Memoria actividades 2010

51

description

 

Transcript of Memoria actividades 2010

Page 1: Memoria actividades 2010
Page 2: Memoria actividades 2010

A Fundación Universidade da Coruña foi constituída en marzo de 1997 pola Universidade da Coruña e

diversas Institucións públicas e empresas privadas, co fin de facilitar e potenciar as relacións da Universidade

coa Sociedade, en especial, a cooperación universidade – empresa, tal e como se reflexa nos seus Estatutos.

Art. 1 Estatutos:”… fundación privada de carácter benéfico-docente para a promoción, desenrolo e

financiación das actividades propias da Universidade da Coruña, e as súas relacións coa Sociedade,

con especial incidencia nos Campus Universitarios da Coruña e Ferrol, e proporcionar á Institución

Universitaria un permanente respaldo social sen fin lucrativo algún e duración indefinida.”

A actividade da Fundación, ao amparo dos fins fundacionais que lle foron outorgados, pódese agrupar en

dous tipos de programas:

1) Programas de xestión delegada: Convenios subscritos pola Universidade da Coruña coas

Administracións Públicas ou con entidades privadas, para o desenvolvemento de programas de

investigación e asistencia científica ou técnica, así como para a celebración de cursos, xornadas,

congresos e programas de posgrao propio impartidos na Universidade, nos que a Fundación, actúa

como xestora económica e administrativa.

A evolución e desenvolvemento do número de programas tramitados a través da xestión delegada,

depende de dous factores, por unha banda, da vontade e decisión dos investigadores e docentes

universitarios, para que se decanten por contratar os nosos servizos de xestión, para o que debemos

dar resposta ás súas necesidades particulares e ofrecer un servizo áxil, práctico e eficaz, que poña á

súa disposición todos os medios, recursos e facilidades posibles. E doutra banda, non menos

importante, depende da actuación e intermediación previa que podamos levar a cabo entre os

actores implicados, léase, empresas, administracións, investigadores, etc. para dar a coñecer as súas

necesidades, intereses e propostas, alcanzado acordos que satisfagan a todas as partes e que

faciliten a creación de novos programas.

2) Programas de iniciativa propia: Son proxectos que a Fundación planifica, elabora, executa e

xustifica, na súa condición de Unidade de Interface integrada na Rede Tecnoeconómica. Devanditos

proxectos lévanse a cabo na dimensión rexional, estatal e internacional, e están orientados ao

cumprimento dos fins fundacionais.

Page 3: Memoria actividades 2010

As tarefas realizadas no marco destes proxectos supón a posta en marcha de mecanismos activos de

información e comunicación, que permitan conseguir unha maior presenza da Universidade da

Coruña na sociedade, así como un maior impacto entre os entornos científico, tecnolóxico e

produtivo. Neste sentido a Fundación Universidade da Coruña non pode limitarse á mera xestión e

administración burocrática das actividades que xorden espontaneamente da relación entre a

universidade e as empresas, senón que debe adoptar unha actitude proactiva, de procura de novas

oportunidades para os equipos universitarios de traballo sistemático coas empresas e institucións.

En canto aos eidos de actividade, a Fundación Universidade da Coruña fundamenta a súa labor,

principalmente nos eidos de emprego, formación e innovación, destacando en todo caso a nosa disposición

e carácter eminentemente proactivo, aberto e internacional.

Como obxectivos prioritarios da Fundación, manifestamos dende o pasado ano, o noso interese e

compromiso de fomentar e potenciar a CULTURA EMPRENDEDORA e a CULTURA INNOVADORA, así como a

RESPONSABILIDADE SOCIAL UNIVERSITARIA (RSU), como aspecto transversal a todas as nosas actuacións e

como demostración da filosofía de traballo, misión, valores e principios da entidade.

• RESULTADOS CONTABLES

Os resultados económicos da Fundación durante os anos 2005, 2006 e 2007 estiveron marcados por unha

clara tendencia negativa, que se rompe no ano 2008, onde se conseguen recuperar os resultados positivos,

obtidos a través dun severo axuste de gastos e da procura de novos ingresos, tal e como se pode ver nos

seguintes gráficos:

Page 4: Memoria actividades 2010
Page 5: Memoria actividades 2010

Os anos 2008, 2009 e 2010 aparecen representados con dúas cifras, debido a que o maior importe reflexa o

resultado real acadado no exercicio, mentres que o menor importe é o resultado final aprobado por a

auditoría, unha vez dotada unha provisión voluntaria a longo prazo que poida atender os posibles riscos

existentes de subvencións e indemnizacións laborais nos posgraos propios.

Page 6: Memoria actividades 2010

1. PROGRAMAS DE XESTIÓN DELEGADA

Os datos económicos referidos a Xestión Delegada da UDC, tanto en formación como en investigación, están

recollidos sen incluír o I.V.E. no caso de que lles correspondera, referímonos sempre as Bases Impoñibles.

Page 7: Memoria actividades 2010

1.1. ACADÉMICA

Segundo mencionase nas Contas Anuais e Informe de Auditoría, no apartado 16 relativo aos ingresos e

gastos por prestación de servizos, aparece exposta a seguinte táboa, que relaciona o canon que cobra a

Fundación dos programas de xestión delegada, nos seus tres ámbitos: académicos (os cursos de

especialización, posgrao, máster e congresos, xornadas e outros), investigación (os contratos de

investigación, asistencias técnicas, etc ao amparo do artigo 83 da LOU, axudas e subvencións), e bolsas (as

prácticas en empresas por parte de estudantes ou titulados universitarios). A distribución do canon por

prestación de servizos e tipo de programa, sería a seguinte:

Canon de xestión

2008

Canon de xestión

2009

Canon de xestión

2010

Académicos 78.720 65.887 52.845,81

Investigación 131.773 176.143 110.068,31

Xestión de bolsas 233.465 249.579 293.822,88

Total 443.958 € 491.609 456.737

• EVOLUCION CANON DE XESTION FUAC

0 €

50.000 €

100.000 €

150.000 €

200.000 €

250.000 €

300.000 €

Canon de xestión 2008 Canon de xestión 2009 Canon de xestión 2010

Page 8: Memoria actividades 2010

• EVOLUCION DO VOLUME TOTAL XESTIONADO

ANO 2008 ANO 2009 ANO 2010

XESTION DELEGADA

FORMACION 1.574.400€ 1.317.740€ 1.058.652€

INVESTIGACIÓN 2.635.460€ 3.522.860€ 2.201.360€

BOLSAS 2.094.782€ 2.021.735€ 2.319.161€

TOTAL XESTION

DELEGADA 6.304.642€ 6.862.335€ 5.579.173€

XESTION PROPIA

ANO 2008 ANO 2009 ANO 2010

FORMACION 76.456,15€ 211.944,67 149.775,49

EMPREGO 95.273,73€ 107.266,08 64.621,90

INNOVACIÓN 353.574€ 272.608,50 290.868,22

TOTAL XESTION

PROPIA 525.303,88 591.819,25 505.265,61

Page 9: Memoria actividades 2010

0 €

100.000 €

200.000 €

300.000 €

400.000 €

ANO 2008 ANO 2009 ANO2010

PROGRAMAS INICIATIVA PROPIA

FORMACION EMPREGO INNOVACIÓN

0 €

1.000.000 €

2.000.000 €

3.000.000 €

4.000.000 €

ANO 2008 ANO 2009 ANO 2010

XESTION DELEGADA

FORMACION INVESTIGACIÓN BOLSAS

*Importes sen I.V.E

XESTIÓN DELEGADA DA UDC

Durante este ano hai que resaltar unha serie de fitos que marcan e marcarán unha mellora nos servizos

prestados os investigadores e profesores da UDC que utilizan os nosos servizos para a xestión dos seus

programas de investigación e formación tales como:

Page 10: Memoria actividades 2010

• Posta en marcha dunha nova imaxe corporativa da FUAC a utilizar en todos os documentos de

comunicación de información e contratos.

• A implantación total e posta en funcionamento do Servizo de Directores a través da nosa web, grazas

o cal todos os directores teñen acceso inmediato o seu proxecto e a súa xestión administrativa e

económica incluíndo nestes aceso ( Contratos e Autorizacións de departamentos asinados, facturas

emitidas, pagos efectuados etc)

• A posta en funcionamento dunha Pasarela de Pagos de Matrículas que facilita a xestión dos pagos de

alumnos estranxeiros a través dunha pasarela virtual na cal o alumno pode inscribirse e aboar o

programa formativo no mesmo momento tendo acceso o xustificante de inscrición e factura e

proporcionando o mesmo tempo unha máis rápida xestión do programa por parte do Director

Académico.

1.2. FORMACIÓN

En particular, respecto da xestión delegada de programas formativos, os datos relativos ao exercicio 2010

son os seguintes que deixan entrever a diminución prevista en xestión de Cursos de Posgrao Propios da UDC

debido a progresiva desaparición destes na propia UDC e unha pequena baixada na xestión de Xornadas e

Congresos.

A pretensión da Fundación e seguir potenciando o seu papel na formación de posgraos e a organización de

eventos tipo Simposios ou Congresos, así como a consolidación de programas formativos para estudantes e

de programas deseñados a medida para empresas, así como a formación on line.

Somos conscientes da importancia de potenciar esta liña de actividade e neste momento estamos

traballando en novos proxectos formativos. Neste sentido e necesario sinalar os programas formativos

deseñados con profesores da Facultade de INEFF e da Escola de Arquitectos Técnicos da Universidade da

Coruña que han aumentado considerablemente no ano 2010 tanto en alumnos matriculados como en

empresas interesadas.

Page 11: Memoria actividades 2010

Programas

2008

Programas

2009

Programas

2010

Máster 6 7 5

Curso de especialización 10 4 3

Curso de formación específica de posgrao 2 1 1

Cursos de Posgraos da UDC 18 12 9

Xornadas, Congresos etc. 36 36 23

Centro de Linguas 1 1 1

Universidade Sénior 1 1 1

Xornadas e Outros 38 38 25

TOTAL 56 50 34

Os ingresos das Xornadas, Cursos e Congresos están formados por matrículas de alumnos, colaboracións e

participacións de Entidades e Empresas, segundo a clasificación seguinte:

TIPO DE INGRESOS EN XORNADAS –

CONFERENCIAS- CONGRESOS

MATRICULAS DE ALUMNOS 23

EMPRESA PRIVADA 8

ENTIDADE PÚBLICA 3

FUNDACIÓNS E

ASOCIACIÓNS PRIVADAS 0

A diminución de xestión económica e administrativa que a Fundación realiza dos seguintes Programas

Académicos da Universidade da Coruña é moi significativa para a Fundación, tanto por volume xestionado

como por a importancia que supón dentro da comunidade universitaria. A súa diminución repercute tamén

claramente na redución da tesourería da FUAC.

É importante recalcar a importancia da xestión dos seguintes programas formativos da UDC, pola súa

relevancia dentro da UDC e a importancia dentro da comunidade universitaria e da propia sociedade.

- UNIVERSIDADE SENIOR.

- CENTRO DE LINGUAS.

Page 12: Memoria actividades 2010

A intención é seguir coa potenciación da xestión de XORNADAS, CONFERENCIAS, SEMINARIOS, SIMPOSIOS e

outro tipo de actividades formativas da UDC, así como promover a xestión ou organización de CONGRESOS

dirixidos por a comunidade universitaria, co fin de acadar novos nichos de mercado que axuden a diversificar

as fontes de ingresos. Durante o 2010 aparte de diferentes Xornadas, participamos na organización e xestión

dos seguintes congresos e simposios;

- TALLERES DIXITAIS E CONFERENCIAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR MULTIMEDIA E AUDIOVISUAL GALEGO

NO MARCO DA INICIATIVA “MUNDOS DIXITAIS 2010”.

-XI CONGRESO INTERNACIONAL GALEGO-PORTUGUES DE PSICOPEDAGOXIA.

Temos que destacar o éxito da implantación de dous novos Programas de Posgrao Propios implantados

durante o exercicio do 2010 na súa primeira edición, xa que xeraron unha gran demanda de prazas é tiveron

un gran éxito nos alumnos e profesionais interesados:

-C.ESPECIALIZACIÓN EN EXPERTO UNIVERSITARIO EN PERIODONCIA CIRUXÍA E IMPLANTOLOXÍA ORAL.

-CURSO DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSTGRADO EN PROTOCOLO, COMUNICACIÓN E IMAGEN

CORPORATIVA

1.2.1. EVOLUCIÓN DA XESTIÓN DE XORNADAS E OUTROS PROGRAMAS FORMATIVOS E CURSOS DE

POSGRAOS PROPIOS DA UDC.

EVOLUCION CURSOS DE POSGRAO

XORNADAS E OUTROS

ANO XORNADAS E OUTROS CURSOS POSGRAO TOTAL

2000 2 22 24

2001 7 29 36

2002 9 28 37

2003 20 30 50

2004 29 32 61

2005 28 34 62

Page 13: Memoria actividades 2010

2006 27 25 52

2007 32 26 58

2008 38 18 56

2009 38 12 50

2010 25 9 34

1.3. INVESTIGACIÓN

A Fundación seguiu ao longo do 2010, exercendo a súa labor de fomentar as relacións entre o empresariado

e a sociedade e o mundo universitario, ofertando a súa colaboración e asesoramento para identificar e

satisfacer as necesidades dos empresarios a nivel autonómico e nacional, así como as dos investigadores da

UNIVERSIDADE DA CORUÑA en materia de investigación. Esta colaboración materializouse durante o ano

2010 en Contratos Art. 83, Convenios específicos de colaboración, e outras axudas e subvencións.

TIPO DE ACTUACIÓN 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010

CONVENIO DE COLABORACIÓN 4 1 3 8 1 1 8 6

CONTRATOS INVESTIGACIÓN 46 31 60 38 50 35 19 32

INFORMES TECNICOS E ASESORIAS 8 27 39 37 60 70 85 66

AXUDAS E SUBVENCIÓNS 2 3 5

TOTAL 58 59 102 85 114 111 112 104

Page 14: Memoria actividades 2010

A evolución do número de Contratos e Convenios de Investigación da Universidade da Coruña xestionados

por a Fundación no ano 2010 rompe a tendencia ascendente dos últimos años pero sen ser dunha forma

significativa, deixando constancia da confianza que os investigadores da Universidade teñen na xestión

económica e administrativa ofertada por a nosa entidade.

En canto o tipo de actuación, segue predominando a Xestión de Asistencias Técnicas e consultarías con

empresas sobre os Contratos de Investigación, e as Areas Técnicas seguen sendo as que maiores contratos

realizan fronte as Áreas do xurídico-social.

Page 15: Memoria actividades 2010

IMPORTE CONTRATADO POR DEPARTAMENTO

(Con maior importe de contratación)

Page 16: Memoria actividades 2010

Durante este ano apoiando á Fundación como institución, asináronse Convenios Marcos e Convenios de

colaboración en Actividades de Interese Xeral, a través dos cales favorecese as relacións UNIVERSIDADE-

EMPRESA. As entidades que optaron por este tipo de cooperación son:

• C+F GESTIÓN e ADMINISTRACIÓN DE SERVICIOS S.C.

• RED ARAÑA

• CENTRO TECNOLÓGICO DE SEAT S.A.

• INDITEX.

• ESCOLA UNIVERSITARIA DE ARQUITECTURA TÉCNICA.

• AMBIENTIS INGENIERÍA AMBIENTAL S.L.U.

• PARTICIPACIÓN EN REDES:

A Fundación está integrada en redes e asociacións coa finalidade de establecer colaboración e

sumar esforzos para ampliar o seu ámbito de actuación e consecución de obxectivos xerais comúns

os membros das distintas redes.

• Red Española de Fundacións Universidad Empresa (Redfues).

• Asociación Española de Fundacións con especial participación no Grupo Sectorial de

Fundaciones Universitarias.

• Red Española do Pacto Mundial de Nacións Unidas.

• Global University Network for Innovation

Page 17: Memoria actividades 2010

• AXUDAS E APORTACIÓNS Á UDC:

ANO 2000 DOAZONS UDC COMISIONS

EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 1.803,04 €

EXPOSICION 10 ANOS UDC 41.748,64 €

POSTA EN MARCHA CLUBE DE NEGOCIOS UDC 2.643,25 €

TOTAL 46.194,93 €

ANO 2001 DOAZONS UDC COMISIONS

EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 €

UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 €

CLUBE DE NEGOCIOS UDC 1.539,55 €

EQUIPOS INFORMÁTICOS REDE ALTA CAPACIDADE 17.429,14 €

COMISION UDC MASTER-PROXECTOS INVESTIGACIÓN

PAGO ANOS 1998,1999,2000

144.168,00 €

TOTAL 24.377,80 € 144.168,00 €

ANO 2002 DOAZONS UDC COMISIONS

Page 18: Memoria actividades 2010

EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 €

UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 €

AXUDA PUBLICIDADE CURSOS POSTGRAOS 13.865,00 €

COMISION CURSOS POSTGRAO

52.850,84 €

COMISION PROXECTOS INVESTIGACIÓN

47.210,21 €

TOTAL 19.274,11 € 100.061.05 €

ANO 2003 DOAZONS UDC COMISIONS

EQUIPO FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 €

UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 €

AXUDA PUBLICIDADE CURSOS POSTGRAOS 14.834,15 €

COMISION PROXECTOS INVESTIGACION

3.616,21 €

COMISION CURSOS POSTGRAO

162.404,51 €

TOTAL 20.243,26 € 166.020,72 €

ANO 2004 DOAZONS UDC COMISIONS

SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 2.404,05 €

UNIVERSIDADE SENIOR 2.163,65 €

UNIVERSIDADE SENIOR 3.000,00 €

AVIACION COMERCIAL 15.000,00 €

BOLSAS PREDOCTORALES 25.000,00 €

UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 €

PAGOS COMISION FORMACION

78.494,84 €

TOTAL 50.572,76 € 78.494,84 €

ANO 2005 DOAZONS UDC COMISIONS

SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 2.405,05 €

UNIVERSIDADE SENIOR 3.005,06 €

PUBLICACION MASTERS UDC 2.320,00 €

COMISION INVESTIGACION

66.701,47 €

COMISION FORMACION

63.528,21 €

TOTAL 7.730,11 € 130.229,68 €

ANO 2006 DOAZONS UDC COMISIONS

Page 19: Memoria actividades 2010

SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 3.000,00 €

BOLSAS PREDOCTORALES 25.000,00 €

AVIACION COMERCIAL 18.000,00 €

PUBLICACION MASTERS UDC 2006 12.320,00 €

COLABORACION XESTION EXTENSION UNIVERSITARIA 987,20 €

COMISION INVESTIGACION

68.054,04 €

COMISION FORMACION

73.500,00 €

TRASPASOS SALDOS XORNADAS

20.200,00 €

TOTAL 59.307,20 € 161.754,04 €

ANO 2007 DOAZONS UDC COMISIONS

SUBVENCION FUTBOL UNIVERSITARIO 3.000,00 €

XESTION PAZO DE LONGORA 39.661,00 €

XESTION PAZO DE LONGORA ANOS ANTERIOIS 144.520,22 €

COMISION INVESTIGACIÓN

40.365,23 €

COMISION FORMACION

44.894,77 €

TOTAL 187.181,22 € 85.260,00 €

ANO 2008 DOAZONS UDC COMISIONS

XESTION PAZO DE LONGORA 37.804,03 €

COMISION INVESTIGACIÓN

48.630,46 €

COMISION FORMACION

51.763,55 €

TOTAL 37.804,03 € 100.394,01 €

ANO 2009 DOAZONS UDC COMISIONS

XESTION PAZO DE LONGORA 40.929,13 €

COMISION INVESTIGACIÓN

58.724,97 €

COMISION FORMACION

54.777,78 €

TOTAL 40.929,13 € 113.502,75 €

ANO 2009 DOAZONS UDC COMISIONS

ANO 2010 DOAZONS UDC COMISIONS

XESTION PAZO DE LONGORA 34.813,13 €

COMISION INVESTIGACIÓN

57.722,40 €

COMISION FORMACION

20.824,15 €

Page 20: Memoria actividades 2010

TOTAL 34.813,13 78.546,55

TOTAIS 1997 - 2010 528.425,51 € 1.058.370,59 €

A Unidade de Emprego e Formación é o órgano impulsor e xestor de cantas iniciativas se adoptan en materia

de emprego nesta Fundación e ten como obxectivo contribuír á inserción laboral dos universitarios e á

mellora da súa empregabilidade.

A Unidade de Emprego e Formación fomenta e xestiona anualmente programas de prácticas en empresas e

institucións, planes experimentais de emprego, programas integrais de inserción laboral, proporciona aos

alumnos formación para o emprego, desenvolve políticas activas de intermediación laboral entre ofertas e

demandas de emprego e realiza o seguimento da inserción laboral dous seus bolseiros.

1. PROGRAMAS DE PRÁCTICAS FUAC

A Fundación Universidade da Coruña facilita o primeiro contacto dos mozos co ámbito laboral a través dos

programas de prácticas para estudantes e titulados universitarios.

As empresas desempeñan un labor imprescindible na formación dos universitarios, complementando a

posta en práctica dos coñecementos que se adquiren na Universidade e facilitando a adquisición de

competencias profesionais.

A realización e a vivencia dunha experiencia práctica proporcionan unha visión completa do quefacer diario

das actividades da empresa e permiten enfrontarse con éxito a situacións reais de esixencia profesional. Así

mesmo, o coñecemento da actividade dunha organización proporciona unha mellor adaptación ao posto de

traballo e unha eficiente capacidade de resolución de problemas, fundamentadas na experiencia.

Page 21: Memoria actividades 2010

Os Programas de Prácticas en empresas son unha ferramenta axeitada e eficaz para a captación, formación e

adecuación ao posto de traballo do futuro profesional. Os universitarios realizan prácticas en empresas,

institucións ou entidades, durante un período determinado, co fin de mellorar as súas aptitudes e

competencias individuais, así como para facilitar a súa inserción no mercado laboral.

Co obxectivo de continuar ampliando as canles de relación dos universitarios coas empresas e facilitar o seu

encontro, a Unidade de Emprego e Formación puxo en marcha o portal de emprego da FUAC, EMPLEA

(http://www.fundacion.udc.es/emplea/). O seu obxectivo é captar máis ofertas das empresas utilizando as

novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Mediante EMPLEA as empresas poden publicar

directamente as ofertas de emprego e prácticas e os universitarios poden presentar a súa candidatura a esas

ofertas.

Os estudos de seguimento de inserción laboral de titulados universitarios corroboran que as prácticas de

empresas son un dos medios máis eficaces para a consecución do primeiro emprego dos titulados

universitarios.

A evolución dende o ano 98 do número de universitarios que participaron nos Programas de Prácticas da

FUAC, así como do número de empresas colaboradoras que participaron nos devanditos programas,

recóllese nos dous gráficos seguintes:

• Nº DE BOLSEIROS PARTICIPANTES

Page 22: Memoria actividades 2010

• Nº DE EMPRESAS COLABORADORAS

A evolución experimentada, desde o punto de vista económico, recollese nos seguintes gráficos:

• VOLUME DE XESTIÓN

Page 23: Memoria actividades 2010

• VOLUME DE COMISIÓN

• VOLUME DE XESTIÓN SEGUNDO TIPO DE PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO 2010

• VOLUME DE COMISIÓN SEGUNDO TIPO DE PROGRAMA DE PRÁCTICAS NO 2010

Page 24: Memoria actividades 2010

• CLASIFICACIÓN SEGUNDO O TIPO DE UNIVERSITARIO

• CLASIFICACIÓN SEGUNDO O SEXO

• CLASIFICACIÓN SEGUNDO A ÁREA DE COÑECEMENTO

Page 25: Memoria actividades 2010

• AS 15 TITULACIÓNS MAIS DEMANDADAS

1.1. PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE VERÁN TEMPUS

Durante o ano 2008, ante a demanda dos estudantes universitarios, deseñouse e púxose en marcha un novo

Programa de Prácticas, o programa TEMPUS. Este programa ten a característica de que está só vixente

durante os meses de verán e que está dirixido única e exclusivamente a estudantes universitarios. Os datos

de participación foron:

Page 26: Memoria actividades 2010

2. PROGRAMAS E PROXECTOS DE EMPREGO

2.1. PROGRAMA UNINSERTA +:Emprega

Mediante este programa e nunha segunda fase, desenvolveuse, entre os sistemas de información da

Fundación Universidade da Coruña, un produto informático en idioma galego para o uso dos universitarios

empresas galegas. Tratábase de dar resposta á necesidade de poñer en contacto aqueles mozos

universitarios galegos, que demandan experiencia no mercado laboral, coas empresas que demandan novos

talentos para o desenvolvemento de novos proxectos.

Datas de Celebración: Do 1 de setembro de 2010 a 31 de decembro de 2010. Duración: 4 meses.

Financiamento: Consellería de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

Beneficiarios: Estudantes e recentemente titulados da Universidade dá Coruña (aprox. 25.000), ademais de

estudantes e titulados doutras universidades galegas con residencia na Coruña (2.000).

ACCIÓNS REALIZADAS: Deseño e desenvolvemento do produto informático UNINSERTA +: EMPREGA. Portal

Web de mozos e empresas galegas para a mellora da inserción laboral dos mozos universitarios galegos.

http://www.fundacion.udc.es/emplea/

2.2. AULA UNIVERSITARIA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

V edición do programa mixto de formación indoor e outdoor para estudantes de últimos cursos de carreira

ou titulados universitarios en situación de desemprego, cuxa finalidade é facilitarlles as ferramentas para a

mellora da súa empregabilidade, dende o punto de vista do deseño e execución de programas de promoción

económica na Provincia da Coruña. O seu obxectivo céntrase en fomentar a empregabilidade dos

participantes como potenciais técnicos de Entidades do terceiro sector, facilitar o emprendimento dende

Entidades non lucrativas, elaborar programas de inserción sociolaboral, elaborar itinerarios personalizados

de aprendizaxe, vincular á comunidade universitaria cos programas de desenvolvemento económico e

difundir o concepto de EMPRENDEDOR SOCIAL.

Datas de Celebración: Do 25 de febreiro a 15 de maio de 2010. Duración: 100h. Financiamento: Deputación

da Coruña. Beneficiarios: 25 universitarios, estudantes e titulados, en situación de desemprego e ocupados.

ACCIONS REALIZADAS:

Page 27: Memoria actividades 2010

♦ 5 talleres formativos: Taller 1. Mercado de traballo, emprendimento e promoción económica. Taller

2. Deseño, avaliación e xustificación de proxectos. Taller 3. Organismos de promoción económica.

Taller 4. Boas prácticas e desenvolvemento de proxectos. Taller 5. Grupos de traballo, proxectos e

convocatorias.

♦ Xornada de traballo para conformar os grupos, identificar os proxectos de promoción económica

promovidos polos alumnos e seleccionar as convocatorias de financiamento máis axeitadas.

♦ Tutorización de proxectos: 1 acción de tutorización grupal de 4 horas de duración e 4 accións

individuais de tutorización de 2 horas cada unha. Así mesmo realizouse o acompañamento á

presentación de diferentes convocatorias, baixo a firma dun protocolo de coaching.

2.3. PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO USO DAS TIC NA BUSCA DE EMPREGO

Mediante este programa preténdese impulsar a realización de actuacións de difusión e formación

relacionadas especificamente co desenvolvemento e implantación da sociedade da información na

Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o

Plan Avanza para o exercicio 2010, dirixidas á mellora da empregabilidade dos universitarios da UDC. O seu

obxectivo consiste en que os universitarios se familiaricen coas particularidades das TIC de cara á busca de

emprego, sobre todo no que se refire ás de base tecnolóxica e cun compoñente importante de investigación,

de tal maneira que así poidan mellorar os seus itinerarios persoalizados de inserción laboral.

Datas de Celebración: De 1 al 26 de novembro de 2010. Duración: 1 mes. Financiamento: Consellería de

Innovación e Industria da Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Plan Avanza do

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Beneficiarios: 152 titulados universitarios maioritariamente

en situación de desemprego.

ACCIONS REALIZADAS: 8 acciones formativas de 25 horas de duración cada unha, en quendas de mañá e

tarde. PROGRAMA: Módulo 1. Informática libre, para unha sociedade libre. Módulo 2. Internet para a busca

activa de emprego. Módulo 3. O Videocurrículum. Módulo 4. As redes sociais para o emprego. Módulo 5.

Blogs profesionais.

2.4. FACILITADOR FINANCEIRO

Neste programa pretendese mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade dos emprendedores e

emprendedoras inmigrantes e retornados da Comunidade Autónoma de Galicia a través dunha metodoloxía

Page 28: Memoria actividades 2010

de intervención integral baseada na promoción do autoemprego, a economía social e as microfinanzas,

mellorando deste modo a súa empregabilidade e mobilidade social.

O Facilitador Financeiro é un canal posto en marcha pola FUAC para impulsar o acceso dos autónomos e

pequenas e medianas empresas ao financiamento. O obxectivo do canal do Facilitador Financeiro é por a

disposición de autónomos e pemes unha vía de comunicación directa coas Administracións e Organismos

para solicitar financiamento. O Facilitador Financeiro Social ten como obxectivo estratéxico facilitar recursos

e ferramentas de axuda ós colectivos máis vulnerables, en risco de exclusión social, a través das

microfinanzas e as fórmulas de economía social..

Datas de Celebración: Do 29 de outubro ao 29 de novembro de 2010. Duración: 1 mes. Financiamento:

Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Beneficiarios: 40

ACCIONS REALIZADAS:

♦ Programa de Difusión e captación de beneficiarios: campaña de información, difusión e captación

de beneficiarios do programa, seguindo varias vías: prensa, mailing, telefonicamente, webs e redes

sociais.

♦ Xornada de difusión e información do programa: Xornada de 2 horas: Benvida; Presentación do

proxecto “Facilitador Financeiro”; Entorno empresarial, xeración, maduración e avaliación de ideas

empresariais; Experiencias de éxito de emprendementos promovidos pola comunidade inmigrante e

retornada; Test de análise do perfil emprendedor; Entrega do procedemento de incorporación á fase

de entrevistas individuais; Despedida.,

♦ Entrevistas de motivación emprendedora e diagnose do perfil emprendedor: 30 entrevistas de 2

horas, na que se analiza a idea empresarial, presentouse o servizo de asesoramento, fíxose unha

proposta de itinerario persoalizado de inserción e a diagnose do perfil emprendedor, valoración de

presentación de microcrédito.

♦ Titorización de proxectos de microempresa: Titorizáronse 4 proxectos cunha duración de 20 horas

cada unha, coa seguinte estrutura: Sesións 1 e 2. Análise da viabilidade técnica do proxecto. Sesión

3 e 4. Análise da viabilidade comercial do proxecto. Sesións 5 e 6. Análise da viabilidade económica

do proxecto. Sesións 7 e 8. Análise da viabilidade financeira do proxecto. Sesións 9 e 10. Análise da

viabilidade social do proxecto.

2.5. HABILIDADES DIXITAIS PARA A MELLORA DA EMPREGABILIDADE DA MULLER.

Page 29: Memoria actividades 2010

O obxectivo principal do programa é cualificar ás mulleres, con formación universitaria e paradas de longa

duración, nas habilidades dixitais que poidan precisar para desenvolverse axeitadamente ao longo do seu

proceso de procura de emprego.

O programa pretende achegar ferramentas web 2.0 para mellorar a empregabilidade dos universitarias

galegas e a súa busca de emprego en internet. O seu obxectivo é preparalas fronte a unha das principais

tendencias en materia de emprego, como é a creación da súa imaxe persoal na rede, o uso das redes sociais

ou os propios videocurrículums persoais.

Datas de Celebración: Do 18 de novembro ao 14 de decembro de 2010. Duración: 80 horas. Financiamento:

Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Secretaría Xeral da Igualdade da

Presidencia da Xunta de Galicia, e o Fondo Social Europeo do Programa Operativo FSE-Galicia 2007-2013.

Beneficiarios: 20 alumnas maiormente universitarias en situación de desemprego.

ACCIÓNS FORMATIVAS: Acción Formativa: Módulo 1. "O software libre". Módulo 2. Internet para a busca

activa de emprego. Módulo 3. Portais de emprego. Módulo 4. O videocurrículum. Módulo 5. As redes sociais

para o emprego. Módulo 6. Blogs profesionais. Módulo 7. Políticas de Igualdade

2.6. TIC TAC EMPREGO

O obxectivo deste programa foi preparar aos mozos/as universitarios/as fronte a unha das principais

tendencias en materia de emprego, como é a creación da súa imaxe persoal na rede, o uso das redes sociais

ou os propios videocurrículums persoais, saber manexar as ferramentas web 2.0 para acadar unha busca de

emprego adaptada a súa formación, e a adquisición do coñecemento de cómo as TIC poden mellorar os

itinerarios personalizados de procura de emprego dos universitarios.

Datas de Celebración: Do 15 ao 21 de decembro de 2010. Duración: 25 horas. Financiamento: Concellaría

de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña. Beneficiarios: 20 alumnos

maiormente universitarias en situación de desemprego.

ACCIÓNS FORMATIVAS: Acción Formativa: Módulo 1. Recursos web institucionais para a procura activa de

emprego. Módulo 2. O videocurrículum. Módulo 3. Portais de emprego. Módulo 4. As redes sociais para o

emprego. Módulo 5. Blogs profesionais

Page 30: Memoria actividades 2010

2.7. TRABALLO EN REDE E ESPECIALIZACIÓN EN POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO DESDE UNHA

PERSPECTIVA LOCAL

Mediante este proxecto facilítase os coñecementos específicos relacionados cos conceptos de traballo en

rede e políticas activas de emprego. Intercambiáronse experiencias de traballo en rede para avaliar a

posibilidade de transferencia aos programas operativos en execución.

Datas de Celebración: 10 e 11 de xuño de 2010. Duración: 10 horas. Financiamento: Concello da Coruña.

Beneficiarios: 14 técnicos de emprego do concello da Coruña.

ACCIÓNS FORMATIVAS: Sesión 1: Contextualización sobre a implementación das chamadas políticas activas

de emprego; Introdución á evolución histórica do concepto de rede; Tipoloxías de rede; Axentes de soporte

e axentes de atención ao cliente; Deseño de partenariados; Caso práctico. Sesión 2: Indicadores para a

avaliación do traballo en rede; Indicadores 1.0; Indicadores 2.0; Exemplos de boas prácticas no

desenvolvemento de proxectos en rede; Caso práctico

3. PROGRAMAS DE AUTOEMPREGO

O fomento da cultura emprendedora dentro da comunidade universitaria forma parte dunha das

importantes liñas de actuación da FUAC. Un dos nosos obxectivos é conseguir que os universitarios

consideren o Autoemprego como unha vía real de inserción laboral. Para o cumprimento deste obxectivo

desenvolvemos un conxunto de accións formativas encamiñadas a cubrir as necesidades de novos proxectos

empresariais. As distintas alternativas postas a disposición dos emprendedores constitúen un variado

programa de formación, xa que dentro de practicamente a totalidade dos programas desenvolvidos pola

unidade intégrase un módulo de creación de empresas.

Ademais durante o ano 2010, en colaboración co IGAPE e co BIC GALICIA, tal e como se ven facendo

anualmente, realizáronse dúas accións formativas:

3.1. SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA

Enfocados a persoas con inquietudes empresariais, esta acción de difusión e sensibilización pretende dar a

coñecer, a través de experiencias reais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo

pode desenvolver un proxecto empresarial. Ademais de informar sobre o proceso de transformación dunha

Page 31: Memoria actividades 2010

idea en empresa, dende que xorde o espírito emprendedor ata a súa concreción nun plan de empresa. Anos

2000-2010 (11 Seminarios)

Datas de Celebración: 3 de marzo de 2010. Duración: 6 horas. Financiamento: Bic Galicia e Fundación

Universidade da Coruña. Beneficiarios: 15 universitarios/as.

3.2. SEMINARIO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS

Trátase dunha ferramenta de formación mixta que ten como obxectivo que os asistentes poidan crear,

analizar e rentabilizar unha idea empresarial. Para iso é necesario: Xerar ideas; Madurar ideas para

convertelas en ideas empresariais; Realizar unha primeira aproximación á viabilidade económica do proxecto

e do seu potencial como proxecto de empresa. Anos 2000-2010 (12 seminarios)

Datas de Celebración: Do 8 ao 22 de marzo de 2010. Duración: 15 horas. Financiamento: Bic Galicia e

Fundación Universidade da Coruña. Beneficiarios: 13 universitarios/as.

3.3. SEMINARIOS PARA A CREACIÓN DE NOVOS PROXECTOS DE EMPRESA

Estes seminarios permiten analizar e planificar o futuro negocio do emprendedor, analizando varias áreas

que faciliten a posterior elaboración do plan de empresa. Para iso é necesario: Coñecer os conceptos básicos

necesarios para a elaboración do Plan de Negocio; Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa e Contrastar a

viabilidade económica financeira do proxecto empresarial. Anos 2000-2010 (12 Seminarios)

Datas de Celebración: Do 19 de abril ao 21 de maio de 2010. Duración: 50 horas. Financiamento: Bic Galicia

e Fundación Universidade da Coruña. Beneficiarios: 14 universitarios/as.

4. FORMACIÓN

4.1. CURSO DE INGLÉS FINANCEIRO

Curso incluído dentro da programación de cursos AFD 2010 (accións formativas para traballadores

desempregados) da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da

Xunta de Galicia, dirixido a persoas con titulación media ou superior, demandantes de emprego inscritas no

Servizo Público de Emprego Galego. O obxectivo deste curso é desenvolver as competencias orais e escritas

Page 32: Memoria actividades 2010

do idioma inglés nun nivel medio, para facilitar a comunicación, información e atención aos clientes ou

terceiros estranxeiros.

Datas de Celebración: De 27 de xullo a 14 de setembro de 2010. Duración: 180h. Financiamento: Dirección

Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social

Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación universitaria, inscritas

como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.

ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 180 horas de duración, en horario de 9:00 a 14:00h.

PROGRAMA: Módulo 1. Atención ao cliente. Módulo 2. Presentación de produtos e servizos. Módulo 3.

Presentación de feitos e cifras. Módulo 4. Necesidades e obxectivos da empresa en materia financeira.

Módulo 5. Formación para a Igualdade (módulo transversal). Módulo 6. Creación de Empresas (módulo

transversal).

4.2. CURSO DE EXPERTO EN XESTIÓN DE SALARIOS E SEGUROS SOCIAIS

Curso incluído dentro da programación de cursos AFD 2010 (accións formativas para traballadores

desempregados) da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da

Xunta de Galicia, dirixido a persoas con titulación media ou superior, demandantes de emprego inscritas no

Servizo Público de Emprego Galego. O obxectivo desde curso foi capacitar aos alumnos para xestionar a área

laboral da empresa. O alumno formouse nos distintos tipos de contratación existentes, confección do recibo

de salarios, a liquidación das cotas á Seguridade Social, contabilización dos custos producidos polos

conceptos anteriores, así como as retencións e impostos inherentes á área, facendo especial incidencia no

tratamento telemático dos datos na súa relación coas Administracións.

Datas de Celebración: De 10 de agosto a 12 de novembro de 2010. Duración: 330h. Financiamento:

Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o

Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación

universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.

ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 330 horas de duración, en horario de 9:00 a 14:00h.

PROGRAMA: Módulo 1. Lexislación Laboral e Seguridade Social. Módulo 2. Recibo de Salarios: Estrutura e

Cálculo. Módulo 3. Liquidación de Cotas á Seguridade Social. Módulo 4. Retencións e Ingresos a conta do

I.R.P.F.. Módulo 5. Prestacións de Seguridade Social. Módulo 6: Aplicación de custos na pequena e mediana

Page 33: Memoria actividades 2010

empresa. Módulo 7: Formación para a Igualdade (módulo transversal). Módulo 8. Creación de Empresas

(módulo transversal).

4.3. FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSGRAO EN ORIENTACIÓN OCUPACIONAL

Acción formativa experimental e complementaria das especialidades do ficheiro do Servizo Público de

Emprego Estatal dirixido prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo

Público de Emprego Galego. O obxectivo deste curso de posgrao é formar técnic@s especializad@s na

orientación ocupacional que permita mellorar as posibilidades de inserción laboral dos demandantes de

emprego, fomentar a cultura emprendedora nos demandantes de emprego como alternativa de inserción

sociolaboral e adquirir os coñecementos necesarios para que poidan facilitar a inserción laboral d@s

usuarios outorgándolles un perfil profesional demandado na sociedade laboral actual.

Datas de Celebración: De 22 de setembro a 21 de outubro de 2010. Duración: 160h. Financiamento:

Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o

Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación

universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.

ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 160 horas de duración, modalidade mixta, 100 horas

presenciais e 60 de teleformación. PROGRAMA de 6 obradoiros de 25 horas cada un, e un modulo de

igualdade de 10 horas: Obradoiro 1: Planifica a túa traxectoria Profesional ¿Emprego ou Autoemprego?.

Obradoiro 2: Como buscar emprego: CV e Carta de Presentación. Obradoiro 3. Entrevistas de Traballo:

Preparación e Desenvolvemento. Obradoiro 4. O Plan de Empresa. Obradoiro 5. Cómo crear unha empresa

paso a paso. Obradoiro 6. Axudas e Subvencións. Módulo de Igualdade de Oportunidades

4.4. FORMACIÓN ESPECÍFICA DE POSGRAO EN HABILIDADES DIRECTIVAS

Trátase dunha acción formativa experimental e complementaria das especialidades do ficheiro do Servizo

Público de Emprego Estatal dirixido prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas no

Servizo Público de Emprego Galego. Mediante este curso preténdese formar aos participantes nunha serie

de técnicas e habilidades que lles permita mellorar a súa forma de actuación e integración nun grupo de

traballo, e obter así unha mellora da empregabilidade mediante a potenciación das habilidades interpersoais

propias da intelixencia emocional que tanto están a valorar as empresas actuais.

Page 34: Memoria actividades 2010

Datas de Celebración: De 22 de setembro a 26 de outubro de 2010. Duración: 160h. Financiamento:

Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o

Fondo Social Europeo. Beneficiarios: 15 persoas desempregadas, maioritariamente con titulación

universitaria, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.

ACCIÓNS REALIZADAS: ACCIÓN FORMATIVA de 160 horas de duración, modalidade mixta, 100 horas

presenciais e 60 de teleformación. PROGRAMA: Módulo 1. Creación e selección de equipos. Organización e

distribución de roles. Módulo 2. Comunicación interpersoal. Módulo 3. Motivación. Módulo 4. Liderado

baixo presión. Módulo 5. Capacidade de delegación de funcións. Módulo 6. Análise de problemas e toma de

decisións. Módulo 7. Desenvolvemento creativo. Módulo 8. Xestión de recursos. Módulo 9. Estratexias de

negociación. Módulo 10. Planificación e execución de proxectos. Módulo de formación para a igualdade.

Módulo Outdoor Training.

A Fundación Universidade da Coruña leva a cabo diferentes proxectos de carácter propio que na súa

condición de Unidade de Interface realiza no ámbito de Fomento da Innovación e que ten lugar na

dimensión rexional, estatal e internacional.

As tarefas realizadas no marco destes proxectos supón a posta en marcha de mecanismos activos de

información e comunicación, que permitan conseguir unha maior presenza da Universidade da Coruña na

sociedade, así como un maior impacto entre os ámbitos científico, tecnolóxico e produtivo. Neste sentido a

Fundación Universidade da Coruña non pode limitarse á mera xestión e administración burocrática das

actividades que xorden espontaneamente da relación entre a universidade e as empresas, senón que debe

adoptar unha actitude proactiva, de procura de novas oportunidades para os equipos universitarios de

traballo sistemático coas empresas e institucións.

A efectos do presente informe establécese unha clasificación da tipoloxía dos proxectos xestionados e

executados pola área de Fomento da Innovación da Fundación Universidade da Coruña, en función do

ámbito xeográfico de actuación, en dúas categorías: rexionais e estatais e de cooperación internacional.

Page 35: Memoria actividades 2010

PROXECTOS EN EXECUCIÓN

1. COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Título do proxecto: REDE TRANSREXIONAL UNIVERSIDADE-EMPRESA PARA A ORGANIZACIÓN DO

MERCADO DA INNOVACIÓN E O COÑECEMENTO NO SUDOE

Acrónimo: REDOMIC

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: Fundación Universidade da Coruña, (ES),

Outros socios:

• Fundación LABEIN (ES)

• EUROCEI. Centro Europeo De Empresas e Innovación, S.A. (ES),

• SODERCAN S.A.,Sociedad para el Desarrollo Regional de Cantabria S.A. (ES),

• Fundación General de la Universidad de Salamanca (ES),

• Instituto de Soldadura e Qualidade (PT)

• UBI, Universidade Da Beira Interior (PT)

• APESA, Association pour l'Environnement et la Sécurité en Aquitaine (FR)

Data inicio-fin: 24 meses (01/03/2009 – 28/02/2012)

O consorcio do proxecto REDOMIC está constituído por organismos de interface que se dotan de

instrumentos de organización de mercado, para operar como rede de carácter transrexional, visible e

estable. As accións de organización do mercado entre Universidade e Empresa do proxecto REDOMIC

estrutúranse por medio da definición dunha oferta e unha demanda, xunto coa actuación do promotor de

relacións.

A formulación do proxecto REDOMIC consiste en establecer as vías polas que a oferta se achegue á demanda

e chéguese a contar cun mercado organizado de carácter transrexional no SUDOE, de modo que se contribúa

á promoción da innovación e á economía do coñecemento nas rexións participantes.

O obxectivo final da rede de institucións que opera no proxecto REDOMIC é promover a innovación e a

economía do coñecemento en rexións SUDOE por medio da introdución de elementos de organización de

mercado entre Universidade e Empresa.

Actividades realizadas no ano 2010:

Grupo de tarefas 1: Coordinación e xestión do proxecto

Page 36: Memoria actividades 2010

1.- Coordinación con socios

-A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu a 3ª reunión de coordinación. Lisboa, 25 e

26 /01/2010.

- A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu a 4ª reunión de coordinación. Salamanca,

31/04 e 1 /05/2010.

- A Fundación Universidade da Coruña participou e dirixiu, a 5ª reunión de coordinación. Santander,

25 e 26 /10/2010.

2.- Coordinación e xestión coa Autoridade de Xestión- realización de informes de actividade

Grupo de tarefas 3: Organización do mercado

3.1.Acción de formación de promotores de relacións. A Fundación Universidade da Coruña participou e

dirixiu dita acción de formación que se celebrou en Lisboa os días 26,27,28 e 29/01/2010.

Grupo de tarefas 4: Intercambio de experiencias

4.2. Seminarios transrexionais para a profundización no coñecemento mutuo entre a Universidade e a

Empresa

- Participación no seminario de intercambio franco español sobre Eco innovación organizado por o

socio 8 (APESA) en Pau (Francia) 7/04/2010

- Participación seminario de intercambio transrexional sobre Enerxía fotovoltaica organizado por el

socio 4 (FGUSAL) en Salamanca, 2/06/2010

- Organización del seminario de intercambio transrexional sobre Telemedicina en A Coruña,

30/11/2010.

Título do proxecto: “DISSEMINATION AND NETWORKS OF KNOWLEDGE IN ATLANTIC AREA”

Acrónimo: KNETWORKS

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: Presidência de Conselho de Ministros CEGER – Centro de Gestão da Rede

Informática do Governo (PT)

Outros socios:

• Presidência do Conselho de Ministros CNEL - Gabinete do Coordenador Nacional da

Estratégia de Lisboa e do Plano Tecnológico (PT),

• Fundación Universidade da Coruña (ES),

• Universidad de Cantabria Dpto. de Transportes y Tecnología de Proyectos y Procesos

(ES),

• Universidade de Toulouse Le Mirail (FR)

Page 37: Memoria actividades 2010

• Cardiff University (UK)

• Oxford Internet Institute (UK)

Data inicio-fin: 24 meses (01/01/2010 – 31/12/2012)

Obxectivo xeral: O proxecto Knetworks, aspira a crear unha rede sostíbel de intercambio e difusión do

coñecemento no espazo ATLANTICO, a fin de promover o intercambio de boas prácticas na aplicación de

estratexias para a Sociedade da Información e o Coñecemento.

Neste sentido, o proxecto pretende crear unha rede de excelencia permanente, baseada nas tecnoloxías da

información, a fin de impulsar o desenvolvemento das actividades do proxecto e a difusión dos resultados e

boas prácticas

Actividades realizadas no ano 2010:

- A Fundación Universidade da Coruña participou na 1ª reunión de coordinación, Lisboa, 28/06/2010.

- A Fundación Universidade da Coruña participou na 2ª reunión de coordinación, Cardiff,

18/10/2010.

- A Fundación Universidade da Coruña participou no seminario Internacional organizado no marco

do proxecto ”Towards the knowledge society” celebrado en Lisboa o 29/06/2010.

- A Fundación Universidade da Coruña participou no seminario Internacional organizado no marco

do proxecto ”Advanced Knowledge Networks Beyond the Atlantic Area” celebrado en Cardiff,

19/10/2010

Título do proxecto: “APOIO INTEGRAL A ACTORES CLAVE DO SISTEMA DOMINICANO DE INNOVACIÓN

PARA PROMOVER O DESENVOLVEMENTO DA REPÚBLICA DOMINICANA BASEADO NA ECONOMÍA DO

COÑECEMENTO”

Acrónimo: SINNDOTEC

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña

Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña

Data inicio-fin: 1 xuño 2010 – 31 novembro 2011

O obxectivo xeral do proxecto é promover a innovación e a economía do coñecemento para o

desenvolvemento da República Dominicana, de xeito que acade maiores cotas de prosperidade económica e

benestar social en base as actividades de I+D+i.

Page 38: Memoria actividades 2010

Este novo proxecto senta as súas bases nas entrevistas e reunións mantidas ao longo do ano 2009, as

distintas accións realizadas e a documentación facilitada directamente pola propia SEESCyT. Deste xeito,

téñense identificadas as demandas fundamentais da Administración dominicana e axentes do sistema

nacional de innovación, que son as que se abordan na realización do presente proxecto, a saber:

• Colaboración Universidade-Empresa. A SEESCyT, xunto con outros organismos da administración

dominicana mantén o seu interese en propiciar marcos de traballo conxuntos entre as universidades

e as empresas do país. Nesta liña, consciente da experiencia da FUAC, solicita apoio e asesoramento

en tal materia.

• Revisión de programas e accións do PECYT+I 2008-2018. Preparación e elaboración do Censo de

Investigadores e Censo de Centros de Investigación e Enquisas de I+D e innovación a empresas.

Elaboración de indicadores de carácter científico-técnico.

• Avaliación de proxectos de grupos de investigación dominicanos presentados a FONDOCYT, por

parte de científicos e tecnólogos de universidades, OPIs de Galicia, e participación activa de

investigadores e tecnólogos galegos en tales proxectos. Promoción de proxectos colaborativos

susceptibles de ser presentados a convocatorias de programas internacionais.

• Visitas de estudio de investigadores dominicanos a instalacións científicas de Galicia. A SEESCyT está

gratamente impresionada co nivel das infraestruturas científicas e tecnolóxicas de Galicia, coñecidas

dende as visitas realizadas en INPOLTEC, e desexa enviar os seus investigadores para que realicen

estanzas de estudio.

• Proxectos de cooperación de ámbito transrexional con América Central e o Caribe. A SEESCyT está

interesada en abrirse á cooperación científica e tecnolóxica cos países do seu ámbito.

• Contribuír á mellora da competitividade das Empresas de RD por medio da formación do seu persoal

en ferramentas de xestión e innovación empresarial.

Título do proxecto: ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS PROGRAMME

Acrónimo: M4E

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: INOVAMAIS (PT)

Outros socios: Fundación Universidade da Coruña (ES)

Data inicio-fin: 18 marzo 2009- 18 setembro 2010

O obxectivo xeral do proxecto é axudar aos novos emprendedores a adquirir as cualificacións necesarias

para a xestión dunha pequena ou mediana empresa (PEME) pasando un tempo nunha empresa en outro

Page 39: Memoria actividades 2010

país da UE. Contribúe a mellorar os seus coñecementos e fomenta as transferencias de coñecementos e

experiencias entre empresarios.

Difusión realizada:

A Fundación Universidade da Coruña organizou unha Xornada de presentación do programa

ERASMUS en Galicia. A Coruña 30/04/2009.

Na xornada -"Las Ecoempresas y su proyección de futuro"

Na xornada: -“Preparación de actuaciones y proyectos para financiarse por distintas

administraciones en especial con Fondos Comunitarios”

Promoción do Programa na Website FUAC: www.fundacion.udc.es

http://www.fundacion.udc.es/fuac.asp?sid=25&cid=276

• Promoción do programa Website UDC: www.udc.es. Publicada Nota de prensa 06/10/2009.

• Promoción do Programa noutras websites

o Fundación Galicia Europa:

http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=23&idTema=29&idNotic

ia=1097

o Galicia Pemes - http://www.galiciapms.eu/no_cache/es/noticias/detalle/article/a-comision-

europea-pon-en-marcha-o-novo-programa-erasmus-para-mozos-

emprendedores.html?cHash=eb675df6d3&tx_ttnews%5BbackPid%5D=36

o Emprender Galicia - http://www.emprendergalicia.com/node/116

o CEC - Confederación de Empresarios de A Coruña

http://www.cec.es/WebDefault.aspx?MenuInd=2&MenuId=51&mid=334&Lng =es-

ES&tl=0&ItemId=1362

o Caype - http://boletin.caype.es/index.php?op=noticia&id=408

o Integra Consultoría, S.L. - http://www.integra.org.es

o Red Fue, Red de Fundaciones Universidad-Empresa de España

http://www.redfue.es/noticia.php?id=0000018&PHPSESSID=5a24a55412dc2 eb7afd618

o Nanogal

http://www.nanogal.org/nanogal2/index.php?view=article&catid=41%3Aaxudas&id=117%3

Acampana-divulgativa-programa-erasmus-para-jovenes-emprendedores-io-

fuac&option=com_content&Itemid=50

o FCEER - http://www.fceer.org/index.php?pid=noticias&detalle=505

o GALPÓN - http://www.ogalpon.com/?q=aggregator/categories/1&page=8

o Rede Amiga UDC.

Page 40: Memoria actividades 2010

http://redeamigaudc.wordpress.com/2009/11/18/programa-erasmus-para-xovenes-

emprendedores/

o Facebook

o Twitter

Obxetivos conqueridos

• Emprendedores mobilizados -3

• Emprendedores acollidos en empresas de Galicia - 1

Empresas e emprendedores inscritos:

Título do proxecto: PROGRAMA DISNEY-TC3

Entidades responsables: UDC, Tompkins Cortland Community College- Universidad de Nueva York e

Walt Disney World (WDW)

Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña

Este programa de formación, de 6 meses de duración, e unha iniciativa de Tompkins Cortland Community

College, Universidad de Nueva York, que combina actividades académicas con prácticas de traballo no

parque temático en Walt Disney World (WDW) de Florida.

Este programa é un curso de 15 créditos que inclúe prácticas profesionais pagadas en Walt Disney

World (WDW) en Orlando, Florida.

El programa está rexido e supervisado segundo as necesidades académicas de TC3.

Durante as prácticas, o estudiantado debe completar tanto as obrigas do curso académico como o

calendario de traballo en WDW.

Os/as estudantes vivirán nunha residencia de WDW.

Page 41: Memoria actividades 2010

Alumnos da UDC que participaron no programa:

2. ÁMBITO REXIONAL E ESTATAL

Título do proxecto: “SERVICIOS DE DIAGNOSIS E SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA A MELLORA DA

PRODUCTIVIDADE EN PYMES DOS SECTORES DE FABRICACIÓN DE PRODUCTOS METÁLICOS, MATERIAL E

EQUIPAMENTO ELECTRÓNICO, E BENS DE EQUIPO”

Entidade financiadora: Ministerio de Industria

Socio principal: Fundación Universidade da Coruña

Outros socios:

Data inicio-fin: 1 xaneiro 2010- 31 decembro 2010

O obxectivo xeral do proxecto centrase en dotar dun servizo tecnolóxico a un conxunto de pequenas e

medianas empresas, de carácter sectorial, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con necesidades e

demandas homólogas, mediante o desenvolvemento de plans empresariais de transferencia tecnolóxica en

pemes do sector de fabricación de Produtos Metálicos, Material e Equipamento Electrónico, e Bens de

Equipo.

Elaboración de 12 plans de transferencia de tecnoloxía:

1. Aluminios O Ponto 2. Aluminios Fene

3. Antonio Leira e Hijos 4. Persianas Garcal

Page 42: Memoria actividades 2010

5. Meidelo 6. Forte Maruxía

7. Industrias Bedoya Hermanos 8. Bencal Aluminios

9. Carpintería As Neves 10. Invernaderos Trigo

11. Talleres Maiztegui 12. Carpintería de Aluminio Ral

Título do proxecto: “IDIPEMES: SISTEMAS DE XESTIÓN DA I+D+I NAS PEMES DE GALICIA”

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña

Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña, FUAC (ES)

Data inicio-fin: 1 setembro 2009 – 31 marzo 2011

O proxecto pretende acadar as seguintes metas:

Crear un grupo de traballo conformado por pemes galegas innovadoras e pertencentes a sectores

económicos estratéxicos en Galicia, que se involucren de forma activa nos traballos.

Dotar as organizacións dunha ferramenta de Xestión da I+D+i que lles permita ser máis eficaces e

eficientes no desenvolvemento de novos produtos e na protección e posta en valor dos resultados

dos seus proxectos innovadores.

Fomentar o intercambio de experiencias entre as empresas participantes e promover a difusión de

boas prácticas organizativas, de forma que o proxecto posúa un carácter demostrativo para todo o

entramado empresarial galego.

O resultado principal do proxecto é, para cada unha das pemes participantes, a implantación dun Sistema de

Xestión de I+D+i que dea soporte ás súas actividades de I+D+i e que sirva de ferramenta de xestión e mellora

continua. Este Sistema de Xestión de I+D+i desenvolverase conforme a norma UNE 166002:2006 “Xestión da

I+D+i: Requisitos do Sistema de Xestión de I+D+i”, de forma que se apliquen criterios normalizados e

contrastados. Ademais e unha vez implantado o Sistema de Xestión, levará a cabo o proceso de certificación

por parte dunha Entidade Certificadora acreditada por ENAC para ter tamén o recoñecemento e contraste

por parte dunha entidade externa e independente.

Page 43: Memoria actividades 2010

Empresas en proceso de certificación:

BLUSENS TECHNOLOGY S.L.U. DINAIN Diseño Naval e Industrial S.L.

AZTECA Consulting de Enxeñería S.L. COMENZA

OTTO Ingeniería y medio Ambiente S.L.

Empresas que participaron nos talleres de certificación de I+D+i:

ARIAS HERMANOS CONSTRUCCIONES, S.A. GRUPO AMETS

ARQNOVA ARQUITECTOS, S.L.P. IASESORA

ARQUISOLUX IGALIA, S.L.

AZTECA Consulting de Ingeniería, S.L. LABEL HEADWAY, S.L.

BLUSENS LAUDEMIO INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.L.

CIMARQ, S.L. MASTRAFO, S.L.

COMENZA, S.L. MICEA, S.L.

CONSULTING Y DESARROLLO BIOTECNOLÓGICO, S.L. NOMASYSTEMS, S.L.

DEVALAR Consultoría Europea, S.L. NORVENTO

DINAIN NUTER FEED, S.A.U.

DISEÑOS ELECTRONICOS E INFORMATICOS PRODIMAR, S.L. PERI, S.A.U.

DYGRA FILMS, S.L. PROCESADOS PESQUEROS, S.L.

ELECTROSHIPS GALICIA PROYESTEGAL

ESMEDAGRO, S.L. QUERES TECNOLOGIAS, S.L.

FUNDACIÓN CHUAC STUDIO XXI PRODUCCIONES, S.L.

GALEGA DE ECONOMÍA SOCIAL XORNAL DE GALICIA

Título do proxecto: OBSERVATORIO ESTRATÉXICO EN FERROL E COMARCA

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Entidade responsable: Fundación Ferrol Metropoli

Entidades executoras: Fundación Universidade da Coruña

Data inicio-fin: 1 xullo 2010 – 31 decembro 2010

O obxectivo xeral do proxecto foi contribuír á prosperidade económica e o benestar social de Ferrol e

Comarca, mediante a vixilancia do contorno tecno-económico e a suxestión de accións de mellora baseadas

na Innovación e a I+D.

Page 44: Memoria actividades 2010

EVOLUCIÓN PROXECTOS PROPIOS - INNOVACIÓN

FINANCIACIÓN OBTIDA

Page 45: Memoria actividades 2010

PROPOSTAS PRESENTADAS NO ANO 2010

1. COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Título do proxecto: BASES PARA A CONSTRUCCIÓN DUN SISTEMA DE INNOVACIÓN TRANSREXIONAL NO

SUDOE, FUNDAMENTADO NA CREATIVIDADE PARA A INNOVACIÓN DAS EMPRESAS, CON APOIO DAS

UNIVERSIDADES, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E ENTORNO SOCIAL DAS REXIÓNS PARTICIPANTES

Acrónimo: CREATINN

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: Fundación Universidade da Coruña, FUAC (ES).

Outros socios:

Fundación LABEIN (ES)

EUROCEI. Centro Europeo De Empresas e Innovación, S.A. (ES),

SODERCAN S.A.,Sociedad para el Desarrollo Regional de Cantabria S.A. (ES),

Fundación General de la Universidad de Salamanca (ES),

Fundación Paideia

APESA, Association pour l'Environnement et la Sécurité en Aquitaine (FR)

NERSANT – Associação Empresarial da Região de Santarém

AGATE - Agence de développement économique du Tarn

Data inicio-fin: xaneiro 2011- decembro 2012

O obxectivo xeral do proxecto CREATINN e contribuír a creación de riqueza mediante o lanzamento dun

instrumento de apoio sistemático a competitividade das Empresas en sectores estratéxicos das rexións

SUDOE participantes, sobre a base da creatividade e a innovación. Para elo, precisase a implicación de

Universidades, Organismos de Investigación e Centros Tecnolóxicos, Administracións Públicas e a Sociedade,

de modo que se poida chegar a constituir un sistema de innovación transrexional no SUDOE.

Título do proxecto: REDE DE INFRAESTRUCTURAS DE INVESTIGACIÓN

Acrónimo: REINNET

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: Universidad de Alcalá. Red de Laboratorios e Infraestructuras de Investigación de la

Comunidad de Madrid. (Madrid)

Page 46: Memoria actividades 2010

Outros socios:

Fundación Universidade da Coruña (Galicia)

LABEIN (País Vasco)

CITAndalucía (Andalucía)

CICECO. Universidad de Aveiro (Centro - Portugal)

Universidad de Toulouse (Midi-Pyrenées - Francia)

Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012

Con REINNET buscase dar resposta as necesidades dos investigadores e as empresas. En moitos casos estas

encontran dificultades para acceder ós servizos das institucións de investigación, ben por unha falta de

adecuación dos servizos as necesidades, ben porque debido a especialización de cada laboratorio e difícil

encontrar un único centro que de resposta as diferentes necesidades que se teñen, ben porque debido a

existencia de múltiples organismos, e en ocasións difícil coñecer cal e o adecuado.

Título do proxecto: REFORZO DAS CAPACIDADES DE INNOVACIÓN DE CLÚSTERS DO SUDOESTE EUROPEU

Acrónimo: HERMES

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: SODERCAN (Cantabria)

Outros socios:

Fundación Universidade da Coruña (Galicia)

EUROCEI (Andalucía)

LABEIN (Pais Vasco)

ADER (Portugal)

ADRAVE (Portugal)

CR. AUVERGNE (Francia)

Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012

O Obxectivo último e crear unha rede de carácter transrexional visible e estable de fomento e apoio aos

clúster cunha metodoloxía propia e un plan de traballo común, capaz de promover a innovación e a

cooperación internacional dos clúster industriais no Sudoeste europeo.

Page 47: Memoria actividades 2010

Título do proxecto: ACCIÓNS PARA A INNOVACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INTERVENCIÓN DE PLANS

INTEGRAIS SOSTIBLES PARA A DETECCIÓN DO CAMBIO CLIMATICO NO SECTOR AGROECOTURÍSTICO DO

SUDOE

Acrónimo: EIRIS

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: FUNDACION PAIDEIA (Galicia)

Outros socios:

Junta Extremadura

Ayuntamiento De Santillana Del Mar (Cantabria)

Fundación Universidade Da Coruña

Midi-Pyrénées

Inov-Lisboa

Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012

O Obxectivo último e crear unha rede de carácter transrexional visible e estable de fomento e apoio aos

clúster cunha metodoloxía propia e un plan de traballo común, capaz de promover a innovación e a

cooperación internacional dos clúster industriais no Sudoeste europeo.

Título do proxecto: REDE DE BUSINESS INNOVATION CENTERS NO ESPAZO SUDOE

Acrónimo: BICNET

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: INOVREGIO - ASSOCIAÇÃO DE INOVAÇÃO REGIONAL (Portugal)

Outros socios:

Fundación Universidade Da Coruña (Galicia)

Eurocei (Andalucía)

Sodercan (Cantabria)

Auvergne (Francia)

Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012

O Obxectivo Principal do proxecto é contribuir significativamente o fomento do emprendedurismo,

innovación, dinamismo empresarial e mellora das competencias profesionais, incrementando a creación de

novas empresas, apoiando a mellora e expansión dos seus negocios así como os das empresas existentes,

Page 48: Memoria actividades 2010

apostando fortemente pola súa internacionalización, a fin de promover o desenvolvemento sostible e a

competitividade das Rexións dos socios do proxecto.

Título do proxecto: PROXECTO PARA O FOMENTO DA I+D NO ÁMBITO DA CONSTRUCCIÓN BAIXO

PARAMETROS DE SUSTEBILIDADE

Acrónimo: INSOCONS

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Socio principal: Instituto Tecnolóxico de Galicia

Outros socios:

Universidade de Vigo-OTRI

Fundación Universidade da Coruña

TecMinho. Associação Universidade Empresa para o Desenvolvimiento.

Fundación Laboral da Construcción –Galicia

Centro de Formação Profissional da Indústria de Construção Civil e Obras Públicas do Norte.

CICCOPN

Data inicio-fin: xaneiro 2011 - decembro 2012

Obxectivo Principal do proxecto: apostar pola construción sostible como motor de cambio dentro do sector.

Para elo a innovación, a investigación, o intercambio tecnolóxico e a creación de redes de colaboración

deberán de ser as bases sobre as que se sustente o proxecto. Desta maneira poderase axudar a dinamizar un

sector, hasta agora en crise, recuperar e xerar novos empregos e mellorar la habitabilidade das vivendas.

Título do proxecto: “PRÁCTICAS EUROPEAS EN EMPRESAS PARA TITULADOS DA UNIVERSIDADE DA

CORUÑA-PRÁCTICAS HAC LUCE 2010”

Acrónimo: PRACTICAS HAC LUCE 2010

Entidade financiadora: Comisión Europea. CE.

Entidade solicitante: Universidade da Coruña

Organizacións Asociadas:

• Deputación Provincial de A Coruña

• Fundación Universidade da Coruña

Organizacións Intermediarias:

• Insup Formation (FR)

Page 49: Memoria actividades 2010

• Institute for Support of Education and Entrepreneurship BONUM (PL)

• Inovaformaçäo-Prestaçäo de serviços de formaçäo pofissional, Lda. (PT)

• Sistema Turismo Srl (IT)

• Training Vision Ltd. (UK)

• Nordelbisches Jugendpfarramt, Jugendaufbauwerk Koppelsberg (DE)

• Bulgaria Gateway Ltd. (BL)

Data inicio-fin: 1 xaneiro 2011- 31 maio 2012

O proxecto PRÁCTICAS HAC LUCE 2010, nace da necesidade da Universidade da Coruña de completar a

formación dos titulados universitarios e facilitar a súa inserción laboral mediante prácticas en empresas

europeas

Beneficiaranse 95 recen titulados da UDC que realizarán estancias en Portugal, Francia, Alemania, Italia,

Bulgaria, Reino Unido e Polonia. As estancias terán unha duración de 14 semanas que inclúe 1 semana de

preparación sociocultural e 13 semanas de prácticas en empresas de acollida

A UDC por medio de este proxecto quere responder a demanda existente, por parte dos estudantes de

realizar prácticas en empresas como complemento a súa formación e como elemento que lles facilite unha

primeira experiencia laboral tras a obtención do titulo.

Os principais obxetivos son:

Favorecer a incorporación de recen titulados universitarios ó mundo laboral,

Dar continuidade a formación recibida mediante prácticas en empresas europeas de calidade,

Aumentar os niveis de cualificación e coñecemento sobre o mundo laboral,

Mellorar a capacidade emprendedora e a asunción de autonomía dos participantes,

Abordar as necesidades de persoal cualificado das empresas.

2. ÁMBITO REXIONAL E ESTATAL

Título do proxecto: DEFINICIÓN E CREACIÓN DE FOLLAS DE RUTA TECNOLÓXICAS

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña

Entidade executora: Fundación Universidade da Coruña e Valora Consultaría e Innovación

Data inicio-fin: 1 setembro 2010 – 31 decembro 2010

Page 50: Memoria actividades 2010

Este proxecto ten por obxecto identificar o potencial tecnolóxico e de desenvolvemento que ten a empresa,

priorizando as súas necesidades e formulando propostas que sirvan para aproveitar as súas fortalezas e

corrixir as súas debilidades. Co seu desenvolvemento, as empresas disporán dun marco de referencia, a Folla

de Ruta Tecnolóxica, que lles permita planificar as súas decisións de investimento en innovación e poder

aproveitar todas as oportunidades de desenvolvemento tecnolóxico.

En definitiva, este proxecto persegue os seguintes obxectivos:

Coñecer o potencial tecnolóxico da empresa, en recursos humanos e materiais.

Determinar a actitude da empresa para a innovación tecnolóxica e as súas necesidades de

innovación, facéndolle ver a súa importancia.

Identificar as oportunidades de innovación do mercado.

Adquirir os coñecementos necesarios para a posterior definición de proxectos de investigación ou

innovación

Título do proxecto: COMO RENDIBILIZAR OS RESULTADOS DA I+D+I

Acrónimo: IDIMAIS

Entidade financiadora: Xunta de Galicia

Entidade responsable: Fundación Universidade da Coruña

Data inicio-fin: agosto 2010 – setembro 2011

Os obxectivos son: Crear un grupo de traballo conformado por pemes galegas innovadoras e pertencentes a

sectores económicos estratéxicos en Galicia que se involucren de forma activa nos traballos; Dotar as

organizacións dunha ferramenta de Xestión da I+D+i que lles permita ser máis eficaces e eficientes no

desenvolvemento de novos produtos e na protección e posta en valor dos resultados dos seus proxectos

innovadores; Fomentar o intercambio de experiencias entre as empresas participantes e promover a

difusión de boas prácticas organizativas, de forma que o proxecto posúa un carácter demostrativo para todo

o entramado empresarial galego.

Título do proxecto: “SERVICIOS DE DIAGNOSE E SOLUCIÓNS TECNOLÓXICAS PARA PEMES INDUSTRIAIS

DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL”

Entidade financiadora: Ministerio de Industria

Socio principal: Fundación Universidade da Coruña

Page 51: Memoria actividades 2010

Outros socios:

Data inicio-fin: 1 xaneiro 2011- 31 decembro 2011

O obxectivo xeral do proxecto centrase en dotar dun servizo tecnolóxico a un conxunto de pequenas e

medianas empresas, de carácter sectorial, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, con necesidades e

demandas homólogas, mediante o desenvolvemento de plans empresariais de transferencia tecnolóxica en

pemes industriais.

Convenios marco, de colaboración e convenios específicos

• Acordo transnacional de socios do proxecto KNETWORKS.

• Convenio SINNDOTEC – Fundación Universidade da Coruña e PUCMM da República Dominicana