Memoria o entroido-en-galiza

8
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA O ENTROIDO EN GALIZA CENTRO: C.E.I.P. GONZALO TORRENTE BALLESTER (Sigrás – Cambre – A Coruña) AUTORA: ELENA BAULUZ DATA REALIZACIÓN: FEBREIRO 2010 UNHA WEBQUEST COOPERATIVA

description

Memoria experiencia didáctica webquest O ENtroido en Galiza.

Transcript of Memoria o entroido-en-galiza

      MEMORIA XUSTIFICATIVA            EXPERIENCIA DIDÁCTICA 

O ENTROIDO EN GALIZA                  CENTRO: C.E.I.P. GONZALO TORRENTE BALLESTER (Sigrás – Cambre – A Coruña) AUTORA: ELENA BAULUZ DATA REALIZACIÓN: FEBREIRO 2010 

UNHA WEBQUEST COOPERATIVA

MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 

[Elena Bauluz] Páxina 2

ÍNDICE PÁXINA

1. ÍNDICE…………………………………………………………………………………………….. 2

2. DESCRICIÓN………………………………………………………………………………….. 3

3. OBXECTIVOS………………………………………………………………………………….. 4

4. CONTIDOS………………………………………………………………………………………. 4

5. ACTIVIDADES……………………………………………………………………………….. 5

6. METODOLOXÍA………………………………………………………………………………. 5

7. AVALIACIÓN………………………………………………………………………………….. 6

8. CRITERIOS DE AVALIACIÓN……………………………………………………. 7

9. PROPOSTAS DE MELLORA…………………………………………………………… 7

10. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB……………………………………………. 8

MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 

[Elena Bauluz] Páxina 3

1. DESCRICIÓN: Segundo Schrock,[1998], WebQuest é o medio adecuado para aqueles

profesores que buscan formas de incorporar Internet na aula. E segundo March,[1999], WebQuest usa o mundo real, e tarefas auténticas para motivar aos alumnos; a súa estrutura é construtivista e, polo tanto, forza aos alumnos a transformar a información e entendela; as súas estratexias de aprendizaxe cooperativo axudan aos alumnos a desenvolver habilidades e contribuír ao produto final do grupo.1

Partindo de ámbalas dúas ideas o Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. Gonzalo Torrente Balllester (Sigrás – Cambre - A Coruña) propuxo plantexar unha WebQuest sobre “O Entroido en Galiza”2 para que os alumnos e alumnas do centro coñeceran a importancia cultural que ten dita festa na nosa Comunidade Autónoma.

Tras decidir que era o que querían as mestras que os nenos aprenderan, elaborei a WebQuest: as preguntas, as páxinas para atopar a información, a redacción, as imaxes e videos utilizados para ilustrala… O traballo para resolvela realizouse na Área de Coñecemento do Medio aproveitando a hora de Informática Aplicada que temos no noso centro.

Propúxose para o 2º ciclo de E.Primaria (8-10 anos) cunha duración de 5 sesións de 50 minutos cada unha.

A organización para traballar decidiuse que fora de dous nenos por ordenador. E cada parella respondería a unha pregunta, de xeito que con todas as respostas formaran un traballo cooperativo sobre o Entroido en Galiza.

Con esta experiencia didáctica preténdese poñer en valor as

Tecnoloxías da Información e a Comunicación como medio para a ensinanza de contidos curriculares e transversais na aula.

1 http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm 2 http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagina=1

MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 

[Elena Bauluz] Páxina 4

2. OBXECTIVOS:

• Coñecer as festas e tradicións de Galicia. • Valorar a importancia do Entroido como parte do noso

patrimonio cultural. • Planificar e organizar a procura de información na internet. • Observar, analizar e interpretar fotografías e mapas de Galiza. • Utilizar as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na

súa aprendizaxe. • Mellorar no seu manexo do ordenador e no uso do procesador

de textos. • Ser consciente da importancia de contrastar as fontes de

información. • Participar de xeito responsable na realización de tarefas en

grupo. 3. CONTIDOS:

• O Entroido: festa e tradición. • Mapa de Galiza: lugares máis importantes na súa celebración. • Traxes, máscaras e personaxes dos entroidos máis

destacables. • Gastronomía da época. • Valoración da diversidade cultural como fonte de

enriquecemento persoal. • Recompilación de información e utilización dos coñecementos

adquiridos. • Distinción da información relevante da que non o é. • Ampliación do vocabulario relativo ao tema. • Organización das palabras. • Confrontar as fontes de información. • Bibliografía e páxinas web utilizadas. • Utilización do ordenador e da internet para a elaboración do

traballo.

MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 

[Elena Bauluz] Páxina 5

4. ACTIVIDADES:

• Organizar as parellas de traballo. • Explicar que é unha Webquest e cales son os obxectivos da

actividade (traballo cooperativo) • Repartir as preguntas, unha por parella. • Crear a súa carpeta “ENTROIDO” para gardar toda a

información que vaian atopando na rede. • Crear subcarpetas dentro da anterior: “FOTOS” e “TEXTOS”. • Crear un documento de Word, co nome da súa pregunta, para ir

pegando a información relevante. • Elixir imaxes que ilustren o seu texto. (traxes, máscaras,

personaxes, a festa….) • Organizar a información atopada. • Reler o texto e distinguir o importante do que non o é. • Dar formato al documento. Título, subtítulo, corpo de texto. • Organizar as imaxes co respecto ao texto. • Elixir entre todos o encabezado, o pe de páxina e a portada. • Facer o índice coas preguntas. • Facer a bibliografía das páxinas web utilizadas. • Presentación do traballo ao resto da comunidade educativa no

taboleiro do Equipo de Normalización Lingüística.

5. METODOLOXÍA:

Segundo a Lexislación da E.Primaria en Galiza3, os tres paradigmas pedagóxicos que deben fundamentar a intervención educativa serán, (sempre interrelacionados):

• O globalizador, • O crítico, • O construtivista.

O alumnado debe ser o construtor da súa propia aprendizaxe, coa axuda do profesorado e coa das compañeiras e dos compañeiros.

No apartado da Área de Coñecemento do Medio tamén se fai unha mención específica á “…utilización das TIC, usadas como fontes informativas (internet, dicionarios e enciclopedias dixitais, webquest...), como facilitador do tratamento de datos (programas específicos), como

3 Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xullo de 2007)

MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 

[Elena Bauluz] Páxina 6

recurso capaz de amosar modelos (software específico), como medio para a redacción de informes e para a comunicación de conclusións e informacións (elaboración de texto e hipertexto, chat, correo electrónico, web...)…..”

Con todo o dito anteriormente case non fai falla dicir que con esta

actividade ponse de manifesto unha aprendizaxe construtiva, cooperativa, e significativa coa fin de conseguir facer aos alumnos máis competentes para incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida. 6. AVALIACIÓN:

Seguirá os seguintes criterios básicos:

• Global: tendo en conta o punto de partida dos alumnos, a súa evolución ao longo do proceso, e os resultados obtidos ao final do mesmo.

• Individualizada: centrándose en cada alumno e na súa situación inicial e particularidades.

• Integradora: contempla a existencia de diferentes grupos e situacións.

• Cualitativa: avalíanse de forma equilibrada os diversos niveis de desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo.

• Orientadora: aporta información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias apropiadas.

Algúns dos procedementos e instrumentos existentes para avaliar o proceso de aprendizaxe:

• Observación sistemática: - Rexistro anecdótico persoal. • Análise das producións dos alumnos: - Textos escritos. - Producións orais. • Intercambios orais cos alumnos: - Diálogo. - Postas en común. • Proba específica: - Resolución da Webquest. - Elaboración en Word da súa parte do traballo. • Autoavaliación.

MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 

[Elena Bauluz] Páxina 7

7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Os criterios de avaliación serán referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas como da consecución dos obxectivos. Segundo os obxectivos propostos avaliarase:

• Coñece e valora a importancia do Entroido como parte do noso patrimonio cultural.

• Procura información na internet, planifícaa e organízaa. • É capaz de observar, analizar e interpretar fotografías e mapas

de Galiza. • Distingue a información relevante. • Utiliza as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na súa

aprendizaxe. • Mellora no seu manexo do ordenador e no procesador de textos. • Cita as fontes de información. • Participa activamente no traballo. • Colabora na realización de tarefas en grupo. • Valora o seu esforzo e o dos demais para conseguir o obxectivo

común. 8. PROPOSTAS DE MELLORA:

Todo proceso de ensinanza - aprendizaxe ten unha avaliación inicial e outra final. A primeira, tiña que ver cos seus coñecementos sobre o Entroido en Galiza, e penso que os alumnos melloraron no seu coñecemento sobre el, as súas festas e tradicións, a súa gastronomía… Pero na avaliación final, ademais de todo iso, tamén melloraron en todas as súas competencias: na comunicación lingüística, no coñecemento e a interacción co mundo físico, no tratamento da información e competencia dixital, na social e cidadá, na cultural e artística, no aprender a aprender e na autonomía e iniciativa persoal.

De cara a un futuro gustaríame plantexar a actividade desde outra perspectiva: a creación por eles mesmos dunha WebQuest e que fora resolta por outro grupo de alumnos do centro. Sería unha boa maneira de involucralos desde o principio na actividade, e tamén serían os artífices da aprendizaxe doutros.

MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 

[Elena Bauluz] Páxina 8

O resultado de todo este traballo superou con creces as miñas expectativas. Por iso, considero que a experiencia foi moi enriquecedora. non só para os rapaces, senón para min como mestra.

Desde aquí dou as grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do meu centro por propoñerme a idea de crear esta WebQuest, ás mestras do 2º ciclo que me axudaron na organización final do traballo e, por suposto, aos rapaces e rapazas por facer posíbel esta aventura e deixarme coa mel nos beizos para volver traballar deste xeito nun futuro.

9. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB:

• LEXISLACIÓN DA E.PRIMARIA EN GALIZA: Decreto 130/2007, do

28 de xuño. (DOG do 9 de xullo de 2007) • Que é unha WebQuest?: http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm

• PHPWEBQUEST: Aloxado gratuito: http://www.phpwebquest.org/

• BAULUZ, ELENA: WebQuest: “O Entroido en Galiza”: http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagina=1

• BASES CERTAMEN INTERNACIONAL EDUCARED: http://www.educared.org/c/document_library/get_file?uuid=261b8b87-6ff5-45d7-8c70-438a07fd7c51&groupId=4520136

• PROXECTO CURRICULAR E PROGRAMACIÓN DE AULA “Medio 4. Tema 14: Como é Galiza”. Editorial Vicens Vives. http://www.vicensvives.net/DIDACLIC/descarga_recursos/docs_comuns/docs_cd/es/primaria/data/navegacion.html#