Memoria horto 2014 15
Transcript of Memoria horto 2014 15
HORTO ECOLÓXICO
CURSO 2014-2015
Memoria horto escolar
Proxecto do Ceip Barouta e subvencionado
por Voz Natura
Curso escolar 2014-15
XUNTA DE GALICIACONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA C.E.I.P. BAROUTA
ENCONTRO CO HORTO
Cando chegamos en setembro, tiñamos o horto algo desleixado mais aínda puidemos recoller algún dos froitos que quedaban: amorodos, framboesas e tamén cenorias, allo porro e as esponxas vexetais. Algunha cabaza, que aproveitamos para o Samaín e pouco máis. As froiteiras prenderan e gozaban de boa saúde.Respecto das esponxas, puidemos ver todo o proceso: sementar, transplantar, crecer pola rede, florear e ver como ía medrando o froito. Deron moitas pero foron morrendo debido ao mal tempo que veu en outono. Con todo, logramos cinco. Agora haberá que branquealas.
NOVO CURSO, NOVO PROXECTO
Para este curso tiñamos novos obxectivos:• Observar a importancia do abono e fertilización no crecemento das
plantas. • Facer actividades de medida, deseño e distribución dos tallóns co
alumnado de 5º e 6º.• Rexistrar o sucedido en fichas de aula.• Distinguir entre horto (zona de froitas e verduras) e fraga (zona de
arborado con froitos e para madeira).• Recoller a materia orgánica das árbores do patio, restos do comedor e
das merendas, para facer compost.• Observar o crecemento das sementes e das plantas.
Para iso deseñamos dúas grandes zonas:• O horto, onde poriamos as verduras, froitos, flores, aromáticas e
froiteiras.• A fraga, na que plantariamos dous castiñeiros, un bidueiro, algún
acivro... Para ir sumando ao arborado xa existente no patio.
RENOVACIÓN DO HORTO
Este ano queriamos darlle un cambio respecto do pasado. Mantemos a situación e as froiteiras plantadas pero imos organizar a plantación en dúas zonas, cada unha delas subdividida en 4 tallóns, cadanseu cun tipo de plantas similares.
• Na zona A: construímos, coa axuda duns papás, 4 caixóns de madeira (de 1,30x2,50 m) que enchemos coa terra do horto, e follas e logo botamos cal, abono e algo de substrato.
• Na zona B: hai tamén 4 tallóns feitos na terra pero sen engadir ningún fertilizante, agás a folla que recolleramos do patio.
Trátase de ver como inflúe o uso de abono do solo no crecemento das plantas. Fíxose un seguimento quincenal, a partir de marzo, co inicio das primeiras plantacións, e foise rexistrando en fichas que se poden ver no caderno do horto.O traballo máis duro, organización do horto, medición, apertura de carreiros, feitura dos buratos para plantar as árbores, recollida masiva de folla ... correu a cargo das titorías de 5º e 6º; o resto das aulas, participaron sementando, plantando, regando, observando ... e reflexionando sobre o acontecido.Houbo dúas datas nas que todo o cole, en diferentes recunchos, estaba facendo algunha tarefa para o horto: en febreiro, coas primeiras sementes (uns no horto e outros en caixas de porespán) e a outra foi para celebrar a festa da Primavera “Árbores e Poesía”. Era unha festa ver a todo o alumnado implicado, interesado e con ganas de participar.
Caderno do horto
Barouta, 2014-2015
Información e seguimento
As ferramentas
1. pá / laia2. angazo (rastrillo)3. sacho/eixada4. legoña5. vasoira6. carreta7. forcada
1
6 2
3
1
7 5
4
RECOMENDABLE NON RECOMENDABLE
• Restos de froita ou verdura• Pousos do café, te,
infusións• Flores, restos de plantas• Restos de poda, serradura,
cinsas• Restos da horta• Herba• Follas• Casca de ovo• Tonas das patacas, da
froita• Palla, toxo• Maleza
• Feces ou excrementos de animais
• Restos inorgánicos, plásticos, vidro, briks
• Restos de papel, cartón• Materiais contaminantes• Papeis brillantes ou con
tinta• Comida cociñada
Que podemos botar no composteiro?
O noso composteiro
Froitos
Solanáceastomate
berenxena millo
Cucurbitáceascabaciño cabaza
cogombromelón
Follas
Compostasleitugaeiruga
Quenopodiáceas
acelga espinaca
Raíz
Umbelíferascenoria
Liliáceas allo
porrocebola
Mellorantes
Leguminosasxudía
chícharosfaba
Crucíferas
brócoli
Abono:Moi esixentes
Abono:Esixencia media
Abono:Esixencia moderada
Abono:Pouca esixencia
Abono:Moi esixentes
Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4
ROTACIÓN DE CULTIVOS POR FAMILIAS BOTÁNICAS
meses Tallón 1 Tallón 2 Tallón 3 Tallón 4 sementeiros árboresfebreiro cenorias
cebolaschícharos allo porro
acelgaleitugaberenxenatomatebrócoliflores
marzo froiteirascastiñeirosacivrobidueiro
abril berenxenatomatecabazas
espinacasleitugaeirugaacelga
porro xudías brócoli
cártamoesponxasflores
maio millo leituga
CALENDARIO PREVISTO DE PLANTACIÓN
meses Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4
febreiro2ª quincena
Plantamos cebolas e cenorias
Plantamos chícharos
marzo1º quincena
2ª quincena
Saíron as cebolas e están ben .A finais, aparecen as cenorias
Naceron ben ao longo dos 3 regosOs chícharos seguen medrando.
abril1º quincena
2ª quincena
Transplantamos unhas cabazas.Transplante de cabaciño.
Puxemos uns tomates protexidos con botellas de plástico.Todo vai medrando.
Puxemos uns pés de leituga e de eiruga.
Transplante da acelga que tiñamos en maceta.
Están medrando ben.
As cenorias van a modo. As cebolas medran.
Vai asomando a cenoria.
O cebolo engorda e a cenoria vese mellor.
Puxemos unha rede para soster os chícharos.Plantamos brócoli para ver como se vai adaptandoPlantamos as xudías e os tirabeques.Saíron as xudías e os tirabeques.
maio1º quincena
2ª quincena
Botaremos o millo e as fabas.Transplantaremos a berenxena.
Seguiremos observando o crecemento.
Transplante de allo porro.
Agardamos que nazan as xudías e os tirabeques e que floreen os chícharos para poder probalos antes de fin de curso.
xuño
Zona AFicha de seguimento
meses Parcela 1 Parcela 2 Parcela 3 Parcela 4
febreiro2ª quincena
Plantamos cebolas e cenorias
Plantamos chícharos
marzo1ª quincena
2ª quincena
Saíron algunhas e vense máis febles.Parece que asoma algunha cenoria.
Saíron bastantes chícharos pero menos que na zona A.
Medran pero non naceron todos.
abril1ª quincena
2ª quincena
Transplante de cabazas.
Transplante de cabaciño.Puxemos uns tomates protexidos con botellas de plástico.Medran menos.
Puxemos uns pés de leituga e eiruga.
Transplante de acelga, que tiñamos en maceta.
Algunhas morreron e houbo que repoñer.
As cebolas ben pero as cenorias non medran.
Vai asomando algunha cenoria.O crecemento é lento.
Puxemos uns pés de brócoli.
Plantamos as xudías e os tirabeques.Os chícharos medran e xa teñen a súa rede tamén. O brócoli mantense.As xudías naceron moi poucas pero os tirabeques si.
maio1ª quincena
2ª quincena
Botaremos o millo e as fabas.Transplantaremos a berenxena.
Seguiremos observando o crecemento.
Transplante de allo porro. Agardamos que nazan as xudías e os tirabeques e que floreen os chícharos.
xuño
Zona BFicha de seguimento
O COMEZO
1º trimestre
2014-2015Volvemos ao horto!No outono, xuntamos un montón de folla para darlle un aporte importante de materia orgánica e que podrecese antes de fresar co tractor.
Recollida de folla no patio
Grandes e pequenos, no recreo ou noutros momentos do horario...
A través da ANPA, conseguimos que viñese un veciño co seu tractor para fresar o terreo.
Que ben quedou!
Grazas!
Logo, houbo que deseñar os tallóns e distribuír o espazo.O alumnado de 5º e 6º mediu o terreo e debuxou a forma do que será o novo horto.
Preparando o camiño central para acceder ao horto sen pisar no sementado.
Medir, marcar, apartar a terra para os tallóns... Colaborar e aprender xuntos!
Cada tallón terá 1,20 m de largo e 3 m de longo, aproximadamente.
COMO SE MIDE
CON ESTA CINTA
TAN LONGA?
Así quedou distribuído o horto: a zona A, na que botamos folla, abono e substrato; zona B, que só leva a folla pero nada de abono nin substrato.Observaremos o que pasa!
Plantando unha sebe para marcar o límite do horto e que faga bonito, mentres non poñemos a valla ou rede máis visible.
Plantación e sementeiros
2º trimestre
Plantación e sementeiros
O 19 de febreiro, aproveitando o bo tempo e a lúa
axeitada, saímos todo o colexio ao patio para iniciar a
plantación.
O alumnado de 5º e 6º, estivo no horto, botando
chícharos, cebolas e cenorias. Estas sementes van
directamente na terra pois resisten ben a
climatoloxía de agora en diante.
O resto das aulas, fixeron sementeiros de flores e
produtos de horta. Estes quedarán resgardados da
xeada e do mal tempo para asegurar un crecemento
rápido. Logo levarémolos ao horto.
Nunha pequena semente
cabe todo o verde,
cabe o trevo, cabe a ceiba,
cabe a selva enteira.Jorge Luján
Desfacer o substrato, botalo nos tallóns; logo encalar de botar o abono. Deixar todo listo para logo plantar.
Agora xa se poden botar as cebolas, os chícharos e as cenorias e plantar algún arbusto nun dos laterais.
Cada aula tiña unha caixa con terra e as súas sementes (flores , leituga, tomate, eiruga, berenxena ...). Houbo que collelas, enterralas, regar con xeitiño e logo deixalas na terraza protexidas do frío e orientados ao sol.
E. I. prepara sementeira de flores
Ranúnculos e zinnias
A leituga do sementeiro, nacendo
Transplante de brócoli
Xa hai varias plantas para levar ao horto.Á dereita, separar de unha en unha.
Distintos procesos
Festa da primavera
Barouta, 27 de marzo de 2015
Cada ano, polo 21 de marzo, celebramos a Festa da Primavera plantando árbores e recitando poemas. Esta vez, como caeu en sábado, decidimos adialo para o 27 de marzo. Fixémolo cadrar coa despedida de trimestre.
Antes do recreo, aproveitamos para ir ao horto a plantar. Cada curso tiña asinada unha árbore e tamén algunha planta aromática ou de flor. Puxemos froiteiras (figueira, ameixeira, cerdeira, mandarineiro), árbores ornamentais (marmelo de flor, acivro) e de froitos (castiñeiro, bidueiro, oliveira), menta, tomiño, romeu, xarxa, malva...
Despois do recreo, xuntámonos todas as aulas, no 1º andar, a carón da Biblioteca, para recitar poemas. Houbo versos en galego (de Rosalía, Curros, García Tiejeiro...) , en castelán (de Alberti) e ata en inglés.Para rematar, unha canción “As árbores da fraga” e a proba dos froitos do horto, aínda que de momento só poden ser de goma, claro!
Fixemos unha exposición con todos os traballos e máis cos libros de poesía e resultou un acto bonito.
Acivro, cerdeira e marmelo de flor
Observar, plantar e logo deixar todo recollido.
Aulas de 5º e 6º
É igual un mandarineiro ca un castiñeiro ou unha nogueira?
Observando as miñocas que tiña a nogueira no terrón.
Aulas de
3º e 4º
As aulas de 1º reflexionando:Son froiteiras, son de madeira, que son?
As aulas de Infantil, encheron de flores as macetas do seu parque de xogo. Que bonito se ve agora!
Na zona das aromáticas temos 5 grupos que ocupan toda a fronte do horto.Puxemos: lavanda, malva de olor, mentas, tomiño, ceboliño, perexil, romeu, ruda, ourego, macela. Tamén está deste lado a zona dos amorodos.
Recital de poesía
Traballos de aula
Reflexións sobre o traballo realizado ao redor do horto e da natureza, busca de información, debuxo, lectura, reciclaxe de briks para facer macetas para agasallar ás familias con plantas ...
Cadrar o traballo do horto co currículo.
2º B, Primaria
2º A, Primaria
Nestes días, a figueira, abriu todas estas follas.
Cando soubemos que iamos plantar un BIDUEIRO e un CASTIÑEIRO puxémonos mans á obra e primeiro
atendemos na pantalla ás explicacións das mestras.
Alumnado de
infantil
TRABALLO DE AULA EN INFANTIL
As 4 aulas de Infantil
UN ANO MÁIS EXPERIMENTANDO NO HORTOSachamos, fixemos regos, sementamos, transplantamos, abonamos, regamos, reflexionamos, observamos e sacamos conclusións, quitamos herbas, plantamos árbores e aromáticas... isto é parte da nosa colaboración no horto escolar.Fomos ao horto en grupo, con outros cursos e, mesmo, de xeito individual.Vimos como xurdían as primeiras folliñas e como ían medrando os chícharos, as cenorias... Aprendemos a diferenciar a pereira da maceira mirando as súas follas. Este ano vimos as flores da pereira e agardamos probar algunha pera.
Ter un horto no cole proporciona un descanso do traballo intelectual sen deixar de aprender. É máis lúdico e permite estar fóra, en contacto coa natureza, gozar xuntos e aporta experiencia no traballo. Por todo isto, gustaríanos seguir co proxecto do horto no futuro.
Aula de quinto
Aula de cuarto
Macetas para agasallar ás familias con plantas do horto.
Reciclando
Cal escollerei?
Situación do horto neste
momento
tomates
aromáticasXa temos a valla!
As froiteiras, adáptanse no noso horto.
Valoración do proxecto
O horto na escola permite que nenos de todas as idades, e adultos, poidan participar xuntos divertíndose e aprendendo.
AnaÉ unha actividade
cheíña de
aprendizaxe que
nos pon en
contacto coa
natureza.Rebe
Foi unha experiencia moi boa.Miguel
Traballando no
horto do cole
aprendín como
coidar o que
temos na nosa
casa. Teo
Fago unha valoración
positiva, polo moito
que descubrín e
aprendín . Ademais é
relaxante este
traballo.Anxo
Un horto escolar é xenial!
Non só coñecemos mellor
as plantas senón que
tamén aprendemos
matemáticas, distribuíndo
os regos, e lingua,
aprendendo palabras
novas. Elena
Ter un horto na escola é respectar as plantas. Foi unha boa idea, xa que ademais de obter alimentos sans, aprendemos cousas novas.Carla
Algunhas opinións do alumnado.
A modo de conclusións:A experiencia no horto foi estupenda, a pesar de que as condicións non son moi axeitadas. Partimos dun terreo areento, que leva máis de 20 anos sen traballar. A pesar de termos plantado xa o curso pasado e de botar folla, abono e algo de substrato e compost, as plantas van de vagariño.• Este curso démoslle unha renovación e foi valorado moi positivamente por toda a
Comunidade Educativa. Aprendemos da experiencia pasada.• Si que puidemos comprobar que as plantas medran mellor se hai abono. De momento
aínda están pequenas pero xa se nota a diferenza. • O alumnado vai con frecuencia polo horto (a veces en grupo e outras, de xeito individual),
pregunta, colabora, fala del na casa... Amosa interese por esta actividade.• As familias tamén se interesan: miran a evolución dos sementeiros, algunhas colaboran
aportando plantas, outras levan das que nós temos e axudan a manter a ilusión.• O profesorado participa, sobre todo, desenvolvendo as actividades propostas na súa
titoría. • Combinar o traballo no horto co curricular, resulta moi interesante xa que se pon en
práctica moito do estudado.• Estas actividades favorecen a relación entre cursos de idades diferentes, a cooperación, a
axuda, a motivación.Por todo isto, facemos unha valoración positiva e, de feito, solicitamos un ano máis, un novo proxecto.
Queremos deixar aquí o noso agradecemento a toda a Comunidade
Educativa:
• Ao profesorado e alumnado de Infantil e Primaria, que colaborou moito e
sen o que non se podería levar a cabo o proxecto.
• ANPA San Mauro, que nos facilitou contactos para levar a cabo algunhas
tarefas máis complicadas.
• Ás familias, que aportaron entusiasmo, compartiron plantas, levaron das
que nós tiñamos e preocupábanse por seguir o que ía acontecendo.
• A Luisa, da que tanto temos aprendido a través do seu blogue,
http://www.hortagalega.eu/Grazas!
Ceip Barouta – Ames, 29 de abril de 2015