Microrrelatos violencia de xénero

38
Alumnado IES POETA AÑÓN Novembro 2011 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

description

Microrrelatos escritos polo alumnado do IES Poeta Añón de Outes contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Transcript of Microrrelatos violencia de xénero

Page 1: Microrrelatos violencia de xénero

Alumnado IES POETA AÑÓN

Novembro 2011

CO

NTRA A

VIO

LEN

CIA

DE X

ÉN

ERO

Page 2: Microrrelatos violencia de xénero
Page 3: Microrrelatos violencia de xénero

Ela estaba na casa coma todos os días desexando que el non chegara porque estaba farta. Con el chegaban berros, gritos, insultos, dicirlle que non servía para nada. Cando chegou, ela recibiu a primeira malleira. Dixo que non aguantaba máis e buscoulle solución ó problema: puxo pes fóra e marchou.

Page 4: Microrrelatos violencia de xénero

Ela é unha fotógrafa de prestixio e reflexa a

realidade da vida nas súas fotografías. El é contable

nunha pequena empresa. El é capaz de levar a

contabilidade e o control rigoroso da casa. Ela non

é capaz de fotografar a realidade da súa triste vida

en parella.

Page 5: Microrrelatos violencia de xénero

O home estaba traballando como todos os días.

Cando rematou a xornada parou no bar como de

cotío pero ese día pasouse coa bebida e acabou

emborrachándose. O chegar a casa comezou a

insultar a muller e a faltarlle ó respecto coma

nunca. O final pegoulle e mandouna ó hospital.

Page 6: Microrrelatos violencia de xénero

Eu son un home que se sente culpable por non ver

que a ían matar. Como veciño vin a súa evolución:

comezou insultándoa, logo empurrándoa,

ameazándoa e finalmente matándoa.

Fun incapaz de comprender a situación.

É fácil ver cando e como rematan as cousas pero

non nos decatamos cando comezan.

Page 7: Microrrelatos violencia de xénero

Teño unha amiga que sufriu acoso psicolóxico. O

mozo priváballe todo: non podía saír coas amigas,

estaba seguido insultándoa e facía dela o que

quería. Andaba espiándoa, no móbil léndolle os

SMS.

Un día explicámoslle as cousas: non podía seguir

así, pois ía coller unha depresión e, ó final,

deixouno.

Page 8: Microrrelatos violencia de xénero

Unha vez un home pegáballe á muller. Tódolos

días chegaba borracho á casa e pegáballe. En

cambio, polas mañás sempre lle dicía que todo ía

cambiar.

Un día a muller armouse de valor e foino

denunciar á Garda Civil. Aos tres días o home

matou á muller e logo matouse el.

Page 9: Microrrelatos violencia de xénero
Page 10: Microrrelatos violencia de xénero

Unha vez na aldea de Rande anunciaron no

periódico que unha muller foi asasinada polo seu

propio marido. Segundo a policía, o marido

degolouna e despois, quixo tirar os restos no mar,

pero collérono. Agora está no xulgado. A

asociación de veciños estase unindo para a loita

contra a violencia.

A XUSTIZA

Page 11: Microrrelatos violencia de xénero

Esta era unha parella que tiña moitos problemas. A

muller traballaba fóra da casa e ó voltar o único

que atopaba era ó seu home borracho que a

insultaba e pegaba cada día.

Pero un día el doulle tal paliza que tivo que

ingresar no hospital en estado moi grave.

UNHA PARELLA ROTA POLA VIOLENCIA

Page 12: Microrrelatos violencia de xénero

Estaba asustada. O seu marido estaba fóra,

seguramente borracho. Tiña medo, non sabía o que

facer. Dubidaba, estaba indecisa e non sabía se

denuncialo ou non. Sentíase soa, desamparada. Ao

fin decidiuse, sabía que era o correcto. Aínda así

sentíase insegura. Pero cando contou o seu

problema sentíase moito mellor.

A DECISIÓN

Page 13: Microrrelatos violencia de xénero

Gisela ten 16 anos. Leva 4 meses co seu mozo.

Lévanse moi ben. Pero un día el prohíbelle a ela

saír da casa se el non ía con ela. Gisela négase e él

pégalle. Ela reacciona e tamén lle pega. Gisela sae

correndo e vai denunciar a agresión sufrida.

GISELA

Page 14: Microrrelatos violencia de xénero

Ana estaba co seu mozo, e xa levaban dous anos

vivindo xuntos. Manuel, despois de cear, marchaba

e non regresaba ata as 3 da mañá. Co paso do

tempo, Ana deuse conta de que o seu mozo a

maltrataba, e ela sentía medo. Ana colleu o control:

chamou ó 016.

ANA CONTRA A VIOLENCIA

Page 15: Microrrelatos violencia de xénero

Unha muller chegou a casa do traballo. O seu home esperaba na cociña. A muller chegou á cociña e o seu home empezou a berrarlle a ameazala. A muller estaba triste e tíñalle medo. Ao dia seguinte a muller colleu un trauma e encerrouse na habitación e non comía.

O MALTRATADOR

Page 16: Microrrelatos violencia de xénero

Esta é a historia de Violeta, unha nena

que recibiu abusos do seu mellor

amigo.

Todo empezou fai dous meses cando

na súa propia casa o seu amigo abusou

dela. Violeta síntese intimidada pero

grazas á axuda das súas amigas está

logrando superar o trauma.

Chama ó 016. Pénsao.

VIOLETA

Page 17: Microrrelatos violencia de xénero

Nunha casa vivían o home , a muller e unha filla

que tiña 13 anos. Maltratábana, pegábana, etc. A

rapaza cada día tiña máis medo e non lle gustaba ir

á casa, prefería estar todo o día na escola. Ela

denunciou ós seus pais e foi vivir co seu tío.

VIOLENCIA CARA A LUCÍA

Page 18: Microrrelatos violencia de xénero

Cando te sintes maltratada polo teu home, sintes

medo. Hai que loitar moito, e seguir adiante pero

quédanche moitas secuelas. Pensar que todos os

días por calquera cousa era abuso continuo e

tristeza. Cando sigues loitando e non aguantas máis

chamas o 016 e contalo. A vida despois parece

outra.

SENTIRSE MALTRATADA

Page 19: Microrrelatos violencia de xénero

Carme era unha muller maltratada polo marido.

Tanto ela como os seus fillos vivían con moito

medo porque os maltrataba.

Un día, mentres Xosé o seu marido, a maltrataba

Carme fartouse e plantoulle cara, chamou ao 016 e

agora o seu ex-marido está en prisión.

Agora vive feliz.

ADEUS Á VIOLENCIA

Page 20: Microrrelatos violencia de xénero

Ana estaba a punto de entrar na consulta de

rehabilitación. Ela fora unha muller maltratada

psiquica e psicoloxicamente polo seu marido

durante anos, o seu marido (drogadicto e

alcohólico) do que se separara facía un ano; por fin

chamou ó “teléfono da maltratada” e liberouse do

seu verdugo.

ANA

Page 21: Microrrelatos violencia de xénero
Page 22: Microrrelatos violencia de xénero

Onte á noite volveume a chamar, estaba chorando. Díxome que lle volvera a pegar, xa non aguanta máis.

Mañá virá pasar un tempo, afastarse del. Logo díxome que o vai denunciar. É o mellor, antes de que vaia a máis.

Estaremos sempre con ela, apoiándoa, isto acabarase aquí dunha vez.

Page 23: Microrrelatos violencia de xénero

Cheguei a casa do colexio, entrei na casa e volvín

escoitar berros e golpes non o podo soportar,

outra vez non, o mesmo de cada día, isto debe

acabar, pero non acabara se ela non quere, ela

ten que denuncialo pero o medo hacia el

impídelle reaccionar antes de que acabe mal.

Page 24: Microrrelatos violencia de xénero

ELA:

Día un:

Perfección.

Día trescentos:

Insuperable perfección

Día setecentos:

Insospeitable perfección

superada.

EL:

Día un:

Sufrimento

Día trescentos:

Insufrible sufrimento

Día setecentos:

DOR,DOR,DOR

DESPOIS DA VIDA TODO É

ASÍ. PERO ANTES:

Día un:

Amor, amizade felicidade

Día trescentos:

Gritos, dor

Día setecentos

Dor sufrimento MORTE

Page 25: Microrrelatos violencia de xénero

Roberta estaba casada e tiña un fillo de 5 anos. Sempre tiña discusións co seu marido, e decidiu separarse.

O home empezoulle a pegar e ela ao seu fillo.

O veciño, xa sabía daquelas pelexas constantes, e ao oír os gritos, chamou á policía, e despois dun xuízo, acabou no cárcere.

Page 26: Microrrelatos violencia de xénero

Todo ía ben, pero non sei o que me ocorreu,

descontroleime. Odio, egoísmo, medo a perdela,

non houbo un día en que ela non sufrise. Ese foi

o único e gran fallo na miña vida. Agora non

teño nada, só gañas de saír desta escuridade

inmensa, chea de presos salvaxes.

SENTIRSE MALTRATADA

Page 27: Microrrelatos violencia de xénero

Cando Uxía chegou á casa non se sorprendeu do

que viu … pero o pánico envolveuna de novo.

Atopou á súa nai no chan da cociña … Esta vez

non choraba, non temblaba, simplemente estaba

tirada como unha boneca rota. Non vía a seu pai.

¿Escaparía?

Uxía non volveu a ser ela.

Page 28: Microrrelatos violencia de xénero

Eu non sei! Non sei nada... actúo sen pensar... non

podo evitalo... e que é tan... xa non sei o que é!

Pero ela sácame das miñas casillas! Non podo

evitalo. Sempre se fai a mártir... eu eso non o aturo

e cando quero doume conta xa mallei nela…

Page 29: Microrrelatos violencia de xénero

-Por que non intentas facer algo?

-Teño medo...

-Medo? Pero se malla en ti todos os dias? Mírate!

-E se me mata?

-De seguir así eu non tardarei en ir detrás da túa caixa,

mamá!

-Deus Santo! Non digas eso!

-Chorando e rezando as cousas non mellorarán...

-Xa pero…

Page 30: Microrrelatos violencia de xénero

Espertándote todos os días igual. Con moito medo, coa túa fermosa cara totalmente desfeita... Non estás farta? Alégraste algunha vez que non está na casa pero o medo segue aí. Sabes que volverá a por ti, a pagar contigo a súa ira... Rebélate! Non estás soa! Non llo permitas.

Page 31: Microrrelatos violencia de xénero

O meu ex marido tratábame moi mal e eu

sospeitaba del. Ao saír do traballo, encontrábame

cas rodas do coche pinchadas e tiña que volver á

casa andando e un día farteime. Chamei ao 016 e

denuncieino. Xuroume que me mataba e outras

cousas peores pero eu non lle facía caso.

Page 32: Microrrelatos violencia de xénero

Hoxe volveume a pegar, pero esta vez non foi

unha simple labazada ou agarrarme malamente do

brazo. Colleume polo pelo e arrastroume polo

chan ata botarme fóra da casa.

Empecei a chorar, tiña os ollos morados dos

golpes e sangraba pola cabeza. Decidín chamar á

policía e agora vivo mellor.

Page 33: Microrrelatos violencia de xénero

Chego á casa cansada e suplico que deixe de gritar,

os rapaces dormen; síntome prisioneira na casa.

Se non son del, non serei nunca de ninguén.

Son as catro, esperto polos pesadelos e asómome á

ventá; é tan fácil saltar e deixalo atrás...

Pero, por qué non o fago?

Page 34: Microrrelatos violencia de xénero

Chego a casa, oio berros e suspiro. Non podo máis.

Entro na cociña e collo un coitelo. Métome na súa habitación e vexo a meu pai pegándolle a miña nai.

Corro cara el e crávolle o coitelo no peito. Non sei que pasará despois, pero agora xa non teño medo.

Page 35: Microrrelatos violencia de xénero

Dor, dor intermitente e forte. Vólveme pegar. Non

resisto mais. Estou soa, sen ninguén, el non me

entende. So quero desaparecer. Neste mundo xa

non hai sitio para unha alma en pena como a miña.

Adeus mundo, que un dia me deches a vida e hoxe

ma quitas.

Page 36: Microrrelatos violencia de xénero

Ela volveume pegar, xa estou farto, isto non pode seguir así, ela non me volverá a maltratar .

Mañá pola mañá cedo irei á vía do tren, esperarei a que veña o primeiro tren rápido e cando chegue á estación...

Collo e marcho da casa! Non a volverei ver! Marcho para Galicia.

Page 37: Microrrelatos violencia de xénero

O neno pechouse no seu cuarto e comezou a chorar. Tiña dous exames o día seguinte, pero... Como podía estudar así? Os seus pais estaban discutindo outra vez. Colleu o móbil, finalmente decidiu escapar de rutina, puxo os cascos e intentou refuxiarse na música. Xa non podía oír nada máis.

Page 38: Microrrelatos violencia de xénero

25 de novembro de 2011. Día Mundial contra a violencia de xénero. En todo o mundo moitas mulleres acaban asasinadas a mans das súas ex –parellas. En España o índice de mortalidade do maltrato de xénero foi diminuíndo pero non acabou. Iso é un problema moi grave para a sociedade