MEMORIA CURSO 2015 - 2016 2021. 1. 17. · - Proxecto de mellora da aprendizaxe por agrupacións de...
Transcript of MEMORIA CURSO 2015 - 2016 2021. 1. 17. · - Proxecto de mellora da aprendizaxe por agrupacións de...
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
1
MEMORIA
CURSO 2015 - 2016
CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO
CURSO 2015 - 2016
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
2
1. INTRODUCIÓN. _________________________________________________________ 3
2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA. ___________________________________ 4
3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO _______________ 6
4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. ______________________________ 9
5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO ___________ 13
6. MEMORIAS. __________________________________________________________ 14
6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL. ____________________________________ 15
6.2.- MEMORIA DO 1º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA _________________________ 25
6.3.- MEMORIA DO 2º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________ 33
6.4.- MEMORIA DO 3º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________ 40
6.5.- MEMORIA DO 4º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________ 47
6.6.- MEMORIA DO 5º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________ 52
6.7.- MEMORIA DO 6º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA. ________________________ 59
6.8.- MEMORIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES. _________ 67
6.9.- MEMORIA DA BIBLIOTECA “CHAVETA” __________________________________ 74
6.10.- MEMORIA DO PROXECTO DE USO E FOMENTO DO GALEGO. ________________ 80
6.11.- MEMORIA DE TICS. _________________________________________________ 93
6.12.- MEMORIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS.___________________________ 101
6.13.- MEMORIA DE RELIXIÓN _____________________________________________ 110
6.14.- MEMORIA DAS AULAS DE PT E AL _____________________________________ 114
6.15.- MEMORIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN __________________________ 124
6.16.- MEMORIA DE EDUCACIÓN MUSICAL __________________________________ 130
6.17.- MEMORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE. _________________ 135
6.18.- MEMORIA DO PROXECTO DE FORMACIÓN _____________________________ 142
6.19.- MEMORIA “XOGADE” ______________________________________________ 150
6.20.- MEMORIA “ALIMÉNTATE BEN ” ______________________________________ 155
6.21.- MEMORIA DO CONTRATO-PROGRAMA (MODALIDADE PROA) _____________ 158
6.22.- MEMORIA DA SECCIÓN BILINGÜE _____________________________________ 163
6.23.- MEMORIA DO PROGRAMA “SAMSUNG SMART SCHOOL” _________________ 165
6.24.- MEMORIA DO PROXECTO PROMECE 2015 ______________________________ 175
7.- INFORME DO CLAUSTRO E DO CONSELLO ESCOLAR REFERIDO Á MEMORIA. _____ 176
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
3
1. INTRODUCIÓN. O CEIP de Viñagrande Deiro funcionou este curso con 16 profesores
distribuidos do seguinte xeito:
3 en Educación Infantil.
5 en Educación Primaria
1 Especialista de Pedagoxía Terapéutica.
1 Especialista en Educación Musical.
1 Especialista en Audición e Linguaxe (compartida co CEIP San Roque)
1 Especialista en Lingua Francesa
1 Especialista en Educación Física.
1 Especialista en Lingua Inglesa
1 Orientadora (compartida co CEIP San Roque de Corón).
1 mestra de Relixión Católica (compartida co CEIP Sestelo Baión).
As aulas en funcionamento foron:
3 aulas de Educación Infantil
6 aulas de Primaria
1 aula de Pedagoxía Terapéutica.
1 aula de Educación Musical
1 aula de Inglés compartida coa Sección Bilingüe.
1 aula de informática.
1 aula de Audición e Linguaxe
O total de alumnos neste curso (a día de hoxe) é de 110 distribuídos en:
32 en Educación Infantil
77 en Educación Primaria
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
4
2. CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA.
2.1. ÓRGANOS DE GOBERNO: UNIPERSOAIS E COLEXIADOS
2.1.1. Órganos unipersonais
DIRECTOR................................. JAVIER GARCIA GARCIA
XEFA DE ESTUDOS.................. MARÍA CASTRO NINE
SECRETARIA............................. ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA
HORARIO DE ADICACIÓN AO CARGO:
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS
DIRECCIÓN 2 1 1 1 2 7
XEFATURA 1 1 1 1 1 5
SECRETARÍA 1 1 1 1 1 5
2.1.2. Órganos colexiados:
Neste curso o Consello Escolar está formado do seguinte xeito:
CONSELLO ESCOLAR
Equipo directivo:
JAVIER GARCÍA GARCÍA, como Presidente.
MARÍA CASTRO NINE, como Xefa de Estudos.
ROCÍO BERNÁRDEZ CIBEIRA, como Secretaria (con voz pero sen voto).
Representantes dos profesores:
MANUEL BAÚLDE LÓPEZ
ELVA MARÍA VIDAL NOVOA
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
5
MARÍA JOSÉ MOLLINEDO GARCÍA
JOSÉ MARÍA MARTÍNEZ ARMAS
ISABEL BLANCO SILVA
Representantes dos pais:
SUSANA VARELA SANTOS, representante da ANPA.
SILVIA GONÇALVES SANTÓRUM
JOSE MANUEL OTERO VIDAL
YÉSSICA BÉLVIS REVERÓN
LUCÍA REY VILA
Representante do Concello:
MANUEL SINEIRO CORES
Representantes PAS:
BENITO VIÑAS MORGADE
CLAUSTRO DE PROFESORES:
Estivo constituído este curso por 15 profesores:
Educación Infantil 3
Pedagoxía Terapéutica 1
Educación Física 1
Educación Musical 1
Filoloxía Inglesa 1
Filoloxía Francesa 1
Educación Primaria 5
Orientación 1 (itinerante)
Relixión Católica 1 (itinerante)
2.2. COMISIÓN ECONÓMICA
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
6
Os representantes do Consello Escolar que forman parte da Comisión
Económica son os seguintes:
Javier García García, como director.
Yessica Belvis Reverón, como nai.
María José Mollinedo García, como mestre.
Rocío Bernárdez Cibeira, como secretaria.
3. PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRG. COLEXIADOS E DO EQ. DIRECTIVO
O Claustro de profesores mantivo ao longo do curso 7 reunións nas
que se trataron, entre outros, os seguintes temas:
2 de setembro de 2015.
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Adscrición do profesorado (titorías e equipos docentes)
3.- Elección de coordinadores
4.- Hora de ler
5.- Organización do horario non lectivo do profesorado
6.- Participantes no plan de formación permanente do profesorado
7.- Rolda de intervencións
7 de setembro de 2015.
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2.- Entrega de horarios e quendas
3.- Organización dos apoios
4.- Horario non lectivo
5.- Organización do primeiro día de clase
6.- Solicitude de días non lectivos
7.- Rolda de intervencións
17 de novembro de 2015.
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
7
2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual
3.- Rolda de Intervencións
10 de decembro de 2015 – Carácter Extraordinario.
1.- Solicitude de participación nos Contratos-Programa
26 de xaneiro de 2016.
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores
2.- Información sobre a conta de xestión do orzamento do centro
3.- Proposta de orzamento para o ano 2016
4.- Rolda de intervencións
19 de abril de 2016.
1.- Elección de dous representantes do Claustro para formar parte da
Comisión de Selección para elexir e nomear a dirección do centro.
29 de xuño de 2016.
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2015 - 2016.
3.- Presentación e aprobación do PLAMBE.
4.- Rolda de intervencións.
O Consello Escolar mantivo ao longo do curso 7 reunións nas que se
trataron, entre outros, os seguintes temas:
14 de setembro de 2015:
1.- Solicitude de participación nas actividades de inmersión lingüística en
lingua inglesa
17 de novembro de 2015:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
8
2.- Presentación e aprobación da Programación Xeral Anual
3.- Información días non lectivos
4.- Rolda de Intervencións
10 de decembro de 2015 – Carácter extraordinario:
1.- Solicitude de participación nos Contratos-Programa
26 de xaneiro de 2016:
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores
2.- Información sobre a conta de xestión do orzamento do centro.
3.- Proposta de orzamento para o ano 2016
4.- Rolda de intervencións
19 de abril de 2016 – Carácter extraordinario:
1.- Elección de un/unha representante do Consello Escolar para formar
parte da Comisión de Selección para elexir e nomear a dirección do
centro .
29 de xuño de 2016.
1.- Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
2.- Lectura e aprobación da memoria do curso 2015 - 2016.
3.- Presentación e aprobación do PLAMBE.
4.- Rolda de intervencións.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
9
4. XESTIÓNS ADMINISTRATIVAS E DE DIRECCIÓN. * Reorganización dos espazos do centro e mellora da estética interior.
O claustro de profesores do CEIP de Viñagrande Deiro expresou ao longo
do curso a necesidade de modificacións estéticas e estruturais dos espazos
educativos e de xestión.
No referido á estética, consideramos prioritario iniciar o proceso de
embelecemento interno do cento. Para iso, estamos inciando, coa axuda dunha
estudante de interiorismo de Vilanova de Arousa un proxecto de
acondicionamento interior do noso centro que se poñerá en marcha este mesmo
verán.
Tamén iniciamos a modificación estrutural dos espazos educativos. Xa
contamos cos permisos necesarios para comunicar distintos espazos que agora
son independientes e tamén cambios importantes na división da biblioteca escolar.
* Dinamizar o centro.
Dendo o pasado curso, o CEIP de Viñagrande Deiro aposta pola
participación en dinámicas de traballo e proxectos que nos permitan acadar
melloras para o profesorado, o centro, o alumnado e a comunidade educativa no
seu conxuto. Así, este ano (co traballo do profesorado) conseguimos que o centro
participara en proxectos como:
- Plan de Formación Permanente do Profesorado sobre a aprendizaxe
cooperativa con sesións formativas centradas nas novas propostas
pedagóxicas e didácticas, na psicomotricidade como ferramenta de
prevención, na incorporación efectiva das TICS...etc.
- Contrato-Programa: modalidade Reforzo, Orientación e Apoio.
- Proxecto de mellora da aprendizaxe por agrupacións de colaboración entre
centros PROMECE 2015.
- Elaboración e presentación do PLAMBE. Un novo proxecto que se presenta
este ano e que, no caso de aprobación, conformaría unha das realidades a
partir da cal propoñer novas formas de organización espacial no noso centro.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
10
- Proxecto de uso e fomento do galego. Inda que este proxecto se ven
presentado dende fai xa moitos anos, consideramos de gran importancia a
continuidade deste tipo de proxectos que favorecen o dinamismo do noso
centro.
- Samsung Smart School. Proxecto destinado a valorar como a incorporación
dos dispositivos móbiles na aula pode mellorar, cunha determinada
metodoloxía, a aprendizaxe do alumnado.
- Proxecto Piloto de incorporación do libro dixital (EDIXGAL) nos dispositivos
móbiles que temos no centro.
- Plan Proxecta: “Aliméntate ben” e “Xogade” foron, de novo, dous proxectos
que se desenvolveron no centro dentro do Plan Proxecta.
* Dotación de recursos
Tamén foi unha labor común a consecución de deteminados materiais e
equipamentos necesarios. Así, este ano recibimos da consellería mobiliario novo
para as aulas (que inda non é suficiente), material multimedia e informático
(proxectores, ordenador para a biblioteca, novos ordenadores e monitores para a
aula de informática, dispositivos móbiles, PDI, portátiles…).
Outra das melloras acadadas no referido aos recursos é o novo acceso wifi
que temos no centro e o aumento na velocidade de acceso a internet por cable.
Grazas á participación do noso centro en proxectos tecnolóxicos, a Consellería de
Educación mellorou a infraestrutura dobrando a velociadade de acceso a internet
por cable e mellorando os puntos de acceso wifi que temos no centro.
En canto ao material didáctico, este foi un ano especial. Tivemos a
oportunidade de traballar cos materiais que o profesorado solicitaba, sen temor
pola parte económica que afogaba as nosas arcas. É necesario ofrecer ao
alumnado e ao profesorado todo aquel material que facilite o desenvolvemento do
seu traballo docente e/ou discente. Tamén puidemos abordar numerosas saídas,
viaxes… que fan máis significativas as aprendizaxes. O centro colaborou niso con
aportacións económicas destinadas aos distintos ciclos.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
11
* Melloras no exterior do centro
Coa inestimable axuda da ANPA, estamos en contacto coas
administracións locais, provinciais e autonómicas para acadar melloras
importantes no exterior do noso centro e no propio edificio. A través de
numerosos escritos, solicitouse dende a dirección do centro a urxencia para
acometer melloras na:
- Carpintería exterior e interior (fiestras e portas).
- Mellora e reforzo nos dinteis das ventanas.
- Melloras na fachada do ximnasio.
- Mellora nas aceras exteriores do noso patio.
- Iniciar (por fases) a mellora do cerrado exterior do recinto escolar.
Estas xestións non deron todos os resultados que esperabamos. Só
conseguimos iniciar a mellora dunha parte do cerrado exterior do recinto escolar.
Esta obra foi financiada polo Concello de Vilanova de Arousa e existe o
compromiso de continuar para os vindeiros cursos.
Tamén se conseguiu que, no verán pasado, se acometera a obra de mellora e
reforzo dos dinteis das fiestras da cara sur do colexio.
Este ano, a mediados de curso, iniciouse tamén uinha segunda actuación de
cara a impedir a entrada de auga no ximnasio. Acometeuse no mes de abril e inda
está por valorar (no inverno) se esta actuación vai ser a definitiva e, polo tanto, a
que nos permita ter un ximnasio deportivo en condicións.
Moitas foron as xestións para que o Xefe Territorial nos concedera unha
xuntanza de cara a conseguir a mellora máis urxente que ten o noso centro: a
carpintería interior e exterior.
Ao longo destes dous últimos anos, dende a Xefatura Territorial non tiveron a
ben concedernos unha reunión para tratar esta imperiosa necesidade do noso
centro. Esperamos que, para o vindeiro curso, poidamos contar cunha nova
carpintería exterior e interior que garanta a seguridade, a hixiene e permita o
aforro enerxético e económico que tanta falla nos fai. Estes últimos días chegou
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
12
unha aportación económica para este fin que consideramos insuficiente para
atender ás necesidades do centro.
* Elaboración das sinais de identidade do noso centro:
Consideramos este curso como o inicio dunha nova etapa para o noso
centro. Pasados xa case dous anos dende o nomeamento do novo equipo
directivo, podemos afirmar que este ano foi un ano moi importante no que tivemos
a oportunidade de definir os sinais de identidade do noso centro coa elaboración
da dirección dun novo Proxecto Educativo que dea resposta ás necesidades dun
novo tempo.
Este novo Proxecto Educativo plasmouse no proxecto de dirección
presentado polo actual director e recolleu a meirande parte das propostas
tomados nas numerosas xuntanzas que este ano tivemos de cara a consensuar
un novo modelo de centro cunhas liñas ben definidas.
Propostas de mellora para as tarefas administrativas e de dirección.
O vindeiro ano, e tendo como base o documento antedito, iniciaremos a
elaboración da documentación oficial do centro na que quede constancia
das sinais de identidade que acordamos para o noso centro: PE, NOF,
Concreción Curricular, Proxecto Lector, Plan de Convivencia, Proxecto TIC.
Continuaremos coa mellora na organización espacial do noso centro e da
súa estética exterior e interior.
Facilitar a todo o profesorado as mellores condicións posibles para
desempregar a súa labor docente. Dende a dirección do centro se iniciará
un proceso de acompañamento do novo profesorado que irá encamiñado a
facilitarlle toda a axuda que precisen para adaptarse ao novo modelo
metodolóxico que queremos promover.
Continuar coa dotación de novo mobiliario, de nova tecnoloxía e de novos
materiais didácticos.
Mellorar a formación do profesorado en todos aqueles eidos que puideran
provocar melloras para o alumnado e para o profesorado.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
13
Iniciar unha nova canle de comunicación con outros centros de cara a tecer
unha rede de colexios “por unha nova escola” compartidno todos aqueles
elementos que nos enriquezan a todos.
5. AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSINO E PROPOSTAS PARA O FUTURO Os recursos dos que dispón o centro foron en xeral, e unha vez máis, ben
aproveitados e a organización das aulas axeitouse ás necesidades do centro e do
alumnado.
En canto ás relacións entre o profesorado, ANPA e familias, este ano o
clima xeral foi positivo. Houbo posibilidade de facer un traballo conxunto coa
ANPA para solicitar melloras para o noso centro e para colaborar na organización
de conmemoracións interesantes. Seguiremos traballando neste senso e
intentaremos aumentar esta relación de axuda mutua.
Coas familias tamén tivemos boa relación e, inda que chegaron propostas
de mellora para o vindeiro curso e queixas lícitas, consideramos que este ano
abriuse un novo camiño para facer xuntos e para facerlles ver que a educación é o
máis importante e a máxima prioridade para nós e para eles.
A coordinación entre o profesorao do centro levouse a cabo nun clima de
cordialidade e respecto inda que con discrepancias importantes no referido ao
camiño que tiña que percorrer o centro nos vindeiros anos.
Xurdiron opinións moi diferentes que fixeron necesario acometer xuntanzas
que promoveran o consenso e o arcodo en vez da discusión e o enfrontamento.
Finalmente, os consensos que se produciron foron bastante xerais e, a partires
destes, se elaborou a proposta educativa deste centro para os vindeiros anos.
Destacar o traballo dos distintos equipos de profesores que posibilitou,
na súa gran maioría, que o alumnado tivese a oportunidade de profundizar nas
aprendizaxes relativas ao coidado do noso entorno e de vivir con ilusión,
motivación e gañas os festivais e conmemoracións que celebramos no noso
centro. Esperamos que para o vindeiro curso poidamos contar, como mínimo, co
mesmo cadro de persoal que este ano e así poder modificar a estructuración do
persoal de cara a ofrecerlle a todo alumnado os apoios que necesita.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
14
Propostas de mellora para os procesos de ensino e aprendizaxe.
Cooperación docente.
Como xa sinalamos anteriormente, todo cambio educativo esixe unha
modificación das estructuras dos coñecementos previos dos profesionais. Este
cambio debe partir da necesidade dunha cooperación na que participe
activamente todo o profesorado.
Existen verdadeiros especialistas no noso centro en multitude de aspectos:
manualidades, tecnoloxía, traballo cooperativo, atención aos alumnos con
necesidades, avaliación, técnicas de estudo para o alumnado, metodoloxía… O
centro debe aproveitar ese potencial interno e ser capaz de que esa variedade de
experiencias e coñecementos se poña ao alcance dos demais e así aprender
xuntos.
Maior flexibilidade no horario lectivo do profesorado.
Para o vindeiro curso será necesario dotar de maior flexibilidade ao horario
lectivo do profesorado cando non ten docencia directa co alumnado (gardas).
Para facelo, debemos partir da premisa de que o profesorado está á
disposición do alumnado ao longo das 25 horas lectivas. Ademáis, e como xa se
sinalou, para o vindeiro curso faise máis necesario que nunca axudarnos
mutuamente en todos os momentos e ofrecerlle ao alumnado o maior apoio
posible para mellorar no seu rendemento escolar e no seu desenvolvemento
integral.
Iniciar unha cooperación familia-escola no interior das aulas.
Para o vindeiro curso, iniciaremos dúas propostas novas para o noso centro
e que se están demostrando, noutros centros, moi eficaz para a mellora dos
resultados académicos do alumnado: Os grupos interactivos e as tertulias literarias
(no contexto literario a partires de 3º de Educación Primaria).
6. MEMORIAS.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
15
6.1.- MEMORIA DE EDUCACIÓN INFANTIL.
PROFESORADO QUE INCIDE NO CICLO
A) Coordinadora:
Cristina Louzao
B) Titoras :
Josefa Castro 4º curso de E.I.
Cristina Louzao 5º curso de E.I.
Isabel Blanco 6º curso de E.I.
C) Especialistas:
María Castro E.Física
José MªMartínez L.Inglesa
Rocío Bernárdez Música
Mª José Mollinedo Relixión
Cristina Díaz (1º-2ºt)/ Verónica Mateo (2º-3ºt) A.L.( P.E.L.O.)
D) Apoios:
Cristina Díaz/Verónica Mateo (A.L.) (unha sesión semanal en 4º, 5º e 6º E.I)
Jacobo Aragunde (P.T.) (unha sesión semanal en 4º,5º e ½ sesión en 6º)
Josefa Castro (unha sesión semanal en 6º E.I.)
Isabel Blanco (dúas sesións semanais en 5º E.I.)
Cristina Louzao (unha sesión semanal en 4º E.I.)
Sergio Rosales (unha sesión semanal en 6º E.I.)
ALUMNADO
Datos xerais.
O ciclo de Educación infantil estivo formado por 32 nenos/as, distribuidos
por niveis:
4º de E.I., 3 anos, 6 nenas e 5 nenos.
5º de E.I., 4 anos, 5 nenas e 6 nenos.
6º de E.I., 5 anos, 2 nenas e 8 nenos.
Acollida e organización do curso
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
16
A reunión de principio de curso coas familias de 4º, 5º e 6º de E.I. fíxose no
mes de setembro, o día 8 e setembro ás 10:00. Nesa reunión explicouse a
distribución do alumnado e do profesorado, a metodoloxía de traballo...
Unha vez rematada a reunión xeral a titora de 4º de E.I., na súa aula,
explicoulle ás familias dos nenos/as de nova incorporación como ía desenvolverse
o período de adaptación, (ver imaxe).
En canto ao material, para un mellor aproveitamento do mesmo, este ano
seguiuse co acordo doutros cursos, e solicitouse unha achega económica ás
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
17
familias da seguinte maneira: Achega de 30 € para 5º e 6º de E.I. e de 50 € para
4º de E.I.. No mes de xaneiro a titora de 4º de E.I. solicitou 10 € adicionais.
Trimestralmente fóiselle dando unha relación dos gastos por escrito.
TEXTOS E MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Durante este curso, o material empregado foi elaborado polas titoras,
nenos/as e familias, dacordo cos proxectos que ían xurdindo.
RECURSOS
Elaborados polas propias titoras.
Biblioteca LIM.
Diferentes Blogues.
Libros da Biblioteca do centro e os achegados polos propios nenos e nenas.
E.D.I.
Tabletas e diversas aplicacións (Kinemaster, Aurasma, Kahoot!, iFunface, QR
Droid...)
Recursos informáticos de distintas editoriais.
METODOLOXÍA EMPREGADA
A liña metodolóxica aparece enmarcada nunha concepción construtivista
da aprendizaxe, principio recollido na competencia básica de “aprender a
aprender”.
A metodoloxía estivo enfocada para contribuír a desenvolver as
competencias educativas. Cos proxectos pretendimos que os alumnos/as
participasen activamente na súa aprendizaxe, adquirindo así conciencia das súas
propias capacidades, xestionando os seus propios coñecementos e optimizando a
súa aprendizaxe. Os proxectos fomentaron o traballo cooperativo por grupos na
aula.
Este curso, nas clases de Infantil, levouse a cabo unha sesión de grupos
interactivos a raíz do proxecto de formación no centro.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
18
ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS.
Autonomía e iniciativa persoal: xogo simbólico, rutinas...
Competencia cultural e artística: actividades artísticas e tridimensionais,
actividades culturais...
Comunicación lingüística: traballamos a lingua na expresión e o uso do
diálogo para comunicarnos cos demais, respectando as ideas dos outros e
creando un clima propio para a comunicación.
Competencia matemática: recanto de lóxica-matemática, rutinas do día...
Competencia coñecemento interacción co mundo físico: saída ó patio
para observar o paso do tempo na natureza...
Competencia social e cidadá: as habilidades sociais, xogos
cooperativos…
Competencia do tratamento da información e competencia dixital:
recanto do ordenador na aula e emprego do EDI e uso de tablet.
ORGANIZACIÓN DO ESPAZO: Fixéronse áreas ou recantos para o xogo, para as
actividades plásticas, para as construcións...
ORGANIZACIÓN DO TEMPO: Este ano seguiuse coa “HORA DE LER” de 9:00 a
9:20; Rutinas: Programa de Estimulación Temperá, Asemblea, Aseo/ merenda,
Recreo e tempo de lecer, Recantos e Asemblea de recordar o que se fixo durante
a xornada.
ACTIVIDADES EMPREGADAS
Traballo por proxectos:
Organizamos a programación do curso en traballo por proxectos divididos
por trimestres:
1º trimestre:
- Proxecto “Somos o que comemos”.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
19
2º trimestre:
- Proxecto “Coñece o que nos da a ría” (Samsung Smart School).
3º trimestre:
- Proxecto “Movémonos en...(medios de transporte).
Paralelamente a estes proxectos leváronse a cabo outras actividades
relacionadas co desenvolvemento do curso:
- Magosto.
- Samaín, semana do 26 ao 29 de outubro. Nesa semana traballamos
nas aulas costumes e tradicións relacionadas co Samaín.
- Nadal: Papá Noel, Festival.
- Paz, semana do 25 ao 29 de xaneiro.
- Entroido, semana do 1 ao 5 de febreiro.
- Día do libro (“Lecturas ao Xardín”).
- O Maio.
- Letras Galegas, do 18 ao 23 de maio, adicado a Manuel María.
- Recanto teatral proposto polo Equipo Biblioteca do centro.
Moitas destas actividades foron programadas dende os equipos docentes que
están organizados no centro: Equipo de Biblioteca, Equipo de Actividades
Extraescolares e Complementarias e Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
As actividades sinaladas realizáronse en distintos agrupamentos:
individualmente, pequeno grupo, gran grupo e actividades a nivel centro
mesturando tódolos niveis, dende infantil ata 6º de primaria.
Actividades compartidas coas familias:
Biblioteca
Este curso, como en anos anteriores cada neno/a trouxo unha carpeta para
levar o conto que previamente escollese, facéndose a familia responsable de
entregalo a seguinte semana para un próximo préstamo, elaborando coas familias
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
20
unha ficha relacionada co conto, a excepción de 5º de E.I. que o facían na escola
coa titora.
Ademais participamos na actividade “As mochilas viaxeiras”, na que cada
semana un neno/a a levaba para a casa e coas familias cubrían páxinas do
caderno viaxeiro.
Cabazas/Samaín
Fixemos unha exposición de cabazas. Cada familia decoraba libremente
unha cabaza con diversos materias que logo os nenos/as levaban a escola para
despois expoñer.
Magosto
Unha manchea de castañas xa picadas e leña para asalas.
Nadal
Rosca e chocolatada.
Entroido
Na confección dos traxes do entroido e productos típicos destas datas.
Grupos interactivos
Participaron algunhas familias voluntariamente nunha sesión de posta en
práctica desta actividade, que se inclúe dentro do PFPP.
Fin de curso
Merendola, espectáculo musical e inchables.
Xornada de Portas Abertas
O novo alumnado para o curso 2016/2017, acompañado das súas familias,
visitaron o colexio o venres 17 de xuño, de 11:00 a 12:00, co fin de establecer un
primeiro achegamento ao centro.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
21
Saídas
Fixemos varias saídas no curso:
En Setembro: visita ao Pazo de Baión para ver o proceso de elaboración e
embotellado do viño.
En Decembro: visita á fábrica de lácteos Clesa En Caldas de Reis, para ver
o proceso de elaboración e envasado dos iogures; e saída á praza e
mercado de Cambados.
En Xaneiro: saída ao campo de futbol de O Terrón para a celebración do
Día da Paz, xunto cos demais centros de Vilanova de Arousa.
En Febreiro: saída ao teatro Afundación en Pontevedra para ver a obra
“Aurora”.
En Abril: percorrido en tren Vilagarcía-Pontevedra e visita ao Salón do
Libro en Pontevedra; ver a obra de teatro “Drácula”, da compañía “Teatro
Caracol” en Cambados e ver a obra musical “15 Primaveras” de Mamá
Cabra en Pontevedra organizada por Afundación.
En Xuño: realizar a saída fin de curso conxunta co 1º, 2° e 3° Educación
Primaria, a Illa de Ons.
CRITERIOS SEGUIDOS NA VALORACIÓN DO RENDEMENTO DO ALUMNADO
Baseámonos no Decreto 330/2009 de 4 de xuño que establece o currículo
de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, e na Orde 25 de xuño
de 2009 pola que se regula a implantación o desenvolmemento e a avaliación do
2º ciclo de Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
AVALIACIÓN
A) DOS RESULTADOS
Avaliación dos obxectivos propostos:
Axustáronse, en maior ou menor medida, ao que tiñamos previsto nos
diferentes proxectos levados a cabo durante os 3 trimestres, nos 3 niveis.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
22
Avaliación da coordinación de ciclo
Valorámola positivamente para chegar a acordos conxuntos cara a
programación prevista e flexibilización da mesma.
Avaliación do alumnado:
Os obxectivos propostos para os diferentes niveis foron axeitados para
todo o alumnado. Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil promocionaron
ao Primeiro Ciclo da Educación Primaria.
Todos os nenos e nenas de Educación Infantil alcanzaron os obxectivos
establecidos nas programacións para os distintos niveis.
A avaliación dos mesmos seguindo os indicadores observables específicos
das diferentes áreas, foi na maioría, sen dificultade.
A avaliación xeral das actividades realizadas é altamente positiva,
destacando especialmente a importancia da colaboración das familias en tódolos
ámbitos, o que favoreceu a consecución dos obxectivos.
Parécenos moi interesante continuar con Programa de Estimulación
Temperá “Estimula o teu corpo, activa o teu cerebro”, que comezamos no curso
actual e que se leva a cabo xunto coa colaboración da especialista de Educación
Física e Musical.
ACTIVIDADES DE REFORZO
Realizáronse actividades individualizadas tendo en conta as necesidades
de cada neno/a, levadas a cabo polas titoras.
Na aula de 4º de Educación Infantil o mestre P.T. tuvo unha sesión
semanal na que realizou un apoio para todo o grupo, pero tendo en conta 3 nenos
que presentaban dificultades na adaptación ao ritmo da aula. Asemade, nesa
mesma aula, a titora de 5° de Infantil fixo unha sesión de apoio ata finais do 2°
trimestre.
Na aula de 5° de Educación Infantil o mestre de P.T. tivo un sesión semanal
para apoiar a un neno con dificultades para seguir o ritmo da aula. A titora de 6°
de Infantil realizaba apoio a ese mesmo neno dúas sesións á semana, ata finais
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
23
do 2° trimestre. Ademais 3 nen@s recibiron apoio fóra da aula media sesión
semanal por parte da especialista de Audición e Linguaxe.
Na aula de 6º de Educación Infantil o mestre de P.T. colaborou nas
actividades que se estaban a desenvolver nese momento e realizou unha labor de
observación en todo o grupo, media sesión semanal . A titora de 4º de Infantil
apoiou unha sesión á semana na aula de informática e o titor de 2º de Primaria en
actividades para a aprendizaxe do uso educativo de tabletas, tamén unha sesión
á semana. Ademais 4 nenos recibiron apoio fóra da aula media sesión semanal
por parte da especialista de Audicón e Linguaxe.
PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO
Continuar co Proxecto de Estimulación Temperá en colaboración coa
especialista de Educación Física e de Educación Musical.
Ter en conta os informes da especialista de AL e PT dos nenos/as de 3 e 4
anos para unha posible intervención no vindeiro curso.
En canto aos apoios: continuar cos apoios na aula de 5º para tres nenos
con dificultades de adaptación ao ritmo da clase, en 5 anos para un neno
cun retraso global no seu desenvolvemento e valorar a necesidade dos
apoios que se necesiten na aula de 3 anos.
Este ano os apoios feitos polas titoras de 5º e 6º de Infantil, non se puideron
levar a cabo dende finais do 2º trimestre por incompatibilidade horaria.
Dende o Equipo de Infantil observamos a necesidade de variar o Programa
de Estimulación Temperá, que se desenvolvía nunha sesión diaria para
cada grupo de 20 minutos, ata finais do 2º trimestre, na que só se traballa
un aspecto do ámbito psicomotor. Logo deses meses de traballo estuvemos
de acordo en que as sesións se quedaban cortas e decidimos xuntar os 3
grupos para levar a cabo unha única sesión de maior duración, na que
poder traballar diariamente todos os aspectos que consideramos
necesarios para o desenvolvemento do neno/a (ritmo, habilidade manual,
equilibrio vestibular e desprazamentos).
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
24
As titoras de Infantil cremos que así conseguimos un maior aproveitamento
das sesións e nos gustaría continuar no vindeiro curso con esta
distribución.
Con respecto a distribución horaria consideramos positivas as propostas
que se recollen no novo proxecto de dirección para o vindeiro curso escolar.
Mellorar o patio de infantil: acotar a zona do areeiro, repoñer a area do
mesmo e delimitar o patio cun cercado axeitado.
Viñagrande, a 23 de xuño de 2016
A coordinadora de Educación Infantil
Asdo: Cristina Louzao García
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
25
6.2.- MEMORIA DO 1º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
PROFESORADO QUE INCIDE NO CURSO
A) Titora: Elva Mª Vidal Novoa
B) Especialistas:
- L. Inglesa: José Mª Martínez
- E. Física: María Castro Nine
- Música: Rocío Bernárdez Cibeira
- PT: Jacobo Aragunde Soutullo
- Relixión: Mª José Mollinedo
- AL: Verónica Mateo González
- Orientación: María del Carmen
ALUMNADO
A)RESPECTO DO GRUPO
O primeiro curso estivo formado por 16 alumnos e alumnas. Todos e todas
cursaron previamente o segundo ciclo de Educación Infantil no centro.
O alumnado, en xeral, asistiu con regularidade ás clases (exceptuando
algún caso) e as poucas faltas de asistencia normalmente foron xustificadas:
enfermidades ou doencias leves.
O grupo está formado por un alumnado que xa inicialmente presenta un
corpus de coñecementos previos moi variado, con diferenzas salientables sobre
todo no caso da competencia lingüística escrita.
Ademais o grupo ao longo do curso mostra unha notable variedade de
ritmos de aprendizaxe e de motivación o que fixo necesario levar a cabo un
trallado moi individualizado atendendo en todo o posible a cada unha das
necesidades e/ou demandas.
B)CASOS PARTICULARES
Non hai ningún caso particular que resaltar xa que todos os alumnos e
alumnas promocionan ao segundo curso, aínda que os obxectivos e o nivel de
competencia acadada polos alumnos chega nalgúns casos a ser moi diferente.
Aconséllase derivar a Orientación algún destes casos.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
26
TEXTOS, RECURSOS E MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
- Material didáctico impreso creado pola mestra para a aprendizaxe da lecto-
escritura e das matemáticas.
- Fichas fotocopiables para a aprendizaxe da lecto-escritura e das
matemáticas.
- Material manipulativo para desenvolver as habilidades instrumentais:
pequenos paus e gomas, caixas de letras, puzzles, caixa rexistradora con
calculadora, simulación de moedas e billetes de euros...
- Material táctil para estimular a psicomotricidade fina: plastilina, ceras brandas
e ceras duras...
- Actividades orais de debate e discusión en pequeno e gran grupo.
- Presentacións orais por parte da mestra e por parte do alumnado.
- Recitado de poesías e memorización de pequenos textos.
- Preparación dunha representación teatral.
- Audicións de contos e historias tanto en persoa como gravadas.
- Lectura de libros da biblioteca de aula e de centro, individuais e libres, en
pequeno grupo e guiadas.
- Actividades TIC:
a. Específicas para a iniciación ás TICS.
b. Actividades específicas para desenvolver, reforzar e/ou apliar
habilidades instrumentais.
c. Xogos didácticos de memorización, habilidade, rapidez visual...
- Actividades de investigación e relación co mundo real: saídas e asistencias a
coloquios.
- Tarefas relacionadas coa vida real.
- Pequenos proxectos temáticos relacionados coas ciencias naturais e sociais.
METODOLOXÍA EMPREGADA
A metodoloxía empregada foi globalizada, tendo como punto de partida os
coñecementos previos do alumnado e atendendo ás súas necesidades, gustos e
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
27
demandas para crear un ambiente o máis motivador posible que facilitase o
proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Os materiais e técnicas empregadas foron diversos e variados para
adaptarse ao ritmo de aprendizaxe do alumnado. Tratouse de que o alumnado
traballase dende a perspectiva de “aprender facendo” para o cal empregouse
variedade de material visual e manipulativo. Neste senso, tivo moita importancia o
traballo en recantos que o alumnado elexía libremente e no que se levaban a cabo
actividades que combinaban diferentes competencias: matemática, lingüísticas,
artísticas...
O método de lectura empregado foi o fonético-silábico sempre tratando de
que fose comprensivo e relacionado coa realidade do alumnado.
As actividades realizadas precisaron dende un traballo moi guiado polo
mestre para algúns alumnos en concreto ata outro traballo máis libre e máis
orientado hacia a búsqueda de estratexias de aprendizaxe propias.
Asemade, combinouse traballo individual con traballo en pequeno e gran
grupo, traballo específico de aula e traballo proposto polos diversos equipos do
centro (EDLG, Biblioteca, Extraescolares...)
Integráronse dende recursos tradicionais ata outros máis innovadores
proporcionados polas novas tecnoloxías.
Déuselle moita importancia á aprendizaxe cooperativa e colaborativa, co
establecemento de catro grupos de catro alumnos. Este traballo tivo como
finalidade a atención á diversidade, a axuda entre iguais, aumentar os ritmos de
traballo e a motivación cara as tarefas escolares.
CRITERIOS SEGUIDOS NA VALORACIÓN DO RENDEMENTO DO ALUMNADO
Por unha parte, tivéronse en conta os criterios establecidos no currículo e
na programación do 1º curso referidos aos criterios de avaliación e aos estándares
avaliables, cos que se determinou o grao de consecución dos obxectivos
propostos; por outra parte, tamén se tivo en conta a realización adecuada do
traballo proposto, a organización dos materiais, a presentación do traballo e os
resultados finais dos proxectos. Tamén se valorou a actitude, o esforzo, a escoita,
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
28
a articulación e o traballo diario de cada alumno ao longo do curso. Todos eles
están especificados nas porcentaxes descritas na programación anual.
L. CASTELÁ
L. GALEGA
MATEMÁTICAS CC. SOCIAIS E
NATURAIS
PLÁSTICA
- EXPRESIÓN E
COMPRENSIÓN
ORAL: 20%
- EXPRESIÓN
ESCRITA:20%
- COMPRENSIÓN
ESCRITA : 20%
- CONCEPTOS: 10%
- TRABALLO/
ACTITUDE: 20%
- ORDE E LIMPEZA:
10%
- EXPRESIÓN E
COMPRENSIÓN
MATEMÁTICA: 20%
- RESOLUCIÓN DE
PROBLEMAS: 20%
- OPERACIÓNS: 20%
- CONCEPTOS: 10%
- TRABALLO/ACTITUD
E: 20%
- ORDE E LIMPEZA:
10%
- EXPRESIÓN E
COMPRENSIÓN
ORAL DE
CONCEPTOS: 35%
- EXPRESIÓN E
COMPRENSIÓN
ESCRITA DE
CONCEPTOS: 35%
- TRABALLO/ACTITUD
E: 20%
- ORDE E LIMPEZA:
10%
- TRABALLOS: 50%
- COIDADO
MATERIAL:10%
- ACTITUDE: 20%
- LIMPEZA E
PRESENTACIÓN:
20%
A rúbrica empregada para chegar a alcanzar as porcentaxes indicadas foi a
seguinte:
Instrumentos Critérios de corrección
Avance diario no domínio dos
textos escritos tanto de expresión
como de comprensión.
Moi mal
1
Mal
3
Regular
5
Ben
8
M. ben
10
Avance diario no domínio da
exposición oral: emprego dun
vocabulário axeitado ao tema a
Moi mal
1
Mal
3
Regular
5
Ben
8
M. ben
10
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
29
tratar e dunha sintaxe correcta e do
desenvolvemento do tema a tratar
de forma axeitada á súa idade e
nível evolutivo.
Avance diário no domínio do código
matemático
Moi mal
1
Mal
3
Regular
5
Ben
8
M. ben
10
Avance diário no domínio das
habilidades instrumentais
matemáticas básicas: suma e resta,
conteo...
Moi mal
1
Mal
3
Regular
5
Ben
8
M. ben
10
Traballos manuais, debuxos e
outras técnicas que non impliquen
escritura para a expresión de
conceptos
Moi mal
1
Mal
3
Regular
5
Ben
8
M. ben
10
Participación diaria Moi mal
1
Mal
3
Regular
5
Ben
8
M. ben
10
Orde e limpeza no traballo diario Moi mal
1
Mal
3
Regular
5
Ben
8
M. ben
10
CUMPLIMENTO DA PROGRAMACIÓN: GRAO DE CONSECUCIÓN DOS
OBXECTIVOS
A programación tivo que ser revisada e adaptada varias veces á situación
real da aula.
Por unha parte e como motivo principal, os contidos e a temporalización
previstas inicialmente tiveron que variarse para adecuarse ao ritmo do alumnado,
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
30
especialmente no relacionado co desenvolvemento da lecto-escritura.
Por outra parte, a programación tamén se tivo que adaptar aos imprevistos
que foron xurdindo (pequenas enfermidades e doencias do alumnado, dificultades
que foron aparecendo), á inclusión de actividades complementarias propostas ao
longo do curso e á incorporación máis ampla das TICs no centro.
AVALIACIÓN
A) DOS RESULTADOS
Os obxectivos mínimos establecidos polo centro foron acadados por
catorce alumnos de entre os dezaséis, ainda que en diferente grao e con
diferentes ritmos. Entre estes, cinco alumnos destacan acadando as máximas
calificacións.
Dous alumnos teñen unha calificación de insuficiente na área de Lingua
Castelá, pois o desenvolvemento da lecto-escritura non foi o que establecen os
contidos mínimos establecidos polo centro para o primeiro curso de primaria.
B) DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL
No primeiro curso a acción titorial encamiñouse principalmente a conseguir
que a actitude do alumnado fora receptiva e positiva para principiar a etapa de
educación primaria e a adquisición de novas habilidades. Intentouse adaptar ao
alumnado dunha maneira progresiva, tentando que quedase minimizada a
transición dende a etapa de educación infantil á de educación primaria.
Asemade, traballáronse aqueles aspectos que conducen á aceptación e
respecto das diferencias individuais, á convivencia pacífica, á cooperación e a
colaboración entre iguais e á creación dun ambiente confortable entre o alumnado
que favorece as boas relacións entre eles como grupo, entre eles e os demáis
grupos de alumnado, entre eles coa a titora e co profesorado especialista, e
finalmente con toda a comunidade educativa en xeral.
Non só se tratou de que os alumnos adquirisen as bases para a adquisición
das habilidades instrumentais básicas, senón que tamén se tratou de proporcionar
ao alumnado as habilidades para aprender a aprender, para aprender de forma
colaborativa e para utilizar as TICs.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
31
ACTIVIDADES DE REFORZO
Presenza na aula durante tres sesións semanais no primeiro trimestre e
catro sesións semanais nos segundo e terceiro trimestres do mestre de PT, nun
principio para apoiar á titora no proceso de adquisición da lecto-escritura e na área
das matemáticas co grupo en xeral, e unha vez detectadas as necesidades
específicas de cinco alumnos en concreto, apoiamos máis a estos últimos.
Tamén interviu na aula durante dúas sesións semanais o mestre
especialista de Lingua Estranxeira para apoiar á titora na adquisición de
habilidades instrumentais e que se levou a cabo principalmente mediante o uso
das TICs.
Tamén se desdobrou o grupo unha vez á semana para que a titora
traballase de forma máis individualizada co alumnado, tanto cara ao reforzo como
á ampliación de contidos.
Houbo catro alumnos que recibiron atención das mestras especialistas de
Audición e Linguaxe e que non recibiron a alta co cal deberán ser avaliados
novamente no vindeiro curso para decidir a conveniencia ou non de continuar con
este reforzo.
A mestra titora levou a cabo reforzos na aula con distintos alumnos,
especialmente cos cinco que se citaron ao principio, pero extensible a todo o
alumnado sempre que este o precisou.
PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO
Como proposta para o vindeiro curso, recoméndase seguir traballando as
habilidades instrumentais da lecto-escritura con reforzos e apoios
especialmente cos dous alumnos que non acadaron os obxectivos mínimos
na área de lingua castelá sendo extensibles este reforzos e apoios aos
outros catro alumnos que estiveron recibiendo esta axuda xa durante este
curso e sempre contando no posible co especialista de Pedagoxía
Terapéutica e co asesoramento de Departamento de Orientación. Este apoio
debería realizarse preferiblemente dentro da aula, e debería levarse a cabo
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
32
durante máis de catro horas, pois estamos ante un grupo moi diverso e como
xa se apuntou antes con moi diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.
Tamén se recomenda o traballo colectivo e colaborativo tratando de que o
alumnado conviva pacíficamente, desenvolva habilidades sociais, evitando
discriminacións e desenvolvendo a empatía e a comunicación cara á
resolución pacífica dos conflictos que puidesen surxir nun grupo de alumnos
tan diverso.
Por último, un posible desdobramento en momentos puntuais podería ser
unha medida axeitada para atender á diversidade, tanto para o reforzo como
para a extensión de contidos, para traballar mellor as habilidades persoais e
individuais e para desenvolver as competencias do alumnado dunha forma
idividualizada e adaptada aos seus ritmos e estilos propios e aprendizaxe.
Viñagrande a 23 de xuño de 2016
Asdo: Elva Mª Vidal Novoa
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
33
6.3.- MEMORIA DO 2º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
PROFESORADO QUE INCIDE NO 2º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Titor/a:
Sergio Rosales López
Especialistas:
L. Inglesa: José Mª Martínez Armas
E. Física: María Castro.Nine
Música: Rocío Bernárdez Cibeira
PT: Jacobo Aragunde Soutullo
Relixión: Mª José Mollinedo García
ALUMNADO
Datos xerais.
A nivel xeral podemos afirmar que o grupo–clase de 2º de Educación
Primaria traballou de modo satisfactorio ao longo de todo o curso. O rendemento
académico do alumnado é positivo, aínda que contamos cun alumno que non
promociona, este viuse favorecido polo traballo cooperativo/colaborativo que foi a
principal estratexia metodolóxica.
Dende o punto de vista do traballo diario, foi un grupo que manifestou moito
interese e motivación polos proxectos didácticos que abordamos este curso: Os
medios de comunicación, a alimentación, o corpo humano, a contaminación e as
solucións que se poden executar, o ciclo da auga, a democracia... Estes proxectos
serviron de clara motivación ó alumnado o que fai que sexan partícipes do seu
propio proceso de aprendizaxe.
A) RESPECTO DO GRUPO
Con respecto ao grupo e como xa dixemos con anterioridade, as tarefas
desenvolvidas na aula foron motivadoras e interesantes para o alumnado e isto foi
unha das causas que provocaron o desenvolvemento moi positivo das mesmas.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
34
Ao longo do curso tivemos a oportunidade de contar co apoio na aula do
mestre de PT. Este apoio realizouse como medida de reforzo dunha serie de
alumnos os cales aconsellábase ser reforzados, polo discorrer do curso valorouse
moi positivamente dito apoio.
B) CASOS PARTICULARES
Son varios os casos particulares que imos a sinalar por distintos motivos:
- Alumno con dificultades de coordinación motriz e seguimento dos contidos
escolares en relación ás linguas. Traballouse dende o segundo trimestre
cun plan de desenvolvemento neuromotriz baseado no traballo diario e
sistemático de determinados exercicios motrices que lle permitan gañar
coordinación e mellorar o desenvolvemento neuromotriz.
- Alumna con dificultades de atención que inciden especialmente na área de
matemáticas, estas foron aparecendo a medida que se engadían contidos
novos, fíxose necesario adoptar medidas de reforzo centradas no repaso de
determinados contidos e na adaptación da metodoloxía de traballo con ela.
- Alumno que durante o curso estivo nun nivel moi inferior ao grupo-clase o
cal estivo sendo reforzado polo especialista en P.T. e a especialista en A.L.,
estas diferenzas fan que aínda que evolucionou tendo en conta o punto de
partida creemos necesario que non promocione e siga afianzando contidos
propios de este curso.
Deixando aparte estes casos que son máis importantes podemos sinalar algún
outro alumnado con algunha dificultade na lectura comprensiva e na expresión
escrita.
TEXTOS, RECURSOS E MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Ao igual que en anos anteriores, decidimos non traballar con libros de texto
xa que consideramos que estes non se achegan do mesmo xeito a todo o
alumnado nin aos seus intereses e sempre partimos de intereses da contorna para
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
35
garantir un aprendizaxe máis significativo e motivador.
Neste curso marcamos como eixes de traballo distintas propostas
didácticas que xiraban arredor de diferentes temas de traballo que nos permitiron
desenvolver o currículo: A ALIMENTACIÓN, O CORPO HUMANO, O MEDIO
AMBIENTE, O CICLO DA AUGA, A DEMOCRACIA, O TEATRO, O
SUPERMERCADO, OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, O PASO DO TEMPO...
sobre os que xirou a programación das U.U.D.D. Estes eixos de traballo en moitos
momentos foron compartidos co alumnado de 3º, deste xeito moitas das
actividades foron traballadas ao mesmo tempo con eles, deste xeito puidemos
compartir aprendizaxes, experiencias, traballos,...
Ao longo do curso traballamos con multitude de recursos e material
didáctico. Inda que traballamos sen libros de textos, si que botamos man de
multitude e variadas tipoloxías de textos de cara a executar os proxectos
didácticos traballados.Tamén, e como non, tivemos un gran uso de medios dixitais
e informáticos.
A continuación nomeamos os recursos máis empregados ao longo do curso:
- Textos informativos de diferentes editoriais.
- Os medios de comunicación: a radio, a televisión, a prensa escrita e
internet.
- Material achegado polas familias.
- Regretas, tangram e outros materias manipulativos para traballar
numeración, cálculo, capacidade, lonxitude, peso, diñeiro e figuras
xeométricas.
- Dicionarios.
- Aula de Informática.
- Dispositivos móbiles e diferentes aplicacións de alto potencial educativo.
- Escáner, impresora, cámara dixital, cámara web.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
36
- Saídas didácticas enmarcadas dentro dos proxectos didácticos traballados.
- Visitas familiares para algunhas das actividades integradas nas propostas
didácticas.
- Produtos do supermercado e diñeiro para traballar conceptos matemáticos.
- Documentos da biblioteca do centro, libros achegados polo alumnado...
METODOLOXÍA EMPREGADA
A modo de resumo, podemos dicir que a metodoloxía empregada ao longo do
curso tivo moi presente os seguintes principios:
- Socialización a través de estratexias que favorezan a relación social entre
os alumnado do grupo.
- Cooperación a través do traballo semanal e sistemático en grupos
colaborativos onde o alumnado debería producir traballos grupais e
individuais onde todos ofreceran e deran axuda aos demais.
- Aprendizaxe Significativo con proxectos didácticos que partiron dos
intereses do alumnado e que tiveron efectos na contorna máis próxima.
Tamén se implantaron contextos reais e cotiás de aprendizaxe cos que o
alumnado tivo a oportunidade de aplicar na realidade contidos escolares: o
supermercado, os medios de comunicación,...
- Aprendizaxe Baseada en Proxectos. Centrada basicamente na
programación e execución de tarefas que tiveran como resultado final uns
produtos motivadores, interesantes e que provocaran efectos na contorna
do alumnado.
- Atención ao desenvolvemento emocional e sentimental do alumnado
axudándolle a identificar esas emocións e a ser capaces de expresar os
sentimentos propios e alleos.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
37
- Traballo por proxectos con actividades que favorezan o desenvolvemento
das oito intelixencias de Gardner.
- Elaboración e posta en práctica de plans de traballo para que o alumnado
se organizara e adquirirá maior autonomía na adquisión das aprendizaxes.
CUMPLIMENTO DA PROGRAMACIÓN: GRAO DE CONSECUCIÓN DOS
OBXECTIVOS
A programación veuse desenvolvida na súa totalidade. De tódolos contidos
establecidos nela podemos constatar que nos quedou pendente para o vindeiro
curso algunhas cuestións da área de Ciencias Sociais e outras relacionadas coas
normar ortográficas e gramaticais da lingua.
No referido ás linguas, tal vez puidera ser necesario aumentar o traballo
centrado nas normas gramaticais e ortográficas básicas. Dende a titoría se lle dou
moita máis importancia ao desenvolvemento “natural” da competencia lingüisticas:
escoitar, ler, escribir, expresión oral de distintos e variados tipos de textos.
Deste xeito gañamos en produción correcta de variada tipoloxía de textos
respectando normas ortográficas e gramaticais máis básicas deixando para o
vindeiro curso aspectos máis complexos dende o punto de vista gramatical e
ortográfico: acentuación e uso de deteminadas letras, clases de palabras,
determinantes e pronomes, verbos e tipos de oracions.
Ao igual que no 3º nivel, o resto das áreas o currículo de 2º curso foi desenvolvido
completamente.
AVALIACIÓN
A) DOS RESULTADOS
No referente á avaliación dos resultados destacar:
No segundo nivel non promociona un alumno. O resto do alumnado
promociona e hai un alumno que promociona coas linguas suspensas. O
alumnado que promociona é un alumnado heteroxéneo onde as diferenzas
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
38
empezan a ser nalgúns momentos importantes. Para intentar mitigar estas
diferenzas á hora de confeccionar os grupos intentamos que estes sexan
homoxéneos tendo en conta a heteroxeneidade do grupo-clase.
B) DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL
En relación á acción titorial co alumnado, consideramos que aprender a ser
persoas e a convivir é fundamental desde idades temperás. A aceptación da
diversidade, os valores de tolerancia e respecto mutuo son imprescindibles para
unha correcta e apracible convivencia.
Incidimos na cooperación e na colaboración como principal estratexia
metodolóxica polo que isto implica unha relación de convivencia e aceptación da
diversidade para un bo discorrer do grupo.
Respecto á acción titorial coas familias a participación e colaboración podemos
considerala positiva. Un porcentaxe importante das familias acude con asiduidade
ás reunións de titoría.
As propostas didácticas traballadas permitiron ás familias participar
activamente do proceso de aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
ACTIVIDADES DE REFORZO
Das tarefas que se levaron para facer na casa observamos que a maioría
realízanse con normalidade e solo unha minoría non as trae feitas de xeito
continuado.
Con aqueles alumnos e alumnas que presentaron algún tipo de dificultade,
traballouse de xeito individualizado con novas estratexias para mellorar as
dificultades que posúen, aínda así consideramos importante a pertenza ao grupo-
clase e que en todo momento sexan un máis do grupo.
PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO
Fundamentalmente continuar co traballo cooperativo/colaborativo que tanto
favoreceu o desenvolvemento integral do alumnado e seguir favorecendo a
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
39
autonomía no acceso ás aprendizaxes a través de plans de traballo sistemáticos
que permitan ao alumnado traballar cos contidos e promover cambios na contorna
máis próxima.
En outros eidos:
- Mellorar a coordinación entre os docentes dos niveis superiores e inferiores
de cara a garantir a verticalidade do desenvolvemento curricular e das
actividades complementarias que se realizan.
- Se é posible, promover que o profesorado participe na aula coa que
comparte o alumnado (3º e 4º, 5º e 6º) para garantir unha cooperación de
éxito.
- Volver a plantexar aprendizaxes moi próximos para garantir a
significatividade dos mesmos e a motivación.
Viñagrande, a 23 de xuño de 2016
Asdo: Sergio Rosales López
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
40
6.4.- MEMORIA DO 3º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
PROFESORADO QUE INCIDE NO CICLO
Titor/a:
Javier García García
Especialistas:
L. Inglesa: José Mª Martínez
E. Física: María Castro.Nine
Música: Rocío Bernárdez
PT: Jacobo Aragunde
Relixión: Mª José Mollinedo
ALUMNADO
Datos xerais.
A nivel xeral podemos afirmar que o grupo – clase de 3º de Educación
Primaria traballou de modo satisfactorio ao longo de todo o curso. O rendemento
académico do alumnado foi positivo. Esto viuse favorecido polo traballo en equipo
e a cooperación e axuda que todo o alumnado tivo a ben dar e recibir.
Dende o punto de vista de traballo diario, foi un grupo moi traballador e que
manifestou moito interese e motivación polos proxectos didácticos que abordamos
este curso: Os medios de comunicación, a alimentación, o corpo humano, a
contaminación e as solucións que se poden executar, o ciclo da auga, a
democracia...
Ao incio de curso tivemos que inciar traballos relacionados coa acollida a dous
alumnos repetidores que, agora a finais de curso, avaliamos como moi positivos
xa que logramos que estes melloraran o seu rendemento académico, a súa
integración na aula e as relacións interpersoais dentro e fóra da escola.
C) RESPECTO DO GRUPO
Con respecto ao grupo e como xa dixemos antes, as tarefas desenvolvidas na
aula foron motivantes e interesantes para o alumnado e esto foi unha das causas
que provocaron o desenvolvemento positivo por parte do alumnado.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
41
Ao inicio do curso tivemos a oportunidade de contar co apoio na aula do
mestre de PT. Este apoio estivo pensado para lograr a integración do alumnado
repetidos (que viña con informes moi negativos no referido ao seu comportamento
e rendemento académico).
Finalizado o primeiro trimestre, non foi preciso contar máis con este apoio
xa que, grazas á metodoloxía de traballo e á predisposición do grupo, a
integración foise acadando dunha forma positiva e paulatina.
En numerosas ocasións se tivo que botar man de estratexias para a resolución
de conflictos e para lograr eliminar comportamentos e actitudes pouco axeitadas
dun alumno con graves problemas actitudinais. Pouco a pouco se foi logrando
graza a:
- Reforzar a actitude positiva cando se producía.
- Comprende e enteder a situación do alumno e a disposición do resto a
axudarlle.
- Darlle estratexias ao resto do alumnado para axudarlle a frear algúns
comportamentos que consideramos inadecuados e inaceptables.
- Sesións semanais de posta en común sobre as características positivas de
todo o alumnado e as melloras que se tiñan que ir producindo segundo eles
mesmos.
Todas estas actuación posibilitaron a redución de actitudes e comportamentos
inadecuados por parte deste alumno e permitiron que o alumno fose centrándose
cada vez máis na parte académica ata lograr superar todas as áreas de
coñecemento.
a. CASOS PARTICULARES
Son varios os casos particulares que imos a sinalar por distintos motivos:
- Alumno con dificultades de relación social, de coordinación motriz, de
adaptación e seguimento dos contidos escolares nas conversas e de
integración no tempo de lecer para xogar co resto dos compañeiros.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
42
Traballouse dende o segundo trimestre cun plan de desenvolvemento
neuromotriz baseado no traballo diario e sistemático de determinados
exercicios motrices que lle permitiran gañar coordinación e mellor e maior
desenvolvemento neuromotriz que lle permitiu acadar avances nas
anteditas dificultades.
- Alumna con dificultades na área de matemáticas para que se fixo necesaria
adoptar medidas de reforzo centradas no repaso de determinados contidos
e na adaptación da metodoloxía de traballo con ela.
- Alumnos con baixa competencia lingüística que precisaron de medidas
ordinarias centradas na promoción dun ensino máis cooperativo no que a
axuda dos demáis os fixo avanzar, no establecemento de estratexias
motivantes para que leran, escribiran e falaran moito máis do que o estaban
facendo e no apoio e reforzo positivo que tanto o profesorado coma o
alumnado lle ofrecían diariamente.
TEXTOS, RECURSOS E MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Ao igual que en anos anteriores, decidimos non traballar con libros de texto
xa que consideramos que estes non se achegan do mesmo xeito a todo o
alumnado nin aos seus intereses.
Neste curso marcamos: como eixes de traballo distintas propostas
didácticas que xiraban arredor de diferentes temas de traballo que nos permitiron
desenvolver o currículo: A ALIMENTACIÓN, O CORPO HUMANO, O MEDIO
AMBIENTE, O CICLO DA AUGA, A DEMOCRACIA, O TEATRO, O
SUPERMERCADO, AS MÁQUINAS, OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN, O
PASO DO TEMPO... sobre os que xirou a programación das U.U.D.D.
Ao longo do curso traballamos con multitude de recursos e material
didáctico. Inda que traballamos sen libros de textos, sí que botamos man de
multitude e variadas tipoloxías de textos de cara a executar os proxectos
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
43
didácticos traballados.
Tamén, e como non, tivemos un gran uso de medios dixitais e informáticos.
A continuación nomeamos os recursos máis empregados ao longo do curso:
- Textos informativos de diferentes editoriais
- Os medios de comunicación: a radio, a televisión, a prensa escrita e
internet.
- Material achegado polas familias.
- Regretas, tangram e outros materias manipulativos para traballar
numeración, cálculo e figuras xeométricas.
- Dicionarios.
- Aula de Informática
- Dispositivos móbiles e diferentes aplicacións de alto potencial educativo.
- Escáner, impresora, cámara dixital, cámara web.
- Saídas didácticas enmarcadas dentro dos proxectos didácticos traballados.
- Visitas familiares para algunhas das actividades integradas nas propostas
didácticas.
- Produtos do supermercado e diñeiro para traballar conceptos matemáticos.
- Máquinas de uso doméstico.
- Documentos da biblioteca do centro, libros achegados polo alumnado...
METODOLOXÍA EMPREGADA
A modo de resumo, podemos decir que a metodoloxía empregada ao longo do
curso tivo moi presente os seguintes principios:
- Socialización a través de estratexias que favorezan a relación social entre
os alumnado do grupo.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
44
- Cooperación a través do traballo semanal e sistemático en grupos
colaborativos onde o alumnado debería producir traballos grupais e
individuais onde todos ofreceran e deran axuda aos demáis.
- Aprendizaxe Significativo con proxectos didácticos que partiron dos
intereses do alumnado e que tiveron efectos na contorna máis próxima.
Tamén se implantaron contextos reais e cotiás de aprendizaxe cos que o
alumnado tivo a oportunidade de aplicar na realidade contidos escolares: o
supermercado, os medios de comunicación, o laboratorio científico…
- Aprendizaxe Baseada en Proxectos. Centrada básicamente na
programación e execucion de tarefas que tiveran como resultado final uns
productos motivantes, interesantes e que provocaran efectos na contorna
do alumnado.
- Atención ao desenvolvemento emocional e sentimental do alumnado
axudándolle a identificar esas emocións e a ser capaces de expresar os
sentimentos propios e alleos.
- Traballo por proxectos con actividades que favorezan o desenvolvemento
das oito intelixencias de Gardner.
- Elaboración e posta en práctica de plans de traballo para que o alumnado
se organizara e adquirirá maior autonomía na adquisión das aprendizaxes.
CUMPLIMENTO DA PROGRAMACIÓN: GRAO DE CONSECUCIÓN DOS
OBXECTIVOS
A programación non se viu desenvolvida ao 100%. De tódolos contidos
establecidos nela podemos constatar que nos quedou pendente para o vindeiro
curso algunhas cuestións da área de Ciencias Sociais referidas ao clima, ao
tempo atmosférico e, en menor medida, ás pegadas da nosa historia (que se
traballou en menor profundidade)
No referido ás linguas, tal vez puidera ser necesario aumentar o traballo
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
45
centrado nas normas gramaticais e ortográficas básicas. Dende a titoría se lle dou
moita máis importancia ao desenvolvemento “natural” da competencia lingüisticas:
escoitar, ler, escribir, expresión oral de distintos e variados tipos de textos.
Deste xeito gañamos en produción correcta de variada tipoloxía de textos
respectando normas ortográficas e gramaticais máis básicas deixando para o
vindeiro curso aspectos máis complexos dende o punto de vista gramatical e
ortográfico: acentuación e uso de deteminadas letras, clases de palabras,
determinantes e pronomes, verbos e tipos de oracions.
No resto das áreas o currículo de 3º nivel foi desenvolvido completamente.
AVALIACIÓN
C) DOS RESULTADOS
No referente á avaliación dos resultados destacar:
No terceiro nivel todo o alumnado promociona con relativa solvencia.
Ningun alumno suspende ningunha área. Isto manifesta que é un grupo
cohesionado e cun nivel bastante homoxéneo.
D) DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL
En relación á acción titorial co alumnado, consideramos que aprender a ser
persoas e a convivir é fundamental desde idades temperás. A aceptación da
diversidade, os valores de tolerancia e respecto mutuo son imprescindibles para
unha correcta e apracible convivencia. Continuamos a empregar o diálogo,
utilizando se for preciso medios de resolución de conflitos.
Respecto á acción titorial coas familias a participación e colaboración
podemos considerala positiva. Case que a totalidade das familias acudiu ás
reunións que se propuxeron tanto individualmente como as propostas polo titor
colectivamente.
A colaboración familiar foi moi positiva nalgúns casos. As propostas didácticas
traballadas permitiron ás familias participar activamente do proceso de
aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
46
ACTIVIDADES DE REFORZO
Das tarefas que se levaron para facer na casa observamos que a maioría
realízanse con normalidade.
Con aqueles alumnos e alumnas que presentaron algún tipo de dificultade,
traballouse de xeito individualizado e achegando material específico, para
complementar a súa aprendizaxe e novas estratexias para mellorar as dificultades
que posúen.
PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO
Fundamentalmente continuar co traballo cooperativo que tanto favoreceu o
desenvolvemento integral do alumnado e seguir favorecendo a autonomía no
acceso ás aprendizaxes a través de plans de traballo sistemáticos que permitan
ao alumnado traballar cos contidos e promover cambios na contorna máis
próxima.
En outros eidos:
- Continuar co traballo das estratexias de resolución de conflictos que se
viñeron traballando ata o dagora.
- Favorecer, no tempo de lecer, outro tipo de actividades para reducir os
conflictos xerados pola competitividade no futbol que, ao longo do curso,
foron excesivos.
- Mellorar a coordinación entre os docentes dos niveis superiores e inferiores
de cara a garantir a verticalidade do desenvolvemento curricular e das
actividades complementarias que se realizan.
- Se é posible, promover que o profesorado participe na aula coa que
comparte o alumnado (3º e 4º/ 5º e 6º) para conseguir a necesaria e
antedita coordinación.
Viñagrande a 23 de xuño de 2016
Asdo: Javier García García
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
47
6.5.- MEMORIA DO 4º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
PROFESORADO QUE INCIDE NO CICLO
A) Titora:
Mª Elisa Álvarez Barreiro
B) Especialistas:
- L. Inglesa: José Mª Martínez
- E. Física: María Castro Nine
- Música: Rocío Bernárdez
- PT: Jacobo Aragunde Soutullo
- Relixión: Mª José Mollinedo
- Orientación: Mª del Carmen Mouriño Mouriño
ALUMNADO
A) RESPECTO DO GRUPO
O curso estivo formado por 12 alumnos no primeiro trimestre. A partires do
segundo foron 11 xa que un deles deuse de baixa para volver ao seu país de
orixe, Alemaña.
Todo o alumnado asistiu con regularidade ás clases e as poucas faltas de
asistencia normalmente foron xustificadas.
B) CASOS PARTICULARES
Neste curso houbo un alumno con adaptación curricular nas materias de lingua
galega e lingua castelá (nivel de terceiro de primaria). Este alumno recibiu o apoio
do profesor de P.T. fóra da aula e dentro da aula recibiu o apoio de dous
profesores do centro.
O alumno que causo baixa, procedente de Alemania, durante o primeiro
trimestre recibiu apoio fóra da aula por parte do profesor de P.T. e na aula por
parte de dous profesores do centro. Dito reforzo estableceuse para que o alumno
se adaptara á lingua galega o mellor posible e así puidera seguir o curso máis
facilmente.
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
48
O resultado foi moi positivo pois o neno obtivo boas notas na primeira
avaliación, chegando incluso a falar e ler en galego.
TEXTOS, MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO E RECURSOS
Libros de texto:
* Lengua 4. Ed. Anaya
* Lingua 4. Ed. Anaya
* Matemáticas 4. Ed. Santillana
* Ciencias da Natureza 4. Ed. Anaya
* Ciencias Sociais 4. Ed. Anaya
Este curso os libros de texto empregados considéranse axeitados para a
consecución dos obxectivos propostos debido á súa temporalización e exposición
dos contidos.SOS
O libro de texto complementouse con outro tipo de recursos:
- Material didáctico impreso creado pola mestra
- Actividades escritas na libreta
- Actividades orais de debate e discusión
- Actividades TIC: búsqueda de información na web e síntese da
mesma...Asemade, no terceiro trimestre, o alumnado traballou con
tablets.
- Actividades de recitado oral de poesías e preparación e representación
dunha obra de teatro.
METODOLOXÍA EMPREGADA
A metodoloxía empregada foi globalizada, tendo como punto de partida os
coñecementos previos do alumnado e atendendo ás súas necesidades, gustos e
preferencias para así traballar nun ambiente o máis motivador posible que facilite
a súa aprendizaxe.
Os materiais e técnicas usadas son diversos e variados, dende o material
impreso no que o alumno ten que traballar guiado polo profesor ata outro traballo
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
49
máis libre e manipulativo, combinando traballo individual con traballo en pequeno
e gran grupo, traballo específico de aula e traballo proposto polos diversos
equipos do centro (EDLG, Biblioteca...) Integráronse dende recursos tradicionais
aos máis innovadores proporcionados polas novas tecnoloxías.
Tratándose de grupos pequenos de alumnos, trátase de que a atención
sexa o máis individualizada posible, atendendo a cada un nas súas dificultades ou
nas súas demandas.
Valorouse moi positivamente a aprendizaxe cooperativa e colaborativa, co
establecemento de grupos de catro, tres e mesmo dous membros. Este traballo
tivo como finalidade a atención á diversidade, a axuda entre iguais, aumentar os
ritmos de traballo e a motivación cara ás tarefas escolares. A experiencia foi moi
ben valorada polo alumnado e pola profesora, pois aumentou tanto os ritmos como
o nivel de concentración, e para os nenos con dificultades supuxo un cambio
grande, pois coa colaboración foron quen de afrontar tarefas complexas para eles
e rematalas. Destacar, por último as actitudes positivas que desenrola o traballo en
grupo, na toma de decisións e procura de acordos. Aínda que este tipo de traballo
tamén ten o seu lado negativo, habendo alumnos que non levan ben a
colaboración e que son demasiado individualistas e prefiren traballar por sí
mesmos, sobre todo nos casos nos que o alumno considera que a totalidade do
grupo non segue o ritmo por el esperado.
CRITERIOS SEGUIDOS NA VALORACIÓN DO RENDEMENTO DO ALUMNADO
A) DOS RESULTADOS
Neste curso, os obxectivos marcados foron acadados totalmente por oito
alumnos.Un alumno non acada os obxectivos de Lingua Castelá e Matemáticas,
outro non acada os obxectivos de Matemáticas, Ciencias da Natureza e Ciencias
Sociais e os aprobados de Lingua e Lengua son o resultado de ter una ACS, este
alumno promociona ao quinto curso por imperativo legal. Por último un alumno
non aproba Ciencias da Natureza.
B) DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
50
No presente curso a acción titorial encamiñouse principalmente a conseguir
que a actitude do alumnado fora receptiva e positiva para a adquisición de novos
coñecementos.
Non obstante, é moi importante que o esforzo e o traballo académico vaia
acompañado dun comportamento correcto por parte do alumnado. Ao principio de
curso algún profesorado queixouse a ese respecto, afirmando que o
comportamento da clase debía mellorar.
O grupo está formado por catro nenas e sete nenos, a relación entre eles
non sempre foi boa; por iso, a titora intentou solucionar e evitar que se repetiran
certos comportamentos e actitudes negativas entre eles. Conversacións,
reflexións, exposicións e explicacións foron dadas e escoitadas para solucionar
eses conflitos.
Do mesmo xeito actuose denda a titoría para solucionar os problemas que
xurdiron entre o grupo e outros nenos do colexio.
Todo o traballo realizado foi encamiñado a crear un ambiente confortable
entre o alumnado e favorecer as boas relacións coa comunidade educativa en
xeral.
ACTIVIDADES DE REFORZO
Ademais dos reforzos expostos no apartdo B) de casos particulares, ao
longo de todo o curso o alumnado que o precisou recibiu reforzo por parte da titora
prestando especial atención ás tarefas realizadas por eles, explicándolles máis
polo miúdo aqueles contidos que lles costaba entender, estando en contacto
frecuente coas familias e intentando, en definitiva, motivalos e facelos partícipes
do día a día no traballo da aula.
PROPOSTAS PARA O VINDEIRO CURSO
Co traballo realizado pola titora intentouse que o comportamento do grupo
mellorara en todos os aspectos.Como propostas para o vindeiro curso,
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
51
recoméndase seguir traballando as relacións entre o grupo para poder conseguir
que a relación entre os nenos e as nenas sexa a mellor.
Recoméndase traballar certos aspectos académicos como a expresión
escrita, a resolución de problemas e, por suposto, desenvolver no alumnado a
capacidade crítica e creativa que lles permitirá ser persoas independentes e
capaces de tomar as súas propias decisións.
Viñagrande a 23 de xuño de 2016
Asdo: María Elisa Álvarez Barreiro
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
52
6.6.- MEMORIA DO 5º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
PROFESORADO QUE INCIDE NO CICLO
- Titora :
Mª Jesús Blanco Martínez
- Especialistas:
L. Inglesa: José Mª Martínez
E. Física: María Castro
Música: Rocío Bernárdez
Relixión: Mª José Mollinedo
Valores Sociais: Manuel Baúlde
Ciencias Naturais: Jacobo Aragunde (a partir de novembro)
ALUMNADO
A) RESPECTO DO GRUPO
Este ano, o curso de 5º EP estivo integrado por 8 alumnos. O alumnado asistiu
con regularidade ao centro, cumpríndose o horario de maneira regular.
Acción titorial
A convivencia entre os alumnos de 5º, en xeral foi boa, pero ás veces houbo
ocasións conflitivas que se solucionaron coa intervención dos mestres/as e co
diálogo dos protagonistas. Pretendemos que a relación entre o alumnado fose
fluída, tentando evitar as situacións de rexeitamento que se puidesen dar,
fomentando valores de tolerancia, empatía e compañeirismo.
Realizouse unha reunión conxunta coas familias a principio de curso e ao
longo dos diferentes trimestres tivéronse reunións individuais na hora de titoría:
unhas veces por vontade propia das familias; outras, por ser convocadas pola
titora, para comentar algunha situación concreta que afectase ao alumno/a.
B) CASOS PARTICULARES
Durante o curso houbo dous alumnos de 5º que recibiron reforzo pedagóxico
na aula por parte de dous profesores nas asignaturas de Matemáticas, Lingua
-
MEMORIA DO CURSO ESCOLAR 2015-2016 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO
53
Castelá e Lingua Galega. Todo o grupo de 5º promociona para 6º curso de EP,
aínda que dous alumnos o fan con unha materia pendente e un alumno con tres
materias pendentes.
TEXTOS, RECURSOS E MATERIAL DIDÁCTICO EMPREGADO
Ao longo do curso empregouse:
Libros de texto de diferentes editoriais:
Lingua Galega: Aprender é crecer. Edit. Anaya
Lengua Castellana: Aprender es crecer. Edit. Anaya
Matemáticas: Saber Hacer. Edit. Santillana
Ciencias