Moción

5
CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE “MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS MUNICIPAIS DA GUARDA Os alumn@s de 5º de primaria do CEIP Manuel Rodríguez Sinde vimos a trasladarvos as necesidades de acometer melloras nas infraestructuras municipais. E son tres os puntos que consideramos prioritarios e fundamentais e nos que centraremos a presente moción. 1º Punto: Reformas e melloras da Escola Municipal de Música . A educación ten que ser a prioridade de calquera goberno como ferramenta de igualdade e progreso. A música é parte da educación e da cultura. E unha parte fundamental para ofrecer unha educación de calidade son as infraestructuras educativas. O noso concello conta cunha Escola de Música que como sabemos moitos dos que nos atopamos aquí, xa que acudimos alí ás aulas, está en pésimas condicións. Temos a sorte de ter unha banda municipal, que por desgracia, non ten un sitio axeitado para tocar nin actuar. As clases nas que se imparte solfeo, son de dimensións tan reducidas que prácticamente os 1

Transcript of Moción

Page 1: Moción

CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE

“MELLORA DAS INFRAESTRUCTURAS

MUNICIPAIS DA GUARDA”

Os alumn@s de 5º de primaria do CEIP Manuel Rodríguez Sinde vimos a

trasladarvos as necesidades de acometer melloras nas infraestructuras

municipais.

E son tres os puntos que consideramos prioritarios e fundamentais e nos que

centraremos a presente moción.

1º Punto: Reformas e melloras da Escola Municipal de Música. A educación

ten que ser a prioridade de calquera goberno como ferramenta de igualdade e

progreso. A música é parte da educación e da cultura. E unha parte

fundamental para ofrecer unha educación de calidade son as infraestructuras

educativas. O noso concello conta cunha Escola de Música que como sabemos

moitos dos que nos atopamos aquí, xa que acudimos alí ás aulas, está en

pésimas condicións. Temos a sorte de ter unha banda municipal, que por

desgracia, non ten un sitio axeitado para tocar nin actuar. As clases nas que se

imparte solfeo, son de dimensións tan reducidas que prácticamente os

alumn@s que alí acudimos non cabemos, os baños están en condicións

deplorables, e a estructura do edificio está a cair.

2º punto: Mellora do pavillón deportivo do noso centro, CEIP Manuel

Rodríguez Sinde así como dos centros educativos das Solanas e da Sangriña.

A política deportiva é de vital importancia para o Grupo Municipal do Sinde. A

gran maioría dos alumn@s do Sinde practicamos algún tipo de deporte e é ben

sabido por tod@s que o deporte constitúe un medio de promoción da saúde, de

1

Page 2: Moción

CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE

calidade de vida, de educación e de vida en comunidade e que unha axeitada

política deportiva é unha das mellores inversión que unha institución pública

pode facer.

Pero os nen@s do Sinde non entendemos que para levar a cabo estas

actividades deportivas, dentro do noso municipio, sexa case imposible debido o

mal estado das mesmas. As instalación sofren importantes desperfectos debido

o deficiente mantemento e o deterioro propio do tempo e o uso. Sen ir máis

lonxe, no noso centro, no CEIP Manuel Rodríguez Sinde temos un pavillón que

precisa diversas melloras:

Arranxar as luces que non funcionan.

Novo acceso o pavillón a través dunha porta traseira de maior dimensión

que a que posuímos actualmente, que facilitaría a entrada dunha grúa

de cara un axeitado mantemento da instalación e favorecería que nos

puideran renovar as luces estragadas.

Limpeza e mantemento con auga a presión das paredes do patio escolar

máis a miúdo, xa que como ben sabedes, o noso patio é sombrio e

húmido e adquire de seguida un tono negruzco e moi feo.

Somos tamén conscientes que os pavillóns das Solanas e a Sangriña precisan

melloras.

3º punto: O acceso o noso centro educativo atópase en moi mal estado. O

firme ten moitos buracos e baches e eso causa moitos accidentes, xa que

teñen sido moitos os nen@s, e non tan nen@s, os que teñen caído a causa do

seu mal estado.

2

Page 3: Moción

CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE

Por todo isto o Grupo Municipal do Sinde propón que o grupo de Goberno se

comprometa a:

1.- Creación dunha nova Escola Municipal de Música ou o reubicación

desta nun novo edificio municipal, que garde as prestación mínimas para

garantir unha calidade educativa que permita un axeitado

desenvolvemento das clases e que facilite á nosa Banda Municipal

ensaiar e actuar e a nos, como nen@s aprender música nas condicións

que nos merecemos.

2.- Facer unha inversión necesaria para correxir as deficiencias das

instalacións deportivas do municipio en xeral. E en concreto, no noso

centro:

Ampliar a porta traseira de acceso ó pavillón do CEIP

Manuel Rodríguez Sinde.

Arranxo das luces de dito pavillón.

Limpeza anual con auga presión das paredes do patio.

3.- Reparar o firme e limpar os acceso do CEIP Manuel Rodríguez

Sinde.

Esperamos e desexamos que o Grupo de Goberno adquira un firme

compromiso para que estas propostas se fagan realidade.

3

Page 4: Moción

CEIP MANUEL RODRÍGUEZ SINDE

ROGOS E PREGUNTAS

1.- Os nen@s do Sinde preocúpanos que cando nas nosas familias se produce

algunha urxencia médica, sobre todo pola noite é moi frecuente que teñamos

que acudir ó hospital a Vigo coa ambulancia ou co vehículo propio.

Non podería o Concello facer algunha xestión, inda que sabemos que non é

competencia directa súa, para mellorar o servizo de urxencias da zona ou

mellorar o acceso á sanidade?.

2.- Os nen@s do Sinde botamos en falta unha mellora na oferta cultural do

concello para nós, os nen@s. Gustaríanos que nos ofertasen máis actividades:

obras de teatro, actividades de animación á lectura como contacontos na

Biblioteca Municipal, concertos, proxeccións de películas infantiles, unha

ludoteca municipal con xogos de mesa, talleres de manualidades, debuxo, …

Está previsto que amplíen vostedes a oferta cultural para nen@s na súa

lexislatura?

4