Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación...

24
Memoria anual do GrEI 1 Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática Curso 2011/2012

Transcript of Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación...

Page 1: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

! Memoria anual do GrEI

1

Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría

Informática

Curso 2011/2012

Page 2: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

ÍNDICE

1. Obxecto da memoria! 3

2. Admisión e matrícula! 3

3. Docencia! 6

- Resultados académicos! 7

- Satisfación do alumnado coa docencia! 13

4. Programas de mobilidade! 15

5. Prácticas en empresa! 16

6. Traballos Fin de Grao! 18

7. Ensinanza-Aprendizaxe! 20

- Docencia en Inglés! 20

- Aula Profesional! 21

8. Premios! 22

9. Conclusións! 22

10.Accións de mellora! 23

! Memoria anual do GrEI

2

Page 3: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

1.Obxecto da memoriaO obxecto deste informe é o de proporcionar datos que sirvan de indicadores do estado da titulación de Grao en Enxeñaría Informática (GrEI) impartida na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O obxectivo final é a mellora da calidade do GrEI, observando as evolucións e propoñendo melloras.

! O GrEI da USC implantouse no curso 2009/2010 mediante un volcado completo. En consecuencia, tanto no curso académico ao que fai referencia este informe como nos dous anteriores hai egresados. Con todo, algúns dos indicadores globais da evolución da titulación non son todavía medibles (é o caso das taxas de graduación e de eficiencia) e outros poderían ser pouco fiables (é o caso das taxas globais de rendemento, éxito ou duración media dos estudos). Haberá que esperar ata o curso seguinte para ter referencias de estudantes cuxa formación proceda completamente do grao. Con todo, as valoracións que se presentan nesta memoria consideramos que son de interese pois dan unha visión clara da evolución e asentamento da titulación.

2. Admisión e matrículaA nota de acceso ao GrEI, no curso 2011/2012, foi de 7,851 (sobre 14). Na Figura 1 amósase a evolución da nota de acceso na Enxeñaría Informática da USC, (ETIS, cursos 2003/04-2008/09 e GrEI, a partir do curso 2009/10). Obsérvase que a posición tanto a nivel galego como na USC caeu en 5 postos. Cabe destacar que o GrEI da USC ocupa tamén a terceira posición en canto a nota de acceso a ensinanzas técnicas do Sistema Universitario Galego e a primeira posición das titulacións no eido das TIC. A día da publicación deste informe, non se dispoñe do dato referente á posición no eido das titulacións de ETIS e GrEI a nivel estatal.

Figura 1. Posición da Enxeñaría Informática da USC dentro de varios rankings de notas de acceso.O modelo actual de cualificación nas probas de acceso, adoptado no curso 2009/10 é significativamente diferente ao utilizado en anos anteriores, o cal sumado á desaparición de cotas diferenciadas de entrada para estudantes procedentes de Bacharelato ou de Títulos Técnicos Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda da Titulación. Para ter unha visión máis clara da evolución recurrimos a unha comparativa baseada nos datos absolutos de demanda. Na Figura 2 amósase unha evolución da demanda de acceso ao GrEI.

USC Galicia ETIS/GrEI-España

0

5

10

15

20

25

2003/04 2004/05 2005/06 2006/07 2007/08 2008/09 2009/10 2010/11 2011/12

1 1 1 1 1 2 1 1

911

13

1816

22

17 18

23

5 5 57 6 7 6 7

12

! Memoria anual do GrEI

3

Page 4: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

0

29

57

86

114

143

171

200

03/04 04/05 05/06 06/07 07/08 08/09 09/10 10/11 11/12

173 173 182

133152

106 115140

118

57 52 61 61 61 65 7160 67

Matrícula 1º opciónFigura 2. Evolución da demanda de acceso á titulación de Enxeñaría Informática como opción preferente

(2003-2008 ETIS, 2009-2011 GrEI)

Na Figura 3 amósase a evolución da porcentaxe de estudantes de novo ingreso no GrEI, que eleixiu esta titulación como primeira opción (datos proporcionados pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade)

0% 25% 50% 75% 100%

97%

83%

67%

09/10

10/11

11/12

Figura 3. Porcentaxe de alumnos matriculados e preinscritos en primeira opción sobre o número de prazas ofertadas.

Segundo as dúas figuras anteriores observase un alto grado de interese pola titulación pois a demanda prácticamente dobra a oferta de prazas. Sen embargo, amósase tamén unha tendencia a baixa no porcentaxe de estudantes de novo ingreso que contemplaban ao GrEI como primeira opción.

O lugar de procedencia dos novos estudantes do GrEI da USC, obtéñese dunha enquisa feita ao alumnado de novo ingreso ao comezo do curso. Tal e como se observa na Figura 4, a totalidade dos estudantes proceden de localidades galegas e na maioría dos casos das provincias de A Coruña e Pontevedra. O 4% dos estudantes proceden da provincia de Ourense. Tendo en conta que a poboación desta provincia e aproximadamente a terceira parte da poboación das provincias de Pontevedra e A Coruña, é un dato coherente. Sen embargo, é salientable a baixa porcentaxe

! Memoria anual do GrEI

4

Page 5: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

de estudiantes procedentes da provincia de Lugo. Ainda que non se dispoñen de datos ao respecto, é probable que a proximidade (ou mellor comunicación) coa cidade da Coruña sexa unha das razóns principais.

Figura 4. Lugar de procedencia dos estudiantes de novo ingreso ao GrEI no curso 2011/2012.

Na figura 5 amósase unha clasificación máis polo miudo, tomando como referencia os grandes núcleos urbanos de Galicia.

Figura 5. Lugar de procedencia dos estudiantes de novo ingreso ao GrEI no curso 2010/11 en base a grandes núcleos urbanos.

Na Figura 6 amósase a evolución de matriculados fronte ao de titulados na Enxeñaría Informática da ETSE. Os datos ata o curso 2008/2009 (incluido) corresponden á titulación de ETIS.

A Coruña Pontevedra Lugo Ourense

41%

50%

4%6%

A Coruña Santiago Vigo Pontevedra Ourense Lugo Outros

5%

26%

12%

12%7%

3%

34%

! Memoria anual do GrEI

5

Page 6: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

57

99

150

191223

246 235

280300

616 11 10

32 33 33

03/04 04/05 05/06 06/07 07/08 08/09 09/10 10/11 11/12

Matriculados TituladosFigura 6. Evolución do número de matriculados e titulados en Enxeñaría Informática (2003-2008 ETIS,

2009-2011 GrEI).

3. DocenciaAs táboas seguintes describen as características do profesorado con docencia na titulación de GrEI no curso 2011/12.

Profesores por DepartamentoProfesores por Departamento

Departamento Nº docentes

Alxebra 6

Dereito Mercantil e do Traballo 2

Electrónica e Computación 39

Estatística e Investigación Operativa 3

Matemática Aplicada 3

Organización de Empresas e Comercialización 2

Psicoloxía Social, Básica e Metodolóxica 3

Total 58

! Memoria anual do GrEI

6

Page 7: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Profesores por categoríaProfesores por categoría

Categoría Nº docentes

Catedrático de Universidade 6

Titular de Universidade 28

Contratado Doutor 7

Axudante Doutor 1

Colaborador 1

Axudante 1

Asociado 3

Interino 4

Investigador Ramón y Cajal 1

Investigador Parga Pondal 1

Bolseiro 5

A relación porcentual entre o número total de PDI funcionario sobre o total do PDI foi do 63%, similar ao curso anterior. Dos docentes con quinquenios o 95% ten ademáis recoñecido algún tramo de actividade investigadora (sexenios), o que en certa medida reflicte o perfil investigador do profesorado do GrEI.

3.1 Resultados académicosEntre os indicadores principais de medida da calidade dunha titulación atópanse as taxas de abandono, de eficiencia e de graduación. Destes indicadores, só e posible medir a taxa de abandono no curso ao que fai referencia esta memoria. Análizanse tamén outros indicadores cuxa estimación é máis inmediata, como son as taxas de rendemento, éxito e avaliación.

Taxa de rendementoA taxa de rendemento enténdese como a relación porcentual entre o número total de créditos superados (excluídos adaptados, convalidados, recoñecidos, etc.) polos alumnos nun estudo e o número total de créditos nos que se matricularon. Na Figura 7, amósase a evolución da taxa de rendemento da titulación de GrEI desde a súa implantación. Os datos foron proporcionados pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

! Memoria anual do GrEI

7

Page 8: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

65% 64%70%

2009/2010 2010/2011 2011/2012Figura 7. Indicador de rendemento no GrEI.

No curso 2011/2012 apréciase unha lixera subida da taxa de rendemento, fronte os cursos anteriores.

Na Figura 8 amósase un comparativa da taxa de rendemento por cursos.

Figura 8. Taxa de rendemento por cursos .

Pódese apreciar que a taxa de rendemento se mantén ou aumenta lixeramente nos diferentes cursos. Este indicador é especialmente salientable no primeiro curso pois os datos proceden de tres promocións netamente de grao. Neste sentido compre ademáis salientar que o rendemento no primeiro curso é claramente inferior a o observado nos outros tres.

Taxa de éxitoA taxa de éxito mide a relación porcentual entre o número total de créditos superados (excluidos adaptados, convalidados, recoñecidos, etc.) polos alumnos nun estudo e número total de créditos presentados a exame. Na Figura 9, amósase as taxas de éxito da titulación de GrEI. Os datos foron proporcionados pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

2009/10 2010/11 2011/12

0%

20%

40%

60%

80%

51%

77% 78% 76%

55%66%

74% 72%

57%

77% 80%74%

1º Curso 2º Curso 3º Curso 4º Curso

! Memoria anual do GrEI

8

Page 9: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

84% 82% 84%

2009/2010 2010/2011 2011/2012Figura 9. Indicador de éxito no GrEI.

Apréciase unha diferenza notable entre as taxas de rendemento e de éxito, que pola súa propia definición está suxeita ao índice de “non presentados”. A entrada en vigor dunha nova normativa de permanencia, que afecta á definición da cualificación de “non presentado” disminuirá notablemente a diferencia entre ambos indicadores.Na Figura 10 amósase unha comparativa da taxa de éxito entre cursos.

Figura 10. Taxa de éxito por cursos.Obsérvase que a taxa de éxito mantense e incluso presenta unha certa tendencia á alza con respecto aos cursos anteriores. De novo cabe salientar a diferencia notable entre o indicador de éxito de primeiro curso e os demáis.

Taxa de avaliaciónA taxa de éxito mide a relación porcentual entre o número total de créditos presentados a avaliación (excluidos adaptados, convalidados, recoñecidos, etc.) nun estudo e o número total de créditos matriculados. Na Figura 11, amósase as taxas de avaliación da titulación de GrEI. Os datos foron proporcionados pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade.

2009/10 2010/11 2011/12

0%

25%

50%

75%

100%

72%86%

96% 99%

74% 80%88%

98%

71%86% 92% 95%

1º Curso 2º Curso 3º Curso 4º Curso

! Memoria anual do GrEI

9

Page 10: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

65% 64%70%

2009/2010 2010/2011 2011/2012Figura 11. Taxa de avaliación do GrEI

En coherencia cos indicadores de rendemento e éxito obsérvase un incremento lixeiro no indicador de avaliación. Na figura 12 ilústrase a evolución da devandita taxa por curso.

Figura 12. Taxa de avaliación por cursos.

Taxa de abandono de estudantes de novo ingresoNo curso ao que fai mención esta memoria é o primeiro no que é posible medir a taxa de abandono de estudantes de novo ingreso (porcentaxe de estudantes de novo ingreso no curso 2009/2010, que non se matricularon nos dous seguintes cursos, en relación co número de estudantes de novo ingreso no curso 2011/2012). Ainda que o indicador principal de taxa de abandono non é posible calculalo ata que finalice o curso 2013/2014, a taxa de abandono de estudantes de novo ingreso é un indicador relevante que ademáis menciónase explícitamente na memoria de verificación do Título cun obxectivo concreto (un valor menor do 10%). Esta taxa para o curso 2009/2010 foi do 17,6%, lonxe do obxectivo marcado. Na Figura 12, amósase este dato e se compara co correspondente aos acadados coa titulación predecesora de ETIS nos cursos 2005/2006 e 2006/2007 (os últimos que non se viron afectados pola implantación do GrEI). Amósase tamén a media das taxas dos restantes graos da USC (nos que foi posible facer a estimación).

2009/10 2010/11 2011/12

0%

30%

60%

90%

72%

89%82% 77%75%

83% 84%74%

80%89% 87%

78%

1º Curso 2º Curso 3º Curso 4º Curso

! Memoria anual do GrEI

10

Page 11: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Figura 13: Taxa de abandono de estudantes de novo ingreso.

Na figura 14 amósase unha comparativa do rendemento nos cursos académicos 2009/10, 2010/11 e 2011/12, extraido directamente das listas de cualificacións de todalas materias do GrEI. Pódese observar que a porcentaxe de alumnos aptos é similar nos dous primeiros anos de vixencia do GrEI cunha lixeira subida no curso 2011/12. Nesta comparativa exclúese o Traballo Fin de Grao e as Practicas en Empresa. Por outra banda, están incluidas os créditos convalidados, o cal pode levar a discrepancias coas taxas oficiais de rendemento e éxito.

Figura 14. Comparativa de cualificacións.

Nas Figuras 15-18 amósanse os resultados de avaliación de todalas materias do GrEI agrupadas por cursos. O eixo horizontal representa o número neto de alumnos.

GrEI 2009/10 Media USC ETIS 2005/06 ETIS 2006/07 Obxectivo

17,6% 19,1% 19,6%14,3%

10,0%

64%13%

22%

2009/2010

64%15%

20%

2010/2011

70%14%

16%

2011/2012

Aptos Non Aptos Non Presentados

! Memoria anual do GrEI

11

Page 12: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Aptos Non Aptos Non Presentados

Sis. DixitaisÁlxebra

Mat. DiscretaFund. Matemáticas

Programación IEstatística

CálculoProgramación II

Fund. ComputadoresFuTFI

0 25 50 75 100 125Figura 15. Comparación de rendemento entre materias de 1º curso do GrEI.

Sist. Operativos IRedes

Alg. e Estr. DatosProg. Or. Obxectos

Bases de Datos IArq. Computadores

Deseño SoftwareBases de Datos II

OXESist. Operativos II

Comp. Gráfica

0 28 55 83 110Figura 16. Comparación de rendemento entre materias de 2º curso do GrEI.

TALFDes. Appl. Web

Adm. Sist RedesIPO

Enx. SoftwareComp. Distribuida

Enx. Comp.Xest. RRHH

Ad.Av.Sis.RedesDAWA

Sist.MultimediaTec.Redes

0 23 45 68 90Figura 17. Comparación de rendemento entre materias de 3º curso do GrEI.

! Memoria anual do GrEI

12

Page 13: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Aptos Non Aptos Non PresentadosCompil. e Int.

Enx. CoñecementoSeguridade

Xest. Prox. Inform.Calidade Soft.

Arq. Or. ServiciosProg. Declarativa

Admin. BDALN-TIC

Prog.Sist.MultiRec.Inf.BD

Inv.OperaciónsXes.Proc.Neg.Comp.Ubicua

0 10 20 30 40 50Figura 18. Comparación de rendemento entre materias de 4º curso do GrEI.

Un dato a ter en conta é que algúns estudantes de novo ingreso abandonan os estudios durante o primeiro cuadrimestre, ainda que seguen matriculados do curso completo e polo tanto engádense aos estudantes que non presentados nas materias do segundo cuadrimestre polo que o número de estudantes coa devandita cualificación e xeralmente superior nestas materias.

En definitiva, desde a perspectiva das cualificacións das materias do GrEI no curso 2011/2012 consideramos que non existen irregularidades que requiran actuacións especiais.

3.2 Satisfación do alumnado coa docenciaPara medir a satisfacion do alumnado coa docencia recibida, a USC empregou un novo modelo de enquisa introducido no curso anterior. Consta dun conxunto de 14 ítems cunha valoración en 5 nivéis. Na táboa seguinte amósase o conxunto de ítems dos que consta o modelo de enquisa xunto coas valoracións globáis no GrEI. No momento da elaboración desta memoria non se dispoñe de datos comparativos con outras titulacións ou coa media global da USC. Por outra banda, ao tratarse dun modelo diferente aos dous cursos anteriores non é posible amosar unha tendencia nas valoracións das enquisas.

Item GrEI

Explica a programación da materia e os criterios de avaliación ao comezo da súa actividade docente

Cumpre co programa e o plan de traballo previsto

O material de apoio (bibliografía, textos, exercicios, manuais de prácticas,...) resúltame útil para a preparación da materia

Os recursos didácticos empregados reforzan a comprensión da materia (soportes multimedia, aula virtual, TICs, encerado, actividades prácticas e complementarias, guía docente, mapas conceptuais, esquemas, cadros, fotocopias, materiais de laboratorio,...)

Motiva a participación crítica e activa dos/as estudantes no desenvolvemento da clase

Favorece que desenvolva a miña capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións nesta materia

3,99

4,06

3,58

3,55

3,44

3,34

! Memoria anual do GrEI

13

Page 14: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Item GrEI

Propón actividades para favorecer a miña aprendizaxe autónoma (a procura de información complementaria, a realización de traballos,...)

Organiza ben as clases e explica con claridade facilitando a comprensión da materia

Resolve as dúbidas que se lle formulan (clase, titorías, aula virtual, correo electrónico,...)

Consegue facerme ver a relevancia desta materia e o seu interese para a miña formación

Considero que hai coordinación entre os/as distintos/as profesores/as da materia (responde soamente se tes máis de un/unha profesor/a nesta materia)

Ten unha actitude receptiva que facilita a comunicación cos/coas estudantes

A axuda recibida nas titorías foime de utilidade (responde unicamente se as empregaches)

Globalmente estou satisfeito/a co/coa profesor/a da materia

3,61

3,56

3,89

3,43

3,66

3,84

3,66

3,73

Segundo pódese observar na táboa anterior o ítem mellor valorado é aquel que fai referencia o grao de cumplimento do programa docente. Por outra banda, o ítem con peor valoración é aquel relacionado co desenvolvemento de competencias transversais. Nas Figuras 19 a 22 amósanse as valoracións das enquisas por materias.

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Mat.5

Media

0 1 2 3 4 5

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Mat.5

Media

0 1 2 3 4 5Figura 19. Valoracións das enquisas nas materias de primeiro curso no 1º e no 2º cuadrimestre.

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Mat.5

Media

0 1 2 3 4 5

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Mat.5

Mat.6

Media

0 1 2 3 4 5Figura 20. Valoracións das enquisas nas materias de segundo curso no 1º e no 2º cuadrimestre.

! Memoria anual do GrEI

14

Page 15: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Media

0 1 2 3 4 5

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Mat.5

Mat.6

Mat.7

Mat.8

Media

0 1 2 3 4 5Figura 21. Valoracións das enquisas nas materias de terceiro curso no 1º e no 2º cuadrimestre.

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Mat.5

Mat.6

Mat.6

Mat.7

Media

0 1 2 3 4 5

Mat.1

Mat.2

Mat.3

Mat.4

Mat.5

Mat.6

Media

0 1 2 3 4 5 6 7Figura 22. Valoracións das enquisas nas materias de cuarto curso no 1º e no 2º cuadrimestre.

Nas gráficas anteriores non se observan grandes desequilibrios entre materias salvo nalgunha optativa de cuarto curso. Sen embargo, neste tipo de materias o número de estudantes é moi baixo o que afecta á fiabilidade da enquisas.

4. Programas de mobilidadeNo curso 2011/2012 houbo dous estudantes do GrEI participando no programa ERASMUS e tres estudantes no programa SICUE. En canto á acollida na ETSE, tivemos no GrEI dous estudantes de acordos de intercambio bilateráis e dous do programa ERASMUS MUNDUS. Na figura 23 amósase a evolución da entrada e saída de estudantes a través dos distintos programas.

! Memoria anual do GrEI

15

Page 16: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Figura 23. Evolución da entrada e saída de estudantes a través de distintos programas.

Como se pode observar, a participación nos distintos programas de mobilidade está a ser moi baixa, o cal choca co feito de que o 84% dos estudantes de novo ingreso amosan interese polos programas de mobilidade. Ainda que este dato procede dos estudantes novos dos curso 2011/12, é razoable extrapolar este dato a outras promocións.

5. Prácticas en empresaDurante o curso 2011/2012 o programa de prácticas en empresa ofertou prazas en dúas convocatorias. Os resultados expóñense a continuación:

Convocatoria de 2ºCuadrimestre• Prazas ofertadas: 11• Porcentaxe de prazas cubertas: 80%

Convocatoria de verán• Prazas ofertadas: 28• Porcentaxe de prazas cubertas: 78%

Na Figura 24, amósase a evolución da oferta e cobertura de prazas de prácticas en empresa do GrEI. Como se pode observar a cobertura é cada vez maior o cal reflicte o elevado grado de interese dos estudantes por esta materia. De feito, o 100% dos estudantes de novo ingreso no curso 2011/2012 están interesados na realización de prácticas en empresa.

2009/10 2010/11 2011/12

0

1

2

3

4

5

Ent. SICUE Saída SICUE Ent. ERASMUS Saída ERASMUS Ent. Bilat. Saída Bilat.

! Memoria anual do GrEI

16

Page 17: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Figura 24. Evolución da oferta e nivel de ocupación de prazas para prácticas en empresa.

O conxunto detallado de ofertas de prácticas en empresa amósase na seguinte táboa.

Empresa Prácticas ofertadasPrácticas ofertadas

2º Cuadrimestre Verán

Altia Consultores 1 3

Plexus 1 2

Coremain 2

CESGA 1 3

Oesía Networks 1

Balidea 1

Indra 4

Bahía Software 4 4

CRTVG 1

Ozona 2

Signo ING 2

Arantia 1

Quobis 1

Xercode 2

Tarlogic 2

CITIUS 1

Oferta Ocupación

0

10

20

30

40

50 47

32

39

10

18

28

2009/2010 2010/2011 2011/2012

! Memoria anual do GrEI

17

Page 18: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Asignacións de prácticas en empresa no Curso 2010/2011 (GrEI)Asignacións de prácticas en empresa no Curso 2010/2011 (GrEI)Asignacións de prácticas en empresa no Curso 2010/2011 (GrEI)

Empresa Periodo Titor académico

Signo Marzo-Xuño María José Carreira NoucheSigno Marzo-Xuño María José Carreira NoucheBalidea Marzo-Xuño Arlberto Bugarín DizBahía Marzo-Xuño Pablo García TahocesBahía Marzo-Xuño Eduardo Sánchez VilaAltia Marzo-Xuño Jose Taboada FernándezIndra Xullo-Setembro María José Carreira NoucheIndra Xullo-Setembro María José Carreira NoucheBahía Xullo-Setembro Pablo García TahocesCESGA Xullo-Setembro Francisco Fernández RiveraBahía Xullo-Setembro Antonio Mosquera GonzálezBahía Xullo-Setembro Antonio Mosquera GonzálezAltia Xullo-Setembro Alberto Bugarín DizAltia Xullo-Setembro Alberto Bugarín DizArantia Xullo-Setembro David López VilariñoPlexus Xullo-Setembro Jose Taboada FernándezOzona Xullo-Setembro Manel Cotos YáñezOzona Xullo-Setembro Manel Cotos YáñezQuobis Xullo-Setembro Manuel Lama PenínTarlogic Xullo-Setembro Purificación Cariñena AmigoCITIUS Xullo-Setembro Tomas Fernández PenaBalidea Xullo-Setembro Eduardo Sánchez Vila

Balidea Xullo-Setembro Eduardo Sánchez Vila

6.Traballos Fin de GraoDurante o curso 2011/2012 matriculáronse 56 estudantes no Traballo Fin de Grao, dos cales presentáronse finalmente 33 traballos, todos eles cualificados como aptos.

Convocatoria Título Director/esÁrea de

Coñecemento do Titor(*)

Febreiro Cálculo de índices de poder en organismos de decisión baseados en teoría de xogos Balbina V. Casas Mendez EIO

Febreiro Desenvolvemento dunha aplicación cliente/servidor baseada en arquitectura x31

Marcos Lomba QuintelaAlberto J. Bugarín Diz CCIA

Febreiro Sistema de procura web guiado por diversidade

David E. Losada CarrilRonald Teijeiro Fernández CCIA

! Memoria anual do GrEI

18

Page 19: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Febreiro Plataforma móbil para a localización do transporte público en tempo real Eduardo Sánchez Vila CCIA

Febreiro Clasificador de latidos cardíacos Paulo Félix LamasJesús M. Rodríguez Presedo CCIA

FebreiroFuncionalidades de aplicación cliente-servidor para xestión de sección de operacións

José Taboada González LSI

XulloRecoñecemento de persoas dende diferentes puntos de vista nun entorno con múltiples cámaras

Xosé M. Pardo LópezRoberto Iglesias Rodríguez LSI/CCIA

Xullo Xestión de clusters virtuais sobre a plataforma CloudStack

Antonio J. García LoureiroRaúl Valín FerreiroFernando Gómez Folgar

E

Xullo

BEATLab 2.0: Unha revisión cara unha arquitectura eficiente e baseada en plugins para a análise e interpretación de sinais fisiolóxicos

Paulo Félix LamasTomás Teijeiro Campo CCIA

Xullo Recoñecemento de accións mediante un sistema de visión por ordenador

Xosé M. Pardo LópezRoberto Iglesias Rodríguez LSI/CCIA

Xullo Diagnóstico de ollo vermello. Xestión de información clínica

Antonio Mosquera GonzálezCarlos García Resúa LSI

Xullo Construción dun repositorio de métricas Alfonso Lorenzo RodríguezMiguel A. Garrido Garrido LSI

Xullo Rexistro e análise para a optimización enerxética

José Taboada GonzálezDavid Martínez Casas LSI

Xullo Software de visualización da estrutura dun avión

Antonio Mosquera GonzálezGaby Linnow LSI

XulloSistema de visualización 3D estereoscópico con tracking de cabeza e man

Julián Flores GonzálezAntonio Otero Franco LSI

XulloQTEMP: Libraría para a descrición lingüística enriquecida de series temporais de datos

Alberto J. Bugarín DizAlejandro Ramos Soto CCIA

XulloAplicación Android para o cálculo da contribución á Pegada Ecolóxica dos hábitos de transporte e consumo de papel

Dora Blanco HerasFrancisco Argüello Pedreira ATC

XulloDesenvolvemento dun Wrapper para o acceso a datos de radiosondaxe nun Servidor de Observacións Meteorolóxicas

Jose Varela PetManuel A. Regueiro Seoane LSI

Xullo Laboratorio de procesado de imaxes v1.0 Antonio Mosquera González LSI

XulloAplicación web para o deseño e simulación de unidades de aprendizaxe especificadas en IMS LD

Manuel Lama PenínJuan Carlos Vidal Aguiar CCIA

! Memoria anual do GrEI

19

Page 20: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Xullo Implementación eficiente dun sistema para o recoñecemento de obxectos en imaxes

Manuel Mucientes MolinaVíctor M. Brea Sánchez CCIA/E

Xullo Aplicación Distribuída de Xestión Empresarial con Arquitectura v10 Jesús M. Rodríguez Presedo CCIA

Xullo Modificación do módulo de reserva de aulas da USC

Pedro J. Rey SánchezMaría José Carreira Nouche CCIA

Xullo Un algoritmo xenético para a minería de fluxos de traballo en educación

Manuel Lama PenínManuel Mucientes Molina CCIA

Xullo Servio de traducións Tomás Fernández PenaFran Diéguez

ATC

Setembro Aplicación multicapa sobre arquitectura cliente-servidor. Asignacións individuais Jose Varela Pet LSI

Setembro Chan interactivo usando Kinect Julián Flores González LSI

SetembroImplementación de algoritmos para a optimización de rotas de camións nunha cooperativa de pensos

Balbina V. Casas Mendez EIO

SetembroSistema de execución de guías médicas a través de fluxos de traballo baseados en ontoloxías

Manuel Lama PenínJuan Carlos Vidal Aguiar CCIA

SetembroOptimización e ampliación de funcionalidades dunha ferramenta Open Source de interoperabilidade sanitaria

José M. Varela PernasJosé M. Cotos Yáñez LSI

SetembroSAHS Visual Tool V.2: Unha ferramenta visual avanzada para minería de datos temporais

Purificación Cariñena AmigoMiguel Rodríguez Álvarez CCIA

Setembro Desenvolvemento dun sistema de axuda baseado en imaxe para endodoncia

Pablo García TahocesJosé A. Taboada González CCIA

Setembro Localización robusta de robots en entornos interiores mediante Wifi e escáner láser

Xosé M. Pardo LópezRoberto Iglesias Rodríguez LSI/CCIA

(*)ATC: Arquitectura e Tecnoloxía de ComputadoresCCIA: Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial

(*)ATC: Arquitectura e Tecnoloxía de ComputadoresCCIA: Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial

E: ElectrónicaEIO: Estatísitica e Investigación de OperaciónsLSI: Linguaxes e Sistemas Informáticos

E: ElectrónicaEIO: Estatísitica e Investigación de OperaciónsLSI: Linguaxes e Sistemas Informáticos

7. Ensinanza-Aprendizaxe7.1 Docencia en InglésO coñecemento e manexo da lingua inglesa é un requerimento previo á obtención do título de graduados. Por outra banda, sendo as TIC un dos pilares da globalización podería considerarse unha competencia moi valiosa no desempeño da futura profesión. O 82% dos estudantes de novo ingreso consideran que o seu nivel de Inglés e medio ou alto. Por outra banda, o 53% dos novos estudantes amosaron interese por cursar materias en inglés. Esta

! Memoria anual do GrEI

20

Page 21: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

é unha das principais motivacións que impulsan a oferta de docencia en Inglés. Con todo, o 67% dos egresados (segundo unha enquisa interna da ETSE) consideran que o coñecemento de idiomas non axudou ou axudou pouco na procura de emprego. A táboa seguinte recolle a oferta de docencia en Inglés no curso 2011/2012.

2010/2011 1º Cuadrimestre 2º Cuadrimestre

1º Curso

2º Curso

3º Curso

4º Curso

Fundamentos de Matemáticas

Estatística

Cálculo

FuTFI (Completa)

Bases de Datos II

Deseño de Software

Seguridade

No curso 2011/12, Apréciase un descenso no conxunto de materias ofertadas e impartidas en inglés. Esta tendencia e debida por unha banda ao baixo interese o dispoñibilidade dos docentes a ofrecer grupos adicionais en Inglés (en moitos casos asociado a alta carga docente das diferentes áreas de coñecemento). Por outra banda, a axustada distribución de grupos de docencia interactiva fai que só sexa posible impartir os grupos de inglés ofertados onde a demanda sexa alta, pois no caso contrario prodúcese un desaxuste inasumibe dos grupos con docencia en Castelán/Galego.

7.2 Aula ProfesionalDentro do marco de interese para a formación dos estudantes do GrEI organizáronse un conxunto de actividades e cursos englobados no que na ETSE denomínase Aula Profesional. Estas actividades e cursos prográmanse habitualmente os xoves de 12 en diante, nun horario non coincidente coa actividade docente regular, para favorecer a asistencia e participación dos estudantes. A continuación detállanse as actividades organizadas dentro do marco da Aula Profesional durante o curso 2011/12.

Actividades da Aula ProfesionalActividades da Aula ProfesionalActividades da Aula Profesional

Nome Datas Tipo

Seminario de creación de empresas Abril 2012 Curso

“Eu fun quen. Cómo emprender na Enxeñaría Informática” Maio 2012 Conferencia

Seminario sobre patentes Marzo 2012 Curso

Taller de control de estrés Marzo 2012 Curso

! Memoria anual do GrEI

21

Page 22: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Actividades da Aula ProfesionalActividades da Aula ProfesionalActividades da Aula Profesional

Nome Datas Tipo

Formación en competencias informacionáis Febreiro 2012 Curso

Taller de preparación de procesos de selección Marzo 2012 Curso

FEIʼ2012 IV Foro de Empresas de Enxeñaría Informática Marzo 2012 Conferencia

HTML5 Marzo 2012 Conferencia

Business Intelligence. Conceptos básicos e obradoiro de aplicación práctica

Maio 2012 Curso

Obradoiro de Presentacións Orais Febreiro 2012 Curso

8. Premios A ETSE recoñece todos os anos a labor dos seus estudantes e profesores mediante a entrega de diplomas aos alumnos con mellores expedientes e con mellores proxectos fin de carreira e a entrega dos “Premios Leonardo á Docencia” aos profesores máis valorados segundo as enquisas de avaliación docente.

Premios Leonardo á docencia✦ María Cándida Rodríguez Planes✦ Anselmo Tomás Fernández Pena✦ David Enrique Losada Carril✦ Alejandro Manuel Nieto Lareo (premio iniciación á docencia)

Premios aos mellores expedientes✦ Fernando Guillén Camba✦ Vanesa Graiño Pazos✦ Yago González Rozas

Premios aos mellores traballos de fin de grao✦ José Ángel Piñeiro Souto✦ Pablo Viqueira Becerra✦ Juan David Otero Vázquez

9. ConclusiónsCon esta memoria preténdese achegar información relevante que permita avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos marcados na memoria do plan de estudos do Grao en Enxeñaría Informática da USC. As principais conclusións son as seguintes:

A demanda da titulación está moi por enriba da oferta de prazas. Con todo, convén seguir promocionando a titulación entre os centros de Ensinanza Secundaria. Tamén sería interesante incrementar a difusión na provincia de Lugo, onde a captación de alumnos está moi por baixo das outras dúas provincias galegas.

! Memoria anual do GrEI

22

Page 23: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Os resultados da analise do rendemento académico global a través de diferentes indicadores así como do análise detallado por materia e curso dos resultados de avaliación, pódense considerar satisfactorios. Cabería destacar que a taxa de abandono de estudantes de novo ingreso ainda que coherente co reflectido na titulación de ETIS e coa media da USC, está todavía lonxe do obxectivo marcado na memoria do plan de estudios do GrEI. Por outra banda, os indicadores de rendemento e de éxito amosan un diferencia notable no primeiro curso en comparación cos cursos posteriores. Compre facer unha reflexión para tratar de atopar os motivos desta discrepancia.

O nivel de cobertura actual das prácticas en empresa, xunto co grado de interese amosado polos estudiantes nesta materia, fai necesario un maior esforzo para o aumento da demanda de prazas pois córrese o risco de non poder corresponder á demanda no curto prazo.

O coñecemento e manexo da lingua inglesa pódese considerar de interese para os nosos estudantes, non só por ser un requerimento previo á obtención do título de graduado senón tamén por tratarse dunha competencia moi valiosa no desempeño da futura profesión. Sendo conscientes da situación actual onde os recursos docentes son escasos, tratarase de manter a oferta actual.

A actividade dos programas de intercambio de estudantes no ámbito da Enxeñaría Informática é relativamente baixa, en contraste co interés inicial por parte dos estudantes. É importante tratar de incrementar a oferta e difundir información sobre os devanditos programas entre os nosos estudantes.

10. Accións de melloraCabe suliñar que trátase do terceiro ano desde a implantación do GrEi polo que ainda estamos inmersos na transición entre planos de estudio. Os estudantes de 4º curso presentan perfiles formativos moi diversos e en ningún caso netamente adquirido no GrEI. Requiriranse ainda varios cursos para poder extraer indicadores fiables da súa calidade e funcionamento. En calquera caso, os resultados presentados nesta memoria deben valer para marcar o camiño cara un alto rendemento en canto a calidade de formación dos nosos estudantes. Con este propósito en mente e tras a análise dos resultados deste curso, detectáronse elementos de mellora que se traducen en obxectivos para o seguinte curso académico. Na seguinte táboa recóllense un conxunto de accións destinadas a mellorar diferentes aspectos da Titulación e que se porá en marcha a partir do curso 2012/2013.

Debilidades detectadas Accións Responsable

É necesaria unha mellor planificación principalmente no plano horizontal, aínda que tamén no vertical para optimizar o grado d e a s i m i l a c i ó n d a s c o m p e t e n c i a s transversais, así como para permitir a avaliación do grao de consecución das mesmas.

Mod íficac ión na es t ru tu ra de coordinación: coordinación conxunta de primeiro e segundo curso (etapa de formación básica e xeral), e de terceiro e cuarto curso (formación especializada).

Coordinadores de curso

É necesaria unha mellor planificación principalmente no plano horizontal, aínda que tamén no vertical para optimizar o grado d e a s i m i l a c i ó n d a s c o m p e t e n c i a s transversais, así como para permitir a avaliación do grao de consecución das mesmas.

Fomento da part ic ipación dos profesores do GrEI en cursos de formación docente en competencias transversais

Coordinador da Titulación

! Memoria anual do GrEI

23

Page 24: Memoria anual do título de Grao en Enxeñaría Informática · Superiores de Formación Profesional (FP), dificulta o emprego deste parámetro como referencia da evolución da demanda

Debilidades detectadas Accións Responsable

O programa de titorías personalizadas non é moi demandado por parte dos estudantes. Con todo, este servicio pode ser de utilidade, sobre todo para os estudantes de novo ingreso. Sin embargo, é necesario adaptar os recursos empregados á demanda actual.

Modificación da estrutura do programa de titorías personalizas: Nomeamento de cinco profesores titores permanentes para toda a titulación (e non por cursos como anteriormente). Levarase a cabo unha primeira reunión dos titores cos estudantes de novo ingreso cunha planificación similar ao inicio de cada curso académico. Sen embargo, tras a devandita reunión, os contactos entre estudante e titor será a petición do estudante.

Coordinador da Titulación

A oferta de materias ou grupos de sesións interactivas en Inglés está a disminuir.

Aumento da oferta de materias ou grupos de sesións interactivas en Inglés.

Coordinador da Titulación

Co obxectivo de mellorar na formación dos nosos estudantes en base a demanda laboral é necesario identificar os déficits formativos máis relevantes mediante consulta aos egresados e as empresas colaboradoras dos programas de prácticas externas. A análise dos déficits identificados proporcionará información moi valiosa para os docentes da Titulación e pode levar a adaptacións a nivel de materias ou mesmo modificacións no Plano de Estudios do Título

Elaboración dunha enquisa destinada ás empresas dentro do convenio de prácticas en empresa así como aquelas potencialmente empregadoras dos nosos egresados.

Coordinador de prácticas en empresa

Prácticamente a totalidade dos estudantes de novo ingreso amosan interese por actividades de formación complementaria. Este aspecto da formación dos nosos estudantes cúbrese mediante a Aula Profesional.

Captación de profesionales que podan amosar a súa experiencia a través de conferencias e cursos. Obxectivo concreto: Aumentar o número de actividades no marco da Aula Profesional (parámetro de referencia: 10 actividades organizadas no curso 2011/2012).

Coordinador da Titulación

Os indicadores de rendemento e de éxito amosan un diferencia notable no primeiro cu rso en comparac ión cos cu rsos posteriores. Por outra banda a taxa de abandono dos estudantes de novo ingreso é moi superior a obxectivo marcado na memoria Plan de Estudios.

Aumentar a taxa de rendemento do primeiro curso cara niveis presentados nos cursos superiores. Parámetro de referencia: taxa de rendemento no curso 2011/12 (57%). Obxectivo: 75% Coordinador de

primeiro curso

Os indicadores de rendemento e de éxito amosan un diferencia notable no primeiro cu rso en comparac ión cos cu rsos posteriores. Por outra banda a taxa de abandono dos estudantes de novo ingreso é moi superior a obxectivo marcado na memoria Plan de Estudios.

Disminuir a taxa de abandono de estudantes de novo ingreso. Parámetro de referencia: taxa de abandono no curso 2009/2010 (17,6%). Obxectivo: 10%

Coordinador de primeiro curso

! Memoria anual do GrEI

24