Máis vale previr que lamentar · En España 1 de cada 10 persoas con-dutoras non está asegurada...

2
Máis vale previr que lamentar Boletín Mensual Nº 69 / Novembro 2018 O teu corredor de seguros sempre te informa... Se non estás seguro, búscanos Pertences aos 2,5 millóns de persoas condutoras aseguradas por exceso ou por defecto? En España 1 de cada 10 persoas con- dutoras non está asegurada adecuada- mente segundo o coche que ten e o uso que lle dá. Existen 23 millóns de vehículos con seguro, pero o 11% das pólizas non están optimizadas. Non se trata de pagar máis ou menos, senón de que o seguro te protexa adecuadamente. Sabes cal é o seguro adecuado ao coche que tes, a onde vives, á túa idade...? Estas son as 3 claves imprescindibles: Coche antigo, seguro máis caro Nada máis sacar un coche novo pola porta do concesionario xa perde valor, valor que vai baixando ano tras ano ata quedar nun 13% aos 10 anos. Canto máis antigo é o vehículo, máis custa o seguro porque aumenta o risco de sufrir un accidente. Segundo a DGT, os vehículos con acciden- tes de vítimas mortais tiñan máis de 13 anos e fallos mecánicos por desgaste de pezas. Só se pode rebaixar o prezo da póliza restando coberturas Ás veces, uns euros máis valen moito. Can- do necesitamos da grúa, é preferible que se encargue o seguro antes ca ti. O mesmo acontece cando salta unha grava e rompe o cristal, ou en caso de roubo, son garantías moi económicas e non paga a pena quitar uns poucos euros a cambio de asumir im- portes moi elevados cando se produce o dano. Ata cando o Todo Risco? A partir do sexto ano o vehículo só vale a metade, ata entón é moi importante revisar tamén as franquías, ás veces son diferentes por cada parte do coche. Despois, o mellor é que revisemos a póliza para ver todas as opcións do mercado. Lembra que somos o teu mellor comparador. O importante é que te protexas ben e non teñas sorpresas. “A inundación fai no outono a súa devastadora aparición” O pasado mes de outubro foi desolador en varios puntos de España con especial dra- matismo nas Illas Baleares, e tamén para Málaga. O temporal deixou tras de si te- rribles perdas humanas e enormes danos materiais. Dende as nosas oficinas non po- demos máis que lamentar todo o aconteci- do e lembrar que podemos facer ante unha inundación ou riada: No coche: hai que saír do vehículo o máis rápido posible e correr a un lugar seguro e visible para que nos rescaten. Se non é posible saír do vehículo, temos tres op- cións: Pola porta: non abrir ata que se iguale a presión. Polos parabrisas: póden- se desencaixar premendo cos pés. Polas ventás: romper cun elemento punzante, como desmontando o cabeceiro, e saír, sempre polo lado contrario á corrente. Subir ao teito e dende aí divisar o lugar máis seguro e visible ao que acudir, e des- prazarnos sempre a favor da corrente. Na casa: gardar en sitios altos e seguros a documentación importante e as subs- tancias perigosas. Cortar as subministra- cións de electricidade, auga e gas. Prepa- rar unha caixa de primeiros auxilios. Ce- rrar portas e ventás, tapando na medida do posible con trapos a parte baixa das portas e con cinta adhesiva os contornos das ventás. Permanecer nos lugares máis elevados da vivenda e evitar saír desta ata que a alerta pase. A pé: ante todo afastarse de ríos, torren- tes e zonas baixas, e evitar árbores, ara- mados e obxectos metálicos. Se é posi- ble, refuxiarse nun edificio e dirixirse sem- pre ás zonas máis elevadas para esperar o noso rescate. 80 millóns de euros polas inundacións de outubro Unha inundación trátase dun risco extraor- dinario excluído do seguro, polo que se fai cargo o Consorcio, sempre e cando exista, previamente, unha póliza contratada correc- tamente. Este Organismo infórmanos que as inundacións acontecidas nas Illas Balea- res, Málaga e Cataluña en outubro poden xerar 16.600 solicitudes de indemnización que sumarán 80 millóns de euros aos ase- gurados que sufriron danos nas súas per- soas ou nos seus bens: vivendas, vehículos, comercios, oficinas e industrias. A boa noticia é que xa empezaron a reci- birse os pagamentos amortecendo así os danos ocasionados. Nas nosas oficinas, sempre, as persoas damnificadas encontrarán as portas abertas para axudarlles a xestionar todo ante o Con- sorcio, de forma que se poidan resolver o antes posible as oportunas indemnizacións. GESTIÓN DE RIESGOS RF SANTIAGO, S.L. - Grazas por lernos! Estamos encantados de recibir os teus comentarios e as túas suxestións. RUA DE GALICIA, 48. 1º , 15200 - NOIA (A CORUÑA) Tf: 981 842 010 | Email: [email protected] www.facebook.com/gestionderiesgosrf

Transcript of Máis vale previr que lamentar · En España 1 de cada 10 persoas con-dutoras non está asegurada...

Page 1: Máis vale previr que lamentar · En España 1 de cada 10 persoas con-dutoras non está asegurada adecuada-mente segundo o coche que ten e o uso que lle dá. Existen 23 millóns de

Máis vale previr que lamentar

Boletín MensualNº 69 / Novembro 2018

O teu corredor de seguros sempre te informa... Se non estás seguro, búscanos

Pertences aos 2,5 millóns de persoas condutoras aseguradas por exceso ou por defecto?En España 1 de cada 10 persoas con-dutoras non está asegurada adecuada-mente segundo o coche que ten e o uso que lle dá. Existen 23 millóns de vehículos con seguro, pero o 11% das pólizas non están optimizadas. Non se trata de pagar máis ou menos, senón de que o seguro te protexa adecuadamente.

Sabes cal é o seguro adecuado ao coche que tes, a onde vives, á túa idade...? Estas son as 3 claves imprescindibles:

Coche antigo, seguro máis caro

Nada máis sacar un coche novo pola porta do concesionario xa perde valor, valor que vai baixando ano tras ano ata quedar nun 13% aos 10 anos. Canto máis antigo é o vehículo, máis custa o seguro porque aumenta o risco de sufrir un accidente. Segundo a DGT, os vehículos con acciden-tes de vítimas mortais tiñan máis de 13 anos e fallos mecánicos por desgaste de pezas.

Só se pode rebaixar o prezo da póliza restando coberturas

Ás veces, uns euros máis valen moito. Can-do necesitamos da grúa, é preferible que se encargue o seguro antes ca ti. O mesmo acontece cando salta unha grava e rompe o cristal, ou en caso de roubo, son garantías moi económicas e non paga a pena quitar uns poucos euros a cambio de asumir im-portes moi elevados cando se produce o dano.

Ata cando o Todo Risco?

A partir do sexto ano o vehículo só vale a metade, ata entón é moi importante revisar tamén as franquías, ás veces son diferentes por cada parte do coche. Despois, o mellor é que revisemos a póliza para ver todas as opcións do mercado. Lembra que somos o teu mellor comparador.

O importante é que te protexas ben e non teñas sorpresas.

“A inundación fai no outono a súa devastadora aparición”

O pasado mes de outubro foi desolador en varios puntos de España con especial dra-matismo nas Illas Baleares, e tamén para Málaga. O temporal deixou tras de si te-rribles perdas humanas e enormes danos materiais. Dende as nosas oficinas non po-demos máis que lamentar todo o aconteci-do e lembrar que podemos facer ante unha inundación ou riada:

• No coche: hai que saír do vehículo o máis rápido posible e correr a un lugar seguro e visible para que nos rescaten. Se non é posible saír do vehículo, temos tres op-cións: Pola porta: non abrir ata que se iguale a presión. Polos parabrisas: póden-se desencaixar premendo cos pés. Polas ventás: romper cun elemento punzante, como desmontando o cabeceiro, e saír, sempre polo lado contrario á corrente. Subir ao teito e dende aí divisar o lugar máis seguro e visible ao que acudir, e des-prazarnos sempre a favor da corrente.

• Na casa: gardar en sitios altos e seguros a documentación importante e as subs-tancias perigosas. Cortar as subministra-cións de electricidade, auga e gas. Prepa-rar unha caixa de primeiros auxilios. Ce-rrar portas e ventás, tapando na medida do posible con trapos a parte baixa das portas e con cinta adhesiva os contornos das ventás. Permanecer nos lugares máis

elevados da vivenda e evitar saír desta ata que a alerta pase.

• A pé: ante todo afastarse de ríos, torren-tes e zonas baixas, e evitar árbores, ara-mados e obxectos metálicos. Se é posi-ble, refuxiarse nun edificio e dirixirse sem-pre ás zonas máis elevadas para esperar o noso rescate.

80 millóns de euros polas inundacións de outubro

Unha inundación trátase dun risco extraor-dinario excluído do seguro, polo que se fai cargo o Consorcio, sempre e cando exista, previamente, unha póliza contratada correc-tamente. Este Organismo infórmanos que as inundacións acontecidas nas Illas Balea-res, Málaga e Cataluña en outubro poden xerar 16.600 solicitudes de indemnización que sumarán 80 millóns de euros aos ase-gurados que sufriron danos nas súas per-soas ou nos seus bens: vivendas, vehículos, comercios, oficinas e industrias.

A boa noticia é que xa empezaron a reci-birse os pagamentos amortecendo así os danos ocasionados.

Nas nosas oficinas, sempre, as persoas damnificadas encontrarán as portas abertas para axudarlles a xestionar todo ante o Con-sorcio, de forma que se poidan resolver o antes posible as oportunas indemnizacións.

GESTIÓN DE RIESGOS RF SANTIAGO, S.L. - Grazas por lernos! Estamos encantados de recibir os teus comentarios e as túas suxestións.RUA DE GALICIA, 48. 1º , 15200 - NOIA (A CORUÑA)Tf: 981 842 010 | Email: [email protected]

www.facebook.com/gestionderiesgosrf

Page 2: Máis vale previr que lamentar · En España 1 de cada 10 persoas con-dutoras non está asegurada adecuada-mente segundo o coche que ten e o uso que lle dá. Existen 23 millóns de

Máis vale previr que lamentarRede Nacional de Corredores de Seguros

Conta a lenda que a súa orixe en España se encontra nos pescadores de Galicia. O mar traizoeiro sempre cobrou vidas entre os navegantes con graves con-secuencias financeiras e emocionais no seu ámbito. Como non podían dominar as tormentas, as confrarías crearon un fondo para axudar as familias das per-soas falecidas.

Certo ou non, está confirmado que o Seguro de Decesos naceu dun xes-to de solidariedade espontánea das persoas que se uniron para afrontar as consecuencias económicas das desgrazas.

Trátase dun acto de amor cara ás per-soas que queremos para aliviarlles desembolsos económicos e moitos trámites en momentos difíciles.

O día do adeus

Esta póliza resolve as xestións e os gas-tos dun enterro: ataúde, incineración, transporte, flores, tanatorio... E pode prestar outras coberturas que moitas persoas descoñecemos como atención

psicolóxica ou un servizo legal que se ocupa dos papelames (tramitación de certificados de defunción e, mesmo, xestión de pensións de viuvez e testa-mento).

Decesos é un dos seguros máis apre-ciados pola nosa sociedade a pesar de que non é obrigatorio. Máis da me-tade da poboación española (o 57%) ten contratada unha destas pólizas.

Hai quen se pregunta que acontece se sobra diñeiro da indemnización pac-tada. Nestes casos as aseguradoras devólveno, pero, consúltanos, porque hai que reclamalo.

“Por desgraza, recentemente tiven que utilizar o Seguro de Decesos contratado por meu pai. Dentro das circunstancias, todo me pareceu moi correcto: a aten-ción, os detalles, a formalidade, o servi-zo, resultoume todo excelente. Non teño ningunha queixa, ata tiveron detalles que non esperabamos. Moitas grazas por acompañarnos nun momento tan difícil.”

Se conducías baixo os efectos do alcohol no antigo Exipto...“Quitáronme 4 puntos e só tomara un par de cervexas...”, non pensamos nas consecuen-cias de conducir tras inxerir alcohol, xa que nos limita e anula as nosas facultades máis do que imaxinamos e, moitas veces, detrás desas cervexas acontecen verdadeiras des-grazas.

Recolle un antigo papiro exipcio que hai 2.800 anos un condutor circulaba borracho co seu carro e chocou cunha estatua despois de atropelar unha nena. O xuíz non lle quitou puntos do carné, senón que o condenou a ser colgado na porta do local onde se embria-gou ata que as aves preeiras desen boa conta do seu corpo.

A mellor solución? “Non conducir tras inxerir”.

Se non pon nada, quen cobra o Seguro de Vida?Cando unha persoa contrata un Seguro de Vida adoita indicar quen recibirá a indemniza-ción (beneficiario). Se non aparece reflectido, a indemnización pactada engrosará o patri-monio da persoa que o contratou (tomador xa falecido) e incorporarase á herdanza que lles deixe aos seus descendentes.

Dende a “correduría”, recomendámosche que revises a túa póliza de Vida e identifiques a/s persoa/s beneficiaria/s que realmente desexes, non ten por que coincidir con quen, por lei, percibe a herdanza.

Lémbroche, que a indemnización do Seguro de Vida NON é parte da herdanza porque nunca estivo incluído no patrimonio da persoa falecida.

O último bico é máis doado con este seguro

Anéc

dota

Ofici

na

Dep

ósito

Leg

al M

-415

89-2

012

Edita

: E2K

Glo

bal B

usin

ess

Solu

tions

, S.A

.

Enviámosche este Boletín Informativo en calidade de cliente de GESTIÓN DE RIESGOS RF SANTIAGO, S.L., coa finalidade de informarte sobre distintos aspectos relacionados co sector dos seguros.

Se non queres recibir a partir deste momento o Boletín, pregámosche que nos envíes un correo electrónico coa palabra "Baixa" ao seguinte enderezo: [email protected]

Cla

ve A

dmin

istr

ativ

a: J

3591