MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2...

55
Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1 MEMORIA DO ANO ACADÉMICO 2008-2009 Servizo de Normalización Lingüística

Transcript of MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2...

Page 1: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

1

MEMORIADO ANO ACADÉMICO

2008-2009

Serv

izo

de N

orm

aliz

ació

n Li

ngüí

stic

a

Page 2: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

1. O Servizo de Normalización Lingüística……………………………………………… 5

1.1. Persoal……………………………………………………………………………… 6

1.2. Infraestrutura………………………………………………………………………. 8

1.2.1. Locais………………………………………………………………………. 8

1.2.2. Soporte informático………………………………………………………. 8

1.2.3. Internet…………………………………………………………………….. 8

1.2.4. Comunicacións……………………………………………………………. 9

1.2.5. Biblioteca e documentación……………………………………………… 10

1.3. Relacións con outros organismos……………………………………………….. 10

1.3.1. Mediante convenio……………………………………………………… 10

1.3.2. Mediante participación………………………………………………….. 11

1.3.3. Outros……………………………………………………………………… 13

1.4. Formación do persoal……………………………………………………………. 14

1.4.1. Asistencia a cursos, congresos e xornadas…………………………… 14

1.4.2. Conferencias, cursos e relatorios presentados………………………. 15

1.4.3. Publicacións...................................................................................... 17

1.4.4. Asistencia a tribunais........................................................................ 17

2. Asesoramento lingüístico……………………………………………………………… 19

2.1. Xeneralidades............................................................................................... 20

2.2. Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución.……………....... 20

2.2.1. Tarifas................................................................................................ 20

2.2.2. Valoración e resultados..................................................................... 21

2.3. O Web.............................................................……………………………....... 21

2.4. Corrección...................................................................................................... 22

2.4.1. Límites da corrección.......................................................................... 22

2.4.2. A autocorrección.................................................................................. 22

2.4.3. Distribución de correctores automáticos............................................. 23

2.5. Calidade e eficacia no traballo de asesoramento........................................... 23

2

Índice xeral

Page 3: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

2.6. Traballo realizado............................................................................................ 23

2.6.1. Corrección........................................................................................... 24

2.6.2. Tradución............................................................................................. 25

2.6.3. Asesoramento puntual……………………………………………………. 27

3. Formación………………………………………………………………………………..... 28

3.1. Cursos organizados……………………………………………………………….... 29

3.1.1. Dirixidos ao persoal de administración e servizos…………………….... 30

3.1.1.1. Cursos de linguaxe administrativa......................................……….. 30

3.1.1.2. Obradoiro de linguaxe non discriminatoria...................................... 30

3.1.1.3. Cursos de actualización de lingua galega. Nivel 3.......................... 30

3.1.2. Dirixidos ao persoal docente e investigador................………………... 31

3.1.2.1. Curso “obradoiro de expresión oral”............................................... 31

3.1.2.2. Curso de elaboración de unidades didácticas ............................... 31

3.1.2.3. Curso de presentacións dixitais eficientes...................................... 31

3.1.3. Dirixidos aos estudantes..................................................................... 31

3.1.3.1. Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación. 31

3.1.3.2. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……................. 32

4. Dinamización lingüística………………………………………………………….......... 35

4.1. Publicacións...................................................................................................... 36

4.1.1. O Cartafol dixital.................................................................................... 36

4.1.2. O Cartafol en papel.......................................................... .................... 37

4.1.3. O Web.................................................................................................... 37

4.2. Análises, informes e propostas………………………………………................... 37

4.2.1. Uso do galego na docencia................................................................... 37

4.2.2. Uso do galego na investigación básica………………………………….. 40

4.2.3. Proposta de actuacións para a Facultade de Dereito..................…….. 42

4.2.4. Proposta de actuacións para CC. da Educación................................... 42

4.2.5. Proposta para aumentar o uso do galego nas TIC............................... 43

4.3. Campañas…………………………………………………………………………… 43

4.3.1. Queixas e consultas lingüísticas…………………………………………. 43

4.4. Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros…………………. 44

5. Terminoloxía……………………………………………………………………………...... 49

5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)…...... 50

5.1.1. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL……………………...... 51

5.1.2. O bUSCatermos: informe de incidencia……...........................………... 51

5.2. Elaboración de produtos terminolóxicos.......………......................................... 53

5.2.1. Vocabularios.......................................................................................... 53

3

Page 4: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

5.3. Difusión de terminoloxía.................................................................................... 53

5.3.1. Vocabularios e léxicos........................................................................... 53

5.3.2. O proxecto “Un idioma preciso”............................................................ 53

5.3.3. A rolda terminolóxica USC-Lexiterm.................................................... 54

5.4. A difusión de información terminolóxica…………………………………………. 55

5.4.1. O Rexistro de proxectos terminolóxicos………………………………… 55

5.4.2. Información sobre a produción terminográfica galega….....………….. 55

5.5. Produtos Realiter…………………………………………………………............... 55

4

Page 5: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

5

O S

ervi

zo d

e N

orm

aliz

ació

n Li

ngüí

stic

a

1.1 Persoal

1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

1.2.2 Soporte informático

1.2.3 Internet

1.2.4 Comunicacións

1.2.5 Biblioteca e documentación

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenio

1.3.2 Mediante participación

1.3.3 Outros

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a congresos e xornadas

1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios

presentados

1.4.3 Publicacións

1.4.4 Asistencia a tribunais

Page 6: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

1.1.Persoal

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas:

• Director

Manuel C. Núñez Singala

• Técnicos de Normalización Lingüística

Manuel Bermúdez BlancoXusto A. Rodríguez RíoIsabel Vaquero Quintela

• Bolseiros

Sandra Vázquez Núñez Henrique González Martínez

• Estudante de CC. da Información en prácticas

Duarte Romero Varela

• Administración

María Isabel Rial Otero

Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Pilar Cordeiro GrañaXurxo Fernández Carballido

Cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación

Concepción Diéguez DiéguezRubén Fernández RivadeneiraAna García García

Cursos de expresión oral en galego

Concepción Diéguez Diéguez

6

Page 7: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Cursos de actualización de lingua galega. Nivel 3

Concepción Diéguez Diéguez

Cursos de linguaxe administrativa

Xoán Antón Lado LagoIsabel Tomé Freire

Obradoiro de presentacións dixitais eficientes

Manuel Bermúdez BlancoMassimo LazzariAna OteroJosé PereiraPedro SacoSandra Vázquez

Cursos de elaboración de unidades didácticas

Manuel Bermúdez BlancoJuan Blanco ValdésCarmen Sarceda Gorgoso

Cursos-obradoiro de linguaxe non discriminatoria

Concepción Diéguez Diéguez

Para a realización de léxicos e vocabularios, en concreto para a realización do Vocabulario de medicina contamos co apoio e a colaboración de:

María Casas GarcíaSonia Miguélez FerreiroCarolina Pena ÁlvarezIria PereiraXusto A. Rodríguez RíoAdriana Rubín.Sabela Sánchez TrigoXoana VázquezIsabel Vidal Castiñeira

7

Page 8: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro andar das Vivendas dos Catedráticos, na Avenida das Ciencias no Campus Sur de Santiago de Compostela. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo.

1.2.2 Soporte informático

A infraestrutura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte:

Campus de Lugo

Un ordenador tipo PC, S.O. Windows XP Unha impresora láser, branco e negro

Campus de Santiago

7 ordenadores tipo PC, S.O. Windows XP Un ordenador portátil, tipo PC, S.O. Windows XP Unha impresora a cor, de inxección de tinta Unha fotocopiadora-impresora-escáner láser a cor.

1.2.3 Internet

O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC.

http://www.usc.es/snl

8

Page 9: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

1.2.4 Comunicacións

A infraestrutura de comunicacións ao dispor do SNL é a seguinte:

Para os dous campus existe, desde finais do curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL.

Campus de Lugo:

A extensión telefónica 23582

Os seguintes enderezos electrónicos:

[email protected] SNL.Campus de Lugo

[email protected] Xusto A. Rodríguez Río (dende xullo de 2008)

Campus de Santiago

Unha liña telefónica externa, o 981 528018

As seguintes extensións telefónicas:14494 Manuel Núñez Singala14491 Isabel Vaquero Quintela14493 Manuel Bermúdez Blanco14490 Administración14492 Bolseiros

Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

[email protected] SNL. Campus de [email protected] Administración

[email protected] Manuel Núñez Singala [email protected] Isabel [email protected] Manuel Bermúdez Blanco [email protected] María Isabel Rial [email protected] Sandra Vázquez Núñ[email protected] Henrique González Martínez

9

Page 10: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

1.2.5 Biblioteca e documentación

O SNL conta cunha biblioteca constituída por arredor de 1.300 volumes especializados en temas de lingüística, ademais dun número indeterminado de revistas. Ofrécese un servizo de empréstito a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas.

Durante o curso 2008-2009 engadíronse cincuenta e sete novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doazóns.

Todos os exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital.

O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servizo e ao mesmo tempo fichado en soporte informático.

Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios:

La Voz de GaliciaEl Correo GallegoGalicia HoxeA Nosa TerraEl País

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenio

Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

A USC asinou, no ano 2008, un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para levar a cabo un

programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

Neste convenio acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudantes, PAS e PDI; a elaboración de diverso material de apoio á docencia; a edición da revista O Cartafol en versión dixital e en papel; diversas accións para as comisións de

10

Page 11: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

normalización lingüística dos centros; o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación e a realización dunha campaña para premiar os mellores traballos de curso en galego, entre outras accións. A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 73.440 €.

Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue.

O primeiro deles, de ámbito xeral, ten como obxectivo levar a cabo accións comúns destinadas ao desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de

información e documentación no eido da terminoloxía.

O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes institucións:

Unión Latina. DTIL. París (Francia) Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España) Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia) Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de

Corse. Córsega (Francia) PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia) Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

Vigo di Fassa (Italia) Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

Udine (Italia)

1.3.2 Mediante participación.

O SNL participa e coopera cos seguintes organismos:

Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen .

Por outra banda, o director técnico do Servicio é membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede. En calidade de tal asistiu á reunión do Comité que tivo lugar

11

Page 12: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

en Gatineau, Quebec, Canadá, o 6 de outubro de 2008 e á XI Asemblea Xeral da Rede Panlatina de Terminoloxía que tivo lugar en Milán, Italia, o día 9 de xuño de 2009.

Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas segue apoiando o proxecto LINMITER.

AETER. Asociación Española de Terminoloxía

O SNL é socio fundador da Asociación Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas actividades organizadas pola dita asociación.

Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística

O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración primeiro e o seguimento despois do Plan Municipal de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Manuel Bermúdez Blanco forma parte desta comisión, que durante o presente curso celebrou catro reunións.

12

Page 13: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

RITerm. Red Iberoamericana de Terminología

O Servizo de Normalización Lingüística é membro institucional de RITerm, organización en cuxos encontros e simposios veñen participando con diversa regularidade membros do Servizo.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O director do Servizo participa como experto no Proxecto para a avaliación e aprendizaxe de galego destinado a renovar o sistema de ensino non regrado de lingua galega para adultos.

Consellería de Sanidade.

Asinouse un convenio para a coedición, durante o ano 2009, dun Vocabulario de Medicina.

Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo

O Servizo colaborou co Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, cedéndolles parte da información terminográfica compilada no Banco de Termos de cara a empregala no deseño dunha ferramenta de extracción semiautomatizada de terminoloxía.

1.3.3 Outros

O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servizos lingüísticos:

• Universidade da Coruña• Universidade de Vigo

• Universidade do País Vasco• Universidade Pública de Navarra

13

Page 14: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

• Universitat Autònoma de Barcelona• Universitat d’Alacant• Universitat de Barcelona• Universitat de Girona• Universitat de les Illes Balears• Universitat Jaume I• Universitat de Lleida• Universitat Politècnica de Catalunya• Universitat Pompeu Fabra• Universitat Ramon Llull• Universitat Rovira i Virgili• Universitat de Valencia• Universitat de Vic

Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica

• TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia• Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia• TERMCAT. Cataluña.• Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña• Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos

Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil• Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia• TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina.• Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Canadá.• Office québécois de la langue française. Quebec. Canada.• Université de Paris VIII

Existen tamén intercambios de información, material e experiencias con multitude de servizos lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación…

Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística.

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a cursos, congresos e xornadas

♦ Xornada “La langue et le droit” Universidad Nacional Autónoma de México. Escuela de Extensión en Canadá. Gatineau. Québec. Canadá. 6 de outubro de 2008

Manuel Núñez Singala

14

Page 15: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

♦ IV Sommet de Terminologie Université du Québec en Outaouais. Gatineau. Québéc. Canadá. 7 e 8 de outubro de 2008

Manuel Núñez Singala

♦ XI Encontros de Normalización Lingüística. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 12 e 13 de febreiro de 2009

Henrique Gónzález Martínez Sandra Vázquez NúñezIsabel Vaquero Quintela

♦ 36th ALTE Conference. ALTE e Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. 24 de abril de 2009

Manuel C. Núñez Singala

♦ XI Asemblea Xeral da Rede Panlatina de Terminoloxía. Facoltà di Scienze Linguistiche e Letterature Straniere. Università Cattolica del Sacro Cuore. Milán. 9 de xuño de 2009

Manuel Núñez Singala

♦ Xornada “Terminologia e plurilinguismo nell’economia internazionale”. Facoltà di Scienze Linguistiche e Letterature Straniere. Università Cattolica del Sacro Cuore. Milán. 9 de xuño de 2009

Manuel Núñez Singala

♦ Curso de verán “Traballando en lingua” Do compromiso individual aos argumentos. Universidade da Coruña. Concello de Carballo. Deputación da Coruña. CTNL. A Coruña. 15, 16, e 17 de xullo de 2009

Henrique González Martínez Xusto A. Rodríguez Río Sandra Vázquez Núñez

1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados

♦ Curso de Unidades Didácticas. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. Escola Politécnica Superior. Lugo. Outubro de 2008

Manuel Bermúdez Blanco

♦ Curso de Introdución ás actividades dos servizos lingüísticos/servizos de normalización lingüística. Docencia nun módulo de “Dinamización lingüística”. Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua. Vigo. A Coruña. Outubro e novembro de 2008

Isabel Vaquero Quintela

♦ Curso de formación de profesores de galego. Docencia no módulo de 4 horas “A avaliación”. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Facultade de Química. Santiago de Compostela. 28 de novembro de 2008.

Manuel Núñez Singala

15

Page 16: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

♦ Curso de lingua galega para docentes. Docencia nun módulo sobre “Habilidades comunicativas en galego” de 3 horas lectivas. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela e Boiro. Novembro de 2008.

Manuel Núñez Singala

♦ Xornadas de aconsellamento ás explotacións agrarias. Docencia no módulo de 2 horas “Técnicas de Comunicación”. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. Escolas de Capacitación Agraria de Guísamo, 1 e 15 de decembro de 2008 e 11 de marzo de 2009; e Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2008.

Manuel Núñez Singala

♦ XI Encontros de Normalización Lingüística. Coautoría do relatorio “Análise da acción de política lingüística desde o goberno galego nos últimos catro anos e propostas para a vindeira lexislatura”. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. 12 e 13 de febreiro de 2009

Manuel Bermúdez Blanco

♦ Foro da Lingua. Conferencia sobre “Normalización Lingüística en Galicia” impartida na Escola Oficial de Idiomas de Ourense. Ourense. 4 de marzo de 2009

Manuel Núñez Singala

♦ Curso de Avaliación. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Facultade de Química. Santiago de Compostela. 9 e 10 de marzo de 2009.

Manuel Núñez Singala

♦ Mestrado Interuniversitario en Lingua e Usos Profesionais. Docencia en tres sesións prácticas dentro do módulo “Terminoloxía/Lingua para usos específicos”. Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Abril de 2009.

Xusto A. Rodríguez Río

♦ Obradoiro de actualización para avaliadores. Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. 16, 17 e 18 de abril de 2009.

Manuel Núñez Singala

♦ Conferencia Normalización lingüística en Galicia: simplificacións e prexuízos IES Xulián Magariños. Negreira. 18 de decembro de 2008. IES de Curtis (XVI Semana Cultural). Curtis. 2 de abril de 2009. IES de Brión. Brión. 22 de abril de 2009. IES Pazo da Mercé. As Neves. 13 de maio de 2009

Manuel Núñez Singala

♦ Mestrado Interuniversitario en Lingua e Usos Profesionais. Docencia nunha sesión sobre “Os labores de asesoramento nun SNL”. Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Maio de 2009.

Manuel Bermúdez Blanco

16

Page 17: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

♦ Mestrado Interuniversitario en Lingua e Usos Profesionais. Docencia nunha sesión sobre “A experiencia en dinamización e xestión lingüística na Universidade de Santiago de Compostela”. Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Maio de 2009.

Isabel Vaquero Quintela

♦ Curso de Unidades Didácticas. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. Escola Politécnica Superior. Lugo. Xuño de 2009

Manuel Bermúdez Blanco

♦ Obradoiro de Presentacións Eficientes. Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. Facultade de Psicoloxía. Santiago de Compostela. Xuño de 2009

Manuel Bermúdez BlancoSandra Vázquez Núñez

♦ Curso de verán “Traballando en lingua” Do compromiso individual aos argumentos. Coordinación da mesa de traballo “Bilingües e conservación do idioma”. Universidade da Coruña. Concello de Carballo. Deputación da Coruña. CTNL. A Coruña. 15, 16, e 17 de xullo de 2009

Isabel Vaquero Quintela

♦ Curso Interuniversitario de Actualización Para Profesores de Español. Docencia de 30 horas sobre “Didáctica del léxico” e “Evaluación”. Ministerio de Educación y Ciencia, Consejería de Educación en Brasil, Embajada de España. Universidade de Santiago de Compostela. Pontifícia Universidade Católica de São Paulo. São Paulo. Brasil. 13 ao 24 de xullo de 2009.

Manuel Núñez Singala

1.4.3 Publicacións

♦ “bUSCatermos: banco de datos terminolóxico multilingüe” En González Seoane, Ernesto, Antón Santamarina e Xavier Varela Barreiro (eds.), A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua. 2008

Xusto A. Rodríguez Río

1.4.4 Asistencia a tribunais

Manuel Núñez Singala

Promoción grupo C Condutores

17

Page 18: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Isabel Vaquero Quintela

Arquitecto Técnico Oficiais de Servizos

18

Page 19: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

19

Responsable da áreaManuel Bermúdez Blanco

Ases

oram

ento

ling

üíst

ico

2.1 Xeneralidades

2.2 Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución

2.2.1 Tarifas

2.2.2 Valoración e resultados

2.3 O Web

2.4 Corrección

2.4.1 Límites da corrección

2.4.2 A autocorrección

2.4.3 Distribución de correctores automáticos

2.5 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

2.6 Traballo realizado

2.6.1 Corrección

2.6.2 Tradución

2.6.3 Asesoramento puntual

Page 20: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

2.1 Xeneralidades

A área de asesoramento ten como tarefas principais a corrección, o asesoramento puntual e a tradución de documentos. Cada vez máis hai unha implicación maior en labores de formación, pois enténdense que o asesoramento lingüístico e a función formativa van da man ou son as dúas caras dunha mesma moeda.

Un técnico actúa como responsable da área e ocúpase da súa coordinación. Durante o curso de referencia estivo un bolseiro adscrito especificamente a esta área.

2.2. Tarifas de determinadas tarefas de corrección e tradución

Neste período 2008-2009 seguiron vixentes, sen modificacións con respecto ao curso anterior, as tarifas para determinados traballos de corrección e de tradución. É importante salientar que ningún membro da USC, ao desenvolver a súa función laboral, vai ter que pagar prezo ningún por este servizo. Trátase dunha tarificación pensada para tres casos:

1) Grupos de investigación que sexan contratados para desenvolver un traballo para fóra da USC.

2) Empresas con participación da USC3) Empresas alleas á USC pero que teñan unha relación puntual con ela.

O que se pretende con este sistema é:1) Dar un mellor servizo á comunidade universitaria2) Darlle valor a aquelas empresas ou grupos que fan as cousas en galego3) Captación de recursos externos. Neste punto deberamos aclarar que nunca o

SNL ten previsto facer competencia desleal ás empresas que viven da xestión lingüística, de xeito que existe un compromiso moi firme en non saírmos dos tres casos establecidos.

2.2.1 Tarifas

O Consello de Dirección aprobou, por proposta do SNL, as seguintes tarifas:

Servizo de Normalización Lingüística 2007Traduc. Grupo Investigac. (por palabra) cast-galego Linguaxe común 0,020 €Traduc. Grupo investigación (por palabra) cast-galego. Linguaxe especializada 0,030 €Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe común 0,005 €Corrección galego. Grupo Investigación. Linguaxe especializada 0,008 €Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,030 €Traduc. Castelán-galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe espec. 0,040 €Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe común 0,010 €Correción Galego. Empresas con participación da USC (por palabra). Linguaxe especial. 0,015 €

20

Page 21: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe común 0,050 €Traduc. Castelán-Galega. Empresas alleas á USC (por palabra). Linguaxe especializada 0,060 €Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe común 0,015 €Corrección Galego. Empresas alleas á USC. Linguaxe especializada 0,025 €Recargo por urxencia 10%

2.2.2 Valoración e resultados

A valoración dos usuarios verbo do establecemento destas tarifas é positivo. Non se deron casos de desacordo explícito coa medida despois de darmos as explicacións convenientes.

Salientamos dúas cuestións en relación ao sistema de tarificación:

• O sistema permite dar un servizo que, doutro xeito, sería imposible de afrontar.• A existencia dun sistema de tarificación non modifica en nada a valoración e,

polo tanto, a ordenación dos labores de asesoramento: son as estratexias normalizadoras as que determinan a orde de traballo; nunca as razóns económicas.

Durante o período 2008/2009 o SNL recadou a cantidade de 2.700 € por este concepto.

2.3 O Web

Ter un web completo e actualizado permite mellorar a atención ao usuario e facer máis rendible moitas das actuacións que se levan a cabo. Por un lado, estende a atención a todo o horario laboral e, polo outro, utiliza formatos dixitais no canto dos formatos tradicionais, máis caros e menos dinámicos.

O web da área de asesoramento inclúe máis de 250 páxinas cheas de información e de recursos útiles para o usuario. Está distribuído en seis seccións:

• corrección de textos

• tradución de textos

• resolución de consultas lingüísticas

• deseño de documentos

• establecemento de fundamentos propios da USC

• recursos (dicionarios, correctores, etc.)

Non obstante, desde que levamos utilizando este novo web no SNL detectamos que había moita información importante que quedaba oculta. Fíxose necesario unha racionalización e organización dos contidos, de xeito que calquera usuario puidese

21

Page 22: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

chegar a aquelas páxinas con máis demanda. Así, desde a primeira páxina do SNL (http://www.usc.es/snl/) procúranse mostrar. En relación coa Área de Asesoramento isto é o que se amosa:Servizos

• Resolución de consultas lingüísticas• Tradución e revisión de documentos

Recursos• Correctores e tradutores automáticos • Os documentos administrativos máis utilizados na USC• Criterios para a redacción administrativa na USC

Neste período introducíronse contidos en case todas as seccións do noso web. Destacamos a comparativa entre tradutores automáticos que se pode consultar en:http://www.usc.es/snl/asesora/recursos/comparativa_tradutores.htm

2.4 Corrección

2.4.1 Límites da corrección

O labor de corrección que se leva a cabo no SNL da Universidade quere ir máis aló da reparación ortográfica e morfolóxica dos textos. Ao noso xeito de velo, a corrección ten que cumprir unha función formativa e debe ser resultado da estratexia que marque a planificación lingüística.

Como principio básico establécese unha análise previa á corrección, e a aplicación duns criterios que son os que establecen a diferenza entre os documentos que se corrixen e os que non. Dependendo tamén destes criterios, aplícanse uns sistemas de corrección que se adecúan aos diferentes tipos de documento. Todo isto, para tirarlle o máximo partido aos recursos, limitados por forza, cos que conta o noso Servizo.

2.4.2 A autocorrección

O sistema de corrección establecido, a través do sistema de control de cambios (http://www.usc.es/snl/asesora/correccion/controlcambios_correccion.htm) e a autocorrección previa coa utilización de verificadores automáticos pretenden axudar a crear un usuario autónomo e, polo tanto, menos dependente da corrección feita polo SNL. Á parte disto, establecer a responsabilidade sobre o documento en quen debe recaer, é dicir, no seu autor, axuda a marcar o camiño para a súa formación no ámbito lingüístico.

22

Page 23: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

2.4.3 Distribución de correctores ortográficos

Para facer a distribución de correctores ortográficos utilízase a plataforma do web (http://www.usc.es/snl/asesora/correccion/corrector_correccion.htm). Deste xeito, pódense ter as versións últimas de cada produto a disposición do usuario. Isto non quita que haxa que facer tamén envío, nalgúns casos, de correctores en soporte físico (CD-Rom).

2.5 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

De todos os traballos desenvolvidos en corrección e tradución hai que destacar que na maior parte das veces se cumpriron os prazos de execución.

Das 237 actuacións, 45 non puideron ser satisfeitas no tempo solicitado polo usuario. A razón é que o compromiso de facermos as traducións de grao no mesmo día que se enviasen resultou ser moi difícil de conseguir; for, unhas veces, por falta de persoal, for por problemas informáticos. Porén, hai que ter en conta que o nivel de eficacia é aceptable pois as datas de entrega solicitadas son as que fixa o usuario.

Por outra banda cómpre ter presente que 49 (o 21%) foron entregadas antes do prazo fixado polo solicitante.

Antes de prazo21% Despois de

prazo19%

No prazo previsto

60%

2.6 Traballo realizado

Durante o curso de referencia, a o SNL procesou un total 11.128 folios. Destes, 5.026 corresponden a traducións, e 6.102 a correccións.

23

Grao de cumprimento de prazos

Page 24: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Traducións

Correccións

50266102

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

2.6.1 Corrección

Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

1805

3512

775

0

500

1000

1500

2000

2500

3000

3500

4000

Estudantes PDI PAS

S1

O número de páxinas corrixidas no colectivo de PAS descende respecto a exercicios anteriores en varios centos de páxinas. Probablemente sexa debido a unha maior competencia lingüística nestes grupos, nos que a formación en lingua galega leva desenvolvéndose con intensidade dende hai anos. No que toca aos colectivo do PDI e alumnado, especialmente no primeiro caso, o número de correccións solicitadas ascende de maneira significativa, motivado polas actuacións centradas en determinados

24

Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

Page 25: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

centros de ensino a través de cursos de unidades didáctica ou de presentacións eficientes.

2.6.2 Tradución

A tradución que se levaba a cabo no SNL era, basicamente, do castelán ao galego, agás algúns casos illados de documentación que teña que ser efectiva fóra de Galicia. En anos anteriores, esta tendencia mudara motivado polas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. O caso é que a través dos tradutores automáticos ofrecemos a posibilidade a determinados usuarios de que fagan o material en galego para que nós, en casos concretos, desenvolvamos a tradución ao castelán.

Neste período 2008-2009 volve gañar terreo a tradución na dirección castelán para o galego. A razón foi que, co establecemento dos novos graos, houbo que facer as súas memorias en castelán e en galego. O que se propuxo por parte da USC é que os centros fixesen unha versión orixinal en castelán para que o SNL fixese unha tradución para o galego. O resultado é que o volume de traducións aumentou considerablemente.

Graos traducidos• Matemáticas• Políticas• Arte• Comunicación audiovisual• Filosofía• Psicoloxía• Química• Enfermaría• Bioloxía• Económicas• Enxeñaría Informática• Ciencias da Educación• Filoloxía Clásica• Filoloxía Galega• Filoloxía Moderna• Filoloxía Inglesa• Filoloxía Española• Humanidades• Enxeñaría Industrial• Dereito• Nutrición Humana• Medicina• Odontoloxía• Xeografía• Administración e dirección de empresas

25

Page 26: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

• Máster en desenvolvemento económico

26

4525

4750

500

1000

1500

2000

2500

3000

3500

4000

4500

5000

Estudantes PDI PAS

S1

* Nas páxinas atribuídas ao PDI están incluídas as resultantes das traducións de grao, que suman un total de 4185.

818

4208

0

500

1000

1500

2000

2500

3000

3500

4000

4500

Galego-Castelán Castelán-Galego

S1

26

Page 27: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

2.6.3 Asesoramento puntual

O asesoramento puntual en tempo real (presencial ou telefónico) ou o recibido por correo electrónico ten moita importancia e é un dos labores que mellores resultados ofrece na satisfacción dos usuarios.

27

Page 28: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

28

Responsable da áreaManuel Núñez Singala

Form

ació

n

3.1 Cursos organizados

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos

3.1.1.1 Cursos de linguaxe administrativa

3.1.1.2 Obradoiro de linguaxe non discriminatoria

3.1.1.3 Cursos de actualización de lingua galega.

Nivel 3

3.1.2 Dirixidos ao persoal docente e investigador

3.1.2.1 Curso “obradoiro de expresión oral”

3.1.2.2 Curso de elaboración de unidades

didácticas

3.1.2.4 Curso de presentacións dixitais eficientes

3.1.3 Dirixidos aos estudantes

3.1.3.1 Cursos de redacción e deseño de traballos

de investigación

3.1.3.2 Cursos de lingua galega para non

galegofalantes

Page 29: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

3.1 Cursos organizados

Durante o curso 2008-2009 o Servizo de Normalización Lingüística organizou un total de 18 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución:

3 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 3 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II 3 cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación 1 curso de elaboración de unidades didácticas 1 curso de presentacións dixitais eficientes 2 cursos de linguaxe administrativa 2 obradoiros de expresión oral 1 curso de actualización de lingua galega Celga 3 2 obradoiros de linguaxe non discriminatoria

Por campus, a distribución foi a seguinte:

Campus de Santiago de Compostela: 11 cursos

2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II

(Estes cursos organízaos o Centro de Linguas Modernas co apoio e financiamento do Servizo de Normalización Lingüística)

1 curso de linguaxe administrativa para PAS 1 obradoiro de expresión oral para docentes 2 cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación 1 curso de actualización de lingua galega nivel 3 1 obradoiro de linguaxe non discriminatoria 1 curso de presentacións dixitais eficientes

Campus de Lugo: 7 cursos

1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico I 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel Básico II 1 curso de redacción e deseño de traballos de investigación 1 curso de linguaxe administrativa para PAS 1 curso de elaboración de unidades didácticas 1 obradoiro de expresión oral para docentes 1 obradoiro de linguaxe non discriminatoria para PAS

O número total de estudantes matriculados nos cursos do SNL foi de 295 persoas, das cales 176 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 119 no Campus de Lugo.

29

Page 30: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos

Os cursos orientados ao persoal de administración e servizos (PAS) organízanse conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS.

3.1.1.1 Cursos de linguaxe administrativa

Con estes cursos preténdese aproximar ao persoal da universidade a unha linguaxe de especialidade: o tecnolecto administrativo, de modo que se propicie un cambio efectivo na mellora da calidade lingüística da institución.

Durante o ano académico de referencia realizáronse dous cursos deste tipo, un no campus de Santiago ao que asistiron 26 persoas, e outro no campus de Lugo cunha asistencia de 24 persoas.

3.1.1.2 Obradoiro de linguaxe non discriminatoria

Os obradoiros de linguaxe non discriminatoria diríxense a todo o persoal de administración e servizos e teñen como obxectivo concienciar aos/ás participantes da necesidade de democratización da linguaxe formal; dar a coñecer as principais liñas para a modernización desta linguaxe e insistir no esforzo especial que cómpre facer para superar tanto o sexismo lingüístico como a discriminación, dado que a linguaxe formal debe reflectir unha visión igualitaria da sociedade.

O curso ten unha duración de 4 horas repartidas en dúas sesións de dúas horas, durante o curso de referencia tiveron lugar dous cursos, un en Santiago cunha matrícula de 17 persoas e outro en Lugo ao que asistiron 20 persoas

3.1.1.3 Cursos de actualización de lingua galega. Nivel 3

Os cursos de actualización de lingua galega 3 diríxense ao persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela que desexen actualizar os seus coñecementos xerais en lingua galega e presentarse á proba do nivel Celga 3

A duración dos cursos é de 60 horas. Tivo lugar un curso no campus de Santiago de Compostela no que se matricularon 15 persoas.

30

Page 31: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

3.1.2 Dirixidos ao persoal docente e investigador

Varios destes cursos teñen lugar de xeito coordinado co Programa de Formación e Innovación Docente da USC.

3.1.2.1 Curso “obradoiro de expresión oral”

Este tipo de curso persegue a mellora da lingua oral e das funcións comunicativas en lingua galega dos asistentes. Tiveron lugar 2 cursos e o número total de asistentes foi de 15 persoas, 7 no campus de Santiago e 8 no de Lugo.

3.1.2.2 Curso de elaboración de unidades didácticas

Trátase dun curso no que se aborda a elaboración de diversas unidades didácticas cunha elevada calidade lingüística. Tivo lugar un curso, no campus de Lugo, ao que asistiron 10 persoas.

Cada un destes cursos supón a elaboración por parte dos asistentes dunha unidade didáctica que posteriormente edita o Servizo de Normalización Lingüística co apoio económico da Vicerreitoría de Cultura.

3.1.2.3 Curso de presentacións dixitais eficientes

Co presente curso preténdese profundara nas técnicas, tanto lingüísticas como de deseño para a realización de presentacións dixitais. Trabállase cos programas informáticos máis usuais, tanto da plataforma PC como Mac.

Durante o presente curso tivo lugar un curso no campus de Santiago de Compostela ao que asistiron 18 persoas.

3.1.3 Dirixidos aos estudantes

3.1.3.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

Estes cursos diríxense preferentemente a todos aqueles estudantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura, traballos de investigación tutelados e proxectos de fin de carreira (véxase máis adiante 4.1.4)

Estes cursos computan un crédito de libre configuración.

31

Page 32: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Durante o curso de referencia realizáronse tres cursos, cun total de 48 matriculados. Dous dos cursos tiveron lugar no campus de Compostela, 32 asistentes, e un no campus de Lugo, 16 asistentes.

3.1.3.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes

Organízanse en dous niveis básicos que reciben o nome de Básico I e Básico II, o primeiro deles dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e o segundo orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua.

Durante o período de referencia tiveron lugar seis cursos: tres deles do nivel Básico I, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago; e outros tres do nivel Básico II, un no campus de Lugo e dous no campus de Santiago. O total de matriculados nestes cursos foi de 102 persoas..

Cada curso computou tres créditos de libre configuración.

A procedencia é a que figura na seguinte gráfica:

47

55

42

44

46

48

50

52

54

56

Fóra de España España

32

Page 33: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

A orixe dos matriculados de fóra do Estado español é a seguinte:

Alemaña

Arxentina

Austria

Brasil

Colombia

Francia

Italia

Polonia

R. Checa

Reino Unido

Rusia

Suíza

Taiwan

Venezuela Xapón

Os datos numéricos concretos son os que se mostran a seguir:

Alemaña 9Arxentina 2Austria 1Brasil 3Colombia 2Francia 6Italia 6Polonia 4R. Checa 2Reino Unido 2Rusia 1Suíza 1Taiwan 2Venezuela 2Xapón 1

33

Page 34: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Verbo da procedencia daqueles estudantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

Andalucía

Asturias

C. Valenciana

Castela-A Mancha

Castela-LeónCataluña

Galicia

Illas Baleares

Madrid

Murcia

País Vasco

Os datos numéricos de referencia da anterior gráfica son os que se mostran a seguir:

Andalucía 5Asturias 7C. Valenciana 2Castela-A Mancha 1Castela-León 10Cataluña 6Galicia 4Illas Baleares 2Madrid 4Murcia 1País Vasco 6

34

Page 35: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

35

Responsable da ÁreaIsabel Vaquero Quintela

Din

amiz

ació

n lin

güís

tica

4.1 Publicacións

4.1.1 O Cartafol dixital

4.1.2 O Cartafol en papel

4.1.3 Web do SNL

4.2 Análises, informes e propostas

4.2.1 Uso do galego na docencia

4.2.2 Uso do galego na investigación básica

4.2.3 Proposta de plan de actuacións para Dereito

4.2.4 Proposta de plan de actuacións para Ciencias da

Educación

4.2.5 Proposta para aumentar o uso do galego nas TIC

4.3 Campañas

4.3.1 Queixas e consultas lingüísticas

4.4.Apoio ás comisións de normalización lingüística dos

centros

Page 36: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

4.1 Publicacións

4.1.1 O Cartafol dixital

Durante o curso 2008-2009 a área planificou, coordinou, elaborou e publicou os números 44 a 52, correspondentes aos meses de outubro a xuño, d’O Cartafol dixital. Isto supuxo:

• A elaboración de 55 artigos publicados na sección “Con creto”, destinada preferentemente a informar de novas sobre a lingua tanto na USC como fóra dela

• O seguimento mensual da prensa, que se realiza coa colaboración da administrativa do SNL, quen se encarga do almacenamento das novas nunha base de datos que conta xa con 4.200 rexistros (dende abril de 2006). A partir desas novas, a Área encárgase da elaboración da sección “Ruxe-ruxe”, para a que se redactaron 71 resumos de novas coas súas respectivas ligazóns

• A coordinación dos traballos de elaboración de artigos para as seccións “Pasa a folla”.

• O seguimento de diferentes eventos relacionados coa lingua, sobranceiramente na USC para informar na sección “Axenda”, que deu como resultado 68 eventos.

Cómpre salientar que dende marzo contouse cun estudante de Ciencias da Información en prácticas, Duarte Romero, para axudar na planificación e elaboración dos contidos.

Para difundir a publicación de cada número utilízase a rolda propia da Universidade de Santiago de Compostela, USC-Difusión, que cuns 6.000 subscritores fai chegar a información puntualmente a todo o persoal docente e investigador e a todo o PAS. Tamén se difunde entre o estudantado, a través da lista USC-estudantes.

O Xornal electrónico da USC adoita facerse eco da publicación de cada número, e mesmo dalgunha das informacións con certo detalle.

Ademais, fíxoselle chegar tamén por correo electrónico a unha serie de contactos externos:

o Medios de comunicación (26)o Centros de información (6)o Centros de referencia en lingua galega (16)o Organizacións de promoción e defensa da lingua galega (9)o Outros servizos lingüísticos e de normalización (31)o Compromisos en Galicia (93)o Compromisos fóra de Galicia (14)

36

Page 37: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Por outra banda, dende principios de 2009 a ADL estivo a traballar, conxuntamente coa Oficina Web, no deseño gráfico e editorial do novo Cartafol Dixital, que se publicará co novo xestor de contidos web da USC. Este trasvasamento permitirá unha xestión máis áxil e eficiente, a actualización non supeditada a números, e novos servizos como o RSS. Ademais de integrar as actuais secccións (Novas, Axenda, Arriba-Abaixo, Ruxe-ruxe e Pasa a folla), absorberá «Un idioma preciso», sección que viña mantendo a Área de Terminoloxía noutros medios.

4.1.2 O Cartafol en papel

No curso 2008-2009 decidiuse deixar de elaborar O Cartafol en papel, xa que a versión electrónica cumpre á perfección o papel difusor que lle corresponde a esta publicación, pois chega a toda a comunidade universitaria a través das diversas listas electrónicas existentes.

4.1.3 Web do SNL

Os contidos relacionados coa dinamización lingüística artéllanse arredor de catro eixes:

• Actividades• Comisións de normalización lingüística• O galego na docencia• Documentos e recursos

En total, arestora o web de dinamización conta con 59 páxinas html, das cales 9 conteñen formularios interactivos, e con 116 documentos. Procurouse non superar o terceiro nivel de profundidade á hora de distribuír os contidos.

Actualizáronse durante este curso os contidos referidos ás actividades (concursos, cursos...) e aos datos de uso do galego na docencia.

4.2 Análises, informes e propostas

4.2.1 Uso do galego na docencia

A aplicación XesCampus proporciónanos dende o curso 2003-2004 datos referidos ao uso de idiomas nas horas de docencia na USC, segundo o POD. A Área de Dinamización Lingüística encárgase da explotación destes datos, así como da súa publicación e difusión a través d’O Cartafol.

37

Page 38: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Aínda que cómpre considerar os datos concretos con precaución, o Plan de Organización Docente amosa as grandes tendencias sobre o uso dos idiomas na docencia.

O castelán segue sendo o idioma maioritario de docencia da USC, e o galego, a lingua da quinta parte da actividade docente. A presenza doutros idiomas non oficiais na USC na docencia suma case un 5%.

Linguas da docencia no curso 2008-2009 (porcentaxes sobre horas de clase, segundo o POD)

Outros 1,59%

Portugués 0,50%

Inglés 1,56%

Galego 20,40%

Castelán 75,95%

Elaboración propia a partir dos datos tirados do POD do curso 2008-2009

Como se pode apreciar na seguinte gráfica, non hai grandes mudanzas dende o curso 2003-2004:

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

Galego Castelán Portugués Outros Inglés

2003-20042004-20052005-20062006-20072007-20082008-2009

Elaboración propia a partir dos datos tirados dos POD de cada curso académico

38

Page 39: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Os case 8 puntos que baixa o uso do castelán (82,40% ao 74,87%) non son enteiramente a prol do uso do galego, que só sobe do 17,60% ao 20,40%: menos de 3 puntos en cinco anos. Semella máis achacable a un lixeiro aumento dos datos referidos a outros idiomas, e tamén, probablemente, á mellora na consignación dos usos lingüísticos.

Ao debullar os datos por departamentos:

0% de uso do galego: 18 departamentos Ata o 25% das súas horas docentes en galego: 32 departamentos (igual có curso

anterior). Deles, 14 non chegan ao 10% de docencia en galego. Entre o 25% e o 50% das súas horas de clase en galego: 16 departamentos (1

menos ca no curso anterior) Máis do 50% das súas horas docentes en galego: 12 departamentos (2 máis que no

ano anterior)

Dos 78 departamentos existentes na USC, 5 non impartiron nin unha soa hora de docencia en galego durante os últimos seis cursos, un menos que no curso anterior (Xenética impartiu este curso un 12,94% en galego):

• Filoloxía Alemá• Física da Materia Condensada• Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica• Obstetricia e Xinecoloxía• Dermatoloxía e Otorrinolaringoloxía

No outro extremo, hai 7 departamentos que durante os últimos seis cursos impartiron máis do 50% da súa docencia en galego, cumprindo co modelo lingüístico desexado para a USC:

03-04 04-05 05-06 06-07 07-08 08-09Filoloxía Galega 83,33% 54,51% 69,97% 68,86% 64,46% 61,34%

Economía Aplicada 67,41% 57,90% 54,52% 56,04% 55,10% 61,92%

Filosofía e Antropoloxía Social 68,24% 65,15% 71,41% 69,39% 65,87% 70,80%

Historia Contemporánea e de América 56,33% 70,80% 78,78% 74,58% 82,97% 85,21%

Historia e Institucións Económicas 70,79% 71,09% 72,36% 79,10% 88,00% 85,96%T. da Educación, Hª da Educación e Pedagoxía Social 65,62% 73,83% 88,99% 78,85% 70,23%

85,06%

Ciencias da Comunicación 70,32% 74,86% 91,64% 85,19% 87,66% 89,96%

Ao debullar os datos por titulacións:

• 0% de uso do galego en tres titulacións (Filoloxías Francesa e Italiana, e a Diplomatura en Relacións Laborais que se imparte na Escola adscrita de Lugo)

39

Page 40: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

e en dúas especialidades (Industrias Agrarias e Alimentarias e Enfermaría Obstétrico-Xinecolóxica).

• Entre 0 e 25% de horas docentes en galego: 32 titulacións e especialidades; delas, 16 non chegan ao 10%.

• Entre o 25% e o 50% de horas docentes en galego: 17 titulacións (tres máis que no pasado curso)

• Máis do 50% de horas docentes en galego: 14 titulacións (catro máis que no pasado curso, en azul)

TITULACIÓN GALEGO CASTELÁNLic. Historia 51,28% 47,86%Mestre, Esp. Educación Infantil [L] 53,19% 46,28%Lic. Humanidades [L] 55,91% 32,26%Mestre, Esp. Educación Física [L] 57,14% 42,86% Lic. Filosofía 59,40% 40,60%Mestre, Esp. Educación Infantil 64,41% 35,59%Lic. Pedagoxía 66,83% 33,17%Lic. Psicopedagoxía 69,41% 30,59%Diplomatura En Educación Social 69,77% 30,23%Lic. Comunicación Audiovisual (Coa Univ. Vigo) 77,97% 22,03% Lic. Filoloxía Románica 78,05% 21,95%Lic. Xornalismo 84,12% 15,88%Graduado En Cc. Criminolóxicas E Da Seguridade Pública 86,21% 13,79% Lic. Filoloxía Galega 100,00% 0,00%

4.2.2 Uso do galego na investigación básica

Como todos os anos a Área de Dinamización estudou a principios de 2009 os resultados das campañas de axuda do ano 2008 á realización en galego de traballos de investigación básica: teses, memorias de licenciatura, proxectos de fin de carreira e traballos de investigación tutelados (TIT).

Durante o ano 2008 beneficiáronse destas axudas:

• 7 teses de doutoramento (6,67 % do total de teses lidas)• 4 memorias de licenciatura (7,27% do total)• 69 proxectos de fin de carreira (11,29% do total)• 11 traballos de investigación tutelados (2,29% do total)

O importe total das axudas ascendeu a 12.964 €

A evolución das axudas solicitadas e da porcentaxe de galego que representan a respecto do total de cada tipoloxía de traballo ao longo dos últimos dez anos reflíctese nas seguintes gráficas:

40

Page 41: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

4.2.3 Proposta de actuacións para a Facultade de Dereito

A proposta de plan de actuacións elaborada pola ADL fóralle presentada ao Consello de Dirección en xullo de 2008, o cal lle fixo unha serie de correccións. Unha vez reelaborado, a proposta foille presentada pola secretaria xeral da USC, en compañía do director do SNL ao decano da Facultade de Dereito a principios de decembro de 2008, quen llela trasladou aos membros da Comisión de Normalización Lingüística e mais aos departamentos.

A CNL remitiu, con data do 27 de marzo de 2009, unha serie de comentarios e alegacións sobre a proposta de actuacións á secretaria xeral da USC. Con base nese documento reelaborouse de novo a proposta, que lle foi remitida en xuño de 2009 de novo ao decano e mais á CNL, para que, se o consideran oportuno, a leven á consideración da Xunta de Facultade a principios do vindeiro curso 2009-2010.

4.2.4 Proposta de plan de actuacións para Ciencias da Educación

41

Evolución das axudas para o uso do galego nos traballos de grao e de terceiro ciclo

0

10

20

30

40

50

60

70

80

90

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

Nº d

e axu

das s

olici

tadas

Teses

Memorias

Prox ectos

TIT

Evolución do uso do galego en traballos de grao e de terceiro ciclo (en porcentaxes)

0,00%

2,00%

4,00%

6,00%

8,00%

10,00%

12,00%

14,00%

16,00%

18,00%

1990

1991

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

Teses doutoramento Memorias licenciatura Proxectos fin de carreira TIT

Evolución no uso das linguas nas teses de doutoramento(número de teses lidas en cada lingua)

0

50

100

150

200

250

1986

1987

1988

1989

1990

1991

1992

1993

1994

1995

1996

1997

1998

1999

2000

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

En galego Castelán Portugués Outras

Page 42: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

A Comisión de Normalización Lingüística do Claustro recomendou en maio de 2007 “Desenvolver accións de extensión do uso da lingua na docencia focalizando os esforzos nun par de centros, a modo de experiencia piloto que poida ser ampliada no futuro.”

O Consello de Dirección encargoulle esta tarefa ao Servizo de Normalización Lingüística, e dende o SNL propuxemos focalizar os esforzos estratexicamente en dous centros: Ciencias da Educación e Dereito.

Durante este curso a ADL estivo a elaborar o estudo-diagnóstico do centro; a súa primeira versión foilles remitida aos membros da CNL, cos cales se mantivo unha xuntanza o 26 de febreiro de 2009, durante a cal se advertiu sobre erros que contiña, e se tomaron notas sobre diversos aspectos relevantes para o estudo-diagnóstico.

Agárdase que a versión definitiva do estudo-diagnóstico, así como o DAFO, documentos sobre os que debe basearse a proposta de actuacións esteas listos durante o mes de setembro.

4.2.5 Proposta para aumentar o uso do galego nas TIC

En marzo de 2009 o SNL presentoulle á secretaria xeral da USC, para a súa consideración polo consello de dirección, o documento titulado «A lingua galega e as TIC. Proposta para continuar a súa implantación na USC».

A proposta baséase nos obxectivos e medidas recollidos tanto no Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC (PETIC 2), para aumentar o uso do galego neste eido. Logo de realizar un diagnóstico sobre a situación da nosa lingua nas TIC no ámbito da USC, proponse as seguintes actuacións:

Instalación de software en galego nos computadores Protocolo de galeguización de aplicacións corporativas, existentes ou futuras. Introdución dunha valoración positiva do uso do galego nos pregos de

contratación de software e de telefonía móbil. Constitución dun grupo de traballo para a localización ao galego de software de

uso universitario. Incorporación do galego aos cursos de formación de/con software da USC. Aumento das accións de información e difusión.

En xuño a secretaria xeral comunicoulle ao director da Área TIC a vontade do Consello de Dirección de levar adiante esta proposta, para o cal pode contar coa axuda do Servizo de Normalización Lingüística.

4.3 Campañas

42

Page 43: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

4.3.1 Queixas e consultas lingüísticas

Durante o curso académico 2008-2009 recibíronse queixas en relación a:

o Utilización exclusiva do castelán na publicidade do Máster Oficial en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros

o Utilización exclusiva do castelán e de toponimia deturpada en toda a documentación relativa ao Congreso Ingegraf 09

o Utilización exclusiva do castelán nunha certificación de terceiro ciclo

Todas elas lle foron comunicadas á secretaria xeral, quen realizou as dilixencias oportunas.

Ademais resolvéronse consultas e elaboráronse informes técnicos en relación á galeguización de nomes e apelidos.

Por último, resolvéronse consultas e asesorouse sobre incidentes desenvolvidos nas aulas de Económicas e dun mestrado a respecto da utilización da lingua galega por profesores e alumnos.

4.4 Apoio ás comisións de normalización lingüística dos centros

Coordinación

• Seguimento e actualización da aparición e composición das cnl, para o que se contou co apoio da Secretaría Xeral.• Seguimento e apoio das actividades das cnl.• Envío de información de xeito puntual, a través de correo postal e electrónico.• Coordinación, seguimento e apoio das solicitudes de financiamento feitas polas

cnl para incluír na addenda anual ao convenio de colaboración da USC e a DXPL da Xunta de Galicia.

Premios á calidade lingüística

o Concesión dos IV Premios á calidade lingüística e do I Premio á Excelencia dos traballos académicos (2008-2009):

o Seguimento na recepción dos traballos. Presentáronse: Escola Politécnica Superior: 2 Psicoloxía: 3 Económicas: 8 Administracion e Dirección de Empresas (Lugo): 1 Bioloxía: 4 Escola Universitaria de Formación do Profesorado (Lugo): 5 CC. da Educación: 8

43

Page 44: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Dereito: 2 Veterinaria: 4 Filosofía: 2

• Concesión do Premio á Excelencia ao alumno de Dereito Miguel Vieito Villar.

o Coordinación e asesoramento na constitución dos xurados e no procedemento

o Comunicacións formais aos premiados/aso Xestións dos pagamentoso Asesoramento e coordinación dos actos de entrega dos premios

o Convocatoria dos IV Premios á calidade lingüística dos traballos académicos para este curso 2008-2009.

o Aumenta o número de comisións organizadoras ata 11, ao se sumar a ETSE:

Escola Politécnica Superior Psicoloxía Económicas Administracion e Dirección de Empresas (Lugo) Bioloxía Escola Universitaria de Formación do Profesorado (Lugo) CC. da Educación Dereito Veterinaria Filosofía Escola Técnica Superior de Enxeñaría

o Actualización da información sobre o concurso e sobre ferramentas de apoio

o Difusión do concurso: O Cartafol, notas de prensa; nos centros: reparto e envío de folletos-cartel, actos de presentación.

o Coordinación da iniciativa nos centros

Publicación de unidades didácticas

Apoiamos a publicación, por parte da Vicerreitoría de Cultura, das 4 unidades didácticas en galego, resultantes da segunda edición do «Curso de elaboración de unidades didácticas» que se impartira na USC (na EPS) o curso anterior, que son:

Ramón Alberto Díaz Varela (Dpto. de Botánica): Plantas Invasoras, para a materia “Malherboloxía”

Esther Gómez Fórneas, Laura Rodríguez Silva (Dpto. de Química Inorgánica): A atmosfera, para a materia “Fundamentos Químicos da Enxeñaría”

44

Page 45: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Carlos Núñez Temes (Dpto. de Enxeñería Agroforestal): Recoñecemento do Terreo, para a materia “Enxeñería e Morfoloxía do Terreo”

Benigno Ruíz Nogueiras (Dpto. de Produción Vexetal): Leguminosas de gran. Aspectos xerais, para a materia “Cultivos herbáceos"

Facultade de Administración e Dirección de Empresas

Apoiamos a resolución do III Premio de publicidade en galego “Comunicándomos”, correspondente ao curso 2007-2008, no mes de novembro de 2008, ao que se presentaron 4 traballos.

O gañador foi Zósimo López Pena, que recibiu 500 euros e diploma acreditativo por unha campaña contra os malos tratos contra as mulleres. O segundo premio foi para o grupo «Lucus Cars», por un spot sobre automóbiles, polo que recibiron 400 euros de premio máis un diploma. En terceiro lugar quedou o traballo «Déixate levar», de Borja Gutiérrez Corral, que destaca a beleza turística luguesa e ó que lle corresponde 300 euros e un diploma.

Logo da entrega de premios, o profesor de Comunicación Audiovisual da USC Alejandro Vázquez ofreceu unha conferencia sobre «A liberdade de crear».

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Apoiamos a edición por parte da CNL duns cartafoles cunha escolma de Termos esenciais de contabilidade en galego, español e inglés, que se entregaban no Servizo de Reprografía do centro acompañando as fotocopias.

Facultade de Ciencias da Educación

Apoiamos a organización das I Xornadas «Os recursos educativos en galego», que desta volta se centraron na educación infantil e se desenvolveron o 19-20 de decembro. O obxectivo das xornadas é debater, reflexionar e dar a coñecer os recursos educativos existentes na nosa lingua, así como promover a creación de recursos adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.

Apoiamos a edición do dvd que recolle as achegas que se presentaron nas devanditas xornadas.

Facultade de Dereito

Planificamos e coordinamos os contidos, xunto co profesorado Concha Diéguez (lingüista) e Héctor López de Castro (avogado) «Falar ao dereito. Obradoiro para mellorar as habilidades orais e argumentativas do alumnado de Dereito», un obradoiro eminentemente práctico, dirixido aos estudantes da titulación, que tiña

45

Page 46: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

recoñecido 1 crédito de libre configuración. Porén o obradoiro non se realizou por falta de matrícula abonda.

Facultade de Psicoloxía

Apoiamos a organización do «Obradoiro de presentacións dixitais eficientes: Como utilizarmos as presentacións para comunicarmos mellor». Trátase dunha acción formativa de 34 horas, inserida no Plan de Formación e Innovación Docente, que ten como obxectivos:

• Mellorar os procesos comunicativos universitarios docentes, investigadores e institucionais.

• Estimular o uso eficiente das novas tecnoloxías para a docencia e a comunicación universitaria en xeral.

• Incorporar o uso do galego na docencia e na comunicación universitaria.• Formar os docentes no discurso con apoio de novos formatos de comunicación.• Producir presentacións adaptadas a un modelo comunicativo universitario, de

xeito titorizado e participativo.

O Obradoiro espertou un grande interese, pois as súas 20 prazas cubríronse na mesma mañá en que se abriu a matrícula, ficando numerosas persoas en lista de agarda.

Facultade de Veterinaria

Apoiamos a organización dun Obradoiro de expresión oral I para PDI, dentro do Programa de Formación e Innovación Docente, que se desenvolveu no mes de xuño, no que se matricularon 8 profesores/as.

Escola Politécnica Superior

Apoiamos e coordinamos, xunto coa responsable da CNL, Esther Gómez Fórneas, a segunda edición en Lugo do Curso de elaboración de unidades didácticas en galego, dentro do PFID, no que participaron 16 persoas.

A profesora Carme Sarceda impartiu o módulo de Didáctica; o profesor de Dereito e do Instituto de Dereito Industrial Ángel García Vidal, impartiu o módulo de lexislación aplicable; o técnico do Servizo de Publicacións da USC Juan Luis Blanco Valdés, o de deseño e maquetación das unidades didácticas; e Manuel Bermúdez, o módulo de lingua.

Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Planificamos e coordinamos, xunto co responsable da CNL da ETSE Xosé Manuel Pardo, e coa Oficina de Software Libre da USC, o «ETSE Open de SL. Fiadeiro de localización de software libre», que tamén contou coa colaboración de Mancomún. Trátase dunha actividade para a promoción da lingua galega ligada ao impulso na

46

Page 47: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

utilización do software libre na USC, cumprindo asemade varios obxectivos recollidos tanto no Plan de Normalización Lingüística como no Plan Estratéxico das TIC.Co ETSE Open trátase de impulsar, coa debida formación técnica previa, a formación dunha comunidade na Universidade que poida, en primeira instancia, traducir ao galego software de uso docente na ETSE, mais que tamén poida participar noutros eventos de localización na USC. Por outra banda, trátase de contar con software de uso docente en galego que facilite a incorporación e o uso pleno desta lingua na docencia.

O ETSE Open de SL constou de dúas actividades interrelacionadas:

Unha actividade formativa de 6 horas cun enfoque eminentemente práctico, e entrega de documentación, para que os participantes adquiran os coñecementos básicos para localizar software. Esta actividade estará impartida por persoal da Oficina de Software Libre e de Mancomún.

Unha actividade de localización de software escolmado pola CNL da ETSE, baixo a coordinación de profesorado da ETSE, e persoal tanto da OSL como do SNL, de 9 horas. Para alentar o traballo promoveuse o premio «Máis e mellor» ao equipo que máis cadeas traducise e con mellor calidade. Dada a concentración do traballo nun só día, organizouse un xantar conxunto así como petiscos e cafés, e unha zona de lecer con xogos.

Unha actividade de titorización e seguimento das traducións realizadas, ata rematar o produto, por parte de profesorado da ETSE, e persoal da OSL e do SNL,de 15 horas

A actividade, que se desenvolveu o 30 de abril, o 7 e o 9 de maio, estivo aberta a toda a comunidade universitaria, e outorgóuselle 1 crédito de libre elección. As solicitudes superaron amplamente as 40 prazas convocadas.

O traballo desenvolveuse mediante 17 grupos de 2-3 persoas con perfil diverso. Como resultado, a interface e os menús principiais do NetBeans están xa en galego e 9 persoas dos participantes van seguir colaborando na localización. A tradución posúe un alto nivel de calidade.

Ademais, logo do proceso de revisión e avaliación das traducións realizadas, resultou gañadora do premio «Máis e mellor» a parella número 6, formada por Alejandra Mosquera Gómez (Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas) e Rocío Alonso Ramudo (Historia da Arte), que recibirán un diploma acreditativo e 200 euros como recoñecemento económico ao traballo que realizaron. A organización cuantifica a totalidade da tradución feita en máis de 1.400 euros.

Os participantes avaliaron moi satisfactoriamente toda a actividade: O 45.94% dos asistentes déronlle unha puntuación de 4 sobre 4, e outro 45,94%, de 3. Ademais, moitos eloxiaron o clima en que se desenvolveu, o contacto con persoas doutros perfís

47

Page 48: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

de estudos ou profesionais, ou o achegamento ao mundo do software libre e da localización voluntaria.

O «ETSE Open de SL» obtivo un especial seguimento da prensa.

48

Page 49: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

49

Responsable da áreaXusto A. Rodríguez Río

Term

inol

oxía

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de

Normalización Lingüística)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos

5.2.1 Vocabularios 5.3 Difusión de terminoloxía

5.3.1 Vocabularios e léxicos5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm

5.4 A difusión de información terminolóxica5.4.1 O Rexistro de proxectos terminolóxicos

5.4.2 Información sobre a produción terminográfica

galega

5.5 Produtos Realiter

Page 50: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

5.1 O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística (BD_SNL)

O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística comezou a constituírse no ano 2000 para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servizo e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas de xeito illado, case sempre para ofrecer solucións a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ao que se lle foron engadindo pouco a pouco os vocabularios técnicos realizados ou coordinados polo Servizo, así como outros editados por outras entidades, pero que consideramos interesantes para a comunidade universitaria.

Durante o curso 2008-09 continuamos ampliando e depurando os datos do Banco, e actualizando periodicamente con eles a base de datos que permite a consulta desta información a través de bUSCatermos <http://www.usc.es/buscatermos>.

Neste período, colaboramos tamén co Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo, cedéndolles parte da información terminográfica compilada no

50

Page 51: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Banco de termos co fin de que a empreguen no deseño dunha ferramenta de extracción semiautomatizada de terminoloxía <http://sli.uvigo.es/tiratermos>.

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

Durante este curso académico engadimos de xeito íntegro os seguintes traballos:

• Real decreto 617/2007, do 16 de maio, polo que se establece a lista das enfermidades dos animais de declaración obrigatoria e se regula a súa notificación”. http://www.boe.es/boe_gallego/dias/2007/05/26/pdfs/A01884-01888.pdf

• VV. AA. (no prelo) Léxico panlatino da gripe aviaria. Quebec: Office québécois de la langue française / Rede Panlatina de Terminoloxía

• VV. AA. (2003) Vocabulario básico de xenoma humano. Barcelona: Institut Universitari de Lingüística Aplidada / Rede Panlatina de Terminoloxía. http://www.iula.upf.edu/rec/vbgenoma/cat/index.html

• Servizo de Normalización Lingüística da USC (2008). Termos esenciais de contabilidade. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/contabilidade.pdf

Neste ano, o proceso combinado de eliminación e reelaboración de fichas por un lado, e de engadido de novos materiais polo outro, produciu un saldo practicamente nulo. Por iso, o banco segue contando en números redondos cunhas 150 000 fichas terminolóxicas, e con máis de 180 000 denominacións galegas.

5.1.2 O bUSCatermos: informe de incidencia

O bUSCatermos é unha interface web que permite consultar o BD_SNL a través de Internet, desde calquera equipo conectado ao dominio usc.es, ou a través do servizo de Proxy autenticado que a USC pon a disposición do seu persoal docente, investigador e de administración e servizos.

Unha descrición máis detallada das características de bUSCatermos pode consultarse en <http://www.ti.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm>.

51

Page 52: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Durante o período que estamos analizando, o volume de consultas amosou unha leve tendencia á baixa en relación ao curso anterior, aínda que se seguen superando as 30.000 consultas anuais.

0

5000

10000

15000

20000

Comparación consultas 2005-06, 2006-07, 2007-08 e 2008-09

2005-06 19393029 12091997 24562906 213628454121 2478 894 1992

2006-07 29013891 34573778 26783152 488516417080 29701151 2446

2007-08 37033116 26282827 33942157 445428403041 25381432 2502

2008-09 31272651 20222469 22442136 194537183442 32341047 2451

out nov dec xan feb mar abr mai xuñ xul ago set

5.2 Elaboración de produtos terminolóxicos

52

Page 53: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

5.2.1 Vocabularios

Durante este curso retomamos a elaboración do “Léxico forestal”, un proxecto xa iniciado no período 2005-2006, pero que nestes últimos anos se vira postergado pola atención dedicada ao Vocabulario de medicina e ao Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria. Prevese que ao remate do curso 2009-2010 o material estea listo para ser maquetado e publicado.

Tamén se elaborou un novo traballo da serie Termos esenciais de... centrado no ámbito da contabilidade, repetindo a colaboración desenvolvida no período anterior coa CNL da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Deste xeito, a finais de 2008 esta Comisión aproveitou o repertorio elaborado para editar e distribuír un novo “cartafol terminolóxico”, que se pode ver en <http://www.usc.es/snl/document/cartafolcontabilidade.pdf >.

5.3 Difusión de terminoloxía

5.3.1 Vocabularios e léxicosDurante este curso académico o SNL editou, presentou e distribuíu dous novos títulos da súa colección de “Vocabularios temáticos”. Trátase, en concreto, do Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria e do Vocabulario de medicina, presentados respectivamente o 26 de novembro e o 21 de abril.

Ademais, exemplares en papel dos dous traballos foron distribuídos masivamente entre o profesorado e o alumnado das titulacións da USC máis directamente vinculados coas áreas de especialidade tratadas nesas obras. E ambos poden descargarse de balde do web do SNL <http://www.usc.es/snl/term/andel-term_SNL.htm> e consultarse a través de bUSCatermos.

O traballo Termos esencias de contabilidade editouse unicamente en formato .pdf e hoxe á accesible polas mesmas vías ca os dous anteriores.

5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”“Un idioma preciso” <http://www.usc.es/snl/term/UIP/index.htm> é unha iniciativa posta en marcha por esta Área, na que se comentan e analizan periodicamente casos conflitivos de utilización da terminoloxía técnica en galego, divulgando e propoñendo para o debate alternativas que consideramos de mellor calidade lingüística.

53

Page 54: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Durante o curso 2008-2009 o proxecto sufriu cambios importantes, derivados sobre todo da desaparición de Canalciencia.com, o sitio web en que se integraba. Por ese motivo, pasou a formar parte do espazo web da Área de Terminoloxía, cambiando o seu deseño e presentación.

O ritmo de elaboración de artigos tamén se viu afectado por todo este proceso de cambios, pero aínda así, ao

final deste período chegamos ao número 128.

No vindeiro mes de outubro, máis de 100 destes pequenos textos van ser editados en formato libro por 2.0 Editora <http://www.20editora.com/>, baixo o título Un idioma preciso: fragmentos de lingua en movemento.

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm

Tamén segue en funcionamento a rolda terminolóxica USC-Lexiterm <http://www.listas.usc.es/listas/usc-lexiterm.html>, creada en maio de 2003 e en boa medida coordinada e animada desde a Área de Terminoloxía.1

1 Pódese ver unha descrición máis detallada dos seus obxectivos na memoria do curso 2002-2003.

54

Page 55: MEMORIA · 2011-05-10 · Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009 1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa un local de 140 metros cadrados no primeiro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2008-2009

Neste momento, a rolda conta con 185 persoas subscritas, aínda que o nivel de consulta e debate foi bastante baixo no período analizado.

5.4 A difusión de información terminolóxicaPara a difusión deste tipo de información seguimos empregando o web do SNL como ferramenta fundamental, basicamente a través de dúas iniciativas, xa mencionadas en memorias anteriores.

5.4.1 O Rexistro de proxectos terminolóxicosDesde a Área de Terminoloxía encargámonos tamén de manter e actualizar o Rexistro de proxectos terminolóxicos <http://www.usc.es/snl/term/rexistro-term.htm> que se creou durante o curso 2001-2002 e no que actualmente se inclúen 12 proxectos. Esta iniciativa é a única deste tipo existente en relación coa lingua galega.

5.4.2 Información sobre a produción terminográfica galegaNo novo web creamos unha sección na que presentamos e clasificamos por orde cronolóxica e temática todos os dicionarios e vocabularios técnicos que contan co galego entre as súas linguas de traballo. Esta listaxe –que actualmente recolle 196 traballos– está en continua actualización, ben porque se inclúen novos produtos, ben porque se engade información para materiais xa recollidos con anterioridade.

5.5 Produtos RealiterDurante este curso rematamos a elaboración das versións galegas de dous produtos:− O “Léxico panlatino de material de oficina”, un pequeno repertorio de menos de

50 entradas, coordinado pola Office Québecois de la Langue Française, que pretende dar nome a todo un conxunto de pequenos obxectos que se manexan no día a día, tanto no traballo como na vida doméstica.

− O “Léxico da norma ISO 9000:2000” comprende uns 80 termos relativos ao dominio da xestión da calidade, incluídos na norma ISO 9000:2000.

Tamén se coordinou, coa colaboración dos outros membros galegos de Realiter, a elaboración dalgúns outros vocabularios de dimensión panlatina.

55