Meninas

3
AS MENINAS NO BARRIO (CANIDO) Obxectivos: 1.Coñecemento xeográfico dos elementos configuradores da identidade dun barrio de forte raigame en plena transformación urbanística, cara a súa preservación e posta en valor (cartografía, noménclator, tipoloxía de vivendas, estadio de habitabilidade…) 2.Formas de intervención cidadá democráticas, festivas e, como neste caso, creativas tendentes a incardinar a sensibilidade da poboación nas decisións a tomar polas administracións e os promotores privados.Ver happenings, performances, accións poéticas, creación de situacións,etc. 3.As Meninas como icono de referencia universal. Velázquez e o espacio do Barroco. Como opera aperta resulta susceptible de constante reinterpretación como as que se están a chantar no ferrolán Barrio de Canido nos últimos meses. A versión como diálogo creativo co pasado e non como copia nin plaxio : Picasso-Velázquez, Rubens-Tiziano, Dadá, Pop-Art. Desenvolvemento da actividade 1- Traballo previo na aula

description

Meninas Canido

Transcript of Meninas

Page 1: Meninas

AS MENINAS NO BARRIO (CANIDO)

Obxectivos:

1.Coñecemento xeográfico dos elementos configuradores da identidade dun barrio de forte raigame en plena transformación urbanística, cara a súa preservación e posta en valor (cartografía, noménclator, tipoloxía de vivendas, estadio de habitabilidade…)

2.Formas de intervención cidadá democráticas, festivas e, como neste caso, creativas tendentes a incardinar a sensibilidade da poboación nas decisións a tomar polas administracións e os promotores privados.Ver happenings, performances, accións poéticas, creación de situacións,etc.

3.As Meninas como icono de referencia universal. Velázquez e o espacio do Barroco. Como opera aperta resulta susceptible de constante reinterpretación como as que se están a chantar no ferrolán Barrio de Canido nos últimos meses. A versión como diálogo creativo co pasado e non como copia nin plaxio : Picasso-Velázquez, Rubens-Tiziano, Dadá, Pop-Art.

Desenvolvemento da actividade

1- Traballo previo na aula

Estudo de : planos e os seus tipologias .Morfoloxías urbanas. Velazquez e a súa obra. As versións na pintura. O situacionismo e as novas formas de expresión artística.

2- Traballo de campo .

Identificación do plano e situación concreta das distintas pinturas. Identificación das distintas tipoloxías de vivendas. Comentario formal dalgunhas das pinturas.(autor, iconografía, identificación de personaxes,

Page 2: Meninas

…) seguindo unha ficha entregada antes no aula. Fotografías

3- Traballo posterior na aula

Procura de datos sobre pintores, nomenclátor, outras obras versionadas, experiencias similares noutros lugares, etc. Os alumnos elaborarán unha serie de paneles nos que se mostrará, de forma organizadas, o traballo realizado e as investigacións posteriores.