MESTURAS - COAGportal.coag.es/wp-content/uploads/2015/10/Mesturas-2015-.pdf · Carlos Castanheira &...

2
MESTURAS ENCONTROS INTERNACIONAIS DE ARQUITECTURA GALICIA_PORTUGAL 29_outubro_vigo 5_novembro_pontevedra 12_novembro_vigo Tiago do Vale João Mendes Ribeiro Nuno Brandão Costa Carlos Castanheira Inês Pimentel Roberto Cremascoli Organiza_ do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia fotogógrafo_José Campos Arquipélago_Centro de Artes Contemporáneas Comisarios_ José Santos_José Mera [Santos-Mera arquitectos] Tiago do Vale Patrocinan_ I_REHABILITACIÓN_INTERVENCIÓNS NO PATRIMONIO Colabora_ Ordem dos Arquitectos de Portugal Delegacións de Vigo e Pontevedra

Transcript of MESTURAS - COAGportal.coag.es/wp-content/uploads/2015/10/Mesturas-2015-.pdf · Carlos Castanheira &...

Page 1: MESTURAS - COAGportal.coag.es/wp-content/uploads/2015/10/Mesturas-2015-.pdf · Carlos Castanheira & Clara Bastai Arquitectos, que conta con numerosos premios. Desde estudante colabora

MESTURAS

ENCONTROS INTERNACIONAIS DE ARQUITECTURA GALICIA_PORTUGAL

29_outubro_vigo

5_novembro_pontevedra

12_novembro_vigo

Tiago do ValeJoão Mendes Ribeiro

Nuno Brandão CostaCarlos Castanheira

Inês PimentelRoberto Cremascoli

Organiza_ do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

fotogógrafo_José Campos

Arquipélago_Centro de Artes Contemporáneas

Comisarios_José Santos_José Mera [Santos-Mera arquitectos] Tiago do Vale

Patrocinan_

I_REHABILITACIÓN_INTERVENCIÓNS NO PATRIMONIO

Colabora_Ordem dos Arquitectos de Portugal

Delegacións de Vigo e Pontevedra

Page 2: MESTURAS - COAGportal.coag.es/wp-content/uploads/2015/10/Mesturas-2015-.pdf · Carlos Castanheira & Clara Bastai Arquitectos, que conta con numerosos premios. Desde estudante colabora

MESTURAS ENCONTROS INTERNACIONAIS DE ARQUITECTURA GALICIA_PORTUGAL

29_outubro_vigo_sede coag*

5_novembro_pontevedra_museo provincial

12_novembro_vigo_sede coag*

20_00_apertura de mesturas presentación do encontro presentación dos relatores20_15_Tiago do Vale21_00_João Mendes Ribeiro21_45_debate aberto22_15_remate da xornada

20_00_presentación do encontro presentación dos relatores20_15_21_00_Carlos Castanheira

22_15_remate da xornada

Nuno Brandão Costa

21_45_debate aberto

20_00_presentación do encontro presentación dos relatores20_15_Inês Pimentel21_00_Roberto Cremascoli21_45_debate aberto22_15_clausura de mesturas

I_REHABILITACIÓN_INTERVENCIÓNS NO PATRIMONIO

Programa_

Galicia e o Norte de Portugal son territorios moi próximos, con linguas e culturas irmás, con orografías e climas similares, que nos últimos anos fortaleceron as súas relacións en moitos ámbitos, pero non no da arquitectura. Por elo as delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asumen o reto de organizar a primeira edición das xornadas “Mesturas. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia – Portugal” encontros que deben servir para dar a coñecer a arquitectura galega en Portugal e a portuguesa en Galicia, fomentando o intercambio de proxectos e experiencias e servindo de nexo de unión entre a arquitectura dos dous países que, a pesar da proximidade, é agora case inexistente. Os encontros tamén deben de ser un foro de debate que permita compartir puntos de vista sobre multitude de temas de interese común aos que a arquitectura e o urbanismo dan respostas diversas nas dúas beiras do Miño. A primeira edición das xornadas “Mesturas, Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal”, iniciarase tomando como tema central o da “Rehabilitación. Intervenciones en el patrimonio” e celebrarase os próximos 29 de outubro e 5 e 12 de novembro nas cidades de Vigo e Pontevedra, contando coa participación de destacados arquitectos portugueses, que achegarán unha ampla visión sobre a situación da rehabilitación en Portugal. As xornadas teñen como comisarios aos arquitectos Jose Jorge Santos e Jose Carlos Mera (Santos - Mera arquitectos) de Galicia e Tiago do Vale de Portugal.

Tiago do Vale_braga João Mendes Ribeiro_coímbra

Nuno Brandão Costa_porto Carlos Castanheira_vila nova de gaia

Inês Pimentel_porto Roberto Cremascoli_porto

Relatores_

Arquitecto pola universidade de Coimbra, colaborou con Pereira & Asociados en proxectos de arquitectura e urbanismo e en 2006 toma a dirección de deseño do proxecto Óscar. Colabora con MW Plan e Arquitectura desde 2008. Con obra publicada en varios países obtivo varios premios internacionais por obra de rehabilitación.

*pendente confirmación

Arquitecto pola FAUP en 1994, onde ensina a materia de Proxecto 4 desde 1999 e se doutorou en 2013. Entre 1992 e 1997, colaborou con Herzog & de Meuron en Basileia en Suiza e con José Fernando Gonçalves & Paulo Providencia en Porto. Profesor convidado en varias escolas de arquitectura, conta con gran número de premios e distincións internacionais.

Arquitecto pola ESBA da Universidade do Porto en 1981, en 1993 crea a oficina de arquitectura Carlos Castanheira & Clara Bastai Arquitectos, que conta con numerosos premios. Desde estudante colabora co arquitecto Álvaro Siza en proxectos en Portugal pero sobre todo no estranxeiro.

Arquitecto polo Politécnico de Milán en 1994, reside en Portugal desde 1991 e traballa con Álvaro Siza e João Luís Carrilho dá Graça entre 1995 e 2000. Cofundador do gabinete Cremascoli Okumura Rodrigues arquitectos en 2001, con obras realizadas en varios países e proxectos en asociación con Álvaro Siza. Comisario habitual en proxectos expositivos e editoriais.

Arquitecta pola Facultade de Arquitectura dá Universidade do Porto en 2005, realizou colaboracións puntuais co arquitecto Nuno Brandão Costa. Exerce a actividade profesional desde o 2006 realizando nestes anos numerosos traballos de rehabilitación.

Arquitecto pola Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto en 1986. Doutorado en 2009 pola Universidade de Coímbra onde é Profesor Auxiliar no Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía. O seu traballo foi Recoñecido con numerosos premios e distincións internacionais.