Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

4
7/23/2019 Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-prohibicion-do-uso-non-agrario-de-herbicidas-con-glifosato 1/4 Vilalbaberta MOCIÓN RELATIVA Á PROHIBICIÓN DO USO NON AGRARIO DE HERBICIDAS CON GLIFOSATO Ao Pleno do Concello de Vilalba D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB; formula a segunte MOCIÓN en base á seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Diferentes estudos demostran que o Glifosato, compoñente básico dos herbicidas de uso máis estendido como o Roundup e outras marcas comerciais, ten efectos moi tóxicos sobre o medio ambiente e segundo outros, incluso para a nosa saúde. Amplamente utilizado para o control da maleza nas contornas urbanas, solares, parques, paseos, cunetas e infraestruturas de transportes, entre outros; o seu uso, frecuente tamén a nivel doméstico para a fumigación de parcelas, xardíns e hortos, presenta unha serie de contraindicacións, en tanto que como herbicida total non selectivo que é, ademais de infiltrarse con facilidade é moi soluble na auga e persistente no solo. Neste senso, o Glifosato atópase tamén detrás da contaminación hídrica e resulta tóxico tanto para a fauna acuática coma para o noso gando. Por outra banda, cada preparado herbicida que o contén vén acompañado doutras sustancias que, ao tempo que facilitan a súa absorción, multiplican tamén a súa toxicidade. Entre estes ingredientes están o N-nitroso glifosato que, como outros compostos nitroxenados, é canceríxeno, e o formaldehido, outro carcinóxeno coñecido que se forma durante a descomposición do glifosato. Así, atopámonos co feito de que a aplicación dun herbicida como o Glifosato en espazos públicos constitúe un risco ao que se somete á poboación, aos traballadores

Transcript of Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

Page 1: Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

7/23/2019 Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-prohibicion-do-uso-non-agrario-de-herbicidas-con-glifosato 1/4

Vilalbaberta 

MOCIÓN RELATIVA Á PROHIBICIÓN DO USO NON AGRARIO DEHERBICIDAS CON GLIFOSATO

Ao Pleno do Concello de Vilalba

D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo dodisposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

formula a segunte MOCIÓN en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Diferentes estudos demostran que o Glifosato, compoñente básico dos herbicidas de

uso máis estendido como o Roundup e outras marcas comerciais, ten efectos moi

tóxicos sobre o medio ambiente e segundo outros, incluso para a nosa saúde.

Amplamente utilizado para o control da maleza nas contornas urbanas, solares,

parques, paseos, cunetas e infraestruturas de transportes, entre outros; o seu uso,

frecuente tamén a nivel doméstico para a fumigación de parcelas, xardíns e hortos,

presenta unha serie de contraindicacións, en tanto que como herbicida total non

selectivo que é, ademais de infiltrarse con facilidade é moi soluble na auga e

persistente no solo. Neste senso, o Glifosato atópase tamén detrás da contaminación

hídrica e resulta tóxico tanto para a fauna acuática coma para o noso gando.

Por outra banda, cada preparado herbicida que o contén vén acompañado doutras

sustancias que, ao tempo que facilitan a súa absorción, multiplican tamén a súa

toxicidade. Entre estes ingredientes están o N-nitroso glifosato que, como outros

compostos nitroxenados, é canceríxeno, e o formaldehido, outro carcinóxeno coñecido

que se forma durante a descomposición do glifosato.

Así, atopámonos co feito de que a aplicación dun herbicida como o Glifosato enespazos públicos constitúe un risco ao que se somete á poboación, aos traballadores

Page 2: Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

7/23/2019 Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-prohibicion-do-uso-non-agrario-de-herbicidas-con-glifosato 2/4

municipais que o empregan, ao gando, á flora e fauna, ou ao chan e ás augas, dada a

súa toxicidade.

A Directiva marco para un uso sostible dos praguicidas, aprobada polo Parlamento

Europeo o 13 de xaneiro de 2009, no seu Capítulo IV, artigos 11 e 12, expón que: "Os

Estados membros, tendo debidamente en conta as medidas apropiadas para a

protección do medio acuático, a auga potable e os requisitos necesarios de hixiene e

saúde pública e a biodiversidade, ou os resultados das avaliacións de risco pertinentes,

velarán porque se minimice ou prohiba o uso de praguicidas nas seguintes zonas

específicas: ao longo das estradas [...], nos espazos utilizados polo público en xeral, ou

por grupos vulnerables, como os parques, xardíns públicos, campos de deportes e

áreas de recreo, recintos escolares e campos de xogo e os espazos próximos aos

centros de asistencia sanitaria".

A devandita directiva foi trasposta no Real Decreto 1311/2012, que establece o marcode actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, e que ten

como obxectivo a redución dos riscos e os efectos do uso dos produtos fitosanitarios

na saúde humana e o medio, e o fomento da xestión integrada de pragas e de

formulacións ou técnicas alternativas, tales como os métodos non químicos.

Este Real Decreto contempla que as súas disposicións "entenderánse sen prexuízo de

que a Administración competente en cada caso poida aplicar o principio de cautela

limitando ou prohibindo o uso de produtos fitosanitarios en zonas ou circunstancias

específicas".

Ademais das anteriores, o marco xurídico para a aplicación de herbicidas e praguicidas

complétase coas seguintes normas:

  Directiva Marco sobre a Agua (Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e

do Consello)

  Directiva Aves (Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello)

  Directiva Hábitats (Directiva 92/43/CEE do Consello)

  Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeneral de Saúde Pública.

Xa son moitos os gobernos e autoridades que están a limitar ou abandoar o seu uso e

actualmente en Francia estúdase mesmo a posibilidade de prohibir a súa venda.

Diversas deputacións e concellos do Estado Español tamén están a limitar ou erradicar

o uso de herbicidas e de glifosato debido aos impactos ambientais e sobre a saúde dos

seres vivos.

En Castela e León, recóllese a Solicitude do Procurador do Común de Castela e León á

Consellaría de Medio e Fomento pola Desconformidade coa utilización do glifosato

como herbicida na limpeza de estradas (Expediente 20131871)

Page 3: Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

7/23/2019 Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-prohibicion-do-uso-non-agrario-de-herbicidas-con-glifosato 3/4

A Deputación de Ávila evítao no tratamento de estradas situadas en espazos naturais,

a petición específica de ducias de concellos que non utilizan herbicidas en ningún

parque nin espazo público. Mesmo o Concello de Las Navas del Marqués deixou de

usar Glifosato de xeito total polo "risco que supón para a saúde pública".

Na Comunidade de Madrid ducias de municipios como o de Venturada ou o de

Navalafuente non empregan glifosato en parques e xardíns ou zonas comúns.

Na Comunidade Canaria, os municipios de Buenavista, o Rosario, Los Tilos, El Tanque e

Santiago do Teide xa se declararon municipios libres de herbicidas químicos.

En Galiza, concellos como Ames ou Ponteareas declaráronse Libres de herbicidas

químicos. Outros concellos como Marín, Arzua ou Santiago de Compostela xa

aprobaron esta moción.

Recentemente o pleno do Concello de Logroño aprobou a Moción sobre o uso do

Glifosato.

Os Concellos das cidades de Zaragoza o Barcelona tamén aprobaron recentemente a

moción para deixar de usar Glifosato en xardíns públicos e outras zonas verdes.

Dende a consciencia dos efectos negativos que o uso de herbicidas con Glifosato

acarrea sobre o medio así coma sobre os nosos sectores produtivos e tomando como

referencia a Directiva marco para un uso sostible dos praguicidas e o Real Decreto

1311/2012 polos que se establece o marco de actuación na procura dun uso sostibledos produtos fitosanitarios; Vilalba Aberta, a través da súa coportavocía no Grupo

Municipal Mixto PROPÓN AO PLENO DO CONCELLO DE VILALBA A ADOPCIÓN

DOS SEGUINTES ACORDOS:

1º Prohibición do uso de herbicidas que conteñan Glifosato en todos os lugares

públicos do concello, estradas e redes de servizo para a eliminación de malas herbas.

2º Substitución destes produtos por métodos mecánicos e/ou térmicos non

contaminantes, ou por sustancias de comprobada eficacia fronte aos riscos como o

ácido acético, capas de geotextil ou mulching, que non danen a saúde nin o medio

ambiente. Estes métodos xa se aplican na maioría de países da Unión Europea e

teñen maior potencial de xeración de emprego.

Page 4: Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

7/23/2019 Moción Relativa á Prohibición Do Uso Non Agrario de Herbicidas Con Glifosato

http://slidepdf.com/reader/full/mocion-relativa-a-prohibicion-do-uso-non-agrario-de-herbicidas-con-glifosato 4/4

3º Realización dunha campaña informativa entre a veciñanza concienciando á

cidadanía acerca do perigo de prácticas como o uso indiscriminado de herbicidas, a

fin da progresiva erradicación do seu uso doméstico.

4º Dar resposta a todas as preguntas e instancias formuladas tanto polas entidades

como polos particulares, referentes á aplicación do Glifosato. Tanto a Constitución

no seu artigo 45, o Convenio de Aarhus, así como algunhas Directivas europeas,

recoñecen o dereito á información e á participación pública para ter acceso á xustiza

en materia ambiental.

En Vilalba, a 5 de Xaneiro de 2016

Fdo.: Modesto Renda SantisoConcelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto