Memoria_definitiva Foro de Participación. 28_xaneiro

43
Programa PROCESO DE DIÁLOGO CO TECIDO ASOCIATIVO Identificación de propostas cara ao reforzo da participación cidadá e asociativa MEMORIA FINAL Concellería de Igualdade e Participación Cidadá Concello da Coruña

Transcript of Memoria_definitiva Foro de Participación. 28_xaneiro

Programa PROCESO DE DIÁLOGO CO TECIDO ASOCIATIVO Identificación de propostas cara ao reforzo da

participación cidadá e asociativa

MEMORIA FINAL

Concellería de Igualdade e Participación Cidadá

Concello da Coruña

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 2

Memoria final de avaliación e conclusións

1. 1. ÍNDICEÍNDICE

1. ÍNDICE................................................................................................................3

2. PRESENTACIÓN......................................................................................................4

3. DESCRICIÓN DO PROCESO DE TRABALLO REALIZADO:..........................................................5

4. PRESENTACIÓN E VALORACIÓN DO RESULTADO DO PROCESO................................................9

5. ANEXO I: DOCUMENTO NO QUE SE RECOLLEN AS PROPOSTAS FORMULADAS PARA O REGULAMENTO ORGÁNICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ (ENTREGADO NO II FORO PARTICIPATIVO, O DÍA 17 DE XANEIRO DE 2009).........................................................13

1. ÍNDICE..................................................................................................................16

2. INTRODUCIÓN ...........................................................................................................17

3. SOBRE O CONSELLO SOCIAL CORUÑÉS (COSOC)................................................................................18

4. SOBRE OS CONSELLOS SECTORIAIS...........................................................................................20

5. SOBRE OS DISTRITOS E O SEU NÚMERO.......................................................................................21

6. SOBRE MEDIDAS DE APOIO AO TECIDO ASOCIATIVO.............................................................................23

7. OUTRAS REFLEXIÓNS......................................................................................................24

6. ANEXO II: DOCUMENTO QUE RECOLLE AS PROPOSTAS FORMULADAS PARA FAVORECER A COOPERACIÓN E O PAPEL DAS ASOCIACIÓNS (ENTREGADO NO II FORO PARTICIPATIVO, O DÍA 17 DE XANEIRO DE 2009).........................................................25

1. DETALLE DAS PROPOSTAS DEFINIDAS.........................................................................................27

7. ANEXO III: RELACIÓN DAS PERSOAS E ENTIDADES PARTICIPANTES..............................................................30

8. ANEXO IV. IMAXES NO PROCESO.........................................................................................34

Proceso de diálogo co tecido asociativo 3

Memoria final de avaliación e conclusións

2. 2. PRESENTACIÓN.PRESENTACIÓN.

A Concellaría de Igualdade e Participación do Concello da Coruña iniciaba en abril do

ano 2008 un proceso de diálogo que pretendía integrar ao conxunto das asociacións do

municipio, á propia Institución Municipal, e a calquera persoa interesada, na

identificación de propostas cara á promoción da participación cidadá e o papel das

asociacións.

Con este obxecto, o traballo centrouse na formulación de propostas para a actualización

do Regulamento Orgánico de Participación Cidadá do Concello; e na identificación de

posibles actuacións que, promovidas desde a Institución Municipal ou desde o tecido

asociativo, poderían abrir novas potencialidades de intercooperación ou poderían

promover a participación dos e das cidadáns.

Este proceso baseouse no desenvolvemento de distintos formatos que posibilitasen o

debate participativo. Cómpre destacar que non se pretendía tanto unha acadar unha

representatividade estatística do tecido asociativo, sempre difícil nun marco no que non

existe unha estrutura Institucional que o favoreza, como unha representatividade

estrutural ou de perfís; de xeito que as ideas que se recollesen como conclusión

representasen ás diferentes perspectivas presentes nas asociacións do municipio e, deste

xeito, fixeran asequible a súa aceptación xeneralizada.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 4

Memoria final de avaliación e conclusións

3. 3. DESCRICIÓN DO PROCESO DE TRABALLO REALIZADO:DESCRICIÓN DO PROCESO DE TRABALLO REALIZADO:

Dispositivo I. Celebración do I Foro participativo:

O proceso arrancaba os días 25 e 26 de abril de 2008, coa celebración das I Xornadas de

Encontro e Debate co Tecido Asociativo coruñés, organizadas pola Concellaría de

Igualdade e Participación Cidadá. A estas Xornadas foron convocadas o conxunto das

asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello.

O traballo nesta ocasión foi introducido por unha ponencia a cargo de D. Tomás

Rodríguez Villasante, profesor titular no Dpto. De Ecoloxía Humana da Facultade de

Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid; que aportou unha perspectiva xeral

da implementación de políticas participativas en distintos ámbitos e realidades locais.

Posteriormente, abriuse un turno de preguntas e debate en plenario entre o conxunto

das persoas asistentes.

A continuación, as persoas que asistiron ás mesmas realizaron unha reflexión diagnóstica

compartida ao respecto da situación da participación cidadá e asociativa no municipio,

distribuíndose en pequenos grupos de traballo.

Esta reflexión pretendía conformar un marco valorativo que contextualizase e

favorecera a formulación de propostas para a mellora desta situación. Do mesmo xeito,

permitiu que as persoas asistentes a este Foro acordasen a constitución de tres Mesas de

debate que darían continuidade ao proceso.

Dispositivo II. Organización de Mesas de debate participativo:

Foi con este obxectivo que desde a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá se

procedeu a organizar tres Mesas de debate participativo, abertas, de igual xeito, ao

tecido asociativo local e a calquera persoa interesada.

Cada unha destas Mesas mantivo un total de 3 xuntanzas ao longo do período que vai

entre maio e novembro de 2008. En cada caso, desenvolvíase unha temática concreta e

específica, partindo das conclusións formuladas desde as I Xornadas. Estas temáticas

eran, en concreto:

Proceso de diálogo co tecido asociativo 5

Memoria final de avaliación e conclusións

● Mesa I. Centrada na actualización do Regulamento Orgánico de Participación

Cidadá e na procura de canles para unha comunicación máis eficaz entre o tecido

asociativo e a Admon. Local.

Esta Mesa celebrou a súa 1ª xuntanza o día 17 de xuño. A 2ª xuntanza foi

realizada o sábado 27 de setembro. A terceira xuntanza desenvolveuse a través

de traballos en grupos máis reducidos ao longo do mes de novembro.

● Mesa II. Centrada na busca de posibles estratexias de cooperación e traballo en

rede entre as entidades asociativas.

Esta Mesa celebrou a súa 1ª xuntanza o día 19 de xuño. A 2ª xuntanza foi

realizada o sábado 27 de setembro. A terceira xuntanza desenvolveuse a través

de traballos en grupos máis reducidos ao longo do mes de novembro.

● Mesa III. Centrada na procura de posibilidades para promover un proxecto

conxunto de participación cidadá e fomento da consciencia sociocomunitaria.

As mesas II e III foron integradas na celebración da 2ª xuntanza, que tivo lugar o

día sábado 27 de setembro. A terceira xuntanza desenvolveuse a través de

traballos en grupos máis reducidos ao longo do mes de novembro, integrándose o

seu contido na liña de traballo da Mesa II.

A 1ª xuntanza en cada unha das Mesas tiña como obxectivo definir criterios xerais, que

orientasen a formulación de propostas máis específicas de actuación para a súa temática

en posteriores xuntanzas. Na 2ª xuntanza abordouse, por tanto, a definición conxunta de

propostas concretas para a promoción da participación. A 3ª volta tiña como obxectivo o

contraste das propostas finais e o establecemento de bases de consenso cara a súa

presentación no II Foro de participación.

En todos os casos, a metodoloxía de traballo aplicada consistiu nun debate colectivo que

combinaba o pequeno e o gran grupo.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 6

Memoria final de avaliación e conclusións

Dispositivo III. Desenvolvemento de contactos co tecido asociativo:

Tanto no inicio do proceso, como ao longo do mesmo foron realizadas distintas

entrevistas, individuais ou grupais, con persoas que eran membros ou representantes de

distintas entidades asociativas.

Estes contactos atenderon moi especialmente a favorecer a comunicación coas

federacións que no municipio agrupan ao tecido asociativo. En concreto, mantivéronse

varias sesións de información e contraste con membros da Xunta Directiva da Federación

Provincial de ANPAs de Centros Públicos de Coruña, coa Xunta Directiva da Federación

de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana e con membros da Federación

de Asociacións Veciñais Salvador de Madariaga.

O obxectivo dos contactos mantidos foi o de reforzar a súa implicación no proceso, e

favorecer puntos de interese ou consenso que apoiaran o desenvolvemento dos Foros ou

as Mesas de debate.

Así mesmo, e co obxectivo de achegarlles o desenvolvemento do proceso e favorecer

que tivesen coñecemento das súas conclusións, mantivéronse xuntanzas periódicas con

representantes de diferentes grupos políticos presentes na Corporación Local.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 7

Memoria final de avaliación e conclusións

Dispositivo IV. Celebración do II Foro participativo:

Unha vez definidas un conxunto de propostas a partir dos espazos de debate

anteriormente descritos, o proceso tivo o seu peche o día 17 de xaneiro de 2009, coa

celebración das II Xornadas de Encontro e Debate co Tecido Asociativo coruñés;

organizadas pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, e abertas ao conxunto

do tecido asociativo e a calquera persoa interesada.

Co obxectivo de aportar un elemento de contraste, e facilitar así o debate, o Foro

abriuse coa presentación da experiencia e resultados de diferentes mecanismos de

participación cidadá aplicados no Concello de Córdoba; entre outros, Regulamento de

Participación Cidadá e Orzamentos Participativos. A exposición foi realizada por Dª.

Rocío López Lozano, xefa do Departamento de Participación Cidadá do Concello de

Córdoba; e Dª. Teresa Caballero Luque, Presidenta da AVV “El Islam” da “Colonia de la

Paz”, e vicepresidenta do Consello do Distrito Noroeste así como do Consello do

Movemento Cidadán. Posteriormente, abriuse un turno de preguntas e debate en

plenario entre o conxunto das persoas asistentes.

A continuación, as entidades e persoas asistentes tiveron devolución detallada do

resultado e operativización final dos debates realizados ao longo do proceso; en

concreto, presentáronse as propostas formuladas para a actualización do Regulamento

Orgánico de Participación Cidadá, e cara á promoción da cooperación asociativa e o

papel das asociacións como axentes de participación.

O resultado final destas Xornadas foi, por tanto, o contraste e validación final das

conclusións e propostas presentadas.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 8

Memoria final de avaliación e conclusións

4. 4. PRESENTACIÓN E VALORACIÓN DO RESULTADO DO PROCESOPRESENTACIÓN E VALORACIÓN DO RESULTADO DO PROCESO

O proceso descrito tivo como concreción unha serie de produtos tanxibles así como

outros elementos, de carácter intanxible, que cómpre destacar na medida en que

constitúen os seus resultados.

4.1. Produtos.

Así, en primeiro lugar, cabe facer referencia aos produtos entregados ao remate do

proceso. Son en concreto:

Documento descritivo das propostas formuladas para a actualización do

Regulamento Orgánico de Participación Cidadá (recollido no anexo I).

Documento descritivo das propostas formuladas para promover a cooperación

entre asociacións, así como o seu papel como promotores da participación cidadá

(recollido no anexo II).

Ambos documentos recollen a concreción final dos debates mantidos nos diferentes

espazos habilitados con este fin; detallando as propostas específicas realizadas tanto

para o Regulamento de Participación Cidadá (temática da Mesa I) como para a

promoción da cooperación e a participación asociativa (temática das Mesas II e III).

Constitúen, neste sentido, os produtos tanxibles do proceso. Estes dous documentos

figuran como anexos ao presente informe.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 9

Memoria final de avaliación e conclusións

4.2. Outros resultados.

Pola súa natureza participativa, un proceso como o descrito formúlase non solo para dar

forma a un conxunto de propostas, cunha base de consenso e cunha orientación máis ou

menos operativa, senón para achegar aos axentes aos que se orienta un conxunto de

dispositivos dinamizadores. Asume, neste sentido, a esperanza de xerar intereses

compartidos que favorezan o seu coñecemento, implicación e respaldo cara ás propostas

que, finalmente, se concretan. Neste caso:

Coñecemento: dos contidos (vixentes e propostos) e funcionalidades do

Regulamento Orgánico de Participación Cidadá; e da necesidade e

potencialidades que se entenden asociadas á cooperación entre as entidades, e

entre estas e o propio Concello.

Implicación e respaldo: no contido das propostas que, á conclusión do proceso, se

concreten para os dous planos explicitados no debate (Regulamento e

cooperación). De xeito que estas incorporen as distintas perspectivas presentes no

tecido asociativo ao respecto; e de xeito que exista unha atención activa a súa

posta en marcha e mellor implementación no futuro próximo.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 10

Memoria final de avaliación e conclusións

4.3. Valoración global do proceso.

É neste sentido que cabe realizar as seguintes valoracións:

Un total de 101 persoas, en representación dun número total de 58 asociacións de

distinto tipo, tiveron participación nas diferentes canles de traballo conformadas.

Aínda que non se trate dunha participación masiva, este número visualiza que o

proceso foi quen de favorecer unha unha proximidade moi significativa dos temas

tratados ao ámbito asociativo coruñés.

Máis no concreto, o proceso difundiu en diferentes momentos a vontade do

Concello e, nomeadamente, da Concellaría de Participación de abordar unha

posta en valor do ROPC cara a súa implementación; a través da participación do

tecido asociativo e, dun xeito máis xenérico, da cidadanía local.

Hai que entender que este proceso de difusión e participación contribúe, por

tanto, a dar a coñecer a existencia e contidos deste Regulamento; así como a

formar un marco de opinión máis compartido no relativo a súa funcionalidade e

posibilidades.

Doutra banda, a identificación de necesidades e liñas de cooperación abre un

marco diagnóstico que pode axudar a centrar actuacións específicas.

Independentemente de que o tecido asociativo poda aproveitar en maior ou

menor medida esta cuestión desde a súa iniciativa, dota de sentido e respaldo ás

propostas que con este obxecto poda formular a propia Concellaría de Igualdade e

Participación.

Desde unha perspectiva máis xeral, destacar que o proceso desenvolvido fixo

posible o encontro entre perfís moi diferenciados do tecido asociativo local, así

como entre este e a Concellaría de Participación Cidadá.

Na mesma liña, que o proceso desenvolvido reforza o posicionamento da propia

Concellaría de Igualdade e Participación como referente central á hora de falar

de políticas participativas, con perspectiva estratéxica, no plano da Organización

Municipal.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 11

Memoria final de avaliación e conclusións

Noutra orde de cousas, cabe valorar que o feito de que o Regulamento de

Participación vixente non fose activado desde a súa aprobación, así como que no

municipio non se desenvolvera un proceso similar naquel momento, foron factores

que puideron reducir as expectativas de resultado das asociacións ás que se

dirixiu o proceso; e, en consecuencia, a súa disposición a implicarse no mesmo.

Na mesma liña puido operar o feito de que non existise un marco previo de

concertación entre as forzas políticas Municipais ao respecto da necesidade de

abordar unha actualización do ROPC.

Salientar, neste sentido, que no momento actual a existencia dunha base de

consenso desde a participación dota de lexitimidade á proposta de actualización

deste Regulamento, e reforza as posibilidades existentes para a súa aplicación.

O mesmo cabe pensar para as actuacións que podan promoverse a partir das ideas

formuladas para promover a cooperación e o papel das asociacións.

Salientar, por último, que os procesos de participación dependen en gran medida

da expectativa dos axentes que se integran nos mesmos. É por isto que a

implementación, en maior ou menor medida, deste marco propositivo debera

operar na liña de implicar progresivamente a un número máis amplo de persoas e

asociacións en novos procesos participativos.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 12

Memoria final de avaliación e conclusións

5. 5. ANEXO I: ANEXO I: Documento no que se recollen as propostas formuladasDocumento no que se recollen as propostas formuladas para o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá (entregado no IIpara o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá (entregado no II Foro Participativo, o día 17 de xaneiro de 2009).Foro Participativo, o día 17 de xaneiro de 2009).

Proceso de diálogo co tecido asociativo 13

Memoria final de avaliación e conclusións

PROCESO DE DIÁLOGO CO TECIDO ASOCIATIVO Identificación de propostas que reforcen a

participación cidadá e asociativa

SÍNTESE DE PROPOSTAS PARA O REGULAMENTO ORGÁNICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Concellería de Igualdade e Participación Cidadá

Concello da Coruña

Proceso de diálogo co tecido asociativo 14

Concello da CoruñaConcellaría de Igualdade e Participación Cidadá

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 15

Memoria final de avaliación e conclusións

1. 1. ÍndiceÍndice

1. ÍNDICE...................................................................................................................2

2. INTRODUCIÓN ............................................................................................................3

3. SOBRE O CONSELLO SOCIAL CORUÑÉS (COSOC).................................................................................4

4. SOBRE OS CONSELLOS SECTORIAIS............................................................................................6

5. SOBRE OS DISTRITOS E O SEU NÚMERO........................................................................................7

6. SOBRE MEDIDAS DE APOIO AO TECIDO ASOCIATIVO...............................................................................9

7. OUTRAS REFLEXIÓNS......................................................................................................10

Proceso de diálogo co tecido asociativo 16

Memoria final de avaliación e conclusións

2. 2. Introdución Introdución

O Concello da Coruña aprobou o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá no ano 2004, no marco da Lei 57/2003, de 16 de decembro, de Medidas para a Modernización do Goberno Local.

A Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá asumiu neste ano 2008 o obxectivo de actualizar este Regulamento a través dun proceso que lle garantise un nivel axeitado de coñecemento e respaldo social; favorecendo a súa posta en marcha.

Con este obxectivo, organizou un “I Foro de Participación” o 25 e 26 de abril de 2008, orientado ao tecido asociativo e aberto a calquera persoa interesada. Activábase deste xeito un proceso que tivo a súa continuación no traballo de varias Mesas de Debate Participativo.

Froito deste traballo, concretáronse un conxunto de propostas formuladas para a súa inclusión no texto do ROPC.

Estas propostas buscan potenciar a capacidade do ROPC para activar dinámicas de participación e corresponsabilización cidadá na construción do ben público, reforzando aqueles aspectos que se considerou resultaban centrais cara á aplicación máis efectiva deste documento. Xa a Comisión Executiva da FEMP recolle na “Axenda Local para a Participación” (documento aprobado pola Comisión Executiva o 19 de decembro de 2006) que a participación cidadá constitúe non só un dereito fundamental, senón o “elemento clave para conectar a acción de goberno coas necesidades das persoas e facilitar a eficacia das políticas”

A motivación destas propostas, en todo caso, non é cambiar radicalmente un texto, o do ROPC, aprobado no Pleno Municipal por unha maioría de votos, senón contribuír a súa implementación máis efectiva desde o contraste do seu contido co tecido asociativo.

A partir dos puntos de consenso construídos a través deste proceso participativo, preséntase neste documento unha serie de propostas para a actualización do ROPC. Estas propostas fan relación á estruturación da participación cidadá a través de distintos órganos (títulos segundo e terceiro no texto vixente), e as súas funcións e composición.

Neste sentido, destacar que as presentes propostas para o ROPC:

● Sitúan aos Consellos Sectoriais como o mecanismo principal sobre o que pode vertebrarse a participación no Plano Sectorial.

● Desenvolven o plano territorial a través da división do territorio municipal en 4 Distritos, e das figuras das Asembleas de Distrito, os Consellos de Distrito e o Concelleiro ou Concelleira de Distrito.

● Desenvolven un plano máis estratéxico, no que se Integran os dous planos anteriores, a través da composición e función do Consello Social Coruñés (COSOC).

Proceso de diálogo co tecido asociativo 17

Memoria final de avaliación e conclusións

3. 3. Sobre o consello Sobre o consello socialsocial coruñés (cosoc) coruñés (cosoc)

Composición do COSOC:

● Aínda que moitas das persoas que participaron nos debates propoñían que a presidencia deste órgano sexa electa desde os seus membros, enténdese que a natureza do COSOC xustifica e fai necesario que sexa a Alcaldía a figura que, en boa lóxica, debe ostentala; na medida en que é o máximo/a responsable político Municipal (de xeito parello ao que logo se tratará para os consellos de distrito).

● Doutra banda, o listado de membros contemplados para o COSOC desde o actual R.O.P.C. suscita non poucas críticas que inciden na necesidade de potenciar a súa representatividade. É por isto que moitas das propostas recollidas oriéntanse a reforzar este aspecto, integrando a entidades de diferente cariz e cun peso e actividade social destacados.

Neste sentido, a proposta contempla a seguinte composición para o COSOC:

-3 membros en representación das AAVV do municipio.

-3 membros en representación doutras Asociacións do municipio.

-3 membros en representación das organizacións empresariais máis representativas.

-3 membros en representación das 3 organizacións sindicais máis representativas.

-2 membros en representación das Institucións económicas e financeiras con sede no concello.

-1 membro en representación de cada Consello de Distrito.

-1 membro en representación de cada Consello Sectorial.

-1 membro en representación de cada grupo político integrado na Corporación.

-1 membro en representación da Universidade de A Coruña.

-1 membro en representación da Área Sanitaria.

-2 membros en representación das fundacións ou institucións presentes no concello.

-1 membro en representación da Administración Autonómica.

-1 membro en representación da Administración Estatal.

-1 membro en representación das Asociacións de Nais e Pais presentes no concello.

-1 membro en representación das asociacións de consumidores presentes no municipio.

● Considérase que, ademais, as xuntanzas do COSOC poderán incluír a presenza daquelas persoas que se decida en calidade de expertas; sempre con voz pero sen voto, a proposta e decisión dos e das membros do propio COSOC.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 18

Memoria final de avaliación e conclusións

Funcións:

● A partir das propostas recollidas, considérase oportuno incorporar explicitamente algunhas atribucións específicas ás funcións contempladas para o COSOC.

● Deste xeito, o Consello Social Coruñés informará preceptivamente á súa aprobación definitiva por parte do Pleno sobre os seguintes asuntos:

● PXOM e as súas modificacións.

● Política municipal de vivenda e rehabilitación.

● Aprobación e modificación das ordenanzas municipais.

● Proxectos de interese xeral para a cidade da Coruña.

● O Consello Social Coruñés tomará coñecemento, ademais, do proxecto anual de orzamentos Municipais.

● Enfatízanse estas cuestións na medida en que se consideraba necesario atribuír ao COSOC unha maior relevancia nas funcións de asesoramento ou contraste que se lle atribúen.

● Neste mesmo sentido, considérase de interese que o COSOC emita anualmente un dictame sobre o nivel de implementación do propio ROPC, previo informe da Concellaría de Participación. E, do mesmo xeito, unha memoria na que se recollan as súas consideracións sobre a situación económica e social da cidade, así como expectativas de futuro e propostas de actuación.

● Recóllese tamén a proposta de que o COSOC actúe como marco de encontro, diálogo e coordinación da participación nos Órganos de participación de ámbito territorial (Consellos de Distrito). Para isto poderá constituír un Grupo de Traballo que reúna a representantes dos diferentes Consellos de Distrito con carácter periódico.

● Os COSOC cesará nas súas responsabilidades ao remate do mandato de cada Corporación Local, e abrirá unha elección de integrantes a partir da súa nova constitución.

ANEXO AO EPÍFGRAFE ANTERIOR: PROPOSTA DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DAS AAVV E DAS ENTIDADES NON VECIÑAIS INSCRITAS NO RMAC.

● Durante os catro primeiros meses de mandato dunha nova corporación, a elección dos 3 representantes do asociacionismo veciñal no COSOC realizarase a través dun foro aberto, con este obxectivo, ao conxunto das entidades veciñais presentes no municipio. Cada entidade

Proceso de diálogo co tecido asociativo 19

Memoria final de avaliación e conclusións

terá emitirá un voto (cada voto establecerá unha proposta de 3 representantes). O censo de entidades a convocar establecerase a partir do Rexistro Mpal. de Asociacións.

● A elección dos 3 representantes das restantes asociacións no COSOC realizarase a través do mesmo mecanismo.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 20

Memoria final de avaliación e conclusións

4. 4. Sobre os consellos sectoriaisSobre os consellos sectoriais

● Proponse que o ROPC recolla unha mención explícita a que o Pleno poderá aprobar a creación de consellos sectoriais en relación ás áreas de actuación municipal; prestando especial atención a súa promoción nas Áreas de Urbanismo e Vivenda, Asuntos Sociais, Cultura, Educación, Deportes, Muller, Infraestruturas e Medio Ambiente e Mocidade.

● O ROPC recollerá que nas atribucións dos Consellos Sectoriais estarán: presentar iniciativas, informar e seren informados, promover estudos e informes, asesorar e colaborar, e calquera función asignada polo Pleno, organizar foros ou xornadas, temáticas abertas á participación cidadá.

● Detallará tamén a composición dos mesmos. Que contemplarán:

Un Presidente/a que será o Alcalde ou a Concelleira/o da área á que corresponda a actividade do Consello.

Un Vicepresidente/a elixido/a polo Pleno do Consello.

Un representante por cada unha das Asociacións relacionadas co sector e inscritas no RMAC. Todas as asociacións teñen dereito a formar parte dun Consello sectorial.

Un representante das Institucións ou Entidades públicas directamente vinculadas co sector.

Un representante das Institucións privadas sen ánimo de lucro directamente vinculadas co sector.

Un técnico ou unha técnico Municipal especialista no ámbito temático do Consello, designado pola presidencia do Consello.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 21

Memoria final de avaliación e conclusións

5. 5. Sobre os distritos e o seu númeroSobre os distritos e o seu número

● O R.O.P.C. establece nos artigos 22 e 24 que son órganos territoriais para a descentralización da xestión municipal (art. 24) e que deben servir para “facilitar a participación cidadá nos asuntos locais e achegar a súa administración aos veciños, mellorando a eficacia dos servizos públicos...” (art. 22).

No artigo 23, nos seus catro primeiros apartados, que A Coruña quedará subdividida en dous distritos: Pescadería e Oza.

● A partir dos debates mantidos, maniféstase a opinión unánime de que estes dous distritos fican escasos para un concello como o da Coruña.

O propio artigo 23, nos apartados 5 e 6 establece a fórmula para modificar a estrutura, límites e número dos Distritos “...atendendo a criterios xeográficos e de dotación de equipamentos e servizos de poboación...” (art. 23.5).

● Existe, por tanto, un consenso xeneralizado ao respecto de que un número axeitado sería o de catro Distritos; sen que isto conleve unha excesiva descentralización da Administración local (que redunde negativamente sobre a economía do concello ou sobre o axeitado devir administrativo).

● É de sinalar que o artigo 47, apartado 1, establece que “en cada distrito existirá unha sede administrativa dotada dun número de empregados necesarios...” e nos apartados 47.2. e 47.3 que “...existirán oficinas de rexistro de entrada e saída así como oficinas municipais de información e atención á cidadanía”.

A CONCELLARÍA DE DISTRITO E OS CONSELLOS DE DISTRITO.

● Proponse a eliminación do artigo 28.2 que é o que establece a forma de elección dos e das vocais, así como o 28.3 e 28.4.

● Enténdese a pertinencia de manter a figura da Concelleira ou Concelleiro de Distrito, tal e como se formula no ROPC, como Presidenta ou Presidente do Consello de Distrito.

● Proponse que os Consellos de Distrito estarán formados por:

-1 presidente/a; que será o concelleiro ou concelleira de distrito.

-1 secretario/a; que será un/ha funcionario/a municipal.

-3 representantes de AA.VV. inscritas no REMAC, e localizadas no Distrito.

-3 representantes de entidades non veciñais incluídas no REMAC, e localizadas no Distrito.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 22

Memoria final de avaliación e conclusións

● Aínda que se ten debatido a proposta de incluír nos Consellos de Distrito entre 1 e 3 representantes non asociados, para que esto se operativice conforme ao marco normativo sería necesario vincular a súa participación a un proxecto ou proceso específico. É por isto que non se incorpora esta cuestión na proposta actual, aínda que non obsta que poda ser obxecto de novas formulacións que permitan a inclusión axeitada desta figura.

● Os representantes das entidades veciñais e non veciñais, inscritas no REMAC, serán electos nunha asemblea de Distrito; que terá lugar dentro dos 4 primeiros meses da nova corporación, onde se escollerán, nunha elección aberta e con censos diferenciados.

● Os Consellos de Distrito poderán convocar a asistencia, con voz pero sen voto, de todas aquelas persoas que, a título particular ou en representación de calquera entidade, podan aportar, en calidade de expertos, unha perspectiva de interese para o seu traballo.

● Os Consellos de Distrito cesarán nas súas responsabilidades ao remate do mandato de cada Corporación, e abrirán unha elección de integrantes a partir da súa nova constitución.

● As súas funcións son as que están xa indicadas no ROPOC vixente.

AS ASEMBLEAS DE DISTRITO.

● Propónse incorporar á estrutura dos Distritos a figura das Asembleas de Distrito. Entendidas como un espazo no que potenciar a participación do conxunto da cidadanía do Distrito, e a súa conexión cos Consellos de Distrito.

É por isto que as asembleas de Distrito se definen como Foros de participación, abertos a todas as persoas maiores de dezaseis anos con residencia no mesmo.

● Poderán reunirse cada 4 meses de xeito ordinario; e poderán manter xuntanzas extraordinarias cando o solicite un terzo dos membros da Mesa de Presidencia, ou un 5% do censo.

● Unha das súas funcións será a de realizar propostas de actuación e investimento municipal para o Distrito. Tamén a de facilitar información sobre os asuntos relativos ao mesmo.

● A mesa de Presidencia da Asemblea será o Consello de Distrito, sendo presidida, polo tanto, pola Concelleira ou Concelleiro de Distrito, encargado de recoller as demandas, solicitudes, peticións, suxestións ou ideas que se aproben na asemblea.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 23

Memoria final de avaliación e conclusións

6. 6. Sobre medidas de apoio ao tecido asociativoSobre medidas de apoio ao tecido asociativo

● Proponse que o ROPOC recolla explicitamente que o Concello implementará un conxunto de liñas de actuación orientadas ao fomento do asociacionismo, e ao reforzo dos recursos e capacidades das entidades, dando resposta á importancia que lles atribúe como axentes que vertebran e dinamizan a participación social no ben común.

● En esencia, estas medidas serán:

Apoio á difusión das asociacións e das súas actuacións a través dos medios establecidos no Título I do presente Regulamento.

Desenvolvemento de accións formativas que atendan ás necesidades prioritarias das asociacións no relativo á xestión económica, legal e social das asociacións, a comunicación e difusión cara á cidadanía, a xestión de actividade, a incorporación das novas tecnoloxías, etc. Este aspecto será desenvolvido a través de programas anuais de formación.

Activación a través da incorporación das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación de recursos que favorezan a cooperación entre as entidades asociativas, e destas coa Institución Municipal.

Establecemento de convenios de colaboración entre a Institución Municipal e as entidades asociativas.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 24

Memoria final de avaliación e conclusións

7. 7. Outras reflexiónsOutras reflexións

● O ROPOC contempla as figuras do Comité Técnico de Planificación Participativa e do valedor do cidadán, aínda que non son desenvolvidas no mesmo.

● Na medida en que o Comité Técnico asumiría claramente funcións de goberno e a súa creación dependería do goberno municipal, se entende que non é unha figura demandada nin tampouco necesaria se se artella unha completa participación cidadá.

● Na mesma liña, a figura do valedor do cidadán perde sentido se se contempla o esquema da participación cidadá no Concello da Coruña que se achega na proposta de actualización do ROPC. Enténdese que o valedor é preciso en esquemas que non teñen un gran desenvolvemento nos modos e formas da participación cidadá. Este non sería o caso. De existir, podería ser convertido no censor do sistema de participación. A súa elección dependería do Pleno.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 25

Memoria final de avaliación e conclusións

6. 6. ANEXO II: ANEXO II: documento que recolle as propostas formuladas paradocumento que recolle as propostas formuladas para favorecer a cooperación e o papel das asociacións (entregado no II Forofavorecer a cooperación e o papel das asociacións (entregado no II Foro Participativo, o día 17 de xaneiro de 2009).Participativo, o día 17 de xaneiro de 2009).

Proceso de diálogo co tecido asociativo 26

Memoria final de avaliación e conclusións

Programa PROCESO DE DIÁLOGO CO TECIDO ASOCIATIVO

Identificación de propostas que reforcen a participación cidadá e asociativa

SÍNTESE DE PROPOSTAS PARA PROMOVER A COOPERACIÓN ENTRE

ASOCIACIÓNS

Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá

Concello da Coruña

Proceso de diálogo co tecido asociativo 27

Concello da CoruñaConcellaría de Igualdade e Participación Cidadá

Memoria final de avaliación e conclusións

1. 1. Detalle das propostas definidas.Detalle das propostas definidas.

● Proposta 1. Creación de Consellos Sectoriais e Territoriais.

○ Enténdese que na medida en que integran ao tecido asociativo e ao Concello nun diálogo

común sobre unha temática específica dada, constitúen un instrumento moi viable de cara a

promover estratexias comúns entre estes axentes.

○ Detallando máis a proposta, fálase de que estes Consellos deberan partir da realización dun

diagnóstico consensuado, e sobre criterios e datos obxectivos, da realidade de partida na súa

temática de referencia.

Concreción operativa: na actualidade existen xa algúns Consellos Sectoriais operativos,

estando recollida a figura destes órganos no Regulamento Orgánico de Participación Cidadá

vixente. A proposta de actualización do mesmo declara o interese de ampliar o número de

Consellos constituídos.

● Proposta 2. Realizar uns orzamentos participativos, que permitan canalizar as propostas de

entidades e Consellos Territoriais.

Concreción operativa: entendendo que este é un tema que desperta interese, a proposta é

desenvolver algunhas accións formativas e informativas que reúnan ás asociacións, ao

Concello e, en definitiva, a todas as persoas interesadas nun coñecemento máis fondo do

xeito e funcionalidades que teñen os orzamentos participativos, así como nun debate das

súas posibilidades de aplicación.

● Proposta 3. Activar un Programa de Formación para as asociacións.

○ Neste caso, enfatízase a necesidade de formación relativa á identificación de recursos, a

tramitación e xestión de subvencións, axudas, etc.

○ Cabe pensar en ampliar esta proposta a través da idea de elaboración dun estudo previo de

necesidades formativas.

Concreción operativa: a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá programará cursos

de formación anuais consensuados coas entidades interesadas.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 28

Memoria final de avaliación e conclusións

● Proposta 4. promover que as entidades teñan un maior acceso a infraestruturas e recursos; como

locais, etc., a través da intercooperación.

○ Fálase de que, como primeiro paso, sería necesario realizar un mapa de recursos.

○ A partir deste coñecemento, a intercooperación debera atender especialmente a dar resposta

ás necesidades de infraestrutura e recursos das entidades; en especial daquelas en situación

de maior debilidade a este respecto.

○ Nalgúns casos, propónse promover que as entidades asociativas se integren en Plans

Comunitarios.

Concreción operativa: a Concellaría de Participación Cidadá activará unha páxina web que

operativizará, entre outras cuestións, como un banco de recursos. Neste sentido,

identificará as infraestruturas e outras capacidades existentes/ofertadas desde as entidades

e o Concello (mapa de recursos) e recollerá/transmitirá as demandas que se formulen desde

as asociacións ao respecto. Actuará, deste xeito, como axente de intermediación cara a súa

resolución.

● Proposta 5. Reforzar, desde a cooperación, a difusión das entidades asociativas e das súas

actividades, como elemento central para promover a intercooperación.

Proposta 6. Reforzar a información de que dispoñen as entidades asociativas.

○ Fálase de que sería necesario activar un boletín que permitise xestionar e difundir

información entre as entidades, e desde o Concello cara elas. Enténdese, en todo caso, de

que antes de activar este recurso, debera de traballarse o seu contido coas propias

entidades. Unha das cuestións fundamentais a traballar sería como garantir o máximo

interese e calidade dos contidos a recoller neste boletín.

Concreción operativa: este boletín podería ser operativizado en colaboración das asociacións

e a Concellaría; e sería difundido a través da páxina web á que se facía referencia

anteriormente. Creándose para o seu deseño unha mesa de traballo con todas aquelas

asociacións que teñan interese en participar nesta cuestión.

Como idea básica, o boletín recollería información sobre a actividade das asociacións e

tamén sobre cuestións Municipais do seu interese (actividades, liñas de apoio, etc.).

● Proposta 7. Mellorar a visualización social das entidades asociativas.

○ Fálase de difundir os proxectos, liñas de actuación das distintas entidades cara á cidadanía.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 29

Memoria final de avaliación e conclusións

○ Neste sentido, fálase de mellorar a actualización da información recollida no Rexistro

Municipal de Asociacións para cada entidade, de xeito que se transmita unha imaxe máis fiel

da mesma.

○ Neste sentido, fálase tamén de que o Concello podería apoiar ás asociacións para que os

medios de comunicación se fixeran un maior eco da vida e actuacións do asociacionismo no

municipio; en todo caso, que non falen só daquelas problemáticas ou reivindicacións das

asociacións...

○ E, por ultimo, proponse que o Concello promova a participación activa, para que a xente non

practique soamente a “reactiva”. Neste sentido, que realice unha campaña de difusión que

recolla que cuestións de importancia realizan as asociacións para a sociedade e o seu

desenvolvemento.

Concreción operativa: a Concellaría de Participación Cidadá traballará en coordinación coas

asociacións para definir unha sistemática que promova unha actualización periódica dos

datos recollidos no REMAC.

Partindo tamén da proposta nº 4, os contidos recollidos no boletín de difusión da actividade

asociativa serán unha base para aproximar a actuación asociativa aos medios de

comunicación locais; e desde logo nos medios Municipais.

Por último, formúlase o interese de debater coas asociacións a realización dunha feira de

asociacións na que se promova un contacto máis estreito entre as entidades e a cidadanía.

● Proposta 8. Reducir a complexidade na administración dos procedementos administrativos con

maior incidencia sobre as asociacións:

○ Simplificar a tramitación administrativa (“papeleo”, etc.); e, sobre todo, implementar

mecanismos que fagan máis transparente e máis efectiva a resposta da Administración ás

demandas das asociacións.

○ Axilizar a concesión de axudas, subvencións, etc. en especial no que toca ao seu cobro polas

entidades. A este respecto, moitas persoas demandan da busca de posibilidades para adiantar

o momento de cobro das mesmas desde as asociacións.

Concreción operativa: recóllese como unha cuestión que debe ser obxecto dun estudo máis

exhaustivo no relativo ás posibilidades existentes no marco normativo.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 30

Memoria final de avaliación e conclusións

7. 7. ANEXO III: Relación das persoas e entidades participantes.ANEXO III: Relación das persoas e entidades participantes.

Relación de persoas e entidades asistentes ao I Foro Participativo.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 31

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 32

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 33

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 34

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 35

Nome EntidadeCarlos Suárez Martínez A.VV. AgraFrancisco Graña Iglesias A.VV. AgraDomingo Verdini Deus A.VV. Castrillón - Urb. Soto "Iar"Antonio Lista Romeo A.VV. Castrillón - Urbanización Soto "Iar"María García Rio A.VV. Castrillón - Urbanización Soto "Iar"Dolores Souto Corral A.VV. De BensAure López A.VV. Ensenada OrzánEnrique Fernández Maceiras A.VV. Fco. Rodríguez OteroPedro Barrós Grela A.VV. Mallos, S. Familia EstaciónEduardo Souto Vázquez A.VV. Mallos, Santa Familia, EstaciónAscensión Martínez Sobreviela A.VV. MonelosBegoña Arufe Mouriño A.VV. MonelosDavid Pena Diaz A.VV. Monte AltoLuís M. Bocixe Rey A.VV. Os MallosCarlos Maceiras Bermúdez A.VV. Os RexumeirosMargarita Santiago Urbano A.VV. Oza, Gaiteira - Os CastrosPedro Jose Méndez Zas A.VV. Riazor - EstadioCarmen Arcay Varela A.VV. Riazor - EstadioPachi Tudela A.VV. Santa Margarita - O ParqueAna Vidal Corro ADAYEUS Asociación Alumnos y Exalumnos de la Universidad SeniorJesús Fernández Castro ADAYEUS Asociación Alumnos y Exalumnos de la Universidad SeniorAlexandre García Regueira ADEGA CoruñaRoberto Casteleiro Bouza ADEGA CoruñaFernando Sandy Eilebó AEGEGA - Asociación Emigrantes G. Ecuatorianos en GaliciaFeliciano Ropa Fernández AEGEGA - Asociación Emigrantes G. Ecuatorianos en GaliciaLourdes Sarry Blaki AEGEGA - Asociación Emigrantes G. Ecuatorianos en GaliciaEyi Nguema Mengue AEGEGA - Asociación Emigrantes G. Ecuatorianos en GaliciaSantiago Silo Fadipe AEGEGA (As. G. Ecuatorial)Roberto Catoira Viñán Agrupación Cultural Alexandre BóvedaMª José Rodríguez Carreiras APA AHEJAEsther Monterroso Martínez APEMRosalino Villoria Barrero ASCODIIsabel Casas Bartolomé Asociación Amas de Casa e ConsumidoresRosa Otero Raña Asociación Amas de Casa, Consumidores y UsuariosRosa Otero Rane Asociación Antonio NocheMar Rodríguez Fernández Asociación Bulimia y AnorexiaSusana Vara Bilbao Asociación Comunitaria Distrito QuintoCarmen López Rodríguez Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple

Nome EntidadeMaría Rosa Martínez Gandos Asociación de Migracións METAJualia N Ducid Campusano Asociación de Migracións METAXosé V. Martínez Romero-Gandos Asociación de Migracións METAMª Vázquez Sande Asociación de Mulleres pola IgualdadeElvira Martínez Sánchez Asociación Mulleres de Elviña "Xuntanza"Carmen Otero Gordido Asociación Mulleres de Elviña "Xuntanza"Luís José Peón Cardeiro Asociación Peña Golf José A. Pan "Saxa"José Luís Muruzabal Arlegui Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM)Guadalupe Rivera Pérez Asociación Prov. Amas de Casa, ConsumidoresXosé Rico Rodríguez BNGJaime Patiño Grela C.D. Auxiliares FarmaciaPaulo S. Carril Vázquez CIGMaite Prego Teira Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da CoruñaAntonio Cruz Freire Concello A CoruñaPilar Farjas Abadía Concello da CoruñaMercedes B. Rico Rodríguez Concello da Coruña - Concellería de Igualdade e Participación CidadáManuel Monge González CRMH da CoruñaJosé Rodríguez Taboada Cuarentuna de VeteranosHortensia Castelo Lourés FAPAS (Federación de APAS de C.P. de A Coruña)Isabel Fouz Escobero Federación Asociaciones Vecinales de La Coruña y Área MetropolitanaJesús Penedo Pallas Fundación AdcorPachi Tudela Guerrero Fundación ImladiRocío Fraga Sáenz Fundación MujeresEsther Basanta Regodesebes Fundación MujeresFrancis Moreira Fundación Ronsel (Asociación "Xente que cría")Julia Conde Gándaras Gamelán. Asociación Cultural e PedagóxicaDaniel Pérez González Grupo de Consumo Consciente (en formación). Rede de Troco de A CoruñaVictoria Louro Ferreiro Marcha Mundial das MulleresJose Luís Astray Colome ONG Labañou SolidariaAlexandra Fernández Rogers Real Club Náutico da CoruñaEnrique Rodríguez Álvarez Solidariedade GalegaMónica García Casas Solidariedade GalegaLeonardo Lorenzo Sola Torre C.F.Manuel Sanjurjo García Unidade de ParapléxicosXosé Manuel Taboada Suárez VerdegaiaXan C. Vázquez Veras Victoria C.F.Margarita Fernández Pérez XirxilarElvira González López Xirxilar

Memoria final de avaliación e conclusións

Relación de persoas e entidades asistentes ás mesas de traballo.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 36

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 37

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 38

Nome EntidadeMª Rosa Martínez Asoc. METAMaría Vázquez Asoc. Mulleres pola IgualdadeMercedes Sandy AEGEGAInés Yoni AEGEGAFernando Sandy AEGEGASantiago Silva AEGEGAPilar Ramos AEGEGAFabiola Seoane AFACORoberto Catoira Agrupación Cultural Alexandre BóvedaCarmen López Asoc. Coruñesa Esclerose MúltipleSusana Vara ASCODIMariló Moreira Asoc. Amas de C., Consumid. e Usuarios

Isabel Casas Asoc. Amas de C., Consumid. e UsuariosRoberto Prado Asoc. Cultural EumedreAlfredo Aliredo Asoc. Cultural EumedrePurificación Canosa Asoc. Mulleres Elviña “Xuntanza”Elvira Martínez Asoc. Mulleres Elviña “Xuntanza”Ana Ordoñez Asoc. XirxilarAntonio Lista AVV Castrillón Urb. SotoDomingo Verdini AVV Castrillón Urb. Soto “Lar”Ascensión Martínez AVV Monelos-Pajaritas

Mª Teresa Regueiro CCM LabañouXosé Lois Seixo CIGSoraya Álvarez Federación Prov. ANPAS CoruñaMaª Pilar Lage FEAPAS CoruñaJuan Carlos Quintela Federación AAVV Coruña e Área metrop.Isabel Fouz Federación AAVV Coruña e Área metrop.Jesús Penedo Fundación ADCOREsther Basannta Fundación MulleresDaniel Pérez Grupo de Consumo ConscienteXosé Lois LiñaresRicardo ValesMª Xosé Rodríguez

Memoria final de avaliación e conclusións

Relación de persoas e entidades asistentes ao II Foro Participativo.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 39

Nome EntidadeAlmudena Carro Seijo Asociación Comunitaria Distrito QuintoMª Jesús Arias Asoc. Coruñesa de Esclerósis MúltipleRosalino Villariz Barrero Asociación Comunitaria Distrito QuintoEnrique Fernández Maceiras AVV “Francisco Rodríguez Otero”Begoña Arufe Mouriño AVV “Monelos- Fuente de las Pajaritas”Margarita Santiago Urbano AVV “Oza- Gaiteira- Os Castros”Paulo Sexto Gantes AVV “Oza- Gaiteira- Os Castros”Eunice Rodríguez Corral Asoc. Padres Formación Jóvenes LímiteAscensión Martínez AVV “Monelos- Fuente de las Pajaritas”Juan M. Valeiras Varela AEGEGAFernando Sandy Eilebo AEGEGAPilar Carrodeguas Piñón AVV de Eirís “Uxío Carré”Jesús Penedo Pallas Fundación ADCORRoberto Catoira Viñán Asoc. Cultural Alexandre BóvedaMario López Guerrero Gamelán, Asoc. Pedagóxica e CulturalFrancisco J. González Maceiras AVV Novo MesoiroIván E. Rocha Freire AVV Novo Mesoiro

AVV IARDomingo Verdini Deus AVV Castrillón- Urbanización Soto “IAR”Isabel Fouz Escobedo Federación AAVV Coruña e Área MetropolitanaRosa Martínez Gandos Asociación METAJosé Luís Munuzabal Artegui Asoc. Pro Enfermos Mentales (APEM)María Esther Fontán Prado ANPA EscolapiosFernando Carrillo López AVV Os RosaisJosé María Méndez López Unidade Prov. Parapléxicos de A CoruñaDemetrio Vázquez Martínez Unión Comarcal CC.OOMaría Vázquez Sande Asoc. Mulleres Pola IgualdadeCarolina Regueira Arévalo Ideal GallegoMercedes B. Rico Rodríguez Concello da CoruñaMª Carmen Butiana Fernández Concello da CoruñaAntonio Cruz Freire Concello da Coruña

José Ricardo Rodríguez Montero

Memoria final de avaliación e conclusións

8. 8. ANEXO IV. Imaxes no proceso.ANEXO IV. Imaxes no proceso.

Proceso de diálogo co tecido asociativo 40

Fotos no proceso

Fotos no proceso

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 41

Fotos no proceso

Fotos no proceso

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 42

Fotos no proceso

Fotos no proceso

Memoria final de avaliación e conclusións

Proceso de diálogo co tecido asociativo 43

Fotos no proceso

Fotos no proceso