MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1....

35
MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010 Santiago de Compostela, maio de 2011

Transcript of MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1....

Page 1: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA

ANO 2010

Santiago de Compostela, maio de 2011

Page 2: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

2

1. INTRODUCIÓN ....................................................................................................3 2. ÁREA DE XESTIÓN DOCUMENTAL............................................................4

2.1. Recepción de fondos documentais................................................ 5 2.1.1. Procedencia. Formas de ingreso ............................................ 5 2.1.1.1.Transferencias ................................................................................. 5 2.1.1.2. Doazóns.......................................................................................... 10 2.1.1.3. Compras ......................................................................................... 10

2.1.2. Situación actual: volume e composición dos fondos............ 11 CADRO DE ORGANIZACIÓN DE FONDOS DO ARQUIVO DE GALICIA . 11 CADRO DE ORGANIZACIÓN DE FONDOS NO DEPÓSITO DO TAMBRE 13

2.2. Identificación, valoración e selección ....................................... 14 2.3. Organización e descrición................................................................. 16

2.3.1. Descrición de fondos. Estado actual .................................. 16 2.3.2. A Biblioteca auxiliar ..................................................................... 17

2.4. Conservación documental ................................................................ 18 2.4.1. Desinsectación de fondos documentais: ................................... 18

3. ÁREA DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN ........................................ 18 3.1. A Comunicación ...................................................................................... 18 3.2. A difusión.................................................................................................... 19 3.2.1. Exposicións............................................................................................ 19 3.2.2. Cursos, congresos, conferencias ou grupos de traballo...... 19 3.2.3. Publicacións .......................................................................................... 20 3.2.4. Visitas escolares.................................................................................. 21

3.3. Normas técnicas ..................................................................................... 21 4. XESTIÓN ADMINISTRATIVA.....................................................................22

4.1. Xestión orzamentaria .......................................................................... 22 4.1.1. Gastos de persoal e correntes ............................................... 22 4.1.2. Gastos de investimento (Capítulo VI) .............................. 23

5. BALANCE DE RESULTADOS........................................................................24 ANEXO I......................................................................................................................26

Page 3: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

3

1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da consellería de Cultura e Turismo, a Subdirección Xeral do Arquivo Nacional de Galicia coa finalidade de exercer as funcións de centro de referencia do Sistema de arquivos de Galicia e de arquivo histórico do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia (Decreto 17/2008, do 7 de febreiro - DOG núm. 35, do 19 de febreiro-). Contará para elo cun servizo (Servizo do Arquivo Nacional de Galicia). Como consecuencia da reestruturación da Xunta de Galicia do ano 2009, esta subdirección xeral convértese en Subdirección Xeral de Arquivos e Museos, pasando agora o servizo do Arquivo Nacional de Galicia a denominarse Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo -DOG núm. 125, do 29 de xuño-). Finalmente, o 24 de decembro de 2010 publícase no Diario Oficial de Galicia o Decreto 207/2010, de 10 de decembro, polo que se crea o Arquivo de Galicia. No seu artigo 5 di que se lle adscriben os medios persoais e materiais do Arquivo Xeral da Administración da Xunta de Galicia e do Servizo do Subsistema de Arquivos de Galicia, dándoselle, de esta forma, verdadeira carta de natureza ao arquivo intermedio e histórico da Xunta de Galicia. No artigo 2 deste decreto establécense as súas funcións: a) Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dependentes dela cun ámbito territorial superior a unha provincia. b) Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde depositar nel. c) Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia. d) Organizar e describir os fondos documentais que custodie. e) Conservar os fondos documentais que custodie.

Page 4: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

4

f) Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia. g) Facilitar o acceso aos documentos que custodie e á información contida neles nos termos que establece a lexislación. h) Difundir por calquera medio os fondos documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia. i) Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia. j) En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia. Os arquivos centrais das consellerías da Xunta de Galicia dependerán funcionalmente do Arquivo de Galicia. Para o cumprimento destas funcións o Arquivo estrutúrase en dúas áreas de carácter transversal: a área de xestión documental e a área de comunicación e difusión. A partir do Decreto 3/2011, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo (DOG núm. 17, do 26 de xaneiro) intégrase na estrutura da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, órgano ao que lle corresponde a dirección técnica do Arquivo.

2. ÁREA DE XESTIÓN DOCUMENTAL Nela se agrupan as seguintes funcións: a recepción, a identificación, valoración e selección, a organización e descrición e a conservación dos fondos documentais do Arquivo de Galicia, así como a coordinación da reprodución con fins de conservación do patrimonio documental de Galicia. Desde o ano 2004 non se realizaba nos servizos centrais da Xunta de Galicia unha enquisa para coñecer o volume documental das diferentes consellerías e órganos dependentes e as condicións en que se xestionan e almacenan os documentos en que se plasma a actividade administrativa da Administración. Tendo en conta que só coñecendo estas premisas se pode planificar adecuadamente o tratamento integral posterior deses fondos documentais (identificación, valoración e selección; transferencia; descrición e servizo ás unidades produtoras e aos cidadáns), abordouse este

Page 5: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

5

traballo mediante a contratación dunha empresa especializada, baixo a supervisión da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos. A realización da enquisa non substitúe a elaboración dun censo de arquivos, instrumento que debe recoller con maior precisión outros datos non recollidos de forma exhaustiva na enquisa, como a estrutura e a composición dos fondos documentais. Pero foi a vía elixida para obter en pouco tempo un coñecemento básico da realidade documental da Xunta de Galicia. O resultado foron 299 lugares de almacenamento censados, en Santiago e outros concellos, como Brión, A Estrada ou Cerceda; 51.000 metros de andeis ocupados por documentos contabilizados (un 60% máis que no 2004), a constatación do recurso masivo á contratación de empresas de almacenamento externo, así como da falla de control real sobre esa masa documental e a insuficiencia de espazo destinado a depósito no Arquivo de Galicia para acoller esa masa. Estes resultados poñen de manifesto unha vez máis a urxente necesidade de creación da Comisión de Avaliación documental de Galicia, que determine os criterios de valoración das series documentais, aprobe as correspondentes táboas de valoración e as solicitudes de eliminación nos casos en que sexa pertinente. 2.1. Recepción de fondos documentais 2.1.1. Procedencia. Formas de ingreso 2.1.1.1.Transferencias No ano 2009 foran transferidas polo Arquivo Xeral da Administración da Xunta de Galicia, situado no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, un total de 3.083 unidades de instalación. As transferencias foron realizadas nos meses de febreiro, marzo, maio, xuño e setembro. Tendo en conta que deberán ingresar no edificio situado no Gaiás os documentos que sexan de conservación permanente, os procesos de transferencias estarán determinados polo ritmo dos traballos de identificación, valoración e proposta de selección de series documentais producidas polos diferentes órganos e entidades dependentes da Xunta de Galicia.

Page 6: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

6

No ano 2010 ingresaron 1.004 u.i. en dúas transferencias (desde ese mesmo arquivo, agora integrado xa plenamente no Arquivo de Galicia como depósito intermedio) realizadas nos meses de marzo e de maio, co detalle que expresa a táboa que consta abaixo.

DATA ENTRADA

PRODUTOR DOCUMENTACIÓN DATAS EXTREMAS

Nº UNIDADES

M.L

Consellería da Presidencia e Administracións Públicas

Rexistro de entrada de correspondencia

1988/92 4 0,5

Consellería da Presidencia e Administracións Públicas

Rexistro de saída de correspondencia

1985/92 6 0,8

Consellería de Economía

Rexistro de entrada de correspondencia.

1983/90 3 0,4

Consellería de Economía

Rexistro de saída de correspondencia.

1987/89 2 0,3

Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Rexistro de entrada de correspondencia

1985/91 13 1,75

Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Rexistro de saída de correspondencia

1982/91 11 1,48

Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Rexistro xeral de correspondencia

1979/91 168 22,6

Consellería de Pesca

Rexistro xeral de correspondencia

1988/92 2 0,2

Consellería de Pesca

Rexistro de entrada de correspondencia.

1989/92 6 0,8

Consellería de Pesca

Rexistro de saída de correspondencia

1986/92 4 0,5

15/03/2010

Consellería de Industria

Rexistro de entrada de correspondencia.

1991 1 0,1

Consellería de Industria

Rexistro de saída de correspondencia.

1991 1 0,1

Consellería de Educación

Rexistro xeral de correspondencia

1979/1993 97 12,6

Consellería de Educación

Rexistro de entrada de correspondencia

1983/94 48 6,4

Consellería de Educación

Rexistro de saída de correspondencia

1982/92 21 2,8 15/03/2010

Consellería de Sanidade

Rexistro xeral de correspondencia

1983/93 149 20,1

DATA ENTRADA

PRODUTOR DOCUMENTACIÓN DATAS EXTREMAS

Nº UNIDADES

M.L

Page 7: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

7

Consellería de Sanidade

Rexistro de entrada de correspondencia

1979/92 12 1,6

Consellería de Sanidade

Rexistro de saída de correspondencia.

1979/92 27 3,6

Consellería de Agricultura

Rexistro de entrada de correspondencia

1983/92 10 1,3

Consellería de Agricultura

Rexistro de saída de correspondencia

1981/92 6 0,8

Presidencia da Xunta

Traballos e Informes (memorias,censos, estudios)

1982-1991

20

2,7

Presidencia da Xunta

Expedientes Consello da Xunta e informes

1998-2001

26 3,5

Consellería de Presidencia e Administracións Públicas

Estudios e informes 1978/89 2

0,2

Consellería de Presidencia e Administracións Públicas

Comisión Mixta Transferencias Xunta -Deputacións

1978/89 1+1*

0,2

Consellería de Presidencia e Administracións Públicas

Expedientes de contratos

1983/85 1

0,1

Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Informes 1986/89 4 0,5

Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Informes 1982/83 1 0,1

Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Estudios 1977/93 19 2,5

Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Informes 1980/85 3 0,4

12/05/2010

Ordenación do Territorio e Obras Públicas

Estudios 1984/85 4 0,5

DATA ENTRADA

PRODUTOR DOCUMENTACIÓN DATAS EXTREMAS

Nº UNIDADES

M.L

Page 8: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

8

Industria Informes 1985/91 2 0,2 Industria Estudios 1983/86 2 0,2 Industria Estudios 1979/93 8 1 Cultura Informes (55911) 1979/87 1* 0,1 Cultura Preguntas

parlamentarias 1988/89 3 0,4

Cultura Actas do Consello da Cultura

1983/83 1* 0,1

Cultura Expedientes das reunións do Consello da Xunta

1982/83 1* 0,1

Cultura Expedientes das reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

1982/83 1* 0,1

Cultura Documentación xeral relativa a transferencias

1983/90 1+1* 0,2

Cultura Libro rexistro de entrada de correspondencia.

1980/90 15 2

Cultura Libro rexistro de saída de correspondencia

1980/90 60 8,1

Cultura Expedientes de congresos (I Congreso do Folclore das Comunidades e Nacionalidades históricas)

1984/85 6 0,8

Cultura Guía cultural de Galicia (censo de escritores)

1982/83 1* 0,1

Cultura Congresos,cursos e xornadas (Xornadas sobre a integración da Agricultura galega na CEE)

1980/80 1 0,1

Cultura Transferencias en materia de bibliotecas

1980/89 1 0,1

Cultura Comisións e Consellos de Patrimonio

1982/90 2 0,2

Cultura Expedientes de obras 1979/90 20 2,7 Cultura Proxectos de obras 1983/89 6 0,8 Cultura Expedientes de

subvencións de rehabilitación de edificios de especial interese cultural

1985/87 1 0,1

Cultura Denuncias 1979/86 8 1 Cultura Denuncias/reclamacións

(Patrimonio) 1979/90 1 0,1

12/05/2010

Cultura Informes de alleamentos de Bens de Interese Cultural

1985/90 1 0,1

DATA ENTRADA

PRODUTOR DOCUMENTACIÓN DATAS EXTREMAS

Nº UNIDADES

M.L

Page 9: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

9

Cultura Expedientes

sancionadores 1988/89 1* 0,1

Cultura Recursos administrativos

1982/90 18* 2,4

Cultura Actas da Comisión de Patrimonio histórico da cidade e Camiños de Santiago

1984/92 6 0,8

Cultura Expedientes de protección do patrimonio eclesiástico

1987/89 2 0,2

Cultura Informes de proxectos de obras do patrimonio da Igrexa

1986/88 1 0,1

Educación Transferencias de competencias

1982/85 2 0,2

Agricultura Informes 1979/87 8 1 Familia Libros rexistro de

entrada de correspondencia

1983/90 9 1,2

Familia Libros rexistro de saída de correspondencia

1983/92 94 12,6

Familia Correspondencia (información e rexistro)

1978/86 1 0,1

Familia Transferencias de competencias

1983/84 1* 0,1

Xustiza Libros rexistro de entrada de correspondencia

1982/93 6 0,8

Xustiza Informes/xornadas 1980/94 17 2,2 Sergas Correspondencia

(rexistro xeral) 1985/93 12 1,6

Sergas Libros rexistro de entrada de correspondencia

1990/90 1* 0,1

Sergas Libros rexistro de saída de correspondencia

1990/90 1+1* 0,2

Sergas Expedientes de transferencias de competencias hospitalarias

1980/91 7 94,5

Sergas Actas de transferencias de competencias

1980/85 1 0,1

Sergas Informes sobre transferencias de competencias

1982/82 1 0,1

Sergas Expedientes Comisión Mixta de Transferencias de competencias

1983/86 3 0,4

Sergas Informes 1984/87 1 0,1

12/05/2010

Sergas Correspondencia. Dirección xeral de asistencia sanitaria

1983/92 3 0,4

* Unidade compartida

TOTAL 1.004 227,33

Page 10: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

10

2.1.1.2. Doazóns Polo Decreto 120/2010, do 1 de xullo (DOG núm. 138 do 21 de xullo) publícase a aceptación polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 1 de xullo, de dúas doazóns de documentos, logo do respectivo informe favorable da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia. Son as realizadas por dona Dolores Soler Yolif e os seus fillos e dona Daría Vilariño Pintos e os seus irmáns. A primeira comprende 165 unidades de instalación, compostas por documentos relacionados na súa maior parte co exercicio da avogacía de don Clemente González Peón (marido e pai respectivamente dos doantes), así como outras das súas actividades. Cronoloxicamente estes documentos están comprendidos entre 1901-2003, con predominio da segunda metade do século XX. Foron valorados en 24.000 euros. A segunda comprende 43 unidades de instalación en carpetas tamaño folio ou cuarto, formadas por documentos da familia Vilariño Pintos, nos que abondan os de carácter patrimonial, pero entre os que tamén hai outros de carácter persoal e profesional. As súas datas extremas correspóndense co período comprendido entre 1404-1941, con predominio dos séculos XIX e XX. Foron valorados en 8.208 euros. O día 22 de maio a familia Vilariño Pintos fixo unha nova oferta de doazón, que completa a anterior, de 18 unidades de instalación tamaño cuarto e catro unidades con títulos, diplomas e impresos. Foi aceptada, xa no ano 2011, por Decreto 64/2011, de 24 de marzo (DOG nº 69, do 7 de abril). Ademais destas doazóns, o día 9 de novembro de 2010, D. Daniel Buján Núñez, Subdirector Xeral de Bibliotecas, fixo entrega ao Servizo do Subsistema de Arquivos de Galicia dun libro copiador de cartas dos anos 1887-1988, da empresa viguesa Paulino Yáñez y Hermanos e 157 fichas de menores do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra dos anos 1944-51, que ingresaran con anterioridade na Biblioteca de Galicia. 2.1.1.3. Compras O día 12 de marzo D. Víctor Calvo Sotelo Ibáñez Martín, D. Francisco Bustelo Ruesta e D. Francisco José Bustelo Carrasco, en representación das tres ramas descendentes da orixinaria familia

Page 11: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

11

Bustelo, propietarias do proindiviso do que forma parte unha casa situada na rúa Amando Perez de Ribadeo (Lugo), mediante carta dirixida á Subdirección Xeral de Arquivos e Museos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, ofrecen en venta, á Consellería de Cultura e Turismo, polo prezo de 92.000 € (noventa e dous mil euros) o arquivo da Casa de Banca e Comercio Bengoechea. O arquivo, que foi recollido en Ribadeo e trasladado de forma provisional á sede do Arquivo de Galicia, para o seu exame e estudo, os días 8 e 9 de abril de 2010, está composto por 59 m. de documentos de arquivo; 29 m. de impresos, a maior parte deles libros, e un exemplar do Mapa de Galicia de Domingo Fontán. Comprenden o período cronolóxico entre 1494-1952 con predominio dos séculos XIX e XX. A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia emitiu informe favorable para a súa compra, na súa reunión do 1 de xullo de 2010.

2.1.2. Situación actual: volume e composición dos fondos Así pois, a finais do ano 2010 a composición dos fondos do Arquivo de Galicia, tendo en conta a súa dobre dimensión de arquivo intermedio e histórico é a seguinte: CADRO DE ORGANIZACIÓN DE FONDOS DO ARQUIVO DE GALICIA

Page 12: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

12

1. FONDOS PÚBLICOS ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA DATAS EXTREMAS Nº NIDADES ALTA DIRECCIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA 1982-2004 3.041

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS 1982-2008 4.998

ECONOMÍA E FACENDA 1982-2007 12.647

COMERCIO E CONSUMO 1982-2000 1.674

CULTURA 1982-2007 5.258

DEPORTE 1984-1991 168

EDUCACIÓN E INVESTIGACIÓN 1982-2005 1.762

INDUSTRIA 1982-1998 2.958

MEDIO AMBIENTE 1982-2005 1.297

MEDIO RURAL 1982-2008 7.702

PESCA 1982-1994 1.352

POLÍTICA LINGÜÍSTICA 1982-2000 852

POLÍTICA TERRITORIAL 1982-1997 5.984

SANIDADE 1982-1996 3.574

SEGURIDADE E INTERIOR 1982-1993 277

SERVIZOS SOCIAIS 1982-2002 3.658

TRABALLO 1982-2005 1.767

TURISMO 1982-2005 1388

---------------

SUBTOTAL 70.357

ADMINISTRACIÓN PERIFÉRICA DO ESTADO ECONOMÍA E FACENDA 1978-1982 386 CULTURA 1943-1981 255

EDUCACIÓN E INVESTIGACIÓN 1934-1982 192

INDUSTRIA 1973-1982 2

MEDIO RURAL 1950-1982 213

PESCA 1960-1982 77

POLÍTICA TERRITORIAL 1843-1981 100

SANIDADE 1974-1982 4

SERVIZOS SOCIAIS 1969-1982 2

TRABALLO 1974-1982 1

TURISMO 1939-1982 176

-------------- SUBTOTAL 1.408

Page 13: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

13

ADMINISTRACIÓN CORPORATIVA CÁMARA OFICIAL DE PROPIEDADE URBANA 1927-2000 141 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2. FONDOS RIVADOS CLEMENTE GONZÁLEZ PEÓN 1901-2003 165 FAMILIA VILARIÑO PINTOS 1404-1968 431 TOTAL 72.114 Neste cadro figuran de forma conxunta tanto os documentos do depósito do Tambre como os custodiados no edificio do Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia. No cadro que se inclúe a continuación figuran separadamente a parte custodiada no depósito do Tambre. CADRO DE ORGANIZACIÓN DE FONDOS NO DEPÓSITO DO TAMBRE 1. FONDOS PÚBLICOS ADMINISTRACIÓN PERIFÉRICA DO ESTADO / PREAUTONÓMICA/AUTONÓMICA DATAS EXTREMAS Nº UNIDADES ALTA DIRECCIÓN DA COMUNIDADE AUTÓNOMA 1979-2004 2.767

ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS 1950-2008 4.803

ECONOMÍA E FACENDA 1978-2007 12.843

COMERCIO E CONSUMO 1976-2000 1.661

CULTURA 1944-2007 4.527

DEPORTE 1979-1991 167

EDUCACIÓN E INVESTIGACIÓN 1934-2005 11.813

INDUSTRIA 1973-1998 2.912

MEDIO AMBIENTE 1997-2005 1.288

MEDIO RURAL 1950-2008 7.558

PESCA 1960-1994 1.365

POLÍTICA LINGÜÍSTICA 1980-2000 852

POLÍTICA TERRITORIAL 1943-1997 5.218

SANIDADE 1974-1996 3.458

SEGURIDADE E INTERIOR 1979-1993 269

SERVIZOS SOCIAIS 1968-2002 3.541

TRABALLO 1974-2005 1.738

1 Unidades de instalación non normalizadas

Page 14: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

14

TURISMO 1939-2005 1564

---------------

SUBTOTAL 68.344

2.2. Identificación, valoración e selección A Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultual de Galicia, prevé a valoración e selección dos documentos dos arquivos integrados no sistema de arquivos de Galicia para, unha vez rematado o prazo de vixencia administrativa, determinar a súa eliminación ou a súa conservación definitiva nun arquivo de acordo cos seus valores administrativos, xurídicos, históricos e legais. En todo caso, a Lei prohibe a eliminación de documentos en tanto subsista o seu valor probatorio de dereitos e deberes. A determinación dese valor debe facerse con criterios científicos por unha comisión establecida pola administración competente na materia, a Comisión de Avaliación Documental de Galicia, órgano colexiado que vai ser creado pola Xunta de Galicia de forma inminente. No mes de febreiro de 2010, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural iniciou a tramitación formal do proxecto de creación da Comisión de Avaliación Documental de Galicia e de regulación do procedemento de avaliación e selección de documentos. Na actualidade, o proxecto continúa a súa tramitación, na que xa se concluíu o trámite de audiencia e se recibiron, entre outros, os informes da Secretaría Xeral da Igualdade e da Asesoría Xurída Xeral.

Para estar en condicións de facer propostas á Comisión de Avaliación documental de Galicia desde o mesmo momento da súa constitución, foi necesario proceder a contratación dunha empresa que se encargase do estudo dun número determinado de series, de acordo co especificado nun prego de condicións técnicas particulares elaborado para os efectos. No mes de maio comezouse a instrución dun expediente de contrato de servizos, por procedemento aberto, de carácter plurianual. No prego de características técnicas estableceuse un mínimo de 105 series documentais que deberían ser identificadas e valoradas durante o ano 2010 e outras 87 series xa identificadas da Consellería de Cultura e Turismo, que deberían ser valoradas. Así mesmo, para o ano 2011,establecíase un mínimo de 245 series

Page 15: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

15

documentais. O contrato foi adxudicado á empresa XESTIÓN BIBLIOTECARIA E DOCUMENTAL SA. (XESDOC), pero debido ao peche anticipado do exercicio orzamentario, (o contrato foi asinado o día 5 de novembro de 2010) a súa execución farase na súa meirande parte durante o ano 2011. Para a elaboración do listado de series a estudar tivéronse en conta unha serie de criterios obxectivos: deuse prioridade ás series que responden a funcións comúns, as que se custodian no Arquivo Xeral da Xunta, as que son moi voluminosas... Os traballos estanse a realizar no depósito do Polígono do Tambre baixo a dirección e supervisión do persoal do Arquivo. A 31 de decembro de 2010 eran 38 as series estudadas. ÁREA FUNCIONAL SERIE DOCUMENTAL ACTIVIDADE PARLAMENTARIA Preguntas e interpelacións parlamentarias

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Expedientes de subvención para obras/equipamentos locais para asociacións e agrupacións veciñais

ADMINISTRACIÓN LOCAL Actas de acordos das corporacións locais

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Expedientes de adquisición de vehículos para policía local a través de Convenios cos concellos

ADMINISTRACIÓN LOCAL

Expedientes de Subvención a Corporacións Locais para reforma das casas consistoriais

ADMINISTRACIÓN LOCAL Expedientes de subvención para obras/equipamentos para concellos

COMERCIO Expedientes de subvención a CCLL para a promoción de zonas e equipamentos comerciais

COMERCIO Expedientes de subvención a través de cámaras comercio formación/información comerciante

COMERCIO Expedientes de subvencións para actividades de promoción comercial COMERCIO Expedientes de autorizacións de incremento de prezos

CONSUMO Expedientes de subvencións a corporacións locais para actividades de información, educación e defensa do consumidor

CONSUMO Expedientes de subvencións a asociacións de consumidores e usuarios para actividades de información, educación e defensa do consumidor

DEPORTE Expedientes de subvención a particulares e entidades sen fines de lucro en materia de medio ambiente

DEPORTE Expedientes de subvención a entidades locais EDUCACIÓN Premios fin de carreira das CC.AA. de Galicia para alumnos

universitarios. FACENDA Imposto sobre patrimonio. FACENDA Imposto sobre sucesións e doazóns FACENDA Imposto Transmisións Patrimoniais e A.X.D. FACENDA Imposto Transmisións Patrimoniais: Vehículos INDUSTRIA Plans de labores POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Expedientes de habilitación para impartir clases de lingua e literatura galega

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Expedientes de subvención a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

POLÍTICA Expedientes de subvención a xornais e revistas para a edición de

Page 16: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

16

LINGÜÍSTICA suplementos didácticos e a promoción da lingua galega. POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Expedientes de subvención a asociacións de empresas para accións de promoción da lingua galega.

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Expedientes de subvención a empresas editoriais para edición de libros e materiais didácticos

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Expedientes de subvención a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades de promoción da lingua galega.

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Expedientes de subvención para as prazas de profesores - bolseiros de lingua e literatura en Universidades de fóra de Galicia. Lectorados

POLÍTICA LINGÜÍSTICA Expedientes de validación dos cursos de galego

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

Expedientes dos cursos de lingua galega para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e cultura de Galicia

PROTOCOLO E REPRESENTACIÓN Notas e comunicados de prensa

SERVIZOS SOCIAIS Expedientes de prestación por fillo menor a cargo TRABALLO Expedientes de subvención a empresas para Seguridade e hixiene

TRABALLO Expedientes de accións de formación ocupacional cofinanciadas polo Fondo Social Europeo

TRABALLO Expedientes de subvención mediante convenios de formación ocupacional (Plan FIP)

TURISMO Actas de inspección turística XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS

Expedientes axudas do fondo de acción social

XUSTIZA Expedientes de axudas a órganos da administración de xustiza XUSTIZA Expedientes de recoñecemento á asistencia xurídica gratuíta 2.3. Organización e descrición 2.3.1. Descrición de fondos. Estado actual Durante este ano rematouse a primeira fase do estudo orgánico funcional da Xunta de Galicia, estudo que representa o paso inicial de calquera programa de traballo arquivístico: identificar órganos, funcións e procedementos para contextualizar por que e como se producen os documentos. Esta contextualización orgánica, funcional e procesual da produción documental da Xunta de Galicia será a que permita iniciar con seguridade o traballo de identificación e valoración de series documentais da Xunta de Galicia e os traballos de descrición do fondo documental que permita o acceso aos seus documentos e a información neles contida. É dicir, conservar e recuperar en todo momento a autenticidade, fiabilidade, integridade e dispoñibilidade deses testemuños da actividade administrativa. O traballo, que fora iniciado no Arquivo Xeral da Xunta de Galicia baixo a dirección do seu xefe de sección, foi continuado a partir de

Page 17: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

17

mediados do ano 2008 polos traballadores do Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (Arquivo de Galicia). Concluída a primeira fase, fíxose unha edición en papel co título Estudo orgánico e funcional da Xunta de Galicia. Proposta dun cadro de clasificación, co ambicioso obxectivo de que sirva, ademais como guía administrativa para calquera funcionario ou directivo da Xunta de Galicia e como instrumento de mellora e de racionalización administrativa. Co obxecto de facer un seguimento pormenorizado das funcións e as autoridades que as desenvolveron ao longo do tempo, deseñáronse modelos específicos de fichas de autoridades e de funcións seguindo as normas da descrición arquivística (ISAD (G), NOGADA, ISAAR (CPF), ISDF e ARANOR (Norma aragonesa de descrición de autoridades) ). Despois, esta información foi vertida a unha base de datos web deseñada para o efecto polo equipo informático do Servizo. Esta base de datos permite relacionar de forma rápida e efectiva diferentes campos de autoridades, funcións e normativa de aplicación. Durante o ano foron introducidos os seguintes rexistros:

� Autoridades: 441 � Funcións: 39 � Normativa: 661 � Relacións entre autoridades: 302 � Relacións entre autoridades e funcións: 568 � Relacións entre autoridades e normativa: 1.493 � Relacións entre funcións: 13 � Relacións entre funcións e normativa: 1.731

O que fai un total de 5.248 rexistros. Deseñouse tamén unha base de datos para recoller os datos que figuran na serie de Boletíns individuais da propiedade producidos polas Comisións locais da Concentración Parcelaria das parroquias de concellos de influencia de Santiago de Compostela. Un total de 53 libros dos anos 1965-1967. Na base de datos recóllense basicamente os datos dos propietarios das fincas de cada parroquia. A 31 de decembro, o número de rexistros introducidos era de 3.883. 2.3.2. A Biblioteca auxiliar Durante este ano foron recibidos por doazón:

- Títulos de monografías: 51 - Outras publicaciones: 37

Page 18: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

18

2.4. Conservación documental 2.4.1. Desinsectación de fondos documentais: Para asegurar a conservación preventiva dos fondos documentais que custodia realízanse fumigacións periódicas do depósito, a cargo dunha empresa contratada para estes efectos. As fumigacións son realizadas por persoal especializado e teñen por obxecto eliminar calquera insecto xilófago, en calquera fase do seu desenvolvemento biolóxico, que poida haber no depósito, nos libros e nos documentos que alí se gardan, durante o período anual de maior actividade. Os insecticidas empregados están elaborados a base de piretrinas en moi baixa concentración e non son tóxicos para os humanos despois de 24 horas. Realizouse unha vez por semana entre os meses de xuño e setembro. O calendario de actuación foi o seguinte: MES DÍA SERVIZOS A REALIZAR

xuño 11 Desinfección/Desinsectación/Desratización xuño 25 Desinfección/Desinsectación/Desratización xullo 9 Desinfección/Desinsectación/Desratización xullo 23 Desinfección/Desinsectación/Desratización agosto 13 Desinfección/Desinsectación/Desratización setembro 3 Desinfección/Desinsectación/Desratización 3. ÁREA DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN Nela se agrupan as seguintes funcións: a comunicación dos fondos documentais facilitando o acceso aos documentos e á información contida neles, a difusión por calquera medio dos fondos documentais do Arquivo de Galicia e o patrimonio documental de Galicia e o establecemento e desenvolvemento de normas técnicas de carácter arquivístico para o Sistema de Arquivos de Galicia. 3.1. A Comunicación Polo momento, os servizos prestados na sede do Arquivo, na Cidade da Cultura, son moi escasos. No período sinalado foron os seguintes:

Page 19: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

19

- O 30 de abril dáse resposta á consulta realizada por dona Ana María Seijas Varela, Xefa da Sección Xurídica III dos Servizos Xurídicos da Secretaría xeral da Consellería de Medio Rural sobre a regulación legal que afecta á eliminación de documentos. - No mes de setembro fíxose unha busca de documentos relacionada cunha petición que a Federación Mundial de Sociedades Galegas dirixiu á Xunta no ano 1979, solicitada polo Gabinete da Consellería da Presidencia. 3.2. A difusión 3.2.1. Exposicións

O día 25 de novembro inaugurouse no edificio do Arquivo de Galicia a a exposición "Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia" programada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia para difundir a existencia do Arquivo e da Biblioteca de Galicia, entre outros actos relacionados coa inauguración destes dous primeiros edificios. Foron comisarios o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, ex presidente da Real Academia Galega (RAG), e por Xosé Luís Axeitos, secretario desta institución. A mostra está composta por unha selecta escolma de pezas que definen momentos clave na historia de Galicia, prestadas por bibliotecas, arquivos e coleccións privadas de Galicia e do resto de España. Entre elas destacan unha folla do primeiro libro impreso que chegou a Galicia (Decretales Gregorii Papae Maguncia IX, que procede do taller de Peter Schoeffer, un dos socios e sucesores do propio Gütenberg), unha folla do primeiro libro que se imprimiu en Galicia (o Breviarium Auriensis, un traballo de impresores ambulantes que se fixo en Ourense no ano 1485), o primeiro documento escrito en galego (o Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas (ano 1228) prestado pola Casa de Alba), o primeiro mapa do Reino de Galicia, o primeiro xornal en galego ou a primeira revista ilustrada que se editou en Galicia. Dada a afluencia de visitantes (máis de 60.000 ata mediados de marzo) foi prorrogada ata o 25 de maio de 2011. 3.2.2. Cursos, congresos, conferencias ou grupos de traballo O Servizo colaborou coa Subdirección Xeral de Arquivos e Museos na organización da XXVIII Mesa de Arquivos da Administración Local que se celebrou en Santiago de Compostela os días 1 e 2 de

Page 20: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

20

outubro co título Modelo básico para la gestión de los documentos electrónicos.

Colaborou tamén coa Subdirección Xeral de Arquivos e Museos na organización do seminario internacional O futuro da memoria: o patrimonio arquivístico dixital, que se celebrou os días 18 e 19 de novembro, baixo o patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, co gallo da inauguración do Arquivo de Galicia. Este seminario abordou dous temas de gran transcendencia para os profesionais dos arquivos: por unha banda, o desenvolvemento da Administración Electrónica e os cambios que iso está a supoñer na xestión ocumental tradicional e nos arquivos, especialmente a partir da publicación da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Por outro, as políticas públicas de dixitalización do patrimonio documental en papel e o reto que supón a conservación a longo prazo dos obxectos dixitais que se obteñen mediante eses procesos e da información asociada a eles. Para elo contou coa presenza de destacados arquiveiros, profesores de Arquivística ou teóricos e responsables da implantación da Administración Electrónica de todo o mundo, como Eric Keteelar (Holanda), David Bearman (Estados Unidos), Livia Iacovino (Australia), Silvestre Lacerda (Portugal), Richard Brown (Canadá) ou Alicia Barnard (México), entre outros; e de España: Daniel Ocaña (Arquivo do Tribunal Constitucional), Miguel Ángel Amutio (Ministerio da Presidencia), Pepita Raventós (Arquivo da Universidade de Lérida), Elena Rivas (Arquivo Municipal de Zaragoza), Anabella Barroso (Arquivo Histórico Diocesán de Vizcaia), Rafael Fresneda (Arquivo da Rexión de Murcia), Alfonso Sánchez (Subdirección Xeral de Arquivos do Ministerio de Cultura) ou Mª José García Sexto (Subdirección Xeral de Sistemas de Información e Modernización da Administración Pública – Xunta de Galicia ‐). 3.2.3. Publicacións Publicouse o Estudo orgánico e funcional da Xunta de Galicia. Proposta dun cadro de clasificación (500 exemplares) ao que nos referimos no apartado de organización e descrición. Publicouse tamén un folleto informativo do Arquivo (Arquivo. Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia), este financiado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Ambas publicacións foron distribuídas aos asistentes ao seminario internacional e, con posterioridade, a arquivos galegos e españois. Durante todo o ano traballouse tamén, en coordinación co Servizo do Sistema de Arquivos de Galicia, na preparación da páxina web do Arquivo de Galicia, que pasará a integrarse, xunto coas dos outros

Page 21: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

21

arquivos propios ou xestionados pola Xunta de Galicia, no novo portal web dos Arquivos de Galicia, programada pola Subdirección Xeral de Arquivos. 3.2.4. Visitas escolares Con motivo da exposición "Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia" foi contratada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia un programa de visitas didácticas. Este servizo, que leva a cabo un equipo de guías con formación pedagóxica específica, inclúe material didáctico específico para diferentes niveis educativos, dende primaria ata a universidade, que permite realizar un traballo na aula antes e despois de visitar a exposición. O programa achegou xa a 8.252 estudantes ao contido da exposición. Outros 6.416 fixeron a súa reserva para visitala nos próximos meses. 3.3. Normas técnicas Entre os obxectivos que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural estableceu en materia de arquivos no ano 2009, figuraba a publicación de normas, de carácter administrativo e técnico, que establecesen un marco axeitado e facilitasen o desenvolvemento das competencias que a Comunidade Autónoma ten atribuídas en materia de arquivos. Para estes efectos, constituíse na Subdirección Xeral de Arquivos e Museos un grupo de traballo no que participou o Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma xunto ao Servizo de Arquivos e Museos, o Arquivo Xeral da Xunta de Galicia, o Arquivo do Reino de Galicia, os arquivos histórico provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra, o Arquivo Central da Consellería de Cultura e Turismo e os arquivos territoriais de Lugo e Pontevedra. Destes traballos resultou a publicación de tres ordes en setembro de 2010 sobre: transferencias documentais, préstamos documentais e consulta e reprodución de documentos. Son as seguintes: - Orde do 30 de agosto de 2010 polo que se establecen as normas para a realización de transferencias documentais con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia (DOG núm. 174, do 9 de setembro) - Orde do 1 de setembro 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia (DOG núm. 174, do 9 de setembro)

Page 22: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

22

- Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquitos propios e xestionados pola Xunta de Galicia (DOG núm. 175, do 10 de setembro) 4. XESTIÓN ADMINISTRATIVA - Nº de documentos rexistrados de entrada: 330 - Nº de documentos rexistrados de saída: 528 4.1. Xestión orzamentaria 4.1.1. Gastos de persoal e correntes*

PERSOAL. ARQUIVO DE GALICIA.2010 EDIFICIO CIDADE DA CULTURA

CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN NIV. CORPO/ESCALA GRUPO CUSTE ANUAL

€ CU.C04.00.006.15770.001 Subdirector Xeral

de Arquivos e Museos

30 Especial A1 70.877,37

CU.C04.00.006.15770.005 Xefe do Servizo do Arquivo Nacional de Galicia

28 Especial A1 61.393,99

CU.C04.00.006.15770.006 Analista Programador

22 Xeral (escala informática)

A2 49.092, 47

CU.C04.00.006.15770.007 Técnico medio de arquivos

16 Especial A2 35.196,98

CU.C04.00.006.15770.008 Técnico medio de arquivos

16 Especial A2 35.196,98

CU.C04.00.006.15770.009 Vacante

Técnico medio de arquivos

16 Especial A2 -

CU.C04.00.006.15770.010 Xefe de grupo. (Auxiliar administrativo)

14 Xeral C2 28.881,07

CU.C04.00.006.15770.011 Vacante

Xefe de grupo. (Auxiliar administrativo)

14 Xeral C2

-

CU.C04.00.006.15770.012 Subalterno.

10 Xeral AP 22.256,41

CU.C04.00.006.15770.013 Subalterno.

10 Xeral AP 22.256,41

TOTAL 325.151,68

Page 23: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

23

DEPÓSITO POLÍGONO DO TAMBRE

CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN

NIV. CORPO/ESCALA GRUPO CUSTE ANUAL

€ CU. C04.00.002.15770.025 Xefe de

sección 25 Especial 51.582,15

CU. C04.00.002.15770.015 Técnico superior de arquivos

20 Especial 41.765, 74

CU. C04.00.002.15770.022 Auxiliar Administrativo

12 Xeral 24.700,79

CU. C04.00.000.15770.031 Subalterno 10 Xeral 22.256,41 TOTAL 140.160,76

TOTAL GASTOS DE PERSOAL 465.312,44 € * Gastos calculados pola aplicación do Sistema de Información e Análise da Xunta (SIAX). O persoal que presta o seu servizo no

depósito do Tambre figura adscrito oficialmente, salvo o xefe de sección, á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Os gastos de electricidade, iluminación e calefacción son asumidos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Os gastos do depósito do Polígono do Tambre sono pola Consellería de Presidencia e Administración Pública. 4.1.2. Gastos de investimento (Capítulo VI) Aplicación orzamentaria: 11.03.432A.

CONCEPTO E SUBCONCEPTO

ACTIVIDADE PRESUP. €

EMPRESA FINAL €

Nº ID OBSERVACIÓNS

625.1 Adquisición de mobiliario e utillaxe para arquivos

Carros porta documentos

1.420,30 € Sutega 1.420,30 2153

626.1 Adquisicións informáticas para arquivos e museos

Ordenador portátil 500 € 500 Foi adquirido polo Servizo de Informática

628.1 Proxectos, informes e dirección de arquivos e museos

Identificación e valoración de series documentais da Xunta de Galicia. Plurianual

60.000 € Xesdoc - Expediente plurianual. Imputado na súa totalidade ao exercicio de 2011

628.1 Proxectos, informes e dirección de arquivos e museos

Censo de arquivos da Xunta de Galicia

17.936 € Arkheia 17.936 46846

628.1 Proxectos, informes e dirección de arquivos e museos

Estudo orgánico e funcional da Xunta de Galicia

4.958,54 € Rodi 4.958,54 45796

Page 24: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

24

CONCEPTO E SUBCONCEPTO

ACTIVIDADE PRESUP. €

EMPRESA FINAL €

Nº ID OBSERVACIÓNS

628.2 Adquisición e restauración de PM e PD.

Cartografía de Galicia 1522-1900

- Amancio Delgado Álvarez

7,19 30911

628.3 Movemento e traslado de fondos

Traslado do arquivo da Casa de comercio Bengoechea desde Ribadeo ata a Cidade da Cultura

1.840,00 € Boquete 1.840,00 7281

Organización mesa de Arquivos da Administración Local. Carpetas

398,25 € Ofireico 398,25 41764

Organización mesa de Arquivos da Administración Local. Cafés e Cea

4.586,59 € Hotel Monumento San Francisco

4.586,59 35829

Organización mesa de Arquivos da Administración Local. Visita á Cidade da Cultura

194,40 € Autocares Mosquera

194,40 44635

640.1 Actividades e promoción

Organización mesa de Arquivos da Administración Local. Son

1.149,32 € Tesec Santiago

1.149,32 45720

Organización mesa de Arquivos da Administración Local. Cartel anunciador

236,00 € Efímera 236,00 47446 640.1 Actividades e promoción Actividades e promoción

Organización mesa de Arquivos da Administración Local. Cartón pluma.peana

221,84 € Tórculo 221,84 38592

TOTAL 33.448,43

5. BALANCE DE RESULTADOS En definitiva, dos traballos realizados no ano 2010 podemos destacar as seguintes liñas de actuación:

1. Impulso do desenvolvemento de normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia (Orde do 30 de agosto de 2010 polo que se establecen as normas para a realización de transferencias documentais con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. DOG núm. 174, do 9 de setembro; Orde do 1 de setembro 2010 pola que se

Page 25: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

25

establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. DOG núm. 174, do 9 de setembro; Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. DOG núm. 175, do 10 de setembro; impulso da tramitación do decreto de creación da Comisión de Valoración, impulso da elaboración dunha lei de arquivos)

2. Impulso das actividades encamiñadas á mellora da xestión documental (enquisa do volume documental producido e acumulado pola Xunta de Galicia a nivel central , estudos de identificación e valoración de series, colaboración cos órganos encargados do deseño e implantación da administración electrónica)

3. Impulso dos traballos de organización e descrición, mediante a elaboración, como paso previo, dun cadro de clasificación funcional e dunha base de datos de descrición de autoridades e funcións dos órganos da Xunta de Galicia ao longo do tempo, como instrumento de apoio.

4. Impulso de actividades de difusión do Arquivo de Galicia

(Organización da Mesa de Arquivos da Administración local, organización do Seminario internacional, publicación do folleto informativo, preparación das páxinas web dos arquivos e do portal de arquivos de Galicia...)

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2011 A xefa do Servizo do Arquivo de Galicia Mª del Mar García Miraz

Page 26: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

26

ANEXO I.

ENQUISA SOBRE O VOLUME DOCUMENTAL DA XUNTA DE GALIC IA A NIVEL CENTRAL

INFORME FINAL

A empresa ARKHEIA foi a adxudicataria da contratación do servizo de recollida de datos para a actualización da enquisa realizada no ano 2004 sobre volume documental da Xunta de Galicia a nivel central. A finalidade perseguida pola Dirección Xeral do Patrimonio Documental da Consellería de Cultura e Turismo coa contratación deste servizo era a recollida de datos nos locais de cada unha das consellerías, organismos autónomos e outras entidades dependentes da Xunta de Galicia a nivel central que permitise facer un diagnóstico o máis axustado posible da actual situación da Xunta en relación coa xestión documental. Baixo a supervisión da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos deseñouse unha aplicación informática para a recollida de datos, especialmente aqueles relativos aos lugares de almacenamento e características dos depósitos, frecuencia de consulta, persoal encargado da custodia, organización e servizo dos documentos e crecemento anual dos documentos na fase de arquivo de oficina, establecéndose un prazo de execución de 3 meses. Trancorrido este tempo e rematados xa os traballos, a empresa adxudicataria fixo entrega da base de datos e dun informe final impreso que recolle de forma sistemática os datos presentados por consellerías (12 volumes encadernados).

Page 27: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

27

Á espera dunha análise máis pormenorizada dos datos presentados, Podemos sinalar xa unhas primeiras conclusións:

1. O grande aumento do volume documental experimentado dende o ano 2004.

Deixando á marxe a información correspondente á Compañía de Radio Televisión de Galicia, ao Consello da Cultura Galega e a do Consello de Contas, que presentan especiais características, e prescindindo tamén dos datos correspondentes a órganos directamente dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, estes últimos non reflectidos na enquisa de 2004, pasouse dun volume de 18.642 metros, no ano 2004 a 48.259 metros no 2010. Isto supón un crecemento superior ao 60% en seis anos. Matizacións á parte (habería que examinar en detalle que foi medido nunha e noutra ocasión) o que resulta evidente é a alta produción documental das consellerías de Facenda, Economía e Industria, Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Sanidade e Traballo e Benestar. Véxanse gráficos 1, 2.

2. Que este aumento de produción documental levou aparellado. en

moitos casos, o recurso á contratación de empresas para a garda e custodia ou ao aluguer de locais destinados para o almacenamento, sendo necesario a valoración do custe económico que isto representa. Véxase gráfico 6.

3. A desproporción entre este enorme volume documental e a

capacidade de almacenamento do Arquivo de Galicia (véxanse gráficos 3, 4 e 5). Esta situación demanda a urxente posta en marcha da Comisión de Avaliación Documental da Xunta de Galicia que determine de forma sistemática e rigorosa que documentos poden ser eliminados e cales conservados de forma permanente.

4. O elevado grao de dispersión dos documentos en múltiples locais

espallados por toda a cidade de Santiago e incluso nos concellos limítrofes.

5. Cando os documentos se custodian, total ou parcialmente, nos

locais propios de cada consellería ou organismo, moitas veces o volume documental impón ben a acumulación dos documentos nas propias oficinas, ben o recurso ao almacenamento en espazos abertos, como os corredores do edificio administrativo de San Caetano.

Page 28: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

28

6. A falta de persoal encargado do control documental. Deixando á

parte os órganos mencionados, tan só contan con persoal arquiveiro dúas consellerías (a Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería de Traballo e Benestar) e son poucas as unidades que teñen persoal especificamente designado para facerse cargo das tarefas relacionadas co arquivo (o Instituto Galego de Vivenda e Solo, o Ente Público de Obras e Servizos Hidráulicos, o Centro Galego de Artes da Imaxe, a Xefatura da Policía Autonómica de Galicia, o Instituto de Medicina Legal de Galicia, o Servizo de Obras e Supervisión de Proxectos do Sergas).

7. Esta falta de persoal reflíctese de forma clara nunha falta de control real sobre os documentos, especialmente sobre aqueles máis antigos e de consulta pouco frecuente. Esta situación agrávase polos continuos cambios nas estruturas orgánicas e a mobilidade do persoal, o que implica unha perda real da memoria corporativa das diferentes consellerías

A toma de conciencia desta realidade require de actuacións encamiñadas a considerar a xestión documental desde una perspectiva global de toda a organización. Só así estaremos en condicións de conseguir unha xestión administrativa eficiente e eficaz e de garantir dereitos e deberes non só da propia Administración, senón tamén de todos os cidadáns.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2010

Page 29: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

29

Táboa 1. Volume total por ConselleríasTáboa 1. Volume total por ConselleríasTáboa 1. Volume total por ConselleríasTáboa 1. Volume total por Consellerías

ConselleríaConselleríaConselleríaConsellería M.l. andeis ocupadosM.l. andeis ocupadosM.l. andeis ocupadosM.l. andeis ocupados

Consellería de Cultura e Turismo 3509,5

Consellería de Economía e Industria 4703,4

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria 2100,8

Consellería de Facenda 5446,2

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e 9279,2 Infraestruturas

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e 2939 Xustiza

Consellería de Sanidade 8489,2

Consellería de Traballo e Benestar 6164,8

Consellería do Mar 2811

Consellería do Medio Rural 2832

Presidencia da Xunta de Galicia 2821

TOTALTOTALTOTALTOTAL 51096,151096,151096,151096,1

Page 30: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

30

GRÁFICO 1. EVOLUCIÓN DO VOLUME DOCUMENTAL DA XUNT A DE GALICIA A NIVEL CENTRAL. ANO 2004-2010

VOLUME DOCUMENTAL

0,00

10.000,00

20.000,00

30.000,00

40.000,00

50.000,00

60.000,00

2004 2010

VOLUME DOCUMENTAL

GRÁFICO 2. EVOLUCIÓN DO VOLUME DOCUMENTAL DA XUNTA DE GALICIA A NIVEL CENTRAL POR ÁREAS FUNCIONAIS . ANO 2004-2010

Page 31: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

31

0,00

2.000,00

4.000,00

6.000,00

8.000,00

10.000,00

12.000,00

Adm

inis

trac

ións

Púb

licas

Fac

enda

, E

cono

mía

e I

ndus

tria

Cul

tura

e T

uris

mo

Edu

caci

ón e

Inv

estig

ació

n

Med

io R

ural

Pes

ca

Med

io A

mbi

ente

, T

errit

orio

e

San

idad

e

Tra

ballo

e B

enes

tar

2004

2010

Page 32: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

32

GRÁFICO 3. VOLUME DOCUMENTAL DA XUNTA. Comparación do custodiado nas Consellerías e no Arquivo de Galicia

0

10000

20000

30000

40000

50000

60000

Volume documental da Xunta

Organos da Xunta de Galicia

Arquivo de Galicia (Tambre + Gaiás)

Organos da Xunta de Galicia 51096

Arquivo de Galicia (Tambre + Gaiás) 8293

1

Page 33: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

33

GRÁFICO 4. VOLUME DOCUMENTAL DA XUNTA E CAPACIDADE DO ARQUIVO DE GALICIA

0

20.000

40.000

60.000

Volume documental Xunta e capacidade do Arquivo de Galicia

Organos da Xunta de Galicia

Arquivo de Galicia (Tambre + Gaiás)

Organos da Xunta deGalicia

51.096

Arquivo de Galicia(Tambre + Gaiás)

32.105

1

Page 34: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

34

GRÁFICO 5. VOLUME DOCUMENTAL DA XUNTA DE GALICIA. A NO 2010

0

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

8000

9000

10000

Metros ocupados

1

Volume documental da Xunta

Consellería de Cultura e Turismo

Consellería de Economía e Industria

Consellería de Educación e OrdenaciónUniversitaria

Consellería de Facenda

Consellería de Medio Ambiente, Territorio eInfraestruturas

Consellería de Presidencia, AdministraciónsPúblicas e Xustiza

Consellería de Sanidade

Consellería de Traballo e Benestar

Consellería do Mar

Consellería do Medio Rural

Presidencia da Xunta de Galicia

Arquivo de Galicia (inclúe o Arquivo Xeral daXunta)

Page 35: MEMORIA DO ARQUIVO DE GALICIA ANO 2010arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/... · 3 1. INTRODUCIÓN En febreiro de 2008 créase, dentro da estrutura da Dirección Xeral

35

GRÁFICO 6. TITULARIDADE DOS LOCAIS DE ALMACENAMENTO

0

50

100

150

200

250

Privada Pública

Nº de locais

Titularidade dos locais de almacenamentoTitularidade dos locais de almacenamentoTitularidade dos locais de almacenamentoTitularidade dos locais de almacenamento