Moción Relativa á Aprobación Dunha Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de...

download Moción Relativa á Aprobación Dunha Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

of 2

Transcript of Moción Relativa á Aprobación Dunha Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de...

  • 8/18/2019 Moción Relativa á Aprobación Dunha Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

    1/2

    Vilalbaberta 

    MOCIÓN RELATIVA Á APROBACIÓN DUNHA ORDENANZA DEPROTECCIÓN E CONVIVENCIA ANIMAL NO CONCELLO DE VILALBA

    Ao Pleno do Concello de Vilalba

    D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

    Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo dodisposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

    Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

    formula a seguinte MOCIÓN en base á seguinte

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    A tradicional convivencia entre as persoas e os animais domésticos baséase no noso

    Concello en lazos de interese, isto é: garda, caza, traballos agrícolas e gandeiros…, maisna actualidade, establécese tamén baixo a idea de convivencia por razóns de lecer,

    apoio ou mutua compañía, entre outros. Neste sentido, dende a asemblea de Vilalba

    Aberta entendemos que o feito de integrar un animal de compañía nun fogar debe

    partir dun comportamento responsable e racional da persoa que se responsabiliza,

    ademais de conxugar o principio básico de respecto cara a estes seres vivos con

    capacidade de sentir e de sufrir, así coma o principio de respecto á contorna e ás

    persoas, compartan estas ou non a mesma afinidade polos animais e sendo, a estes

    efectos, responsabilidade municipal desenvolver un traballo de control e pedagoxía

    social que vincule ao conxunto da veciñanza.

    Porén, e dende a consciencia da importancia do sentimento de protección, respecto e

    defensa dos animais, así coma dende o puntos de vista da hixiene e a seguridade,

    consideramos que é responsabilidade e obrigación do Concello debater, redactar e

    facer cumprir unhas normas específicas que garantan esta convivencia.

    É por isto que, ademais de solicitar a consideración dun borrador de regulamento

    redactado coa participación de colectivos veciñais e inspirado na Declaración Universal

    dos Dereitos do Animal, proclamada en Outubro do 1978 pola liga Internacional dosDereitos do Animal e aprobada tanto pola UNESCO coma, posteriormente, pola ONU:

  • 8/18/2019 Moción Relativa á Aprobación Dunha Ordenanza de Protección e Convivencia Animal No Concello de Vilalba

    2/2

    Vilalba Aberta, a través da súa coportavocía no Grupo Municipal Mixto PROPÓN AO

    PLENO DO CONCELLO DE VILALBA A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO: 

    Que o Pleno Municipal aprobe iniciar as accións pertinentes para a aprobación dunhaOrdenanza de protección e convivencia animal no Concello de Vilalba.

    En Vilalba, a 14 de Marzo de 2016

    Fdo.: Modesto Renda Santiso

    Concelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto