Memoria

39
MEMORIA MEMORIA 1. OBXETIVO DO POXECTO. 1.1. NATUREZA DA TRANSFORMACIÓN. O presente proxecto ten como obxectivo xustificar a construcción en canto a obra civil, instalacións e maquinaria dunha fabrica de iogur artesanal e ecolóxico, para a transformación de 85045l/ano de leite para a producción de iogur. Terase en conta a normativa establecida pola lexislación vixente en cada momento. O mesmo tempo pretendese facilitar o datos necesarios para obter os permisos e licencias legais para a inscrición e posta en funcionamento do edificio, como todas as posibilidades de acollerse os distintos beneficios de tipo económico que podan ser concibidos. 1.2.- LOCALIZACIÓN DO PROXECTO. As instalacións da fabrica sitúanse nunha finca propiedade do promotor, Xosé Antonio Vázquez Rivas, situada na parroquia de San Miguel de Coence, no concello de Palas de Rei,na provincia de Lugo. Páxina 1 de 39

description

proyecto quesería

Transcript of Memoria

Page 1: Memoria

MEMORIA

MEMORIA

1. OBXETIVO DO POXECTO. 1.1. NATUREZA DA TRANSFORMACIÓN.

O presente proxecto ten como obxectivo xustificar a construcción en canto a obra civil, instalacións e maquinaria dunha fabrica de iogur artesanal e ecolóxico, para a transformación de 85045l/ano de leite para a producción de iogur.

Terase en conta a normativa establecida pola lexislación vixente en cada momento.

O mesmo tempo pretendese facilitar o datos necesarios para obter os permisos e licencias legais para a inscrición e posta en funcionamento do edificio, como todas as posibilidades de acollerse os distintos beneficios de tipo económico que podan ser concibidos.

1.2.- LOCALIZACIÓN DO PROXECTO.

As instalacións da fabrica sitúanse nunha finca propiedade do promotor, Xosé Antonio Vázquez Rivas, situada na parroquia de San Miguel de Coence, no concello de Palas de Rei,na provincia de Lugo. A parcela linda polo norte cunha finca do promotor, o sur coa estrada local Fonte Díaz- Mourelos Hermo, o este coa estrada local Mourelle-Lamas e o oeste con Áurea Rivas .

O concello de Palas atópase na comarca da Ulloa. As distancias as principais cidades son: sesenta e cinco km a Santiago de Compostela, trinta e sete km de Lugo, cen Km da Coruña,

Páxina 1 de 28

Page 2: Memoria

MEMORIA

A parcela conta con rede de abastecemento de auga, rede de saneamento de pluviais e de residuais, electricidade e rede telefónica.

No plano de emprazamento do presente proxecto detállase a situación da parcela e a ubicación da nave dentro da mesma.

2.- ANTECEDENTES.

O proxecto redactase a petición de Xosé Antonio Vázquez Rivas, con D.N.I.: 33.564.895, veciño do concello, promotor e propietario da finca onde se pretende construír a fabrica para transformar unha materia prima que provén da súa propia explotación de gando. A construcción será deseñada para transformar 233l de leite diarios de media producidos pola vacas da súa propia explotación Esto supón unha maior comodidade a hora da transformación e que o leite chega nas mellores condicións para ser transformada, resultando un mellor producto final.

3.- BASES DO PROXECTO.

3.1.- DIRECTRICES DO PROXECTO.

3.1.1.- FINALIDADE.

A finalidade que se persigue é a construcción dun edificio no que se poidan realizar labores de recepción, tratamento térmico, inoculación de cultivos, fermentación e enfriamento e almacenamento do producto final. O producto resultante a de ter unhas características químicas, físicas, organolépticas,... estables

3.1.2.- CONDICIONANTES DO PROMOTOR.

Para a redactación deste proxecto, o promotor imponnos como condicionantes, reducir o máximo posible o capital de inversión, e polo outro lado co funcionamento da fabrica non produza un impacto nen un deterioro do entorno, por ubicarse en terreo non pertencente a solo industrial.

Páxina 2 de 28

Page 3: Memoria

MEMORIA

3.2.- CONDICIONANTES DO PROXECTO.

Para a redactación do proxecto terase en conta as disposicións legais vixentes que se describen a continuación:

3.2.1.- NORMATIVA URBANÍSTICA.

A edificación que se proxecta situase sobre unha parcela clasificada como solo non urbanizable de protección agropecuaria, segundo o artigo 32 da lei do solo de Galicia actualmente vixente na comunidade autónoma.

Segundo o artigo 33 da citada lei permítese como uso e actividade dentro do solo rústico todas as construccións destinadas a actividades complementarias de primeira transformación, almacenamento e envasado de productos do sector primario, sempre que garden relación directa coa natureza, extensión e destino da finca ou explotación do recurso natural.

Como o uso principal deste solo é o agropecuario, para poder desenrolar a actividade industrial que se pretende neste proxecto será necesaria, a previa concesión da licencia municipal, e obter a autorización da Dirección Xeral de Urbanismo, con observancia do trámite establecido segundo o artigo 37 da Lei do Solo de Galicia

Os parámetros urbanísticos fixados para esta clase de solo e uso industrial son os seguintes, segundo a Lei do Solo de Galicia:

- Parcela mínima: 5000 m2. - Retranqueo a lindeiros: 5 m como mínimo. - Ocupación máxima: 20%. - Altura máxima: 7 m. - Nº de plantas: baixo máis unha planta.

3.2.2.- DISPOSICIÓNS RELATIVAS A INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS.

- Real Decreto 1712/91, do 29 de novembro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.

- Real Decreto50/93 de 15 de xaneiro polo que se regula o control oficial dos productos alimenticios.

Páxina 3 de 28

Page 4: Memoria

MEMORIA

- Real Decreto 2685/1980, do 17 de outubro polo que se aproba a liberalización e nova regulación das industrias agrarias (BOE do 15 de Decembro do 1980)

Modificacións: . Orden do 19 de decembro de 1980 que desenrola o Real Decreto 2685/1980 (BOE do 24 de decembro de 1980).

. Orden do 17 de marzo de 1981 que desenrola o Real decreto 2685/1980 (BOR do 30 de marzo do 1981).

. Resolución do 15 de abril de 1981 que desenrola a Orden anterior (BOE do 5 de maio de 1981).

. Resolución do 24 de abril do 1981, da Dirección Xeral de Industrias Agrarias que desenrola a orden anterior (BOE do 1 de maio de 1981).

- Resolución do 4 de novembro de 1982, pola que se aproba a lista de materiais poliméricos adecuados para a fabricación de envases e outros utensilios para productos alimentarios ( BOE do 24 de novembro de 1982). Corrección dos erros: BOE do 28 de decembro de 1982.

- Real Decreto 2207/1995 do 28 de decembro, polo que se establecen as Normas de Hixiene relativas os productos alimentarios ( BOE do 28 de decembro de 1995).

- Real Decreto 2484/1967, do 21 de setembro, polo que se aproba o texto do Código Alimentario Español.

- Real Decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas os manipuladores de alimentos.

- Real Decreto 381/84 de 25 de xaneiro, polo que se aproba a Regulamentación Técnico Sanitaria de Comercio Minorista de Alimentos.

- Real Decreto 212/1992 do 6 de marzo ( BOE do 24 de marzo de 1992): Polo que se aproba a Norma Xeral de Etiquetado, Presentación e Publicidade dos Productos Alimenticios, este Real Decreto modifica o 1122/1988.

Páxina 4 de 28

Page 5: Memoria

MEMORIA

- Real Decreto 930/1992 do 17 de xullo ( BOE do 5 de agosto). Polo que se aproba a norma de etiquetado sobre propiedades nutritivas dos productos alimenticios.

4.2. NORMATIVA ESPECIFICA DE INDUSTRIAS LÁCTEAS.

- Real Decreto 1679/94 de 22 de xullo, polo que se establecen as condicións sanitarias aplicables a producción e comercialización de leite cru, leite tratado térmicamente e productos lácteos.

- Real Decreto 402/1996 de 1 de marzo, polo que se modifica o R.D. 1679/94 do 22 de xullo.

- Orden 26 de maio 1993, pola que se establecen as condicións de clasificación de establecementos e de concesión de excepcións temporais e limitadas as normas comunitarias sanitarias para a producción e comercialización de leite cru, leite de consumo tratada térmicamente e productos lácteos.

4.3. NORMATIVA ESPECIFICA PARA IOGUR ECOLÓXICO.

Neste apartado non existe ningunha lexislación especifica para a catalogación como iogur artesanal. A única condición a cumprir segundo o Consello Regulador de Productos Ecolóxicos de Galicia é que sexa iogur elaborado a partir de leite ecolóxico.

4.4. NORMATIVA ESPECIFICA PARA IOGUR ARTESANAL.

Lei 1/19992 de 11 de marzo, lei de Artesanía de Galicia.

Lei 2/2005 de 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

3.2.4.- DISPOSICIÓNS RELATIVAS A INSTALACIÓNS.

Páxina 5 de 28

Page 6: Memoria

MEMORIA

- INSTALACIÓN ELÉCTRICA:

- Real Decreto 842/2002 de 2 de agosto, polo que se aproba o Reglamento Electrotecnico de Baixa Tensión.

- Resolución 1811/88 pola que se aproba o emprego do sistema de instalacións técnicas complementarias ITC-BT e as súas norma complementarias.

- Normas Tecnolóxicas a ter en conta: . NTE-IBE: instalacións de electricidade, baixa tensión. . NTE-IEG: instalacións de electricidade, alumado exterior. . NTE-IEP: instalación de electricidade, posta a terra. . NTE- IER: instalacións de electricidade, rede exterior.

- INSTALACIONS DE FONTANERÍA E SANEAMENTO.

- Orden do 28/7/74, pola que se aproba o Prego de Prescrición Técnicas xenerais para tubeiras de abastecemento da auga. ( BOE do 2 e 3 de novembro de 1974).

- Orden 4/6/73 pola que se aproba o Prego de Condicións Técnicas da Dirección Xeral de Arquitectura ( Capitulo V: Instalacións)

- Orden 9/12/75 pola que se aproban as Normas Básicas para instalacións interiores de subministro de auga (BOE 13/1/76) Modificado pola Resolución 14/3/80.

- INSTALACIÓN CONTRA INCENDIOS.

- Orden do 31/5/82, polo que se aproba a instrucción MIE-AP-5 do regulamento de aparatos a presión, sobre extintores ( BOE do 23/6/82). Modificacións. . Orden do 31/5/85, que a modifica (BOE do 20/6/85).

Páxina 6 de 28

Page 7: Memoria

MEMORIA

. Orden do 26/10/85, ca modifica ( BOE do 7/10/83). . Orden do 15/11/89, co modifica a orden anterior.( BOE do 28/11/89).

- Real Decreto 1942/1993 do 5 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións de Protección Contra Incendios.

- Real Decreto 2177/1996 do 4 de outubro, polo que se aproba a NBE/CPI/96. Condicións de protección contra incendios dos edificios (BOE do 29/10/96)

3.3. SITUACIÓN ACTUAL.

A situación de partida na que se levará a cabo a obra, descríbense a continuación:

- Aceso rodado pola estrada locais Fonte Díaz- Fao e Fonte Díaz- Mourelos Hermo. - Abastecemento de auga: conexión ca rede municipal mediante arqueta de acometida de auga, cunha presión estimada de 30-35m.c.a. - Saneamento: sistema separativo, con canalización para augas residuais e pluviais. - Enerxía eléctrica de baixa tensión, nunha liña aérea, sobre postes de formigón, proporcionada pola compañía FENOSA, distribuidora da zona. - Alumado público nas beira rúas, ata o lindeiro este da finca cunha iluminación media de 19 lux. - Telefonía: liña aérea apoiada en postes de madeira.

4. ENXEÑERÍA DO PROCESO.

4.1. PROGRAMA PRODUCTIVO.

A fabrica contará cunha instalacións capaces de transformar 7087l de leite a semana, o que suporá unha producción anual de

Páxina 7 de 28

Page 8: Memoria

MEMORIA

67200kg de iogur, xa que cada semana prodúcense uns 1287.25kg de iogur artesanal e ecolóxico, A recepción realízase diariamente (excepto sábados e domingos), o igual ca transformación en planta, obténdose un total de 264 días laborables o ano. A saída do producto final o mercado realizarase diariamente, mediante a recollida do mesmo por parte dos compradores.. 4.2. ACTIVIDADES DO PROCESO PRODUCTIVO. 4.2.1. RECOLLIDA DO LEITE.

Dado a situación da gandería que proporciona o leite e da industria, a recollida realizase diariamente, mediante unha conducción de PVC de uso alimentario destinada para o transporte do leite mediante bombeo dende a leitería da granxa a recepción da industria.

O leite empregado será, procedente de vacas de raza frisona e parda alpina, para obter un producto de mellor calidade e mais homoxénea durante todo o ano. Procederá dunha explotación con cualificación de ecolóxica, cualidade necesaria para que o iogur teña esta mesma cualificación.

4.2.2. RECEPCIÓN E FILTRADO.

Unha vez o leite esta na industria, almacenase nun tanque de frío para non romper a cadea de frío, e realizase unha medición volumétrica manual e unha toma de mostra para o control de calidade do leite.

O almacenamento en frío será o máis curto posible e sempre inferior a 4 días dende o primeiro muxido.

Unha vez contabilizado o leite pasase por un tamiz para separar as partículas máis grosas de sucidade e impurezas

4.2.3. PASTEURIZACIÓN.

O leite pasa do tanque de frío o pasteurizador de placas de 500l/h de capacidade de procesamento, onde é quentado a 90°C, durante un tempo mínimo de 5 minutos, pasando polo

Páxina 8 de 28

Page 9: Memoria

MEMORIA

intrercambiador do pasteurizador e saíndo a 40°C cara o fermentador.

4.2.4. INOCULACIÓN DO CULTIVO INICIADOR.

O leite pasteurizado unha vez no fermentador engádeselle o cultivo iniciador nunha dose de 1gr de cultivo por litro de leite, previamente disolto en leite a unha temperatura adecuada (35-40º C aproximadamente). Unha vez feito esto mezclase todo ben co axitador do fermentador.

4.2.5. LAVADO DE ENVASES.

Previo a súa utilización haberá que lavar os envases, esto farase por inmersión, en tres cubas.

4.2.6. ENVASADO.

Esta parte do proceso realizarase coa envasadora semiautomática na que se producirá a dosificación da mezcla procedente do fermentador nos envases.

O cerrado dos envases será manual, así como a colocación dos mesmos nas bandexas de fermentación.

4.2.7. INCUBACIÓN OU FERMENTACIÓN .

Unha vez envasado o producto e colocado nas bandexas de fermentación trasládase rapidamente, para así evitar a baixada de Tª que pode deter a fermentación, á cámara de fermentación para que aí se desenrolen os cultivos, producindo a acidificación do leite. Este proceso realizarase en aproximadamente 4 horas a unha temperatura de 40ºC.

4.2.8. REFRIXERACIÓN E ALMACENADO.

Unha vez alcanzado o pH desexado, parase a fermentación, esto faise mediante a baixada de temperatura, para eso cámbianse os envases da cámara de fermentación á cámara de refrixeración e almacenado. Unha vez detida a fermentación baixarase a temperatura a 4ºC para a conservación dos iogures.

Páxina 9 de 28

Page 10: Memoria

MEMORIA

4.2.9. ETIQUETADO E ENCAIXADO.

Utilizaranse etiquetas adhesivas que se colocaran de maneira manual no frontal de cada envase e na tapa de maneira vertical a modo de precinto.

Aquí ademais colócanse os iogures en caixas de cartón con capacidade para 6 iogures antes de proceder a súa expedición.

.

4.3. IMPLEMENTACIÓN DO PROCESO PRODUCTIVO.

4.3.1. EQUIPAMENTO PRECISO. Os equipos necesarios para realizar as actividades anteriormente mencionadas son os seguintes: - Un tanque de frío, con capacidade de 530l, con sistema de axitación, termómetro, pes de apoio regulables e construídos en aceiro inoxidable AISI-304. - Pasteurizador de placas de 500l/h de capacidade de procesamento, construído en aceiro inoxidable AISI-304, con circuíto de mantemento tubular, tanque de nivel. - Fermetador cunha cuba de aceiro inoxidable cunha pequena resistencia e un axitador accionado por motor eléctrico de 0.50CV, con capacidade para de 500 litros. - Cubas de lavado, tres cubas de aceiro inoxidable, con capacidade para 0.76 m3. - Envasadora semiautomática fabricada en aceiro inoxidable, que consta dun dosificador para distintas cantidades, e unha cinta de arrastre para o desprazamento dos envases sobre ela. - Mesa auxiliar para colocar os iogures nas bandexas destinadas a cámara de fermentación unha vez se cerran manualmente, portátil con rodas de nylon. 4.3.2.- MAN DE OBRA.

Durante todo o tempo de funcionamento da planta o plantilla estará formada polas seguintes persoas: - Dous traballadores especializados para a elaboración do iogur, limpeza e mantemento dos equipos. Cun horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.

Páxina 10 de 28

Page 11: Memoria

MEMORIA

- Unha persoa para tarefas administrativas, que en principio traballará media xornada de 9:30 a 13:30.

5.- DESEÑO DA DISTRIBUCIÓN EN PLANTA.

Previo o deseño en planta da fabrica, faise un estudio do proceso productivo e da maquinaria necesaria en cada etapa do mesmo. Posteriormente faise un diagrama productivo que recolla tódalas actividades do proceso no orden no que se realizaran, xa que o deseño debe permitir que este sega unha liña o máis recta posible, evitando cruzamentos nas distintas etapas do proceso. A segunda etapa é a identificación das áreas, na que se agrupan as distintas actividades que están relacionadas entre elas, para coñecer o número de locais necesarios, así como a maquinaria de cada local. Esta etapa encontrase condicionada pola normativa para industrias lácteas, a cal establece que aquelas actividades que podan presentar resgo de contaminación entre sí realizaranse en áreas separadas.

As diferentes áreas obtidas son:

1.- Recepción. 2.- Pasteurización. 3.- Almacén de envases. 4.- Sala de lavado de envases. 5.- Obradoiro. 6.- Cámara de fermentación. 7.- Cámara de refrixeración. 8.- Almacén de etiquetas e caixas. 9.- Sala de etiquetado e encaixado. 10.- Laboratorio. 11.- Expedición. 12.- Almacén de productos de limpeza. 13.- Cadro eléctrico. 14.- Oficina. 15.- Aseos (para señoras e cabaleiros independentes). 16.- Sala de máquinas.

A terceira etapa é o de dimensionamento dos locais, esta farase atendendo a normativa que nos indica que os locais deben ser

Páxina 11 de 28

Page 12: Memoria

MEMORIA

suficientemente amplos para facilitar os traballos que se realizan nos mesmos, polo que se terán en conta as seguintes condicións: - 15cm da parede en máquinas arrimadas. - 40cm para facilitar a limpeza. - 80cm de espacio por operario.

Posteriormente as áreas multiplicaranse por un coeficiente de maioración de 1.5 para incluír as vías de acceso e de servicio. Como resultado destas operacións obtivéronse as seguintes superficies:

SALA Superficie

RECEPCIÓN 11.52 m2

PASTEURIZACION 9.47 m2

ALMACEN DE ENVASES 26.56 m2

SALA DE LAVADO DE ENVASES 10.90 m2

OBRADOIRO 59.60 m2

CÁMARA DE FERMENTACIÓN 4.18 m2

CÁMARA DE REFRIXERACIÓN E ALMACENADO 5.18 m2

LABORATORIO 4.56 m2

ALMACEN DE ETIQUETAS E CAIXAS 5.50 m2

SALA DE ETIQUETADO E ENCAIXADO 9.40 m2

EXPEDICIÓN 11.82 m2

ALMACEN DE PRODUCTOS DE LIMPEZA 2.75 m2

CADRO ELÉCTRICO 2.85 m2

OFICINA 6.27 m2

ASEOS 8.12 m2

SALA DE MÁQUINAS 6.85 m2

O deseño elixido é resultado de xogar cas distintas áreas de tal forma que quede unha nave cas mellores prestacións posibles e tendo en conta criterios como ventilación de baños e da sala de compresor e de caldeira, locais que deben dar o exterior, igual ca iluminación de recintos como o obradoiro, os outros colócanse de tal forma co progreso siga unha liña recta, de tal forma ca materia

Páxina 12 de 28

Page 13: Memoria

MEMORIA

prima entra por un extremo e producto resultante sae polo outro extremo.

6. ENXEÑERÍA DAS OBRAS.

6.1. DESCRIPCIÓN DA NAVE.

A construcción da nave será de forma rectangular de planta baixa, de dimensións 18 x 13m o que supón unha superficie total de construcción de 234m², construída a dúas augas, cunha pendente do 10% e unha altura de cumbreira de 4.97m.

6.2. MOVEMENTO DE TERRAS.

O movemento de terras consistirá en desbrozar o terreo da materia vexetal existente ata 25cm de espesor e preparalo para a ubicación da nave a través de medios mecánicos.

6.3. CIMENTACIÓN.

A cimentación será a necesaria para o asentamento da nave. Para isto terase en conta como dato inicial a característica de resistencia do solo sobre o cal se vai actuar. Polo que se realiza un estudio xeotécnico do solo sobre o que se vai implantar, obtendo como resultado da tensión admisible do terreo de 2.00kg/cm², valor que se verificará en obra, para poder realizar as correccións oportunas que se notificarán o contratista polo director de obra unha vez feita a revisión dos cálculos da estructura que se consideren oportunos. Con estes datos e a determinación das accións a transmitir polas estructuras proxectadas, elixirase o sistema de cimentación, as súas dimensións e armaduras.

O sistema elixido para a cimentación é de zapatas centradas de formigón armado, ca salvedade de que o director de obra podería modificar o tipo de cimentación según considere oportuno en caso de producirse unha circunstancia non prevista.

O formigón empregado será HA-25/P/20/IIa cunha resistencia característica superior a 25 N/mm² os 28 días e consistencia no cono de Abrans de 3 a 5cm. O aceiro será corrugado, de dureza natural e resistencia característica de 400N/mm².

Páxina 13 de 28

Page 14: Memoria

MEMORIA

As zapatas serán cadradas de dimensións 1.5 x 1.5 x 1.2m, tanto nos pilares intermedios como na dos cabeceiros, xa que esta e a dimensión mínima para a colocación de pilares prefabricados illadas superficiais arriostradas cunha viga de atado.

As zapatas estarán formadas por 12 redondos de 20mm que resistirán os esforzos a flexión

As zapatas estarán unidas por vigas de atado de dimensións 0.30 x 0.30m, cuxa armadura está formada por tres redondos de 12mm cunha lonxitude de anclaxe de 34.26 cm. en ámbolos casos.

As armaduras que levarán estes elementos serán as elixidas pola EHE-98, que cumprirán sobradamente cas solicitacións de tracción que especifica dita norma en función das cargas que descargan sobre as zapatas.

6.4. ESTRUCTURA.

A estructura da nave proxectase na súa totalidade en formigón armado.

Os pilares serán prefabricados de formigón cunhas dimensións de 0.40 x 0.40 x 3.5 m no caso dos intermedios, e no 0.40 x 0.40 x 4.45 m no caso dos cabeceiros. Como solución constructiva optase polo emprego de vigas peraltadas de formigón armado, cunha luz de 13m, pendente do 10% que soportan unha carga máxima de 12.42kN/m. A viga cargadeiro será tamén prefabricada de sección rectangular de 30 x 20 colocadas cada 6.5m con pendente do 10% , cun peso propio de 150kg/m.

Sobre estas vigas apóianse as correas prefabricadas, separadas unha lonxitude de 1.25m no plano do faldón, polo que se colocan seis en cada faldón, conservando a pendente do 10%. Estes elementos son todos prefabricados e os seus cálculos como as súas características poden observarse no anexo correspondente.

6.3. CUBERTA.

A cuberta da fábrica proxectase a dúas augas cunha pendente do 10%. Como material de cubrimento empregarase panel sándwich de poliuretano inxectado de 60mm de espesor.

Páxina 14 de 28

Page 15: Memoria

MEMORIA

6.6. CERRAMENTOS.

O cerre exterior da nave está composto polos seguintes elementos: revoco exterior de morteiro de cemento para poder aplicar un acabado de pintura ( esixencia da lei do solo por tratarse dunha nave situada en entorno rural, fora dun parque empresarial) cun espesor de 20mm, a continuación atópase o bloque de formigón de 200mm de espesor, sentado con morteiro de cemento 1:6, seguido dunha cámara de aire de 200mm, tabique de panel sándwich de poliuretano inxectado de 60mm para as zonas de traballo e almacéns por presentar amplas vantaxes a hora de limpar as paredes, na oficina, aseos e sala de maquinas constará dun tabique ladrillo de dobre foco de 80mm colocado a panderete con morteiro de cemento 1:6 sobre o que se aplica un revoco interior de morteiro de cemento e pintura plástica.

6.7. TABIQUERÍA INTERIOR.

Os tabiques interiores serán de fábrica de ladrillo en zonas nas que non se traballa a materia prima nen o producto final ( sala de máquinas, oficina e aseos), este ladrillo será de dobre foco con espesor de 80mm colocado a panderete, tomado con morteiro de cemento 1:6.

No caso das zonas do proceso productivo e almacéns empréganse paneis sándwich de poliuretano inxectado de 60mm de espesor por presentar amplas vantaxes a hora de limpar as paredes.

Nas cámaras frigoríficas empregase panel sándwich de poliuretano inxectado dun espesor de 60mm na cámara de fermentación e 80mm na cámara de refrixeración, para evitar as posibles entradas de calor dentro delas.

6.8. SOLEIRAS E PAVIMENTOS. Haberá dous tipos de soleira un nas salas do proceso productivo e outro no resto da nave.

O do proceso productivo está formado por: Soleira semipesada de formigón HM-12.5 e 15 cm de grosor formada por capa de area de río de granulometría 0-5 de 15 cm de grosor medio estendida sobre terreo limpo compactada mecanicamente en dúas capas e arrasada, con lámina illante de polietileno; sobre a soleira apoiarase o pavimento continuo epoxi.

Páxina 15 de 28

Page 16: Memoria

MEMORIA

No resto da nave terase a mesma soleira cun pavimento de baldosas de gres.

6.9. ACABADOS.

No interior os acabados son os que se especifican a continuación:

- Aseos e vestiarios: realizase un acabado nos parámetros verticais con alicatado de azulexo monococión porosa de pasta branca de 30x45cm, colocado con cola gris. - Nas zonas relacionadas co proceso o acabado e o que ofrece o panel sándwich que fai de tabique, que presenta na súa cara exterior unha especie de chapa. - Nas restantes zonas empregase pintura plástica branca.

As unións das paredes entre si e co solo e teito serán de forma de media caña para evitar a acumulación de suciedade e facilitar a tarefas de limpeza.

No exterior da nave proxectarase pintura plástica lisa impermeable especial para fachadas.

6.10. CARPINTERÍA.

As ventás serán abatibles realizadas en perfil de aluminio lacadas en branco de distintas dimensións localizadas nos aseos, oficina, expedición, sala de etiquetado e encaixado, laboratorio e obradoiro.

En canto as portas que se colocarán serán as seguintes:

- Portas de perfil de aluminio lacadas en cor branco de distintas dimensións situadas na entrada de persoal o proceso, duchas, entrada principal, entrada a cartonaxe, o laboratorio e as salas de pretratamento e de lavadoras, almacén de caixas limpas, sal e productos de limpeza, caldeira, exterior da sala de pretratamento, compresor e o pasillo3. - Porta de paso composta por folla cega lacada de 800x2100x40 mm formada por armazón con trillaxe de madeira e taboleiro

Páxina 16 de 28

Page 17: Memoria

MEMORIA

contrachapado con carballo, localizadas nos inodoros, vestiarios, oficina e cadro eléctrico. - Portas frigoríficas nas cámaras. - Porta abatible de PVC situada no pasillo 4.

Estes elementos de carpintería poden verse no plano correspondente as súas dimensións e as súas características.

- Porta corredeira formada por dúas pranchas de aceiro galvanizado de 1.2 mm rechea de espuma ríxida de poliuretano, de unha folla lisa de 36 mm de grosor, con marco, pechadura e ancoraxes para tomar, i/colocación.(2)

-Porta corredeira formada por dúas pranchas de aceiro galvanizado de 1.2 mm rechea de espuma ríxida de poliuretano, de unha folla lisa de 36 mm de grosor, con marco, pechadura e ancoraxes para tomar, i/colocación.(2)

-Porta formada por dúas pranchas de aceiro galvanizado de 1.2 mm rechea de espuma ríxida de poliuretano, de unha folla lisa de 36 mm de grosor, con marco, pechadura e ancoraxes para tomar, i/colocación.(1)

-Porta de paso composta por folla cega lacada de 800x2100x40 mm formada por armazón con trillaxe de madeira e taboleiro contrachapado con carballo, premarco de piñeiro vermello e marco de aglomerado de madeira de densidade media de 60 mm de ancho, con gornicións de 70x10 mm, porlóns de fundición de latón de 100x54x12 mm con virola e pechadura con pomo esférico acabado en latón pulido, i/asento e colocación, s/NTE-PPM.(9)

-Porta de acceso de unha folla abatible de eixe vertical para panelar, para oco de 120x210 cm, realizada en perfil de aluminio lacado en cor branca por aplicación de po de poliéster mediante atracción electroestática con posterior endurecemento e fusión das resinas a 220°, clasificada A-3, E-4 e V-3 segundo UNE, accesorios de ensamblaxe e bisagras de aluminio, parafusería e prisioneiros de aceiro inoxidable, selante de silicona neutra en recantos da cerca e xuntas de estanqueidade interior e central de caucho elastómero, i/premarco de piñeiro vermello, pechadura de seguridade, accesorios, montaxe e regulación, s/NTE-FCL.(1)

Páxina 17 de 28

Page 18: Memoria

MEMORIA

-Porta de unha folla abatible de eixe vertical , para oco de 80x210 cm, realizada en perfil de aluminio lacado en cor branca por aplicación de po de poliéster mediante atracción electroestática con posterior endurecemento e fusión das resinas a 220°, clasificada A-3, E-4 e V-3 segundo UNE, con cremona monomando, accesorios de ensamblaxe e bisagras de aluminio, parafusería e prisioneiros de aceiro inoxidable, selante de silicona neutra en esquinas da cerca e xunta de estanqueidade interior de caucho elastómero, i/premarco de piñeiro vermello, accesorios, montaxe e regulación, s/NTE-FCL.(6)

Páxina 18 de 28

Page 19: Memoria

MEMORIA

6.11. FALSO TEITO.

Usarase un único tipo de falso teito será de panel sándwich de poliuretano inxectado de 60mm de espesor por presentar amplas vantaxes a hora de limpar as paredes

6.12. INSTALACIÓNS.

6.12.1. INSTALACIÓN DE SANEAMENTO.

Terase en conta o especificado polas normas NTE-ISS do ministerio de vivenda.

6.12.1.1. SANEAMENTO DE AUGAS PLUVIAIS.

A recollida de auga de pluviais realizarase mediante un PVC de 125mm de Ø situado o largo dos dous lados da nave, por tratarse dun teito a dúas augas, a súa pendente será do 2% e desembocaran a súa auga en dúas baixantes, situadas en dúas esquinas da nave, xa que cada unha recolle 1/2 da auga da cuberta, estas serán de PVC e o seu diámetro será de 90mm.

Debaixo de cada baixante atópase unha arqueta, uníndose as dúas mediante un colector de 110 mm de Ø e un de 125 mm de Ø para dirixirse a rede de recollida de pluviais do concello.

6.12.1.2. SANEAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS.

As augas residuais calcúlanse polo método de unidades de descarga, as conduccións son con derivacións e colectores de PVC cunha pendente entre tramos do 2%, asentados sobre unha cama de formigón e acoplados mediante arquetas de rexistro, o seu diámetro varía de 50 a 110mm dependendo do equipo que desaloxa.

No anexo e no plano de saneamento poden observarse a situación das distintas arquetas, asi como as súas dimensións o igual ca dos colectores.

Páxina 19 de 28

Page 20: Memoria

MEMORIA

6.12.2.- INSTALACIÓN DE FONTANERÍA.

A instalación de fontanería axustarase o indicado nas normas NTE-IFF e NTE-IFC do ministerio da vivenda.

A instalación consta dunha rede xeral da cal parten derivacións para o subministro nos diferentes puntos de consumo. Esta rede colocarase polo falso teito da nave tanto no caso da auga quente como da auga fría.

As tubarias empregadas na distribución interior de auga fría será de PVC e de cobre para a auga quente e tamén de PVC na acometida que vai enterrada dende opunto de toma da rede municipal ata a entrada na nave.

6.12.2.1.- REDE DE AUGA FRÍA.

Disporase de dunha liña que se dividirá en dúas, unha dela da servicio o proceso productivo e a outra abastece a zona de aseos. Toda ela discorre a unha altura de 3.50m do solo.

Os diámetros das condicións calcularanse en función dos caudais dos diferentes emisores, velocidade na conducción que estará comprendida entre 0.5 e 2 m/s, perdidas de carga e simultaneidade no empleo, obténdose desta forma os diámetros que se poden observar no anexo e plano correspondente, que varían entre 16 e 40mm.

Dada que a presión necesaria na nave 16.64m.c.a. é inferior a da acometida que é de 30m.c.a.

6.12.2.2.- REDE DE AUGA QUENTE.

A auga quente sanitaria necesaria na planta aporta unha caldeira situada na sala de máquinas cunha capacidade de 11.9l/min.

Esta liña circula polo falso teito a 3.5m do solo. As súas canalizacións son de cobre e o diámetro varía de 16 a 32 mm.

Disporase de varias chaves de paso, codos, válvulas,... tal e como se explica no anexo correspondente.

Páxina 20 de 28

Page 21: Memoria

MEMORIA

6.12.3. CÁMARAS FRIGORÍFICAS.

Proxéctanse dúas cámaras, unha de fermentación e outra de refrixeración cuxas características se describen a continuación: CÁMARA FERMENTACION:

Introdúcese o producto durante 4 horas aproximadamente para a fermentación do leite. . Características: - Dimensións = 1.98 x 2.11 x 3 m. - Teito e paredes: úsase panel sándwich de e=60mm.

- Solo: formado por unha capa de poliestireno estruído sobre a que se asenta a plaqueta antiácida. . Equipo: - Unidade condensadora. . Potencia: 3060 w. . Caudal de aire: 1239 m3/h . Rendemento frigorífico: 2310 W

- Evaporador cúbico con refrixerador R- 404 A . Rendemento frigorífico: 2310 W

- Compresor de 644 W . Potencia frigorífica: 2632 W

CÁMARA DE REFRIXERACION:

Aquí o iogur permanecerá o tempo necesario para deter a fermentación por enfriamento e o tempo de almacenamento na industria.

. Características: - Equipo eléctrico de 2000w de potencia.

6.12.4. INSTALACIÓN ELÉCTRICA.

Páxina 21 de 28

Page 22: Memoria

MEMORIA

A descrición da instalación eléctrica de alumado e forza axustarase o Regramento Electrotécnico de Baixa Tensión vixente e as súas instruccións complementarias.

A instalación eléctrica está formada por unha derivación individual subterránea en Baixa Tensión, dende a caixa xeral o cadro xeral de distribución, será trifásica de catro fíos cunha sección comercial de 6 mm² de cobre e dende dito cadro partirán as distintas liñas.

Todos os conductores das liñas que saen do cadro principal son de cobre illados e protexidos con illamento de PVC, baixo tubo de policloruro de vinilo. Sempre que sexa posible circularán sobre o falso teito. Serán:

- Unipolares baixo tubo de PVC en alumado. - Unipolares baixo tubo de PVC e con conductor de protección en forza monofásica e enchufes monofásicos. -Tri ou tetrapolares máis conductor de protección en forza trifásica.

Deberá disporse dunha rede de terra na estructura do edificio mediante conductor desnudo de cobre de 35mm² e pica de toma de terra de 2m.

6.12.4.1. INSTALACIÓN DE ALUMADO.

A instalación realizase dacordo cos planos do proxecto, constando de tres liñas monofásicas de alumado interior e outra para alumado exterior.

O tipo de luminaria empregada son fluorescentes tubular no interior e de vapor de sodio a alta presión no exterior, a súa colocación, n°, potencia..., varia dependendo do tipo de local que se trate, tal e como se pode observar no anexo correspondente. A sección dos conductores de alumado é de 1.5mm².

6.12.4.2. INSTALACIÓN DE FORZA.

Está formada polas liñas que saen do cadro xeral con destino unha máquina monofásica, trifásica ou unha liña de enchufes. Cada motor terá unha liña independente, illamento e n° de conductores, tal e como se observa no anexo e no esquema unifilar.

Páxina 22 de 28

Page 23: Memoria

MEMORIA

Protexeranse os elementos da instalación con magnetotérmicos, diferenciais, gardamotores e contactores. Deste xeito estamos protexendo os circuítos contra sobreintensidades e contra contactos directos e inderectos, a súa colocación e características pódensen consultar no esquema unifilar.

Corrixirase o factor de potencia da instalación de 0.809 a 0.99 empregando unha batería de condensadores que aporta 7.5Kvar/h, cun dous pasos 5+2.5.

A potencia a contratar é de 12250w, correspondente a máxima do intervalo do perfil de demanda.

Na entrada colocarase un contador composto por contador de activa e de reactiva.

6.12.5. INSTALACIÓN CONTRA INCENDIOS.

Por tratarse dunha edificación de risco intrínseco medio, configuración tipo C e superficie construída de 234m² unicamente se necesitan colocar extintores e indicadores de saída.

As características e especificacións dos extintores axustaranse o Regramento de Aparatos a Presión e a súa instrucción técnica complementaria.

O emprazamento dos extintores permitirá que sexan facilmente visibles e accesibles de tal forma co recorrido real dende calquera orixe de evacuación ata o extintor non supere os 15m.

Os extintores disporanse de tal forma que poidan ser utilizados de maneira rápida e fácil, sempre que sexa posible situarse nos parámetros, de forma co extremo superior do extintor se encontre a unha altura sobre o solo inferior a 1.7m, para evitar co extintor entorpeza a evacuación nos corredores situaranse nos ángulos mortos sempre que sexa posible.

Da cordo co especificado anteriormente, tendo en conta as características do local e atendendo o RD colocarase un extintor coas seguintes características: Extintor 21 A y 113 B. - Capacidade unitaria = 6kg - Colocación visible e fácil acceso.

Estará colocado no obradoiro. Podendo observarse a súa colocación no plano correspondente.

Páxina 23 de 28

Page 24: Memoria

MEMORIA

7. PRESUPOSTO DO PROXECTO.

O presuposto requirido para a realización do presente Proxecto, tal como se calculou e xustificou no documento Presuposto, é o seguinte: 01 OBRA CIVIL 103.765,12 74,48 %.01.01 .Movemento de terras 1.090,18. 1,05 %..01.02 .Cimentación e soleira 9.970,96. 9,61 %..01.03 .Estructura 7.661,16. 7,38 %..01.04 .Cuberta 10.186,13. 9,82 %..01.05 .Cerramentos exteriores e interiores 21.047,93. 20,28 %..01.06 .Instalación de saneamento 2.442,58. 2,35 %..01.07 .Instalación de fontanería 7.410,09. 7,14 %..01.08 .Instalación de electricidade 10.181,98. 9,81 %..01.09 .Instalación contraincendios 1.506,31. 1,45 %..01.10 .Instalación de gasoil 1.135,23. 1,09 %..01.11 .Instalación de frío 2.745,63. 2,65 %..01.12 .Carpintería 5.515,59. 5,32 %..01.13 .Acabados e falso teito 18.333,13. 17,67 %..01.14 .Urbanización 4.538,22. 4,37 %.02 MAQUINARIA 35.546,42 25,52 %

TOTAL EJECUCIÓN MATERIAL.........................139.311,54

13 % Gastos Generales..................................................18.110,506 % Beneficio Industrial................................................8.358,69TOTAL EJECUCIÓN POR CONTRATA................................................................

165.780,73

16 % I.V.A....................................................................26.524,92TOTAL LÍQUIDO......................................................192.305,65

Asciende el presupuesto proyectado, a la expresada cantidad de:CIENTO NOVENTA Y DOS MIL TRESCIENTOS CINCO EUROS CON SESENTA Y CINCO CÉNTIMOS

30 de Diciembre de 2005

Páxina 24 de 28

Page 25: Memoria

MEMORIA

8. AVALIACIÓN ECONÓMICA DO PROXECTO.

A avaliación económica realizase mediante o estudio de diferentes índices de rendibilidade financeira como son o VAN, TIR, Período de Recuperación e a Relación Beneficio-Inversión. Os índices obtidos no anexo correspondente móstrase a continuación. VAN este dependera da taxa de actualización

TAXA

ACTUALIZACIÓ

N (%)

VAN

0 271500.97€

5 130624.95 €

10 49795.08 €

TIR = 15.19 %

PAY-BACK tamén en función da taxa de actualización.

Posto que o proxecto ten unha rentabilidade económica a pesar de ter un prazo de recuperación bastante longo, recomendase o promotor a execución do mesmo.

Páxina 25 de 28

TAXA

ACTUALIZACIÓN

(%)

PAY-BACK

0 7 años

5 8 años

10 10 años

Page 26: Memoria

MEMORIA

9. PRAZO DE EXECUCIÓN.

O prazo de execución do presente proxecto é de 78 días. Pódese consultar con detalle no anexo correspondente (Anexo de programación das obras). O calendario de realización das actividades de presente proxecto será:

Páxina 26 de 28

Page 27: Memoria

MEMORIA

Páxina 27 de 28

Page 28: Memoria

MEMORIA

Neste calendario podemos observar a duración de camiño crítico así como os días nos que se debería estar traballando en cada actividade, tendo opción de combinar as actividades que non son camiño crítico segundo as holguras das que dispoñamos.

Lugo, Xaneiro de 2006 A alumna:

Fdo: Noelia Vázquez Paredes

Páxina 28 de 28