MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales...

33
MEMORIA DE ACTIVIDADE EXERCICIO 2017 1.- DATOS DA ENTIDADE A.Identificación da entidade Denominación: ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS DA BISBARRA DE MUROS (ADISBISMUR) Réxime Xurídico: Asociación sen ánimo de lucro Rexistro de Asociacións: Xunta de Galicia (Consellería de Politica Social) Nº inscripción no rexistro correpondente:E-0124 Data de inscripción: 16/06/1994 CIF: G-15052137 B.Domicilio da entidade Rua: A Robaleira, Abelleira, 15250 Muros, A Coruña Teléfono: 981764377-636846774-881083860 Fax:981764377 Correo electrónico: [email protected] 2.- FINS ESTATUTARIOS O fins principais de ADISBISMUR son: -Defende-la dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade -Promove-la plena integración escolar,laboral e social das persoas con discapacidade -Crea-las condicións para que os socios/as poidan cumprir axeitadamente a misión -Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade -Promove-la lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo - Participar na orientación, coordinación e impulso do movemento asociativo no que estea integrado ADISBISMUR con criterios de solidariedade

Transcript of MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales...

Page 1: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

MEMORIA DE ACTIVIDADE

EXERCICIO 2017

1.- DATOS DA ENTIDADE

A.Identificación da entidade

Denominación: ASOCIACIÓN DE DISCAPACITADOS DA BISBARRA DE

MUROS (ADISBISMUR)

Réxime Xurídico: Asociación sen ánimo de lucro

Rexistro de Asociacións: Xunta de Galicia (Consellería de Politica Social)

Nº inscripción no rexistro correpondente:E-0124

Data de inscripción: 16/06/1994

CIF: G-15052137

B.Domicilio da entidade

Rua: A Robaleira, Abelleira, 15250 Muros, A Coruña

Teléfono: 981764377-636846774-881083860

Fax:981764377

Correo electrónico: [email protected]

2.- FINS ESTATUTARIOS

O fins principais de ADISBISMUR son:

-Defende-la dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade

-Promove-la plena integración escolar,laboral e social das persoas con discapacidade

-Crea-las condicións para que os socios/as poidan cumprir axeitadamente a misión

-Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade

-Promove-la lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo

- Participar na orientación, coordinación e impulso do movemento asociativo no que

estea integrado ADISBISMUR con criterios de solidariedade

Page 2: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

- Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da

discapacidade

-Representa-los seus socios/as no ámbito local, provincial, autonómico, estatal e

internacional

-Desenvolver estratéxias solidarias para que se poidan acadar equilibrios

interterritoriais en calidade e servizos

-Desenvolver programa e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos

especificamente á atención da muller, á atención da infancia e xuventude, á atención

das persoas maiores e a calquera outro colectivo en risco de exclusión social

-Desenvolver programas e actividades relacionados co fomento e participación do

voluntariado social.

-Promover e poñeer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas

con discapacidade, priorizando aquelas que impulsen oo deporte de base

-Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas culturais educativos e de

lecer orientadas ás persoas con discapacidade

-Promover e poñer en funcionamento todo tipo de programas de cooperación e

desenvolvemento no exterior dirixidos ás persoas con discapacidade ou en risco de

exclusión social

- Calquera outro que, de xeito directo ou indirecto, poida contribuir ó cumprimento da

misión de ADISBISMUR ou redundar no beneficio das persoas con discapacidade

3.NÚMERO DE SOCIOS/AS

Número de persoas físicas asociadas:893

Número de persoas xurídicas asociadas:

Número totas de socios/as:893

Natureza das persoas xurídicas asociadas:

4. ACTIVIDADES DESENROLADAS,RESULTADOS E BENEFICIARIOS

A.-Identificación da actividade

Denominación da actividade: Centro de Recursos de Valadares

Servizos comprendidos na actividade: O Centro Ocupacional de Valadares

ofrece os seguintes servizos: Alfabetización,informática,habilidades

sociais, logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia, educación social

,taller de cesteria, taller de viveirismo, taller de cerámica, taller de teatro ,

musicoterapia e bailoterapia , club de lectura ,ximnasia preventiva,

Page 3: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

natación terapeutica ,actividades de ocio e tempo libre, servizo de cociña

e comedor , transporte adaptado, escola de familias, información e

asesoramento,etc.

Breve descripción da actividade:

As actividades realizadas durante o ano 2017 por ADISBISMUR foron as seguintes: 1. Información e Asesoramento a Persoas con Discapacidade.

Ten como obxectivo dar resposta as necesidades das persoas con discapacidade , ás súas familias, aos profesionais implicados nos temas da discapacidade , e as entidades públicas e privadas. Durante o ano 2017 beneficiáronse deste servizo un total de 90 persoas, que acudiron a oficina de ADISBISMUR . Aparte destas consultas presenciais que foron 95 , atendéronse un total de 22 chamadas telefónicas e 7 consultas por outro medios .Que en total foron un total de 124 consultas.

2. Voluntariado O proxecto de voluntariado desenvólvese en colaboración coa COGAMI os servizos que presta ADISBISMUR son os seguintes:

Tramitación e xestión dos protocolos de voluntariado

Información e asesoramento en temas de voluntariado

Formación ós voluntarios

Entrevistas ás persoas que queren participar como voluntarias

Reunións con grupos de voluntarios

ADISBISMUR conta con cinco persoas voluntarias fixas, e con colaboradores eventuais, pero a maioría dos traballadores da Asociación realizan tarefas de voluntariado fora do horario laboral. 3. Servizo de Integración Laboral (SIL)

ADISBISMUR presta este servizo por medio da COGAMI, que envía un profesional, para que entreviste e asesore as persoas con discapacidade da bisbarra que así o soliciten co fin de facilitar a súa inserción laboral. Novos usuarios/as incorporados bolsa do Sil:8

Page 4: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Muros:5

Carnota:0

Mazaricos:1

Outes:2 Entrevistas cos usuarios/as antigos inscritos bolsa do sil: 15

Muros:5

Carnota:2

Mazaricos:2

Outes 6 Novas empresas visitadas: 3 Realización entrevistas de orientación: 12

Muros:5

Mazaricos:5

Outes:2

Carnota:0 Novas ofertas captadas:5 Persoas insertadas:15 4. Alfabetización Nesta actividade desenrólanse distintas habilidades académico funcionais, relacionadas con procesos cognitivos e aprendizaxes académicos, que teñen unha aplicación directa na vida persoal de cada usuario/a, para un maior desenvolvemento fora do Centro.

Os 42 usuarios/as que asistiron a esta actividade estaban repartidos en 2 grupos.

Os puntos relevantes que se veñen traballando na aula son os seguintes, todos eles con outros apartados que tratan o traballo especifico de cada area:

a)Actividade e motivación b) Individualidade c) Autonomía d) Socialización.

Page 5: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

OBXETIVO XERAL: Proporcionar un espazo de seguridade e de

confianza, onde o usuario/a sexa capaz de desenrolar, na medida das súas

posibilidades e de forma individual, as capacidades cognitivas, motrices e

de linguaxe.

OBXETIVOS ESPECIFICOS:

-Reforzar a memoria a través de exercicios escritos e orais .

-Establecer habilidades básicas de interacción persoal tales como saúdos, peticións, criticas,…...

-Relacionar o aprendizaxe na aula co mundo real e tratar de axudar os alumnos/as a practicar o aprendido de maneira proveitosa no día a día fora da aula.

-Fomentar o desenrolo do razoamento abstracto (capacidade de pensar e traballar con cousas e ideas que non están presentes).

-Exercicios de coordinación oculo-manual.

-Fomentar accións para a mellora da atención, percepción e memoria.

-Aumentar o poder de concentración e realización das tarefas.

-Reforzo en actividades de motricidade fina para un maior control e coordinación da musculatura fina, especialmente das mans que permiten levar a cabo tarefas como ensartar, enfiar, encaixar, recortar e utilizalo lapis correctamente.

-Incorporación na aula de novas tecnoloxías como medio de interacción e traballo.

AVALIACIÓN:

A maneira de avaliar e individual e semestral seguindo os plans de traballo que temos estipulados a cada usuario/a

Cada seis meses reúnese o equipo multidisciplinar do Centro e avaliase a cada usuario/a individualmente . O nivel de aprendizaxe entre uns usuarios/as e outros é moi dispar polo que os obxectivos desta actividade están adaptados a cada caso en particular.

INDICADOR DA ACTIVIDADE: O 24% dos usuarios/as que asisten a

alfabetización adquiriron novos coñecementos e reforzaron a memoria.

5. Informática

Page 6: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a

actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. Cada

usuario/a conta cun ordenador no cal de forma individualizada leva a cabo

tarefas segundo as súas habilidades. Os obxectivos plantexados con cada

usuario/a varían dependendo da discapacidade de cada persoa, para

algunhas poñemos como obxectivo acender e apagar o ordenador ,o

manexo do rato, acceder o programa co que queren traballar, etc. ,para

outros traballar con programas básicos en Windows, e programas

específicos que buscan a mellora das capacidades cognitivas .

No mes de decembro realizamos a auto avaliación co seguinte resultado:

O 53% dos alumnos/as saben acender e apagar o ordenador e traballar con xogos O 4% domina bastante ben internet e sabe buscar o que lle interesa na rede O 6% adquiriu coñecementos de mecanografía O 15% traballa sen axuda no programa de formación O 8% teñen dificultades para acender e apagar o ordenador O 14% ten dificultades no manexo do rato

6. Logopedia

En logopedia traballamos con 15 usuarios/as, todos eles

presentaban problemas de comunicación en xeral ou algunha alteración

ou trastorno nos procesos asociados á comprensión e produción da

linguaxe de calquera tipo (oral, escrito, xestual). Imos facer un breve

resumo dos obxectivos xerais que traballamos con eles .

Cuns usuarios/as estamos traballando para implantar un sistema de comunicación aumentativo e alternativo, con outros traballamos a vocalización , a mellora da fluidez verbal, incrementar os niveis de atención focalizada e sostida na mesma tarefa o maior tempo posible, etc.

7. Fisioterapia

Ó longo deste ano 2017 a Unidade de Fisioterapia do Centro dou

cobertura ás necesidades de 14 usuarios/as, aumentando en dous

Page 7: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

respecto ós usuarios/as que se atenderon no 2016. Os catorce usuarios/as

presentan problemas neurosicolóxicos, aínda que de diferente índole e

cas súas particularidades polo cal o tratamento foi individualizado en

tódolos casos

Os obxectivos os que se enfocou o tratamento de Fisioterapia foron os

seguintes:

- Gañar percorrido articular.

- Mellora do control postural.

- Aumento do balance muscular.

- Relaxación de musculatura espática e potenciación da hipotónica

segundo o caso (normalización do ton).

- Mellora do equilibrio e coordinación.

- Mellora da propiocepción.

- Frear o avance das deformidades óseas e atrofias musculares.

- Reeducación da marcha.

- Tratamento de complicacións asociadas.

A frecuencia das sesión oscilou entre unha e cinco sesións semanais dependendo das necesidades e patoloxías.

O termino do ano atopámonos en condicións de valorar a evolución

dos diferentes usuarios/as, usando diversos instrumentos de rexistro e de

medida. Polo tanto podemos concluír que: existiron melloras en 8 dos

usuarios/as, cumprindo dous deles/as tódolos obxectivos que se incluíron

nos seus respectivos plans de traballo. Dos 6 usuarios/as restantes

destacar que dous deles/as comezaron na unidade o último trimestre do

ano co cal aínda non se poden obxectivar melloras; os 4 usuarios/as

restantes non experimentaron cambios no seu estado.

8. TALLER DE TEATRO

Ó taller asisten 41 usuarios/as, estes están repartidos en tres grupos, dous

días á semana, unha hora cada grupo, a actividade de teatro realizase nas

instalacións do centro.

OBXECTIVO XERAL:

Page 8: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Estimular a imaxinación e a creatividade, desenrolando a

intelixencia para permitir á persoa unha maior autonomía,

facilitándolle as relacións interpersoais e a integración social.

OS OBXECTIVOS ESPECÍFICOS FUNDAMENTAIS SON:

Exercitar a memoria.

Potenciar a imaxinación e a creatividade.

Estimular a capacidade expresiva verbal e corporal.

Fomentar as habilidades de carácter sociais e interpersoais

(traballar en grupo, relacionarse cos compañeiros, entrar en

colaboración con outras asociacións, grupos etc.)

Buscar o afán de superación comprometéndose cos obxectivos

fixados e co grupo de traballo do taller.

Metodoloxía das actividades

Ten como referencia de partida, a experiencia enriquecedora do

usuario/a.

Adaptación dos textos e do material didáctico a unha mellor

comprensión para o usuario./a.

Consideración pola asimilación e ritmo de traballo persoal de cada

usuario/a, respectando a dificultade no proceso de aprendizaxe.

O inicio de cada sesión dedicamos uns minutos a relaxación do

corpo e a mente, con exercicios de expresión corporal e música,

estes métodos favorecen o proceso de aprendizaxe.

É o medio axeitado para expresar sensacións, sentimentos,

emocións e pensamentos.

Coa lectura traballamos a expresión verbal e o enriquecemento do

vocabulario.

A través de sesións de escritura dedicamos un espazo para realizar

poesía e relatos curtos.

Desenrolar a imaxinación e creatividade realizando como traballo

de soporte manualidades, como poden ser : titeres disfraces etc ...

O longo do ano dedicamos varias sesións ó ensaio de obras de

teatro para interpretalas en diferentes saídas e festivais.

Page 9: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

A importancia do taller de teatro reflexase a través dos usuario, que lles

resulta máis fácil aprender a desinhibirse, expresarse libremente e con

espontaneidade, cultivando para beneficio do usuario/a aspectos

importantes da persoa como o compañeirismo , a participación e o

compromiso co grupo de traballo.

O taller de teatro axúdalles os usuarios a desenvolverse dunha maneira

máis doada coas relacións interpersoais, sendo este un recurso para un

mellor desenrolo persoal.

9. TALLER DE MANUALIDADES OBXETIVO XERAL:

Desenrolo de habilidades manuais e psicomotoras especificas o contacto con

materiais diversos.

OBXETIVOS ESPECIFICOS:

-Desenrolar a creatividade e estimular a imaxinación para potenciar a

autoexpresión.

-Traballar actividades artísticas que favorezan a mobilidade dos dedos con

diferentes materiais e en distintos ámbitos (mural, obxectos, papel, ….)

-Diferenciación dos cores: recoñecemento e distintas combinacións.

-Traballo de cooperación e interacción facendo as actividades en grupo.

-Desenrolo da psicomotricidade e a expresión corporal.

-Fomentar a expresividade e espontaneidade dos usuarios/as.

-Proporcionar sempre novas habilidades.

DEFINICION DA ACTIVIDADE: A actividade de manualidades realizase no Centro

de Valadares os venres de dez a doce, asisten todos os usuarios/as do centro

intercambiándose co taller de teatro.

As actividades están adaptadas a cada persoa, propiciase un ambiente lúdico

onde poder compartir experiencias motivadores e gratificantes.

Page 10: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

10. CLUB DE LECTURA

A actividade de animación a lectura asisten 36 usuarios/as .Faise nas

instalacións do Centro de Recursos de Valadares, unha vez ao mes en tres

quendas dunha hora cada quenda.

Obxectivo Xeral : Fomentar a lectura

Obxectivos Específicos

Estimular a imaxinación.

ampliar vocabulario.

aprender a falar en público con soltura.

traballar comprensión, expresión oral e escrita.

A elección do libro a ler faise por elección dos usuarios/as. O grupo elixe

entre varios libros, que a coordinadora propón, a lectura escollida será a

que a maioría elixa.

En ocasións a coordinadora fai, contacontos para describir co todo luxo de

detalles as escenas e situacións que se representan no conto. Con isto

consegue a colaboración e atención total dos usuarios/as.

A coordinadora organiza a lectura de poesía co fin de que, os usuarios/as

relacionen as rimas e consigan realizar unha poesía colectiva.

11. TERAPIA OCUPACIONAL

Desde Terapia Ocupacional (TO) realízanse sesións individuais de unha

hora de duración, onde o obxectivo primordial foi crear un perfil

ocupacional de cada usuario/a, onde se avaliou o desempeño nas áreas

ocupacionais; actividades básicas de vida diaria (AVD´s), actividades

instrumentais da vida diaria (AIVD´s), educación/traballo, descanso e sono,

participación social e ocio e tempo libre (Marco de Traballo para a

Práctica de TO).

Page 11: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Unha vez avaliadas as áreas ocupacionais, valóranse as capacidades físicas

e mentais, a través da observación e participación directa no desempeño

das actividades que se propoñen e do uso de probas estandarizadas

(Índice de Barthel, Minimental e a Escala de Lawton&Brody).

Rematado o perfil ocupacional de cada usuario, dáse comezo a

intervención individual, empregando como medio terapéutico a

ocupación.

A terapeuta levou a cabo as seguintes actividades:

1. A nivel físico, co fin de integrar o membro afecto no esquema

corporal e no desempeño das ocupacións, realízanse actividades

bimanuais, de coordinación do membro superior, destreza

manipulativa, motricidade grosa e fina e pinza bidixital. Ademais

realízanse mobilizacións pasivas ou activas, buscando a

normalización dos movementos e tentando corrixir a postura e

posibles compensacións que xa están adquiridas.

2. AVD´s

a. Vestido: ademais de dar reforzo no atado de cordóns

(actividade que xa se desempeña no centro), traballouse

vestido/desvestido (seleccionar prendas adecuadas o

momento do día e o tempo; vestirse e desvestirse en

secuencia).

b. Alimentación: supervisión no comedor dando pautas de

comportamento na mesa e uso correcto dos cubertos. Do

mesmo modo traballouse en sesións individuais para mellorar

sobre todo o uso coitelo.

Page 12: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

c. Arranxo persoal: co fin de adquirir unha adecuada hixiene

buco-dental e converter esta actividade nun hábito diario,

tanto no centro como fogar, realizase o cepillado de dentes

despois da comida.

d. Bañarse, ducharse: obter a capacidade de enxaboado,

aclarado e secado.

3. AIVD´s

a. Uso da xestión financeira: manexo de asuntos económicos,

manexo do euro (moedas e billetes), simulando realizar

pequenas compras e asistindo o supermercado para levar a

cabo o aprendido nas sesións. Intentar extrapolar esta

actividade o domicilio.

b. Xestión do fogar: fomentar a participación activa no fogar nas

tarefas domésticas, como preparar a comida e axudar na

limpeza (facer a cama, fregar a louza, limpar o baño…).

c. Xestión da comunicación: manexo do ordenador en todos

aqueles usuarios que están interesados e comprometidos coa

actividade e que no fogar desempeñan tal actividade.

4. Educación: potenciar as funcións cognitivo-perceptivas traballando

a orientación temporo-espacial e orientación persoal, funcións

executivas ( memoria, razoamento, planificación…), atención

sostida e mantida, praxias, gnosias, etc.

5. Participación social: establecer e manter as relacións sociais e os

patróns de comportamento axeitados nun ambiente comunitario,

realizando simulación de conductas socialmente aceptables.

Page 13: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

6. Ocio e tempo libre: identificar intereses, habilidades e actividades

de ocio axeitados a cada usuario, así como planificar e participar en

actividades na comunidade, mantendo un equilibrio das actividades

de ocio con outras áreas de ocupación.-

12. HABILIDADES SOCIAIS

AFEITADO: Esta actividade realizase os martes, xoves e venres de 10 a 10:30 da maña. Obxectivo xeral : Maior autonomía e hixiene persoal Obxectivos Específicos:

Fomentar a hixiene persoal.

Autocontrol no manexo da maquina de afeitar.

Reforzo da realización da actividade. A esta actividade asistiron un total de once usuarios, dos que ó longo deste ano logrouse que dous conseguiran todos os obxectivos e tres conseguiran gran parte do traballo marcado . LIMPEZA DE BAÑOS: Horario: realízase os martes e xoves, en horario de 10 a 11 da mañá, repartíndose os participantes en dous grupos, un grupo realiza a limpeza os martes e o segundo grupo os xoves. Número de participantes: 35 usuarios/as OBXECTIVO XERAL: Autonomía persoal, independencia e integración social

e laboral.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Participación activa na realización da actividade .

Mostrar unha orde no momento de realizar as tarefas .

Acadar unha maior destreza e habilidade nos labores de limpeza de

baños.

Page 14: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Fomentar o apoio, colaboración e igualdade entre compañeiros/as,

facendo especial fincapé no traballo en equipo.

ATADO DE CORDÓNS:

O obxectivo a conseguir é que o usuario/a sexa capaz de atar os cordóns por si mesmo, incrementando a motricidade e a coordinación da pinza fina para poder levar a cabo dita actividade. Realízase dous días á semana (martes e xoves), alternando estes dous días con outras actividades. Asisten un total de 13 usuarios/as unha hora á semana Dos 13 usuarios/as 4 conseguiron o obxectivo aínda que continúan precisando de reforzo para que non esquezan o aprendido e adquiran unha maior soltura na realización da tarefa. 5 usuarios/as son capaces de realizar parte dos pasos, os 4 restantes inícianse na actividade. MANEXO DO EURO: Neste taller traballouse cos usuarios/as a aprendizaxe da xestión dos cartos, involucrándoos en situacións hipotéticas e reais de manexo de cartos (como por exemplo ir ó supermercado, podendo recoñecer produtos, prezos e o que é máis caro ou máis barato, motivándoos para que pregunten o prezo das cousas que eles/elas desexen.) En definitiva, mellorar a súa calidade de vida a través do uso básico dos cartos. Obxectivo xeral: aprender a xestionar os cartos para que os administren de forma autónoma.

Obxectivos específicos: Adquirir as habilidades, destrezas e coñecementos básico necesarios para desenvolverse con autonomía nesta tarefa.

- Identificar, diferenciar e asociar a través da percepción do tamaño e da cor os diferentes billetes e moedas, así coma o seu valor.

- Adquisición de habilidades sociais necesarias para realizar compras.

Page 15: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

- Acadar a autonomía no manexo do euro en situacións cotiás.

- Inclusión na sociedade. - Iniciación ó cálculo - Estimular as capacidades cognitivas co fin de manter

as funcións mentais superiores e frear o seu deterioro.

- Potenciar a súa autoestima.

Participación: A esta actividade asisten 21 usuarios/as que están divididos en dúas quendas de características similares, alternando con outras actividades. Traballan os martes e xoves en sesións dunha hora cada grupo. Os usuarios practican : A selección do produto e comprobación do prezo ,o pago do produto e a volta dos cartos

Destes 21 usuarios/as catro teñen o obxectivo conseguido, ben é certo que precisan de reforzo continuo para adquirir maior soltura nas operacións e aparte non se esquezan do logrado, os 17 restantes precisan seguir traballando para desenrolarse axeitadamente. MANEXO DO RELOXO:

O obxectivo xeral desta actividade e fomentar unha maior

autonomía nas habilidades básicas da vida diaria.

Saber no momento do día en que nos encontramos, para así poder

organizarnos e distribuír as actividades de cada dia.

A esta actividade asisten un total de 16 usuario/as, dous días á semana,

en dúas quendas de dúas horas cada unha alternado con outras

actividades.

Os usuarios/as practican: O coñecemento das horas , saber en

que momento do día se atopan , tempos, maña, tarde e noite.

MANEXO DA LAVADORA:

A actividade asistiron 6 usuarios/as de luns a xoves de 16:00 a

16:30 horas, todos eles teñen o obxectivo conseguido, pero seguimos

reforzando para que non se lle esqueza.

Page 16: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

OBXECTIVO XERAL:

Autonomía persoal, independencia e integración social e laboral.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

Participación activa na realización da actividade de como

poñer unha lavadora.

Mostrar unha orde nos pasos a realizar para conseguir

realizar a colada.

Acadar destreza e habilidade na labor de como poñer unha lavadora.

POSTA E RECOLLIDA DO COMEDOR:

A esta actividade asisten un total de 32 usuarios/as.

O reparto está feito en grupos de varios usuarios/as (7 u 8) dependendo

do día, de tal forma que a cada un lle corresponda realizala actividade

unha vez por semana Esta tarefa realizarase baixo a supervisión do

monitor/a encargada da mesma.

- Descrición da actividade:

O horario consta de dúas etapas

. Poñer a mesa: De 12:00 A 12:30 . Recoller a mesa: De 15:00 A 16:00

Obxectivo Xeral:

.Incrementar a autonomía persoal e a independencia nas habilidades

relacionadas coa actividade do comedor.

Os obxectivos máis específicos son:

.Reforzar hábitos de hixiene persoal para realizar esta actividade.

.Fomentar o apoio, colaboración e igualdade entre os compañeiros.

. Traballar aptitudes, conceptos e procedementos que lles permitan desenvolverse no ámbito doméstico da vida cotiá.

.Ser capaces de tomar a iniciativa nas labores a realizar.

. Saber diferenciar dereita e esquerda á hora de colocar os cubertos.

Page 17: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

. Poñer a mesa correctamente.

LOGROS ACADADOS E EN PROCESO:

Con 12 usuarios/as, acadouse unha valoración positiva en tódolos

obxectivos fixados. Con 9 usuarios/as , estase traballando o cambio de

aptitude a hora de tomar iniciativa propia nas labores e que participen de

forma voluntaria nas distintas labores de limpeza.

. Con 11 usuarios/as, nestes intres estase a traballar para conseguir que

teñan unha maior destreza e habilidade nas labores do comedor

TALLER DE COCIÑA: Esta actividade realizase tódolos martes de cada semana e están acudindo

a ela un total de 13 usuarios/as repartidos todos eles en 5 grupos de 3 e

4 usuarios/as respectivamente. Realizase baixo a axuda e supervisión da

monitora que esta presente dando as instrucións necesarias e adecuadas

segundo o nivel de comprensión e habilidades dos participantes tendo

sempre en conta as limitacións que presentan debidas as súas

discapacidades.

-OBXECTIVO XERAL:

.Autonomía persoal, independencia e integración social e laboral.

-OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

.Participación activa na manipulación e cociñado de alimentos.

.Participación activa na realización de postres .

.Mostrar unha secuencia ordenada nas actividades de cociña nas que

participan.

. Acadar unha maior destreza e habilidade na cociña.

.Fomentar o apoio, colaboración e igualdade entre compañeiros/as

facendo especial fincapé no traballo secuencial en equipo.

-VALORACIÓN DOS OBXECTIVOS:

PRANCHADO:

Page 18: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

O obxectivo desta actividade e saber usar a prancha de forma

autónoma .Asistiron 6 usuarios/as divididos/as en dous grupos, uns/unhas

realizan a actividade os luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas e os

outros/as os martes e xoves de a mesma hora.

13. EDUCADORA SOCIAL As aulas de Educación Social acudiron 20 usuarias/os. Aquelas e aqueles que presentaron maiores necesidades. O horario e de 10:00h a 13:30 h e de 15:00h a 17:00h de luns a venres. OBXECTIVO XERAL: Mellorar as relacións sociais, culturais e familiares das e dos usuarios/as. Potenciando as habilidades relacionadas coa comunicación (verbal e non verbal) , coa expresión das emocións, co autoconcepto positivo e co traballo en equipo. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Comunicación verbal:

Observación directa.

Instrucións verbais

Modelo de conduta

Repeticións

Prácticas con role-plalling

Prácticas reais Comunicación non verbal:

Análise das condutas non verbais a través de exercicios con fichas e cuestionarios.

Instrucións directas con apoio verbal e físico.

Programas de entrenamento con distinto material audiovisual. Expresión das Emocións:

Reforzo das expresións adecuadas e retirada de atención sobre as inapropiadas.

Uso de distinto material de apoio: “emocionario”, fichas de traballo, tarxetas identificadoras, pictogramas e xogos como o dominó das emocións.

Autoconcepto Positivo:

Page 19: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Entrevistas persoais

Postas en común

Dinámicas e xogos

Xerando espazos para escoita e evitando o uso de etiquetas negativas, sobre todo diante das e dos demais.

Traballo en equipo:

Dinámicas e xogos

Técnicas de grupo

Debates

Obradoiros

Actividades manuais

Visionado de vídeos /películas.

Educación en valores como o apoio mutuo, a horizontalidade, a tolerancia e o respecto.

VALORACIÓN: A grandes resgos pódese afirmar que se alcanzaron pequenas metas, pero que canto menos se estableceu unha dinámica de traballo real, onde case tódolos/as usuarias/os teñen consciencia de necesidade da Educación Social para mellorar as relacións consigo mesmas/os demais. Destacar na maioría dos casos, a necesidade de seguir traballando na mesma liña e cos mesmos exercicios, para adquirir as habilidades requiridas. 14. TALLER DE CESTERIA Este taller ten como obxectivo xeral aprender as técnicas tradicionais do entrelazado de fibras vexetais flexibles (mimbre). O horario do taller é de 15:00 horas a 17:00 horas, de luns a venres Os obxectivos específicos son os seguintes: -Recoñecer as pautas a seguir no taller de cestería (horario, turnos,...). -Coñecer as distintas ferramentas do taller e a súa colocación. -Limpeza e orde do taller. -Diferenciar os distintos grosores do mimbre. -Organizar actividades e crear servicios de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural e lúdico acorde ó taller de cestería. -Crear un ambiente de axuda entre compañeiros/as. -Aprender e comprender o deseño da cestería. -Desenrolar habilidades motrices de axilidade mental e manual

Page 20: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

O seguimento que se fai no taller de cestería e individual e realizase semestralmente, seguindo as pautas marcadas nos plans de traballo. Os obxectivos dos plans baséanse no traballo do usuario/a dende que chega ó taller e prepara o material para o inicio da actividade ata que se acaba cada sesión e se deixa todo en orde para a seguinte. As pautas nas que nos fundamentamos para marcar os obxectivos individuais de cada usuario/a nos plans de traballo son as seguintes: -Coñecer e saber distinguir as ferramentas máis básicas que se empregan para facer os traballos co mimbre ( tesoiras, punzóns, alicates,.....). -Recoñecer o grosor do mimbre e onde esta colocado, para saber cal utilizar en cada momento. -Saber encher os cubos da auga e poñer os rolos de mimbre adecuados en cada caso. -Aprender a trenzar con unha e varias guías. -Saber dar comezo os cestos, das vaias maneiras posibles. -Rematar e comezar os cestos das varias maneiras posibles. -Pintar e vernizar cestas de mimbre. -Ordenar e limpar o taller. -Colocar o material no seu lugar correspondente 15. TALLER VIVEIRISMO Ó taller asiste un grupo de 42 usuarios/as , repartidos en tres equipos de

traballo, fanse quendas e van rotando cada semana.

O horario do taller é de 3 a 5 da tarde de luns a venres

OBXECTIVO XERAL: Formación, inserción laboral, autonomía persoal e reforzo da autoestima.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

Técnicas e practicas de viveiro, hábitos de traballo e habilidades sociais e

relacións interpersoais

Para acadar estes obxectivos, o centro conta cun taller de vivieirismo e

invernadoiros adaptados as necesidades dos usuarios/as e monitores/as

No taller traballamos a mestura de substratos e abono orgánico. ensinándolle ó usuario/a a coller as medidas axeitadas para realizar a

mestura correctamente, para despois levar a cabo o transplante e

Page 21: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

plantación das diferentes especies no viveiros, onde despois se lle da o

coidado axeitado para contribuír ao seu crecemento, ademais o

usuario/a ten que saber diferenciar as distintas especies que hai no

viveiro

Realizáronse saídas con pequenos equipos de traballo para apañar sementes autóctonas da zona, as cales serven despois, para que se recoñeza a planta correspondente á semente.

Tamén cultivamos hortalizas ecolóxicas ( tomates, pementos, cenorias, berenxenas… etc ) as cales se utilizan para o consumo no propio Centro de Recursos

As ferramentas que se utilizan son as básicas de xardinería,(carretilla, diferentes tipos de palas, tesoiras, rastrillo , sacho etc…) dependendo da habilidade e destreza que o usuario/a acade utilizara ferramentas de máis ou menos dificultade.

16.TALLER DE CERAMICA A actividade deste taller levouse a cabo ao longo de todo o ano, dende o día 2 de xaneiro ata o 31 de decembro, contando cun descanso vacacional coincidente co mes de agosto. O horario de impartición foi de luns a venres, de tres a cinco da tarde. Durante o ano 2017 participaron 39 persoas con discapacidade, divididas en tres grupos, coordinándose cos outros dous talleres de cestería e viveirismo, alternándose entre si semanalmente. A actividade que se realizou foi a creación e a elaboración de diferentes pezas con pasta cerámica de baixa temperatura, tanto de forma manual usando as técnicas de churros, pranchas ou modelado, como en serie usando a prensa rotatoria para pedidos de moita cantidade de pezas. O obxectivo principal desta actividade foi o de facilitar aos participantes, a adquisición duns hábitos laborais básicos, como limpeza do posto de traballo, puntualidade, atención, etc., ademais da formación específica en cerámica, que se centra na elaboración de distintas pezas usando as diferentes técnicas; e no rotulado, decorado e esmaltado das mesmas.

Page 22: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Aparte destes obxectivos xerais aproveitase a actividade para fomentar: o traballo en equipo, a psicomotricidade fina das mans e dos dedos, a socialización, xa que facemos actividades conxuntas cos nenos/as dos institutos e dos colexios, a iniciativa e a creatividade; e tamén sirve para que os participantes se valoren a sí mesmos porque o traballo que realizan sirve para que o taller se poda autofinanciar coa comercialización das pezas que eles mesmos elaboraron. 17. MUSICOTERAPIA A musicoterapia serve para optimizar a calidade de vida e mellorar a saúde física, social comunicativa e intelectual e o seu benestar. Nestas sesións utilizamos a música como medio para: Actividades de coordinación física respiratoria nas que se fan movementos nos que se traballan e estiran os músculos que interveñen á hora de tocar instrumentos e cantar, nos que se acompasa a respiración. Relaxación a través de estiramentos e respiración acompasada. Memorización e improvisación a través da expresión verbal, musical e xestual. Traballase a competencia matemática a través das relacións entre a altura dos sons, a frecuencia, as relacións interválicas, as proporcións rítmicas, patróns de diferentes duracións sonoras, etc. Competencia Artística onde a música é un vehículo para desenvolver actividades manuais, destrezas plásticas e artísticas que fortalecen a musculatura fina. En todo o proceso avalíase a situación para adaptar cada unha das actividades a través da observación directa do alumnado nas actividades da clase, nas súas opinións nos debates ou na súa predisposición; reestruturando cada sesión en función das necesidades dos/das estudantes. 18. BAILOTERAPIA No 2017 realizamos a actividade de bailoterapia unha hora semanal,

participando todos os usuarios/as do centro. Esta actividade aumenta a

Page 23: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

creatividade e axuda a deshinbirse, no aspecto físico axuda a manter a

forma.

Na realización da actividade téñense en conta as alteracións

específicas de cada un dos individuos, promovendo as adaptacións

necesarias en cada caso, para que todos podan realizar a actividade

proposta e sexan totalmente partícipes da mesma.

O obxectivo perseguido ca realización desta actividade é principalmente a

mellora xeral da condición física do usuario/a , este obxectivo tentouse

acadar por medio de obxectivos puntuais tales como:

- Mellorar a motricidade grosa.

- Previr a obesidade e problemas futuros de saúde.

- Aumento da autoestima do usuario/a

- Mellora do sentido do ritmo

- Expresar emocións a través do baile, etc

Todos estes obxectivos trabállanse a través dalgunhas modalidades

de bailes que existen: zumba, bachata, vals...

19. PISCINA

Comezamos ca actividade no mes de febreiro, realizándoa tres

veces semanais en quendas de 8 persoas, dunha hora cada quenda, estas

persoas presentan parálises cerebrais, enfermidades neuromusculares,

secuelas de TCs..entre outras patoloxías, tendo en conta as

discapacidades de cada un para tratar de enfocar a actividade dunha

maneira o máis individualizada posible, xa que aínda que hai obxectivos

comúns cada usuario/a ten unhas necesidades específicas.

O obxectivo principal da actividade é a mellora das capacidades

psicomotrices do individuo, xa que a natación persegue descubrir o

máximo as posibilidades do corpo na auga, sendo á vez un medio de

rehabilitación e de integración e conseguindo unha mellora física e

psicolóxica xeral. Como obxectivos máis concretos atopamos.

- O desenrolo da masa muscular e mellora da tonificación.

Page 24: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

- Mellora do equilibrio e coordinación.

- Adquirir e mellorar o coñecemento e autocontrol dos movementos

do corpo (propiocepción).

- Diminución da espasticidade presente en certos usuarios.

- Mellora da rixidez articular, a través da relaxación que se produce

na auga das distintas estruturas.

- Reeducación da marcha.

- Aumento do control postural.

- Aumento da autoestima.

- Incremento da autonomía do usuario.

- Prevención da obesidade

- Superación de fobias

Para traballar estes obxectivos úsanse diferentes axudas (flotadores,

churros, táboas…)segundo o que precisase cada usuario e realizáronse

actividades e exercicios diferentes dependendo das necesidades de cada

un.

20. XIMNASIA DE MANTEMENTO O longo deste 2017 realizamos a actividade de ximnasia de mantemento e

terapéutica, impártese de forma diaria nas instalación de ADISBISMUR

dedicándolle unha hora e participando nela tódolos usuarios. Os usuarios

presentan discapacidades de índole motora, sensorial e/ou mental,

derivadas de lesións medulares, traumatismos cranio-encefálicos (TCs),

secuelas de enfermidades nerviosas periféricas, parálises cerebrais, así

coma diferentes síndromes (Down, síndrome de Lejeune..). Polo cal

durante a realización da actividade téñense en conta as alteracións

específicas de cada un dos individuos, promovendo as adaptacións

necesarias en cada caso, para que todos podan realizar a actividade

proposta e sexan totalmente partícipes da mesma.

Page 25: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

O obxectivo perseguido ca realización desta actividade é principalmente a

mellora xeral da condición psíquico-física do usuario, que se tentou

acadar por medio de obxectivos puntuais tales como:

- Mellora da forza e ton muscular.

- Aumento do rango articular e diminución da rixidez nas

articulacións.

- Prevención de deformacións futuras.

- Integración das áreas afectas.

- Mellorar a motricidade grosa.

- Reeducación da marcha.

- Mellora da propiocepción.

- Mellora das reaccións de equilibrio e enderezamento.

- Aumento das capacidades pulmonares.

- Previr a obesidade e problemas futuros de saúde.

- Aumento da autoestima do usuario.

Para a consecución destes obxectivos traballamos dende diferentes

ópticas, a través do xogo de deportes en equipo (que fomentan o traballo

en grupo e a colaboración) tanto como en deportes individuais (cos cales

se traballa de forma máis personalizado as capacidades da persoa). Tamén

se realizaron camiñatas, circuítos con estacións para o traballo de

diferentes aspectos…tódalas actividades enmarcadas nun contexto lúdico,

21. ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE

XANEIRO Realizamos festivais benéficos, nos Concellos de Outes

e Mazaricos

FEBREIRO: Obradoiro de cestería no CEIP do Pumar-Urdilde e festa

de entroido no centro de dia de Outes e no centro de Valadares

MARZO: Participamos no concurso de comparsas do Concello de

Outes , asistimos a unha escola de tenis en Outes e representamos

obra de teatro no colexio Emilio Navaqües en Outes

Page 26: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

ABRIL: Representamos a Obra de Teatro e realizamos obradoiros

de cerámica no Instituto Fontexería, tamén asistimos a escola de

tenis e representamos unha obra na casa de cultura de Muros

MAIO: Escola de Tenis, asistimos a representación dunha obra de

teatro na casa de cultura de Muros, visitáronos no centro os

alumnos do IES Lamas de Castelo de Carnota, para realizar

obradoiros fixemos unha excursión a Arteixo para participar na

actividade Sensibilidade educativa do mundo da enerxía”,

invitados pola Fundación Repsol.

XUÑO: Participamos no Deporte Solidario en Area Central e nas

xornadas deportivas de Decathlon, participamos no proxecto

Gavea, vela adaptada en San Xenxo, excursión a Camelle a visitar o

museo do alemán, xornada ecuestre en Arzúa, visita dunha casa

adaptada en Santiago, excursión a Boiro a praia

XULLO: Xornadas de Tenis Marineda en Cambre, excursión a praia

de Broña, no concello de Outes, Xornadas mariñeiras: “ Muros Mira

o Mar”, Festa de San Cristovo de Corzón en Mazaricos, Churruscada

a beira do Rio Tines en Outes, proxecto GAVEA en Muros,

excursión a praia de San Francisco en Louro, excursión o

Campamento de Verán “Tenis Marineda” en Cambre e excursión

Aquapark Cerceda.

SETEMBRO: Xornadas deportivas, organizadas por Misela en

Lousame e asistimos a romaría de San Campio en San Orente

OUTUBRO: Asistimos as xornadas de vida saudable , na Alameda de

Santiago , participamos nas xornadas organizadas pola Creba”

Olimpiadas A Creba 2017”, asistimos a un almorzo saudable

organizado polo Lidel en A Coruña, e participamos nas xornadas

deportivas en Outes

NOVEMBRO: Asistimos a concentración de Accesibilidade en Noia,

participamos na actividade “ Polo San Martiño, peón do Camiño”

no Pozo do Cachón en Muros, participamos na actividade “UN MAR

PARA TODOS” organizada por ADECO-DEA!, participamos lendo

unhas poesías na concentración contra a violencia de xénero

Page 27: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

organizada polo concello de Muros e participamos na actividade

contra a violencia de xénero na casa da cultura de Outes

representando unha obra de teatro

DECEMBRO: Xornada de deporte para todos no peirao de Muros,

organizada pola Asociación Deportivo cultural da Bisbarra de

Muros, participamos no Mercadiño Solidario a favor de Cáritas;

organizado polo Concello de Muros, festa de nadal, no centro social

de Outes e no centro de Valadares

B.- RECURSOS HUMANOS ASIGNADOS A ACTIVIDADE

Persoal asalariado:18 persoas

Persoal en contrato de servizos:2 persoas

Persoal voluntario:6 voluntarios

C.-COSTE E FINANCIACIÓN DA ACTIVIDADE:

Gastos por axuda e outros:

a)axudas monetarias.........................0

b)axudas non monetarias................. 0

c)gastos por colaboracións e do órgano do goberno........6.042,15

Aprovisionamentos:

a)compras de bens destinados a actividade................1.147,67

b)compras de materias primas...................................

c)compras de outros aprovisionamentos...................47,37

d) traballos realizados por outras entidades................19.682,02

e) perdas por deterioro........................................0

Gastos de persoal:......................................296.109,18

Outros gastos da actividade:

a)arrendamentos e canons...............................89,26

b) reparacións e conservación...........................17.909,76

c) servizos de profesionais independentes..........7.650,74

Page 28: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

d) transporte.......................................................15.650,07

e)primas de seguros............................................10.387,14

f) servizos bancarios........................................... 956,83

g) publicidade, propaganda e relacións públicas...0

h)suministros.....................................................43.099,42

i)tributos...............................................................442,94

j) perdas por créditos incobrables derivados da actividade

k) outras perdas de xestión corrente

Amortización de inmobilizado...............................43.068,72

Gastos financeiros..................................................0

Diferencia de cambio..............................................0

Adquisición de inmobilizado....................................1.486.643,28

COSTE TOTAL DA ACTIVIDADE.....................462.283,17

FINANCIACIÓN

Coutas de asociados……………………………………………2.412,02

Prestacións de servizos da actividade …………………84.915,08

Ingresos ordinarios da actividade mercantil……….27.080,29

Rendas e outros ingresos derivados do patrimonio

Ingresos con orixe na Administración Pública

a) Contratos co sector público……………………………286.483,37

b) Subvencións………………………………………………….. 92.570,96

c) Concertos

Outros ingresos do sector privado

a) Subvencións…………………………………………………21.377,74

b) Donacións e legados…………………………………….100

c) Outros

FINANCIACIÓN TOTAL DA ACTIVIDADE……………………..514.939,46

Page 29: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

D. BENEFICIARIOS /AS DA ACTIVIDADE

Número total de beneficiarios/as: No centro de Recursos de Valadares

atendemos a 42 persoas con discapacidade, ademais prestamos

información e asesoramento a 112 persoas con discapacidade

Requisitos esixidos para ostentar a condición de beneficiario/a:

ADISBISMUR asesora e informa a tódalas persoas con discapacidade, o

único requisito e ter unha discapacidade ou estar en risco de exclusión

social, non se cobra nada polo servizo, pero a todas as persoas con

discapacidade ofrecéselle a posibilidade de ser socio, polo que abonaría a

cantidade de 50 euros ao ano

Grado de atención que reciben os beneficiarios/as:

E. RESULTADOS OBTIDOS E GRADO DE CUMPRIMENTO

Resultados obtidos coa realización da actividade: Os resultados son

positivos

Grado e nivel de cumprimento dos fins estatutarios: O 100% das

actividades que realiza ADIBISMUR compren cos seus estatutos

5.INFORMACIÓN XERAL SOBRE MEDIOS DA ASOCIACIÓN

A. Medios persoais

Persoal asalariado fixo: 10 traballadores fixos

Número medio: 10

Tipo de contrato: Indefinido

Categoría ou cualificación profesional: Grupos de cotización 2-6-8 -10,

tarifas 10-9-6-7-3-2-1

Persoal asalariado non fixo: 5 traballadores

Número medio: 5

Tipo de contrato: Temporal

Categoría ou cualificación profesional: Grupos de cotización 2 -6 -

10,tarifas 6-2-8

Profesionais con contrato de arrendamento de servizos: 2 persoas

Page 30: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Número medio:3

Características dos profesionais e natureza dos servizos prestados a

entidade: Persoal de limpeza , transporte e atención psicolóxica

Voluntariado: 7 persoas

Número medio: 7

Actividades nas que participan: Ocio e tempo libre, musicoterapia ,

bailoterapia e actividades deportivas

B. Medios materiais

Centros ou establecementos da entidade

Número:1 (Centro de Recursos de Valadares )

Titularidade ou relación xurídica: Propiedade de ADSBISMUR

Localización: Lugar de Touzas, Valadares, Outes

Características: Centro de atención as persoas con discapacidade,

totalmente adaptado en aulas e talleres, con 4 invernadoiros na zona

exterior e terreo para plantación

Equipamento

Número: 6

Equipamento e vehículos: 6 furgonetas adaptadas

Localización/identificación: Están no Centro de Recursos de Valadares

para realizar o transporte do centro

C. Subvencións públicas

Orixe: Conselleira de Política Social

Importe: 954,38 € e 1.395 €

Aplicación: Actividade de voluntariado ( Impartición de charlas e

formación dixital ) e actividades de voluntariado xuvenil (Actividades de

ocio e deportivas)

Orixe: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Importe: 27.096,93

Page 31: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

Aplicación: Proxecto de agricultura ecolóxica

Orixe: Consellería de Economía, Emprego e Industria

Importe: 53.001

Aplicación: Proxecto “ Capacitación, Formación e Inserción) desenrolado

no Centro de Valadares

Orixe: Deputación de A Coruña

Importe: 17.500

Aplicación: Mantemento do Centro de Valadares

Orixe: Concello de Outes

Importe:1.925

Aplicación: Actividades de tenis, musicoterapia e teatro

Orixe: Concello de Muros

Importe:1.395

Aplicación: Actividades de teatro e musicoterapia

6. RETRIBUCIÓNS DA XUNTA DIRECTIVA

A. No desempeño das súas función

Concepto:

Orixe:

Importe

B. Por función distintas as exercidas como membro da xunta

directiva

Posto de traballo: Xefa de administración

Habilitación estatutaria: Artigo 27 dos estatutos

Importe: 24.264,80

Page 32: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo

7. ORGANIZACIÓN DOS DISTINTOS SERVIZOS, CENTROS OU

FUNCIÓNS NO QUE SE DIVERSIFICA A ACTIVIDADE DA ENTIDADE

ADISBISMUR promove a igualdade de oportunidades nas persoas con

discapacidade por medio dunha serie de actividades e servizos como:

Formación, información e asesoramento, emprego, saúde, accesibilidade

universal, ocio e tempo libre, etc..

Dispón dun Centro de Recursos no Concello de Outes, onde acoden

diariamente 42 persoas con discapacidade a actividades de formación

prelabora,l nos talleres de cestería, cerámica e viveirismo, habilidades

sociais, alfabetización, informática, atención social, terapia ocupacional,

fisioterapia, logopedia, taller de teatro, etc,, tamén dispoñemos de servizo

de cociña e comedor e transporte adaptado. ADISBISMUR tamén ofrece

os seus servizos no concello de Muros, nunha oficina ,na primeira planta

do Centro de Dia de Muros, cedida polo Concello, onde acoden as persoas

con discapacidade da bisbarra a solicitar pensións, emprego,

reclamacións, etc. .ADISBISMUR tamén creou un C.E.E. sen ánimo de

lucro, onde están traballando 3 persoas con discapacidade e que se adica

a actividades de viveirismo e xardinería

Firma da memoria polos membros da xunta directiva ou órgano de

representación da entidade

Nome e apelidos Cargo Sinatura Ramón Sestayo Lestón Presidente

Herminio Martinez Lago Vicepresidente

Manuela Lamela Caamaño Secretaria

Vicente Abelleira Cambeiro Tesoureiro Yolanda Pedrosa Estévez Vocal

Amable Santiago Lariño Vocal

Rosa Freire González Vocal Fina Lestón Barreiros Vocal

Page 33: MEMORIA DE ACTIVIDADE - COGAMI · A actividade de informática asistiron 41 usuarios/as, os cales acudiron a actividade os luns e mércores, unha hora diaria en dous grupos. ... corpo