���� Modificar o tamaño e manter as proporcións

���� Indica que está a traballar en segundo plano

���� Permite mover o obxecto

���� Cómpre esperar a que remate o proceso

���� Pódese introducir texto

���� Modificar a dimensión vertical do obxecto

Actividade resolta

A primeira pantalla do sistema operativo Windows que se amosa é o escritorio; nela ve-remos diferentes iconas e a barra de tarefas. Vexamos un exemplo de escritorio e mar-quemos os elementos que aparecen.

Actividade proposta

S4. O uso do rato é imprescindible; familiarícese con el abrindo e pechando ventás e analizando o menú do botón dereito; faga uso da roda e prema nela. Indique o que significa cada tarefa, e compróbeo no seu rato: apuntar, facer clic, dobre clic, clic e arrastre, clic dereito e clic e arrastre especial.

Exemplo de icona

Barra de tarefas

Page 11: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 11 de 41

2.3 Emprego do sistema operativo como interface en-tre persoa e máquina

Antes de traballar con programas, temos que familiarizarnos co sistema operativo. Estuda-remos o sistema Windows XP, xa que é o máis estendido, sen prexuízo de aprender o ma-nexo doutros.

Funcións

O sistema operativo ten varias funcións: servir de interlocutor entre maquina e usuario, executar programas, organizar cartafoles e ficheiros, ou configurar o computador.

Poderemos recoñecer os elementos da pantalla, dispor a barra de tarefas ao noso gusto e personalizar o noso computador.

Ventás

O sistema Windows traballa con ventás, que poden ser de aplicación ou de documentos, e cadros de dialogo e de axuda.

� Escritorio: ventá de arranque de Windows.

� Apuntador: aspecto na pantalla do rato.

� Aplicación: conxunto de programas que permiten a realización dunha tarefa ( procesa-dor de textos, folla de cálculo, base de datos, creación e deseño de presentacións, nave-gadores de internet, creación de sitios web, xestión de correo, etc.

� Cartafol: localización virtual en que se gardan ficheiros ou aplicacións.

� Ficheiro: produto elaborado cunha aplicación, susceptible de ser gardado, modificado, enviado a outra localización ou a unha impresora, para o pasar a papel.

Cando acedamos ao noso escritorio, comparable a unha mesa de traballo onde disporemos dos elementos que utilizamos con máis frecuencia, teremos unha imaxe como esta:

Page 12: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 12 de 41

Dentro do menú Iniciar, centro de operacións do sistema operativo, veremos as aplica-cións máis usadas.

Ao despregar o menú Todos os programas, aparecen os programas que temos instalados, así como as ferramentas e os cartafoles que á súa vez teñen un menú despregable, premen-do no triángulo final.

Cando acedemos a unha ventá, veremos nela diferentes elementos que convén coñecer.

� Barra de menús: contén as opcións do menú dispoñibles para a aplicación.

� Barra de ferramentas: permite acceder mediante botóns ás opcións do programa máis usadas.

� Barra de título: amosa o nome da aplicación

� Barras de desprazamento: permiten ver as partes do documento que non vemos na pan-talla.

� Minimizar, maximizar, restaurar e pechar: realizan esas funcións co documento aberto

Page 13: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 13 de 41

Actividade resolta

Que é un sistema operativo? ¿Para que serve?

Solución

O sistema operativo é un conxunto de programas que nos permiten a comunicación co computador, serven para realizar a execución de programas, para organizar a información en cartafoles e ficheiros e permiten configurar o computador.

Actividades propostas

S5. Acenda o computador; ao iniciarse o sistema operativo, presenta as contas de usuario que permiten o inicio da sesión a cada usuario do PC. Acceda á súa conta. Agora xa está no escritorio, que vén sendo como unha mesa, na que dis-pón de todo o necesario para traballar. Abra o menú Iniciar, que se atopa na ba-rra de tarefas, e analice os programas que aparecen, comprobando para que serven os triángulos finais. Analice as iconas que aparecen.

Na páxina seguinte ten un modelo do que pode atopar:

Page 14: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 14 de 41

A barra de tarefas está na parte de abaixo da pantalla e indica o que se atopa nela. Verá o botón Iniciar, aplicacións residentes, na parte dereita, aplicacións activas, se ten algún programa aberto, e barra de inicio rápido, coas ferramentas e as apli-cacións máis usadas, ao lado do botón Iniciar.

Page 15: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 15 de 41

2.4 Almacenaxe, organización e recuperación da in-formación en soportes físicos, locais e extraíbles

Nesta parte aprendermos a gardar a información, a organizala e despois recuperala para a usar de novo. Veremos como se pode traballar con ficheiros, aínda que despois teñamos que aprender a encher eses ficheiros. Así mesmo, poderemos gardar imaxes ou vídeos que fagamos ou que localicemos na rede.

Tipos de memoria dos computadores

� Memoria temporal (RAM): memoria inmediata, dura pouco tempo e desaparece a in-formación ao apagar o computador.

� Memoria permanente: a longo prazo; se gardamos nela datos poderemos volver a uti-lizalos.

Ficheiros

A información almacénase en ficheiros, tamén chamados documentos. Cando queiramos organizar a nosa información, poderemos crear cartafoles e subcartafoles. Estes cartafoles pódense almacenar no disco ríxido ou en discos extraíbles ou memorias externas (CD, DVD, USB, etc.).

O nome dun ficheiro está formado por varios elementos: a icona, o nome e a extensión. Nós podemos pórlle o nome; o resto faino o computador. A extensión indica o tipo de fi-cheiro e o programa con que foi creado, por exemplo:

���� .doc Documentos de Word

���� .exe Ficheiros executables de programas

���� .jpg Ficheiros de imaxes ou debuxos

���� .mp3 Ficheiro de música

Almacenaxe de información no disco ríxido, nun CD e nunha USB

Para gardar información temos varias posibilidades, no disco ríxido do computador, nun CD ou DVD ou nunha USB, estes últimos memorias extraíbles.

Se temos xa rematado un ficheiro e queremos gardalo para o seu envío ou unha poste-rior recuperación debemos realizar varios pasos.

Dentro do menú Ficheiro da barra de menú, veremos outro menú ao facer clic nel, que contén diferentes opcións. Veremos a opción Gardar e Gardar como.

Coa opción Gardar, gardaremos o documento tal cal está. Coa opción Gardar como, aparecerá outro menú, que nos permitira elixir o nome, e onde gardalo, despregando a pes-tana superior onde aparece un triángulo negro.

Page 16: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 16 de 41

Actividades resoltas

Vexamos como crear un cartafol

Solución

Para crear un cartafol no escritorio, temos varios camiños, vexamos un: ���� Premer o botón dereito do rato. ���� Elixir a opción Novo. Basta con situar o apuntador sobre a opción. ���� Elixir a opción Cartafol”. Faga clic sobre ela. ���� Escribir un nome para darlle a ese cartafol. ���� A partir de agora pode utilizar este cartafol para gardar as probas e os ficheiros realizados nesta lección.

Cambiemos o nome do cartafol

Solución

���� Situar o apuntador sobre o cadro en que aparece o nome do cartafol. ���� Premer unha vez o botón dereito do rato. O nome aparecerá sombreado en azul. ���� Escribir o novo nome. ���� Premer co botón esquerdo do rato en calquera punto baleiro do escritorio.

Abrir, pechar e gardar ficheiros

Solución

Os ficheiros poden estar en distintos cartafoles, discos ou unidades de almacenaxe. Supoñamos o noso ficheiro nun CD, que introduciremos no lector. ���� Dobre clic no cartafol O meu computador situado no escritorio (se non está, acudimos ao menú Iniciar). ���� Clic na unidade D. ���� Clic no ficheiro buscado, que se abrirá co programa co que estea feito. ���� Ver o ficheiro e moverse por el, empregando a barra de desprazamento situada á dereita. Para pechar o ficheiro, prememos co botón dereito no botón cunha cruz no ángulo superior dereito da ventá. Ou abrindo o menú Ficheiro, no ángulo superior esquerdo da ventá, e premendo a opción Pechar. Podemos gardar o ficheiro, premendo co botón dereito en Ficheiro, elixindo Gardar como e, cando se abra un cadro de diálogo, na opción Gardar en, seleccionaremos o cartafol onde queiramos gardalo.

Page 17: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 17 de 41

Actividades propostas

S6. Busque un ficheiro no disco ríxido do seu computador e colóqueo no seu escrito-rio. Insira un CD con información para poder acceder a ela. Busque nel un fichei-ro e colóqueo no seu escritorio. Insira unha USB con información para poder ac-ceder a ela. Busque nela un ficheiro e colóqueo no seu escritorio.

S7. Cree un cartafol co seu nome (botón dereito do rato, estando no escritorio). Co-loque nese cartafol os ficheiros que acaba de pór no seu escritorio.

S8. Copie un disco facendo uso da ferramenta que lle ofrece Windows.

S9. Actividade de ampliación

� Windows permítelle buscar un ficheiro do que saiba o seu nome ou a data de realización, pero que descoñeza onde se atopa (Iniciar > Busca). Intente buscar un cartafol do que saiba o nome.

� Fórmate un disco (aínda que agora xa veñen formatados de fábrica, Windows ofrece esta opción a través do Explorador).

Page 18: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 18 de 41

2.5 Pequenos accesorios de Windows

Windows trae unha serie de accesorios que podemos utilizar, como o reprodutor de músi-ca Windows Media, a calculadora, o Paint, para debuxo, etc.

Son accesorios que teñen unha icona que os fai recoñecibles, e para os abrir teremos que premer con dobre clic sobre ela. Se non os temos no escritorio, podemos buscalos a través do menú Iniciar > Todos os programas > Accesorios.

Actividades propostas

S10. O Windows Media permítenos escoitar musica, ver e escoitar vídeos, ver pelícu-las en DVD, etc. Se non ten a icona no escritorio, ten que seguir a ruta Iniciar > Programas > Reprodutor de Windows Media. Comprobe cando se abra os ele-mentos da súa ventá.

S11. Seguindo a ruta Iniciar > Programas > Accesorios > Calculadora, abra a calcula-dora. Ás veces, poderá elixir entre a normal e a científica, dependendo do uso que pense darlle.

���� Probe a usala, sinalando co rato os números e as opera-cións que queira facer

Page 19: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 19 de 41

2.6 Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta a disposición destes

Case sempre no centro, e noutros postos de traballo, utilizaremos unha rede local para compartir información. Vexamos como compartir cartafoles e impresoras, e como procu-rar a información noutros computadores en rede.

Se queremos ver outro computador da nosa rede, teremos que dar os seguintes pasos, sempre con dobre clic: Os meus sitios na rede > Toda a rede > Nome do equipamento.

Pódese tamén crear un aceso directo a ese equipamento para non ter que repetir o pro-ceso de cada vez. Cando nos atopemos dentro do outro computador, poderemos acceder aos cartafoles que estean compartidos, abrilos e coller o documento que se queira. Se non están compartidos non nos será posible acceder á información.

Para compartir unha impresora débese indicar, e para deixar compartir unha impresora tamén. Abra o menú de Impresoras e fax, dentro de Panel de control, no menú Iniciar.

Actividade resolta

Xa coa rede en marcha, onde temos que acudir para ver os outros computadores da re-de?

Solución Posiblemente teña a icona de Os meus sitios de rede, no seu escritorio. En caso contrario, acudir ao menú Iniciar e facer clic en Os meus sitios de rede; ha ver alí os computadores aos que pode acceder. Faga clic naquel ao que desexe ir, sobre a súa icona.

Actividade proposta

S12. Se temos xa o sitio onde se atopan os cartafoles, abra un documento que se atope noutro computador.

Page 20: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 20 de 41

2.7 Creación de cartafoles de documentos para poder compartir con outros computadores en rede

Cando se traballa en rede, utilizar os documentos doutros computadores é frecuente e útil. Nas seguintes actividades practicaremos os pasos que cómpre dar para compartir estes do-cumentos.

Se quere traballar con documentos doutro computador terá que os colocar nun cartafol compartido que se creará para iso. Co botón dereito do rato, colocado enriba do cartafol, ten un menú despregable para poder facelo.

Actividade resolta

Arquive un documento que se atope no seu computador, nun cartafol doutro computador

Solución

Localizamos no noso computador un ficheiro, e dámoslle a opción Gardar como dentro do menú Ficheiro. Podemos conservar o nome ou cambialo, e teremos que buscar o sitio onde queiramos emprazalo, despregando o menú que podemos obter nesta ventá. Seguiremos a ruta Os meus sitios de rede para buscar o cartafol axeitado.

Actividades propostas

S13. Cando se comparte un documento automaticamente compártense todos os do-cumentos e subcartafoles que se atopen dentro do cartafol. Seleccione un carta-fol que poida compartir e inicie o proceso para o compartir.

S14. Intente acceder a un documento dun cartafol compartido noutro computador e abrilo, para despois modificalo e imprimilo.

S15. Abra un documento que xa teña feito e colóqueo nun cartafol para que un com-pañeiro ou unha compañeira o poidan localizar e abrir.

Page 21: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 21 de 41

2.8 Instalación de programas e realización de tarefas básicas de mantemento de sistemas

Ás veces necesitamos instalar algún programa ou realizar algunha tarefa básica de mante-mento do no noso computador. Na actualidade todos os programas veñen preparados para instalarse automaticamente. O computador detéctaos e instálaos de xeito automático, sem-pre que o dispositivo e a placa base soporten esa posibilidade. Tamén pode ser útil quitar programas que non se utilicen ou actualizar un xa existente.

Papeleira de reciclaxe

A papeleira de reciclaxe é moi útil, xa que nos permite recuperar ficheiros eliminados por erro. Se non a temos no escritorio, teremos que ir ao Explorador de Windows (convén co-locala no escritorio). Pódea visualizar de diferentes xeitos. Desde ela pode restaurar un fi-cheiro eliminado. Ten unha capacidade limitada, polo que convén baleirala de cando en vez.

Temos no debuxo anterior un exemplo da ventá da papeleira de reciclaxe e outra da ventá das propiedades da papeleira, na que vemos a porcentaxe do disco ríxido destinado á pape-leira.

Desfragmentación do disco

Desfragmentar o disco ou liberar espazo nel son funcións que podemos realizar se é preci-so. Convén ter pechados todos os programas antes de desfragmentar o disco ríxido. Para liberar espazo iremos a O meu computador, seleccionamos a unidade C: e seleccionamos co botón dereito do rato a opción Propiedades.

Page 22: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 22 de 41

Actividades propostas

S16. Para obtermos información do sistema, acudir a Iniciar > Configuración > Panel de control > Sistema. A ventá que se abre ten varias fichas: comprobe as infor-macións, sen modificar os contidos.

S17. Para que serve a papeleira de reciclaxe?

S18. Actividade de ampliación:

� Desde a páxina principal de axuda, seleccione Rendemento e mantemento.

� Seleccione a ligazón Mantemento do equipo.

� No cadro dereito seleccione a tarefa Obter información acerca do equipo.

� Seleccione o ligazón Ver información xeral deste sistema.

� Probe a localizar esta información a través do índice da axuda.

Page 23: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 23 de 41

2.9 Como pasar un antivirus e como instalar unha im-presora

Ás veces as conexións a internet poñen en perigo o seu computador, polo que é impres-cindible estar protexido. Debe saber pasar un antivirus, ou baixar un gratuíto da rede. E tamén realizar tarefas útiles, como instalar hardware mínimo, impresora, escáner e cámara.

Tamén convén ter copias de seguridade do traballo que se estea a facer. Pode realizar varios tipos de copias de seguridade, para o que se poden seguir dous camiños. O máis sinxelo é co asistente para copia de seguridade ou restauración, que guía paso a paso todo o proceso. Outro é o modo avanzado, máis complexo. Convén saber onde imos gardar esas copias e ter preparado o soporte.

Na actualidade, para instalar novo hardware abonda con introducir os discos do hard-ware e seguir os pasos; na maior parte dos casos faise de xeito automático. Se se trata du-nha impresora, terá que facer a conexión á rede eléctrica, e algúns discos ríxidos externos tamén a necesitan, así como os escáners.

Como instalar un antivirus

Para instalar un antivirus podemos acudir no mercado a unha grande variedade de marcas comercias que nos ofrecen o seu produto nun CD, para instalar no noso computador. Con todo, na actualidade podemos comprar na rede un antivirus, que baixaremos directamente ao noso computador, seguindo os pasos que nos indique a casa comercial despois de pagar o prezo correspondente. Outra opción e baixarnos da rede un antivirus gratuíto, en xeral non teñen tanta cobertura como os outros, e o nivel de protección é sempre menor.

Para instalar un antivirus gratuíto, acudiremos a unha páxina que nolo ofreza, ou ben a través dun buscador escolleremos opción máis axeitada. Xa dentro da páxina, buscaremos a opción de baixar o produto e este se instala automaticamente no noso computador.

Como facer copias de seguridade

Para facer copias de seguridade dun cartafol, debemos facer unha copia del. Podemos em-prazala nunha memoria externa, ou nun servidor, caso de estar conectados en rede. Pode-mos copiala cun programa se a colocamos nun CD ou DVD, ou ben copiar e pegar se a co-locamos nunha USB ou noutro computador.

Actividades propostas

S19. Dea os pasos para instalar unha impresora no seu equipamento. Se vai a Panel de control, ten unha icona para engadir hardware. Ten un asistente que lle servi-rá de axuda.

S20. Realice copias de seguridade dun cartafol de traballo.

Page 24: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 24 de 41

2.10 Personalización do computador persoal

Personalizar o seu computador significa elixir unha pantalla, un protector de pantalla ou un modo do rato particular. No panel de control temos un conxunto de programas que permiten configurar o ambiente do nosos computador e controlar os dispositivos conecta-dos con el. Ábrao e analice as iconas, e olle o seu contido.

Para personalizar a nosa pantalla temos:

� Fondo do escritorio: son debuxos que se poden utilizar para cambiar o aspecto da pan-talla. Podemos buscar en fotos ou debuxos que teñamos arquivados ou ben utilizar os debuxos que nos ofrece Windows entre as predeterminadas.

� Protector de pantalla: é unha representación de imaxes en movemento que evitan que se dane a pantalla se o equipamento está inactivo moito tempo. Podemos elixir entre varios modelos que nos ofrece Windows e decidir cando queremos que se poña en fun-cionamento.

� Aparencia: esta opción permítenos personalizar o aspecto das ventás, cambiar o aspec-to dos botóns, cambiar as cores das barras e os tamaños da fonte da letra.

Podemos así mesmo personalizar o noso rato, aumentando ou reducindo a súa velocidade de desprazamento pola pantalla, o tipo de apuntador e a velocidade do dobre clic, entre ou-tras posibilidades.

Actividades propostas

S21. Para personalizar o seu escritorio, cambie o fondo de escritorio. Ten opcións que lle ofrece Windows; pódeas buscar noutra localización, como un CD, internet, etc. Estando no escritorio, co botón dereito do rato, vaia a Propiedades e procure na ficha correspondente.

S22. O protector de pantalla evita que a pantalla se dane cando o equipamento está inactivo durante certo tempo. Podemos tamén cambiar as cores das ventás do noso computador. Probe coa mesma ruta seguida para o fondo do escritorio.

S23. Pode, así mesmo, cambiar a configuración do rato, darlle ou quitarlle velocidade e cambiar a aparencia. En Panel de control > Rato, olle as fichas que aparecen.

Page 25: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 25 de 41

3. Resumo de contidos

Page 26: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 26 de 41

4. Actividades complementarias

S24. Verá que poden aparecer varias ventás xuntas. Abra a calculadora e a axenda de enderezos ao mesmo tempo (Iniciar > Programas > Accesorios).

S25. Realice diversas tarefas cunha ventá: abrir, mover, cambiar de tamaño, compro-bar os botóns que aparecen nela, abrindo calquera programa que xa estea insta-lado, etc. Denomine as frechas seguintes e comprobe para que serven:

Page 27: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 27 de 41

S26. Abra un programa que xa estea no seu computador e comprobe o funcionamen-to dos botóns, despregando os menús e analizando os contidos. Comprobe que significa uns puntos suspensivos detrás dunha opción, cambie as barras de fe-rramentas, etc.

S27. Visualice o panel esquerdo do Explorador de Windows (se non está no escritorio, vaia a Iniciar > Accesorios > Explorador ) en diferentes vistas e ordene por data ascendente de modificación, algún cartafol.

S28. Inicie o reprodutor de Windows Media e realice algunhas tarefas con el, como modificar o volume, abrir un ficheiro, moverse por el.....

S29. Elimine un ficheiro e recupéreo da papeleira de reciclaxe.

S30. Comprobe canto espazo libre ten no seu computador. Se vai a O meu computa-dor e selecciona a unidade C:, no botón dereito do rato, seleccione a opción Propiedades. Ha ver un cadro de dialogo, con varias fichas; na denominada Xe-ral verá un diagrama de sectores coas indicacións.

S31. Dea estes pasos para comprobar como desfragmentar un disco: Iniciar > Pro-gramas > Accesorios > Ferramentas do sistema > Desfragmentador de disco.

S32. Elimine un ficheiro e recupéreo da papeleira de reciclaxe.

S33. Comprobe canto espazo libre ten no seu computador. Se vai a O meu computa-dor e selecciona a unidade C:, no botón dereito do rato, seleccione a opción Propiedades. Ha ver un cadro de dialogo, con varias fichas; na denominada Xe-ral verá un diagrama de sectores coas indicacións.

S34. Dea estes pasos para comprobar como desfragmentar un disco: Iniciar > Pro-gramas > Accesorio > Ferramentas do sistema > Desfragmentador de disco.

S35. Comprobe que iconas ten no seu escritorio e analice como se activan.

S36. Abra diversas aplicacións e sitúeas na barra de tarefas como aplicacións activas.

S37. Restaure un cartafol da Papeleira de reciclaxe, para recuperar os ficheiros de copias anteriores.

S38. Actualice o antivirus do seu computador ou instale un, se non o ten.

S39. Cree iconas de acceso directo.

S40. Realice diversas accións co reprodutor Windows Media.

S41. Cree unha axenda de enderezos.

S42. Escriba un texto en WordPad e gárdeo.

Page 28: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 28 de 41

S43. Elimine un ficheiro e restáureo da Papeleira de reciclaxe.

S44. Personalice a aparencia do seu computador.

S45. Personalice a aparencia do rato.

S46. Acceda a unha páxina web, e engádaa a Favoritos.

S47. Localice información a través do buscador Google

Page 29: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 29 de 41

5. Exercicios de autoavaliación

1. A informática é a ciencia que estuda o tratamento da información a través de

� Documentación. � Os medios de comunicación. � Computadores.

2. Como se denomina o conxunto de dispositivos e mecanismos físicos dun computador?

� Hardware. � Módem. � Software.

3. O conxunto de datos e programas que utiliza o computador chámase:

� CDRom. � Software. � Hardware.

4. Se queremos apagar o equipamento completamente teremos que facer clic en:

� Apagar o computador e Suspender. � Apagar o computador e Apagar. � Apagar o computador e Reiniciar.

5. Para seleccionarmos obxectos co rato usaremos:

� O botón dereito. � O botón esquerdo � A roda.

6. Para movermos un texto ou un obxecto co rato usaremos:

� O botón dereito. � O botón esquerdo. � A roda.

Page 30: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 30 de 41

7. Que é un sistema operativo?

� Un computador en funcionamento. � Unha aplicación especialmente creada para administrar os programas instala-

dos nun computador.

� Un programa que ten por función controlar e xestionar os recursos do compu-tador.

8. Para que se utiliza o botón Iniciar de Windows?

� Para iniciar Windows. � Para despregar o menú onde aparecen os programas e aplicacións que se está a

usar nese momento.

� Para despregar o menú Iniciar e acceder de xeito doado aos programas, ás fe-rramentas e aos documentos do computador

9. A barra de titulo dunha ventá amosa:

� As partes do documento que non se ven na pantalla. � As ferramentas do programa máis usadas. � O nome da aplicación e o documento activo.

10. Como lle devolvería o tamaño anterior a unha pantalla?

� Restaurándoa. � Movéndoa. � Pechándoa.

11. Os datos almacénanse en forma de:

� Ficheiros. � Cartafoles. � Discos.

12. Cando aparece un sigo + diante dun cartafol, na parte esquerda do Explorador de Windows significa que:

� Contén máis cartafoles. � Está baleiro. � Contén documentos importantes.

Page 31: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 31 de 41

13. Cando copiamos un ficheiro completo:

� O orixinal trasládase a unha nova localización. � Créase un duplicado do orixinal, que se colocará nun novo lugar. � O orixinal desaparece da súa localización inicial e colócase noutro lugar.

14. A axenda de enderezos é un accesorio de Windows que:

� Só podemos usar se temos conexión a internet. � Pódese utilizar para gardar información dos nosos contactos. � Non ten sentido se non temos correo electrónico.

15. A papeleira de reciclaxe é un cartafol:

� Onde se depositan permanentemente os ficheiros e cartafoles que eliminamos. � Onde se depositan de xeito temporal os ficheiros e cartafoles que eliminamos. � Desde onde non se poden recuperar ficheiros e cartafoles que xa eliminamos.

16. O desfragmentador de disco é unha ferramenta cuxa función é:

� Eliminar os ficheiros innecesarios do computador. � Reorganizar os ficheiros e o espazo libre do disco. � Informar da configuración do sistema.

17. O liberador de espazo no disco é unha ferramenta cuxa función é:

� Eliminar os ficheiros innecesarios do computador. � Reorganizar os ficheiros e o espazo libre do disco. � Informar da configuración do sistema.

18. Para que serve o Panel de control?

� Para administrar os programas e as iconas de Windows. � Para xestionar os dispositivos instalados en Windows. � Para realizar calquera tarefa cos ficheiros que temos gardados nas nosas unida-

des de disco.

19. O fondo de escritorio:

� Son imaxes en movemento que evitan que a pantalla se dane se está inactiva moito tempo

� Só poden ser imaxes predeterminadas. � Son imaxes que decoran o escritorio.

Page 32: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 32 de 41

20. Ao configurar o rato para persoas zurdas:

� O botón dereito realiza as funcións de menú contextual. � O botón esquerdo realiza as funcións de menú contextual � A acción de dobre clic faise sempre co botón esquerdo.

Page 33: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 33 de 41

6. Solucionarios

6.1 Solucións das actividades propostas

S1. Tarxeta de son, dispositivo de saída. Memoria, dispositivo de entrada. Programa, software.

S2. Comprobación da parte posterior do seu computador

S3. Acenda o computador, faga clic no botón Iniciar, seleccione a opción Apagar o computador, pulse Reiniciar.

S4. Apuntar: guiar o apuntador ao lugar desexado. Clic: premer unha vez sobre o bo-tón esquerdo. Dobre clic: premer dúas veces. Clic e arrastre: marcar cun clic e premendo move o rato. Clic dereito: abre un menú contextual que varia segundo esteamos colocados. Clic e arrastre especial.

S5. Comprobe o significado de cada botón indicado.

S6. Abra o programa Microsoft Word. Na opción Ficheiro da barra de menú, prema en Abrir. Aparecerá algún cartafol na que pode elixir un ficheiro co rato e premer con dobre clic ou estando sobre el, facer clic no botón Abrir. Coloque un CD no lector de CD. Acuda a O meu computador para abrir esta unidade. Busque nel un ficheiro e abra con dobre clic. Coloque a USB, nun porto USB e se abrirá unha ventá coa opción de Abrir ficheiros, en caso contrario acudir a O meu com-putador. Faga dobre Clic e elixa o ficheiro que desexe abrir.

S7. Estando no escritorio, prema no botón de-reito do rato. Abrirase un menú contextual; elixa a opción Novo; ha ver un triangulo ne-gro ao final, coloque o rato sobre el e abri-rase outro menú coa opción Cartafol. Fa-cendo clic sobre el creará un cartafol novo ao que lle debe dar nome. Situado no escri-torio, marque o ficheiro que desexe gardar e arrástreo ata situarse enriba do cartafol, soltándoo.

S8. Instale un CD con música na CPU. Espere a que se inicie o reprodutor de xeito automático. Se non aparece unha ventá, na que lle dá a opción de reproducir, e escoite o son regulando o volume o seu gusto.

S9. Actividade de ampliación.

S10. Menú Iniciar > Programas > Reprodutor de Windows Media; abrirase unha pan-talla que amosa un menú dos ficheiros que ten e os botóns para reproducilos.

Page 34: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 34 de 41

S11. Realice algunhas operacións de proba coa calculadora, acudindo a Iniciar > Pro-gramas > Accesorios > Calculadora, esta se instalará no seu escritorio.

S12. Supoñamos varios computadores en rede nunha sala. Ir a Os meus sitios de re-de, que nos amosará os equipamentos conectados. Busque aquel onde desexe entrar e faga clic sobre el, para acceder aos cartafoles compartidos.

S13. Temos que estar conectados en rede, se queremos compartir documentos. Sitú-ese sobre o cartafol que desexa compartir. Prema no botón dereito do rato e aparecerá un menú, faga clic sobre Propiedades e abrirase unha ventá onde po-derá marcar se desexa compartir este cartafol.

S14. Ir a Os meus sitios de rede; aparecerán os cartafoles que pode utilizar, se outro usuario os deixou compartir. Pode acceder a eles e buscar un ficheiro para im-primir ou modificar, situándose sobre el e facendo dobre clic para o abrir.

S15. Procure un ficheiro e colóqueo nun cartafol que xa teña compartido; lembre que terá o símbolo da man sobre el.

S16. Siga as instrucións da actividade con coidado de non modificar a configuración do sistema.

S17. A Papeleira de reciclaxe serve para gardar os documentos que queremos elimi-nar, entanto que non a baleiremos definitivamente.

S18. Actividade de ampliación.

S19. Menú Iniciar > Panel de control > Impresoras e fax; verá dentro a opción Engadir unha impresora

S20. Se queremos gardar unha copia de seguridade para o seu posterior uso, debe-mos ter o sitio onde situala. Pode ser unha memoria externa ou un servidor compartido. Podemos facelo a través dun programa para copiar ou ben marcar o cartafol ou ficheiro que queremos copiar e co botón dereito se despregará un menú, que nos permitirá copialo; logo trasladarémolo ao lugar desexado.

S21. Personalizar a aparencia do escritorio pode ser cambiar o fondo do escritorio. Menú Iniciar > Panel de control > Pantalla. Na pestana Escritorio elixir unha das opcións que nos ofrece o sistema.

S22. Outro xeito de facer o anterior é semellante ao que imos facer para cambiar o protector de pantalla. Situados no escritorio, premer no botón dereito do rato, e no menú acudir a Propiedades. Veremos nas pestanas as posibilidades de cam-biarmos o fondo, o protector e os tempos que queremos utilizar para que funcio-ne.

S23. Para cambiar a configuración do rato, acudir a Iniciar > Panel de control > Rato e, con dobre clic sobre el, aparecerá un menú con todas as posibilidades de cambio.

Page 35: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 35 de 41

6.2 Solucións das actividades complementarias

S24. Menú Iniciar > Programas > Accesorios > Calculadora. Abrirá a calculadora no escritorio.

S25. Realice as tarefas indicadas. As frechas indican, no sentido das agullas do relo-xo: barra de menú, barra de título, maximizar-minimizar-pechar, área de traballo e barra de ferramentas.

S26. Realice o que lle indica a actividade para comprobar que os triángulos finais co-rrespondan ás opcións desa aplicación. Prema no botón Ver da barra de menú para abrir as Barras de ferramentas; logo elixa unha e faga clic para a colocar como barra de ferramentas debaixo da barra de menú.

S27. Abra o Explorador de Windows, facendo dobre clic sobre a icona de acceso di-recto ou no menú Iniciar. Busque o Explorador. Na barra de menú seleccione a opción Ver, seleccione a opción Vistas en miniatura, observe o panel dereito do Explorador repita estes pasos e verá: Mosaicos, Iconas, Lista e Detalles. Deixe as vistas en Detalles, faga clic en Data da modificación e verá as datas; premen-do cambiará de orde.

S28. Instale un CD con música na CPU. Espere a que se inicie o reprodutor de xeito automático. Se non aparece unha ventá, na que lle dá a opción de reproducir, e escoite o son regulando o volume ao seu gusto.

S29. Abra o CD cos datos e marque o que desexa copiar, co botón esquerdo do rato, sitúe o rato sobre o cartafol onde desexa colocar os datos e solte nel o botón.

S30. Para procurar un ficheiro do que non saibamos o nome completo, podemos utili-zar a ferramenta Busca: Iniciar > Busca. Aparecerá unha ventá coas indicacións para realizar a busca e onde queremos buscar.

S31. Sitúese sobre un ficheiro ou un cartafol, sobre el co botón dereito despregue un menú, onde verá a opción Eliminar. O ficheiro irá á papeleira de reciclaxe, sem-pre que estea situado no disco duro, e non nunha unidade externa.

S32. Ir a O meu computador, seleccione a unidade C:, co botón dereito seleccione na opción Propiedades. No cadro de dialogo aparecerá unha pestana co nome Xe-ral, verá un diagrama de sectores de dúas cores, co espazo ocupado e libre.

S33. Siga as indicacións da actividade.

S34. Actividade de ampliación

S35. Abra a Papeleira de reciclaxe, facendo dobre clic no seu escritorio, seleccione o cartafol que desexa recuperar, despregue o seu menú contextual, faga clic en Restaurar.

Page 36: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 36 de 41

S36. Normalmente os antivirus gratuítos teñen unha opción que permite a súa actuali-zación cada vez que acende o computador. En caso contrario, acudir á páxina onde se baixou e ir á opción actualizar.

S37. Despois de analizar as iconas que ten no seu escritorio, coloque o rato sobre unha calquera e prema con dobre clic. Verá que se abre a aplicación indicada

S38. Menú Iniciar > Todos os programas > Accesorios > Calculadora. Faga clic no bo-tón Minimizar e esta situarase na barra de tarefas. Para a activar, faga clic.

S39. Menú Iniciar > Todos os programas > Accesorios > Ferramentas do sistema> Desfragmentador de disco. Abra o seu menú contextual, e seleccione a opción acceso directo.

S40. Coloque un CD na unidade central, espere a que o reprodutor se inicie, selec-cione a opción Reproducir e iniciará desde xeito o reprodutor. Aparecerá unha pantalla coas cancións ou ficheiros no CD, poderá seleccionar a que desexe e o volume a que quere escoitala.

S41. Menú Iniciar > Todos os programas > Accesorios > Axenda de enderezos. Pre-ma a opción Novo da barra de ferramentas e elixa a opción Novo contacto, pode encher os diferentes campos e logo pulsar o botón Aceptar. Quedará así garda-da a información.

S42. WordPad é un procesador de textos que trae o sistema. Menú Iniciar > Todos os programas > Accesorios > WordPad (tamén pode abrilo co acceso directo se o ten no escritorio). Escriba un texto, acuda ao menú Ficheiro, seleccione Gardar, déalle un nome e logo ao botón Aceptar.

S43. Este ficheiro que acabamos de realizar estará gardado, por exemplo en Os meus documentos, localíceo e antes de abrilo elimíneo, co rato sobre el, botón dereito, na opción Eliminar. Irá á Papeleira de reciclaxe. Ir á Papeleira de reciclaxe pre-mendo na súa icona de acceso directo do escritorio, seleccione o ficheiro ante-rior e faga clic en Restaurar. Comprobe que o ficheiro volve a estar onde antes.

S44. Agora para personalizar a aparencia do noso computador, cambiemos o estilo de Windows. Menú Iniciar > Panel de control > Pantalla, na pestana Aparencia podemos cambiar o estilo de Windows, probe en varias posibilidades.

S45. Para personalizar o rato, agora probaremos a darlle ou quitarlle velocidade. Para cambiar a configuración do rato, acudir a Iniciar > Panel de control > Rato e con dobre clic sobre el, podemos modificar a velocidade coa que se move pola pan-talla.

S46. Estando en internet, abra a páxina web que se indica deseguido: http://www.aulaclic.es/winxp/f_windowsxp.htm. Cando estea aberta coloque o apuntador en Favoritos da barra de menús e faga clic sobre Engadir a Fovoritos. Cada vez que a queira volver a ver, só ten que acudir a Favoritos e abrila aí.

Page 37: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 37 de 41

S47. Esta práctica só se pode realizar se ten conexión a Internet. Abra o navegador que teña instalado. Faga clic na barra de direccións e escriba www.google.es. Cando a páxina estea cargada, podemos iniciar unha procura con palabras cla-ve, por exemplo Chaplin, e aparecerán sitios onde haberá información relativa a ese tema.

Page 38: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 38 de 41

6.3 Solucións dos exercicios de autoavaliación

1. A informática é a ciencia que estuda o tratamento da información a través de

� � � Computadores.

2. Como se denomina o conxunto de dispositivos e mecanismos físicos dun computador?

� Hardware. � �

3. O conxunto de datos e programas que utiliza o computador chámase:

� � Software. �

4. Se queremos apagar o equipo completamente teremos que:

� � Apagar o computador e Apagar. �

5. Para seleccionar obxectos co rato usaremos:

� � O botón esquerdo �

6. Para mover un texto ou un obxecto co rato usaremos:

� � O botón esquerdo. �

Page 39: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 39 de 41

7. Que é un sistema operativo?

� � � Un programa que ten por función controlar e xestionar os recursos do compu-

tador.

8. Para que se utiliza o botón Iniciar de Windows?

� � � Para despregar o menú Iniciar e acceder de xeito doado aos programas, ás fe-

rramentas e aos documentos do computador

9. A barra de titulo dunha ventá amosa:

� � � O nome da aplicación e o documento activo.

10. Como lle devolvería o tamaño anterior a unha pantalla?

� Restaurándoa. � �

11. Os datos almacénanse en forma de:

� Ficheiros. � �

12. Cando aparece un sigo + diante dun cartafol, na parte esquerda do Explorador de Windows significa que:

� Contén máis cartafoles. � �

13. Cando copiamos un ficheiro completo:

� � Créase un duplicado do orixinal, que se colocará nun novo lugar. �

Page 40: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 40 de 41

14. A axenda de enderezos é un accesorio de Windows que:

� � Pódese utilizar para gardar información dos nosos contactos. �

15. A papeleira de reciclaxe é un cartafol:

� � Onde se depositan de xeito temporal os ficheiros e cartafoles que eliminamos. �

16. O desfragmentador de disco é unha ferramenta cuxa función é:

� � Reorganizar os ficheiros e o espazo libre do disco. �

17. O liberador de espazo no disco é unha ferramenta cuxa función é:

� � Reorganizar os ficheiros e o espazo libre do disco. �

18. Para que serve o Panel de control?

� � Para xestionar os dispositivos instalados en Windows. �

19. O fondo de escritorio:

� � � Son imaxes que decoran o escritorio.

20. Ao configurar o rato para persoas zurdas:

� � O botón esquerdo realiza as funcións de menú contextual �

Page 41: Ámbito científico tecnolóxicooperativo práctico e fácil de usar, presentando un innovador deseño visual co que pretende que a experiencia co seu computador sexa o máis natural

Páxina 41 de 41

7. Bibliografía e recursos

Bibliografía

� Libros para a educación secundaria a distancia de adultos. Ámbito tecnolóxico-matemático. Aplicacións da tecnoloxía informática. Unidades 1 e 2. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

� Taller de Informática. Funciones básicas Ed. Santillana.

Ligazóns de internet

Nestas ligazóns pode atopar trucos e información que pode consultar para mellorar a súa práctica.

� [http://www.trucoswindows.net/Trucos-para-Windows-XP.html]

� [http://www.aulaclic.es/winxp/f_windowsxp.htm]